Outubro de 2016 - Barrios

Page 1

[Páx. 2]

Entrevista a Mª Nieves Gascón, de Pro Animais Verín VERÍN

Páx.3

Traballos de recuperación dos montes queimados

[Páx. 16]

XINZO

Páx.8

Eliminados dous vertedoiros en Vilar de Santos

ALLARIZ

Páx.11

O Concello de Allariz repara o acceso á Alameda

Apoio aos emprendedores

CELANOVA

Páx.17

Cambios no equipo de goberno do Concello de Celanova

DEPORTES

Páx.20

Arranca a tempada para o Club Ciclista Maceda

[Páx. 10]

O Rosalía de Castro, colexio eficiente

Sesión de formación no espazo coworking de Xinzo. O CEIP Rosalía de Castro, de Xinzo, realiza obras de eficiencia enerxética./M. REJO.

Número: 30 - Ano: XI - Outubro 2016 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Barrios Outubro de 2016

VERÍN E COMARCA

ENTREVISTA A mª nieves gascón, de pro animais verín

“Aquí hai moitísimo maltrato, é moi cotián” 4 A Asociación Pro Animais Verín leva rescatado e entregado en adopción a uns 380 cans e gatos na comarca de Monterrei. Paula Lodeiro

Na comarca de Monterrei téñense producido casos de maltrato animal. Mª N.G.: “Si, nós denunciamos varias veces. Aquí é altísima a porcentaxe de maltrato animal. Ves moitísimos cans atados, enxaulados, cheos de pulgas, sarna, nos osos… Iso sen contar o típico que lle pegan o tiro no monte, o abandono grandísimo, veleno para os gatos, para os raposos e para os cans, hai moitísimo maltrato, é moi cotián”.

Desde cando existe Pro Animais Verín? Mª Nieves Gascón: “Fai case tres anos”. E quen forma parte desta asociación? Mª N. G.: “Formámolo un grupo de pesoas que dábamos de comer aos animais na rúa e falando empezamos a facer unha unión e despois creamos a asociación para axudar a máis animais, primeiro un can, dous, cinco, 10, 20 e así. Hoxe buscas un sitio na casa dunha amiga, unha finca, un patio, e vas metendo os animais e tratando de axudar os máis posibles. Somos 7 ou 8 persoas que damos o callo e despois algunha xente máis que nos axuda”.

Cantos animais están a día de hoxe acollidos pola vosa asociación? Mª N.G.: “Entre cans e gatos debemos ter uns 50; non os conto porque van variando todos os días”. Son cans abandonados, perdidos...? Mª N.G.: “ Son cans abandonados a maioría, nalgunha ocasión vén algún dalgunha persoa que hai que quitarllo polos Servizos Sociais pero moi poucos, prácticamente o 99% son de animais abandonados. Tamén se dan algúns casos de cans perdidos que se atopan despois aos donos. A veces aparecen, pero son os menos, para un que aparece hai 20 ou 30 que non” Hai algunha época do ano máis problemática que outra?

Pero non prometera o Concello de Verín construír unha? Mª N.G.: “Si, por iso, estamos en espera o que pasa é que vai moi lento, de momento non se moveu nada”. E recibes algunha axuda económica? Mª N.G.: Non, de momento non. Só nos deixaron ese sitio (o refuxio), alugárono eles (o Concello)”.

Mª Nieves Gascón Sánchez é unha das integrantes de Pro Animais Verín, unha asociación da que forman parte unha ducia de persoas preocupadas polo benestar de cans e gatos da comarca verinesa.

Dispoñedes de algún refuxio? Mª N.G.: “Temos un pequeño refuxio con capacidade para 20 e pico cans, é moi pequeño. Logo temos outros animais en acollida”.

canceira na vosa comarca? Mª N.G.: “Non, non hai”.

Falta educación e sensibilidade? Mª N.G.: “Moita, si, si. Aquí hai xente que aínda opina que como o can non é un animal que dea beneficio entón como que non pasa nada, e os gatos o mesmo… que o atropela un coche, pois que se cure só, e xa está, e senón, outro menos…”

Manuel Soutelo, colaborador de Pro Animais Verín, María Xesús Blanco, veterinaria de Albeitar, clínica que colabora coa asociación, e Mª Nieves Gascón, integrante de Pro Animais Verín, con algúns dos cans e gatos que rescataron e buscan fogar./M.REJO.

“O realmente importante é que a xente se conciencie, deixe de abandonar, empece a castrar os seus animais e a telos en condicións” Mª N.G.: “ A época da caza. Estes días desde que empezou a caza comezan a aparecer un montón de cans de caza, algúns perdidos e outros abandonados. Vemos de todo, cachorros, femias, maiores, de todas as razas, pero o que máis vemos son razas de caza”. E hai colonias de gatos de rúa en Verín? Mª N.G.: “Buff, estamos rodeados, mesmo no centro de Verín hai gatos de rúa”. Entende a xente o traballo que facedes? Mª N.G.: “Que va! Teño escoitado de todo. Xente que che di ‘se deixaras os animais’ e moi-

tísimas cousas, pero a min dame igual, vou facer o que queira”. Que requisitos hai que cumprir para poder adoptar un animal con vós? Mª N.G.: “Facemos un contrato de adopción, chip imprescindible por lei, e despois que se desparasiten, que se vacunen cando corresponda, que se traten en condicións dignas, que non estean atados, que non se usen para caza, que non vaian para experimentos nin para criar. No caso das femias pedimos compromiso de castración para non fomentar máis abandonos. Porque moita xente que ten femias ao final sempre hai descoidos e despois… que pasa con eses

cans? Uns os matan, outros os sacan como poden e deses algúns son favores de capricho dos nenos que despois rematan na rúa”. E neste tempo que levades traballando, a cantos animais tedes axudado? Mª N.G.: “Levamos 380 adopcións entre cans e gatos”. Cal é a vosa relación coas administracións? Axúdanvos? Mª N.G.: “Estamos esperando que o Concello coa Mancomunidade se poñan de acordo e fagan algo que mereza apena aquí na comarca”. Por que non hai ningunha

Que necesitades en Pro Animais Verín? Mª N.G.: “O primeiro é a conciencia da xente, por moitos medios que teñas , se a xente segue abandonando, as canceiras seguiranse enchendo. Ti hoxe podes ter un albergue para 50, cando o enchas podes facer outro de 500, e chegará un momento, se a xente segue abandonando, que se encherá. O realmente importante é que a xente se conciencie, deixe de abandonar, empece a castrar os seus animais e a telos en condicións e faga as cousas ben, e que non sexan caprichos. Ese día os albergues, as protectoras, terán moitos menos animais, moito menos gastos para as autoridades e para as asociacións e todo marcharía moitísimo mellor”. Como vos pode axudar a xente? Mª N.G.: “Temos un grupo de teaming e unha conta bancaria e a xente pode contactar con nós a través do noso Facebook (Pro Animales Verín) ou no meu teléfono 637 46 53 64”.


VERIN E COMARCA

Barrios Outubro de 2016

Medio Rural anuncia traballos de recuperación dos montes queimados 4 Xuntanza dos concellos afectados na comarca co director xeral de Ordenación e Produción Forestal. Redacción O director xeral de Ordenación e Produción Forestal, Tomás Fernández-Couto, e técnicos da Consellería do Medio Rural reuníronse o 13 de outubro cos alcaldes dos concellos ourensáns de Cualedro, Laza, Oímbra e Monterrei e con representantes dos montes veciñais e particulares afectados para analizar os traballos de recuperación dos montes comunais tras os incendios deste verán. No encontro planificáronse as actuacións para a recuperación do potencial forestal en zonas afectadas polos lumes nestes municipios, que comezarán nos próximos días. Estas actuacións servirán para facer un control dos riscos hidrolóxicos erosivos asociados aos lumes e atallar os posibles procesos de degradación dos solos afectados. Ademais, nesta xuntanza o director xeral lembroulles aos rexedores que aínda está aberto (ata principios de novembro) o prazo para acollerse ás axudas para compensar as perdas que os particulares sufriran a consecuencia dos lumes. Estas achegas están dotadas cun

orzamento dun millón de euros. Servirán para a reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados, así como para paliar os danos rexistrados nas explotacións agrícolas e gandeiras. As achegas outorgaranse a través de axudas mínimis e o procedemento de concesión das mesmas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva por rateo. Na provincia de Ourense arderon este verán arredor de 10.000 hectáreas. Na comarca de Monterrei destacaron os lumes de Oímbra, que queimou máis de 2.000 hectáreas, e Cualedro, con case 1.000 hectáreas afectadas nos incendios de San Millao e A Xironda. Consolidación de solos e outras actuacións Con respecto aos traballos de rexeneración dos montes, ademais das actuacións específicas de consolidación de solos, realizaranse outras como sementados rexenerativos, eliminación de madeira queimada sen valor de mercado para mellorar a posterior rexeneración do arborado ou aproveitamento da madeira recuperable. Tamén melloraranse

as infraestruturas forestais das zonas queimadas, reparando as cunetas e as obras de paso para facilitar a capacidade de evacuación de augas. Dende o punto de vista da recuperación de infraestruturas de protección dos terreos forestais, contémplanse o arranxo de peches gandeiros afectados incluíndo a substitución dos queimados e as súas infraestruturas complementarias. Estas medidas beneficiarán especialmente os propietarios dos montes afectados polos incendios, así como aos titulares dos dereitos de pastoreo, xa que permitirán unha recuperación mais rápida dos recursos forestais, diminuíndo o risco de erosión e a conseguinte perda de solo. Adicionalmente, isto terá un impacto favorable na regulación das augas de escorrentía.

Das 10.000 hectáreas queimadas na provincia, 3.000 foron en lumes en Oímbra e Cualedro

O alcalde de Cualedro intervindo nun momento da reunión para analizar os traballos de recuperación dos montes afectados por incendios da comarca de Monterrei./M.R.

Na xornada sobre o río Támega participaron, ademais do alcalde e do tenente de alcalde de Verín, os autores do Plan Director do Río Támega e coñeceuse a experiencia de rehabilitación do Támega en Amarante.

Verín proporá á Mancomunidade declarar a auga “elemento estratéxico” 4O Plan Director do Támega evidencia o delicado estado do río. Redacción O Concello de Verín vai propor ao resto de concellos da Mancomunidade a declaración da auga como “elemento estratéxico” para o Val de Monterrei. Así se anunciou por parte do alcalde, Gerardo Seoane, e o tenente de alcalde, Diego Lourenzo, na primeira sesión das Xornadas sobre o Medio Ambiente, que se centrou en coñecer o Plan Director do río Támega así como experiencias de rehabilitación do río ao outro lado da raia. O bipartito verinés quere que esta declaración institucional da auga como elemento estratéxico para as políticas públicas do val sexa referendada polos plenos dos concellos de Laza, Castrelo do Val, Verín, Monterrei, Oímbra, Cualedro, Vilardevós, ademais do de Verín. Todos eles, máis os portugueses de Chaves e Amarante, xuntaranse o 29 de outubro, para falar sobre política de medio ambiente sobre o río Támega. Prioridades Dende o Concello de Verín, o tenente de alcalde anunciou que se proporá como eixe principal

deste debate “por riba de cores políticos” o feito de “dar máxima prioridade á execución da nova depuradora de augas residuais no Támega, que xa está licitada pola Confederación Hidrográfica do Douro, por 1,2 millóns de euros”, así como “priorizar a construción dunha nova estación depuradora de auga potable, que xa está incluída no Plan Hidrolóxico Nacional 2015-2020 e que custará 4,2 millóns de euros”. Asemade, Diego Lourenzo quere “pelexar todos xuntos pola consecución dun fondo europeo, un POPTEC de 1,4 millóns para acondicionar as ribeiras do Támega”. Plan Director Polo que respecta o Plan Director, o equipo de enxeñeiras que o desenvolveu desgranou as diagnoses e solucións que detectaron para os principais problemas do río, entre as que destacan que no verán o río seca por tramos, e perde o chamado “caudal ecolóxico”, é dicir, que as especies non poden ter continuidade entre tramos nin reproducirse adecuadamente, o que se traduce na morte do río. Igualmente, outros problemas son as especies invasoras, a falla de depu-

4 Tres sesións As Xornadas sobre o Medio Ambiente organizadas pola Asociación Cultural Monterrei, Cultura e Territorio coa colaboración do Concello de Verín, prevén na súa segunda sesión, o sábado 22 de outubro, unha mesa redonda sobre o ecosistema do río Támega. O día 29 reuniranse os alcades da Mancomunidade para analizar as políticas de medio ambiente sobre o Támega. E finalmente o 3 de decembro a sesión centrarase no pasado, presente e futuro do Parque Natural do Invernadoiro. As xornadas desenvólvense ás 18 horas na Casa da Cultura de Verín. ración e o mal deseño de presas e pontes antigos que habería que superar. Todos estes problemas son susceptibles de ser arranxados con solucións técnicas, que pasan pola implicación e financiamento de todas as administracións .

O Goberno de Verín ve como prioridade a execución da nova depuradora


Barrios Outubro de 2016

VERÍN E COMARCA

EN BREVE

PLENO EN VERÍN

4 Anulada a licenza de obras do Parador

O skatepark queda pendente

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestima o recurso de apelación presentado pola Axencia Galega de Turismo e o Concello de Monterrei contra a sentenza de decembro de 2015 do Xulgado do Contecioso Administrativo de Ourense. Nela anulábase a licenza de obras da rehabilitación do Castelo de Monterrei para convertelo en Parador. O fallo ditamina que o Parador do Castelo de Monterrei excede en dúas habitacións o número máximo permitido. Desde Turismo de Galicia estase a estudar a sentenza e valorando se se presenta recurso de casación ou ben se se asume a redución do número total de habitacións.

4 Os oito votos do grupo de goberno non foron suficientes. Redacción O Concello de Verín celebrou o 10 de outubro unha sesión plenaria na que se abordaron 10 puntos. O máis destacado, a modificación do PXOM para incluír un uso deportivo na antiga Lonxa Agropecuaria, para facer posible a construción dun skatepark nesa ubicación. A aprobación non foi posible ao necesitarse unha maioría reforzada, e conseguir o bipartito só 8 votos a favor (faltaban o alcalde e outro edil) fronte ás 7 abstencións

do PP, que prefería outra ubicación para esta instalación deportiva, ao carón da piscina climatizada. O asunto quedou pendente para o próximo pleno. Redución de taxas Por unanimidade aprobáronse as modificacións das ordenanzas que regulan as taxas do servizo de abastecemento de auga e do saneamento. Os recibos baixarán no ano 2017 un 0,10%, pola redución do IPC no período entre agosto de 2015 e agosto de 2016. No apartado de rogos e preguntas, o voceiro popu-

A Guía das Adegas e Viños de Monterrei.

4 Editada unha guía sobre os viños de Monterrei O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei vén de editar a Guía de Adegas e Viños da Denominació de Orixe Monterrei. Trátase dunha publicación trilingüe (galego, español e inglés) de máis de 120 páxinas, que inclúe información detallada de cada unha das adegas amparadas na D.O. e dos viños que producen. A guía pretende axudar a posicionar os viños brancos e tintos da comarca entre diferentes públicos obxectivo, coma prescriptores, medios de comunicación ou consumidores. O Consello Regulador fixo chegar exemplares da publicación aos adegueiros da zona, así como a representantes de entidades, administracións e medios de comunicación.

4NOTICIAS DE EMPRESA

Sesión plenaria do 10 de outubro en Verín./CdV.

lar, Juan Manuel Jiménez Morán, rogou que se limpen os camiños de sendeirismo e rutas cicloturistas na zona do Pozo do Demo, “que agora están intransitables”, e que se regule o aparcamento nas rúas que desembocan a Irmáns Fernández Álvarez. Renuncia de Cástor Gago O político popular Cástor Gago renunciou á súa acta de concelleiro por motivos persoais. Será substituído polo número 9 da lista do PP, Daniel Diéguez.

Marisa Rodríguez, propietaria de Kaprichos.

Kaprichos renóvase A tenda de lencería de Verín Kaprichos vén de renovar as súas instalacións na rúa Deputación. Nova iluminación, novo chan e nova distribución dos produtos, pero a mesma atención persoal ao cliente que desde fai oito anos presta Marisa Rodríguez, a súa propietaria. Como novidade, Kaprichos comezou a traballar con roupa interior de muller e home da marca Armani. Continúan marcas recoñecidas como Hugo Boss e Replay para eles e Passionata e Chantelle para elas. No caso da roupa interior feminina, a oferta é moi ampla, desde a talla 38 ata a 50 e desde a copa B ata a do-

bre H. De cara á tempada de outono - inverno, Kaprichos dispón xa dun surtido de prendas para enfrontarnos ao frío: pixamas (tamén da marca Desigual), camisetas térmicas, batas... Non dubides en pasarte por Kaprichos que de seguro che aconsellarán o que mellor che convén.

Agora venden roupa interior da marca Armani KAPRICHOS r/Deputación, 18 - 988 413 589 - Verín


VERÍN E COMARCA

Barrios Outubro de 2016

Concello e Protección Civil impulsan o proxecto “ProtEduca” 4 Para formar á poboación escolar ante situacións de emerxencia. Redacción O presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, Manuel Alfonso Araújo, e a concelleira de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil, Cándida Couñago (na imaxe, no centro), presentaron o proxecto educativo “ProtEduca” ante representantes dos centros educativos da comarca.

O Concello de Verín e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil presentaron á comunidade educativa da comarca o proxecto educativo “ProtEduca”. “ProtEduca” nace coma un proxecto de educación e sensibilización da cidadanía, en particular da poboación escolar, ante situacións de emerxencia. O presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, Manuel Araujo explicou que é fundamental capacitar ás persoas para manexar situacións

de estrés. “Cambiar as reaccións das persoas ante o xeito de actuar nunha emerxencia é tan sinxelo coma practicar; todos somos quen de actuar con serenidade ante unha situación de crise se temos interiorizados os pasos básicos que se deben dar”, explicou Araujo. As sesións formativas serán desenvolvidas neste curso académico nos diferentes centros educativos de Verín, en todas as etapas desde Infantil a Bacharelato, por voluntarios da agrupación local de Protección Civil.

O IES García Barbón lanza a Guía do Estudante

- Versión web: http://bit.ly/2cjyqfd - Caderno en papel: http://bit.ly/2cuhCQJ Información de utilidade e actualizada, entre outros temas, sobre: · Calendario escolar 2016-2017 e datas de exames e avaliacións do primeiro e segundo trimestre. · Titorías: ofrecen os horarios de atención ás familias/ alumnado e a sesión de titoría grupal. · Orientación e información académica: facilitan o programa Orienta 2016-2017, un correo electrónico de consultas e o documento “Consellos entre estudantes”.


Barrios Outubro de 2016

VERÍN E COMARCA

Oímbra xa conta con planeamento urbanístico 4 O PXOM contempla unha nova zona verde e a mellora das infraestruturas viarias. Redacción

Unha visita de escolares aos mananciais de Verín.

O programa “Coñece Ourense” inclúe visita aos manaciais de Verín

Mais de 200 escolares visitarán Verín, ao longo de varias xornadas, dentro da iniciativa de dinamización turística “Coñece Ourense”, promovida pola Diputación Provincial e na que colabora o Concello de Verín a través da Oficina de Turismo. O obxectivo do programa é dar a coñecer os recursos endóxenos do destino e converter os pequenos en prescriptores da provincia de Ourense. “Coñece Ourense” permitirá ao alumnado coñecer elementos de interese do patrimonio histórico e balneario da provincia a través das cinco rutas ofertadas. No caso de Verín, móstrase como un destino no que o patrimonio termal e mineromedicinal é o protagonista do percorrido turístico, xunto coa visita guiada no Castelo de Monterrei.

Pablo Rivera presentou en Termatalia México a oferta relacionada coa auga da Eurocidade

A Eurocidade “da auga” promociónase en Termatalia México

Por sétimo ano consecutivo, a Eurocidade Chaves-Verín promocionou a súa marca transfronteriza “Visit Chaves-Verín, a eurocidade da auga” na feira Termatalia, cuxa edición de 2016 tivo lugar en México. Fíxoo cun stand turístico, reunións con turoperadores, e conferencias de prensa con medios especializados, entre outras iniciativas. Ademais, no marco do Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo, o secretario executivo da Eurocidade, Pablo Rivera, explicou ante máis de 300 persoas o produto transfronteirizo ao redor da auga, onde os protagonistas son os auguistas e as seis fontes de auga mineromedicinal de Chaves e Verín.

Vén de ser aprobado o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Oímbra, municipio que ata o momento carecía de planeamento propio e rexíase polas Normas complementarias e subsidiarias provinciais de 1992. Entre outros avances, o planeamento pon en valor o patrimonio arquitectónico e natural do concello, ao tempo que contrarresta o déficit de espazos públicos nos núcleos rurais. Así, por exemplo, contempla unha nova zona verde na contorna de Oímbra e mellora as infraestruturas viarias deste núcleo a través da ampliación de beirarrúas; do ensanche e pavimentación do sistema viario; do reforzo da EDAR que dá servizo aos núcleos de Oímbra e O Rosal; e da mellora das redes de saneamento e depuración. Ademais, o novo PXOM recoñece e protexe os valores ambientais do concello, entre os que cabe destacar o espazo que conforma o río Támega, integrado na Rede Natura 2000 e na rede galega de espazos protexidos. Outro dos puntos relevantes do novo planeamento é que fomenta o mantemento das actividades económicas, esta-

A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e a alcaldesa de Oímbra, Ana Mª Villarino, nunha xuntanza recente na que analizaron o Plan Xeral. blecendo unha reserva de solo de carácter empresarial que mantén o ámbito recollido no plan especial aprobado en 2012 polo concello. En canto á clasificación do solo, o planeamento delimita 11 núcleos rurais e cualifica todos eles como histórico-tradicionais, agás o de Terrón, que está considerado como núcleo común. O PXOM prevé, ademais, un Plan especial de ordenación no núcleo rural de Oímbra para acoller a construción de vivenda protexida, para o que delimita unha actuación integral de 9.011 metros cadrados xunto ao colexio. Previsión de 925 vivendas O planeamento está configurado de xeito que poida absorber un posible crecemento da poboación,

sempre dentro dun marco ordenado e sostible. Actualmente, existen 1.253 vivendas en solo de núcleo rural. A ordenación prevista permitiría acoller, no horizonte temporal do Plan, ata 925 novas vivendas. O resto da superficie municipal quedaría protexida, pois o PXOM clasifica máis de 9.000 hectáreas como solo rústico de especial protección. A Xunta de Galicia colaborou na elaboración do novo Plan con case 80.000 euros.

O Plan reserva solo para construír vivenda protexida no núcleo de Oímbra, xunto ao colexio


PUBLICIDADE

Barrios Outubro de 2016


Barrios Outubro de 2016

XINZO E COMARCA

Vilar de Santos elimina dous vertedoiros incontrolados 4 Retiráronse dúas toneladas de residuos voluminosos. Redacción

Actividade de ximnasia para maiores no CDR O Viso.

A Obra Social La Caixa apoia o CDR O Viso 4 Cunha axuda de 40.000 euros. Redacción O proxecto integral de intervención do Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) O Viso de Lodoselo (Sarreaus) vén de recibir novamente apoio económico da Obra Social La Caixa. O proxecto presentado na convocatoria Acción social no ámbito rural 2016, no marco do Programa de Axudas a Proxectos de Iniciativas Sociais, foi

seleccionado polo correspondente comité avaliador e aprobado por La Caixa cunha achega económica de 40.000 euros. Esta axuda permitirá ao CDR O Viso ampliar a contratación da terapeuta ocupacional e a psicóloga para o mantemento e aumento de actividades e servizos de proximidade prestados tanto nos domicilios como no propio centro. O obxectivo deste pro-

grama do CDR O Viso é facilitar o mantemento das persoas no seu contorno habitual e se non é posible retrasar a súa institucionalización; favorecer a posta en valor da participación social, relacións interxeracionais e experiencia de coñecemento das persoas do medio rural; e, a longo prazo, loitar por un medio rural habitable e habitado.

Os socialistas piden a anulación dos recibos do lixo de vivendas baleiras 4 Rexistraron unha moción para debater no próximo pleno. Redacción O grupo municipal socialista de Xinzo vai rexistrar unha moción para a súa deliberación no vindeiro pleno, na que solicita a modificación da ordenanza reguladora da taxa polo servizo de recollida do lixo. Os socialistas queren que se contemplen dun xeito específico na ordenanza as vivendas e locais que estean baleiros.

“Carecer de subministro de auga e luz debería ser unha causa de exención do pagamento deste tipo de taxa, sempre que se acredite documentalmente”: Segundo a ordenanza municipal, aprobada en 2014, que regula o recibo de lixo, os veciños da vila de Xinzo pagan unha cota de 54,04 euros mentres que os das parroquias deben abonar 44,95 euros. A ordenanza establece que “a

prestación do servizo enténdese polo simple feito de que o Concello o teña establecido, aínda que o particular interesado non o utilice”. Os socialistas fanse eco así da indignación entre os veciños tras seren notificados de novos recibos de lixo que se lles reclaman con anos de atraso, debido á emisión dunhas 1.470 novas altas no catastro.

O Concello de Vilar de Santos eliminou dous vertedoiros incontrolados que se localizaban nas parroquias de Parada e de Vilar de Santos. Os vertedoiros formáronse nos últimos anos, con residuos de diversa procedencia e composición. Na limpeza, foron retirados dúas toneladas de residuos voluminosos, 120 quilos de aparatos eléctricos, 50 metros cúbicos de residuos plásticos, 700 metros cúbicos de residuos mesturados, 70 metros cúbicos de residuos forestais. Segundo explicaron

desde o Concello, esta cantidade de residuos dificultou os traballos polo que houbo que utilizar maquinaria pesada, ademais do traballo manual. Unha vez retirados os residuos, procedeuse ao acondicionamento da zona. O lixo dará paso a espazos recuperados, consolidados con herba para lograr a máxima restauración ambiental e integración paisaxística, sinala o comunicado do Concello. “A execución destes traballos, era unha actuación urxente e necesaria desde o punto de vista ambiental, e reflicte o noso compromiso ca protección do medio rural e natural e a

conservación da diversidade medioambiental e paisaxística do concello”, afirmou o alcalde, Xan Jardón. A actuación foi posible grazas a un convenio coa Consellería de Medio Ambiente no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e forma parte dun programa ambiental que terá continuidade nos vindeiros meses con outras actuacións.

A cantidade de residuos obrigou a utilizar maquinaria pesada

Área recuperada do que fora o vertedoiro de Outeiro.

Bo dato económico en Vilar de Santos 4 Aproba a Conta Xeral de 2015. Redacción O Concello de Vilar de Santos aprobou a Conta Xeral do exercicio 2015. O resultado orzamentario foi positivo (65.085 euros) e o remanente de tesouraría para gastos xerais foi de 257.979 euros, “Un excedente de liquidez para reforzar e financiar un maior volume de

gasto para a inversión produtiva e novos proxectos”, apuntan desde o Goberno de Vilar de Santos. Débeda cero Outro aspecto relevante das Contas é que a débeda pública do Concello é cero e a débeda con provedores tamén é cero. Vilar de Santos cumpre asemade cos principios de eficiencia e

estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira. Estes datos e cifras da Conta Xeral foron xerados e logrados, xustifican desde o Concello, grazas á xestión e ao control e racionalización dos gastos correntes municipais, pero sen renunciar ao investimento, o que permitiu operar con máis eficacia e máis autonomía e alcanzar os obxectivos previstos a pesar das limitacións e restricións impostas polo goberno central e a Xunta.

A débeda pública e con prevedores é cero


XINZO E COMARCA

Os veciños de Fiestras terán unha depuradora Redacción

Os 70 veciños de Fiestras e 7 de Laroá, ambos os dous núcleos do municipio de Xinzo, contarán a partir do ano que vén dunha planta depuradora das augas residuais. Actualmente as augas sucias dos dous núcleos van parar a dúas fosas sépticas. A Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Xinzo veñen de asinar un convenio, polo que a primeira entidade achegará a cantidade de 234.000 euros, que será o custo máximo da obra. Espérase que nos próximos meses saia a concurso a adxudicación da obra e que os traballos rematen no primeiro semestre do 2017.

Un ano despois da súa aprobación, os socios do “Risc Miño-Limia” avalían o proxecto 4 O obxectivo é preparar as canles dos ríos Miño e Limia fronte a fenómenos extremos, coma inundacións ou secas. Redacción Os socios da candidatura POCTEP para o proxecto “RISC MiñoLimia” (Prevención de Riscos de Inundacións e Secas na Conca internacional do Miño-Limia), reuníronse a finais de setembro na sede da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil co ánimo de avanzar nas diferentes accións asociadas o proxecto e programar as novas actividades a levar a cabo no mesmo.

Este encontro prodúcese ao cumprirse un ano da rúbrica do Protocolo de colaboración entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, e a Axencia Portuguesa do Ambiente, no que tamén colaboran a Universidade de Vigo, a través do Campus da Auga. O proxecto Este proxecto “RISC Miño-Limia”, presentado á candidatura dos POC-

TEP (proxectos de cooperación transfronteiriza entre España e Portugal) en 2015 ten como obxectivo o deseño dun conxunto de medidas orientadas á preparación, prevención e unha mellor xestión da demarcación hidrográfica internacional do Miño-Lima. A intención é mitigar os efectos dos fenómenos extremos - inundacións ou secas-, nestas dúas concas, todo iso co ánimo de mellorar na xestión dos recursos naturais tendo en conta a necesaria adaptación ao

Vella demanda Esta infraestrutura era unha vella demanda dos veciños e do propio Concello de Xinzo e con ela mellorarase o servizo e a calidade das augas que logo irán parar ao regato de Fiestras e ao río Pequeno. O lugar escollido polos técnicos para o emprazamento da depuradora será onde se atopa nestes momentos a fosa séptica, un terreo comunal en Fiestras.

Beneficiará a 70 veciños de Fiestras e 7 de Laroá e custará 234.000 euros

cambio climático. O orzamento da candidatura “RISC Miño-Limia” ascendía a 2,7 millóns de euros, dos cales o 75% proceden de fondos europeos.

O “Risc MiñoLimia” está dotado con 2,7 millóns de euros, dos cales o 75% proceden de fondos europeos

Barrios Outubro de 2016

EN BREVE 4 Supresión de barreiras arquitectónicas O Concello de Xinzo de Limia instalará doce dispositivos sonoros nos semáforos dos cruces principais da vila, facilitando a mobilidade das persoas invidentes. Tamén está a rebaixar os bordillos e pendentes das beirarrúas para facilitar a mobilidade das persoas discapacitadas. O Concello atende así unha petición da Asociación Limisi.

4 Desfibrilador na piscina municipal O Concello de Xinzo de Limia xa conta cun desfibrilador. En breve formará aos técnicos deportivos e monitores para poder dalo de alta no Sergas. Este desfibrilador estará ubicado nas instalacións da piscina climatizada e dará servizo a esta e ao pavillón de deportes municipal. O Concello ten a intención de colocar “o antes posible” nas instalacións da Moreira e “nalgunha outra instalación na que crean convinte os técnicos municipais”.

4 Arranxo de camiños

Participantes na xuntanza sobre o “RISC Miño-Limia” na sede da Confederación.

Comezaron en Xinzo as obras de mellora de camiños de acceso a explotacións agrarias do Plan Marco 2016 da Xunta, segundo informa a web municipal. Os 65.796 euros reservados para Xinzo de Limia neste programa destinaranse a renovar as pistas da Encibiñeira e A Curuxeira na Manga, o Pulón en Parada de Ribeira, As Triguizeiras de Damil, a Lameira dos Pozos en Moreiras, As Cuadrillas en Pidre, Os Marqueses en Morgade e O Requeiral en Seoane.


10

Barrios Outubro de 2016

XINZO E COMARCA

Obras de eficiencia enerxética no CEIP Rosalía de Castro 4 Durarán tres meses. Redacción A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria adxudicou en setembro a rehabilitación integral do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia. As obras estanse desenvolvendo con total normalidade, segundo informaron desde o equipo directivo do centro, e trátase de minimizar a afección destas na actividade docente. De feito, a maioría dos traballos desenvólvense fóra do horario escolar, e cando hai que actuar nalgunha clase concreta, os alumnos utilizan as aulas de desdobre. Eficiencia enerxética A principal intervención consiste na colocación de elemento de illamento en diversos elementos como as fachadas, as caixas das persianas, os falsos teitos,

Convivencia de educación viaria 4Acudiu o director xeral de Emerxencias. Redacción

Exterior do colexio Rosalía de Castro de Xinzo./M.REJO. ou tubarías de calefacción. Así mesmo, estanse substituindo as carpinterías metálicas do exterior, instalaranse persianas nos ventanais do ximnasio e falsos teitos nas estancias que carecen deles; vanse pintar os paramentos interiores e vaise revisar a instalación eléctrica. Ademais, estanse a mudar as luminarias existentes por equipos de alta eficiencia enerxética con detectores

de presenza nas zonas comúns. Cómpre salientar, ademais, o peche da pista polideportiva polas súas catro fachadas, a instalación dun cortaventos no acceso ao edificio anexo e a ampliación das ramplas de acceso ao porche cuberto situado entre o edificio principal e o administrativo. O prazo de execución é de tres meses, polo que desde o colexio calculan

que as obras estean rematadas para as vacacións de Nadal. A rehabilitación enmárcase nun programa piloto de eficiencia enerxética da Consellería de Educación, no que tamén está incluído outro centro educativo da provincia, o CPI José García García de Ourense. O investimento total da actuación nos dous centros supera os 837.000 euros.

O director xeral de Emerxencias, Luis Menor, participou na I Convivencia Interescolar de Educación Viaria, celebrada en Xinzo o 29 de setembro. Alí destacou a importancia da sensibilización e a educación viaria como elementos claves para previr accidentes de tráfico sobre todo entre os máis pequenos. Con anterioridade a esta xornada celebrouse un concurso de carteis onde participaron os colexios da comarca. Nesta primeira edición foron premiados alumnos dos colexios Carlos Casares, Rairiz de Veiga e Vilar de Barrio. A xornada contou coa participación dos centros escolares da Limia cos alumnos de infantil

Luis Menor./ARQUIVO. e primaria, así como pais e profesores. Os rapaces trasladáronse ao pavillón de deportes, onde estaban preparadas actividades didácticas de educación viaria coa Garda Civil de Tráfico. Na xornada participaron xunto coa Dirección Xeral de Emerxencias e a Axega, Protección Civil, a Garda Civil de Tráfico, a Dirección Xeral de Tráfico e a Policía Local de Xinzo.


ALLARIZ E COMARCA

4 Convocado un curso de edición de vídeo

4 As actividades veciñais centraranse, no último trimestre do ano, no coñecemento do contorno. A Área de Igualdade do Concello de Allariz comeza o novo curso retomando as actividades que se veñen desenvolvendo, dende hai anos, nas asociacións veciñais. Na maioría mulleres, aínda que tamén algún home, asisten ás actividades organizadas coa finalidade, segundo explica a técnica Ana Cardoso, “ de cuestionar as identidades,

de xeito que vivamos máis felices e consigamos dotar de autonomía e liderado aos homes e mulleres que habitan o rural”. No último trimestre do ano, as actividades centraranse no coñecemento do contorno e no compartimento do tempo de lecer. Así, a asociación veciñal de Nanín visitará o Festival Internacional de Xardíns de Allariz e a asociación veciñal de Torneiros coñecerá o Museo da

Un dos obradoiros que desenvolven as asociacións veciñais alaricanas. Moda de Allariz. A dinamización do rural dende a perspectiva de xénero é un dos principais obxectivos que o Concello de Allariz persegue a través da realización de diversas actividades organizadas polo departamento de Be-

nestar Social. Así, téñense realizado actividades relacionadas coa estimulación cognitiva, o autocoidado, a igualdade ou o empoderamento. Algunhas destas experiencias concluíron en proxectos novidosos como “As bicicletas son para as

O Concello de Allariz repara o acceso á Alameda

A brigada municipal de Allariz está levando a cabo a reforma da entrada da Alameda. O acceso está sendo obxecto dunha ntervención co obxectivo de mellorar a seguridade viaria, revalorizar o espazo e solucionar problemas do pavimento así como

dignificar a entrada á Alameda. O proxecto foi aprobado cun orzamento de 4.000 euros e consiste no acondicionamento e recollida das augas pluviais e a colocación de adoquín “seguindo a estética da intervención realizada na rúa Emilia Pardo Bazán”, explican desde o Concello.

mulleres” ou “As herbas mediciñais”.

Os colectivos veciñais visitarán o FIXA ou o Museo da Moda

A Casa da Mocidade do Concello de Allariz convoca, de novo, o curso de introdución á edición de vídeo con Blender. O curso impartirase os sábados en horario de 10 a 13:30 horas durante o mes de novembro. Os asistentes aprenderán a editar, con Blender, de maneira amena os seus propios clips de vídeo a partir das gravacións de cámaras ou dispositivos móbiles e subilos á rede; crear películas a partir de fotografías, encadenalas, engadirlles música, voces e efectos de son; superpoñer á imaxe textos e overlays; inserir cabeceiras e títulos de crédito para presentar proxectos; engadir transicións e efectos e converterse nun director de cinema aplicando sinxelos conceptos de linguaxe audiovisual.

4 Aberta a inscrición na Escola de Familias

4 Destina 4.000 euros. Redacción

11

EN BREVE

A área de Igualdade retoma as actividades de dinamización rural

Redacción

Barrios Outubro de 2016

Entrada da Alameda de Allariz.

A Escola de Familias de Allariz abriu o prazo de inscrición para participar nas actividades da “Orella Verde”. A iniciativa, que comeza un novo curso este mes de outubro, pretende ser un punto de encontro semanal onde pais e nais analizan diferentes temas educativos de interese para os seus fillos e fillas. Os interesados poden informarse e anotarse no Fogar dos Maiores de Allariz ou no teléfono 988 554 059.


12

Barrios Outubro de 2016

ALLARIZ E COMARCA

EN BREVE

Primeiros achádegos no xacemento de San Salvador dos Penedos

4 Festa da zorza e magosto, en Maceda A vila de Maceda acollerá dous eventos gastronómicos nas vindeiras semanas. Dunha banda, a Asociación Gastronómica “Taberneiros do Pobo” de Maceda organiza o 29 de outubro a Festa da Zorza. A cita para degustar un menú composto de empanada, zorza, pan e viño é na praza das Toldas a partir das 8 da tarde. Doutra, a Asociación Xuvenil O Pipote realizará un magosto alternativo no bosque do Castelo de Maceda o sábado 12 de novembro. A cea estará amenizada por un grupo de música tradicional e posteriormente haberá concertos de Miss Derrota, Yomelomontosolo, Octavo Pasajero e Storm Seeds.

4 Mostra de camelias Coincidindo co peche do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, a Asociación Ibérica da Camelia organiza, en Allariz, a I Mostra de Camelia, que terá lugar os días 29 e 30 de outubro no Museo do Coiro. Ademais da exposición desta flor, haberá obradoiros de mosaicos e de esmaltado de camelias para nenos e adultos.

4 Os arqueólogos atoparon dúas sepulturas. Redacción

Actuación dos Tristes na festa de Prigamas no Campo da Barreira de Allariz./CEDIDA.

Primagas dase a coñecer en Allariz cunha festa “con boa enerxía” 4 O evento reuniu un milleiro de persoas no Campo da Barreira. Redacción A Festa Primagas, celebrada en Allariz o domingo 9 de outubro, serviu como presentación pública en Ourense e Galicia desta compañía especializada en gas. A cita xuntou a máis de 1.000 persoas no Campo da Feira da vila alaricana e contou coa actuación musical de Os Tristes, o dúo formado polos humoristas Marcos

Pereiro e Federico Pérez. Tampouco faltaron unha degustación de polbo e filloas, inchables para os máis pequenos, xogos populares e música de animación, entre outras actividades. Primagas é unha firma que ofrece solucións enerxéticas eficientes e limpas nas zonas non urbanas e que está en fase de expansión en Galicia. Toda a recadación acadada irá destinada á Aso-

ciación Puzzle, unha entidade que loita contra a exclusión social e laboral das persoas con discapacidade. O evento contou tamén coa colaboración do Concello de Allariz. Con máis de 20 anos de experiencia no mercado español, Primagas aterra en Galicia para mellorar as condicións de vida dos habitantes das zonas non urbanas, ofrecéndolles alternativas enerxéticas eficientes e limpas.

O alcalde de Allariz, Francisco García, e o vicerreitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez, realizaron unha visita ao xacemento do Castelo de Mouresiños, en San Salvador dos Penedos de Allariz, para coñecer o traballo realizado polo Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo. Os responsables do proxecto resaltaron os bos resultados obtidos, que superaron as expectativas iniciais. A pesar

de tratarse dun primeiro achegamento ao xacemento, centrado na súa limpeza e sen chegar a realizar escavacións, os arqueólogos deixaron ao descuberto dúas sepulturas e diversas estruturas pétreas importantes da fortaleza. O castelo, apuntan, é o primeiro da época altomedieval que comeza a investigarse en Galicia. A intervención levada a cabo en San Salvador dos Penedos, afirmou o alcalde, enmárcase no “empeño que temos en pór en valor os nosos recursos” levando a cabo “iniciativas que teñan retorno para a poboación”.

Francisco García e Virxilio Roríguez, no xacemento do Castelo de Mouresiños./DUVI


PUBLICIDADE

Barrios Outubro de 2016

13


14

Barrios Outubro de 2016

A 17ª edición de Celebra, a final de mes en Expourense Redacción

A 17ª edición de Celebra, o Salón de Vodas, Comuñóns, Bautizos e Actos Sociais celebrase no recinto feiral de Expourense os días 29 e 30 de outubro. Xa está confirmada a presenza de máis de 60 empresas, principalmente da provincia de Ourense, pero tamén procedentes doutros puntos de Galicia. Haberá wedding planners, e representantes do mundo da fotografía, os licores, a moda, a decoración de eventos, o aluguer de coches, axencias de viaxes, floristerías, restauración, e animación, entre outros relacionados coa organización de eventos e celebracións. Actividades Do programa xa se coñece que haberá pasarela de moda tanto na xornada do sábado como na do domingo. Nos desfiles participarán Alvarino (moda nupcial masculina), Noar Novias (noivas), Passión Novias (noivas e festa), xoiería Loyma, Paris Difusión (perruquería), Drácena (floristería e decoración), Nocandra (moda festa), Chévere (animación), En dos detalles (decoración), Magic Stories, e Charo López (vestidos). Desfilarán modelos da axencia Luena. Entre outros puntos de interese do salón, as parellas que se acheguen ata Expourense poderán participar, de xeito gratuíto, nunha clase de baile nupcial, para a que é preciso a previa inscrición.

O salón terá lugar os días 29 e 30 de outubro

OURENSE PROVINCIA

Convocados os 5ª Premios AJE 4 Entregaranse nun acto o 3 de novembro. P. L. Visibilizar o labor do colectivo na provincia e impulsar aos empresarios locais é o obxectivo dos premios AJE Ourense, que neste 2016 chegan á súa 5ª edición. Os galardóns serán entregados nun acto no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense o próximo 3 de novembro, segundo desvelou o seu presidente, Lois Babarro. O colectivo premiará ao mellor novo empresario de 2016, que recoñecerá “unha traxectoria exemplar”, e a mellor iniciativa emprendedora, dándolle así “un impulso e visibilidade social”. Para estas dúas categorías, os interesados -que non necesariamente deben ser socios de AJE- poden presentar candidaturas até o 1 de novembro ben na sede de AJE (na CEO) ben a través do correo info@ ajeourense.com. Ademais, o colectivo de novos empresarios entregará o premio men-

tor 2016, a aquela persoa “que colaborase co noso colectivo” e o premio compromiso social 2016, un recoñecemento “ás entidades sociais que se implicaron con esta provincia”. Babarro compareceu ante os medios de comunicación acompañado do vicepresidente de AJE Ourense, César González Sánchez ,e do secretario, Germán Rodriguez Saá, premio novo empresario 2015 por Eolicia. Rodríguez Saá destacaba o “recoñecemento social” que supón o galardón, que fai que a súa empresa teña agora unha “aceptación diferente”. O secretario de AJE Ourense resumía o sentido destes galardóns: “que a xente se dea conta de que hai proxectos que están a facer moitas cousas pola provincia e que non se sabe”.

Galardoarán ao mellor empresario e á mellor iniciativa emprendedora

Germán Rodríguez Saá, Lois Babarro e César González, membros da directiva de AJE Ourense./P.LODEIRO

Material incautado pola Garda Civil de Ourense.

Desartellados cinco puntos de venda de droga na provincia, dous deles en Xinzo e Celanova 4 A Garda Civil detén nove persoas na operación LUK. Redacción O Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga da Garda Civil da Comandancia de Ourense, vén de desartellar unha rede organizada de venda de droga polo miúdo en Ourense, Xinzo, Celanova e A Valenzá. A operación LUK, iniciouse a principios do mes de maio, cando a Garda Civil tivo coñecemento dun incremento no consumo de drogas na zona de Celanova. Tras realizar varias investigacións, a Garda Civil detivo a pasada fin de semana ata nove persoas en varios puntos da provincia, como presuntas autoras dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.

Son B.E.D., de 45 anos e veciño da Estrada, como xefe da trama; M.T., de 39 anos e nacionalidade senegalesa e con domicilio en Celanova; H.F.M., de 53 anos e natural de Entrimo e veciña de Celanova; C.F.A., de 57 anos, D.F.D., de 19 anos, L.F.M., de 20 anos e D.D.F., de 31 anos, os catro veciños de Celanova; J.C.A., de 24 anos e veciño da Valenzá; e finalmente J.L.R., de 43 anos e veciño da capital ourensá. Rexistros A Garda Civil realizou rexistros nos domicilios dos detidos, onde se incautou de 8.500 doses de cocaína, 100 doses de haxix, 2.000 euros en efectivo e diversos útiles para a manipulación e elaboración de drogas. De igual modo foron intervidos tres ve-

hículos. A valoración da droga incautada alcanza os 200.000 euros. Con esta operación, o Instituto Armado dá por desartellados cinco puntos de venda de media de droga en Ourense, Xinzo, dous en Celanova e A Valenzá. Os detidos pasaron a disposición xudicial no Xulgado de Instrución 1 de Ourense o luns 17 de outubro. Tres deles ingresaron en prisión ( o xefe da trama, o súbdito senegalés e o veciño da Valenzá) e o resto quedaron en liberdade con cargos. A operación continúa aberta.

A Garda Civil incautouse de 8.500 doses de cocaína e 100 de haxix


especial DEPUTACIÓN DE OURENSE

A tecnolóxica Plexus instalarase en Ourense para desenvolver produtos de software O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no seu despacho no Pazo Provincial ao conselleiro delegado da empresa tecnolóxica Plexus, que se instalará en Ourense para investigar e desenvolver produtos de sotfware. Na reunión, Baltar e Antonio Agrasar analizaron aspectos loxísticos e de organización relacionados coa posta en marcha da empresa e falaron das liñas de investigación que a empresa prevé levar a cabo en Ourense, enfocadas principalmente nas áreas de tecnoloxías de saúde e do turismo. Manuel Baltar agradeceu a Agrasar a súa aposta por Ourense, “que se traducirá en creación de emprego, competitividade e innovación tecnolóxica” e salientou a importancia que o proxecto de Plexus ten no marco da iniciativa “Provincia Intelixente” que está impulsando o goberno provincial, “para seguir avanzando na xestión tecnoloxía, situando á provincia na vangarda da tecnoloxía da información e das comunicacións”. Plexus é unha das pemes con máis proxección na Unión Europea, segundo a Bolsa de

Londres. Para desenvolver este proxecto en Ourense, a empresa prevé a creación inicial de 15 postos de traballo, cos graduados da Escola de Informática do Campus de Ourense. O presidente da Deputación, quen conseguiu coas súas xestións que esta compañía teña sede en Ourense, afirma que a súa chegada “referenda o labor de “provincia intelixente” que estamos impulsando para seguir avanzando na xestión tecnolóxica, situando en moitos aspectos á nosa provincia á vangarda das TICs, como demostra a implantación de Plexus, empresa recoñecida internacionalmente polos seus avances en materia de xestión tecnolóxica”. Baltar afirma que a liña de colaboración entre o goberno provincial e empresas de alta tecnoloxía “nos permite establecer estratexias no ámbito da innovación para o desenvolvemento tecnolóxico da provincia de Ourense”, un “camiño tecnolóxico”, que comezou en xullo pasado co acordo de colaboración “Provincia Intelixente”, asinado entre a Deputación de Ourense e as multinacionais Vodafone e IBM, que impulsará a creación

Antonio Agrasar e Manuel Baltar, na Deputación Provincial. dun centro de tecnoloxía”. “As intensas conversas que tivemos nos últimos meses deron seus froitos e agora se concretan coa chegada de Plexus, que pasará a formar parte da lista de empresas líderes en tecnoloxía, xunto con Vodafone e IBM, que crearán emprego en Ourense e

onde desenvolverán produtos de vangarda, acorde coa iniciativa “Provincia Intelixente”, o que demostra o cumprimento do Plan de mandato “Ourense 1519”, que sitúa como unha das súas liñas estratéxicas o denominado “Ourense tecnolóxico”, explica Manuel Baltar.

Barrios Outubro de 2016

15

A Deputación convoca o XIV Premio “Pura e Dora Vázquez” A Deputación de Ourense convoca o XIV Premio “Pura e Dora Vázquez” de narración e ilustración infantil e xuvenil, dotado con 3.000 euros para as dúas modalidades, un certame que quere recoñecer a calidade literaria e artística de traballos creados para nenos e mozos, fomentar a lectura entre este público e destacar a figura das escritoras Pura e Dora Vázquez. Ao premio, na súa modalidade de narración, poderán concorrer todos aqueles autores de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega. Os textos presentados han de ser inéditos e totalmente orixinais. As obras, cuxa temática será libre pero acaída para o público infantil ou xuvenil, terán unha extensión mínima de 25 páxinas e máxima de 100 páxinas. A presentación dos orixinais poderá realizarse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Ourense, ata o 30 de decembro de 2016. Para esta modalidade de narración establécese un premio de 1.500 euros. As obras irán asinadas exclusivamente con pseudónimo.

A Deputación, primeira administración en aprobar os orzamentos de 2017 O pleno da Corporación Provincial do mes de setembro aprobou o orzamento xeral da institución para o exercicio 2017, sendo a Deputación de Ourense a primeira administración pública de España en aprobar os orzamentos do vindeiro ano, que ascenden a 77 millóns de euros e cobren todo o que establece a Carta de Servizos da institución, tanto para concellos como para cidadáns. Asemade, o pleno da Deputación aprobou as bases para a elaboración e execución do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial para o exercicio 2017, que eleva a súa contía segundo o establecido no Plan de Mandato “Ourense 15-19”. Tamén aprobou o pleno solicitar ao Goberno de España a construción na Gudiña dunha estación do AVE e un centro de conser-

vación e mantemento do tren de alta velocidade. Así mesmo, aprobouse que a Deputación de Ourense solicite que a Estrutura Organizativa de Xestión Integral de Ourense, Barco de Valdeorras e Verín dispoña, coa posta en funcionamento do Hospital 20-50, dun sistema integrado de televisión dixital, baseado en pantallas táctiles sobre brazo articulado, situadas xunto á cabeceira da cama do paciente, o que lle permitirá ter acceso á televisión á carta, radio e Internet, a cada paciente sen ter que consensuar a elección de canles nin molestar a outros pacientes da mesma habitación. Asemade, o pleno aprobou manter os criterios obxectivos que presiden os plans de cooperación cos concellos da provincia: Plan de Obras, Plan Benourense, Plan de Empregabilidade, Plan de Axudas á Mocidade, Plan de Desbroces, Plan de Adquisición

de Desfibriladores e outros. Acordou tamén, no ámbito de procedementos de contratación, cumprir a lexislación vixente en materia de contratación sen auto-limitacións con respecto aos procedementos de contratación, e continuar co traballo desenvolvido que permite á Deputación de Ourense liderar, coa máxima puntuación, a Área de Transparencia nas contratacións de servizos segundo o ránking dos gobernos provinciais de España elaborado por Transparencia Internacional. Por último, o pleno aprobou instar á Xunta de Galicia a continuar desenvolvendo actuacións de control dos riscos hidrolóxicos erosivos asociados aos incendios forestais deste verán, así como liñas de axuda para paliar os danos causados por estes, e para fomentar os investimentos no sector forestal.

Viaxe pola historia da provincia co programa “Coñece Ourense” A Deputación de Ourense organiza o programa escolar “Coñece Ourense”, unha iniciativa a través da cal difunde o patrimonio natural e arquitectónicoartístico da nosa provincia entre o alumnado da ESO. Na presentación desta iniciativa, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, explicou que e “está dirixida aos alumnos de ESO en Ourense, para que coñezan elementos básicos da nosa cultura, do noso

patrimonio, da nosa etnografía, en definitiva, que coñezan máis a nosa provincia, que é a súa provincia”. Os colexios interesados en participar poden anotarse para realizar algunha das cinco rutas culturais ofertadas: O Carballiño-Ribadavia, Verín, Bande, Ribeira Sacra ourensá, e O Bolo-Manzaneda. O número máximo de alumnos por centro é de 47. A reserva farase por orde de chegada das solicitudes ao correo: cultura@depourense.es.


16

Barrios Outubro de 2016

OURENSE PROVINCIA

“O obxectivo é asisistir aos emprendedores para que se reduzan os riscos ao comezo” 4 Falamos con Ángel Colsa, encargado dos espazos coworking que están en marcha en Celanova e Xinzo de Limia. S.N. Montar unha empresa non é sinxelo. Os trámites, a inversión, a incertidume… semella que todo son pedras nunha mochila que, en principio, só debería conter ilusión e gañas. Pero cando alguén che tende a man para que deas os primeiros pasos todo vai tomando forma. E iso é o que fan os espazos coworking que dende mediados de setembro están en marcha en Celanova e Xinzo, prestan asesoramento de expertos e permiten un espazo de encontro para que os emprendedores de ambas comarcas intercambien experiencia e dúbidas. O único que se pide a cambio é compromiso. Parece un bo trato. Como xorden os espazos coworking de Celanova e Xinzo? Ángel Colsa: “Como consecuencia dun acordo entre o IGAPE e a EOI a través de fondos europeos. A EOI é a “Escola de Organización Industrial” que depende do Ministerio de Industria e é a escola de negocios con máis solera de España, xa que ten máis de 60 anos. O obxectivo é asistir aos emprendedores das comarcas de Xinzo e Celanova para que se reduzan os riscos ao comezo da súa ac-

“Estou moi agradecido pola resposta, pero non sorprendido. Nestas comarcas hai clima emprendedor”

Á.C.: “Nestes días trataranse aspectos como o “Desenrolo do modelo de negocio” e a “Creación dunha marca persoal”. Que vantaxes consideras que ofrece o coworking? Á.C.: “Sinceramente? Ogallá asistira eu a un programa destas características fai 15 años cuando fundei a miña propia empresa”.

Sesión de coaching da man da Javier Gil, executivo e master trainer en programación neurolingüística, que tivo lugar o pasado 13 de outubro no espazo coworking de Xinzo de Limia./MIGUEL REJO.

Haberá novas edicións nos próximos dous anos, por iso anima aos interesados: “algúns talleres son en aberto, polo que poden acudir” tividade”. Cantos proxectos empresariais engloba canda un? Á.C.: “En Celanova 19 e 16 en Xinzo”. Que calendario seguen? Á.C.: “Comezaron a mediados de setembro e durarán cinco meses”. E cales son os eixos deste asesoramento? Á.C.: “ A temática está axustada e personalizada ás necesidades dos participantes e baséase en tres patas: a definición precisa do proxecto de negocio; a formación persoal do emprededor ; e a formación en aspec-

tos concretos da actividade empresarial”. Que se lle esixe ao emprendedor? Á.C.: “Compromiso co programa a realizar e gañas de afrontar o reto do emprendemento. Empresa e aventura son sinónimos”. Que tipo de servizo lle ofrecen aos emprendedores estes espazos? Á.C.: “Un espazo de traballo onde xuntarse con outros emprendedores, unha formación grupal con base de talleres e mentores persoais que asistirán ao emprendedor durante os cinco meses”.

Entre as charlas ou talleres complementarios, podes adiantarnos algúns dos que estean previstos para as próximas semanas?

Como estás a ver a resposta dos emprendedores destas dúas comarcas? Á.C.: “Estou moi agradecido pola resposta e o bo ambiente de traballo, pero non sorprendido, xa que sabiamos que nestas comarcas hai un clima emprendedor moi favorable”. Prevese que haxa novas convocatorias. Á.C.: “Si, serán catro edicións de cinco meses. A información facilítana os propios concellos de Xinzo e Celanova. Pero, de todos os xeitos algúns talleres son en aberto, polo que poden acudir as persoas interesadas a unha serie de actividades concretas”.

4 A iniciativa perfecta para evitar erros Para coñecer este tipo de iniciativa non hai nada mellor que a opinión dun deses emprendedores participantes. É o caso de Diana Jardón, responsable dun ximnasio en Xinzo, que se animou a unirse ao espazo coworking da Limia “co fin de mellorar, sérveme de reciclaxe e para modernizarme, en cada taller amplío coñecementos”. Diana puxo en marcha a súa empre-

sa fai sete anos e confesa que agora, co paso do tempo, ve os erros que cometeu aos inicios. “Se daquela tivera este asesoramento canto me aforraría”, asegura. Polo que considera que esta iniciativa é “moi positiva para os que queren emprender, porque neste espazo ven en que nos equivocamos os demais. Intercambiamos experiencias e todos aprendemos”.


CELANOVA E COMARCA

Axudas para os concellos de Celanova e Verea

Redacción A Deputación de Ourense aprobou nas últimas sesións da súa Xunta de Goberno axudas para os concellos da provincia. Un dos que as recibirá será o Concello de Celanova: unha axuda de 25.000 euros destinada á realización dun inventario municipal para valoración de bens e dereitos que constitúen o patrimonio municipal, e a outra de 20.000 euros para asesoramento urbanístico. Tamén o Concello de Verea percibirá unha axuda por importe de 4.424 euros, que será destinada a cambio de carpintaría e dotación de mobiliario na Casa do Concello. Outros municipios Ao Concello de Bande asignáronselle 5.742 euros para a adquisición dunha coitela quitaneves. E o Concello de Baltar recibirá unha partida de 50.000 euros para o Plan de Impulso Cultural, Xuvenil, de Intercambio con Portugal e Potenciación Turística e Deportiva correspondente ao ano 2016. Asemade a Xunta de Goberno aprobou a aceptación de modificación do proxecto presentado por este concello para melloras na piscina municipal e equipamento. E o Concello de Maceda recibe 60.000 euros para mellorar de equipamentos no pavillón polideportivo.

Aumenta a oferta turística da comarca 4 Propoñen rutas micolóxicas e visitas teatralizadas ao Mosteiro de San Rosendo. Redacción Roselands, proxecto cultural e turístico, organiza saídas turísticas e micolóxicas este outono pola comarca de Celanova e a Baixa Limia. A Fundación Curros Enríquez e os concellos de Celanova, Bande e Verea colaboran nesta oferta turística, denomi-

nada “Outoneate”, que inclúe tres saídas ao monte en busca de cogumelos. A primeira, de carácter gratuíto, será o 29 de outubro na vila de San Rosendo, e incluirá un magosto nun forno tradicional. A segunda saída será o día 5 de novembro en Bande e a terceira o 19 de novembro en Verea. Nestas dúas últimas inclúense obradoiros e o

prezo por participar en cada unha é de 10 euros. Visitas teatralizadas A oferta turística de Celanova complétase coas visitas teatralizadas nocturnas ao Mosteiro A próxima cita é o venres 21 de outubro ás 20:30 horas. As entradas están á venda na oficina de turismo celanovesa.

Barrios Outubro de 2016

17

Cambios no equipo de goberno de Celanova 4 Ángeles Álvarez substitúe como edil a Rubén Vieira. Redacción Ángeles Álvarez Fernández é a nova concelleira do grupo de goberno do Partido Popular en Celanova, en substitución de Rubén Vieira, quen renunciara ao cargo por motivos persoais e laborais. Álvarez Fernández

asumiu a súa acta de edil no pleno do pasado 4 de outubro, e pasa a xestionar as áreas de Educación e Voluntariado. Mentres, a Concellería de Deportes da que se encargaba Vieira pasa a mans de Máximo Losada, actual concelleiro de Facenda, Réxime Interior, Seguridade Cidadá, Urbanismo e PEPRIS.

A Fundación Curros Enríquez reforzará a súa visibilidade en Internet 4 Poderá contratar persoal grazas a unha subvención. Redacción

Tramo da OU-540 na Manchica que foi mellorado.

Rematan as obras de mellora da seguridade vial na Manchica

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda rematou as obras de mellora da seguridade viaria na estrada OU-540, na Manchica, entre o punto quilométrico 14+950 e o 15+270, ao seu paso polo concello da Merca. Para levar a cabo estes traballos, o Goberno galego contou cun orzamento de algo máis de 52.000 euros. Esta actuación enmárcase no Plan de reforzos de firme do ano 2016, no que a Xunta está a investir 23,5 millóns de euros para mellorar a seguridade de case 600 quilómetros de estradas.

A Fundación Curros Enríquez recibiu unha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria co apoio da Unión Europea, que lle permitirá contratar persoal para desenvolver un plan de comunicación. O obxectivo do plan de comunicación será mellorar a visibilidade da actividade da Fundación Curros Enríquez, a través da redes sociais e da páxina web da entidade.

A persoa contratada tamén se encargara do deseño de material publicitario das actividades e roteiros turísticos ofertados, da creación dunha tipografía propia a partir da caligrafía de Curros Enríquez e do apoio en proxectos comunicativos relacionados cos escritores nacidos na vila. A axuda enmárcase nas subvencións para entidades sen ánimo de lucro que contraten persoas mozas para a realización de servizos de interese xeral e social.


18

Barrios Outubro de 2016

DEPORTES

será do mesmo xeito, nunca de maneira individual. A recollida anticipada de chips (para os inscritos ata o 5 de novembro) será os días 17, 18 e 19 de novembro de 2016 nos puntos acordados. A organización disporá dun servizo de gardarroupa, que deberá solicitar na inscrición.

Presentación no Concello de Ourense da Carreira popular do San Martiño que este ano chega a súa 40ª edición. /RAMSÉS.

Abertas as inscricións para a San Martiño 4 A carreira terá lugar o 20 de novembro. R. Torres A San Martiño celebra este ano a edición XL da carreira decana do panorama autonómico. 40 anos nos que se converteu nalgo máis que unha simple carreira. 40 anos nos que a súa evolución foi palpa-

ble; dos 216 participantes da primeira edición, o 10 de novembro de 1977 pasouse a 9.483 da pasada. Unha proba de que é un festa en si. Uns queren gañar, outros batir as súas marcas, algúns demostrar que son capaces de completar a distancia; ou pasar

un día en familia en torno ao deporte é outra das opcións. Pero para todos é un día especial no que se quere poñer o seu gran de area nunha cita tan emblemática. Ás 11 da mañá os maiores percorrerán un circuíto homologado de 10 quiló-

metros. Ás 12:30 horas, a escolar de 4,7 km. E o punto e final porano os máis cativos (13:15 horas) cunha carreira de 1,4 km; nesta moitos dos que correron a absoluta acompañarán aos seus fillos Inscricións As inscricións realízanse en deportesourense. com ou en championchinorte.com. O prazo para anotarse xa está aberto e ten un prezo (para a carreira absoluta, as demais son de balde) de 5 euros se se fai ata o 5 de novembro e de 7 se se realiza do 6 ao

13 do mesmo mes. O prazo de inscrición para optar á recollida anticipada de dorsal (entrégase nun lugar determinado pola organización para os que son de fóra de Ourense), chip e camiseta é ata o 5 de novembro. A recollida de chips (agás os que teñen chip en propiedade), dorsais e camisetas será o venres día 18 de novembro de 16 a 20 horas e o sábado día 19 de novembro de 9 a 20 horas na cancha central do Pavillón dos Remedios. Se a inscrición se realiza como grupo, a recollida de chips, dorsais e camisetas

Novidades Un magosto popular no campo da feira é a maior novidade e a colaboración solidaria con asociacións contra o cancro e Stop Accidentes -representado por Benito Bouzada- son os condimentos desta 40 San Martiño. O magosto celebrarase a partir das 14:30 e terá un custe de 5 euros por persoa; o menú constará de bolos preñados, costilla e castañas.

As inscricións están abertas ata o 13 de novembro Ata o día 6 ten un custe, a proba absoluta, de 5 euros e do 6 ao 13, de 7


DEPORTES

O Verín logra un punto contra o Gondomar

O Verín logrou un punto na novena xornada da Rexional Preferente grupo sur. O partido disputouse no José Arjiz e o rival foi o Gondomar. Os de Anxo Valcárcel, que ata entón soamente sumaran seis puntos -dos cales tres foron nos despachos ao denunciar alineación indebida do Atios na primeira xornada-, polo que tiñan urxencia de puntuar. Os “rojillos” foron a polo partido e a piques estiveron de levalo. O Verín tivo un renda de dous goles que desaproveitou; o Gondomar logrou o empate e deixou coa mel nos beizos a un equipo que está necesitado de puntos. Deste xeito, o Verín non sae da zona de descenso, é 18º con 7 puntos. En cantro aos outros conxuntos ourensáns, o Arenteiro é líder con 20 puntos; o Nogueira sexto, con 15; e Ourense C.F. e Polígono, décimo cuarto e décimo quinto, con 10 puntos cada un. O Verín disputará o derbi ourensán no Couto esta xornada (a número 10); enfróntase ao Ourense C.F. Pola súa banda, o Arenteiro visita ao Xuventú Sanxenxo; o Nogueira de Ramuín ao Pontellas e o Polígono Industrial recibe, no Antonio González, ao Portonovo. Primeira Galicia A Primeira Galicia está liderada pola Unión Deportiva Ourense cos mesmo puntos (21) que o Bande, que é segundo. Os dous favoritos ao ascenso non dan tregua e tan só cederon unha derrota nas oito xornadas disputadas. O Allariz segue a estela dos dous primeiros na cuarta posición, em-

patado a puntos (17) co terceiro clasificado; por detrás, ten ao Maside quinto con 15- e ao Ribeiro -sexto con 14-. O Sporting Celanova está na zona media da táboa; ocupa a décima posición, cos mesmos 10 puntos que A Peroxa e Antela, undécimo e décimo segundo, respectivamente e a un do noveno (Atlético Arnoia) e a dous do oitavo (Vilariño). Os recén ascendidos, Viana e Xunqueira son os seguintes na táboa. Na décimo quinta posición o Francelos (5 puntos) e o Monterrei de 16º (4 puntos). O Taboadela é penúltimo e pecha a clasificación A Manchica. Vindeira xornada Para a xornada número 9, a disputar este domingo 23 de outubro, o líder visita o Rozavales para enfrontarse ao Monterrei, mentres que o Bande recibe á Manchica (o que se presume serán partidos doados para os que ocupan a zona nobre da clasificación). O Allariz visitará ao Atlético Arnoia e o Sporting de Celanova fará o propio co Maside. O Antela recibe ao Taboadela. O resto de partidos da xornada da Primeira Galicia son: A Peroxa Ribeiro; Velle - Cortegada; Francelos - Vilariño; e Viana - Xunqueira de Ambía.

O Verín suma en nove xornadas nove puntos ocupando zona de descenso ao ser décimo oitavo

19

Curso de adestradores Redaccción

4 Na Primeira Galicia domina a UD Ourense. Redacción

Barrios Outubro de 2016

Lance de xogo do partido disputado no campo de San Rosendo entre a U.D. Ourense e o Sporting Celanova. /RAMSÉS.

21 alumnos estanse a formar en Xinzo de Limia no curso de adestrado UEFA B, antigo nivel 1. O curso celébrase na Aula Cemit da Casa da Cultura da capital da Limia.. O éxito desta convocatoria fai que se baralle a posibilidade de que Xinzo sexa sede continua destes cursos.


20

Barrios Outubro de 2016

DEPORTES

vén de finalizar segundo na clasificacion xeral final por equipos do Open de España de BTT XCO. Este logro constitúe un auténtico éxito para o conxunto ourensán, e que vén a sumarse a outros grandes resultados acadados neste exitoso 2016.

Foto de familia do Club Ciclista Maceda da tempada 2016-2017.

Inicio prometedor do Club Ciclista Maceda 4 Os ciclistas do club completaron unha gran fin de semana en terras burgalesas. Redacción Arrancou unha nova tempada de ciclocross na que o Club Ciclista Maceda terá moito que decir. Ata terras burgalesas desprazáronse os integrantes do CC Maceda para participar en dúas probas (Medina de Pomar e Villarcayo). O sábado 15 disputábase a de Medina de Pomar. Alí, Iván Feijoo proclamouse gañador na carreira júnior -demostrando que o seu oitavo posto mundial do curso pasado non foi unha casualidade-. Pola súa banda, Carlos Canal era segundo en cadetes, loitando pola vitoria ata os últimos metros. Grazas a Canal e aos seus compañeiros, Marco Nube e Hugo Vázquez, fixéronse coa vitoria por equipos. En mulleres cadetes, Noela Saa foi segunda; Aída González, sexta e Antía Martínez, novena, esta despois dunha dura caída cando pelexaba pola vitoria. Villarcayo E o domingo 16 participaron no evento de Villarcayo. Onde, novamente, Iván Feijoo lograba a vitoria, e Carlos Canal (cadetes) conseguía a segunda praza. O equipo cadete repetiu triunfo coma no día anterior.

As cadetes do CC Maceda lograban meterse entre as seis mellores. Antía Martínez facíase coa segunda posición; Aída González, coa quinta e Noela Saa (quen sufriu unha caída cando marchaba con Antía) remataba sexta. Vindeira cita A próxima fin de semana o equipo de Maceda terá varias citas. Mentres Iván Feijoo partirá ata Valkenburg (Holanda) para parti-

cipar na primeira proba da Copa do Mundo, o resto do conxunto acudirá ás probas do calendario galego en Ferrol e Narón. Subcampións de España Ademais, o conxunto macedán do Academia Postal - Actyon - MMR

Palmarés Non hai que esquecer que o club ourensán gañou o Open de Galicia por equipos. Ademais de diveros títulos individuais nos campionatos galegos: Iván Feijoo en júniors, Carlos Canal e Antía Martínez en cadetes, e Marcos Villar en Sub23. E hai que engadir tamén os segundos postos de Iván Feijoo e Carlos Canal nos campionatos de España. Así mesmo, foron multiples as vitorias en todas as categorías. Tratouse dun ano para lembrar, no que o conxunto macedán situábase entre os mellores de España en BTT XCO, como así o acredita este subcampionato no Open de España.

Esta fin de semana Iván Feijoo participará na primeira proba da Copa do Mundo en Holanda

turf

Fin de tempada no hipódromo de Antela 4 Leffard saiu vitorioso da última xornada. Redacción O hipódromo de Antela pechou, por esta tempada, as xornadas de carreiras de cabalos. Fíxoo o 12 de outubro con cinco probas disputadas durante a mañá. Na primeira das carreiras, El Cañonero alzouse coa vitoria; Excellency Koing e Doctor Diro secundárono na segunda e terceira posición, respectivamente. Na segunda proba, Lach Corcel impúxose a Kefren (segundo) e Fugaz Adit (terceiro). Raíña De seguido, chegou a proba raíña, unha carreira que se disputou sobre unha distancia de 1.800 metros e que estaba enmarcada no Gran Premio Copa Galicia (as dúas anteriores tamén entraban dentro da Copa). Leffard (de Hermanos M.R.) logrou a

vitoria tras unha bonita pelexa con La Cañiza e Sinnieva. Trote enganchado Para finalizar a cita tiveron lugar dúas carreiras máis de trote enganchado. Na primeira delas Ryes foi o mellor por diante de Run e Quartz D’Houssaye, mentres que Astrologue superou a Sire de Ver e Sun Ocean D´Indole, na segunda. Exhibicións de doma clásica para animar aos afeccionados que se achegaron ao hipódromo nesta última xornada da tempada completaron o programa de actividades.

Cinco carreiras na xornada do pasado 12 de outubro deron por finalizada as competicións en Antela

Carreira popular en Monterrei 4 Será unha proba homologada de 10 quilómetros. Redacción

Feijoo nunha das probas disputadas en Burgos.

O Concello de Monterrei, conxuntamente coa Asociación Limiactiva de Xinzo de Limia, organiza a terceira edición da carreira popular Concello de Monterrei. A proba disputarase o domingo 6 de novembro na localidade de Albarellos. Por primeira vez, esta

proba contará cun circuito de 10.000 metros homologado polos xuices da Real Federación Española de Atletismo. A proba será 100% asfalto, totalmente chan, o que a converte en ideal para mellorar a marca persoal na distancia. Tamén pode servir como preparación para a San Martiño de Ourense que este ano terá lugar o 20 de novembro.


OCIO E CULTURA

Verín busca o seu cartel para o Entroido 2017 4 Poden presentarse deseños ata o 9 de decembro. O premio ascende a 600 euros. Redacción Con motivo da celebración do Entroido 2017, o Concello de Verín convoca un concurso para seleccionar o cartel oficial das festas. Poderán participar creadores españois ou estranxeiros que así o desexen, co número de traballos que estimen oportunos, sendo condición indispensable que as obras sexan orixinais. O formato único será

O Concello convocou reunión cos veciños o 21 de outubro ás 20 h na Casa da Cultura

vertical con tamaño de 50 x 70 cm e non existirán límites de tintas nin técnicas. As obras levarán como único texto “Entroido 2017-Verín. 16, 19, 23, 24, 25, 26, 27 e 28 de febreiro. Festa declarada de interese turístico nacional”, o tema será libre de elección e interpretación do autor debendo recoller o espírito entroideiro de Verín. A data límite para a presentación dos traballos é o 9 de decembro. No caso de envíos por Correos ou por empresas de mensaxería, non se admitirán entregas a partir das 14 horas dese día. As obras entregaranse no Rexistro de Entrada do Concello

de Verín. O premio consistirá na edición do cartel seleccionado e nunha dotación económica de 600 euros. Reunión cos veciños O Concello de Verín, a través da concellería de Festexos, atópase dando os primeiros pasos para organizar o Entroido 2017. Para realizar un deseño colaborativo destes festexos, o ente municipal convoca a todos cidadáns interesados en participar na organización do Entroido a unha reunión que se celebrará este venres 21 de outubro, ás 20 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura.

Na reunión informativa abordaranse todos aqueles aspectos que se considere necesario tratar de cara ao bo desenvolvemento do Entroido para así, entre todos, coordinar a súa organización e lograr que siga crecendo en calidade, seguridade e atractivo turístico, sen perder as súas máis arrai-

gadas tradicións. Segundo explicou Emilia Somoza, concelleira de Cultura e Festexos, con este encontro, que será “o primeiro de moitos”, desde o seu departamento búscase “animar aos verineses a participar de maneira activa na preparación do Entroido”.

Barrios Outubro de 2016

21

Entroido de Xinzo Dende o Concello de Xinzo tamén pediron a colaboración dos veciños para a organización destes tradicionais festexos, e que o Goberno municipal delegue neles a preparación do Entroido limián. Ata o momento tiveron lugar varias reunións ao respecto.

O Entroido 2017 festexarase en Verín do 16 ao 27 de febreiro.


22

Barrios Outubro de 2016

4AXENDA Teatro - 24 de outubro - Contacontos “Irene en Oriente Próximo” - 18 horas - Biblioteca de Celanova - Ata o 5 de novembro - VII Festival de Teatro “Entreculturas” - Auditorio Municipal de Verín Cine - 22 de outubro Proxección de “Share o no share” - 20 h - Auditorio Ilduara de Celanova - 18 de novembro Proxección de “O acorazado Potemkin” - 20:30 h - Fundación Vicente Risco (Allariz) Música - 21 de outubro - Concerto de Feminino Plural - 22 h - A Arca da Noe (Vilar de Santos) - 22 de outubro - Concerto infantil da Tropa fo Trapo- 18 h - A Arca da Noe (Vilar de Santos) - 22 de outubro - Concerto de David Regueiro Trío- 22 h - A Arca da Noe (Vilar de Santos) - 29 de outubro - Concerto de Jairo Mozart e Fred Martins - 21 h - A Arca da Noe (Vilar de Santos) Festas e espectáculos - 22 de outubro - Actuación do Mago Teto 22 h - A Corte dos Bois (Sandiás) Feiras - Todos os xoves - Feira en Celanova - 24 de outubro - Feira de Verín - 27 de outubro - Feira en Xinzo - 1 de novembro - Feira en Allariz www.periodicobarrios.com

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Roubo con butrón Cando escoito na tele que os romaneses roubaron co método do butrón non deixo de rir, e as lembranzas voltan ao meu maxín. Cando na miña infancia os rapaces xogabamos ceibes polo casco antigo de Verín, sen perigo algún, ao contrario, protexidos pola sempre atenta mirada dos vellos do lugar. Era o caso de Angelita e Luis “o Cielaga”, que eran os avós do “Chelis”, José Luis Astorga, coñecido no barrio como “o cazurro”, que foi o meu compañeiro de andanzas naqueles tempos fermosos. Daquela, cando tiñamos vacacións polo Nadal, Chelis e máis eu percorriamos todos os recunchos do barrio en busca de diversión; unhas veces facíamos tratos co “Leiro” no forno do “Roscas” para que deixara cair un anaco de pan quentiño, outras veces iamos xunto do señor Darío, que tiña na praza a zapatería, onde cheirabamos a cola de pegar. Tamén faciamos visita á señora Lola, a do estanco, para cabreala un anaco, e facer que soltara algún pecado daqueles enxebres, dos de tres estralos.

“Os verdadeiros creadores do roubo con butrón fomos nós”

Hoxe quero deixar aquí o relato do acontecido nunha xélida mañá de decembro, cando aos dous satélites non se nos ocurriu outra cousa que xogar ao perigoso facer de lanzar botellas de gaseosa, que Sarita e Miguel acumulaban na traseira da sua tendiña no fondo da rúa Aduana, xa case na praza da Estrela. Eu facía de lanzador, e “o cazurro”, nun alarde de reflexos, esquivaba maxistralmente no derradeiro intre o casco do “Sapa” que ía dereitiño cara a súa cachola. Nuha daquelas esquivas, a botella escachou na vella parede feita con mestura de barro e palla, xusto por tras do canellón. Con semellante golpe, caeulle o rebozado, quedando ao descuberto unhas fráxiles madeiras, que con esmerado sixilo fomos recortando, ata facer un buraco que nos ía levar ao paraíso. Como sen querelo, a tendiña da Sarita estaba na nosa man. Entrabamos e saiamos cando nos petaba, aproveitando que os propietarios marcharan a Coruña pasar o Nadal, segundo rezaba no cartel que tiñan cravado na porta. Lembro estar os dous sentadiños man a man, roendo nas chucherías sen acougo, saboreando os botes de nocilla a granel, e mollando a gorxa con aquel fru-fru de laranxa tan rico. De vez en cando, Chelis erguía a cachola, e mirán-

donos fixamente, facía tres veces o nome do pai, e dícía co sorriso pícaro: que Deus nos perdoe. Cando os donos regresaron e toparon a “papeleta”, pronto descubriron aos autores da falcatruada, pois inocentes de nós, deixámolas pegadas por todos os sitios. E non tardaron en chegar as novas do acontecido aos ouvidos dos nosos pais, que coma non ía ser doutra maneira, fixeron xustiza, aplicando o castigo exemplar. Sei a boa fe que Sarita e Miguel non quixeron cobrar xamais nada polos danos e prexuízos causados, e unha vez máis fixeron uso da súa bondade, facendo forza, para que “o cazurro” e máis eu foramos absoltos de todos os cargos, aínda que a casualidade fixera que os verdadeiros creadores do roubo con butrón foramos nós, eso si, coa estimable colaboración das inesquecibles gaseosas do “Sapa”. Agora, que a vida nos puxo no lado dos adultos, cando paseo pola praza, non podo evitar lembrarme daquelas trastadas de cando neno, e como non, daquelas maravillosas xentes que nos deron tantas leccións de humanidade, que serán difíciles de esquecer. Unha aperta. Miguel A. Prieto “Chitín”

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Hipertensión Non sempre presenta síntomas e, por veces, descoñécense as súas causas. Porén, manter a tensión a niveis normais non é tan difícil cun estilo de vida saudable. Unha tensión normal é ao redor de 120/80, e está ao alcance de calquera persoa, que leve unha dieta sa e faga exercicio regularmente. Segundo as tradicións máis antigas o sal sem-

pre foi utilizado en exceso e hoxe aínda continúa nos hábitos da maioría das persoas. Por iso, ten que ser retirado da maioría dos alimentos. Por exemplo, a sopa quere un pouco de sal, a ensalada de cebola e tomate tamén, mais o peixe non; probe e vai verificar que este é aínda máis saboroso sen engadir sal! Só unha pequena porción é necesaria para o or-

ganismo, a partir de aquí é terribelmente nocivo, a parte de ser canceríxeno. Diga non ao sal substituíndoo polas especias e en certos pratos polo picante da malagueta, do pimento e da pimenta caiena; son substitutos moi bos e funcionan como antioxidantes excelentes. Non esquecer que a hipertensión pode provocar diabete, problemas gástricos, asma, disfuncións

sexuais e doenzas cardíacas. É importante ir de inmediato ao médico se sente dor de cabeza, cansazo excesivo sen causa aparente, confusión e transtornos visuais, náuseas ou vómitos, dor de peito, dificultade para respirar e suores sen causa maior que os provoque. João Damião

Curso de fotografía e stopmotion na aula ceMIT de Verín 4 De outubro a decembro. Re Redacción A aula ceMIT de Verín acollerá todos os sábados, do 15 de outubro ao 17 de decembro, o Obradoiro de Fotografía e Stopmotion, organizada pola Deputación coa colaboración do Concello de Verín. Con este obradoiro, que terá lugar de 16 a 19 horas, preténdese que os nenos aprendan a falar con imaxes, e a lelas, descubríndolles diversos xeitos de comprender mellor o mundo que nos rodea a través do visor. O obxectivo do obradoiro é que os cativos aprendan a utilizar a cámara de forma máis creativa, buscando enfoques e puntos de vista alternativos ao simple disparo aleatorio. O obradoiro derivará logo nas posibilidades de animar fotografías a través do stopmotion para a creación de curtas de animación. Proxecto IccKids É un proxecto cultural de vangarda na provincia

de Ourense, que se interesa polo sector da sociedade infantil. O talento dos novos artistas é a razón de ser das industrias culturais e creativas, e este merece ser protexido e promovido. IccKids é un novo proxecto realizado por 123 Artes Digitales que se engloba dentro de Ourense ICC Week, propoñendo unha nova perspectiva sobre a relación entre as artes e novas tecnoloxías coa infancia; mediante un conxunto de obradoiros que fomentan, a través da creación dixital, a capacidade de crear “pezas artísticas” co fin de converter aos nenos en creadores en lugar de limitarse a ser meros consumidores de internet. Para iso, organizáronse cinco talleres en diversas disciplinas que se desenvolverán neste ano en diferentes concellos da provincia.

O obxectivo é que os cativos aprendan a utilizar a cámara de forma máis creativa

VII Festival de Teatro “Entreculturas” 4 No Auditorio Municipal de Verín en outubro e novembro. Redacción O Auditorio Municipal de Verín acolle, en outubro e novembro, o VII Festival de Teatro “Entreculturas”, no que participan compañías de teatro amateur galegas. O festival, que fai unha clara aposta polo teatro local, está organizado pola Asociación para la

Cultura y Ocio La Caja de Pandora de Verín coa colaboración do Concello. Programa As próximas funcións serán “O segredo” (o 22 de outubro), “Cuñadas y juntas, ni difuntas” (o 28), “Azul escuro” (o 29) e “Un mal día” (5 de novembro). Todas comezarán ás 20 horas.


CLASIFICADOS

Barrios Outubro de 2016

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios. com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Silvia Nieto, Andrés Diz. Nº30 - Ano: XI - Outubro 2016 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CLASIFICADOS

INMOBILIARIA Véndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524. Vendo piso no Vinteún. Boas vistas, corrido de adelante para atrás con praza de garaxe pechada. Prezo económico. Pouco gasto de comunidade. Tel. 629 52 38 12. Cómprase finca preto de Ourense, non urbanizable, económica. Interesados chamar ao 630 030 642. Vendo casa pequena de pedra totalmente restaurada en Ourense, fronte a parada de bus urbano, con terreo. 29.800 euros. Tel. 606 42 25 43. Vendo apartamento con dúas habitacións, cociña americana, trasteiro e garaxe. A cinco minutos da praia. Tel. 636 422 497. Vendo piso en praza España (Vigo). Tres habitacións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Urxe venda. Tel: 639 81 62 09. Alugo praza de garaxe fronte ao centro de saúde da rúa Valle Inclán. 50 euros. Tel. 636 329 524. Alúgase local de oficina na Ponte (Ourense) acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 95 06 59. Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 42 25 43. Traspáse cafetería en galerías parque de San Lázaro. Todo novo, recén reformado. Moi económico. Tel. 640 37 83 00. Precísase home para compartir piso, con calefacción, no barrio do Couto. Tel. 637 00 59 10. Véndese casa con finca na estrada de Santiago. Tel. 637 00 59 10. Alúgase piso amoblado exterior con garaxe ao lado dos novos xulgados. Tel. 637 00 59 10. Alúganse oficinas acondicionadas en r/Progreso. Tel. 637 00 59 10. Vendo finca edificable de 750 m2 con proxecto para casa. Ocasión: 12.900 euros. Tel. 606 42 25 43. Vendo casa en Cambeo. Pranta baixa, terreo, galpón e pozo. Tel: 649 673 492 - 988 216 755.

COMPRA /VENDA Vendo sofa 3+2 e caldeira de calefacción de gas cidade seminova. Tel. 637 00 59 10. Vendo Citroen Berlingo 1.6 HDI 90cv., ano 2012, 78.000 km., 5 prazas, con gancho de remolque, AA, porta lateral, peche centralizado. 8000 euros. Peugeot 207 1.4 HDI 70 cv., ano 2012, 80.000km., 5 prazas, AA, regulador velocidade. 7000 euros. Ford Focus 1.8 TD 90 cv., impecable, todos os extras. 3900 euros. Renault Clio 1.5 DCI, 70

cv., ano 2012, 70.000 km., AA, regulador velocidade, todos os extras. 7000 euros. Nissan Terrano II 2.7 TD, 125 cv., ano 2005, todos os extras. 4900 euros. Volkswagen Golf IV 1.6 16 v., 105 cv., moi coidado. 2900 euros. Tel. 988 460 576. Vendo Opel Zafira 1.9 CDTI 150CV (7 prazas) acabado COSMO (todos os extras). Máis info e fotos no 607 20 34 81 (atendo WhatsApp) Vendo máquinas recreativas (modelos vellos), máquinas de dardos (PRESAS), máquinas expendedoras de tabaco, etc. Tel. 607 20 34 81 (atendo WhatsApp).

EMPREGO Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Disponibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Limpeza de fincas, xardíns, desbroce e traballos de campo, ampla experiencia. Consulte prezo sen compromiso. Tel. 602 864 666. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Búscase traballo para manexar carretillas e/ou grúas. Tel. 673 764 277. Ofrécese señora para o coidado de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con informes. Tel. 669 434 330. Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171. Ofrécese señora para coidar a persoas maiores. Con informes. Tel. 669 434 330 - 988 24 60 96. Danse clases particulares de todas as materias de primaria, a domicilio ou presenciais. Tel. 666 743 660. Necesítase señora para coidar un matrimonio de persoas maiores e realizar tarefas do fogar. Tel. 630 03 06 42. Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 56 46 81. Fanse desbroces con tractor ou a man. Bo prezo. Tel. 630 521 448. Impártense clases individuais personalizadas en Ourense. Materias curriculares de ensinanzas medias. Con CAP. Ampla experiencia. Económico. A domicilio. Contacto: clasesadomicilio2014@hotmail.com e 610 38 25 89

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


Barrios Outubro de 2016


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.