Agosto de 2016 - Barrios

Page 1

[Páx. 17]

Entrevista a Javier Rey, ex adestrador do Celanova de fútbol sala feminino VERÍN

Páx.3

Verín demanda á Xunta que desbloquee Tamagos

XINZO

Páx.9

Reportaxe: como é vivir do campo na comarca da Limia

ALLARIZ

Páx.12

O sector Valvís de Armea, listo para a súa musealización

CELANOVA

Páx.16

O Premio “Celanova, Casa dos Poetas”, para o Padre Fontes

DEPORTES

Páx.20

Ourense, protagonista no comezo de La Vuelta

[Páx. 2]

Multitudinaria Feira do Viño en Verín A XI Feira do Viño de Monterrei repartiu máís de 28.000 degustacións en tres días, un 25% máis que o ano pasado./M.REJO.

Número: 28 - Ano: XI - Agosto 2016 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Barrios Agosto de 2016

VERÍN E COMARCA

A XI Feira do Viño de Monterrei, a máis multitudinaria de todas

4 Nos tres días de feira rexistráronse máis de 28.000 degustacións, crecendo un 25% con respecto a 2015. Redacción O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei estima que a XI Feira do Viño de Monterrei, que se celebrou entre o 12 e o 14 de agosto, atraeu máis de de 20.000 visitantes a Verín. En total, as 16 adegas presentes -dous terzos das que conforman a denominación- serviron por riba das 28.000 degustacións, un 25% máis que en 2015. Segundo destacou a presidenta do Consello Regulador, Asunción Rodíguez Zarrasquiños, “esta foi a edición máis multitudinaria da feira”. Neste sentido, afirmou que este “éxito rotundo” ten unha “orixe colectiva”, xa que “adegueiros, viticultores e o Consello Regulador comprenderon a necesidade de remar na mesma dirección e situar o interese común por riba de calquera interese individual”. A XI edición da Feira do Viño da Denominación de Orixe Monterrei arrincaba o venres 12 á tarde cun acto de inauguración no que participaron o delegado do Goberno en Galicia, San-

4 Os datos A de Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. Confórmana 25 adegas do val de Monterrei, incluíndo os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Ríos, Oimbra e Castrelo do Val. Os viñedos desta D.O. ocupan 531 hectáreas, nas que traballan 445 viticultores. Na colleita de 2015 recolléronse máis de 4,7 millóns de quilos de uva en Monterrei. Un 19% da produción exportouse fóra de España. celebracións, xa na igrexa da Mercé, onde tivo lugar o acto de imposición de medallas aos novos integrantes da Confraría dos Viños de Monterrei.

Autoridades e pregoeiro, brindando na XI Feira do Viño de Monterrei. Visitantes degustando viños brancos /M.REJO. tiago Villanueva; o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a propia presidenta do Consello Regulador da D.O. Monterrei, entre outras autoridades. Nel, Rodríguez Zarrasquiños salientou que Monterrei “hai tempo que xa deixou de ser a cincenta das denominacións de orixe de Galicia” e hoxe “é quen de encarar os desafíos e retos de futuro en practicamente idén-

ticas condicións a outras comarcas vinícolas galegas”. De feito, recordou que a calidade e o bo facer dos viticultores e adegueiros da comarca foron quen de situar desde o ano 2007 un total de 14 viños da denominación como mellor branco ou tinto de Galicia na cata anual que promove a Xunta. Pregoeiro O xornalista Rafael Cid, director de RNE e TVE en

Galicia e natural da comarca, foi o pregoeiro desta edición da Feira, destacando na súa intervención a súa vinculación familiar co mundo de viño. Tras as súas palabras, as autoridades percorreron as casetas, catando algúns dos viños da D.O. Oco para as reivindicacións Pero non só se falou de viño na apertura desta feita, pois o alcalde de

Verín, Gerardo Seoane, aproveitou o seu discurso para pedir a “implicación e colaboración” do Goberno da Xunta para acadar o desbloqueo e promover o desenvolvemento do Polígono Industrial de Tamagos. O socialista non puido facelo ante o presidente da Xunta, como estaba previsto, pois non puido asistir á inauguración por motivos de axenda.Alberto Núñez Feijóo incorporouse algo máis tarde ás

Novos cofrades Ademais do pregoeiro desta edición da feira, foron investidos novos confrades de Monterrei o portal especializado Vinetur; Castor Bermúdez, que exerceu durante 35 anos como técnico da oficina agraria comarcal de Verín; a viticultora María Dores Fernández e o adegueiro Manuel Branco, estes dous últimos a título póstumo.

A feira atraeu do 12 ao 14 de agosto máis de 20.000 visitantes a Verín


VERIN E COMARCA

A D.O. de Monterrei colabora coa Cruz Vermella e con Femuro Redacción O último Pleno do Consello Regulador da D.O. Monterrei aprobou unha liña de colaboración coa Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro), cuxo obxectivo é achegar fondos para o comedor social posto en marcha por esta entidade para atender a persoas en situación de vulnerabilidade social. Esta liña de colaboración únese a outra aprobada recentemente polo Consello Regulador e que ten como beneficiaria á Cruz Vermella de Verín. Ao amparo desa liña, desde a D.O. sufragarase diferente equipamento que esta ONG necesita para o seu quefacer diario. A presidenta do Consello Regulador, Asunción Rodríguez Zarraquiños, sinala que, “aínda que non sexa o seu fin último”, unha entidade como a que preside non pode “dar as costas aos problemas e necesidades da súa contorna”. Por este motivo, considera que “a través de pequenas accións solidarias, a denominación de orixe Monterrei pon o seu gran de area no obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria”.

Achegará fondos para o comedor social de Femuro e sufragará equipamento de Cruz Vermella

Verín demanda á Xunta que desbloquee o desenvolvemento do parque empresarial de Tamagos 4 O grupo de goberno elaborou un estudo de viabilidade para executar este polígono industrial. Redacción O grupo de goberno de Verín quere que a Xunta de Galicia desbloquee o desenvolvemento do polígono industrial de Tamagos, aprobado en 2011 pero aínda non posto en marcha. O Concello encargou un estudo de viabillidade que cifra en 3,6 millóns de euros o investimento necesario para a execución do polígono. Desta cantidade, a maior parte correspondería a custos de urbanización (3,5 millóns) mentres que a obtención de terreos mediante expropiaciónestá valorada en 105.000 euros. O documento que se propón á Administración autonómica asegura a viabilidade técnica, económica e xurídica do proxecto. Na presentación deste estudo aos medios de comunicación, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e o tenente de alcalde, Diego Lourenzo, contaron co apoio de representantes da Agrupación

O Concello asumiría o desenvolvemento dunha parte do polígono industrial

O tenente de alcalde e o alcalde de Verín, con representantes da Agrupación de Transportistas de Verín e AEVER. de Transportistas de Verín; da Asociación de comerciantes de Verín e da Asociación de Empresarios de Hostalería da Comarca de Monterrei. Era unha proposta electoral dos dous partidos Na xustificación de por que se retomaba este proxecto, o nacionalista Diego Lourenzo destacou que “o Concello de Verín considera, como así o expuña nos programas electorais dos dous partidos que conforman o goberno, que a execución deste parque empresarial é un elemento prioritario e estratéxico para o desenvolvemento económico municipal e

mesmo da comarca, polo que estamos interesados en chegar a un acordo de colaboración coa Xunta de Galicia que nos permitira asumir o impulso da actuación iniciando a execución dunha primeira fase do parque”. “Tras comprobar que a nosa proposta é viable trataremos de pola en marcha. O que lle vamos a pedir a Xunta é un acordo para que nos ceda, dalgún xeito, a competencia para empezar a desenvolver o parque empresarial de Tamagos” explicou o tenente de alcalde. Lourenzo explicou que a oferta de solo industrial coa que conta na actuali-

dade Verín é deficitaria, o que fai que as diferentes empresas non queiran instalarse nesta zona. “Efectivamente, por esta falta de terreo válido parte do tecido empresarial de Verín esta fuxindo cara o norte de Portugal o que fai que non poidamos dilatar máis no tempo a habilitación desta zona industrial que é fundamental para a nosa economía local”. Pola súa banda, o rexedor, o socialista Gerardo Seoane recordou que o Proxecto Sectorial do Parque Empresarial de Tamagos, en Verín, foi aprobado por acordo do Consello da Xunta de Galicia en abril de 2011, e

Barrios Agosto de 2016

transcorridos mais de cinco anos dende a aprobación, a Administración autonómica aínda non ten iniciado as actuacións necesarias para poñelo en marcha, “cuxo desenvolvemento”, destacou o alcalde, “non semella, no actual contexto económico, constituír unha prioridade para dita administración”. Convenio coa Xunta Segundo Seoane, o obxectivo final desta proposta é poder establecer un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia no que o Concello asumiría o desenvolvemento dunha parte do polígono industrial para poder poñelo en funcionamento no menor tempo posible. O rexedor municipal explicou que “estamos a falar dun investimento duns catro millóns de euros cando o parque empresarial estea terminado, pero temos que ter en conta que o prezo das parcelas ten un valor algo superior a esa cifra. Con isto queremos dicir que o parque pode sosterse por si só financeiramente, sen ningún apoio”. Para a posta en marcha inicial, “que é do que estamos a falar”, só se necesitaría unha achega inicial destinada á redacción de proxectos e ás expropiacións que roldaría o medio millón de euros e que o Concello de Verín está en condicións de asumir. En principio, puntualizou Seoane, “parte do proxecto está orientado á área loxística, a xerar un lugar en condicións para a gran cantidade de camións e transportes que hai en Verín e que, probablemente, sexa o sector que máis factura do val e que debe ser tido en consideración.”


Barrios Agosto de 2016

VERÍN E COMARCA

Acordan reabrir as fontes tradicionais de Fontenova, Cabreiroá e Sousas

4 O Concello de Verín asinou cos propietarios dos balnearios senllos convenios para recuperar a tradición do auguismo na vila do Támega. Redacción O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e os representantes dos balnearios de Fontenova, Cabreiroá e Sousas asinaron senllos convenios de colaboración para reabrir as fontes tradicionais que fixeron famoso o auguismo en Verín. Grazas a este acordo, as fontes de Cabreiroá, Sousas e Fontenova integraranse na rota da auga da Eurocidade Verín-Chaves, que proporcionará aos visitantes asistencia médica, pack do auguista e diploma acreditativo. Tanto Fontenova, a finais do século XX, coma Cabreiroá na actualidade, son referentes das augas comerciais de mineraliza-

ción natural en toda España, xunto con Sousas, con importante presenza en Galicia. Poder degustar e beneficiarse das súas propiedades en orixe, nas buvetes dos tres mananciais, logo de medio século case sen afluencia, é o obxecto destes convenios. O alcalde de Verín agradeceu o patrocinio de Expourense e Termatalia, e aos propietarios das fontes “o seu apoio incondicional”. “Nós non imos alardear agora de instalacións nin de despregue de medios, imos arrancar de novo o auguismo en Verín”, insistiu o rexedor. Alejando Rubín, director de Termatalia, lembrou como nos grandes balnearios internacionais, se pro-

mociona conxuntamente o termalismo coa hidroponía, e o responsable do Inorde, José Manuel Rodríguez, lembrou como no 1985 “había 600 auguistas enchendo os hoteis de Verín durante a tempada das augas, xerando riqueza directa e indirecta”. Pola súa parte, Pablo Rivera, secretario técnico da Eurocidade, destacou que a oferta hidrotermal da Eurocidade Verín-Chaves é “a primeira e única de toda Europa con carácter internacional”. Finalmente, Manuel Vázquez, do Grupo Arnoya, propietario de Sousas, prometeu sumarse a todos os proxectos para recuperar o auguismo tradicional.

O tenente alcalde de Verín, o xerente do Inorde, o xerente de Expourense, o alcalde de Verín e o secretario técnico da Eurocidade, xunto a representantes dos balnearios de Fontenova, Cabreiroá e Sousas.

Aspecto de Fontenova trala súa recuperación./C.MONTERO.

4 Recuperación do manancial de Fontenova O 5 de agosto reabría oficialmente ao público o manancial de Fontenova, recentemente restaurado polo Concello e que levaba clausurado desde a década dos setenta. Con esta apertura, as tres fontes tradicionais de Verín (Cabreiroá, Sousas e Fontenova) xa se encontran en pleno funcionamento e integradas na rota da auga da Eurocidade Verín-Chaves. Grazas ao financiamento da Eurocidade, as fontes abrirán todos os días da semana, en horario de 8: a 14 e de 18 a 20 horas, con presenza orientativa de especialistas e distribución do pack do

auguista, que inclúe unha guía certificada sobre as propiedades das augas, o vaso encartable para o percorrido e o diploma acreditativo, que servirá para promocións e sorteos. No acto de inauguración, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, destacou o emblemático do retorno do auguismo á vila. “Queremos volver arrancar este motor, que moveu en tempos toda a economía de Verín. Esta máquina que nos levou por toda España, non pode seguir parada”, afirmou o político. Seoane avogou por “recuperar o valor económico e cultural da auga en Verín, xusto cando estudos

recentes recoméndanlle á Seguridade Social voltar a receitar a hidroponía, cura con auga, como complemento de medicina preventiva”. Pola súa banda, o tenente de alcalde, Diego Lourenzo, fixo fincapé no dobre obxectivo que se cumpre coa recuperación de Fontenova: “por unha banda, a posta en valor das nosas augas e a recuperación do auguismo no concello e, doutra banda, a valorización do noso patrimonio xa que Fontenova constitúe un elemento arquitectónico único e é onoso deber mantelo e conservarlo para as xeracións vindeiras”.


VERÍN E COMARCA

Prazos de matrícula no IES García Barbón O IES García Barbón de Verín informa dos prazos de matrícula para o vindeiro curso. Nos estudos de Bacharelato (Humanidades e Ciencias Sociais e Ciencias) o prazo será do 1 ao 12 de setembro (para alumnos aprobados na convocatoria de setembro). No caso de Formación Profesional, o prazo de presentación de solicitudes e de matrícula vai dende o 1 ao 9 de setembro para as presentacións de solicitudes, mentres que a matrícula será do 21 ao 23 de setembro ata as 13.00 horas. Na Educación de Adultos (ESA) o prazo de matrícula comprende dende o 1 ao 12 de setembro, e na FPB (Formación Profesional Básica), a solicitude de admisión e matrí-

cula na primeira quincena de setembro. A Oferta de Formación Profesional Básica (FPB) do centro educativo verinés inclúe Mantemento de vehículos e Servizos administrativos. Calendario de setembro O día 1 e 2 de setembro terán lugar no instituto os exames (Bacharelato, FPB e ESA); o día 5 de setembro publicaranse as cualificacións. Ese mesmo día e máis o 6 é o prazo oficial para as reclamacións de 2º de Bacharelato no centro. Probas de selectividade de setembro A matrícula no centro educativo terá lugar os días 7 e 8 de setembro, e as probas de selectividade desenvolveranse os días 14, 15 e 16.

Programa Erasmus + KA102 para o curso 2016/2017 Programa formativo de colaboración en Formación Profesional que se desenvolverá cun centro finlandés ao longo do curso 2016/2017. O profesorado do IES García Barbón visitará Finlandia no mes de setembro de 2016 e os profesores e alumnado de Finlandia virán a Verín no mes de marzo de 2017. Programa CUALE (formación en linguas estranxeiras) 2016/2017 Programa de formación en inglés específico para estudantes do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAE), coa finalidade de capacitalos para participar no Programa Erasmus+, realizando as prácticas nun país estranxeiro e co obxectivo de que poidan presentarse ás probas libres do nivel B1 de inglés.

O festival de curtas de Verín estrea a súa sede 4 Unha oficina na praza García Barbón. Redacción VÍA XIV, o primeiro Festival Internacional de Curtas de Verín, estreou este mes sede na praza García Barbón. A oficina servirá de punto informativo e como oficina de traballo para o equipo do certame. Estará aberta ao público de luns a venres, en horario de 10 a 14 horas. Carlos Montero, coordinador xeral do Festival e responsable municipal de Comunicación, explicou que “nestes momentos o equipo atópase realizando un exhaustivo traballo de rastrexo de material que se adapte ás categorías a concurso do festival (Emigración, Fronteiras e Entroido) e catalogando e visionando todo o material que nos están enviando”. Pola súa banda, Emilia

Somoza, tamén coordinadora xeral do certame e concelleira de Cultura de Verín, confirmou que “até este momento, recibíronse unha vintena de traballos, a maioría moi interesantes

e dunha calidade óptima para concurso”. Entre os traballos recibidos, hai obras de xente da zona, “o que nos entusiasma enormemente”, afirmou. O prazo de recepción de

Barrios Agosto de 2016

EN BREVE

Zona afectada.

4 Actos vandálicos na Alameda Durante a madrugada do venres 22 de xullo producíronse actos vandálicos na Praza da Alameda de Verín. Persoas descoñecidas arrincaron cen plantas que foran recentemente colocadas. A Policía Local investiga os feitos e de atoparse os autores, poderían ser multados con ata 1.500 euros ademais do resarcimento dos danos causados. A raíz destes destrozos, o alcalde de Verín fixo un chamamento a toda a sociedade para facela partícipe da misión de vixilancia para evitar que se sigan cometendo este tipo de actos. curtas está aberto ata o 31 de outubro. Xosé Lois Santiago, director de Produción de VÍA XIV, recalcou o fluxo constante de material audiovisual que están a recibir “sen dúbida, posibilitaranos ofrecer unha programación de gran calidades”. A cita cinematográfica terá lugar do 6 ao 11 de decembro, con proxeccións no Auditorio e na Casa da Cultura. Repartirá 6.000 euros en premios.

Xosé Lois Santiago, director de Produción, na súa sede na praza García Barbón.


Barrios Agosto de 2016

VERÍN E COMARCA

AEVER organiza un campamento urbano para dinamizar o comercio local 4 Os días 23, 24 e 25 de agosto. Redacción A Asociación de comerciantes de Verín (AEVER) organiza os días 23, 24 e 25 de agosto o Campamento Urbano 2016. Esta proposta ten por obxectivo dinamizar o comercio local ao tempo que axuda aos clientes dos establecementos adscritos a AEVER a que poidan facer as súas compras mentres os seus fillos se divirten no campamento. A oferta de actividades está enfocada a menores dende os 6 anos en diante, e desenvolverase en

horario de 10 a 13 horas. En concreto, o martes 23, na praza Maior instalarase unha ludoteca xigante con inchables, un touro mecánico, unha carpa interactiva virtual e un obradoiro de golf. O mércores 24 na praza da Mercé, os participantes gozarán dunha busca do tesouro, realizarán unha xinkana fotográfica e rematarán a mañá cunha festa de escuma con inchables de auga. E finalmente o xoves 25 na praza do Concello instalarase un circuíto de karts inchable, unha táboa de surf mecánica, e realizaranse tatuaxes.

Entradas Para adquirir a entrada ás actividades, haberá que canxear os tickets descontos obtidos por realizar algunha compra nos establecementos asociados a AEVER. Os interesados en inscribirse poden facelo ata o 21 de agosto na oficina da asociación na rúa Pedro González Prada, 5, en horairo de 10 a 13 horas. Nesta inicativa colabora o Concello de Verín, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Ourense.

Os participantes no desfile, diante da casa consistorial./CdV.

130 cativos participan no desfile da Ludobatucada 130 nenos e nenas participaron o 29 de xullo no desfile da Ludobatucada, que estivo organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil de Verín. Os menores luciron disfraces, elaborados por eles mesmos, de exipcios, masais, indios e zulús, coñecidas tribos, con coloridos vistosos e texturas variadas. Con eles desfilaron desde a casa consistorial, polas rúas Laureano Peláez, Lisa e praza Maior, ata o colexio dos Módulos, onde celebraron unha festa final de xornada.

Cento trinta nenos e nenas celebran o día de Galicia na ludoteca de Verín./CdV.

Os menores da ludoteca celebran o Día de Galicia O presidente de AEVER, Santos Álvarez, o tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, e o xerente de AEVER, José Ángel Rodicio, presentaron o Campamento Urbano.

O 22 de xullo, o servizo da ludoteca de verán do Concello de Verín conmemorou a festividade do Día de Galicia cunha xornada de xogos na que participaron os 130 menores que estaban inscritos na ludoteca. Os menores, de entre 3 e 13 anos, representaron a historia de Galicia desde o paleolítico ata a actualidade, cantaron o himno galego, recitaron unha poesía, e realizaron un mural representando a bandeira de Galicia.


PUBLICIDADE

Barrios Agosto de 2016


Barrios Agosto de 2016

VERÍN E COMARCA

Unha das novas zonas de aparcadoiro libre de Verín./CdV.

Luciano Rivero e María Jesús Lorenzana, en Santiago.

Verín suma outras 450 novas prazas de aparcadoiro libre 4 En tres novas zonas da vila. Redacción Os condutores de Verín dispoñen desde fai un mes de tres novas zonas de aparcadoiro libre provisional que dotan á vila de 450 novas prazas. A denominada “Zona de Aparcamento Libre Provisional núm. 3”, está situada entre as rúas Rosalía de Castro e a rúa Elvira Carreira, e dispón de 250 prazas de estacionamento. As “Zonas de Aparcamento Libre Provisional núm. 4 e 5”, con aproxima-

damente 100 prazas cada unha, atópanse situadas entre as rúas Luís Espada e Travesa. Con estas tres áreas, o Concello de Verín conta xa con cinco zonas de aparcadoiro libre e gratuíto das oito previstas para descolapsar o estacionamento nas rúas de Verín, alixeirar a presión do tránsito viario no centro da vila, e facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local. A previsión municipal é

que, cando estean todas operativas, o municipio ofreza máis dun milleiro de prazas de aparcadoiro libres. De feito, en vindeiras datas dúas zonas na contorna da Praza da Alameda, sumarán outras 160 prazas máis.

O Concello prevé habilitar proximamente outras 160 prazas na contorna da Alameda

Dous detidos en Verín por distribuir roupa falsificada 4 As prendas alcanzarían no mercado un valor de 300.000 euros. Redacción Axentes da Garda Civil de Verín detiveron, nun control de tráfico na estrada que une Verín con Portugal, a dous cidadáns portugueses de 26 e 37 anos, aos que acusaron dun delito contra a propiedade industrial. A manobra brusca do condutor ao detectar o control levantou as sospeitas dos axentes, que deron o alto ao furgón, e ao rexistralo, comprobaron que no seu interior había 29 caixas repletas de pezas de roupa

Prendas incautadas na operación./G.C. de marca (10.956 calzóns e 1.800 pares de calcetíns), presuntamente falsificada, motivo polo que se realiza

a detención. A valoración en mercado da mercadoría incautada ascende a 300.000 euros.

Novo investimento do Plan Hurbe en Cualedro A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, investirá 213.000 euros do Plan Hurbe na mellora do pavimento e servizos da rúa da Igrexa na Xironda e na adaptación do toural da feira en Cualedro. A secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente, María Jesús Lorenzana, e o alcalde de Cualedro, Luciano Rivero, asinaron o convenio de colaboración polo que se garante a execución desta actuación. O seguinte paso será a licitación das obras por parte da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio, co fin de poder iniciar os traballos de mellora este mesmo ano. A actuación consistirá na mellora do pavimento e servizos da rúa da Igrexa na Xironda, para que o espazo resulte máis atractivo; así como na adaptación do toural da feira en Cualedro para a súa utilización como área de lecer por parte dos usuarios da residencia de anciáns e do centro de día situado nesa parcela. O proxecto pretende fomentar a conservación e recuperación de espazos públicos, coa finalidade da súa posta en valor como espazo social, cultural e economicamente activo.


XINZO E COMARCA

pragas e hai que afrontar moitos gastos. A vantaxe, que ao formar parte dunha cooperativa contan coa garantía “de que che van comprar a produción”, circunstancia que non estaría garantida de ir por libre. As cebolas recolleranse entre finais de agosto e comezos de setembro e almacenaranse na nave familiar, para irense enviando pouco a pouco, xa clasificadas e envasadas en caixas e sacos de 15 e 25 quilos, á cooperativa, que se encargará de vendelas. A maior parte da produción quedará en Galicia e outra parte irá para Asturias.

José María Lama e Ana (Ita) Jiménez, xunto ao tractor da súa explotación./M.REJO.

“Quen axuda ao campo? Ninguén” 4 José María e Ita, matrimonio de agricultores de Vilar de Santos, achégannos á realidade do mundo do campo na Limia. Paula Lodeiro José María Lama Dapoza e Ana Jiménez Morales (máis coñecida por Ita) son un matrimonio de Vilar de Santos de 56 e 52 anos, respectivamente, que leva tres décadas –prácticamente toda a súa vida laboral - traballando no campo. Ao principio optaron polo binomio que máis predominaba na Limia –a pataca e o cerealpero hai 20 anos entraron a formar parte da Coperativa Postoiro e decidiron especializarse no cultivo de cebola. Na actualidade plantan arredor de sete hectáreas de cebola do

país, e outras 32 hectáreas dedícanas á colleita de trigo. Nunha campaña especialmente mala para o cultivo do cereal na Limia, debido ás fortes choivas do inverno que asulagaron os terreos, eles poden sentirse afortunados. “Aquí o noso caso non será dos peores; temos parcelas estropeadas, pero por onde o canal hai algunhas que aínda tiveron a colleita dentro do normal”, explica José María. Outros non tiveron tanta sorte: “hai parcelas que son baixas e que ao mellor xa non se sega, non se colle nada. Teño un primo que me dixo que re-

galou 9 hectáreas a un que se dedica a segar herba, porque non tiñan nada”, engade o agricultor. Unhas dificultades no campo que, lonxe de afectar só aos labregos, teñen repercusión en toda a comarca. “A ver agora como ven a pataca… e compensa algo”, valora Ita, recordando que este ano o tubérculo plantouse tarde, mesmo en xullo, e ata outubro non se recollerá, polo que os produtores de pataca volverán ter enriba a ameaza da choiva sobre a colleita. “Nos negocios de Xinzo din que se é un ano bo de patacas teñen moita clientela pero que se

é un ano malo non teñen nin a metade, que se nota moitísimo”, expresa Ita. O condicionante do tempo A meteoroloxía sempre condiciona a vida e o traballo no campo. No cultivo da cebola algo menos, pois xa se parte de que é preciso regar. “Se non escusarías plantar”, puntualiza José María. Con todo, os riscos de que parte da colleita se estrague sempre están aí: “a cebola é bastante delicada, debe vir seca do campo, humidade non quere, senón estropéase”, explica a súa muller. E ademais, cada vez hai máis

As dificultades dos inicios Tanto José María como Ita botan en falta máis axudas para apoiar o sector agrario. “Quen axuda ao campo? Ningúen”, quéixase el. Ambos coinciden en que sen o apoio da familia ou sen combinalo con outro traballo é case imposible vivir do campo. “Eu ata fai poucos anos traballei no aluminio porque da agricultura só non se podía vivir. E coma min moita xente”, sinala o home. Ademais, contaron coa axuda do pai del para a compra da primeira maquinaria; “se hai que empezar de cero case é imposible; o investimento é enorme”, recalca. Máis recentemente si tiveron subvencións para comprar un novo tractor e para facer un alpendre. E tamén reciben a axuda da PAC, pero non están moi satisfeitos coa súa xestión. “Nós cando empezamos a cultivar tiñamos 7 hectáreas, e levan ata este ano pagándonos por 7 hectáreas,cando agora xa

Barrios Agosto de 2016

4 A problemática das areeiras José María Lama chama a atención sobre o sector areeiro que, considera, está a destrozar a comarca.. Son moitos os propietarios de fincas na Limia que, ao non querer traballalas, as venden ás areeiras, que as pagan a bo prezo. “As fincas levan miles de anos e sempre deron algo, e viviuse delas, pero dos pozos que fan aí non vai vivir ninguén,… para os políticos iso debe estar ben porque permíteno facer, para min é unha salvaxada”, opina o agricultor. “Non están recuperando a lagoa, onde había que recuperala é onde era, non aquí destruíndo as fincas”, insiste.

temos 20 ou 30 hectáreas cultivadas”, apunta o agricultor. “Complican tanto as cousas… hai 100.000 euros, hai 20 hectáreas, repartilos e punto, os que as teña sementadas cóbraas e o que non, non. Pero se as sementas por que non tes dereito a cobralas?”, prosegue a súa reflexión. Malia este panorama complicado, a familia Lama-Jiménez nada contracorrente. “Si, pode ser” afirma unha das fillas do matrimonio cando se lle pregunta se continuará co negocio familiar.

“Se hai que empezar de cero case é imposible, o investimento é enorme”


10

Barrios Agosto de 2016

XINZO E COMARCA

Premio para un ourensán en Washington 4 Eladio Jardón, natural de Baltar, gañou o premio “consultor revelación 2016.” Redacción O consultor ourensán, natural do concello de Baltar, Eladio Jardón foi galardoado como ‘consultor revelación 2016’ na gala dos

Premios Victory Awards en Washington. O premio recoñece a súa traxectoria profesional en máis dunha vintena de campañas internacionais, sen esquecer a súa presenza como relator

nos últimos dous cumios mundiais de comunicación política celebrados en Perú e Bos Aires. Os denominados “Oscars” da industria política en fala hispana congregaron a destacados expertos na industria da comunicación política de Europa e América na cerimonia de entrega celebrada os días 5 e 6 de agosto na capital estadounidense. O ourensán logrou alzarse co premio de “consultor revelación” pola súa brillante traxectoria política a nivel internacional, sendo a primeira vez que un consultor español fora

O alcalde de Xinzo, o presidente de Novas Xeracións de Galicia, o deputado Miguel Ángel Viso e o presidente de Novas Xeracións de Ourense, en Hortícolas Galegas.

Novas Xeracións de Xinzo reivindica iniciativas públicas para os mozos do rural Novas Xeracións pedirá ao seu partido, o PPdeG, que inclúa no seu programa electoral para as eleccións autonómicas do 25 de setembro iniciativas públicas para que a mocidade do rural teña máis oportunidades de emprego. Así o anunciou o presidente de NNXX de Galicia, Diego Gago, nunha visita que realizou este mes de xullo á cooperativa Hortícolas Galegas, en Xinzo de Limia, onde estivo acompañado polo presidente de Novas Xeracións de Ourense, José Antonio Parente, o alcalde, Antonio Pérez, e o deputado por Ourense no Congreso, Miguel Ángel Viso. “En Novas Xeracións temos un compromiso co sector primario e por esa razón imos defender todas aquelas iniciativas que ofrezan máis oportunidade aos mozos para que vivan a traballen no campo”, explicou o presidente galego da organización xuvenil popular.

nomeado nestes premios internacionais. Jardón, moi emocionado, quixo dedicarlle o premio aos seus pais. Traxectoria profesional Eladio Jardón é asesor político de gobernos, partidos políticos e institucións. Experto en Protocolo, Comunicación e Imaxe. e con amplo coñecemento da política española, foi o encargado da campaña “Creo en Ourense” deseñada para o candidato á Deputación de Ourense, Manuel Baltar, nas últimas eleccións municipais.

Eladio Jardón ao recoller o seu premio en Washington.

Asistentes á visita á Casa-Museo Mati, situada en San Pedro de Laroá, Xinzo.

Visita á Casa-Museo Mati Dentro das actividades que organiza a Asociación Escola Rural de Saúde da Limia, a última foi unha visita realizada en xullo á Casa-Museo Mati, resultado do traballo de recompilación da súa impulsora e propietaria Matilde Gándara Mandianes. O museo acolle unha colección de ferramentas de antigos oficios, cestaría, o proceso do liño e a historia da fotografía. Desde a Escola Rural de Saúde defíneno como “un concepto diferente de lembrar, pódese cheirar, tocar, pero sobre todo sentir o agarimo e emoción con que Mati foi gardando durante gran parte da súa vida as tradicións do rural de Ourense co obxectivo de que non se perda na memoria todo aquilo que ocupaba o día a día das persoas do campo”. A Casa-Museo está situada no lugar de San Pedro de Laroá, no municipio de Xinzo e desde a Escola Rural de Saúde recomendan a súa visita “para todas aquelas persoas que queiran pasar unha tarde lembrando o que os nosos antecesores dedicaron tantas horas e que moitos de nós aínda temos a sorte de poder contarllo aos nosos fillos e netos”.


XINZO E COMARCA

4 Mercado solidario de Limisi

4 Os socialistas cren que non hai interese xeral que xustifique o cambio de uso da parcela. O Grupo Municipal Socialista ve motivos económicos e non interese xeral na modificación puntual do PXOM de Xinzo de Limia que delimitará como solo urbanizable de uso industrial a parcela dun particular, situada na estrada de enlace coa A-52. Trátase dun expediente promovido polo Concello de Xinzo, que se está tramitando na Xunta, e que, a xuízo dos socialistas, carece de interese xeral; “posto que falamos dunha única parcela de 12.929 metros cadrados, que se pretende pasar de uso comercial a uso industrial, o cal incrementaría notablemente o seu valor de mercado”. O PSOE considera que este expediente supón un grave risco para o Concello por canto “se están a vulnerar dereitos dos propietarios colindantes ao non ser, nin tan sequera, informados de se tamén consideran solicitar o cambio de uso nas súas propiedades” di a súa voceira, Elvira Lama. Engaden desde este partido que a cesión para o Concello - o 10% da superficie que se poida edifi-

car- daría “unha ridícula cifra de 20.644 euros de beneficio para as arcas públicas” di Lama. E que ademais, a modificación vulnera o PXOM de Xinzo e a Lei do Solo de Galicia “pola cal, para desenvolver un sector hai que determinalo e posteriormente facer un Plan Parcial do sector para a execución do planeamento”. Por estes motivos, a socialista afirma “non podemos entender esta operación do alcalde e do grupo de goberno para pregarse ante os intereses dun só particular sen atender ao interese xeral dos propietarios colindantes coa modificación pretendida”. Mocións para o pleno Noutra orde de cousas, o grupo de Xinzo Adiante (XA) presentará dúas mocións para a vindeira sesión plenaria no Concello de Xinzo. Dunha banda, pedirá a prohibición de herbicidas con glisofato en lugares públicos do municipio. Doutra, XA quere que as operacións financieiras do Concello pasen a realizarse con banca ética.

11

EN BREVE

Ven intereses particulares na modificación puntual do PXOM de Xinzo

Redacción

Barrios Agosto de 2016

José Antonio Feijoo e María Jesús Lorenzana.

Investimento de 200.000 euros para canalizar o saneamento de Baltar 4 Augas de Galicia licitará os traballos este mesmo ano. Redacción A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Baltar colaborarán na execución de actuacións de mellora de saneamento neste municipio da Limia. A secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente, María Jesús Lorenzana, e o alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo Alonso, asinaron o convenio de colaboración no que se recolle este compromiso. As obras, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), pretenden eliminar e concentrar os diferentes puntos de vertido existentes na rede de saneamento do núcleo de Baltar, ca-

nalizándoos ata a depuradora. Dende a Consellería de Medio Ambiente destacase a importancia deste actuación, xa que ademais de garantir unha rede de saneamento para os veciños, tamén se evita contaminación no medio natural. Coa sinatura do convenio, Augas de Galicia poderá licitar os traballos este mesmo ano. Contorna da capela de Escornabois A secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, María Jesús Lorenzana tamén asinou este mes outro convenio de colaboración con outro alcalde da Limia. Neste caso foi co rexedor de Trasmiras, Emilio José Pazos, co obxecto de ade-

cuar distintos espazos públicos no contorno da capela de Escornabois. O Goberno galego investirá máis de 237.000 euros nesta actuación. En concreto, os traballos consistirán na pavimentación desta zona, no acondicionamento do parque infantil e na instalación de alumeado público e mobiliario destinado á práctica de exercicios saudables. Esta actuación inscríbese no Plan Hurbe, posto en marcha en 2010 pola Xunta de Galicia.

En Trasmiras haberá 237.000 euros para a contorna da capela de Escornabois

A asociación Limisi de Xinzo organiza o venres 26 de agosto un mercado solidario, que se instalará na praza de San Roque Haberá obxectos donados para vender e recadar así diñeiro para o mantemento das actividades da Asociación Limisi, entre elas o centro ocupacional e o gabinete educativorehabilitador. Ademais instalarase unha barra con bebidas e outros comestibles, moitos deles donados. O mercado estará aberto de 11 a 21:30 horas

4 Xinzo xa ten rede wifi gratuíta O Concello de Xinzo xa conta con rede wifi con acceso gratuito para a veciñanza. As piscinas públicas foron o primeiro lugar na que os veciños poden utilizar este novo servizo municipal. Tamén teñen instalación gratuíta o pavillón de deportes, o parque infantil do Toural, a escola de gaitas, o conservatorio de música, a praza Carlos Casares e o campos de fútbol da Moreira. Neste último emprazamento, a rede wifi comezará a funcionar en canto comecen os adestramentos das canteiras de fútbol e atletismo. O Concello prevé ampliar a rede wifi nunha segunda fase a outros parques infantís, segundo informa a través da súa páxina web, que vén de ser renovada. O novo portal da Administración local conta con máis seccións e información actualizada das actividades municipais.


12

Barrios Agosto de 2016

ALLARIZ E COMARCA

EN BREVE

Allariz asina o Compromiso polo Xardín da Comunidade Verde

4 Primeiro reparto de compost O Servizo RE de Allariz realizou este mes o primeiro reparto de compost, no contorno da fonte de San Isidro, a carón da Alameda, entre os usuarios do servizo de reutilización da materia orgánica. O encontro tamén serviu para coñecer as opinións, valoracións e suxestións dos usuarios do servizo RE. O Concello de Allariz puxo en marcha o Servizo RE, coa colocación de illas con composteiros para a recollida de materia orgánica hai xa uns meses,.

4 Participación na Feira de Artesanía O Concello de Allariz publicou xa as bases para os artesáns que queiran participar na XIV Feira de Artesanía “Arte de man”, que se celebrará na vila o domingo 11 de setembro. O mercado de artesanía “Arte de Man” que organiza o Concello coa colaboración da Asociación de Artesáns de Allariz, desenvolverase durante toda a xornada nas prazas da vila alaricana. Está previsto que participen 25 artesáns. Os artesáns participantes terán á súa disposición un posto de madeira, que deberán decorar seguindo as indicacións da organización e tendo en conta que o mercado se desenvolve no casco histórico. A participación en “Arte de Man” autorizará ás persoas seleccionadas á venda de produtos artesáns sendo requisito obrigatorio, que cada posto teña demostración en vivo do seu traballo artesán ao longo de toda a xornada do mercado. As persoas interesadas en participar deben inscribirse ata o 19 de agosto, enviando o seu currículum e fotografías dos seus traballos. Tamén poden informarse no teléfono 988 442 210.

4 Comprométese a potenciar as áreas verdes. Redacción

O alcalde de Allariz e o vicerreitor do Campus cos responsables das escavacións en Armea. /DUVI.

As escavacións en Armea deixan o sector Valvís listo para a súa musealización 4 Os arqueólogos consideran que se trata dunha auténtica cidade romana sita no rural. Redacción A intervención arqueolóxica que durante o mes de xullo se realizou no castro de Armea, en Allariz, ofrece un balance de resultados moi positivo. Os traballos rematan deixando ao descuberto toda a zona do castro levantada nos anos 50 Francisco Conde-Valvís, abrindo novas áreas e realizando a datación da ocupación deste enclave. “Estamos ante un caso único en Galicia porque se trata dunha auténtica cidade romana, ocupada no século I e II, pero situada non na capital senón no rural”, apunta Adolfo Fernández, director da intervención. Concello de Allariz e Universidade de Vigo levan colaborando desde 2011 nestas escavacións. Nesta ocasión participou un equipo encabezado por Fermín Pérez, director do GEAAT (Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio e director científico do proxecto; o arqueólogo Adolfo Fernández; tres arqueólogas predoutorais e 20 estudantes de Historia, ademais dos medios

achegados polo concello. A finais de xullo o xacemento foi visitado por Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, e Francisco García, alcalde de Allariz. “Este proxecto reúne todos os obxectivos desexables desde o punto de vista da universidade: é levado a cabo por un grupo de investigación, nel realizan prácticas alumnado noso pero tamén doutras universidades, estende á contorna a actividade universitaria e académica e é de utilidade para o territorio no que nos inserimos”, recalcou Virxilio Rodríguez durante a visita. “O xacemento está respondendo ás expectativas que tiñamos postas nel. Xa é un referente e un punto de atracción máis para Santa Mariña de Augas Santas”, sinalou o alcalde. Escavacións e datación Nesta nova intervención arqueolóxica no castro, os arqueólogos conseguiron acadar o seu obxectivo de deixar descuberto todo o sector Valvís listo para a súa musealización. Ademais, déuselle continuidade a este sector escavando novos espazos contiguos. Deste xeito, apuntan os ar-

queólogos responsables do proxecto, os traballos de campo centráronse en deixar completamente ao descuberto a “domus sur” ou “domus da roseta”, unha das casas grandes do xacemento. Ademais traballouse nunha segunda casa grande, a chamada “domus norte”, que agora queda parcialmente descuberta e sobre a que se agarda continuar traballando en vindeiras intervencións. Durante as escavacións atopáronse numerosos restos arqueolóxicos. Os máis numerosos son fragmentos de cerámica, como tégulas romanas, pero tamén pezas de singular interese como unha peza de vidro millefiori, importada da Italia, unha moeda romana, a primeira que atopan nas escavacións, bronces e unha conta de colar, entre outros obxectos. O proxecto continúa agora no laboratorio coa análise dos materiais e a información recollida e a realización de planos.

Atopáronse numerosos restos arqueolóxicos

O Concello de Allariz formalizou o 5 de agosto a firma do chamado “Compromiso polo Xardín” da Comunidade Verde, un decálogo co que esta organización sen ánimo de lucro quere involucrar aos responsables públicos en promover accións que impulsen máis e mellores zonas verdes públicas e privadas nas cidades para que a sociedade poida obter todos os beneficios sociais, ambientais, económicos e para a saúde das persoas que estas proporcionan. O alcalde, Francisco García, afirmou durante a firma, que o Compromiso polo Xardín é unha iniciativa que coincide cos obxectivos que persegue a Administración alaricana dende o inicio do Festival de Xardíns no ano 2010 e convidou a La Comunidad Verde a participar no asesoramento e na elección dos xardíns participantes en vindeiras edicións, a través do xurado do FIXA. Pola súa banda, Juan A. Casla, presidente de La Comunidad Verde, amosouse agradecido polo compromiso asinado polo Concello de Allariz, afirmando que na vila cúmprense os

obxectivos deste decálogo. Asemade, Casla, valorou de maneira moi positiva a incorporación dos máis cativos a través da elaboración do Xardín dos nenos no Festival, destacando tamén a intervención de profesionais da xardinería no proceso de selección dos xardín. Aposta polos espazos naturais O Concello de Allariz caracterizouse desde fai anos pola revalorización dos espazos naturais do seu municipio como dinamizadora do turismo e a economía local. Non en balde atópase enmarcado nunha zona declarada Reserva da Biosfera. Claro exemplo do valor que dá Allariz á natureza urbana foi a creación en 2010 do Festival Internacional de Xardíns, unha iniciativa única en España que se consolidou como unha importante cita no panorama paisaxístico. Lonxe de considerar os espazos verdes da localidade como unha carga ou gasto polo seu mantemento, Allariz entende que é unha aposta de futuro para mellorar a calidade de vida dos seus habitantes, así como un investimento para potenciar a economía local, e o desenvolvemento social e turístico da localidade.

Recinto do Festival de Xardíns de Allariz./ARQUIVO.


PUBLICIDADE

Barrios Agosto de 2016

13


14

Barrios Agosto de 2016

ALLARIZ E COMARCA / CELANOVA E COMARCA

Uns roteiros teatrais amosan aos visitantes a historia de Allariz 4 Todos os xoves ata o 8 de setembro. xunto a Sendadixital, Petiscos e Petelo.

Redacción Unha nova forma de coñecer a historia de Allariz é a través dos roteiros teatrais nocturnos “Eiró de Verán” que este agosto puxo en marcha a Asociación Cultural Alonso de Paredes. Ata o 8 de setembro, cada xoves divertidos personaxes que forman parte da historia alaricana levarán aos asistentes a coñecer a historia, as anécdotas e os recunchos que fan que esta vila sexa un lugar tan especial. Os roteiros serán diferentes cada día, para descubrir cada semana diferentes espazos cheos de historia e de historias.

Rúa do Portelo, de onde parten os roteiros. A iniciativa desenvólvese entre as 23:30 e as 00:30 horas, con punto de encontro no Alto do Portelo. A asistencia é gratuíta. Nesta proposta colabora o Concello de Allariz,

Outros atractivos turísticos Non é este o único atractivo turístico de Allariz ao longo deste verán. Practicamente non hai fin de semana na que non haxa algunha proposta gastronómica, cultural ou deportiva que serva de excusa para achegarse á vila alaricana. Así, a fin de semana do 20 e 21 de agosto celebrarase a Festa da Empanada, mentres que os días 27 e 28 haberá Feira da Oportunidade na Alameda e o VII Encontro de Cesteiría en Santa Mariña de Augas Santas.

A delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, no III Encontro de Cacharreiros en Niñodaguia, Xunqueira de Espadanedo.

Niñodaguia pon en valor o oficio do oleiro Achegar á sociedade e poñer en valor o oficio da olería tradicional galega foi o obxectivo do III Encontro de Cacharreiros en Niñodaguia, organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en Xunqueira de Espadanedo O evento, que se celebrou entre o 13 e o 15 de agosto no Museo-Obradoiro de Olería do concello ourensán, acolleu demostracións e venda de pezas de catro artesáns representantes dos diferentes centros oleiros existentes na actualidade en Galicia (ademais do de Niñodaguia, de Gundivós e de Buño), así como de dous oleiros de Portugal, de tres ceramistas galegos e do oficio da tellería.

A delegada da Xunta en Ourense visitou o campo de traballo que se desenvolveu en Celanova

Celanova acolleu un campo de traballo centrado no audiovisual 20 mozos e mozas de Galicia, doutras comunidades autónomos, de Italia, de Rusia e de Turquía participaron entre o 15 e o 26 de xullo nun campo de traballo en Celanova centrado no eido audiovisual. Os voluntarios gravaron unha curtametraxe baseado no poema de Curros Enríquez titulado “As cartas”. O obxectivo deste campo de traballo, un dos catro que a Dirección Xeral de Xuventude organizou este verán na provincia, foi o de dar a coñecer aos mozos e mozas os diversos aspectos formativos do audiovisual: dende a redacción do guión ata, mesmo, os principios de interpretación, pasando loxicamente pola produción, a posprodución ou a rodaxe dunha curta, dun documental, dun anuncio publicitario ou dun espazo de animación por stop-motion.

Presentación das láminas de Baldomero Moreiras na Casa dos Poetas.//CEDIDA.

Moreiras pinta os espazos máxicos de Celanova A Casa dos Poetas, en Celanova, acolleu o xoves 11 de agosto a presentación das láminas e postais “Estampas máxicas de Celanova” realizadas polo pintor Baldomero Moreiras, unha iniciativa promovida pola Librería Conde e Imprenta Celanova. Baldomero Moreiras estivo acompañado na mesa de presentación por Xosé Carlos Sierra, quen fora director do Museo Etnográfico de Ribadavia e Xosé Benito Reza, en representación da Fundación Curros Enríquez. Trátase dun conxunto de dez imaxes a maioría sobre espazos de Celanova e o seu contorno (Vilanova dos Infantes) con algunha estampa sobre as festas da Ramallosa ou da danza de Vilanova, ademais de lembranzas da infancia do artista que foron traballadas a partir das obras en lenzo para ofrecelas agora nun formato asequible para calquera en forma de postais e láminas.


CELANOVA E COMARCA

EN BREVE 4 Cambio de titularidade dun vial en Celanova

4 Obradoiro de chocolate na praza de Abastos

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publicou no Diario Oficial de Galicia o decreto de cambio de titularidade dun treito da estrada autonómica OU-540 a prol do Concello de Celanova. En concreto, trátase do tramo situado entre os puntos quilométricos 18+490 e 18+900 no núcleo rural de Lampaza.

Un obradoiro de chocolate porá punto e final ás actividades para cativos organizadas este verán en Celanova pola Fundación Curros Enríquez en colaboración co Concello. O obradoiro desenvolverase do 17 ao 19 de agosto na pranta superior da Praza de Abastos da vila, e vai dirixido a menores de entre 5 e 12 anos.

4 I Feira do Stock, o día 21 no Mosteiro O claustro do Mosteiro de Celanova albergará o 21 de agosto a primeira edición da Feira do Stock, organizada polo portal compraencelanova.com para promocionar a oferta local e a tradición comercial da vila de San Rosendo. O evento contará coa presenza de 20 stands de comercios de diferentes sectores, ofrecendo a veciños e visitantes a

oportunidade de mercar produtos de primeiras marcas, a un prezo moi reducido, e todo concentrado nun único espazo. A Feira do Stock nace con vocación de continuidade e como colofón comercial das festas do verán. A feira estará aberta en horario de 11 a 20 horas e incluirá unha zona gastronómica, e sesión vermú con degustación de viño e outros produtos. Ademais haberá sorteos e obradoiros infantís.

Barrios Agosto de 2016

15

O BNG da Merca critica o resultado do arranxo dunha fonte 4 Consideran a actuación “desafortunada”. Redacción O Concello da Merca vén de arranxar o tanque do Freixeiro, sito na parroquia de San Pedro de A Mezquita, que presentaba importantes gretas polas cales se perdía unha gran cantidade de auga. Non todos están satisfeitos con esta actuación, que desde o grupo da oposición do BNG consideran “desafortunada, tanto na forma como no fondo, pois non respecta nin os mais mínimos estándares de estética, ao utilizar un morteiro de distinta cor á da pedra, e moito menos se adecúa as características do entorno”. “Estamos a falar dunha fonte no corazón do pobo, a escasos 100 metros dun ben patrimonial como é a igrexa da Mezquita, no médio dunha praza que fora rehabilitada durante o bipartito a través dunha subvención da consellería

de Vivenda para a humanización de espazos públicos”, indica o seu voceiro, Xurxo Novoa. O BNG esixe ao alcalde que dea a orde de retirar o cemento utilizado e reinicie os traballos de permeabilización do tanque, “utilizando os materiais mais acordes coa natureza do elemento a preservar”. De non ser así, o Bloque anuncia que se dirixirá á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e á Dirección Xeral de Patrimonio, para que tomen nota do que consideran “unha actuación neglixente”.

Porán a actuación en coñecemento da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e de Patrimonio

Fonte na parroquia de San Pedro da Mezquita á que fan referencia as críticas dos nacionalistas.


16

Barrios Agosto de 2016

CELANOVA E COMARCA

Sinatura do convenio entre o conselleiro e a alcaldesa de Gomesende./R.TORRES.

O Sergas reformará o centro de saúde de Gomesende 4 As obras terán un prazo de execución de dous meses. Redacción O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e a alcaldesa de Gomesende, Pura Rodríguez Álvarez, asinaron un convenio de cooperación no que se establecen as bases para o desenvolvemento

das obras de reforma no centro de saúde deste concello, a fin de dar unha mellor resposta aos problemas de saúde da poboación. O prazo estimado para a execución da obra, centrada na necesidade de efectuar unha reparación integral na cuberta, é de dous

meses. O Concello de Gomesende e o Sergas cofinanciaran ao 50% as obras a realizar, que teñen un investimento de 30.240 euros. Tal e como se recolle no convenio, o Concello levará a cabo a supervisión correspondente do proxecto técnico e a contratación, dirección e execución das obras. Pola súa banda, o Sergas coordinará co concello aquelas actuacións necesarias para a regulación da actividade sanitaria durante a execución das obras, a fin de manter e asegurar a continuidade asistencial.

Marisol Díaz, Beatriz Mato e Manuel Jorge Velo, na Delegación da Xunta./R.TORRES

Urbanización no contorno da capela do Carme A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde da Merca, Manuel Jorge Velo, asinaron un convenio de colaboración para urbanizar o contorno da capela do Carme, na parroquia de Entrambosríos. Os traballos, nos que a Xunta investirá máis de 60.000 euros, basearanse principalmente na demolición das superficies de formigón e na recuperación de muros, valados e drenaxes. Así mesmo, incorporarase unha nova iluminación e elementos de mobiliario. A capela do Carme localizase no núcleo rural de Entrambosríos e foi obxecto dunha recente restauración, polo que se considera un elemento de interese arquitectónico que -mediante este convenio- se pretende acondicionar. Esta actuación inscríbese no Plan Hurbe, posto en marcha en 2010 polo Goberno galego.

Reunión do Padroado da Fundación Curros Enríquez á que asistiron o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, o alcalde de Celanova, José Luís Ferro,e Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luis Axeitos Agrelo, Felipe Ferreiro, Antonio Piñeiro, Adolfo Vázquez Rivero, Luís Vázquez Rodríguez, Isabel Ingelmo Hierro e Jose María Rodríguez Álvarez.

O XXXII Premio “Celanova, Casa dos Poetas” será para o Padre Fontes 4 A Fundación Curros Enríquez recoñece o historiador e etnógrafo portugués Antonio Lourenço Fontes. Redacción A Fundación Curros Enríquez acordou, por unanimidade, conceder o XXXII Premio “Celanova, Casa dos Poetas” ó historiador e etnógrafo portugués Antonio Lourenço Fontes, máis coñecido nos ámbitos da Raia Seca como Padre Fontes. Recoñecen así a súa contribución á divulgación e ao coñecemento da cultura trasmontana, tan identificativa dos pobos das Terras do Barroso e de todo o norte de Portugal, coma destoutros espazos que se enmarcan no triángulo ferriniano que debuxan os vertixes de Montalegre, Celanova e Arcos de Valdevez. Antonio Lourenço Fontes (o Padre Fontes) conta cun amplísimo currículo que abrangue todos os ámbitos da cultura tradicional. Editor de varias obras de estudo imprescindibles para coñecer a etnografía e a antropoloxía barrosá, como “Etnografía Trasmontana” ou “Antropoloxía de Medicina Popular”; fun-

dador do xornal mensual Noticias do Barroso, que aínda se mantén activo na rede; animador dun sen fin de iniciativas congresuais; da súa man naceron tamén as “Noites das Bruxas”, que hoxe viñeron dar na multitudinaria celebración da “Sexta feira - trece”. Acto o 4 de setembro O XXXII Premio “Celanova, Casa dos Poetas” será entregado o domingo 4 de setembro en Celanova, como adoita ser habitual, nunha xornada que tamén servirá para lembrar novamente a Celso Emilio Ferreiro con motivo do 37º cabodano da súa morte. Neste acto, o presidente da Fundación entregaralle ao premiado a medalla de prata conmemorativa do galardón, obra do escultor ourensán Acisclo Manzano, na que se fai un alegato simbólico á figura dos tres grandes poetas de Celanova (Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Castor Elices); ademais dun diploma, obra do pintor e poeta celanovés Baldo Ramos, que recollerá un fragmento desta acta.

4Recoñecemento ao labor a prol da cultura galega A Fundación Curros Enríquez instituiu en 1985 o premio “Celanova, Casa dos Poetas” como un xeito de recoñecer cada ano a unha persoa ou entidade que ao longo da súa vida se ten significado especialmente por desenvolver un labor a prol da cultura galega en todas as súas facetas, ou da propia Galicia. Desde aquela foron agasallados, entre outros, os escritores Xosé Luis Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra, Xosé Neira Vilas ou Manuel Rivas, os pintores Laxeiro e Virxilio, os músicos Carlos Núñez e Milladoiro, o actor Luis Tosar ou a empresa R.

O premio será entregado nun acto en Celanova o domingo 4 de setembro


CELANOVA E COMARCA

Barrios Agosto de 2016

17

entrevista a javier rey, adestrador do EDC Celanova FSF

“Gustaríame que seguiran todas xuntas porque é algo máis que un equipo de fútbol”

4 Javier Rey, adestrador durante cinco anos do EDC Celanova de fútbol sala feminino, repásanos a historia deste ilusionante club. Silvia Nieto Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte en Pontevedra, Javier Rey acumula no seu currículum deportivo numerosos equipos nos que demostrou as súas dotes de xogador, ata que deu o salto a adestrador. Un paso difícil, unha decisión complicada, pero seguro que acertada como corroboran os resultados dos conxuntos que dirixiuc como o Melias, o Nogueira de Ramuín ou o Barco (no que continúa na actualidade) Fai cinco anos atopóuse por casualidade co comezo dun novo equipo feminino de fútbol sala en Celanova, tiña enfronte a un grupo de rapazas con moi pouca experiencia deportiva pero co dobre de ilusión e gañas das que tiña visto ata o momento neste deporte. Uniuse a elas e agora pecha, cargado de cariño, este ciclo. Como xurdiu o Celanova FSF? Javier Rey: “Foi fai cinco anos e dun xeito moi gracioso. Un grupo de rapazas dun colexio xuntábanse para facer deporte e xogar algún partido. Decidiron crear un equipo polo que falaron co Concello e o coordinador da Escolas Deportivas decidiu facerlles unha proba e a partir e aí formouse equipo e tocoume a min facerme cargo. Nunca esquecerei ese primeiro día. Eran 12 ou 13 nenas e non sabían nin facer un pase, un control… Porén, eu víalles algo; transmitíanme ilusión, gañas. Ao final decidimos tentalo e competimos na Liga. O problema que tiñamos era a idade, non podíamos ter na acta dos partidos a máis de dúas infantís e nós tiñamos seis. Nun partido, o árbitro

“Eu non continúo de adestrador, pero faríame moita ilusión que o equipo siga e poder ir velas”, di

díxome que catro non podían xogar e eu díxenlle que escollera el ás que mandaba ás bancadas; el díxome que non podía facer iso e díxenlle que eu tampouco, que non podía xogar coa ilusión das nenas. O partido non se xogou, pero a norma cambiouse no medio da Liga. Ese ano gañamos sete encontros na casa e perdemos todos os de fóra. O segundo ano rematamos na metade da táboa e metémonos na Copa tocándonos o Castrelo de Miño en cuartos. Superamos a eliminatoria a penaltis. Logo xogamos a fase final en Verín, o que era incrible para as rapazas. En semifinais vencemos ao Carballiño e chantámonos na final, contra o Amoeiro, e gañamos por 4-3. Nos anos seguintes estivemos loitando pola Liga pero nunca a conseguimos. Fomos terceiras e o ano pasado, segundas. Este ano fomos líderes moito tempo e faltando tres xornadas para o final perdimos en Cartelle 3-2 e elas puxéronse primeiras e xa non soltarían esa posición. Pero ves a progresión das rapazas, o que creceron e iso é o importante”. Continuarán as mesmas a próxima tempada? J.R.: “Si. Igual tres ou catro non seguen pero o bloque importante si. O bo é que todas son de Celanova. A vila séntese moi identificada co equipo e sempre que xogamos na casa hai moitísima xente”. Para as que veñen por atrás, este equipo será un referente. J.R.: “Temos un puñado de xogadoras en idades inferiores e para elas este equipo é un referente. Hai dúas xogadoras veteranas, Laura e Paula, que son un exemplo para as máis pequeñas, achegan experiencia e son un exemplo. Con este equipo abriuse un camiño para que outras nenas queiran xogar . E o deporte feminino en Celanova está moi ben e cóidase moito”. Como afronta o equipo o vindeiro curso? A pola Liga?

“O Barco é un novo reto. Terceira División é complicada pero tentaremos facer algo importante”, adiantounos Javier

Javier Rey adestrou ao EDC Celanova dende a súa creación./R.T.

“Temos un puñado de xogadoras en idades inferiores e para elas este equipo é un referente. Con el abriuse camiño”, confesa J.R.: “De momento non se sabe seguro o que vai pasar. Comezaron sendo nenas e agora xa son mulleres. Algunha marcha á Universidade. A continuidade do equipo é complicada. Falouse con elas e en principio queren seguir. Eu non continúo de adestrador aínda que seguirei na Escola Deportiva de Celanova con outro grupo. Faríame moita ilusión que o equipo siga, así poderei ir velas. Son un bo grupo e coa súa progresión poden facer algo importante. Ademais hai equipos, como Burgas e Ourense, que se están fixando nalgunha destas xogadoras”. Xogadoras do Cidade e do Envialia poden ser un exemplo para as de Celanova. J.R.: “Temos moi boa relación cos dous equipos. Incluso o ano pasado fixemos un triangular en-

tre eles dous e nós. Para as nosas ver a Iria, a Sara Moreno, a Vanessa… é un luxo”. Falando de Vanessa Sotelo ver que é das mellores xogadoras do Mundo é fabuloso. Para min que son de Velle e a vin xogar de pequena alí é incrible”. Cres que o deporte feminino conta co apoio suficiente? J.R.: “Creo que cada vez se está apoiando máis. O Cidade e o Ourense coidan a súa canteira, e fan que se abra o deporte a outras comarcas como poden ser Verín, Celanova, Xinzo, O Carballiño. Cada vez vese a máis rapazas practicando o fútbol sala. Agora está máis integrado e iso é bo. Pouco a pouco, hai que seguir traballando”. Tiveches que tomar moitas decisións neste deporte. J.R.: “É complicado tomalas.

Eu tiven, ata agora, sorte nas decisións que tomei. No Celanova foron cinco anos e estou moi orgulloso delas, sobre todo pola progresión. Son un equipo, un grupo de amigas e iso é o máis complicado de conseguir. Os vínculos que se formaron son fantásticos. Eu o último día, no remate do partido contra o Cartelle paseino moi mal porque sabía que era o final dun ciclo. Ao rematar o encontro, as rapazas que algo se cheiraban, deronnos unhas camisetas a min e a Germán (o segundo adestrador) dando as grazas por todo. A min derrumboume, é para sentirme orgulloso” Agora estou centrado no Barco que é un novo reto. A Terceira División é complicada pero tentaremos facer algo importante. Son adestrador novo e de momento foime ben; agora necesito experiencia. Pero ser adestrador é un proceso de formación e hai que reciclarse. De todo o mundo se aprende algo. Fáltame moita experiencia. O meu obxectivo é medrar como adestrador, así que sigo vendo videos, preparando adestramentos, etc. E se algún día teño a oportunidade de adestrar algo máis arriba quero estar preparado”. Envíalle unha mensaxe ás rapazas do EDC Celanova. J.R.: ”Quedeime con elas este ano para acadar a Liga e ao final non puido ser. Gustaríame que seguiran todas xuntas porque o grupo é marabilloso; é algo máis que un equipo de fútbol. O traballo que levamos nestes cinco anos pode ter unha continuidade e espero gozar delas véndoas xogar. Saben xogar ao fútbol sala e creo que poden dar moitas alegrías a unha vila como Celanova. Que saiban que as quero un montón e vounas botar de menos”.


18

Barrios Agosto de 2016

PROVINCIA

37 propostas optan aos espazos coworking de Xinzo e Celanova 4 En setembro farase a selección. Redacción Un total de 37 propostas presentáronse aos dous espazos coworking que comezarán o seu labor a mediados de setembro na provincia de Ourense e que se desenvolven no marco do acordo de colaboración da Xunta, a través do Igape, e da Escuela de Organización Industrial (EOI). En concreto, recibíronse 19 iniciativas empresariais para Celanova e 18 para Xinzo de Limia. Nestes procesos de formación e asesoramento especializado poderán participar ata tres persoas por proxecto, polo que ao redor dun cento de emprendedores poderán recibir formación e asesoramento gratuíto. Durante a primeira semana de setembro, realizarase o proceso de selección a través de entrevistas persoais aos inscritos, coñecendo así as necesidades formativas específicas de cada aspirante en función das peculiaridades dos proxectos. Ao abeiro do convenio de colaboración, o proxecto de coworking, que conta co apoio do Fondo Social Europeo, contribuirá a que os emprendedores dispoñan de diferentes servizos e instrumentos de apoio. Para esta iniciativa cónta-

se coa cooperación dos concellos, que ceden os locais para a formación e asesoramento dos emprendedores e para a posta en marcha e aceleración dos mellores proxectos, que serán titorizados por expertos. O obxectivo prioritario das iniciativas de coworking é acelerar o desenvolvemento de proxectos empresariais sobre o territorio; incrementando a probabilidade de éxito das ideas impulsadas polos emprendedores ourensáns e facilitando a súa posta en marcha e a súa consolidación temperá. Ata 500 beneficiarios En cada unha das sedes das aceleradoras haberá catro edicións sucesivas que se desenvolverán durante cinco meses cada unha e que poderán acoller, en cada caso, entre un e tres emprendedores por cada un dos 22 proxectos que, como máximo, se atenderán por convocatoria e localización. En total, poderán participar en total, durante os dous próximos anos, arredor de 500 persoas con vocación emprendedora nas dúas aceleradoras de emprendemento de Celanova e de Xinzo.

Medio Rural destina 768.000 euros a un plan de emerxencia de arranxo de camiños 4 Beneficiará a 12 concellos ourensáns. Redacción 12 concellos da provincia de Ourense beneficiaranse este ano dunha achega total de

768.146,18 euros dentro do Plan de Emerxencias para a mellora, arranxo e posta en valor de camiños municipais. Este plan prevé un investimento total,

no conxunto de Galicia, de algo máis de 2,8 millóns de euros. A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada polo director

A conselleira do Medio Rural cos alcaldes dos 12 concellos./R.TORRES.

Xunta e Deputación financiarán a urbanización da travesía de Bande 4 Mellorarase un treito da rúa Faustino Santalices. Redacción O Consello da Xunta autorizou o 4 de agosto o convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Bande para a urbanización da travesía da

OU-540, estrada que une Ourense e a fronteira portuguesa (A Madalena), ao seu paso polo centro urbano desta localidade. Estas actuacións constan dun orzamento de máis de 244.000 euros, que serán achegados pola Axencia Galega de Infraestruturas, e pola Deputación. O

Concello de Bande pretende acometer a mellora do estado dun treito da rúa Faustino Santalices, situado á entrada da travesía desta localidade, completando as beirarrúas existentes no resto da vía. O tramo ten unha lonxitude aproximada de 100 metros e forma parte da estrada

xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e pola delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, presidiu o 2 de agosto o acto de sinatura dos correspondentes convenios cos alcaldes dos concellos desta provincia que os solicitaron. Os fondos achegados pola Xunta servirán para pavimentar, afirmar e mellorar diferentes viais. En concreto, en Monterrei, destinaranse 37.120 euros para a pavimentación dun camiño agrícola en Albarellos; en Oímbra, 60.000 euros para o afirmado asfáltico; nos Blancos, 59.852 euros para a mellora de firme en varios núcleos do concello; en Sandiás, 17.494 euros para arranxar o camiño de Piñeiro ao canal de Antela; en Vilardevós, a mellora dun camiño en Bustelos recibirá 60.500 euros; e finalmente Xinzo de Limia percibirá cen mil euros para a mellora de varios camiños.

autonómica OU-540. Detalle da actuación A actuación pretende a prolongación da beirarrúa da marxe dereita da vía e a urbanización no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 39+610 e 39+711 da OU-540, fronte á estación de servizo. Executarase unha beirarrúa, pola marxe dereita da estrada, incluíndo a instalación de redes de abastecemento, saneamento, pluviais e iluminación.

O investimento alcanza os 244.000 euros


PROVINCIA

Barrios Agosto de 2016

19

A agricultura ecolóxica crece en Ourense 4 O ano pasado aumentou a superficie, os operadores e a produción ecolóxica. Paula Lodeiro O presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) José Antonio Fernández, o secretario, Javier García Serrano, e o vicepresidente, Albino Fernández, presentaron o balance da produción ecolóxica na nosa provincia, con datos do ano pasado e dos primeiros sete meses de 2016. A agricultura ecolóxica aínda non chega a representar o 5% do total do sector primario galego, pero é “un dos sectores con maior crecemento en superficie, en facturación e en operadores”, explicaba o presidente do CRAE-

GA. Unha maior concienciación medioambiental e unha aposta polo mundo rural por parte dos produtores, así como unha maior preocupación sobre o que comemos por parte dos consumidores están detrás desta tendencia alcista. Ao redor do 50% da produción expórtase fóra da península e o outro 50% consúmese no mercado local. Incremento de superficie, operadores e produción certificada Os datos facilitados polo CRAEGA reflexan que a superficie ecolóxica inscrita en 2015 foi en toda Galicia de 20.306 hectáreas, un 33,30% máis que o ano anterior. En

Ourense, foron 8.091 as hectáreas rexistradas, un 34,48% máis que en 2015. Este incremento continúa neste 2016: a 15 de xullo, as hectáreas inscritas eran 8.422 na nosa provincia. Do total desta superficie, a maior parte destínase a gandaría e pastos, 7.760 ha., que representan máis do 43% da superficie dedicada a gandaría en toda a Comunidade. A castaña suma outras 142 hectáreas, os cereais 80 e o viñedo 42, máis da metade de toda a superficie dedicada a viño ecolóxico en Galicia. No último ano tamén aumentaron os operadores que elixen agricultura ecolóxica. En toda Galicia había en 2015 797

Javier García Serrano, José Antonio Fernández e Albino Fernández./P.LODEIRO. operadores rexistrados no CRAEGA (626 produtores e 171 elaboradores). A 15 de xullo de 2016 xa son 903. Na provincia ourensá a maior parte deles (48 dun total de 122) dedícanse á produción animal. En 2015 creceu, asemade, o valor de negocio da agricultura ecolóxica. A produción certificada en Galicia sumou en 2015 33,3 millóns de euros, un

6,76% máis que en 2014; mentres que no caso particular de Ourense o crecemento foi do 30,31% (pasou de 2,9 millóns en 2014 a 3,8 millóns en 2015). Do total de crecemento o ano pasado, case que a metade foi achegada polos produtores ourensáns. Os principais produtos certificados en Ourense son carne e derivados (o 59,81% do total), seguido de aceite

(17%), leite e derivados (8,92%) e produtos apícolas (6,65%).

Máis do 43% da superficie dedicada á gandaría ecolóxica de Galicia está en Ourense


20

Barrios Agosto de 2016

DEPORTES

Iván Docampo e Iria Fernández dominan en Baños de Molgas 4 Venceron na novena edición da Carreira de San Salvador. R.T. A Carreira Popular de San Salvador de Baños de Molgas chegou a súa novena edición. Este ano a inscrición foi de récord, alcanzando o número máximo de inscritos, 300. As carreiras tiveron lugar o sábado 30 de xullo en xornada vespertina. Primeiro foi o turno para as categoría benxamín e alevín para continuar coa proba infantil e cadete. O colofón final chegou coa posta en escena da carreira absoluta. 7.000 metros agardaban a todos os participantes que tiñan que lidiar, ademais da distancia, coa forte calor reinante a esas horas da tarde na vila termal ourensá. En categoría masculina

Iván Docampo (Lamargha) non deu opción aos seus rivais e chegou en solitario á liña de meta situada nas inmediacións das piscinas municipais ao carón do río; o seu tempo foi de 21:42 minutos. A case un minuto (22:35) entraba Luis Iglesias (Atletismo Arenteiro) e a 16 segundos (22:51) deste, o seu compañeiro de club, José Manuel Corral.

En canto ás mulleres, Iria Fernández (ADAS O Barco) foi a mellor ao chegar primeira á meta tras 26 minutos e 54 segundo loitando contra o crono e contra Barca Toba; a súa compañeira de equipo foi segunda a 20 segundos (27:14). Terceira remataría Ana María Ocampo (Ourenrunning) a seis segundos (27:20) de Toba.

Saída da proba absoluta da carreira popular de S. Salvador de Baños de Molgas./S. TORRES.

Penas e Fernández vencen na Carreira de Cartelle 4 A popular que une Cartelle con Outumuro chegaba á súa 20ª edición. Redacción Lolo Penas (New Balance Team) e Iria Fernández (ADAS O Barco) foron os vencedores na Carreira Popular de Cartelle, que se disputou o pasado 13 de agosto. Nesta 20ª edición da proba, foron 92 os corredores que completaron os 7 quilómetros que van entre Cartelle e Outumuro. Penas rematou a carreira cun tempo de 21:02, entrando nove segundos detrás del Alejandro Fernández (ADAS O Barco). Completou o podio masculino Rubén Diz (Sociedad Gimnástica de Pontevedra) cun tempo de 21:45. En categoría feminina, Iria Fernández parou o crono en 26:43, sacando case un minuto de vantaxe a Sonia Teijeiro (Ve-

Sonia Teijeiro, Iria Fernández e Ana Ocampo no podio de Cartelle./CEDIDA. teranos Ourense, 27:37) e Ana María Ocampo (Ourenrunning, 27:44). A próxima cita para os atletas populares da nosa

provincia será o 4 de setembro, coa Carreira da zona universitaria incluída no circuíto Correndo por Ourense

Ourense, protagonista no comezo de La Vuelta 4 A proba ciclista arranca este sábado en Laias cunha contrarreloxo por equipos. P. L. Galicia en xeral, e Ourense en particular, serán protagonista da primeira semana da 71ª edición de La Vuelta Ciclista a España, que dá comezo este sábado 20 de agosto en Laias. Ata sete etapas da proba ciclista discorrerán pola nosa Comunidade, catro delas pola provincia de Ourense. La Vuelta arranca no balneario de Laias cunha contrarreloxo por equipos, de 29,4 km practicamente planos, que rematará no parque naútico de Castrelo. O domingo 21, a segunda etapa ten saída na capital

ourensá, e tras percorrer, 159 km (cun porto de terceira categoría, o Alto de Fontefría) terá meta en Baiona. Marín-Dumbría, coa esixente subida ao mirador do Ézaro, Betanzos-San Andrés de Teixido e Viveiro-Lugo, serán as seguintes tres etapas. No sexto día de competición, o xoves 25, a serpe multicor regresa a terras ourensás. Unha etapa de media montaña, con 163 km entre Monforte e Luíntra, dos cales os últimos 70, en plena Ribeira Sacra, serán serpenteantes, enlazando subidas e baixadas ata a meta. Subirase ao Alto Alenza, en Castro Calde-

las, de segunda categoría. La Vuelta despídese de Galicia o venres 26, con saída en Maceda. Será un percorrido sinuoso de 158,5 km ata Puebla de Sanabria, pasando polo Alto de Allariz, o Alto de Fumaces e o Alto do Padornelo, os tres de terceira categoría. Grandes nomes Está confirmada a presenza en La Vuelta dos grandes nomes do ciclismo mundial. O ciclista murciano do Movistar Alejandro Valverde portará o dorsal número 1 de La Vuelta 2016, en recoñecemento á súa participación

O director xeral da Vuelta a España, Javier Guillén, e o presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitaron a Oficina Permanente da proba ubicada no Paco Paz./M.REJO.. nas tres grandes este ano. Será un dos aspirantes ao título da ronda española, polo que tamén loitará o seu compañeiro de equipo Nairo Quintana, o vixente vencedor do Tour, Chris Froome, do Team Sky, ou o madrileño Alberto Contador, con ganas de loitar pola vitoria tralo abandono por caída na ronda gala. Samuel Sánchez e Tejay

Van Garderen, colíderes do equipo BMC ou unha das revelacións da pasada edición, o colombiano, Esteban Chaves do OricaBikExchange, son outros dos aspirantes ao maillot vermello. Pero antes de coñecer quen substituirá a Fabio Aru no podio de Madrid o 11 de setembro, os ao redor de 200 ciclistas profe-

sionais de 22 equipos que tomarán a saída este sabáda haberán de enfrontarse aos máis de 3.200 quilómetros das 21 etapas que conforman a Vuelta.

Froome, Contador, Quintana ou Valverde, entre os favoritos


DEPORTES

230 nenos e nenas chegados de toda Galicia e mesmo dalgún club catalán, participaron o pasado domingo 14 de agosto no XII Mini BTT de Maceda. Unha proba na que o club organizador, a Escola JA Hermida, do CC Maceda, sumaba até un total de nove podios. Así, Noela Saa foi segunda en infantís, Breogán Diz fixo cuarto e Yaiza Piñeiro foi quinta na mesma categoría.

Tamén quedou en segundo lugar Airas Vázquez en prebenxamíns, categoría na que Daniela Vispo foi cuarta e Hugo Outumuro quinto. Ademais, Sarela Conde foi cuarta en alevíns, mesmo posto que Hugo Fernadez en principiantes, e Sara Álvarez quedou terceira na categoría promesa, Os vencedores da Mini BTT en categoría infantil foron Juan Pérez do Comarques de Lleida e Laura Capa do Farto.

21

EN BREVE

O Mini BTT reúne en Maceda máis de 230 deportistas Redacción

Barrios Agosto de 2016

4 III BTT do Peixe O Concello de Bande acollerá o día 20 de agosto, a III edición da BTT do Peixe que conta cun percorrido de 37 quilómetros de dificultade media-alta. A saída da proba terá lugar ás 9 horas, na praza da Constitución. O percorrido foi cambiado con respecto ao ano pasado. Desde a organización porán a disposición dos participantes un servizo de aluguer de bicicletas, que lle van permitir recoller a bicicleta e entregala no propio punto de saída Podio en categoría infantil no XII Mini BTT de Maceda.//CEDIDA

4 Pretempada das Escolas Deportivas de Xinzo As Escolas Deportivas de Xinzo, na modalidade de fútbol, comezaron a pretempada este 16 de agosto. Tanto os rapaces de categoría cadete (nados en 2001 e 2002) coma os de infantil (nados en 2003 e 2004) adestraran os martes, mércores e venres ás 19 horas. Os adestramentos terán lugar no campo de fútbol José Antonio Fernández Carrera de Xinzo. A modalidade de fútbol 8 iniciará a súa pretempada no mes de setembro.

4Tríatlon en Allariz 125 triatletas (dos cales 11 son mulleres) participarán este sábado 20 de agosto no XXVII Tríatlon Popular Vila de Allariz, proba organizada polo Concello de Allariz e a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno. A saída darase ás 18 horas desde o Paseo da Alameda de Allariz, coa proba de nado, que cubrirá 750 metros polo río Arnoia. Os triatletas deberán cubrir logo 24 km en bici, para rematar cunha carreira a pé de 5.500 metros que percorrerá ambas marxes do Arnoia. Haberá trofeo para os tres primeiros clasificados de cada categoría (cadetes, júnior, absoluta e veteranos) e para os tres primeiros clubs masculino e feminino.


22

Barrios Agosto de 2016

4AXENDA Exposicións - Ata o 28 de agosto - Exposición de Luis Pachón - Sala A Fábrica de Allariz - Ata finais de setembro - Exposición “Verín, o ferrocarril soñado” de Alberte Blanco - Auditorio de Verín Música - 20 de agosto - Banda Unión Musical de Allariz - 21 h - Xardín do Museo do Coiro de Allariz - 21 de agosto - Banda de Música A Lira - 13 h e 20 h - Campo de Vilanova de Allariz Varios - 19 de agosto - Ludoteca móbil - Desde as 10:30 h na praza Maior de Celanova - 20 e 21 de agosto - Festa da Empanada Allariz - 21 de agosto - Ludoteca móbil - Desde as 16:30 h nas piscinas de Padrenda www.periodicobarrios.com

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

Exposicións en Allariz e Verín

4HISTORIAS DE MONTERREI

Máis alá do castelo O verán, época de descanso e disfrute, de cañas nas terrazas dos bares e de paseos nocturnos para calmar a calor. Esa estación onde os que están fóra voltan a casa uns días e, quen sabe, quizais con algunha nova amizade que quere coñecer a zona. O que toda a vida se fixo coa xente que viña de fóra era levalos o Castelo de Monterrei, pero como actualmente ten máis cemento o castelo que os cinco aparcamentos que se crearon en Verín, gustaríame darvos outras alternativas razoables que sen dúbida será

A área recreativa da Cidadella, o castro de Saceda e a igrexa de Mixos, algúns dos atractivos

do agrado dos nosos visitantes. En primeiro lugar gustaríame invitarvos a visitar a área recreativa da Cidadella, un dos lugares máis bonitos da comarca e que se encontra na parroquia de Soutochao no concello de Vilardevós. Nesta área recreativa hai unha pequena ruta sinalizada a beira do río Pónton onde poder gozar da natureza, dos tres muíños restaurados e, ao final da ruta, a impresionante fervenza da Cidadella onde as augas do río caen en vertical dende uns 50 metros de altura. Outro lugar de visita obrigatoria é o castro de Saceda no concello de Cualedro. Este castro de impresionantes murallas estivo habitado dende o século IV a.c. ata o século II d.c. É o mellor castro que temos na comarca xa que ao contrario da maio-

O conselleiro de Política Social e a alcaldesa de Oímbra, na Feira do Pemento.

Exaltación do pemento en Oímbra A XIX edición da Feira do Pemento de Oímbra foi o pasado 7 de agosto o escaparate deste produto esencial na economía deste municipio da comarca de Monterrei. Acompañado doutros alimentos típicos da gastronomía galega, e dunha mostra de artesanía popular, os pementos foron os protagonistas da celebración, declarada Festa de Interese Turístico Galega, na que houbo degustacións gratuítas, concurso de pratos de cociña, un xantar popular, actividades infantís e animación musical.

ría, que están esquecidos e cheos de xestas e silvas, este castro encóntrase totalmente limpo, restaurado e con bos accesos, incluso algunhas das casas aínda conservan o enlousado en pedra do chan! O último lugar do que vos quero falar (último por falta de espazo que hai moitos máis lugares para visitar) trátase da igrexa de Mixós. Entrar na igrexa de Santa María de Mixós significa realizar unha viaxe de máis de mil anos cara ao pasado da nosa comarca e, a pesar das reformas que sufriu entre os séculos XV e XVI, as súas paredes aínda supuran esa arquitectura prerrománica, mixtura de elementos visigóticos mozárabes e asturianos, coa que se realizou a finais do século IX. Andrés Diz historiamonterrei. blogspot.com.es

4 Videocreación, pinturas e pezas de vidro fundido son as propostas para este mes. Redacción Allariz e Verín manteñen a súa oferta expositiva neste mes de agosto. A Paneira de Allariz acolle ata o domingo 21 a exposición “Tempo Líquido” na que a directora Marta Piñeiro presenta videocreacións e instalacións co tempo e a auga como protagonistas. A autora invita a reflexionar sobre o tempo como algo en movemento que flue, entrecrúzase, estáncase e evapórase dependendo de como estruturamos hoxe en día as relacións entre pasado, presente e futuro. A exposición pódese visitar diariamente na

sala A Paneira, situada na praza do Concello, de 19:30 a 21:30 horas, e sábados, domingos e festivos tamén de 12 a 14 horas. Dúas mostras en Verín En Verín, pola súa parte, a Sala de Exposicións presenta ata o 27 de agosto as mostras “Arte y Fuego”, de Julio Pousada, e “Con otra mirada”, de Chema Manzano. As exposicións están compostas por pezas de vidro fundido de Julio Pousada e cadros ao óleo do palentino Chema Manzano. A Sala de Exposicións está aberta de luns a venres das 17:30 ás 20:30 horas, e os sábados de 10 ás 14 e das 17 ás 20:30 horas

Un dos concertos do festival na tarde do venres 12 de agosto./M.REJO.

Arte, música e natureza, no Festival Reina Loba A asociación Espazo Matrioska organizou os pasados días 11, 12 e 13 de agosto no municipio dos Blancos a segunda edición do Festival Reina Loba. Mantendo os valores da primeira edición (arte, artesanía, música, ecoloxía e natureza), o festival ampliou a súa oferta e propuxo aos moitos que se achegaron ata este concello da Limia durante estes tres días a posibilidade de gozar dunha chea de bandas así como de talleres e outras actividades, con acampada libre e entrada gratuíta.


CLASIFICADOS

Barrios Agosto de 2016

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios. com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Silvia Nieto, Andrés Diz. Nº28 - Ano: XI - Agosto 2016 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CLASIFICADOS

INMOBILIARIA Véndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524. Vendo piso no Vinteún. Boas vistas, corrido de adelante para atrás con praza de garaxe pechada. Prezo económico. Pouco gasto de comunidade. Tel. 629 52 38 12. Cámprase finca preto de Ourense, non urbanizable, económica. Interesados chamar ao 630 030 642. Alugo apartamento en Montalvo. 1 e 2 habitacións, preto da praia, equipado (xardín, tumbonas, aparcamento), fronte ao mar. Tel. 607 27 19 16. Vendo apartamento con dúas habitacións, cociña americana, trasteiro e garaxe. A cinco minutos da praia. Tel. 636 422 497. Vendo piso en praza España (Vigo). Tres habitacións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Urxe venda. Tel: 639 81 62 09. Alugo praza de garaxe fronte ao centro de saúde da rúa Valle Inclán. 50 euros. Tel. 636 329 524. Alúgase local de oficina na Ponte (Ourense) acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 95 06 59. Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 42 25 43. Traspáse cafetería en galerías parque de San Lázaro. Todo novo, recén reformado. Moi económico. Tel. 640 37 83 00. Precísase home para compartir piso, con calefacción, no barrio do Couto. Tel. 637 00 59 10. Véndese casa con finca na estrada de Santiago. Tel. 637 00 59 10. Alúgase piso amoblado exterior con garaxe ao lado dos novos xulgados. Tel. 637 00 59 10. Alúganse oficinas acondicionadas en r/Progreso. Tel. 637 00 59 10. Vendo apartamento na praia Montalvo. Urbanización Fontiña. 75m2. Dous dormitorios, cociña, baño, salón e gran terraza con vista ao mar. Con piscina, amplas zonas verdes e garaxe. Tel. 617 88 65 90.

COMPRA /VENDA Vendo sofa 3+2 e caldeira de calefacción de gas cidade seminova. Tel. 637 00 59 10. Vendo Citroen Berlingo 1.6 HDI 90cv., ano 2012, 78.000 km., 5 prazas, con gancho de remolque, AA, porta lateral, peche centralizado. 8000 euros. Peugeot 207 1.4 HDI 70 cv., ano 2012, 80.000km., 5 prazas, AA, regulador velocidade. 7000 euros. Ford Focus 1.8 TD 90 cv., impecable, todos os extras. 3900 euros. Renault Clio 1.5 DCI, 70

cv., ano 2012, 70.000 km., AA, regulador velocidade, todos os extras. 7000 euros. Nissan Terrano II 2.7 TD, 125 cv., ano 2005, todos os extras. 4900 euros. Volkswagen Golf IV 1.6 16 v., 105 cv., moi coidado. 2900 euros. Tel. 988 460 576. Vendo Opel Zafira 1.9 CDTI 150CV (7 prazas) acabado COSMO (todos os extras). Máis info e fotos no 607 20 34 81 (atendo WhatsApp) Vendo máquinas recreativas (modelos vellos), máquinas de dardos (PRESAS), máquinas expendedoras de tabaco, etc. Tel. 607 20 34 81 (atendo WhatsApp).

EMPREGO Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Disponibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Limpeza de fincas, xardíns, desbroce e traballos de campo, ampla experiencia. Consulte prezo sen compromiso. Tel. 602 864 666. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Búscase traballo para manexar carretillas e/ou grúas. Tel. 673 764 277. Ofrécese señora para o coidado de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con informes. Tel. 669 434 330. Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171. Ofrécese señora para coidar a persoas maiores. Con informes. Tel. 669 434 330 - 988 24 60 96. Danse clases particulares de todas as materias de primaria, a domicilio ou presenciais. Tel. 666 743 660. Necesítase señora para coidar un matrimonio de persoas maiores e realizar tarefas do fogar. Tel. 630 03 06 42. Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 56 46 81. Fanse desbroces con tractor ou a man. Bo prezo. Tel. 630 521 448. Impártense clases individuais personalizadas en Ourense. Materias curriculares de ensinanzas medias. Con CAP. Ampla experiencia. Económico. A domicilio. Contacto: clasesadomicilio2014@hotmail.com e 610 38 25 89

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


Barrios Agosto de 2016


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.