Xaneiro 2014 ouxb

Page 19

OCIO E CULTURA

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2014

entrevista a manuel precedo, membro do cineclube padre feijoo

“O noso éxito é unha conxución de constancia e de que acertamos coa programación”

4 Con máis de 40 anos de historia e máis de sete mil espectadores en 2013, o cineclube ourensán é todo un referente na cidade. Paula Lodeiro Manuel Precedo é a cara visible do Cineclube Padre Feijoo; xunto a Óscar, Iñaki, Manuel e algún colaborador máis encárgase de que todo funcione á perfección cada vez que hai proxección, repartíndose as tarefas: reparto de entradas, presentación da película e control do proxector. Este mes estreaban o ciclo “Sesións de Filmoteca” completando practicamente o aforo da sala da Biblioteca nodal. Desde cando funciona o Cineclube Padre Feijoo? M.P.: “Fundouse a finais do ano 70, como unha actividade máis da Escola de Maxisterio”. Como foi o regreso á Biblioteca nodal? M.P.: “É a segunda etapa, o cineclube estivo aquí ata fai dez anos máis ou menos. Estivemos no cine Duplex ata que pechou e despois no Cinebox e deixamos de ir porque nos timaron, quedaron coa taquilla”. Tivestes que facer algunha reforma na sala? M.P.: “O único que fixo a Xunta foi pintar a sala, e despois comprar as butacas, de segunda man, e nós instalámolas na época de Nadal. Os proxectores son nosos, e compramos agora un proxector dixital, co que aforramos neste tempo”. Que afluencia de público tivestes o ano pasado? M.P.: “Tivemos sete mil

Manuel Precedo, Iñaki Novoa e Óscar Iglesias, do Cineclube Padre Feijoo na sala da Biblioteca nodal, que reduciu o seu aforo a 112 butacas./P.LODEIRO.

“Non hai apoio á cultura en xeral, hai impulsos para saír na foto” “O problema do cine comercial é a política de prezos e a falla de variedade na carteleira” e pico espectadores, mil menos que o ano anterior, pero é polo aforo, porque antes tiñamos máis no Cinebox; aínda así é unha cifra respectable. É dos cineclubes de España que máis espectadores ten”. E a que cres que se debe este éxito de espectadores, programades moito? M.P.: “Non, non somos os que máis programamos, o do Barco de Valdeorras e ás veces o do Carballiño supérannos en canto a filmes programados. Creo que sinxelamente é unha conxución de constancia, que hai un hábito xa creado

en determinado público na cidade, e da programación, quero crer, tamén acertamos coa programación”. Que criterio seguides á hora de programar? M.P.: “Ás veces é un pouco complicado, básicamente ler moita crítica cinematográfica e despois depende da ocasión. Hai ciclos que veñen un pouco dados; despois de tratar o tema da crise económica viña un pouco dado tocar a crise política e do sistema, por iso este ciclo (“Erro do Sistema”, que se proxectaba en xaneiro). ‘Díaz: non limpedes este sangue’ non é

un título moi coñecido nin a historia sequera que trata, que é unha historia real, pero o público merece que ese tipo de filmes que non vai ver no cine comercial, nin sequera na televisión, que teñen unha certa calidade, que procuremos programalos; ese é o obxectivo”. Évos fácil acceder a estas películas? M.P.: “É complicado, e ademais nesta crise económica, hai filmes que nos gustaría traer pero non están distribuidos en España e entón é dificultoso conseguir algún filme. É o que falábamos antes de “La grande bellezza”, que piden uns prezos tan desorbitados que non é posible acceder a eses filmes”. O ciclo que ofrecedes os luns é gratuíto, por que? M.P.: “Primeiro, porque é unha colaboración co

Festival Amal e había unha condición que era esa, e segundo, se tiñamos unha sesión aos mércores o que non podiamos era castigar máis os petos dos usuarios, cando ademais xaneiro non é un mes moi boiante. Ademais, creiamos que era bo deixalo así, para crear un hábito os luns”. Vai haber no futuro proxeccións os luns e os mércores? M.P.: “Si, os luns imos buscar seguir facendo sesións coa filmoteca; a idea orixinal é procurar que no acordo que temos máis ou menos elaborado, que aínda non firmamos, co CGAI (Centro Galego das Artes da Imaxe), se poidan traer os títulos da filmoteca galega aquí, é o obxectivo”. Xa tedes pensado o ciclo de febreiro? M.P.: “Non, aínda non o temos pechado”. Como valorades o apoio que vos dan as institucións? M.P.: “Malísimo, eu creo que non hai apoio á cultura en xeral, hai impulsos para saír na foto, e se fan ás veces actividades para iso, pero en xeral un apoio constante e preocupación non, porque cando imos petar á Deputación nos din que si, que nos van axudar, pero despois pasa o ano e non pasa nada, e iso mesmo sucede no Concello”. Pero co Concello tivestes puntualmente colaboracións?

19

M.P.: “Si, pero son convocatorias públicas de subvención, ás que nós acudimos, e vemos que se valoran máis cousas puntuais dunha semana que o que se fai con constancia durante o ano, e temos esa queixa. Ademais é lamentable que este ano 2014, que a cidade se quere potenciar como capital cultural do Eixo Atlántico, haxa tanta deixadez”. E máis tendo en conta que é unha cidade que ten un festival de cine? M.P.: “Exactamente”. Como vedes vós o certame a súa próxima edición, que futuro lle vedes? M.P.: “Gustaríanos dicir que ten futuro, pero o problema que ten esta cidade cos seus responsables, e vese basicamente no festival de cine, que se xoga a impulsos. A anterior responsable da Concellería de Cultura tardou como sete meses en decidir que disolvía o Consorcio, outro tanto en preparar o equipo para convocalo e isto mesmo pasou con esta nova corporación. Lamentablemente, o festival de cine estase castigando por este tipo de deixadez política. E ten público, esta cidade é unha cidade de cine, non só polos datos de asistencia ao cineclube, senón en xeral o cine comercial salvábase, mentres todas as provincias de Galicia ían perdendo expectadores Ourense resistía e gañaba espectadores”. E iso que só quedan as salas do Cinebox, cal é problema do cine comercial? M.P.: “O problema do cine comercial, que xa o apuntaramos nos cineclubes nun informe, é a política de prezos e a falla de variedade na carteleira, e se iso o conxugas, a xente deixa de asistir ao cine, pero a pesar diso o cine en Ourense resiste”.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.