Page 1

O transporte urbano mellora a conexión entre Chaves e Verín [Páx. 9]

TEMA

Páx.3

A cultura urbana invadirá Verín no Estrugasa Street o 30 e 31 de agosto

CIDADE

Páx.4

PP e DO fan que o reparto de fondos da Deputación se manteña igual

CIDADE

Páx.8

Catro colexios da cidade lucirán melloras tras unha inversión da Xunta de 2,5 millóns

VERÍN

Páx.10 DEPORTES

A XIV Feira do Viño de Monterrei brindou máis de 28.000 degustacións

Páx.14

O Ourense CF gañou ao Bergantiños na primeira xornada de Liga de Terceira

Rotundo éxito da Festa do Pulpo [Páx. 13]

O Concello busca unha transformación

[Páx. 2]

A mobilidade e o río Miño entre os primeiros proxectos do novo alcalde para transformar a cidade. // Na Festa do Pulpo do Carballiño servíronse máis de 150.000 quilos./R.T.

Número: 104 - Ano: XII - 29 de agosto de 2019 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




Barrios 29 de agosto 2019

TEMA DA SEMANA

A circulación e o acceso ao hospital sofren modificacións 4 Polo inicio de novas obras de mellora. Redacción O inicio das obras de mellora das vías interiores do Hospital Universitario de Ourense, por parte da Xunta, farán que desde as 22 horas do xoves 29, se corte o acceso rodado e peonil á entrada principal do Edificio Cristal, desde a rúa Ramón Puga ata Cruceiro Quebrado. Esta actuación, cun investimento de 47.000 euros, reparará o firme, ampliará e construiranse novas beirarrúas e estacionamentos de persoas de mobilidade reducida nesta área hospitalaria. A duración desta primeira actuación, á que seguirá a prevista no Santa María Nai, está estimada nuns quince días. Cambios Na rúa interior parale-

la ao Cristal e Materno (con saída a Cruceiro Quebrado), estará restrinxido o tráfico tanto neste tramo como no vial de acceso desde Ramón Puga á entrada principal do Cristal, porta que tamén permanecerá pechada para peóns, polo que deberá accederse desde a traseira do Materno. O acceso en turismo dos usuarios de Atención Temperá realizarase tamén pola rúa traseira ao Materno, onde se lles habilitará estacionamento. Modificarase igualmente parte da circulación de turismos no perímetro interior do hospital, centralizándose a saída rodada á rúa Cruceiro Quebrado polo vial interior, situado entre as traseiras do novo Edificio de Hospitalización e o Materno.

O Paseo das Ninfas sufrirá unha transformación durante este mandato. /I.OSORIO.

Catro anos para transformar a cidade 4 O Concello adaptará o plan de mobilidade e vólcase nun proxecto para mellorar as ribeiras do Miño. Redacción O novo goberno do Concello de Ourense, co seu alcalde Gonzalo Pérez Jácome á cabeza, busca transformar a cidade -no que a mobilidade se refire- nos catro anos deste novo mandato. O Plan de Mobilidade xunto á mellora das ribeiras do Miño son dous proxectos nos que buscan avances. Mobilidade “Temos por

Plano do Hospital de Ourense coas zonas que se verán afectadas polas obras.

diante

O Concello adaptará o Plan de Mobilidade Urbana e Sostible ao Móvete X Ourense

catro anos determinantes para abordar definitivamente o modelo de cidade”, así o afirmaba o concelleiro Miguel Caride, quen xa adianta que o vindeiro paso será a convocatoria da comisión de seguimento do Móvete X Ourense, “xa que se trata dun proceso participativo aberto á cidadanía”, dixo. Estas declaracións tiveron lugar despois da reunión mantida entre o propio concelleiro, Miguel Caride, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, coas redactoras do proxecto ‘Móvete X Ourense’ Paula Feijóo e Emma Noriega. Desta xuntanza saíu o compromiso de adaptar o Plan de Mobilidade Urbana e Sostible, que data de 2012, ao Móvete X Ourense co obxectivo de “pórse xa a traballar”, en

palabras do concelleiro de Infraestruturas. Paula Feijóo, arquitecta da consultora Urba+ e parte do equipo redactor do proxecto, asegura

que “se levamos adiante todas as accións contempladas no proxecto poderemos facer que a cidade de Ourense se transforme e sexa máis sostible”, afirma. Só así se poderá lograr unha inclusión harmónica de todos os elementos -peóns, persoas con problemas de mobilidade reducida e/ou visual, ciclistas, coches, etc.- e “o modelo de cidade que todos os ourensáns merecemos”, di Móvete X Ourense Móvete X Ourense naceu en abril de 2017 como un proceso de participación plural “para a mellora da calidade ambiental e a mobilidade”, e que perseguía “a pacificación do tráfico e a integración da bici no centro urbano de Ourense”. Logo de pulsar o diagnóstico de máis de 10.000 ourensáns, ben individualmente, ben a través de colectivos, Móvete X Ourense xa é un plan para lograr un modelo de cidade na que teña menos protagonismo o coche e máis as persoas.

4 Río Miño O alcalde mantivo unha segunda reunión co Colexio de Arquitectos de Ourense na que se ultima o gran proxecto que ansía o Goberno municipal, que non é outro que o da reforma de todo o paseo peonil da ribeira do Miño. “Vivimos de costas ao río e cada vez queremos achegarnos máis a el”, afirmaba o rexedor ourensán. “Cremos que estamos ante un paso definitivo” aseguraba ao desvelar que van sacar un concurso de ideas para

arquitectos e enxeñeiros para que esté plasmado antes de Nadal e acometer a obra neste mandato. Pola súa banda, o presidente do Colexio de Arquitectos, Rafael Castro, dicía que se puñan a “traballar cos técnicos do Concello de Ourense” na elaboración dun concurso de ideas para “toda a reforma do Paseo das Ninfas”. Castro agarda que “se presenten o maior número de traballos coa maior calidade posible”.


TEMA DA SEMANA

Barrios 29 de agosto 2019



Unha exposición amosa a relación de Verín coa gaita 4 A mostra “Verín, enclave de gaita” achégase ás 700 visitas. Redacción O Concello de Verín quere dar a coñecer a estreita relación que ten o val do Támega coa gaita, instrumento musical senlleiro do noso país. Para elo, está a organizar unha serie de eventos que fan que tanto veciños coma visitantes coñezan a historia da gaita e, ademais, achegala a unha vila que, por tradición, contou sempre cun gran número de gaiteiros e amantes deste instrumento entre os seus veciños. O eido central das actividades é a exposición “Verín, enclave de gaita”, que se encontra exposta no Museo Claustro Mercedario de Verín, a que se achega aos 1.000 visitantes. O que se achegue contemplará una mostra iconográfica única na que se pode contemplar exem-

plares de gaitas primitivas interpretados e expostos para achegarnos á historia deste instrumento. Unha das pezas clave presentes na exposición son os músicos do retablo do Santuario dos Remedios (gaiteiro, tamborileiro e pandereteira) datados do ano 1625 e que foron cedidas polo Obispado de Ourense xusto despois da súa recente restauración. Pezas únicas polo seu valor historiográfico tanto do instrumento como da vestimenta da época. Publicación Para complementar a información, o Concello edita a obra “Verín, enclave de gaita”, de Ruth Foxo. A publicación poderase adquirir de xeito gratuíto ao achegarse ata a mostra. Analiza os 16 exemplares que se expoñen. Cada gaita está seleccionada entre os

grandes movementos da historia do instrumento e é analizada dende un enfoque dual, cronolóxico e temático. Nel poderemos atopar os grandes tipos de cornamusas que vivían no mundo occidental, mediterráneo e asiático. Verín é fundamental na comprensión e estudo do universo mundial da gaita, así o recollen os estudos de Ruth e Xosé Lois Foxo sobre a gaita primitiva e as primeiras representacións artísticas completas da figura do gaiteiro.

A publicación de “Verín, enclave de gaita”, de Ruth Foxo, analiza os 16 exemplares que se expoñen na mostra

Xosé Lois Foxo explicou a exposición na inauguración da mesma.

O tenente de alcalde, Diego Lourenzo, e membros da organización do festival.

A cultura urbana invadirá Verín co Extrugasa Street 4 A terceira edición do festival urbano celébrase os días 30 e 31 de agosto. R.T. Coa terceira edición do Festival Urbano Extruga Street, que se celebra os días 30 e 31 de agosto, Verín verase invadida pola cultura urbana. A Asociación Cultural LongoDub e o Concello de Verín presentaron a terceira edición do festival, un evento que engloba música, arte e deporte. A presentación correu a cargo de Diego Lourenzo, tenente de alcalde e concelleiro de Mocidade de Verín; e Hugo Salgado, Antonio Álvarez e Iris Justo, organizadores do evento. Este evento pretende “divulgar as alternativas deportivas, artísticas e

laborais propias da cultura urbana” para dar unha “visión positiva desta cultura, tan chea de riqueza como de prexuízos”, aseguran desde a organización. Pola súa banda, Diego Lourenzo, concelleiro de Mocidade de Verín, quixo destacar que esta iniciativa “convertese nunha plataforma ideal para dar visibilidade ao talento local, algo moi importante para o seu crecemento”. Actividades As actividades durante estes dous días irán enfocadas en varias liñas. Haberá concertos, como a da artista de orixe alemá “Sara Lugo” (sábado ás 23.15 horas). Tamén se subirán ao escenarios

do Extrugasa Dakidarría, J.Dose, Sondarrúa, Skandalo Gz, Kaixo ou R. Brothers, entre outros. A asociación compostelá “Vella Escola” traerá a Verín, un ano máis, os seus talleres e exhibicións. Javi Ozono ensinará aos máis cativos a arte do graffiti. Entre as actividades paralelas destaca o “Skate Park” (entre R/ Canella Cega y R/ San Antón) durante todo o sábado 31, a “Xuntanza BMX & Scooter” e, como non, a degustación de estrugas.

O Skate Park estará aberto todo o sábado 31




Barrios 29 de agosto 2019

CIDADE

EN BREVE

O comercio local debatirase no Concello

4 Orzamentos Sobre os orzamentos do Concello de Ourense, o alcalde precisa que ten que aprobar antes a RPT, algo que pensa ter feito polo mes de setembro. Polo que, os orzamentos estarán, provisionalmente, en novembro e, definitivamente, en xaneiro ou febreiro, pero o que si remarcou e que deben estar “aprobados provisionalmente en outubro ou novembro, pero antes aprobar a relación de postos de traballo (RPT) para cuantificala e incluila nos orzamentos”.

4 Compatibilidade Sobre a compatibilidade do alcalde sobre a súa función no Goberno e os seus ingresos na empresa privada. Este, volvera a levala a pleno, aínda que considera que non é necesario. Este xesto considerao necesario pola transparencia, pero que non é obrigarotio.

4 O BNG levará a pleno a súa “situación alarmante”.

Pleno extraordinario da Deputación de Ourense. /I.OSORIO.

O reparto de fondos da Deputación seguirá igual

unha mesma moción fai dous anos. Finalmente, os votos en contra de DO e PP foron suficientes para rexeitar esta proposición; PSOE e BNG votaron a favor, e Cs abstívose. O que se pretendía era suprimir as subvencións nominativas para repartir por criterios obxectivos.

Mentres o voceiro socialista, Villarino, falaba de “sistemas unipersoais afastados de posicións participativas”, o nacionalista, Varela, acusaba ao presidente da Deputación, Manuel Baltar, de ter un remanente de tesourería nunha provincia “que perde poboación”. A réplica chegou dos portavoces dos dous partidos no Goberno. O popular, Plácido Álvarez, defendía o sistema de reparto á vez que reprochaba a moción soamente “para saír na foto”; o de DO, Miguel Caride, pola súa banda, cualificabao de “papel mollado” e invitaba a PSOE e BNG a facer un plan máis concreto.

se plantexa un convenio cos taxistas); para as viaxes longas, transporte público (tren ou avión).

Jácome estima que con esta maniobra o Concello se pode aforrar 20.000 euros ao ano.

4 PP e DO rexeitan unha proposta conxunta de BNG e PSOE para modificalo. Redacción Poucas dúbidas había de como quedaría a votación dunha proposta conxunta de BNG e PSOE sobre o “reparto equitativo de fondos” da Deputación de Ourense. E iso que Democracia Ourensana plantexara

Véndense dous coches do Concello

Redacción O portavoz municipal do BNG no concello de Ourense, Luis Seara, anunciou que levará ao pleno do concello a “situación alarmante” do comercio local na cidade de Ourense. “No ano 2018 pecharon 270 comercios, a razón dun comercio cada dous días” sinalou o voceiro nacionalista. Mais esta situación agrávase no futuro segundo estudos recentes que sinalan que haberá o peche dun 20% de comercios locais. Perspectivas, indicaba, moi diferentes ao resto de capitais provincias: “A Coruña ten récord de afiliados no

sector do comercio polo miúdo; Lugo mantense nas súas cifras; e Pontevedra, que logra o maior número de empregados da última década” sinalou Seara. Para o nacionalista, o comercio local é fundamental por tres razóns, “contribúe a fixar poboación; humaniza ás rúas e barrios da cidade e xera emprego de calidade”. Ademais, considera que as administracións poden axudar mediante “leis de carácter estatal, tendo unha Tarifa Eléctrica Galega que favorecería ao pequeno e mediano empresario”, coma “leis de carácter galego cunha Nova Lei de Horario Comercial” expuso Seara.

4 O primeiro deles será un Audi A6. Redacción O novo alcalde, Gonzalo Jácome, pretende desfacerse dos dous coches oficiais do Concello. O primeiro deles será un Audi A6 que está desde a época na que Cabezas era alcalde. A venda do mesmo está en 3.000

euros. Estes dous coches usaban choferes que agardaban no parque móbil e que, segundo o alcalde “case todo o tempo están sen facer nada” o que considera un gasto excesivo. A partir de agora, para viaxes curtos, a corporación usará o taxi (polo que

Jácome fotografando o A6 que porá á venda. /RAMSÉS.

Os concelleiros do BNG, Luis Seata e Rhut Reza.


TURISMO

Barrios 29 de agosto 2019



Igrexa de Santa María a Real de Entrimo, de estilo barroco churrigueresco rematada en 1739, serve como exemplo para explicar o amplo patrimonio histórico e cultural galego.

Galicia, esa gran “coñecida” do turismo

4 É a Comunidade española onde máis creceu o turismo no primeiro semestre do ano 2019 grazas a un turismo tranquilo, hospitalario e sustentable. Redacción Galicia liderou durante o primeiro semestre do ano o crecemento turístico en España, un período no que superou por vez primeira a barreira dos dous millóns de viaxeiros. Estes datos constatan que o turismo galego crece en cantidade, pero sobre todo en calidade. Así, segundo as cifras do Instituto Nacional de Estatística (INE), a nosa foi a Comunidade na que máis creceu a demanda turística, cunha alza da 7,7% fronte ao 1,2% do resto de España, reflectindo que Galicia é un destino turístico atractivo para os viaxeiros tamén en tempada media e baixa. Os datos sinalan un incremento que se estende a todo tipo de viaxeiros, ao rexistrarse unha subida de preto do 5% no turismo interno (o que realizan os propios galegos dentro da

súa Comunidade) e dun 6% no turismo nacional. Destacou especialmente a subida de preto do 15% dos viaxeiros estranxeiros, que supoñen xa o 27% do total, grazas ao esforzo da Xunta por situar Galicia nos mercados internacionais a través de numerosas accións e ao empuxe do Camiño de Santiago. Emprego Este feito tivo unha importante repercusión no emprego vinculado ao turismo. Neste sentido o sector turístico galego emprega un 9% máis profesionais que hai un ano, un feito que reflicte que cada vez créase máis emprego de calidade durante todo o ano, á vez que permite xerar riqueza e fixar poboación nos distintos territorios. Do mesmo xeito, salientar a alza do 2,3% nas afiliacións á Seguridade Social no sector turístico e que encadean

Nestas datas de verán Galicia énchese de centos de festas enolóxicas e culturais que xeran gran expectación.

seis anos consecutivos de progresión. En canto ás tipoloxías de aloxamento, sobresaen os hoteis, que son a modalidade preferida polos turistas que visitan Galicia, pois concentran o 73,5% da demanda. En xeral, todas as tipoloxías de aloxamento rexistraron máis viaxeiros, tamén ás pensións, os apartamentos turísticos, os cámpings e os establecementos de turismo rural. En concreto, estes últimos xeraron 9.000 novos turistas, cunha subida próxima ao 12%. O turismo en cifras Detrás de cifras como estas atópase un modelo de turismo tranquilo, hospitalario e sustentable polo que a Xunta de Galicia, da man dos profesionais do sector e grazas ao carácter acolledor dos galegos, traballa tamén durante este verán. É un turismo que busca o contacto co territorio e o respecto ao medio ambiente, que profunda na autenticidade de Galicia, naquilo que a identifica e a diferenza doutros destinos. Un turismo que traballa por mellorar a calidade de vida da poboación local, con especial incidencia en

zonas rurais da costa e o interior, creando emprego, diversificando a economía e potenciando o consumo de produtos autóctonos. O turismo representa o 10% do PIB de Galicia e xera o 11% dos postos de traballo. Ademais, como indica un recente de Exceltur, Alianza para a Excelencia Turística, permite recadar 1.363 millóns de euros cada ano a través de impostos. Cando falamos de turismo, ante unha actividade, que máis aló do propio sector, ten un importante efecto arrastre noutros ámbitos como comercio comerciante polo miúdo, agricultura e pesca, construción, empresas téxtiles ou asesoría e empresas, por citar algúns. Para permitir que os beneficios do turismo cheguen a todo o territorio e propiciar unha descentralización dos fluxos turísticos, preto de 130 concellos galegos poderán mellorar en 2019 as súas infraestruturas turísticas grazas á colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, que no últimos tres anos investiu máis de 8 millóns de euros en aspectos de embelecemento, sinalización ou accesibilidade.

Destacou especialmente a subida de preto do 15% dos viaxeiros estranxeiros, que supoñen xa o 27% do total

Promoción Tamén o Goberno galego colabora economicamente coas máis de 140 festas de Interese Turístico Internacional, Nacional e de Galicia ou con axudas ás entidades locais para a contratación de profesionais para as súas oficinas de turismo. Ademais, está en marcha o Plan MAT de Mellora de Aloxamentos Turísticos, destinado a modernizar e adaptar os establecementos ás necesidades actuais dos clientes. Estas medidas complétanse co traballo que leva a cabo Galicia para avanzar na configuración dun destino comprometido, que se preocupa por ser sustentable e por dar a benvida os viaxeiros que recibe. Porque para que os turistas sentan en Galicia como en casa, a Xunta está a consolidar unha oferta turística diversificada e desestacionalizada basea-

da en valores autóctonos. Este verán, por exemplo, é o primeiro no que se pode participar de experiencias turísticas como Un paseo de historia e vida, presentada na última edición de Fitur con toda unha serie de percorridos por preto de 30 centros históricos que pretenden fomentar o coñecemento do patrimonio, pero tamén o comercio local e a gastronomía de proximidade. E seguen en marcha iniciativas que pon en valor oficios como a pesca ou as actividades nas lonxas ou visitas a adegas para coñecer o traballo do sector vitivinícola galego, entre outros. Con medidas como estas, e coa vista posta na oportunidade que supón o Xacobeo 21, a Xunta traballa para seguir construíndo a mellor Galicia para visitar, que debe ser ao mesmo tempo a mellor Galicia para vivir.

A beleza da Ribeira Sacra opta a ser elexida como Patrimonio Mundial para o ano 2021.




Barrios 29 de agosto 2019

REPORTAXE

O Centro Residencial Docente sito na Avenida da Universidade, nº 18 en Ourense.

O CRD Ourense abrirá período extraordinario para solicitar praza 4Entre os días 16 e 20 de setembro para solicitar prazas vacantes no centro residencial non universitario. Redacción O Centro Residencial Docente (CRD) de Ourense dependente da Conse-

llería de Educación, Universidade e Formación Profesional, ten como destinatario ao alumnado do ensino non universitario

postobrigatorio e que non dispoña na súa localidade de centros educativos para continuar determinadas ensinanzas (Bacharelato e

Ciclos Formativos de Formación Profesional) e na convocatoria extraordinaria de alumnado universitario. Neste período extraordinario pode solicitar praza na residencia, tanto o alumnado de ensinanzas non universitarias coma o alumnado universitario. O prazo para solicitar praza é dende o día 16 ao 20 de setembro. As prazas poden ser becadas e gratuitas para aloxamento e manutención.

biblioteca con aula de informática con equipos de derradeira xeración e conexión gratuíta a internet, salas de estudos, comedor escolar, pavillón polideportivo e pistas exteriores de fútbol, tenis e baloncesto, ximnasio, salas de uso múltiple, salas de TV colectivas, sala de cine e conferencias, cafetería/bar, enfermaría e servizo médico no propio centro, zonas de lecer exteriores e xardíns, aparcamento privado

Instalacións O centro está dividido en dous colexios residenciais, que teñen cada un tres plantas con 11 habitacións e capacidade para tres persoas por habitación e 1 habitación dobre con capacidade para dúas persoas. A capacidade total do centro na actualidade sería de 198 alumnos/as residentes máis 6 bolseiros/colaboradores, é dicir 204 persoas. O alumnado do CRD de Ourense dispón de diferentes servizos no centro:

Biblioteca sita no interior do centro residencial.

e vixiado, ademais, dunha atención educativa e apoio ás súas necesidades psicolóxicas, sociais e de desenvolvemento integral, mediante a intervención do equipo directivo e educativo. Quen desexe máis información pódese achegar á Av. da Universidade, nº 18, Ourense, no teléfono 988 60 21 65, no email credo.ourense@edu.xunta.es ou no facebook @ crdourense.


ECONOMÍA

A lonxa de Burela acostuma a concentrar arredor do 60% ao ser o principal porto de descarga de bonito de Galicia.

O bonito, a especie estrela na promoción dos produtos do mar 4 A Xunta realiza a campaña “Faino bonito” para que se coñeza as súas especiais cualidades e opte polo seu consumo en fresco. Redacción Galicia é unha referencia no aproveitamento dos grandes manxares que ofrece o noso mar e conta cunha frota especializada na extracción e venda de máis dun cento de especies ao longo de todo o ano. Deles, o bonito do norte é o peixe estrela da tempada estival e, polo tanto, dos máis demandados actualmente nos portos de Lugo, especialmente no de Burela. Este recurso é un importante reclamo para os compradores, pois trátase dun produto saudable que conxuga unha excelente calidade e un sistema de captura respectuoso co medio natural, un dos motivos polos que a Consellería do Mar vén reali-

zando nos últimos anos a campaña “Faino bonito”, de promoción deste produto estacional entre a poboación para que coñeza as súas especiais cualidades e opte polo seu consumo en fresco. Con ese obxectivo, o Executivo galego reparte cada ano material promocional -entre o que se inclúen milleiros de folletos e carteis- e pon a disposición dos portos galegos de descarga elementos identificativos consistentes en etiquetas plásticas de cor verde e dun só uso que se colocan na cola do peixe, unha diferenciación que aporta valor engadido ao produto ao ser a garante de que se trata de bonitos de orixe artesanal. A finalidade é promo-

PescadeRías “de onde se non” avala os produtos da pesca de baixura e do marisqueo que se desembarcan a diario nos peiraos galegos.

cionar unha das especies estacionais máis importantes para a frota galega, que se captura fundamentalmente entre xuño e setembro, pero que ten os meses de xullo e agosto como os que concentran o maior volume de actividade. A principal mostra da relevancia desta especie son os datos de vendas en lonxa, que acadan importantes cifras nos últimos exercicios, con máis de 1.500 toneladas comercializadas nos centros de primeira venda de Galicia e máis de seis millóns de euros facturados. De feito, o prezo medio dese prezado peixe adoita superar os catro euros o quilo. Destas cifras, a lon-xa de Burela acostuma a concentrar arredor do 60% ao ser o principal porto de descarga de bonito de Galicia. No que vai da actual campaña os datos seguen a liña de exercicios anteriores pois os pesqueiros de-sembarcaron xa nos portos galegos máis de 430 toneladas desta especie, segundo a Plataforma Tecnolóxica da Pesca, dependente da Consellería do Mar. Esas vendas supuxeron xa uns ingresos de preto de 1,9 millóns de euros ao roldar o quilo de bonito os 4,4 euros.

A importancia da promoción A estas campañas específicas de promoción dos produtos do mar de tempada, a Consellería do Mar suma outras que desenvolve durante todo o ano para a divulgación dos valores nutricionais de todos os peixes e mariscos galegos, tanto frescos como en conserva, entre os máis novos. Exemplos diso son as iniciativas “Ponlle as pilas ao teu bocata” ou “O sabor da aventura está no mar”, que chegaron a máis de 110.000 alumnos dos colexios galegos desde a súa posta en marcha. Consciente da necesidade de darlle continuidade a esas accións unha vez que os nenos se fan maiores e abandonan a casa familiar, se independizan, o departamento que dirixe Rosa Quintana vén de adxudicar unha campaña de promoción para fomentar o consumo de produtos do mar na franxa de idade que vai dos 18 aos 30 anos. Esta iniciativa emprega un novo xeito de promoción ao recorrer ás redes sociais para difundir os beneficios dos produtos do mar entre a xente nova. Pero á marxe das campañas promocionais, Galicia conta tamén co distintivo Pescaderías “de onde se non”, creado pola Xunta para resaltar a frescura, a procedencia da pesca artesanal e a calidade dos produtos que ampara, co que os compradores contan coas máximas garantías de que o pescado e o marisco que adquiren cumpre os máximos estándares de calidade que se lles pode exixir. Este selo avala as capturas da frota de baixura e garantiza unha frescura superior ao identificar a procedencia, certificar a proximidade dos caladoiros aos portos (o que avala a súa recente captura) e unha pesca totalmente respectuosa co medio ao tratarse de embarcacións de pequenas dimensións que empregan artes de pesca moi selectivas. Trátase de garantías totais pois contan ademais con sistemas de verificación periódicos nos puntos de venda que permiten que o produto certificado non perda a súa garantía de calidade.

Barrios 29 de agosto 2019



Estas campañas e accións de promoción da Xunta fanse especialmente necesarias nunha comunidade que comercializa ao ano nas súas lonxas arredor de 180.000 toneladas de produtos do mar De feito, todos os operadores que interveñen na preparación, comercialización e transformación das variedades incluídas en PescadeRías “de onde se non” deben estar certificados, o que evita fraudes de comercialización de produtos foráneos identificados erradamente como procedentes de Galicia. Este distintivo diferenciador dos produtos do mar galegos certifica a procedencia e as características das distintas variedades de peixes, bivalvos (como ameixa ou berberecho), crustáceos (como a centola ou a nécora), cefalópodos (como o polbo ou o calamar), algas e equinodermos (como o ourizo de mar) e son comercializados por empresas radicadas en Galicia. Estas especies poden aparecer no mercados ademais de frescas, conxeladas, en conserva ou precociñados. PescadeRías “de onde se non” avala os produtos da pesca de baixura e do marisqueo que se desembarcan a diario nos peiraos galegos, o que certifica que no momento da súa primeira venda levan menos de 24 horas fóra do medio mariño. A esa garantía súmase o feito de que os profesionais que extraen eses peixes e mariscos empregan técnicas moi respetuosas co medio ambiente e que apenas inciden nos exemplares capturados, polo que contan cunha elevada calidade. Un sector de grandes cifras Estas campañas e accións de promoción da Xunta fanse especialmente necesarias nunha comunidade que comercializa ao ano nas súas lonxas arredor de 180.000 toneladas de produtos do mar. O obxectivo é que os profesionais do mar obteñan mellores rendas polo seu traballo gracias á valorización do produto e a través da mellora da súa cotización nos

centros de primeira venda. Estas accións permitiron que as lonxas galegas marcasen en 2017 o seu récord de facturación ao superar os 500 millóns de euros de ingresos, unhas cifras que estivo a punto de acadar o ano pasado, cando a cifra de negocios superou os 490 millóns de euros. As macrocifras do sector pesqueiro e marisqueiro de Galicia débense á grande variedade de produtos extraídos da despensa que é o mar froito dunha xestión racional e sustentable. Exemplo diso é tamén o sector marisqueiro, que o ano pasado marcou a mellor cifra desde que hai datos en canto a facturación, con máis de 86 millóns de euros ingresados e 9.500 toneladas comercializadas de moluscos bivalvos. No reparto por provincias, Lugo, a pesares de ter moita menos costa que as outras dúas provincias con litoral de Galicia, concentra unha boa parte das vendas e da cifra de negocios das lonxas galegas con máis de 34.000 toneladas poxadas en 2018 e preto de 120 millóns de euros ingresados. Unha actividade na que destacan sempre especies como o bonito do norte ou a pescada do pincho, pero na que tamén teñen unha aportación vital outros recursos como a xarda, a sardiña, a anchoa, o lirio ou calquera das ducias de especies pesqueiras e marisqueiras que extraen os profesionais do mar de Galicia.

Etiqueta plástica de cor verde que garante que se trata de bonitos de orixe artesanal.




Barrios 29 de agosto 2019

CIDADE

Catro colexios da cidade lucirán melloras no novo curso escolar 4 A Xunta inviste 2,5 millóns de euros. Panorámica da praza 200 coa festa da escuma. /AVV.

A AVV As Termas empápase de escuma 4 Na actividade “Verán no barrio”. Redacción A Asociación de Veciños As Termas organizou, xunto coa colaboración da Concelleria de Participación Cidadá e a Concelleria de Asuntos Sociais, unha actividade que leva por nome “Verán no barrio”. Na Praza 200 reuníronse un cento de cativas e cativos para participar desta

actividade, que non era outra que a de mergullarse nunha “piscina” de escuma. Unha cita á que non dubiraron en sumarse tamén maiores e na que houbo xogos, deslizante acúatico e a devandita festa da escuma. Unha xornada de lecer coa finalizade de dinamizar o barrio e fomentar a convivencia veciñal.

EN BREVE 4 OUFF

4 Recepción

A segunda edición do OUFF en Curto, o certame de curtametraxes do Ourense Film Festival, recibe o dobre de aspirantes que na pasada convocatoria, con ao redor dun cento de traballos rexistrados para participar no concurso. Deles, a organización do OUFF 2019 seleccionou 17 curtametraxes e 9 videoclips que poderán verse do 27 de setembro ao 5 de outubro no OUFF e que competirán por un total de 4 premios.

O concelleiro de Recursos Humanos do Concello de Ourense e vicepresidente segundo da Deputación, Armando Ojea, recibiu na Casa do Concello unha delegación da comunidade senegalesa da nosa cidade, coincidindo coa visita a Ourense do Serigne (xefe -o seu cargo sería o equivalente ao Papa da comunidade católica apostólica romana- do Muridismo, a vertente do Islam en Senegal) Mame Mor Mbacke.

4 Cooperativismo A Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) organiza, o 20 de setembro, a Feira do Cooperativismo. Unha iniciativa para “fomentar entre a sociedade ourensá os valores da economía social e o cooperativismo”. O evento terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

4 Educación O CEIP Virxe de Covadonga vén de ser seleccionado para desenvolver a iniciativa Educación Responsable, para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade, que a Consellería de Educación realiza en colaboración coa Fundación Botín.

Redacción A Xunta de Galicia invistiu este verán 2,5 millóns de euros para que catro centros de ensido da cidade luzan as súas mellores no curso que está a piques de comezar. A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou esta semana as obras do CEIP de Prácticas (rehabilitación integral) e o CIFP Portovello (rehabilitación enerxética), para comprobar o avance das mesmas. A obra de rehabilitación integral que se está a desenvolver no IES do Couto (adxudicada por 842.000 euros) e a cubrición e peche da pista deportiva no CEIP Plurilingüe Irmáns Villar (358.000 euros) completan os grandes investimentos do Goberno autonómico en infraestruturas educativas este verán na cidade das Burgas. Actuacións A actuación no CIFP Portovello estará rematada para o inicio do curso escolar. Porén, as do

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, vistanto as obras do CIFP Portovello. /RAMSÉS. CEIP de Prácticas e IES O Couto, tendo en conta que se trata de obras de rehabilitación integral, unha parte dos traballos desenvolverase durante o curso escolar. A rehabilitación integral do CEIP de Prácticas suporá un investimento de 916.000 euros e permitirá acadar un aforro do 28,28% no consumo de enerxía primaria non renovable e do 23,96% en emisións de CO2. Neste centro a obra contempla a colocación de panel sándwich na cuberta do edificio princi-

pal e o illamento térmico na cara superior do forxado do baixo cuberta. Así mesmo instalaranse novas persianas na planta baixa e substituiranse as luminarias por unhas novas de alta eficiencia enerxética. Ademais colocaranse ventás de vélux no faldón da cuberta, cubriranse tres patios interiores, limparase a fachada, instalaranse falsos teitos acústicos nas aulas, mudarase a carpintería interior da segunda planta, pintarase o interior de todo o centro e pulirase o pavimento de terrazo. Tamén

se farán uns aseos infantís na planta baixa e cambiarase a valla de separación co IES 12 de Outubro. Mellora enerxética Cun orzamento de adxudicación de 453.104,3 euros, a obra no CIFP Portovello inclúe, tal e como explicou a conselleira, actuacións dirixidas á mellora da eficiencia enerxética do edificio, tales como a incorporación de illamento nas fachadas e na cara superior do forxado da cuberta, a substitución de parte da carpintería exterior, ou o cambio da caldeira existente por unha nova de biomasa e melloras puntuais da instalación de calefacción. Así mesmo repararanse e vernizaranse os elementos de madeira e a carpintería interior, e mudaranse os falsos teitos das aulas por teito acústico, entre outras actuacións. Horario A Conselleira de Educación, aproveitou á súa visita á cidade para asegurar que oito centros educativos modificarán o seu horario para a conciliación familiar.

As obras do CEIP de Prácticas e IES O Couto continuarán durante o inicio do novo curso


VERÍN E COMARCA

Maior conexión entre Chaves e Verín 4 Lanza o transporte urbano transfronteirizo. Redacción Ata finais deste ano 2019 o transporte urbano transfronteirizo Chaves-

Verín será unha realidade. O novo servizo permite pór a disposición dos eurociudadáns un servizo de transportes discrecio-

nal nos días de maior necesidade de mobilidade transfronteiriza. Concretamente, nos días de feira das dúas cidades, de Chaves e Verín, e nos días de realización dos principais eventos dos dous municipios. Este servizo é gratuíto. A adquisición dos billetes pode ser online (avtamega.com) ou no propio autobús ao comezo do servizo e durante a paraasociación animalista. A xornada tivo animación cunha discomóbil, inchables para os cativos, actuacións de artistas.

Exhibicións na Festa Pro Animais.

Medra o interese polas adopcións de animais 4 Verín celebrou a Festa solidaria Pro Animais. Redacción Cada ano que pasa a Festa solidaria de Pro Animais Verín crece. Crece en aportacións solidarias e crece no interese en adop-

tar algún animal. A Praia Fluvial de Verín, celebrouse a edición deste ano, unha xornada organizada coa colaboración do Concello de Verin na procura de fondos para a

Valoracións Nieves Gascón, responsable de Pro animais Verín, destacaba a súa ledicia tras esta edición, xa que “aumentou notoriamente a participación. Notouse tanto na asistencia como nas doazóns que se realizaron”. Ademais, destacou que “algúns dos animais que desfilaron no desfile canino conseguiron espertar o interese dos asistentes e xa se iniciaron conversas para a súa posible adopción”. Pola súa banda, Purificación Caldelas, concelleira de Desenvolvemento Rural e Medioambiente quixo agredecer a asociación “a impagable labor” que realiza na comarca devandita asociación en prol da defensa dos dereitos dos animais.

Rapaces disfrazados de Capitán América no desfile da Ludobatucada.

Ludobatucada Un total de 119 nenos e nenas participaron no desfile da Ludobatucada de Verín que tivo lugar o pasado 26 de xullo dentro da programación da Batucada 2019. Déronse cita na praza do Concello para lucir os disfraces de heroes e heroínas que levaban días preparando coa axuda dos monitores e monitoras. O alcalde, Gerardo Seoane, e a concelleira de cultura, Emilia Somoza, recibíanos antes de comezar o desfile. Ao son da Banda de Gaitas de Verín os nenos e as nenas recorreron as rúas Laureano Peláez, rúa Lisa e praza Maior. A festa continuou despois no colexio Amaro Refojo.

Barrios 29 de agosto 2019



da intermedia na sede da Eurocidade, se houbese dispoñibilidade de prazas. A proba Este servizo de transporte estará a proba ata final de ano. A creación dunha liña regular na fronteira luso galega, dependerá da demanda que teña nestes meses que se entenden de proba para mellorar nun futuro.

Presentación do transporte urbano transfronteirizo entre Chaves e Verín.


10

Barrios 29 de agosto 2019

VERÍN E COMARCA

Aumentan os visitantes á Feira do Viño de Monterrei 4 Realizáronse máis 28.000 degustacións. Redacción A XIV Feira do Viño de Monterrei superou as expectativas e logrou aumentar o número de visitantes con relación a edi-

de

cións anteriores. Desde a organización confirma que realizáronse máis de 28.000 degustacións nas tres xornadas que durou a feira, o que supón un incremento do 12% respecto

Brindis nunha caseta na Feira do Viño. /RAMSÉS.

ao ano pasado. A presidenta do Consello Regulador, Lara da Silva, falaba de cita “consolidada” e de que cada vez son máis a xente moza que acude á feira. 16 adegas inscritas a denominación participaron na edición deste ano. Medallas A Cofradía dos viños de Monterrei distiguiron este ano a catro persoas como novos membros. Estes son: Paula Vázquez Rocha (técnica de viticultura da Oficina Agraria Comarcal), Luis Cid Congil (periodista e impulsor do Museo Claustro Mercedario de Verín, que cuenta con un área dedicada a la D.O. Monterrei), Monseñor José Leonardo Lemos Montanet (obispo de Ourense) e José Manuel Baltar Blanco (presidente da Deputación de Ourense).

Instalación do mural na praza García Barbón.

Roteiros para coñecer a comarca 4 Son 15 alternativas. Redacción Verín estrea un roteiro patrimonial e medioambiental con 15 alternativas de ocio. 15 rutas -a maioría delas circularescon contido patrimonial e medioambiental están a disposición para todos os visitantes da praza García Barbón de Verín

mediante un mural xigante. Nelas se pode acceder, mediante a lectura en código QR, ás direccións web onde están aloxados os roteiros con trazado GPS e cunha pormenorizada descrición. Os paseos están deseñados cun carácter familiar e formativo para que poidan ser abordados por ne-

nos e maiores. O mural contén toda a información necesaria para chegar vía GPS ata o punto de inicio e para seguir a ruta, así como a descrición e guía detalladas de cada visita. O roteiro da Pousa contén tamén sinalizados os antigos pozos de baño do Támega en Verín, hidrónimos tradicionais que é necesario conservar mediante as novas tecnoloxías. Roteiro da Pousa O roteiro da Pousa contén tamén sinalizados os antigos pozos de baño do Támega en Verín, hidrónimos tradicionais que é necesario conservar mediante as novas tecnoloxías. Monterrei polos camiños reais; Verín e San Lázaro, un paseo por pedras centenarias; ou Ruta do bufo do Pozo do Demo, son so algunhas das opcións.

Datas de presentación de solicitudes e de matrícula 2019/2020 no IES García Barbón 1.- Estudos de Bacharelato. O prazo da convocatoria extraordinaria é do 1 ao 10 de setembro para formalizar a matricula neste instituto. 2.- Ciclos Formativos de Formación Profesional Específica (FPE). No prazo extraordinario –só para os ciclos de grao medio- podemos presentar a solicitude do 2 ao 10 de setembro. A matrícula poderá realizarse do 18 ao 20 de setembro (ás 13 horas). Web para realizar o proceso de admisión en Formación Profesional (Grao Medio) https://www.edu.xunta.es/ciclosadmision/ Vídeos ilustrativos dos ciclos de Formación Profesional que se imparten no centro: http://www.edu.xunta. gal/centros/iesgarciabarbon/node/565 3.- Formación Profesional Básica (FPB). A presentación de so-

licitudes para os estudos de Formación Profesional Básica poderá realizarse do 1 ao 12 de setembro. 4.- Educación Secundaria de Adultos (ESA). A matrícula é do 1 ao 12 de setembro. 5.- Aula Mentor. A matrícula nestas ensinanzas - que se imparten a través de plataformas

en internet- está aberta todos os días do ano. Para solicitar información poden escribir un correo a: secretariobarbon@gmail. com As datas que se facilitan son orientativas en función das publicadas en anos anteriores. Consultas Lembrade, por último, consultar a nosa páxina web http://iesgarciabarbon.es/, o noso Facebook https://www.facebook. com/iesgarciabarbon/ e os nosos recursos de titoría específicos, sexan tanto para mellorar os hábitos e técnicas de estudo (http:// xurl.es/hte ) como para promover unha formación plena (http://xurl.es/fple).


VERÍN E COMARCA

Un sistema de monitorización para Noa

Presentación do cartel do FIC 2019.

O FIC Vía XIV 2019 xa conta con cartel 4 Obra do publicista José Antonio Velasco. Redacción O Festival Internacional de Curtas (FIC Vía XIV) xa conta con cartel para a edición deste ano, obra do publicista, José Antonio Velasco. Na presentación do mesmo, Carlos Montero, director do certame, apuntou que o concepto creativo “está inspirado nunha fonda fenda da nosa terra: a da emigración, a da busca desesperada dunha oportunidade”. Precisamente,

O Balneario de Caldelinas, en 3D Redacción Unha reconstrucción con animacións dixitais en 3D recrea o Balneario de Caldeliñas no seu momento de maior esplendor. A aplicación gratuíta “Time Trip Caldeliñas”,

o da Emigración é un dos eixos temáticos arredor dos cales o FIC Vía XIV sustenta a súa programación (xunto aos de Entroido e Fronteira). Baixo a denominación Soños ao voo, o deseño realizado para a cuarta edición do festival verinés representa a abstracción dunha inmensa bandada de paxaros nos seus ciclos de migración. O FIC terá lugar do 30 de novembro ao 8 de decembro.

deseñada pola empresa Xoia Software Developement, faino posible. Esta aplicación utiliza un sistema de peanas, recreacións 3D e completa información explicativa o que permite -con tan só un xesto- trasladarnos a través das distintas estancias e escenas da vida diaria do histórico balneario a principios de século.

Alcalde, Seoane, e Tenente de alcalde, Lourenzo, cos creadores da aplicación.

4 A Fundación Amigos de Galicia conségueo ao reunir máis de 12 millóns de tapóns de plástico. Redacción Máis de 12 millóns de tapóns de plástico fixeron posible que Noa, nena verinesa de 3 anos, teña por fin un sistema de monitorización de glicosa. A Seguridade Social non finanza este sistema a menores de catro anos, polo que o custe do mesmo (ascende aos 3.197 euros) era imposible de sufragar pola súa familia. Foi por iso polo que a Fun-

dación Amigos de Galicia emprendía no mes de abril unha campaña de recollida

Barrios 29 de agosto 2019

de tapóns de plástico para poder sufragalo. En total recolléronse 12.184.200 unidades. En setembro a pequena comeza o colexio; para a nai é unha tranquilidade saber que “estará controlada” e que calquera anomalía “chegarame ao móbil”, aseguraba. “Só temos palabras de agradecemento para a Fundación Amigos de Galicia e para todas as persoas que colaboraron nesta campaña, para nós esta axuda significa moito”, remataba a nai.

Acto de entrega do sistema monitorizado a Noa.

11

BTT Monterrei Redacción Este domingo, 1 de setembro, celébrase a XI Marcha BTT de Monterrei. A mesma, ofrecerá aos participantes dous posibles percorridos de 62 e 42 quilómetros, de dificultade media-alta e de dificultade media, respectivamente. A proba, que comezará ás 9.30 horas, discorre por pistas veciñais e camiños rurais de diferentes localidades do municipio. Ambas rutas solápanse durante unha parte do percorrido que pasa tamén polos municipios de Oímbra, Verín e Portugal. Os interesados en participar poden anotarse en sportmaniacs. Os prezos da inscrición son de 15 euros para as rutas longas e curtas con xantar incluído, e 12 euros para os acompañantes, e de 5 euros para as rutas longa e curta pero sen xantar. Convenio Por outra banda, o Concello de Verín e o Club Ciclista “Bicicletas Chinquena Racing Team” veñen de subscribir un convenio de colaboración co obxectivo de promocionar e fomentar o ciclismo no municipio. O acordo foi rubricado esta mañá polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e polo presidente do club, Javier Estévez Estévez. Así, o Concello asume aportar a cantidade de 1.650 euros que serán destinados a sufragar os gastos relativos ao fomento e desenvolvemento de actividades e/ou proxectos sociocluturales ou de promoción turística e deportiva no municipio, que poidan ser considerados de interese xeral polo Concello.

Cartel da XI Marcha BTT de Monterrei.


12

Barrios 29 de agosto 2019

Especial CONCELLO DO CARBALLIÑO

Fetega levantará o telón no Carballiño 4Do 2 ao 6 de setembro en diversos lugares da vila. Redacción A trixésima edición do Festival de Teatro Galego “Celso Parada”, que se desenvolverá no Carballiño do 2 ao 6 de setembro, inclúe unha ducia de citas con destacadas compañías galegas, ademais de monólogos, animación de rúa, coloquios, obradoiros e a entrega dos premios Dorotea Bárcena No auditorio, ás 22 horas, terán lugar as cinco producións teatrais máis destacadas. Na sesión do venres terá lugar a Gala e entrega de premios Fetega

“Dorotea Bárcena”. No anfiteatro da Veracruz, ás 19 h., terán lugar os cinco espectáculos programados vencellados co circo. Na Casa da Cultura, ás 12 da noite, haberá catro sesións de monólogos, así como unha obra infantil e unha mesa redonda-coloquio de creadoras. E, finalmente, en horarios de mañá e tarde, ás 12 e 18 h. dende a Casa da Cultura, haberá pasarrúas de animación pola vila, e ás 21,30 h., fronte ao auditorio.

Operario traballando de soldador nunha nave.

“Carbaemprego 2018” funciona 4 Atopou emprego a 55 persoas ata o de agora. Redacción

Presentación da 30 edición do FETEGA.

Éxito da mini BTT

O Concello do Carballiño leva dende novembro traballando a inserción sociolaboral de 100 persoas que participan do Programa Integrado de Emprego de Galicia “Carbaemprega 2018”. Buscouse mellorar a empregabilidade dos demandantes de emprego a través de cursos que

conseguiron, en moitos dos casos, incorporalos ao mercado laboral. Ata o momento, ademáis dos cursos de mellora da procura de emprego, realizáronse as formacións en Soldadura, Carretilla Elevadora, Manipulador de Alimentos, e actualmente se está realizando a formación en Prevención de Riscos Laborais. Durante este mes come-

zará tamén o certificado de profesionalidade en Actividades Auxiliares de Almacén que permitirá a incorporación laboral de desempregados no sector loxístico. O concelleiro de emprego, Manuel Dacal, resalta a importancia deste programa debido a que neste momento, están traballando 55 participantes en diferentes sectores e postos, na que destaca a colaboración de Talleres DIZMAR, neste e en anteriores programas, que incorporou 7 usuarios na súa plantilla. Dúas persoas máis foron incorporadas en GRI Towers. Non houberan realizado a súa reciclaxe profesional no sector do metal se non fóra pola eficacia dos cursos de soldadura impartidos por Eurofirms e Inneria Solutions. Entre as persoas que están activas hai autónomos, que recibiron asesoramento no seu proxecto emprendedor, operarios industriais, camareiros, albaneis, administrativos, dependentes e incluso un investigador nunha universidade inglesa. Vendo os resultados obtidos nesta edición, o concelleiro anuncia que se solicitou a subvención para poder realizar unha nova edición do programa.

4Participaron preto de 400 ciclistas de toda Galicia. Redaccion A terceira edición da Mini BTT Concello do Carballiño, organizada polo Club Ciclista Carballiño en colaboración co concello, concregou ao redor de 400 nenas e nenos participantes, con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos, procedentes de toda Galicia, e tamén de Portugal, o que supuxo que, este pasado domingo 25 de agosto, houbera preto de 1.500 persoas de fóra da vila acompañando aos deportistas. Un total de 16 probas, dende benxamín a cadete, e tanto masculinas como

femininas, que tiveron lugar en circuitos do parque municipal adaptados a cada categoría, e nos que compiten tanto nenas e nenos federados como principiantes. Roberto Rodríguez, organizador, destacou que participaron 22 nenos e nenas do Carballiño como unha proba para ver se poden continuar no club e participar noutros eventos, do mesmo xeito que o fixo Marcos Rodríguez, que é xa todo un campión. Engadir que esta proba lúdico-deportivo forma parte do circuito galego de Mini BTT

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, revisando as obras en Mudelos.

Obras de asfaltado a Mudelos As obras do novo asfaltado a Mudelos atópanse moi avanzadas, como comprobou o alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Obras, Rogelio Otero, nunha visita realizada nestes últimos días. Trátase dun proxecto contemplado nos Plans Provinciais do 2018, que, malia a ter un presuposto de licitación de algo máis de 73.000 euros, foi adxudicado por 52.967 euros, dos cales 34.622 os aporta a Deputación Provincial e os 18.344 euros restantes o Concello do Carballiño. Esta obra, que mellora significativamente o acceso a Mudelos, ampliando as marxes da calzada, é unha primeira fase doutro proxecto de asfaltado entre esta parroquia e Paziños, que se realizará posteriormente.

Presentadas as Festas do San Cibrao Redacción Francisco Fumega e o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, presentaron as festas patronais que animarán a vila do 13 ao 19 de setembro. O grupo folk Treixadura, a orquestra-espectáculo Panorama, un concerto tributo a Héroes del Silencio, a banda de música de Vilatuxe e unha gran sesión de fogo, son os reclamos principais destas festas, que contarán con sete orquestras, tres charangas, dúas bandas e dous concertos, ademáis de actividades infantís. O cartel das festas foi realizado polo pintor Camilo Caamaño Xestido. Trátase dun cartel realizado a partir de fragmentos dun gran mural pintado por Camilo Caamaño sobre o templo da Veracruz, xa que, según o pintor, “o templo da Veracruz é un referente do Carballiño e non precisa de aditamentos para expresar a súa grandiosidade e simboloxía”. Programa O programa festivo comeza o día 13, no que destaca o concerto do grupo folk Treixadura na Praza Maior. O 14 haberá pasarrúas coas charangas Doctor Anchoa e Castro Vello. A verbena correrá a cargo da orquestra-espectáculo Claxxon, e tamén haberá un concerto tributo a Héroes del Silencio. O 15 concerto da banda de música de Vilatuxe, e pola tarde e noite verbena coas orquestras Alianza e Israel. A charanga CLK ofrecerá pasarrúas. O 16, día de feira, actuarán as orquestras Compostela e Ritmo Noche, e terá lugar a sesión de fogo voador coa Pirotecnia Josman na explanada do parque municipa. E o día 17, festividade do San Cibrao, haberá un concerto da banda de música do Carballiño e as actuacións das orquestras Panorama e Pontevedra. O día 18 será o Día do Neno nas atraccións.


O CARBALLIÑO E COMARCA

ras que debían de darlle sentido a ese día cortando preto de 150.000 quilos de polbo para as máis de 100.000 persoas que encheron tanto o parque como os restaurantes de toda a vila. Así mesmo, nas datas nas que se celebra é imposible evitar que miles de turistas se acheguen de toda Galicia en multitude de autobuses para degustar este cefalópodo que se serve como nunca nesta vila do interior de Galicia.

Pulpeira servindo o polbo aos numerosos asistentas ás festa. /RAMSÉS.

A Festa do Pulpo supérase 4Cada ano bate récords de asistencia e de quilos consumidos de polbo. Redacción Este titular de seguro que será válido para o ano que vén. Outro ano máis, e xa van 57, esta

edición da Festa do Pulpo do Carballiño volveu superar todas as expectativas. Tras unha semana previa de festexos e actuacións chegou o segun-

do domingo de agosto, data na que se celebra o día grande. Este ano coincidiu a día 11 e o parque Municipal da vila acolleu as polbei-

A tapa máis grande Como antesala do día grande, o martes anterior volveuse servir a tapa máis grande do mundo de polbo, superando o récord do ano pasado. Se a anterior tapa tiña 350 quilos e tardouse pouco máis de 10 minutos en elaborala, a deste ano incluiu 450 quilos e levou 11 minutos cociñala nun prato de madeira con máis de cinco metros de diámetro. Veremos a onde chegan o ano que vén.

Barrios 29 de agosto 2019

Outros actos Dentro do programa da semana previa de festexos que acolleu a Festa

A tapa deste ano contou con 450 quilos de polbo e tardou 11 minutos en cociñarse

13

do Pulpo 2019 atopamos as Xornadas Internacionais de Folklore o mércores 7 de agosto, a actuación de Treixadura co seu espectáculo “Xira Inda Canto!” o xoves 8 e a Festa das Camisetas o sábado 10 onde as peñas invadiron a vila coas suas coloridas e estampadas camisetas, a cada cal máis orixinal.

Un camareiro condimentando o polbo. /RAMSÉS.


14

Barrios 29 de agosto 2019

DEPORTES

O Ourense CF, o único que gaña

Sala Ourense Redacción O Sala Ourense vén de xogar dous partidos nos últimos días de cara a chegar nas mellores prestacións ao incio ligueiro de Segunda B; a mesma dará comezo a mediados de setembro (na fin de semana do 14 e 15). A pasada fin de semana xogaba nos Remedios o Trofeo Nissan Roferourense ante o Vigo Fútbol Sala. Os de Kike García non tiveron opción de facerse co trofeo e caeron derrotados por un contundente 0-4. Días máis tarde, o conxunto capitalino trasladabase ata terras do Arenteiro para enfrontarse ao GRI Carballiño na primeira eliminatoria da Copa Galicia. A pesar de que se adiantaron os locais, o Sala Ourense non tivo rival e finalmente venceu por un claro 4 a 7. Tralo gol inicial os ourensáns danlle a volta ao marcador con dous goles antes do descanso (1-2). No segundo tempo tres goles máis en 10 minutos deixaban unha vantaxe casi definitoria para os visitantes (1-5). Antes do final, cinco goles máis no Paco Chao deixaban o definitivo 47. Ao Sala Ourense agardao agora o Pizarras Los Tres Cuñados na seguinte rolda. Torneo Castanha Os ourensáns teñen esta fin de semana unha nova cita. Nesta ocasión trasládase ata Carrazedo Montenegro (Portugal) para disputar o “III Torneio da Castanha”. Será un triangular que se disputará o sábado 31 de agosto. O primeiro encontro o enfrontará ao Abeira Douro (17.30 h) e no segundo terá como rival ao anfitrión, Carrazedo Montenegro (19.30 h). Ámbalas dúas horas son en horario portugués.

4 Os outros tres equipos ourensáns non pasaron do empate. Redacción Connor Wood. /COB.

Pasiño a pasiño O Club Ourense Baloncesto conta con nove xogadores en plantilla, que serán 10 en breve. As últimas incorporacións trátanse do canadiense Connor Wood e do serbio Darko Balaban. Wood, que aportará tiro exterior, chega da Pro B francesa onde militou a pasada campaña no Quimper (cidade irmanada con Ourense). O xogador, que pode facer de aleiro e escolta, promediou o pasado curso 8.9 puntos, 1.9 rebotes e 1.5 asistencias cun 42.4% en tiros de tres. Pola súa banda, Balaban é un pivot de 2,11 m que chega de Melilla, polo que coñece a Liga, onde promediou 7,6 puntos e 4,6 rebotes por encontro. Agora o club tenn que pechar a plantilla cun pívot solvente e un xogador de complemento.

A Terceira división de fútbol deu o pistoletazo este ano coa primeira xornada de liga. A mesma deixou a un Ourense CF que deu un golpe na mesa ao lograr a vitoria diante dun dos favoritos a estar loitando polo playoff de ascenso: o Bergantiños. Os de Fran Justo golearon aos coruñeses por tres goles a cero, aínda que antes tiveron que sufrir. Non foi ata o último cuarto de hora cando os albinegros puxéronse por diante no marcador con gol de Antón. A partir dese momento, os visitantes viñéronse abaixo o que aproveitaron os locais para sumar dous goles máis (obra de Wadir e Castro). Con este resultados o Ourense CF é segundo.

No derbi ourensán reparto de puntos. En Espiñedo enfrontabanse Arenteiro e Barco; os locais foron quen de lograr o empate, no segundo tempo, despois de que os valdeorreses lograran na primeira metade adiantarse no marcador. UD Ourense A Unión Deportiva Ourense tamén logrou anular a vantaxe do Paiosaco (1-0) con gol de Marquitos, o que fai que regresen a casa cun punto (1-1). Vindeira xornada A UD Ourense debuta no seu estadio esta fin de semana diante do Arousa (domingo, 19 horas). O Barco tamén será local contra o Alondras (18.30 horas). Pola súa banda, o Arenteiro visita ao Bergantiños e o Ourense CF fai o propio contra o Fabril.

Partido entre Paiosaco e UD Ourense. /YEDRA SEARA.


ARTIGOS / CLASIFICADOS

Barrios 29 de agosto 2019

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº104 - Ano: XII - 29 de agosto de 2019 - Difusión: 15.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4AXENDA Exposicións - Do 5 ao 20 de setembro - Exposición colectiva do XV Certame de Artes Plásticas - Centro Cultural Marcos Valcárcel Teatro - 28 de setembro - Espectáculo “Cómico” de “El Brujo” - 20.30 h. Auditorio Municipal do Carballiño Deportes - 1 de setembro - IX Marcha BTT Concello de Monterrei - 9.30 h. Monterrei - 1 de setembro - Carreira e Andaina Popular de Maside - 10 h. - Maside - 1 de setembro - III Torneo Popular Amateur de Volei Praia - Oira - Do 2 ao 6 de setembro - I Campus de Patinaxe en Línea - 9.30 h. - Ben Cho Shey (Pereiro de Aguiar) - Do 2 ao 8 de setembro - Torneo de Verán P21 Pádel Club - Instalacións Pádel P21 (Ourense) - 7 de setembro - Andaina Saudable Centro Médico El Carmen - Ruta Parque Botánico de Montealegre - 11 h. - Ourense - 7 de setembro - Cronoescalada Subida Ó Furriolo - 17.30 h. - A Bola - 7 e 8 de setembro Copa Deputación de Tiro Olímpico - Club de Tiro Olímpico Eiroás - 8 de setembro - Correndo por Ourense - Carreira da Universidade 11 h. - Zona Universitaria Outros - 20 de setembro - Monólogos de Miguel Lago - 21.30 h. - Auditorio Municipal de Ourense www.periodicobarrios.com

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Bares canallas (1ª parte) O amigo Manolín dixome este verán que os “bares canallas” están en perigo de extinción. Nos, que practicamos os antros de luxo, fuxindo das excentricidades do modernismo, buscamos a miúdo con sutileza e sin complexos, aqueles garitos onde nos atopamos felices e a gusto. Maquinando, axitóuseme o corazón, cando o maxín, levoume o meu pobo, onde por sorte, “bares canallas”, como di o meu amigo do sur, había dabondo. O calificativo canalla, soa algo forte, pero sen dúbida, refírese a maxia e trasgo, que antano flotaba no ambiente naquelas tabernas enxebres, que particularmente boto tanto de menos. Cando era un cativo, as veces, ía co meu pai os “teatros públicos” do barrio, porque daquela, a función comenzaba xa pola mañá e remataba na madrugada. Xurdían alí, as máis inesperadas parodias reais dun tempo inesquecible. Os veciños arrimabanse aos mostradores gastados por mil batallas, humidecidos polo viño sobrante que rebosaba das tazas de louza branca, servido con xenerosidade. Era aquel viño nobre de Monterrei sen denominación de orixe, pero leal, honesto e auténtico, que deixaba a un lado a falsidade dun orixen e que ,por certo, sabía a gloria bendita. Os taberneiros, eran homes e mulleres de oficio, pacentes directores das improvisadas come-

dias que cada día nacían espontáneamente e a calquera hora. Eran lugares onde acodían personaxes célebres da vila, ocupando sempre o mesmo recuncho, coma se non foran quen de tomar un viño noutro lugar que non fora aquel de toda a vida, xeitos de vivir, que os demais respetaban relixiosamente, porque o sitio de fulanito era o sitio de fulanito..¡¡ ”Xa me entenden¡¡. As pandillas pululaban de bar en bar, con armonía e saudade, creando un ambiente extraordinario. O percorrido era sagrado e ninguén trocaba o guión establecido. A ledicia, o bo humor e a cordialidade eran unha norma perpetua no tempo. O camiño de bar en bar facíase afable porque un xa tiña a idea de que alí ía toparse co sorriso do cantineiro de turno, que demostraba o seu agradecemento con naturalidade. Quen non lembra o bar “bicho” do señor Luis, o bar “deportivo” do añorado señor Pepe ou a tasca do Caneda rexentada polo señor Sergio?. Sei a boa fe que non esqueceredes xamais o “Cesteiro” coa señora Mercedes ao fronte, o bar “Alfonso” das noites eternas de inverno, o “Chispa” co sorriso dun cigarron temible na parede, as comidas do “bar Pepe”, ou o antigo restaurante “Zapatillas” da miña alma. (Continuará no seguinte número). Miguel A. Prieto “Chitín”

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

TRABALLO

INMOBILIARIA

VENDAS

Ofrécese auxiliar con experiencia para coidar enfermos pola noite en hospital e domicilio. Tamén toda a fin de semana a tempo completo. Tel: 616 361 548. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Busco mozo como asistente persoal con certificado de atención a persoas en situación de dependencia ou con auxiliar de enfermería. Boas condicións laboraia Tel.: 679 699 508. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Tel.: 620 052 173. Danse clases particulares de matemáticas a domicilio (en Ourense capital). Todos os niveis. Contacto. whatsapp: 610. 38 25 89; e-mail: clasesadomicilio2014@ hotmail.com.

Busco finca en aluguer. Pequena, pechada e próxima á cidade. Tel: 671 900 272. Busco apartamento ou estudo para alugar. En Ourense cidade ou onde chegue o bus. Económico Tel: 659 538 549. Alúgase apartamento en Montalvo con dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo chalet en xullo e agosoto a 2 km de Sanxenxo. Baixo, tres habitacións, baño, cociña, garaxe. A 180 metros da praia. Tlf: 670 501 085. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel: 650 64 15 19. Vendo casa na zona de Rante (a 8 km de Ourense) preto da autovía. 3 dormitorios, terreo, pozo de auga e garaxe. Prezo 49.800€. Tel: 606 422 543 Vendo finca edificable. Zona Rante. Moi económica (11.900€). Tel: 606 422 543 Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tel: 657 945 665. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel: 636 32 95 24. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel: 620 66 07 62.

Vendo dous bidóns de 50L para viño e un bidón antigo de leite. Tlf: 649 673 492. Vendo dous candelabros antigos con reloxo a xogo, en bo estado. Tel.: 610 97 98 97 Vendo deshumificador novo. Tel: 649 673 492. Vendo dúas bicicletas (unha con marchas). Tel: 649 673 492. Vendo incubadora pequena para ovos de paxaro ou galiña (12 uds.). Tel: 616 726 331. Vendo hormigoneira de 280 litros e maquinillo / grúa (a gasolina). Tel: 988 23 47 91 Vendo maquina de coser industrial (dobre arrastre). Tel.: 630 587 527. Vendo gaiola para paxaros, de 1,70x0,70x0,60 m con 10 canarios de entre 2 e 3 anos, machos e femias. Tamén 2 gaiolas de cría de 0,60 e un lote de 8 gaiolas distintas. Tel: 988 232 565-636 286 434. Vendo cazadora de home de inverno sen estrear. Talla XXL. Tel: 666 303 635.

VARIOS Ófrecese un carballo de 45 anos (duns 40 cm de diámetro) en Feá (Alongos). Xa está arrincado, soamente hai que cortalo polo que se precisa levar espadín grande. Tel: 659 494 272 // 663 034 262. Preguntar por Betsaida. Regalanse cañas de bambú asiático. A Casa Betsaida en Feá (Toén). Tel: 663 034 262.


Barrios 29 de agosto 2019

Profile for Ourense por Barrios

Barrios 104  

Publicado o novo número de Barrios.

Barrios 104  

Publicado o novo número de Barrios.

Advertisement