Page 1

Entrevista a Pablo Pinés, graduado en prácticas na Axencia Espacial Europea TEMA DO MES P. 2-3

CIDADE

Páx.4

O PSOE remite a Madrid a resolución da súa crise interna

A obra do edificio xudicial, a piques de rematarse

CIDADE

Páx. 5

Máis de 500.000 euros para obras no perímetro rural

[Páx.18]

SOCIEDADE Páx. 14

DEPORTES Páx. 22

Kevin e a súa particular carreira de obstáculos

O CD Ourense perde ritmo e alónxase da promoción

[páx.3]

[páx. 6]

Aperturas no casco histórico A Casa da Maxia servirá de ampliación do centro cívico da rúa Colón e o edificio da praza da Imprenta acollerá a Área de Facenda./P.LODEIRO.

Número: 137 - Ano: XIII - Xaneiro 2014 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2014

TEMA DO MES

Ao longo deste mes e medio de crise no grupo socialista, o alcalde tense rodeado dos seus concelleiros afíns en gran parte dos seus actos públicos, mentres que as aparicións dos edís pachistas foron mínimas. /P.LODEIRO.

O PSOE remite a Madrid a resolución da crise interna en Ourense

4 O secretario galego anuncia a apertura de expedientes disciplinarios mentres a súa número dous envía a Ferraz un “exhaustivo” informe sobre os cinco concelleiros socialistas críticos. P.L. A crise do PSOE ourensán busca solución en Madrid. Por enésima vez, os cinco concelleiros críticos co alcalde de Ourense desafiárono ausentándose de xunta de goberno local este luns e da reunión de grupo o martes. Pero desta volta parece que o PSdeG pasou das chamadas ao entendemento e das advertencias á acción, e así, o seu secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou a apertura de expedientes disciplinarios aos cinco edís pachistas. Nesa liña, a secretaria de Organización do PSdeGPSOE, Pilar Cancela, remitiu á Executiva Federal do PSOE un “exhaustivo” informe coa documentación e información adicional sobre a situación dos socialistas de Ourense “que incumpriron coas súas obrigas”. Será Ferraz quen,

por tanto, tome a decisión ou non de abrir expediente disciplinario a Antonio Rodríguez Penín, María Devesa, Susana Bayo, Mónica Vázquez e Alfonso Vilachá. A Executiva Federal fará públicas nos próximos días as medidas disciplinarias que lles serán aplicadas en consecuencia. Unha decisión que non preocupa á edil Susana Bayo, quen di que se Ferraz abre expediente “estará moi ben porque poderemos contar o que sucede no Concello de Ourense”. Bayo insiste en reclamar “diálogo” para acabar dunha vez por todas cunha situación que “está facendo moito dano ao partido”; diálogo que, di, non existiu con eles desde o pasado 26 de decembro. Por iso, este mesmo martes o quinteto pachista solicitaba unha reunión “urxente” con Besteiro e con Pilar Cancela. A concelleira de

Medio Ambiente considera que nin ela nin os seus catro compañeiros teñen incumplido os estatutos do partido socialista, e xustifica a súa saída do pleno de decembro para evitar incurrir en delito. Apoio da Provincial aos críticos Os cinco díscolos contan co apoio da Executiva Provincial, claramente enfrontada á Agrupación Local e á Executiva Galega. De feito, a súa secretaria provincial, María Quintas, contratacou remitindo á Comisión Executiva Federal do PSOE o seu propio informe con documentación sobre a situación da Agrupación Municipal de Ourense e do grupo municipal dos socialistas de Ourense “ao longo dos últimos 16 meses”. Previamente, a Executiva Provincial abrira expediente a Carmen Rodríguez Da-

costa, secretaria da Agrupación Municipal, directora xeral de Recursos Humanos, e persoa de confianza tanto do actual rexedor, Agustín Fernández, como do anterior, Francisco Rodriguez. O motivo? Non atender unha petición de aprazamento dunha asamblea local a finais de decembro. “Normalidade” Polo demais, o alcalde e os concelleiros paquistas permanecen calados. As únicas declaracións de Agustín Fernández son para pedir tempo para tomar unha decisión sobre as renuncias de Bayo e Devesa a seguir formando parte da xunta de goberno local. Tan só sae á palestra o voceiro do grupo municipal, José Ángel Vázquez Barquero, para reiterar unha e outra vez que o “goberno municipal segue funcio-

nando” e a “normalidade é absoluta”. Antecedentes A crise no seo do grupo municipal estalou no pleno de decembro, cando Penín, Devesa, Bayo, Vázquez e Vilachá ausentáronse nunha votación para non ter que denegar a solicitude de compatibilidade para traballar na Universidade a un funcionario afín. Días despois, o alcalde respostaba a esta ruptura da unidade de voto do grupo de goberno quitando as competencias e a dedicación exclusiva a Antonio Rodríguez Penín. Esta foi a gota que colmou o vaso dun enfrontamento entre paquistas e pachistas que vén de lonxe. Xa na primavera de 2013 amagara con estoupar cando Susana Bayo pedira por Rexistro os gastos da asignación do grupo socialista en xenebra, whisky e ron. E meses antes, coa crise da Pokemon que se levou por diante ao anterior alcalde.

A Executiva Provincial enviou a Ferraz un dossier sobre a agrupación municipal de Ourense

4EDITORIAL Espectáculo bochornoso Nos últimos 47 días levamos asistindo no Concello de Ourense a un espectáculo bochornoso. Se xa era difícil gobernar en minoría, máis o é pretender facelo cun grupo de seis. As leas internas dos socialistas si afectan á gobernabilidade da Administración local, por máis que o alcalde insista na idea de que o Concello funciona con normalidade. Non é normal que concelleiros se ausenten sen xustificación e de maneira recurrente de xuntas de goberno e reunións de grupo, non é normal que concelleiros dean plantón ao seu alcalde nos plenos nin que este plante a dúas das súas edís nunha rolda de prensa, nin que os edís díscolos convoquen aos medios para os seus actos á marxe do gabinete de prensa municipal, pero todo isto leva acontecido neste mes e medio. E mentres, o borrador dos orzamentos sen presentar, o Plan de Emprego sen aprobar, e, en definitiva, os problemas dos ourensáns sen atender.


TEMA DO MES

Os edís díscolos plantaron de novo ao alcalde no pleno

A crise aberta no grupo municipal socialista volveuse evidenciar no pleno ordinario de xaneiro. Os cinco concelleiros socialistas díscolos ausentáronse no primeiro punto da orde do día, no que se puña en coñecemento o decreto do alcalde que retiraba as competencias a un deles, Antonio Rodríguez Penín. Ao remate do pleno, as edís Mónica Vázquez e Susana Bayo xustificaban o seu comportamento ao non querer ir en contra dunha resolución do seu partido. As diverxencias no seo do grupo socialista tamén foron palpables no punto no que se ía debater a adhesión do Concello de Ourense á Asociación “Saborea España” a proposta do grupo de goberno; a edil Mónica Vázquez pediu a retirada da orde do día por conter documentación errónea. No resto de puntos, os socialistas votaron como un só grupo. Os seus votos propiciaron que a moción do BNG, pedindo eleccións anticipadas, quedara en nada (PP e DO abstivéronse); tamén votaron a favor (ao igual que o Bloque) da moción de Democracia Ourensana para implantar un sistema de fichaxe para controlar o horario do persoal municipal; xuntaron os

seus votos aos dos nacionalistas para opoñerse á moción popular contra o intrusismo nas academias de ensino, xustificándose en non ter competencias para iso; e votaron xunto ao PP en contra do rescate do contrato do servizo de axuda a domicilio. Ademais, toda a oposición aliouse para pedir a ampliación do horario de atención aos cidadáns na exposición pública do novo Plan Xeral ás tardes e aos sábados a mañá, en contra do criterio do grupo de goberno socialista. Unicamente houbo unanimidade na moción do PP para elaborar un Código de Boas Prácticas Medioambientais e na do BNG para reducir o custo dos alugueres municipais (que fora previamente emendada polo PP). En rogos e preguntas, interviron os xornalistas bolseiros que realizaron prácticas no verán de 2012 e aos que o Concello adebeda 4.050 euros. O alcalde comprometeuse a saldar a débeda no pleno de febreiro mediante un acordo extraxudicial de créditos.

Aprobouse implantar un sistema de fichaxe para controlar o horario do persoal municipal



A apertura da Casa da Maxia enfronta a goberno municipal e oposición

4 O PP repróchalle ao grupo de goberno que o recinto non teña autorización da Xunta como ludoteca, e o BNG que abandonase o proxecto inicial para o edificio.

4 Chegaron tarde para non estar presentes na posta en coñecemento da retirada de competencias de Rodríguez Penín. P. Lodeiro

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2014

lacións, foi o motivo que levou a este departamento municipal a destinar o inmoble colindante a ampliar as súas dependencias. Son 200 metros cadrados distribuídos en baixo e catro plantas, nos que se inclúen unha ludoteca e salas polivalentes socioculturais e lúdicas, a disposición de usuarios particulares ou asociacións que as poidan necesitar para o desenvolvemento das súas actividades e fins sociais e culturais. O edificio non contará con persoal propio, pois serán ben os propios conserxes do centro cívico ben o persoal da ludoteca ou ben as asociacións que reserven algunha das salas para as súas actividades os que se encarguen de abrir e pechar o recinto. O proxecto implicou un investimento de 380.000 euros, procedentes do Plan Urbán, aos que posteriormente se engadiron 18.000 euros para o mobiliario. Fachada da Casa da Maxia, que funcionará como ampliación do centro cívico da rúa Colón./P.LODEIRO. P.L. Seguirase chamando Casa da Maxia pero será o único que manterá do proxecto inicial. O Concello de Ourense abriu este mes de xaneiro o inmoble

da praza da Ferreiría como ampliación do centro cívico de Colón. Segundo a Concellería de Benestar Social, a gran acollida que ten este centro entre a veciñanza, con 300 persoas ao día facendo uso das súas insta-

A ludoteca da discordia Non tardaron en xurdir as críticas por esta apertura. A do PP, pola ludoteca que está instalada nunha das plantas do inmoble, e que atende a menores todas as tardes de luns a venres e os sábados pola mañá. Segundo unha comunicación do Servizo de Inspección de Familia e Menores da Xunta á con-

celleira popular Belén Iglesias, a ludoteca “non conta coa previa autorización de inicio de actividades concedida pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar”, e por iso este Servizo requírelle ao Concello de Ourense que proceda a solicitar a correspondente autorización administrativa de inicio de actividades. Desde o Concello, a concelleira responsable, Marga Martín, insiste en que a ampliación do centro cívico do casco vello “non necesita recibir permiso de ludoteca por parte da Xunta de Galicia porque non é unha ludoteca, senón un espazo multiusos, que ten como finalidade organizar e acoller diferentes tipos de actividades para todos os públicos, tanto nenos e nenas como maiores”. Pola súa banda, as críticas do BNG fan referencia ao abandono do proxecto inicial para o edificio. Reitéranlle ao grupo de goberno que reconduza a situación e consolide a Casa da Maxia “como un atractivo máis para a cidade, tanto a nível cultural como turístico”.

O Concello di que “non necesita recibir permiso de ludoteca porque non é unha ludoteca”




Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2014

CIDADE

Rogelio Martínez fai balance das actuacións da Xunta en Ourense 4 A obra do novo edificio xudicial, a piques de rematarse. Fachada da residencia.

A Residencia universitaria, en situación ilegal Redacción

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de dictar sentenza firme na que condena ao Concello de Ourense á clausura da Residencia universitaria e ao precinto da súa actividade, debido a que se outorgara a licenza de apertura de xeito irregular, ao non terse realizado o proxecto de urbanización. O TSXG ratifica que o inmoble non cumpre coas esixencias en materia de incendios que fixa a lexislación. A sentenza é firme e non cabe interpor recurso. A este respecto, a edil de Urbanismo, Áurea Soto, xustificou a concesión de licenza de apertura en 2011 “cos informes técnicos e xurídicos favorables” e albisca unha posible solución na realización das obras de urbanización e a posterior concesión dunha nova licenza.

P.L. Aproveitando un almorzo informativo con representantes dos medios de comunicación, e apoiándose nun discurso escrito, o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, fixo balance das políticas do Goberno galego na provincia e adiantou as previsións para este 2014. Entre elas, o próximo inicio das obras de ampliación do complexo hospitalario ourensán, cuxa adxudicación coñecerase “en cuestión de días”, tal e como así foi. No eido sanitario, o delegado da Xunta confirmou que se adxudicarán este ano as obras dos centros de saúde do Couto e da Valenzá. Outra das grandes obras que o Goberno autonómico desenvolve en Ourense é a construción do novo

Martínez prevé que estea en funcionamento a finais de ano o novo edificio xudicial

edificio xudicial. Martínez prevé que a finais de ano xa se poidan celebrar xuízos nel. Centro de Interpretación de Parques Naturais Onde non hai interese por parte da Xunta é no Centro de Interpretación de Parques Naturais de Eirasvedras, obra financiada con sete millóns de euros de fondos europeos e paralizada hai dous anos. “Non está claro cal vai ser a finalidade dese centro”, apuntou o delegado. Políticas de “austeridade” No repaso ás actuacións da Xunta na provincia en 2013 e ás previsións para 2014, Rogelio Martínez insistiu no leitmotiv do Goberno popular: a aposta por unha política “de austeridade e adelgazamento da administración para gastar máis nos cidadáns” e uns orzamentos “realistas, para encarar o futuro con moderado optimismo, responsables e que apostan por seguir impulsando o reequilibrio territorial”.

Limiar denuncia o estacionamento de vehículos nas paradas de autobús Redacción

Vehículo de Jácome aparcado na saída do párking./P.L.

Poñen en evidencia a ausencia de licenzas do párking de Paseo 4 O portavoz de DO bloqueou co seu coche a saída da rúa Concordia para denuncialo. P.L. “Eu aparquei aí porque non hai ningún sinal de tráfico que mo impida, nin sequera é zona ORA”. Gonzalo Pérez Jácome quixo denunciar publicamente a situación irregular do aparcadoiro privado de Paseo, ao cal se lle concedeu licenza provisional hai tres décadas, pero non se completou o trámite e, por tanto, carece de vados permanentes na súa entrada e saída. Ao intre de bloquear co seu vehículo a saída do aparcadoiro na rúa Concordia, apareceu o guindastre, que finalmente abandonou o lugar sen retirar o coche. “Se ten-

tan tocar o coche chamo á Policía Nacional porque é prevaricación, sabendo que non hai vado”, apuntaba o concelleiro. Pérez Jácome considera a situación de “tomadura de pelo do goberno”, recordando que xa denunciara este problema ha uns meses. “Dixeron que o ían a solucionar nunha semana hai varios meses”, afirmaba o edil, que descoñece a ilegalidade concreta do aparcadoiro “porque pedín o expediente e non mo deron”. Preguntado pola situación do párking de Paseo, o alcalde da cidade dixo que “analizarase o asunto e daremos unha explicación”.

A Federación de asociacións de veciños de Ourense Limiar denuncia “o abuso” de moitos condutores á hora de estacionar nas paradas dos autobuses. “Sen importarlles para nada os demais, continúan a estacionar os seus vehículos nas paradas dos autobuses, especialmente nos barrios e en determinadas rúas da cidade como por exemplo, Celso Emilio Ferreiro ou Xoán de Novoa, que están sempre ocupadas con turismos, que demostran unha falta de respecto aos usuarios do trasporte público con grave risco para todos, e en especial ás persoas maiores que son o 90% dos usuarios”, indica a Federación nun comunicado asinado polo seu presidente, Manuel Carnero. Policía Local Carnero subliña neste escrito que están “cansos” de esixir á Policía Local “que é a responsable destes abusos” que poña orde e sancione estas infraccións, así como “fartos” de escoitar queixas cidadáns e que a pesar de ter mandado varios escritos ao Concello “temos que continuar a observar as paradas cheas de vehículos”.


CIDADE

O Concello prevé investir este ano máis de 500.000 euros en obras no perímetro rural

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2014



4O CCA COUTO CENTRO INFORMA

O 14 de febreiro namórate con Couto Centro

4 O Plan de Investimentos foi presentado á Agru- O centro comercial premia aos clientes que realicen as súas compras de San Valentín nos pación Miño e á Federación Limiar. establecementos asociados Redacción e rúa de Lodeiros en Vilar 537.105 euros. É a cantidade reservada polo Concello de Ourense para un Plan de Investimentos no Perímetro Rural que prevé executar durante este 2014. O compromiso municipal contempla a realización de actuacións urxentes no perímetro rural, infraestruturas viarias urbanas e ampliación e mellora do alumeado público. Entre as obras destacan o acondicionamiento de viarios urbáns en mal estado, a renovación de beirarrúas, a adecuación de pistas e camiños e a renovación das luminarias de alto consumo nos parques e xardíns da cidade. O Plan de Investimentos no rural e na periferia para o ano 2014 foi presentado polo alcalde ás directivas da Agrupación Miño e da Federación Limiar con apenas uns días de diferenza. Desglose das obras O plan inclúe 13 actuacións, entre elas, o retranqueo de peches na rúa Lonia por importe de 19.601 euros e adecuación de beirarrúas por importe de 7.296 euros; o asfaltado na rúa da Capela, en Eirasvedras, por importe de 78.717 euros, ou o acondicionamento de vial na rúa dos Carballos

de Astrés, por importe de 46.225. A construción de beirarrúas na rúa Rábeda no Cumial, cun importe de 58.567 euros; o acondicionamento do camiño na Fonte do Can, por importe de 13.171 euros, da rúa da Burata, cun orzamento de 17.626 euros, e do camiño Real en Cudeiro por importe de 14.556 son outras das obras que se acometarán este ano. O Concello tamén compromete a contrución de beirarrúas e arranxo do vial na rúa do Sol en Valdorregueiro, cun orzamento de 55.826 euros; o acondicionamento na rúa Ricardo Courtier na Milagrosa, por importe de 48.491 euros; e a construción de beirarrúa na rúa do Entroido en Vistafermosa, por importe de 10.560 euros. O acondicionamento de vial entre a rúa Río Návea e a rúa Quintián no Vinteún, cun orzamento de 48.745 euros; a construcción de muro de contención na rúa da Asunción, cun importe de 15.762 euros; e a adecuación de beirarrúas nas Camelias cun importe de 6.803 euros completan o plan, sumando un total de 537.105 euros. En todos os casos, son obras necesarias e demandadas polos veciños.

No barrio do Cuco reducirase a pendente de acceso.

4 Outras obras

O Concello presentou a Limiar e Agrupación Miño outras investimentos previstos para este ano, como os 70.000 euros destinados á mellora do alumeado público. Así, renovaranse as luminarias e introducirase un sistema de telexestión e aforro enerxético en zonas do rural coma Madrosende, Canella do Martelo, Torei, ou outras máis céntricas, como a avenida da Habana. O plan de investimentos inclúe tamén a obra que mellorará os accesos ao barrio do Cuco, á que se destinarán 360.000 euros. A obra resolverá os problemas de acceso ás 40 vivendas do barrio, con viais que nalgúns puntos rondan o 35% de pendente, que se reducirá ao 12%. O Concello procederá á rehabilitación de firme en varios tramos da rede viaria do centro da cidade, cun orzamento de 111.487 euros. Así, na avenida da Habana desaparecerá o adoquín, e repararanse zonas puntuais -paradas de autobús e zonas de estacionamento- de Concello, Xoan XXIII e Curros Enríquez. Ademais, outros 26.914 euros destinaranse á rehumanización e acondicionamento das beirarrúas situadas ao redor do parque de San Lázaro. Completa as actuacións en infraestruturas un plan para renovar os alcorques, comezando polo Paseo.

Realizaranse actuacións urxentes no perímetro rural, infraestruturas viarias urbanas e mellora do alumeado público

O Centro Comercial Aberto (CCA) Couto Centro presenta a súa campaña do día dos namorados, coa que se pretende dinamizar o comercio no barrio do Couto premiando aos clientes que realicen as súas compras nos establecementos asociados ao CCA Couto Centro nas semana previas ao 14 de febreiro. Por cada compra, os clientes poderán encher un dos boletos para participar no sorteo de 10 ceas para dúas persoas que terán lugar o venres día 14 de febreiro no restaurante Casa Fonteloza, onde gozarán da mellor comida e do mellor ambiente amenizando a velada con actuacións musicais. O sorteo realizarase o día 12 de febreiro no local da asociación, e a continuación comunicaráselle mediante unha chamada telefónica a todos os clientes gañadores para confirmar a súa asistencia.

Couto Centro sortea 10 ceas para dúas persoas para a noite do 14 de febreiro




Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2014

CIDADE

O edificio da Praza da Imprenta acollerá a Área Municipal de Facenda

Posta en funcionamento da nova estación de tratamento de auga potable

Redacción

Redacción

As dependencias da Concellería de Economía e Facenda trasladaranse en poucos días ao edificio situado no número 2 da praza da Imprenta. O inmoble, rehabilitado polo Concello, acollerá e unificará oficinas administrativas e de atención ao público desta área municipal que na actualidade se atopan ubicadas en diferentes inmobles, co conseguinte aforro de alugueiros. O obxectivo deste traslado é ofrecer unha maior comodidade e servizo aos usuarios, ao tempo que dotar das mellores instalacións para o funcionamento desta área municipal, contribuíndo á rehabilitación e dinamización social da zona sur do casco vello.

O ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, acudiu ao acto de posta en funcionamento da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Ourense, que cun investimento total de 28,7 millóns de euros beneficiará a máis de 100.000 persoas. No acto, o ministro estivo acompañado do alcalde, Agustín Fernández; do conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández; da directora da sociedade estatal Augas das Concas de España (AcuaES), Aránzazu Vallejo; do presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar; do delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; e do presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín. Arias Cañete mostrou a súa satisfacción pola posta en marcha da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP), unha das principais obras para a mellora do abastece-

4 O traslado de servizos desde outras dependen- 4 O investimento alcanzou os 28,7 millóns de euros. cias comezará en próximas datas.

Oficina de atención ao contribuínte, na planta baixa A planta baixa conta con dúas entradas: dende a rúa Colón, cara á zona de atención ao público, e dende a propia Praza da Imprenta, que dá acceso ao resto de oficinas. Nas primeiras plantas sitúanse aquelas que atenden directamente a un maior número de cidadáns, distribuíndo as restantes plantas co criterio de integración dos distintos servizos. Así, concretamente, na planta baixa estarán as ofi-

Planta baixa de atención ao contribuinte./P.LODEIRO. cinas de atención ao contribuínte, na planta primeira o Servizo de Recadación, e nas plantas segunda, terceira e baixo cuberta o de Facenda, IBI, Notificacións, Inspección de Rendas, Plusvalías, Órgano de Xestión Tributaria e Tribunal Económico Administrativo, salas de xuntas e outros espazos administrativos. O Servizo de Intervención e Tesourería continuará nas actuais dependencias na rúa Barreira (Cárcere da Coroa). No inmoble traballarán 32 funcionarios municipais, pero o edil responsable, José Ángel Vázquez Barquero, non terá nel o seu despacho.

Na planta baixa estarán as oficinas de atención ao contribuínte, na planta primeira o Servizo de Recadación

4 Longa rehabilitación A intervención consistiu na rehabilitación do inmoble, composto por baixo, tres plantas e baixo cuberta, cunha superficie de 219,52 metros cadrados, e con fachadas á praza da Imprenta e rúa Colón. A reforma do edificio intentou respectar a súa configuración e potenciar os elementos máis característicos deste edificio protexido, cuxa última ampliación foi proxectada por Daniel Vázquez Gulías no ano 1917. A primeira fase da rehabilitación desenvolveuna unha escola obradoiro entre 2008 e 2010, cun orzamento de 992.000 euros. Logo, o Concello adxudicou á empresa Gamallo a segunda fase, que supuxo un investimento de 475.000 euros. Finalmente, a mobiliario dedicou 50.000 euros.

Nunha segunda fase das obras executaranse 10,5 quilómetros de conducións de auga

Nova ETAP dos Coiñás. /IÑAKI OSORIO. mento de auga a Ourense, cuxo obxectivo é ofrecer auga de mellor calidade e en cantidade suficiente para atender as necesidades da poboación. O proxecto, promovido por Acuaes en colaboración co Concello de Ourense, consta de dúas fases. O ministro detallou que a primeira comprende unha nova captación na marxe dereita do río Miño e a nova ETAP dos Coiñás, cun caudal de tratamento de 200 litros por

segundo, ampliables a 300 l/s, catro depósitos de regulación, dúas estacións de bombeo e máis de sete quilómetros de conducións en ambas as marxes do río. Segunda fase A actuación completarase cunha segunda fase cuxa execución contará con outros 10,5 quilómetros de conducións que mellorarán as conexións das obras principais coa rede de distribución do municipio.


CIDADE

O obradoiro “Ruta Termal” forma 24 desempregados 4 Os alumnos aprenden carpintería e xardinería mentres restauran a zona termal entre Outariz e A Chavasqueira. Redacción 24 parados da capital ourensá fórmanse desde finais de outubro en xardinería e carpintería restaurando a zona termal entre A Chavasqueira e Outariz. O obradoiro de emprego “Ruta Termal” é un dos 11 obradoiros que subvenciona a Consellería de Traballo e Benestar en toda a provincia de Ourense, dando formación a un total de 234 desempregados. Os alumnos do obradoiro traballan na recuperación de infraestruturas e zonas verde na ruta termal do río Miño, que arranca na zona da Chavasqueira e se prolonga ao longo de 12 quilómetros de senda peonil ata Outariz. A

limpeza das zonas axardinadas, a instalación de rego automático ou a rehabilitación de vestiarios e zonas de aseo serán algúns dos traballos que desenvolverán ata o mes de marzo, data de

remate da formación. Ademais de 24 parados, no obradoiro de emprego participan outras seis persoas como persoal directivo, docente e de apoio administrativo.



A Praza de Abastos lanza unha nova campaña promocional 4 “Ven mercar á praza e regalámosche o pan” permitirá aos seus clientes levar o pan gratis polas súas compras. Redacción

Alumnas do obradoiro de emprego “Ruta Termal”./P.L.

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2014

A Praza de Abastos presentou unha nova campaña de dinamización, grazas á cal os clientes que se acheguen á Praza a realizar as súas compras superiores a 20 euros, regaláseselles un vale co que poderán retirar unha barra de pan os luns, martes, mércores ou xoves nas panadarías da Praza. Con esta iniciativa preténdese achegar un produto de primeira necesidade aos clientes e propiciar a rotación de xente no mercado. No acto de presenta-

ción, o presidente dos comerciantes deste mercado, Emilio González, fixo un resumo das principais cifras e campañas levadas a cabo pola asociación o ano pasado, mentres que o alcalde Agustín Fernández, volveu comprometer o seu apoio para retomar os proxectos que quedaron no aire en 2013 como o ascensor e destacou que a da Praza de Abastos está a mostrarse como unha das asociacións máis dinámicas da cidade. De feito, actualmente hai ocupados 229 dos 245 postos da Praza de Abastos en 23 actividades distintas,

Emilio González e Agustín Fernández, na presentación da campaña da Praza de Abastos./P.LODEIRO. que xeran un volume anual de negocio de 50 millóns d euros. Nos últimos tempos o mercado incorporou 25 novos comerciantes (4 deles emprendedores, 6 relevos xeracionais e 5 traspasos).




Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2014

CIDADE

Remata a rehabilitación do Pórtico do Paraíso

Barbadás garantirá unha comida ao día aos menores Redacción

O BNG de Barbadás conseguiu o apoio do pleno do Concello á creación dun servizo que garanta a todos os menores do municipio que o precisen unha comida completa ao día, utilizando para iso os comedores escolares dos centros educativos públicos. O acordo foi adoptado pola unanimidade do pleno e o alcalde de Barbadás comprometeuse a facer un estudo das necesidades de comedor que poida haber entre os máis pequenos do concello, para o que solicitará a participación dos equipos directivos dos dous colexios públicos do concello (o Filomena Dato e o Ruxidoiro) en colaboración co departamento de servizos sociais de Barbadás.

4 A Xunta investiu, desde 2011, 700.000 euros neste recinto. Redacción

Visita da directora xeral de Familia, Amparo González, á escola infantil da Farixa.

A escola infantil da Farixa estrea mobiliario Redacción

A Consellería de Traballo e Benestar destinou preto de 50.000 euros para reformar a escola infantil A Farixa, que conta cunha capacidade para 95 nenos, e dotala de novo mobiliario. Dunha banda, cubriuse unha grande parte do

areeiro existente con chan de amortecer de cores vivos, para posibilitar as capacidades motrices dos nenos; e, doutra banda, instaláronse aparellos de aire acondicionado en todas as dependencias, permitindo que os cativos poidan facer actividades dun xeito saudable en épocas de calor. Amais, adquiriuse mobiliario, como mobles para mudar os cueiros; para a sala de psicomotricidade; e cadeiras para o comedor.

O conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, visitou a Catedral de San Martiño para comprobar o resultado da restauración realizada sobre a policromía do Pórtico do Paraíso. Durante a visita, o conselleiro recordou que “foron restauradas as pinturas e o conxunto ao completo incluíndo os elementos arquitectónicos e escultóricos pétreos e lígneos, como a Virxe Pétrea do retablo de Nosa Señora de Belén”. Ademais, fixo fincapé na implicación da súa Consellería con este espazo, no que invesitiu dende 2011 preto de 700.000 euros.

Outras actuacións As melloras na Catedral continúan coa restauración da capela de San Xoán que contan cun orzamento de 250.346 euros, e que teñen un prazo de execución de oito meses. “Realizaranse actuacións sobre as vidreiras, o retablo, os paramentos exteriores e interiores, e tamén serán arranxados os problemas de humidade e farase un saneamento do patín norte”, explicaba o titular de Cultura e Educación. Vázquez adiantou que “está previsto a realización da segunda fase de restauración das cubertas. E, ademais, xa están preparados os traballos necesarios para a redacción dun proxecto

Conselleiro e bispo de Ourense observan a rehabilitación./RAMSÉS. de restauración específico da portada ornamental do cruceiro norte da catedral, que sufre os procesos de erosión e desgaste producidos polo paso do tempo”.


CIDADE

Os estudos de Enxeñaría Física, cada vez máis preto 4 A Plataforma Pro Campus considera “definitiva” a decisión da Xunta de enviar o grao á ACSUG para a súa posterior tramitación. P.Lodeiro A decisión política xa está tomada e só queda unha avaliación técnica para que os estudos de Enxeñaría Fí-

sica se implanten no campus ourensán o próximo curso. A Plataforma Pro Campus consideraba “moi importante” a decisión da Consellería de Cultura, Educación e

Ordenación Universitaria de enviar o grao de Enxeñaría Física á Axencia de Calidade do Sistema Universitario Galego (ACSUG) para a súa posterior tramitación.

Xustamente, o campus de Ourense celebraba estes días os seus 40 anos de historia, cun acto no edificio Politécnico no que se recordou a traxectoria dun campus que hoxe en día conta con 4.523 estudantes, 312 docentes e 119 persoas de administración e servizos./R.T.

“O normal é que a verificación do plan de estudos sexa positiva”, apuntaba o profesor de Física, Claudio Cerdeiriña. “A decisión está tomada”, insistía Cerdeiriña, lembrando que “non se coñece un caso en que a Xunta de Galicia diga que si e que a ACSUG diga que non”. Por iso, a Plataforma Pro Campus decidiu suspender a recollida de firmas en apoio á nova titulación que tiña en marcha, e que contaba xa co apoio de cinco mil asinantes. Posteriormente ao trámite da ACSUG, terase que reunir o Consello Galego de Universidades, un órgano consultivo que deberá emitir un informe preceptivo, pero non vinculante. En opinión de Cerdeiriña, se o grao “chega con informes positivos, o Consello Galego dirá que si”. O portavoz dos profesores de Física estima que no prazo de tres meses estará resolta toda esta tramitación, de forma que os novos estudos poderán implantarse o próximo curso académico.

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2014

4 Os enxeñeiros industriais, en contra O Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia vén de posicionarse en contra dunha posible implantación da titulación de Enxeñaría Física en Ourense, “xa que se trata dunha titulación que daría lugar á emisión dunha profesión sen competencias profesionais e cunha saída laboral moi dubidosa”. Un posicionamento que “de ningunha maneira” é “unha afronta” á cidade ou ao seu campus, senón que pretende “garantir a calidade da formación que reciben os alumnos”. Neste sentido, desde este Colexio lembran que, de porse en marcha esta titulación sen competencias profesionais, nuns anos poderíanse xerar problemas de intrusismo profesional. Por iso, xa recorreron xudicialmente a implantación dunha titulación similar na Politécnica de Cataluña.



Viveiros de empresas nos institutos Redacción

O CIFP A Farixa vén sumarse aos centros integrados de formación profesional de Galicia que ofertan viveiros de empresa aos seus estudantes. Seguirá o camiño xa iniciado na cidade no CIFP Portovello, instituto con 983 alumnos onde cinco viveiristas están a traballar xa en dous proxectos, relacionados coa investigación comercial e o desenvolvemento de técnicas de marketing actuais, e co merchandasing motivacional. A través destes viveiros, os centros ofrécenlle un espazo a estudantes ou recén titulados completamente equipado e de balde durante dous anos. As previsións da Consellería de Educación son crear sete novos centros deste tipo neste curso, un deles no centro ourensán da Carballeira.


10

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2014

PUBLICIDADE

A Xunta confirma que a ludoteca da Casa da Maxia “non conta coa previa autorización de inicio de actividades” O Servizo de Inspección de Familia e Menores requírelle ao Concello de Ourense para que proceda a solicitar a correspondente autorización administrativa de inicio de actividades O PP de Ourense denuncia que a concelleira de Benestar Social mentiu cando afirmou que a Casa da Maxia non precisaba permiso da Xunta de Galicia para albergar unha ludoteca. Nunha comunicación persoal á concelleira popular Belén Iglesias, o Servizo de Inspección de Familia e Menores da Xunta confirma que a ludoteca “non conta coa previa autorización de inicio de actividades concedida pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar” A comunicación do departamento autonómico ratifica o que anunciaran os populares o pasado 8 de xaneiro. E o que é máis preocupante: a Xunta de Galicia, a través do Servizo de inspección de Familia e Menores, dalle ao Concello

de Ourense un prazo de 10 días, para que proceda a solicitar a correspondente autorización administrativa de inicio de actividades. Esta comunicación oficial xa foi recepcionada por parte do Concello de Ourense. Posibles sancións O incumprimento do réxime de rexistro e autorización “condicionará o outorgamento ou o pago de subvencións, así como a obtención de calquer tipo de financiación por parte da Xunta de Galicia en relación coa entidade, co centro, co servizo ou co programe de que se trate”. É dicir, o Concello de Ourense poría en perigo as subvencións e axudas que podería recibir por parte da Xunta de Galicia, sinala Belén Iglesias. Pero, ademais, “tamén po-

dería derivar na clausura do centro ou na supensión das actividades”, afirma Belén Iglesias. Ante todo isto, a edil popular lembra que o máis grave de todo este asunto é que, “por culpa dunha irresponsabilidade máis do goberno minoritario do Concello de Ourense, ponse en perigo un servizo no que, non o esquezamos nunca, están nenos. Abrir unha ludoteca nun edificio que non foi concebido para tal fin é, ademais dunha enorme irresponsabilidade, unha temeridade administrativa. Por moito que nos intente acusar a señora concelleira de que ‘queremos espantar á xente dos servizos municipais’, como dixo o pasado día 9, nós lle lembramos á señora Marga Martín que o noso labor principal é velar

pola legalidade e o bo funcionamento dos servizos. E, sobre todo, cando afecta aos nenos”. Eivas da instalación Aparte das condicións mínimas de accesibilidade das que o Grupo Municipal do PP ten serias dúbidas que un edificio concebido como Casa da Maxia reúna as condicións esixibles para ludoteca, os populares recordan que o Decreto que regula as ludotecas tamén especifica a obligatoriedade de ter suscrita unha póliza de responsabilidade civil, un proxecto organizativo e dispor de persoal cualificado.

A edil Belén Iglesias e o voceiro Rosendo Fernández, na rolda de prensa na que deron conta de que a Casa da Maxia carecía de licencia para ludoteca.

“Por culpa dunha irresponsabilidade máis do goberno minoritario do Concello de Ourense, ponse en perigo un servizo no que están nenos” , advirte Belén Iglesias

O PP anima aos veciños descontentos co PXOM de Ourense a que presenten alegacións Os populares póñense á súa disposición para informalos ou solucionar as súas dúbidas O Grupo Municipal do PP en Ourense, despois de máis de 30 visitas a diferentes asociacións de veciños para analizar conxuntamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal -actualmente en fase de exposición públicae tras constatar o enorme descontento cidadán que hai con respecto a este planeamento urbanístico, anima aos veciños e veciñas afectados polas enormes restriccións do documento a que presenten alegacións antes do 28 de febreiro, último día de prazo para poder facelo. Nestas reunións, os populares queren rachar coa sensación de resignación e desamparo que lles transmiten moitos veciños con respecto a este PXOM, e por iso os animan a que presenten alegacións ao documento como medida de presión para tratar de evitar a con-

solidación dun documento que atenta contra os seus intereses e o seu patrimonio familiar. Lembran os populares, ademais, que esta mobilización veciñal forzou decisións políticas en dous municipios próximos (Pereiro de Aguiar e Monforte de Lemos) consistentes en frear o proceso para atender, precisamente, ese descontento veciñal ante sendos plans xerais que os cidadáns consideraban restrictivos e lesivos para os seus intereses. Mesma empresa redactora Pero se hai algo que lle resulta “curioso” aos populares con respecto ao sucedido en Monforte de Lemos e Pereiro de Aguiar é, precisamente, que a empresa encargada da redacción de ambos planeamentos foi Oficina de Planeamen-

to S.A., a mesma que se encargou de redactar o de Ourense cos mesmos condicionantes negativos que os veciños da cidade e de Monforte e de Pereiro de Aguiar comparten nas súas apreciacións. O portavoz municipal do PPOU, Rosendo Fernández, recalca que “é necesario que os veciños afectados polo PXOM da señora Áurea Soto comprendan que teñen un mecanismo nas súas mans, o das alegacións, importantísimo e clave para que a súa voz sexa escoitada e para tratar de frear este ataque aos seus intereses. Por iso os animamos a que non perdan a oportunidade de mudar as cousas e de facer valer as súas opinións. O Grupo Municipal do PP de Ourense está á súa enteira disposición para asesoralos ou solucionar as súas dúbidas ao respecto”.

Visita informativa sobre o novo PXOM dos concelleiros do PP á asociación de veciños do Peliquín

“É necesario que os veciños afectados polo PXOM da señora Áurea Soto comprendan que teñen un mecanismo nas súas mans, o das alegacións, importantísimo e clave para que a súa voz sexa escoitada”, recalca Rosendo Fernández


SERVIZOS / CLASIFICADOS

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2014

11

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 151-2002 / OU 125-2003 / OU 164-2004/ OU 155-2007. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Sertaje, Pablo Feijoo Nº137/127/113/76 - Ano: XII - Xaneiro de 2014 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 239 634.

4CARTAS AO DIRECTOR O que fun e o que son

Fai xa 40 anos inaugurouse en Ourense o Fogar do Pensionista ao que só podían acceder maiores de 60 anos e os pensionistas presentando o seu carné. Había por entón unha directiva moi ben formada na que a súa presidenta Teresa participaba como unha máis en medio da xente, bailando, cantando... Tamén estaban a directora Leo, Amparo, Amalia e dous conserxes, Florita e Antonio, que non deixaban nunca o seu posto e velaban porque aquilo fora un fogar do xubilado. E así pasaba que viña un menor dicindo “busco ao meu avó” e tiña que esperalo na entrada. Había un coro que no seu día foi campión de España e de Galicia no que destacaban voces como a de Maruxa Rodríguez, dirixido por Don Fermín. Antonio Dávila, por ser

o veterano en idade e dos primeiros carnés que se fixeron tamén contribuiu a dinamizar actividades a través do grupo de gaitas e do grupo de coral. A día de hoxe non existe o fogar do xubilado, simplemente cambiouse por un centro sociocomunitario ao que pode acceder calquera sen límite de idade. E isto non me parece positivo por varias razóns, entre elas, non considero un ambiente sano para os mozos estar con anciáns que acostumamos ter enfermiddes contaxiosas (gripes, catarros...). E os intereses de mozos e maiores son distintos co que as actividades a plantexar e desenvolver tamén son diferentes. Hoxe en vez dun local do maior parece unha discoteca e así dixo unha vez un médico que non era convinte entrar os nenos como entran hoxe. Antonio Dávila Laso.

4FELICITACIÓNS

Jesús Carballeda Capa Aniversario: 20.01 Felicidades, deséxancho a familia Sotelo, e que cumplas moitos máis.

Teresa Sotelo Piedad Aniversario: 20.01 Moitas felicitades Teté, e que cumplas moitos máis, deséxancho Fausto, Tere, Fachi, Keko e Zoraida.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en info@ourenseporbarrios.com. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

TRABALLO

VENDAS

Impártense clases particulares a domicilio. Hora e media Todas as Etapas. Especialidade Matemáticas xerais. Certificado de Formador e CAP. Ampla experiencia. Económico. Tel. 636 619 589. parapar22@hotmail.com. Experiencia en botar cartas exipcias. Consulta gratis. Chamar tardes. Tel. 988 25 59 63. Profesional, especializado en matemáticas, con 30 anos de experiencia imparte clases particulares (ESO, Bacharelato, Universidade). Tel. 625 51 58 18. Ofrécese mozo novo para traballar en limpeza en Ourense, boa presenza, carné de conducir, prezo a convir, dispoñibilidade inmediata. Tel. 691 01 70 95. Ofrécese señora galega de mediana idade para tarefas do fogar, planchado, coidado de persoas maiores ou traballos similares. En Ourense cidade. Tel. 662 242 580. Clases de linguaxe musical, educación auditiva, canto e piano. Tel. 676 75 88 19. Soprano e pianista para vodas, audición en directo sen compromiso. Tel. 676 75 88 19. Se queres emigrar a un país de fala francesa, prepara o francés básico antes. Persoa que fixo o colexio en Suíza dá clases particulares moi económicas. Tel. 620 052 173 Busco 3 persoas para traballar en Avon en Barbadás e Ourense. Tel. 647 165 635, tamén respondo whatsApp. Desbrózase fincas, traballos agrícolas con tractor. Económico. Tel.: 630 52 14 48. Fanse mudanzas e portes. Económico. Tel.: 630 52 14 48. Coidadora-paseadora de cans. Persoa responsable e amante dos animais, ofrécese para levar e coidar a peludos a domicilio, posúo certificado de adestramento e educación canina. 1 hora: 5 euros, 1 semana: 25 euros; 2 semanas: 50 euros, 1 mes: 75 euros. Interesados chamar ao 669 618 606. Necesítase comercial, boas comisións, ineresados presentarse en r/N. Sra. do Cristal, 12, baixo (esq. Saínza Tel. 988 616 773

Cómpranse toda clase de obxectos e mobles antigos. Tel. 988 21 22 24. Vendo máquina coche-cortacéspede Honda, 2.500 euros (prezo novo: 7.000). Tel.988 27 97 96. Véndese berce, bañeira e cadeira de bebé. Todo por 300 euros. Tel. 696 181 173 Vendo colchón a estrear 135x190 cm. Marca Bayer. 616 98 94 12 Vendo dúplex en av. Santiago, 120 m2, 3 hab, 3 baños, garaxe pechado, amoblado, video porteiro, ascensor, calefacción. 190.000 euros. 616 98 94 12 Vendo máquina de café automática para hostalería. Bo prezo. Tel: 988 465 874. Vendo finca con proxecto e licencia en Rivela a 4 km de Ourense, rexistrada e permisos en vigor. Vistas ao río. 65.000 euros. Tel. 658 81 31 21. Vendo berce de viaxe plegable. Bo estado. Prezo 25 euros. Tel. 661 92 65 29 e 670 43 34 90. Vendo robot de cociña, batidora de pé, tostadora, e sandwicheira, a estrear. Tel. 630 88 00 31. Vendo Mercedes 300, ano 79, repintado, 100.000 km. 2.000 euros negociables. Tel. 610 25 80 69. Vendo Audi A6, ano 95, diesel. Sempre en garaxe. 1.000 euros. Tel. 627 43 46 01. Vendo Citröen C15 Mixta, diesel, ano 94. 1.200 euros. Tel. 627 43 46 01. Vendo caldeira de calefacción de gas cidade seminova, sofá 3+2 e apeiros de labranza para decorar. Tel.: 637 00 59 10 Vendo vespino e cañón nebulizador, tel. 686 54 00 87. Vendo leña de carballo. Tel.: 630 52 14 48. Vendo casa pola estrada de Santiago. Tel.: 637 00 59 10 Véndense dous terreos, xuntos ou por separado, cada un ten máis de 9.000 m2, en Xinzo. Pódense ensinar sen problema. Bo prezo. Tel. 622 828 447. Vendo Citröen C15 Mixta, diesel, ano 94. 1.200 euros. Tel.607 43 46 01.

ALUGUER Alúgase apartamento no casco antigo de Ourense. Bo prezo. Tel. 637 00 59 10. Alugo apartamento novo no Couto, 2 dormitorios, salón, 2 baños, cociña, exterior, amoblado, garaxe e trasteiro. Tel. 637 00 59 10. Alúgase baixo na estrada da Granxa para carnicería, outros comercios ou almacén. Tel. 988 23 58 76. Alugo piso en Mariñamansa, 3 dormitorios, salón, baño, cociña, ascensor e calefacción, amoblado, prezo económico. Tel. 607 71 08 07 e 988 24 43 95 Alúgase piso con calefacción en r/Emilia Pardo Bazán, tel. 988 24 69 26 Alúgase apartamento na rúa da Paz, ao lado do Teatro Principal. Tel. 626 297 504 Búscase chic@ para compartir piso (zona Couto). Calefacción, cociña, televisor en habitación, internet... 200€ (gastos incluidos). WhatsApp: 600 922 547 Alúgase apartamento con garaxe en avda. de Portugal, 38. E piso con garaxe en Salvador de Madariaga, 2 - Tel. 607 20 34 81. Alugo local económico de 15 metros cadrados. Baños comunitarios. Xunto parada de autobús. Tel 627 203 131. Alugo piso en Valdoregueiro. 4 habitacións, cociña, baño e galería. Tel.: 687 21 12 18 Alúgase café bar especial totalmente equipado, en Xinzo de Limia. Tel.: 659 47 08 92. Alúganse oficinas en Progreso 147 entrechán, tel. 678 48 97 55 Alugo oficina na rúa Progreso (ao carón do Pazo de Xustiza), acondicionada. Bo Prezo. Tel.: 637 00 59 10 Alúgase apartamento no casco antigo amobleado. Tel.: 637 00 59 10 Alugo local económico de 15 metros cadrados, baños comunitarios, xunto parada de autobús. Tel. 627 203 131 Alugo chalet a 10 minutos do centro de Ourense. Tel.: 630 52 14 48.

4TELÉFONOS DE INTERESE Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcoh. Anón. 646 645 119 24h. Alc. Anón. 988 269 540 Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Asoc.Crohn 630 136 447 Down Ourense 988 370 313 Atención Muller Maltratada 016

4AUTOBUSES: liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense. es e liñas e horarios dos buses a A Valenzá en www.anpian.com


12

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2014

PUBLICIDADE


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2014

13


14

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2014

SOCIEDADE

Kevin e a súa particular carreira de obstáculos

4 Este neno ourensán é o único caso de trisomía parcial 9 de España. Silvia Nieto

Cando a unha parella lle comunican que o seu fillo padece unha enfermidade rara o mundo detense de súpeto, e dende ese intre o apoio das súas familias e doutros pais que se atopan na mesma situación convértese en chave para afrontar o día a día. Pero cando a unha parella lle comunican que o seu fillo padece unha enfermidade rara que ningún outro neno en España posúe, a angustia é maior. Descoñecemento e recortes en sanidade non son boa combinación, e diso saben moito Lidia e Rubén, os pais de Kevin, un neno ourensán que padece trisomía parcial 9, unha

patoloxía que lle causou diversas malformacións físicas, e a imposibilidade de falar e camiñar. “Enterámonos 15 días antes de que nacera, en Asturias. Dixéronme que padecía esta enfermidade e que non había máis casos en España Non tiñamos a que agarrarnos”, explícanos Lidia. Cada día estes

pais van descubrindo algunha particularidade da enfermidade. Ultimamente, cóntannos, Kevin sofre crises nocturnas, “parecidas a convulsións, queda ríxido e coa mirada vacía. Despois chora e non ten consolo”. Como non hai outros casos cos que comparar, os médicos asóciano á súa enfermidade. E non teñen referencia porque a maioría dos cativos que padeceron esta patoloxía morreron con un ou dous anos, e Kevin cumplirá este verán cinco. Ademais, os casos son moi variados, a uns nenos aféctalles ao corazón, a outros aos pulmóns. “A Kevin aféctalle á mobilidade, á fala e causoulle retraso mental”, aclara Lidia. Pero se alguén

Lidia e Rubén, xunto a Kevin e os seus outros dous fillos./S.N.

4GUÍA DE SAÚDE

sabe entender ao seu pequeno é ela, “non falamos, pero comunicámonos á nosa maneira”. A prezo de ouro No duro camiño de Kevin todo semellan obstáculos. Entre as súas complicacións físicas atópase un problema na cadeira. “Opérano dentro dun mes, pero se o fixeran cando eu dicía seguramente xa estaría de pé”, explicounos Lidia. Ademais, tamén ten un problema de visión. “Conseguín as lentes este verán e ve mal desde que naceu. Dannos excusas como que non se pode operar porque dentro de dous anos estará igual, ou que non se lle poden graduar a vista porque é moi pequeno e non colabora, e claro que non colabora, é un neno especial, pero eu sei como hai que manexalo. Así foi que na Seguridade Social non conseguimos nunca nada, en cambio os doutores Vega (de Xixón) facilitáronnos unha gradación actualizada da súa visión porque repetimos a proba tres veces, se non o facían non cobraban”. Pero iso non é todo. Se lograr que a sanidade pública lles bote unha man para mellorar a calidade de vida de Kevin é unha ardua mi-

[anúnciese no 685 800 190 e comercial@ourenseporbarrios.com]

sión, comprarlle os aparellos básicos que precisa a para a vida diaria éo aínda máis. Porque, curiosamente, o prezo destes obxectos é case dez veces maior que os habituais. Unha silla para o coche axeitada á súa altura e con arnés de suxección custa 1.175 euros; unha capota e un plástico para cubrir o seu carro de paseo para protexelo do frío e da choiva en inverno, 500 euros; e un saco para cubrilo no carriño acada os 300. Así mesmo, para darlle de comer os seus pais pensan adaptar unha estrutura de interiores acoplándolle unha mesa, pero isto ten un custo de 700 euros. E por se isto fora pouco, un servizo básico composto por plato, vaso, culler e garfo ortopédicos acada os 100 euros. “Eu non quero comprarlle ao meu fillo unha Play Station, só pido o básico para vivir”, laméntase Lidia. Con estas cifras calquera familia o tería máis que complicado, pero no caso de Lidia e Rubén a situación é aínda máis difícil. Os dous están en paro, teñen outros dous fillos pequenos e só reciben unha axuda familiar de 400 euros. Na maioría dos fogares as contas non

“Non quero comprarlle unha Play Station, só o básico para vivir”, explica a nai cadran, neste aínda menos. Actividades E precisamente por tan complicada situación é pola que estes pais precisan a axuda dos ourensáns. E estana conseguindo. A través de Cruz Vermella recadaron os 1.100 euros para unha cama ortopédica en menos dunha semana. E este sábado 25 de xaneiro organizaron unha merenda solidaria, con sorteos de regalos, e conseguiron fondos para a capota e o plástico para o carro de Kevin. Pero a actividade non para. Hai recollida de tapóns de plástico en numerosos establecementos, venda de galletas personalizadas e a empanada solidaria de Panadería Tito. Ademais, terán lugar dúas festas infantís en beneficio deste cativo: o 8 de febreiro na discoteca La Bull e o 22 de febreiro en La Posada de Los Monjes; Club Ourense Baloncesto dooulles unha camiseta asinada polo equipo para sortear; e o Celta de Vigo dúas entradas para un dos seus encontros. Cada día para Kevin conta o doble. E cada día para os seus pais é unha nova oportunidade de descubrir formas de facer feliz ao seu fillo e de mellorar un pouquiño a súa calidade de vida. Dende Barrios convidamos aos nosos lectores a que colaboren, na medida que poidan, coa causa deste pequeno, porque grazas á solidariedade ourensá lograremos que vaian desaparecendo todos os inxustos obstáculos que a vida está poñendo no camiño dun neno de só catro anos. Estamos todos con Kevin.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2014

15


16

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2014

SOCIEDADE

4 Oposición e SOS Sanidade Pública desconfían

Imaxe virtual da futuro Hospital de Ourense.

A Xunta promete o inicio das obras de ampliación do CHUO no primeiro trimestre 4A obra foi adxudicada por 41 millóns de euros. Redacción O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a adxudicación das obras de ampliación do complexo hospitalario de Ourense, e fixou a data de inicio das obras no primeiro trimestre deste ano, e a de finalización, a mediados de 2016, é dicir, 23 meses de prazo de execución. A Xunta vén de adxudicar a obra de hospitalización do CHUO por un importe algo superior aos 41 millóns de euros, o que supón un aforro de algo máis de 16 millóns de euros con respecto ao importe de licitación, é dicir do 28%. Feijóo lembrou que a primeira fase do plan para o Hospital Público de Ourense inclúe o bloque de hos-

pitalización; o bloque de servizos centrais e o aparcadoiro tanto para o persoal do centro como para os usuarios. Preto de 50.000 metros cadrados útiles de hospital cunha mellor atención nos sete andares de hospitalización e arredor de 900 camas; cunha maior accesibilidade, con máis de 700 prazas de aparcamento; e cunha maior innovación, xa que grazas á centralización en Ourense dos investimentos do Hospital 2050, este complexo incorporará os últimos avances en materia de tecnoloxías sanita-

rias. O presidente da Xunta resaltou que co futuro Hospital Público de Ourense o Goberno galego cumpre cun dos seus compromisos: “Centralizamos en Ourense as obras do Hospital 2050 como se comprometeu e con isto cumprimos ese compromiso con Ourense de, a pesar da crise e a pesar das obras que temos en marcha noutras cidades, responder a unha necesidade obxectiva que é mellorar os servizos de hospitalización da terceira cidade de Galicia”.

Serán preto de 50.000 m2 de hospital, con 7 andares de hospitalización e arredor de 900 camas, con máis de 700 prazas de aparcamento, e cos últimos avances en tecnoloxías sanitarias

Partidos como PSOE ou CxG, ou a Plataforma SOS Sanidade Pública amosaron as súas dúbidas sobre esta adxudicación. Así, a portavoz socialista de Sanidade no Parlamento galego, Carmen Acuña, referiuse ás “mentiras de Feijóo”, subliñando que “tan só adxudican unha parte da obra” non a remodelación completa; que a concesión foi feita a unha “baixa temeraria, seguindo o modelo do Canal de Panamá”, e que o Goberno galego “minte nos prazos” de execución da obra e nas camas hospitalarias; das 900 prometidas, Acuña rebaixa a cifra a 350. Financiamento Pola súa banda, Compromiso x Galicia alertou da posibilidade de que “os retrasos continuados” na adxudicación da ampliación do hospital poñan en “grave risco” a consecución de fondos europeos para a súa execución e equipamento. Recorda a formación galeguista que os fondos cos que se vai financiar a obra formaban parte do programa FEDER 2007-2013, “no que todos aqueles proxectos que non estean adxudicados de xeito definitivo antes de que rematara o 2013, corren o risco de quedar sen financiación europea, se non se lle concede unha prórroga por parte das autoridades comunitarias”. As mesmas dúbidas recollía a Plataforma SOS Sanidade Pública. “Este atraso está a poñer en risco os fondos europeos de 45 millóns de euros. Non hai garantías ao cento por cento de que isto estea solucionado”.

Presentación de Xantar en Fitur 2014.

Cuba, país invitado en Xantar 4 Celébrase en Expourense entre o 5 e o 9 de febreiro. Redacción Cuba será o país convidado de Xantar 2014, o Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, que se celebrará en Expourense entre o 5 e o 9 de febreiro estreando o Selo de “Feira Comercial Internacional”. Xantar convértese así nunha do cinco citas internacionais de turismo celebradas en España. Cuba estará presente en todas as accións previstas nesta 15ª edición de Xantar promocionando a súa gastronomía, turismo, artesanía e produtos agroalimentarios. Contará cun restaurante propio que estará liderado pola Sociedade Cultural Rosalía de Castro, que é un dos Centros Galegos da Habana. O país convidado ofrecerá un menú degustación composto por algúns dos seus pratos máis significativos e participará ademais nas actividades do salón como os talleres de cociña en directo ou as catas.

Restaurantes Nesta edición participarán un total de 18 restaurantes procedentes de Galicia, Asturias, Castela e León e Portugal, ademais de Cuba. En total, ofreceranse máis de 30 menús, con prezos entre os 12 e os 30 euros, baseados nos seus produtos autóctonos e de calidade, xa que a maioría inclúen alimentos amparados por unha Denominación de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida. Contribuirase así á posta en valor dos produtos agrogandeiros e pesqueiros de calidade. Ademais, poranse en valor os beneficios para a saúde dos alimentos comprendidos na Dieta Atlántica e incluirán distintos menús aptos para celiacos. Portugal Portugal volverá ser un dos protagonistas desta cita gastronómica, coa presenza de restaurantes das rexións de Porto e Norte e Centro; e da visita de delegacións empresariais relacionadas co turismo e coa gastronomía.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2014

17


18

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2014

SOCIEDADE

4RECEITA

Entrevista a Pablo Pinés León, Young Graduate Trainee na Axencia Espacial Europea

Fabas con puntillas

“A ESA é a porta de Europa ao espazo”

Ingredientes (para catro persoas ) ½ kg de fabas pintas ½ kg de puntillas 1 cebola 8 cravos de cheiro 1 rama de perexil Aceite de oliva Sal 2 tomates naturais Laurel 20 g fécula de pataca ½ pemento vermello ½ pemento verde 2 dentes de allo 1 cucharada de pemento doce Elaboración Nunha pota con auga fría agregar a cebola picada cos cravos, a rama de perexil, a folla de loureiro, un chorro de aceite e as fabas remolladas. Levar a ebulición aos 20 minutos de cocción, engadir auga fría para cortar o fervor e continuar cocendo ata que estean tenras aprox. 45 minutos máis. Guisar as puntillas co pemento vermello, o pemento verde e os tomates naturais raiados. Unha vez guisadas engadilas ás fabas. Facer un refrito con aceite de oliva, pemento doce, allo e a fécula da pataca. Desliar co líquido das fabas, mesturalo todo e deixar cociñar todo xunto sobre cinco minutos ata que se mesturen os sabores. Deixar repousar e servir. Luis Iglesias, xefe de cociña Os Caracoles Tel. 988 380 165

4 Este ourensán do barrio do Couto traballa na sede da Axencia en Roma. R. Torres Pablo Pinés León, 28 anos é “Young Graduate Trainee” (mozo graduado en prácticas) na Axencia Espacial Europea (ESA). Cun gran expediente ve as portas do seu país, no ámbito laboral, pechadas. Falamos con el durante as súas vacacións antes de regresar a Roma. Cal é a función da Axencia Espacial Europea? Pablo Pinés (P.P.): “É a porta de Europa ao espazo. É unha axencia intergubernamental composta maiormente por países da Unión Europea. Encárgase de xestionar programas europeos que un só país non podería facer, como os cohetes Ariane”. Eu traballo no departamento de informática e participo nos proxectos de cloud computing, que son a peza fundamental da estratexia IT da organización. Case todos os proxectos que se están a facer rematarán con seguridade migrados ao cloud, se non están vindo xa”. Cal é o teu cometido? P.P.: “Eu comecei no servizo cloud público. Encargueime de verificar que as características técnicas dos servizos contratados se corresponden co que eles presentaron ao con-

curso, ademais de facer un website interno para dar a información necesaria a técnicos e xestores. Así, se outro departamento de ESA ven ao cloud público ten garantido que se cumpren os requisitos da organización. Teñen que ser provedores europeos cunha serie de características. E aos dous meses de estar na ESA comezamos co cloud privado, que agora é o meu proxecto principal. Encargueime da validación funcional do compoñente co que operan os usuarios e agora, entre outras máis cousas, traballo na creación dunha base de coñecemento do cloud privado, aínda que pronto virá a seguinte fase: a implementación dunha solución de recuperación de desastres, con tecnoloxía verdadeiramente punteira”. Sempre que se fala do espazo fálase da NASA. Sodes competidores deles? P.P.: “Cada axencia é diferente, NASA xurdiíu un pouco coma escaparate na guerra fría, por competir cos soviéticos, mentres que ESA é un mecanismo de política industrial espacial para asegurar que Europa ten acceso independente ao espazo. Na ESA o programa máis importante é a observación da Terra porque ten moita rendibilidade económica e científica. Un

exemplo da utilidade destes programas é o Swarm, un satélite, en realidade tres, traballando de forma conxunta, xa en órbita e que pronto comezarán a medir o campo magnético con moita maior precisión que ningunha misión anterior. Entre outros motivos, interesa porque os científicos teñen detectados nos últimos anos un debilitamento dun 15% na forza deste campo”. Que podería suceder? P.P.: “Algúns científicos temen que poida ser o comezo dunha inversión dos polos. Que sucede? Que pasa con nós? Non se trata de ser catastrofista nin alarmante pero o campo magnético protéxenos da radiación solar, por iso hai moito interese en coñecelo con máis detalle”. O teu futuro laboral velo máis fóra ou dentro de España? P.P.: “Fóra. Coas condicións laborais de aquí non me interesa volver. Temos xente formada de sobra, pero os empresarios teñen conceptos doutras épocas e ven ao traballador coma un inimigo, cando é un aliado”. Estiven nunha empresa en Alemaña e ás poucas semanas xa investiron na miña formación”. Que debería facer o Goberno para que xente coma ti non marche?

Pablo Pinés en Ourense, uns días antes de regresar á sede da ESA en Roma. /RAMSÉS

“A Axencia Espacial Europea é un mecanismo de política industrial espacial para asegurar que Europa ten acceso independiente ao espazo” “Estiven traballando nunha empresa en Alemaña e ás poucas semanas xa investiron na miña formación” P.P: “Para comezar, non facer leis como a de fai pouco na que os que levan tres meses fóra de España quedan sen cobertura sanitaria ata que encontren traballo (o cal xa sabemos que

non é precisamente sinxelo). Tería que rematar coas oligarquías, aínda que eles mesmos pertencen a ela. Dame a sensación que non lles importa que non volvamos”.


OCIO E CULTURA

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2014

entrevista a manuel precedo, membro do cineclube padre feijoo

“O noso éxito é unha conxución de constancia e de que acertamos coa programación”

4 Con máis de 40 anos de historia e máis de sete mil espectadores en 2013, o cineclube ourensán é todo un referente na cidade. Paula Lodeiro Manuel Precedo é a cara visible do Cineclube Padre Feijoo; xunto a Óscar, Iñaki, Manuel e algún colaborador máis encárgase de que todo funcione á perfección cada vez que hai proxección, repartíndose as tarefas: reparto de entradas, presentación da película e control do proxector. Este mes estreaban o ciclo “Sesións de Filmoteca” completando practicamente o aforo da sala da Biblioteca nodal. Desde cando funciona o Cineclube Padre Feijoo? M.P.: “Fundouse a finais do ano 70, como unha actividade máis da Escola de Maxisterio”. Como foi o regreso á Biblioteca nodal? M.P.: “É a segunda etapa, o cineclube estivo aquí ata fai dez anos máis ou menos. Estivemos no cine Duplex ata que pechou e despois no Cinebox e deixamos de ir porque nos timaron, quedaron coa taquilla”. Tivestes que facer algunha reforma na sala? M.P.: “O único que fixo a Xunta foi pintar a sala, e despois comprar as butacas, de segunda man, e nós instalámolas na época de Nadal. Os proxectores son nosos, e compramos agora un proxector dixital, co que aforramos neste tempo”. Que afluencia de público tivestes o ano pasado? M.P.: “Tivemos sete mil

Manuel Precedo, Iñaki Novoa e Óscar Iglesias, do Cineclube Padre Feijoo na sala da Biblioteca nodal, que reduciu o seu aforo a 112 butacas./P.LODEIRO.

“Non hai apoio á cultura en xeral, hai impulsos para saír na foto” “O problema do cine comercial é a política de prezos e a falla de variedade na carteleira” e pico espectadores, mil menos que o ano anterior, pero é polo aforo, porque antes tiñamos máis no Cinebox; aínda así é unha cifra respectable. É dos cineclubes de España que máis espectadores ten”. E a que cres que se debe este éxito de espectadores, programades moito? M.P.: “Non, non somos os que máis programamos, o do Barco de Valdeorras e ás veces o do Carballiño supérannos en canto a filmes programados. Creo que sinxelamente é unha conxución de constancia, que hai un hábito xa creado

en determinado público na cidade, e da programación, quero crer, tamén acertamos coa programación”. Que criterio seguides á hora de programar? M.P.: “Ás veces é un pouco complicado, básicamente ler moita crítica cinematográfica e despois depende da ocasión. Hai ciclos que veñen un pouco dados; despois de tratar o tema da crise económica viña un pouco dado tocar a crise política e do sistema, por iso este ciclo (“Erro do Sistema”, que se proxectaba en xaneiro). ‘Díaz: non limpedes este sangue’ non é

un título moi coñecido nin a historia sequera que trata, que é unha historia real, pero o público merece que ese tipo de filmes que non vai ver no cine comercial, nin sequera na televisión, que teñen unha certa calidade, que procuremos programalos; ese é o obxectivo”. Évos fácil acceder a estas películas? M.P.: “É complicado, e ademais nesta crise económica, hai filmes que nos gustaría traer pero non están distribuidos en España e entón é dificultoso conseguir algún filme. É o que falábamos antes de “La grande bellezza”, que piden uns prezos tan desorbitados que non é posible acceder a eses filmes”. O ciclo que ofrecedes os luns é gratuíto, por que? M.P.: “Primeiro, porque é unha colaboración co

Festival Amal e había unha condición que era esa, e segundo, se tiñamos unha sesión aos mércores o que non podiamos era castigar máis os petos dos usuarios, cando ademais xaneiro non é un mes moi boiante. Ademais, creiamos que era bo deixalo así, para crear un hábito os luns”. Vai haber no futuro proxeccións os luns e os mércores? M.P.: “Si, os luns imos buscar seguir facendo sesións coa filmoteca; a idea orixinal é procurar que no acordo que temos máis ou menos elaborado, que aínda non firmamos, co CGAI (Centro Galego das Artes da Imaxe), se poidan traer os títulos da filmoteca galega aquí, é o obxectivo”. Xa tedes pensado o ciclo de febreiro? M.P.: “Non, aínda non o temos pechado”. Como valorades o apoio que vos dan as institucións? M.P.: “Malísimo, eu creo que non hai apoio á cultura en xeral, hai impulsos para saír na foto, e se fan ás veces actividades para iso, pero en xeral un apoio constante e preocupación non, porque cando imos petar á Deputación nos din que si, que nos van axudar, pero despois pasa o ano e non pasa nada, e iso mesmo sucede no Concello”. Pero co Concello tivestes puntualmente colaboracións?

19

M.P.: “Si, pero son convocatorias públicas de subvención, ás que nós acudimos, e vemos que se valoran máis cousas puntuais dunha semana que o que se fai con constancia durante o ano, e temos esa queixa. Ademais é lamentable que este ano 2014, que a cidade se quere potenciar como capital cultural do Eixo Atlántico, haxa tanta deixadez”. E máis tendo en conta que é unha cidade que ten un festival de cine? M.P.: “Exactamente”. Como vedes vós o certame a súa próxima edición, que futuro lle vedes? M.P.: “Gustaríanos dicir que ten futuro, pero o problema que ten esta cidade cos seus responsables, e vese basicamente no festival de cine, que se xoga a impulsos. A anterior responsable da Concellería de Cultura tardou como sete meses en decidir que disolvía o Consorcio, outro tanto en preparar o equipo para convocalo e isto mesmo pasou con esta nova corporación. Lamentablemente, o festival de cine estase castigando por este tipo de deixadez política. E ten público, esta cidade é unha cidade de cine, non só polos datos de asistencia ao cineclube, senón en xeral o cine comercial salvábase, mentres todas as provincias de Galicia ían perdendo expectadores Ourense resistía e gañaba espectadores”. E iso que só quedan as salas do Cinebox, cal é problema do cine comercial? M.P.: “O problema do cine comercial, que xa o apuntaramos nos cineclubes nun informe, é a política de prezos e a falla de variedade na carteleira, e se iso o conxugas, a xente deixa de asistir ao cine, pero a pesar diso o cine en Ourense resiste”.


20

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2014

4AXENDA Exposicións - Desde o 3 de febreiro - Fotografías “Préstamos para soñar” de Anabella Avril - Liceo - Ata o 9 de febreiro “Esta historia é a miña” Amencer, C. Salesiano Música - 31 de xaneiro - Concerto Solidario Mans Unidas - 20 h - Auditorio - 31 de xaneiro - Concerto Pilar Martínez & Javier Constenla - 22:30 h - Jam Session Café Concerto - 1 de febreiro - Concerto de Seventy Seven - 21 h Café Cultural Auriense - 15 de febreiro - Concerto de Tachenko - 21:30 h - Café Pop Torgal Teatro - 2 de febreiro - “En un lugar del Quijote” - 19 h Teatro Principal - 8 de febreiro - “Return” 20:30 h. - Teatro Principal www.mundourense.com

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

IV Live For Madness Metal Fest 4 O 15 de marzo na Sala Berlín P. F. O 15 de marzo terá lugar a cuarta edición do festival de música metal e de carácter non lucrativo Live for Madness Metal Fest. Un festival cuxo obxectivo é dar a coñecer bandas de metal do panorama underground nacional e que xa vai pola súa cuarta edición. A cita é na Sala Berlín de Ourense, cun prezo de 10 euros a entrada. O festival contará este ano coas bandas Neverside (Vigo), Mutant Squad (Santiago de Compostela), Primitive (Santiago de Compostela), Hummano (Madrid) e Anvil of Doom (Jerez de la Frontera) , as cales foron elixidas mediante un proceso de selección público e aberto lanzado na rede polo seu

Presentación do IV Live for Madness Metal Fest no Ateneo o pasado 22 de xaneiro./P.FEIJOO. organizador, Iván Nieto. Vertente solidaria Cabe destacar o acordo de colaboración que este festival ten co Banco de Alimentos de Ourense, mediante o cal os asistentes ao festival poderán doar alimentos á devandita entidade; ademais parte do recadado será doa-

do ao propio Banco. O Live for Madness tamén ten un acordo con outro festival de maior calibre, o Resurrection Fest de Viveiro, mediante o cal, unha das bandas que actuará no festival ourensán, poderá facelo no festival lucense, sendo seleccionada por un xurado.

4ADÓPTANOS... 4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

Unha tapa de argumentos e feitos!

Keiko: unha pequena xoia que tardamos en descubrir. Noviña, dun ano ou dous, alegre e ás veces un pouco tímida. Chegou tan asustada que tardou en deixarnos ver o amor que é. Tamaño ideal para piso, incansable seguidora alá onde vas e amante de tumbarse nas pernas a descansar contigo.

Bolecho: Macho mediano dun ano e medio. Pasou toda a súa vida nunha finca sen demasiadas atencións, pero é un cachorro aínda ao que lle encantan os mimos. Lévase ben con todo o mundo e é moi nobre.

Contacta con PROGAPE na estrada de Eiroás s/n - Vilar de AstrésTlf: 988 21 29 39 Facebook/Progape

Unha vén a Dinamarca sen saber moi ben de que país. Mires onde mires, leas o que leas e vexas o que vexas –á parte do mundial de fútbol de Brasil 2014, onde ante a dúbida canta estrela-, a cousa antóxaseme un tanto fragmentada – ou pinta “chunga”, para que nos entendamos todos-. Corren tempos incertos. Tanto que en cada casa reina un país e o país non reina en ningunha. Si, a iso me refería, a ditosa crise tamén chegou ata o moi rexio palacio da Zarzuela. Isto é o “acabouse”. Pero ante todo moita calma que Ana Bottle dá moito xogo e seguro que algo se lle ocorre. As cousas pintan fragmentadas e confusas, facéndoche perder o norte, mesmo cando estás no mesmo Norte. Hai unha semana publiquei nunha web de Copenhague un artigo sobre os resultados de Transparency International, unha ONG encargada de facer o famoso índice de corrupción no que Dinamarca quedaba en primeira posición como o país menos corrupto do mundo xunto a Nova Ze-

landia. Para os curiosos, España (mito e realidade), baixando un posto respecto ao ano anterior, quedou nun digno posto número 40. Digo digno porque, coa que está a caer, un posto 40 entre 177 tampouco é o peor dos males. O peor dos males foi ter que ler certos comentarios sen fundamento, nin chicha, nin limoná que o devandito artigo suscitou entre os usuarios de Facebook. As redes sociais están poboadas por entes de natureza estraña e impredicible como as súas reaccións. Definitivamente, de todos os comentarios quedo cos dunha moza que se dedicou a criticar a mancheas ao reino Escandinavo. Víaa totalmente indignada porque Dinamarca quedase no posto número uno pois, segundo ela –lamentablemente non proporcionou datos para corroboralo-, a corrupción campaba ás súas anchas neste país de hipócritas ao que ela emigrou desde o paraíso da orde e a confianza na clase política. Adiviñádeo: España (mito e realidade).

Non me vou pór nostálxica –vade retro- pero Don Manuel levaba algo de razón cando dixo iso de que Spain is different. Nunca unha frase xustificou tan á medida certas situacións ou formas de pensar e ver o mundo. Eu non son ninguén para quitarlle a esta moza parte da súa razón. Pode ser amor de filla pola nai patria (?), pero visto desde fóra, queda un pouco choni discutir cun danés –que tampouco son impolutos anxiños libres de toda culpa- sobre quen é máis corrupto que quen. En fin, quedade tranquilos no Sur, que aquí hai almas para defendervos contra vento e marea. O malo é que a vontade por si soa é insostible; necesitamos argumentos e feitos para lograr facernos cribles. Raquel Sertaje

“A vontade por si soa é insostible; necesitamos argumentos e feitos para lograr facernos cribles”

Concerto de Miguel Costas. /PABLO FEIJOO.

Nadal de rock galego Pablo Feijoo A actividade musical non cesou en Ourense durante o Nadal. Moitos foron os concertos que puidemos presenciar durante estas datas, destacando os tres que máis afluencia de público tiveron no mes de decembro. Rock sarcástico en estado puro O día 20 de decembro actuou na nosa cidade o mítico grupo galego Heredeiros da Crus, os cales esgotaron todas as entradas varias semanas antes. A banda galega ofreceu un extenso concerto de algo máis de dúas horas no que presentaron o seu novo traballo “Jard Rock con fe”, pero a súa vez repasaron a súa traxectoria con temas míticos como “O teu fillo fuma porro” “Non quero nada de ti” ou “Que jallo é”. Outro mítico músico galego, deixouse ver por Ourense o día 28, era Miguel Costas, o ex cantante de Siniestro Total e Aerolíneas Federales actuou para o público local presentando o seu novo traballo en solitario “Alguien tenía que hacerlo”, un disco que mantén o tono irónico e humorístico do cantante vigués. Non

podían faltar as súas creacións xa míticas de Siniestro total, como “Diga que le debo”, “Pueblos del mundo” ou o xa himno “Miña terra galega”. Regreso dunha banda mítica do metal Ankhara volveu a reunirse tras nove anos de separación e Ourense non podía faltar a esta xira de regreso, xa que o vocalista Pacho Brea é natural da nosa cidade. Fixeron un repaso da súa traxectoria, tocando temas dos seus discos “Dueño del tiempo” ou “Sombras del pasado”. O grupo estivo acompañado pola banda local anteriormente coñecida como Eye for an eye e polos vigueses Druidas que aproveitaron para presentar o seu primeiro disco. Rock americano para empezar o ano Xa no 2014, cabe destacar a actuación o pasado sábado 18, da banda americana The Statesboro Revue, o cuarteto americano interpretou temas cun son moi característico coma “Fade my shade of black”, presentando o seu novo traballo “Ramble on privilege creek”, disco que presentarán por toda a xeografía nacional e Ourense foi unha das primeiras cidades elixidas.


OCIO E CULTURA

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2014

“Paraugas para todos” en San Pío X

4 Concurso de comparsas deste Entroido 2014 A Xunta de Goberno Local aprobou as bases para o Concurso de Comparsas de Entroido, así como a elección do Rei ou Raíña do Entroido. O carnaval, que terá lugar entre os días 28 de febreiro e 5 de marzo, é festa de interese turística, e unha das que se vive con maior participación dos ourensáns. Este concurso está aberto a asociacións de veciñas, veciños, culturais, xuvenís, grupos, colexios, etc. En total repartiranse máis de 6.000 euros en premios. As inscricións das carrozas e/ou comparsas faranse na Concellaría de Cultura (sita no Auditorio Municipal) en horario de oficina, por teléfono no nº 988 39 12 90, no fax 988 23 25 77 ou no mail de cultura@ ourense.es. As do Rei ou Raíña poderanse facer con antelación ou o mesmo día (domingo 2 de marzo) na Praza Maior.

21

4 A Festa da Pita xa ten cartel A Festa da Pita de Eiroás ten xa o cartel da súa 15ª edición, realizado pola deseñadora ourensá Idoia de Luxán, no que disfraza de Pita a unha pita, empregando as cores habituais do Entroido deste barrio ourensán e texturas de papel-maché. A primeira data festiva en Eiroás será o 16 de febreiro co Domingo Fareleiro; unha semana despois, chegará o Domingo Oleiro e finalmente o día grande será o Martes de Entroido coa voda da pita.

Fieis da parroquia de San Pío X, o pasado domingo./P.LODEIRO.

Presentación do novo Seat León ST O pasado 14 de xaneiro a caravana que presenta o novo Seat León ST fixo un alto no concesionario Seat de Ourense, Copersa. Sete modelos deste coche puideron ser probados polo público que se achegou ata as súas instalacións. A versatilidade é a marca da nova versión do Seat León, cunha motorización que vai desde os 86 cv ata os 184 cv. Estará á venda desde 14.500 euros.

O xerente de Copersa, Antonio García, e os responsables comerciais,Servando Pardo e Paula Losada, na presentación do novo Seat León ST./M.REJO.

Dentro da programación do seu 50º aniversario, a parroquia de San Pío X de Mariñamansa organizou o pasado 26 de xaneiro un acto simbólico co lema “Paraugas abertos por un mundo mellor”, coa colaboración de Mans Unidas. Trala misa do domingo, os fieis achegáronse ata o parque de Mercadona e abriron os seus paraugas ao son dunha canción, reivindicando unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre. Segundo explicaba o párroco, Luis Rodríguez, “así como un paraugas protexe da choiva, queremos simbolizar que toda sociedade debe protexer aos máis débiles, aos máis indefensos, aos que o están pasando mal”. A celebración dos 50 anos da parroquia de San Pío X continúa o 7 de febreiro cun festival no Teatro Principal, a partir das 20:30 horas, e coa simbólica “cea da fame” o día 14, nos salóns da parroquia.


22

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2014

DEPORTES

O Ourense perde ritmo e alónxase da promoción

4 Non obstante, accede aos cuartos de final da Copa Federación. Rafa Huertas no partido contra o Huesca./elobservadordelmundo.com

O COB cae en Huesca 4 Os de Gonzalo García de Vitoria perderon por 73-65. R. Torres Moitas son as oportundades de engancharse a postos que lle permitan pelexar por entrar no play off, e moitas son as oportunidades desperdiciadas. Nesta ocasión foi en Huesca, cando o COB deixou escapar a ocasión de acercarse ao play off; os ourensáns caeron derrotados por 73-65 e continúan na antepenúltima posición

con cinco vitorias. Por arriba, o play off está a dúas vitorias; ocupa a última praza da loita polo ascenso o Lleida con sete vitorias. Por abaixo, en descenso, Navarra e Barcelona B (estes cun partido menos) están con tres vitorias (a dúas dos ourensáns). O COB recibe o 7 de febreiro (ás 21 horas) no Paco Paz ao Cocinas. com.

R. Torres O CD Ourense perde ritmo na Liga e sae dos postos de promoción. Pola contra, accede aos cuartos de final da Copa Federación, tras superar ao Marino de Luanco na eliminatoria de oitavos de final. Na última xornada de Liga o Ourense xogaba no Couto contra o filial do Sporting de Xixón. Comezarón os rojillos adiantándose no marcador cun gol de Iker Alegre. Pero a ledicia duraría pouco, ao minuto seguinte os asturianos empataban a contenda e Daniel Portela víase na obriga de abandonar o terreo de xogo por mor dunha lesión. Na segunda metade, o Ourense non daba dobregado ao rival, e foi este o que acadou gol da vitoria. Nos últimos minutos, os de Luisito intentárono con máis corazón que cabeza. Pero finalmente a vitoria viaxou a Xixón. Con esta son cinco as xornadas disputadas na casa que o CD Ourense non logra a vitoria. Sétimo Esta derrota fai que os ourensáns sexan séti-

mos con 33 puntos, a oito da promoción de ascenso. Despois de moitas xornadas nos postos de promoción, o Ourense perde comba cos de arriba e ve como se alonxa a cuarta posición, que ocupa o próximo rival, o Oviedo. Unha vitoria suporía volver a engancharse aos postos altos. Pola contra, de caer derrotados no novo Tartiere estaría nunha situación complicada, tendo en conta que na seguinte semana tócalle descansar ao equipo da vella Auria. Copa Federación Se o Ourense se desíncha na Liga pásalle o contrario

na Copa Federación. Os ourensáns viaxaban a Luanco cunha renda dun gol do partido de ida, polo que o desenlace da eliminatoria presentábase complicado. Pero nada máis lonxe da realidade; os galegos lograban un 0-3 con goles de Rubén Arce, Borja Valle e Óscar Martínez (este último regresaba dunha lesión). Para cuartos de final o rival de Club Deportivo Ourense será o conxunto andaluz do Alcalá de Guadaira. A ida disputarase en Sevilla o 6 de febreiro; a volta, para unha semana máis tarde.

Óscar Martínez no partido do Couto contra o Sporting de Gijón B. /RAMSÉS

Ponte gaña, Cidade perde Redacción A xornada número 15 da Primeira División de fútbol sala feminino deparou un dobre resultado de 2-1 para os coxuntos ourensáns. O Ponte Ourense recibía ao Viaxes Amarelle nos Remedios. As de Óscar Vivián lograban a vitoria nun duro encontro que non se decidíu ata que os árbitros asubiaron o final do encontro. Os dous goles das albinegras foron obra da brasileira Raquel de Souza, que con estes xa suma 17 tantos en toda a tempada e ocupa a cuarta posición no ranking de goleadoras. Con esta vitoria, o Ponte é sétimo con 22 puntos a sete da cuarta posición, última que dá dereito a entrar na Copa de España. Pola contra, o Cidade As Burgas caeu derrotado en Ferrol contra o Valdetires. 2-1 a pesar de comezar gañando cun gol de Sonia Pacios. Agora as franxiverdes son décimas con 17 puntos. O descenso está a seis puntos -delimitado polo Soto del Real con 11 puntos-. Vindeira xornada Este 1 de febreiro mediranse Roldán con Ponte Ourense, e Cidade As Burgas con Viaxes Amarelle. A cita das de Codeso será 17 horas nos Remedios).

Laura Fernández controlando o balón no partido contra o Amarelle. /RAMSÉS


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2014

23


Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2014


a Pablo OEntrevista Nadal xa Pinés, graduado en está aquí prácticas na Axencia [páx. 15

Espacial Europea e páx. 39-42]

TEMA DO MES P.2-3 CIDADE O PSOE remite a Madrid a resolución da súa crise interna

Páx.6

Máis de 500.000 euros para obras no perímetro rural

CIDADE

Páx. 7

O obradoiro “Ruta Termal” forma 24 desempregados

[Páx.18]

SOCIEDADE Páx.16

DEPORTES

Cuba, país convidado no 15º Salón gastronómico Xantar

O CD Ourense perde ritmo e alónxase da promoción

Nova estación de tratamento de auga potable

Páx.22

[páx.6]

As obras do abastecemento de Ourense, cun investimento de 28,7 millóns de euros, beneficiarán a máis de 100.000 persoas./IÑAKI OSORIO

Número: 127 - Ano: XIII - Xaneiro 2014 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2014

4OS ANUNCIANTES DO MES

Calor y Fuego trasládase ao polígono San Cibrao

FreewayRock Coffee, empeza o día con bo pé

A empresa ourensá Calor y Fuego vén de ampliar as súas instalacións, asentándose no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, tal e como indica o seru director comercia, Miguel Ángel Rodríguez: “agora podemos ofertar un maior servizo e darlle aos nosos clientes unha maior comodidade á hora de visitarnos. Temos mellores opcións de stock e un maior número de exposicións.” Calor y Fuego leva máis de 10 anos cun constante crecemento. É unha empresa autorizada polo Ministerio de Industria e son expertos en chemineas, estufas e derivados. Tamén traballan en temas de enerxias renovables: xeotermia, aerotermia, biomasa, solar... estando especializados en calefacción por biomasa. Miguel Angel Rodríguez destaca que “o cliente pode confiarnos todas as fases do seu proxecto: dende a elaboración do mesmo e asesoramento ata a montaxe e instalación finais.” Calor y Fuego atópase no Polígono de San Cibrao das Viñas, Sector C, Rúa 5.

FreewayRock Coffee é un café pensado para empezar o día con bo pé. Especial mención merecen os seus almorzos. Unha elección acertada é comezar a mañá co doce aroma dos bolos recén forneados no propio establecemento e gozar dos seus muffins recheos de chocolate, arándanos ou yogur. Xa na hora da comida, teñen unha ampla oferta de hamburguesas, bocadillos e un importante surtido de comida mexicana. Coñece tamén o seu delicioso plato de filete parmegiano: rebozado con ovo, fariña, pan raiado, salsa de tomate caseira e queixo gratinado ao forno. FreewayRock Coffee ten actualmente unha oferta de café a un euro e ofrece unha zona de xogos infantís para que os máis cativos poidan xogar mentres os seus familiares toman tranquilamene un almorzo, unha tapa ou unha comida nun ambiente familiar e agradable. Todos estas delicias poden probarse de luns a domingo, de 07:00 a 02:00 horas en Pena Trevinca, nº 11


Entrevista a Manuel Precedo, do Cineclube Padre Feijoo TEMA DO MES P.2-3 CIDADE

Pax. 8 SOCIEDADE Páx.16

O PSOE remite a A Escola Infantil Madrid a resolución da da Farixa estrea súa crise interna mobiliario

CIDADE

Páx.16

Cuba, país convidado A Xunta adxudica a no 15º Salón obra de ampliación do gastronómico Xantar hospital de Ourense

Paraugas para todos en San Pío X

DEPORTES

[páx. 19]

Páx.22

O Ourense perde ritmo e alónxase da promoción

[páx. 21]

Dentro dos actos conmemorativos do seu 50º aniversario, a parroquia de San Pío X reivindicou unha sociedade máis xusta./P. LODEIRO.

Número: 113- Ano: XIII - Xaneiro 2014 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2014

4OS ANUNCIANTES DO MES

Calor y Fuego trasládase ao polígono San Cibrao A empresa ourensá Calor y Fuego vén de ampliar as súas instalacións, asentándose no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, tal e como indica o seru director comercia, Miguel Ángel Rodríguez: “agora podemos ofertar un maior servizo e darlle aos nosos clientes unha maior comodidade á hora de visitarnos. Temos mellores opcións de stock e un maior número de exposicións.” Calor y Fuego leva máis de 10 anos cun constante crecemento. É unha empresa autorizada polo Ministerio de Industria e son expertos en chemineas, estufas e derivados. Tamén traballan en temas de enerxias renovables: xeotermia, aerotermia, biomasa, solar... estando especializados en calefacción por biomasa. Miguel Angel Rodríguez destaca que “o cliente pode confiarnos todas as fases do seu proxecto: dende a elaboración do mesmo e asesoramento ata a montaxe e instalación finais.” Calor y Fuego atópase no Polígono de San Cibrao das Viñas, Sector C, Rúa 5.

Casa comunitaria da terceira idade de Amoeiro, un ambiente familiar e agradable No seu primeiro aniversario, a Casa comunitaria para a terceira idade de Amoeiro fai un balance positivo deste período, xa que ten case completas as 12 plazas que oferta. A 8 quilómetros de Ourense, nas Quintás (Amoeiro), esta residencia conta con máis de 3.000 metros cadrados de zona axardinada, que os seus profesionais aproveitan no período estival para realizar actividades exteriores. Entre os servizos que oferta aos seus residentes atópase atención por persoal especializado as 24 horas, talleres de memoria, actividades lúdicas e servizo de transporte ao médico. Ademais, os maiores que viven nesta residencia gozan de réxime aberto para as visitas dos seus familiares, habitacións amplas e dobles, e servizo de autobús urbán próximo ás instalacións. Os interesados en ampliar información poden dirixirse ao 988279066 ou á web www. casacomunitariaamoeiro.com.


Entrevista a Manuel Precedo, do Cineclube Padre Feijoo TEMA DO MES P.2-3

CIDADE

Páx.4

CIDADE

Páx.9

Crise no Concello: o alcalde retira as competencias a Penín

Poñen en evidencia a Os estudos de ausencia de licenzas no Enxeñaría Física, párking de Paseo cada vez máis preto

SOCIEDADE Páx.16

[Páx.19]

DEPORTES Páx.22

A Xunta adxudica a O CD Ourense perde obra de ampliación do ritmo e alónxase da hospital de Ourense promoción

[páx.3]

[páx. 6]

Aperturas no casco histórico A Casa da Maxia servirá de ampliación do centro cívico da rúa Colón e o edificio da praza da Imprenta acollerá a Área de Facenda./P.LODEIRO.

Número: 76- Ano: XIII - Xaneiro 2014 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2014

Xaneiro 2014 ouxb  

O número de xaneiro de Ourense por Barrios leva como tema do mes a crise interna do grupo municipal socialista, que parece se resolverá en M...