Page 1

A UD Ourense logra a primeira vitoria do curso no Couto [Páx. 12]

TEMA

Páx.2 TEMA

PSOE, BNG e Cs presentaron unha moción conxunta sobre mobilidade

Páx.3

O Concello marca a folla de ruta con respecto á oferta cultural da cidade

CIDADE

Páx.6

Unha campaña para espantar aos estorniños da cidade utilizará aguias

CELANOVA

Páx.10 ALLARIZ

Este setembro, cursos de Robótica e deseño gráfico na aula Cemit

Páx.11

O 15 de setembro apicultores de Galicia e Portugal participarán na II Feira Apícola

II Festival RIR [Páx. 11]

Ourense, en obras

[Páx. 2-4]

Premio “Celanova, Casa dos Poetas” [Páx. 10]

Obras no acceso ao CHUOU e de construción do aparcadoiro da intermodal. // Allariz acolle o II Festival RIR. // Isabel Blanco recibe o premio “Celanova, Casa dos Poetas”.

Número: 105 - Ano: XII - 5 de setembro de 2019 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




Barrios 5 de setembro 2019

TEMA DA SEMANA

Modificacións do tráfico polas obras da intermodal 4 O PSOE local reuniuse en Madrid con responsables de Adif. Redacción As obras de construción do aparcadoiro da estación intermodal de Ourense modifican o tráfico na contorna da estación Empalme. Esta situación continuará ata o remate das obras, o outono de 2020. Para acceder á estación en transporte privado só se poderá facer a través do aparcadoiro, desde a rúa Eulogio Gómez Franqueira. O tráfico provinte de Xesús Pousa deberá xirar obrigatoriamente á dereita (e non como até o de agora, que se podía incorporar de fronte). Do mesmo xeito, os vehículos que suban pola avenida das Caldas deberán xirar obrigatoriamente á derei-

ta. Dentro da estación, só se poderá estacionar no aparcadoiro de Adif -con entrada desde Eulogio Gómez Franqueira-. Ademais, os vehículos que circulan pola avenida de Marín non se poderán incorporar á esquerda, cara a Xesús Pousa e a Ponte do Milenio, pola locomotora. A parada de autobús máis achegada ao centro de saúde trasladarase uns metros cara adiante, manténdose o tráfico igual que estaba. Reunión con Adif Catro concelleiros socialistas da cidade de Ourense traslaráronse ata Madrid para ter un encontro con representantes

Lugar onde se levan a cabo as obras que obrigarán ás modificacións de tráfico na zona./RAMSÉS.

de Adif e tratar sobre a estación intermodal. Desde o grupo socialista valoraron como “moi positiva” a xuntanza. Os socialistas aseguraron que os técnicos coinciden en que a ubicación “da estación de autobuses rodeando un centro de saúde non é a máis axeitada”, e que esta decisión foi tomada pola Xunta “de xeito unilateral” segundo “revelaron os técnicos”. Ademais, os directivos do Adif afirmaron que é posible buscar unha nova localización en terreos da súa titularidade. En canto á cubrición das vías e o vial rodado, os edís socialistas afirmaron que Adif está comprometido a “confinancialas con outras entidades ou administracións”, como está plasmado no convenio firmado en 2016. O edil de Infraestruturas, Miguel Caride, saiu ao paso incidindo en que en canto ás obras de cubrición do caixón ferroviario e permeabilidade do barrio segue sen coñecerse “quen as financiará”. “Foron a facer fume e foto”, criticaba o concelleiro.

A parada de autobús máis achegada ao centro de saúde trasladarase uns metros

Villarino, Seara e Araújo, presentando ante os medios a moción conxunta./RAMSÉS.

A mobilidade une a PSOE, BNG e Ciudadanos 4 Os partidos da oposición presentaron unha moción conxunta para o vindeiro pleno. Redacción Rafael Villarino (PSOE), Pepe Araújo (Ciudadanos) e Luis Seara (BNG) compareceron conxuntamente en rolda de prensa para anunciar que presentaron unha moción conxunta para o pleno do mes de setembro (venres día 6). A mesma trata sobre o plan de mobilidade e con ela os grupos da oposición pretenden lograr unha “convocatoria urxente” da comisión de seguimento do plan Móvete por Ourense que inclúa a “colectivos cidadáns” e que o goberno local “se comprometa a orzamentar e executar as máximas medidas posibles” durante o presente mandato. Buscan así

“un cambio de paradigma no modelo de mobilidade de Ourense”, mediante o “consenso” e o “acordo” de todos os grupos políticos da corporación. O portavoz dos socialistas, Rafa Villarino, dixo que tamén buscarán “o consenso e o compromiso co goberno bipartito da cidade, e que se concrete máis aló das palabras”. Tanto Villarino coma Araújo recordaron como Democracia Ourensana calificou, fai uns meses, este mesmo proxecto de “pantomima”, tras asegurar que os participantes nas reunións de traballo “só buscaban un logo”. O nacionalista Luis Seara, pola súa banda, considera a cuestión “estratéxica” e cre que se debe construir “unha ci-

dade máis democrática” sendo fundamental “a participación”. Pepe Araújo, voceiro de Ciudadanos, lembrou que el participara “de forma activa” (cando estaba no Goberno municipal como concelleiro de Infraestruturas do Partido Popular) na confección do plan Móvete por Ourense e asegurou que a súa formación actual está disposta a apoiar “o cambio radical da mobilidade”.

Tanto Villarino coma Araújo recordaron que o alcalde, Gonzalo Jácome, calificara o proxecto Móvete por Ourense de “pantomima”


TEMA DA SEMANA

Mario González e Gonzalo Jácome na rolda de prensa explicando as directrices que se seguirán desde Cultura./R.T.

O Concello marca a folla de ruta con respecto á oferta cultural 4 Pontenciará a programación do San Martiño con catro días de festa, ademais do Nadal. R.T. Coa chegada do novo Goberno local ao Concello de Ourense non deixan de sucederse cambios en distintos departamentos. Nesta ocasión foi a quenda de saber que rumbo vai tomar a Concellería de Cultura, coñecendo o que opinaba o agora rexedor, Gonzalo Jácome, de diversas actividades cando era edil na oposición. Agora que ocupa o posto de alcalde e Mario González (tamén de DO), a concellería de Cultura, xa sabemos a súa postura. De primeiras, desentendeuse totalmente do Festival de Cine (OUFF)

deixando toda a organización do mesmo á Deputación Provincial. E de seguido comparecían en rolda de prensa alcalde e concelleiro para dar conta de todos os cambios que pretende realizar a nova corporación. De entrada fan unha aposta polas festas tradicionais, a programación propia e o talento local. Porén, non queren seguir contribuíndo economi-

Desde o Concello apostarán polas festas tradicionais, a programación propia e o talento local

camente con “iniciativas con custes de produción inflados e escaso retorno”, en palabras do alcalde. Jácome salientou que a súa intención é darlle á cultura “un novo enfoque e impulso para revitalizar certos eventos e festas populares” e facer un plantexamento distinto “ao desenvolvemento de certos eventos culturais que custan moitos miles de euros e teñen un retorno pequeno”, asegurou. O alcalde desvelou que, tras analizar os datos de custes e público asistente, nalgúns casos o gasto por espectador “é maior que os espectáculos de Broadway”.

Apostas O rexedor expresou a súa aposta pola programación propia do Concello, tras comprobar que eventos que produce e contrata a propia administración saen moito máis económicos. Así, seguirá a programar actividades das diferentes modalidades escénicas, mais confiando no traballo do equipo da Concellería. Deste xeito, o Concello mantén a súa aposta por citas como a MOTI, o Enclave de Cámara ou Ciclo Lírico. Ademais, queren crear un ciclo de poesía na rúa ou mesmo recuperar o concurso de debuxo e pintura. Tamén asegu-

Barrios 5 de setembro 2019

raron que se reforzará o Samaín, o San Martiño e o Nadal. En canto ao Samaín, este manterá a programación orientada a colexios e nenos e incorpora novidades como A Noite da Santa Compaña. Unha procesión que percorrerá as rúas da cidade, con diferentes grupos que sairán desde diferentes puntos para confluír na praza Maior. Daráselle un pulo ao San Martiño e ao magosto. A celebración do patrón da cidade extenderase durante catro días (do 8 ao 11 de novembro) e instalarase unha carpa na praza Maior, que será o centro das actividades para os máis cativos, e que contará con concertos, desfiles e cantos de taberna. No magosto participarán as catro denominacións de orixe ourensás e haberá produtos típicos da terra, así coma unha promoción dos menús típicos de San Martiño. Impulsarase un menú “San Martiño” coa intención de que se ofreza nos restaurantes o mesmo menú ao mesmo prezo. Outra das novidades é a instalación dunha carpa temática na chaira das Burgas, que amosará “Unha viaxe ao mundo Celta”, e que será o primeiro paso para poñer en marcha a Semana Celta de Ourense. No Nadal queren que cinco puntos da cidade teñan escenas do Belén a tamaño natural, ademais de contar con actuacións musicais para ambientar e cun percorrido guiado para que se poidan visitar. Novidades Entre as novidades, Já-



come e González anunciaron a creación dunha Orquestra Xove, que lle dea saída ao talento ourensán; un bono cultural, que favoreza o acceso ás actividades culturais para as rendas máis reducidas (parados, estudantes e pensionistas con rendas baixas) ou un convenio con artistas locais que garantirá que cada semana un artista da cidade, das diferentes modalidades escénicas, actúe ante o público de Ourense. Por outra parte, Gonzalo Jácome defendeu a creación dunha banda amateur de música en substitución da banda municipal. Estaría composta por afeccionados, xubilados ou estudantes de música. O alcalde aseguraba que o custe sería moito máis barato dos “400.000 euros” aos que ascende mater a banda municipal. Falta de apoio Na outra cara da moeda están outras actividades culturais que desde o Concello deixarán de apoiar economicamente. Entre elas están o Pórtico do Paraíso ou o Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO). En canto a outras propostas como a MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario), serán analizadas máis adiante para saber se continúan coa axuda que se lle daba ou non.

O Goberno municicpal deixará sen aportación económica actividades como o Pórtico do Paraíso ou o Fito




Barrios 5 de setembro 2019

CIDADE

Obras no acceso ao hospital. /RAMSÉS.

Movementos no hospital ourensán 4 As obras de acceso coinciden coas protestas dos traballadores de cociña. Redacción Estes días o hospital de Ourense está no centro das noticias por dous motivos. Por unha banda, as obras de acceso, e pola outra, as protestas que levan a cabo cada mércores os traballadores de cociña do CHUOU. Desde a pasada semana están en marcha as obras dos accesos ao centro hospitalario. Esta actuación, cun investimento de 47.000 euros, reparará o firme, ampliará e construiranse novas beirarrúas e estacio-

namentos de persoas de mobilidade reducida nesta área hospitalaria. Prevese que esta primeira actuación remate en dúas semanas. Protestas E se as obras comezaron

Traballadores de cociña continúan coas protestas para que non se supriman postos de pinche

hai unha semana, as protestas do persoal de cociña xa levan dúas. Cada mércores concéntranse para protestar polo que pretenden facer desde a Xunta cando entre en funcionamento a nova cociña. Segundo aseguran os manifestantes a administración rexional quere prescinidir de 10 postos de pinche de cociña ao que a Comisión de Centro do CHUOU oponse “rotundamente”. Debido ás obras que se están a levar a cabo, esta última concentración tivo lugar na porta principal do novo edificio de hospitalización. Pero iso non os frea, cada mercores seguirán coas protestas.

4 Iniciativa do PSOE O Grupo Parlamentario Socialista levou unha iniciativa á sesión do Parlamento Galego solicitando que se manteña o servizo de cociña na situación actual e se asegurar o mantemento dos postos de traballo que na actualidade prestan os servizo. O voceiro do grupo municipal socialista, Rafael Villarino, denunciou a redución que suporá que na nova cociña que se quere implantar o corpo de persoal “baixa de 96 a 82, 14 menos que na actualidade”. Pola sua banda, a par-

lamentaria socialista Noela Blanco sinalou que “esta situación non é nova nin colle por sopresa dado que levamos pelexando anos pola calidade do servizo e o mantemento dos postos do CHUO”. PPdeG Desde o PPdeG aseguran, pola contra, que a nova cociña do CHUOU “non só manterá os postos de traballo, senón que se incrementarán con dietistas e nutricionistas”. Ademais, afirman que se aumentará o persoal cun cociñeiro máis.

EN BREVE 4 AAVV

O Concello convoca as axudas para a organización de actividades das asociacións veciñais. Poden presentar as súas solicitudes até o día 19 de setembro. Máis información, na Concellería de Participación Cidadá, na praza de San Martiño, 2, e no teléfono 988 248 890.

4 Variante norte Os deputados ourensáns do PP no Congreso apremian ao goberno socialista en funcións para que proceda á licitación das obras correspondentes ao tramo da variante norte de Ourense, Eirasvedras-Quintela.


GASTRONOMÍA

A comunidade galega non se entende sen a súa gastronomía e, de feito, esta constitúe un dos principais atractivos da súa ampla oferta turística.

As xoias gastronómicas de Galicia ao teu alcance 4 Galicia conta con 35 produtos alimentarios de calidade amparados polas denominacións de orixe ou as indicacións xeográficas protexidas. Redacción A denominación de orixe protexida (D. O. P.) é un tipo de protección dentro do ámbito da propiedade industrial baseado na indicación de procedencia, aplicada a un produto alimenticio (xeralmente de orixe agrícola). Baixo esta modalidade de protección, asúmese que a calidade e características dun produto débense, fundamental e exclusivamente ao medio xeográfico no que se produce, transforma, elabora e/ou envasa. Distíngueo e protéxeo daqueles produtos alimenticios idénticos ou similares que se producen noutras rexións do mundo e que puidesen substituír algunhas etapas do proceso de elaboración orixinal, por técnicas de industrialización, para o seu consumo en forma masiva, ou cambian unha das materias primas por outra de similares características. Os produtores que se acollen á denominación de orixe comprométense a manter a calidade do produto elaborado o máis alta posible e algunhas técnicas básicas de elaboración tradicionais. Así mesmo, existen organismos públicos reguladores da denominación de orixe que avalan e autorizan a exhibir esa cualificación aos produtores

da rexión que cumpren con esas regras establecidas. Neste caso, correspóndelle a Consellería do Medio Rural da Xunta. A vantaxe fundamental desta cualificación é garantir ao consumidor, non só un nivel de calidade máis ou menos constante, senón tamén manter características específicas irrepetibles que non posúe un produto similar producido noutra rexión ou con outra materia prima. A cambio disto, os produtores obteñen unha protección legal contra a produción ou elaboración de tales produtos noutras zonas, aínda que se utilicen os mesmos ingredientes e procedementos, e que lles permite influír sobre o prezo final destes abaratando os custos. Tamén se sinala que esta figura fomenta a organización do sector produtivo e facilita o acceso dos produtores a mercados nacionais e internacionais que dificilmente alcanzarían sen esta organización. Neste sentido, a tradición e a modernidade danse a man a través do fomento, ordenación e promoción da calidade agropecuaria dos produtos. Unha tarefa que en Galicia corresponde á Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal). Este organismo, dependente da Consellería do Medio Rural, céntrase tanto na

defensa desa excelencia como en aspectos relacionados coa investigación, a innovación e o desenvolvemento, por unha banda, e coa formación, por outra. Viños e augardentes Na actualidade, en Galicia hai case 10.000 hectáreas destinadas á produción vitivinícola, controladas por cinco denominacións de orixe e que producen case 50.000 toneladas de uva. En conxunto, están rexistradas unhas 450 adegas e máis de 13.000 viticultores. As variedades de uvas son diversas. Nos viños tintos utilízanse mencía, merenzao, tempranillo, caíño, espadeiro loureiro, sousón, ferrón, brancellao, garnacha ou negreda. Nos viños brancos utilízanse as variedades doa branca, go-

AGACAL dependente da Consellería do Medio Rural, céntrase tanto na defensa desa excelencia como no relativo á investigación, á innovación e ó desenvolvemento

dello, treixadura, loureiro, albariño, caiño, torrontés, palomino, macabeo, lado ou albilla. Galicia conta con cinco denominacións de orixe de viño (Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Monterrei). Cada unha cunha personalidade ben definida, pero todas cun denominador común: a calidade e a vinculación moi directa co territorio. Cabe tamén destacar os viños con indicación xeográfica (tamén coñecidos como Viños da Terra), dos que contamos con catro: Barbanza e Iria, Betanzos, Val do Miño-Ourense e o de máis recente incorporación, Ribeiras do Morrazo. Carnes As carnes de Galicia sempre gozaron de prestixio e recoñecemento. No caso do vacún, existe un selo de calidade: Ternera Gallega, a indicación xeográfica máis importante no sector cárnico español. A alimentación do gando respecta as normas tradicionais de aproveitamento dos pastos en Galicia, de acordo coas peculiaridades típicas que marcaron secularmente a produción cárnica galega e que están ligadas a factores culturais e sociolóxicos. A alimentación suplementaria está composta de produtos como millo, patacas, nabos, forraxes secas ou frescas e concentrados baseados en cereais autorizados polo Consello Regulador. A característica máis notable destas carnes é que garda un equilibrio entre o seu contido graso e muscular, moi tenra, de gran suculencia e textura suave. O músculo é de gran fino e de consistencia firme e a cor gradúase desde o rosa claro ata o vermello suave. Tamén o sector cárnico de porcino galego de calidade ten o seu recoñecemento coa IXP Lacón Galego e, no ámbito avícola, convén lembrar a incorporación aos selos de calidade do tan coñecido (e do Nadal) Capón de Vilalba. Lácteos Un dos puntos fortes de Galicia é o relacionado coa produción láctea. Neste sentido, hai que destacar,

Barrios 5 de setembro 2019

en primeiro lugar, a existencia dun indicativo que certifica o leite galego de calidade diferenciada. Trátase de “Galega 100%”, un selo que garante a excelencia do produto e que este, ademais, ten como orixe explotacións da comunidade autónoma. A produción de queixos en Galicia controlada por selos de certificación de calidade concéntrase nas provincias de Lugo e da Coruña. Na actualidade os queixos galegos están amparados por catro denominacións de orixe protexida: Arzúa-Ulloa, Cebreiro, Tetilla e San Simón da Costa. Outros produtos Especial mención merece a calidade dos pementos que se producen en Galicia, os de Herbón, O Couto, Oímbra, Arnoia e Mougán. Son cinco tipos diferentes de pementos, amparados baixo un selo dunha denominación de orixe, no caso do primeiro, e de indicacións xeográficas protexidas nas restantes. Os grelos de Galicia son outro dos produtos da horta galega con calidade amparada por un indicativo específico, coa vista posta nunha maior proxección fóra da comunidade autónoma. Pódense atopar no mercado en varios formatos (fresco, conxelado ou en conserva), o que supón un importante número de consumidores potenciais As castañas, as patacas ou o mel de Galicia tamén contan con recoñecemento especial pola súa calidade. En canto á castaña, a zona de orixe deste produto in-



separable do outono galego abarca a maior parte do territorio de montaña, mentres que no caso do mel de Galicia, a súa área de produción esténdese por toda a autonomía. A apicultura constitúe ademais un elemento importante da etnografía en Galicia, onde perviven construcións tradicionais vinculadas a esta produción artesanal. A IXP pataca de Galicia ampara outra referencia da despensa galega e ten a súa zona de produción repartida nas subzonas de Bergantiños (na provincia de A Coruña), Terra Chá, A Mariña e Lemos (na provincia de Lugo) e A Limia (na de Ourense). A Agricultura Ecolóxica, unha denominación que, a diferenza das demais non ten carácter xeográfico, é outro indicativo de calidade que rexistrou un gran desenvolvemento nos últimos anos en Galicia. Trátase dun sistema de produción de alimentos baseado nun escrupuloso respecto ao medio ambiente, o benestar animal e o mantemento e mellora da fertilidade do chan. Por último, non podemos esquecernos do Pan de Cea e da Tarta de Santiago, dous produtos galegos do sector de panadaría e pastelaría que contan con distintivo de calidade. A zona de elaboración da tarta é toda Galicia, mentres que no caso do pan correspóndese co municipio ourensán de San Cristovo de Cea. Actualmente está ultimándose o trámite de recoñecemento europeo para a IXP que amparará a todo o pan galego.

Exemplo da diversidade de produtos con denominación de orixe que podemos atopar en Galicia: aceite, pan, carne e agricultura ecolóxica, entre outros moitos.




Barrios 5 de setembro 2019

EN BREVE 4 Datos do paro Desde Comisións Obreiras lamentan o aumento do paro durante o mes de agosto (en 366 persoas) na nosa provincia. “Un mes no que tradicionalmente baixa debido principalmente á tempada turística é unha moi mala noticia, colocándonos nunha situación insostible”, sinala o secretario xeral de CCOO de Ourense - Valdeorras, Pedro Barreiros.

4 Colexios

Antes do comezo do curso escolar o Concello renova a sinalización horizontal e vertical en 28 centros educativos da cidade.

CIDADE

Aguias para espantar aos estorniños da cidade 4 O Concello activa a campaña para desprazar a colonia da capital. Redacción O Concello de Ourense pon en marcha unha campaña fronte á invasión de estorniños na cidade. O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e Juan Fraga, responsable da empresa Larus Control, explicaron as intervencións que se levarán a cabo para desprazar a colonia de estorniños que se atopa en Ourense coa finalidade

de poñer fin ás molestias que a proliferación destas aves lle ocasiona á cidadanía ao xerar excrementos, ruidos e impedir gozar dos diferentes espazos públicos onde se asentan. A campaña aposta por implementar medidas “que se teñen comprobado eficaces noutras localidades”, comentou o alcalde. En Ourense está asentada na actualidade unha poboación duns 10.000 es-

4 Axudas

O Concello convoca axudas para apoiar ás asociacións sen ánimo de lucro a organizar a actividades de promoción da igualdade. A convocatoria está dotada cun orzamento de 10.000 euros.

4 Ruidos

A Concellería de Urbanismo comprométese a axilizar a tramitación e resolución de expedientes sobre ruidos no centro histórico. Para elo, analizará o mapa acústico da zona elaborado pola asociación O Cimborrio -pertencente á Plataforma nacional contra o ruido-.

Congreso internacional de termalismo Redacción A “Semana Termatalia” sitúa a Ourense como centro internacional de formación e negocio en turismo de saúde. Expourense acolleu unha nova reunión do comité asesor de Termatalia na que unha vintena de expertos en turismo de saúde de España e Portugal coñeceron ao detalle os distintos programas científicos e académicos da denominada “Semana Termatalia”. Entre o 17 e o 21 de setembro, Ourense

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o responsable da empresa Larus Control, Juan Fraga, cunha aguia na presentación da campaña. converterase no epicentro mundial do coñecemento e a formación especializada en turismo de saúde, acollendo tres importantes eventos internacionais que contribuirán ao desenvolvemento do sector, situando a Ourense e a Galicia en xeral como centros internacionais de capacitación termal. Xa está confirmada a asistencia de profesionais dunha trintena de países. O outro encontro profesional da semana será o III Simposio sobre Termalismo e Calidade de Vida, liderado polo Campus da auga da Universidade de Vigo. Será en Expourense os días 18 e 19 de setembro.

torniños, entre os autóctonos e os chegados doutras localidades. Obxectivo O obxectivo da campaña non é eliminar estes animais, senón desprazalos: “conseguir que non estean a gusto na cidade e se vaian a outras zonas a pernoctar”, manifestou Juan Fraga. Os traballos comezarán coa elaboración dun censo coas zonas máis conflitivas. Despois intervirase coas soltas de aguias Harris, especie procedente do norte de América e depredadora natural que asusten e incomoden os estorniños. Os traballos terán continuidade durante varios meses, co obxectivo de que se despracen as aves que se atopan na cidade, e evitar que cheguen a establecerse novos exemplares.

Na actualidade hai en Ourense uns 10.000 estorniños, entre os autóctonos e os chegados doutros lugares

Reunión do comité de Termatalia.

Ponte Vella facilita a volta ao cole 4 O centro comercial sortea 3.000 euros. Redacción O Centro Comercial Ponte Vella quere facilitar a volta ao cole das familias ourensás. Por iso, desde o 4 de setembro e ata o día 21 realizan unha promoción na que poderán participar todos os seus clientes e axudar nos gastos escolares. Sortearanse 3.000 euros en 30 tarxetas prepago de 100 euros cada unha, para gastos. Cada participación darase por compras por un importe mínimo de 20 euros (nun ou mesmo en varios tiquets). Ademais, cada cliente poderá recibir ata cinco participacións por compra. Os interesdados poden consultar as condicións na web www. pontevella.com.

Obradoiros Por outra banda, continúan os obradoiros infantís en setembro. Este son: Fuciños de animais (días 9 e 10); Piñas de Bob Esponja (11 e 12); Mini dinosaurios (13 e 14); Diademas de unicornio (20 e 21) e obradoiro temático de Angry Birds (27 e 28).

Cartel da promoción de Ponte Vella.

O Centro Médico El Carmen sae á rúa 4 Nas “I Xornadas Saudables”. Redacción Dentro das celebracións polo seu 70 aniversario, o Centro Médico El Carmen organiza as “I Xornadas Saudables CMC”, que se desenvolverán do 11 ao 15 de setembro en diversas carpas habilitadas na rúa Paseo de Ourense. Durante cinco días profesionais sanitarios tanto do propio hospital como das diversas entidades sociais coas que habitualmente colabora levarán a cabo talleres, charlas, medicións de parámetros médicos, demostracións e degustacións de cociña saudable. Todas as actividades serán de carácter gratuíto, ademais de abertas a toda a familia, co fin de

levar a saúde a todos os ourensáns mediante accións informativas próximas ás persoas. Colaboracións Entre as entidades colaboradoras están Cruz Vermella (que impartirá un taller de primeros auxilios), Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (disporá dun autobús de doazón de sangue), Stop Accidentes (cuxos voluntarios farán unha demostración dos efectos do alcol sobre a condución, e participarán nunha charla sobre o perigo do uso de Whatsapp ao volante), AFAOR (que ofrecerá un taller de adestramento da memoria) ou o centro educativo Nenoos (cun taller para pais sobre educación emocional).


CIDADE

Barrios 5 de setembro 2019

Luz verde á construción de dous elevadores

Pleno Redacción

4 Así mesmo, realizaranse outras 25 obras máis. R.T. O primeiro paso para que Ourense conte con elevadores e escaleiras mecánicas xa se deu. Concello e Deputación asinaron un convenio que permitirá, co financiamento das dúas administracións, acometer a execución urxente de 27 obras na capital, entre elas as de dous elevadores. Os primeiros que se construirán son os da Cruz Alta - A Milagrosa (por un importe total de 1,3 millóns de euros) e o da rúa Avilés de Taramancos (á altura da ponte de Ervedelo) cun orzamento de 260.416 euros. En total serán 27 obras que contarán cun importe de preto de 11 millóns de euros. Entre elas están proxectos de acondicionamento urbano, accesibilidade, melloras en viais, rúas e paseos fluviais, saneamento, alcantarillado, alumeado e as citadas instalación de elevadores.

Acordo O acordo para estas actuacións foi firmado polo presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o concelleiro de Infraestruturas do Concello, Miguel Caride. Baltar destacou que este acordo chega porque “temos obxectivos comúns” e forman parte “de gobernos únicos nas dúas institucións”. Pola súa banda, o edil falaba dun “apoio que nos dará facilidades de contido técnico e administrativo para licitar e executar un total de 27 actuacións pendentes no Plan de Obras, para poder levar a cabo as obras de infraestruturas do que resta do exercicio 2019 e as do ano 2020”.

A execución destas 27 obras realízase grazas a un convenio entre Concello e Deputacion

Caride e Baltar, asinando o acordo.

Críticas sobre a limpeza en colexios 4 O Concello, pola contra, garante o servizo. Redacción Tanto PSOE coma BNG denuncia a falta de limpeza nos colexios públicos

da cidade. Desde o grupo nacionalista critican a demora na constitución da Xunta de Área de Cultura e Educa-



O alcalde reunido coa presidenta da Asociación de Persoas Xordas de Ourense e unha intérprete.

Unha marcha pola cidade para visibilizar ás persoas xordas 4 Terá lugar polo centro da cidade o día 28. Redacción A Asociación ourensá e a Federación Galega de persoas xordas desenvolverán o día 28 de setembro en Ourense un programa de actividades participativas e de sensibilización destinadas a dar a coñecer a realidade e as problemáticas que afectan a este colectivo. A programación de actividades desenvolverase o sábado 28 de setembro con motivo da conmemoración do Día Internacional de Persoas Xordas. A celebración, que cada ano se leva a cabo de forma itinerante entre diferentes cidades galegas terá como sede este ano Ourense para celebrar os 45 anos de actividade que cumpre a asociación ourensá.

Actividades Comezará pola mañá cunha marcha de visibilización, que sairá desde o pavillón dos Remedios e percorrerá o centro da cidade (praza de Concepción Arenal, rúa Concello, Paseo e Lamas Carvajal) até rematar na praza Maior, onde se lerán discursos e se realizará unha mostra de poesía en lingua de signos. Pola tarde, na escalinata de Santa María Nai desenvolveranse desde as 16:30 horas diferentes actividades culturais, como espectáculos de humor xordo e mimo, e de deporte e saúde, cunha clase de zumba. Tamén durante toda a fin de semana (do 28 ao 30 de setembro) a Ponte Romana iluminarase de cor para conmemorar esta celebración.

ción, así como a inexistencia dunha contratación para o servizo de limpeza dos colexios públicos da cidade. A edil do BNG, Rhut Reza, criticou a lentitude coa que se convocou a constitución da Xunta de Área de Cultura e Educación. Esta mesma reunión empregouse unicamente para a constitución e foi imposíbel facer preguntas. “Queríamos trasladar

unha pregunta de carácter urxente ao goberno local en relación aos servizos de limpeza dos colexios públicos e foinos imposíbel”, sinalou a concelleira. O PSOE, pola súa banda, levará ao pleno deste venres unha moción urxente sobre a situación de desleixo e “alegalidade” na que se atopa o servizo de limpeza dos centros educativos da Xunta de Galicia, dos que se encarga o Concello

Asociación A Asociación de Persoas Xordas de Ourense presta servizos de intérprete a unhas 300 persoas en Ourense. Tamén, en colaboración coa Federación Galega, presta servizos de emprego, atención a persoas xordas no ámbito social, educador e psicólogo e imparte cursos de linguaxe de signos. A súa sede está na rúa Ramón Cabanillas 6, e o seu teléfono e o 988 306 012.

A Asociación de Persoas Xordas de Ourense presta servizos de intérprete a unhas 300 persoas de Ourense ante a premura que require a situación polo inicio, a vindeira semana, do curso escolar. Resposta Desde o grupo de goberno aseguraron que garanten a limpeza dos centros para o novo curso. Unha nova empresa prestará este servizo logo de que a día 1 de setembro rematase o contrato vixente coa empresa que viña prestando

O pleno do Concello de Ourense que se celebra o primeiro venres de cada mes, nesta ocasión toca a día 6, trae varias mocións a debater. Os grupos de goberno (Partido Popular e Democracia Ourensana) levan unha moción conxunta en defensa do mapa de titulacións do Campus de Ourense. O Bloque Nacionalista Galego leva a pleno dúas mocións: unha respecto da situación do comercio local, e outra a prol da participación veciñal en temas relacionados co cConcello. Os socialistas achegarán dúas mocións sobre o mantemento e mellora da oferta cultural de Ourense e a consolidación e crecemento do tecido produtivo deste sector estratéxico no desenvolvemento da nosa cidade; a outra trata sobre a limpeza viaria e xestión de resíduos. Mentres que Ciudadanos chega con dúas mocións: unha relativa ao consumo de alcohol na rúa e outra sobre a limpeza viaria e xestión de residuos. Ademais, os tres partidos da oposición (BNG, PSOE e Cs) levan a pleno unha moción conxunta para a reactivación e impulso definitivo do proxecto “Móvete por Ourense” e para instaran ao actual goberno municipal a que comprometa todos os recursos económicos necesarios para a súa posta en marcha efectiva neste mandato.

o servizo, e de que esta lle comunicase ao Concello a súa intención de non seguir a desempeñalo. A Concellería de Educación do Concello de Ourense contrata a empresa que quedara en segundo lugar no concurso de adxudicación do contrato. Encargarase de limpar os centros eductaivos até que o Concello adxudique un novo contrato mediante concurso.




Barrios 5 de setembro 2019

BARBADÁS

EN BREVE

Aposta pola sustentabilidade

4 Barbadás a bocados Do 20 ao 22 de setembro celébrase o 4º concurso de pinchos “Barbadás a bocados”. Este ano, haberá tres talleres de balde. Así, o venres 20, de 19 a 20 horas, na carpa instalada na rotonda da Familia -A Valenzá- haberá unha cata de cervexas. Ao día seguinte, no mesmo lugar -de 19 a 20.30 horas- o taller será de cata de viños. E finalmente,o domingo 22, de 12 a 13.30 horas, celebrarase un taller de corte de xamón. As inscricións están abertas ata o 16 e os interesados deberá cubrir unha ficha de inscrición e enviala ao mail cet@barbadas.es. Presencialmente tamén se poden inscribir no Centro Empresarial Transfronteirizo, Camiño do Pontón nº 25. Máis información chamando ao 988 360 413.

4 Material escolar Ata o 27 de setembro o Concello de Barbadás mantén aberto o prazo de entrega de solicitudes para a adquisición de libros e material escolar de educación infantil para o curso 2019-2020 que está a piques de comezar. Están destinadas a unidades de convivencia en desventaxa social e con menor poder adquisitivo.

4 Axudas AAVV Aberto o prazo para que as asociacións veciñais opten a subvencións municipais en concorrencia competitiva. O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro.

4 O Concello adquire un vehículo eléctrico. Redacción

Reunión na que se asinaron os acordos para que Barbadás forme parte do VioGén.

Barbadás mellora a protección das vítimas de violencia de xénero 4 O Concello firma un protocolo coa Subdelegación do Goberno. Redacción O Concello de Barbadás (dentro do marco da Xunta Local de Seguridade) asina o protocolo de coordinación das forzas e corpos de seguridade do Estado e a Policía Local para a protección de vítimas de violencia de xénero. O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, e o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, asinaron tamén dous acordos técnicos no marco do VioGén, o sistema de seguemento integral dos casos de violencia

de xénero. Barbadás pasa, deste xeito, a incorporarse a este sistema. Este acordo formaliza a colaboración entre a Garda Civil e a Policía Local no reparto de vítimas á hora de realizar o seguemento. Terán comunicación fluída por diversos medios para intercambiar información sobre a vítima ou o autor. Coa incorporación a VioGén preténdese proporcionar ás vítimas unha resposta policial de maior rapidez. Tamén se pretende proporcionar ás vítimas información clara e accesible sobre os dereitos e recursos existentes.

A aposta pola mobilidade sostible do Concello de Barbadás é evidente ao adquirir un vehículo totalmente eléctrico. Trátase dunha furgoneta Nissan eNV200 cunha autonomía de ata 301 quilómetros. O novo vehículo suporá un aforro non só en combustibel, senón que tamén se evitarán emisións de dióxido de carbono á atmósfera. O seu uso será para as áreas de Parques, Xardíns e Obras. Esta adquisición enmárcase nunha liña de subvencións da Xunta de Galicia. Medio ambiente O alcalde de Barbadás,

Xosé Carlos Valcárcel, explicou no acto de entrega que “unha das prioridades que ten o Concello de Barbadás é ser coidadosos co medio ambiente a nivel transversal en todas as áreas de traballo”. Valcárcel anticipou que “a intención do goberno é seguir traballando nesta liña, é dicir, ir substituindo os vehículos que están en uso por outros que sexan favorables para o medio ambiente”. Alberto Barreiros, xefe de vendas da Nissan en Ourense, amosou a “satisfacción por ter participado nesta venda, xa que é un vehículo que aposta pola mobilidade sostible, con emisións cero de CO2 e sen contaminación acústica”.

Paso previo A sinatura tanto dos acordos técnicos coma do protocolo son o paso previo para a firma entre o Ministerio do Interior e o Concello dun convenio para a incorporación do corpo da Policía Local ao sistema de seguemento integral dos casos de violencia de xénero.

VioGén é o sistema de seguemento integral dos casos de violencia de xénero

O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, recibindo as chaves do vehículo eléctrico.


REPORTAXE

O Centro Residencial Docente sito na Avenida da Universidade, nº 18 en Ourense.

O CRD Ourense abrirá período extraordinario para solicitar praza 4Entre os días 16 e 20 de setembro para solicitar prazas vacantes no centro residencial non universitario. Redacción O Centro Residencial Docente (CRD) de Ourense dependente da Conse-

llería de Educación, Universidade e Formación Profesional, ten como destinatario ao alumnado do ensino non universitario

postobrigatorio e que non dispoña na súa localidade de centros educativos para continuar determinadas ensinanzas (Bacharelato e

Barrios 5 de setembro 2019

Ciclos Formativos de Formación Profesional) e na convocatoria extraordinaria de alumnado universitario. Neste período extraordinario pode solicitar praza na residencia, tanto o alumnado de ensinanzas non universitarias coma o alumnado universitario. O prazo para solicitar praza é dende o día 16 ao 20 de setembro. As prazas poden ser becadas e gratuitas para aloxamento e manutención.

biblioteca con aula de informática con equipos de derradeira xeración e conexión gratuíta a internet, salas de estudos, comedor escolar, pavillón polideportivo e pistas exteriores de fútbol, tenis e baloncesto, ximnasio, salas de uso múltiple, salas de TV colectivas, sala de cine e conferencias, cafetería/bar, enfermaría e servizo médico no propio centro, zonas de lecer exteriores e xardíns, aparcamento privado

Instalacións O centro está dividido en dous colexios residenciais, que teñen cada un tres plantas con 11 habitacións e capacidade para tres persoas por habitación e 1 habitación dobre con capacidade para dúas persoas. A capacidade total do centro na actualidade sería de 198 alumnos/as residentes máis 6 bolseiros/colaboradores, é dicir 204 persoas. O alumnado do CRD de Ourense dispón de diferentes servizos no centro:

Biblioteca sita no interior do centro residencial.



e vixiado, ademais, dunha atención educativa e apoio ás súas necesidades psicolóxicas, sociais e de desenvolvemento integral, mediante a intervención do equipo directivo e educativo. Quen desexe máis información pódese achegar á Av. da Universidade, nº 18, Ourense, no teléfono 988 60 21 65, no email credo.ourense@edu.xunta.es ou no facebook @ crdourense.


10

Barrios 5 de setembro 2019

EN BREVE

4 DNI Os veciños de Celanova poderán renovar o seu DNI no propio Concello o xoves, 19 de setembro. Deberase pedir cita nas oficinas municipais ou chamando aos teléfonos 988 431 481 ou 988 434 184. O horario no que estará a Policía Nacional na vila de San Rosendo para tal fin será de 9 a 14 horas. Os que se inscriban evitarán ter que acudir á capital para a renovación do seu carnet. Sete días despois, o xoves 26, voltarán para entregar o DNI aos solicitantes.

4 Vida sana O IES de Celanova vén de ser galardoado co selo de vida sana que outorga o Ministerio de Educación. Nesta convocatoria o celanovés é o único ourensán que recibe tal distinción. De Galicia recibírona sete en total. Este selo concédese aos centro que impulsan actividades para coller hábitos de vida saudable, como pode ser unha boa nutrición ou mesmo actividades de carácter deportivo.

4 PP O Partido Popular de Celanova pedirá explicacións ao grupo local de goberno sobre o futuro da escola municipal deportiva, diante das noticias que apuntan a un recorte no número de monitores e, polo tanto, das posibilidades de atención aos preto de 300 nenos e nenas que acuden a esta escola.

CELANOVA E COMARCA

A oferta cultural de setembro trae concertos, exposicións e igualdade 4 Isabel Blanco recibe o premio “Celanova, Casa dos Poetas”. Redacción Chega setembro e continúa a axenda cultural do Concello de Celanova. Durantes estes 30 días a oferta é moi variada con actividades que van desde concertos a cursos, pasando por exposicións. Falando destas últimas, ata o día 29 a mostra “Centenario de El sombrero de tres picos”, de Pedro Antonio de Alarcón, poderá visitarse na Sala dos Arcos (planta baixa do Concello). E ata o 19, “Gravados de Xosé Poldrás”, na Casa dos Poetas. O día 21 de setembro e ata final de ano a Casa do Poetas contará coa exposición fotográfica “Esquecementos”, de Carlos Teijeiro. Presentacións O día 5 preséntase “Carpera de gravados inspirado nun poema de Celso Emilio Ferreiro”, de Xosé Poldrás. Será na Casa dos poetas ás 20 horas. “La música medieval en Celanova” presentarase o día 26, xoves, a partir das 20 horas na igrexa e estará amenizada cun concerto de órgano coa música de Notre Dame. Outros O domingo, 8 de set-

Blanco recibirá o premio Celanova, Casa dos Poetas. embro, a partir das 11.30 horas, na Casa dos Poetas terá lugar o acto de entrega do Premio “Celanova, Casa dos Poetas” que este ano será para a actriz Isabel Blanco. O día 14, sábado, a partir das 20 horas, realizarase unha visita teatralizada Vilanova dos Infantes “Unha historia que contar”. Precísase inscrición previa. Festas O 9 celébrase a Festa da Virxe da Armada. O domingo 15, a Festa da Virxe do Cristal. E Acebedo gozará das Festas do San Cibrao os días 20 e 21. Xoves pola igualdade Tres xoves deste mes a Bilioteca Pública e o Auditorio serán os escenarios que acollan o “Xoves pola igualdade”. O día 12, ás 18 horas, está programado

“Iguais, diferente” para nenos de 4 a 12 anos (Bilioteca). O día 19, ás 18 horas no Auditorio, “Maxía de catro a catro” co mago Pedro Bugarín. E o día 26, tamén ás seis da tarde, a “2 heroínas voando van” para nenos de 4 a 12 anos. En ámbolos casos a inscrición é de balde pero é preciso anotarse con anterioridade na biblioteca. Concertos O día 14 (ás 20 horas) o Auditorio acolle o concerto tuna de “Troyanos de Compostela”, con motivo dos 150 anos da “Cantiga de Curros”, con entrada de balde. E “Ensemble Hotteterre”, a música erudita da gaita de fol no Barroco actuará na igrexa de Celanova o venres 27, ás 20 horas con acceso libre.

Robótica e deseño gráfico, na Cemit 4 Tamén se realizou un curso de deseño web. Redacción Coa chegada de setembro a aula Cemit de Celanova achega aos seus usuarios varios cursos coas novas tecnoloxías como portagonistas. Se nos primeiros días do mes a actividade centrouse na aprendizaxe de deseño web (html e Css), este mesmo venres -6 de setembro- chega un novo curso baixo o título “Robótica para tod@s” - Tech kids para cativos de 9 a 16 anos. O horario será de 10 a 14 horas. A actividade é de balde e contará cun descanso que inclúe merenda. As prazas son limitadas e as inscricións deberán realizarse na propia aula

Cartel do curso de robótica.

Cemit ou no teléfono 988 43 16 04. O obradoiro forma parte do programa TechKids e está organizado polo Colexio Oficial de Enxeñería en Informática (CPEIG) e la Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega). QCad O día 9 dará comezo o curso “Deseño con QCad” que se prolongará ata o día 12 de setembro. O horario será de 10 a 12 horas. A realización de planos en dous dimensións será o que aprendan os alumnos que se inscriban nesta actividade. A inscrición tamén pode ser na propia aula, por teléfono ou na plataforma da Cemit que ten na web da Xunta.


ALLARIZ E COMARCA

Feira apícola Redacción Máis de 25 postos de apicultores de Galicia e Portugal amosarán a gran diversidade de produtos que se poden producir das abellas. Será en Allariz, o 15 de setembro, no marco da segunda feira dos produtos apícolas. Coñecerase e desgustarase unha gran variedade de meles, os variados produtos da colmea, como o pole ou o própole, e outros produtos artesanais, como bebidas elaboradas con mel (infusións, cervexas ou hidromel) ou cosmética apícola (xabóns

Arte de man Redacción O casco histórico de Allariz acolle, este domingo 8, de 11 a 20 horas, o Mercado de Artesanía “Arte de Man”. O casco vello converterase nun

ou bálsamos). Exposicións, charlas, demostracións da extracción de mel dos panais, e a elaboración tradicional de candeas serán algunhas das actividades. Ademais, un concurso escollerá o mellor expositor e sortearanse varias cestas de produtos entre o público visitante.

Cartel da feira.

obradoiro de artesáns da cerámica, pintura, debuxo e gravado, escultura, xoiería e bixutería, téxtil, vidrería, coiro ou madeira, entre outros. A xornada completarase con varios obradoiros e demostracións ao vivo.

Risas en Allariz esta semana 4 Comezou a segunda edición do Festival RIR. Redacción Durante esta semana Allariz non parará de rir. Ata o domingo 8 de setembro, a vila acolle a segunda edición do Festival RIR. Na competición oficial entran as curtas de animación, ficción e documental. As de ficción ocuparán tres bloques que se poderán ver cada un deles a partir das 20 horas ata o venres. O sábado, ás 17.30 horas, proxectaranse as curtas de documental e animación que entran a concurso. Este ano, haberá un ciclo adicado a Buster Keaton como protagonista (o ano anterior honrárase a

memoria doutro grande dos cómicos cinematográficos: Charles Chaplin). Proxectaranse sesións de curtas protagonizadas por Keaton e o domingo ás 20.30 horas poderase ver “O moderno Sherlock Holmes”, que estará musicada en directo por Olga Brañas. Tamén se ofrece a estrea mundial da web serie Válgame Deus de Rubén Rodríguez (venres 6, ás 17.30 horas). No apartado do Festival Amigo, este ano o convidado será ao FIC Via XIV de Verín, sendo o xoves 5 (18 horas) o día no que se verán as obras premiadas do festival de Verín. Paralelamente, reali-

Barrios 5 de setembro 2019

zaranse actividades que incluirán espectáculos infantís, teatro de rúa, música e obradoiros, incluída a sesión vermú do sábado e domingo (12.30 horas). Premios O sábado 7, a partir das 22.30 horas terá lugar a gala de entrega de premios. Estará presentada por Caldas e Mancho e farase entrega do Premio “RIR contigo” a Carlos Blanco. O actor galego terá a súa propia sesión de curtametraxes nos que traballou o domingo día 8 de setembro ás 18.30 horas.

Cartel do Festival RIR deste ano.

11

EN BREVE

4 Carne de boi Do 28 de setembro ao 13 de outubro Allariz celebra a oitava edición das Xornadas de Carne de Boi.

4 OCR O sábado, 28 de setembro, chega unha nova edición da OCR Allariz. Unha proba de obstáculos que conta con varias categorías. Inscricións en championchoporte.com.

4 Curso O xoves 12 de setembro celébrase o curso de marmeladas e conservas. Será na Fundación Ramón González Ferreiro (Paciños, 2 -Allariz-), en horario de 17:30 a 21 horas. Impartiranse diferentes métodos de conservación e realizaranse diversas elaboracións con verduras e froitas. O prezo da inscrición é de 27 euros. Información no teléfono 988 463 6 182.


12

Barrios 5 de setembro 2019

DEPORTES

Rubén Durán, celebrando o primeiro tanto contra o Arousa. /RAMSÉS.

Unha vitoria, un empate e dúas derrotas 4 Así foi a segunda xornada para os ourensáns de Terceira. R.T. Disputábase a segunda xornada de Terceira División a pasada fin de semana e deixaba para os

intereses ourensáns unha vitoria, un empate e dúas derrotas. A Unión Deportiva Ourense levouse o gato á auga contra o Arousa

ao que venceu por dous goles a cero; eso si, os tantos non chegaron ata a segunda metade. Porque na primeira, os homes de Fernando Currás apenas

inquedaron a meta rival e aínda por riba, os visitantes foron superiores neses primeiros 45 minutos. Porén, a segunda parte foi outra historia. Foi concretamente aos 12 minutos da reanudación cando mudou o panorama sobre o verde do Couto. Nese momento, Pedrosa aproveitaba un mal despexe da zaga local para quedarse diante do porteiro, cando xa tiña regateado a este, o defensa central derrúbao na área e o árbitro decreta penalti; amarela para o xogador (que era a segunda) e polo tanto remata para el o partido antes de tempo. O penalti transformouno en gol Rubén Durán con frialdade, un a cero e partido encarrilado. E iso que un minuto despois o medo entrou no corpo do afeccionados da UDO ao ver o balón nas redes da portaría local. Iso si, o susto durou pouco xa que o colexiado non facía subir o gol ao marcador ao considerar que o xogador o introducirá coa man.

A partir dese momento, os mellores minutos da UD Ourense. Con varias ocasións, aínda que tan só unha remataría en gol. Foi de Marquitos tras pase de Adrián Presas. Dous a cero e os de Currás se escalan ata a terceira posición con catro puntos. Outros encontros O Ourense CF non deu continuidade ao bo arranque ligueiro, que o levou a vencer ao Bergantiños na primeira xornada, e volveu derrotado de terras herculinas. Os de Fran Justo caeron diante do Fabril por dous a cero. A outra derrota da xornada tivo ao Barco como protagonista. Os valdeorreses non tiveron o seu día e caeron en Calabagueiros ante o Alondras. Os de Manolo Pérez tiveron o empate cun penalti que fallou Rubén García cando o resultado era de 0-1. Os visitantes colocaron o 0-2 definitivo a un minuto do final. Pola súa banda, o Arenteiro sumou o segundo

O Arenteiro leva dous empates consecutivos neste comezo de liga. Esta xornada recibe ao Fabril empate consecutivo. Nesta ocasión foi no campo do Bergantiños con que fixo táboas ao rematar o partido co mesmo resultados co que se iniciou. Vindeira xornada Atractiva terceira xornada a que chega para os ourensáns. Grandes duelos para Ourense CF, Barco e Arenteiro, e oportunidade para sumar tres puntos para a UD Ourense. Os unionistas visitan ao Pontellas, último clasificado con cero puntos no seu casilleiro; o Barco visita ao Compostela; e Arenteiro e Ourense CF xogan na casa diante de Fabril (18 horas, O Espiñedo) e Rápido de Bouzas (19 horas, O Couto), respectivamente.


DEPORTES

As Lagoas recibe o “Correndo por Ourense” 4 Retómase a proba atlética dos barrios. Redacción Tralo parón estival, o circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” retoma a súa actividade. E faino no barrio das Lagoas coa carreira con saída e chegada na pista de atletismo do Campus universitario. Sera este domingo 8 de setembro, ás 11 horas coa proba dos pitufos para seguir coas probas escolares, ata chegar ás 11.30 horas cando dará comezo a proba absoluta (con 6,4 km de percorrido). Clasificación Tras tres probas disputadas en categoría absoluta masculina o primeiro

clasificado é o atleta Luis Iglesias. O corredor do Atletismo Arenteiro está secundado no podio por dous atletas do Ourense Atletismo, Julián Romero, segundo, e Alejandro Montero, terceiro. Na categoría feminina, Iria Fernández (ADAS O Barco) é a primeira, con Begoña Domínguez (Atletismo Arenteiro) e Inés Valentín (Ourense Atletismo), segunda e terceira, respectivamente. A Ponte O mes de setembro trae dúas citas deste circuíto, xa que para o próximo día 29 (domingo) a proba trasládase ata o barrio da Ponte.

Particpantes da carreira do centro./ARQUIVO.

Serrano apuntala ao COB Redacción Seis anos despois de que deixara o COB, o pívot Víctor Serrano regresa a Ourense con gran experiencia na LEB Ouro. Ben é certo que ao deixar o COB recalou a seguinte tempada en Prata para sumarse ás filas do Prat, equipo co que ascendería e xogaría un ano máis. Depois defendería as cores de Cáceres, Palma, Sammic e o ano pasado voltou a Cáceres para rematar a tempada no Leyma Coruña. Serrano -212 cm de estatura- promediou o ano pasado en Cáceres 10,3

puntos e 5,4 rebotes por encontro. Esta tempada fichara polo recén ascendido Almansa con opción de corte por parte do xogador, que fixo efectivo trala chamada do conxunto ourensán. Torneo O COB xoga os primeiros partidos de pretempada esta fin de semana. Será no Torneo Viana do Castelo e medirase co Oporto, o sábado ás 18 horas (hora de Portugal). En caso de vitoria, a final será o domingo ás 17 horas; de perder xogaría polo terceiro e cuarto posto ese mesmo día ás 14.30. O rival sairá do choque entre Breogán e Oliveirense.

O Envialia lévase o primeiro derbi 4 Vence ao Cidade das Burgas na Copa Galicia. Redacción Chegaba moi cedo este primeiro derbi, en plena pretempada e a dúas semanas para o arranque ligueiro. O primeiro tempo, máis igualado, deixou un 1-1 no marcador. Candela e pos-

teriormente Clara facían que as xogadoras marcharan ao descanso con empate no luminoso. Ao regreso, as albinegras demostraron o seu poderío e golearon por 16. Candela remataba o encontro cun triplete e Marta con dous goles.

Barrios 5 de setembro 2019

Sala Ourense O Sala Ourense disputou en terras lusas o III Torneo da Castanha. En formato de triangular tiña que enfrontarse a Abeira Douro e Carrazedo Montenegro, ambos portugueses. Os de Kike García perdían o primeiro encontro por 2-1 ante o Abeira, para logo vencer 6-7 fronte os anfitrións. A diferenza de goles fixo que o Sala Ourense rematara na segunda posición. Ademais, disputou os oitavos de final da Copa Galicia contra o Tres Cuñados, perdendo por 3 goles a 4.

13

Derbi entre Cidade e Envialia./RAMSÉS.


14

Barrios 5 de setembro 2019

AXENDA / OCIO E CULTURA

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

4AXENDA Exposicións - Do 5 ao 20 de setembro - Exposición colectiva do XV Certame de Artes Plásticas - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 8 de setembro ‘Obra matérica’, de Zeta, e ‘En voz alta’, de Ángeles Sioli - Museo Municipal Teatro - Ata o 6 de setembro 30º Fetega - O Carballiño - 28 de setembro - Espectáculo “Cómico” de “El Brujo” - 20.30 h. Auditorio Municipal do Carballiño Deportes - Do 2 ao 8 de setembro - Torneo de Verán P21 Pádel Club - Instalacións Pádel P21 (Ourense) - 7 de setembro - 5ª regata da Copa Deputación piragüismo - A Rúa - 7 de setembro - VII xuntanza maratón escalada Canón do Sil - Nogueira de Ramuín - 8.30 h - 7 de setembro - Andaina Saudable Centro Médico El Carmen - Ruta Parque Botánico de Montealegre - 11 h. - Ourense - 7 de setembro - Cronoescalada Subida Ó Furriolo - 17.30 h. - A Bola - 7 e 8 de setembro Copa Deputación de Tiro Olímpico - Club de Tiro Olímpico Eiroás - 7 e 8 de setembro Copa Deputación de esquí náutico - Coles - 8 de setembro - Correndo por Ourense - Carreira da Universidade 11 h. - Zona Universitaria - 8 de setembro - fútbol 3ª división - Ourense CF - Rápido de Bouzas - O Couto - 19 horas - 8 de setembro - fútbol 3ª división - Arenteiro Fabril - O Espiñedo - 14 de setembro - 2ª B fútbol sala - Pizarras Los Tres Cuñados - Ribiera O Barco - 14 de setembro - 1ª división fútbol sala - Ourense Envialia - Leganés - Os Remedios Outros - 20 de setembro - Monólogos de Miguel Lago - 21.30 h. - Auditorio Municipal de Ourense www.periodicobarrios.com

O eclipse

O libreiro de Buendía colocando os libros antes de abrir a súa caseta. /RAMSÉS.

A Alameda énchese de libros 4 Coa Feira do Libro Antigo e de Ocasión. Redacción Ata o día 17 de setembro en horario de 10:30 a 14 horas, polas mañás, e de 17 a 21:30 horas, polas tardes, estará aberta a Feira do Libro Antigo e de Ocasión. A ubicación da feira é a avenida de

Pontevedra (Alameda). Participan nesta edición seis librarías de diferentes puntos da xeografía española: Cachuán (Madrid), Valdezate (Burgos), Lorca libros (Madrid), Kim (Barcelona), Librería Buendía (Murcia) e Shora (Alicante).

40.000 exemplares Nesta feira, estarán a disposición de todos os visitantes da feira máis de 40.000 exemplares de libros antigos, vellos, de saldo e ocasión, así como outros materiais impresos ou manuscritos (cartas postais, documentacións profesionais, revistas, carteis publicitarios, cartas de navegación, gravados, xornais, cómics…) con excelentes oportunidades para bibliófilos, coleccionistas e lectores, que poderán adquirir a prezos moi interesantes.

O xornal pasaba de man en man a gran velocidade entre unha multitude febril. Os veciños iletrados solicitaban a un terceiro a lectura daquela gran saba de áureo papel que recollía os pormenores do acontecemento. O 17 de abril de 1912, dous días despois do afundimento do Titanic, a lúa interposta entre o sol e a terra, deixara á cidade ás escuras por un breve espazo de tempo. Tal fenómeno puido observarse

satisfactoriamente desde León, Asturias e Ourense. Os máis pesimistas vaticinaran a fin do mundo. Ignorancia, superstición, medo. Tempo de tebras. Dixo Confucio que por mirar a pequenez dun verme, podemos deixar de contemplar a grandeza dun eclipse. Nós mesmos! A vida é unha mera cuestión de prioridades. Fernando Valcárcel Membro do Arquivo Visual Ourensán

4TRIBUNA ABERTA

Como facerse vexetariano sen morrer no intento Cada vez máis persoas desexan coidar o seu corpo e sentirse mellor, evitando riscos e certas enfermidades. Unha solución pode ser unha dieta vexetariana, equilibrada e de acordo o que cada quen precisa. De todos os xeitos, non todo o mundo o fai

correctamente, despois chega o cansanzo, dores de cabeza, malestar xeral, problemas dixestivos e incluso casos onde se compromete seriamente a saúde do individuo. Os días 14, sábado, ás 17 horas, e o domingo 15 de setembro, ás 11 da mañá, a licenciada en

Pedagoxía e máster en nutrición e dietética, Raquel Caja Galan, impartirá de xeito totalmente gratuíto un curso de saúde e cociña vexetariana. A celebración do mesmo será no local de ADRA, na Rúa Río Deva, 2, baixo, Ourense. Avelino Jacome

Praza do Ferro. Foto Pachego. Circa 1912.

4HUMOR


OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 5 de setembro 2019

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº105 - Ano: XII - 5 de setembro de 2019 - Difusión: 7.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4TRIBUNA ABERTA

Doade 2019: unha malla de altura O pasado sábado, día 24 de agosto, tivo lugar unha espectacular malla na contorna do Museo Etnográfico Casa do Patrón, que contou coa participación do Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, D. Román Rodríguez, acompañado polo Alcalde de Lalín, D. José Crespo, arroupado por outros 5 edís da Corporación, o Subdirector do AGADER, D. Javier Blanco, o Delegado Provincial do Medio Rural, D. Antonio Crespo e outras autoridades, persoas organizadoras doutras mallas de Galicia (Silleda, Allariz, Lobios, Ordes), así como centos de colaboradores, veciños, amigos e visitantes, procedentes de dentro e fóra de Galicia, que fixeron esta edición aínda máis grande e concorrida que tódalas anteriores. Trátase, nada máis e nada menos, que da XX edición da Malla Tradicional de Doade (Lalín), un evento celebrado de xeito continuado e ininterrompido pola nosa Institución, durante as dúas últimas décadas. Executado ao máximo nivel, tanto na calidade e amplitude das súas exposicións de máquinas e motores, da recreación do carrexo dos mollos e máquinas e do conxunto das modalidades históricas da malla (á pedra, con males,

con malladoira manual, con máquinas e motores e finalmente co tractor), como na gran participación da poboación local (unhas 70 persoas) e na masiva asistencia de público foráneo. Xa pola tarde, despois da habitual comida de confraternidade, cantamos e bailamos na V Ruada da Malla, ata ben entrada a noitiña, coa actuación de 7 coñecidas agrupacións musicais da Comarca de Deza, rematando co gran concerto do histórico grupo folclórico “A Roda”, de Vigo, unha auténtica icona da música popular galega. Foi unha xornada polifacética e chea de contrastes, na que se transmitiron múltiples vivencias e emocións, mesmo encontradas: a gran experiencia dos maiores, coa aprendizaxe da xuventude, os melancólicos recordos dun penoso pasado, cos desafiantes retos que nos agardan no futuro, a tristura e as bágoas de sangue de outrora coas gargalladas e a ilusión dun fermoso presente, o silencioso sufrimento das mallas manuais co impresionante colorido e ruxido das máquinas, as mostras artesanais cunha completa exposición de tractores, máquinas e motores, o suor e o sacrificado traballo matutino das mallas,

Celebración da malla tradicional de Doade.

coa comida campestre e a longa foliada da sesión vespertina, a estampa dun aparcadoiro repleto de modernos vehículos, coa incomparable beleza da paisaxe natural que nos envolve con agarimo, o animoso alboroto da xente movéndose por todas partes, coa tranquilidade cotiá da nosa aldea... 20 anos Pola nosa banda, estamos ben ledos e orgullosos de levar 20 anos consecutivos organizando esta gran festa etnográfica no corazón da Galicia interior, pero sobre todo, profundamente agradecidos a toda esta xente humilde e xenerosa que nos leva apoiado e acompañado, ano tras ano, con ánimos renovados en cada edición, empurrándonos a facer realidade uno soño: a catalogación deste evento como “Festa de Interese Turístico de Galicia”, que solicitaremos de xeito inmediato, por considerar reúne con creces a totalidade dos requisitos esixidos (antigüidade, continuidade, gran participación e asistencia de público, singularidade, gran relevancia, así como calidade, variedade e difusión dos seus contidos). Será pois outro éxito compartido cos milleiros de galegos que levan colaborado de xeitos moi diversos coa nobre causa do Museo Etnográfico Casa do Patrón, na súa constante e incansable loita por recuperar, conservar e difundir a cultura do gran pobo galego, e por homenaxear a valentía e o sacrificio sen límite dos nosos devanceiros, a quen lles debemos todo o benestar do mundo actual. Manuel Blanco

[Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

INMOBILIARIA Vendo casa pola estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.: 988 247 824. Alugo oficina na rúa Progreso. Exterior. Prezo económico Tel.: 988 247 824. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Vendo casa na zona de Rante (a 8 km de Ourense) preto da autovía. 3 dormitorios, terreo, pozo de auga e garaxe. Prezo 49.800€. Tlf: 606 422 543 Vendo finca edificable. Zona Rante. Moi económica (11.900€). Tlf: 606 422 543 Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tlf: 657 945 665. Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tlf: 657 945 665. Véndese o alúgase un piso na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel.: 988 234 342. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Alúgase apartamento en Montalvo con dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62. Alugo praza de garaxe na zona universitaria. Prezo 55 euros. Tlf.: 636 329 524.

Alugo oficina económica de 15 metros cadrados, amoblada, con baños comunitarios por 100 euros máis 7 de comunidade. C.E:C. Tel.: 627 203 131

TRABALLO Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Busco mozo como asistente persoal con certificado de atención a persoas en situación de dependencia ou con auxiliar de enfermería. Boas condicións laboraia Tel.: 679 699 508. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Ofrécese señora galega, con referencias. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43. Dánse clases particulares de matemáticas a domicilio (en Ourense capital). Todos os niveis. Contacto. whatsapp: 610. 38 25 89; e-mail: clasesadomicilio2014@hotmail.com. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Económico. Tel.: 616 361 548.

VENDAS Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 988 247 824. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 988 247 824. Vendo remolque tenda comanche compact ano 2012. Como nova. 2.500€. Tel: 620 43 20 60 Vendo porta de cristal e aluminio. Tel: 988 247 824. Vendo incubadora pequena para ovos ede paxaro ou galiña (12 uds.). Tel: 616 726 331. Vendo hormigonera de 280 litros e maquinillo / grúa (a gasolina). Tel.: 988 23 47 91 Vendo maquina de coser industrial (dobre arrastre). Tel.: 630 587 527 Vendo microondas, 30 euros; lavadora Zanussi 7kg (A++), 120 euros; deshumificador Longhi, 50 euros. Tlf: 625 745 611. Véndense polos caseiros (zona Allariz). Tel. 674 317 302 (chamar a partir das 21 horas). Vendo e cambio calendarios de bolsillo para coleccionar; así como barallas de cartas. Tel e whatsapp: 630 67 21 05. Vendo gaiola para paxaros, de 1,70x0,70x0,60 m con 10 canarios de entre 2 e 3 anos, machos e femias. Tamén 2 gaiolas de cría de 0,60 e un lote de 8 gaiolas distintas. Tel: 988 232 565636 286 434.

VARIOS Acepto canarios. Tel: 988 247 824. Ófrecese un carballo de 45 anos (duns 40 cm de diámetro) en Feá (Alongos). Xa está arrincado, soamente hai que cortalo polo que se precisa levar espadín grande. Tlf.: 659 494 272 // 663 034 262.


Barrios 5 de setembro 2019

Profile for Ourense por Barrios

Barrios 105  

Xa está na rúa a última publicación de Barrios.

Barrios 105  

Xa está na rúa a última publicación de Barrios.