Marzo 2011 - OUXB

Page 12

12

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

SOCIEDADE

A concelleira Marta Arribas o día da campaña de captación de voluntarios./P.LODEIRO.

Búscase voluntario/a

A Concellería de Voluntariado instalou un posto informativo nos xardíns Padre Feijoó para visibilizar a acción desenvolta no ámbito de voluntariado nestes últimos 3 anos desde este departamento municipal e animar aos ourensáns a sumarse a esta rede de cooperación social. Baixo o lema “Fagas o que fagas, sempre vale”, o departamento municipal que xestiona Marta Arribas puxo en marcha unha campaña para fomentar a acción voluntaria entre a cidadanía ao tempo que presenta o seu Plan de Acción Formativa para este 2011, dirixido a todas aquelas persoas interesadas en aprender e formarse no ámbito do voluntariado e ONGs. Ademáis desta acción na rúa, a Concellería distribuiu en diferentes puntos da cidade unha serie de cartaces co lema “Alúganse...Boas sensacións”, nos que dar a coñecer o contacto da Oficina Municipal de Xuventude e Voluntariado para animar as persoas a que se informen e participen deste proxecto conxunto.

EN BREVE

4Atención ao cidadán 30.000 ourensáns xa utilizaron a Oficina de Atención ao Cidadán nos seus primeiros tres anos de vida. Neste periodo, este departamento resolveu 19.553 solicitudes de información, 6.057 peticións veciñais, e 2.626 solicitudes da Carpeta Cidadá, mediante a web www. ourense.es. Desde este mes a oficina, situada na praza de Santa Eufemia, abre tamén en horario de tarde (de 16 a 18 horas) os martes e xove. Como novidade, os cidadáns poderán solicitar nesta oficina duplicados de recibos pagados, emitir recibos de impostos, realizar domiciliacións bancarias e cambios de enderezo fiscal.

4 Fundación Quessada A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou o expediente de ocupación directa dos terreos que se destinarán á construción do Museo da

Fundación Quessada, entre as rúas Sarmiento de Acuña e Xoán da Coba, no barrio de San Francisco. A Fundación Quessada divulgará o legado artístico deixado polos artistas ourensáns Xaime Quessada Porto e Jaime Quessada Blanco.

4 Locais de hostelería A Xunta de Goberno Local acordou, en estrita execución das sentenzas ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nas que se anulan as licenzas de bar especial de catro locais de hostelería sitos no Casco Vello (nas rúas Pizarro, Lepanto, Lúa e Praza das Mercedes), requirir aos titulares destes locais para que cesen no exercicio de tal actividade e en consecuencia acomoden a súa actividade de restauración como café bar.

4 Concurso de pinchos A Concellería de Comercio e Turismo conovoca unha nova edición do concurso de pinchos da cidade baixo o lema “Sabores de

Ourense 2011 – Edición Primavera”. Desenvolverase entre os días 9 e 22 de maio. Por este motivo, a sociedade mixta Turismo de Ourense organiza un concurso para o deseño do cartaz que servirá de imaxe á campaña, cun premio de 300 euros. O prazo para presentar propostas remata o 16 de abril, e o gañador farase público o 18 de abril. [Consulta as bases na Concellería, Praza de San Martiño nº2, ou no 988 388 103]

4 Ourense Xove Xa están aberto os prazos de inscrición para as actividades propostas para a mocidade de entre 15 e 35 anos no programa Ourense Xove 2011 que un ano máis organiza a Concellería de Xuventude. Ourense Xove plantexa nesta edición 14 actividades distribuidas en catro grupos: Cultura do Corpo, Linguas, Cociñas do Mundo e Socorrismo e Salvamento Acuático, obradoiros e cursos que se desenvolveran ao longo do vindeiro semestre. [+ en www.xuventudevoluntariado-ourense.es]


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.