Issuu on Google+

Especial

O Nadal Vodas,xa Bautizos e está aquí Comuñóns [páx. 15

[páx.29-35] e páx. 39-42]

TEMA DO MES Páx.2

TEMA DO MES Páx.3

A VALENZÁ Páx. 9

BARRIOS Páx.11

DEPORTES

Páx.26

Remiten á Xunta a certificación rexistral do solar xudicial

Anulación do PXOM: o Concello solicita ordenación provisional

O centro de saúde licitarase antes de maio, afirma o alcalde

O CCA Couto Centro CD Ourense: primeira entrega os premios da derrota co novo campaña do Día do Pai adestrador

Entrevista á Ángeles Rodríguez (Fundación Cum Laude): “Xuntos cremos que merece a pena tentar cambiar o mundo” [páx.17]

Novas instalacións para o Centro de Información á Muller [páx. 4-5]

O Centro Municipal de Información e Atención á Muller atópase na rúa Ensino, no barrio de O Couto. /P.L.

Confírmanse 10 novos grupos no cartel do XVI Derrame Rock [páx.39]

Número: 103 - Ano: X - Marzo 2011 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




Ourense por BARRIOS TEMA DO MES Marzo de 2011

Unha plataforma veciñal reclama a estación soterrada 4 O Concello autoriza a sinatura do protocolo para a integración ferroviaria da cidade. Redacción

Solar en O Couto onde está previsto construir o edificio xudicial e máis o centro de saúde./ARQUIVO.

O Concello remite á Xunta a certificación rexistral do solar para o edificio xudicial 4 A Consellería de Presidencia reclamáballe este documento para poder licitar as obras. Redacción Finalmente o Concello de Ourense remitiu á Consellería de Presidencia a certificación rexistral que lle esixía para poder licitar as obras do edificio xudicial. Nun primeiro momento a administración local enviara á Xunta unha acreditación da inscrición rexistral do solar que databa de abril de 2010, ao entender desde o Concello que non era preciso unha certificación actualizada. “A propia rexistradora me di que non se pode rexistrar dúas veces”, explicaba o alcalde, Francisco Rodríguez, quen reflexionaba, con sorna, sobre este asunto: “cando che fan un regalo, que che poñan tantas trabas...” Desde o mes de outubro, a Xunta viña reclamando ao Concello de Ourense

que acordase a cesión dos terreos necesarios con todas as garantías xurídicas para culminar os trámites xurídicos e materiais que permitiran formalizar a aceptación da cesión e poder retomar o procedemento de licitación iniciado para executar o novo edificio xudicial, que tivo que ser paralizado polos defectos nas expropiacións levadas a cabo polo Goberno local. Ata en cinco ocasións o Goberno galego solicitou ao Concello que lle enviara a documentación precisa para poder continuar co proceso de licitación, feito que lle valeu ao PP para criticar, por boca do seu candidato Rosendo Fernández, ao bi-

partito local por mandar a documentación “a conta gotas”. A súa compañeira de partido Mónica Mourelo explicaba que a certificación actualizada era precisa “para ter garantías xurídicas, sen esta seguridade xurídica podese correr o risco de que no futuro haxa indemnizacións aos propietairos e á empresa”. Entre os últimos documentos requeridos ao Concello estaban un plano no que se localiza a parcela cedida, e a certificación rexistral agora remitida. O pasado 2 de marzo, a Xunta de Goberno Local acordara de novo a cesión do solar á Xunta.

O Concello entendía que non era preciso unha certificación rexistral do solar actualizada, a Xunta pedía que si

Para o día 31 de marzo, ás 20 horas, está convocada unha manifestación para reclamar que a entrada da alta velocidade na cidade se faga soterrada e que se respecte o edificio actual da estación Empalme. Organizada por unha plataforma veciñal, a manifestación partirá da praza da Marina e rematará fronte a estación de tren. A convocatoria de manifestación producirase logo de que o 17 de marzo a Xunta de Goberno local autorizase a sinatura do protocolo de colaboración entre Concello, Fomento, ADIF e Renfe para a integración do ferrocarril en Ourense. O documento recolle expresamente a vontade das partes de incorporar a este protocolo á Xunta de Galicia. O proxecto de integración ferroviaria de Ourense non prevé o soterramento das vías na estación Empalme, tan só a súa cubrición nun tramo de 500 metros. Durante a súa presentación a finais de febreiro, o secretario de Estado de Infraestruturas, Víctor Morlán, argumentou que o soterramento das vías á súa entrada á cidade ocasionaría un retraso de tres anos na chegada da alta velocidad a Galicia. Desde a Xunta, que non está de acordo con esta solución, insisten en que a chegada do AVE en superficie non debería impedir que, nunha segunda fase, se puidera proceder ao seu soterramento.

Aspecto actual da praia de viais da estación Empalme.

Infografía da nova estación e a zona que se cubrirá.

4Licitada a redacción dos proxectos entre Taboadela e a estación O Ministerio de Fomento, a través de ADIF, vén de licitar dous contratos para a redacción dos proxectos de plataforma dos subtramos Taboadela-Seixalbo e Seixalbo-Estación de Ourense, que suman os últimos 16,9 quilómetros de acceso á estación de Ourense-Empalme. O orzamento conxunto de licitación ascende a 6.800.000 euros. Esta solución permite liberar o corredor ferroviario actual e dá servizo aos tráficos de viaxeiros e de mercadorías, que circularán por vías independen-

tes, o que potenciará o uso da vía existente para dar circulación ás mercadorías, asegura Fomento. Cara á metade deste tramo está prevista a conexión da plataforma de alta velocidade coa liña férrea actual ZamoraOurense mediante unha terceira vía de ancho ibérico que tamén chega até a estación de Ourense. O proxecto inclúe tamén tres ramais de ligazón coa liña convencional Ourense-Monforte-Lugo. O Ministerio prevé manter o servizo ferroviario en todo o momento durante a realización dos traballos.


TEMA DO MES

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011



anulación do pxom

O Concello solicita á Xunta unha ordenación provisional 4 A corporación demanda ademais ao Goberno galego a suspensión en parte do PXOM de 1986 e acorda suspender a concesión de licenzas de parcelación, demolición e edificación. Paula Lodeiro Apenas oito anos de vida. É o curto percorrido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ourense, que o Tribunal Supremo acaba de tumbar, ao non admitir o recurso de casación presentado polo Concello de Ourense contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 2008 que anulaba o planeamento por faltarlle un informe de telecomunicacións. Consecuencias: queda vixente o plan xeral anterior, que data de 1986, e urxe a aprobación dunha normativa provisional mentres o Concello non remate o novo plan xeral (en redacción desde 2009). Por iso, unha semana despois de ser coñecido o fallo do Supremo, e en sesión plenaria extraordinaria, a corporación municipal de Ourense aprobou co rexeitamento do Partido Popular- solicitar á Xunta a suspensión en parte do PXOM de 1986 -o que está agora vixente- e a aprobación dunha ordenación provisional. Tamén se acordou suspender a concesión de licenzas de parcelación, demolición e edificación en todo o termo municipal. Os populares xustificaron o seu voto en contra por mor das críticas recibidas no pleno por parte da tenente de alcalde, Isabel Pérez: “nos vimos obrigados polo seu desprezo e chulería”, afirmou o voceiro popular, Enrique Nóvoa. Pouco antes a concelleira

nacionalista cualificara de “chapuza lamentable” o PXOM aprobado polo PP en 2003 e pedira responsabilidades políticas a este partido, que naquel tempo gobernaba en Ourense e na Xunta. “Teñen que dar explicacións e pedir perdóns”, esixiu Isabel Pérez. O voceiro popular lamentou que o bipartito non buscara o consenso neste tema e defendeu o PXOM agora defenestrado: “estamos a falar dunha ferramenta que lles permitiu sacar milleiros de licenzas”, engadindo que o plan caeu “por temas administrativos, dos que asumimos responsabilidades” pero que a xustiza non cuestiona o modelo de cidade que propuña o PP neste ordenamento. Colaboración da Xunta A Xunta de Galicia xa amosou a súa disposición a colaborar nun tema que consideran prioritario; así o expuxo tanto o seu presidente como o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Porén, ao mesmo tempo os dirixentes autonómicos criticaron ao goberno municipal de Ourense: “non estariamos nesta situación se o Concello de Ourense tivera feito os seus deberes, en tres anos é posible redactar un plan xeral”, afirmou o conselleiro Agustín Hernández (a concelleira de Urbanismo, Aurea Soto, asegurara que “o máis rápido en aprobar un plan xeral son cinco anos”). A primeira reunión bi-

Vista xeral de Ourense./ARQUIVO. lateral xa tivo lugar entre a secretaria xeral de Urbanismo e a edil de Urbanismo de Ourense. O propio Agustín Hernández, reúnese este mércores, 30 de marzo, con representantes dos empresarios de Ourense, así como dos colexios profesionais vinculados co sector da construción, co obxecto de abordar con eles a situación do urbanismo na cidade tras a anulación definitiva do PXOM. A pesar das críticas mutuas, goberno local e autonómico están obrigados a entenderse polo ben do municipio. “Se imos da man desto saímos”, concluía a edil de Urbanismo unha das súas intervencións na sesión plenaria.

4 Planeamento que se propón incorporar Á ordenación provisional que debe redactar a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o Concello de Ourense propón que se lle incorpore todo o planeamento desenvolto nos últimos catro anos. A concelleira de Urbanismo, Aurea Soto, citou, entre outros, o ámbito para o edificio xudicial, centro

de saúde de O Couto, e sede da Confederación Hidrográfica Miño-Sil; o da Molinera; o conxunto dotacional de Radio Ecca; o complexo deportivo de Eiroás; o plan parcial de A Farixa; a AR39 -E da Finca Mariñamansa; as áreas de reparto no contorno da ronda bulevar con proxectos de compensación e urbanización aprobados; os ámbitos do BIC

das Burgas, campus e A Chavasqueira, e os dous solos urbanizables de Seixalbo e Santa Cruz. A inminencia do fallo do Supremo fixo que o Concello de Ourense apurara ata o último momento a concesión de licenzas, como a que recibiu El Corte Inglés para o seu centro comercial tres días antes de que se anulara o plan.

A Xunta de Galicia ofreceu a súa colaboración para axudar a resolver o problema do urbanismo na cidade, e ao mesmo tempo, criticou ao goberno municipal: “non estaríamos nesta situación se o Concello de Ourense tivera feita os seus deberes”




Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

BARRIOS

Febre de inauguracións en véspera electoral

4 O Concello estrea ata sete instalacións municipais na semana anterior a que a Xunta Electoral prohiba as visitas e inauguracións de obras públicas. P. Lodeiro A prohibición da Xunta Electoral Central da realización de visitas e inauguracións de obras públicas a partir do 29 de marzo supuxo unha frenética actividade de descubrimento de pracas nas últimas semanas. Ata sete instalacións municipais foron inauguradas polo Concello de Ourense nos últimos días: a nova sede de Urbanismo, as novas instalacións da Universidade Popular, o Centro Municipal de Información ás Mulleres, o Centro Cívico de A Ponte, o horto educativo de Mariñamansa, o parque dos Carroleiros e o Centro Cívico das Termas. Nesta voráxine de visitas tamén se inclúe a dun edificio que entrará pronto en

funcionamento: o restaurante das Pozas de Maimón. Na maioría dos casos, as obras foron realizadas con fondos Plan Estatal de Emprego e Desenvolvemento Local 2010. Sede de Urbanismo A primeira das inauguracións foi a da nova sede de Urbanismo, na rúa Padre Feijoo do casco histórico, aínda que os servizos municipais non se trasladarán ao inmoble ata Semana Santa. A restauración foi posible grazas ao Plan E de 2009, cun custo total de 1,7 millóns de euros. CIMM O antigo edificio de Radio Ecca no barrio de O Couto acolle desde este mes as novas instalacións do Centro Municipal de Informa-

ción e Atención á Muller. A rehabilitación do inmoble supuxo un investimento de 600.000 euros. As novas instalacións do CIMM, distribuidas en tres plantas, contan con salas de atención correspondentes á educadora, psicóloga e traballadora social; espazo para a asesoría xurídica e departamentos administrativos. Como novidade, o edificio está dotado dun servizo de gardería así como dun centro de documentación en materia de xénero, así como unha sala multiusos. Universidade Popular No barrio de As Lagoas creouse a nova sede da Universidade Popular, dúas aulas situadas na rúa Vasco da Ponte que acollerán a parte dos máis de 1.400

Autoridades nun dos despachos do novo Centro Municipal de Información e Atención á Muller, en O Couto. /PAULA LODEIRO.

Na maioría dos casos as obras foron financiadas con fondos do FESL 2010, coa excepción da sede de Urbanismo, rehabilitada con fondos do Plan E de 2009, e os locais para a Universidade Popular, reformados con cargo ao orzamento municipal


BARRIOS

ourensáns que participan actualmente nos cursos e obradoiros da Universidade Popular. A actuación foi financiada con cargo ós Orzamentos municipais, cun investimento de 216.000 euros. Centro Cívico Un novo edificio vén sumarse á rede de Centros Cívicos da cidade: o de A Ponte, situado na rúa Eulogio Gómez Franqueira. Nas instalacións investíronse 930.000 euros con cargo ao Fondo Estatal de Sostenibilidade Local. O edificio divídese en tres plantas: soto, planta baixa e planta alta e conta con dúas salas polivalentes, unha ludoteca, un aula de uso polivalente, un salón de actos, unha aula de informática, unha sala de lectura e a Unidade Interdisciplinar de Intervención Social, que pode funcionar independentemente do resto do inmoble, posto que conta cun acceso propio. Horto educativo Doutra banda, o horto educativo que se ía construir no parque Angelita

Paradela trasladouse a Mariñamansa, entre a rúa Marie Curie e o paseo do Barbaña, onde acaba de ser inaugurado. Investironse 328.000 euros de fondos estais neste proxecto que supón a creación de 22 parcelas para os cidadáns en xeral, persoas con mobilidade reducida e escolares.

e a Sustentabilidade Local, ademais dos 250.000 euros que lles custara ao Concello a adquisición de dous locais. Entre os dous suman 322,46 metros cadrados para acoller as súas actividades de reunión, cultura, acceso ás novas tecnoloxías, usos recreativos e usos polivalentes.

Parque dos Carrileiros O Parque dos Carrileiros, na rúa da Canle, pecha a ronda de inauguracións. Neste proxecto de mellora sobre uns terreos de 3.600 metros cadrados investíronse medio millón de euros procedentes do FESL de 2010. Acometeuse tamén unha ampliación do circuito deseñado pola Asociación Cultural Carrileiros de Foula e do seu Museo do Tren.

Futura apertura do restaurante da zona termal A infraestrutura que non deu tempo a inaugurar antes do período de prohibición de actos é o restaurante das Pozas de Maimón, en Reza. Iso non foi impedimento para unha visita ás instalacións da concelleira de Turismo e Termalismo, Ana Garza, que anunciou a apertura para o vindeiro 14 de abril. O futuro restaurante ocupa un edificio dunha única pranta baixa e dous accesos, cunha zona axardinada no contorno e cun punto de información turística. As obras do restaurante foron desenvoltas con cargo ao FEIL 2009. A adxudicación da instalación hosteleira recaeu en Jose Luiz Vázquez, cunha concesión a dez anos non prorrogables.

Centro Cívico “As Termas” Finalmente, o novo Centro Cívico “As Termas”, na Praza 200, foi inaugurado o luns 28 de marzo. A actuación supuxo un investimento de 193.000 euros procedentes do Fondo Estatal para o Emprego

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011



Nova sede de Urbanismo, na esquina das rúas García Mosquera e Padre Feijoo./P.L.

Exterior do Centro Cívico da Ponte, na rúa Eulogio Gómez Franqueira, o día da súa inauguración./RAMSÉS.

Horto educativo en Mariñamansa./RAMSÉS.

Centro Cívico das Termas, nas vivendas da praza 200 de O Pino./ÁNGEL PAZOS




Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

BARRIOS

ADEGA cuestiona a poda no parque de San Lázaro

EN BREVE

4 Vistahermosa está en festas Os días 29 e 30 de abril e 1 de maio Vistahermosa celebra as súas festas maiores na honra de San Xosé, coa actuación das orquestras Sintonía de Vigo, Marbella e Olympus e os grupos Ciclón e La Oca en sesión de noite, así como cun pasarrúas a cargo da Banda de Música de Vilanova dos Infantes e unha misa solemne durante a mañá do domingo.

4 Proxecto “Camiño Escolar” A concelleira de Educación, Ana Garrido, e o xefe provincial de Tráfico da DGT David Llorente, asistiron á entrada en funcionamento dos novos sinais que identifican o percorrido e puntos de encontro das tres rutas establecidas no barrio de O Couto para que os escolares podan chegar a pé de forma segura ao seu colexio dentro do proxecto “Camiño Escolar”. Son, en total, 11 sinais coas identificacións de Camiño Escolar e Punto de Encontro, sitas en Praza do Couto, na subida da Rampa de Sás, rúas Francisco de Moure e Monseñor Xosé Alvarez, Praza Soroya, Villarreal (esquina con Ervedelo), Ervedelo (esquina con Xesús Soria), Fernández Mázas, entre outras, así como nas proximidades do colexio (entrada e saída do centro). O proxecto “Camiño Escolar” da Concellería de Educación, iniciado en 2009 en O Couto, busca favorecer que os rapaces vaian andando á escola de maneira segura.

4 Non a ven xustificada. Redacción

Martínez con alumnos do colexio de Vistahermosa.

Celebración do Día da Árbore en Vistahermosa

O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez celebrou o día da árbore cunha plantación de árbores no CEIP de Vistahermosa. No acto participaron tamén 50 rapaces do colexio que axudados polos responsables do Servizo de Montes da Consellería de Medio Rural e as brigadas forestais plantaron medio cento de árbores, entre eles cerdeiras, bidueiros e castiñeiros. Os rapaces aprenderon a plantar unha árbore e recibiron información sobre como coidar os montes, como por exemplo, a importancia da reforestación, non esquecerse das fogueiras, non deixar lixo no monte.... Aprenderon tamén as funcións dos axentes forestais e cómo actúan en caso de incendio, ademais da vestimenta que empregan para facerlle fronte ás lapas.

Carlasca apoia a Demetrio Espinosa 4 En resposta ás críticas de Limiar sobre o bonsai da rotonda de Marcelo Macías. Redacción Tralas recentes críticas de Limiar (a Comisión de Traballo de Medio Ambiente da Federación de Asociacións de Veciños) ao macrobonsai colocado na rotonda de Marcelo Macías por considerar o seu custo (12.000 euros) excesivo para a actual situación económica, a

AA.VV. Carlasca de A Carballeira define dito ornamento como un dos “máis bonitos e baratos da cidade, xa que ningún baixou dos 125.000 euros” e acusa a Limiar de ser ela un verdadeiro “gran mal gasto” para o Concello, ao que insta a comprobar como “moitas das Asociacións de Veciños que están na comisión delegada só abren as súas

portas para os cursos que organiza o órgano municipal e algunha nin iso, mentras o mesmo paga os seus alugueres con fondos públicos”. Con estas afirmacións Carlasca quere mostrar o seu apoio ao concelleiro de Medio Ambiente, Demetrio Espinosa, máximo responsable do “Plan de Rotondas” que está en marcha na nosa cidade e que consiste no embelecemento dos accesos a Ourense con maior tránsito, como é a rúa na que está sito o polémico bonsai de olivo de 620 anos, ao que a asociación de A Carballeira considera nada caro para a idade que ten.

A asociación ecoloxista ADEGA cuestiona a poda realizada nos plátanos do parque de San Lázaro, incluida nun proxecto de remodelación do parque elaborado pola Concellería de Medio Ambiente. O departamento municipal prevía “a realización dunha poda especializada de árbores, que garanta o seu bo estado de saúde, e aumente a entrada de luz, mantendo as zonas de sombra precisas”. Desde este colectivo ecoloxista non comparten a opinión dos técnicos para xustificar esta poda, que afectou a máis dun-

ha ducia destas árbores no céntrico parque ourensán. “Aínda que lle dean cicatricante, as zonas quedan moi debilitadas e sensibles á podedumbre e aos fungos”, apunta o seu responsable local Xan Carlos Rodríguez, que sinala ademais que no Parque de San Lázaro “é necesaria a sombra no verán, e no inverno non hai problema de falta de luz porque son árbores caducifolias”. Tampouco a xustifican para evitar os estorninos “porque traslada o problema a outras zonas”. “En Ourense non conseguimos que as autoridades e as árbores se leven ben”, conclúe Rodríguez, que extende as críticas á tala na Alameda da Ponte.

Unha árbore do parque de San Lázaro trala poda./J.E.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011






Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

BARRIOS

EN BREVE

4 Nova liña de autobús a Velle Os veciños de Velle disporán en días dunha nova liña de transporte urbano longamente demandanda. A nova liña 27 unirá Velle con O Polvorín os días laborables e os sábados, coa primeira saída ás 07:25 desde O Polvorín e ás 7:50 desde Velle, e o último servizo ás 22:10 horas desde Velle. A liña comezará a prestar servizo o 4 de abril.

Acto de entrega do NIF simbólico na Subdelegación do Goberno./RAMSÉS.

Cinco cooperativas escolares reciben un NIF “simbólico”

O presidente da Xunta saúda a varios usuarios da residencia /CONCHI PAZ.

Autobús urbano./ARQUIVO.

4 Transporte metropolitano

A Xunta de Galicia transmitiu nunha carta ao Concello de Ourense que non existe impedimento algún para firmar o convenio de Transporte Metropolitano nesta área. O director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, insiste na misiva en que o novo Plan de Transporte Metropolitano pódese implantar en Ourense sen ter que decidir a ubicación dos intercambiadores, “xa que son dúas cuestións independentes que poden poñerse en práctica en diferentes fases”. Coa sinatura do convenio o que cambia é a posibilidade de que os ourensáns accedan á tarxeta única e ao novo sistema tarifario, “xa que a entrada dos autobuses interurbanos se realizaría do mesmo xeito que o fan actualmente”.

Feijoo inaugura a residencia de maiores de Barrocás 4 Ten capacidade para 150 maiores. Redacción O presidente galego remarcou, durante a inauguración da residencia de maiores de Barrocás, que a Xunta está cumprindo a súa axenda social a pesar da crise económica coa posta en marcha de 4.550 novas prazas en residencias de maiores, centros de día e garderías nos 23 meses que van de lexislatura. “Neste momento podemos comprobar que a axenda social do Goberno se está cumprindo no ano 2009, 2010 e no primeiro trimestre de 2011”, salientou Alberto Núñez Feijóo lembrando que o plan social do Goberno galego prevé un investimento de 800 millóns de euros ata o ano 2013. O titular da Xunta visitou a nova residencia de maiores da cidade de Ourense, xestionada pola

empresa Geriatros. Núñez Feijoo asegurou que o Goberno galego vai “seguir traballando e facendo fincapé no social”. “O social tamén crea emprego e en momentos de crise económica é preciso priorizar investimentos”, afondou, “e eu espero e desexo que ao longo da lexislatura poidamos seguir ofrecendo estes datos de incrementos tan notables en residencias, centros de día e garderías”. “Incrementos que incluso en tempos de bonanza económica non se superaban”, destacou. Datos de Ourense O presidente da Xunta aportou os datos da provincia de Ourense e explicou

que, no que vai de lexislatura, se incrementaron as prazas de residencias un 12% e as de centros de día un 45,6%. “Estamos, polo tanto, ante incrementos moi potentes, moi fortes”, subliñou. “Hoxe temos ocasión de coñecer unha residencia financiada maioritariamente con fondos públicos que leva funcionando desde principios de mes con capacidade de 150 maiores e que se vén a engadir a outras residencias que tamén entre todos fomos capaces de arrancar nos últimos meses a pesar de crise económica”, dixo. “Os maiores necesitan e merecen unha asistencia de calidade”, concluíu.

O presidente da Xunta cifrou en 4.550 as novas prazas creadas en residencias de maiores, centros de día e garderías no que vai de lexislatura

Alumnos de catro colexios de Ourense recibiron de mans do subdelegado do Goberno, Camilo Ocampo, e do concelleiro de Economía, Agustín Fernández, os NIFs “simbólicos” cos cales as cinco cooperativas educativas que crearon poderán formalmente desempeñar a súa actividade. Son un total de 70 escolares dos centros educativos de Vistahermosa, Manuel Luis Acuña, o CPI José García García e o centro de educación especial Miño. A actividade enmárcase no Plan Municipal de Fomento da Cultura Emprendedora e con ela preténdese difundir a cultura emprendedora entre o alumnado partindo da creación na aula dunha cooperativa escolar utilizando a fabricación de produtos e a importación/exportación dos mesmos con cooperativas socias. O resultado final destas iniciativas é a venda dos produtos xerados nun mercado da localidade.

Os comerciantes consideran que as rebaixas de inverno non foron malas Redacción

Tan so un 15% dos comerciantes ourensáns consideran que a campaña de rebaixas de inverno foi mala ou moi mala, mentres que un 85% valoran estas rebaixas como regulares, boas e moi boas, segundo datos feitos públicos pola Federación de Comercio de Ourense. Iso si, a metade dos enquisados en Ourense conside-

ran que este ano foi peor que o anterior. O presidente da Federación, Aurelio Gómez Villar, valora positivamente este período de rebaixas, porque serviu para mellorar os resultados dunha temporada marcada pola crise. “Case o 80% dos comerciantes manifestan que as rebaixas representan entre o 20 e o 40 % do total da facturación dos seus negocios, o que da idea da importancia que teñen estas campañas para o comercio local”, subliña Aurelio Gómez Villar. Os comerciantes afrontan agora con ilusión e optimismo a nova campaña primavera - verán.


A VALENZÁ

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

PLENO MUNICIPAL DE BARBADÁS

O centro de saúde de A Valenzá licitarase antes de maio, segundo o alcalde 4 Unha moción socialista urxía o inicio das obras. Redacción O incumprimento por parte do PP “das súas promesas públicas en relación ao centro de saúde” foi un dos principais motivos esgrimidos polo voceiro do PSdeG, Xosé Carlos Valcárcel para a presentación dunha moción que urxe o comezo das obras no pleno municipal de Barbadás de marzo. Ante as presións dos dous voceiros da oposición con respecto aos prazos, o alcalde, José Manuel Freire Couto, foi impreciso na súa resposta ao afirmar que “está para sair a licitación no Diario Oficial de Galicia”, engadindo que se publicará en todo caso antes do mes de maio. Na mesma sesión plenaria tamén se debatiu unha mo-

ción socialista para manter o Servizo de Medicina Interna en Piñor. O PSdeG aceptou as emendas propostas polo BNG en relación ao coidado digno dos enfermos de saúde mental e a valorización das instalacións do hospital do Toén. Tamén o grupo de goberno do PP presentou un grupo de emendas, o que xerou controversia, ao considerar os socialistas que se trataron de introducir “con calzador e dun xeito impreciso respecto do seu contido”. Os populares propuñan ubicar provisionalmente as prazas hospitalarias que se van suprimir en Piñor onde sexa pertinente no CHOU e que se considere esta medida como transitoria. Traballadores de Piñor presentes entre o público abandonaron a sesión ao non deixarlles o

Pleno en Barbadás no mes de marzo./P.LODEIRO. alcalde intervir. O PSdeG tamén presentaba outra moción para a supresión de barreiras arquitectónicas coa que os

concelleiros do PP non estiveron de acordo. Na mesma sesión o grupo de goberno do PP aprobou a relación de postos de traba-

llo, coa oposición de BNG e PSdeG, así como a orde do servizo de axuda no fogar, coa abstención da oposición.



Denuncian incumprimentos na recollida de lixo Redacción

O BNG de Barbadás denuncia que a empresa concesionaria da recollida do lixo e da limpeza viaria, GESECO, non cumpre coas condicións estipuladas na contrata adxudicada en 2007 por un periodo de 25 anos. Afirman os nacionalistas que as parroquias de Barbadás están discriminadas en relación con A Valenzá, a pesar de pagar a mesma taxa polo servizo en todo o concello. Nos núcleos rurais só se recolle o lixo tres veces por semana e os peóns da limpeza viaria traballan unicamente en A Valenzá. As críticas exténdense á falta de limpeza dos contedores, a carencia dunha nave para almacén e vestiario dos traballadores e a ausencia de nova maquinaria comprometida, todos eles puntos incluidos nas condicións da concesión.


10

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

SOCIEDADE

Laser Natura cumple un ano ofrecendo os seus servizos de estética

VIII Paseo pola saúde Redacción

A loita contra a resistencia aos antimicrobianos é o tema do Día Mundial da Saúde 2011, que a Concellería de Sanidade de Ourense conmemorará organizando a VIII Feira da saúde: Paseo pola saúde. Os stands estarán instalados na rúa Bispo Cesáreo os días 7 e 8 de abril, en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 20:30 horas. Neste evento estarán presentes 37 asociacións de saúde que ofrecerán distintas actividades, entre elas a posibilidade realizar probas sanitarias gratuitas (índice de glucosa en sangue, da tensión arterial, do osíxeno en sangue, coximetrías, indice de masa corporal, probas de alcolemia…). Tamén haberá degustacións, xogos, conferencias, obradoiros, asesoramento médico e psicolóxico, e música en vivo a cargo do grupo Escorba Jazz. Como novidade este ano,

Ademais de fotodepilación, a franquicia foi incorporando novos tratamentos.

Stands do paseo pola saúde do ano pasado./ARQUIVO. e dada a coincidencia nas datas co Día Mundial do cancro de colón, a Concellería de Sanidade en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro de Ourense aproveitarán para difundir a importancia da prevención do cancro colon-rectal a través da instalación dunha estrutura xigante que simulará un colón para que os cidadáns a traves de visitas guiadas co-

ñezan o seu funcionamento dun xeito lúdico. O Concello de Ourense quere facer extensiva a conmemoración do Día Mundial da Saúde a toda a cidadanía, polo que estará previsto que nas farmacias de todos os barrios se realicen probas sanitarias gratuitas durantes estes días, grazas a colaboración do Colexio Oficial de Farmacia.

A franquicia de Laser Natura en Ourense cumple un ano ofrecendo os seus servizos de estética desde a súa sede na céntrica rúa Santo Domingo. Especializada en fotodepilación, ao longo destes doce meses foi sumando novos tratamentos aos seus servizos estéticos. Entre eles sobresae a denominada liposucción sen ciruxía: a cavitación de Thermomedic, unha cavitación médica coa que se consigue reducir volume e peso. O seu persoal (masculino e feminino) realiza tamén tratamentos de presoterapia, especialmente indicados para aqueles que teñen problemas de pernas cansas ou retención de líquidos. A presoterapia

Laser Natura: Santo Domingo, 33.

En Laser Natura ofrecen cavitación médica de Thermomedic: a liposucción sen ciruxía combinada coa cavitación ofrécense en tratamentos de adelgazamento para conseguir baixar dúas tallas en seis sesións.

Contan tamén con masaxes de todo tipo, como drenantes ou anticelulíticos, así como coa plataforma vibratoria.


PUBLI-INFORMACIÓN

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

11

O Centro Comercial Aberto Couto Centro entrega os premios da campaña “Relax e aventura para o pai” Cinco persoas resultaron agraciadas cos premios, que consistiron en sesións de relax no Balneario de Laias Caldaria e actividades de aventura nas instalacións de Gaels O Centro Comercial Aberto Couto Centro entregou os premios da campaña “Relax e aventura para o pai con Couto Centro”, que consistiron en cinco bonos de relax e de aventura para dúas persoas en Laias Caldaria e en Gaels. Nesta campaña de promoción do comercio do barrio de O Couto con motivo do Día do Pai resultaron agraciados Maripaz Fernández, que cubriu a pa-

peleta en Reicasa Ourense; Ana Belén Hermida, que cubriu a papeleta en Alfombras Hnos. Barros; Patricia Gonçalvez, que fixo o propio no colexio Valle Inclán; Daniel Pérez, que entregou o seu boleto en Foto Miguel Jareño; e finalmente José V. Méndez, que cubrira a súa papeleta en Inforcom Ordenadores. Os premiados gozaron o o pasado domingo 27 de marzo, dunha sesión de relax no

Balneario de Laias Caldaria cun programa termal e unha comida cun menú especial durante a mañá. Pola tarde, os gañadores puideron participar en actividades como a Aventura GPS, minigolf e o tiro con arco, nas instalacións de Gaels, unha empresa de aventura que está situada a uns poucos metros do balneario. Con esta iniciativa Couto Centro quixo premiar aos clientes que realizaron

compras nos establecementos da asociación durante os días previos ao Día do Pai. Todos eles tiveron a oportunidade de concursar cubrindo as papeletas que se lle entregaban ao realizar as súas compras. Desde a asociación consideran que un día tan especial como o 19 de marzo é para pasalo en familia, por iso pensamos que non hai mellor premio que compartir un día distinto.

Imaxe da campaña desenvolvida por Couto Centro con motivo do Día do Pai.

Patricia Gonçalvez cubriu a súa papeleta no Colexio Valle Inclán.

Daniel Perez, co seu vale. Cubriu a papeleta en Foto Miguel Jareño.

Recollen o premio en nome de Jose V. Mendez, que cubriu o seu boleto en Inforcom Ordenadores.

A premiada Ana Belén Hermida, que cubrira a súa papeleta en Alfombras Hnos. Barros.


12

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

SOCIEDADE

A concelleira Marta Arribas o día da campaña de captación de voluntarios./P.LODEIRO.

Búscase voluntario/a

A Concellería de Voluntariado instalou un posto informativo nos xardíns Padre Feijoó para visibilizar a acción desenvolta no ámbito de voluntariado nestes últimos 3 anos desde este departamento municipal e animar aos ourensáns a sumarse a esta rede de cooperación social. Baixo o lema “Fagas o que fagas, sempre vale”, o departamento municipal que xestiona Marta Arribas puxo en marcha unha campaña para fomentar a acción voluntaria entre a cidadanía ao tempo que presenta o seu Plan de Acción Formativa para este 2011, dirixido a todas aquelas persoas interesadas en aprender e formarse no ámbito do voluntariado e ONGs. Ademáis desta acción na rúa, a Concellería distribuiu en diferentes puntos da cidade unha serie de cartaces co lema “Alúganse...Boas sensacións”, nos que dar a coñecer o contacto da Oficina Municipal de Xuventude e Voluntariado para animar as persoas a que se informen e participen deste proxecto conxunto.

EN BREVE

4Atención ao cidadán 30.000 ourensáns xa utilizaron a Oficina de Atención ao Cidadán nos seus primeiros tres anos de vida. Neste periodo, este departamento resolveu 19.553 solicitudes de información, 6.057 peticións veciñais, e 2.626 solicitudes da Carpeta Cidadá, mediante a web www. ourense.es. Desde este mes a oficina, situada na praza de Santa Eufemia, abre tamén en horario de tarde (de 16 a 18 horas) os martes e xove. Como novidade, os cidadáns poderán solicitar nesta oficina duplicados de recibos pagados, emitir recibos de impostos, realizar domiciliacións bancarias e cambios de enderezo fiscal.

4 Fundación Quessada A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou o expediente de ocupación directa dos terreos que se destinarán á construción do Museo da

Fundación Quessada, entre as rúas Sarmiento de Acuña e Xoán da Coba, no barrio de San Francisco. A Fundación Quessada divulgará o legado artístico deixado polos artistas ourensáns Xaime Quessada Porto e Jaime Quessada Blanco.

4 Locais de hostelería A Xunta de Goberno Local acordou, en estrita execución das sentenzas ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nas que se anulan as licenzas de bar especial de catro locais de hostelería sitos no Casco Vello (nas rúas Pizarro, Lepanto, Lúa e Praza das Mercedes), requirir aos titulares destes locais para que cesen no exercicio de tal actividade e en consecuencia acomoden a súa actividade de restauración como café bar.

4 Concurso de pinchos A Concellería de Comercio e Turismo conovoca unha nova edición do concurso de pinchos da cidade baixo o lema “Sabores de

Ourense 2011 – Edición Primavera”. Desenvolverase entre os días 9 e 22 de maio. Por este motivo, a sociedade mixta Turismo de Ourense organiza un concurso para o deseño do cartaz que servirá de imaxe á campaña, cun premio de 300 euros. O prazo para presentar propostas remata o 16 de abril, e o gañador farase público o 18 de abril. [Consulta as bases na Concellería, Praza de San Martiño nº2, ou no 988 388 103]

4 Ourense Xove Xa están aberto os prazos de inscrición para as actividades propostas para a mocidade de entre 15 e 35 anos no programa Ourense Xove 2011 que un ano máis organiza a Concellería de Xuventude. Ourense Xove plantexa nesta edición 14 actividades distribuidas en catro grupos: Cultura do Corpo, Linguas, Cociñas do Mundo e Socorrismo e Salvamento Acuático, obradoiros e cursos que se desenvolveran ao longo do vindeiro semestre. [+ en www.xuventudevoluntariado-ourense.es]


ELECCIÓNS MUNICIPAIS especial

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

13

Multitudinario apoio a Rosendo Fernández nun acto organizado polo Partido Popular a 50 días das eleccións Máis de 300 militantes do Partido Popular na cidade quixeron dar o seu apoio ao candidato á alcaldía, Rosendo Fernández, acudindo á cea convocada no Xesteira o pasado venres 25 de marzo. Ao principio do acto, Rosendo Fernández dirixiu unhas palabras aos asistentes, sinalando que restaban 57 días para que a cidade tivese un goberno popular. O seu discurso foi acollido con aplausos polos presentes, que abarrotaban o restaurante. Entre os membros do partido que asistiron á cea estaba o presidente da Deputación, José Luis Baltar.

Os asistentes á cea no Xesteira no momento do discurso de Rosendo Fernández.

O candidato popular dirixiu unhas palabras aos asistentes á cea.

José Luis Baltar xunto algúns destacados membros do partido, de costas, o candidato Rosendo Fernández.

A apertura da oficina do candidato en Ourense contou coa asistencia de Núñez Feijoo O segundo andar do número 23 da Rúa do Paseo é xa un novo punto de encontro para continuar na andaina cara a recuperación do goberno local na cidade das Burgas. A oficina do candidato convertirase no centro de operacións de Rosendo Fernández e os populares ourensáns para devolverlle a dignidade á cidade logo destes anos de bipartito inoperante, despilfarrador e falto de proxectos. A rúa do Paseo e a oficina do candidato foron testemuñas dunha grande mobilización popular arroupando as intervencións de Manuel

Baltar, Rosendo Fernández e Alberto Núñez Feijóo. Os tres puxeron de manifesto o traballo que queda por diante para liberar a Ourense dun bipartito que non ten futuro, un experimento fracasado, e a tarefa de falar con todos os ourensáns para facerlles ver que só hai unha alternativa de goberno: a liderada por Rosendo Fernández na cidade.

As reunións coas asociacións veciñais, os encontros sectoriais, os talleres de ideas, a xuntanza de traballo cos 290 interventores nas eleccións municipais... son pasos contundentes de Rosendo Fernández, un candidato, o vindeiro alcalde de Ourense, que convertirá o emprego nun eixo estratéxico das súas prioridades de goberno.

A oficina, situada no segundo andar do número 23 da Rúa do Paseo, convertirase no centro de operacións da candidatura popular

José Luis Baltar, Rosendo Fernández, Alberto Núñez Feijoo e Manuel Baltar.


14

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

especial ELECCIÓNS MUNICIPAIS

González Pons clausurou a Convención de cargos menores de 45 anos do PP de Ourense O vicesecretario de Comunicación do Partido Popular, Esteban González Pons, clausurou a Convención de cargos menores de 45 anos do PP de Ourense, a cal reuniu a máis dun centenar de cargos públicos e orgánicos populares da provincia de Ourense. Na convención analizáronse temas como “A muller na política”, “As inquedanzas actuais da mocidade” e “O protagonismo de Internet

nas vindeiras eleccións municipais”.O acto contou coa presenza do presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar. Posteriormente, tivo lugar a reunión da Xunta Directiva Provincial do PP, á que foi convidado Esteban González Pons. Na reunión tratáronse temas relativos á organización e estratexias de cara ás vindeiras eleccións municipais do mes de maio.

Foto de familia da convención de cargos menores de 45 anos do PP de Ourense.

Rosendo Fernández reúnese con deporte ourensán para anunciar unha maior implicación do Concello cando sexa alcalde O candidato popular á alcaldía de Ourense, Rosendo Fernández, mantivo hoxe un encontro sectorial cos representantes do mundo do deporte da nosa cidade. Un encontro que o alcalde socialista foi incapaz de manter nos catro anos de lexislatura proba do que non debe ser un goberno municipal lastrado pola existencia de dúas áreas -a nacionalista e a socialista- onde o alcalde é un convidado de pedra nas concellerías gobernadas polo BNG. Rosendo Fernández recolleu as suxestións e propostas dos participantes, que afondaron na necesidade dende o concello de poñer

en marcha unha auténtica política deportiva onde o concello ten que deseñar actuacións de apoio a tódalas disciplinas sen vivir de costas aos chamados “clubes e deportistas de elite”. Neste senso Rosendo Fernández comprometeuse a redeseñar, coas aportacións de todos e nun proceso definido pola participación, as funcións que desenvolve o Consello Municipal de Deportes. Tamén o candidato popular á alcaldía abondou nas características positivas da posta en marcha da axencia do deporte ourensán que estableza as directrices en materia de política deportiva co máis alto consenso posible de tódolos

que pertencen ao ámbito do deporte da nosa cidade e provincia. Rosendo Fernández continúa así con ese achegamento aos diferentes colectivos e entidades da sociedade ourensán despois de ter mantido encontros sectoriais específicos de infraestructuras, de igualdade, de mocidade, dos profesionais liberais e de creación de emprego. Un labor que seguirá a desenvolverse nas vindeiras semáns para fornecer un proxecto político que se visualizará no programa electoral co que concurrirá ás eleccións municipais do 22 de maio.

Acto do PP con motivo do Día Internacional da Muller, na rúa Clara Campoamor.

O PP conmemora o Día Internacional da Muller

A Área de Igualdade do Partido Popular de Ourense organizou o 8 de marzo un acto de homenaxe con motivo do Día Internacional da Muller, dedicado este ano á muller discapacitada. Ao acto asistiriu o candidato á alcaldía, Rosendo Fernández, así como o presidente provincial, Manuel Baltar, e outros cargos do partido, e membros e representantes de colectivos que traballan a prol das políticas de igualdade da muller en Ourense. O acto consistiu na lectura de comunicados e nunha ofrenda floral.

Militantes atenden a unha veciña na carpa informativa instalada en O Couto.

Carpa informativa en O Couto

Rosendo Fernández xunto a Bernardino González, que coordinou o encontro sectorial sobre deporte.

Seguindo a idea do Taller de Ideas de contar cos ourensáns na elaboración do seu programa electoral, o Partido Popular está a percorrer os cinco distritos da cidade cunha carpa, onde recoller as achegas dos cidadáns e as súas propostas de futuro para mellorar o municipio de Ourense.


ELECCIÓNS MUNICIPAIS especial

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

15

i convención de candidatos ás alcaldías de ourense

O Partido Popular de Ourense presenta a maior renovación de candidaturas de toda a súa historia O Partido Popular celebrou na Casa da Cultura de Barbadás a ”I Convención de candidatos ás alcaldías de Ourense”, coa presenza de todos os números 1 dos 92 concellos da provincia e da entidade local menor de Berán. Durante o acto, os candidatos trazaron as estratexias conxuntas para levar a cabo nos vindeiros comicios municipais, e ao remate da convención tiveron lugar os relatorios de conclusións e fíxose unha “foto de familia” con todos os candidatos. Na convención interviron o alcalde de Barbadás, José Manuel Freire Couto; o candidato á Alcaldía de Ourense e secretario provincial, Rosendo Fernández; a candidata á Alcaldía de Ribadavia, Pilar Rodríguez Martínez; o candidato á Alcaldía de Maceda, Manuel Blanco González; a responsable do programa electoral para o municipio de Ourense, Beatriz González-Tejada Jácome,

e a alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez Dorado. No acto de clausura interviron o presidente da Deputación e presidente de honra do PP de Ourense, José Luís Baltar; e o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández. Desculpou a súa ausencia o presidente provincial, Manuel Baltar, que acaba de ser pai. Renovación histórica Renovación histórica e equilibrio entre a experiencia e un novo modelo de facer política son os dous aspectos que definen as candidaturas que o Partido Popular de Ourense presenta ás eleccións municipais de maio nos 92 concellos da provincia e na entidade local menor de Berán. Haberá 35 novos cabezas de lista (o 38% do total), 38 dos candidatos son menores de 45 anos, e 12 dos candidatos serán mulleres. A finalidade deste novo proxecto “que equilibra renovación e experiencia

O presidente de honra do PP, José Luis Baltar, pechou a convención.

Renovación histórica e equilibrio entre a experiencia e un novo modelo de facer política son os dous aspectos que definen as candidaturas que o Partido Popular de Ourense presenta ás eleccións de maio Obxectivos que se marca o Partido Popular nestas eleccións municipais: manter o goberno da Deputación provincial, incrementar o número de maiorías absolutas, e aumentar o número de concelleiros e concelleiras

Entre o público asistente á convención de alcaldables do PP estaban tamén cargos do partido, como o conselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández.

está pensado para facer Ourense entre todos -explica o presidente provincial do partido, Manuel Baltar-. Queremos que os nosos candidatos e os seus equipos sexan máis que nunca o fío condutor das necesidades que teñen as veciñas e veciños de cada concello de Ourense para que, coa máxima cercanía e sendo políticos de proximidade, poidan achegar aos cidadáns as melloras que cada municipio e cada pobo necesitan”. Baltar engade que o Partido Popular ten “aos mellores xestores, aos mellores equipos e ás mulleres e homes máis comprometidos coa vida política dos nosos concellos, como corresponde ao grave momento de crise económica que estamos a

padecer, e fronte ao cal temos que aportar solucións, eficacia e xerar confianza coa máxima responsabilidade”. Obxectivos Os obxectivos que se marca o Partido Popular de Ourense nestas eleccións municipais son manter o goberno da Deputación provincial, levando como candidato a José Luís Baltar Pumar (único candidato á Deputación coñecido de todas as forzas políticas de Ourense, pois non se coñece quen serán os do PSOE e do BNG); incrementar o número de maiorías absolutas, que era de 56 nas eleccións municipais de 2007, e aumentar o número de concelleiros e concelleiras, que nas eleccións de 2007 era de 503.


16

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

especial ELECCIÓNS MUNICIPAIS

Rosendo Fernández contará cos colexios profesionais para que asesoren ao Concello Implicar os colexios profesionais no asesoramento técnico do Concello de Ourense e contar coa súa opinión cualificada en materia de servizos e infraestruturas foi o compromiso adquirido hoxe por Rosendo Fernández, candidato do PP á Alcaldía de Ourense, no encontro sectorial que mantivo cuns trinta representantes de colexios profesionais de Ourense e profesionais liberais para coñecer ás necesidades e suxestións deste sector da sociedade ourensá. Os colexios profesionais botan en falta por parte do Concello de Ourense que se

conte con eles en temas de urbanismo, sanidade, cultura, economía e educación, principalmente, e pedíronlle ao candidato popular que haxa “un verdadeiro compromiso para que se teña en conta a opinión técnica duns profesionais que viven e traballan en Ourense e que teñen moito que dicir para contribuír a mellorar o municipio e a provincia”. Rosendo Fernández reuniuse, xunto co presidente provincial do PP, Manuel Baltar, e coa coordinadora do acto, Carmen Carballo, cos representantes dos colexios profesionais de médicos, arquitectos, avogados,

procuradores, enfermeiros, economistas, enxeñeiros técnicos e superiores, así como con representantes culturais e empresarios. O candidato dixo que é “importante e imprescindible contar coa opinión cualificada destes técnicos para a que, traballando dende a súa neutralidade profesional, poidan colaborar co Concello de Ourense”, e comprometeuse, no caso de acadar a Alcaldía, a crear unha comisión consultiva que permita establecer canles de cooperación entre os colexios profesionais e o Concello de Ourense. Fernández explicou que

as decisión políticas que se toman principalmente, en materias de servizos e infraestruturas, “deben contar co asesoramento e validación técnica, pero non queremos que o Concello sexa un ente pechado á cidadanía, e no noso proxecto de facer Ourense entre todos queremos contar tamén coa opinión dos colexios profesionais”. Pola súa banda, Manuel Baltar dixo que o obxectivo dos encontros sectoriais é precisamente o de pulsar a opinión de toda a sociedade. “O PP é un partido aberto, o único que poderá levar a cabo o programa co que se presentará ás eleccións

Os colectivos sociais botan en falta máis “implicación e coordinación do Concello” Unha maior implicación e coordinación do Concello de Ourense no ámbito de servizos sociais é o que botan en falta o Partido Popular e diferentes colectivos sociais, que coincidiron en solicitar ao Concello que convoque o Consello Municipal de Servizos Sociais “para que se poidan abordar con seriedade, planificación e rigorosidade todos os problemas que afectan ás persoas máis necesitadas do noso municipio”, explicou o candidato do PP á Alcaldía de Ourense, Rosendo Fernández. Neste senso, pediu que esta coordinación, “inexistente até o momento” se faga efectiva entre as diferentes concellerías implicadas directa ou indirectamente nos servizos sociais e que teñen competencias en emprego, educación, vivenda, sanidade e servizos sociais. Esta foi a principal conclusión do encontro sectorial que mantivo o candidato á Alcaldía de Ourense, Rosendo Fernández, con trinta representantes e membros de colectivos sociais de Ourense, encontro que foi coordinado polo senador popular Miguel Pérez de Juan. No acto os representantes de Cáritas avanzaron datos, referidos a decembro de

2010, no que se analiza a situación pola que atravesan en Ourense as persoas máis necesitadas, que viven no límite e por baixo do umbral da pobreza. Así, explicaron que en na actualidade en España hai un aumento do 13% da exclusión social; 700.000 mozos e mozas están sen traballo nin estudos, e 9 millóns de fogares viven con menos de 500 euros ao mes. Esta situación extrapolada a Ourense reflicte que en 2010, segundo Cáritas, 4.608 persoas tiveron que ser atendidas nas súas necesidades básicas de vestimenta e vivenda, e 1.872 participaron en programas de acollida e emprego. Un dato preocupante segundo a ONG é que foron atendidas máis 400 mulleres por motivos de “especial exclusión”, termo referido ás mulleres que son vítimas de trata, explotación sexual e violencia. Neste senso, confirmaron os representantes de Cáritas que Ourense ten sido cidade de destino dalgunhas destas redes de trata de mulleres. Tamén se analizou no encontro sectorial os temas das subvencións e os convenios

Colectivos sociais que acudiron ao encontro do PP. que o Concello de Ourense e outras administracións manteñen cos colectivos sociais. O representante de Atox abogou porque as axudas aos colectivos se fagan por medio de convenios e non de subvencións, “que o único que fan é sementar dúbidas, porque cando chegan fano tarde, e iso impide aos colectivos sociais facer unha planificación do traballo e adquirir compromisos de xestión”. Compromisos Rosendo Fernández afirmou que os gobernantes non poden volverlle as costas aos máis necesitados, e

comprometeuse a establecer as canles de coordinación e colaboración necesarios para que as axudas e a xestión dos servizos sociais no Concello de Ourense “se fagan de maneira eficaz e contando coa opinión de todos”. “Nun escenario de crise como o actual -engadíu- é cando os máis necesitados teñen que sentir que estamos con eles, ao seu carón, para resolverlle os problemas. Por iso, encontros como este serven para pulsar o sentir da cidadanía e para tomar boa nota das carencias que temos que solucionar no noso municipio”.

Rosendo Fernández afirmou que os gobernantes non poden volverlle as costas aos máis necesitados

Imaxe do encontro cos colexios profesionais.

“É importante e imprescindible contar coa opinión cualificada destes técnicos”, afirmou o candidato municipais, e por elo somos os únicos que podemos pedirlle opinións e colaboracións aos cidadáns, porque faremos exactamente o que eles nos pidan, sen ter que facer compoñendas post-

electorais como o PSOE e BNG que o que fan nos gobernos bipartitos é rachar cos programas electorais e repartirse o poder para o seu propio interese e non pensando nos cidadáns”.

Empresarios e AAVV de A Ponte reúnense co candidato popular para analizar a integración do AVE O candidato á Alcaldía de Ourense polo Partido Popular, Rosendo Fernández, reuniuse no local da AAVV Ponte Canedo con empresarios e asociacións de veciños do barrio de A Ponte para analizar a situación da integración do AVE na cidade de Ourense, e en concreto para tratar o tema da futura estación. A crecente preocupación que tanto os veciños como os empresarios están a ter coa polémica xerada polo Concello de Ourense por

mor da estación intermodal e a entrada da Alta Velocidade en Ourense, fai que veciños e empresarios do barrio de A Ponte queiran estar informados e coñecer polo miúdo a planificación que se quere facer da obra máis importante que se vai a realizar no barrio de A Ponte. No acto participaron tamén o deputado do PP Celso Delgado e os concelleiros populares no Concello de Ourense, José Luis Sousa, Enrique Nóvoa e José Araújo.

Dirixentes do PP na reunión sobre o AVE en A Ponte.

Na reunión abordouse o tema da futura estación de tren


SOCIEDADE

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

17

Entrevista á fundación cum laude:

“Xuntos cremos que merece a pena tentar cambiar o mundo” 4 A familia Quintáns Rodríguez está detrás desta fundación que promove iniciativas nos campos da educación, a cultura e a solidariedade. Óscar Blanco En agosto do ano 2009, froito dun interese pola educación, a cultura e a solidariedade, constitúese a Fundación Cum Laude, para dar forma institucional ás iniciativas que nestes campos estaba a realizar a familia Quintáns Rodriguez. Desde entón realizáronse múltiples actos culturais entre exposicións, bienais e conferencias; e colaborouse con diversos proxectos educativos e humanitarios en Camerún, Birmania e Perú, sendo o resultado moi satisfactorio. A difusión da arte e a cultura en todas as súas manifestacións é un dos seus obxectivos prioritarios con especial interese na promoción de artistas novos coa realización no ano 2010 de dúas bienais: unha de pintura e a outra de escultura con gran éxito de participación e gran calidade das obras presentadas. Cales son as próximas actividades da Fundación? Ángeles Rodríguez, presidenta da Fundación Cum Laude: “Realizamos conferencias. Especialmente a presenza en Ourense de Jaume Sanllorente, fundador da ONG Sorrisos de Bombai, en abril. Tamén temos un Clube de lectura mensual, organizamos unha Bienal de fotográfia plástica; o

Integrantes da Marcha Mundial das Mulleres, recollendo o premio no acto do Liceo./

PAULA LODEIRO.

Premio á Marcha Mundial das Mulleres

José Manuel Quintáns e Ángeles Rodríguez, visitando un proxecto solidario en Camboya. Festival solidario Amicus en novembro; exposicións de pintura... Acabamos de clausurar “Azul” en Ourense; realizamos ciclos solidarios e o ciclo de xornalistas de guerra”. Por que é necesario un colectivo desta índole na cidade? Á.R.: “Cremos que podemos achegar un pequeno gran de area ao sentir colectivo e cultural de Ourense.” Nos vosos obxectivos falades tamén de obxectivos humanitarios, fóra de Ourense: onde? Á.R.: “A Asociación apoia proxectos humanitarios e educativos neste momento en Birmania, Perú e Camerún. Expresamente apoiamos o labor de Luís Alvarez en Camerún, onde neste momento estase construindo unha cociña para o asilo de nenos discapacita-

dos de Santa. Xunto coa oenegué ourensá Cores de Camerún, póñense as bases para o Centro ortopédico de Bambilli, onde se tratan as moitas deformidades que sofren os nenos e mozos cameruneses. En Perú facémonos cargo do salario dun profesor no asilo de nenos altoandinos de Quiquijana, e en Birmania bolsas de estudos para tres mozos de alá.” Podedes deixar unha mensaxe para os nosos lectores? Á.R.:“Nós non seriamos nada sen a colaboración de todos aqueles que nos axudan e xuntos cremos que merece a pena tentar cambiar o mundo. Convídolles a unirse a nós na web, www.fundacioncumlaude. com, no noso sitio en Facebook e a participar nas nosas actividades”.

Na web www.fundacioncumlaude.com recollen as súas actividades

A Marcha Mundial das Mulleres recibiu o Premio Clara Campoamor, que por quinto ano convocaba a Concellería de Igualdade con motivo da celebración do 8 do marzo. Nun salón do Liceo cheo -a maioría do público eran mulleres- Lucía López, Lourdes Núñez, Carmen Iglesias, Ximena González, Pilar Gato e Eva Salgado, como representantes da Marcha en Ourense, recolleron o galardón, que premia o traballo en prol da igualdade realizado por este colectivo de mulleres feministas.

Momento da entrega das chaves dun dos pisos a un dos adxudicatarios.

Entrega de pisos en aluguer

O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e o director xeral do IGVS, Antonio José Boné, visitaron as vivendas de promoción pública recuperadas polo Instituto Galego da Vivenda e o Solo na rúa Vilar, e entregáronlles as chaves aos seus adxudicatarios en réxime de aluguer, todos eles menores de 35 anos. Son un total de 10 vivendas con praza de garaxe, distribuídas en tres edificios nos número 8, 10 e 12, nas que a Xunta investiu máis dun millón de euros.


18

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

EN BREVE

4 136 millóns no Plan Impulsa A Xunta de Galicia facilitou a mobilización de investimentos por valor de 136 millóns de euros na provincia de Ourense no que vai de lexislatura. O conselleiro de Economía, Javier Guerra, precisou que o volume de préstamos mobilizados, co apoio do IGAPE, alcanzou os 57 millóns, un 5,5% máis, e o número de axudas concedidas na provincia pasou de 672 a 5.159, sete veces máis que na pasada lexislatura.

4Programa Auria Inserta 50 alumnos do programa municipal Auria Inserta realizarán prácticas en empresas para completar a formación teórica recibida. O Concello vén de asinar os convenios de colaboración coas empresas onde se realizarán as prácticas, todas elas relacionadas co coidado e a atención a persoas dependentes. O 60% das persoas que realizaron un dos sete primeiros cursos conseguiron un posto de traballo.

4 1.500 usuarios da rede wifi A rede wifi municipal suma preto de 1.500 usuarios nos seus tres primeiros meses de funcionamento. O balance é “positivo” para o concelleiro de Economía, Agustín Fernández, que non agardaba “tantas altas en tan corto espazo de tempo” e que apunta que o boom chegará no verán. Neste periodo rexistráronse 60 incidencias na rede wifi, que conta con 27 puntos de acceso.

4 Parque móbil de Protección Civil O servizo de Protección Civil de Ourense incorpora dous novos vehículos ao seu parque móbil: unha moto de auga e un vehículo de asistencia sanitaria. En total gastáronse 18.000 euros nestas dúas adquisicións, que veñen ampliar os medios cos que conta este servizo, no que participan preto de 120 voluntarios.

CIDADE

Xa hai proxecto para retomar as obras do Arquivo e a Biblioteca 4 Rematar o complexo cultural custará 17 millóns de euros. Paula Lodeiro Vén de ser presentado o proxecto para retomar as obras no Arquivo Histórico Provincial e a Biblioteca Pública. Rematar o complexo cultural de San Francisco custará 17 millóns de euros, cifra á que hai que sumar os nove millóns de euros xa investidos nas obras do recinto, paralizadas desde 2005. Segundo expuxo o arquitecto José Manuel Casabella, aproveitarase “a case totalidade” do xa construido intervindo “cun bistuí moi fino”. Do novo proxecto, destaca a substitución do acceso actual entre o antigo cuartel e os pavillóns militares (futuros edificio do Arquivo e do depósito) por unha pasarela elevada. Tamén se modificará a fachada da Biblioteca, que se cubrirá “cunha veladura de aceiro

Un axente manipula unha das tres PDAs coas que comezará a traballar a Policía Local./RAMSÉS.

PDAs para os policías locais Infografía da praza que unirá Arquivo e Biblioteca. inoxidable que matizará a entrada de luz e sol”. Adxudicación no segundo semestre Segundo as previsións do alcalde, “a idea é adxudicar a obra no segundo semestre deste ano”. Francisco Rodríguez tamén recalcou que o proxeto permite facer as obras por fases. A edil de Urbanismo, Aurea Soto, concretou os prazos: o Ministerio de Cultura debe agora supervisar este anteproxecto e pedir os correspondentes informes, en

pleno municipal de ourense

Acordo para reclamar investimentos prometidos pola Xunta

4 O PP deu o seu apoio a dúas mocións do grupo de goberno. Paula Lodeiro Non houbo mocións da oposición no pleno de marzo do Concello de Ourense, pero si tres do grupo de goberno. A dúas delas deulle o seu apoio a oposición, e así a corporación acordou por unanimidade instar á Xunta a que execute investimentos que comprometera para a cidade. No primeiro dos casos, o Concello solicítalle ao goberno autonómico que adxudique as actuacións aínda sen executar en materia de saneamento e abastecemento que forman parte dun protocolo entre as dúas administracións que data de 2007.

Suman 2.890.000 euros, máis outros 1.675.000 euros para un proxecto de saneamento e construción dunha EDAR en Velle. No segundo dos casos, o Concello reclámalle ao goberno galego, por unha banda, que remate as obras previstas no convenio de 2008 (arranxo das rúas Emilia Pardo Bazán, Granxa-Santa Mariña, Seixalbo, Pena Trevinca e rúa Coruña e cruce do Seminario), e pola outra banda, que asine novo convenio que fixe un plan plurianual para mellorar o resto de viais de titularidade autonómica. Pola contra a terceira das mocións de socialistas e nacionalistas, en relación á área

especial o de Patrimonio. Logo, o proxecto entrará no Concello para solicitar licenza e a partir dese momento poderase licitar a obra. Soto destacou que o proxecto non se verá afectado “pola complexa situación urbanística da cidade”. Con respecto a estas infraestruturas, os deputados do PP no Congreso recordaron que o Ministerio de Cultura deixou sen gastar un 87% do orzamentado no periodo 2005-2010, 13,1 millóns de euros. de transporte metropolitano de Ourense, non logrou o apoio dos populares. O grupo de goberno pedía que o convenio coa Xunta para pór en marcha o transporte metropolitano incluira un anexo coas condicións particulares do Concello de Ourense, pero o PP votou non ao non ter sido “consensuado” o documento con eles, xustificou o voceiro Enrique Nóvoa. Ademais os temas urbanísticos centraron a sesión plenaria de marzo. E así aprobáronse a modificación puntual do PXOM na zona BIC das Burgas -cos votos en contra do PP-, un plan parcial en O Polvorín, un estudo de detalle en Santa Cruz de Arrabaldo, tres convenios urbanísticos para obter terreos en O Polvorín, e a modificación da delimitación da área de reparto AR 44-E. Por unanimidade déuselle o visto bo á actualización do Inventario Municipal de Bens e á aprobación inical da ordenanza reguladora da administración electrónica.

Redacción

A Policía Local de Ourense estrea esta semana equipamento: unhas PDAs ou axendas dixitais portátiles que lles permitirá, ademais de realizar a multa electrónica, conectarse en tempo real con bases de datos xudiciais e policiais para coñecer o

historial do cidadán sancionado. Os novos dispositivos facilitarán, a pé de rúa, o arquivo nun ordenador central de todas as sancións impostas, así como rexistrar todas as incidencias que atendan os axentes. O departamento municipal adquiriu 18 PDAs cun investimento de 202.000 euros con cargo aos fondos do Plan E. De momento entrarán en funcionamento tres.

Infraestuturas renova o contrato da brigada de mantemento 4 Prorrógao á empresa Extraco por espazo dun ano. Redacción A Concellería de Infraestruturas vén de prorrogar por espazo dun ano máis o contrato de mantemento correspondente a Brigada de Intervención Rápida que desde 2008 leva executando obras de pequeño calado na cidade. En Xunta de Goberno acordouse a prórroga do contrato de “conservación, ampliación e mellora das infraestruturas viarias, iluminación e mobiliario urbanos no termo municipal” por unha duración máxima dun ano e ata que se executen 800.000 euros de gasto orzamentario, dotación económica idéntica a de anos anteriores. Este contrato de conservación e mantemento, concedido a empresa Extraco, Construcción e Proxectos por un montante anual de 800.000 euros permitiu a posta en marcha dunha Brigada de Intervención Rápida adi-

cada a pequenas actuacións e obras en diferentes puntos da cidade e perímetro rural, respondendo na maior parte dos casos a demandas veciñais presentadas na Concellería. Durante o ano 2010 a brigada realizou máis dun cento de actuacións deste tipo; regos asfálticos, reparación de beirarrúas, adecentamento e reparación de muros, colocación de barandas, etc. Entre algúns dos proxectos desenvoltos figura a adecuación das beirarrúas da avenida da Habana, a limpeza e acondicionamento do camiño das Carballas, nas Eirasvedras, ou o adecentamento dun muro na zona da Loña, que sufrira desprendementos.

Desde 2008, a Brigada de Intervención Rápida executa obras de pequeno calado en toda a cidade


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

19


20

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

Visita de supervisión ás obras do pozo de bombeo de O Couto 4 O presidente da Confederación Hidrográfica sitúa o remate desta infraestrutura no segundo semestre de 2011. Paula Lodeiro O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Francisco Fernández Liñares, o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, e o subdelegado do Goberno, Camilo Ocampo, realizaron unha visita ao pozo de bombeo de O Couto, onde supervisaron o avance das obras desta infraestrutura que forma parte do proxecto de acondicionamento dos colectores xerais e interceptores da marxe dereita do Miño. Segundo anunciou o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil a infraestrutura rematarase durante o segundo trimestre de 2011. O pozo de bombeo

de O Couto é unha peza chave no novo sistema de saneamento de Ourense xa que recollerá o 95% das augas residuais das cidades, aquelas que proveñen dos interceptores xerais da marxe dereita, da marxe esquerda e do Barbaña. O pozo circular que recollerá as augas ten unha profundidade máxima de 25 metros e divídese en tres áreas diferenciadas: zona de grosos e área de reparto; pozo de bombeo ou zona húmida; e pozo de bombas ou zona seca. A súa capacidade máxima será de 3.680 litros por segundo aínda que o caudal bombeado á depuradora de Reza estará limitado a 1.500 litros por segundo, que é a

capacidade de tratamento da planta. O caudal restante reterase nos tanques de tormenta (dous módulos de 18 metros de profundidade cunha capacidade de retención de 3.395 metros cúbicos), incorporándose ao interceptor xeral cara á depuradora pouco a pouco. Edificio singular O pozo de bombeo rematarase con materiais como o vidro, o granito, o aceiro ou a pizarra. A súa cuberta convertirase nunha praza pública a dúas alturas con accesos desde a rúa Velázquez e a pasarela da ponte do Milenio. En palabras do presidente da CHMS, o edificio dotará á zona de ponte Lebrona onde se ubica

Exterior da futura estación de bombeo, no ámbito de Ponte Lebrona. /IÑAKI OSORIO. “dunha personalidade urbana singular propia”. A actuación supón un investimento de 22 millóns de euros, financiados nun 70% con fondos FEDER. Anuncios de novas infraestruturas Durante a visita, o rexedor ourensán anunciou que antes do verán se iniciarán as obras do proxecto de mellora do abastecemento da

cidade e amosouse confiado en que “este verán se poida adxudicar proxecto e obra da nova depuradora”. En canto á nova sede da Confederación Hidrográfica, que se ubicará nun espazo contiguo á estación

de bombeo, Fernández Liñares sinalou que se está desenvolvendo un concurso de ideas para seleccionar o proxecto e “se todo marcha ben poderemos empezar a obra no curso deste ano”.

A estación de bombeo recollerá o 95% das augas residuais que se xeneran na cidade O caudal bombeado á depuradora de Reza estará limitado a 1.500 litros por segundo

O proxecto de mellora do abastecemento de auga á cidade custará 24 millóns de euros 4 Para garantir o subministro de auga a unha poboación de 140.000 habitantes. P. Lodeiro Garantir o subministro de auga nos próximos 50 anos para unha poboación de 140.000 habitantes será posible grazas ao investimento de 24 millóns de euros no proxecto de mellora do abastecemento da capital ourensá. Segundo destacou o presidente da sociedade estatal acuaNorte, Antonio Gato, os tres hitos máis sinalados desta actuación son “a nova captación e estación de bombeo, os case cinco quilómetros de conducións, e unha nova ETAP”. Nestes momentos, confirmou Gato, o proxecto está en fase de revisión, e unha vez a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil lle dea o visto bo, será aprobado por acuaNorte. Logo agardan 24 meses de obras,

segundo o prazo de execución previsto. “Espero que este ano as obras estean en execución”, afirmou o presidente de acuaNorte. Características A actuación de mellora do abastecemento de auga á cidade é unha obra de Interese Xeral do Estado que supón un investimento de 24 millóns de euros, financiados nun 75 % polo MARM (a través da Sociedade Estatal Augas das Concas do Norte) e nun 25 % polo Concello de Ourense. As obras teñen por obxecto dotar ao municipio dun sistema de abastecemento de auga potable en cantidade e coa calidade suficiente. Para iso, están previstas novas infraestruturas, como unha nova captación e estación de bombeo na mar-

xe dereita do Miño, cun caudal de 202,64 litros por segundo, que poderá ser ampliable a 303,94 litros por segundo. A mesma capacidade de tratamento de auga terá a nova ETAP, que se ubicará na zona norte da cidade. Ademais, instalaranse 4.734 metros de novas conducións, entre a nova captación e a nova ETAP, entre este e o novo depósito de Eiroás e entre o bombeo a Montalegre e o depósito de Caracochas. A renovación do sistema de abastecemento completarase coa ampliación de catro bombeos e a construción de catro novos depósitos. Solución aos problemas actuais Con estes investimentos preténdese solucionar os problemas que sofre

O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares, a deputada Elena Espinosa, o presidente de acuaNorte, Antonio Gato, o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, a tenente de alcalde, Isabel Pérez, e o subdelegado do Goberno, Camilo Ocampo, estiveron presentes na presentación do proxecto./PAULA LODEIRO. o abastecemento de auga da cidade na actualidade. Ourense abastécese a partir do recurso proporcionado por unha toma no río Lonia, que non é suficiente e non está dispoñíble todo o ano; e desde unha captación complementaria que se toma directamente do río Miño, que se atopa a cotas moi baixas, o que fai necesario un bombeo continuo. Ademais, a ETAP existente, en San Francisco, non

dispón de espazo para a súa ampliación, algo indispensable para os desenvolvementos futuros da cidade. Doutra banda a rede de distribución na cidade non garante a boa subministración por mor da súa deterioración, a estrutura ramificada e unha gran falta de

presión, que se ve acentuada na marxe dereita do Miño e na parte surleste da cidade. O novo proxecto incidirá en todas estas deficiencias, eliminándoas e proporcionando auga en calidade e cantidade suficientes á poboación da capital ourensá.

O proxecto inclúe unha nova captación de auga no Miño, unha nova ETAP na zona norte da cidade e case 5.000 metros de novas conducións de auga


CIDADE

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

21

Infraestruturas inviste máis de 3 millóns de euros en catro proxectos de humanización

A Tenente Alcalde Isabel Pérez presenta uns proxectos “que fan de Ourense a cidade policéntrica e humana que defendeu sempre este goberno”. Continuando coa liña de investimentos nos barrios da cidade desenvolta ao longo desta lexislatura desde a Concellería de Infraestruras, o edil de área, Manuel Herminio Iglesias, e a tenente de alcalde, Isabel Pérez, presentaron catro novos proxectos de humanización que se desenvolverán nos vindeiros meses nos barrios da Ponte, Carballeira, Couto e Xardín do Posío. Trátase de catro proxecto que suman preto de 3.200.000 euros de investimento encamiñados a renovación de espazos urbáns, dotación de mobiliario e especies arbóreas, ampliación de beira- O concelleiro de Infraestruturas, Manuel Herminio, e a tenente de alcalde, Isabel Pérez, rrúas e renovación das redes na presentación das catro actuacións. de saneamento. Entre estes catro proxecA Concellería de Infraestruturas actuará nas rúas tos presentados figura, na Remedios, Alejandro Pedrosa e Vázquez Núñez e na zona do Couto, a actuación na rúa Remedios, que vén avenida de Zamora dar continuidade ás obras desenvoltas en 2009 na PraNos catro proxectos “procurouse equilibrar o espazo za de Pedro Monteagudo e adicado aos peóns co ocupado polo tráfico” Remedios-Greco. As obras, que contan cun orzamento Isabel Pérez: “para a Concellería de Infraestruturas a de 545.000 euros, comprenprioridade é a humanización, facer cidade para a xente” den entre outros aumentar a superficie peonil en case 1.300 metros cadrados así plianse as beirarrúas até os mados cinco ríos (rúas dispoñendo aparcamentos como as prazas de aparca- tres e catro metros e man- Río Támega, río Bibei, alí onde o ancho o permite. mento, que pasan de 54 a tense as prazas de aparca- rio Arenteiro, Sil e Avia) Conta cun orzamento supemento a ambos lados. O como na rúa Río Arnoia. rior ao millón de euros. 60. Finalmente, en A CarNo caso da avenida de orzamento supera os 1,2 Na mesma zona tamén se van acometer obras na rúa balleira vénse completar o Zamora trátase dunha obra millóns de euros. No barrio da Ponte - Río Mao, que rexistra unha amplo programa de humaimportante que afectará ao tramo entre o Xardín do Po- Vinteún actuaráse na rúa importante actividade co- nizacións (actuouse xa na sío e a glorieta da Farixa e Alejandro Pedrosa, com- mercial. A obra proxectada praza do Sagrado Corazón, na que, mantendo o dobre pletando así as actuacións en Alejandro Pedrosa com- así como nas rúas Nicosentido de circulación, am- desenvoltas tanto nos cha- prende a totalidade da rúa, medes Pastor Díaz, Benito

Imaxes do estado actual da rúa Remedios.

Fernández Alonso, Travesía Fernández Alonso, Filomena Dato, García Álvarez e Castelo Ramiro) desenvolto desde a Concellería de Infraestruturas, sumando unha actuación agora na rúa Vázquez Núñez, de forte pendente ascendente. Mantense o único sentido de circulación orixinal e dotouse un espazo central a modo de praza. O orzamento disposto para esta actuación é de 300.000 euros. En todas as obras enumeradas acometeráse a reforma das redes de saneamento, un importante investimento orientado a renovar un sistemas moi antigos e deteriorados que, no caso de Alejandro Pedrosa, por exemplo, están a danar o propio pavimentado na zona. En moitos casos procedaráse a substituir colectores en fibrocemento por outros novos realizados en fundición. 30 anos sen ningunha actuación nestas rúas Tal e como indicaba o concelleiro de Infraestruturas “estamos ante barrios con personalidade propia e densidade de poboación nos que en moitos casos acumulábanse 30 anos sen actuación urbana de ningún tipo, polo que urxía a intervención”. O edil de Infraestruturas declarou que “desde o grupo municipal

do BNG defendimos sempre a inclusión de criterios de calidade e estética tanto nos materiais coma no plantexamento urbán, buscando equipar os barrios a zonas máis desenvoltas históricamente coma o centro”. Así mesmo fixo fincapé en que “nestes catro proxectos procurouse equilibrar o espazo adicado aos peóns co ocupado polo tráfico rodado, defendo a convivencia nun espazo urbán que é de todos”. Pola súa banda a tenente de alcalde defendeu a “redistribución equilibrada dos orzamentos municipais naquelas zonas da cidade que o precisan” e apuntou que “gobernar é priorizar, e para a Concellería de Infraestruturas a prioridade é a humanización, facer cidade para a xente, para as veciñas e veciños”. Isabel Pérez, destacou así mesmo a continuidade dada a “unha forma de facer cidade que levamos desenvolto nestes últimos anos, contribuindo a un Ourense equilibrado e policéntrico, do que todos os veciños e veciñas se sintan orgullosos” e defendeu a importancia de que cada un dos barrios que conforman Ourense conten con espazos públicos, comercio, actividades culturais, etc “para que poidan vivir na mellor das condicións posíbeis”.

A intervención na avenida de Zamora afectará desde a glorieta da Farixa ao Posío.


22

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

ECONOMÍA E EMPREGO

No marco do Plan Impulsa

A Xunta compromete 11 millóns de euros en axudas para unha planta de fabricación de coches eléctricos en Ourense O proxecto promovido pola compañía británica Xero Technology prevé investir 26 millóns de euros e crear ata 1.030 novos empregos en 2015 O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, fixo explícito o “firme compromiso da Xunta de Galicia co proxecto de investimento promovido pola compañía británica Xero Technology” para impulsar a fabricación dun coche eléctrico en Ourense. Segundo manifestou o conselleiro, as axudas públicas poderán achegarse aos 11 millóns de euros, “grazas aos apoios de especial intensidade habilitados no marco do plan Impulsa Ourense”. O investimento total previsto pola empresa é de 26 millóns de euros; suporá a creación máis de 1.000 postos de traballo cando a planta estea a pleno rendemento e prevé fabricar 20.000 vehículos anuais. Javier Guerra explicou que a Xunta de Galicia xa elevou aos promotores do proxecto o compromiso de apoio público ao investimento, que se fará efectivo a través de liñas de subvención a fondo perdido como as reguladas nas bases do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para apoiar os grandes investimentos empresariais,

ou mediante a liña de Incentivos Rexionais, que é compatible. Segundo salientou Javier Guerra, con este compromiso “Galicia posiciónase en primeira liña para aplicar un cambio de modelo industrial –explicou-, e a Consellería de Economía e Industria traballa para desenvolver un cambio de paradigma que reduza drasticamente as emisións contaminantes, elimine a dependencia dos derivados de petróleo cunha aposta firme polas renovables e contribúa de xeito decidido a unha maior eficiencia enerxética da man dun impulso definitivo para o sector da automoción galego”. Planta no Concello de Melón O proxecto da empresa Xero consiste na fabricación dun modelo de tres prazas (X3 RO) coa última tecnoloxía, cunha autonomía de 200 quilómetros e un custe estimado para Europa de 18.000 euros máis IVE. Os primeiros prototipos – cos que se farán probas de durabilidade e outros controis- circularán polas

De esquerda a dereita, o director do Igape, o delegado da Xunta en Ourense, o presidente da Deputación Provincial, o conselleiro de Economía e Industria, e os dous directivos da empresa británica Xero xunto ao seu socio en España. estradas ourensás entre maio e xuño e a partir deles empezará a fabricación en serie. A planta ubicarase nun solar de 100.000 metros cadrados no parque empresarial de Melón.

O conselleiro de Economía, Javier Guerra, saúda a Ian e Oliver Mitchell, os dous membros da empresa británica Xero que fabricará en Ourense o seu vehículo eléctirco Xero X-Ev.

A Consellería de Economía e Industria presentou o decreto da electromobilidade Javier Guerra lembrou que a Consellería de Economía e Industria acaba de presentar o decreto de infraestruturas de carga do vehículo eléctrico, pioneiro en España, que “situará a Galicia á vangarda do desenvolvemento da electromobilidade para avanzar na estratexia trazada pola Xunta de camiñar cara unha mobilidade sostible e respectuosa co medio ambiente”. Segundo o conselleiro, este decreto “vai repercutir de xeito moi positivo no desenvolvemento económico de Galicia, xa que contamos co polo da automoción máis importante de España e con iniciativas que se van desenvolver na nosa Comunidade e que nos van permitir estar á vangarda do I+D+i no eido da electromobilidade, favorecendo o noso posicionamento competi-

tivo nun mercado de clara proxección de futuro”. O conselleiro de Economía e Industria salientou que o decreto será analizado e debatido por todos os axentes implicados, para sentar as bases para enfrontar con garantías o futuro inminente que supón a chegada do vehículo eléctrico, e para afondar nos valores innovadores e de respecto ao medio ambiente que supón a decidida aposta deste Goberno de traballar para diminuír o incremento das emisións contaminantes. Javier Guerra avanzou que o decreto regulará a normativa técnica que deben cumprir as infraestruturas de carga en Galicia, e as directrices esenciais que deberán terse en conta para levar a cabo a súa implantación de forma ordenada e planificada en todos os ámbitos, coa finalidade de garantir a súa existencia

como dotación necesaria ao servizo dos cidadáns, nos lugares aptos para os usuarios do vehículo eléctrico. O conselleiro reiterou a necesidade impulsar accións “dirixidas a converter a Galicia nunha rexión líder en mobilidade sostible”. Rede de infraestruturas de carga Galicia xa ten definida unha rede primaria de infraestruturas de carga para o vehículo eléctrico, unha rede que contará con medio millar de puntos de abastecemento espallados por toda a xeografía. Esta rede partirá da posta en marcha, nun primeiro momento, de sete estacións multifuncionais de electromobilidade demostrativas nas sete cidades galegas en colaboración co Clúster da Automoción.


especial ELECCIÓNS MUNICIPAIS

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

23

Os partidos presentan as súas candidaturas para o 22-M

4 Coñecidas as listas de BNG e PSdeG, queda por saber que persoas acompañarán a Rosendo Fernández na lista do PP. Paula Lodeiro Coas eleccións municipais do 22 de maio formalmente convocadas, e coñecidas as candidaturas completas do PSdeG e do BNG na capital ourensá e na localidade de Barbadás, resta por desvelar quen acompañará a Rosendo Fernández e José Manuel Freire Couto nas listas do Partido Popular en Ourense e no municipio limítrofe, respectivamente. Nas últimas semanas os partidos non pararon de organizar actos: desde a

presentación das súas candidaturas completas (nas imaxes, agás as do PP, que non se coñecen); as súas oficinas electorais (a do PP na rúa do Paseo, os socialistas en Progreso e o BNG na súa sede de Concordia); as súas páxinas web (www. ppou.es, www.franciscorodriguezou.es e www.enbloqueporourense.gl), e algúns tamén o seu programa electoral (os máis madrugadores foron os nacionalistas). Entre as candidaturas minoritarias, destacan a de Democracia Ourensa-

na, con Gonzalo Jácome á cabeza aspirando a facerse cunha acta de concelleiro, ou o recén creado partido POLI que busca un acordo para presentarse con Alternativa Popular Galega.

Candidaturas, sedes electorais, páxinas webs... os partidos politicos quentan motores para a campaña das eleccións municipais de maio Xosé Manuel Fírivida voltará ser o candidato do BNG á alcaldía de Barbadás. Na imaxe, no acto da súa presentación na Casa da Cultura de A Valenzá, acompañado dos integrantes da súa candidatura: Ánxela González, Serafín Núñez, Reis Rodríguez, Xosé Manuel Puga, Andrés Soto, Nuria Feijóo, Paulo Pereira, Marta Padrón, Jesús Fernández, Eva Méndez, José Manuel Francisco e Tereixa Paz.

Foto de familia da lista do Partido Socialista en Ourense, no parque Avilés de Taramancos. Acompañan a Francisco Rodríguez, Marga Martín como número 2, Agustín Fernández e Áurea Soto. Nos postos 5, 6 e 7 tres novidades: o director xeral de Emprego, José Ángel Vázquez Barquero, Susana Bayo e José Carlos Martínez-Pedrayo; a quen lle siguen os concelleiros María Devesa, Antonio Rodríguez Penín e Ana Garrido. Síguenlle Mónica Vázquez, Alfonso Vilachá, Juana Ageitos, José Ramón Fernández Morgade; Montserrat Rodríguez, José María García, Nieves Vila, Antonio Blanco, María Cándida Pérez, Víctor Astorga, María Teresa Taboada, José Antonio Nóvoa, María Jesús Fernández, José Luís Regal, Margarita Osorio, Pedro Araújo e Carmen Rodríguez.

A Isabel Pérez acompáñana na lista do BNG os tamén concelleiros Marta Arribas e Fernando Varela, ademais de Xosé Somoza, Susana García, Ximena González, Secundino Alonso, Ivan Area, Noa Presas, Alfredo Suárez Canal, Aurora Álvarez, Luis Martínez-Risco, Ilda Blanco, Francisco Xavier Gómez, Monserrat Novoa, Norberto Tabarés; María Luisa Seara, Rubén Requejo, Sonia Albor, Alfredo Domínguez, Chelo López, Belén Martínez, Avelino Atanes, Alba Losada, Antucho Espinosa, Concepción Álvarez e Xosé Carballido.

No PSdeG de Barbadás acompañan a Xosé Carlos Valcárcel (no centro), que repite como candidato, Victoria Morenza, María Presas, José Andrés Montero, Mari Carmen Álvarez, Manuel Martínez, Margarita Pérez, Hipólito Rial, Rosa Conde, Víctor Lloves, Ramón Selas, Alfonso Díaz e Mércedes Méndez.

A falta de coñecer a candidatura completa do PP de Barbadás, nesta localidade veñen de renovar a directiva das Novas Xeracións do PP, sendo ratificado como presidente o ata de agora responsable da comisión xestora da organización, Daniel Rey López (na imaxe á esquerda do alcalde, no acto na Casa da Cultura).


24

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

especial ELECCIÓNS MUNICIPAIS

entrevista a isabel pérez:

“Sempre tiven claro que quería traballar para mellorar a sociedade” 4 Concelleira de Cultura e tenente de alcalde, a candidata do BNG aspira a converterse en maio na primeira alcaldesa de Ourense. Paula Lodeiro Nacida no barrio de O Couto hai 47 anos, a nacionalista Isabel Pérez senta desde 2003 no consistorio ourensán, desde 2007 faino como concelleira de Cultura e desde apenas seis meses tamén como tenente de alcalde. De signo zodiacal piscis, casada e sen fillos, esta profesora de Latín amante das novas tecnoloxías (manexa o seu Facebook a diario) aspira a converterse en maio na primeira alcadesa de Ourense. É a primeira muller candidata á alcaldía de Ourense, este feito ten algún significado especial ou hai que velo como algo normal? Isabel Pérez: “Hai que velo dentro da normalidade pero á verdade é que ese é un feito que se dá por primeira vez nesta cidade; ata o de agora ningunha muller encabezou unha candidatura dentro das organizacións políticas que teñen posibilidades de acadar o resultado da alcaldía, polo tanto creo que sendo un feito normal neste caso creo que é o momento de dicir que xa era hora de que sucedese”. Algunha vez imaxinou que chegaría a ser candidata á alcaldesa? I.P.: “A verdade é que non. Cando un se adica á actividade política, polo menos no meu caso, ten como idea formar parte dunha organización, e que a organización sexa a que define a tarefa que a cada quen lle corresponde. Eu hai máis de 20 anos comecei a militar no BNG, e a partir dese momento púxenme a disposición da miña organización para o que ela considerase oportuno. Formei parte de todos os organismos: Consello local, fun vicerresponsable comarcal e formei parte do Consello Nacional, e dende o ano 2003 fun cargo elec-

to no Concello de Ourense. Para min a política municipal sempre foi a que mais atractiva me pareceu por ser a máis cercana aos cidadáns. Creo que a responsabilidade de representar unha organización dentro dun concello pola propia cercanía e porque os cidadáns demandan se cabe os problemas máis cotiás no meu caso é a aspiración máxima que pode ter un representante público. Desde logo aspirar á alcaldía do Concello onde un naceu, vive e traballa, disfruta, compra e pasa a maior parte do seu tempo é un orgullo”. Cales foron os motivos que a levaron a entrar en política? Seguen vixentes hoxendía? I.P: “Total e absolutamente vixentes; creo que ter inquedanzas políticas é absoluta e totalmente necesario e desde aquí gustaríame recoñecer o traballo das persoas que se adican á política. Ás veces o traballo da política está devaluado porque como en todas as profesións hai persoas que se adican á política que son malos exemplos. Pero en calquera caso, creo que a política é necesaria e agora moito máis. Non estaba nos meus obxectivos persoais pero unha vez que un decide dedicarse a esta actividade está disposto a asumir todas as responsabilidades e os retos. Sempre tiven claro que quería traballar para mellorar a sociedade”. Cales deberían ser os valores que debería ter un político? I.P.: “Desde logo vocación de servizo público; pensar que o que un fai non o fai desde o ámbito persoal senón con esa vocación de servizo, porque defender os intereses do público, do común esixe moita máis responsabilidade que outro ámbito laboral ou de desenvolvemento persoal. Ser

Isabel Pérez, na praza Maior./P.LODEIRO.

“Nestes momentos adico á actividade pública todo o meu tempo pero cando teño tempo procuro cultivar os amigos, reler os clásicos e pasear pola cidade” Os valores dun político: “vocación de servizo público, ser honestos cos cidadáns e coa organización política na que un milita, e leais, e desde logo antepor o ben común a calquera outro tipo de interese” honestos cos cidadáns, e coa organización política na que un milita, e leais, e desde logo antepor sempre o ben común a calquera outro tipo de interese”.

Como é un día calquera na vida de Isabel Pérez? I.P.: “Nestes momentos, non as 24 horas do día porque procuro polo menos durmir seis horas, pero to-

das as demais horas do día nas que non estou descansando as adico á actividade pública. Levántome cedo; procuro en canto me levanto to-

mar o primeiro contacto cos medios, ler a prensa, saber que é o que sucede no ámbito local pero tamén a nivel galego, estatal e no mundo, e despois xa tomar un café fóra. Acostumo a almorzar fóra da casa, un café para min é total e absolutamente necesario e despois, desenvolver o traballo propio da xestión municipal, repasar a programación da propia Concellería de Cultura e estar pendente das cuestións que afectan a todo o que é o goberno municipal na responsabilidade de portavoz do BNG. E ter o contacto co señor alcalde para pornos ao día das cuestións que teñen ese carácter máis xeral. Normalmente ao longo da mañá teño unha rolda de prensa ou varias. Non como na casa normalmente porque a esas horas tamén aproveito para preparar o día seguinte, e despois acostumamos ter reunións ou do grupo municipal ou da organización. Todos os días practicamente teño algún acto de representación, acostumo a non cear demasiado e ocupar os últimos momentos antes de acostarme en repasar o meu Facebook e enviar unha canción desde el. Unha axenda á verdade que apretada, dilatada e aproveitada ata o último segundo”. Cando non traballa que lle gusta facer? I.P.: “Nestes momentos adico á actividade pública todo o meu tempo pero de ter algún oco poder cultivar os amigos é moi importante. Sempre hai un momento para tomar un café ou para chamar por teléfono ou enviar unha mensaxe. Cando teño tempo procuro ler, releo sempre aos clásicos, por deformación profesional procuro manter certo contacto co mundo da literatura grecorromana. Tamén procuro pasear pola cidade, por exemplo os


DEPORTES

domingos pola mañá cedo acostumo a recorrer a zona histórica”. Cal é o seu lugar preferido da cidade? I.P.: “Por razóns familiares hai dous espazos moi importantes para min: a praza do Trigo onde naceu miña nai, e as Mercedes onde naceu meu pai. E por suposto o barrio de O Couto onde nacín eu, eses son os tres puntos cardinais desta cidade. Despois hai outros, creo que a praza Maior é sempre un punto de referenza, de encontro no que paso moitas horas do día, non só no plano institucional senón tamén porque é un espazo de referenza”. Bota de menos o traballo como ensinante? I.P.: “Moito, eu que tamén teño vocación docente, teño algo de vocación pública e de actividade política, son vocacionalmente ‘magistra’ como a min me gusta chamar, o mellor calificativo que se pode dicir de min é que son mestra. O contacto coa mocidade, e o estar sempre aprendendo creo que é o mellor que ten a profesión de profesora”. Cando a paran pola rúa, que lle din os ourensáns? I.P.: “A verdade é que a xente nos para moitas veces para demandarnos cuestións que son importantes para eles, de carácter xeral como o transporte, a limpeza... pero tamén pola propia actividade de Cultura. Onte, por exemplo, preguntáronme cales son as obras de teatro que recomendaba da Miteu. Os cidadáns creo que gustan de falar cos responsables políticos máximos e creo que é importantísimo que os que temos esas responsabilidades esteamos a pé de rúa. A min gústame traballar a pé de rúa. De feito, procuro participar en todas as actividades da Concellería e do Concello e estar atentos ao que din os cidadáns. Sempre utilizo a frase de ‘o pobo é quen máis ordena’ que é unha

máxima e que tanto para felicitarnos como para dicirnos o que non facemos ben hai que estar pendentes do que a xente di”. O bipartito vai prexudicar ou beneficiar ao BNG? I.P.: “Eu fuxo de chamarlle a este goberno bipartito, creo que é un goberno de coalición, máis un goberno de coalición que ten tradición democrática desde sempre, en Europa é moi corrente que esto sucede. Un goberno de coalición que funciona solidaria e de forma unitaria porque é un único goberno pero nunha coalición na que participan dúas organizacións políticas, o Partido Socialista e o Bloque Nacionalista Galego con responsabilidades en distintas áreas de goberno, actuando de forma transversal, ese goberno de coalición ten que ser entendido polos cidadáns como un goberno positivo. As maiorías absolutas provocan moitas veces que o goberno goberne de costas aos seus eleitores sen embargo un goberno de coalición goberna sempre para a poboación que o elixiu e que elixiu ademais este tipo de goberno e non outro. Creo que os cidadáns teñen agora mesmo datos obxectivos para avaliar a participación no goberno de cada unha das forzas políticas. Creo que o goberno do BNG neste goberno municipal foi un goberno sempre pendente da participación da cidadanía, intentando facer un goberno para todos e para todas, onde todas as zonas da cidade, os barrios as parroquias a zona histórica e o centro se sintan orgullosos de vivir neste concello. Para min é o máis importante. O que a cidade demanda é importante e hai que atender a todas as demandas de toda a cidade e de todos os cidadáns”.

“(O de Ourense) é un goberno de coalición que funciona solidaria e de forma unitaria porque é un único goberno pero nunha coalición na que participan dúas organizacións políticas, o PSdeG e o BNG”

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

25

A Gudiña, preparada para o seu primeiro Rali de terra 4 Terá lugar o sábado, 16 de abril. R.T. Xa está todo listo para que o 16 de abril ruxan os motores no I Rali de terra de A Gudiña, valedeiro para o I Campionato galego de ralis de terra. A idea parte do presidente da Federación Galega de Automobilismo para organizar o primeiro campeonato galego de terra a petición dos pilotos, que querían facer terra; para iso contactou con Ourense Motor Sport (con Lito Saa á cabeza) para que organizara unha das probas do campionato en territorio ourensán, e ademais, sería a primeira proba de devandito campionato. Desde Ourense Motor Sport pensaron que o concello de A Gudiña era o máis propicio para realizar esta proba polo que contactaron co concello na figura do seu alcalde quen deu todas as facilidades, ademais de volcarse no evento os empresarios da zona. Tramos secretos Como en todos os ralis de terra, os tramos son secretos ata que o piloto está na liña de saída, que

é cando lle fan entrega do mapa de ruta, a diferenza dos de asfalto que saben o percorrido con antelación. Con este condicionante, a primeira pasada do tramo é de adestramento para posteriormente realizar unha oficial. O rali, que comeza ás 10.00 horas, constará de catro tramos con dúas pasadas cada un deles. Dous tramos pola mañá e dous pola tarde. Primeiro farase unha primeira pasada de adestramento no primeiro e segundo tramo para despois facer unha segunda pasada, oficial, dos dous primeiros tramos. Xa pola tarde a mesma tónica, unha primeira pasada de adestramentos no terceiro e cuarto tramo e unha segunda pasada oficial, para rematar o rali en torno ás 19.00 horas. Lito Saa conta con ter unha gran participación nesta primeira toma de contacto coa terra “se chegamos aos 30 participantes xa será un éxito” e é consciente de que moitos pilotos galegos “están pondo apunto os seus coches para este rali de A Gudiña”. O que sí é seguro é a presenza de pilotos como Roberto Méndez, de Competi-

Lito Saa organizador do I Rali de terra de A Gudiña que se celebrará o sábado, 16 de abril. /RAMSÉS ción Ponferrada ou mesmo Juan Casares co Evo X que é o vehículo campión do campionato de España; outro piloto que confirmou asistencia é Felipe Fernández cun prototipo de Ibiza. Pensando no futuro Sen ter finalizado este

primeiro rali, desde Ourense Motor Sport xa contan con facer novas edicións en vindeiros anos, ademais de ampliar a proba a municipios próximoos a A Gudiña, “esperamos para outras edicións facer o rali Conso - Frieiras”, remataba Lito Saa.

Casa da Xuventude organiza o segundo trofeo 10 quilómetros provincial en pista 4 O domingo 3 de abril. Redacción O Club de Atletismo Casa da Xuventude de Ourense, organiza o domingo, 3 de abril, por segundo ano consecutivo o segundo trofeo Casa da Xuventude - 10 quilómetros provinciais en pista. A sede do evento terá lugar na pista de atletismo “Josefina Salgado” do Complexo Polideportivo de Monterrei.

Disputaranse tres probas: unha feminina absoluta e unha serie A e outra serie B para a categoría masculina. Os atletas masculinos que participen acreditarán a súa mellor marca no 10.000 para estar encadrados nunha ou noutra serie. Ás 10.30 horas será a proba feminina, ás 11.25 horas a serie B masculina e ás 12.20 horas a serie A masculino dos 10.000 metros en pista.

Os tres primeiros clasificados na primeira edición da proba./ARQUIVO.


26

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

DEPORTES

Ourense é tamén terra de cabalos 4 Esquío impúxose na cuarta carreira do hipódromo de Antela. Redacción O hipódromo de Antela estrenou a tempada 2011 de carreiras de cabalos coa celebración da primeira de sete xornadas que acollerá. Ante unhas bancadas repletas de espectadores deuse o pistoletazo de saída ao sétimo ano no que esta localidade aposta pola hí-

pica, e fíxose do xeito máis especial: reservando unha das probas para os jockeis retirados e que agora só son adestradores. O francés Julien Grosjean foi o único xinete que fixo doblete, ás rendas de Alternative (na segunda carreira) e de Diamod for Ever (na terceira). As demais probas gañáronas Smasher (co

amateur Román Martín), Esquío (coa axuda do checo Vaclav Janácek) e Yira (con Víctor Sánchez como guía). O ourensán Esquío Unha das vitorias máis aplaudidas foi a de Esquío, un exemplar nado en Ourense e co éxito no ADN, xa que é fillo do seUn dos cabalos gañadores na primeira xornada de carreiras 2011 no hipódromo de Sandiás. /RAMSÉS mental Baptize (que gañou as estatísticas en 2010) e da egua Value For Money, dun criador da zona. Turno para os veteráns Pero a carreira máis agardada do día foi a derradeira, na que participaron os xinetes máis veteráns que agora son só preparadores. E foi nesta proba na que se

viviu a sorpresa da xornada, cando Wolfang converteuse, por primeira vez na súa historia, no cabalo máis rápido en cruzar a liña de meta, e, evidentemente, debeullo á

axuda do seu jockei, Jorge Rodríguez, preparador do hipódromo de La Zarzuela con 50 cabalos en adestramento. De novo queda claro que a experiencia é un grao.

A primeira xornada de carreira de cabalos do ano en Antela tivo unha grande afluencia de público

O público de Antela observando atentamente a terceira carreira. /RAMSÉS

Galicia, terceira no medalleiro da Copa do Rei de Remo 4 Cataluña foi o dominador do campionato. R.T. O encoro de Castrelo de Miño foi o escenario da Copa do Rei de Remo onde os prognósticos fixéronse bos e, Cataluña foi a clara dominadora desta 23ª edición. Os galegos cumpriron e acadaron a terceira posición global no podio que acadaou un ouro, tres pra-

tas e catro bronces. Na primeira xornada da Copa do Rei, Cataluña dominaba de forma abrumadora cedendo o ouro tan só na proba de 4 scull en detrimento de Cantabria. Na segunda e última xornada, máis do mesmo, dominio absoluto de Cataluña obtendo nesta xornada seis metais de ouro, catro de

Remeiros vascos no outrigger con timonel. /RAMSÉS

metros) de tres segundos, e en terceira posición entraría Andalucía. Despois desta proba chegaba a entrega de premios onde unha boa parte dos metais irían a parar ao nordés de Eapaña.

prata e un de bronce. Proba raíña Como fin de festa a esta 23ª edición da Copa do Rei de Remo, disputouse o outrigger a 8 con timonel, onde como non podía ser doutro xeito, Cataluña faríase co triunfo. En segunda posición entraría Cantabria a menos (despois de 2.000

Galicia foi a terceira comunidade nesta Copa do Rei cun ouro, tres pratas e catro bronces

CD Ourense: á terceira foi a derrota 4 Primeira derrota de Cándido Gómez no banco do Ourense. R. Torres O CD Ourense sofre a primeira derrota desde que chegara ao banco o ex-adestrador do filial, Cándido Gómez. Despois de dous encontros vencendo, e convencendo ao afeccionados ‘rojillos’ o CD Ourense perdeu no terceiro encontro da era Gómez. Un mal inicio de segundo tempo cortou de raíz a boa racha de resultados que levaba o equipo desde a chegada de Gómez. O encontro estivo dominado polo Ourense de inicio, incluso tendo dúas claras ocasións na primeira parte de adiantarse no marcador pero o resultado non variaría na primeira metade. Nos primeiros minutos da segunda metada, os ourensáns perderon intensidade

o que levaría ao primeiro gol local do que, non se reporían, a pesar de controlar o encontro ata o final do mesmo. Con esta derrota, CD Ourense continúa na terceira posición pero xa a 10 puntos do segundo clasificado, o Rácing de Ferrol e a 12 do líder Cerceda, a quen derrotaron a pasada semana con contundencia, 4-0. Por detrás, na cuarta posición, o Somozas recortou distancias e está a un punto do cadro ourensán. Na quinta posición e fóra dos postos de promoción está o vilalbés con 48 puntos a catro do Ourense pero cun partido menos. CD Ourense - As Pontes O domingo, 3 de abril, CD Ourense recibe a visita de As Pontes no campo de O Couto.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

27


28

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

DEPORTES

Sen marxe de erro 4 O COB perde en Canarias e achégase á LEB Prata trala vitoria do Adepal contra o Palencia. R. Torres Trala derrota de Club Ourense Baloncesto en Canarias, os ourensáns están no fío do abismo situándose a dúas vitorias de Palencia e Adepal cando restan tres xornadas para o remate da liga. 80-61 foi o resultado final dun partido que en palabras do adestrador cobista Rafa Sanz “veunos demasiado grande” e no que xogadores como Starosta (como moitas veces fóra de casa), Kale e Arco apenas apareceron no xogo ourensán. A

pesar desas ausencias de xogadores no xogo, Brown, Fergerson, Galarreta e o propio Sony Vázquez tiraron do carro para estar vivos ata finais do terceiro cuarto (58-49). O último cuarto non había forzas nos xogadores e deixáronse levar ata o definitivo 80-61. Derrota dobre A pesar desta derrota, é certo que o COB xa ten un estilo propio de xogo e a imaxe que mostra na liga é ben distinta á de fai unhas semanas, pero tan certo é ese aspecto como o de que

a liga está chegando ao seu fin, e ás opcións de manter a categoría son cada vez menores. No outro partido desta xornada que había que estar pendiente era o que enfrontaba ao Adepal Alcázar contra o Palencia, o resultado foi o peor posible para os intereses cobistas. A vitoria quedou en casa do Alcázar polo que a falta de tres xornadas o COB está a dúas vitorias de Alcázar e de Palencia. Na vindeira xornada, o Club Ourense Baloncesto recibe a visita do Breogán que anda na loita por entrar

no play off de ascenso, polo que non regalará nada no encontro. Pola súa banda, o Palencia recibe na súa cancha ao Tenerife (outro dos que loitos polo ascenso), mentres que o Adepal visita ao Axarquía, equipo que necesitará a vitoria para non ter ningún tipo de apuros nas dúas últimas xornadas de liga.

O Club Ourense Baloncesto xoga o domingo, 3 de abril, a partir das 19.00 horas no Paco Paz contra o Breogán de Lugo

Unha derrota contra Lugo mandaría case que con toda probabilidade ao COB a LEB Prata. /RAMSÉS

Fútbol sala feminino

Un punto para non perder comba 4 O Cidade de As Burgas vén de Valladolid cun punto máis e a tres dos postos copeiros. R.T. Coa salvación prácticamente no peto, as de Manolo Codeso andan na loita por entrar na Copa de España. O Cidade de As Burgas desprazábase ata Valladolid para desputar os tres puntos en litixio antes un rival directo nas aspiracións por entrar na Copa. O Valladolid que pouco a pouco vai recuperando ás xogadoras lesionada recibía a un correoso Cidade que nos primeiros compases de encontro dominaba o esférico. Este dominio foise diluíndo e as locais aproveitáronse con sendos goles nas postrimerías da primeira metade, no que a ourensán Andrea participou de forma activa, anotando o primeiro e dando o pase do segundo. Na reanudación, lonxe de baixar os brazos, as ourensás foron descaradamente a polo partido polo que o encontro volvía a estar controlado polo Cidade; grazas a esta loita as de Codeso lograban recortar distancias cun tanto de Sonia despois de que Vanessa roubara o balón. Faltando cinco minutos para o remate, dous goles das visitantes porían en franquicia o encontro

a prol das da vella auria; Iria e Sonia foron as autoras dos goles no minuto 35. Con 2-3 e nese mismo minuto loco, peke marraría un dobre penalti que lanzou ao pao. Un minuto máis tarde a xogadora Local Naila establecería o 3-3 definitivo. Con este empate o Cidade de As Burgas sitúase na novena posición con 32 puntos a tres dos postos de Copa, o Zaragoza ocupa a última posición (oitava) que da dereito a xogar o campionato copeiro. O 2 de abril o Cidade recibe ao Burela que é cuarto e xa ten asegurada a súa presenza na Copa, o encontro será as 17 horas no pavillón dos Remedios. O Ponte recorta distancias sen xogar O Ponte Ourense foi o gran benefiaciado desta 23ª xornada na que sumou tres puntos sen xogar xa que descansou pola retirada do Campillos da competición, equipo co que tiña que enfrontarse. Mentres o Ponte sumaba tres puntos, o Móstoles cedía un empate contra o Atlético de Madrid. Con estes resultados a táboa a segue comandando o Móstoles con 65 puntos,

Noelia Oliva defendendo a unha rival do Valbusenda. /RAMSÉS

O líder conseguiu frear ao Codigalco Carmelitas Iria golpeando o balón. /RAMSÉS

e o Ponte Ourense recorta dous puntos colocándose con 64 a un só das madrileñas. Para esta xornada, serán as pontinas as que visiten a cancha do At. de Madrid, terceiro clasificado do campionato, mentres que o Móstoles visitará ao Córdoba, equipo que se está a xogar a súa presenza na Copa de España.

O Cidade xoga o 2 de abril contra o Burela, ás 17 horas nos Remedios

4 O Pabellón rompeu a súa mala racha vencendo ao Aros León. Redacción A piques estivo o Carmelitas de superar o pasado sábado ao actual número un da Liga Feminina 2A, o Caja Rural Valbusenda, pero o axustado encontro que se viviu no Vedruna rematou decantando a balanza a favor das zamoranas, que no derradeiro cuarto incrementaron esforzos en defensa e ataque para frear as posibilidades das colexialas e desmarcarse no casilleiro. O encontro estivo igualado en todo

momento salvo no último cuarto no que o Valbusenda demostrou o porqué do seu primeiro posto ante un máis que digno rival, o Codigalco Carmelitas. Pola súa banda, o Pabellón Ourense puxo fin ao período de decadencia que as sumiu no penúltimo posto da clasificación e, aínda que vencendo ao Aros León non conseguiron escalar posicións, esta vitoria aumenta considerablemente os seus ánimos e logra que empaten co duodécimo clasificado, o Cáceres, ademais de afrontar con outro ánimo

as tres últimas xornadas da Liga Feminina 2. Próxima xornada A dúas xornadas para o remate da tempada, o vindeiro sábado o Codigalco Carmelitas mídese en Santiago de Compostela co Pío XII, oitavo clasificado; mentres o Pabellón Ourense recibe en Os Remedios ao seu principal opoñente, o Femenino Cáceres, nun encontro no que se xogan o duodécimo posto; o partido disputarase a partir das 20 horas no central dos Remedios.


VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS especial

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

29

Asador - Restaurante Os Caracoles, elección de calidade

O hotel-restaurante conta con tres salóns para a realización de vodas e banquetes Achégase a época de maior número de vodas do ano e moitas parellas están a decidir onde celebrar o seu convite. Desde fai sete anos, os mesmos que leva aberto na Derrasa, a oito quilómetros da cidade, Asador-Restaurante Os Caracoles é unha aposta segura. O seu propietario, José Antonio Caneiro Fernández, apunta “á calidade en cociña, con produtos de moi boa calidade, e ao servizo personalizado que temos”, como as razóns que fan que moitos ourensáns confíen cada ano neste restaurante para as súas celebracións. O establecemento, especializado en alta cociña rexional, ofrece aos noivos a posibilidade de confeccionar o menú adaptándose aos seus gustos e posibilidades. Pódese completar a festa con baile posterior con barra libre, disc jockey ou orquestra, segundo a elección de cada parella. Para dar o mellor servizo e a máxima comodidade aos seus clientes, AsadorRestaurante Os Caracoles tan só comprométese a un banquete por día e salón. Ademais do salón de servizo á carta con capacidade para 100 persoas situado na primeira planta,dispón de dous salóns específicos

Fachada do hotel-restaurante Os Caracoles.

Os Caracoles está especializado en alta cociña rexional A calidade en cociña e o servizo personalizado fan que moitos ourensáns confíen neste restaurante para as súas celebracións para banquetes, un para 70 e outro para 200 comensais, na segunda planta. Outros servizos Os Caracoles é tamén hotel (ten 15 habitacións), e

ofrece os servizos de cafetaría, con almorzos, petiscos e tapas típicas galegas. O establecemento conta cun amplo aparcadoiro exterior, e zonas verdes con servizo de terraza e zona de xogos para nenos.

Información e reservas: Tel. 988 380 165 A Derrasa s/n - Pereiro de Aguiar


30

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

especial VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS

publirreportaje

Event Bodas y Fiestas, empresa pionera en Ourense en la organización de eventos Este año ofrece descuentos en todas las contrataciones Event Bodas y Fiestas es una empresa pionera en Ourense en la organización de eventos, con más de una década dedicada al asesoramiento de las parejas que preparan su boda. Los novios ahorrarán tiempo, dinero y preocupaciones encargándoles cualquiera de los detalles que implica una boda, como la elección de las invitaciones, los trámites documentales, la asesoría, las alianzas, los trajes, la peluquería, la música, el reportaje fotográfico y de video, o el banquete. En Event te asesoran y se encargan de solicitar distintos presupuestos para ofrecerte el mejor precio posible. Este año, además, ofrecen descuentos en todas las contrataciones. Cualquiera de los servi-

cios que oferta la empresa se puede contratar de forma individualizada. Es el caso del cátering, en el que son especialistas: se puede alquilar la carpa, las sillas y las mesas, el menaje o el menú, que se prepara en el lugar en el que se va a servir.

realizan un único reportaje de boda por día para ofrecer a los clientes el mejor servicio posible. En el apartado musical, desde el año pasado trabaja con Event la única soprano organista profesional de toda Galicia, becada en el Liceo de Barcelona.

Invitaciones y detalles Cada temporada incorporan nuevos diseños de invitaciones, como unos originales abanicos o tarjetas que llevan ya el arroz para lanzar sobre los novios el día de la boda. Como novedad, disponen de una línea económica tanto en detalles para los invitados como en invitaciones. En el apartado fotográfico, trabajan con las fotógrafas Ana y Luna, que

Todo tipo de eventos Dejarlo todo en manos de

profesionales es garantía de éxito a la hora de organizar un enlace o cualquier otro evento, sea una primera comunión, una fiesta, una despedida de soltero o un cumpleaños. Para estas casiones Event te propone todo tipo de animación: payasos, hinchables, animadores, dúos o tríos musicales, discotecas móviles, stripers, go-go’s y otras sorpresas.

Fachada de Event, en la calle Celso Emilio Ferreiro.

Oferta en animación: disco móvil, con luces y dj profesional: 285 euros Más información: Event c/Celso Emilio Ferreiro, 36, bajo, Ourense Tel. 988 240 548 -619 81 96 44 info@event-bodas-com www.event-bodas.com

Teresa Rodríguez, al frente de Event desde hace más de una década.


VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS especial

Acerta no teu enlace con Govi Fotógrafos

informais da parella. Opcións e facilidades Á hora de recoller o resultado, esta tenda de fotografía permite optar polo álbum clásico (aínda que cun deseño máis moderno), polo álbum dixital (con variedade de acabados e efectos), ou pola gravación en formato DVD. É de subliñar que en Govi Fotógrafos facilitan a financiación a 12 meses do servizo contratado.

Máis información: Govi Fotógrafos

av. Celanova, 84, A Valenzá - Tel. 988 23 32 03 - www.fotogovi.com

31

A Primeira Comuñón, unha das celebracións máis agardadas

Esta tenda de fotografía permite optar polo álbum clásico, o dixital ou a gravación en formato DVD En Govi Fotógrafos, en A Valenzá, realizamos todo tipo de reportaxes fotográficos sociais, desde vodas a aniversarios ou outros eventos; reportaxes en video; detalles personalizados con fotografías e invitacións. No caso dos enlaces, os seus fotógrafos acompañarán aos noivos durante toda a xornada, segundo se acordara, e hai a posibilidade de realizar a prevoda, incluindo imaxes das probas do vestido da noiva ou fotografías máis

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

Noar Novias: deseños para noivas, festa, madriñas e comuñón Noar Novias, boutique situada moi preto de Ourense capital, en A Valenzá, presenta as súas novidades para esta tempada. En primeiro lugar para as noivas mais esixentes trae en exclusiva para Ourense, a colección Luna Novias da deseñadora Rosa Clará, con deseños cheos de estilo, con corpos plisados, drapeados, con encaixe, e saias con moito volume, con volantes, flores, etc. sen esquecerse doutras coleccións para as noivas que prefiren outro estilo, como as da marca Madeline Garner. Doutra banda, a festa e a madriña veñen da man de firmas como Luna No-

vias, Ronald Joyce e Alba Moda, con vestidos moi xuvenís e cores frescas. A comuñón dos nosos fillos tambien é un acontecemento moi importante, e Noar Noivas ten todo o necesario para que ese dia salga todo perfecto, e por iso conta cunhas coleccións moi bonitas, das firmas, Tappiz, Nova Drima, Lola Ortín e Lovely Day. Noar Novias tamén ofrece a prezos incribles complementos, zapatos, tocados, can can, roupa interior, etc.

Noar Novias: av. Celanova, 73, A Valenzá Tel. 988 60 64 88

A Primeira Comuñón é unha das celebracións relixiosas máis esperadas polas nenas e nenos católicos de entre 7 e 12 anos de idade. En España, maio é o mes elixido pola Igrexa para a celebración da Primeira Comuñón. Nalgunhas familias, a Primeira Comuñón rodéase de vestiarios e festexos tan elaborados e complicados que chegan a confundir cos da celebración dunha voda. Entre a vestimenta, o banquete, os recordatorios, os agasallos, e outros detalles, unha Primeira Comuñón poderá custar de dous a tres mil euros, de media. Traxes A igrexa pide sinxeleza e moderación na cerimonia da Primeira Comuñón. As nenas adoitan usar vestido branco e os nenos van vestidos de traxe formal, sexa de mariñeiro, almirante ou o tradicional. Un vestido sinxelo pode saír de 100 a 300 euros dependendo da tea, do deseño ou dos adornos que teña. Entre o vestido ou o traxe, os zapatos, peiteados, e demais complementos, a vestimenta dun neno ou dunha nena pode custar de 150 a 500 euros, ou máis dependendo das posibilidades e a demanda das

familias, e do modelo do traxe. O banquete O que máis encarece a celebración dunha primeira comuñón é o banquete, a comida que se ofrece aos invitados. Ao contrario do bautismo, celebración que aínda mantén o seu carácter íntimo, a Primeira Comuñón converteuse en todo un acto social. Tras a cerimonia da igrexa, adóitase ofrecer algún pequeno tentempié ou unha comida aos invitados a modo de celebración. Nun restaurante, os menús oscilan entre os 30 e os 60 euros por persoa. Agasallos, recordatorios e reportaxe fotográfica É moi común nas celebracións, repartir tarxetas de recordatorio, nas que indican o nome do neno ou nena comulgante, a data e o lugar da celebración. É tamén frecuente ofrecer agasallos aos nenos. Agasallos como un reloxo, un rosario, unha biblia, un álbum para as fotos, unha cadea de ouro, un crucifixo, máquinas fotográficas, ou un diario, son os máis demandados. E non podemos esquecer a reportaxe fotográfico, xa que as fotos e o vídeo da celebración son un bo recordo deste día tan importante para os nenos.


32

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

O bebé, o protagonista O día do bautizo o bebé é o protagonista absoluto e será obxecto de todas as miradas. Por iso os pais queren que estea, se cabe, aínda máis guapo e arranxado do habitual. As tendas de roupa de bebés adoitan ter coleccións especiais para este tipo de eventos, e dependendo da idade será adecuada un tipo de vestimenta ou outra. Para os bebés de poucos meses recoméndanse os traxes dunha peza como os faldóns longos . En cambio se son máis maiores adoitan vestir dúas pezas como unha camiseta ou chaquetiña e saia ou pantalón segundo se é nena ou neno. En canto a cores, normalmente levan os tons pastel ou branco, aínda que os pais máis atrevidos poden decidirse por cores con tons vivos e alegres. Todo vale mentres o bebé estea guapo e, sobre todo, cómodo. Invitacións de bautizo Un detalle importante que non poden esquecer os pais son as invitacións de bautizo. O deseño das invitacións de bautizo normalmente inclúe detalles infantís e ambiéntase en tons pastel. Hoxe en día tamén está de moda incluír a fotografía do noso bebé, así a invitación ten un carácter máis persoal e á vez é un recordo para todos os asistentes.

especial VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS

Carpe Diem axúdache a estar perfecta no teu gran día Este centro de estética está en A Valenzá O día do teu enlace achégase e en Carpe Diem saben como facer que esteas radiante nese gran día. Entre os servizos estéticos dos que dispón destaca a fotodepilación, con oferta de tarifa planta por 26 euros. Tamén ofrecen depilación á cera; masaxes terapéuticos e masaxes especiais con chocolaterapia ou vinoterapia; bronceado; así como tratamentos faciais e corporais, manicura, pedicura, cavitación e presoterapia. Bonos para noivos Para noivas e noivos Carpe Diem dispón dun servizo especial con bonos. Segundo explica a súa esteticista Eva María Novoa, os bonos “inclúen tratamento facial, que consisten en preparar e hidratar a pel para a posterior maquillaxe; tratamento corporal, con peeling e masaxe relaxante; manicura, xa sexa a francesa, a máis solicitada, ou con uñas de xel; pedicura, e maquillaxe, o día da voda pero cunha proba días antes”. A maiores do bono teñen dispoñibles outros servizos como permanente e tinte de pestanas, bronceado instantáneo e maquillaxe a domicilio. Carpe Diem ofrece aos

Grupo Anpian, servizo integral para vodas

Eva María Novoa, esteticista de Carpe Diem.

Para noivas e noivos Carpe Diem dispón dun servizo especial con bonos seus clientes o asesoramento dunha dietista para quen

queira baixar de peso dunha forma controlada e san.

Máis información en Carpe Diem: Avenida Celanova nº 45 bajo (A Valenzá) Tlf: 988 618 745 correo-e: carpediemestetica@galicia.com

As empresas do grupo Anpian dan un servizo integral para vodas, tanto en relación ao transporte neste día tan especial como para a contratación da viaxe de lúa de mel. Para que os invitados non teñan ningún tipo de preocupación, Anpian trasládaos á cerimonia e ao restaurante en autocares de luxo equipados cos últimos avances en seguridade e confort, con posibilidade de facer varios regresos para que os invitados gocen até a hora que queiran. E para trasladar aos noivos á cerimonia, os coches de luxo de Vip Car Anpian, clásicos ou modernos, segundo os seus gustos. Lúas de mel Ademais, as axencias de viaxe do grupo, Viaxes

Piña e Viaxes Auria, ofrecen a oportunidade aos invitados de reservar aos mellores prezos, voos e aloxamento, para que todos os familiares e amigos que queiran acompañar aos noivos no seu gran día, poidan facelo sen problemas. Os profesionais de Viaxes Piña e Viaxes Auria porán a disposición dos noivos as mellores opcións para a esperada lúa de mel, destinos inesquecibles cos mellores prezos do mercado. O trato exclusivo que se ofrece a todos os clientes en Piña e Auria é o principal referente das axencias do grupo. E como cada ano, Viaxes Piña e Viaxes Auria dispoñen de programacións propias de excursións dun día ou de varios días; nas súas oficinas podes recoller os folletos informativos coas datas.

Máis información en Anpián: r/Ervedelo, 58, Ourense Tel. 988 225 288 - www.anpian.com


VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS especial

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

33


34

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

especial VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS

publirreportaje

Viaxes Aldyra presenta sus excursiones para esta temporada Contrata tu luna de miel en esta agencia de viajes de O Couto. Comienza la temporada de excursiones en Viaxes Aldyra, agencia que ha apostado fuerte por este tipo de viajes, una forma diferente de viajar y conocer otros lugares pasándolo bien al mismo tiempo. La primera alternativa de la temporada es conocer Asturias, para ello han programado una excursión de dos días para el 9 y el 10 de abril. En Semana Santa Aldyra anima a conocer la Ruta del Quijote, con cuatro jornadas recorriendo Toledo, Ciudad Real y otros puntos de La Mancha. A Murcia tienen previsto viajar para el puente de las Letras Gallegas (del 14 al 17 de mayo). En esta comunidad los excursionistas descubrirán el encanto de su gastronomía, valles y frutales. Ven a conocerla, ¡te sorprenderá! También en mayo, la agencia propone una escapada de dos días a León y alrededores. Todas las excursiones oscilan entre dos y cinco días e incluyen autocares de lujo, hoteles de 3 estrellas, seguro de viaje y guías oficiales en destino, además de sorteos y un detalle, cortesía de la agencia, para los excursionistas. En próximas fechas viajarán a Francia (con visita a Lo-

Nova colección de festa en tallas grandes na tenda Komodamoda de Ourense Veñen os vestidos longos en tons negros e azul tinta, acompañados de boleros ou chaquetas curtas. Atención a aquelas lectoras que teñan esta primavera ou verán unha voda, un bautizo ou unha primeira comuñón. A tenda Komodamoda de Ourense, especializada en tallas grandes, preséntanos a súa colección de festa na que os vestidos longos, en tons negros e azul tinta ou en tecidos bordados, son o rei e veñen acompañados por boleros e chaquetas curtas.

Viaxes Aldyra está en Vila Real, 3. urdes), Madrid y Toledo, Fátima y Lisboa, la Costa Brava y Barcelona, y Andalucía. Lunas de miel Viaxes Aldyra también ofrece propuestas más clásicas como paquetes vacacionales, vuelos o escapadas de fin de semana, así como viajes de luna de miel. También organizan excursiones a medida para asociaciones y empresas, y cruceros para viajar en grupo para aquellas personas que no deseen viajar solos. En todo caso, sólo por acudir a informarte, Viaxes Aldyra te agasajará con un pequeño obsequio.

Más información: Viaxes Aldyra r/Vila Real, nº3 - Ourense Tel.988 24 61 99 Horario: de lunes a viernes de 9:30 a 13:30 y de 16:30 a 21 h.

4 Excursiones - 9 y 10 de abril : Asturias (Cudillero, Covadonga, Cangas de Onís) 2 días / 1 noche: 100 euros /persona

- 21 a 24 de abril - Semana Santa: La Ruta del Quijote (Toledo, Ciu-

dad Real, Almagro, Puerto Lapice, El Toboso, Ávila) 4 días / 3 noches: 280 euros /persona

- 14 a 17 de mayo: Murcia, ¡qué hermosa eres! (Murcia, Archena, Caravaca, Valle de Ricote) 4 días / 3 noches: consultar precio

- 28 y 29 de mayo: León (León, Astorga, Castrillo de los Polvazares, Cuevas de Valporquero) 2 días / 1 noche: 110 euros / persona Los precios incluyen autocares de lujo, hoteles 3* en pensión completa y guías oficiales en destino

Moda de tempada En xeral, Komodamoda ofrécenos moda para todas e a prezos asequibles, respondendo á premisa de non ter que pagar máis só polo feito de usar unha talla grande. Con prendas de deseño actual ata a talla 70 (da 48 á 60 en medias), a oferta deste establecemento interesará a todo tipo de mulleres. Esta tempada primavera-verán vén marcada pola presenza de prendas como os blusóns, teas como a gasilla, os estampados a cadros, a combinación vestido máis leggins e as cores pastel. En moda vaquera, encontrará desde cazadora a chaleco ou vestido e en pantalóns preto de 20 modelos diferentes en cada talla desde a 44 ata a 70. Ademais, por segundo ano incorpora moda baño desde a talla 54, e acaba de incorporar ás súas estanterías unha liña de camisetas de algodón 100%.

Dous deseños da colección festa de Komodamoda.

A tenda está no barrio ourensán de San Francisco. Komodamoda dispón tamén de complementos como bolsos, collares e cin-

tos de ata 1,60 metros, que poden adaptarse ás medidas de cada clienta.

Máis información en Komodamoda: r/Cabeza de Manzaneda, 2, Ourense Tel. 988 25 43 59 - Abrimos de luns a venres de 10 a 13:15 e de 16.30 a 20:30 h. - Sábados de 10 a 13:30 h.


VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS especial

Ideas para organizar a túa voda sen agobios Desde que se fixa o enlace ata o gran día hai un bo número de elementos dos que estar pendentes Organizar unha voda é menos complexo do que pode parecer en principio. A continuación vos resumimos as tarefas máis habituais e cando debemos realizalas. Antes de nada, hai que fixar a data, cun ano de antelación, ou mesmo máis. Esta dependerá da dispoñibilidade da institución onde vos vaiades a casar. Doce meses antes é o momento de anunciar o voso compromiso á familia e ás amistades máis íntimas, e tamén para definir o estilo de voda que vos gustaría, así como realizar un orzamento inicial propio e das axudas coas que poidades contar, e comezar a confeccionar a posible lista de invitados. Entre doce e seis meses antes. É o momento de pechar cun depósito o lugar de celebración, confeccionar o menú do banquete, comezar a mirar os aneis, comunicar á vosa empresa a data de voda e fixar os días de que dispondes, comezar a mirar axencias de viaxes e os posibles destinos de lúa de mel, e ir pechando a lista de invitados inicial. A noiva debe pensar xa no seu vestido. Elixir aos padriños, as testemuñas e o cortexo de

Existen moitos portais web que recollen información e datos de empresas moi útiles para os noivos. arras, se houbera; buscar e encargalas, enviar as establecementos para a lista invitacións, facer a proba de vodas; buscar floristas, de peiteado e maquillaxe, e pedir orzamentos de fo- adquirir os complementografía e vídeo, son outras tos do noivo e os zapatos das xestións que se poden ir da noiva, para a proba do realizando. vestido. Pódense mirar os Catro meses antes. É mo- pequenos obsequios para mento de tomar a decisión convidados e reservar a do réxime legal baixo o cal viaxe de noivos. queredes abordar a unión e Un mes antes faremos preparar os papeis necesa- as últimas probas dos vesrios para a cerimonia, sexa tidos da noiva e noivo, recivil ou relixiosa. Tamén servaremos hora na perruhai que decidir o vestido, quería, e confirmaremos facendo a reserva en firme; os servizos contratados e comezar a procura dos com- os invitados. plementos, e determinar o Sete días antes deciditipo de traxe do noivo. remos a distribución dos Tres meses antes realiza- invitados no restaurante, remos as probas do vestido, faremos as últimas probas elixiremos as invitacións, do vestiario e encargaree decidiremos o destino da mos o ramo de noiva na lúa de mel. floraría. Dous meses antes. PoO día da voda só vos demos escoller as alianzas queda disfrutar...

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

35

Salones Cabú convirte o teu enlace nun momento inesquecible As súas instalacións están feitas á medida do cliente máis esixente En Salones Cabú convirten en inesquecibles os momentos especiais da nosa vida: vodas, comuñóns, bautizos, aniversarios, etc. O establecemento, especializado en banquetes, dispón dos servizos necesarios para que os seus clientes se sintan a gusto á hora de celebrar eses días tan especiais, así como dunhas instalacións feitas a medida do cliente máis esixente; dun persoal cualificado que presta unha atención exquisita, e duns menús nos que se coida ao máximo a calidade dos produtos ofrecidos e da súa elaboración. Salones Cabú sitúase en Vilarnaz, nun lugar apacible e con encanto, rodeado de zonas axardinadas e un lago artificial. Dispón dun amplo aparcadoiro propio, locais climatizados, unha capela, terrazas ao aire libre e cubertas, parque infantil para os máis pequenos, discoteca... Unhas instalacións con todos os detalles extremadamente coidados, climatizadas e totalmente adaptadas e accesibles, conforman Salones Cabú.

Un dos comedores de Salones Cabú.

Exterior do establecemento, con zonas axardinadas e a capela ao fondo.

Se te casas en venres 5% de dto. En Salones Cabú todos os detalles están extremadamente coidados para que os clientes se sintan á gusto á hora de celebrar eses días tan especiais

Máis información: Salones Cabú Ctra. de Santiago, km.8, Vilarnaz, Coles - Tel. 657 983 100 www.salonescabu.com


36

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

PUBLICIDADE


SAÚDE

37

4PAIS E FILLOS

4VETERINARIA

Ten o meu can realmente cataratas? (I) A catarata, referíndonos a unha patoloxía do cristalino, é a afección lenticular máis frecuente nos nosos animais de compañía, principalmente no can. Moitos pacientes que padecen algún déficit visual, e incluso cegueira, presentan algún grao de opacidade cristalina. Hoxe en día o tratamento de elección é a cirurxía. Sen embargo, é moi importante facer un bo diagnóstico diferencial. Outras alteracións do cristalino poden confundirse en ocasións coa catarata. Este é o caso da dexeneración senil, tamén denominada esclerose nuclear. Neste artigo trataremos de explicar as diferencias e que tratamento aplicar en cada caso. O cristalino é unha lente biconvexa, transparente e avascular que se atopa detrás da pupila e que ten como función focalizar os raios luminosos para formar imaxes nítidas sobre a retina. Constitue o segundo

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

medio de refracción, despois da córnea, e ten un papel primordial na filtración da luz ultravioleta do sol. Calquera cambio na transparencia ou posición do cristalino pode afectar ao fenómeno da acomodación e polo tanto á visión. A catarata é unha opacidad ou pérdida de transparencia, non fisiolóxica, do cristalino, xeralmente de aspecto blanquecino. Pode afectar ao cristalino de forma local (formando puntos, líneas, raios ou rosetas) ou de forma xeralizada a todo o cristalino. A súa aparición pode ser unilateral ou bilateral, sendo máis frecuente no can que no gato. As cataratas poden ser hereditarias (acostuman ser de presentación bilateral). Estas poden aparecer desde o momento do nacemento (conxénitas), ao longo da vida do animal ou durante os 2-3 primeiros anos de vida (xuvenís).Outras son traumáticas despois

de traumatismos directos sobre o globo ocular, incluso cando hai daño da cápsula do cristalino por arañazos de gato, cristais, astillas, etc. Moitas cataratas están relacionadas con trastornos metabólicos, a máis coñecida de este tipo é a catarata en pacientes diabéticos. O primeiro signo clínico que suxire a presencia dunha catarata é notar a pupila do noso animal de cor blanca en vez da cor negra habitual. Ante a sospeita da aparición dunha catarata debemos someter o paciente a unha exploración oftalmolóxica detallada para localizar a catarata, buscar a posible etioloxía e estudir o resto de estructuras intraoculares. A cirurxía é actualmente o tratamento de elección. [continúa o próximo número] Lorena Pérez Fernández, veterinaria do Hospital Veterinario Abros

4O DENTISTA EN CASA

Quen lle fixa os prezos ao dentista...? Existe a crenza de que ir ao dentista resulta sumamente caro, pero iso é sinxelamente falso xa que as clínicas dentais funcionan como empresas e están suxeitas ás seguintes variables á hora de fixar os seus prezos: - Os custos, que sería o límite baixo do prezo (nunca se pode cobrar por baixo do custo). - A demanda, que marcaría o límite alto do prezo (sempre que haxa un número importante de clien-

4GUÍA DE SAÚDE

tes que estea conforme co servizo que lle dan e o prezo que pagan, marcarán o nivel óptimo da tarifa). - A competencia, que é unha das variables reguladoras do prezo (sempre que o servizo, a atención e os materiais sexan os mesmos, o prezo debería ser similar, dito doutro xeito, cando hai unha diferenza importante de prezos entre dous prestadores de servizos significa que o que cobra menos da menos, así de sinxelo). Con isto, quero dicirlles

aos clientes que non están a pagar prezos abusivos senón que son prezos xustos. Aqueles que queren mellores prestacións pagarán un pouco máis e os que se conforman con menos pagarán menos. Clínica Dental Sto. Domingo

Os custos, a demanda e a competencia inflúen nos prezos do dentista

A arte de coñecerse a un mesmo Unha das ensinanzas principais que lles debemos de proporcionar aos nosos fillos é o do autocoñecemento e a autorregulación do seu comportamento. Coñecerse a un mesmo é de suma importancia para conseguir o éxito na vida. Os nenos que teñen un claro autocoñecemento obteñen mellores puntuacións en autoconcepto familiar, social, persoal, físico, académico e na súa capacidade de autocontrol.

Un exercicio sinxelo que podemos desenvolver nas nosas casas é o seguinte: necesitamos un folio que dividiremos en dúas columnas, nunha o noso fillo escribirá cáles considera el que son as súas virtudes e na outra columna escribirá o que lle gustaría mellorar. Unha vez rematado o exercicio lerao en alto e entre todos realizaremos propostas de mellora das súas debilidades. Este é un exemplo das moitas actividades que podemos desenvolver nes-

te sentido, adaptándonos sempre á idade de nosos pequenos. Para finalizar unhas reflexións que tamén podemos debater entre todos: “Búscate en min, búscame en tí”. Santa Teresa de Jesús. “Coñécete, acéptate, supérate”. Santo Agustín. “Cando o home non se atopa a si mesmo, non atopa nada” Goethe.

4Exercicios para os maiores

4CIG-SAÚDE reclama solucións

4Piden unha solución para Toén

A Concellería de Participación Cidadá vén de por en marcha, dentro do seu programa “Móvete pola saúde”, unha serie de exercicios físicos de equilibrio e coordinación para os máis maiores, co fin de mellorar a súa mobilidade e previr as caídas, ó tempo que fomentan o bo uso dos parques de xogos biosaudables instalados na cidade. O programa “Móvete pola saúde” consta de tres partes diferenciadas: avaliacións periódicas para coñecer o historial médico dos participantes; charlas sobre hábitos saudables; e tres programas de actividade física (musculación, aquagym e ximnasia). En particular, estes exercicios para maiores, aos que poden apuntarse todos os interesados na propia concelleiría, son impartidos luns e mércores pola mañá.

A CIG-SAÚDE insta á xerencia do Complexo Hospitalario de Ourense a que tome medidas en relación ás carencias asistencias que decenas de pacientes están a padecer no centro ourensán nas últimas semanas. A insuficiencia de camas nas que instalar aos doentes está a ocasionar que moitos deles teñan que agardar máis de 48 horas antes ser ingresados, ao que se suma que nas pasadas semanas unha porcentaxe importante de pacientes foron trasladados a centros concertados sen que os seus familiares fosen informados nin desen o seu consentemento. Un feito que, segundo CIGSAÚDE, roza a ilegalidade. A organización propón o incremento de recursos humáns e infraestructuras no CHOU como a única solución viable para esta grave problemática.

Diana Salgado, psicóloga, tlf. 650 131 742

EN BREVE

O BNG rexistrou dúas proposicións non de lei no Parlamento galego con obxecto de instar á Xunta “a dar continuidade aos paralizados Plans de Reforma e Ampliación do CHOU coas dotacións orzamentarias precisas para a construción dun novo edificio de Rehabilitación psiquiátrica que resolva a desastrosa situación de Toén así como poñer en funcionamento todas as camas de hospitalización dispoñíbeis para abordar a crítica situación provocada polas listas de espera na Área sanitaria de Ourense”. Segundo o BNG, a decisión de converter Piñor en substituto de Toén sen alternativa adecuada de espazos para a medicina interna “é un novo chanzo máis na política de recorte de servizos” co conseguinte deterioro da atención sanitaria da cidadanía de Ourense.

[Se quere anunciarse nesta sección chame ao teléfono 988 239 634]


38

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

4AXENDA 4 Exposicións

- Dende o 11 de abril ao 8 de maio – “Percorrido no tempo pola pintura de M.F. Sucasas” –Auditorio Municipal. - Do 13 ao 30 de abril – “Mostra de pintura Grupo Cero” – Auditorio Municipal. - Colección Zanchi. Grandes mestres - Centro NovacaixagaliciA - Ata o 10 de abril - Pinturas de Luis Pachón e esculturas de Arturo Andrade - Edificio Simeón

4 Música

-1 de abril – Concerto de Tontxu – 21 horas – Café Cultural Auriense. - 2 de abril – Concerto de Fracasados de Antemano – 21.30 horas – Café Cultural Auriense. - 2 de abril - Los Pecos - 22 h. - Xesteira - 9 de abril – Ópera “La Traviata” de Giuseppe Verdi – 20.30 horas – Teatro Principal. 4 Teatro - Do 1 ao 15 de abril - Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU) – Auditorio municipal/Teatro Principal. - Do 6 ao 8 de abril – Representación de “O Forno de Flordelís” por Elefante Elegante – Auditorio Municipal. - 7 de abril – “Ai Carmela!” por Teatro de Adro – 20.30 horas – Teatro Principal. - 9 de abril – Elefante Elegante Teatro presenta “In”- 20.30 horas – Auditorio Municipal. - 29 de abril – Representación de “Todos eran mis hijos” de Artur Miller – 20.30 horas – Auditorio Municipal. - 30 de abril – Recital de poemas a cargo de Juanjo Seoane – 20.30 horas – Teatro Principal. 4 Outros - 25 e 26 de abril - VINIS TERRAE. Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade – Expourense. - 17 de abril – Gala de entrega de premios Mestre Mateo – 21 horas – Auditorio Municipal. www.mundourense.com

OCIO E CULTURA

4HISTORIA DE PONTE CANEDO

Ponte Canedo opina. Ten que Galicia mendigar para que veña o AVE. A superficie da estación Empalme é para que nela se fagan melloras, trocos, reformas, instálanse novas formas para que os cidadáns podan usar o tren con mellores condicións e comodidades, tanto á hora de emprender unha viaxe como ao regreso de volta a casa. A superficie da estación Empalme foi expropiada recén rematada a Guerra Civil aos habitantes de Ponte Canedo, aos nosos antergos, ao prezo que o Estado decidiu, sen posibilidades de poder discutir, nin dialogar dita cantidade, e quen protestou e non admitiu dita cantidade o único que acadou foi que as obras seguisen e a súa propiedade fose enterrada, casa e vivenda incluida. De todas estas expropiacións feitas para un ben de interese xeral de España e os seus habitantes entre os que me inclúo, fórmase unha peza única. A estación Empalme coas suas vías, edificios, talleres... considero que esta peza única é unha propiedade do Estado para cumprir o cometido para o que foi expropiado. Por tanto o patrimonio do Estado para o pobo. Agora preséntase un tren novo na nosa comunidade, o AVE, necesitando usar este patrimonio que reseñei, ata aquí todo correcto. Que veña o AVE todo o pobo esta dacordo, pero que veña a Galicia, como a todalas comunidades de España, cos presupostos

do Estado, sen trampas e sen que Ourense teña que pagar parte das obras regalando non sei a quen parte da superficie da peza única da estación Empalme. Sei que por moito que explique, eu pouco podo facer, pero se calo fágome dano a min mesmo e ao pobo que me viu nacer. Cando era neno, nacín en 1934, a peza única da estación Empalme era un pobo tranquilo, Quintián, coas súas fincas, viñedos, gando, xentes, tiñamos poucas comodidades pero había felicidade, sen reloxos sabíamos a hora, polo canto do galo, ao amencer, a continuación as campás da igrexa e seguindo a serea da fundición do Malingre e así sucesivamente. Con isto do AVE as autoridades, Fomento, Adif e un número considerable de persoas e organismos traense unha sen razón que dan, sinceramente, pena. O Concello e Fomento cando expuxeron ao público a variación do AVE, dende Taboadela a estación Empalme, aconsellaron a todos os organismos e cidadáns en xeral que se fixeran alegacións dirixidas ao Ministerio para que plasmaran as súas opinións. Fixéronse a comezos de novembro de 2009 e están sen contestar. En Fomento supoño que hai xente suficiente para contestar estas alegacións. Un Ministerio, sexa o que sexa, non debe nin pode ignorar os escritos do pobo. O Concello e Adif intentan, segundo datos publicados na prensa local, o facer

4HUMOR

4FELICITACIÓNS

Yaiza. Cumpleanos 16 de marzo. Yaiza, a túa familia deséxache que pases un bo día de cumpleanos.

desaparecer a explanada e o edifico principal da estación Empalme, símbolo do pobo de Ponte Canedo e, ao mesmo tempo, reducir considerablemente a superficie da estación Empalme. Referente á explanada e o edifico principal da estación Empalme, a súa desaparición caprichosa pode provocar un incidente entre as dúas márxenes do Miño. Referente a suprimir superficie na estación Empalme para construir vivendas nun momento no que sobran vivendas na nosa cidade e se a estación Empalme mellorada cun aumento de circulación moi considerable coa chegada do AVE sería provocar un colapso circulatorio en Ponte Canedo. Ao meu entender, co AVE, están comezando a casa polo tellado e os cimentos, Lubián-Taboadela, que é o que leva máis tempo e onde están as cantidades máis importantes, estas están aínda no aire e por non axilizalas xa lles da pena a outras comunidades. Primeiro eses 6.000 millóns que se adxudiquen definitivamente e as obras en marcha, non vaia ser que haxa excusas e o AVE se retrase varios anos máis. Non son eu quen para dar consellos as xentes de grandes estudos e carreiras, as cales na miña época estaban vedadas aos nenos da miña xeración, pero ás veces o sentido común que nace coas persoas, tanto se nacen cun pan debaixo do brazo come se ten que estirar o brazo para coller o pan, o sentido común non é

[Envíanos a túa felicitación coa foto (non fotocopia), o nome e apelidos, o día e o mes, o motivo da felicitación (cumpleanos, voda, santo, etc.) e o texto que desexes publicar a: Ourense por Barrios, r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense ou a info@ourenseporbarrios. com. Indícanos un teléfoManuel. no de contacto] Cumpleanos 05.03 Manolito, Manolito! Chegaches aos 50! Isto é unha mostra do que che imos a organizar. Que cumplas moitos máis e nós os celebremos contigo. A túa familia, que te quere.

exclusividade de ninguén, é universal. O AVE soterrado ou non soterrado Este tema merece ser estudado por todos os partidos políticos, sen precipitacións, pois queda moito tempo para que dende Lubián estea ás portas da estación Empalme. Planificar a estación de autobuses e non confundir ao pobo diciendo uns unha cousa hoxe e mañá outra e viceversa. Dende a antigüedade ata fai poucos decenios os gobernantes acostuman ter asesores con certa idade e un gran mundo de vivencias e sen afán de protagonismo, hoxe en día os gobernantes rodéanse de amigos de infancia, xuventude, familiares sen vivencias, sen serenidade e con gran sentido de adulación, aos cales os gobernantes manexan ao seu antollo. Nos anos que estamos vivindo cun problema enerxético sen freo, Ourense ten unha ocasión de ouro para o seu depegue económico. Os trens actuais máis o futuro, o AVE, pode ser o revulsivo para realzar o turismo na nosa cidade e provincia. A xente cada vez

viaxa máis pero quere un bo servizo e comodidades. Na superficie da estación Empalme hai espazo para facer algo que noutras cidades non poden. Os viaxeiros, turistas, xentes en vacacións coas súas familias poden vir en tren e os seus vehículos no mesmo tren, sen consumir combustible, sen estrés e o máis primordial, vivos e descansados. Sendo Ourense o centro neurálxico ferroviario de Galicia dende aquí os viaxeiros, turistas e familiares en vacacións poden ver primeiro a nosa cidade e se deciden marchar a destinos de praias, casas rurais…. teñen todo a menos de 100 km pero para iso hai que programar a estación para que o éxito sexa real e competitivo. Esto sería a forma de aforrar combustible e vidas humanas, o de 120 a 110 é pouco real para aforrar enerxía. Para fomentar o turismo hai que procurar e dinamizar ideas e comodidades, seguridade e facer unha nova remodelación da estación Empalme, algo que sexa pioneiro en Galicia, en España e en Europa. O tren, o coche e o viaxeiro feliz. Pepe da Guardesa

[Todas as viñetas en http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com]


OCIO E CULTURA

4TRIBUNA ABERTA

O pasado venres 11 de marzo un público entregado abarrotou un Teatro Auditorio Municipal de Ourense que quedou pequeno ante a chegada de dous cómicos de moda no panorama nacional: David Amor e Leo Harlem, co seu show “Pasa a tomar un café... cando queiras? Preferencias a parte, durante as case dúas horas que durou o espectáculo ofreceron ao respectable o prometido. Por parte do humorista galego (que exerceu de brillante mestre de cerimonias) un humor con denominación de orixe, próximo, reivindicativo e con moita “mala uva”. Sinxelo de dixerir para aqueles que gustan da arte do bo rir. Sorprendeu gra-

tamente o atisbar facetas descoñecidas do coñecido artista no seu repertorio. Como moitos sospeitaban ten talento ademais de boa percha. Pola súa banda, ao artista leonés faltoulle saír a ombreiros. Cal Zidane executando marsellesas o xenial humorista tirou do mellor do seu repertorio para esguinzar mandíbulas a un, todo hai que dicilo, predisposto público. Certo é que se botou en falta novo “material” para aqueles que marcan de preto as súas xa míticas intervencións pero aínda así o seu humor trepidante e o seu saber estar estiveron á altura do esperado nun xenio do monólogo como el. En definitiva, unha noite

memorable para aqueles afortunados que conseguiron unha entrada. Esperemos que en próximas ocasións podamos gozar deste tipo de espectáculos en sesión dobre. Sen dúbida volverían colgar o cartel de “non hai billetes”. Luis Ahijado Gómez

39

4EDITORIAL

A ritmo de rock and roll

Adeus inauguracións!, Adeus Ríos!, Adeus Pontes! Ola, bicos a bebés! Benvidas, vellas que collen das bochechas! Empeza o circo da democracia! O todo vale! Abran ben as orellas, que abofé estiveron tupidas durante catro anos, do mesmo modo que pechamos os nosos ollos e hibernamos mentres dura a lexislatura. E lembren, apunten, tomen nota de todo o que se nos promete, como se foran os pregos dun contrato cuatrianual, non perdan fío do que se di, voten tras unha reflexión pero esixan todo o que se prometeu e o que aparece, como mínimo, nos programas electorais. Por certo, no día que se escriben estas liñas, 29 de marzo, as web do PSdG e do PP non falan do programa electoral nin é posible descargalo, polo menos non é sinxelo atopalo (eu non o atopei!). E o BNG fala da presentación do seu programa no Centro Cultural da Deputación (eles prefiren chamalo “edificio Simeón”) pero tampouco atopo o enlace ao documento íntegro. Eu penso tomar nota de todo o que din, se din algo máis que atacar ao contrario, insultar, falar das merdas dos partidos alleos e agochar as propias. Se falan con sentido, claro.

4 Expourense acollerá do 23 ao 25 de xuño o 16º Festival Derrame Rock.

Eleccións

Desde Ourense con humor

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

opinion@ourenseporbarrios.com

R. Torres A Concelleiría de Cultura ven de presentar, no Café Xesteira e da man dos mellores anfitrións posibles (Renegados e Ruxe, Ruxe), o nome de dez bandas máis que acturarán na nosa cidade dentro da 16ª edición do Festival Derrame Rock, que terá lugar en Expourense e arredores os vindeiros 23, 24 e 25 de xuño. Así, xunto aos 32 grupos que xa coñecíamos e entre os que se atopan Los Suaves, Siniestro Total, Molotov, Muchachito Bombo Infierno ou Sociedad Alcohólica, o recinto feiral será escenario tamén dos concertos de M-Clan, Sonotones, Guerrilla, Koma, Os Tres Trebóns, Albertucho, Morodo, La Leñera, Trashtucada e Skama La Rede. Aos que aínda se sumarán outros once conxuntos máis, seis dos cales provirán dun concurso de grupos nove-

les de Ourense, así como as cinco formacións musicais gañadoras das categorías autonómica e estatal. Unha edición que segundo a propia concelleira de Cultura, Isabel Pérez, é todo un “orgullo para a cidade ao acoller actuacións de tal envergadura”. Venda de entradas O organizador do festival, Enrique Granda, adiantou que os interesados en asistir a só algunha das xornadas poden adquirir xa os seus pases diarios e que para os verdadeiros amantes do rock and roll, que seguirán todas e cada unha das actuacións, a directiva ten prevista unha oferta especial: un abono para os tres días a 47 euros ata finais de marzo e a 55 euros xa os meses de abril e maio, que atoparán, xunto con información detallada da cita máis roqueira que acollerá Ourense, na web oficial do evento: festivalderramerock.com.

EN BREVE

4Certames literarios

Convócase o XX Certame Literario de Piñor, con catro categorías diferentes: maiores de idade, participantes de 15 a 17 anos, de 12 a 14 anos, e menores de 11 anos. Os relatos, de temática libre, deberán ser orixinais, inéditos e escritos en galego. A súa extensión non poderá exceder de 10 folios por unha soa cara e con interliñado de duplo espazo. Deberán presentarse antes do 20 de maio á sede da Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia (Barrio de Requeixo, 70. CP 32930. San Lourenzo de Piñor. Ourense), indicando no sobre: “Para o XX Certame Literario de Piñor”. Os gañadores recibirán un premio composto de diploma, diversos agasallos e un lote de libros. Tamén se repartirán 620 euros en cheques.

4 OUFF infantil O Festival de Cine Internacional de Ourense presenta o OUFF infantil, é unha escolla de 16 películas de animación que se exhibirán todos os sábados ata o 28 de maio pola mañá. As películas proxectaranse no Cinebox ás 11:30 horas, e as entradas terán un custe de 2 euros. A escolla das películas fíxose tendo en conta a repercusión do cine galego, por un lado, e polo outro en base á calidade da animación, especialmente a que está feita en Galicia. En abril, as proxeccións serán o día 2 “O Cid, A Lenda”; e o día 9, unha sesión de curtas con “A nena que tiña unha soa orella”, “O Soldadiño de Chumbo”, “A Flor máis grande do Mundo” e “A Revolta dos Mouses”. O cine continúa o 16 de abril con “Pérez 2, o Ratiño dos teus Soños”, e regresa tralo parón de Semana Santa o día 30 con “Pinocho 3000”.


40

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

CLASIFICADOS

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4CARTAS AO DIRECTOR [Envíanos as túas cartas ou foto denuncias por correo electrónico a info@ourenseporbarrios. com, opinion@ourenseporbarrios.com, ou por correo tradicional a r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense. As cartas ao director non deben exceder de 20 liñas e deberán ser remitidas con nome e DNI, firmadas, e cun teléfono de contacto. Letras a la Carta SL. resérvase o dereito de publicación así como o de extractar os textos que estime oportuno]

Menos queixumes e máis cultura

Boas, son un xoven Ourensán que gusta da nosa cultura popular e na medida que lle é posible tenta participar dela. Non quero estenderme en presentacións pois non é eso o que ocupa a miña intención nesta nota. O que veño a contar e algo que me aconteceu o luns día 28 de Febreiro. Pola mañá atopei no meu buzón un exemplar desta publicación (Ourense por barrios). Xa cando vin a portada sorprendeume un pequeno detalle, pero non foi ata horas máis tarde, cando me parei a ler o interior, que saltou en min a alarma. O que me sobresaltou foi unha entrevista publicada na páxina 16 deste xornal mensual. A entrevista realizada ao director da agrupación cultural Queixume dos Pinos. Debe ser certo aquelo que din de que “Cando descende o Sol da cultura, ata os ananos proxectan grandes sombras”. Non podo entender de outro modo que alguén que se aproveita do traballo de outros chegue a ser recoñecido como o é este home. Queixase de que non ten fondos? Pero fondos para que? Non podo deixar de estar de acordo coa afirmación que fai este señor de que “os recortes orzamentarios sempre son maiores na cultura que noutras areas en calquera administración.” Sen embargo, non serian tan notorios os recortes se non existiran persoas que se aproveitan dos cartos destinados a cultura no seu propio beneficio. No caso de Queixume dos Pinos, os alumnos e alumnas que queren recibir unha formación cultural no ámbito da musica e da danza tradicionais, deben pagar unha cuota (da cal descoñezo a cantidade). Cando esta agrupación organiza unha actuación, estes mesmos alumnos te-

ñen que mercar ou alugar o seu propio traxe. Cando Queixume dos Pinos realiza unha viaxe, os integrantes do grupo costean a viaxe dos seus propios petos. Entón, serán estes os inversores privados dos que fala na entrevista e dos que vive o grupo? E ónde van a parar os cartos das subvencións? Dende a miña humilde opinión, gustaríame facer un par de recomendacións ao señor Xosé Antonio Viñas. Por unha banda que non esqueza de onde sae a cultura popular, e por outra, que a cultura é un saber do que non ten un que aproveitarse, a cultura non se vende, flúe espontáneamente. Asómesmo, e xa para finalizar aproveito a ocasión para comentar a toda a xente, que hai en Ourense outras formas de empaparse da cultura tradicional, solo hai que buscalas... Fiz S.R.

O AVE

Fai uns días un político do Congreso dos Diputados criticaba o AVE a ningunha parte; nunha, aínda sen nomealo, alusión ao AVE a Galiza. Logo para xustificarse aludiu a certas opcións co find de quedar ben. Tamén levamos un tempo vendo como, dende o Goberno, coas últimas normas económicas inténtase acabar coa nosa caixa e conseguir que se agrupe baixo o manto doutras entidades nacionais. Ninguén valora o esforzo que desde cada unha delas fixeron para chegar a fusionarse pasiño a pasiño nesta gran caixa da nosa terra. En ambos casos vemos uns indicios de intereses cataláns. Xa que mentres iso pasa os nosos politicos, que nos representan en Madrid e incluso en Europa, perden o tempo pelexándose, deixando de lado os verdadeiros intereses da nosa terra. Irmáns galegos loitemos xuntos para que Galiza

deixe de estar asoballada, para que os nosos politicos se preocupen do noso, estean donde estean. Loitemos polo verde dos nosos campos, polos ríos, polos nosos pobos; nunha soa frase, loitemos polo benestar da nosa Galiza. Espero que esta carta faga reflexionar a quen corresponda para situar a Galicia en igualdade de condicións a outras comunidades. Galicia ten fillos en todo o mundo, que contribúen a que medre a economía alí onde viven.Non permitamos que Galicia siga quedando atrás. Aser García Pereira

Educar con obxectivos concretos

Ultimamnte falase moito de fracaso escolar, xa que o informe Pisa nos está sacando as cores; pero o fracaso escolar empezar por un fracaso educativo dos pais, porque o que nos di a experiencia é que se aprende a educar, actuando, ou sexa, dedicando tempo aos fillos con obxectivos concretos dirixidos á adquisición de hábitos, xa que resolver un problema dun fillo non é educalo, xa que educar é moito máis que resolver dificultades, educar é inculcar virtudes humanas ou valores que configuren unha personalidade. Unha boa educación baséase no amor e na ledicia, que é o modo de que os fillos escoiten e obedezan, e por suposto, é esencial a coherencia, o exemplo dos pais como elemento de autoridade, sempre valorando á persoa na súa complexidade, que non pode desenvolverse senón coa aprendizaxe progresiva dos límites que dan ao mundo as súas formas, e a liberdade individual, a súa base, e para enderezar as aprendizaxes na escola necesitamos urxentemente unha educación que marque os límites. Socorro González Álvarez

[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en info@ourenseporbarrios.com. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

PISOS

Vendo casa pola estrada de Santiago, con finca. Tel: 637 005 910. Vendo piso en Emilia Pardo Bazan. 4 hab con armarios empotrados, salón, 2 baños e cociña equipados. Ascensor, garaxe, trasteiro. Sen intermediarios. Tel. 696 00 43 13. Vendo piso: 2 habitacións, cociña amoblada, 42 m2, zona Covadonga. Tel: 661 953 037 Vendo piso: 3 habitacións, cuarto de baño, garaxe, trasteiro. Av. Portugal, esquina Ervedelo. Tel: 661 953 037. Vendo apartamento amoblado con garaxe zona Couto. tel. 606 56 92 28 e 988 61 27 82. Alúgase apartamento amoblado con garaxe zona Couto. tel. 606 56 92 28 e 988 61 27 82. Vendo apartamento a estrear, zona Peliquin, adaptado a persoas con mobilidade reducida. Consta de 2 dormitorios salón cociña e baño, calefación, ampla terraza,garaxe pechado persiana automatica con mando.Urxe venda, 116.000 euros Ten hipoteca. Tel. 670 003 292, Antonio. Particular aluga 2 apartamentos de 1 e 2 habitacións fronte á praia en Montalvo. En Semana Santa e verán. Tel. 607 27 19 16 Urxe vender piso 2 habitacións en Praia América, a cinco minutos da praia. Negociable. Tel. 636 42 24 97. Vendo piso urbanización Los Rosales, Móstoles, Madrid, 2 hab. trasteiro e garaxe. TEl. 652 469 413. Alúganse apartamentos en Sanxenxo-Montalvo, a 400 m da praia, de 1 e 2 habitacións, axardinados e chalet en Portonovo con xardín e 3 habitacións, a 400 m da praia. Tel. 607 27 19 16 (tardes-noites). Vendo piso en Verín, 3 dormitorios, 2 baños, salón, cociña, terraza, amoblado, con ascensor, céntrico. Tel.637 090 512 Alugo piso en Verín de 2 dormitorios 2 baños salon e cociña amueblado. Tel. 637 090 512. Vendo dúplex en av. Santiago. Tel. 616 98 94 12

MOTOR Vendo Yamaha SR Special 250 ano 93 en perfecto estado, ITV recén pasada, 41.000 km. batería nova, Kit de arrastre novo, cambio aceite, alforxas,etc... Regalo cascos, candado, funda e seguro. 1200 euros. Tel. 680 568 378. Vendo Ford Transit ano 2003, 90 cv, caixa pechada e tarxeta de transporte. Bo estado, con garantía ata outubro. Tel. 627 640 657.

VENDAS

TRABALLO

Mércanse mobles ou electrodomésticos de 2º man e cómpranse obxectos antigos. Tel. 664 893 102. Vendo consola Play Station 2 con xogos, bo estado. Tel. 691 017 095 o 657 853 712. Vendo 2 mesillas de noite de caixóns en branco. Tel: 647 540 133 Vendo olivos centenarios a 250 euros. Tel: 626 073 75. Vendo mobles de perruquería seminovos. 2.500 euros. Tel. 988 255 963. Vendo 2 quentadores de 100l e 50 l. Tel. 988 25 59 63. Vendo botelleiro para bar, apeiros de labranza para decorar, caldeira de calefacción para gas cidade, sofá 3+2 e escritorio. Todo a bo prezo. Tel. 637 00 59 10. Vendo chaquetón bo de pel auténtica a prezo económico. Tel. 671 83 99 84. Vendo mesa de comedor en perfecto estado. Tel. 606 56 92 28 e 988 61 27 82. Vendo máquina de escribir Hispano Olivetti pequena, como nova. Tel 698 174 374. Véndense coellos caseiros. Tel. 988 21 38 14. Véndese preciosa porta para portal de aluminio branco en perfecto estado. Medidas porta:208x83cm, marco:241x108cm. Información en: moncho.g..r.58@ gmail.com Vendo bolsas de cumpleanos para nenos. Varios modelos. Tel. 988 21 38 14 Vendo impresora multifunción Lexmark, un mes de uso, barata. Tel. 663 034 262. Vendo sillón relax practicamente novo, prezo negociable. Tel. 988 01 24 34 (María). Vendo 2 alfombras de pasillo, 1 para salón e outra para sala seminovas en moi bo uso. Ver sen compromiso.Tlf: 988 25 28 02 Véndense cachorros de boxer con pedigree.Tel. 617 375 387. Vendo piano Yamaha en moi bo estado. 4.000 euros. Tel. 657 546 210 ou lgatauro@ yahoo.es Vendo mobiliario de perruquería en bo estado. Tel: 678 578 402 Regalo hamsters rusos, teñen 24 días. Están moi ben coidados e acostumados ao trato cos nenos. Tel. 686 19 29 50 Rogelio. Compro apuntes ou libros da oposición aux administrativo Sergas.Tel. 639 713 600 Vendo por xubilación negocio de lencería e confección con boa clientela e a bo prezo. Tel: 988 220 184 Vendo leña de carballo para cheminea. Tel: 630 521 448.

Fanse traballos de limpeza de casa, pisos, portais, prancha... Tlf 676 928 138 Danse clases particulares.telf 638 604 806 Ofrécese matrimonio serio e responsable para coidado de finca ou casa no campo. Tel. 661 00 98 33 Ofrécese señora responsable para coidado de persoas maiores ou nenos, tamén interna. Tel. 675 51 85 48. Señora de mediana idade coida persoas maiores, con experiencia. Tel. 679 429 257. Realízanse labores de campo, con experiencia, 20 anos en España. Tel. 988 21 65 18 e 620 65 82 20, Clases de matemáticas, todas etapas e niveis. 15 anos de experiencia. A domicilio. Económico. Tel. 610 382 589. Ofrécese rapaza responsable para plancha, limpeza, coidado de nenos ou anciáns, etc. 678 93 62 48. Clases particulares a domicilio. Primaria, ESO-bacharelato: materias ciencias e inglés, tecnicas de estudio, informática básica, probas de acceso. Tlf. 678 700 573, 988 375 081. fidelprofesor@hotmail.com. Pintor autónomo realiza traballos de pintura económicos, limpeza e seriedade. Tel. 663 171 301 e 617 899 080 Búscase monitora de pilates autónoma e con experiencia. Tel. 662 121 848 e 988 60 43 86. Monitor de pádel titulado imparte clases individuais ou a grupos reducidos. Tel. 600 830 168. Fanse traballos de graffitti, todo con espray, bonecos, letras, paisaxes... en interiores, exteriores, persianas, muros, etc. Tel. 664 74 32 73 Reformas en xeral, yeso e morteiro, pintura, etc. Tel. 697 439 066. Límpanse fincas. Tel: 630 521 448. Coidanse persoas maiores en hospitais e domicilio, con titulación sociosanitaria a persoas dependentes e Alzheimer. Telf 676 928 138 Fanse traballos de limpeza, casas, portais... Telf 638 604 806 Fanse traballos de ganchillo, tlf 676 928 045. Ofrécese señora para coidar persoas maiores polas noites. Tel. 696 603 114. Clases personalizadas de matemáticas, todas etapas e niveis, 15 anos de experiencia. A domicilio. Económico.Tel. 610 382 589, arvaca1@gmail. com Ofrécese rapaza con título de corte e confección e deseño para realizar arranxos en roupa. Tel. 617 430 580


SERVIZOS

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

41

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 151-2002 / OU 125-2003 / OU 164-2004/ OU 155-2007. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Fax: 988 239 634. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Pepe da Guardesa, V. Barreiros, J.E. Bóveda, J.L. Iglesias Vázquez, R. Sertaje, M.Pintos, X. Martiñá, D. Rodríguez, C.V. Abros, A.V.Ou., Círculo Poético Orensano Nº103/93/79/42 - Ano: X - Marzo 2011 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4OFERTAS DE EMPREGO

4TELÉFONOS DE INTERESE

[Chame a Teleemprego Cimo - 902 11 60 39, o teléfono das ofertas de traballo, de luns a venres de 8 a 14 horas. Para máis información sobre estas ou outras ofertas de Ourense e Galicia visite www.cimoemprego.com, o portal galego do emprego. Bolsa de emprego dispoñible 24 horas, gratuíta e con actualizacións diarias ] Oferta Nº 978154 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axente comercial (Sector: Editorial) Encargarase da busca de novos clientes para unha editorial, así como da tramitación, recollida e entrega de pedidos dos/as socios/ as do servizo de venda por catálogo de libros e regalos. Valoran ter permiso de conducir B e vehículo propio. Ofrecen contrato mercantil a tempo parcial (entre tres ou catro horas ao día), compatible con outras actividades. Oferta Nº 978142 Localidade: Ourense Posto ofertado: Encofrador/a Para realizar traballos en obra civil, colocación de bloque, encofrado de pranchada, etc. Requírese ter experiencia no posto e dispoñibilidade para desprazarse pola Comunidade Autónoma de Galicia. Imprescindible estar en posesión do certificado de minusvalía. Oferta Nº 978139 Localidade: Ourense Posto ofertado: Profesor/a de inglés e francés Impartirá clases de inglés a nivel de Educación Primaria, ESO, Bacharelato, selectivo, preparación de exames para a Escola Oficial de Idiomas, First Certificate, Cambridge, etc. así como de francés a nivel de Educación Primaria e ESO. Necesaria experiencia como docente, valorándose ser nativo/a ou ter residido en países de fala inglesa ou francesa. Ofrecen traballo a xornada completa en quenda partida de mañá e tarde. Entre 25 e 45 anos. Oferta Nº 978138 Localidade: Gudiña (A) Posto ofertado: Cociñeiro/a Hotel-restaurante necesita incorporar persoal con experiencia acreditada na preparación de pratos á carta e menús. Ofrécese traballo a xornada completa en quenda partido de mediodía e noite, así como posibilidade de aloxamento. Entre 22 e 35 anos. Oferta Nº 978137 Localidade: Ourense Posto ofertado: Auxi-

liar de tenda - Supervisor/a Necesítase persoal con experiencia e formación acreditada en atención ao público, para realizar tarefas de supervisión e control das tarefas de recepción de chamadas de clientes dun establecemento de comida para levar. Necesaria titulación mínima de Bacharelato. Ofrecen traballo a tempo parcial en quenda de tarde-noite, fins de semana e festivos. Entre 22 e 28 anos. Oferta Nº 978136 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axente comercial (Sector: Enerxía) Empresa do sector da enerxía precisa comerciais para visitar empresas e particulares ofertando o cambio de compañía eléctrica. Xornada completa en quenda partida. Ofrecen contrato mercantil. Oferta Nº 978133 Localidade: San Cibrao das Viñas Posto ofertado: Carpinteiro/a de madeira Empresa situada no Polígono de Barreiros selecciona persoal para realizar tarefas de carpintaría, montaxe e fabricación de mobles de madeira. Imprescindible experiencia mínima dun ano no posto, permiso de conducir B e vehículo propio. Ofrecen traballo a xornada completa en quenda partida. De 20 a 50 anos. Oferta Nº 978130 Localidade: Ourense Posto ofertado: Enxeñeiro/a Superior Industrial Realizará tarefas de supervisión, proceso, montaxe e posta en marcha de diferentes proxectos. Imprescindible estudos de Enxeñaría Superior Industrial e experiencia no posto dun ano mínimo. Necesario alto nivel de inglés, dominio de Excel e Access e dispoñibilidade para desprazarse. Ofrécese contratación inicial a través de ETT Oferta Nº 978129 Localidade: Ourense Posto ofertado: Camareiro/a Para encargarse da atención de clientes en barra e mesas, preparación de pinchos e limpeza nunha cafetaría situada na zona da Residencia. Valoran permiso

de conducir e vehículo propio. Imprescindible experiencia previa no posto. Ofrecen traballo a xornada completa intensiva, en quendas rotativas semanais de mañá e tarde. Ata 35 anos. Oferta Nº 978127 Localidade: Ourense Posto ofertado: Camareiro/a Café-bar situado no parque Barbaña selecciona camareiro/a para realizar atención de clientes en barra, mesa e terraza, reposición de mercadoría, elaboración de pinchos e limpeza. Valoran experiencia previa no posto. Ofrecen traballo de luns a sábado, a xornada completa en quenda partida de mañá e tarde. De 20 a 28 anos. Oferta Nº 978126 Localidade: Ourense Posto ofertado: Cociñeiro/a Realizará tarefas de elaboración de menús, limpeza da cociña, etc no comedor de colectividades. Imprescindible experiencia no posto. Ofrécese traballo en quenda partida a xornada completa. Oferta Nº 978125 Localidade: Ourense Posto ofertado: Albanel oficial de 1ª Necesítase persoal con experiencia mínima dun ano, para realizar obras e reformas de vivendas. Imprescindible permiso de conducir B. Ofrécese traballo a xornada completa en quenda partida. Oferta Nº 978123 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axente comercial (Sector: Medioambiente) Encargarase da captación e fidelización de clientes para unha empresa dedicada á elaboración e colocación de colectores para a recollida de residuos. Visitará empresas de construción e de recollida de residuos, así como organismos oficiais. Necesaria dispoñibilidade para desprazarse por toda España. Ofrecen vehículo de empresa e contrato mercantil con fixo máis comisións por venda. Con titulación mínima de formación profesional ou superior.

Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 902 120 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 Cita previa SERGAS 902 077 333 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Mantemento 988 269 380 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083

Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención ao menor 900 202 010 Teléfono Dourado 900 222 223 Telemprego CIMO988 39 15 25 Asoc. Diabética Auria 988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcohólicos Anón. 646 645 119 24h. Alcoh. Anón. 988 269 540 Alcoh.Anón. 24h. 988 22 76 23 Asoc.Crohn-colitis 630 136 447 Down Ourense 988 370 313

4AUTOBUSES URBANOS: www.urbanosdeourense.es

Tarifa ordinaria: 0,78 euros Tarxeta Milenio de transporte: ordinaria: 0,56 euros e estudiante: 0,40 euros Gratis para maior de 65 anos, pensionista,discapacitados: e mozos/as de 16 a 18 anos

4AUTOBUSES VALENZÁ-OURENSE Saídas A Valenzá Saídas As Lagoas Luns a venres 7:00 7:30 7:45 8:00 8:15 8:30 8:45 9:00 9:15 9.35 10:00 10:25 10:55 11:20

11:40 12:05 12:30 12:50 13:05 13:20 13:40 14:10 14:30 15:00 15:30 15:45 16:00 16:20

16:40 17:00 17:30 18:00 18:30 19:00 19:30 19:50 20:05 20:40 21:00 21:25 22:00

8:00 8:40 9:35 10:35 11:30

12:50 13:35 14:40 16:00 17:00

18:00 19:00 20:00 21:00

7:20 7:50 8:10 8:25 8:40 8:55 9:10 9:25* 9:40 10:00 10:30 11:00* 11:20 12:05 12:30

12:45 13:00 13:15 13:30* 13:50 14:10 14:35 15:00 15:30 15:55 16:10 16:30 17:00 17:30 18:00

18:30 19:00 19:30 19:45 20:00* 20:20 20:40 21:05 21:25 21:50 22:15

8:20 9:10 10:05 11:05 11:55* 13:15

14:00 15:20 16:30 17:30 18:30 19:30

20:30 21:25

10:00 11:10 12:25 13:30

16:30 17:30 18:30 19:30

20:30 21:25

Sábados

Domingos e festivos 9:30 10:30 11:45 12:50

13:00 16:00 17:00 18:00

19:00 20:00 21:00

4SUDOKU (medio)


42

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

OCIO E CULTURA

4IMAXES DO MES

A Miteu máis internacional, variada e interdisciplinar

Entroido en San Miguel de Canedo A asociación veciñal de San Miguel de Canedo, celebrou o 5 de marzo o seu Entroido infantil. Houbo concurso de disfraces, bailaron, xogaron e remataron cunha merenda, unha festa amenizada coas cancións de Alexia.

4 Do 1 ao 15 de abril 24 grupos de diversos países visitarán Ourense.

Mural carnavaleiro

Redacción

O alumnado de Educación Infantil do colexio Pade Feijoo realizou un mural de carnaval para decorar o hall de entrada do colexio e facer partícipe desta festa á toda a comunidade educativa. Na imaxe os escolares, de cinco anos, posan Aquí posan orgullosos ante a súa obra plástica.

A cidade de As Burgas sobe de novo o telón durante a primeira quincena de abril para acoller a 16ª edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu), que, segundo o seu director, Fernando Dacosta, conta coa programación máis “internacional, variada e interdisciplinar”, xa que das 24 compañías (oito con base profesional) que actuarán en Ourense nesas datas case unha decena proceden de países como Estados Unidos, Italia ou Portugal. Teatro, circo, música e danza (tanto clásicos como contemporáneos) conviven no programa da Miteu 2011 pero sendo sempre fieis ao seu enfoque poético, aínda que con toques de humor, crítica e reflexión; como se poderá comprobar nas actuacións de Leo Bassi ou Michael Moore, entre outros.

Entroido en San Miguel de Canedo.

Campionato de escaléxtric Deron comezo as competicións do campionato de escaléxtric organizado pola Concellería de Xuventude (na imaxe, a cita no local veciñal de Karlasca) e dirixido a nenos, adolescentes e mozos. A seguinte proba terá lugar en Vistahermosa o 16 de abril, logo competirán en A Cuña e Seixalbo para rematar o torneo en xuño na Praza de San Martiño.

Cartel elaborado polos alumnos do colexio Padre Feijoo.

Ginkana en Amigos de la Barrera

A Fundación de Amigos de la Barrera organizou unha ginkana o pasado día 20, unha cita na que participaron 20 rapaces de entre 4 e 16 anos. Entre os xogos incluidos había tres pistas de escaléxtric, unha parede de escalada, unha partida de fútbol chapas e un karaoke.

Formación vial con Toyota Toyota, RACE e o Concello de Ourense desenvolveron na Alameda durante catro días un programa de formación, FORMA T, dirixido aos máis novos, co obxectivo de fomentar entre os futuros conductores actitudes seguras e responsables ante o tráfico e unha mobilidade sostible. Alumnos de Secundaria puideron probar o simulador de condución virtual ou coñecer os riscos asociados ao consumo do alcohol (na imaxe”.

Estreos e novidades Este certame universi-

tario, que acolle ademais tres estrenos, entre os que se atopa a obra “Bernarda: represión ou liberdade” da Aula de Teatro Universitario Cordelia, está marcado nesta ocasión por grandes ausencias, debido aos falecementos recentes de importantes figuras do ámbito teatral, como foron Suso Díaz, Begoña Muñoz, Marcos Valcárcel, Manuel de Dios, Abelardo Gabriel ou Trebolle, que os seus organizadores tentarán compensar recoñecendo a labor realizada por algúns deles en forma de premio para os participantes. Con este fin, estréase o premio “Suso Díaz” á mellor resolución técnica, á vez que o ata agora galardón denominado “Carlos Couceiro” engadirá ao seu nome a figura de Begoña Muñoz. Localizacións O Teatro Principal, o Auditorio, o Cinebox ou o Campus son algúns dos escenarios desta Miteu que tanto Sarabela Teatro como Fernando Dacosta animán a gozar “a grandes grolos”.

EN BREVE

4 A historia de Ourense en fotos Campionato de escaléxtric nos locais das asociacións de veciños.

Rafael Salgado, artífice do Arquvio Visual Ourensán, vén de presentar o libro “Achegamento á historia da fotografía en Ourense”. A obra fai un percorrido pola historia gráfica da nosa cidade entre 1856 e 1940 a través das instantáneas dos fotógrafos da época.

4“Deus xogando aos dados”

Obradoiro de educación vial organizado por Toyota.

O xornalista Fernando Rodríguez Méndez presentou a súa novela, “Deus xogando aos dados”, coa que conseguíu o Premio Vicente Risco de creación literaria en 2010.

Clérigos, mafiosos e escritores de fama internacional protagonizan a obra.

4 A Xanela Oscura Jorge Emilio Bóveda, colaborador deste periódico, vén de ver publicada a súa obra “A xanela oscura. Tres arquetipos de terror no cinema”, o primeiro libro galego sobre cinema de terror. Trátase dun ensaio que percorre tres tópicos fundamentais do cinema de terror: os vampiros, o sangue e os zombis. Desde unha perspectiva moi amena, o libro permítennos comprender as bases dos tópicos fílmicos dos que tanto gustamos. Está publicada na Colección Alcaián de Urco Editora.


OCIO E CULTURA

Novedades literarias de 2011

4HUMOR

43

4O RINCÓN DO ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

4LITERATURA Este 2011 non será lembrado como o mellor economicamente falando, pero por sorte parece que a creatividade literaria non está en decadencia, xa que son numerosos e bastante brillantes os títulos aparecidos nestes primeiros meses do ano. A primeira novidade que destacamos entre todas estas estreas é o último libro de Eduard Punset, titulado “Excusas para no pensar” (20,50 euros), onde se reflexiona sobre diversos interrogantes vitais para o ser humano. Tal e como vén sendo habitual nas súas publicacións, Punset escribe igual que fala: con claridade e para todos os públicos. Non atoparemos terminoloxía científica nin se asume que debamos ter coñecementos previos de física ou filosofía: soamente temos que deixarnos guiar cara á felicidade. Outro título moi esperado que saltou este ano aos medios é a segunda parte de “Los ojos amarillos de los cocodrilos”, todo un superventas no pasado 2010. En “El vals lento de las tortugas” (21,90 euros) a francesa Katherine Pancol, aplica a mesma fórmula da primeira parte. Con todo non se trata dunha continuación propiamente dita, xa que aínda que non lésemos a primeira parte atoparémonos cunha historia completa e pechada por se mesma. En realidade esta obra é unha triloxía na que

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

imos con algún atraso en España, xa que a terceira parte da saga xa foi publicada en Francia; en España titularase “Las ardillas de Central Park están tristes los lunes”. Temos que destacar tamén á gañadora do Premio Nadal deste ano, Alicia Giménez Bartlett, que coa súa novela “Donde nadie te encuentre” (20 euros) volveu a pór de actualidade os dramas persoais dos maquis españois durante o franquismo. E faino non a través da ficción, senón mediante un personaxe histórico como é Teresa Pla Meseguer, chamada A Pastora. O estilo é novelado, pero tanto os feitos como os datos que ofrece son reais, información que serve de pano de fondo á propia historia, narrándonos en primeira persoa a súa difícil identidade sexual, feminina primeiro, masculina despois. Non podiamos deixar pasar de longo leste breve repaso ao panorama literario actual sen achegarnos á obra “1Q84” (26 euros). Neste caso non se trata exactamente dunha novidade do 2011, xa que hai tempo que o texto estaba dispoñible no estranxeiro; o que nos sorprende é que non se editou antes en español. O certo é que o seu autor, Haruki Murakami, aínda non alcanzou en Europa o renome do que goza no seu Xapón natal, pero sen dúbida será un dos títulos

Festas no 1912

de referenza nos próximos meses. Todo un acerto. No que respecta á produción nacional nestes primeiros meses do ano brilla con luz propia a primeira obra de Eloy Moreno, “El bolígrafo de gel verde” (16,90 euros). A historia deste autor é cando menos anómala xa que inicialmente editou el mesmo a súa novela, paseando os exemplares de libraría en libraría. A base de traballo e non poucos quilómetros a obra vaise coñecendo na zona do Levante, xogando un papel clave a súa difusión a través das redes sociais. Agora chegou a todos nós grazas á editorial Espasa. O traballo destes escritores é loable, pero non o é menos o traballo de escritores xa coñecidos para o gran público como é o caso do turolense Javier Sierra. Este ano publicou “El Angel Perdido” (21,90 euros), adquirindo unha especial relevancia no estranxeiro, un mercado moi esixente que non todos os autores poden conquistar. Despois de sete anos de silencio, Javier Sierra preséntanos un texto que é pura intriga, cun ritmo trepidante que engancha desde a primeira páxina, transportándonos desde Santiago de Compostela ás exóticas paisaxes de Terra Santa, sen un segundo de respiro. Israel Barandela La Librería

[todas as viñetas en http://oemigrantedopazo.blogspot.com/]

A maioria das fotografías antigas as que se lle dá interese, son as que mostran rúas ou edificios xa desaparecidos. No Arquivo Visual Ourensán, pensamos, que é preciso conservar todas as que existen, dado que todas aportan algún dato para a Historia; ao marxe da beleza que se atopa nesas imaxes de tonos sepia, e marcas do inexorable paso do tempo. Arquivo Visual Ourensán fondo Conchita Calvo.

Festas en Ourense en 1912./ARQUIVO VISUAL OURENSÁN Fotografía propiedade de dona Conchita Calvo.

[+ info en www.ourensenotempo.com e Ourensenotempo@hotmail.com]

Fotografo, José Pacheco circa 1912.

4CÍRCULO POÉTICO ORENSANO

Recital En feminino

Por segundo ano consecutivo o recital de marzo de Círculo Poético Orensanono Centro Cívico Colón estivo adicado á muller, co gallo da celebración de dia da muller traballadora. Nesta segunda edición o recital correu a cargo da vocal de Círculo María González, e da poeta madrileña Carmen Salamanca, xerente do grupo de poesia e psicoanalise Grupo Cero. Anteriormente, o 2 de marzo, o poeta mexicano Roberto Reséndiz presentou o seu novo poemario, “El negro temor que maravilla”, no Liceo de Ourense, logo de vários dias visitando escolas da zona e xusto o día anterior a ofrecer un recital poético no salón de actos do Ateneo. E no último fin de semana de marzo tivo lugar o IIº Encontro Poéticco Luso-Galaico, que nesta edición contou con representantes do Grupo Poético de Aveiro.

4RECEITA Ingredientes 2 Kg de mexillóns Fideo groso 400 g Allo Cebola Cenoria Allo porro Guisantes Pemento vermello Perexil Pemento

Fideos con mexillóns Viño branco Tomate Sal Colorante Aceite Elaboración Refógase en aceite o allo, a cenoria, o pemento, a cebola e o allo porro, todo en paisana fina.

Cando estea pochado engádeselle o pemento, viño branco, tomate, colorante e fumet. Ponse a ferver e engádenselle os guisantes, os fideos e por último os mexillóns. Juan Luis Iglesias Vázquez, xefe de cociña Os Caracoles, tel. 988 380 165


44

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

OCIO E CULTURA

4MULLERES ANÓNIMAS

4COUSAS DO CINEMA

8 de marzo, Día da Muller Traballadora

García Fernández, homenaxeado polo Círculo de Escritores Cinematográficos O historiador e investigador ribadaviense Emilio Carlos García Fernández foi homenaxeado durante a gala dos premios do Círculo de Escritores Cinematográficos celebrada no madrileño cine Palafox o día 31 de xaneiro do 2011. No acto de entrega da Medalla á labor Literaria e Periodística salientaron a súa tarefa como docente e os seus traballos de investigación e difusión ao redor da sétima arte. García Fernández naceu en Ribadavia no ano 1953 e desde pequeno tivo unha intensa relación co cinema, xa que o seu pai chegou a rexentar as tres salas coas que contaba esta vila ourensá, entre elas o coñecido Cine España. Na etapa universitaria foi a Madrid co propósito de estudar

Psicoloxía, máis cando descubriu que había unha carreira de Imaxe, que estaba vinculada ao audiovisual, decidiu que iso era o que quería facer. Posteriormente, ocupou o cargo de realizador no informativo territorial de Televisión Española en Galicia e foi o director da curtametraxe documental Laxeiro en Madrid. Actualmente é catedrático de Comunicación Audiovisual e Publicidade na Universidad Complutense de Madrid e ten impartido multitude de cursos, charlas e conferencias. Leva publicados numerosos estudos sobre temas audiovisuais como a Historia ilustrada del Cine Español, El Cine Español entre 1896 y 1939. Historia, industria, filmografía y documentos

ou a moi recente Historia del cine, que coordinou xunto a outros investigadores universitarios e pretende servir de manual para guiar aos alumnos. É especialmente salientábel a súa Historia del Cine en Galicia (1896-1984), unha obra que constitúe unha achega fundamental onde se revisa toda a historia do cinema galego ata eses momentos e constitúe unha imprescindíbel fonte de datos. Valentín Barreiros

Este ribadaviense ten destacado por numerosos traballos de investigación e difusión da sétima arte

4CARTAS DESDE LONDRES

Aos pés de Babel Non sei si algunha vez ouvistes a famosa frase: “Quen che diría a ti fai “x” anos que?” Supoño que si, porque todos, tarde ou cedo, terminamos dándonos de bruzos co que no seu día a nosa imaxinación non imaxinaba. Estaría baixa de forma. Veredes...Esta mañá tomábame un café americano nunha cafetería italiana, na terraza dun parque inglés, cunha amiga alemá. Na mesa de á beira, dous xaponeses visualizaban nas pantallas dos seus inseparables Toshiba a catástrofe que azouta agora mesmo ao seu país, mentres as pombas insolentes atacaban sen piedade un sandwich de pito que uns turistas finlandeses habían deixado a medio terminar sobre a mesa de deseño sueco IKEA. Voaron despavoridas cando o camareiro kosovar saíu dando lapotes ao aire a torto e a dereito.

Todos, tarde ou cedo, rematamos dándonos de bruzos co que noseu día a nosa imaxinación non imaxinaba

Eu comentáballe á miña amiga que a miña xefa serbia se había ir de vacacións a Málaga co seu noivo británico e que a súa compañeira de piso brasileira quedouse ao coidado do seu gato persa. Mentres sorbía o meu café, que sempre se me queda frío, queixábame de que me esperaban 7 días en grao sumo aburrido na oficina, xa que á miña compañeira polaca non hai quen lle saque peza e fala menos que as momias exipcias do museo Británico. Máis tarde chegou outra amiga, a española de Cantabria que se criou en Holanda. A mesma que na final da Copa do Mundo do pasado verán tiña todas as de gañar. Estaba moi emocionada porque reservara a nosa excursión ao Grand Canyon. Iremos a visitar algunha reserva india dous días despois que os Americanos celebren o ía da independencia dos Estados Unidos. Non sei si hai uns anos imaxinoume estar nun cadro como o que termino de describirvos. Probablemente non, aínda que o imaxinario social dos galegos dá

para iso e moito máis. Por algo fomos á lúa e voltamos para escribir cancións sobre a experiencia de ligar coas marcianas. Levamos ao extremo iso de derrubar fronteiras. O certo é que máis que unha mañá corrente no centro de Londres, isto parece unha parada rápida aos pés da torre de Babel. Agora que se converteu no pan o noso dos meus días, xa non me sorprende tanto como adoitaba, pero aínda dáme motivos para plasmalo e facelo obxecto de nostalxia. Si o multiculturalismo fallou, segundo o discurso da burocracia europea, a min, ao Humphrey Bogart, aínda me queda esta illa de ilusión no centro do universo. Esta Utopía feita realidade. Esta cidade de encontros e aprendizaxe constante. Un pequeno café onde o erro aínda non fixo estragos e xáctase, aínda que só sexa a un nivel micro, de gañar a batalla. A guerra contra os reduccionistas cínicos, témola que loitar cada día. Raquel Sertaje

Neste mes celebrouse o Día Internacional da Muller Traballadora, pero para poder celebralo hoxe, moitas mulleres tiveron que loitar e sacrificarse para facerse un oco nun mundo deseñado e creado para e por algúns homes ( que non todos). Antigamente nas nosas aldeas e pobos, as mulleres traballaban case por igual co home sobre todo nas duras tarefas do campo, e cando os homes marchaban a buscar un futuro mellor lonxe das súas casas elas facíanse cargo de todas as tarefas e da crianza dos vástagos. Pero aos poucos, a muller quedou “pechada” nunha casa co único fin de procrear e coidar da casa mentres no home traballaba e gañaba diñeiro para sustentar á familia, así era chamado ?a cabeza de familia?. Até hai poucos anos a muller debía ter permiso do seu pai ou o seu marido para facer determinadas cousas. Moitas mulleres fixeron posible que hoxe, cousas tan normais como o votar ou abrir unha conta no banco, sexan unha realidade. Que nunha univer-

sidade haxa mulleres non é nada raro pero hai anos iso non só era impensable se non que estaba mal visto, mesmo polas propias mulleres do seu tempo. En Galicia tivemos claros exemplos de mulleres loitadoras como Emilia Pardo Bazán (1852-1921) ou Concepción Arenal (1820-1893) por citar algunha, pero houbo moitas outras que no silencio dos seus fogares han ir rompendo muros e tabús, han ir destexendo a tea de araña que as envolvía de maneira feroz e conseguiron que hoxe unha muller poida ser o que queira ser, o que se propoña. Clara Zetkin ( Wiedenau, 1857-Arjanguelskoie, 1933) Dirixente comunista alemá. Próxima ao feminismo, desempeñou, despois da Primeira Guerra Mundial, un papel fundamental no novo Partido Comunista de Alemaña. Colaborou na fundación do Congreso Internacional Socialista de Mulleres, e en 1910, en Copenhague, propuxo que o 8 de marzo fose o Día Internacional da Muller.

Asi que a ela lle debemos que o 8 de Marzo sígase celebrando o Día Internacinal da Muller Traballadora. Está ben iso de ter un día para nós, pero ninguén debe esquecer que moitas mulleres viviron en condicións máis que precarias durante miles de anos e que hoxe temos a sorte de ter os mesmos dereitos que o home e que a nosa voz se pode ouvir sen que ninguén a silencie, e tampouco debemos esquecer que aínda que temos o noso día, somos mulleres traballadoras (remuneradas ou non) os 365 días do ano. Desde o meu punto de vista, non debemos querer ser máis que ninguén nin pasar por encima de ninguén, pero que ninguén queira que sexamos menos ou pasar por encima nosa. Todos temos os nosos deberes e os nosos dereitos, sexamos homes ou mulleres, cumprilos é a nosa obrigación coa sociedade e facer cumprir os dereitos, é unha obriga de todos. Mónica F. Pintos mujeresanonimasourense@ hotmail.com

Moitas mulleres fixeron posible que hoxe cousas tan normais como votar ou abrir unha conta sexa unha realidade.

4AVATARES DUNHA ACTRIZ NOVATA

Os meus mestres Tiña pensado contarvos algo divertido, pero estes días sucedéronme varias cousas que me fixeron pensar moito sobre esta profesión que escollín, e aínda que prefiro usar o meu sentido do humor e ironía, agardo que me perdoedes se hoxe estou un pouco sensible e melancólica, pero feliz, moi feliz. Levo unha tempada de tolos cunha enchenta de cursos e formación con diferentes mestres e mestras e decátome da sorte que teño por poder pasar polas mans de algúns deles e delas. Esta é como outra disciplina calquera, hai moi bos profesores e outros que non o son tanto. O longo destes anos topei con uns e outros, pero penso que tiven e teño

moi boa sorte ca maioría deles. Algúns marcáronme para toda vida, e trazaron un camiño, unha guía base pola que viaxar e niso estou, as veces quero correr pero agora quero saborear todo o que vou aprendendo para poder facelo meu, e medrar como persoa e como actriz. A columna deste mes quero adicala a todos eses e esas profesoras que tiven, que foron importantes para min, e en especial a primeira. Con ela amei e sentín o teatro por primeira vez, ela foi a que nos fixo achegarnos a moitos ó teatro, ademais foi unha grande amiga en momentos moi importantes da miña vida.

Hai xente que atopas no camiño que é inesquecible aínda que os camiños persoais se teñan que separar por diferentes circunstancias. A súa pegada é tan forte e está tan fonda que é parte de min. Levei unha ferida aberta que foi pechando e fíxose cicatriz, eu teño esa sorte, a de estar marcada por ela, algo que sempre levei con orgullo e seguirei levando. En abril fará un ano que se foi, pero nunca marchará de todo, queda moito dela aquí. Alá onde esteas, grazas Begoña Muñoz. Saamira Ganay

Algúns dos meus profesores marcáronme para toda a vida, trazándome unha guía base pola que viaxar co fin de medrar como persoa e como actriz


OCIO E CULTURA

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

45

4TRIBUNA ABERTA

Os Rederevoltas En 1968 os xoves saían as rúas de Paris coa ilusión de cambiar o mundo. A Revolución do 68 quedou na mente da xente coma unha revolta singular, amable; aínda que sin os resultados esperados, creou ilusión. As rúas de París enchéronse, nun mes de maio, de estudantes que que proclamaban a liberdade e que decían, entre outras cousas, que estaba “prohibido prohibir”. Máis de corenta anos despois estamos ante outras revolucións nas que os xoves son protagonistas. Xentes que estaban prisioneiras da súa liberdade e que grazas ás redes sociais levantáronse contra o poder dos autoritarios. Primeiro foi Túnez onde os seus habitantes enviaron para casa ao presidente Ben Alí. De seguido Exipto, dándolle pasaporte a Hosni Mubarak. Non foron alleos

os marroquinos rebelándose contra o poder do Rei, Mohamed VI, obligando a que se empece unha apertura, testimonial, pero algo é algo. Agora aínda nos queda unha pedra no zapato, Libia, cun Gadafi que se resiste e que obriga a que a ONU tome partida levándonos ao máis terrible, a guerra. Pero despois deste resumo da situación, quero falar da importancia da internet nestas revoltas. Podemos decir que a existencia de Facebook ou Tuiter fixo posible que penetrara nas mentes da xente o vento da liberdade e, con estas ferramentas, as ideas voaran por un ceo contaminado de autoritarismo, pobreza e sumisión. Foron estas ferramentas as que utilizaba a xente para informarse, para quedar nas prazas e rúas das cidades e para organizarse e difundir

A través da Internet a xente pode ver o que sucede no mundo e pasar por enriba dos engaños dos gobernantes totalitarios.

os lemas. Grazas a internet a poboación podía ver máis alá da súa veciñanza e concluir que estaban vivindo nunha situación que non era común. Aos dirixentes esta utilización da rede pillounos co pé cambiado, non souperon medir a importancia que a internet ten na didáctica da xente, xa que a través da rede poden ver o que sucede no mundo e pasar por enriba dos enganos dos gobernantes totalitarios que queren unha poboación que non pense e que estea sempre do lado do poder que os afoga. Grazas pois a internet, esa ferramenta que posibilitou a apertura neses territorios. As redes sociais convertíronse na chave mestra que abriu esas portas cara á liberdade que estaban pechadas con chaves que gardaba o dictador de turno. Hoxe podemos dicir que a internet xa cumpliu un dos seus mellores obxetivos. Xavi C. Martiñá

4LITERATÚA

Rápido retorno Estamos naquela Auria que agora se chama Ourense, unha localidade pequena no noroeste da península ibérica, por riba de Portugal, coa nosa cultura e nosas cousas. Unha “ningunópolis” que case non ten entidade de cidade (polas súas dimensións), con problemas locais de dubidosa enxundia e unha conxunción social ás veces chistosa e infantil, ás veces necesaria e marabillosa... que son insignificancias flagrantes se se comparan (malditas comparacións, pero necesarias) co que anda a ocorrer polo mundo adiante; a bóla mandarina marabillosa e terrible, dende a tripla catástrofe de Xapón até a situación calamitosa de Haití a un escaso ano vista, pasando polo

ambiguo que sona a tregua da banda ETA, e pola determinación abraiante que se lle viu á OTAN e ás nacións unidas para atacar por aire Libia co designio de escarmentar ao ditador Gadafi; indicador daquel dato abraiante que dicía que a humanidade case nunca está en paz; pois por H ou por B, sempre andamos ao garrote. E no medio da ignorancia que me prové vivir nunha sociedade supostamente democrática (e menos mal só a suposición) chéirame raro que en outros conflitos intestinos e guerras civís en outros lugares pouco desenvolvidos ao longo das décadas non supuxeran unha intervención militar tan inminente. Inmediatez a de hoxe que fai que se nos

Non haberá un método máis diplomático de solucionar os problemas que as bombas de mil cincocentos quilos?

vaia a cabeza cara o petróleo libio, pero só porque somos uns ignorantes e de seguro que nos faltan fontes, seguro que todo son suposicións nosas metidos nos nosos acubillos. Pero por outra banda ese envío de avións de guerra para foguear Libia soa tan esaxerado e absurdo como pretender erradicar o terrorismo bombardeando Euskadi. E é algo que nos crispa e nos incomoda e nos leva a pensar por vez enésima en dúas cousas (entre outros milleiros): a primeira é se non haberá un método máis diplomático de solucionar os problemas que as bombas de mil cincocentos quilos, e o segundo é que, pese a que sabiamos que a historia tende a repetirse, non imaxinabamos que podía ser cunha periodicidade tan breve. Arrepíos. Jorge Emilio Bóveda www.jorgeemilioboveda.es

Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingúistica.

Política Lingüística impulsa a transmisión familiar do galego Anxo Lorenzo presentou o cartafol “Xeración dos Axóuxeres”, con consellos e recursos para introducir o galego na comunicación entre os pais e os bebés desde o primeiro momento Animar os pais e as nais a introducir o galego na comunicación cos seus fillos desde os primeiros momentos. Ese é o principal obxectivo do cartafol “Xeración dos Axóuxeres”, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística que está pensada para acompañar as mulleres e as súas parellas durante o derradeiro tramo do embarazo. O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou o cartafol, que busca, segundo salientou, “favorecer a incorporación do galego na comunicación familiar”. “Con esta iniciativa –dixo– pretendemos que as novas familias de galegofalantes continúen transmitindo a súa lingua e que as castelanfalantes se animen a cantarlles ou xogar cos seus nenos en galego para que haxa momentos de diversión e comunicación afectiva na lingua propia de Galicia”. Para iso, o cartafol “Xeración dos Axóuxeres” consiste nunha recompilación de materiais divulgativos nos que se ofrecen recursos para a incorporación da lingua galega desde o plano afectivo, con argumentos e recursos prácticos. No disco No

colo da fala, producido por Xabier Díaz e Guille Fernández, ofrécense cancións para que os pais poidan escoitalo cos seus fillos e mesmo aprender as nanas para cantárllelas eles mesmos. Tamén se inclúe unha tarxeta onde anotar os momentos especiais vividos durante o embarazo, un repertorio de recitados e de xogos de iniciación que os pais e nais poden compartir cos pequenos da casa, unha escolma de nomes galegos, un adhesivo para o coche e un babeiro que convida a grandes e pequenos a botarse a falar galego co lema “Comer e falar todo é empezar!”. Distribución do cartafol “Xeración dos Axóuxeres” A Secretaría Xeral distribúe 10.000 exemplares para todas as embarazadas que se atopen no terceiro trimestre de xestación, que poderán solicitar á súa matrona no seu centro de saúde habitual. Ademais, colaboran co programa outras entidades que prestan servizos e atención a mulleres que esperan un bebé. Política Lingüística habilitou o espazo web www. xunta.es/linguagalega_xeracion_axouxeres para que todas as familias con bebés poidan acceder aos materiais que se inclúen no car-

tafol. Ademais, en http:// www.xunta.es/linguagalega/construe_os_axouxeres_connosco, os pais e nais tamén poden compartir experiencias vividas na crianza dos seus fillos: as anécdotas máis divertidas na aprendizaxe da lingua, os nomes cariñosos que empregaban os avós e as avoas para se dirixiren aos netos, as súas preguntas máis curiosas ou os libros en galego que máis lles gustan son as temáticas que vertebran este espazo participativo. Manter a cadea de transmisión lingüística do galego Na súa programación da dinamización lingüística, o departamento que dirixe Anxo Lorenzo establece como un dos seus principais obxectivos o fomento da transmisión e o uso da lingua galega dentro das familias, de acordo co Plan xeral de dinamización da lingua galega. Ademais do cartafol, a Secretaría Xeral ten en marcha o programa Os Axóuxeres, unha iniciativa dirixida a bebés de 0 a 3 anos e ás súas familias coa que busca promover a incorporación da lingua galega á comunicación cos meniños para que, así, os pais e nais continúen contribuíndo a manter a cadea de transmisión familiar da lingua galega.


46

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

PUBLICIDADE


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

47


Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

Equilibrio entre renovación e experiencia nas candidaturas do Partido Popular de Ourense O Partido Popular celebrou na Casa da Cultura de Barbadás a ”I Convención de candidatos ás alcaldías de Ourense”, coa presenza de todos os números 1 dos 92 concellos da provincia e da entidade local menor de Berán. Durante a convención, os candidatos trazaron as estratexias conxuntas para levar a cabo nos vindeiros comicios municipais, e ao remate da convención tiveron lugar os relatorios de conclusións e fíxose unha “foto de familia” con todos os candidatos. Unha renovación histórica e un equilibrio entre a experiencia e un novo modelo de facer política son os dous aspectos que definen as candidaturas que esta formación política presenta ás eleccións municipais de maio. O Partido Popular de Ourense presenta ás municipais de maio 35 novos cabezas de lista (o 38% do total). Ademais, 38 dos candidatos son menores de 45 anos, e 12 dos candidatos son mulleres.

Foto de familia dos 92 candidato do Partido Popular ás alcaldías da provincia.

Lista de candidatos do Partido Popular ás alcaldías da provincia de Ourense Allariz Antonio Rodríguez Miranda Amoeiro José Ángel Sampayo Fernández Arnoia José Camilo Fariñas Viso Avión Antonio Montero Fernández Baltar José Antonio Feijoo Alonso Bande José Antonio Armada Pérez Baños de Molgas Eladio Mangana Nóvoa Barbadás José Manuel Freire Couto Berán (entidade local menor) José María Doval Mateo O Barco de Valdeorras Moisés Blanco Paradelo Beade Senén Pousa Soto Beariz Manuel Prado López Os Blancos Juan Manuel Andrade Vázquez Boborás Cipriano José Caamaño Castro A Bola José Antonio Dapía Afonso O Bolo Manuel Corzo Macías Calvos de Randín José Manuel Manuel Andrade Rguez. Carballeda de Avia Lorenzo González Rodríguez Carballeda de Valdeorras Mª del Carmen Glez. Quintela O Carballiño Argimiro Marnotes Fernández Cartelle Carmen Leyte Coello Castrelo de Miño Alejandro Martínez Sánchez Castrelo do Val Manuel Pérez Araújo Castro Caldelas Manuel Lage Blanco Celanova Antonio Mouriño Villar Cenlle Gabriel Alén Castro Chandrexa de Queixa Francisco Rodríguez Rodríguez Coles Luis Antonio Iglesias Fernández Cortegada Jesús Ángel Seoane Montero Cualedro Luciano Rivero Cuquejo Entrimo Palmira Pinto Ferreira

Esgos Mario Rodríguez González Gomesende Pura Rodríguez Álvarez A Gudiña Guillermo Lago Pérez O Irixo Manuel Penedo Paradela Larouco Joaquín Bautista Prieto Rodríguez Laza José Ramón Barreal Novo Leiro Francisco José Fernández Pérez Lobeira Emilio Higuero Cardoso Lobios María del Carmen Yáñez Salgado Maceda Manuel Blanco González Manzaneda José Hervella Carrera Maside Casimiro Campo Fernández Melón Cristina Francisco Vílchez A Merca Manuel Jorge Velo Reinoso A Mezquita Roberto Diéguez Laranjo Montederramo Antonio Rodríguez Álvarez Monterrei José Luis Sousa Conde Muíños Plácido Álvarez Dobaño Nogueira de Ramuín José César Parente Pérez Oímbra Alfonso Villarino Rodríguez Ourense Rosendo Luís Fernández Fernández Paderne de Allariz José Manuel Fernández Gómez Padrenda Manuel Pérez Pereira Parada de Sil José Avelino Bizarro Carballo Pereiro de Aguiar Eliseo Fernández Gómez A Peroxa Manuel Seoane Rodríguez Petín Manuel de la Fuente Díez Piñor José Luis González Rodríguez Pobra de Trives Isauro Pérez González Pontedeva Juan Carlos González Carbajales Porqueira Susana Vázquez Dorado

Punxín Manuel Vázquez Fernández “Casalta” Quintela de Leirado José Antonio Pérez Cortés Rairiz de Veiga Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio Ramirás Mª Pilar Otilia López García Ribadavia Pilar Rodríguez Martínez Riós Francisco Armando Veiga Romero A Rúa Avelino García Ferradal Rubiá Elías Rodríguez Núñez San Amaro Ernesto Pérez González San Cibrao das Viñas Manuel Pedro Fernández Moreiras San Cristovo de Cea José Luis Valladares Fernández San Xoán de Río Gerardo Rodríguez Domínguez Sandiás María Concepción Méndez Gándara Sarreaus Gumersindo Lamas Alvar Taboadela Manuel Gallego Vila A Teixeira Miguel Antonio Cid Álvarez Toén Amancio Antonio Cid Pérez Trasmiras Emilio José Pazos Ojea A Veiga Edesio Yáñez Gómez Verea Juan Antonio Martínez González Verín Juan Manuel Jiménez Morán Viana do Bolo Andrés Montesinos Rodríguez Vilamarín Amador Vázquez Vázquez Vilamartín de Valdeorras María Jesusa Candal Jarrín Vilar de Barrio Julio Pérez Carballo Vilar de Santos Rocío Belenda Losada Vilardevós Manuel Cardoso Pérez Vilariño de Conso Ventura Sierra Vázquez Xinzo de Limia Antonio Pérez Rodríguez Xunqueira de Ambía José Luis Gavilanes Losada Xunqueira de Espadanedo Ricardo González Lage


Especial

O Nadal Vodas,xa Bautizos e está aquí Comuñóns [páx. 15

[páx.29-35] e páx. 39-42]

TEMA DO MES Páx.2

TEMA DO MES Páx.3

CIDADE

Páx.20

Remiten á Xunta a certificación rexistral do solar xudicial

Anulación do PXOM: A mellora do o Concello solicita or- abastecemento denación provisional custará 24 millóns

BARRIOS

Páx.21

Infraestruturas humanizará a rúa Alejandro Pedrosa

DEPORTES Páx.28 O Ponte Ourense de fútbol sala recorta distancias sen xogar

Entrevista á Ángeles Rodríguez (Fundación Cum Laude): “Xuntos cremos que merece a pena tentar cambiar o mundo” [páx.17]

Inaugúrase o Centro Cívico da Ponte [páx. 4-5]

Fachada traseira do Centro Cívico da Ponte, o día da súa inauguración /RAMSÉS.

Confírmanse 10 novos grupos no cartel do XVI Derrame Rock [páx.39]

Número: 93 - Ano: X - Marzo 2011 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Especial

Vodas,xa O Nadal Bautizos e está aquí Comuñóns [páx. 15 e páx. 39-42]

[páx.29-35]

TEMA DO MESPáx.2

TEMA DO MES Páx.3

BARRIOS

Páx.8

Remiten á Xunta a certificación rexistral do solar xudicial

Anulación do PXOM: o Concello solicita ordenación provisional

Feijoo inaugura a residencia de maiores de Barrocás

CIDADE

Páx.18

DEPORTES

Páx.28

Xa hai proxecto para O líder conseguíu retomar as obras do frear ao Codigalco Arquivo e da Biblioteca Carmelitas

Entrevista á Ángeles Rodríguez (Fundación Cum Laude): “Xuntos cremos que merece a pena tentar cambiar o mundo” [páx.17]

Un horto educativo en Mariñamansa

[páx. 4-5]

Un cidadán observa un dos parterres no novo horto educativo de Mariñamansa /RAMSÉS.

Confírmanse 10 novos grupos no cartel do XVI Derrame Rock [páx.39]

Número: 79 - Ano: X - Marzo 2011 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


[páx.29-35]

TEMA DO MESPáx.2 Remiten á Xunta a certificación rexistral do solar xudicial

TEMA DO MES Páx.3 Anulación do PXOM: o Concello solicita ordenación provisional

CIDADE

Páx.20

A mellora do abastecemento custará 24 millóns

DEPORTES

Especial

Vodas, Bautizos e Comuñóns

Páx.28

O COB, sen marxe de erro trala derrota en Canarias Entrevista á Ángeles Rodríguez (Fundación Cum Laude) [páx.17]

Confírmanse 10 novos grupos no cartel do XVI Derrame Rock [páx.39]

Poda cuestionable no Parque de San Lázaro

[páx. 6]

Aspecto dos plátanos do parque de San Lázaro trala poda, que os ecoloxistas de ADEGA cuestionan. /J.E.

Número: 42 - Ano: X - Marzo 2011 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Marzo 2011 - OUXB