Decembro 2012 - OUXB

Page 11

PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Decembro de 2012

11

O tempo dá a razón ao PP cando alertaba de que a suposta “intención” do goberno municipal de pagar a extra era un brinde ao sol

Cando en setembro deste ano PSOE e BNG aprobaran a moción que instaba a “buscar fórmulas” para este pagamento, os populares xa deixaran claro que todo era fume electoralista antes das autonómicas para enganar os funcionarios municipais e comerciantes locais Véñense de confirmar as certezas que xa manifestara hai tres meses o Grupo Municipal do PPOU con respecto ao pagamento da paga extra de Nadal aos funcionarios do Concello de Ourense. Lembran os populares que xa no pleno do pasado 7 de setembro, cando o BNG defendeu –co apoio do PSOE- unha moción encamiñada a “buscar fórmulas” para pagar ou compensar esta paga extra, o PPOU alertou da imposibilidade manifesta nesta hipotética acción. “Nunca nos opuxemos a que se compensase a perda do poder adquisitivo dos funcionarios municipais –lembra o portavoz municipal dos populares, Rosendo Fernández-, pero

sempre deixamos claro que tiña que ser dentro da legalidade, algo que non cabía dentro do Real Decreto Ley 20/2012, como agora ratificaron os informes xurídicos municipais”. O tempo remata de dar a razón aos populares, toda vez que recordan que aquela moción, meramente electoralista –a apenas un mes da celebración das eleccións autonómicas-, foi un invento do BNG co que tratou de gañarse a sindicatos e funcionarios, aos que chegou a invitar expresamente para que asistisen a aquel pleno de 7 de setembro. “Naquel Bipartito, a ala nacionalista forzou a moción, mentres que a ala do PSOE foi incapaz de dicir a verdade aos funcionarios municipais,

mantendo aquela errónea expectativa, e dilatándoa no tempo, revelándose agora como o fume, o descarado brinde ao sol que sempre foi”, di Rosendo Fernández. E non só foron os funcionarios e traballadores municipais as víctimas deste engano, senón que tamén se viron afectados por esta mentira os comerciantes locais, aos que PSOE e BNG atribuían como beneficiarios da medida de compensación da paga extra da plantilla municipal (cifrada en 1,5 millóns de euros) que nunca chegou. Falta de información en xunta de área Tamén critican os populares que, en xunta de área de Servizos Xerais,

onde se abordan cuestións relacionadas co Persoal, a concelleira responsable non informou aos concelleiros do PPOU asistentes, tendo que enterarse horas despois a través da prensa. Por último, lamentan os populares o engano ao que se viron sometidos os funcionarios e traballadores municipais. Un engano, reiteran, consentido e auspiciado por PSOE e BNG, que dende sempre coñeceron as limitacións legais para executar a súa promesa, algo que obviaron conscientemente en plena campaña electoral co único fin de arañar uns votos a costa de falsas expectativas, tal e como argumentara o PP no pleno onde se debatira a devandita moción.

Rosendo Fernández, no pleno de setembro no que se aprobara a moción sobre a paga extra.

“Nunca nos opuxemos a que se compensase a perda do poder adquisitivo dos funcionarios –lembra Rosendo Fernández-, pero sempre deixamos claro que tiña que ser dentro da legalidade”

O colmo da falta de xestión económica no Concello de Ourense chega cun préstamo a finais de ano para pagar inversións inexistentes O PSOE deu conta, por urxencia e en Xunta de Goberno, da petición dun préstamo de 3,4 millóns de euros, a devolver en 10 anos, para financiar parcialmente as inversións orzamentadas este ano (3,8 millóns) e que non se atopan nin en execución a dúas semanas escasas da fin do exercicio económico A dúas semanas para que remate o presente exercicio económico, o Goberno Municipal ven de dar conta da tramitación dun préstamo por valor de 3.486.312 euros, a devolver en 10 anos, para financiar parcialmente -o 90%- das inversións orzamentadas este ano (3,8 milóns). Así deron conta os membros da Xunta de Goberno Local na sesión do 5 de decembro, polo trámite de urxencia, coa finalidade de que os membros da oposición non tivesen coñecemento deste sorprendente feito ata a recepción da acta da devandita sesión, máis dunha semana despois. E

tampouco se lles informou aos edís populares nas dúas xuntas de área de Economía que houbo dende a data. Sorprende ao Grupo Municipal do Partido Popular a petición, a finais de ano, dun préstamo para financiar a meirande parte da partida de inversións, ata o de agora inexistentes, cando non hai xa tempo material para executalas en tempo e forma, evidenciando así que os orzamentos no Concello de Ourense son, basicamente, papel mollado, que nos últimos cinco anos foron hipermodificados e endexamais presentados dentro do prazo establecido pola lei.

Polo que desconfían os populares que finalmente esta cantidade solicitada sexa destinada as inversions previstas, polo que o PPOU seguirá atento a este asunto. “Volven hipotecar o Concello” Ademais, recalcan os populares, é incomprensible que a finais de setembro, en pleno estoupido da crise do Bipartito Municipal, o Goberno municipal se negase a acollerse á posibilidade de devolver a débeda estatal en 10 anos e non en cinco, como denunciara puntualmente o PPOU, “e agora volven hipotecar

o Concello ata o ano 2023 para devolver 3,48 millóns de euros, a un tipo de xuro variable referenciado ao euribor a 90 días, máis un diferencial de 5,90%”. Por último, os populares lembran que cando entrou a gobernar o Bipartito, en 2007, a xestión do PP deixara 17 millóns de euros de remanente de crédito nas arcas municipais. “Hoxe en día descoñecemos que cantidade existente neste concepto, como tamén descoñecemos o motivo polo que se solicita un crédito nestas circunstancias, se é que aínda hai remanente de crédito”, conclúen.

Os concelleiros populares Mónica Mourelo, Rosendo Fernández, Belén Iglesias e Aurelio Gómez Villar, nunha das últimas roldas de prensa do grupo municipal popular.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.