Issuu on Google+

O equipo de Ourense por Barrios deséxalles aos seus lectores Bo Nadal e Próspero 2013! TEMA DO MES Páx.2

TEMA DO MES Páx.3

O Concello non abonará a paga extra aos funcionarios

A apertura do claustro 53,5 millóns de de San Francisco, euros para a nova pendente da seguridade depuradora de Reza

CIDADE

Páx. 4

OCIO

Páx.14 e 25

Programación de Nadal en Ourense e na Valenzá

DEPORTES

Páx. 30

O CD Ourense perde o segundo partido consecutivo

[páx. 4]

O Sergas recibe a parcela do centro de saúde do Couto O Servizo Galego de Saúde asinou co Concello de Ourense a cesión gratuíta da parcela onde se construirá o centro de saúde do Couto./R.T.

Número: 124 - Ano: XI - Decembro 2012 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




Ourense por BARRIOS Decembro de 2012

TEMA DO MES

O Concello de Ourense non abonará a paga extra de decembro aos seus funcionarios

4 O PSOE xustifica a decisión nos informes dos servizos xurídicos mentres que o BNG denuncia que non hai “vontade política” por parte do Goberno socialista e o PP que a intención de realizar este pagamento era “fume electoralista”. P.L. Ao igual que a maioría dos funcionarios do resto de administracións, os do Concello de Ourense tampouco cobrarán este ano a paga extra de Nadal. O grupo de goberno socialista alegou que os informes xurídicos solicitados “non facultan á corporación para facer efectiva dita paga” para incumplir o acordo plenario aprobado en setembro xunto co BNG para buscar fórmulas que paliaran a perda de poder adquisitivo dos traballadores municipais. A decisión feita pública aos representantes sindicais pola concelleira non electa de Recursos Humanos, Carmen Rodríguez Dacos-

ta, e ratificada despois polo alcalde (“non imos incumplir a legalidade”, afirmou Agustín Fernández), foi acollida de maneira negativa polos grupos da oposición. Tanto o BNG como o PP amosaron a súa crítica, aínda que por motivos diferentes. Falta de vontade política Para os ex socios de goberno nacionalistas, os socialistas non tiñan vontade de cumplir o acordo plenario de setembro que buscaba compensar aos funcionarios pola perda adquisitiva debida á supresión da paga extra de Nadal. “Detectamos que non hai vontade política, que se trasladaron orza-

mentos que o BNG deixou consignados para facer esta paga e nos atopamos nesta situación na que non se pode cumplir co acordo”, valoraba a nova edil Ximena González, quen tomou posesión do seu cargo no pasado pleno ordinario de decembro. Ximena González explicou que despois da saída do BNG do Goberno local, realizaronse transferencias de crédito da partida de “Persoal” por valor de 1.286.000 euros a favor doutras partidas, como por exemplo “Publicidade e propaganda” o que significa que “non só non hai vontade política senón que tampouco hai agora a capacidade económica que o BNG garantiu cando fixo a

As novas edís do BNG, Ximena González e Susana García, tomaron posesión das súas actas de concelleira no pleno ordinario do 7 de decembro./RAMSÉS.

proposta”. Como moito, o Bloque considera que o informe que o grupo de goberno trasladou aos sindicatos deixa a porta aberta a unha compensación pola vía dun complemento de produtividade, pero xa para o vindeiro ano. Dificilmente, polos trámites que hai que cubrir, se pagaría en xaneiro, apuntan os nacionalistas. Nesa idea insiste o Goberno municipal, que indicaba nunha nota aos medios de comunicación que “en todo caso seguirá a dialogar e traballar coas centrais sindicais para estudar posibilidades e fórmulas que permitan facer efectivo o acordo plenario”. “O que está claro é que a paga extra non se vai pagar nin se pode pagar a través dun sucedáneo, sería recurrida e ao mellor habería que devolvela e non imos incumplir a legalidade, seguimos estudando alternativas”, xustificábase o rexedor socialista. Engano e electoralismo E desde o PP consideran que o tempo lles ven dar a razón, recordando que xa durante o debate da moción no pleno de setembro alertaran “da imposibilidade manifesta nesta hipotética acción” de “buscar fórmulas”. O seu voceiro, Rosendo Fernández, subliña que aquela moción “meramente electoralista foi un invento do BNG co que tratou de

Os funcionarios do Concello de Ourense non serán diferentes este Nadal ao resto de empregados públicos españois e quedarán coma eles sen a paga extra./ARQUIVO. gañarse a sindicatos e funcionarios”. E lamenta o “engano” ao que se viron sometidos os traballadores municipais “consentido e auspiciado por PSOE e BNG, que dende sempre coñeceron as limitacións legais para executar a súa promesa”. A este respecto, desde o Bloque precisaron que a súa proposta non era electoralista, porque a presentaran en agosto “cando aínda non estaban convocadas as eleccións”, apuntaba o

concelleiro Xosé Somoza. A súa compañeira Ximena González consideraba que compensar a perda da extra de Nadal aos funcionarios supoña tamén “unha forma política de insumisión ante as medidas de austeridade do goberno central e así o entendemos nos gobernos nos que temos presenza”. Somoza citou o exemplo de Pontevedra, onde os empregados públicos cobraron un complemento de produtividade “cunha cantidade moi semellante á paga extra”.

“Detectamos que non hai vontade política, trasladáronse orzamentos que o BNG deixou consignados para facer esta paga””, valoraba Ximena González


TEMA DO MES

Ourense por BARRIOS Decembro de 2012



A apertura do claustro de San Francisco ao público, pendente da instalación de medidas de seguridade

4 O alcalde adianta que se abrirá ao público tralo Nadal, ao ter que instalarse cámaras de seguridade. Para ver rematado o complexo de arquivo e biblioteca haberá que esperar outros tres anos. Paula Lodeiro Se as previsións se cumplen, e se falamos do complexo de San Francisco non sempre foi así, os ourensáns poderemos admirar de novo o claustro de estilo románico de transición a gótico do antigo Convento de San Francisco á volta das vacacións de Nadal. Para iso será preciso que Ministerio de Cultura e Concello asinen un convenio mediante o cal a institución local asuma a xestión de apertura, vixilancia e mantemento do claustro, e tamén que instale un sistema de cámaras de seguridade para preservar os elementos de gran valor patrimonial deste Ben de Interese Cultural (BIC). Con todo, hai quen xa pudo contemplar parte do que nun tempo foi convento e posteriormente cuartel, e no que moitos ourensáns celebraron a sú voda, como se encargou de recordar o alcalde da cidade, Agustín Fernández. Xunto ao delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, e ao subdelegado en Ourense, Roberto Castro, o rexedor visitou a semana pasada o recinto, tralo remate das obras de acceso e restauración desenvolvidas desde o pasado mes de xuño. Tanto Fernández como Juárez expresaron a súa satisfacción por que o espazo volva ser visible unha década despois. A diferenza do aspecto que presentaba o claustro

4 O que resta

nos últimos anos, agora xa non hai maleza e as palmeiras locen como no seu mellor tempo, as vidrieiras foron recuperadas e as diferentes ventás e portas illadas con paneis do resto do complexo, pendente aínda da súa reforma. Unha nova entrada permite o acceso ao carón do albergue de peregrinos. Un pero, o teito empregado para cubrir o claustro xa presenta goteiras. Próxima licitación, o Arquivo e a Biblioteca A segunda previsión que ten que cumplirse para que o complexo de San Francisco recobre o seu esplendor é a que fixo o propio delegado do Goberno. Samuel Juárez recordou o anuncio do penúltimo Consello de Ministros, que faculta á Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a iniciar en 2013 a licitación da obra do Arquivo Histórico Provincial e a Biblioteca. O presuposto inicial para finalizar os traballos destas dúas inraestrutrude 16.689.022 euros, e un prazo de execución de 32 meses. Samuel Juárez explicou que, co remate do acondicionamento e acceso ao claustro gótico do antigo convento, iníciase unha nova fase marcada pola próxima licitación e execución destes emblemáticos espazos culturais para Ourense e para Galicia. Tamén está previsto que neste mes, engadiu, poida entrar

O arquitecto Xosé Manuel Casabella explica ao delegado do Goberno, ao alcalde de Ourense e ao subdelegado do Goberno en Ourense a actuación realizada no claustro románico de transición ao gótico de San Francisco. /P.LODEIRO. en vigor un convenio entre a Xerencia e o Concello de Ourense polo que se encomenda á Administración local a xestión da apertura ao público, vixiancia e mantemento deste claustro histórico, agora totalmente rehabilitado. Deste xeito, Samuel Juárez quixo destacar que coa finalización das obras de acceso a este edificio BIC (declarado en 1923), o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte consigue recuperar un emblema de Ourense. Agora, engadiu, será accesible e aberto á cidade, e isto é destacable,

xa que a súa imaxe ten unha forte vinculación histórica coas celebracións sociais dos veciños de Ourense e constitúe, á súa vez, un recurso cultural de interese para os visitante. Características da apertura A apertura ao público será, en principio, de carácter indefinido, salvo que unha vez iniciadas as obras se considere necesario, nun momento determinado da súa execución e por motivos de seguridade, limitar o seu acceso ao público. En función da demanda

de visitantes, o Concello fixará un horario de apertura para as visitas do público ao claustro, e organizará un programa de actividades institucionais e culturais así como un plan de visitas de grupos escolares. Por outra banda establecerá mecanismos de vixilancia, e cámaras de seguridade para preservar o patrimonio e asumirá labores de mantemento e limpeza.

A licitación das obras do Arquivo e da Biblioteca prevese para 2013

A intervención neste conxunto monumental componse de actuacións en tres inmobles diferenciados. O primeiro, o edificio histórico, un antigo convento desamortizado, que foi usado como cuartel militar e que alberga un claustro do século XIII, e que conta cunha declaración do conxunto do edificio como BIC. O segundo é o edificio de depósitos do Arquivo, conectado co primeiro mediante unha construción menor. É unha edificación de nova planta, con conservación do muro de fachada posterior que é o único resto do edificio primitivo. Por último, o edificio de Biblioteca, de nova planta, atópase separado dos outros edificios, formando unha praza aberta con eles. O calendario da obra establece que no primeiro trimestre de 2013 se publique a licitación e que antes de que remate o vindeiro ano adxudique e formalice o contrato. A finais de 2013 principiarán as obras que rematarán en 2016. O arquitecto redactor do proxecto de rehabilitación de todo o complexo, Xosé Manuel Casabella, considerou que “é un luxo para unha cidade como Ourense ter concentrado nun punto pequeno todos estas grandes infraestruturas de tipo cultural”, recordando que no mesmo contorno funcionan xa o Auditorio ou a Escola de Música.




Ourense por BARRIOS Decembro de 2012

CIDADE

O Sergas recibe a parcela do centro de saúde do Couto 4 A infraestrutura ten un prazo previsto para a súa construción de 18 meses. Redacción O Servizo Galego de Saúde asinou co Concello de Ourense a cesión gratuíta da parcela onde se construirá o centro de saúde do Couto. A cesión dos terreos, dunha extensión de 3.979 metros cadrados, acádase unha vez foron solventados os problemas administrativos e xudiciais derivados da anulación do PXOM de 2003. O pasado mes de xullo, o Concello resolveu mediante un acordo extraxudicial a titularidade dos terreos, ao pór fin ao procedemento xudicial cun acordo por ambas partes respecto á propiedade. O acordo adoptado dá seguridade xurídica á Xunta de Galicia para a aceptación da cesión dos terreos. O seguinte paso será a presentación do proxecto por parte da Xunta para solicitar a correspondente licencia e concretar os prazos de adxudicación e execución das obras. Próximos prazos O centro de saúde do Couto ten un prazo previsto para a súa construción de 18 meses a partir da adxudicación á empresa correspondente, máis un prazo de

53,5 millóns para a nova depuradora 4 A futura EDAR terá capacidade para tratar augas residuais de máis de 180.000 habitantes. Redacción A apertura das ofertas económicas da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Ourense, é un dos últimos pasos para proceder á adxudicación da infraestrutura, que custará 53,5 millóns de euros. O 70% desta cantidade será achegado por AcuaNorte (organismo que depende do Ministerio de Agricultura, Alimenta-

ción e Medio Ambiente) o 15% pola Xunta de Galicia e o resto polo Concello de Ourense. As obras, que serán adxudicas nos próximos días, completan e modernizan o sistema de depuración actual da cidade de Ourense mediante a prolongación dos colectores existentes e a construción dunha nova EDAR con capacidade para tratar as augas residuais de 180.302 habitantes equiva-

lentes. No acto de apertura de ofertas económicas estiveron presentes o director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; a directora de Acuanorte, Isabel Pérez; e o alcalde de Ourense, Agustín Fernández. O director xeral de Augas de Galicia, Francisco Menéndez manifestou a satisfacción do Goberno galego polo avance na tramitación deste actuación, declarada de interese xeral e na que a Xunta participa no financiamento. A nova infraestrutura ubicarase ao carón da actual, declarada ilegal polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e pendente dunha orde de derribamento.

Solar do futuro centro de saúde do Couto./RAMSÉS. redacción do proxecto de entre 4 e 6 meses. A Xunta investirá 3,6 millóns de euros nesta instalación. A infraestrutura sanitaria contará cunha superficie de máis de 2.700 metros cadrados. Ubicarase nunha parcela que ten unha lixeira pendente leste-oeste, cun desnivel de dous metros existente nos puntos extremos que dan á rúa Velázquez. O acceso ao centro faise dende a parte máis alta da rúa, creando así un andar semisoto que está enterrado parcialmente, e posibilita deste xeito unha maior ilu-

minación e ventilación. O edificio terá forma de U, o que permite dispoñer as diferentes pezas ao redor dun patio e facilita unha boa iluminación e ventilación en todo o conxunto. Tamén contará con zonas para fisioterapia, especialidades, administración, pediatría e medicina xeral.

Será preciso un investimento de 3,6 millóns de euros

O matadoiro municipal está situado en plena zona termal da Chavasqueira./ARQUIVO.

A concurso, a explotación do matadoiro Redacción

A Xunta de Goberno Local acordou non prorrogar o contrato para a explotación do servizo de matadoiro municipal, e, en consecuencia declarar

a suspensión da prórroga por cinco anos prevista. O contrato entre o Concello e Matadero de Ourense S.L, para a explotación do matadoiro data de 1993, por un período de 20 anos, prorrogándose automáticamente por un período de 5 anos, salvo denuncia cunha antelación mínima de 6 meses por calquera das partes.

Neste caso é o Concello o cal, ante o vencemento do contrato o 10 de xuño de 2013 acordou, dacordo cos informes xurídicos e técnicos municipais, máis convinte para o interese público, proceder á extinción do contrato e á renovación da adxudicación do servizo, e abrir un novo procedemento de contratación.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Decembro de 2012






Ourense por BARRIOS Decembro de 2012

especial BALANCE 2012

Remata un ano impactante para Ourense

4 O 2012 veu cargado de novas máis que dispares. A cal déronola os nosos equipos cos seus éxitos deportivos, e a area, os políticos, con polémicas imputacións e antisociais recortes. S.N. O 2012 caracterizouse en Ourense, sen dúbida, polos sobresaltos políticos. A dimisión de José Luis Baltar, os numerosos imputados na Operación Pokemon ou a resolución do caso dos paneis foron do máis destacado. Xa se levaba un tempo agardándoo e, finalmente, o 24 de xaneiro foi a data que o PP de Ourense terá para sempre marcada no seu calendario: José Luis Baltar presentaba a súa dimisión como presidente da Deputación, tras 22 anos no cargo, e deixaba o camiño libre para que o seu propio fillo o relevara. O seu foi o único nome barallado e a

decisión foi unánime, o comité electoral do PP designou como candidato a José Manuel Baltar, que tomou posesión o 10 de febreiro. Pero neste segundo mes do ano Ourense non só estreou presidente da Deputación, tamén conta dende entón con novo Subdelegado do Goberno e novo bispo. O que fora durante os dous últimos anos director xeral de Relacións Institucionais da Xunta, Roberto Castro, foi nomeado o 3 de febreiro subdelegado do Goberno en Ourense, en substitución de Camilo Ocampo. Así mesmo, Monseñor Leonardo Lemos Montanet converteuse o día 11 no novo bispo de Ourense, dous anos despois da

José Luis Baltar despediuse da súa vida política, o 24 de xaneiro, emocionado e agradecido./ARQUIVO

marcha do seu predecesor, Luis Quinteiro. Os meses pasaban e os tradicionais enfrontamentos entre partidos volvían ás páxinas dos xornais, esta vez como consecuencia dos orzamentos municipais para 2012, que non foron aprobados definitivamente ata setembro e só co respaldo dos grupos de goberno (PSOE e BNG). Dende a oposición xustificaban a súa desaprobación por consideralos “dubidosos” e pola tan retrasada aprobación. Operación Pokemon Pero nin os tardíos orzamentos, nin sequera a dimisión do gran José Luis Baltar causaron na cidade tal convulsión como a detención o 20 de setembro do rexedor municipal, Francisco Rodríguez, acusado de delitos de prevaricación e suborno relacionados coa suposta adxudicación irregular de contratos ás empresas do grupo Véndex (que xestiona en Ourense os servizos da ORA, guindastre, e limpeza de instalacións deportivas). Pero a Operación Pokemon, a cal investiga esta suposta trama, levou tamén detido ese mesmo día ao expresidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares; o día 25 ao xefe da Policía Local de Ourense, Abelardo Ulloa; e o 26 ao edil de Deportes, Fernando Varela. Tanto Rodríguez, como Varela e Ulloa finalmente

Trala súa imputación na Operación Pokemon, Francisco Rodríguez dimitiu o 29 de setembro arroupado por unha multitude de seguidores./ARQUIVO quedaron en liberdade con cargos, mentres que Liñares está dende aquela en prisión provisional. Ulloa foi relevado do seu posto; Francisco Rodríguez alongou a agonía unha semana defendendo a súa inocencia, pero ao sábado seguinte -debido ás presións do seu propio partido (que o suspendeu de militancia) e ás do seu socio de goberno (o BNG)- presentou a súa dimisión; e, en cambio, Fernando Varela deixou de ser edil tan pronto saiu en liberdade. Coa decisión de Rodríguez era o momento de elixir novo alcalde. E non houbo sorpresas, con 14 votos a favor (os 11 do PSOE e os 3 do BNG) Agustín Fernández -ata entón edil de Facenda- foi nomeado novo rexedor municipal.

Previamente, Xosé Somoza tomou posesión como edil nacionalista e Alfonso Vilachá como socialista. Pero a Operación Pokemos xa deixara ferido de morte ao goberno bipartito. Logo de cinco e anos e medio de pacto, a partir deste novembro un PSOE en minoría terá que levar o rumbo do goberno municipal. Xunto á desconfianza xurdida no BNG polas detencións, diversas decisións do novo alcalde, os malos resultados dos nacionalistas nas autonómicas de outubro e diversas discrepancias co que foi ata agora o seu socio, fixeron que o BNG decidise non reeditar o pacto cos socialistas. Pero ademais, esta situación fixo que as nacionalistas Isabel Pérez e Marta Arribas abandonaran os seus cargos

CDO, COB e Barbadás lograron en 2012 ascender de categoría como edís, sendo substituídas por Susana García e Ximena González. Eleccións autonómicas Pero 2012 tamén nos deparou unha cita coas urnas. Como se agardaba, Núñez Feijoo decidiu adiantar as eleccións autonómicas para o 21 de outubro (en lugar de esperar a marzo de 2013). Estaban chamados a votar 275.000 ourensáns que tiñan para escoller 18 candidaturas diferentes (que optaban aos 14 escanos da nosa provincia). Finalmente, o PP repetiu o seu éxito,


BALANCE 2012 especial / CIDADE

engadindo un parlamentario máis aos sete que xa tiña, a costa do PSOE, que baixa de 5 a 4. E das dúas actas que tiña o BNG unha vai parar agora para a coalición entre Anova e Esquerda Unida. Fin ao caso dos paneis En outubro de 2008, o PP decidiu levar á Fiscalía a intención do goberno municipal de adxudicar por 40 anos e sen concurso a instalación de catro paneis informativos na cidade. Agora, en outubro de 2012, a Audiencia provincial de Ourense vén de absolver aos seis imputados, entre os que están os ex tenentes de alcalde ourensáns, Alexandre Sánchez Vidal e Andrés García Mata, e o ex director xeral de Turismo, David Cortón, que dimitiran dos seus cargos. Infraestruturas Así mesmo, diversas infraestructuras acapararon portadas ao longo destes meses. En setembro, un ano despois de ser prechado, abriu de novo ao público o polémico parque de Montealegre, creado inicialmente como xardín botánico. E en novembro abriu o Centro de Interpretación das Burgas e o bulevar peonil entre as rúas Baño e da Burga. Pola súa banda, seguen en proceso, entre outros, o Centro de Interpretación de

Parques Naturais (para o que se estima o remate no 2015), a chegada do AVE a Ourense (ao respecto do cal a Ministra de Fomento asegurou en agosto que sería Rajoy o que lle poría data -2018, asegurou este días despois-), as melloras do claustro San Francisco (estímase que despois de Nadal estea aberta ao público a parte remodelada, pero haberá que agardar tres anos para ver a biblioteca e o arquivo), e o Hospital 2050 (proxecto para o cal en outubro foi anunciada a contratación das obras da súa primeira fase). Históricas folgas Co paro acadando máximos históricos, os numerosos recortes que o Goberno Central vén realizando nos últimos tempos están a desatar o descontento da cidadanía, que durante o 2012 non dubidou en saír ás rúas para manifestar o seu malestar. Así, as folgas xerais convocadas en xullo e en novembro mobilizaron a cifras de cidadáns nunca vistas. Na última delas, o 14 de novembro, 20.000 ourensáns percorreron as rúas da capital coreando lemas como “nós non roubamos, só traballamos” e “a

culpa de quen é?, dos que votan ao PP”. Un ano de ascensos Pero se algo nos deixou un bo sabor de boca durante este ano foron os nosos deportistas: Barbadás, Club Deportivo Ourense e Club Ourense Baloncesto lograron o ansiado ascenso de categoría. O Barbadás conseguiu subir, por primeira vez na súa historia, ata a 3ª División logo de gañar a súa liga. Pola súa banda, CDO, despois de pasar catro anos en Terceira, por fin a tempada pasada fixo o seu soño realidade e agora é equipo de 2ª B. E o COB, tras baixar a LEB Prata o ano anterior, conseguiu voltar a LEB Ouro. Dimisións, imputados, folgas, ascensos... Foron 12 meses nos que Ourense foi protagonista e non sempre por boas novas. Agora comezan outros 12 para o que o vaso estea medio cheo, para que as promesas políticas se cumplan, para poder queixarnos en que caso de que así non sexa. Chegan outros 12 meses de noticias, nos que continuaremos levándolles aos seus buzóns a realidade de Ourense, barrio a barrio.

As numerosas detencións en Ourense no marco da Operación Pokemon (entre elas a do alcalde e o xefe da Policía Local) foron do máis salientable

Ourense por BARRIOS Decembro de 2012



Retraso no informe técnico sobre a integración do AVE 4 A solución definitiva fora prometida por Fomento no mes de abril. Redacción O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, considera “moi preocupante” que o informe técnico, anunciado por Fomento para avaliar posibles cambios ou melloras na integración urbana do AVE, acumule xa un ano de retraso sen que o Goberno de ningunha explicación. O Concello sempre respectou a decisión de encargar ese informe que supostamente necesitaba o novo equipo de Fomento para tomar a decisión, malia considerar que era innecesario por canto o proxecto existente resolvía as necesidades da infraestrutura ferroviaria e a integración urbana da alta velocidade na cidade. “Non vemos razón algunha”, di Fernández, “para non dar continuidade a este proxecto, que sigue acumulando retrasos pese a súa trascendencia para Ourense e para o desenvolvemento da Alta Velo-

Sen noticias da integración ferroviaria na estación de Ourense Empalme./ARQUIVO. cidade a Galicia”. O alcalde lembra que o pasado 10 de abril, tras unha reunión de traballo no Ministerio entre o anterior alcalde de Ourense, o conselleiro de Política Territorial e o secretario de Estado de Infraestruturas, este comprometeuse a decidir e anunciar “en poucas semanas” a solución definitiva, “compromiso que, evidentemente non se cumpriu, polo que o pasado 18 de outubro solicitei unha nova reunión coa ministra, polo momento sen resposta”. O rexedor confía que o encargo dun novo estu-

do xeotécnico anunciado por Adif para o tramo Taboadela-Ourense non sexa unha nova excusa para seguir mantendo paralizado o proxecto, e pide que a Xunta se incorpore a este proxecto e ao convenio de xestión entre as tres administracións (central, local e autonómica). “Para min”, di o alcalde, “é urxente sacar adiante este convenio urbanístico para incorporalo ao novo Plan de urbanismo”. “O Concello está a disposición do Goberno e da Xunta para firmar o convenio mañá mesmo”, recalca.




Ourense por BARRIOS Decembro de 2012

CIDADE

EN BREVE

“Sabores do Nadal” no CEIP Luis Acuña da Carballeira

4 Eleccións en Limiar Unha única candidatura opta a presidir a Federación de Asociacións de Veciños de Ourense Limiar. A lista está encabezada polo actual presidente, Manuel Carnero, e confórmana outros seis nomes, todos eles na actual directiva. As eleccións celebraranse o 19 de decembro en horario de 12 a 14 horas e de 18 a 20 horas. Poderán participar os representantes con certificado de todas as asociacións federadas antes da convocatoria.

4 Abre o Parque Infantil de Tráfico Un grupo de 50 escolares de 6º de Primaria do CEIP de Prácticas deu inicio ás actividades de educación viaria que as Concellerías de Educación e Tráfico organizarán durante este curso escolar no circuíto viario instalado no Parque Infantil de Tráfico de Expourense. Ata o mes de xuño, un total de 27 centros escolares e 2.500 alumnos da cidade realizarán actividades teórico-prácticas programadas tanto en horario escolar como extraescolar. Así mesmo, os monitores do Parque Infantil de Tráfico prepararán a alumnos da ESO para que poidan presentarse por libre aos exames teórico-prácticos que esixe a DXT para obter o permiso de ciclomotor.

O CEIP Luis Acuña acolleu a degustación de “Doces de Nadal” dos diferentes países dos alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do centro.

Os alumnos de Educación Primaria de 5º e 6º da asignatura de lingua portuguesa do CEIP Manuel Luis Acuña agasallaron aos seus compañeiros de centro con sobremesas e doces típicos destas festas nos seus respectivos países de orixe. O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e a concelleira de Educación, Ana Garrido, puideron saborear doces típicos da gastronomía rumana, portuguesa, exipcia, venezolana, paraguaia e por suposto galega, elaborados polos escolares coa axuda da súa profesora e os seus proxenitores. Máis de 20 postres elaborados por máis de 30 alumnos e alumnas dan comezo ás actividades de Nadal e poñen un punto doce ao tempo que amosan as diferencias gastronómicas e de tradicións nestas datas entre os diferentes países do noso redor. Os suspiros e galletas de Nadal galegos uníronse aos aletrias e bolos de rei portugueses, aos brigadeiros brasileños, o doce de leite venezolano ou aos cupcakes e brownies americanos, nunha colorida e saborosa degustación.

Neste 2012 esclarecéronse un 7% máis delitos e faltas 4 E realizaronse 49 detencións máis que o ano pasado. Redacción Un aumento do 7% no número de delitos e faltas esclarecidos é un datos máis relevantes do informe feito público na última Xunta de Seguridade Local, que recolle os datos entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro. Neste período tamén se produciroon 49 detencións máis que nos mesmos meses de 2011. Pola banda negativa, o aumento tanto dos delitos como das faltas na nosa

cidade no que vai de ano: os delitos de 1.255 a 1.483, e as faltas de 1.473 de 1.825. “Aínda que houbo un repunte nos delitos e faltas tamén é certo que houbo incremento moi importante no número de detencións, por iso é moi importante seguir traballando neste sentido e non baixar á garda”., apuntou o subdelegado do Goberno, Roberto Castro, quen presidiu a reunión. Castro valorou en positivo os datos amosados na Xunta Local de Seguridade,

Na Xunta Local de Seguridade de Ourense participaron, ademais do subdelegado e o alcalde, membros dos Corpos e Forzas de Seguridade e representantes veciñais. “polo continuo incremento do índice de esclarecemento de delitos, o que amosa o gran traballo desenvolvido polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e pola Policía Local de Ourense”. Pola súa parte e de cara ao Nadal, o alcalde apuntou que “non se darán permisos para festas que non estean amparadas nas normas legais correspondentes”.

4 Dispositivo especial de Nadal A Policía Nacional estableceu un dispositivo especial de prevención de delitos con motivo das festas navideñas. Este control preventivo levarase a cabo por dotacións policiais uniformadas e de paisano ao longo do día nas zonas comerciais e pola noite nas zonas

de ocio habituais. O labor dos axentes centrarase na redución dos furtos de bolsos e carteiras, Ademais, a Policía recomenda a quen marche de vacacións nestas datas que tome unhas mínimas precaucións de seguridade para evitar sufrir roubos na súa vivendas.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Decembro de 2012




10

Ourense por BARRIOS Decembro de 2012

CIDADE

EN BREVE

4 Os libreiros ourensáns teñen novo presidente

Os premiados co alcalde e a concelleira de Turismo. /P.LODEIRO.

Récord no concurso de pinchos “Sabores de Outono” O “Montadiño agridoce con explosión” do Restaurante Monterrey resultou gañador do premio do xurado profesional e da votación popular do concurso de pinchos “Sabores de Outono”, mentres que “San Simón na Leira” do Mariscal foi o mellor petisco a xuízo da prensa. As propostas dos establecementos Acio, Estación de Lomán, O’Doutor, Casa Toñita, Cogumelo e D’Luis tamén foron galardoadas na quinta edición deste certame de pinchos que bateu todos os récords de participación. Por unha banda, 53 establecementos hostaleiros ourensáns participaron con cadansúa elaboración; pola outra, 7.000 comensais elexiron cos seus votos os mellores pinchos do outono. “Un concurso máis que consolidado”, en palabras da edil de Turismo, Mónica Vázquez, que supón “unha acción de promoción moi boa da nosa cidade”. O responsable da Unión de Hostaleiros, Javier Outomuro, aproveitou o acto para invitar a todos os empresarios do sector a que se asocien para conseguir que Ourense “sexa símbolo do gastronómico”.

A Agrupación de Libreiros de Ourense conta con novo equipo directivo para os próximos catro anos, á fronte do que estará José Manuel García Mosquera. O novo presidente seguirá unha liña continuista de traballo, enfocada sobre todo na defensa do sector e en manter a unidade en tempos de crise. A candidatura do novo presidente, que rexenta a libraría Kathedra, foi a única presentada na Asemblea Xeral. A xunta directiva queda composta por Aurelio Gómez Villar, como vicepresidente (Queixumes), Pilar Rodríguez como tesoureira (Pai Feijóo), Francisco Negro como secretario (Platero), e como vogais María Ruiz (A Viúva); Alberto Diéguez (Betel); Sonia Mª Rodríguez (Lúa) e Fernando Márquez (Stylo).

4 Dous anos de rede wifi A rede municipal “Ourense WIFI”, posta en marcha polo Concello den decembro de 2010, celebra o seu segundo ano de funcionamento cun total de 12.334 usuarios únicos rexistrados. O proxecto cumpre co obxectivo de achegar as novas tecnoloxías a ourensáns e visitantes, ofrecendo acceso gratuíto a Internet as 24 horas, en 42 puntos de acceso da cidade e a súa periferia. Os puntos wifi con maior actividade son os da praza de Covadonga, rúa de Lugo, Parque Barbaña, Serra Martiñá e avenida de Santiago.

4 Campaña de promoción da recollida selectiva A concelleira de Limpeza e Medio Ambiente, Susana Bayo, visitou o stand que a Concellería instalou na rúa

do Paseo, que recolle as accións desenvoltas por este departamento en materia de a reciclaxe ao longo do ano 2012. Nun orixinal formato, un stand con forma de salón dun domicilio común, fai chegar á cidadanía dun xeito cercano unha clara mensaxe: a importancia da reciclaxe e da separación correcta dos residuos, durante todo o ano. Hai tamén unha sección destinada a xogos e premios para concienciar aos máis cativos da importancia da reciclaxe. A acción desenvólvese durante toda a semana, en días nos que, con motivo do Nadal, repunta o consumo e a creación de residuos. Así, o mércores estará na avenida das Caldas (xunto á Ponte Romana), o xoves na Praza do Couto, e o venres no Xardín do Posío. O stand recolle as das campañas de concienciación que a Concellería de Limpeza desenvolveu durante este ano baixo o eslogan “Ourense é a túa casa”.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Decembro de 2012

11

O tempo dá a razón ao PP cando alertaba de que a suposta “intención” do goberno municipal de pagar a extra era un brinde ao sol

Cando en setembro deste ano PSOE e BNG aprobaran a moción que instaba a “buscar fórmulas” para este pagamento, os populares xa deixaran claro que todo era fume electoralista antes das autonómicas para enganar os funcionarios municipais e comerciantes locais Véñense de confirmar as certezas que xa manifestara hai tres meses o Grupo Municipal do PPOU con respecto ao pagamento da paga extra de Nadal aos funcionarios do Concello de Ourense. Lembran os populares que xa no pleno do pasado 7 de setembro, cando o BNG defendeu –co apoio do PSOE- unha moción encamiñada a “buscar fórmulas” para pagar ou compensar esta paga extra, o PPOU alertou da imposibilidade manifesta nesta hipotética acción. “Nunca nos opuxemos a que se compensase a perda do poder adquisitivo dos funcionarios municipais –lembra o portavoz municipal dos populares, Rosendo Fernández-, pero

sempre deixamos claro que tiña que ser dentro da legalidade, algo que non cabía dentro do Real Decreto Ley 20/2012, como agora ratificaron os informes xurídicos municipais”. O tempo remata de dar a razón aos populares, toda vez que recordan que aquela moción, meramente electoralista –a apenas un mes da celebración das eleccións autonómicas-, foi un invento do BNG co que tratou de gañarse a sindicatos e funcionarios, aos que chegou a invitar expresamente para que asistisen a aquel pleno de 7 de setembro. “Naquel Bipartito, a ala nacionalista forzou a moción, mentres que a ala do PSOE foi incapaz de dicir a verdade aos funcionarios municipais,

mantendo aquela errónea expectativa, e dilatándoa no tempo, revelándose agora como o fume, o descarado brinde ao sol que sempre foi”, di Rosendo Fernández. E non só foron os funcionarios e traballadores municipais as víctimas deste engano, senón que tamén se viron afectados por esta mentira os comerciantes locais, aos que PSOE e BNG atribuían como beneficiarios da medida de compensación da paga extra da plantilla municipal (cifrada en 1,5 millóns de euros) que nunca chegou. Falta de información en xunta de área Tamén critican os populares que, en xunta de área de Servizos Xerais,

onde se abordan cuestións relacionadas co Persoal, a concelleira responsable non informou aos concelleiros do PPOU asistentes, tendo que enterarse horas despois a través da prensa. Por último, lamentan os populares o engano ao que se viron sometidos os funcionarios e traballadores municipais. Un engano, reiteran, consentido e auspiciado por PSOE e BNG, que dende sempre coñeceron as limitacións legais para executar a súa promesa, algo que obviaron conscientemente en plena campaña electoral co único fin de arañar uns votos a costa de falsas expectativas, tal e como argumentara o PP no pleno onde se debatira a devandita moción.

Rosendo Fernández, no pleno de setembro no que se aprobara a moción sobre a paga extra.

“Nunca nos opuxemos a que se compensase a perda do poder adquisitivo dos funcionarios –lembra Rosendo Fernández-, pero sempre deixamos claro que tiña que ser dentro da legalidade”

O colmo da falta de xestión económica no Concello de Ourense chega cun préstamo a finais de ano para pagar inversións inexistentes O PSOE deu conta, por urxencia e en Xunta de Goberno, da petición dun préstamo de 3,4 millóns de euros, a devolver en 10 anos, para financiar parcialmente as inversións orzamentadas este ano (3,8 millóns) e que non se atopan nin en execución a dúas semanas escasas da fin do exercicio económico A dúas semanas para que remate o presente exercicio económico, o Goberno Municipal ven de dar conta da tramitación dun préstamo por valor de 3.486.312 euros, a devolver en 10 anos, para financiar parcialmente -o 90%- das inversións orzamentadas este ano (3,8 milóns). Así deron conta os membros da Xunta de Goberno Local na sesión do 5 de decembro, polo trámite de urxencia, coa finalidade de que os membros da oposición non tivesen coñecemento deste sorprendente feito ata a recepción da acta da devandita sesión, máis dunha semana despois. E

tampouco se lles informou aos edís populares nas dúas xuntas de área de Economía que houbo dende a data. Sorprende ao Grupo Municipal do Partido Popular a petición, a finais de ano, dun préstamo para financiar a meirande parte da partida de inversións, ata o de agora inexistentes, cando non hai xa tempo material para executalas en tempo e forma, evidenciando así que os orzamentos no Concello de Ourense son, basicamente, papel mollado, que nos últimos cinco anos foron hipermodificados e endexamais presentados dentro do prazo establecido pola lei.

Polo que desconfían os populares que finalmente esta cantidade solicitada sexa destinada as inversions previstas, polo que o PPOU seguirá atento a este asunto. “Volven hipotecar o Concello” Ademais, recalcan os populares, é incomprensible que a finais de setembro, en pleno estoupido da crise do Bipartito Municipal, o Goberno municipal se negase a acollerse á posibilidade de devolver a débeda estatal en 10 anos e non en cinco, como denunciara puntualmente o PPOU, “e agora volven hipotecar

o Concello ata o ano 2023 para devolver 3,48 millóns de euros, a un tipo de xuro variable referenciado ao euribor a 90 días, máis un diferencial de 5,90%”. Por último, os populares lembran que cando entrou a gobernar o Bipartito, en 2007, a xestión do PP deixara 17 millóns de euros de remanente de crédito nas arcas municipais. “Hoxe en día descoñecemos que cantidade existente neste concepto, como tamén descoñecemos o motivo polo que se solicita un crédito nestas circunstancias, se é que aínda hai remanente de crédito”, conclúen.

Os concelleiros populares Mónica Mourelo, Rosendo Fernández, Belén Iglesias e Aurelio Gómez Villar, nunha das últimas roldas de prensa do grupo municipal popular.


12

Ourense por BARRIOS Decembro de 2012

A Deputación despedirá 32 empregados Redacción

32 empregados laborais indefinidos veranse afectados polo expediente de despido colectivo (EDC) aprobado pola Deputación provincial. O presidente da institución, Manuel Baltar, xustifica a medida na redución dos orzamentos e por causas económicas e organizativas. Estímase que o EDC será efectivo a partir do 1 de febreiro de 2013, tras un proceso de negociación entre representantes do goberno e dos traballadores. Por outra banda, a Deputación redimensionará a súa plantilla por medio dunha amortización de 28 prazas vacantes, que non se cubrirán, co obxectivo de racionalizar a estrutura organizativa do ente provincial. E é que o orzamento do ente provincial para 2013 terá unha redución no gasto de persoal de 1,3 millóns de euros, o que permitirá, en opinión de Manuel Baltar, “optimizar o custe dos recursos humanos e acadar maior eficiencia na prestación dos servizos”. No seu conxunto, os orzamentos da Deputación para 2013 ascenderán a 66.307.000 euros, un 6,64% menos que no ano 2012 (71 millóns), debido á redución das achegas do Estado e da UE. Servizos Sociais, Medio Ambiente e cooperación cos concellos serán as prioridades.

ECONOMÍA E EMPREGO

Conclusións do Observatorio Económico do Inorde

Ourense resiste mellor a crise que Galicia, menos no último ano

4 No balance positivo, a alta supervivencia empresarial; no negativo, que a segunda recesión da crise está a penalizar máis o emprego na provincia que no conxunto galego. P. Lodeiro A provincia de Ourense resiste mellor a crise que Galicia, pero o último ano foi peor aquí que no conxunto galego. Esta é a conclusión que se extrae do Observatorio Económico Ourensán, ferramenta de diagnose económica e laboral elaborada pola Deputación e o Inorde. Trátase dun informe que estuda o número de empresas, as afiliacións á Seguridade Social, o paro rexistrado e o comportamento do sector tecnolóxico na provincia, con datos desagregados por comarcas e municipios, e fixando tres puntos de observación: o comezo da crise (2008), fai un ano (2011) e na actualidade (2012). O profesor da Facultade de Ciencias Empresariais de Ourense, José María Chamorro, foi o encargado de detallar as conclusións do Obser-

Ourense perde menos afiliacións que o resto de Galicia

vatorio. Na parte positiva, que os principais núcleos de poboación da provincia presentan menos efectos derivados da crise que as zonas rurais, e que o censo provincial de empresas se mantén desde o comezo da crise (cae só un 0,9%). Na parte negativa, que a segunda recesión (de 2011 a 2012) está a penalizar máis o emprego en Ourense que no conxunto da comunidade autónoma, e que o sector tecnolóxico (chave no crecemento económico) sofre o descenso máis acusado das afiliacións. Con todo, a economía ourensá aínda asina a menor perda de afiliados e a menor suba do paro das catro provincias galegas. No que respecta ao análise dos datos da capitalidade provincial e da localidade de Barbadás, o balance é máis positivo neste último municipio, onde o incremento do número de empresas no período 2007-2011 foi dun 8,53% e o das afiliacións no período 2008-2012 do 9,61%. No que se refire ao paro rexistrado, a suba foi maior no concello limítrofe que na capital (dun 66,25% e un 52,64% nos anos 2008-

Fonte: Observatorio Económico Ourensán. 2012, respectivamente). Polo momento o Observatorio só diagnostica, pero está previsto que a través del se tomen decisións. Segundo adiantou o presidente provincial, Manuel

Baltar, dentro de seis meses darase a coñecer unha nova actualización deste Observatorio, e para entón “será o momento de concretar as medidas de actuación”.

A CIG alerta dun aumento do número de EREs Redacción

Segundo datos feitos públicos pola CIG, entre xaneiro e outubro de 2012 aumentaron os expedientes de regulación de emprego na provincia un 118,8% en relación ao ano anterior. Nos dez primeiros meses do ano produciuse un importante aumento do número de EREs presentados en Ourense que pasou, de 48 no mesmo período do ano anterior, a 105 no 2012. A previsión, di a central sindical, “é de que sigan aumentando ata final de ano polo que Ourense vai ter un novo récord negativo en perda de emprego, pois en todo 2011 houbo 68 expedentes e agora pode duplicarse”. Tamén o número de traballadores afectados sufriu un aumento considerable ao pasar de 442 no 2011 a 1.806 no presente ano. Por sectores foi na industria onde houbo un maior incremento que foi do 812,4%, ao pasar de 145 afectados a 1.223 neste ano. Este forte incremento de EREs, ademais de evidenciar a crítica situación de perda de emprego na que se atopa a provincia, con moitas empresas ameazadas pola situación de crise-, débese tamén á aplicación da reforma laboral aproba que facilita aos empresarios a presentación dos ERE, apuntan desde a CIG.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Decembro de 2012

13


14

Ourense por BARRIOS Decembro de 2012

Obradoiros, torneos e ludoteca, para os rapaces da Valenzá Redacción

Entre as diversas opcións que os cativos e mozos de Barbadás teñen para este Nadal atópanse as que organiza a Casa da Xuventude. Obradoiros, torneos e ludoteca son algunhas das actividades previstas. Dentro do amplo abano de obradoiros que realizarán podemos encontrar un de maquillaxe de festa (o 26 de decembro de 17.30 a 20.30 horas); un para aprender a customizar a súa roupa (será o día 27 no mesmo horario que o anterior); e outro de elaboración de galletas (o 28 de decembro de 17 a 20 horas). Así mesmo, Barbadás tamén acollerá dous torneos, a quinta edición do torneo infantil de tenis wii, que terá lugar o 2 de xaneiro de 17 a 20.30 horas e se disputará en dúas categorías: infantil (ás 17 horas) e xuvenil (ás 18.30). Ao día seguinte, o 3 de xaneiro ás 18 horas, terá lugar o quinto torneo de ping-pong no que unicamente poden participar mozos maiores de 16 anos, e dos que recibirán premio os tres mellores. Ludoteca A oferta de ocio de Nadal en Barbadás complétana as actividades de ludoteca que se realizarán do 26 ao 28 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro en horario de mañá. Por último, o fin de festa do Nadal correrá a cargo dos Magos de Oriente, que o día 4, a partir das 16 horas, percorrerán todo o municipio.

SOCIEDADE / SAÚDE

Novidades no centro de psicoloxía de Rosa Mª Rebollo O centro de psicoloxía e logopedia de Rosa Mª Rebollo está situado no barrio do Couto e integrado por profesionais cualificados no sector. Movémonos sobre todo pola corrente cognitivoconductual e estamos ao tanto das novidades que van xurdindo para polas en práctica no momento oportuno obtendo así resultados nun periodo curto de sesións. Temos ampla experiencia en tratar doenzas tales como depresión, ansiedade ou estrés. Tamén facemos terapias adaptadas para persoas con algún tipo de adicción como pode ser ao sexo, internet, drogas, alcohol, máquinas tragaperras… Axudamos a todos aqueles que teñan algún tipo de fobia ou medo, inseguridade ou a aquela persoa que fora ou sexa na actualidade vítima de maltrato físico ou psicolóxico tanto por parte da sua parella, algún familiar, no traballo ou na escola. Tratamos trastornos de alimentación, de conducta… Contamos cunha profesional especializada en terapia de parella e sexoloxía. Atención especializada Tras anos de experiencia fomos vendo que os nenos cada vez máis novos teñen que ir ao psicólogo por distintas causas. Por iso puxemos en marcha un novo departamento dentro do noso centro orientado en darlle unha atención especializada a estes nenos.

No departamento psicoeducativo daremos cobertura a: nenos con necesidades educativas especiais como pode ser o TDHA, dislexia, retraso madurativo, dificultades de aprendizaxe, lecto- escritura; apoio escolar orientado a nenos con estas dificultades; logopedia; erapia infantil e xuvenil: para tratar a alteración da conducta, a ansiedade nos exames, orientación escolar, técnicas de estudo, trastornos do sono, da alimentación, do estado de ánimo, celos, problemas de atención, relación entre pais e fillos… Moitas veces os nosos fillos fracasan á hora de estudar, ou os seus esforzos non se corresponden cos resultados. Chegado este momento o mellor é facerlle unha avaliación para saber cal pode ser o motivo que está levando a esa situación. Unha intervención eficaz a tempo pode previr consecuencias negativas dun futuro. Frecuentemente os nenos e adolescentes sofren en silencio sendo os resultados académicos ou os seus comportamentos a forma de exteriorizar de que algo non vai ben. No noso centro os nosos profesionais empregarán técnicas de psicoterapia infantil e xuvenil. Na nosa aula estudio daremos apoio escolar espécifico a cada neno, sendo cada caso distinto xa que as dificultades e circunstancias de cada un son diferentes polo que se trata de unha atención personalizada.

4O BLOG DE SAUDETER

Evaluar o noso nivel de saúde e condición física debe estar ao alcance de todos O corpo humano está deseñado para moverse, para estar en actividade constante. Pero, actualmente, a vida volveuse moito máis sedentaria para a gran maioría da poboación. Este feito trae consecuencias moi negativas para a nosa saúde, posto que lle estamos negando ao corpo as súas necesidades. Un futuro panorama de complicacións físicas está por vir se non pomos cartas no asunto. Enfermidades cardiovasculares, complicacións locomotoras, respiratorias e nerviosas. Conseguir cambios positivos a curto, medio e longo prazo é posible cun estilo de vida máis activo, onde a actividade física é o compoñente fundamental e os programas de adestramento individualizado unha necesidade. A pesar de que o obxectivo poida ser o mesmo, a mellora da saúde e a nosa condición física en xeral, o proceso debe de ser diferente para cada un de nós. Cada individuo ten unha historia persoal, unhas características individuais que o fan único, por iso é importante pornos en mans de profesionais da saúde e a actividade física que saiban avaliarnos e aconsellarnos. O de prescribir actividades xeneralizadas a toda a poboación en xeral queda atrás. Cada un de nós necesita un programa específico en función dunha avaliación inicial

fundamental que debe de analizar polo menos catro compoñentes: tolerancia cardiorrespiratoria, aptitude muscular, peso/ composición corporal e flexibilidade. Sen deixar de lado os aspectos psíquicos, sociais e motivacionais do individuo. Actualmente dispomos de diversos métodos de avaliación do nivel de saúde dunha persoa: desde alcanzables análises sanguíneas ou medicións da presión arterial, até sinxelos test, exames físicos, ou as completas probas de esforzo fóra ou dentro dun laboratorio. Un dos parámetros máis importantes que se ten en conta no estudo da condición física é a resistencia cardiorrespiratoria e muscular. Diversos estudos demostran que a resistencia cardiorrespiratoria ou capacidade funcional aeróbica, que se mide mediante a valoración do VO2 (Volúmen de Osíxeno) e a FC (Frecuencia Cardíaca), é o mellor parámetro de referencia para valorar o nivel de saúde. A simple medición da Frecuencia Cardíaca (FC) a través dun pulsómetro daranos valores bastante fiables e continuos. Tamén existen outras técnicas e instrumentos como o electrocardiógrafo ou métodos manuais como a palpación dixital. Pero se queremos obter datos máis precisos como o

Volúmen de Osíxeno Máx, debemos recorrer a un ergómetro, o cal indica catro parámetros de valoración funcional: o consumo máximo de Osíxeno (VO2 máx); a transición aeróbica- anaeróbica; o cociente respiratorio, que relaciona o consumo de Ou2 e o de CO2; e o volume expirado en L/ min. Esta proba é a máis completa e fiable de todas, pois nos dá unha valoración clínica e cardiovascular completa, imprescindible para realizar programas de adestramento adaptados a cada individuo, especialmente naqueles casos de risco de enfermidade, persoas que seguen programas moi específicos ou de alto rendemento. Así que se queres seguir un plan de adestramento, coñecer o teu nivel de condición física e realizar actividade física sen riscos ponte en mans de profesionais, que te valorarán e aconsellarán. Saudeter, sempre mirando pola túa saúde, dispón dun ergómetro fácil de usar e transportar (Fitmate prol), para complementar a avaliación física que vén realizando co monitor de Frecuencia Cardíaca ou a máquina Tanita que avalía a composición corporal. O obxectivo é velar pola saúde en xeral e unha práctica segura e efectiva. Saudeter

No estudo da condición física débese ter en conta a resistencia cardiorrespiratoria e a frecuencia cardíaca


SAÚDE

As caixas de cartón

4GUÍA DE SAÚDE

15

4VETERINARIA

4PSICOLOXÍA

A maioría dos nenos xa escribiron a carta ós Reis. Nela, ducias de agasallos de nomes, xogos estranos, e bichiños de universos inventados. Xoguetes de moda, bonecas das de sempre e coches de plástico de cores. Tamén algún pixama, suxerido polos pais e un estuche ou mochila para o cole. Todo ben pormenorizado, explicadiño para que as Súas Maxestades non teñan problema para acertar. Despois lles tocará o traballo arduo de rastrexar por toda a cidade ata dar con todo o da famosa lista, crendo que así seguro que

Ourense por BARRIOS Decembro de 2012

acertan. E chega ó día 6, e os xogos resultan aburridos, os bichiños e bonecas parecen máis pequenos que na tele e tanta acumulación de agasallos e papeis coloridos se lles atraganta. Ata que, a eso de media tarde, aparece o xoguete perfecto dese Nadal, que ás veces é unha caixa de cartón, outras un trozo de papel brillante ou pode que unha pelota feita cunha bolsa de plástico. Os Reis deberían ter sempre isto en conta á hora de facer as compras, non vaia ser... Ángeles Rodríguez

Que acontece cando as nosas mascotas se fan vellas? Aínda que quixésemos que estivesen por sempre ao noso lado, os nosos fieis compañeiros algún día empezan a facerse maiores. Isto ocorre en realidade rápido para o noso concepto humano de lonxevidade ou as nosas expectativas actuais de vida, polo cal moitas veces nos preguntamos: a que idade o noso amigo comeza a envellecer? Nos cachorros todo depende do seu tamaño e raza, sábese que os máis pequenos e medianos empezan a envellecer máis tardíamente (aos 7 - 8 anos) que os cans grandes e xigantes (aos 5 - 6 anos) e pola súa banda os gatos comezan a ser maiores en xeral aos 7 anos. Nese momento o noso amigo é cando máis necesita que o consintan e non o separen do que é a vida diaria da casa, porque isto ocasiónalle tensión e por tanto problemas de conduta, só débese ter máis precaución cos seus coidados habituais e prestar moita atención a calquera cambio no seu comportamento para que poida gozar dunha mag-

nífica calidade de vida. O proceso do envellecemento é un proceso dinámico que ademais vai afectando a todos os tecidos, órganos e sistemas do organismo. Aínda que o tema é bastante extenso, poderiamos resumir algúns síntomas e enfermidades importantes que poden aparecer nas mascotas maiores: - Pel pouco elástica, caída de pelo - Sarro, perda de dentes - Estreñimento - Atrofia muscular, artrose, artrite. - Obesidade - Perda de apetito - Enfermidades cardiovasculares - Insuficiencia renal - Diabete mellitus - Insuficiencia pancreática - Hepatopatías - Anemia - Cancro - Hipertiroidismo (gatos) - Problemas de gusto, audición e vista - Intolerancia a certos fármacos, á anestesia - Hipertensión - Problemas gastrointestinais, metabólicos - Maior sensibilidade á dor

[Se desexa anunciarse na Guía da saúde chame ao 988 239 634 ou escríbanos a comercial@ ourenseporbarrios. com]

- Cambios de conduta, irritabilidad, desorientación, disfunción cognitiva E estes cambios físicos e fisiolóxicos conlevan coidados diferentes. O exercicio moderado segue sendo importante e axudará a manter á mascota en bo estado físico. De todos os xeitos, a esta idade é natural que descanse e durma máis horas. Tamén deberá que cambiar a súa alimentación por unha máis apropiada para a súa idade e como medida preventiva para certas enfermidades. Pero se xa padece dalgunha, será convinte que siga unha dieta adecuada para a mesma, prescrita polo veterinario. O efecto xeral da idade sobre unha mascota obsérvase cun declinar gradual na capacidade funcional da mesma. Eses cambios adquiren importancia e o medicamento preventivo é o que lles axudará a ter unha mellor calidade de vida. Por todo isto é imprescindible acudir ao veterinario para un recoñecemento inicial e para que nos oriente nos coidados da nosa mascota maior.

Aínda que é difícil aceptar este envellecemento, debemos saber que coa nosa axuda e entendemento, eles poden levar unha vida máis pracenteira. En Abros comezamos unha nova etapa e, logo de varios anos de estudo e preparación, logramos cumprir un obxectivo moi importante relacionado co medicamento preventivo das mascotas que nos visitan. Hoxe podemos dicir que temos uns Plans de Saúde adaptados aos nosos pacientes para todas as súas idades e necesidades. Con eles esperamos ter moito máis controlada a saúde das mascotas para que os seus propietarios gocen delas por máis tempo. AbroSalud é o nome propio deste anhelado proxecto que agardamos que cumpra coas expectativas de todos polo benestar dos nosos máis fieis amigos. Velliño si, pero cheo de vida! Esa é a diferenza entre vivir e estar vivo. A vellez é unha parte natural da vida que merece a pena que sexa vivida intensamente. Alicia Fdez Vitali Auxiliar nutricionista Clínica Abros

A campaña contra a gripe amplíase ata o 31 4 A vacina reduce a incidencia da enfermidade. Redacción A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade decidiu ampliar a campaña de vacinación antigripal e antipneumocócica para ofrecer así a posibilidade de vacinarse a aquelas persoas que aínda non o puideron facer por diferentes razóns. A campaña remataba o día 14 e agora amplíase ata final de mes. Sanidade lembra a importancia que ten a vacinación, pois é o mellor mecanismo para protexerse fronte á enfermidade e evitar complicacións aso-

ciadas á mesma. Neste sentido, calquera persoa vacinada dentro do período que abrangue a campaña gozará da máxima protección antes da chegada do virus a Galicia, que segundo indica a vixilancia epidemiolóxica chegará ao seu pico nos meses de xaneiro e febreiro. Ata a actualidade vacináronse contra a gripe algo máis de 400.000 persoas, e están citadas para facelo outras 12.000 máis. O pasado ano recibiran a vacina 540.000 persoas, acadándose o 56% da poboación diana entre os maiores de 65 anos. Ao actual ritmo de vacinación podería baixar a cobertura nun 6%.


16

Ourense por BARRIOS Decembro de 2012

EMPRESAS

Abre a perruquería canina Koquet@s

Perfect Cars, no Polígono Barreiros.

Perfect Cars, especialistas en vehículos seminovos No Polígono Barreiros estréase Perfects Cars, empresa de nova creación pero participada por Talleres Martinez Multimarca de Verin, que vai cumprir en febreiro 40 anos no mundo da automoción. A seriedade e a calidade no produto que teñen á venda son marcas desta empresa que consigue un gran índice de satisfacción entre os seus clientes. En Perfect Cars comercializanse vehiculos fornecidos por T. Martinez Multimarca e a especialidade é sempre vehículos seminovos, con moi poucos kilometros e en perfecto estado. “Ofrecemos seminovos como novos cuns fantásticos prezos, comfiamos en ter a mellor relación calidade-prezo da provincia”, explica Simón Martínez, responsable da empresa. Os vehiculos de Perfect Cars van dirixidos a publi-

co de todas as idades, pois posúen unha oferta de coches de todo tipo, desde deportivos, todoterreos ou berlinas. “Coa vantaxe do gran aforro que se pode conseguir cun coche seminovo (con 3 ou 4 anos, custa entre un 50% e 60% do prezo dun coche novo) e vendo a baixa quilometraxe e o magnífico estado saben que pode durarlle e facerlle o mesmo servizo que se o compraron novo”, engade Simón. En Perfect Cars están a acabar de montar o taller para poder facer o mantemento e a asistencia técnica de todos os vehículos que venden. Neste concesionario tamén son expertos en vehículos de competición, tanto na venda como na preparación ou melloras, así como en vehículos clásicos. [+ info en www.martinezmultimarca.com]

Hoxe en día as nosas mascotas conviven con nós en casa e son parte da familia. Todos os días esperan ansiosos o noso regreso, para darnos todo o seu agarimo e compañía sen esperar nada a cambio. É a nosa responsabilidade cubrir as súas necesidades máis básicas, recibir os seus premios cando se portan ben e facer que sentan queridos. Unha das necesidades máis básicas é o aseo. Cun cepillado e baño regular evitaremos que se sintan incómodos. Un pelo con nós pode ocasionar lesións na pel cando tenten arrincalos, e

un pelo sucio pode ocasionar caspa e eccemas. A saúde da nosa mascota reflíctese na pelaxe e ao convivir connosco tamén é necesario que estean aseados para evitar cheiros e se sintan cómodos tanto donos como mascotas. Hoxe en día existen champús específicos para cada raza para que os baños poidan ser máis frecuentes sen que resulten agresivos para a súa pel e pelo. En Perruquería anina Koquet@s intentan cubrir as necesidades da túa mascota tanto en alimentación, moda e complementos. Para calquera dúbida ou suxestión esperámoslle.

Meli Puga e Bea Estévez, responsables de Koquet@s.

O anunciante do mes

Calzados Canadá, expertos en calzado de descanso Redacción Isaac Pereira é, xunto coa súa muller Mariluz Castro, o propietario de Calzados Canadá, unha tenda que leva aberta seis anos na rúa Doutor Marañón. Xa desde o principio levan confiando en Ourense por Barrios para publicitar as súas campañas, como a que este Nadal ofrecerá un desconto do 20% en botas, botíns e zapatos. Que diferenza Calzados Canadá doutras zapaterías? Isaac Pereira: “O perfil da oferta que temos, básicamente calzado de muller de descanso, calzado moi especial. Temos a maior oferta de Ourense en calzado de goretex orixinal e urbano para muller, con máis de cen referencias disintas.

Traballamos con marcas alemanas, austríacas, holandesas, son produtos dunha calidade constrastada”. Cal é o perfil da vosa clienta? I.P.: “Pois é unha muller de tipo urbano que quere un calzado de calidade e que lle ofreza unhas características de comodidade e confort. A xente máis nova decántase máis polo goretex, e as mulleres con máis idade por zapato cómodo, con plantillas de descanso… Incluso hai mulleres que traballan todo o día e queren un zapato cómodo, pero con deseño”. Tedes algunha oferta de Nadal? I.P.: “Nesta campaña de Nadal temos unha promoción de desconto en liña do 20% en todo o noso produto de inverno, botas, botíns e zapatos”.

Mariluz Castro, de Calzados Canadá.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Decembro de 2012

17


18

Ourense por BARRIOS Decembro de 2012

CLASIFICADOS

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en info@ourenseporbarrios.com. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

VENDA PISOS Vendo casa na estrada de Santiago. Tel: 637 005 910. Oportunidade! Venta de piso de 2 habitacións con baño, cociña, trasteiro, garaxe. A 5 minutos de praia América. Tel.: 636422497. Vendo piso en Madrid, barrio da Elipa, para reformar. 5º sen ascensor, 2 habitacións, 1 baño. 90.000 euros, prezo negociable. Tel. 606 23 11 43 Vendo casa en Nogueira de Ramuín. Prezo: 3.000.000 de euros. Tel.: 988 246 096 e 664 118 065 Vendo apartamento zona 21 por 96.000 euros. Tel. 675 51 11 79. Vendo piso no Couto,75 m2, 3 dormitorios, 1 baño, cociña amoblada, terraza de 35 m2, calefacción gas cidade, 93.000 euros negociables. Tel. 699 01 45 60. Vendo apartamento de 2 habitacións en Vigo, frente á praia. Tel. 636 422 497. Vendo piso en Vigo, céntrico, 2 dormitorios. Tel. 988 47 08 55 e 679 04 06 04 Vendo apartamento con 2 habitacións, un baño, salón-cociña, buhardilla e garaxe pechado. Zona 21. Tel. 675 521 179. Vendo piso na avenida de Portugal (zona Couto). Calefacción central, todo exterior. Tel.: 988 22 39 32. Vendo piso en avda. Zamora, 3 dormitorios, baño, cociña e calefacción. Tel.: 659 968 143

COMPARTIR

Búscase chic@ para compartir piso zona Couto. 210 euros gastos incluidos. Televisor en habitación, calefacción, cociña, etc. Máis info en forxanforxan@gmail.com

Compártese oficina en avda. Santiago (acceso desde a rúa). Ideal despacho, correduría de seguros, etc.Zona moi luminosa. Prezo a negociar. Tel. 696 64 12 22.

ALUGUER Alúgase apartamento 2 dormitorios, cociña amoblada con electrodomésticos. Tel. 988 21 36 21. Alugo piso en Valdorregueiro, 4 habitacións, baño, cociña e galería. tel. 988 21 43 01 e 687 21 12 18 Alúgase baixo de 110 m2 na Carballeira, exterior, luminoso, ideal para negocio ou almacén, con zona de carga e descarga. Tel. 661 926 529 ou 670 43 34 90. Alugo oficina xunto ao pazo de Xustiza e local no casco vello de Ourense. Tel. 637 005 910. Alugo apartamentos en Montalvo de 1 e 2 habitacións para pontes e fins de semana, a 30 euros o día. Tel.: 607 271 916 Alugo piso amplio, amoblado, zona Couto. 400 euros comunidade incluída. Tel: 606 569 228 Alugo casa amoblada con finca e xardín en Celanova. Tel. 617 925 873 Alugo dous apartamentos na zona do Posío, con praza de garaxe e calefacción. Tel. 617 92 58 73 Alugo local de 55 m2 no VinteúnPeliquín. Tel. 988 21 29 00. Emprendedores: terreo de 2.300m2 en Melias (Pereiro de Aguiar), con auga propia, apto para todo destino (horta, colmeas, viñedos etc.) a 50 m. da estrada, véndese ou alúgase por 100 euros ao mes, con opción a compra (negociable). manueldoallo@hotmail.com Alugo piso amoblado de 3 dormitorios, 2 baños, salón enorme, ascensor e calefacción en avda.

Portugal. 988227976 - 649052182 Búscase finca en aluguer de renda baixa para cultivar nos arredores da Valenzá. Tel.988 546 006.

AUTOMÓBIL

Vendo Mercedes 300 D, clásico, 1982, para rehabilitar. Asentos de coiro. Automático. Tel. 670 718 942 Vendo Mercedes en bo estado. Prezo a convir. Tel.: 656 940 550 Vendo Opel Astra, 66.000 km, tel. 988 24 41 07. Vendo Toyota Corolla 1.6, con A.A., C.C., E.E. e llantas de aluminio. 3.500 euros. Tel. 607 812 996

VENDAS Mércanse mobles ou electrodomésticos de 2º man e cómpranse obxectos antigos. Tel. 988 21 22 24 Vendo sofá 3+2, caldeira de calefacción de gas cidade, botelleiro para bar. Tel. 637 005 910 Vendo centeo embalado. Prezo a convir. Tel: 626 073 751 Vendo varias pías de distintos tamaños. Tel. 607 900 375. Véndese leña de carballo a bo prezo. Tel. 630 521 448. Vendo carriño de bebé completo en perfecto estado, 250 euros. Tel. 687 511 472 e 988 37 30 50 (noites). Vendo máquina expendedora de bebidas quentes. Tel.: 666 726 469 Vendo conxelador 160x70 cm. Zanussi Aplus. Sen usar. Garantía 2 anos. Tel. 647 232 974 Vendo vestido comuñón, seminovo (impecable). De Mayna. Colección 2012. Bo prezo.Tel.619 516 824 Vendo 2 sillas de coche para bebé e 2 carriños. Practicamente novas. Prezo interesante. Tel. 629 87 90 82 Vendo Samsung Galaxy Ace 100

euros. Telf: 647272198. Vendo traxe comuñón neno. Talla 12. Impecable. De Wendoline. Colección 2012. Telf: 659 857 932. Vendo galos de Mos, Tel 988 24 89 67 e 677 02 37 36. Vendo vestido de noiva seminovo, branco con pedrería, a bo prezo. Tel. 676 948 475 Vendo estanterías metálicas. Tel. 988 47 08 55. Vendo dereitos da PAC. Tel. 626 07 37 51 Vendo canapé de madeira tapizado de 135 cm con patas de madeira e de regalo o colchón de muelles, gran calidade e seminovo, 230 euros, tel. 637 756 687. Vendo leña de carballo. Tel.: 656 940 550 Vendo series completas de sellos de correos de diferentes países e temáticas a prezos módicos. Tel. 605 388 596 e pedropazga@yahoo.es. Vendo silla xemelar pareada, de 0 meses a 15 kg, perfecto estado, 200 euros. Tel. 699 868 091. Véndese vestido de comuñón, talla 105, bo estado, tel. 653 685 359 e 988 21 12 61. Venda de mobiliario de perruqueria, semi novo.A un prezo económico:lavacabezas,tocadores,sillas. Tel. 675 279 133 Preciosa femia negra de shar pai liña americana, a punto para entregar. Entrégase desparasitada, primeira vacuna e pedigree tramitado. Interesados chamar ou mandar whatsapp ao 646 71 24 12

TRABALLO Ofrecese servizo de modista. Traballos de calidade, puntualidade e bo prezo. Tfn:988 25 53 02

Ofrécese chica para tarefas domésticas, coidar persoas maiores ou nenos. con informes. Tel. 654 33 83 21

Ofrécese moza responsable para traballos domésticos. Tel: 637 005 910

Ofrécese chica con experiencia para camarera. Tel. 675 11 71 19.

Danse clases particulares de boxeo impartidas polo campión de España do 2007. A calquera hora do día. Tel. 647 232 974

Formación a distancia subvencionada. Titulación oficial. Asesora para Ourense. Tel. 610 162 749. Preguntar por Loly.

Ofrecese moza para pasear os teus cans. Económico. Tlfno 605 088 744.

Apoio psicolóxico gratuíto. Terapias en consulta ou a domicilio. Cita previa. Tel. 610 162 749.

Ofrécese chica para limpeza de escaleiras ou servizo doméstico. Zona 21. Tel. 636 39 25 25

Clases particulares. Todas as materias e niveis, técnicas de estudo, informática. 12 anos de experiencia. Material didáctico propio. 1ª semana gratis sen compromiso. Tel. 988213480. http://fidelformacion.blogspot. com. fidelprofesor@hotmail. com.

Ofrécese chica para coidar persoas maiores, nenos ou para empresas de limpeza, con experiencia. Tel. 988 25 86 34. Danse clases particulares durante o curso 2012 / 2013. Con opción de impartir varias materias.A todas as etapas. Posúo Certificado de Formador e CAP. Máis de 15 anos de experiencia. A domicilio. Económico. Tel. 636 619 589. Email:arvaca@hotmail.com Ofrécese señora para coidar nenos, maiores ou tarefas do fogar. Tlfs: 988 246096 // 664 118 065. Posto de traballo para un Autónomo. Labor puramente Comercial xestionando unha franquicia económica e exclusiva de afiados en Ourense. Tf. 670 718 942. Ofrécese auxiliar de enfermería para coidado de nenos, persoas maiores ou discapacitados. Tel. 664 615 990.

Desbrózanse fincas e fanse portes. Tel.: 656 940 550. Piano-voz para ceremonias e eventos, repertorio variado e personalizable. Tel. 663 733 179, duopianovoz@gmail.com, fb: duo piano voz. Ofrécese señor para seguridade persoal, vixilancia, acompañamento,etc. (pertencente a f.c.s.e.).Tel. 636.32.95.24 Ofrécese modista, traballos de calidade, rapidez e bo prezo, recollida a domicilio ou tendas. Tel. 988.25.53.02 Ofrécese señora para coidar persoas maiores ou nenos en Ourense, tel. 988 21 44 69.


PASATEMPOS /HUMOR / SERVIZOS

Ourense por BARRIOS Decembro de 2012

19

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 151-2002 / OU 125-2003 / OU 164-2004/ OU 155-2007. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Pepe da Guardesa, Silvia Nieto, J.E. Bóveda, J.L. Iglesias Vázquez, R. Sertaje, S.Ganay, M.Pintos, X. Calviño, C.V. Abros, A.V.Ou., Círculo Poético Orensano Nº124/114/100/63 - Ano: XI - Decembro 2012 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 239 634.

4SUDOKU

4TELÉFONOS DE INTERESE

4HUMOR

http://oemigrantedopazo.blogspot.com/

4HUMOR

http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com

nivel fácil

nivel medio

Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 Cita previa SERGAS 902 077 333 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083

Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención ao menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria 988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcohólicos Anón. 646 645 119 24h. Alcoh. Anón. 988 269 540 Alcoh.Anón. 24h. 988 22 76 23 Asoc.Crohn-colitis 630 136 447 Down Ourense 988 370 313

4AUTOBUSES: liñas e horarios en

www.urbanosdeourense.es

4FELICITACIÓNS [Envíanos as túas felicitacións (nome, data, motivo e texto) a info@ourenseporbarrios.

com, ou a r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense]

Para resolvelo, coloca un número en cada recadro de maneira que cada fila, cada columna e cada un dos nove recadros conteñan os números do 1 ao 9 sen repetirse.

4CARTAS AO DIRECTOR [Envíanos as túas cartas ou foto denuncias (que non excedan de 10 liñas) a info@ ourenseporbarrios.com, ou a r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense]

Tarifa ordinaria: 0,78 euros - Tarxeta Milenio de transporte: ordinaria: 0,56 euros e estudiante: 0,40 euros - Gratis para maior de 65 anos, pension ista,discapacitados: e mozos/as de 16 a 18 anos.

liña á Valenzá e horarios en www.anpian.com


20

Ourense por BARRIOS Decembro de 2012

SOCIEDADE

Entrevista a víctor quintas, licenciado en Odontoloxía e número 1 da súa promoción

“Nesta profesión por desgraza non conta ser o número 1 ou o último” P. Lodeiro Víctor Quintas é un mozo da Ponte, de 23 anos, que estudou no IES Blanco Amor, onde rematou o Bacharelato cos Premio Extraordinario e de Excelencia Académica da Xunta. Quería ser xuíz pero en Bacharelato decantouse polas Ciencias da Saúde e á hora de elixir carreira, pola Licenciatura en Odontoloxía, que finalizou este ano. Víctor vén de recibir un premio nacional que o acredita como o número 1 da súa promoción e un dos mellores de toda España, xunto a outros 17 estudantes. Pero os recoñecementos non rematan aí. Acábanlle de conceder unha beca única en España en réxime de concurrencia competitiva cos demais recén licenciados en odontoloxía deste 2012, que o acredita como o mellor expediente e curriculum de todos os presentados, e en marzo competirá polo Premio Extraordinario de fin de carreira da USC, un exame ao que acudirán os universitarios con máis de 8,5 no seu expediente. Agarda tamén que a Xunta convoque o Premio de fin de carreira, que “en principio, deberíanmo dar”. Como se conseguen tan-

tos logros académicos con apenas 23 anos? Víctor Quintas: “Basicamente con esforzo e traballo, nunca me regalaron nada, sempre foi a base de esforzo e traballo, a verdade é que cando se consigue vese un recompensado”. Aparte dun recoñecemento persoal, os premios supoñen algunha beca ou outra contraprestación? V.Q.: “No caso do que me deron en Madrid, un ipad; agora un que me dan en decembro é unha beca dunha entidade privada dunha casa de implantes de 500 euros, e os da Xunta de Galicia estaban en dous mil e pico euros, normalmente levan asociadas unha contía económica; é algo”. Que che din a túa familia e amigos? V.Q.: “Pois fora unha aposta co meu pai, cando fumos a Santiago a buscar sitio onde aloxarme fixemos unha aposta, onde comimos puxémolo por escrito, meu pai díxome ‘se quedas entre os tres primeiros, cómproche o que ti queiras’, dentro do que cabe, claro. Non foi pola aposta en si, a min gústame facer as cousas ben, como mellor sei. A nivel profesional non me achega nada, porque nesta profesión por desgra-

Víctor Quintas, na ponte Romana./P.L.

“Todo custa, pero se dosificas ben os tempos, podes compatiblizar a túa vida social cos teus estudos” za non conta ser o número 1 ou o último, pero a nivel investigador si, hai moitas becas de investigador que se lle dan á xente boa”. Cres que realizaches demasiados sacrificios para lograr todo isto? V.Q.: “Todo custa, pero creo que hai tempo para todo, se realmente dosificas ben os tempos, podes compatiblizar a túa vida social cos teus estudos, pódese facer de todo”. Tes algún hobby, practi-

cas algún deporte? V.Q.: “Acostumaba practicar bastantes deportes pero como non era bo en ningún a nivel nacional, internacional, deixeino, cheguei a estar federado en bádminton pero tampouco fixen nada especial, agora só practico como ocio”. Que foi o que máis destacarías da túa época universitaria en Santiago? V.Q.: “Sigo en Santiago aínda, pois agora estou cun máster. É unha etapa nova,

de moitos cambios, ao fin e ao cabo completamos a nosa madurez ou así debería ser, polo menos… Eu son dos que cre que o estudante non debe pasar pola universidade, debe pasar a universidade polo estudante, non só ir ás clases e estar alí sentados; nós temos que facer a universidade. Fun membro dunha asociación de estudantes de odontoloxía, fun cun grupo de voluntarios a Guatemala, con ‘Odontólogos sen fronteiras’, foi unha experiencia moi boa. A universidade é algo máis que ir sacar un título”. Que espectativas laborais tes a partir de agora? V.Q.: “Estou coa tese doutoral e co máster oficial para poder facer a tese, téñoa bastante encarrilada, pero expectativas laborais, en España, bastante malas. Aquí nin para o número un nin para o último, está todo fatal. A menos que teñas un pai ou nai dentista, non hai nada. E o que hai é moi mal pagado. Nós necesitamos un período de formación, temos unha formación práctica pero ata certo punto limitada; podería montar agora mesmo unha clínica, pero é un pouco atrevido. Fóra a cousa está moi ben, chegan ofertas de traballo de Francia, Inglaterra… podería ser outra opción, pero por agora plantéxome o máster e a tese, e nun futuro, montarei a clínica, probablemente aquí en Ourense”. De feito é a saída natural para a túa carreira, non? V.Q.: “Si, desde logo. Hai xente que non se sinte capaz

de ser autónomo, de crear a súa propia empresa, pero si debe ser o obxectivo, esta carreira é para iso”. E na facultade fórmanvos como empresarios? V.Q.: “Pouco, ao meu modo de ver, é unha carencia bastante xeneralizada na nosa carreira. Tiñamos unha asignatura que se chamaba ‘Márketing’, pero realmente é como se non a tivéramos, e unha clase de xestión, pero moi pouco. Fixen agora un curso de xestión de clínica, cousas que nin me sonaban, os impostos que hai que pagar, o réxime de autónomos… non o coñecíamos nin de lonxe. Na facultade forman demasiado quizais noutras cousas que non imos utilizar tanto e nestas cousas que nos serían moi útiles non”. Polo que falas cos amigos, compañeiros, como ves o futuro, en xeral, para os recén licenciados? V.Q.: “Bastante mal, máis sobre todo en Odontoloxía, que hai moitísimas facultades privadas. Hai unha facultade en Valencia que produce tantos odontólogos como todas as públicas de España nunha promoción. Temos un gran problema por iso porque hai moitísima oferta de odontólogos e moi pouca demanda; o mercado está saturado, estamos xa nos límites admitidos pola OMS de dentista por habitante. A verdade é que as asociacións de estudantes e os colexios profesionais piden unha moderación nas universidades privadas á hora de sacar dentistas, pero ata agora nada”.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Decembro de 2012

21


22

Ourense por BARRIOS Decembro de 2012

ESPECIAL

Pazo de Lusío, unha aposta polo mel ecolóxico

A Xunta cofinanciou a través do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia a instalación dunha industria de extracción e envasado de mel e polen ecolóxico na localidade luguesa de Bóveda Meles Anta é unha empresa familiar galega que leva traballando no sector apícola desde principios da década dos 90. Desde fai un ano, e a través da filial Pazo de Lusío, a súa aposta polo mel de produción ecolóxica deu un paso adiante, grazas á axuda da Xunta de Galicia a través do fondo FEADER, Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. O seu proxecto de construción dunha planta de procesado e envasado de mel e polen ecolóxico na localidade luguesa de Bóveda foi subvencionado polo Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia, que achegou o 35% do investimento total realizado, que ascendeu a 1.641.254 euros. Nela, a empresa tiña previsto crear cinco postos de traballo e envasar anualmente unhas 40 toneladas de mel e outras 30 de polen ecolóxicos, cifras que xa rebasaron, pois na produción deste primeiro ano alcanzaron as 70 toneladas de mel e en plantilla xa son seis empregados. Proceso O mel de Pazo de Lusío recóllese nalgunhas das oito mil colmeas que posúe a empresa nas serras dos Ancares e do Courel, sempre en cotas superiores aos 500 metros de altitude, onde as abellas dispoñen dunha variada flora para alimentarse, como castiñeiros, breixos, carballos ou silvas.

Desde abril ata agosto, máis ou menos, cada unha destas colmeas producirá unha media de 25 quilos de mel, unha substancia de gran calidade que está certificada polo CRAEGA, Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia. Este selo acredita que cumpre con todos e cada un dos requisitos reflexados na normativa de produción ecolóxica, como por exemplo unha distancia mínima das colmeas a núcleos de poboación, granxas ou zonas agrícolas; ou que as colmeas non sexan sometidas a ningún tratamento químico durante o tempo de recollida do mel polas abellas. Unha vez recollidos a partir do mes de agosto, os paneis de mel son trasladado á nave de Bóveda, onde unha máquina, “única en España”, afirma o encargado, Emilio López, encárgase de extraelo. Logo pasará por un filtro dobre, e será sometido a un proceso de decantanción dun mínimo de tres días para estar listo para o seu envasado, explica López. Na mesma nave, extráese o polén e o propóleo doutros paneis específicos instalados nas colmeas para recoller estes produtos, e trátase a cera de forma que volva estar en condicións de ser empregada ao ano seguinte, pois cada ano renovan catro dos dez paneis que conforman cada colmea. Posteriormente, mel, polén e propóleo son trasladados para o seu enva-

“EUROPA INVISTE NAS ZONAS RURAIS”

En primeiro termo, paneis aínda co mel no seu interior sen tratar; ao fondo da nave, os tanques nos que se decanta o mel antes de ser envasado en bidóns para o seu traslado á planta envasadora da Coruña. sado á planta que o grupo ten na Coruña, para comercializararense logo a través da marca Pazo de Lusío en envases de quilo e medio quilo. A maioría do produto acabará no estranxeiro. “O 90% da produción véndese para o mercado exterior, Francia, Reino Unido, Arabia Saudí, Alemania, Italia”, indica David Corral, director xerente da empresa. De feito, foi a demanda exterior a que os levou a apostar polo produto ecolóxico . Fondos FEADER O proxecto de instalación desta industria de mel ecolóxico por parte de Pazo de Lusío foi financiado polo FEADER a través do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia (PDR) 2007-2013, ao contemplarse esta iniciativa nunha das medidas previstas, dirixida a promover o aumento do valor engadido dos produtos agrícolas e forestais.

A nave de Pazo de Lusío, de 1.500 m2, está instalada no parque empresarial de Bóveda, Lugo.

O mel ecolóxico Pazo de Lusío comercialízase en botes de 500 g e 1.000 g.

Logo dos meses fortes de traballo de produción do mel, estes días os operarios afánanse en limpar e reparar os paneis que se volverán colocar nas colmeas a partir de abril.

Traballadores de Pazo de Lusío na máquina de decantación de cera vella, que volverá en forma de novos paneis de cera, onde as abellas depositarán o mel a próxima tempada.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Decembro de 2012

23


24

Ourense por BARRIOS Decembro de 2012

Campaña “Encesta un xoguete” Redacción

Como cada ano o Nadal vístese de solidaridade en Ourense. Orixe Comunicación e Publicidade, as tendas Jugettos e o COB por décimo ano consecutivo poñen en marcha a campaña “Encesta un Xoguete” para recadar fondos para comprar xoguetes para aqueles nenos máis necesitados de Ourense e provincia. A iniciativa, que este ano conta con máis peticións que nunca, é apoiada nacidade por máis de 200 establecementos e firmas comerciais, que de xeito desinteresado colaboran na venda do “lapis solidario” o cal se pode mercar e por só un euro poderás conseguir un sorriso. A solidaridade da que veñen facendo gala todos os ourensáns leva aos organizadores a pensar que se venderá unha cantidade próxima aos 5.000 lapis.

OCIO E CULTURA

Jerónimo de Vicente, mestre belenista:

“A primeira persoa en pór animais no pesebre foi Francisco de Asís e desde entón fíxose así” Óscar Blanco Que características ten o belén deste ano? Jerónimo de Vicente: “A decoración non é a mesma, cambiou en todos os sentidos. Destaco a masiva presenza de elementos naturais como o brión, que no nacemento non pode faltar. Hai varias clases de brión escollido en función do seu destino: se é para simular vales, montañas ou camiños. Tamén aproveito as cortizas de árbores secas que xeran formas e conxuntos moi bonitos xunto con diversos troncos furados. Estes teñen unha función esencial pois son o esqueleto do nacemento. A vexetación anana tamén varía. Uns anos

puxen palmeiras e este ano temos pequenos cipreses simulados con brezos acompañados de pequenas baias. O visitante tamén atopará líquenes sobre árbore e pedra.” Algún elemento novidoso do decorado? J.dV: “Este ano destaca especialmente a fortaleza de Herodes. Pensei moito en Terra Santa, alí celebrei as miñas vodas de prata e tomei boa nota da contorna. Quixen representar o palacio de Herodes tras ver in situ os restos. Ademais, aparecen as pirámides de Keops, Kefrén e Micerinos durante o episodio da fuxida a Exipto, así como a esfinxe que é un elemento pouco común nos nacementos. O observador comprobará que no belén aparecen

varias veces representados María e José. Non só na súa localización habitual, o portal, senón tamén pedindo pousada ou na fuxida a Exipto. Pódense aprecian ata os cueiros do neno Deus nas alforxas da mula.” Que opina de todo o que se dixo sobre a presenza do boi e a mula? J.dV: “A primeira persoa en pór animais no pesebre foi Francisco de Asís e desde entón fíxose así. Opino que non é un asunto de fe, é unha tradición. Os Evanxeos non din nada. Os meus fillos e máis eu fixamos outro Belén con pedras que tiñan formas similares aos elementos do pesebre. Este Belén está instalado de forma permanente na nosa casa da aldea. Tras varios anos, un gato apareceu acu-

Jerónimo de Vicente, diante do belén deste ano./Ó.B. billado no belén. A pesar dos innumerables recunchos que dispuña, o gato naturalmente refuxiouse dentro daquel belén. Creo que aquel animal estaba a dar a resposta e que Francisco de Asís tamén collería aquel gato e meteríao no pesebre. De feito, nos meus beléns sempre houbo mouchos, ovellas, cans, burros,... feitos de barro e a man fai moitos anos.” Outras características a destacar do belén do 2012?

J.dV: “Aqueles que nos visiten poderán contemplar covas con lagos subterráneos, elementos mecánicos como xogos de luces, transicións de noite e día, iluminación focalizada, etc.” Como se pode visitar este belén? J.dV: “Estará finalizado en vésperas de Nadal, e permanecerá aberto ata o 2 de febreiro de 2013, día das candeas. Agradecemos que aqueles que queiran acudir, concerten cita previa chamando ao 988 220 868.”


OCIO E CULTURA

O Nadal en Barbadás 4 Acollerá teatro, panxoliñas e ata a visita de Papá Noel. Redacción O Concello de Barbadás ten previsto para estas vacacións de Nadal un amplo abano de actividades para que pequenos e maiores gocen destas sinaladas datas. As primeiras das citas serán os días 19 e 20 de decembro, cando teñan lugar dous festivais infantís (un de extraescolares e outro da Escola de Música, respectivamente) que se celebrarán ás 19 horas na Casa da Cultura. O venres 21 será o turno da visita de Papá Noel, que a partir das 16.30 horas percorrerá os xeriátricos do Concello e dúas horas despois estará na Casa da Cultura para que se acheguen a el todos os nenos que o desexen para pedirlle os seus agasallos de Nadal. O martes 25 celebrarase ás 12.30 horas na Igrexa de

Sobrado un concerto de panxoliñas, ao igual que o domingo 30 e o 6 de xaneiro na Igrexa da Valenzá, e tamén o día de Reis na Igrexa de Bentraces. Moitos espectáculos Pero os grandes protagonistas destas datas serán os espectáculos. A Casa da Cultura acollerá diversas representacións teatrais (que terán lugar sempre ás 19 horas), como son “O baúl dos soños” (o día 26), “A verdadeira historia de Robinson Crusoe e Venrés” (o 28) e “Dous paiasos en máis apuros” (o 3 de xaneiro). Así mesmo, os nenos de Barbadás tamén poderán gozar da función “Peter Punk” de humor e clown (o xoves 27), “Nono” de mimo e circo (o 2 de xaneiro), e cine infantil o día 4 ás 18.30 horas.

Ourense por BARRIOS Decembro de 2012

25

Os máis pequenos, os protagonistas 4 A apertura do Belén de Baltar, o xoves 20, marca o inicio da programación navideña na nosa cidade. P.L. A concelleira de Cultura e Educación, Ana Garrido, presentou a programación para as festas do Nadal en Ourense, na que os máis cativos volven ser os protagonistas. Ao longo dos vindeiros días desenvolveranse unha serie de actividades, como visitas de Papa Noel ou do Apalpador, o Certame de Panxoliñas, a Mostra de Teatro Infantil ou a Cabalgata de Reis, que teñen como obxectivo entreter de maneira especial aos máis pequenos da casa. A apertura do Belén de Baltar na praza de San Cosme, o xoves 20 a partir das 18:30 horas, marcará o inicio de todas estas actividades navideñas. O acto estará amenizado musicalmente polos

Nenos Cantores da Capela Madrigalista. A continuación, tamén serán menores os encargados de acender a árbores de Nadal e o alumeado da praza Maior. O tradicional concerto da Banda Municipal, o venres 21; a visita do Apalpador aos nenos do centro cívico da rúa Colón o sábado 22; e a presenza de Papá Noel nos soportais do Concello o domingo 23, son outros habituais do Nadal na capital ourensá. Ao igual que o Certame de Vilancicos e Panxoliñas, que na súa 18º edición reunirá 22 grupos na igrexa de Santa Eufemia. Ou a 9ª Mostra de Teatro Infantil, do 25 ao 30 de decembro no Teatro Principal, Campus e Auditorio. E na tarde do 5 de xaneiro os Reis Magos chegarán á estación de Empalme de onde partirá o seu percorrido po-

Técnicos municipais e a concelleira de Cultura e Educación presentaron a programación de Nadal. /I.OSORIO. las rúas ourensás, desta vez “dun xeito máis áxil, para que os nenos non cansen”, apuntaba a concelleira. Durante estas datas festivas tamén permanecen abertas con programacións especiais instalacións municipais como as bibliotecas da Ponte (temporalmente no centro cívico), A Carballeira, San Francisco e punto de lectura infantil do

Couto, con actividades de animación á lectura polas mañás; e a Aula de Natureza de Oira, con obradoiros de reciclaxe en horario de mañá e tarde. Para os adultos, a gran festa de fin de ano con carpa e orquestra na praza Maior, na madrugada do 1 de xaneiro, e citas no Auditorio como o concerto de Berrogüetto o día 3.


26

Ourense por BARRIOS Decembro de 2012

EN BREVE

4 “Más allá de una mirada”, no Auditorio O hall do Auditorio colle estes días a exposición “Más allá de una mirada”, coa que se pretende difundir as actividades da Asociación Down Ourense e a importancia da atención á diversidade. As obras expostas son traballo dos fotógrafos Telmo Rocha, Juan Louro, Daniel Gallego, Juan Carlos Fernández e Emilio Ramos, e estarán no Auditorio ata o vindeiro día 6 de xaneiro. A partir destas fotografías, editáronse 1.200 calendarios – 600 de sobremesa e 600 en A3 -, que están á venda por 4 e 5 euros respectivamente. Os beneficios serán destinados para as actividades da asociación.

4 “O Quixote e os dereitos humáns”, no Blanco Amor O IES Blanco Amor acolle unha nova etapa da exposición “O Quixote e os dereitos humáns”, que amplía a súa colección con tres novos cadros que integran a serie “Rostros e sentencias do Quixote”. Ata o 21 de decembro, máis de 300 escolares pasarán pola exposición do pintor e escritor catalán Juan Queralt Blanch, composta por 60 obras xunto a textos referentes aos Dereitos Fundamentais.

4 A exposición da Cruz Vermella, na universidade “Te corresponde, nos corresponde” é o título da mostra organizada pola Cruz Vermella que poderá ser visitada até o 28 de decembro na biblioteca do campus de Ourense, tras pasar por outras catro localizacións. A través da mirada de 20 viñetistas españois, a exposición pretende concienciar da necesidade de converter a conciliación da vida laboral e familiar nunha realidade. Humor e ironía para buscar a corresponsabilidade e implicación de todos no proxecto común que supón a conciliación.

ARTIGOS

4HISTORIA DE PONTE CANEDO

4LITERATÚA

As vivencias do señor Daniel (II)

Planeta binario

[vén do nº anterior] P.G.: Cónteme dos mozos da súa época, cando se inaugurou a luz eléctrica. D.A.: “Os mozos eramos fortes, mírame a min con 90 anos. Traballabamos moito, aproveitabamos a luz do sol, polo que ás 6 da mañá estábamos en pé para ir a traballar ao campo ou a onde fose. Ao ser de noite aproveitabamos para traballar dentro da casa, acomodar o gando e facer outras labores do campo que estaban ao acollido á luz dos candís e das velas. A luz eléctrica chegou ao Castro alá polo 1950. Encargáronnos a min e ao Jose de Figueiras para ir a contratar os músicos a Puga xunto ao señor Perfecto e os fogos a Barbantes. Marchamos moi cedo e en bicicleta, cos cartos para os fogos e para darlle o sinal aos músicos, pasamos na barca a Puga e ao volver collemos os fogos en Barbantes. O señor Xoan da fábrica de madeira deunos cartos para mercar un fogo de 90 estralos para a inauguración da luz. Con todo xa arreglado, coas bicicletas na man xa era hora de comer e vimos unha carnicería cunha tira de chuletas colgadas. Mandámoslle cortar a metade, pero o carniceiro quedábase coas mellores e dixémoslle que as botara todas. Continuamos costa arriba ata Trasalba, ata a tenda do Cazolo e dixémoslle que fose fritindo e que nos puxera unha lata de bonito para ir picando. O señor Cazolo fritindo e Daniel

O señor Daniel no ser bar Museo, co seu sello que acredita e da fe ao perigrino que dende o sur de España fai o camiño Mozárabe da Vía da Prata. e máis eu comendo, demos conta de todas as chuletas que ao final nos saían polos ollos. Continuamos a ruta fartos e cansos, pois as bicicletas tiñamos que levalas na man xa que iban cargadas cos fogos. Pasamos Palmés, pero ao chegar a Burata empezaba a escurecer, as chuletas fermentaban e as cabezas daban voltas. Sentamos un bo anaco e a noite estaba enriba, e para que os veciños da Cima da Costa e o Castro non se impacientasen decidimos botar o fogo de 90 estralos do señor Xoan, para anunciar que o recado estaba feito”. O señor Daniel no seu Bar Museo (na imaxe) fai, a 100 quilómetros do sepulcro do Apóstolo Santiago, que o peregrino pense que o Apóstolo elexiu a nosa Galiza para a súa última morada, pensando que homes desinteresados coma el son o exemplo de hospitalidade e honren ás xentes da nosa querida Galiza. Un día no bar que teñen os meus fillos atopeino e díxen-

lle que iba a ir á Cima da Costa, se el quería, para facerlle unha reportaxe para o xornal “Ourense por Barrios”. Cando fun estábanme agardando el, o seu fillo e dous amigos da familia. Na mesa grande onde dialoga cos peregrinos xa tiña preparado un apertivo, co mellor dos agarimos. Charlamos das vivenzas que tivo ao longo dos anos con peregrinos de distintas razas e relixións e contoume que un día chegou un peregrino xoven, e ao ver a bondade do señor Daniel confesoulle que el fora ladrón e estivera no cárcere de Granada, onde fixo a promesa de que cando quedara en liberdade faría o Camiño Mozárabe da Vía da Prata. Saiu da cadea, casou e o seu sogro deulle traballo, e naquel entón estaba cumplindo a promesa que fixera no cárcere. Xente como o señor Daniel fai que Galiza sexa forte e querida.

Detrás deste título, que lembra aqueles relatos naif xurdidos ao abeiro da ficción científica de Hugo Gernsback, atópase unha perspectiva froito da observación, e que leva a pensar que os nosos dous hemisferios cerebrais poden ser responsables da concepción binaria do mundo, que aínda está vixente neste ano 2012 que agoniza. Un corsé sen o cal a enorme barriga do xénero humano perdería o exacto punto de compre[n]sión. Pois quizabes o noso maniqueísmo posúa base física: vemos con dous ollos que hai mulleres e homes, días e noites, cores brancas e negras, ben e mal, gañar ou perder, fieis e infieis, listos e parvos, nacer e morrer. Mundo rexido por antónimos opostos unicamente válidos no extremo. Pode ser que tales condicionantes físicos (que conste que algúns deles creados por nós) estean detrás da impopularidade dos eclecticismos, os termos medios, ou a busca dos tres pés aos gatos do presente (o pasado pasou): Dous ollos, máis o ollo da razón (de razoar, non de dogma). Mulleres e homes, pero libres de facer coas súas persoas o que lles veña en gana. Días e noites, pero entre eles moitas horas de luz. Cores brancas e negras, pero entre elas

o amplo espectro da luz refractada nas cores do arco da vella. Ben e mal, pero tendo en conta que teu ben pode ser o mal do outro e viceversa, considerando, respectando e coñecendo. Gañar ou perder, pero tendo en conta que hai a opción de non xogar ou incluso a de empatar. Fieis e infieis, considerando que hai persoas que non entran na túa clasificación cazurra dos seres humanos. Listos e parvos, e, entremedias, os mediocres. Nacer e morrer e, entremedias, VIVIR. Pode ser que sexan horas de plantar cara ás nosas bases físicas e convencernos dunha boa vez que hai moitos; moitísimos mais camiños posibles, lóxicos. Descubertos, iso si, tras practicar o innobre deporte do razoamento. Por certo, as crenzas relixiosas públicas, o dogma, os sentimentos de pertenza a grupos pechados (equipos de fútbol, partidos políticos...), axudan pouco ou nada na consecución dun mundo múltiple para vivirmos. Purgarse primeiro podería ser un xeito de proceder. Como dixo o pensador Armand Cresnar: o home pode imitar o chiar dos paxaros, ou os paxaros poden imitar a imitación dos humanos? Non subscribamos todo como se nos dá.

Polos que deberán pasar estas datas en hospitais e residencias, polos desafiuzados e os parados, pero tamén polos ricos e poderosos que quizá esta noite sentan sós co seu poder. Aqueles para os que o Nadal non é sinónimo de alegría se non de frustración. Vai por todos os que non están e que nestas datas tanto botamos de menos, pero tamén polos que acaban de chegar ás nosas vi-

das, ao noso mundo para alegrarnos, aos que aínda están de camiño, aos que virán, a todos nós e a todos vós Bo Nadal e Feliz 2013 cos meus mellores desexos. Esperando que o ano que entra chegue cargado de esperanza para tod@s e de novo respírese un aire de tranquilidade. Grazas a tod@s os que me seguistes durante este ano e espero seguir facéndoo un ano máis.

Jorge Emilio Bóveda jorgeemilioboveda.es

Pepe da Guardesa

4 MULLERES ANÓNIMAS

Nadal, doce Nadal Aínda que pouco ou nada teña que ver a miña columna deste mes co título de Mulleres Anónimas, aproveito estas festas tan entrañabales, onde a familia se reune ao redor dunha mesa para gozar en compañía dos seus desta ocasión festiva, para escribir para tod@s. Non todo o mundo ten unha mesa na que sentar, non todos poden gozar das súas familias, dos seus seres queridos. Al-

gúns xa non están e outros aínda que estean, é coma se non estivesen. Non todas as familias se reúnen nestas datas, non todas son felices nin cantan panxoliñas ao redor dun belén feito de brión e figuras de barro. Non todo é alegría e festexo por moi Nadal que sexa. E é que é nestas datas cando máis nos acordamos dos que o pasan mal todo o ano, acordámonos dos que non teñen a sorte de ter un fogar, unha familia,

ou simplemente de todos aqueles que fan posible un Nadal tranquilo, médicos, enfermeir@s, policías, bombeiros, celadores, e todas aquelas persoas que esa noite están de garda. Vai por elas estas liñas, por todas e cada unha de elas. Por esas persoas que estan lonxe de casa e que non poderán vir, polos que están lonxe axudando aos que máis o necesitan, aqueles aos que a sorte lles abandonou, ou mesmo a razón.

Mónica F. Pintos


ARTIGOS

4TRIBUNA ABERTA

Asumir as críticas

A fórmula é a seguinte: máis paro, xunto co recorte en soldos ou pensións, ocasiona unha redución das rendas que produce menos consumo. Un menor consumo ten coma resultado menos vendas. Menos vendas implican menos ingresos e menor producción, o que produce unha redución de emprego e a perda de ingresos a través de impostos, co cal estamos a axudar tamén a unha redución do emprego público. Así voltamos outra vez ao principio, é dicir, máis paro. Señores gobernantes, con esta fórmula o único que temos é máis pobreza. Aínda non se deron conta? Ten que haber outras medidas para que empecemos a ver unha luz de esperanza. Precisamente nestas datas sería un bo desexo que as persoas que nos están a gobernar recibiran como agasallo unha guía para que intenten cambiar de rumbo, e nos saquen deste camiño sen saída. Xavi C. Martiñá

4RECEITA Xarrete braseado con chirivías ao mel Ingredientes (para 4 persoas): - 1 kg de xarrete nunha peza - 1 cebola - 1 puerro - 1 cenoira - 1 calabacín - 200 gr chirivías. - 2 culleradas de mel - 1 taza de caldo de carne - Sal, aceite e manteiga Elaboración - Dorar a peza de xarrete en aceite de oliva. - Lavar as verduras (menos as chirivías), cortalas en dados grosos e engadilas ao xarrete. - Engadir media taza de caldo e deixar cociñar a lume lento 2 horas aproximadamente, revolvendo de vez en cando. E se fora pre-

ciso engadir algo de auga. - Unha vez cociñado retirar o xarrete. - A salsa resultante do mesmo pasala por un colador e agardar a que escurra sen triturala. - Nunha cazola por as chirivías laminadas e sen pelar, con media taza de caldo, mel e manteiga. - Deixar cociñar ata que o líquido espese. - Unha vez listo engadir o líquido que soltou o xarrete e deixalo reposar. - Ligar a salsa que anteriormente deixamos no colador cun pouco de fariña. - Filetear o xarrete, napar a salsa e guarnizar coas chivirías. Juan Luis Iglesias, xefe de cociña Os Caracoles Tel. 988 380 165

Penso que unha das cousas máis difíciles e duras desta profesión é aprender a aceptar os riscos que leva consigo o feito de estar tan expostos. O noso traballo está á vista de todos, o que queira pode posicionarse non soamente como público e consumidor do mesmo, senón que, ademais, ten dereito a opinar sobre el e por suposto a dicir se lle gusta ou non. Pode que haxa bastantes oficios tan visibles coma este, pero non son tantos os que chegan a tanta xente á vez e pagan as consecuencias de xeito público. Suponse que tes que resistir se che din que o teu traballo non lle gusta a alguén, é imposible gustar a todo o mundo, pero ás veces tamén hai que aturar comentarios que non son consecuencia directa do que fas nunha serie, película ou obra de teatro. Non hai moito, en certo grupo dunha rede social, algún que outro facía

mofa de actores e actrices compañeiros e eu incluída, facendo referencias ao físico de cada un de nós, cada semana semellaba tocarlle a un. Iso si que é ben pobre! pero ese tipo de críticas hai que levalas con moito aceite e que esvaren! Escoitar ou ler críticas duras por parte do público respecto a como levas un personaxe, ou que digan que a túa interpretación non resulta crible é moi duro, porque un fai o que fai para chegar á xente que está sentada nunha butaca ou detrás dunha pantalla, coa intención de emocionalos, contarlles algo interesante ou simplemente entretelos, e se non o consegues, uf!, derrúbaste. Tampouco son doadas de levar as críticas dos diferentes profesionais do sector. Esas poden afundirte con moi pouco esforzo. Sobre todo cando empezas a escoitalos coma se fosen deuses que o saben todo respecto do oficio. Custa darnos conta de que entre eles existen diverxencias de

opinións, e non teñen porque estar sempre no certo, aínda que moitas veces si. En conclusión, penso que hai que aprender a escoitar con paciencia e atención, e ter en consideración cada cousa que nos din, tomar as críticas construtivas e tentar esquecer as que nacen doutros lares. Así que aprender isto tamén forma parte do traballo, e pode que sexa unha das partes menos fermosas pero totalmente necesaria. Entón este ano en vez de pedir ós Reis Magos traballo (que tamén) vou pedir ademais serenidade, resistencia, aceptación e un pouco de aceite, por se acaso. Bo Nadal a todos. Sede felices hoxe, mañá xa veremos. Saamira Ganay

“Aprender a aceptar as críticas é a parte máis necesarioa do noso traballo”

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

Contra o noso “maloserá” non hai fin do mundo que valla Unha vez máis chega o Nadal, cos seus anuncios de tempada, as súas luceciñas e os seus doces altamente caloríficos. A pesar dos entrañables momentos en familia e das boas intencións, temos que admitilo: en xaneiro non habería costa ningunha se non fose porque en decembro deixámonos unha pasta gansa en agasallos, ceas (de xeito extraordinario á centola) e, se aínda nos quedan forzas ou reservas para máis compras, en trapiños de fin de ano e os seus complementos respectivos. Faría recapitulación do 2012, pero non é cuestión de deprimirnos a escasos días para rematar o ano. Para iso xa está o telexornal nostálxico do día 31 e os programas coas mellores xogadas do acontecido. Desas tivemos unhas cantas. Menos mal que nos levamos algunha que outra alegría no campo do deporte, porque o resto do

panorama non está para botar moitos foguetes nin andar colgando medallas a torto e a dereito. Pero nin recapitulación, nin lamentación. Sustos, uns poucos. Sen ir máis lonxe, Iberia case me deixa sen o pracer de sentirme “Moza Almendro” -que non Almodóvar, aínda que Pedro sabe que pode contar comigo para o que queira- e darme o capricho de volver a casa como o bo turrón. Este Nadal non están as cousas para moito malgasto, pero co que me aforrei na mula e o boi por obra e graza de Benedito, cómpreme dous pastorciños extra para facer vulto no portal e unha uva de máis para ver si o cambio inflúe na sorte dos próximos 12 meses. Prosperidade non sabemos a tiro fixo se a teremos, pero pola Paz xa nos leva-

27

4AXENDA

4AVATARES DUNHA ACTRIZ NOVATA

Un desexo Cada día que pasa a sociedade está máis distante da clase política. Nos últimos meses e anos os cidadáns están a sofrirnas súas vidas as decisións duns gobernantes que, en vez de intentar solucionar un problema, crean outros aínda máis graves. Aos recortes en servizos básicos e fundamentais coma a sanidade ou a educación, súmase a supresión das pagas extraordinarias dos funcionarios ou a non actualización das pensións. Ademais do anterior é preocupante que, por un lado, parte dos cartos aforrados van parar a unhas entidades financeiras para que poidan transformar a cor vermella da cifra das súas perdas en negra, si, negro coma o futuro da sociedade; por outro os gobernantes que recortan non dan exemplo, eles seguen a gastar coma antes (as viaxes, o teléfono, os seus envidiables soldos, os coches oficiais, etc). Minten cando din que teñen gobernos máis aforradores. Aquí lembramos un sabio refrán: “dime do que presumes e direite do que careces”.

Ourense por BARRIOS Decembro de 2012

mos un premio Nobel. Só é cuestión de seguir o tirón e adoptar a fórmula máxica de todo bo galego. Xa se poden por os maias tan parvos como queiran, que contra o noso “maloserá” non hai fin do mundo que valla. Si, crise haberá. Para moitos sempre a houbo e para outros máis tería que haber. Con todo, agora que podemos pedir sen ánimo de lucro, que sexa o que os dignos queren que sexa. Que sexa un Bo Nadal e que os xustos deixen de pagar polo descaro e mal facer dos pecadores. Que veñan xa eses cartos. Tomemos posicións no mellor lugar do salón, e brindemos botándolle ganas o ano que empeza. Felices Festas. Raquel Sertaje

“Crise para algúns sempre a houbo e para outros máis tería que haber, así que no novo ano que os xustos deixen de pagar polo descaro dos pecadores”

Exposicións - Ata o 4 de xaneiro - Exposición colectiva de 6 alumnos da Fac. Belas Artes - Casa da Cultura da Valenzá - Ata o 11 de xaneiro: “Condenados” de X.M. Buxán + Germán Gómez Sala Alterarte do Campus - Ata o 17 de febreiro: “Escultura extensa. Un percorrido complexo e vital” - C. Novacaixagalicia pr. Maior Teatro, ballet, danza - 20 de decembro - Teatro: “0,7% Molotov” - 20:30 h. - Auditorio - 21 de decembro - Danza: “Animal” - 20:30 h. - Auditorio - 23 de decembro - Teatro infantil: “A folla máis alta” - 12 h. - Auditorio - 25 de decembro - MOTI: “A invasión dos lapaclatus” - 19:30 h. - Paseo - 26 de decembro- MOTI: “Kafka e a boneca viaxeira” 17 h. - Teatro Principal; “pés de cristal” - 17 e 19 h. - Auditorio; “Grande máis grande” - 17 e 18:15 h - Campus - 27 de decembro - MOTI: “A maxia de Cayetano Lledó” - 17 h. - Teatro Principal; “Ringo Rango” - 19:30 h. Auditorio - 28 de decembro - MOTI: “Ñam” - 17 e 18 h. - Teatro Principal; “El fantástico viaje de Jonás el esmerpatozoide” - 19.30 h. - Auditorio - 29 de decembro - MOTI: “Xogando ca arte” - 17 h. - Teatro Principal; “¿A qué sabe la luna? - 18:15 h. Campus; “Chosco voando” - 19:30 h. - Auditorio - 30 de decembro - MOTI: “Nuncabunga” - 12 h. - Auditorio; “Un lugar en tu corazón” - 17 h. - Teatro Principal; “El viaje de Martín” - 18:15 h. - Campus Música - 19 de decembro - Concerto de Nadal das agrupacións infantil e adultos da Capela Madrigalista - 20:30 horas Igrexa de San Francisco - 21 de decembro - Concerto da Banda Municipal - 19:30 h. Parque San Lázaro - 21 de decembro - “Música para la Navidad” - 20:30 h. Auditorio - 23 de decembro - 17 horasConcerto infantil de Nadal - Igrexa de San Pío X - 26, 27 e 28 de decembro Concerto de corais - 20:30 h. - Igrexa Santa Eufemia - 30 de decembro- Concerto didáctico de Son+d2 - 17 h. - Auditorio - 3 de xaneiro - Concerto de Corais - 19:45 h . - Igrexa das Caldas - 4 de xaneiro - Berrogüetto - 20:30 h. - Auditorio - 6 de xaneiro - Peter Pan on ice - 16 e 19:30 h. - Auditorio - 9 de xaneiro - Concerto de Ano Novo - 20:30 h. - Auditorio www.mundourense.com


28

Ourense por BARRIOS Decembro de 2012

IMAXES DO MES

40 estudantes, galardoados no 29º Concurso da Constitución Ourense recorda a Blanco Amor Cada 1 de decembro desde o ano 2003 o Centro PEN-Galicia organiza unha homenaxe ao escritor ourensán Eduardo BlancoAmor xunto á súa tumba no cemiterio de San Francisco. Á deste ano asistiron o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o director da editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes; a profesora da Universidade de Santiago, Marta Pérez Pereiro; e o presidente do Pen Galicia, Luis González Tosar, entre outros. No 33º aniversario do seu pasamento, o conselleiro de Cultura resaltou a figura do escritor, dicindo que “foi un exemplo en moitas cousas, mesmo na valentía e na discreción coas que afrontou a súa opción sexual, en tempos inzados de prexuízos e de homofobia”.

Autoridades e representantes da sociedade ourensá participaron o 6 de decembro no acto institucional de entrega de premios da 29ª edición do Concurso escolar da Constitución, celebrado no Auditorio de Ourense. Un total de 40 alumnos de 18 centros escolares da provincia foron seleccionados polo xurado entre os case 1.400 traballos presentados, 20 na categoría de Infantil e Primaria, premiados cunha cámara de fotos dixital, un diploma e un exemplar da Constitución, e 20 na de ESO, Bacharelato e FP, galardoados cunha viaxe a Madrid para visitar o Congreso e o Senado. No mesmo acto a Subdelegación do Goberno distinguiu o labor de colectivos e persoas vinculadas con ela no seu desenvolvemento profesional, nesta edición o Banco de Alimentos, Cáritas Diocesana e Cruz Vermella, como colectivos, e a nivel individual, o forense Julio Jiménez do IMELGA.

Cursos de Photoshop no Espazo Xove O Espazo Xove acolleu dous cursos de photoshop impartido polo fotógrafo Óscar Pinal, un de iniciación para os novos na materia, e outro avanzado para os que xa tiñan algún coñecemento do programa. Tralo éxito deste primeiro edición con cheo de prazas (15 por cada nivel), este fotógrafo freelance volverá realizar máis a principios do ano que vén. Buscarase a axuda dalgunha administración ou mesmo fundación para que continúen sendo gratuítos, pero de non chegar esta, cobrarase un prezo máis que axustado aos novos alumnos, para que non sexa escusa para anotarse nunha actividade no que se aprende moito desta ferramenta que axuda ao fotógrafo que todos levamos dentro. E desde aquí os nosos parabéns a outro mozo ourensán, Brais Lorenzo, fotógrafo de Faro e Efe e colaborador puntual de Ourense por Barrios, que recentemente foi galardoado co primeiro premio SINIF (Simposio Nacional sobre Incendios Forestais) de fotografía “Firepress 2012” por un traballo realizado durante a campaña de incendios.

Inauguración da exposición “Beléns do Mundo” O bispo de Ourense, Monseñor Lemos Montanet, presidiu o acto de inauguración da tradicional exposición “Beléns del Mundo”, que pode visitarse ata o 7 de xaneiro na planta baixa do Bispado. O coro do colexio Josefinas amenizou o acto cantando varias panxoliñas. A mostra recolle este ano máis de 70 beléns de distintos países do mundo, elaborados en barro, tea, madeira, cobre ou folla de millo, traídos polos misioneiros á Delegación de Misións. Complétase con beléns da Asociación de Belenistas de Ourense, colectivo que este Nadal instalou un belén monumental que se pode contemplar na primeira planta do Bispado. “Beléns do mundo” pódese visitar de 11 a 13 e de 17:30 a 19:30 horas de luns a xoves, permanecendo pechado os festivos e os días 24 e 31 pola tarde.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Decembro de 2012

29


30

Ourense por BARRIOS Decembro de 2012

DEPORTES

O Ourense perde o segundo partido consecutivo

O COB ofrece unha mala imaxe contra o Lleida

4 Esta vez contra o Leganés por 2-0.

4 Perdeu recordando ao equipo de principio de tempada.

R. Torres Segunda derrota consecutiva de CD Ourense no que vai de liga, nesta ocasión ante o Leganés. Se na pasada xornada fora o Caudal Deportivo o que derrotara ao Ourense no Couto, nesta xornada foi o Leganés o que venceu aos “rojillos” no estadio Butarque. Durante o encontro as forzas estiveron moi igualadas,

pero a maior pegada dos locais decantou a balanza do seu carón. Dioni estivo moi acertado de cara ao marco que nesta ocasión defendía Manu Táboas substituíndo ao sancionado Pato, e os dous goles do encontro levaron a súa firma. Por contra, Jona leva catro partidos sen anotar e iso resíntese no equipo ourensán; o malagueño tivo unha ocasión que desbaratou o porteiro

Jona controlando o balón no partido contra o Caudal./R.T.

Derrota inxusta do Cidade As Burgas 4 O Ponte empata co Roldán. R. Torres O Cidade As Burgas perde contra o Soto del Real (0-3) de forma inxusta, mentres que ao Ponte Ourense empátanlle no último minuto.

Se ben é certo que durante os primeiros 20 minutos o Soto del Real adiantouse no marcador e mantivo a raia ás ourensás, a verdade é que na segunda metade o Cidade foi moi superior

local. Yebra tamén contou cunha ocasión, pero o pau repelou o lanzamento do centrocampista. O sábado 22 de decembro xogarase o último partido do ano na Segunda División B no Couto. O Ourense recibe, a partir das 17.15 horas, ao Zamora. Os ourensáns marchan undécimos con 22 puntos, a sete da promoción de ascenso e a catro da de descenso, e a cinco do descenso directo. Por contra, o Zamora ocupa a praza de promoción de descenso (décimo sexto) con 18 puntos. UD Barbadás O Barbadás desaproveitou a oportunidade de vencer a un rival directo nos Carrís, pero non pasou do empate. Cero a cero e un punto máis para o equipo de Jorge Regal. O equipo da Valenzá é décimo cuarto con 21 puntos, a seis do descenso. O Barbadás pecha a tempada en casa do líder, Rácing de Ferrol, o domingo 23 de decembro. ao seu rival. Dispuxeron de claras ocasións, pero ningunha se materializou por culpa da porteira visitante que repelía todos os balóns que chegaban ás súas inmediacións. Cando Codeso optou polo xogo de cinco, as visitantes puxeron terra de por medio con dous goles máis, facendo imposible a remontada. Ponte Ourense O Ponte Ourense des-

R. Torres Un mes levaba o equipo dirixido por Rafa Sanz deixando boa imaxe nos partidos da Liga LEB Ouro. Vencendo nos dous disputados en casa e perdendo pola mínima nos dous de fóra. Cando parecía que o COB xa era un equipo competitivo chega o encontro en Lleida... e volveron as pantasmas de principio de tempada. Un resultado de 79-64 e o que é peor, mostrando a imaxe que recorda aos primeiros partidos da liga. A dun equipo pouco competitivo e o máximo candidato ao descenso se as cousas non cambian. O COB chegou a estar por enriba dos 20 puntos de desvantaxe, e de non ser pola relaxación dos locais nos minutos finais non se chegaría ao menos quince final. Barbour disputaba o encontro mermado físicamente, e Rafa Sanz non encontrou substituto con garantías durante todo o

Rai defendendo a un rival no Paco Paz./RAMSÉS encontro. Kedzo, a parte de ser o máximo anotador cobista, non realizou un partido salientable, o mesmo que Ogide. O resto, máis do mesmo, pouca achega e un xogador, Javi Múgica que con menos de catro minutos na cancha foi o que, de lonxe, menos participou no encontro. O COB regresa o xoves 20 ao Paco Paz (21 horas) para recibir ao Básquet Coruña no último partido do ano. Liga Feminina 2 O Pabellón Ourense a piques estivo de dar a sorpresa na súa visita á cancha do

líder, Cortegada. 53-52 foi o resultado final dun partido no que as de Gonzalo González tiveron na última posesión a opción de vencer ao conxunto de Vilagarcía, invicto na liga. Para pechar o ano, o Pabellón recibe ao Ensino, o sábado 22 de decembro a partir das 20 horas na central dos Remedios.

O COB recibe ao Basquet Coruña o xoves 20 de decembro no Pazo ás 21 horas

aproveitou a ocasión de levarse a vitoria na cancha do Roldán. As de Óscar Vivián ían gañando 2-3 ata que nos intres finais as locais lograban o empate a tres definitivo. Última xornada Para a última xornada do ano o Ponte recibe a visita do Atlético de Madrid (sábado 17 horas, Os Remedios). O Cidade visita a cancha do Viaxes Amarelle.

María no partido contra o Soto del Real. /RAMSÉS


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Decembro de 2012

31


Ourense por BARRIOS Decembro de 2012


O equipo de O Nadal xa Ourense por Barrios está aquí deséxalles aos seus lectores [páx. 15

Bo Nadal Próspero 2013! e páx.e 39-42]

TEMA DO MES Páx.2 TEMA DO MES Páx.3 O Concello non abonará a paga extra aos funcionarios

ENTREVISTA Páx.20

OCIO

Páx. 14 e 25

A apertura do claustro Víctor Quintas, mozo Programación de de San Francisco, odontólogo nº 1 da súa Nadal en Ourense e pendente da seguridade promoción na Valenzá

DEPORTES

Páx.30

O Ponte Ourense empata co Roldán; o Cidade, perde

Retrásase a integración ferroviaria [páx. 7]

O informe técnico de Fomento para avaliar posibles cambios na integración urbana do AVE acumula meses de retraso./ARQUIVO.

Número: 114 - Ano: XI - Decembro 2012 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Decembro de 2012


O equipo de O Nadal xa Ourense por Barrios está aquí deséxalles aos seus lectores [páx. 15

Bo Nadal e Próspero 2013! e páx. 39-42]

TEMA DO MES Páx.2 BALANCE O Concello non abonará a paga extra aos funcionarios

Páx.6-7

Remata un ano impactante para Ourense

CIDADE

Páx.7

Retraso no informe técnico sobre a integración do AVE

OCIO

Páx.14 e 25

Programación de Nadal en Ourense e na Valenzá

DEPORTES Páx.30 O COB ofrece unha mala imaxe contra o Lleida

A apertura do claustro de San Francisco, pendente da seguridade

[páx. 3]

O alcalde adianta que se abrirá ao público tralo Nadal, ao ter que instalarse cámaras de seguridade./P.LODEIRO.

Número: 10 - Ano: XI - Decembro 2012 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


O equipo de Ourense por Barrios deséxalles aos seus lectores Bo Nadal e Próspero 2013! TEMA DO MES Páx.2

BALANCE

Páx.6-7

O Concello non abonará a paga extra aos funcionarios

Remata un ano impactante para Ourense

ECONOMÍA Páx.12

OCIO

Páx.14 e 25

Primeiras conclusións do Observatorio Económico Ourensán

Programación de Nadal en Ourense e na Valenzá

DEPORTES Páx. 30 O COB ofrece unha mala imaxe contra o Lleida

A apertura do claustro de San Francisco, pendente da seguridade

[páx. 3]

O alcalde adianta que se abrirá ao público tralo Nadal, ao ter que instalarse cámaras de seguridade./P.LODEIRO.

Número: 63- Ano: XI - Decembro 2012 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Decembro 2012 - OUXB