Outubro 2012 - OUxB

Page 7

ARTIGOS

4DESDE O SOTO DO CONCELLO

Historia dunha obra de teatro Probablemente ninguén no mundo nos mire. Non moita xente acordarase disto. Pero a verdade é que un queda moi estrañado cando un concelleiro, por dar a súa opinión (por moi dura que sexa), ten que saír escoltado pola policía, mentres que o alcalde, imputado por varios presuntos delitos e sen apoio político, saia vitoreado polas masas. É como o mundo ao revés, solo que nin Alicia nin o coello fixeron acto de presenza. Parecía tranquila a mañá. Novos postos no pleno, pois Isabel deixaba o seu sillón ao lado do alcalde para sentar xunto a Marta Arribas, mentres que Fernando Varela non veu ao pleno. Marga Martín e Agustín acomodáronse ao lado do alcalde e Aurea baixou ao sitio de Agustín. Pero isto é o de menos. O triste é ver como todo foi organizado como unha obra de teatro, un circo orquestrado para facer ver que Paquiño era o máis querido de Ourense. Uns altofalantes fóra permitían escoitar a xente da Praza Maior todo o que acontecía no pleno. Quen os puxo? Quen o paga? Onde está o permiso? Porqué non se poñen sempre? Puxéronos para que todos os fans de Paquiño vitorearan as súas palabras, se queixaran das de Rosendo e apupasen as críticas de Gonzalo. Non entraban todos no pleno pero oían. Fai pouco máis dun ano, polo 15-M, houbo xente que quixo en-

trar ao pleno e non puido porque non había sitio e entón non puxeron altofalantes. Estraño? Que va, o que pasa é que aí non lles interesaba, só para o que a eles lles dá a gana. O alcalde fixo o seu discursiño, montóns de cámaras gravando. “Non me vou para defenderme, porque non teño de que defenderme”, palabras de Paquiño I, O Triste. Gonzalo díxolle un par de palabras, e fóra houbo un grande apupo: “Fóra, fóra!”. Pero o divertido veu en canto rematou o pleno. Gonzalo sae do Concello, e empezan os apupos. Hai xente que empeza a cuspirlle, que o insulta, bótanselle enriba. A policía ten que porse no medio e escoltalo ata a saída da Praza Maior. Esa xente, seguidores de Paquiño, son os “demócratas”. Eses que case se lle botan enriba, son en realidade aqueles que chupan da teta do Concello, os que perden o traballiño e o chollo. Pois aí teñen ao seu alcalde, imputado por presuntos delitos. Pero por moi pepera que sexa a xuíza, non se pode imputar alguén así por así, hai que ter probas. E se hai probas, moito me temo que algo ha de haber. Pero mentres, a xente apupará aos que critican a un imputado, e aplauden a un alcalde implicado nunha trama de corrupción. Bravo! Pablo Prol Sobrado Democracia Ourensana

Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

4HISTORIA DE PONTE CANEDO

4AXENDA

As eleccións autonómicas A prensa non di o que sinte, a televisión idem, a radio tampouco, as conferencias ou mitíns que dan uns e outros non se axustan á realidade, o máis educado que din uns políticos doutros é a descalificación, salvo raras excepcións. Ollando en actas do antigo Concello de Canedo hai detalles e actuacións que se facían con poucos medios e unha dose alta de sentido común e daban bos resultados. No antigo Canedo existía a figura do Policía Rural, cuxa misión era percorrer os pobos das parroquias, dando un parte detallado todos os días dos incidentes, anomalías, estado de camiños e pontes... que necesitasen ser coñecidos pola corporación municipal. Este policía rural durante os 365 días do ano percorría os 90 km cadrados de Ponte Canedo. Un día a un pobo, outro día a outro e así sucesivamente, nunha folla apuntaba o que vía anormal e o entregaba no concello. En “365 papeliños dun ano” pódense sacar moitas conclusións. Agora con tantos adiantos, helicopteros, motos, radios, xentes a cabalo, transistores sofisticados, coches... a maioría das veces sabemos que arde o monte porque vemos o fume. Aquí os políticos esqué-

cense do básico que é evitar que se produza o lume. Por que non se toma en serio e firmemente o tema dos incendios e a limpeza dos montes? Os montes tiñan que estar controlados dende a caída da castaña ata a do segiuinte ano. Coidar o monte só en verán é como ter abandonada a nosa xuventude ata os 20 anos. Os políticos e o Estado deberían contar cos nativos dos pobos; non dúbido que os políticos algúns sexan moi competentes, incluso posúen datos, enxeñeiros e medios, pero fáltalles coñecer a natureza. Por que temos en Galicia tantos incendios e tan pouco gando de montaña, por que hai tan pouca poboación rural que podía vivir decentemente do que podería dar o campo e o monte desta bendición de Deus que é a nosa Galicia? Os datos que dan os políticos segundo do partido que sexan, incriblemente son dispares totalmente. Hai datos que non se debería consentir que se falsificaran. Se un pobo ten tantos habitantes, tantos obreiros en activo, tantos parados, tantos anciáns non poden deixar de coincidir entre todos e sen embargo minten algúns e se se lle dí algo ao efecto, non pasa nada. Pensándoo medianamente ben, a nosa política móvese nun porcentaxe moi elevado de mentira

e irresponsabilidade. Vendo enquisas nos xornais, radios, televisións de distintos nomes políticos, dise que Galicia, dentro do que cabe, en moitas cousas está cumprindo o seu cometido; cando falan os políticos din que é un desastre, unhas autonomías piden ao goberno central diñeiro, pois non poden cumprir co máis esencial, seguridade social, pensións, educación, axudas aos máis necesitados e casos de extrema necesidade. Nestas eleccións o domingo 21 de outubro os políticos deberían, aínda que sexa por única vez, dicir a verdade. Se Galicia está viva, dicir que está viva, se está morta, dicir que está morta, se vai mellor cas autonomías do resto da nación, dicir que é verdade, se a Xunta cumpre cos obxectivos marcados polo goberno, dicir a verdade, se a conciencia do cidadán lle dice que hai que ir a votar, que vaia votar a quen crea convinte. O mundo atravesa globalmente un mal momento, pensemos que temos que marcar o ritmo do que hai que pensar coa cabeza fría, non é hora de aventuras tolas, ninguén nos vai regalar nada.Se queres a Galicia e España cumpre co teu deber, vota coa túa conciencia. Pepe da Guardesa

Os artigos de “Arquivo Visual”, “Diario dunha emigrante”, “Avatares dunha actriz novata” e “Mulleres anónimas” volverán a este sección no próximo número como é habitual

Exposicións - Ata o 20 de outubro “Libertad Absoluta” - Galería Manuel Márquez - Ata o 21 de outubro – Exposicións das XXIV Xornadas de Banda Deseñada – Museo Municipal - Ata o 30 de outubro “Lembranzas”: mostra fotográfica en branco e negro de Jorge R.Lago – Espazo Xove - Ata o 30 de outubro - Exposición do escultor ourensán Ramón Conde - Centro Cultural Marcos Valcarcel Teatro - 18 de outubro – FITO: Mamafloriana e Kamikaze/Carmen Machi presentan “Juicio a una zorra” – 20:30 h. – Auditorio - 19 de outubro – FITO: Teatro Los Lunes presenta “Wild wild Wilde” – 20:30 h. – Teatro Principal - 20 de outubro – FITO: Patrice Thibaud presenta “Cocoricó” – 23 h. – Auditorio Cine - 18 de outubro - “Nuestro culpable - 19 h - Campus Universitario - 24 de outubro – “The devil and Daniel Johnston” – 18, 20:30 e 23 h. – Cinebox - 31 de outubro – “Let’s get lost” – 18, 20:30 e 23 h. – Cinebox Música - 20 de outubro - Festival de Blues: Marcus Malone – 22 h. – Teatro Principal - 20 de outubro – Sons of Meteora – Sala El Siete - 21 de outubro – Festival de Blues: Giles Robson & The Dirty Aces – 20 h. – Teatro Principal Varios - Todos os venres, desde o 19 de outubro – Circo – De 18 a 20 h. – Polideportivo do Espazo Xove www.mundourense.com


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.