Outubro 2012 - OUxB

Page 1

socialista O NadalOxa Agustín Fernández, está aquí novo alcalde de Ourense [páx. 15 [páx. 2-3] e páx. 39-42]

CIDADE

Páx.5

O Concello aproba o estudo de detalle da Área das Burgas

BARRIOS

Páx.8

SOCIEDADE Páx. 23

Reclaman máis prazas para a residencia Cabeza de Vaca

O 21-O, vote!

ENTREVISTA Páx. 28 DEPORTES

Duplicado o número de Eulogio “Euler”, prazas nun ciclo do IES creador da web de Marcos Valcárcel humor “Enchufados”

Páx.30

CD Ourense, fiel ao seu estilo, saca un punto en Oviedo

[páx. 13-20]

Os candidatos de BNG, PSOE e BNG á presidencia da Xunta, e as outras 15 formacións que se presentan por Ourense.

Número: 122 - Ano: XI - Outubro 2012 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

TEMA DO MES

pleno ordinario de outubro

Os socialista perden a súa primeira votación como goberno en minoría 4 O PP sacou adiante unha moción para evitar o uso de recursos públicos con fins partidistas. P. L. Situación anómala a que se deu no pleno ordinario de outubro no Concello de Ourense, con dous sillóns baleiros ao non ter recibido a tempo as súas credenciais para tomar posesión como concelleiros o socialista Alfonso Vilachá e o nacionalista Xosé Somoza. Con só 10 edís formando o seu grupo, a moción socialista sobre as alegacións ao Plan Sectorial estaba avocada ao fracaso, como así foi, malia o apoio das dúas concelleiras nacionalistas, ao ter o voto en contra de PP e DO. Pero o máis chamativo desta moción, defendida por Aurea Soto, é que se firmou dous días despois de pecharse o prazo de recepción de alegacións por parte da Xunta. Por iso, que finalmente se aprobara ou non pouco ía variar as alegacións xa presentadas polo Concello de Ourense. De aí os calificativos de “interesada, extemporánea e tramposa” que recibiu de Rosendo Fernández, quen se queixou de que o equipo de goberno que non a consensuara co PP antes de que rematara o prazo de información pública. Na segunda moción do día, a do PP reclamando ao goberno municipal que non permitise o uso de recursos públicos con fins partidistas, a minoría do grupo de

goberno volveu quedar en evidencia. Rosendo Fernández motivou o sentido desta moción no acontecido nas últimas xornadas en relación á Operación Pokemon, cunha rolda de prensa do ex alcalde ás 9 da noite dun domingo ou coa colocación de altofalantes na praza Maior durante a sesión plenaria de renuncia de Francisco Rodríguez. Por máis que o BNG se abstivera, para non facerlle un feo quizais aos que ata dous días foron os seus compañeiros de goberno (argumentando que tiñan dúbidas tal e como estaba redactado o acordo), os votos de populares e DO foron de novo suficientes para que a moción quedase aprobada e reprobaran así a xestión dos socialistas durante a crise municipal ocasionada pola detención do alcalde, na que houbo, segundo Rosendo Fernández, “unha utilización clara dunha institución con fins partidistas”. O voceiro do PP lamentou que desde o grupo socialista “non dean explicacións nin pidan perdón” polo acontecido á saída do pleno do pasado sábado 29 de setembro: “este portavoz e os membros do PP fomos insultados como

cabróns, fascistas e fillos de puta pola mesnada que vostedes convocaron, estou esperando señora alcaldesa unha desculpa”. Si fixo unha excepción referíndose á edil socialista Susana Bayo que si lle trasmitira as súas escusas. Máis preguntas sobre o caso Pokemon Xa no turno de rogos e preguntas, volveu sair o caso Pokemon e as súas repercusións na vida política local. Por unha banda, Susana Gómez, de DO, preguntou quen ordenara a colocación da megafonía “e por que motivo, quen vai asumir o custo e cal foi o seu importe” . Tamén quixo saber “se se convocou desde o Concello a mobilización da praza Maior” e cal era a postura oficial ante o sucedido tralo pleno de dimisión do alcalde, “onde a oposición foi insultada, abucheada e escupida”. E Rosendo Fernández interrogou ao edil de Facenda por se sabía algo da Operación Pokemon, ao que este respondeu pedindo respecto para a presunción de inocencia e que deixaran traballar á xustiza.

O PSOE presentara unha moción sobre o Plan de aparcamentos disuasorios co prazo de alegacións xa pechado

Agustín Fernández, novo a

4 O novo rexedor tende a man ao BNG para reeditar cións retomaranse tralas eleccións galegas. Paula Lodeiro Máxima expectación no salón de plenos do consistorio ourensán, na sesión plenaria extraordinaria na que ía tomar posesión o novo alcalde, Agustín Fernández. Coas bancadas de público e medios de comunicación cheas, todo aconteceu como estaba previsto, e en pouco máis de media hora o trámite estaba cuberto. Comezou a sesión coa toma de posesión como concelleiros do socialiata Alfonso Vilachá e do nacionalista Xosé Somoza, que prometeron os seus

cargos. Logo produciuse a votación secreta en urna para a elección do alcalde. Non houbo sorpresas. Incluso algún concelleiros ‘pachistas’ amosaron a súa papeleta co nome de Agustín Fernández para que non quedaran dúbidas de que ían cumplir a disciplina de voto do partido. Foron 14 votos a favor do ata entón concelleiro de Facenda, os 11 do PSOE e os 3 do BNG, fronte aos 11 que recibiu o popular Rosendo Fernández e dous máis en branco. Cun sincero abrazo, Agustín Fernández recibiu o bastón de mando de mans da que durante dez días

foi alcaldesa en funcións do Concello de Ourense, Marga Martín. Comezou o seu discurso agradecendo o apoio dos concelleiros socialistas e dos nacionalistas – cos que negociará para volver reeditar o goberno de coalición-, e facendo un recoñecemento a quen o precedeu no cargo, Francisco Rodríguez, e máis ao edil nacionalista Fernando Varela. Afirmou que comeza o seu mandato “con humildade e co desexo honesto de acertar”. Discurso de investidura Logo entrou a detallar os cinco eixos do proxecto de

A alcaldesa en funcións, Marga Martín, abraza ao novo rexedor, Agustín Fernández, no pleno da


TEMA DO MES

Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

alcalde de Ourense

4 Cinco anos no Concello

r a coalición de goberno. As negociacidade que pensa continuar: un novo modelo urbanístico, a integración ferroviaria, o plan estratéxico termal, os novos desenvolvementos urbanos residenciais e comerciais na zona sur da cidade, e a creación de solo empresarial no termo municipal. “Todo está en marcha e todo seguirá a folla de ruta prevista”, recalcou. Fixo referencia ás políticas sociais, que continuarán a ser centrais no goberno municipal de Ourense. “Este goberno coidou no pasado, coida no presente e seguirá coidando das persoas no futuro”, apuntou. Agustín Fernández alu-

súa investidura./P.LODEIRO.

diu tamén á crecente desafección cidadá coa clase política. “Son consciente de que estes cidadáns non cren moito en nós e probablemente teñan razón de abondo para non facelo”, afirmou, considerando que “quizais é o momento de abandonar a política espectáculo, renunciar a ese minuto de gloria mediática, abandonar a loita partidaria, e sentármonos cos cidadáns a abordar o que de verdade lles importa”. Ao remate do pleno, Fernández recibiu o saúdo de parte, non todos, dos concelleiros da corporación. Negociacións para reeditar o bipartito Nesta semana que leva como alcalde, Agustín Fernández xa anunciou en varias ocasións o seu desexo de reeditar a coalición co BNG e que os edís nacionalistas volvan asumir competencias de goberno. De momento, non haberá negociacións entre as dúas forzas ata que pasen as eleccións. “Falaremos, pero imos pospor a toma de decisións definitiva para despois das eleccións”, dixo o rexedor socialista. Pola súa parte, a voceira nacionalista, Isabel Pérez, indicou que serán tanto o grupo municipal do BNG como os seus órganos de dirección “a nivel local como comarcal e nacional” os que decidirán se volve haber pacto ou non co PSOE. “Cando haxa algunha novidade vola trasladaremos”, afirmou Pérez trala primeira xunta de portavoces do novo alcalde.

Xosé Somoza e Alfonso Vilachá, novos concelleiros do BNG e do PSdeG, respectivamente./P.LODEIRO.

4 O novo rexedor reúne a xunta de portavoces Este luns 15 de outubro tiña lugar a primeira xunta de portavoces do Concello de Ourense de Agustín Fernández como alcalde. Unha xuntanza de cortesía, así a entendeu Isabel Pérez, na que o novo alcalde pediu que se reducira “a crispación no debate político” e na que o voceiro do PP reclamoulle que se volvan reunir periodicamente as xuntas de áreas e que “a transparencia sexa unha máxima neste concello”. Rosendo Fernández solicitou ao novo rexedor que deben “desterrarse” os “lamentables” actos que sucederon na praza Maior tralo pleno de demisión de Francisco Rodríguez, “dixemos que o ex alcalde tiña un gabinete de desinformación moi malo porque a partir deles se convocou á xente para que se nos insultara e polo tanto esto debe desapare-

cer”, apuntou. Con respecto a esta xuntanza de voceiros, o concelleiro de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, considerouna nada máis que “unha declaración de boas intencións” e non cre que cambie o xeito de facer política do goberno socialista: “as palabras desta corporación xa sabemos en que quedan, en nada”. Por iso anunciou que o seu partido seguirá na súa liña, e de feito, DO vén de poñer en coñecemento do xulgado de garda documentación relativa “á presentación e pago de facturas, supostamente falsas, por un importe que ascende a 235.988,41 euros” do servizo de axuda no fogar, “que involucra ao grupo de goberno do Concello de Ourense”. Novas tenentes de alcalde Días antes, o máximo mandatario ourensán asinara o decreto no que ratifica

as competencias delegadas nos concelleiros do grupo municipal. Aquelas competencias que tiñan os edís do BNG (Cultura, Turismo, Vivenda, Deporte, Medio Ambiente e Xuventude, entre outras) foron atribuidas provisionalmente ao propio alcalde, Agustín Fernández. O novo rexedor tamén nomeu a Marga Martín como primeira tenente de alcalde e a Áurea Soto, como segunda tenente alcalde, e delegou en Alfonso Vilachá a concelleira de Deportes. Amais, foron ratificados os membros da Xunta de Goberno Local presidida polo alcalde e constituída polos concelleiros socialistas Marga Martín, Áurea Soto, Carmen Rodríguez Dacosta, José Ángel Vázquez Barquero, José Carlos Martínez-Pedrayo, Ana Garrido, Mónica Vázquez e Susana Bayo e María Devesa.

Agustín Fernández (1959, Caracas, Venezuela) entrou na corporación municipal en 2007, da man do Partido Socialista aínda que como independente. Naquela primeira lexislatura asumiu as competencias de Economía e Facenda, ás que lle sumou nesta segunda, xa como militante socialista, as de Seguridade e Tráfico. Agora terá que renunciar a elas para dedicarse en exclusiva ao posto de alcalde, ao igual que o fará ao seu posto de inspector de Facenda . “Deixo o meu traballo na Axencia Tributaria, por responsabilidade porque quen representa a todos os ourensáns ten que asumir ese sacrificio”, dixo, engadindo que a decisión lle vai supor unha perda importante de ingresos, “vou gañar menos diñeiro pero o acepto encantado, e creo que é o mínimo coste que se pode asumir por responsabilidade por esta cidade”. Publicación dos bens do alcalde, na web Na web municipal xa aparece tanto un saúdo do novo alcalde aos seus veciños, como o seu currículum e a súa declaración de bens, que que inclúe o patrimonio inmobiliario (unha vivenda, dous pisos e dous garaxes), o patrimonio mobiliario (accións en Telefónica e Iberdrola), os depósitos bancarios (catro contas correntes e dous plans de pensións) e os vehículos en propiedade (tres coches, dos que posúe ao 50%), así como o rexistro de intereses sobre causas de posible incompatibilidade.


Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

PUBLICIDADE

O PPOU alerta de que a cidade volve ter “un goberno baixo sospeita”

Rosendo Fernández afirmou que o novo alcalde, na súa etapa de máximo responsable económico do Concello, pagou alomenos unha comida privada amortizando multas e taxas pendientes de pago do establecemento onde tivo lugar O portavoz do Grupo Municipal do PPOU, Rosendo Fernández, e mailo concelleiro responsable da área social, Miguel Abad, compareceron en rolda de prensa para analizar a situación de ingobernabilidade do Concello e as novas irregularidades detectadas no Servizo de Axuda no Fogar. Rosendo Fernández deixou claro que “vimos de presenciar a confirmación dun feito que é lamentable para a cidadanía de Ourense: a constatación, a pesar dos acontecementos sufridos, dun goberno baixo sospeita e sobre o que planea a sombra da dúbida. Dende o inicio do presente mandato, a nosa máxima reivindicación foi en contra da opacidade e falta de transparencia do ex Bipartito municipal. Fartámonos de reclamar melloras neste aspecto, co claro exemplo da non convocatoria de xuntas de área, lugar onde debemos solicitar a información necesaria para o noso labor de oposición. Coas peticións por escrito, o Goberno Municipal consigue retrasar a consecución da documentación pola nosa parte, do mesmo xeito que enreda aos funcionarios con tarefas que ben se poderían evitar tramitando directamente as solicitudes nas xuntas de área”. O portavoz municipal sinalou que co novo alcalde o único que teñen claro os populares é que continúa a senda de opacidade e cuestionable xestión municipal. Sendo como foi o brazo dereito económico do anterior rexedor, a súa labor á fronte das contas municipais é clara: “nunca baixo a súa dirección este Concello tivo os orzamentos en tempo e forma, chegando ao cume do surrealismo este ano, con nove meses de retraso e tres plenos para poder sacalos adiante. Moito lles gusta culparnos a nós, pero

non son capaces de mirar cara á súa propia casa: os conflictos entre pachistas e franciscanos foron medrando en silencio no reparto de áreas e partidas orzamentarias, estoupando clamorosamente no maior escándalo político que lembra esta cidade”, sinalou Rosendo Fernández. No tocante ás invitacións expresas do novo alcalde ao BNG para reeditar o “pacto do Liceo”, Rosendo Fernández manifestou que “PSOE e BNG amigaranse e abrazaranse con paixón a partir do 22 de outubro. Lamentable a papeleta xogada polo Bloque, cómplices de situar a un alcalde imposto herdeiro da anterior xestión. Descoñezo se a militancia do BNG nesta cidade e nesta provincia estarían a favor de seguir sendo o trampolín dos socialistas, toda vez que hai ano e medio foron fagocitados nas urnas polos seus socios de conveniencia. Perdendo o 50% do apoio do seu electorado, seguirían xustificando a necesidade de formar un goberno que acabará por borralos do mapa político? Ou escoitarán ás voces coherentes que lles indican que o propio, o digno e o de xustiza é traballar a prol dos intereses dos cidadáns, pero coa coherencia real, e non a de boquilla, que eles predican”. Por outra banda, Fernández lembrou que o PP está e estará da man do goberno municipal para os intereses xerais de Ourense, tal e como manifestaron ao inicio deste mandato. “Pero ollo, non deixaremos endexamais de lado a nosa labor de control e fiscalización dun goberno que está baixo serias sospeitas, como ben saben todos os cidadáns de Ourense”, dixo Rosendo Fernández. Por último, o portavoz dos populares alertou de que “temos a plena constancia de que este alcalde,

Os concelleiros do PP Miguel Abad e Rosendo Fernández.

Rosendo: “Alomenos deberíamos coñecer todos os ourensáns que se tratou e para que serviu a devandita comida cifrada en 120 euros, xa que foi amortizada con cartos públicos”

O PP invita ao alcalde a que explique o motivo da comida que pagou amortizándoa cunha multa O portavoz do Grupo Municipal do PPOU, Rosendo Fernández, non comparte as vagas xustificacións do alcalde con respecto á comida que mantivo na súa época como concelleiro e que, lonxe de pagala, amortizouna mediante unha multa pendente de pago e a parte proporcional dun imposto do propietario do asador onde tivo lugar. Di o portavoz dos populares que, si en efecto é “absolutamente normal” o procedemento, e si en realidade foi unha comida de carácter institucional e non privado, “alomenos deberíamos coñecer todos os ourensáns que se tratou e para que serviu a devandita comida cifrada en 120 euros, xa que foi pagada, ou máis ben amortizada, con cartos públicos”, polo que invita ao actual

alcalde que explique oportunamente o motivo dunha comida “cun carácter institucional que realmente descoñecemos”. De feito, Rosendo Fernández reitera que “este asunto, aínda que é por unha cantidade pouco significativa, amosa ben ás claras que a xestión deste Concello adolece da transparencia, limpeza e rigor que se lle esixe a unha administración normal. Que un concelleiro e agora alcalde pase unha factura dunha comida ao Concello e non explique o motivo da mesma, parécenos, como mínimo, lamentable e sospeitoso”. A este respecto, Rosendo Fernández pregúntase “que pasaría se fixesen o mesmo todos os membros da corporación? Se nos guiamos polas palabras do agora señor alcalde e máximo responsable económico do

Concello, ao ter o provedor da comida unha débeda contraída co Concello de máis de 800 euros, poderemos ir a comer todos os concelleiros, invitando a algúns amigos, ata que consumamos ese saldo para paparotas?” Lembra Rosendo Fernández que a devandita comida tivo lugar nun asador da cidade en febreiro de 2010, entrando a factura no Concello o 25 dese mes por un importe de 120,21 euros. Despois dun ano e sete meses pendiente de pago, finalmente foi amortizada en setembro deste ano cunha multa emitida pola Policía Local de 111,32 euros (con data de 11 de abril de 2011) e 8,89 euros como parte do Imposto de Vehiculos, ambas as dúas débedas contraídas polo provedor da comida.

na súa etapa como máximo responsable económico do Concello, pagaba gastos de representación (por exemplo, comidas con autoridades nun asador desta cidade) amortizando multas e impostos pendentes de pago do establecemento”. Irregularidade na Axuda no Fogar No tocante á intervención de Miguel Abad, sinalou a enésima irregularidade do Servicio de Axuda no Fogar. Informou de que as asistentas do Servizo de Axuda a Domicilio cobraron con 13 días de retraso o soldo de setembro. Ante as queixas das traballadoras, a empresa botoulle a culpa ao Concello de Ourense, segundo manifestou Miguel Abad. “Parece ser que lles deben as dúas últimas facturas. Este tipo de atraso no pagamento da administración xa aconteceu no pasado... Por iso esíxenlle á UTE unha solvencia económica, que agora parece estar en tea de xuízo, debido ás desavenencias xurdidas entre FCC e a empresa do cónsul honorario de costa de Marfil, as dúas que forman a UTE concesionaria do servizo dende hai 10 meses”. Respecto ao Comedor sobre Rodas, cambiaron as instalacións das cociñas onde se preparan os menús, que se trasladaron a 20 quilómetros de Ourense. “Coincidindo con este cambio de situación, o recibo dos usuarios viuse notablemente incrementado. Segundo as información que nos están transmitindo, o custe do servizo chegou a triplicarse nalgúns casos. As queixas dos afectados son múltiples e moitos decidiron darse de baixa do servizo”. “Supoñemos que agora a empresa tamén lle botará a culpa ao Concello e o Concello á Xunta, a excusa habitual nestes casos”, dixo o concelleiro popular. “Consideramos, pois, inadmisible que unha empresa á que se lle adxudicou un dos servizos máis importantes do Concello estea a xogar co sustento dos seus traballadores e co servizo dos seus usuarios, cando unha das esixencias do plego de cláusulas era, precisamente, a solvencia económica da empresa, algo que nestes días está posto en entredito polos afectados”.


CIDADE

Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

Aprobado o estudo de detalle e o proxecto de reparcelación da Área das Burgas Estrutura do Centro de Interpretación dos Parques Naturais, en Eirasvedras. /ARQUIVO.

Reproches entre PP e PSOE pola paralización do Centro de Parques Naturais 4 No Senado. Redacción O senador do PSOE, Miguel Fidalgo, denunciou na Cámara Alta o boicot da Xunta de Galicia á continuación dos traballos de execución do Centro de Interpretación dos Parques naturais de Galicia, así como á súa montaxe museística e dotación para a súa posta en funcionamento. Fidalgo presentou unha moción respecto diso que foi rexeitada debido ao voto en contra do Grupo Popular. Segundo o socialista, o PP xustificou a súa negativa polas dificultades e as condicións orzamentarias, ao que o senador ourensán respondeu que se trata dunha “escusa escandalosa” porque o Goberno non ten que achegar nada ao proxecto, xa que

se financia con fondos europeos. “Non hai razóns orzamentarias para atrasalo”, apostilou. En resposta, a senadora popular ourensá Carmen Leyte acusou aos socialistas de ser os causantes do atraso das obras e defendeu que o seu grupo parlamentario está “totalmente comprometido con este proxecto”, pero, na súa opinión, é necesario “replanificar as obras de construción do edificio”. En campaña Por certo que este tema entrou en campaña electoral, con sendas visitasdenuncia dos socialistas e de Compromiso x Galicia ao solar no que se alza, a medio construir, o Centro de Interpretación.

4 O Concello ofrece 800.000 euros de indemnización aos propietarios de Xardín das Burgas e Baños de Outeiro. P. Lodeiro O Concello de Ourense cubre novos trámites para recuperar a zona termal das Burgas. Agora vén de aprobar en Xunta de Goberno o estudo de detalle e o proxecto de reparacelación da Área das Burgas e no que salienta o feito de que o Concello pasará a ser o único titular dunha única parcela, cun aproveitamento lucrativo de 14.000 metros cadrados, que comprende o antigo cárcere, os Baños de Outeiro, e a antiga Casa de Baños (actual solar de Xardín das Burgas). Para tal fin, deberá indemnizar aos propietarios actuais: Xardín das Burgas, Baños de Outeiro e catro propietarios minoritarios, cun total de 818.727 euros. Cifra moito menor aos 15 millóns inicialmente solicitados polas partes afectadas. O concelleiro de Termalismo, José Ángel Vázquez Barquero, xustificou a valoración económica realizada polos técnicos, de 2,6 millóns de euros

A concelleira de Urbanismo, Aurea Soto, e o de Termalismo, J.Á. Vázquez Barquero, presentaron o estudo./P.L. para todo o ámbito. “Debémonos aos informes técnicos e xurídicos do Concello e neses termos fanse as valoracións; os privados poderán presentar as alegacións oportunas”, explicou, ao tempo que engadía que “aquí no hai posibilidade de negociación á marxe do que digan os técnicos”. Próximos pasos Aprobados inicialmente, tanto o estudo de detalle como o proxecto de equidistribución, pasan agora a someterse a período de información pública, no cal poderanse presentar alegacións. Unha vez finalizado o prazo e recibidos os informes de Patrimonio

da Xunta e Confederación Hidrográfica, procederase ao rexistro da nova propiedade baixo titularidade municipal e dará comezo a actuación, coa intención prioritaria de “sentar as bases para o primeiro centro termal da cidade”, apuntou a edil de Urbanismo, Aurea Soto. A actuación municipal prevé un único proxecto constructivo que incorpore o uso comercial e de oficinas ao uso principal: hoteleiro, lúdico e balneario.

O Concello pasará a ser o titular dunha parcela de 14.000 m2

Un convenio respalda os proxectos de emprego de ASPANAS Redacción

A Xunta de Goberno Local aprobou o convenio de cooperación entre o Concello e o centro especial de emprego ASPANAS TERMAL para fomentar o acceso a un posto de traballo de persoas con discapacidade intelectual, por un importe de 80.131 euros. O convenio permite dar apoio ao programa que desenvolve Aspanas Termal, mediante o cal 32 persoas con discapacidade accederon a un posto de traballo. Mediante este convenio, o Centro especial de emprego ASPANAS Termal adquire o compromiso de poñer en marcha, desenvolver e xestionar o programa de fomento do emprego nos ámbitos do medio ambiente e do termalismo, con accións de información e orientación nas zonas termais da Chavasqueira, O Tinteiro e o Muiño; e actividades de reforzo da limpeza nos parques de San Lázaro, Alameda, Infantil, Xardín do Posío e contorno dos Remedios. Pola súa parte, o Concello de Ourense compromete o seu apoio a ASPANAS para estas actividades e achega 80.131 euros co obxectivo de financiar os gastos derivados da posta en marcha e xestión do programa.


Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

ARTIGOS

4TRIBUNA ABERTA

4RECEITA Níscalos en aceite á grella

Cuestión de papeletas Parece que foi onte cando os galegos fomos chamados ás urnas para coñecer quen tomaría o timón de Galicia para os seguintes catro anos. A verdade é que o daquela vencedor e hoxe presidente, Alberto Núñez Feijóo, acortou a lexislatura adiantando unhas eleccións, que previsiblemente se tiñan que celebrar na próxima primavera. Unha medida quizais pensando en que canto máis tempo pase a situación do país irá a peor e polo tanto tamén aumente o malestar da cidadanía. A verdade é que o seu predecesor, o socialista Emilio Pérez Touriño, tamén adiantara a convocatoria, un adianto que o despediu da residencia oficial de Montepío. Nestas eleccións contamos con novidades das que paga a pena facer unha pequena reflexión. As políticas de recortes levadas a cabo polos gobernos do Estado e da Xunta, en mans do Partido Popular, son un pesado lastre para un Feijóo que, durante a campaña, intenta poñer terra

de por medio entre Madrid e Galicia. O presidente preséntase a reelección ofrecendo unhas contas públicas que non son malas se se comparan con outras comunidades autónomas, pero que deixan a Galicia sumida nuns recortes, que, como ben é sabido, non crean riqueza senón que a destrúen, cunhas cifras de paro que non deixaron de medrar desde que accedeu ao goberno ou cun repunte na emigración de mozos preparados, que coma os seus avós, teñen que buscar traballo noutras latitudes. Se este é o panorama do goberno tampouco é fácil o da oposición. O adianto das eleccións pillou ao Partido Socialista en roupa interior sen realizar un Congreso onde se ía elexir ao candidato a presidente de Galicia. O secretario xeral e exconselleiro do goberno bipartito, Pachi Vázquez, foi nomeado de forma dixital cando se falaba da posibilidade de celebrar ese Congreso no que se prevía a aparición de novos nomes para postularse como candidatos.

Outra das novidades desta convocatoria electoral vén da mán do nacionalismo. O Bloque Nacionalista Galego é menos bloque xa que unha parte dos grupos que formaban o frente común nacionalista chega dividido. Por un lado, a parte ideoloxicamente máis preto do centro vai dentro de Compromiso x Galicia, do que forman parte, entre outros, Rafa Cuíña, fillo do finado exconselleiro e “delfín” de Fraga, Xosé Cuíña. Outra parte do frente que formaba o Bloque, e encabezada polo profesor Beiras, preséntase baixo as siglas ANOVA e para estas elecións vai da man de Esquerda Unida e Equo. Pero, por se fora pouco, a incursión de Mario Conde (presidente de Banesto e condenado ao cárcere por un burato financeiro no banco que presidía) na campaña, presentandose como candidato, abre unha nova posibilidade pola dereita, campo que tiña en exclusiva o PP. O novo partido do exbanqueiro, Sociedad Civil y Democracia, podería ser un

importante caldeiro a onde cheguen votos da xente descontenta con Feijóo que nunca votaría á esquerda ou aos nacionalistas. É pois a principal preocupación de Feijóo aínda que se se dera a situación de que a maioría absoluta dependera do exbanqueiro seguro que axudaría ao candidato popular para renovar o seu mandato. Pero antes de rematar coa miña reflexión electoral non podo pasar de largo a posible abstención. Un medo ao que se enfrentan todos os partidos e que ten un caldo de cultivo na pouca confianza que os cidadáns teñen na clase política actual. Escándalos como a recente operación Pokemon, o caso Gürtel ou as dietas mal cobradas dos políticos, son uns exemplos que producen unha visión negativa dos representantes dos cidadáns, que a poboación castiga coa indiferencia. O resultado, nas últimas horas do día 21.

4HUMOR

- Facer picatostes co pan, cortar o xamón ibérico en lonchas moi finas e reservar. - Picar o dente de allo restante co perexil, escurrir as setas do aceite e mesturar o preparado anterior co aceite das setas. - Saltear a lume vivo as seteas. - Presentar con pan e o xamón regado co aliño preparado anteriormente. Juan Luis Iglesias, xefe de cociña Os Caracoles. Tel. 988 380 165

http://oemigrantedopazo.blogspot.com/

Xavi C. Martiñá

4CÍRCULO POÉTICO Arxentina, país convidado no Encontro de Poetas de outubro

Grupo de poetas arxentinos, portugueses e españois que visitaron Ourense.

Ingredientes: - Níscalos - 4 dentes de allo - 200 cl de aceite de oliva - Sal - Perexil - Pan - Vinagre - Xamón ibérico Elaboración: - Limpar os níscalos cun pincel ou un trapo limpo. - Sumerxilos enteiros en aceite de oliva con 3 dentes de allo e sal. Agardar a que ferva e deixar enfriar.

A primeira fin de semana de outubro, coincidindo co aniversario da asociación, o Círculo Poético Orensano celebrou o seu Encontro de Poetas, tendo como país convidado a Arxentina. Así, o sábado 6 desenvolveuse o tradicional roteiro polas rúas do centro histórico da cidade dos escritores participantes, procedentes de Portugal, Arxentina e España.

4SUDOKU

nivel fácil


ARTIGOS

4DESDE O SOTO DO CONCELLO

Historia dunha obra de teatro Probablemente ninguén no mundo nos mire. Non moita xente acordarase disto. Pero a verdade é que un queda moi estrañado cando un concelleiro, por dar a súa opinión (por moi dura que sexa), ten que saír escoltado pola policía, mentres que o alcalde, imputado por varios presuntos delitos e sen apoio político, saia vitoreado polas masas. É como o mundo ao revés, solo que nin Alicia nin o coello fixeron acto de presenza. Parecía tranquila a mañá. Novos postos no pleno, pois Isabel deixaba o seu sillón ao lado do alcalde para sentar xunto a Marta Arribas, mentres que Fernando Varela non veu ao pleno. Marga Martín e Agustín acomodáronse ao lado do alcalde e Aurea baixou ao sitio de Agustín. Pero isto é o de menos. O triste é ver como todo foi organizado como unha obra de teatro, un circo orquestrado para facer ver que Paquiño era o máis querido de Ourense. Uns altofalantes fóra permitían escoitar a xente da Praza Maior todo o que acontecía no pleno. Quen os puxo? Quen o paga? Onde está o permiso? Porqué non se poñen sempre? Puxéronos para que todos os fans de Paquiño vitorearan as súas palabras, se queixaran das de Rosendo e apupasen as críticas de Gonzalo. Non entraban todos no pleno pero oían. Fai pouco máis dun ano, polo 15-M, houbo xente que quixo en-

trar ao pleno e non puido porque non había sitio e entón non puxeron altofalantes. Estraño? Que va, o que pasa é que aí non lles interesaba, só para o que a eles lles dá a gana. O alcalde fixo o seu discursiño, montóns de cámaras gravando. “Non me vou para defenderme, porque non teño de que defenderme”, palabras de Paquiño I, O Triste. Gonzalo díxolle un par de palabras, e fóra houbo un grande apupo: “Fóra, fóra!”. Pero o divertido veu en canto rematou o pleno. Gonzalo sae do Concello, e empezan os apupos. Hai xente que empeza a cuspirlle, que o insulta, bótanselle enriba. A policía ten que porse no medio e escoltalo ata a saída da Praza Maior. Esa xente, seguidores de Paquiño, son os “demócratas”. Eses que case se lle botan enriba, son en realidade aqueles que chupan da teta do Concello, os que perden o traballiño e o chollo. Pois aí teñen ao seu alcalde, imputado por presuntos delitos. Pero por moi pepera que sexa a xuíza, non se pode imputar alguén así por así, hai que ter probas. E se hai probas, moito me temo que algo ha de haber. Pero mentres, a xente apupará aos que critican a un imputado, e aplauden a un alcalde implicado nunha trama de corrupción. Bravo! Pablo Prol Sobrado Democracia Ourensana

Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

4HISTORIA DE PONTE CANEDO

4AXENDA

As eleccións autonómicas A prensa non di o que sinte, a televisión idem, a radio tampouco, as conferencias ou mitíns que dan uns e outros non se axustan á realidade, o máis educado que din uns políticos doutros é a descalificación, salvo raras excepcións. Ollando en actas do antigo Concello de Canedo hai detalles e actuacións que se facían con poucos medios e unha dose alta de sentido común e daban bos resultados. No antigo Canedo existía a figura do Policía Rural, cuxa misión era percorrer os pobos das parroquias, dando un parte detallado todos os días dos incidentes, anomalías, estado de camiños e pontes... que necesitasen ser coñecidos pola corporación municipal. Este policía rural durante os 365 días do ano percorría os 90 km cadrados de Ponte Canedo. Un día a un pobo, outro día a outro e así sucesivamente, nunha folla apuntaba o que vía anormal e o entregaba no concello. En “365 papeliños dun ano” pódense sacar moitas conclusións. Agora con tantos adiantos, helicopteros, motos, radios, xentes a cabalo, transistores sofisticados, coches... a maioría das veces sabemos que arde o monte porque vemos o fume. Aquí os políticos esqué-

cense do básico que é evitar que se produza o lume. Por que non se toma en serio e firmemente o tema dos incendios e a limpeza dos montes? Os montes tiñan que estar controlados dende a caída da castaña ata a do segiuinte ano. Coidar o monte só en verán é como ter abandonada a nosa xuventude ata os 20 anos. Os políticos e o Estado deberían contar cos nativos dos pobos; non dúbido que os políticos algúns sexan moi competentes, incluso posúen datos, enxeñeiros e medios, pero fáltalles coñecer a natureza. Por que temos en Galicia tantos incendios e tan pouco gando de montaña, por que hai tan pouca poboación rural que podía vivir decentemente do que podería dar o campo e o monte desta bendición de Deus que é a nosa Galicia? Os datos que dan os políticos segundo do partido que sexan, incriblemente son dispares totalmente. Hai datos que non se debería consentir que se falsificaran. Se un pobo ten tantos habitantes, tantos obreiros en activo, tantos parados, tantos anciáns non poden deixar de coincidir entre todos e sen embargo minten algúns e se se lle dí algo ao efecto, non pasa nada. Pensándoo medianamente ben, a nosa política móvese nun porcentaxe moi elevado de mentira

e irresponsabilidade. Vendo enquisas nos xornais, radios, televisións de distintos nomes políticos, dise que Galicia, dentro do que cabe, en moitas cousas está cumprindo o seu cometido; cando falan os políticos din que é un desastre, unhas autonomías piden ao goberno central diñeiro, pois non poden cumprir co máis esencial, seguridade social, pensións, educación, axudas aos máis necesitados e casos de extrema necesidade. Nestas eleccións o domingo 21 de outubro os políticos deberían, aínda que sexa por única vez, dicir a verdade. Se Galicia está viva, dicir que está viva, se está morta, dicir que está morta, se vai mellor cas autonomías do resto da nación, dicir que é verdade, se a Xunta cumpre cos obxectivos marcados polo goberno, dicir a verdade, se a conciencia do cidadán lle dice que hai que ir a votar, que vaia votar a quen crea convinte. O mundo atravesa globalmente un mal momento, pensemos que temos que marcar o ritmo do que hai que pensar coa cabeza fría, non é hora de aventuras tolas, ninguén nos vai regalar nada.Se queres a Galicia e España cumpre co teu deber, vota coa túa conciencia. Pepe da Guardesa

Os artigos de “Arquivo Visual”, “Diario dunha emigrante”, “Avatares dunha actriz novata” e “Mulleres anónimas” volverán a este sección no próximo número como é habitual

Exposicións - Ata o 20 de outubro “Libertad Absoluta” - Galería Manuel Márquez - Ata o 21 de outubro – Exposicións das XXIV Xornadas de Banda Deseñada – Museo Municipal - Ata o 30 de outubro “Lembranzas”: mostra fotográfica en branco e negro de Jorge R.Lago – Espazo Xove - Ata o 30 de outubro - Exposición do escultor ourensán Ramón Conde - Centro Cultural Marcos Valcarcel Teatro - 18 de outubro – FITO: Mamafloriana e Kamikaze/Carmen Machi presentan “Juicio a una zorra” – 20:30 h. – Auditorio - 19 de outubro – FITO: Teatro Los Lunes presenta “Wild wild Wilde” – 20:30 h. – Teatro Principal - 20 de outubro – FITO: Patrice Thibaud presenta “Cocoricó” – 23 h. – Auditorio Cine - 18 de outubro - “Nuestro culpable - 19 h - Campus Universitario - 24 de outubro – “The devil and Daniel Johnston” – 18, 20:30 e 23 h. – Cinebox - 31 de outubro – “Let’s get lost” – 18, 20:30 e 23 h. – Cinebox Música - 20 de outubro - Festival de Blues: Marcus Malone – 22 h. – Teatro Principal - 20 de outubro – Sons of Meteora – Sala El Siete - 21 de outubro – Festival de Blues: Giles Robson & The Dirty Aces – 20 h. – Teatro Principal Varios - Todos os venres, desde o 19 de outubro – Circo – De 18 a 20 h. – Polideportivo do Espazo Xove www.mundourense.com


Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

BARRIOS

A asociación de veciños da Valenzá busca socios

EN BREVE

4 Nova sección da EOI no Blanco Amor A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria porá a disposición da cidadanía 210 prazas máis para cursar ensinanzas de inglés coa creación dunha nova sección da Escola Oficial de Idiomas de Ourense, que se ubicará no IES Eduardo Blanco Amor. Coa creación desta nova sección, o departamento educativo da Xunta de Galicia dá resposta ao interese crecente pola aprendizaxe de idiomas na cidade das Burgas. De feito, ofertaranse sete grupos de inglés en quenda de tarde, o horario máis demandado polos usuarios das escolas oficiais de idiomas.

4 Inscricións na Universidade Popular A Concellería de Educación mantén aberto o prazo de preinscrición no programa de actividades ‘’Universidade Popular’’ para o curso 2012-2013, dirixidas a maiores de 16 anos, e que contará con 102 cursos, incluido 41 novos e 15 actividades máis, debido ao elevado número de solicitudes recibidas no curso pasado. O Concello prevé acadar este ano a cifra de 2.600 alumnos. O período para inscricións estará aberto ata o 31 de outubro, e os interesados deberán presentar as solicitudes na Concellería de Educación, na Oficina de Atención ao Cidadán, ou enviando o impreso por correo electrónico a up.educa@ourense.es.

Redacción

Rogelio Martínex e José Selas, no exterior da residencia de maiores de Cabeza de Vaca.

Reclaman aumentar a capacidade da residencia de maiores de Cabeza de Vaca 4 O delegado da Xunta percorreu o centro, no que na actualidade viven 121 anciáns. Redacción O delegado da Xunta, Rogelio Martínez, acompañado do xefe territorial de Traballo e Benestar, José Selas, mantivo un encontro co equipo directivo da Residencia de Maiores “Nuestra Señora dos Milagres”, emprazada na localidade de Cabeza de Vaca, no concello Barbadás. O director do centro, Manuel Diz, aproveitou a visita para trasladarlle a Martínez as necesidades que ten actualmente este centro de maiores de titularidade pública que acolle exclusivamente persoas con dependencia. O responsable da residencia considera prioritario acondicionar unha parte das instalacións que an-

tes dedicábanse a vivenda do director para destinala para as oficinas de administración. Ademais, tamén cómpre reformar a zona destinada na actualidade a oficinas administrativas para convertela en cuartos para residentes, co fin de aumentar a capacidade da residencia en mínimo 10 prazas. Ademais de recoller as necesidades do centro, o delegado da Xunta supervisou as reformas realizadas recentemente. Entre elas salienta a mellora da calefacción nun dos seus módulos, desenvolvida o ano pasado, e que permitiu que os residentes teñan maior confort térmico. Características Nesta residencia viven na

actualidade 121 anciáns atendidos por un total de 91 traballadores. O centro presta servizos de rehabilitación e fisioterapia, podoloxía, perruquería; ademais dos servizos residenciais propios como de aloxamento, comida, limpeza-lavandería, aseo a dependentes, e atención médica e de enfermería. Ademais, conta cun amplo xardín e cun servizo relixioso diario. Ten 54 habitacións individuais, 66 dobres, 4 triples e 7 camas de enfermería. Este centro é de réxime de portas abertas, polo que os residentes poden entrar e saír cando queren, agás cando existe risco de fuxida ou extravío, e só teñen que cumprir cos horarios de comedor.

A nova directiva da Asociación de veciños da Valenzá quere ampliar a base social deste colectivo e por iso vén de iniciar unha campaña de captación de socios. Nunha octavilla que repartiron pola localidade, animan aos veciños a asociarse para conseguir achegar a administracións aos veciños “dando solución ás vosas demandas”; para que a Valenzá sexa “unha verdadeira cidade, cos servizos axeitados”; e para contribuir a solucionar os “problemas de cada

día”, como desemprego, transporte, seguridade cidadá, centro de saúde, protección do medio ambiente, parques e xardíns, tráfico, ou instalacións deportivas. Na actualidade, a asociación veciñal da Valenzá conta con apenas 50 socios, para unha poboación total de preto de 6.000 habitantes. A súa directiva está composta por Eladio Fernández como presidente, José Cuíñas como vicepresidente, David Zúñiga como secretario, Manuel Borrajo como tesoreiro e os vocais Begoña Pérez, Pablo Campelo, Pamela Cerreruela e Manuel López.

“Oportunistas”, as obras da avenida de Celanova para o PSdeG Redacción O voceiro do PSdeG en Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, califica de oportunista a decisión de iniciar a reforma da principal rúa da Valenzá en plena campaña electoral. Os socialistas reprochan ao PP a evidente intencionalidade de facer coincidir a execución deste proxecto coas eleccións autonómicas. Valcárcel lembra que hai meses que está previsto actuar na avenida de Celanova, a principal vía de comunicación da Valenzá coa cidade de Ourense. O líder socialista chama

a atención sobre os prexuizos que estas obras están causando a centos de veciños, que vén limitada a súa mobilidade cotiá. Valcárcel lembra que a maior parte do tramo urbano da avenida de Celanova está practicamente inutilizado para o tránsito. Estas obras, moi necesarias, segundo recoñecen os socialistas, poderían terse acometido noutro momento, mesmo dentro dunhas semanas. Pero ao facelas coincidir coa campaña “queda claro que o único que persiguen é tentar influir no sentido do voto dos veciños e veciñas de Barbadás”.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Outubro de 2012


10

Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

PUBLICIDADE


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

11


12

Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

ECONOMÍA E EMPREGO

A CIG alerta dun incremento no número de EREs este ano 4 De xaneiro a agosto de 2012 producíronse 81 expediente de regulación de emprego na nosa provincia, 13 máis que en todo o ano anterior. P.L. O peor ano con diferenza desde que empezou a crise, no que respecta aos expedientes de regulación de emprego. Así o consideran desde o sindicato CIG, cuxo secretario, Etelvino Blanco, deu a coñecer as cifras de EREs aprobados de xaneiro a agosto de 2012 en empresas da provincia de Ourense. Foron un total de 81 (4 de extinción, 35 de suspensión e 42 de redución) e afectaron a 1.123 traballadores, cifras peores que as de calquera ano anterior. Por exemplo, nos 12 meses de 2011 presentáronse 68 expedientes que afectaron a 1.070 traballadores, e en 2010 foran 56 expedientes

con 634 empregados afectados. Blanco considera que hai dous factores que explican esta situación; por unha banda, a reforma laboral, que dá “máis facilidades” aos empresarios, pois xa non é preciso o trámite administrativo e aumentaron as causas previstas para a aplicación dun destes expedientes de regulación de emprego. Pola outra, a situación de crise “na que seguimos sumidos desde fai anos”, crise que en Ourense é “histórica” pola falta dunha política de industrialización e de potenciación dos sectores produtivos. E o peor é para o sindicalista que “as previsións non son optimistas”, con máis

Malos datos na compravenda de pisos 4 O número de operacións en agosto foi de 126, ningunha dela en vivenda de protección. Redacción

Etelvino Blanco, da CIG. empresas anunciando EREs, cun sector industrial que “aínda non superou a inestabilidade que vén soportando”, co sector da construción “fundido” e cun sector servizos “que está cada día perdendo máis emprego” e no que se prevé unha incidencia “funesta” da suba do IVE, sobre todo no comercio.

A asociación de empresarios inmobiliarios de Ourense, Adeido, valora negativamente o último dato coñecido de compravendas de vivenda realizadas na provincia. No mes de agosto pecháronse 126 operacións, das que 65 corresponderon a vivenda nova e 61 a vivenda usada, ningunha delas de protección oficial. Neste sentido, Adeido considera que esta realidade “pon en evidencia o fracaso das políticas de vivenda de protección oficial postas en marcha ao quedar estas sen ningún tipo de axuda estatal”. A de agosto é unha cifra inferior á do mesmo mes

do ano pasado, unha baixada dun -4,5% na comparativa interanual “rompendo así os bos datos do últimos tres meses e sendo a única provincia galega que entra en números vermellos no devandito mes”, explica Adeido. En contraste con Ourense, tanto en Galicia como no conxunto do Estado en agosto se produciu un repunte nas vendas de pisos dun 9,5 e un 3% respectivamente. Por outra banda, Adeido ten solicitado ao FROB poder formar parte da nova Sociedade de Xestión de Activos (o denominado ‘banco malo’) como comercializadores en Ourense dos seus activos inmobiliarios.

Programa pioneiro de apadriñamento de alumnado no campus Redacción

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo vén de pór en marcha un programa pioneiro de apadriñamento de alumnado por parte de empresas. A iniciativa comeza este ano coa participación do Grupo Cuevas, Caldaria Termal e Modera Media e dela beneficiaranse tres estudantes de último curso. Cada unha das empresas apadriñará a un alumno de último curso dun grao da facultade afín á súa actividade económica, que serán seleccionados a través dunha convocatoria pública. No rol de padriño, cada empresa prestará axuda ao seu estudante na resolución de dúbidas relacionadas coa profesión e co futuro laboral e lle facilitará a realización de prácticas na empresa.


ELECCIÓNS 21-0 especial

Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

Entrevista a Jesús Vázquez Abad, candidato do PP por Ourense:

“A provincia de Ourense hoxe está mellor que estaba fai tres anos e medio” Paula Lodeiro Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais, Jesús Vázquez (1967, Nuremberg, Alemaña) foi decano na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense ata 2008, ano no que foi elixido deputado no Congreso. Tralas eleccións de marzo de 2009 foi chamado por Núñez Feijoo para asumir a carteira de Educación e Ordenación Universitaria no Goberno galego, competencias ás que se lle sumaría Cultura a principios deste 2012. O candidato nº 1 do PP por Ourense é puntual e chega á entrevista coa lección aprendida, aínda que nalgún momento tamén se apoia nuns folios nos que leva escritos os datos máis relevantes desta lexislatura. Como vai a campaña? Jesús Vázquez: “A xente está reaccionando con motísima ilusión, achégase dando ánimos e creo que a sociedade pode entender a maneira limpa que está a facer o PP a campaña, baseada na explicación dos nosos feitos durante estes case catro anos e os logros que en sanidade, en educación e benestar foron desde logo moi amplos”. Como opina que foi a evolución da provincia de Ourense, en termos económicos e sociais, nestes tres anos e medio de lexislatura? J.V.: “A provincia de Ourense hoxe está mellor que estaba fai tres anos e medio, pero tamén é certo que Ourense ten problemas, digamos de carácter estrutural, que dificultan a toma de medidas. Un problema dos principais é a baixa natalidade, o que fai que moita veces se despoboe o rural perdendo grandes oportunidades. Pero nestes catro anos houbo grandes apostas polo rural, en todos os ámbitos, tanto na Consellería de Medio Ambiente, e aí temos a construción da autovía Ourense-Celanova

con máis de 120 millóns de euros; pero tamén estamos a falar que a Consellería de Medio Rural e Mar levou a cabo 82 proxectos por máis de 182 millóns de euros que supuxeron en certa medida a creación de 40 postos de traballo e a consolidación doutros 127. Unido á banda ancha que ata fai 4 anos só chegaba ao 50%, neste momento está xa no 92% da poboación de toda a provincia, cun investimento de 30 millóns. Foi unha provincia que levou un investimento nos orzamentos moito maior que na provincia de Pontevedra e A Coruña, o investimento medio nos orzamentos por cada ourensán foi de 800 euros fronte aos 600 euros por habitante de Pontevedra ou A Coruña”. Malia eses datos de investimentos, os datos de emprego por exemplo son peores agora que ao comezo da lexislatura. J.V.: “Son menos malos que no resto das comunidades, seguimos tendo un diferencial moi amplo. No mes anterior en Ourense ao igual que Galicia, e a diferenza do resto de comunidades, o emprego aumentou; este mes si que se produce un aumento do desemprego pero moi inferior que o resto das comunidades españolas, non sendo unha comunidade especialmente turística a pesar de ter moitísima materia prima para ter un potencial. Estamos dentro dunha crise sen precedentes, a nivel internacional, que está afectando moitísimo a España, que se está cebando con aqueles países que tiñan unha estrutura industrial non acorde, e nese sentido vai haber que traballar. Pero estas son consecuencias non de fai un mes, senón de fai anos, de políticas a nivel Madrid que se levaron moi equivocadas. Son consecuencia da mala xestión durante oito anos, de non intentar ver que había unha crise e actuar. Cando alguén nega a realidade e

Jesús Vázquez encabeza a candidatura do PP por Ourense. /RAMSÉS.

“Non se pode falar de recortes, si de axustes e dun uso moi eficiente dos recursos” actúa de maneira distinta o que se produce é isto. Pero a xestión de Alberto Nüñez Feijoo supuxo que Galicia hoxe por hoxe estea nunha mellor posición para sair da crise, estou seguro”. Esa é unha das liñas da campaña do PP, Feijoo promete para a segunda lexislatura o crecemento económico, como o vai conseguir? J.V.: “Hai dous eixos na campaña electoral, as políticas de crecemento e o benestar. Se ata este momento fomos quen de aumentar o benestar en todos os ámbitos con novas prazas de gardería, con novas prazas de residencia, con máis de dez mil novas prazas de comedores escolares, mantendo a solvencia e cadrando as contas, creo que agora estamos en condicións de poder aplicar políticas encamiñadas todas

elas desde todas as áreas á xeración de emprego. Dentro dese plan de emprego xeral, haberá un plan de emprego para a mocidade, un plan de emprego para emprendedores, un dirixido a xente que leva tempo no desemprego… vaise intentar que todas as políticas vaian dirixidas ao mesmo. Por exemplo, na Consellería de Educación xa estamos poñendo en marcha plans de formación dual que deron tanto éxito a Alemaña e que fan que hoxe Alemaña non teña desemprego a nivel mocidade. Xa se empezou a traballar cun plan piloto de formación dual, ese é o compromiso máis inmediato coa mocidade: tratar de que a formación profesional supoña unha verdadeira opción; xa o é, pero aínda temos que darlle ese enfoque para que da formación

profesional se saia cunhas competencias que permitan obter un emprego nun prazo de tempo moi breve”. Falando de empresas e industrias, funcionou o Plan Impulsa Ourense? J.V.: “A aposta da administración estivo aí, e supuxo un investimento de máis de 50 millóns na provincia, só na parte industrial; pero dentro dese plan se implican moitísimas actuacións que estamos a levar a cabo coas Consellerías. Houbo 19 proxectos que supuxeron a creación ou consolidación de case 400 empregos, que nun momento de crise hai que ter en conta. Deses 50 millóns de investimento, 11 creo recordar foron de investimentos reais, de subvencións concedidas por parte da Xunta; solventáronse aspectos como a estación de Manzaneda, creo que dunha maneira brillante e cun futuro a medio e longo prazo de crecemento para esas comarcas, e estamos buscando alternativas para tratar de xerar riqueza e emprego naquelas comarcas máis deprimidas. Creo que si, que funcionou desde logo”. Cando a oposición fala de que o Goberno de Feijoo o único que fixo durante esta lexislatura foron recortes, que opina? J.V.: “Pois que non é certo. Se falamos da miña área, se nós falamos de incrementar as prazas de FP en máis dun 25% nesta lexislatura, poñer en marcha 56 novos ciclos, 27 actualizados neste último ano, o programa Alabar chegou a máis de 44.000 alumnos, o Plan de potenciación de linguas estranxeiras a través dos centros plurilingües, 150 nesta lexislatura, máis de 2.370 seccións bilingües, nove seccións de idiomas nesta lexislatura, tres na provincia de Ourense: Celanova, Ribadavia e o barrio da Ponte, se falamos de máis de 10.000 prazas de comedores, se falamos de conxelar as taxas universitarias, as máis baixas de todo o Estado, se falamos

13

de poñer en marcha a formación profesional dual, se levamos en marcha un plan de atención a diversidade, con máis persoal dedicado a quen máis o necesita, iso é todo un récord que outras comunidades non se poden permitir. Construironse novos colexios, pagáronse infraestruturas como o Amadeo Rodríguez Barroso, ou ampliacións como as do Ben Cho Sey ou Allariz. Creo que non se pode falar de recortes, si se pode falar de axustes e dun uso moi eficiente dos recursos. E iso é o que tería que aplaudir a cidadanía, o feito de que con moitísimo menos fixemos moitísimo máis. E poño un exemplo: os investimentos nesta provincia multiplicáronse por tres e foron de 300 a máis de 900 millóns de euros. Na lexislatura da bonanza 300 millóns de euros, na lexislatura da maior crise mundial dos últimos 70 anos, 900 millóns de euros. Algo se estará tamén facendo ben para poder seguir pagando o que debemos, as facturas a menos de 50 días, poucas comunidades, por non decir ninguna, teñen esta tesitura. Isto se debe a unha xestión eficiente”. Para o 21 de outubro, o PP plantéxase algún outro escenario que non sexa a maioría absoluta, e de ser este o caso, estaría disposto a pactar con outros partidos? J.V.: “O PP só se plantexa un único pacto, como dixo o presidente, con todos os galegos e as galegas, é o único partido que ten un programa electoral que vai tratar de cumplir, que vai cumplir, non o vai cambiar. O goberno de Feijoo xa é coñecido e vai seguir sendo coñecido, e nós o que queremos é que os galegos nos outorguen a posibilidade de estar catro anos para que igual que Galicia estaba mal hai catro anos e logramos situala como a comunidade máis solvente e de menor déficit de España, que agora nestes catro anos nos permitan demostrarlle que imos traballar as 24 horas do día cun único obxectivo: crecemento e emprego, sen descoidar o que é a mellora do benestar, sanidade, educación e atención á discapacidade e aos nosos maiores”.


14

Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

especial ELECCIÓNS 21-0

Entrevista a MANUEL PACHI VÁZQUEZ, Nº 1 POR OURENSE E CANDIDATO DO pSOE Á PRESIDENCIA DA xUNTA

“Os socialistas temos un programa de Goberno, que substitúe a idea de recortar pola de crecer” Redacción Esta é a terceira vez que Manuel “Pachi” Vázquez encabeza a candidatura socialista pola provincia de Ourense, pero é a primeira que o fai como candidato á Xunta. Político de longa traxectoria (primeiro como alcalde do Carballiño, logo como deputado ou conselleiro), a súa axenda de actos e mitins lévao por toda Galicia; de feito apenas dous dos dez primeiros días da campaña estivo na provincia. Por iso, responde ao cuestionario desta entrevista a través do correo electrónico. Normalmente os candidatos á presidencia da Xunta preséntanse por Coruña ou Pontevedra, por que decidiu facelo por Ourense? Pachi Vázquez: “Non podería ser doutra forma, foi algo consciente e que me enche de orgullo. Nacín no Carballiño, sigo vivindo alí, e os inicios da miña vinculación coa política están plenamente ligados a esta terra. Ourense forma parte de min, do meu carácter, do meu pasado, presente e futuro”. Como opina que foi a evolución da provincia de Ourense, en termos económicos e sociais, nestes tres anos e medio de lexislatura? P.V.: “Para Ourense estes tres anos e medio de Feijóo foron nefastos en canto a políticas de emprego, de infraestruturas, en educación... A mal chamada austeridade de Feijóo, que non é máis que falta de ideas, atacou aos sectores máis afectados pola crise. Parados, mozos, mulleres e persoas maiores viven hoxe moito peor que fai tres anos e medio. A dereita cebouse cos máis febles, en Ourense e no resto de Galicia”. Ao PP, tanto en Madrid como en Santiago, os socialistas critícanlle que afronte a crise económica unicamente coa receita dos recortes e da auste-

Pachi Vázquez presentáse por Ourense como candidato socialista á Xunta. /RAMSÉS.

“O noso proxecto de goberno pasa por que os que máis teñen acheguen máis” “Nun modelo democrático como é o noso, debemos acostumarnos aos modelos de coalición” ridade. Que marxe de maniobra cre que ten un Goberno da Xunta para facer as cousas doutro xeito para atallar a crise económica? P.V.: “O programa de austeridade da dereita consiste exclusivamente en recortar, recortar e recortar, e con iso o que conseguiron foron 275.000 galegos e galegas sen traballo, 88.000 familias sen ningunha prestación, 50.000 mozos no paro, 133.000 mulleres á busca dun emprego, 300.000 persoas na lista da sanidade pública. Os socialistas temos un programa de Goberno, que substitúe a idea de recortar pola de crecer. Nós cremos que hai outro xeito de plantar cara á crise, de facerlle fronte sen levar á ruína a centos de miles de cidadáns. Temos que apostar pola creación de emprego e o crecemento como base para saír da recesión. O que está a facer o PP é recaer todo o peso da mala situación económica, todos os sacrificios, sobre os traballadores, os empregados públicos, os mozos e mozas e as mulleres, os que viven do seu soldo e os que menos teñen. A crise a

ten que pagar os que nos meteron nela, os bancos. Nós temos claro que deben pagar máis os que máis teñen, nós temos un plan de emprego que financiaremos co imposto á banca, ás grandes superficies, ca suba do tramo autonómico do IRPF aos que gañan máis de 120.000 euros ao ano, e con maiores impostos aos grandes patrimonios. O obxectivo que temos os socialistas con estas medidas é cambiar o sufrimento polo crecemento”. Por exemplo, na vez de recortar en educación ou sanidade, onde metería a tesoira, se é que hai que metela, o PSdeG-PSOE? P.V.: “Nunca se deberían recortar os servizos públicos porque para empezar non son os responsables da crise. Precisamente, na situación económica na que vivimos é necesario máis que nunca preservar o carácter público, universal e gratuíto da sanidade e da educación. O noso proxecto de goberno pasa por que os que máis teñen acheguen máis. A saída fácil de acabar con todo o público non é a adecuada, é cortoplacista e só intenta contentar

aos mercados. Hai que ser rigoroso coas contas, pero iso non implica cargarnos a sanidade e a educación públicas. Incluso a directora xerente do FMI apoiou recentemente suavizar os plans de austeridade en Europa para evitar o deterioro da economía”. E en materia de emprego, nunha provincia como Ourense con 27.916 parados a data de setembro, que propón o PSdeGPSOE? P.V.: “Nós pensamos que hai que facer especial fincapé en determinados segmentos da cidadanía como son os mozos, os parados de longa duración, as mulleres e as persoas paradas de máis de 50 anos. Aos primeiros proporcionarémolles bolsas contrato para os que teñan formación, e programas mixtos de emprego e formación aos que non a teñan, unha acción coa que queremos apoiar a máis de 25.000 persoas de menos de 30 anos. Para os parados de longa duración, estableceremos un programa mixto de emprego e formación para 15.000 parados con cargas familiares e que esgotasen as presta-

cións por desemprego nos últimos dous anos. Para rachar coa discriminación impulsaremos o ‘Plan Muller porque si’, para fomentar actuacións de información, orientación e formación para o emprego en ocupacións nas que a contratación supere o 60% de homes, actuacións que beneficiarán a no menos de 10.000 mulleres. Mentres que os parados de máis de 50 anos será un dos colectivos que definiremos como prioritarios para que accedan a programas de cooperación que lles permitan continuar coa súa vida”. Díganos unha proposta do programa do seu partido para apoiar os sectores produtivos desta provincia. P.V.: “Os socialistas apostamos por potenciar e modernizar o tecido empresarial e a economía produtiva da provincia de Ourense e superar, dunha vez por todas, a Galicia de dous velocidades. Deste xeito poremos en marcha medidas para impulsar, entre outros sectores, o do viño, xa que temos catro denominacións de orixe recoñecidas a nivel internacional, e o sector da pizarra e o granito da comarca de Valdeorras”. As disputas internas no PSdeG-PSOE e cuestións externas como a implicación de cargos socialistas na Operación Pokemon, como cre que influirán nos votantes socialistas? Está satisfeito de como se resolveu a crise causada polo caso Pokemon no Concello de Ourense e cre que lle restará votos, alomenos en Ourense? P.V.: “No caso da ‘Pokemon’, o Partido socialista fixo o que non foi quen de facer o PP co alcalde de Boqueixón. Cando o alcalde de Ourense saíu imputado e cando ao principio tomou a decisión de non dimitir, dende a Executiva galega e a federal, decidimos actuar de xeito responsable ca cidadanía galega e suspendémolo de militancia. Neste

senso, e con respecto o alcalde de Boqueixón, Feijóo non lle obrigou a presentar a súa dimisión e aí segue, de concelleiro e rexedor na sombra. Haberá que preguntarlle a Feijóo por que non tomou a decisión de expulsarlle do partido. De todos os xeitos, este tipo de cousas non fan nada ben á ninguén, afondan na desafección da cidadanía coa clase política”. Está disposto a reeditar un bipartito co BNG como en 2005 ou incluso a formar parte dunha coalición con máis partidos? P.V.: “Mire vostede, os gobernos de coalición en España están á orde do día. Sen ir máis lonxe, en Estremadura o PP está gobernando en coalición con nada menos que Izquierda Unida, tamén hai coalición en Andalucía, no País Vasco, en Asturias… Nun modelo democrático como é o noso, debemos acostumarnos aos modelos de coalición. Ao PP lle parece que as maiorías absolutas só son boas cando as teñen eles, pero son malas cando non. O que Galicia necesita son políticos con sensibilidade social, coñecementos económicos e cun coñecemento real do que é público; evidentemente, este perfil non corresponde para nada a Feijóo, nin as súas políticas”. Por que deberíamos votar ao Partido Socialista o 21 de outubro? P.V.: “Porque Galicia non se merece un gobernante que lle minta constantemente, porque de seguir como ata o de agora en poucos anos non haberá Galicia que rescatar. Os socialistas non queremos que os nosos mozos teñan que emigrar, que os maiores teñan que pagar os medicamentos e que a lista do paro siga engordando cada día. Galicia e os galegos merécense un goberno máis xusto, que loite por eles, e un gobernante que non mire exclusivamente pola súa ambición política”.


ELECCIÓNS 21-0 especial

Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

Entrevista a TEREIXA PAZ, candidatA DO BNG POR OURENSE:

“Hai marxe de manobra no ámbito da Xunta para facer políticas diferentes” P. Lodeiro A deputada Tereixa Paz (Barbadás, 1967) encabeza desta volta a candidatura do BNG por Ourense ás eleccións galegas. Emigrante en Suíza ata a súa adolescencia, milita no nacionalismo desde principios dos noventa. Os primeiros pasos na vida pública desta funcionaria da Administración de Xustiza foron a través do movemento veciñal do seu concello, na directiva da Agrupación Cultural Auriense e no sindicato CIG. Veterana xa en política (antes que deputada autonómica, foi concelleira en Barbadás e na etapa do bipartito foi vicepresidenta do Parlamento Galego), chega á entrevista cun lixeiro resfriado, pero iso non lle impide expresarse con rotundidade sobre a situación actual. Como opina que foi a evolución da provincia de Ourense, en termos económicos e sociais, nestes tres anos e medio de lexislatura? Tereixa Paz: “Creo que foi de auténtica regresión, porque non só avanzou nada en ningún ámbito produtivo, ningún indicador é mellor que hai tres anos, temos máis desempregados, temos menos afiliados á Seguridade Social dos que tiñamos con anterioridade, e temos a poboación segundo os últimos datos máis envellecida, en termos de datos sociais e económicos houbo un auténtico retroceso na provincia, non só houbo políticas para o reequilibrio territorial senón todo o contrario, o desequilibrio entre Ourense e as comarcas da franxa atlántica é cada vez máis grande”. Ao PP critícanlle que afronte a crise económica unicamente coa receita dos recortes e da austeridade. Que marxe de maniobra cre que ten un Goberno da Xunta para facer as cousas doutro xeito para atallar a crise económica?

T.P.: “Dentro do ámbito de decisión que ten a Xunta de Galicia efectivamente ten moito marxe para decidir cos recursos de que dispomos en que se gastan e en que non se gastan. Pódese priorizar manter servizos públicos, educación, sanidade e servizos sociais ou pódese priorizar manter estrutura do goberno, manter gasto improdutivo, manter gasto corrente. E pola vía impositiva a Xunta de Galicia podería optar no canto de reducir ingresos incrementalos a costa fundamentalmente daquelas persoas que están en mellor situación económica e polo tanto nós si que cremos que hai marxe de manobra no ámbito da Xunta de Galicia para facer políticas diferentes”. Nunha provincia como Ourense con 27.916 parados a data de setembro, que propón o BNG? T.P.: “Para nós os principais eixos para crear emprego son, por un lado, dotar o noso país dun instrumento financieiro que garanta ás empresas, aos autónomos, aos pequenos comerciantes, a todas aquelas persoas que teñan unha iniciativa empresarial que teñan financiamento tanto para montar a iniciativa como para ter liquidez, que sería a banca pública galega. Hai outro ámbito de actuación que é partir do que nós temos na nosa base material para poñelo a producir. Aquí leváronse a cabo políticas por parte do PP totalmente contrarias aos nosos intereses produtivos por exemplo no ámbito agrogandeiro forestal, que sería un dos elementos de desenvolvemento económico de Ourense, paralizouse o banco de terras que é un dos principais problemas que teñen todo tipo de explotacións, a falta de base territorial sobre a que realizar a súa actividade. Habería que impulsar novamente esa liña de actuación que ademais non costa cartos, non é un problema de aus-

Tereixa Paz, número 1 da lista do BNG por Ourense./P.L.

“No BNG seguimos tendo inmaculada a nosa capacidade de relacionarnos coa sociedade” teridade, é un problema de vontade política. Paralizouse o apoio á creación de pequenas ou medianas iniciativas de transformación dos nosos produtos agrogandeiros. E no sector forestal tamén se paralizou toda a política que se tiña iniciado de fomentar a agrupación de propietarios para crear explotacións forestais e a transformación cara a un modelo que permita ter madeira de calidade para ter unha industria de segunda transformación, porque nunha provincia como Ourense na que unha parte importante do noso territorio é forestal é curioso que teñamos que importar madeira. E o ámbito relacionado coas novas tecnoloxías, coa industrialización verde, coas enerxías renovables, no que tamén temos un gran potencial que non só non se aproveitou senón que por

exemplo no ámbito do sector eólico anulouse un plan, non foron capaces de poner en marcha outro plan e mesmo permitiron que o goberno do Estado eliminara as primas que ía haber para o sector eólico, co cal momentaneamente perdemos o tren do desenvolvemento eólico en Galiza”. A Operación Pokemon tamén lle tocou de preto ao BNG, cun imputado no Concello de Ourense, está satisfeita de que como resolveu esta crise a súa formación e cre que lle pasará factura nas urnas? T.P.: “Creo que o BNG deu un exemplo de coherencia e de comportamento ético na súa actuación política en todo o desenvolvemento da Operación Pokemon e polo tanto eu creo que a cidadanía o que vai percibir do comportamento do BNG é que soubemos reaxir con axilidade, rapidamente e so-

bre todo con coherencia, no sentido de que aquilo que lle pedimos aos demais que practiquen en canto á ética do comportamento político somos nós os primeiros en dar exemplo e practicalo, sen que iso supoña ningún tipo de asunción de responsabilidades nin presumir ningún tipo de culpabilidade para o noso compañeiro, senón todo o contrario. Seguimos mantendo a súa inocencia e que se trata dunha instrumentalización política que se está facendo da Administración de Xustiza absolutamente perversa e anti democrática. Creo que non nos vai afectar negativamente porque creo que tivemos un comportamento honesto, transparente e coherente co que sempre defendimos”. Está recuperado o BNG da marcha dalgúns dos seus integrantes máis destacados a outras formacións como Anova e CxG? T.P.: “Si, creo que as excisións que se produciron no BNG están absolutamente amortizadas, creo que hai indicadores que evidencian que iso é así. Nos últimos tres ou catro meses fomos capaces de organizar varios actos multitudinarios que demostran que o BNG non perdeu capacidade de incidencia social. E tamén a nosa actuación política e social nos últimos meses, de estar ao lado de todas as persoas que están sendo víctimas afectadas de todo tipo de atropelos, desde as preferentes, desmantelamento de servizos públicos, peche de empresas… O BNG estivo aí presente evidenciando claramente que seguimos tendo inmaculada a nosa capacidade de relacionarnos coa sociedade, de defender os intereses da sociedade e que polo tanto seguimos sendo unha forza política imprescindible para defender os intereses fundamentalmente das persoas máis débiles da nosa sociedade”. Está disposto a reedi-

15

tar un bipartito co PSOE como en 2005 ou incluso a formar parte dunha coalición con máis partidos? T.P.: “O que vou dicir é o que dicimos todos: que o Bloque Nacionalista Galego preséntase ás eleccións para intentar gañalas, para intentar sermos nós a forza entorno á que se nuclee un novo goberno da Xunta de Galiza pero en todo caso do que nos dependa xa temos manifestado que de darse as circunstancias non imos permitir que goberne o PP, que estamos dispostos a falar de posibles escenarios, en todo caso as nosas liñas vermellas son que non participaremos de ningún goberno que siga, como no caso de Andalucía, practicando recortes e recortando dereitos e servizos públicos. Demostrámolo coa restitución da paga extra aos empregados públicos alí onde gobernamos, que estamos dispostos a utilizar o poder para facerlle fronte ás políticas que nos impoñen desde Europa e desde o Estado, esa tería que ser unha condición esencial dun futuro goberno da Xunta de Galiza, que estivera disposto non só a cambiar o goberno senón a cambiar as políticas que se fan”. Por que os ourensáns deberíamos votar ao BNG o 21 de outubro? T.P.: “A mensaxe fundamental é que todas aquelas persoas que cren que o seu futuro depende da non permanencia do PP ao fronte da Xunta de Galiza, todas aquelas persoas que non queiran máis recortes nin nas pensións nin nos servizos públicos nin nos seus dereitos, que queiran e crean que Galiza ten capacidade para desenvolver emprego e riqueza no noso país, teñen a súa única opción de voto no BNG, porque somos os únicos que estamos en condicións de facer que o PP perda a maioría absoluta. Concretamente aquí en Ourense que o PP perda a súa maioría absoluta depende que se que concentre todo o voto que non queira o PP no BNG porque somos os únicos que obxectivamente estamos en condicións de competir co PP pola obtención de escanos, e polo tanto que o PP goberne depende de que se concentre todo o voto no BNG”.


16

Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

especial ELECCIÓNS 21-0

ENTREVISTA A XOSÉ MANUEL PÉREZ BOUZA – CANDIDATO POLA PROVINCIA DE OURENSE DE COMPROMISO POR GALICIA

“Que ninguén pense que CxG nace para darlle cheques en branco a ninguén” P.L. /S.N. O que fora senador polo BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, é agora o número un da lista por Ourense do novo partido Compromiso por Galicia. Bouza asegura que agora se atopa nunha formación política que non é “nin radical nin extremista”, senón “incluinte”, na que desexan que se sintan cómodos todos os galegos. Como ves a evolución da provincia neste tres anos e medio de lexislatura? Xosé Manuel Pérez Bouza: “Desgraciadamente a evolución da provincia de Ourense foi negativa; collamos o parámetro socioeconómico que collamos en todos empeoramos nestes tres anos e medio de goberno de Feijoo. Non hai nin un só servizo, iniciativa nin infraestrutura nova que se puxera en macha neste tempo. É máis, algún proxectos que estaban programados na lexislatura anterior nin sequera foron quen de rematalos pola falta de compromiso con esta provincia. Podemos dicir sen que ninguén nolo poida rebatir que o presidente Feijoo pasará á historia deste país sendo o presidente que máis castigou a nosa provincia”. Aos gobernos do PP critícaselles que afrontaran a crise económica con recortes e austeridade; ten marxe un goberno da Xunta para facer as cousas doutra maneira? P.B.: “Neste momento de dificultade o goberno galego ten un presuposto de 8.000 millóns de euros, que non dá para grandes alegrías, pero si que da para facer outro tipo de políticas. E o Goberno galego tamén ten capacidade de facer unha reforma fiscal que lle permita recadar máis. Polo tanto, hai mecanismos suficientes para facer outras políticas, o cal no quere dicir, e nós non queremos enganar a ninguén, que se nós tivéramos responsabilidades de goberno a

Xosé Manuel Pérez Bouza encabeza a candidatura de Compromiso por Galicia./P.LODEIRO.

“Hai mecanismos suficientes para facer outras políticas (en vez de recortes)” situación actual se ía a solucionar da noite para a mañá, iso xa o dixo o señor Feijoo que prometeu fai catro anos que acababa coa crise en 45 días e co que case acaba é con Galicia. A situación é difícil, pero si que hai alternativas, e o que está claro é que as que está facendo o PP en Madrid e en Galicia non son a solución senón que son o problema, porque cada día os indicadores socio-económicos nos demostran que a situación é peor, que cada día hai máis cidadáns en situación de extrema pobreza, máis familias en paro, máis familias ás que non lle entra nin un só céntimo na súa vivenda cada mes e, polo tanto, ese camiño non é o adecuado”. Un dos principais problemas actuais é a falta de emprego, que propón Compromiso por Galicia para baixar a cifra de parados? P.B.: “Ese é o problema principal, polo que será ao que lle adicaremos máis esforzos se os cidadáns nos dan a oportunidade de representalos no Parlamento. Que faría Compromiso por Galicia? En primeiro lugar, todos os recursos que teñamos á nosa disposición dedicalos a reactivar o consumo, a que

haxa actividade empresarial para que iso xenere postos de traballo e riqueza. E dado que hai unha gran contración da actividade privada é preciso que a administración pública meta todos os recursos posibles na economía produtiva. Como se consegue ese diñeiro? Cunha reforma fiscal, facendo que aqueles que máis teñen, os que nestes momentos de crise aínda gañan cantidades inxentes de diñeiro, contribúan máis a xerar recursos para poder adicar a este tipo de políticas. E o que é absolutamente fundamental é que as nosas empresas, comerciantes e autónomos consigan financiación. E para iso hai un compromiso firme da nosa organización que é crear un Instituto de Crédito Público. Polo tanto, ofrecemos financiación para as empresas e tranquilidade para os cidadáns, porque a eles tamén lles hai que asegurar que determinados servizos como a sanidade e a educación van estar asegurados”. CxG é unha formación nova, que vos diferencia do BNG ou de EU-Anova? P.B.: “O que nos diferencia claramente destas dúas opcións é que nós non somos unha forza política de

resistencia, de combate. Somos unha forza política que vai defender con firmeza e contundencia os seus ideais, os intereses do noso país, dos cidadáns galegos, pero iso si cos pés na terra, con sentidiño común e fuxindo de todo tipo de radicalismos e extremismos. Ademais, non somos dogmáticos, non nos cremos en posesión da verdade absoluta e por iso queremos abrir as nosas portas e fiestras para que entren nesta organización política os mellores da sociedade galega. Somos un partido de goberno, cos pés na terra, que defendemos con firmeza os intereses dos cidadáns galegos fuxindo de todo tipo de radicalismos. Ademais, definímonos claramente como galeguistas; e nós queremos unha definición incluinte na que o 99% dos cidadáns galegos se poidan sentir cómodos”. Sendo realistas, que CxG poida gobernar pasaría por unha coalición con outras formacións, con quen dialogarían e con que criterios? P.B.: “Nós dialogaríamos con todos os que estiveran dispostos a dialogar con nós e o que lle podo garantir aos cidadáns é que nós saberemos usar o apoio que nos dean. Se non somos primeira ou segunda forza, que é complicado que consiga unha forza política que se presenta por primeira vez ás eleccións, CxG non entrará en ningún goberno, utilizaremos a forza dos votos que nos dean os cidadáns para condicionar as políticas que fagan outros. E aquel que queira contar co noso apoio para formar goberno terá que asumir,como mínimo, 10 dos 30 compromisos que nós adquirmos coa cidadanía, os cales nós consideramos trascendentais. Que ninguén pense que CxG nace para ser muleta de ninguén, nin para darlle cheques en branco a ninguén, CxG nace coa vocación de convertirse en maioritario tanto social como electoralmente. En canto non o consigamos nós só temos un pacto, que é con Galicia, e o apoio que nos dean utilizarémolo o mellor posible sempre en beneficio dos cidadáns galegos”.

Entrevista a Rafa Reporter, candidato de D.O.

“A única forma de defender a provincia é desde aquí” P. Lodeiro O profesor de Música Rafael Martínez Cachafeiro, máis coñecido como Rafa Reporter, encabeza a candidatura de Democracia Ourensá nestas eleccións autonómicas, nas que tentan obter representación para trasladar o modelo de traballo que empregan no Concello de Ourense ao Parlamento galego. Con que expectivas se presenta Democracia Ourensá? Rafa Reporter: “Con toda a ilusión do mundo, imos facer o noso traballo da mellor forma posible, dando o 100% e logo xa é unha cuestión dos votantes se lles interesa a nosa oferta ou non”. Como cres que foi a evolución da provincia durante estes tres anos e medio de lexislatura? R.R.: “Desde o meu punto de vista, tanto o PP como o PSOE son partidos exactamente iguais, eu xa non lles chamo partidos, chámolles empresas. Cando gobernan a evolución foi a mesma. Que sucede? Que agora no período de Feijoo, coa crise que ten España, nótanse máis todas as deficiencias. Pero para min cando estivo o PSOE co Bloque, e co PP, sempre foi igual, é dicir, o diñeiro que mandaba Europa, que nolo mandaba porque tanto a provincia de Lugo como a de Ourense eran territorios super pobres, ese diñeiro que tiña que ser para nosa provincia, gastábanllo nas provincias máis ricas, porque ademais interesáballes, porque así conseguían para o seguinte ano volver pedir máis diñeiro. E como nós nin sequera nos queixamos! Por que ten que cambiar? Por que van dicir ‘non, oe, agora imos darlle todo o que lle corresponde a Ourense’? Se aínda enriba seguímoslles votando, é que din,

Rafa Reporter./P.L. ‘ademais son parvos, imos estafar a estes pobres desgraciados’”. Cales serían as liñas básicas do voso programa? R.R.: “Levámolo dicindo doce anos. Os que vivimos en Ourense e queremos á nosa cidade e á nosa provincia sabemos que estamos discriminados, e a xente que está na Xunta son políticos de partidos grandes, do PP e do PSOE, que sempre van facer primeiro o que lles marque o partido, e o partido que manda en Madrid ou na Xunta sempre vai ir a defender primeiro os seus intereses que os dos ourensáns. Entón a mellor forma de defender os intereses de Ourense é desde un partido ourensán e o único partido ourensán que hai hoxe en día somos nós. Se conseguimos chegar á Xunta, que imos facer? Primeiro, todo o que sexa beneficio para Ourense vaise a votar, e o que non sexa beneficio para Ourense non se vai a votar”. Por que deberían votarvos os ourensáns? R.R.: “Creo que non polo que eu diga, porque probablemente pareza un político de sempre. Agora todos prometen todo e van arranxalo todo. Eu creo que os que visen o traballo que fixo Gonzalo e Susana durante este ano e como traballa DO, que somos moi serios facendo isto, teñen que darse conta de que nós imos facer iso mesmo na Xunta”.


ELECCIÓNS 21-0 especial

P.L.

gar a débeda, así de claro. O día que o goberno de España ou o galego mesmo, aínda que con menos marxe de maniobra, somos conscientes, dea un puñetazo enriba da mesa todos os especuladores virán a negociar porque senón van perder o seu diñeiro”. En materia de emprego, que propón AGE?

Cun discurso moito máis pausado que o candidato á presidencia da Xunta de AGE, Xosé Manuel Beiras, o mozo David Fernández Calviño, membro de Anova e número 1 de Alternativa Galega de Esquerda na provincia de Ourense, aborda nesta entrevista as liñas políticas desta coalición, que aspira a recoller os votos dos descontentos coa política. Que teñen en común Anova, Esquerda Unidade, Espazo Ecosocialista e Equo para presentarense xuntos a estas eleccións? David Fernández Calviño: “Que son formacións políticas que poñen por diante o que é o benestar social, o Estado do Benestar, por enriba dos negocios, ademais temos todos unha forte componente ecoloxista, e nestes momentos de emerxencia nacional consideramos que é moito máis importante todo aquilo que nos une que o que nos separa. Para nós é fundamental que o que se coñece como Estado de Benestar siga sendo público e universal, exactamente igual para todas as persoas, independentemente de onde vivan ou da súa condición social. Iso é o que nos une, e cremos que ante os ataques que estamos a recibir por parte dos Goberno autonómico e do Estado é importante esa unión”. Esta é a primeira vez que se presenta esta coalición a unhas eleccións, que expectativas de resultados tedes? D.F.C.: “As nosas expectativas na provincia de Ourense son sacar representación e a nivel galego ter grupo parlamentario. Somos a única forza que é capaz de recuperar a toda esa xente desencantada coa política, xente que foi perdendo a ilusión. Eu pertenzo a ese grupo de mozos que no ano 97 estaban ilusionadísimos e que apoiábamos a Xosé Manuel Beiras para tratar

D.F.C.: “Propón varias vías: unha delas é fortalecer o que se coñece como cuarto piar do Estado de Benestar, o que é a atención ás persoas dependentes, que pode xerar E por que os ourensáns deberíamos votar a AGE o 21 de outubro? D.F.C.: “Fundamentalmente porque somos unha opción sincera. Non estamos prometendo grandes cousas, non imos solucionar o paro en 45 días como outros se atreveron a dicir porque sabemos que é complicado. Nós nos imos marcar uns obxectivos que imos tratar de cumplir e sobre todo non lle vamos a mentir á xente. Eu e os meus compañeiros e boa parte da sociedade está farta de escoitar promesas incumplidas, polo tanto nós o que facemos é un esforzo moi importante en manter o Estado do Benestar, en facer dos emprendedores da provincia que poidan traballar e ser apoiados desde a administración, gasto en I+D+i, etc. non imos prometer grandes obras”. A posibilidade de que AGE chegase a formar parte dun goberno da Xunta sería en coalición con outras forzas, están dispostos a pactar con outros partidos? D.F.C.: “Nós si estamos dispostos a dialogar, pero o que si que temos claro é que nós imos ser firmes nas nosas convicións, nós non imos ceder en aspectos que consideramos fundamentais. Eu que veño do BNG, unha das cousas nas que se equivocou profundamente foi en ceder en aspectos que nunca tería ter cedido para poder facer outras cousas, e poño como exemplo a aprobación do plus dos altos cargos, que foi unha navallada ao propio partido porque perdeu toda a credibilidade que tiña, fixo algo que levaba toda a vida criticando”.

Entrevista a David Fernández Calviño, candidato de Alternativa Galega de Esquerda por Ourense

“Somos a única forza que é capaz de recuperar a toda esa xente desencantada coa política”

David Fernández Calviño, de Anova, encabeza a candidatura ourensá da coalición AGE./P.LODEIRO.

“De cara a recortar, nós propoñemos deixar de pagar a débeda, así de claro” de derrocar a Fraga, naquel momento a ilusión entre a xuventude era inmensa para conseguir un cambio de verdade neste país, non foi posible. Despois tivemos a experiencia do bipartito que nos decepcionou a moitos de nós, porque non quixeron profundizar as reformas, incluso adoptaron actitudes do PP, e eu creo que Alternativa Galega de Esquerda ten capacidade de recuperar a ilusión da xente”. Como opinas que foi a evolución da provincia de Ourense nestes tres anos e medio de lexislatura? D.F.C.: “Creo que foi atrás. Eu non vou falar de infraestruturas, que para min non é o máis importante, si se foron facendo pouco a pouco, moitos se botan as pedras á cabeza de se tiña que ir máis rápido, si menos, eu creo que iso é o de menos. Para min é moito máis importante que nestes últimos catro anos se pecharon colexios, sobre todo nas zonas rurais, que os poucos emprendedores que os hai e bos nas zonas rurais foron absolutamente abandonados. Preocúpame moitísimo que os mozos desta provincia non atopen un traballo e se teñan que ver obrigados a marcharse, que a xente maior non sexa correcta-

mente atendida. E aquí quero incidir en que o problema fundamental é que o PP considera que estes servizos deben ser un negocio. E no caso das pensións, outro dos piares básicos do Estado de Benestar, eles apostan polos plans de pensións privados e para nós é unha aberración. Só co diñeiro que perde o estado coas desgravacións fiscais dos plans de pensións privados, se poderían manter perfectamente as pensións dos nosos maiores”. Credes que o goberno da Xunta ten marxe de maniobra para atallar a crise económica con outras medias que non sexan recortes ou austeridade? D.F.C.: “Sabemos que o diñeiro que temos é menor por culpa da crise pero cremos que recortar nestes piares básicos nos conduce a máis crise. Eu estiven vivindo en Suecia, un país onde o 25% da poboación traballa no que é o Estado do Benestar, é un país onde a taxa de actividade ronda o 80% da poboación en idade de traballar, que non está sufrindo os nosos problemas, os salarios dos traballadores son altos, e polo tanto nós cremos que imos en dirección contraria. De cara a recortar, nós propoñemos deixar de pa-

Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

17

Entrevista a Enrique Martí, número 1 de SCD por Ourense:

“Queremos levar un espírito distinto ao parlamento” P.L. Este veterano produtor e presentador de televisión lánzase ao rodo político da man do partido de Mario Conde, unha das novidades desta cita electoral. Que lle levou a presentarse como candidato por Sociedade Civil e Democracia? Enrique Martí Maqueda: “É moi sinxelo, eu como cidadán que vivo en Galicia e síntome galego, noto que Galicia como o resto de España está nunha encrucillada difícil. A desafección que hai cara aos políticos profesionais é moi notoria. Faláronme de que este partido o único que quería era fichar profesionais para cada área e levar ao Parlamento tanto de Galicia de momento como no seu día de España a profesionais que puidesen achegar unha visión diferente dos feitos que acontecen cada día en España. Seduciume a idea, pedín permiso ao meu xefe e dixo que adiante e aquí estou”. Con que expectativas preséntase a súa formación aquí en Ourense? E.M.M.: “Non o sei, falaba Mario de que as enquisas algunhas nin nos nomean, outras si. Se te fías un pouco da impresión que tes cando falas coa xente todos din que unha cousa nova é unha esperanza. Eu confío moito nos galegos e como nós non prometemos máis que levar un espírito distinto ao parlamento, criticar, non facer promesas que non se poden cumprir. O que vou facer, desde o lugar que ocupe, é defender a Ourense a matar, e aos cidadáns de Ourense”. Ao PP critícaselle que afrontase a crise só con recortes, ten marxe de manobra un goberno galego para facer as cousas doutra maneira?

Enrique Martí Maqueda. Que propón SCD? E.M.M.: “Concretamente tirou polo sistema fácil. Pódese aumentar os ingresos ou reducir os gastos, e ao reducir os gastos pódense reducir os gastos fáciles que son aqueles que reducen as nóminas dos funcionarios, ou logo tentar unha redución dos gastos estruturais do Estado. O partido do señor Rajoy foi polo fácil e non tocou para nada a modificación das estruturas. España non pode funcionar cunha estrutura administrativa como a que ten porque é carísima e insustentable. Mentres recibimos fondos da Unión Europea fixéronse moitas cousas e iso acabouse, o problema é que deica pouco teremos que contribuír á Unión Europea, e estamos nunha situación que debemos catro billóns de euros”. Por que deberían votar os ourensáns ao seu partido? E.M.M.: “Deberían de votar se o consideran oportuno, eu non lles podo explicar por que. Eu o único que lles podo explicar é que se me dan a confianza espero non defraudarlles e prometo que non lles enganarei, que non vou facer nunca unha promesa que non poida cumprir e que nunca vou dicir algo que realmente non sexa posible facer. Logo despois, poderei fallar e non o farei ben, pero desde logo a vontade de facelo (ben) tereina”.


18

Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

especial ELECCIÓNS 21-O

entrevista a emilia fraga, de piratas de galicia

“Estamos para darlle a voz e o voto á xente coa democracia directa”

Redacción Unha das pequenas formacións que se presentan ás eleccións do 21-O é Piratas de Galicia. Emilia Fraga é unha das integrantes da súa candidatura ourensá. Como opina que foi a evolución da provincia de Ourense, nestes tres anos e medio de lexislatura? Emilia Fraga: “Un desastre. Ourense está á cola do Estado español e de Galicia en moitos indices macroeconómicos, sociais e, incluso, culturais. No campo das TIC’s tres cuartos do mesmo. Como exemplo, o uso de liña de banda ancha no rural... é practicamente inexistente, non sabemos se porque aos caciques lles interesa o analfabetismo dixital ou por falta de solucións económicas para a xente por parte dos operadores. Ourense debería de ser un exemplo de cambio en temas de transparencia, rigor, uso das novas tecnoloxías e fomento dunha cultura empresarial que faga á xente espabilar, aínda que máis ben parece que os que mandan queren todo o contrario. Debería ser unha cidade que aproveitara os seus recursos termais, as rutas de mosteiros, montes para andainas. A súa riqueza vinícola con catro das cinco Denominacións de Orixe de Galicia, a da pataca de Galicia e o Pan de Cea. E toda a gran riqueza gastronómica da provincia. En definitiva crear un turismo sostible, de calidade e grazas ás novas tecnoloxías coñecido en todo o mundo. Temos a materia prima e só habería que dala a coñecer”. Cales son as liñas esenciais do programa que levades nestes comicios? E.F.: “Piratas de Galicia ten as cousas claras no tocante ao seu ideario. A defensa dos Dereitos Humanos e a Democracia Directa definen cal sería a nosa forma de actuar no tocante á política xeral. Cremos firmemente na participación cidadá, pero non só de boquilla como di a

Emilia Fraga, de Piratas. maioría dos partidos máis xeneralistas. Piratas de Galicia quere que os cidadáns decidan o seu futuro utilizando as ferramentas tecnolóxicas dispoñibles e o alcance de todos. A promoción do uso do Software Libre na Administración Pública e o rexeitamento das Patentes como modelo de innovación que non é efectivo hoxe en día son outros puntos do noso ideario”. Por que os ourensáns deberíamos votar Piratas de Galicia o próximo 21-O? E.F.: “Para mostrar a sua vontade de cambio. Cambio de modelo económico, cambio de modelo produtivo, cambio de modelo social, cambio de mirar para o futuro que xa está aquí. Non é de recibo que se presente Mario Conde como alternativa... Alternativa a que? A alternativa é impoñer a transparencia administrativa para evitar erradicar aos corruptos. Imos ser os ourensans unha moeda de cambio co PP? Ou unhas cobaias para probar de cara a presentarse nunhas eleccions xerais? O voto aos partidos maioritarios e que demostraron estar corruptos (PP, PSOE, BNG) viuse que é ruín e ineficaz. Só vale para manter o sistema. E o sistema non vale, está demostrado. Fomenta a corrupción, veña quen veña. O sistema hai que mudalo e para iso estamos os piratas, para darlle a voz e o voto á xente coa democracia directa. Xente con inquietudes, que loita polo seu e polo de todos”.

Entrevista a Xico Paradelo, representante de Ourense na candidatura do Partido da Terra

“Consideramos esencial a recuperación da nosa soberanía real” Redacción Unha das 18 formacións que concurren ás eleccións por Ourense é o Partido da Terra, partido que non ten candidatos provinciais pero si comarcais. De feito, a súa papeleta leva ao pé de cada persoa o nome da súa comarca. Representando á comarca da capital ourensá preséntase Xico Paradelo. Como opina que foi a evolución da provincia nestes tres anos e medio de lexislatura? Xico Paradelo: “Ourense (así como o resto do noso país) viviu estes últimos tres anos e medio cunha continuación da grave crise do actual sistema económico e produtivo, baseado na simple contabilidade cuantitativa da produtividade, xuntamente cun consumo de recursos exponencial nun mundo finito, que está a

levar os sistemas ecolóxicos ao colapso e á destrución, coa perda de biodiversidade ambiental e xenética asociada, e á degradación das condicións de vida das poboacións humanas”. Con que expectativas se presenta Partido da Terra ás eleccións do 21-O? X.P.:“Consideramos que podemos influir nas instituicións de hoxe, favorecendo o establecemento e a transición ás institucións de mañá, mais non pretendemos controlar unhas ou outras, mesmo porque na nosa óptica, os partidos, tal e como entendidos hoxe, non son apenas necesarios, mais contraproducentes. A principal forma de influencia que queremos exercer desde o Partido da Terra non é o control, mais a difusión de ideas e prácticas a través do exemplo”. Cales son as liñas esenciais do voso programa? X.P.: “No Partido da Te-

Integrantes da lista ourensá do Partido da Terra. rra consideramos esencial a recuperación da nosa soberanía real: a nosa soberanía para decidir como cidadáns, reclamando o noso direito de deliberación directa e soberana como medio de expresión da vontade política e xurídica; a nosa soberanía para organizar política e administrativamente o noso territorio e comunidades, tornando posíbel a conexión das persoas coa terra; a nosa soberanía para exercer a responsabilidade co ambiente en que estamos inseridos, conservándoo e mellorándoo para as xeracións futuras; a nosa soberanía para producirmos os alimentos saudabeis de que precisamos e a enerxía limpa que garanta a nosa calidade de vida; a nosa soberania para traballar e intercambiar equitativamente os frutos do noso esforzo e empeño; a nosa soberanía para coidar dos nosos, das nosas comunidades e de nós mesmos; a nosa soberania para sermos

Escanos en branco defende a representación parlamentaria do voto en branco P.L.

Unha das formacións que se presentan por primeira vez en Ourense aos próximos comicios autonómicos é Escanos en Branco. Trátase dun partido que defende que o voto en branco sexa computable e se traduza en escanos como o voto que recibe calquera outro partido político. Escanos en Branco nace da crenza de que “algo falla no sistema electoral” polo que debería modificarse para que “todo o mundo sexa cal for a súa opción, teña representación”. Os seus candidatos pola provincia, Luís Rodríguez, Cristina González e Diego Rodríguez, explican que non piden o voto, senón

Integrantes da lista ourensá de Escanos en branco./P. L. que informan os cidadáns da posibilidade “de que o seu voto desconforme, ben abstención, ben nulo ou branco, teña representación”. “Se non, todo iso esquécese e o día despois gobérnase coma se todo o mundo formase parte nas eleccións”, engaden estes tres mozos. Como non é posible deixar o escano en branco no parlamento, o que farán, no caso de saír elixidos, é tomar posesión da acta pero renunciar ao mesmo tempo ao soldo e

demais beneficios dos deputados. Ademais do seu compromiso persoal, asinaron un documento legal e vinculante ante a xunta electoral. Segundo os seus cálculos, nas últimas eleccións galegas se se suma o voto en branco e nulo e contase como escano, conseguirían 14 actas de deputado. Tamén sinalan que nas pasadas eleccións xerais, a súa formación foi a primeira forza das extraparlamentarias.

nós, cultivando o espírito criador que nos caracteriza como pobo; e a nosa soberania para nos expresar na lingua que nos é propia”. Por que os ourensáns deberíamos votar ao Partido da Terra? X.P.: “Queremos propor unha auténtica mudanza de paradigma que reivindique a esencia da democracia, no seu único sentido literal e lexítimo: o da democracia directa. Aínda así, non é a nosa intención eliminar as institucións parlamentares existentes, mais si convertelas en instrumentos de xestión confederativa onde a cidadania poida asumir a responsabilidade plena da xestión dos seus problemas, elaborando solucións de forma coletiva”.

PACMA pide máis respecto polos animais Redacción

Amparo Dosantos encabeza a candidatura de PACMA por Ourense, na primeira vez que se presentan ás eleccións galegas. Do seu programa político destaca a petición de máis respeto polos animais e pola natureza. Aínda que recoñece que o respecto polos animais mellorou con respecto a anos atrás, afirma que aínda queda moito por facer. “A min como a moita xente de España nos dá vergoña cando saen os costumes sanguinarios deste país, as corridas de touros, o touro da vega…” Por iso queren suprimir as corridas e os espectáculos con animais. Ademais, reclaman “sanidade e educación pública para todos” e “unha política digna”. PACMA pide o voto aos ourensáns “porque queremos que Galicia sexa máis innovadora, queremos máis apoio ao I+D, máis axudas para previr os incendios forestais, máis traballo para o sector agrícola, etc.”


ELECCIÓNS 21-0 especial

Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

19

Entrevista a laureano bermejo, candidato de upyd

“UPyP está libre de ataduras, non debe favores a ningúen” Redacción

Rafael Manuel Fernández Alonso.

Entrevista a RAFAEL Manuel Fernández, candidato de PUM+J

“Traballamos por unha sociedade máis xusta e solidaria” Redacción

Aínda que son conscientes das dificultades que teñen de acadar o Parlamento, PUM+J busca concienciar aos ourensáns de que votalos é apostar pola solidariedade. Como opina que foi a evolución da provincia de Ourense nestes tres anos e medio de lexislatura? Rafael M. Fernández: “Non se pode falar de evolución, si non de involución. Nos tres anos e medio de goberno Feijoo a provincia de Ourense non só segue a ser a máis empobrecida do Estado, se non que se converteu na provincia esquecida de tódalas inversións da Xunta. Coma antano, os nosos mozos marchan a procurar vida fóra, e Ourense non deixa de envellecer”. Con que expectativas se presenta PUM+J ás eleccións do 21-O? R.F.: “Desde a humildade queremos ser a voz da conciencia solidaria na política galega. Sabemos que nesta desigual loita electoral non nos dan moitas posibilidades de chegar ca nosa mensaxe á cidadanía, pero iso non nos fai calar nin deixar de traballar por unha sociedade máis xusta e solidaria”. Cales son as liñas esenciais do voso programa? R.F.: “A liña esencial do programa do PUM+J é por a persoa no centro de toda acción política. Mentres outros parece que queren poñer as persoas o servizo

da economía e as contas de resultados. A crise non pode ser excusa para esquecerse da solidaridade e a cooperación. PUM+J aposta pola blindaxe e fortalecemento dos servizos públicos, facilitando o acceso aos mesmos a toda persoa residente en Galicia en condicións de igualdade”. Aos gobernos do PP critícaselle que afronte a crise unicamente coa receita dos recortes e da austeridade. Que marxe de manobra cre PUM+J que ten un Goberno da Xunta para facer as cousas doutro xeito? R.F.: “Aos que din que da crises só se sae recortando, hai que recordarlles que co 10% do que se da para rescatar bancos podíamos seguir xubilándonos aos 65 años. Reivindicamos a necesidade dunha fiscalidade e un sistema de comercio máis xusto, transparente e sostible, cuxas regras respondan a obxectivos comúns e non aos intereses duns poucos”. Por que os ourensáns deberíamos votar PUM+J? R.F.: “Porque é votar en conciencia, é votar unha alternativa ás políticas antisociais, que apela ao gran problema da humanidade: a pobreza e a xustiza; porque é un voto que da voz á maioría. Votar a PUM+J é votar por un novo modelo de sociedade máis xusto e solidario”.

Cargados de “esperanza de que os cidadáns mostren o seu descontento nas urnas”, así é como afrontan estas eleccións autonómicas dende UPyD, un partido que aposta por eliminar administracións sobredimensionadas (como as Deputacións) e invertir en desenvolvemento tecnolóxico. Como opina que foi a evolución da provincia de Ourense nestes tres anos e medio de lexislatura? Laureano Bermejo: “A evolución, en termos económicos, é equiparable á do resto de España co agravante da pobreza endémica que nos asola desde hai anos. A maiores, as actuacións do alcalde de Ourense, mostra do caciquismo e corrupción presente na zona, fan que a situación empeore”. Con que expectativas se presenta UPyD ás eleccións do 21-O? L.B.: “Presentámonos coa esperanza de que os cidadáns deixen ver o seu descontento nas urnas para loitar por unha democracia verdadeira, polo que agardamos obter representación no Parlamento de Galicia para así insuflar aire fresco e limpo ás institucións galegas”. Cales son as liñas esenciais do voso programa? L.B.: “O que defendemos nestes comicios é o que levamos defendendo sempre: que a política esté ao servizo da sociedade e que a mala xestión non a paguen os cidadáns senón os responsables da mesma, como é o caso das preferentes. Tamén buscamos a eliminación do gasto innecesario e a loita contra o fraude fiscal”. Aos gobernos do PP critícaselle que afronte a crise unicamente coa receita dos recortes. Que marxe de manobra cre UPyD que ten un Goberno da Xunta para facer

Carvalho, número 1 por Ourense de Converxencia XXI.

Laureano Bermejo. as cousas doutro xeito? L.B.: “A redución de gasto debe ser selectiva, non se pode recortar en educación e sanidade, axudas ás novas empresas, nin subir o IVA porque eso debilita a sociedade, o dinamismo económico e lastra o futuro. Pódese recortar eliminando o enorme gasto dunha administración sobredimensionada para colocar as redes clientelares dos partidos tradicionais, eliminando Diputacións e fusionando municipios. Tamén debemos invertir no desenvolvemento tecnolóxico e en sectores claves que axuden a cambiar o noso modelo económico e saír da crise reforzados”. Por que os ourensáns deberíamos votar UPyD o próximo 21-O? L.B.: “Porque é un partido libre de ataduras, non lle debemos favores a ninguén, ningún banco condonou as nosas débedas, e non temos miles de alcaldes e cargos públicos que contentar con prebendas. Temos un programa e ceñirémosnos a el como fixemos en Madrid, Asturias, e o Congreso dos Diputados, pactando políticas, nunca cargos e tratando de devolver a política ao servizo dos cidadáns, non dos partidos. E se non conseguimos chegar ao 5% preciso para entrar no Parlamento, quen realmente se verán prexudicados son os galegos, non o partido, xa que serán eles quenes sufran as consecuencias de non verse representados por este partido a nivel nacional”.

Entrevista a henrique carvalho, candidato de converxencia xxi

“Somos un partido liberal, nacionalista e de centro dereita” P.L. /S.N O que fora secretario do Concello de Xinzo e actualmente presidente da formación Alternativa Popular Galega (partido que goberna en Os Blancos), preséntase como independente encabezando a candidatura de Converxencia XXI pola nosa provincia. Con que expectativas se presenta? Henrique Carvalho: “Converxencia XXI é un partido de corte liberal, moderado, de ámbito galego, nacionalista e que trata de cubrir un espazo de centro dereita que non está cuberto por outras ofertas políticas. É un partido democrático, progresista, que está aberto a afrontar os cambios que se poidan necesitar para modificar as condicións da vida da xente, mais é tamén un partido liberal que busca que a administración sexa o menos gorda posible, e de deixar ao individuo e á iniciativa particular, con subsidios en casos moi concretos e sectores estratéxicos en todo caso. Calquera interferencia do goberno na economía debe de ser a minima posíbel, para crear as condicións que permitan o fomento do traballo, da pequena e mediana empresa que é o que fornece un tecido empresarial nun país como o noso”. Cales son as liñas esen-

ciais do voso programa? H.C.: “Consideramos que hai que rexenerar a vida pública e hai que ser honestos. Entendemos que os postos son para serviros, nunca para servirse deles. Os comicios son como un exame que o pobo lles fai aos políticos para que cumplan aqueles obxectivos cos cales se presentan, e pasados catro anos demandarlle se o cumpliron ben ou o cumpliron mal, podendo renovarlle a confianza ou correlos”. Como considera que foi o goberno de Feijoo nestes tres anos e medio e como influiu na provincia? H.C.: “Totalmente negativo. Estamos nunha situación de crise que foi xerada polo propio poder e polos propios políticos porque se deixaron dominar polos mercados. Que hai que facer para remediar estas situación? Hai que facer como nas casas, hai que gastar o que se ten. Cando están as contas equilibradas pode haber un momento que por necesidades estratéxicas ou de atender a demanda social se poida ir a un crédito. Pero debe ser unha situación excepcional. Ademais, hai que minorar á administración, as Deputacións deben desaparecer, as súas competencias ben as poden asumir os concellos e a propia Xunta. Deben desaparecer os subsidios aos sindicatos e á patronal, que deben defenderse coas cotas dos que estean afiliados”.


20

Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

especial ELECCIÓNS 21-0 4EDITORIAL

entrevista a luis manuel fraga, de centro democrático liberal

O próximo 21-O… vote!

“O despilfarro do PSOE e o afán polos recortes do PP só serviron para prexudicar á cidadanía” Redacción Luis Manuel Fraga, candidato por Ourense do partido Centro Democrático Liberal ás eleccións autonómicas do 21 de outubro, cre que a súa é a mellor aternativa electoral para o 21-O por “non estar viciados polo sistema” e “achegar ideas novidosas”. Cales son as liñas esenciais do programa que levades nestes comicios? Luis Manuel Fraga: “Nos non temos un programa deses ao uso, de 25 puntos, senón que a partir dun manifesto e sobre todo de escoitar aos colectivos e persoas fomos creando un gran catálogo de necesidades. Por outra banda, informámonos sobre cales son os nosos recursos reais posto que sobre todo no ámbito económico as cifras son controvertidas. En todo caso si que temos as cousas claras e 5 piares básicos sobre o que basaremos a nosa actuación: 1) Mellora da calidade e representatividade democrática ca creación da circunscrición única de Galicia e a maior participación da sociedade civil nunha democracia máis deliberativa, incluso de revocación de mandatos se non se cumplen programas; 2) Final dos privilexios da casta política, neste senso temos un decálogo agresivo e ímolo aplicar sen reservas: fin dos voos de alto standing, xubilacións vip, blindaxes xudiciais, etc; 3) Unha rearticulación do Estado en Xeral, e de Galicia en particular, apostando polo municipalismo e liquidando as deputacións provinciais; 4) Un novo modelo económico que xere prosperidade e que para nós ten como referente o modelo liberal danés ca investigación e o desenvolvemento como xenoma desta creación; e 5)

Luis Manuel Fraga. Salvagarda a ultranza da sociedade do benestar e o medio ambiente”. Con que expectativas se presenta CDL ás eleccións do 21-O? L.M.F.: “Temos dous obxectivos: por unha banda, desexamos que os galegos nos coñezan, e por outra, buscamos ir consolidándonos nas zonas onde estamos xa implantados e medrar noutros lares. De feito, con motivo destas eleccións acadamos un grupo en Ourense capital e outro en Ferrol. Non temos ningunha presión cos resultados”. Por que os ourensáns deberíamos votar CDL o próximo 21-O? L.M.F.: “ Primeiro, porque CDL non está viciado polo sistema. Segundo, porque trae ideas moi novidosas e prácticas para resolver os problemas, fronte a varios modelos xa esgotados. Ademais, contamos coa axuda da 3ª forza política de Europa, posto que somos socios do Grupo Liberal Demócrata Europeo. Terceiro, porque somos un partido que alí onde se atopa aporta equilibrio, porque ao contrario de moitos dos que hoxe nos gobernan ou outros novos que se nos ofrecen, no Centro político non existe radicalidade, podemos sentarnos con case calquera porque como heredeiros de D. Adolfo Suarez estamos acostumados ao diálogo”.

18 candidaturas optan aos 14 deputados por Ourense

4 Ás tres listas con representación (PP, PSOE e BNG) súmanselle esta volta novas formacións que optarán ao voto de 275.000 ourensáns. Redacción O próximo 21 de outubro, os galegos decidiremos quen gobernará a Xunta os vindeiros catro anos. Esa data, 275.155 electores residentes en Ourense poderán votar a algunha das 18 candidaturas que optarán aos 14 escanos cos que conta a nosa provincia. Na pasada lexislatura, o PP sacou sete deputados, o PSOE cinco e o BNG, dous; os tres partidos agardan nesta nova cita electoral revalidar ou incluso mellorar o seu resultado, pero novas formacións non llo porán fácil. Por unha banda, as escisións do Bloque: os máis moderados de Compromiso x Galicia, e máis á esquerda, Anova, formación liderada por Beiras que se presenta aos comicios

en coalición con Esquerda Unida, baixo o nome de Alternativa Galega de Esquerda (AGE). Pola outra, o partido creado polo ex banqueiro Mario Conde, Sociedad Civil y Democracia, que agarda arañar votos cun discurso populista. Xunto a eles, outras 12 listas máis: UPyD, Democracia Ourensana, PACMA, Escanos en Branco, Piratas de Galicia, Converxencia XXI, Partido da Terra, Partido de Integración Comunitaria, Por un mundo más justo, Unificación Comunista de España, Centro Democrático Liberal e Falange. Candidatos Por primeira vez un candidato á presidencia da Xunta preséntase pola provincia de Ourense: o socialista Pachi Vázquez,

mentres que Núñez Feijoo farao por Pontevedra (ao igual que Mario Conde, SCD), e Francisco Jorquera (BNG), Xoan Bascuas (CxG) e Xosé Manuel Beiras (AGE) presentaranse pola provincia da Coruña. No que respecta ás candidaturas ourensás, o PP optou polo conselleiro de Educación e Cultura, Jesús Vázquez, para encabezar a súa lista; mentres que o BNG preferiu á deputada Tereixa Paz, deixando que o anterior cabeza de lista,o veterano Alfredo Suárez Canal, cubra o simbólico último posto. Compromiso x Galicia presenta como candidato ourensán a Xosé Manuel Pérez Bouza, mentres que o mozo David Fernández Calviño é o número 1 de Alternativa Galega de Esquerda.

En menos dunha semana, ourensáns e galegos elixiremos quen nos gobernará desde a Xunta na próxima lexislatura. Depositar o noso voto nas urnas cada catro anos é a expresión máxima, que non única, dunha democracia. Sírvenos para dicirlles aos nosos dirixentes ‘si, fixéchelo ben, e douche unha nova oportunidade para continuar por ese camiño’, ou ben todo o contrario, ‘queremos un cambio, estas políticas non nos gustan’. Quedar na casa argumentando que todos os políticos son iguais e que non nos gusta ningún partido non é xustificable, aínda recoñecendo que a nosa clase política en xeral ten moito que mellorar, en comportamento ético, en calidade dos seus discursos, etc. e que hai cambios que son precisos: para cando unha lei que aprobe un máximo de dúas lexislaturas nun cargo? Para cando a supresión dos seus privilexios? Ata 18 candidaturas se presentan pola nosa provincia! De verdade que as coñece todas? Nós damoslle a oportunidade de que saiba algo máis da maioría delas e que vote así con coñecemento de causa. Se non lle gusta ningunha, sempre lle queda a opción de expresar o seu desacordo votando en branco ou co voto nulo. Pero non quede en casa. O 21-O… vote!

Jesús Vázquez, Pachi Vázquez e Tereixa Paz encabezan as candidaturas ourensás de PP, PSOE e BNG, respectivamente Pérez Bouza e David Fdez. Calviño, candidatos de CxG e AGE Todas as entrevistas aos candidatos poden lerse completas en www.mundourense.com


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

21


22

Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

SOCIEDADE

13ª edición de Celebra O Salón de Vodas, Comuñóns, Bautizos e Actos Sociais terá lugar en Expourense os días 27 e 28 de outubro Celebra, Salón de Vodas, Comuñóns, Bautizos e Actos Sociais, chega ao seu 13º ano conseguindo a involucración e a participación activa de empresas ourensás do sector que xa mostraron o seu compromiso para organizar as actividades da vindeira edición que terá lugar no recinto feiral de Expourense, durante a fin de semana do 27 e 28 de outubro. Esta implicación das empresas ourensás permite, un ano máis, que Celebra poida contar cunha pasarela de moda orientada a facilitar aos visitantes a elección do estilo e vestimenta axeitada para estas ocasións especiais. A pasarela de Celebra supón unha oportunidade para reactivar o comercio minorista nunha cita á que acode público obxectivo na busca dos produtos e servizos que estas ofrecen para organizar calquera tipo de eventos, tanto familiares como empresariais, cos que dar resposta á complexa planificación de actos sociais como vodas, comuñóns, bautizos, etc. Coa súa participación neste salón, os expositores terán a oportunidade de promocionar os seus produtos e servizos nun escaparate especializado polo que pasa numeroso público interesado, tanto parti-

culares como profesionais, con intención de contratar empresas para a organización dos seus eventos. Ao mesmo tempo, poderá captar novos clientes a curto e medio prazo, fóra do espazo habitual da ubicación da firma, xa que por este salón pasan visitantes procedentes de toda Galicia, comunidades limítrofes e do norte de Portugal. Sectores presentes Unha decena de sectores estarán presentes en Celebra, salón no que se atopará unha completa oferta en restauración e o catering, en moda para cerimonias, en fotografía e vídeo, viaxes ou animación e espectáculos. Tamén terán o seu espazo as empresas de aluguer de vehículos, imprenta, florerías ou perruquería. Haberá empresas especializadas na organización integral de eventos, co que o visitante non só poderá coñecer as últimas novidades en servizos e produtos, senón que poderá recibir asesoramento e novas ideas para o seu evento.

A feira contará cunha pasarela de moda

O anunciante do mes

Para todo o que precises, Open 24 horas, nas Lagoas Redacción Desde o 2007 está na rúa Doutor Temes Fernández, 34 (As Lagoas), a tenda Open 24 horas. Como o seu nome indica abre todos os días as 24 horas ininterrompidamente. Juan Carlos González López, o seu xerente, explícanos os segredos desta tenda. “Pretendemos ter todo o que se poida precisar a calqueira hora do día ou da noite con prezos moi competitivos. O mesmo que un supermercado, pero aberto as 24 horas”. Normalmente, establecementos deste tipo teñen prezos abusivos, pero Juan Carlos teno claro, “quero que veñan co convencemento de que non van encontrar prezos superinflados. Moitas tendas

abusaban nos seus prezos e agora teñen que pechar. Aquí, o pan ou mesmo a napolitana están ao mesmo prezo que nunha panadería ou super”, e asegura que “os chicles, por exemplo, son os máis baratos de todo Ourense”. Desde Open 24 horas queren que a xente o comprobe por eles mesmos, “moita xente entrou reacia e logo déronse conta que non é caro”, asegura o xerente de Open 24 horas. Xa fai moito tempo que este 24 horas anúnciase en Ourense por Barrios; o motivo, como o propio Juan C. González indica “é para que a xente das Lagoas nos vexa coma un máis do barrio e que nos vexan coma a típica tenda de barrio aberta 24 horas”.

Juan C. González, xerente de Open 24 horas. /RAMSÉS

Ángela Fernández Rey gaña o X Premio Pura e Dora Vázquez de Narración Redacción

A obra “Por que está triste o Miañas?”, da escritora ourensá Ángela Fernández Rey, foi elixida por unanimidade polo xurado como gañadora da X edición do “Premio Pura e Dora Vázquez de Narración”, dotado con 1.500 euros, que convoca a Deputación de Ourense. O xurado destacou da obra premiada “o feito de que fomenta e transmite o sentido do compañeirismo, a amizade e a solidariedade entre os nenos”; subliña tamén “o áxil ritmo narrativo e cunha linguaxe perfectamente acaída para o público infantil”, e resalta asemade a orixinalidade do enfoque narrador da obra, que radica en que transmite a través dos animais os valores máis destacados do ser humano. Para Ángela Fernández Rey este é o seu primeiro premio literario. Segundo a normativa do premio, a obra gañadora será enviada aos interesados en participar no “X Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración”. A esta modalidade poderán concorrer os ilustradores que presenten os seus traballos -non menos de dez ilustracións-, tomando como base o texto premiado, antes do próximo 20 de decembro.

Programa de apoio a centros educativos Redacción

A Xunta de Goberno local deu o visto bo ao programa de apoio a centros educativos da Concellería de Educación para o curso 2012/2013, que dará atención a escolares de Infantil e Primaria dos colexios públicos da cidade. Consiste, basicamente, en prestar un servizo de atención lúdico-educativa aos nenos que acuden ao comedor escolar, realizando actividades, dende que remata o horario de comedor, ás 16:00 horas, ata as 17:00 horas, para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral das súas familias, permitindo aos proxenitores recoller aos nenos unha hora máis tarde do remate da actividade do comedor. O programa ten como obxectivos afianzar e complementar os coñecementos académicos, aumentar a oferta lúdico educativa, promover a integración social e a maior solidariedade cos rapaces máis necesitados e axudar a conciliar a vida laboral e familiar. O servizo de atención lúdico educativo prestarase de luns a venres nos colexios Manuel Sueiro, Covadonga, As Mercedes, Irmáns Villar, CEE Miño, A Ponte, Mestre Vide, Manuel Luis Acuña, Mariñamansa, Mende e Inmaculada.


SOCIEDADE

Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

Duplican o número de A Facultade de Ciencias prazas dun ciclo do Empresariais amplía aulas IES Marcos Valcárcel 4 Son cinco módulos con capacidade para 20 4 No grao medio de Emerxencias Sanitarias. Redacción A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acordou duplicar o número de prazas cun grupo do ciclo de grao medio en Emerxencias Sanitarias, no réxime modular presencial para adultos, no IES A Carballeira- Marcos Valcárcel de Ourense. Deste xeito, o instituto ourensán contará con 22 prazas máis en catro módulos deste ciclo, que se implantou este curso 2012/2013 por primeira vez neste IES, coas que se cubre a demanda do centro para estas ensinanzas. En concreto, os módulos reforzados son os de Loxística sanitaria en emerxencias,

Anatomofisioloxía e patoloxía básicas, Dotación sanitaria e Teleemerxencias. Cómpre lembrar, ademais, que este curso a Consellería reforzou a oferta do réxime modular para persoas adultas na modalidade presencial no IES A Carballeira Marcos Valcárcel coa implantación do ciclo de grao medio en Farmacia e parafarmacia. De feito, este curso deuse un forte pulo á Formación Profesional na provincia de Ourense, poñendo a disposición dos interesados un 20,7% máis de prazas en ciclos formativos respecto do ano académico anterior.

alumnos cada un. Redacción O reitor da Universidade de Vigo acudiu ao campus de Ourense para coñecer o novo aulario da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. Construído sobre a cafetería do Edificio XuridicoEmpresarial, este anexo permite á facultade dispor de cinco novas aulas, cada unha delas con 45 metros cadrados e capacidade para 20 alumnos. A instalación, duns 225 metros cadrados, permite modular os espazos, xa que a división das aulas se proxectou cun deseño versátil e eficiente para aumentar ou diminuír o espazo en base ás necesidades de cada momento.

O reitor, Salustiano Mato, xunto á decana, Elisa Alén, e a vicerreitora do campus, María Lameiras, visitan o novo aulario da Facultade de CC. Empresariais./P.LODEIRO. “Nos tempos nos que estamos, en cuestión de obras damos prioridade ás que dean resposta ás demandas do novo sistema do EEES, que require espazos pequenos para grupos pequenos.

O tempo das aulas xigantescas xa rematou”, salientou Salustiano Mato. As aulas serán empregadas polos máis de mil alumnos dos tres graos cos que conta a facultade.

23

A gardería da Farixa quere un novo areeiro Redacción

O delegado territorial de Ourense, Rogelio Martínez, mantivo un encontro co equipo directivo da escola infantil “A Farixa”. A directora da gardería, Concepción González, aproveitou a visita para trasladarlle ao delegado da Xunta as necesidades que ten actualmente este centro infantil, dependente da Consellería de Traballo e Benestar. González considera prioritario unha actuación no areeiro, co fin de mellorar a zona de xogos e de lecer dos máis pequenos. Nesta escola infantil están matriculados 95 menores con idades entre os tres meses e os tres anos, distribuídos en sete unidades. O centro conta cun cadro de persoal de 16 traballadores, no que se inclúen 9 técnicos especialistas en xardín de infancia.


24

Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

SOCIEDADE

4IMAXES DO MES

Os pontinos contan cunha nova panaderia, Pan&Pan

A Asociación Quince de Agosto visita a Costa da Morte

“É un soño feito realidade”, deste xeito tan sinxelo é como o dono da panadería Pan&Pan (Avda. de Marín - esquina Ático Noguerol-, nº 6), Agustín Pérez, describe o seu negocio. Froito do traballo de Agustín e da súa cuñada Loli (xunto co apoio da súas familias e amigos) este establecemento foi tomando forma ata botar a andar, ofertando entre outros produtos pan de Rivela, Cea e Beariz, bollería variada, gominolas, refrescos e licores. Un amplo surtido que estes empresarios complementan cun gran trato ao cliente na procura de converter a Pan&Pan nunha tenda de barrio “das de toda a vida”, din, “na que ademais de mercar atopas persoas de confianza”. Ademais, teñan unha máxima, “pídenos calquera cousa que precises, se non a temos conseguímoscha”.

Seguindo co progama de excursiones culturais, o 15 de setembro 55 socios da Asociación Quince de Agosto de Reza realizou unha á Costa da Morte, onde visitaron, entre otros paraxes, Camariñas - que alberga o faro de Cabo Vilán nun entorno espectacular-, Muxía - co seu Santuario da Virxe da Barca e as famosas pedras dos Cadris e de Abalar-, Corcubión -coa fermosa igrexa de San Marcos e as súas edificación burguesas no paseo marítimo- e, como non, o cabo Fisterra -coñecido por ser “onde se acaba a terra”-. Dende a asociación aseguran que todos os participantes quedaron encantados con esta actividade, polo que instaron á mesma á que continúe organizando actividades deste tipo.

A Garda Civil rende homenaxe á súa patrona O Divina Pastora fomenta o consumo de froita O Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense desenvolve toda esta semana unha campaña de fomento do consumo de froita entre o alumnado. Na primeira xornada, o centro comezou coa distribución de froita nos recreos, os máis pequerrechos a comeron na aula e os de Primaria e Secundaria no recreo. O obxectivo deste programa é potenciar o consumo de froitas entre o alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leva a cabo accións educativas diversas destinadas a manter e fomentar nas escolas o hábito de consumo destes alimentos.

Como cada 12 de outubro, aínda que esta vez dun xeito máis austero, a Garda Civil de Ourense rendiu homenaxe á súa patrona, a Virxe do Pilar. Salvo a tradicional eucaristía, que tivo lugar na Catedral de Ourense, a comandancia de Santa Mariña acolleu o acto central da celebración (que careceu do viño e agapé posteriores), no que os grandes protagonistas foron os condecorados: o garda civil Felisindo Gómez -por salvar a vida dun bebé nun incendio en Verín- e os investigadores do crime da xoven de Viana do Bolo, Montserrat Martínez -que resolveron o caso en 2010 logo de case unha década de traballo-.


SAÚDE

4VETERINARIA

A enfermidade ocular do pastor alemán Unha das enfermidades oculares que se manifestan máis no verán é a chamada “queratite superficial crónica” ou “pannus”. Trátase dunha inflamación granulomatosa da córnea, que é a parte máis externa do globo ocular, que en vez de ser transparente e sen vasos sanguíneos vóltase como con un aspecto primeiro de tipo roxizo pola aparición de vasos sanguíneos, unha cor azulada-blanquecina e por último remata sendo de cor negra por acumulación de pigmentos que avanzan a través deses vasos sanguíneos que se foron formando nunha zona onde non debería habelos. Afecta fundamentalmente

4GUÍA DE SAÚDE

ao Pastor Alemán e aos seus cruces, aínda que se describiu con frecuencia noutras razas como Borzoi, Border Collie e Teckel. Nembargantes, pódese diagnosticar ocasionalmente en case calquera raza de cans. Aínda que a causa que produce esta patoloxía é descoñecida, está amplamente aceptado o feito de que se trata dunha enfermidade inmunomediada, probablemente como resposta de rexeitamento do organismo (neste caso da córnea do ollo) á luz ultravioleta do sol. Probablemente tamén existan outras causas e en combinación apareza o proceso, como pode ser a xenética (hereditaria), hipersensibilidade, etc.

Os signos clínicos son bilaterais, aínda que a evolución dun e outro lado pode ser cunha velocidade diferente, dando lugar a unha progresiva vascularización superficial e pigmentación, xeralmente empezando nun lateral (área temporal) e progresando cara o centro. Se se deixa evolucioar pode chegar a afectar a toda a córnea e provocar cegueira do animal. É un proceso non ulcerativo e non doloroso. Tamén pode observarse un certo grao de engrosamento da terceira pálpebra e cando afecta só a esta parte chámase “plasmoma”. A apariencia das lesións e os datos clínicos adoitan ser suficientes para o diagnóstico, se ben poden facerse citoloxías ou biopsias corneais nos casos dudosos observándose unha inflamación linfoplasmocitaria. A “queratite pigmentaria” ou “pannus” non se pode curar. Pero pode mellorarse e controlarse, de feito ese é o obxectivo cando se instaura tratamento nestes casos con un aplicación de por vida e controis veterinarios. No Pastor Alemán canto máis cedo sexa a idade de aparición, máis severa será a súa evolución e peor será a súa resposta ao tratamento. O proceso será máis suave e

O “pannus” consiste na aparición de vasos sanguíneos na córnea de mellor resposta despois dos 5-6 anos do paciente e sobre todo se éste vive en zonas de baixa altitude. Existen diferentes tipos de tratamentos e a súa combinación, dende medicación subconxuntival posta polo veterinario ata medicación que o propietario ten que poñer na casa, sobre todo a base de ciclosporina A tópica (tratamento de elección) e corticoides tópicos, subconxuntivais, sistémicos, etc., en función de cada caso. Tamén existen outros tratamentos alternativos como as radiacións beta, e cirúrxicos como a queratectomía superficial. Ésta última debe facerse despois dun longo tratamento previo co que haberá que continuar despois da cirurxía, debe reservarse para pacientes con serios problemas visuais. A maioría dos pacientes permanecerán sempre con un certo grao de vascularización e/ou pigmentación. O importante é conseguir un control que permita unha visión axeitada do animal e un bloqueo da progresión da enfermidade. O tratamento ten que ser de por vida, con variacións en canto á frecuencia e tipo de tratamento, pero non debe interrompirse, pois esto favorecerá un emporamento con maior agresividade. Debe evitarse, na medida do posible, a exposición do animal aos raios solares e moitas veces é útil para tal fin utilizar gafas especiais para protexer os ollos do sol. Lorena Pérez Fernández Veterinaria Oftlamóloga Hospital veterinario Abros

Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

25

Publicado o anuncio de contratación das obras da ampliación do hospital 4 O novo edificio terá unha superficie de máis de 40.000 metros cadrados con dez alturas. Redacción O Diario Oficial de Galicia vén de publicar o anuncio da contratación das obras da fase I da Ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. A construción do novo edificio de hospitalización suporá un investimento de preto de 58 millóns de euros que se financiarán no marco do proxecto de innovación tecnolóxica cofinanciado con fondos FEDER, o Hospital 2050. O novo edificio, de dez niveis construtivos, terá un prazo de execución estimado de 24 meses trala adxudicación, e contará cunha superficie superior aos 40.000 metros cadrados. A maior parte desta superficie está dedicada á hospitalización, na que se desenvolverá o proxecto de I+D H2050, que permitirá aplicar a esta área asistencial os últimos avances en tecnoloxías sanitarias. Explican desde a Xun-

ta que o desenvolvemento dos traballos de construción será rápido, efectivo, e apenas afectará á actividade do centro hospitalario, xa que se trata dunha obra separada das instalacións principais. 308 habitacións A nova construción, perpendicular aos actuais edificios Cristal e Cirúrxico, disporá de dez alturas, sete plantas de hospitalización, un total de 308 cuartos, e planta baixa, soto e subsoto, destinadas a servizos xerais, admisión, docencia, administración e aparcadoiro, con 630 prazas. As sete plantas de hospitalización permitirán dar unha resposta ás necesidades de modernización hosteleiras e centralizar as actuais unidades dispersas entre tres edificios: Materno, Nai e Cristal, nunhas condicións axeitadas ás necesidades da poboación, climatizadas e ben comunicadas coas áreas de urxencias, consultas e probas diagnósticas e quirófanos.

4PSICOLOXÍA

Erros e acertos A única forma de acertar é equivocarse antes moitas veces. Os pais desexamos darlle oportunidades e experiencias únicas os nosos fillos. Moitas veces dixemos eso de “voulle dar o que eu non tiven” e o “que non lle falte de nada” seguro que nos ronda pola cabeza de cando en vez. Tanto dar, tanto querer abrigalo e nos esquecemos de deixalo ir só. É complicado recordalo cando dos nosos fillos parece que tan só esperamos a excelencia. Esperamos o seu éxito sen erros, sen mancharse no parque

nin chegar tarde xamáis ou suspender un exame. Queremos que obedezan e sexan independentes, que se mostren decididos pero nunca temerarios; querémolo todo. O caso é que a vida non funciona así. Temos que tropezar, equivocarnos, trabucarnos e despois volvelo intentar. Así aprendemos todos, pais, nais, nenos e nenas, a entender que sempre hai unha nova oportunidade agardando a que nos atrevamos a ir tras ela sen medo a equivocarnos. Ángeles Rodríguez, psicóloga de Kercus


26

Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

CLASIFICADOS

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en info@ourenseporbarrios.com. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

VENDA PISOS

VENDAS

TRABALLO

Vendo piso en Allariz 100m2, 3 habitacións, amoblado, cociña con electrodomésticos novos, tel. 654 822 622.

Mércanse mobles ou electrodomésticos de 2º man e cómpranse obxectos antigos. Tel. 988 21 22 24 Vendo dormitorio: cabeceiro e base de 150 cm, 2 mesiñas, sinfonier e armario de madera maciza, como novo. Prezo interesante. Tel. 627 43 46 01. Vendo colchón viscoelástic de 150 cm, novo, moi bo prezo. Tel. 627 43 46 01. Vendo estanterías metálicas de 1 m x 70 cm. Tel. 988 470 855. Vendo años caseiros 8 euros/ kg. Tel. 676 928 138. Vendo sillas de madeira seminovas, en moi bo estado. Tel. 988 252802 e 680 580 022. Vendo máquina de coser semi industrial (Refrey) e caixa rexistradora en bo estado. Tel. 687 379 473. Vendo fabricador de xeo e cafeteira de dous brazos para hostalería. Tel. 616 76 44 37. Vendo sofá 3+2, caldeira de calefacción de gas cidade, botelleiro para bar. Tel. 637 005 910 Vendo centeo embalado. Prezo a convir. Tel: 626 073 751 Vendo varias pías de distintos tamaños. Tel. 607 900 375. Véndese leña de carballo a bo prezo. Tel. 630 521 448. Vendo carriño de bebé completo (silla paseo, capazo e silla de viaxe) en perfecto estado, 250 euros. Tel. 687 511 472 e 988 37 30 50 (noites). Vendo máquina expendedora de bebidas quentes. Tel.: 666 726 469 Vendo conxelador 160x70 cm. Zanussi Aplus. Sen usar. Garantía 2 anos. Tel. 647 232 974 Vendo vestido comuñón, seminovo (impecable). De Mayna. Colección 2012. Bo prezo. Tel.619516824 Vendo 2 sillas de coche para bebé e 2 carriños. Practicamente novas. Prezo interesante. Tel. 629 87 90 82 Vendo Samsung Galaxy Ace 100 euros. Telf: 647272198. Vendo traxe comuñón neno. Talla 12. Impecable. De Wendoline. Colección 2012. Telf: 659857932

Ofrécese muller con informes para traballar en casas e coidar persoas maiores e cativos. Tel: 988 25 86 34 // 608 153 256

Vendo parcela na Lagoa de Antela (Xinzo), de 8 ha 30 a, Tel. 660 48 87 90. Vendo casa na estrada de Santiago. Tel: 637 005 910. Vendo ou alugo piso en Vigo, céntrico, 2 dormitorios, amoblado. Tel. 679 040 604 Oportunidade! Venta de piso de 2 habitacións con baño, cociña, trasteiro, garaxe. A 5 minutos de praia América. Tel.: 636422497. Vendo piso en Madrid, barrio da Elipa, para reformar. 5º sen ascensor, 2 habitacións, 1 baño. 90.000 euros, prezo negociable. Tel. 606 23 11 43 Vendo casa en Nogueria de Ramuín. Prezo: 3.000.000 de euros. Tlfs: 988 246 096 e 664 118 065 Vendo apartamento zona 21 por 96.000 euros. Tel. 675 51 11 79. Vendo apartamento en Vigo, tel. 636 422 497

ALUGUER Alúgase apartamento 2 dormitorios, cociña amoblada con electrodomésticos. Tel. 988 21 36 21. Alugo piso en Valdorregueiro, 4 habitacións, baño, cociña e galería. tel. 988 21 43 01 e 687 21 12 18 Alúgase baixo de 110 m2 na Carballeira, exterior, luminoso, ideal para negocio ou almacén, con zona de carga e descarga. Tel. 661 926 529 ou 670 43 34 90. Alugo oficina xunto ao pazo de Xustiza e local no casco vello de Ourense. Tel. 637 005 910. Alugo piso. Tel: 988 246 926 Alugo apartamentos en Montalvo de 1 e 2 habitacións para pontes e fins de semana, a 30 euros o día. Tel.: 607 271 916 Alugo piso amplio, amoblado, zona Couto. 400 euros comunidade incluída. Tel: 606 569 228 Alugo casa amoblada con finca e xardín en Celanova. Tel. 617 925 873 Alugo dous apartamentos na zona do Posío, con praza de garaxe e calefacción. Tel. 617 92 58 73 Alugo praza de garaxe na avenida de Santiago, edificio Mercadona. Tel. 988 21 29 00 Alugo local de 55 m2 no VinteúnPeliquín. Tel. 988 21 29 00

AUTOMÓBIL Vendo Volvo 760 turbo intercooler, impecable, moi barato. Tel. 629 87 90 82. Vendo Mercedes 300 D, clásico ano 1982, para rehabilitar. Asentos de coiro. Automático. Tf. 670 718 942

Ofrécese auxiliar de xeriatría e xerontoloxía para axuda no domicilio e coidados a persoas anciáns e/ou dependentes. Interesados chamar ao tel. 697 629 739. Ofrécese persoa responsable con experiencia para o coidado e atención de persoas maiores, encamadas, aseos, etc. Prezos económicos. Tel: 618 646 959 e 639 818 920. Música para cerimonias (piano e voz). tel. 658 88 84 47 Desbrózanse fincas con tractor e fanse traballos agrícolas. Tel. 630 521 448 Ofrecese persoa para seguridade persoal, acompañamento,vixilanci a, ect.( home 45 anos, pertencente a f.c.s.e) . Tfn: 636 32 95 24. Ofrecese servizo de modista.Traballos de calidade, puntualidade e bo prezo. Tfn:988 25 53 02 Ofrécese moza responsable para traballos domésticos. Tel: 637 005 910 Danse clases particulares de boxeo impartidas polo campión de España do 2007. A calquera hora do día. Tel. 647 232 974 Ofrecese moza para pasear os teus cans . Economico. Tlfno 605088744 (ourense) Ofrécese chica para limpeza de escaleiras ou servizo doméstico. Zona 21. Tel. 636 39 25 25 Ofrécese chica para coidar persoas maiores, nenos ou para empresas de limpeza, con experiencia. TEl. 988 25 86 34 (ourense capital) Danse clases particulares de Matemáticas Xerais e Estatística. A todos os niveis. A domicilio. Ampla experiencia. Económico. Obxectivo: Aprobar Tel. 636 619 589. E-mail:arvaca@hotmail.com Ofrécese señora para coidar nenos, maiores ou tarefas do fogar. Tlfs: 988 246096 // 664 118 065. Posto de traballo para un Autónomo. Labor puramente Comercial xestionando unha franquicia económica e exclusiva de afiados en Ourense. Tf. 670 718 942. Bótanse cartas do tarot e véndense produtos esotéricos. Librería Loybo, avda. Santiago, 100, tel. 988 21 26 27 e 679 455 430


CARTAS /HUMOR

Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

27

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 151-2002 / OU 125-2003 / OU 164-2004/ OU 155-2007. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Pepe da Guardesa, J.E. Bóveda, J.L. Iglesias Vázquez, R. Sertaje, S.Ganay, M.Pintos, Calviño, C.V. Abros, A.V.Ou., Círculo Poético Orensano Nº122/112/98/61 - Ano: XI - Outubro 2012 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 239 634.

4CARTAS AO DIRECTOR Decidamos o noso sino, agora que podemos Cada vez que escoito que o día 21 de outubro , “non vou a votar”, enérvome, pois cinco minutos antes eses mesmos personaxes están a despotricar contra o mal que o levan estes que están a gobernar. E iso que pola miña idade, máis de 70 anos, non debería acelerarme , pois me sobe a tensión, e cada vez é máis complicado controlar o tema dos medicamentos, pero non podo quedarme quieto e menos calado, quizais sexa o meu sangue loitador, que me levou con 20 anos ir ás Américas, buscando un futuro, pois no meu pobo galego só había futuro para os ricos da época, e máis tarde con 40 anos aterrei en Alemaña, sen saber nada nin de alemán, nin de inglés, pasándoas moi pu**, pero estaba a loitar polo meu futuro e o dos meus fillos. Eu non quero que os meus fillos e os meus netos agora teñan que perder todo o que conseguimos en todos estes anos pola mala cabeza dalgúns e a mala xestión doutros. Pido que teñamos un

cambio, temos que parar este desastre, Galicia está a sufrir no seu día a día, e nas carnes dos valentes emigrantes (de onte e de hoxe) e dos seus descendentes como se está perdendo o básico como é a sanidade pública. Espero que o día 21 de outubro non gañen os partidarios da desidia, os do “todo dame igual”, porque eles decidirán o meu futuro, perdón, o meu presente, o futuro dos meus fillos e os meus netos. Estamos a vivir outro “prestige”, o social, esta vez o chapapote é co que este goberno nos quere ensuciar. Volveremos ao que se vivía cando eu era neno, o que era rico o tiña todo e o pobre non tiña nin para comer. E para medicamentos nin o pensaban pois non tiñan con que pagalos. Non nos conformemos! No noso voto está o cambio! Pachi, estou contigo!!!!!!!! Paco Pérez

[Envíanos as túas cartas a info@ourenseporbarrios.com, ou a r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense]

4FELICITACIÓNS Alejandro Conde Pereiro Aniversario: 24.10. Para o meu “amorcito”, a miña alegría e a persoa que cada día me arrinca un sorriso, que pases un feliz aniversario, a túa “mami”, que te quere moito. Muac, para ti, guapo!

4TELÉFONOS DE INTERESE

4LITERATÚA

Caste política Vémolos a través do televisor. Pululan, sorrín, enchen ocos informativos, fan xestos, increpan, falan improperios a micrófono aberto e deléitannos con abanos de malas formas, mala praxe e outros comportamentos grosos. Descoñezo a razón pero aínda con todo isto (e máis) tendemos a idealizalos, a crer de xeito inconsciente que xurdiron por xeración espontánea,ou froito dun proceso inexplicable e incomprensible por nós. Sen embargo, eles somos nós. Persoas. Aquel veciño que tan mal nos caía. Aquel prepotente do ascensor. Aquel que se esforzaba para ofrecer unha brincadeira atinada ao noso neno. Aquel que só quería medrar economicamente. Aquela que tiña tanta dote de mando naqueles anos do instituto. Aquel cuxa nai

4HUMOR

dicía que o seu fillo estudaba nos mellores colexios por tratarse de ensino privado. Aquel egoísta que na panda so ía ao que lle conviña. Aquela rapaza tan estudosa da universidade. Aquel que tan ben falaba nas reunións da comunidade. Aquela que cambiaba de roupa en función da túa. Aquel tan calado que sempre andaba a ler. Aquela tan fresca que só quería chamar a atención... Todos chegados agora á palestra da política de calquera cor, amosando as súas motivacións, fraquezas, defectos, teimas pertinaces, manías contumaces, medias verdades, medias mentiras, verdades a medias, delirios, insensateces, ousadías, frases inanes, oracións vacuas; inocuas, carencias na riqueza lingüística de seus discursos. E, se tiveramos

que dicir algo positivo respecto deles, destacaríamos... a paciencia. Pois amósana acotío ao aturarse mutuamente, ao escoitar sempre o mesmo e non reaccionar, ao escoitar verdadeiros tratados sobre os seus defectos e non dimitir baixo ningún concepto. Descreo dos que defenden (ás veces sen base) que auténticos políticos eran Cánovas del Castillo, Pi y Margall. Salmerón, etc. pois de seguro que o paso dos anos vernizounos de idealismo histórico. Seguro que aqueles políticos eran como os cidadáns da época, coma estes actuais son coma nós. Porque con todos os seus defectos, eles somos nós. Que mágoa damos, por certo. Jorge Emilio Bóveda jorgeemilioboveda.es

http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com

Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 Cita previa SERGAS 902 077 333 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083

Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención ao menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria 988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcohólicos Anón. 646 645 119 24h. Alcoh. Anón. 988 269 540 Alcoh.Anón. 24h. 988 22 76 23 Asoc.Crohn-colitis 630 136 447 Down Ourense 988 370 313

4AUTOBUSES: liñas e horarios en

www.urbanosdeourense.es Tarifa ordinaria: 0,78 euros - Tarxeta Milenio de transporte: ordinaria: 0,56 euros e estudiante: 0,40 euros - Gratis para maior de 65 anos, pension ista,discapacitados: e mozos/as de 16 a 18 anos.

liña á Valenzá e horarios en www.anpian.com


28

Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

EN BREVE

OCIO E CULTURA

Nace Eurisaces editora, selo dedicado ao ‘libro obxecto’

“En Galicia, se non es da ‘Banda Deseñada’ non pintas nada” 4 Falamos con Eulogio “Euler”, creador da web “Enchufados”. Óscar Blanco

4 O OUFF xa ten cartel O Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) destapa, á fin, o seu cartel. Unha imaxe protagonizada por un 17 xigante (correspondente á edición deste ano) sostido por mans que simbolizan o apoio recibido polo público da cidade ao longo de todo o ano. O OUFF tamén vén de adiantar cales serán as películas que abrirán e pecharán o festival: inaugurará “Buscando a Eimish”, ópera prima da directora Ana García Rosell e protagonizada por Manuela Vellés e Óscar Jaenada e pechará o certame “12+1, una comedia metafísica”, un filme coral dirixido por Chiqui Carabante.

4 Volve Sen Batuta O paraninfo do IES Otero Pedrayo volve esta tempada a acoller os concertos do ciclo de música de cámara Sen Batuta; unha iniciativa da Concellería de Cultura que chega xa a súa quinta edición. Coma vén sendo habitual, as actuacións serán os primeiros xoves de cada més, agás os festivos. A próxima cita é o 8 de novembro con Doric String Quartet & Friends, con charla coloquio ás 19:30 e concerto ás 20:30 horas. O coordinador artístico do ciclo, Cibrán Sierra, destacou que logo destes anos, nos que pasaron máis de 120 compositores por Ourense, cúmplese a tarefa iniciada cando se creou o Sen Batuta: abrir a cidade ao mundo por vía da mellor música de cámara. Outro dos feitos relevantes deste ciclo é a grande afluencia de mozos: o ano pasado foron máis de 400.

Como o seu creador dí, “Enchufados” é “a primeira publicación de humor gráfico en galego na rede”. Porque ese nome: “Enchufados”? Eulogio “Euler”: “Son de Ourense, aquí só hai unha cousa pola que temos máis fama que polas augas termais. Na web queda ben claro a que se refire e aínda así hai quen o asocia coa electricidade”. Como naceu “Enchufados”? E.: “Teño o presentimento de que, en Galicia, se non es da “Banda Deseñada” non pintas nada (e nunca mellor dito). Canso de buscar onde publicar chega un día no que decido crealo eu. Tampouco se trataba de facer unha publicación de humor máis, facelo en galego dános a posibilidade de cubrir o oco de espazos deste tipo na rede e diferenciarnos dos demais”. Como definides “Enchufados”? E.: “Gústame definila como “a primeira publicación de humor gráfico en galego na rede”, así é como se mostra nos perfís sociais. Estritamente isto é así (non é que queira poñerme ningunha medalla), algo que xa nunca nolo poderán quitar, aínda que deixará de ter sentido seguir usando esta acepción a medida que se unan autores doutras disciplinas”. “Enchufados” pode considerarse o primeiro magazine dixital en galego de humor? E.: “De humor, a secas, quero pensar que non, de todolos xeitos na rede creo que non abundan ou polo menos os descoñezo ou non teño referencias. Como apuntaba antes, se temos en conta que a maioría facemos humor gráfico, neste sentido si se nos pode considerar como

os primeiros. Tamén destacaría o valor de apostar pola lingua. Estou convencido de que non temos que facer esforzo ningún para fomentala, nin a protexer de entes malignas que queren que desapareza, se non, decatarnos das posibilidades que ofrece e sacarlle partido. Falan de facer que se recoñeza o galego pero, en lugar de fomentar máis proxectos interesantes que lle dean peso, póñense a pedir o devandito recoñecemento unha e outra vez sen máis”. Como vos poñedes de acordo xente de diversos sitios para lanzar esta iniciativa? E.: “Son seguidor de todos os meus colaboradores, dos cales coñezo o seu traballo e teño contacto de Internet, redes sociais, etc. Simplemente foi expoñerlles a idea para ver que lles parecía e se se animaban a levala a cabo”. Calquera pode colaborar con vós? esixides algúns requisitos? E.: “As portas están abertas a todo aquel que queira colaborar, tanto de forma fixa como puntual, xa sexa debuxando, escribindo, en vídeo ou fotografía”. Cantos sodes de Ourense? E.: “Eva Domínguez máis eu. Para mín é un luxo poder contar cunha fotógrafa profesional (e vocacional) como Eva. Teríame gustado e gustaríame contar co talento de máis paisanos, onde se esconden?”. Que intención tedes con “Enchufados”? “Dar a coñecer o noso traballo, mostrarlle ao mundo que hai autores que teñen cousas que contar máis alá dos que publican baixo o nome dunha editorial e ofrecer unha alternativa de entretemento”. Como nace esa paixón pola ilustración, debuxo, etc...? E.: “No meu caso é un misterio, na casa nunca

4 Entrevistamos a Javier González, o seu coordinador. Redacción

Eulogio “Euler”. MÍNGUEZ.

/EVA DO-

mo inculcaron e tampouco teño estudos relacionados. Sempre me gustou debuxar, entretenme e permíteme expresar o que quero. Intento mellorar cada día polos meus medios, non obstante, eu diría que a paixón é máis polo humor, supoño que unha cousa tira da outra”. No teu caso particular, como é o proceso de deseño e creación dunha viñeta humorística? E.: “Elixo o aspecto que quero resaltar do tema que toca e penso unha graza, a partir de aí adapto o debuxo, o cal é facer círculos e liñas para que quede bonito”. Pode ser “Enchufados” unha ferramenta contra a crise? E.:“Non o sei, simplemente é unha pequena dose de humor semanal, non creo que dea para moito. Quizais, se houbese un inxente apoio económico para facer esa pequena dose de forma diaria... O humor en xeral é a ferramenta contra a crise. “Enchufados” achega unha particular visión da nosa realidade próxima e unha reflexión persoal do que está a pasar. Pertencemos a unha xuventude que está nunha situación desastrosa, é un problema que nos afecta e cada viñeta non deixa de ser unha crítica, unha opinión, unha análise... Se conseguimos que o lector se sinta identificado e saque as súas propias conclusións xa é bastante”.

[le a entrevista completa en www.mundourense.com]

Quen crea Eurisaces Editora? Javier González: “A editorial foi creada por un grupo de amigos: Luís Míguez, Miguel Robledo, Manuel Moxón, Ánxel González e Javier González. Non foi un ‘advenimiento’ da nada, pois todos xa participamos en diversos traballos de edición. Por iso crear Eurisaces foi unha evolución natural, un paso máis, en algo que vivimos con verdadeira paixón. A primeira obra que publicaremos é El tempo y la carne, do escritor ourensán Tito Suárez Pérez, para a Colección Creación. A principios de novembro xa estará á venda. E a finais de ano 4 ojos de Sara Canal e Pablo Otero, pertencente á Colección Infantil, en edición bilingüe (español/inglés), como serán todas as obras desta colección. Nos seguintes dous anos están programadas as edicións de 8 a 10 obras. Este é o proxecto de partida”. En que tipo de obras vos ides centrar? J.G.: “Non nos centraremos en ningún tipo de obra en concreto, nin en ningún idioma nin en ningún territorio (aínda que os epicentros da editora serán as cidades de Ourense e Salamanca). O que desexamos publicar é só obras de calidade. Para iso seleccionámolas con moito rigor, con moito detalle e con moita calma. Unha vez seleccionado o contido, dáselle a cada obra un continente coidado e específico, con deseño e maquetación inéditos. Iso completarase con tiradas pequenas (non superior a 1.000 exemplares) e distribuídas en librarías dunha forma moi detallada e directamente por membros de Eurisaces. Este proceder de contido,

Javier González. /R.T. continente e distribución é o que se empeza a chamar ‘libro obxecto’, expresión pouco grata pero que describe moi ben que buscamos con Eurisaces”. Onde ides distribuír? J.G.: “Este último trimestre do 2012 centrarémonos en 50 librarías (coas que xa chegamos a un acordo de venda dos nosos libros) das cidades de Salamanca, Ourense, Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo, Vigo e Pontevedra. Esta distribución complementarase coa divulgación, puntual nas librarías de venda de “Páxina”, que desexamos que sexa o epicentro da Editora. Esta “Páxina” está pensada como revista cultural, centro de sinerxías e de procura de obras a publicar. Partirá con catro colaboracións (Bioloxía por Concepción Ferreiro, Socioloxía por Gerardo Prado, Medicamento por David Simón e Teoloxía por Xullo Lamelas) en formato texto/imaxe, colaboracións que se ampliarán progresivamente en número e con outros formatos”. Tamén ides convocar un premio... J.G.: “En xaneiro do próximo ano convocaremos o “Premio Ciencia e Divulgación”, co que a editora comezará o seu traballo e distribución en Madrid cidade”. Cal é o obxectivo deste premio? J.G.: “O enriquecemento humanístico, técnico e científico da Comunidade Científica e Sociedade actuais, obxectivo ambicioso pero cremos que moi necesario hoxe”.

[le a entrevista completa en www.mundourense.com]


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

29

O Concello achega o teatro aos máis cativos cunha programación de 14 espectáculos de teatro infantil Todos os domingos, ás 12:00, no Auditorio O Concello de Ourense vén de presentar a programación de teatro infantil que acollerá o Auditorio municipal durante os meses de outubro, novembro e decembro. Un total de 14 espectáculos dirixidos aos máis cativos, e ás súas familias, que se desenvolverán cada domingo, ás 12:00 horas, no Auditorio. O Concello de Ourense organiza por terceiro ano consecutivo esta programación de teatro, que ten

Cartel da obra de teatro do vindeiro domingo 21.

como obxectivo “achegar a cultura ás familias e contribuir a que os nenos descubran as artes escénicas, nas súas diferentes modalidades e aprendan a gozar con elas”, segundo sinalou durante a presentación a concelleira Marga Martín, que exercía de alcaldesa. A cita co teatro infantil será todos os domingos, ás 12:00 horas, no Auditorio. Un día e hora fixo co que se pretende “fidelizar ao público, propoñendo unha oferta atractiva e de calidade para o tempo de lecer, para que nestes domingos de chuvia e frío que se nos aproximan, as familias poidan desfrutar das artes escénicas, no Auditorio”, sinalou Marga Martín. A programación, que se desenvolverá dende o

4 Programación

O mago Martín Camiña actuará o 28 de outubro. domingo, 14 de outubro, ata o 30 de decembro, inclúe teatro, monicreques, maxia, novo circo ou teatro xestual, con actuacións das compañías Danthea Teatro, Produccións Dispersas, Martín Camiña, Baobab Teatro, Asacocirco, Culturactiva, Teatro do Morcego, Katarsis, Teloncillo, Tanxarina, Berrobambán, Pistacatro Produtora de Soños, Circo Chosco e Elefante Elegante.

- Domingo 21 de outubro - Teatro-comedia: “Na procura da canción perdida” de Produccións Dispersas - Domingo 28 de outubro - Maxia: “Momentos de asombro” con Martín Camiña - Domingo 4 de novembro - Teatro-contemporáneo: “Babs”, de Baobab Teatro - Domingo 11 de novembro - Novo circo: “O ladrón de paxaros” de Asacocirco - Domingo 18 de novembro - Novo circo: “Mter Punk e o Neno Imperdible” de Culturactiva e SCG - Domingo 25 de novembro - Teatro-comedia: “O gato manchado e a andoriña Siñá” de Teatro do Morcego - Domingo 2 de decembro - Teatro-monicreques: “O neno de area” de Katarsis, Educación e Teatro - Domingo 9 de decembro - Teatro-contemporáneo: “Los animales de Don Baltasar” de Teloncillo - Domingo 16 de decembro - Teatro-monicreques: “Contaloucos” de Tanxarina - Domingo 23 de decembro - Teatro: “A folla máis alta” de Berrobambán - Xoves 27 de decembro - Novo circo: “Ringo Rango” de Pistacatro Productora de Soños - Sábado 29 de decembro - Novo circo: “Chosco voando!” de Circo Chosco - Domingo 30 de decembro - Teatro - xestual: “Nuncabunga”, de Elefante Elegante

O 21 de outubro, o público poderá ver “Na procura da canción perdida”, teatro-comedia de Produccións Dispersas


30

Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

DEPORTES

CD Ourense, fiel ao seu estilo 4 O Ourense saca un valioso punto no campo dun dos favoritos ao ascenso, o Real Oviedo. R. Torres O CD Ourense vén de sacar un punto no temible estadio do novo Carlos Tartiere, ao empatar a un tanto ante un dos favoritos ao ascenso, o Real Oviedo. Os de Luisito lograron sacar un punto logo de ir perdendo 1-0 co gol de Manu Busto no minuto 51. 20 minutos máis tarde (71´), Jona bate de cabeza a portería rival colocando no marcador unhas táboas que xa non se moverían. Con este gol o dianteiro malacitano suma catro dianas a estas alturas de competición. Na recta final de encontro, tanto ‘bermeións’ coma ‘rojillos’ puideron levarse os tres puntos, pero non subiría ningunha das ocasións ao electrónico. Con este empate, o Ourense é undécimo con 10 puntos, a dous da zona de descenso. Bo xogo A todas luces, o xogo despregado polos de Luisito non está sendo recompensado, como se merecía, na clasificación. Un xogo con moito desparpaxo e tratando de igual a igual a equipos como o Tenerife ou o último rival, Oviedo (chamados a loitar polo ascenso), son probas de que o conxunto ourensán tiña merecido mellor sorte nalgúns

Fútbol sala

Ponte gaña e Cidade empata 4 Na quinta xornada de liga. R. Torres

Partido do CD Ourense contra o Sporting B. /RAMSÉS dos encontros disputados ata o momento. Dá igual se é no Couto ou lonxe de Ourense, o Ourense busca en cada encontro a vitoria sen importar a identidade do rival. Fuenlabrada O vindeiro rival dos ourensáns é o Fuenlabrada. O equipo madrileño está a ser unha das sensacións nesta Segunda División B ao marchar en sétima posición con 12 puntos. O encontro disputarase o domingo 21 de outubro ás 17 horas. Obxectivo 3.000 A directiva de CD Ourense vai camiño de cumprir o soño de chegar esta tempada ao obxectivo marca-

do desde que colleron as rendas da entidade: lograr os 3.000 abonados nesta tempada. O obxectivo cada vez está máis preto ao acadar a pasada semana a cifra de 2.265 socios, dos cales máis do 50% son novas altas. Durante a terceira fase da campaña, que xa está en marcha, terán unha carpa polos barrios da cidade para que se poidan achegar todos os ourensáns. Amais presentaron un spot televisivo para captar máis simpatizantes da entidade e chegar ao 3.000.

O domingo 21 de outubro (17h.), recibe ao Fuenlabrada no Couto

Tivo que chegar a quinta xornada para que o Ponte Ourense sumara os seus primeiros puntos da tempada. A vítima foi o equipo galego do Viaxes Amarelle, quen caeu derrotado nos Remedios por 6-2. Esta vitoria coloca ás de Óscar Vivián na 13ª praza con tres puntos. A próxima xornada visita ao Móstoles, outros dos grandes equipos que están realizando un mal inicio ligueiro; ao igual

que as ourensáns teñen só tres puntos aínda que cun partido menos. Cidade As Burgas O Cidade vén de acadar

Sarita lanza un dobre penalti fronte o Amarelle. /RAMSÉS

Tempo e paciencia 4 O Club Ourense Baloncesto perdeu nas dúas primeiras xornadas. R.T. Despois de dúas xornadas queda claro o que xa se barruntaba na pretempada: este COB vai sufrir moito no seu regreso á LEB Ouro. Algo por outra banda xa advertido polo seu adestrador Rafa Sanz, que se rodeou de xogadores para os cales Ourense vai ser unha segunda oportunidade nisto do baloncesto. Cun orzamento humilde o técnico cordobés fixo unha apos-

un importante empate en casa dun dos equipos da súa ‘liga’, o Roldán murciano. As xogadoras de Manolo Codeso empataron a un tanto en casa deste equipo recén ascendido o que lles fai ser décimas con catro puntos tralas cinco primeiras xornadas. O sábado 20 de outubro, as xogadoras do Cidade reciben ás 17 horas nos Remedios ao campión da pasada liga, o Atlético de Madrid.

Este venres 19 de outubro, a partir das 21 horas, o COB terá unha oportunidade para reencontrarse co seu público no partido contra o Knet da Rioxa.

ta arriscada con xogadores cuxo rendemento é unha incógnita. Confianza no adestrador, e tempo e paciencia nos xogadores. Contra o Palencia agardábase perder, pero a falta de competitividade e o resultado (68-93) fixo que soarán os primeiro asubíos para os xogadores. Na segunda xornada visitaban Cáceres, e caeron por 85-76.

Venres 19 (21 horas), Paco Paz: COB - Knet

Andy Ogide. /RAMSÉS


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Outubro de 2012

31


Ourense por BARRIOS Outubro de 2012


socialista O NadalOxa Agustín Fernández, está aquí

novo alcalde de15Ourense [páx.

e páx. 39-42][páx. 2-3]

CIDADE

Páx.5

A paralización do Centro de Parques Naturais, no Senado

BARRIOS

Páx.8

Educación abre unha nova sección da EOI no IES Blanco Amor

O 21-O, vote!

SAÚDE

Páx.25

ENTREVISTA Páx.28

Publicado no DOG a contratación da ampliación do hospital

Eulogio “Euler”, creador da web de humor “Enchufados”

DEPORTES

Páx.30

O Ponte Ourense suma os primeiros puntos da tempada

[páx. 13-20]

Os candidatos de BNG, PSOE e BNG á presidencia da Xunta, e as outras 15 formacións que se presentan por Ourense.

Número: 112 - Ano: XI - Outubro 2012 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Outubro de 2012


O xa socialista O Nadal Agustín Fernández, está aquí novo alcalde de Ourense [páx. 15 [páx. 2-3] e páx. 39-42]

CIDADE

Páx.5

O Concello aproba o estudo de detalle da Área das Burgas

SAÚDE

Páx.25

CULTURA

Páx.28 ENTREVISTA Páx.28

Publicado no DOG O OUFF presenta o a contratación da cartel e os filmes de ampliación do hospital apertura e clausura

O 21-O, vote!

Eulogio “Euler”, creador da web de humor “Enchufados”

DEPORTES Páx.30 Tempo e paciencia, o COB perde nas dúas primeiras xornadas

[páx. 13-20]

Os candidatos de BNG, PSOE e BNG á presidencia da Xunta, e as outras 15 formacións que se presentan por Ourense.

Número: 98 - Ano: XI - Outubro 2012 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Outubro de 2012


O socialista Agustín Fernández, novo alcalde de Ourense [páx. 2-3]

CIDADE

Páx.5

O Concello aproba o estudo de detalle da Área das Burgasa

CIDADE

Páx.5

A paralización do Centro de Parques Naturais, no Senado

O 21-O, vote!

SAÚDE

Páx.25

Publicado no DOG a contratación da ampliación do hospital

ENTREVISTA Páx.28 Eulogio “Euler”, creador da web de humor “Enchufados”

DEPORTES Páx. 30 CD Ourense, fiel ao seu estilo, saca un punto en Oviedo

[páx. 13-20]

Os candidatos de BNG, PSOE e BNG á presidencia da Xunta, e as outras 15 formacións que se presentan por Ourense.

Número: 61- Ano: XI - Outubro 2012 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Outubro de 2012


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.