Abril 2012 - OUxB

Page 15

SOCIEDADE

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

Campaña solidaria “Kilómetros de ilusión” Redacción

Os pilotos Ricardo e José Luis González, xunto á edil de Turismo, e membros de Aixiña.

A concelleira de Cultura e Turismo, Isabel Pérez, os pilotos ourensáns de Rali Clásico, Ricardo e José Luís González, e a presidenta da Asociación Aixiña, Olga Cuña, presentaron a campaña solidaria “Kilómetros de ilusión”, que busca conseguir fondos para financiar a compra dun vehículo adaptado para o transporte

15

de persoas dependentes. A campaña consistirá na doazón a Aixiña de un euro por cada kilómetro percorrido polos pilotos, que participan esta tempada na Copa de España de Regularidade Sport aos mandos dun Ford Escort RS 2000 dos anos 70. Son oito probas por todo o Estado. A presidenta de Aixiña agradeceu aos pilotos a súa colaboración para adquirir un vehículo que “é unha necesidade nun momento no que os recortes nos investimentos públicos e no gasto social están decrecendo”.

Unha oficina asesorará aos que teñan dificultades para afrontar as súas hipotecas 4 O servizo é gratuíto. Redacción O Concello de Ourense e o Colexio de Avogados de Ourense van pór en marcha un servizo de asesoramento xurídico para todas aquelas familas que se atopen en risco de perder a súa vivenda. A través dun convenio as dúas entidades decidiron crear unha Oficina de Intermediación Hipotecaria que informará e asesorará ás persoas e familias que teñen dificultades para facer fronte ao seus préstamos hipotecarios. Os procesos que se levarán a cabo a través da oficina denomínanse “intermediación residencial”, procedemento que facilita a comunicación entre a persoa que debe os cartos e a entidade financieira coa que ten suscrito o préstamo, para atopar unha solución antes dunha demanda de execución hipotecaria, facilitando información e asesoramento legal, á vez que se media coa parte interesada. Os destinatarios deste servizo son as persoas e familias empadroadas en Ourense, propietarios dunha vivenda que constitúa o seu domicilio habitual que se atopen ou poidan verse

inmersas en procedementos de execución hipotecaria. A prestación do servizo é gratuíta, achegando o Colexio de Avogados os medios materiais e as instalacións (a Oficina de Intermediación estará situada na sede do Colexio, rúa Concello, 22, baixo) e o Concello 4.000 euros anuais para a súa posta en marcha e funcionamento. O horario de atención ao público será de tres días á semana, luns, mércores e venres, en horario de mañá, de 10 a 13 horas, sen perxuízo da súa posterior ampliación en función da demanda. Os cidadáns tamén poden solicitar cita previa a través do teléfono 988 210 076, de 10 a 14 horas. 400 desafiuzamentos Segundo datos do Consello Xeral do Poder Xudicial, os xulgados tramitaron no 2011, 58.241 expedientes de desafiuzamento, un 22% máis que en 2010. Desta cifra, case 400 corresponden á nosa cidade.

Durante 2011 os xulgados tramitaron 400 expedientes de desafiuzamento en Ourense


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.