Page 1

Entrevista O Nadal xa a David Rubín, está aquí autor de cómics [páx. 15 [páx.8] e páx. 39-42]

TEMA DO MES Páx.2

BARRIOS

Páx.4

Os partidos analizan os orzamentos do Estado para Ourense

Denuncian novos verquidos aos ríos Miño e Barbaña

BARRIOS

Páx. 5

O centro de saúde da Carballeira disporá de fisioterapeuta

CULTURA

Páx. 19

ESPECIAL Páx.23-28

Mes de maio de intensa actividade cultural en Ourense

Especial peques: todo sobre o mundo do bebé e da infancia

O COB debe gañar

O equipo ourensán caeu derrotado no primeiro partido da primeira ronda do play off de ascenso./RAMSÉS

Número: 116 - Ano: XI -Abril 2012 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




Ourense por BARRIOS Abril de 2012

TEMA DO MES

Análise dos Orzamentos do Estado para Ourense

Para o PSOE, Ourense sae “mal parada”

Ao BNG, plantéxanlle “moitas dúbidas”

Para o PP , un aumento da inversión do 201%

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, afirmou, unha vez coñecidas as grandes liñas dos Orzamentos Xerais do Estado para 2012, que “marxinan a Ourense e manteñen empantanados proxectos pendentes dede fai 15 anos”. “Non é certo que Ourense reciba 759 millóns de euros”, lamentou, xa que “máis de 700 corresponden o AVE Olmedo-Lubián-Ourense, e son obras de carácter xeral que pasan por Ourense, pero non son inversións en Ourense”. Un dato alarmante, segundo Rodríguez, é que “xustamente do tramo que máis nos afecta, a variante exterior, non hai un só euro orzamentado”. Polo tanto, segundo o alcalde de Ourense, “a cidade de Ourense queda con 18 millóns de euros teóricos: uns os das obras que xa están en execución -e por tanto non se entende que figuren como orzamento novo- e outros, os investimentos virtuais”. No primeiro apartado se atoparían as obras actualmente en execución, como son o abastecemento, que suma case nove millóns de euros, e o Banco de España que está practicamente rematado e resulta, para o

Un “engano masivo” e unha “estafa para os ourensáns” son dous dos calificativos que lle dedicou a tenente de alcalde de Ourense, a nacionalista Isabel Pérez, aos Orzamentos do Estado para 2012. Pérez compareceu publicamente xunto á deputada do BNG no Congreso dos Deputados, Olaia Fernández Davila, para valorar as contas xerais do Estado no que se refire a Ourense e a Galicia. Ambas anunciaron que o Bloque presentará unha emenda á totalidade aos Orzamentos, así como emendas parciais para incrementar partidas para gastos sociais, políticas termais ou a depuradora de Ourense, e, ao mesmo tempo, realizará un seguimento das partidas consignadas co obxectivo de “que os orzamentos que se presenten se cumplan”. Asegura a tenente de alcalde nacionalista que os Orzamentos elaborados polo Goberno de Rajoy “utilizan artificios orzamentarios para facernos crer que vai haber investimentos”, citando o exemplo dos 700 millóns de euros consignados para o AVE. Argumenta a súa

Os deputados populares Celso Delgado, Guillermo Collarte e Ana Belén Vázquez, e os senadores pola provincia Carmen Leyte e Miguel Pérez de Juan, fixeron un balance dos Orzamentos Xerais do Estado para o 2012 con respecto á provincia de Ourense. Segundo afirmaron: “os presupostos do 2012 acreditan dun modo impresionante o compromiso do Goberno de Rajoy con Ourense a pesar da crise”. Os políticos populares destacaron o aumento do investimento total do conxunto de ministerios e sociedades en Ourense, que se elevará a 759.002, millóns de euros, un 201,49% máis dos 251 millóns orzamentados o pasado ano 2011. Ourense recibirá así o 5,98 % sobre o total rexionalizado de investimento do Estado, afirmaron. Desde o PP ourensán destacan especialmente o Ministerio de Fomento e as súas empresas que investirán 737.394 millóns de euros fronte aos 217.640 do ano 2011. Con respecto aos investimentos para a alta velocidade, os populares lembran que os altos car-

alcalde de Ourense, “moi chamativo que o Goberno pretenda vendelo como orzamento novo”. “De onde saen os 2 millóns e medio novos que vende o Goberno?”, preguntouse Rodríguez, lembrando que estas dúas obras xa estaban orzamentadas e postas en execución polo Goberno anterior. Dos sete millóns restantes, se trata de “partidas virtuais” destinadas á Praza de Abastos, un ano máis á Variante Norte, e un ano máis a San Francisco –con 900 mil euros que non coinciden que ningunha das fases previstas nos proxecto- e a Confederación Hidrográfica, sobre a que o alcalde se preguntou “que parte de nova sede da Confederación se vai facer con 135 mil euros”. Respecto do complexo cultural de San Francisco, “o grave é que a inversión sigue empantanada”, dixo Rodríguez.

“Xustamente do tramo que máis nos afecta, a variante exterior, non hai un só euro orzamentado”

compañeira Fernández Dávila que é “practicamente imposible” que esta cifra se poida executar este ano, explicando que o compromiso de gasto foi transferido a Adif, que o executaría con cargo a endebedamento, pero “é imposible que se siga endebedando,”. A deputada tamén sinalou que parte dese investimento corresponde a “trazados fóra de Galicia”. Ao mesmo tempo, Isabel Pérez lamenta que non se execute “unha soa actuación orientada á creación de emprego nin investimentos en sectores produtivos esenciais”. “Non se consignan orzamentos necesarios para desenvolver o Plan Estratéxico Termal, o complexo de San Francisco non se contempla como un elemento estratéxico”, e sobre a ampliación da depuradora ou a estación de alta velocidade “temos moitas dúbidas”, dixo.

Presentarán emendas parciais para incrementar partidas para políticas termais ou a depuradora

gos do Ministerio que compareceron na Comisión de Fomento a pasada semana para explicar os presupostos garantiron o realismo do investimento previsto. Neste sentido, desde o PP subliñan que fronte ás dúbidas sementadas polo BNG sobre a imposibilidade de executar as contas públicas, “está o realismo dos feitos que se están materializado, posto que o novo Executivo xa adxudicou 8 tramos de AVE en Galicia, por importe de 743 millóns de euros, e aos que se sumaron o pasado venres 927 millóns máis autorizados polo Consello de Ministros para outros catro tramos”. Os populares destacan que todo este esforzo investidor en Ourense faise coincidindo cos Orzamentos máis esixentes da historia (cun axuste de 27.300 euros e unha redución do conxunto do gasto nos Ministerior do 16,9%), comprometidos en garantir o cumprimento do déficit (fixado no 5,3%).

Ourense recibirá o 5,98 % sobre o total rexionalizado de investimento do Estado


TEMA DO MES

Ourense por BARRIOS Abril de 2012



Concello, Goberno e Xunta póñense de acordo sobre a integración ferroviaria da cidade

4 Acordaron desenvolver coordinadamente o proxecto de integración do AVE en Ourense e constituir no máis breve prazo o instrumento de xestión “máis axeitado” entre as tres administracións. Paula Lodeiro Se o mes pasado a integración ferroviaria enfrontaba ao Concello de Ourense coas administracións central e autonómica, en abril parece que as augas volveron á súa canle. Logo dunha reunión en Madrid na que participaron o alcalde de Ourense, o conselleiro de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, e o secretario de Estado de Infraestruturas, semella que as tres administracións aparcaron as diferenzas e atoparon un camiño común. Desa xuntanza saiu o acordo para desenvolver coordinadamente o proxecto de integración do AVE na cidade así como a intención de constituir en breve prazo o instrumento de xestión “máis axeitado” entre as tres institucións. Unhas intencións que foron posteriormente ratificadas pola ministra de Fomento, Ana Pastor, que se sumou a un segundo encontro entre os tres responsables políticos. Pastor coincidiu na vontade do seu departamento de axilizar ao máximo os trámites para a pronta resolución do proxecto e evitar novas demoras. Concello, Goberno e Xunta coinciden na necesidade de manter todas as previsións do proxecto de integración do AVE en Ourense, de axilizar os procesos para evitar novas demoras, e de sustanciar en cuestión de días os me-

canismos para retomar os proxectos. Neste encontro a tres bandas, que fora solicitado polo Concello de Ourense, o alcalde plantexou ao secretario de Estado, Rafael Catalá, e ao conselleiro Agustín Hernández, a necesidade de manter todas as previsións do proxecto de integración do AVE na cidade, incluído o proxecto da estación intermodal adxudicado no pasado mes de decembro ao equipo do arquitecto Norman Foster. Respecto do soterramento, plantexado pola administración autonómica, os representantes das tres administracións acordaron consultar os estudos previos do propio Ministerio de Fomento que aconsellaron o modelo finalmente adoptado, a fin de avaliar a posibilidade de introducir melloras que non supuxeran retraso nos prazos nin alteracións importantes dos orzamentos. Convenio urbanístico En todo caso, en palabras do secretario de Estado, Rafael Catalá, hai un modelo de integración no que o Concello ten claramente definidos os parámetros urbanísticos, e a análise dos informes do Ministerio, deben sustanciarse “nun prazo de días ou semanas como máximo”. Por outra banda, as tres administracións analizaron o futuro convenio urbanístico que deberá definir o uso dos solos excedentes

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez e o conselleiro de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, Agustín Hernández, mantiveron un encontro co secretario de Estado de Infraestruturas, Rafael Catalá, en Madrid. do ámbito ferroviario, e amosaron a súa vontade de concluir este convenio de xeito que se poida incorporar ao próximo PXOM antes da súa presentación para a aprobación inicial. Neste sentido, o alcalde saudou o compromiso expresado polo secretario de Estado, e afirmou que confía en que “a Xunta de Galicia se incorpore definitivamente ao proxecto e garanta o traslado da estación de autobuses o futuro complexo intermodal”. Con posterioridade a esta reunión en Madrid, Francisco Rodríguez recalcou

que nun tema tan importante “non se trata de ver quen ten máis razón” senón “que cada institución asuma a súa responsabilidade, superando as diferenzas lóxicas” e aceptou que se estude “se hai posibilidades dunha alternativa mellor viable economicamente, sobre a base do proxecto de Foster”.

Avaliarase a posibilidade de introducir melloras que non supuñan retraso nos prazos nin alteracións orzamentarias

4 Valoración positiva da Xunta O Goberno galego valorou de xeito positivo a disposición manifestada polo alcalde de Ourense de analizar o mellor deseño para a chegada da alta velocidade. O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, avogou por mirar “cara a adiante” e facer unha análise rigorosa que posibilite levar a cabo un proxecto que beneficie aos cidadáns e sexa unha oportunidade para a cidade, unha análise que “non paraliza nada e que se fará no menor prazo, e que é

imprescindible para que non haxa futuros desacordos”. No seu momento a Xunta cuestionou que a única solución fose a que está enriba da mesa nestes momentos. Hernández incidiu en que “se trata dunha infraestrutura para os vindeiros cen anos e paga a pena polo tanto facer unha reflexión sen apriorismos sobre a posibilidade dunha integración soterrada”, sen que iso supoña ningún tipo de retraso xa que se levará a cabo “en semanas”.




Ourense por BARRIOS Abril de 2012

BARRIOS

O Concello renova saneamento e pavimento na rúa Cabeza de Manzaneda

Amigos da Terra denuncia verquidos de augas residuais nos ríos Miño e Barbaña

4 No tramo comprendido entre a rúa Monte Medo e a rúa Pena Corneira.

4 Ao carón da ponte do Milenio.

Redacción

Os ríos Miño e Barbaña volveron sufrir outro verquido de augas residuais que afecta “gravemente” ao entorno ecolóxico e fluvial da zona, denuncia Amigos da Terra. Os verquidos producìronse ao carón da ponte do Milenio o mércores 25 de abril. “Son apreciables extendéndose augas abaixo por máis de 300 metros e chegando máis aló da marxe esquerda por enfronte da zona termal da Chavasqueira. Asimesmo, estanse a producir verquidos de augas residuais no río Barbaña, na parte final da desembocadura ao carón da avenida da Ribeira Sacra e nun tramo de 100 metros

Remataron as obras na rúa Cabeza de Manzaneda, no barrio de San Francisco. A actuación implicou a sustitución do saneamento existente na rúa Cabeza de Manzaneda, no tramo comprendido entre a rúa Monte Medo e a rúa Pena Corneira, así como a renovación e mellora da pavimentación do vial. Cun investimento de 42.030 euros con cargo aos orzamentos municipais, as obras implican a mellora dos accesos ao casco vello dende o barrio de San Francisco e corrixen o mal estado da rúa que contaba con irregularidades e defi-

Aspecto actual da rúa Cabeza de Manzaneda./P.LODEIRO. ciencias na súa superficie derivados da súa antigüedade e elevado tránsito de vehículos e peóns. As medidas adoptadas facilitan a coexistencia entre o tráfico rodado e o peonil e favoreceu unha maior

fluidez da circulación, por tratarse dunha zona moi concurrida onde conflúe a entrada e saída de centros escolares, actividade comercial e a entrada á zona dos viños, cunha gran afluencia peonil.

Redacción

Verquidos na desembocadura do Barbaña ao Miño./AdT. augas arriba ao carón da avenida Pardo de Cela”, informa o colectivo ecoloxista. “Dispoñendo dunha estación de bombeo de augas inaugurada fai oito meses e que non está posta en funcionamento, unha depuradora de augas que non ten capacidade para tratar as

aguas de saneamento; e o río Barbaña contaminado por sucesivos verquidos, chegamos xa a unha situación extremadamente residual”, critica Amigos da Terra, quen deu conta desta denuncia na Policía Autonómica e na Confederación Hidrográfica Miño-Sil.


BARRIOS

Ourense por BARRIOS Abril de 2012



O centro de saúde da Carballeira disporá de fisioterapeuta 4 A Xerencia de Xestión Integrada adaptará este ano un espazo no centro para acoller este servizo. Redacción A responsable da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras, Eloína Núñez, informou aos representantes das asociacións veciñais Carlasca e Arranxar da Carballeira, que o centro de saúde do barrio disporá este ano de fisioterapeuta. Fíxoo durante unha reunión solicitada a petición dos dous colectivos, que querían coñecer de primeira

man o proxecto asistencial do Servizo Galego de Saúde para os seus veciños. Núñez deulles a coñecer o proxecto da Xerencia de ampliar os servizos do ambulatorio da Carballeira cunha nova Unidade de Fisioterapia, para a que, este mesmo ano, procederase á reforma e equipamento dunha área do centro que acollerá a sala de tratamento. Coa posta en marcha desta nova unidade, a Xerencia pretende dar unha resposta

Limiar reúnese coa concelleira de Mobilidade 4 Falaron do transporte metropolitano. Redacción Membros da Comisión delegada de Limiar mantiveron un encontro con Susana Bayo sobre o transporte metropolitano. “Despois de 15 anos falando do mesmo non entendemos o por que de que siga paralizado, xa que consideramos que é un ben para todos os cidadáns”, indican nun comunicado. Os representantes veciñais querían coñecer de primeira man a versión muni-

cipal, ante as informacións sobre a intención do Goberno galego de pór en marcha o transporte sen contar co Concello, “o que entendemos que non pode ocorrer xa que o servizo quedaría incompleto”. A concelleira informoulles de que o Concello ten que chegar a un acordo económico coa Xunta e en temas como as paradas no centro urbano de maneira que a Xunta non invada competencias municipais. Bayo mostrou vontade de

A sede está na r/Francisco de Moure, 20, no Couto.

Nace unha nova empresa de publicidade: Orixe Eloína Núñez con representantes das asociacións veciñais Carlasca e Arranxar. asistencial rápida e eficaz, desde a Atención Primaria, a un conxunto de doenzas frecuentes como reumatismos, dores lumbares e cervicais, dor muscular e articular, ou episodios traumatolóxicos menores para o que ata agora os usuarios da Carballeira

tiñan que acudir ao hospital. Ademais, a fisioterapia primaria ten unha clara vocación de promoción da saúde e prevención, polo que a súa integración no centro de saúde, permitirá o traballo en equipo, complementando as iniciativas de

educación para a saúde do conxunto de profesionais do centro.

A xerente confirmoullo aos representantes de Carlasca e Arranxar

chegar a un acordo para solucionar o tema, “todas as partes deberían pór da súa parte”, indican. Desde Limiar insisten na necesidade de chegar a un acordo sobre este servizo, necesario sobre todo en zonas como A Valenzá.

Licitada a redacción do proxecto e a execución da nova EDAR

Outros asuntos Na reunión tratáronse outros temas de interese para a veciñanza como a limpeza das rúas; a gratuidade do autobús para todos os xubilados (“consideramos que é un luxo demasiado caro en estes tempos que corren”, afirman); a ampliación da liña de bus ao Peliquín nas fins de semana; e o perigo na rúa Francisco Lloréns Díaz cando o camión da recollida do lixo ten que saír marcha atrás cara á rotonda do pavillón dos Remedios.

O Consello de Administración da Sociedade Estatal Augas das Concas do Norte deu o visto bo á licitación dun dos contratos máis importantes e esperados para o desenvolvemento do saneamento na cidade de Ourense: a nova depuradora, que unha vez construída terá capacidade para tratar as augas residuais de 180.000 habitantes. A redacción do proxecto e a execución das obras da nova depuradora suporá un investimento por parte do Goberno de España de 53,5

Redacción

millóns de euros, dos cales o 70% serán achegados por AcuaNorte procedentes de fondos europeos FEDER, o 15% pola Xunta de Galicia a través do organismo autónomo Augas de Galicia e o resto polo Concello de Ourense financiado por AcuaNorte, que recuperará esta parte do investimento vía tarifas. O contrato de licitación ten un prazo máximo de execución de 61 meses, deles seis para a redacción do proxecto construtivo, 43 meses para a execución das obras e un ano para a posta en marcha das instalacións construídas.

As circunstancias actuais esixen rápidas adaptacións ao medio cambiante en que nos movemos. Por suposto a publicidade non é ningunha excepción, as regras cambian e hai que saber manexar novos conceptos, por iso creouse esta nova axencia. Orixe nace para crear e desenvolver ideas que resulten interesantes para todos aqueles integrantes do mundo publicitario. A publicidade cultural que logra aunar a esponsorización co mecenado é o futuro de moitas manifestacións artísticas que doutro xeito quedarían condenadas ao ostracismo. Desde Orixe crean e apoian manifestacións culturais e deportivas, eventos nacionais e internacionais para axudar a consolidar o acerbo cultural na nosa cidade. Ademais do seu servizo de distribución publicitaria, imprenta, agasallo de empresa, achegan a súa experiencia en deseño grafico, publicación de libros, etc. En resumo, ofrecen aos seus clientes un completo labor de comunicación nos diversos medios de prensa, tv, radio etc., como en publicidade exterior, valos, mupis, autobuses e todo tipo de rotulación.




Ourense por BARRIOS Abril de 2012

EN BREVE

4Campaña do Día da Nai en Barbadás Con motivo da celebración do Día da Nai o 5 de maio, o Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás levará a cabo unha nova campaña para incentivar o comercio local. A campaña consistirá en que todos os nenos e nenas que merquen o agasallo para a súa nai nos establecementos comerciais do municipio recibirán unha invitación para disfrutar de diferentes xogos.

4Cursos no CET de Barbadás O Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás (CET) promove tres cursos nos vindeiros meses. O curso de “Vendas on line”, de 10 horas, comeza a impartirse o 7 de maio, o de “A túa empresa nas redes sociais”, de 8 horas, iníciase o 21 de maio, e o de “Técnicas de intelixencia emocional” dará comezo o 4 de xuño. Dispoñen de 10 prazas cada un e serán en horario de 20:30 a 22:30 horas.

BARRIOS

O PP intensifica o seu contacto cos veciños 4 Mantén reunións periódicas nas asociacións de veciños. Redacción Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular en Ourense levan varias semanas desenvolvendo unha serie de reunións con diferentes asociacións de veciños, co fin de pulsar as inquedanzas, reivindicacións, necesidades e todo aquilo que lle afecta aos habitantes de todos os barrios da cidade. Estas reunións foron planificadas dende hai semanas a petición do portavoz popular no Concello de Ourense, Rosendo Fernández, quen subliña a necesidade de manter un contacto permanente cos veciños da cidade e coñecer deste xeito, de primeira man, os asuntos que de verdade importan

aos ourensáns. Ata o de agora, os edís populares mantiveron reunións coas asociacións de veciños de Rabo de galo, Eiroás, Quintela, Rúa do Vinteún, Cudeiro, Santa Teresita, Covadonga, San Miguel de Canedo, Santa Ana do Pino, Chavasqueira, Castro de Beiro, Agarimo e Untes, así como coa Federación Limiar e a Agrupación Miño. Os populares están trasladando a información recabada nestas xuntanzas ás diferentes xuntas de área do Concello de Ourense, co fin de buscar solucións e informar sobre estes asuntos aos veciños. O PP tiña previsto completar a rolda de contactos con todas as asociacións de veciños de Ourense ao pasar Semana Santa.

Membros do PP visitaron a asociación de Santa Teresita.

4 Reclama máis vixilancia sobre as antenas de telefonía O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Ourense mantén un constante e intenso contacto cos veciños da zona de San Francisco, afectados pola presenza de antenas de telefonía ilegais e clandestinas. A viceportavoz e conce-

da pola asociación O Barrio a respecto da antena sita na rúa Monte Penamá 19. A edil popular reclama ao bipartito “que poña en marcha xa os mecanismos necesarios para que ningún veciño desta cidade volva a sufrir unha antena de telefonía ilegal”.

Matrícula aberta na asociación Carlasca 4 Para as actividades do vindeiro curso.

[Máis información no CET e no 988 360 413]

4 O Concello require a retirada dunha antena ilegal A Xunta de Goberno Local acordou requerir á empresa France Telecom España SA que retire a antena de telefonía móbil instalada no edificio de Correos, por carecer da preceptiva licenza municipal, e non ser posible a súa legalización por atoparse nun edificio protexido. Na mesma sesión, a Xunta de Goberno Local condedeu licenza de apertura de tres estacións base de telefonía móbil, na Avenida de Portugal, 122 e estrada de Vigo, 39 (ambas de Vodafone España) e Avenida de Bos Aires, 111 (Telefónica Móviles). Nestes casos, as empresas solicitaran previamente e recibiran licenza de obra para instalar as antenas, cumprindo coa normativa urbanística de aplicación.

lleira veciña dese barrio, Belén Iglesias, xa defendeu no pleno do Concello de Ourense unha moción encamiñada a erradicar estas antenas. Belén Iglesias foi informada a través dos veciños de San Francisco que o Valedor do Pobo admitiu a trámite a queixa formula-

Redacción

Clases de inglés para nenos na asociación Carlasca da Carballeira.

A asociación Carlasca da Carballeira abre o prazo de matrícula para as actividades que se organizarán o próximo curso. A inscrición previa realizarase durante o mes de abril nos locais da asociación situados na rúa Castelo Ramiro nº1, de 17 a 19 horas. Ofértanse cursos de cociña, ximnasia, ma-

nualidades, memoria, pandeireta, baile, inglés oral e informática básica, todos patrocinados pola Concellaría de Participación Cidadá. Tamén haberá escolas deportivas de fútbol-sala, xadrez e teatro patrocinados polo Servizo Municipal de Deportes e a Concellaría de Cultura, e a escola de gaita e percusión en colaboración coa Deputación.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Abril de 2012






Ourense por BARRIOS Abril de 2012

ENTREVISTA

ENTREVISTA A David Rubín, autor de cómics

“Eu non sería o que son sen as Xornadas de Banda Deseñada e sen Benito Losada”

4 O ourensán David Rubín é un dos máximos representantes do cómic galego. Óscar Blanco Este ourensán de 34 anos, do barrio da Rabaza, destacou como un dos mellores autores de cómic que deu Ourense e Galicia, e está a terminar a segunda parte da súa última obra “O Heroe”, máis de 300 páxinas de creatividade que se publicarán a finais do 2012. Como te defines? David Rubín: “Son autor de cómics, é a miña principal tarefa. Fago moitas máis cousas: ilustración, cartelismo, narrativa... pero o que máis me gusta son os cómics. É o que son e o que sempre quixen ser”. O cómic é autosuficiente? D.R.: “O cómic é unha arte ao mesmo nivel que a escultura, a literatura, o cinema ou a danza. Non é un sucedáneo nin un derivado de nada e sostense como tal”. Cando pasa de ser unha afección intensa a ser unha alternativa seria como profesional? D.R.: “Cando tiña 15 ou 16 anos, xa na miña cuadrilla de amigos, que a algúns nos gustaba debuxar, deime

Rubín dá aos novos autores dous consellos: “hai moito mundo máis alá do que a un lle gusta” e “a autocompracencia é o peor inimigo”.

conta que me divertía máis facer os cómics que ler os que compraba na libraría. Empecei a moverme como puiden, non había Internet e Ourense era a incomunicación absoluta. Acudín ás I Xornadas de Banda Deseñada como público, sen estas Xornadas eu non estaría a facer cómics agora. Esas Xornadas abríronme os ollos, non facía falta ser americano ou traballar para Marvel. Empecei a moverme co meu cartafol debaixo do brazo. Cando viñan editores aos poucos salóns do cómic ou parecidos de Galicia, eu presentáballes os meus traballos e, con sorte, eles criticábanmo. Se acudían ao ano seguinte eu volvía con material que non incorría nos mesmos erros”. Cal é para ti o futuro do cómic nos novos dispositivos? D.R.: “Xa hai cómics para tablets e computadores, pero para min, un cómic con son e animación non é un cómic. Creo que o importante no medio é o formato: a páxina no papel, a pantalla no cinema. Nun cómic dixital o formato é libre, podes facer un cómic de catro metros de alto. Eu faría outras cousas coa tecnoloxía, é un terreo por explorar”. Cales son as túas influencias? D.R.: “Todas. Empecei lendo cómics americanos: Batman, Spiderman, etc. pero nunca fun fan de personaxes concretos, cómpro-

Autorretrato de David Rubín.

David Rubín é, ante todo, humilde. “Son un máis dun grupo que está a traballar moito. Só me sinto orgulloso de pertencer á mellor xeración de autores galegos que houbo nunca”. me os cómics polos autores a quen seguía e estes podían debuxar a diversos heroes. Na adolescencia descubrín o cómic europeo e español que me interesaban máis que o americano, e logo descubrín o manga. O meu traballo é unha mestura deste tres tradicións, a europea, a manga e a americana”. Cres que fuches friki? Ou que hai frikis da túa obra? D.R.: “Eu non fun friki nunca. Sei que hai fans da miña obra, pero non teño constancia que haxa persoas que se interesen até ese punto cos meus personaxes. Na miña opinión é un mundo fóra do cómic. Respecto o que fan pero non é o meu estilo. Hai moita xente que pode ser considerada fan

apaixonada dunha película ou un cómic sen ter que disfrazarse dos personaxes que segue”. É Ourense un lugar de especial facilidade ou dificultade para o que quere dedicarse ao cómic? D.R.: “Ourense non é fácil para nada, pero é igual de complicado en calquera lado. Moita xente pensa que só hai que saber debuxar ou ter unha boa historia, pero hai que saber contar esa historia. O consello que dou é que hai moito mundo máis alá do que lle gusta a un. Hai que experimentar e empaparse de sitios e cousas distintas. Doutra banda, a un editor conquístalo por unha historia que lle impacte e que estea ben narrada, máis aló do debuxo, non é

tan importante debuxar ben ou mal, isto último é moi relativo. Outro consello, nunca estar contento co teu traballo, a autocompracencia é o teu peor inimigo”. Es un dos máximos representantes do cómic galego, é iso unha gran responsabilidade? D.R.: “Non me considero un representante, son un máis dun grupo que estamos a traballar moito. Si, o meu nome soa e os meus libros véndense, son un privilexiado. Teño unha responsabilidade comigo mesmo e co meu traballo, para mellorar aos poucos. Só me sinto orgulloso de pertencer á mellor xeración de autores galegos que houbo nunca”.

Cando firmas de xeito conxunto cos mellores autores nacionais ou internacionais nun salón do cómic que sentes? D.R.: “Cando empezaba si que me sorprendía. Cando tomaba un café cun autor que seguía desde facía anos, estaba realmente asombrado. Agora xa o vexo con normalidade”. Como é o teu ritual para crear? D.R.: “Levántome moi cedo, ás 6:30, almorzo ben, fago algunha tarefa do fogar e voume á piscina porque paso moitas horas sentado. A iso das 9:30 xa estou na mesa de debuxo. Traballo unhas 12 horas diarias. Isto creo que é importante, os logros veñen polo esforzo. Hai que realizar sacrificios para progresar”. Que fai David Rubín cando non pinta? D.R.: “O cinema é outra paixón, viaxo, quedo cos amigos, vou de bares...” Unha última mensaxe. D.R.: “Como ourensán que son quero dicir que unha cita que nunca me perdo son as Xornadas dá Banda Deseñada de Ourense. Pero duns anos para aquí parece que a cidade lle dá as costas. Son das máis antigas de España e coñécese en todo o mundo. Con todo, os organismos oficiais ourensáns e parte da cidadanía non as valoran como cómpre. Merecerían unha maior atención. Eu non sería o que son sen as Xornadas de Banda Deseñada e sen Benito Losada”.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Abril de 2012




10

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

CIDADE

O Concello critica o Decreto de Servizos Sociais da Xunta

EN BREVE

4 Financiamento para a oficina de rehabilitación O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asinou un convenio de colaboración co Concello de Ourense para o mantemento da súa oficina de rehabilitación. A Consellería achegará 80.000 euros para colaborar no mantemento desta oficina municipal, na que se ofrecen servizos de portelo único en materia de rehabilitación, informando aos veciños de todas as axudas e trámites que teñen que levar a cabo para a reparación das súas vivendas. A cidade de Ourense conta con dúas dependencias, a primeira operando no Casco Histórico e a segunda na Área de Rehabilitación Integral de Camelias, Carballeira e Polvorín.

4 Balance da Oficina de Atención ao Cidadán Nos catro primeiros anos de funcionamento, a Oficina de Atención ao Cidadán ten efectuado 44.201 atencións. De media, a oficina resolve cada día as peticións e dúbidas de 65 ourensáns, ben sexa presencialmente, ben por teléfono ou vía internet. Este mes cúmprese un ano da ampliación dos horarios e prestación dos servizos da oficina. Cúbrese a xornada de tarde e resólvense novos servizos como xestións tributarias, padrón de habitantes, ou cita previa para a Concellería de Benestar Social. Ata agora, atendeuse pola tarde a 2.151 cidadáns.

4 A concelleira de Benestar Social acusa á Xunta de ir “en contra do benestar de moitas persoas maiores e enfermas”. P.L.

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato./R.T.

Ourense contará cunha nova escola infantil con 87 prazas 4 Anunciouno a conselleira Beatriz Mato nunha visita institucional ao Concello. Redacción A Consellería de Traballo e Benestar porá en marcha unha nova escola infantil en Ourense con 82 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos, que elevará ata as 621 as prazas sostidas con fondos públicos no municipio, o que significa un incremento do 15,2%. Así o anunciou a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, tras manter unha reunión co alcalde, Francisco Rodríguez, na súa primeira visita institucional ao Concello de Ourense. Mato indicou que esta escola será unha das nove coas que contará Galicia grazas ao convenio que o departamento autonómico vén de firmar coa Fundación Amancio Ortega a pasada

semana. En virtude dese acordo, a Fundación Amancio Ortega financiará a construción das novas instalacións, mentres que o mantemento correrá a cargo do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar e os concellos, ao igual que no resto de escolas desta rede. Beatriz Mato lembrou que no que vai de lexislatura este Goberno creou máis de 2.400 novas prazas públicas en Galicia, un 44% máis que as que existían, e incidiu en que entre os meses de setembro e decembro poranse en marcha outras 11 novas escolas infantís. Financiamento de servizos sociais comunitarios Doutra banda, a responsable de Benestar referiuse ao novo Decreto de Servizos Sociais Comunitarios

que ten como principal novidade o establecemento de dúas fórmulas de financiamento dos servizos sociais aos concellos. En canto aos servizos sociais básicos pásase dunha convocatoria anual de subvencións a un proceso de transferencias anuais que permite adiantos grazas ao que os concellos recibirán un anticipo de parte das axudas que lles corresponden, no caso de Ourense máis de 235.000 euros. No que se refire ao servizo de axuda no fogar para persoas con dependencia, as transferencias pasan de ser de carácter anual a trimestral. A certificación do primeiro pago trimestral permitirá ao Concello de Ourense percibir neste mes preto de 200.000 euros.

A edil de Benestar Social de Ourense, Marga Martín, carga contra o novo decreto da Xunta de Galicia que regula os servizos sociais comunitarios porque, di, “grava aos concellos e aos usuarios e vai en contra do benestar de moitas persoas maiores e enfermas”. Explica a concelleira socialista que con este novo decreto o Goberno galego reduce ás achegas aos concellos para sufragar os servizos sociais básicos, como é a axuda a domicilio. Así, segundo a normativa, a Xunta garante o seu apoio económico, no caso de Ourense, a unha unidade de convivencia por cada 550 habitantes, o que limita o servizo a 197 usuarios, achegando un total de 157.600 euros, o 28,9% do custo total do servizo para o Concello, que se eleva a 712.000 euros. Ademais, no novo decreto establécense novas regras para o cálculo do copago, “grava moitísimo o que teñen que pagar os usuarios”, afirma Marga Martín. Cos cambios introducidos, o usuario empezará a pagar o servizo a partir dunha renda de 426 euros mensuais (antes o mínimo eran 532,51

euros), tocándolle pagar entre 30 a 90 euros. En canto ao servizo de axuda no fogar nos dependentes, o Goberno autonómico introduce unha modificación na fórmula, de maneira que a Xunta asume 9 euros por hora dun custo total de 15,07 euros, e o resto debeno achegar usuarios e municipios. Marga Martín considera que desta maneira “hai moita xente que vai ter que reducir este servizo porque non o pode pagar”. A edil considera que este cambio incumple a Lei de Dependencia. Mantemento das políticas sociais Na actualidade, o Concello de Ourense dá servizo a 700 usuarios do servizo de axuda no fogar municipal e a outros 200 da atención á dependencia, o que supón un orzamento anual duns tres millóns de euros. A edil explicou que o Concello de Ourense seguirá nesta senda, “potenciando os servizos sociais ata que podamos”, de maneira que non prevé unha redución desta partida nos orzamentos municipais para este ano.

Co novo decreto, a Xunta só copagará a axuda no fogar a 197 usuarios


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

11


12

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

SOCIEDADE

Cruz Vermella xestionará o servizo de apoio a familias monoparentais A Asociación Kamakura organiza a actividade “Tolos polo Cosplay”, que consiste en caracterizarse como personaxes de ficción xaponeses.

David Calviño, presidente de Kamakura.

4 Atende 60 menores.

ciación de Bonsais”. Ourense é un terreo propicio para estas iniciativas? D.C.: “Ourense si é propicia. A pesar de ser unha cidade pequena, aquí sempre houbo algún comercio que centralizaba aos fans desta cultura. Recordo que, sendo un crío, había algunha tenda onde facerse coas últimas novidades. Sempre houbo puntos de encontro para aqueles con curiosidade, xente con afección e onde compartir inquietudes. Antes apenas había un par de estantes dedicados a manga, agora hai máis tendas que nunca porque o mercado viu un oco na cidade”. Sodes “frikis”, é ese termo un insulto ou un orgullo? D.C.: “Iso ten unha valoración moi persoal, para min é algo que levo con orgullo. Gozo esta paixón e encántame e ademais utilizo moito o termo “friki”. Outros prefiren o termo “otaku”que significa “familia” para referirse ás persoas con intereses comúns, é dicir, o gusto polo anime, manga e videoxogos”. Organizades con regularidade unha actividade chamada “Tolos polo Cosplay”. Cosplay é o mesmo que disfrazarse? D.C.: “A algunhas persoas oféndelles dicir que están disfrazados. Eles prefiren dicir que están caracterizados dun personaxe de ficción. Algúns españolizaron

o termo e prefiren “cosplayarse”. Persoalmente, síntome ben con calquera expresión. O Cosplay non é máis que un grupo de persoas que se reúnen caracterizados dunha personaxe de cómic, películas ou videoxogos. Non só vístese un como a personaxe, senón que se adopta a súa personalidade, o seu carácter. Hai que acompañar a imaxe coa actitude”. Cal é a principal actividade que desenvolve Kamakura? D.C.: “Son as Xornadas Kamakura, cuxa quinta edición se celebrará a primeira quincena de setembro de 2012, aproveitando a última semana das vacacións de verán. Son xornadas totalmente abertas ao público cun programa moi variado: proxeccións, campionatos de videoxogos, non pode faltar o karaoke, e unha actividade moi propia nosa, unha especie de xogo da oca xigante con preguntas sobre series, realización de tarefas, etc. Ademais, propuxémonos facer unha actividade mensual que adoita coincidir co último fin de semana do mes. Os contidos son moi variados: desde exhibicións de filmes até celebrar tradicións como o San Valentín xaponés, etc. Aproveito para convidan a todos aqueles con interese a que nos coñezan, que aquí non comemos a ninguén!”

Redacción

tualidade.

Cruz Vermella Española prestará o servicio de apoio a familias monoparentais do Concello de Ourense. A ONG presentou a mellor oferta das catro firmas que concurriron ao concurso convocado polo Concello para adxudicar a prestación deste servizo de Benestar Social, que dá atención a 60 nenos ourensáns menores de 12 anos cun só proxenitor. A atención a fillos de familias monoparentais é un servizo que o Concello xa viña prestando dende o ano 1999, e cuxa concesión, a favor de Cruz Vermella, remataba na ac-

Melloras Cruz Vermella prestará o servizo por un prezo de 12,70 euros/hora, e achega na súa proposta melloras como un programa de actividades lúdicas (excursións, saídas culturais e ás piscinas, encontros familiares e actividades interxeracionais) e a organización de actividades formativas para as familias, para o persoal e para o voluntariado de apoio. As prestacións que asumirá a adxudicataria son a atención e coidado dos nenos en domicilio e na ludoteca, os traslados e a atención e coidado da propia ludoteca do Concello.

Aixiña atenderá o centro de día para dependentes

cionais valoradas en 73.362 euros, como a organización de xornadas de formación gratuítas para coidadores non profesionais, e de xornadas de portas abertas, dúas aulas de estimulación sensorial, ximnasio de mantemento e sala de xogos. Tamén incrementa o persoal esixido como mínimo: un logopeda, un técnico en integración social e un técnico nutricionista. A empresa adxudicataria deberá poñer a disposición do Concello un edificio equipado e con instalacións suficientes para prestar o servizo, que disporá de 25 prazas, e asumirá a recollida e regreso dos usuarios aos seus domicilios.

Tolos polo Cosplay 4 A Asociación Kamakura é un punto de encontro de amantes da ficción xaponesa. Óscar Blanco A Asociación Kamakura é unha asociación cultural que naceu no 2007 da iniciativa dun grupo de mozas que quixeron crear un punto de encontro para afeccionados ao mundo dos videoxogos, cómics manga, anime e demais temas xaponeses. Para coñecer este apaixoante mundo máis de preto, falamos con David Calviño, vogal da asociación. Que significa Kamakura? David Calviño: “Kamakura é unha cidade de Xapón que conta cun buda xigante pero creo que o nome debe a súa orixe ao nickname (alias de internet) dunha das fundadoras. Todo empezou no ano 2007, e naquel Nadal celebráronse nosas primeiras Xornadas de Anime. A resposta do público foi moita e inesperada e a asociación cobrou máis importancia. Somos unhas das primeiras asociacións dedicadas a esta temática en Galicia”. Cantos membros, asociados, fans, amigos ten a asociación? D.C.: “Houbo seis mozas fundadoras e somos oito de

base. Unha vez formalizada, a asociación ten varias ducias de asociados formais, pero os simpatizantes, asiduos aos nosos eventos poden ser máis de 200 persoas. Acode ás nosas actividades xente de Vigo, Pontevedra, A Coruña, etc”. Que ten Xapón que atrae tanto a súa cultura manga, anime, a pesar da súa distancia? D.C.: “Ten algo exótico, é unha cultura completamente diferente. Teñen cabida historias de ficción de todo tipo que rompen esquemas e, debido á súa distancia cultural, permíteche velos con perspectiva e poden até resultar cribles. Os personaxes xaponeses adoitan ser moi completos, moi tridimensionales. Tampouco nos pechamos a outros produtos europeos ou americanos, pero o aspecto visual xaponés atráenos moito máis”. Mantedes contactos físicos con Xapón? D.C.: “Non exactamente. Algún dos membros da asociación estudou uns meses en Xapón. Traballamos en común con outras asociacións de cultura xaponesa, como, por exemplo, a Aso-

Redacción

Aixiña xestionará o centro de día municipal para atención a persoas maiores dependentes. A asociación ourensá foi a única entidade que se presentou ao concurso convocado polo Concello, despois de que rematara a anterior concesión, tamén a favor de Aixiña. Prestará o servizo por un importe de 173.394 euros anuais, cunha baixa sobre o orzamento de licitación, que eran 186.300 euros, e achegando melloras adi-


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

13


14

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

SOCIEDADE

Ourense conmemora o Día Mundial da Saúde cunha feira na Alameda

o anunciante do mes

Óptica As Caldas 4 Na Ponte desde hai 13 anos. Redacción Óptica As Caldas fundouse en decembro do ano 1999. Un proxecto nado da ilusión e o empeño de tres emprendedoras: Carolina, Dolores e Rosana. Esta óptica da avenida das Caldas, 45 leva máis de 13 anos ofrecendo un servizo aos habitantes do barrio da Ponte. A pesar de que os comezos foron complicados, a confianza e o esforzo permitíronlles chegar até hoxe. Como comenta Dolores, “desde o principio o recibimento da xente foi moi bo. O barrio da Ponte é acolledor e sempre tivo a súa propia personalidade. Antes non había ningunha óptica, e os pontinos tiñan que ir ao centro a facer reparacións ou compras nas súas lentes ou outros produtos ópticos. Para evitar que a xente ‘fose a Ourense’, como din aquí, abrimos Óptica As Caldas

onde lles damos o mellor servizo posible. Tanto nos enganchou o barrio da Ponte que dúas de nós viñémonos a vivir aquí”. Como din as súas compoñentes, as ópticas poden ter un catálogo máis ou menos amplo de produtos, pero Óptica As Caldas destaca especialmente polo seu gabinete optométrico, tanto pola profesionalidade da súa optometrista como porque dispoñen das últimas tecnoloxías. De feito, é unha das pouquísimas ópticas da cidade que dispoñen dun retinógrafo, aparello que analiza a saúde da retina, proporcionando un exame do ollo. Inclusive, a algúns clientes recomendáronlles acudir ao oftalmólogo tras o estudo realizado en Óptica As Caldas. “Polo demais, estamos encantadas coa nosa publicidade no xornal porque chega á xente, é próximo.

4 Os días 9 e 10 de maio. Redacción

Dolores, Rosana e Carolina, as tres socias de Óptica As Caldas. Ourense por Barrios entra nas casas da xente e Óptica As Caldas entra con el. Mentres a crise nolo permita aquí seguiremos”. Desde Óptica As Caldas,

queren “agradecer sinceramente á xente da Ponte a súa confianza en nós. Esperamos poder seguir dando o mellor servizo día tras día ás pontinas e pontinos”.

“A boa saúde engade vida aos anos” é o lema elixido este ano para conmemorar o Día Mundial da Saúde, celebración á que se suma o Concello de Ourense coa instalación, os días 9 e 10 de maio, da IX Feira da Saúde na Alameda. Este ano participarán xunto coa Concellería de Saúde 27 entidades, que porán a disposición de toda a cidadanía distintas accións encamiñadas a promover estilos de vida saudables e efectuarán de xeito gratuíto diversos rexistros sanitarios. Por exemplo, no posto da Concellería realizaranse rexistros do colesterol e de peso, talla e indice de masa corporal con asesoramento nutricional; no de

ALCER e AFFOU tomarase a tensión arterial; no da Asociación Diabética AURIA efectuaranse rexistros do índice de glicosa; e no stand da asociación do cancro, audiometrías e rexistros da tensión ocular. Ademais, AFAOR desenvolverá obradoiros de memoria (en horario de 11 a 12 e de 18 a 19 horas); a asociación de persoas xordas prestará un servizo de interpetación de lingua de signos; ACEGA conmemorará o Día Mundial do Lupus informando a todos os interesados desta enfermidade. Ademais haberá obradoiros de taichi (de 12 a 13 horas) e de danza saudable (de 18 a 20 horas), charlas informativas, exposicións de traballos, degustacións, actividades para nenos, ou adopción de cans e gatos.


SOCIEDADE

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

Campaña solidaria “Kilómetros de ilusión” Redacción

Os pilotos Ricardo e José Luis González, xunto á edil de Turismo, e membros de Aixiña.

A concelleira de Cultura e Turismo, Isabel Pérez, os pilotos ourensáns de Rali Clásico, Ricardo e José Luís González, e a presidenta da Asociación Aixiña, Olga Cuña, presentaron a campaña solidaria “Kilómetros de ilusión”, que busca conseguir fondos para financiar a compra dun vehículo adaptado para o transporte

15

de persoas dependentes. A campaña consistirá na doazón a Aixiña de un euro por cada kilómetro percorrido polos pilotos, que participan esta tempada na Copa de España de Regularidade Sport aos mandos dun Ford Escort RS 2000 dos anos 70. Son oito probas por todo o Estado. A presidenta de Aixiña agradeceu aos pilotos a súa colaboración para adquirir un vehículo que “é unha necesidade nun momento no que os recortes nos investimentos públicos e no gasto social están decrecendo”.

Unha oficina asesorará aos que teñan dificultades para afrontar as súas hipotecas 4 O servizo é gratuíto. Redacción O Concello de Ourense e o Colexio de Avogados de Ourense van pór en marcha un servizo de asesoramento xurídico para todas aquelas familas que se atopen en risco de perder a súa vivenda. A través dun convenio as dúas entidades decidiron crear unha Oficina de Intermediación Hipotecaria que informará e asesorará ás persoas e familias que teñen dificultades para facer fronte ao seus préstamos hipotecarios. Os procesos que se levarán a cabo a través da oficina denomínanse “intermediación residencial”, procedemento que facilita a comunicación entre a persoa que debe os cartos e a entidade financieira coa que ten suscrito o préstamo, para atopar unha solución antes dunha demanda de execución hipotecaria, facilitando información e asesoramento legal, á vez que se media coa parte interesada. Os destinatarios deste servizo son as persoas e familias empadroadas en Ourense, propietarios dunha vivenda que constitúa o seu domicilio habitual que se atopen ou poidan verse

inmersas en procedementos de execución hipotecaria. A prestación do servizo é gratuíta, achegando o Colexio de Avogados os medios materiais e as instalacións (a Oficina de Intermediación estará situada na sede do Colexio, rúa Concello, 22, baixo) e o Concello 4.000 euros anuais para a súa posta en marcha e funcionamento. O horario de atención ao público será de tres días á semana, luns, mércores e venres, en horario de mañá, de 10 a 13 horas, sen perxuízo da súa posterior ampliación en función da demanda. Os cidadáns tamén poden solicitar cita previa a través do teléfono 988 210 076, de 10 a 14 horas. 400 desafiuzamentos Segundo datos do Consello Xeral do Poder Xudicial, os xulgados tramitaron no 2011, 58.241 expedientes de desafiuzamento, un 22% máis que en 2010. Desta cifra, case 400 corresponden á nosa cidade.

Durante 2011 os xulgados tramitaron 400 expedientes de desafiuzamento en Ourense


16

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

EN BREVE

4 Google recoñece ao Concello como “cidade dixital” Google entregou ao Concello de Ourense o seu premio como “cidade dixital”, un galardón que recoñece ás cidades españolas que apostan pola tecnoloxía, favorecendo a actividade efectiva das pemes da cidade en internet. Google destacou a contribución do Concello coas novas tecnoloxías gracias á implantación da rede WIFI na cidade e a súa aposta por reducir a fenda dixital.

4 Recibidos todos os fondos do Fondo Estatal para o Emprego O Concello de Ourense vén de recibir a comunicación, por parte do Ministerio de Política Territorial, de que a Administración Central ordeou a transferencia ao Concello dos fondos correspondentes ao segundo e derradeiro pago dos orzamento asignado para a execución do proxecto do parque de Montealegre. Coa confirmación deste pago, complétase por parte do Concello de Ourense a recepción da totalidade dos fondos asignados á cidade dentro do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local: 11,5 millóns de euros, que deron financiamento a 35 proxectos.

4 Convocadas as Becas Leonardo

A Concellería de Educación convoca as Becas Leonardo da Vinci, coas que mozos ourensáns que cursaran estudos de Formación Profesional poderán desfrutar dunha estadía formativa de doce semanas de duración en catro cidades europeas: Lisboa, Florencia, Derry e Belfast, aprender o idioma e realizar prácticas laborais en empresas do seu sector de actividade. [Información e inscricións durante abril na Concellería de Educación, 988 388136]

VIDA MUNICIPAL

pleno extraordinario en ourense

Cinco horas de debate 4 Aprobáronse as dúas mocións do grupo de goberno e rexeitáronse as tres da oposición. Paula Lodeiro A sesión plenaria de abril do Concello de Ourense -que se celebrou de maneira extraordinaria o xoves 12- prolongouse ao longo de máis de 5 horas. A orde do día incluía 18 puntos, moitos dos cales foron aprobados por unanimidade, o que non evitou as discusións extemporáneas nin os enfrontamentos. Por exemplo, á hora de aprobar a modificación de uso dotacional cultural a dotacional deportivo dos terreos nos que se asenta a piscina do campus. O punto foi aprobado por todos os grupos, mais con críticas do voceiro popular ao goberno por ter durante catro anos “unha instalación clandestina e ilegal” ao carecer durante todo ese tempo a piscina de licenza de obra e de apertura. A concelleira de Urbanismo defendeu a súa actuación e considerou “un pouco expeditivo” ter tido que pechar a piscina cando esta contaba con todos os informes “favorables”. Outro exemplo: a aprobación inicial do Regulamento do Consello Social da cidade. Obtivo o voto favorable de todos os grupos, pero os populares tampouco aforraron as súas críticas. Mónica Mourelo lamentou que non estiveran presentes no Consello Social os partidos políticos da oposición, ao que o alcalde apostilou que tampouco estarán os grupos do goberno. Na sesión tamén se puxo en coñecemento da corporación da demisión do director xeral de Rehabilitación Urbana, da resolución da Alcaldía contraria aos reparos formulados pola Intervención municipal (sen que houbera ocasión para o debate como pedía a oposición) e do informe de Intervención sobre relación certificada de obrigas pendentes de pagamento a 15 de marzo

Un Consello Municipal de Medio Ambiente asesorará ao Concello 4 Inícianse os trámites para a súa creación. Redacción

A edil do PP, Mónica Mourelo, nunha intervención no pasado pleno./P.LODEIRO. de 2012. Un estudo de detalle dun novo vial de acceso aos novos equipamentos previstos na Finca de Mariñamansa, a nova denominación do Consello da Muller (que pasa a chamarse Consello da Igualdade), a designación de representantes no Consello Sectorial de Consumo e o informe da Comisión de Suxestións do Concello de Ourense (que tramitou 13 expedientes o ano pasado) foron outros asuntos tratados no pleno. Dúas mocións aprobadas, tres rexeitadas No apartado de mocións, non prosperaron as presentadas por Partido Popular e Democracia Ourensana para instar á adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar a readmitir dúas traballadoras. D.O. pedía ademais unha comisión de investigación para determinar os incumplimentos de contrato desta empresa, que o bipartito rexeitou. Tanto a edil de Benestar Social, Marga Martín, como o representante do BNG, Fernando Varela, amosaron a súa solidaridade coas empregadas despedidas, pero entenden que nada poden facer para a súa readmisión. O alcalde foi máis alá e acusou á oposición dunha “utilización perversa de dúas persoas que perderon o traballo” e de intentar “sembrar dúbidas sobre o proceso (de adxudicación do servizo), que foi limpo e transparente”. A outra moción do PP, na que instaba ao rexedor a presentar os orzamentos municipais de 2012, tamén caeu en saco roto, ao non

obter o apoio do grupo de goberno. Si saiu adiante a moción presentada polo BNG para protexer aos clientes de entidades bancarias afectados polas participación preferentes, aínda que cunha emenda de substitución presentada polos populares nos dous primeiros puntos do acordo. O terceiro aprobouse só por PSOE e BNG e nel se pedía a depuración de responsables dos executivos e directivos das caixas “que impulsaron e cometeron o fraude masivo aos pequenos aforradores”. Democracia Ourensana abstívose ao entender que a moción “non vai servir de nada e é hipocrisía”. Tamén se aprobou a moción conxunta do bipartito local a prol da inclusión da cidade no plan sectorial de solo empresarial da Xunta. En rogos e preguntas, os populares Bernardino González e Marinel Fernández rogáronlle ao alcalde, respectivamente, pola creación dunha parada de autobús preto do pavillón de Remedios e polo cumplimento dunha promesa de 2007 aos veciños de Untes para o arranxo dun camiño que une o núcleo con Palmés.

Nas súas mocións, PP e D.O. pedían ao goberno que presionara para que a adxudicataria da axuda a domicilio readmitira dúas despedidas. Foron rexeitadas

Un órgano de participación sectorial de carácter consultivo asesorará ao Concello de Ourense en mateira de conservación, defensa e protección de medio ambiente e poderá formular informes, propostas e suxestións no ámbito sectorial da súa competencia. Trátase do Consello Municipal de Medio Ambiente, cuxo regulamento foi aprobado en Xunta de Goberno e será elevado ao pleno para a súa aprobación. O Consello fomentará a participación da cidadanía e do movemento asociativo do ámbito do medio ambiente, co fin de consolidar unha relación fluída entre Concello e movementos sociais. Entre as súas funcións estará fomentar a protección e a promoción da calidade de vida no seu ámbito de competencia; fomentar a participación

directa das persoas, entidades e sectores afectados e interesados; potenciar a coordinación entre as diferentes institucións ou entidades públicas ou privadas;; propor aos órganos municipais competentes criterios de actuacións na liña do desenvolvemento sostible e partipar no seguemento da xestión municipal; e fomentar a aplicación de políticas e actuacións municipais encamiñadas á defensa do medio ambiente. O Consello Municipal de Medio Ambiente estará constituído por un presidente (alcalde ou concelleiro no que delegue), un representante por cada grupo político da corporación, un técnico da Concellería de Medio Ambiente, representantes de asociacións relacionadas co sector, representantes doutras insitucións vinculadas e un funcionario municipal. Reuniranse como mínimo unha vez por trimestre, coa posibilidade de celebrar sesións extraordinarias.

Aprobada en Xunta de Goberno a modificación do Regulamento Orgánico 4 Ordenará os debates e axustará as intervencións nos plenos. Redacción A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou o proxecto de modificación do Regulamento Orgánico de Goberno e Organización do Pleno. Un documento que ten como principal finalidade ordenar o desenvolvemento dos plenos, perseguindo entre os seus obxectivos regular a presentación de mocións

e enmendas e o turno de rogos e preguntas; e ordenar os debates, axustando os tempos de intervención e réplica. Logo dun prazo aos partidos para que presenten enmendas, será levado a pleno para a sú aprobación inicial, abríndose a continuación un período de información pública de 30 días para a presentación de reclamacións e suxerencias, antes da súa aprobación definitiva.


PUBLIRREPORTAXE

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

17

O Bipartito de Ourense segue a amosar unha errática e nociva xestión económica no Concello de Ourense A viceportavoz do Grupo Municipal do PPOU, Belén Iglesias, e a concelleira responsable dos asuntos económicos, Beatriz Tejada, ofreceron unha rolda de prensa para dar conta sobre o levantamento de reparos a facturas que o Bipartito levou ao pleno de abril sen dar lugar a debate nin a información pública. Tratouse do levantamento dunha serie de reparos efectuados pola Intervención Municipal en facturas por un valor de 3.498.449,22 euros. Cando a Intervención Municipal informa sobre reparos nunhas facturas, prodúcese a suspensión dese expediente. O Alcalde pode, con infracción desta norma, ordear o pago contra o reparo do interventor, quedando este eximido, en virtude de dita orde, de toda responsabilidade. “Levantar” os reparos significa que o alcalde decide obviar -ten esa potestade- as consideracións legais e xurídicas que fai o máximo responsable municipal de fiscalizar as contas do Concello, e os reparos sempre van no sentido de que non se axustan á normativa e que se fan de xeito irregular. Os reparos que o señor Alcalde “levantou” desta vez correspóndense con 375 facturas, que suman a cantidade de 3.498.449,22 euros. Tres millóns e medio de euros en pagos que a intervención municipal non considera axustados á lei. Isto supón que durante os últimos seis meses, se deron saída a 62 facturas mensuais sen ampa-

ro legal, tal e como explicou Beatriz Tejada. Os apartados máis importantes desta manifesta irregularidade son: 1.- Asistencias técnicas de Urbanismo. A práctica favorita da señora concelleira responsable, consistente en contratar a xente allea ao Concello para realizar labores que ben poderían desenvolver os magníficos profesionais desta casa. Neste apartado o Grupo Municipal do PPOU contabilizou 69.782,57 euros en facturas. 2.- Servizos de limpeza das dependencias municipais. É un dos apartados máis cuantiosos (950.475,68 euros) Mentres non sae de novo a contratación, os servizos actuais estanse a pagar de xeito alleo á Lei de Contratos. De aí, desta manifesta falta de xestión do Bipartito Municipal coa adxudicación do servizo, veñen os reparos da Intervención Municipal. 3.- Benestar Social. Ata que non se adxudicou de novo o Servizo de Axuda no Fogar, a anterior adxudicataria seguiu facturando, de aí os reparos. Xa que a meirande parte das facturas son do 2011. O montante total neste apartado son 1.632.751,09 euros. 4. O resto son diversas facturas a proveedores varios de gastos correntes. Con estes 3,5 millóns de euros en facturas con reparos da Intervención, suman xa un total de 5 millóns en facturas con reparos dende o inicio deste mandato, xa

que os concelleiros populares teñen contabilizados reparos anteriores por valor de 1,5 millóns de euros. O Bipartito duplicou o ritmo de facturas con irregularidades detectadas pola Intervención Municipal: no anterior mandato, o Grupo Municipal do PP contabilizara máis de 20 millóns en levantamentos de reparos destas características… 20 millóns en catro anos, e neste mandato xa cumpliron o 25% desta cantidade en seis meses. Novas irregularidades económicas e administrativas O portavoz do Grupo Municipal do PPOU, Rosendo Fernández, así como a concelleira Beatriz Tejada, tamén ofreceron unha rolda de prensa para falar das irregularidades no servizo de limpeza e dun novo capítulo do despropósito no que está instalada a xestión económica deste Concello. No tocante ao Servizo de Recollida de Residuos Sólidos Urbanos e de Limpeza Viaria do Concello de Ourene, Rosendo Fernández relatou que no tocante aos Ingresos por reciclaxe, existe unha grave irresponsabilidade do Concello ao non ter reclamado o pago despois de máis de tres anos, ata que preguntou o PP sobre este asunto. A cantidade, máis de 700.000 euros, non é desdeñable. Rosendo Fernández pregúntase o motivo polo que non se solicitaron os intereses de demora ou

Rosendo Fernández e Beatriz Tejada falaron en rolda de prensa da xestión económica do Concello.

Os reparos que o señor Alcalde “levantou” desta vez correspóndense con 375 facturas, que suman tres millóns e medio de euros en pagos que a intervención municipal non considera axustados á lei se haberá sanción á empresa ou amonestación por non ter abonado esta cantidade en tempo e forma. “Ante isto, só nos queda pensar nunha posible connivencia entre a empresa e o Concello”, recalcou o portavoz municipal. No que atinxe á caótica, errática e cada vez máis esperpéntica xestión económica deste Concello, Rosendo adiantou que o señor concelleiro de Economía, Agustín Fernández, así como o seu cómplice, o Alcalde Perdedor desta cidade, novamente demostran o que vale a súa palabra: NADA. “E o digo así de claro porque novamente trataron de enganar a todos os veciños desta cida-

Entrevista ao concelleiro bernardino gonzález

“O principal para nós é estar ao carón da xente do Deporte e alertar do que non está ben para que se corrixa” -Como ve a situación da xestión da política deportiva a nivel municipal? -O principal para nós, e para min especialmente, é estar ao carón da xente do Deporte de Ourense, co fin de poder atender as súas demandas e buscar solucións que redunden no beneficio de toda a cidade. -Foi moi soada a rolda de prensa na que vostede

diu conta do lamentable estado dos vestiarios do Pavillón. Serviu de algo? -Era imposible pechar os ollos ante o que estábamos vendo. Alomenos serviu para que algo se arranxase, sobre todo os aspectos máis perigosos directamente para os usuarios, como os espellos, baldosas e rexillas rotas. O compromiso trala nosa voz de alarma foi para

que esa situación non se volvese a repetir. -Recentemente vostede volveu poñer o seu punto de mira en que o Spa Urbano do Pavillón segue pechado pese a que as obras remataron hai máis de ano e medio. -Efectivamente. Dende o PP seguimos sen comprender, ao igual que lle ocorre a moita xente que así nolo

transmiten, que unha instalación na que se gastaron máis de 950.000 € siga pechada. Eses cartos puidéronse ter invertido na mellora das instalación actuáis e que son utilizadas a diario por milleiros de usuarios, algo que sería moito mellor aproveitable que ter un spa pechado. -Como valora a xestión municipal deportiva na

de, afirmando que as obrigas de pago deste Concello era de 2.079.306,08 euros, como así o dixo o pasado día 16 de marzo, cando en realidade a cantidade correspondente a facturas impagadas que ata o de agora se coñece é de máis do doble: 4.297.195,98 euros”. Rosendo Fernández afirmou que “estamos nunha grave situación de descontrol económico deste Concello, cos habituais bandazos na xestión e coas mentiras ás que nos queren acostumar. E se a isto lle engadimos que Ourense é a única das grandes cidades galegas que aínda non ten nin siquera o borrador dos presupostos, condenando a

actualidade? -Penso que hai moito por mellorar, e nós tratamos de facer unha oposición constructiva. No último pleno recordeille ao Bipartito a necesidade dunha parada de autobús no entorno do Pavillón, algo que foi ben recollido, en principio polo Alcalde. Nós tratamos de buscar diálogo en beneficio de todos, non como sucedeu con desagradables episodios como o a última edición do Día da Bici, no que milleiros de usuarios se viron desprazados sen explicacións dos máximos

esta cidade a unha total falla de proxectos e inversión, afondando na crise económica que sufren os empresarios e cidadáns de Ourense sen que no Bipartito sexan capaces de articular accións que dinamicen a economía, pois nin siquera son capaces de poñerse dacordo entre eles mesmos. Por eso, pedimos ao señor Alcalde Perdedor desta cidade que non sexa cómplice da desfeita que está provocando o señor concelleiro de Economía, que sexa valente, que diga a verdade e que tome a necesaria decisión de cesar ao responsable da Economía deste Concello pola súa manifesta incompetencia e dañina xestión”.

Bernardino González. responsables municipais naqueles intres. Eso non o consentimos e así o denunciamos publicamente.


18

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

EN BREVE

4 Máximo histórico nas cifras do paro O número de desempregados rexistrado no INEM en Ourense acadoun un novo máximo histórico no pasado mes de marzo, ao aumentar en 459 parados máis que en febreiro, chegando así até as 30.865 persoas sen emprego. Desta cifra, 12.736 parados (o 41,27%) non cobran ningunha prestación, 8.513 perciben a prestación por desemprego, 8.134 subsidio e 1.482 renda de inserción, segundo os datos feitos públicos polo sindicato CIG.

4 2011 péchase sen accidentes laborais mortais Ourense foi a provincia que rexistrou en 2011 un maior descenso da sinistralidade e non tivo, ademais, ningún accidente mortal. Así o destacou o director xeral de Relacións Laborais, Odilo Martiñá, na sétima edición de Previsel, o Salón da Prevención e Seguridade Laboral, celebrado este mes en Expourense. En 2011 a accidentalidade laboral baixou nun 15,97% na provincia de Ourense, sendo no conxunto galego o descenso dun 13,6 % e reducíndose en todos os sectores. Para loitar contra os sinistros laborais, Martiñá explicou que o Goberno galego está a desenvolver o Plan Estratéxico de Prevención de Riscos Laborais 2011-2014, “unha folla de ruta consensuada coa patronal e os sindicatos”.

ECONOMÍA E EMPREGO

A Xunta entrega máis Metrópole cumpre 10 diplomas de formación NOTICIAS DE EMPRESA

anos dando solucións en materia de vivenda na Ponte Redacción Cal é a actividade principal á que se dedica a súa empresa? Jorge Fernández, xerente de Metrópole: “Somos unha empresa de servizos orientada principalmente ao mercado da vivenda. Damos solucións en compra -venda e alugueiro de inmobles, xestión integral de comunidades, valoracións de bens e seguros”. Por que Metropole se instalou na Ponte? J.F.: “Sempre estivemos moi vinculados co barrio, criámonos e vivimos nel, coñecemos as súas xentes. Ademais detectamos unha necesidade na zona e decidímonos. Somos da firme convicción que non só no centro de Ourense se pode ter éxito”. Cambiou moito o barrio nos últimos anos? J.F.: “Verdadeiramente A Ponte sufriu grandes cambios e na miña opinión, sempre a mellor. Desde a construción da Ponte do Milenio, o barrio experimentou unha expansión notable. O traslado da Policia Local, as melloras das charcas na marxe do Miño cos seus paseos fluviais, os estupendos accesos ás autovias e autoestradas, axudaron sen dúbida a desenvolver ampliar e mellorar a construción de edificios e áreas residenciais, xunto co comercio local xa de seu

Jorge Fernández, fundador e xerente de Metrópole. moi activo”. Como se atopa o mercado da vivenda no barrio? J.F.: “O prezo da vivenda mantense moi sólido, a pesar do retroceso que vimos notando no mercado da vivenda. Pódese dicir que A Ponte é un valor seguro. O maior problema que nos atopamos, non é a falta de vendas, se non a escaseza de vivendas en venda e en especial en obra nova. Os clientes non teñen moitas alternativas á hora de elixir unha vivenda na zona”. Cre que falta algo na Ponte? J.F.: “Non creo que os tempos estean para esixir demasiado, conformaríame con ver finalizadas en breve as xa proxectadas como a nova estación do AVE, coa humanización co barrio do Vinteún, a interconexión coa estación de autobuses, un hotel polas marxes do río e a culminación das obras entre as rúas Basilio Álvarez, Xesús Pousa e Caldas”.

4 Un cento de desempregados ourensáns formáronse no último ano en sectores como o deseño web ou os coidados estéticos. Redacción Continúa a rolda de entrega de diplomas dos cursos AFD que o ano pasado a Consellería de Traballo e Benestar outorgou a varias entidades ourensás. Os últimos en entregar este mes foron os relativos a deseñador web e multimedia á Academia Rúa Nova, de

técnico de consumo a Triple Lambda, S.L, de empregado de oficina á Academia Castelao, de actividades de venda a CIMO, de coidados estéticos de mans e pés a Lito Seoane Peluqueros S.L, de maquillador ao centro María Do Carme González, de axudante técnico en protección civil ao concello de Ribadavia, de deseñador

web e multimedia a Formatic Escola de Programadores, de estilista a Jorge 3 e de formador ocupacional á Academia Proxecto. O obxectivo prioritario deste programa é a inserción e reinserción laboral de traballadores desempregados naqueles sectores estratéxicos que requiren as empresas.

O xefe territorial de Traballo e Benestar entregou os diplomas do curso de formador ocupacional impartido en Academia Proxecto.

Autoridades e alumnos na entrega dos diplomas do curso de maquillador ao centro María do Carme González.


PUBLIRREPORTAXE

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

19

Un dos pratos fortes do Ciclo de Música Sen Batuta 2012, o concerto dos prestixiosos Hagen Cuartet, marca o inicio deste mes adicado á cultura e o lecer

A Festa dos Maios e o Día das Letras Galegas protagonizan un mes de maio de intensa actividade cultural en Ourense A Concellaría de Cultura presenta Aí Ven o Maio, o programa no que aglutina un amplo abano de actividades culturais para todos os gustos Baixo o epígrafe Aí Ven o Maio a Concellaría de Cultura de Ourense vén de presentar unha amplísima oferta cultural para un mes que en Ourense é sinónimo dunha das festas máis características e agardadas do calendario, Os Maios. O vindeiro día 3 ás rúas do Paseo e Lamas Carvajal volverán acoller estas esculturas de musgo e flores dando forma a un circuíto que se completa coa XVI edición da Feira de Artesanía e a Feira dos Maios, dedicada á gastronomía. O evento marca o arranque dun mes con actividades “para todos os gustos” nos que se comproba como este goberno local “aposta por manter ese Ourense como cidade de cultura que continua a ser, a Atenas da Galiza”. Así o lembraba a Tenente Alcalde e concelleira de Cultura, Isabel Pérez, encargada de presentar a programación para estes días. A dirixente nacionalista daba conta da ampla oferta que se desenvolverá no mes de maio, e na que, ademais das datas claves como son os propios Maios, destacan outras como o concerto dos Resentidos (día 12), a nova edición do Festival Jazz de Primavera (do 8 ao 24) ou o Día das Letras Galegas (17 de maio), xornada na que poderemos gozar da Feira do Libro na rúa do Paseo e da estrea en Ourense da película “Vilamor”, de Ignacio Vilar. Ciclos estables Ao mesmo tempo, a Concellería continúa apostando este mes por iniciativas estables no ano: programación infantil (todos os domingos ás 12 horas no Auditorio), o ciclo +CINE (baixo o título “Imperdibles de Maio”, os mércores 2, 9, 16, 23 e 30, en triple sesión no Cinebox), as diferentes

citas teatrais e musicais do Auditorio, e as expositivas deste recinto e do Museo Municipal. E de maneira paralela, desde a Concellería de Turismo organizan a segunda edición do Concurso de Pinchos “Sabores de Ourense Primavera”, do 3 ao 20 de maio, datas nas que 38 establecementos da cidade presentarán as súas creacións a concurso. As festas dos barrios (en San Miguel de Canedo do 4 ao 6 de maio e no Couto do 18 ao 20), a X Concentración Internacional de Motos (do 25 ao 27), o VenRespirar na praza das Mercedes (día 25), e a Noite Irmandiña en Seixalbo (día 26) súmanse a esta atractiva programación. Para a concelleira Isabel Pérez trátase de “programar de xeito intelixente para pór a cultura ao servizo de todos os veciños e veciñas de Ourense” apostando ao tempo por un sector “que contra o que parecen pensar algúns políticos, xera emprego sostible no tempo, crea riqueza e, ademais, contribúe a construción cidadá e persoal dos individuo. A concelleira de Cultura e Turismo aproveitou a presentación da campaña Aí Ven o Maio para defender a posición “privilexiada” na que Ourense se atopa en materia cultural: “por contraste con outras cidades de igual ou incluso máis habitantes en proporción contamos cunha oferta de actividade superior en cantidade e, tamén, en calidade”. Eventos especializados coma o ciclo Sen Batuta, co concerto o día 2 de Hagen Quartet, que a propia concelleira definiu como “o mellor cuarteto de música de cámara do mundo”, contribúen a fornecer este protagonismo cultural co que a Concellaría mantén un compromiso firme.

4 Concerto de Os Resentidos

A concelleira de Cultura, Isabel Pérez, rodeada dalgún dos carteis da programación cultural de maio.

A actividade cultural e lúdica non dá tregua no mes de maio: a Feira de Artesanía, o concerto de Hagen Quartet, a Festa e Feira dos Maios, a celebración do Día as Letras Galegas, o Festival de Jazz, o concerto dos Resentidos, o concurso de pinchos...

Ourense foi o lugar escollido para que Os Resentidos inaugurasen a xira que os reúne logo de 18 anos sen subir aos escenarios e cando se cumplen tres décadas da súa fundación. Os Resentidos botaron o peche no cumio da súa traxectoria, en 1994. Os seus discos foron reeditados por Warner entre 2006 e 2010 e as súas cancións nunca deixaron de soar nin nos bares máis alternativos nin nas festas máis populares, pero eles hai 18 anos que non suben xuntos a un escenario. Farano o 12 de maio en Expourense, nun espectáculo único no que participarán os músicos da formación orixinal Antón Reixa, Javier Losada (saxo) e Javier Soto (guitarra). Os Resentidos terán como grupos convidados a O Sonoro Maxín e Novedades Carminha entre outros. O prezo das entradas é de 10 euros en venda anticipada e 15 euros en billeteira.

XVI Festival Jazz de Primavera

O Hagen Quartet actúa o mércores 2 de maio no Paraninfo do Otero Pedrayo, dentro do ciclo de música de cámara Sen Batuta.

Un dos eventos culturais con máis proxección internacional de Ourense, cumple este ano 16 anos de historia: o Festival Jazz de Primavera, organizado pola Concellaría de Cultura, o Café Latino e a Fundación Florencio Álvarez. Trátase dunha cita cultural que representa á perfección a política cultural que defende a Concellaría: a procura da excelencia, a creación de novos públicos e a colaboración coas institucións educativas. A Ourense acudirán este ano Josemi Carmona Cuarteto, Abuña Jazz + Alfonso Medela + Bobby Martínez, La Bella Dixie-

land, Tania María Quartet, Philip Catherine Trío, Ignasi Tarrasa Trío e The Yellow Jackets. Ademais dos propios recitais, é salientable, por un lado, o apartado de concertos didácticos para escolares “que sempre teñen unha acollida magnífica e contribúen a crear novos públicos para a música jazz” (os días 10 e 11 no Auditorio), e por outro, a masterclass xa de índole máis profesional que se impartirá no Conservatorio de Música o xoves 24 de maio e contará coa presenza de Abe Rábade, Pablo Martín Caminero e Bruno Pedroso.


20

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

PUBLICIDADE


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

21


22

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

especial 10 ANOS DE OURENSE POR BARRIOS

10 anos de Ourense por Barrios (IV)

4 A historia de 2007 na cidade, a través das páxinas desta publicación mensual gratuíta. Paula Lodeiro En xaneiro de 2007 levábamos á portada da nosa publicación dúas noticias destacadas: “Sanidade compromete a construción do centro de saúde do Vinteún” e “Ourense pide prioridade para a conexión de alta velocidade directa con Vigo” e como imaxe, a visita ás obras do novo balneario de Outariz. Dentro, unha reportaxe sobre os comercios históricos da cidade, entre outras informacións. No mes de febreiro, dábamos conta de como a declaración das Burgas como BIC enfrontaba de novo ao Concello e á Xunta (daquela gobernada a administración local polo PP e a autonómica por socialistas e nacionalistas, ao revés que agora). No interior do periódico, unha nova articulista viña sumarse á nosa sección de colaboracións, Raquel Sertaje coas súas “Cartas desde Londres”. Ourense por Barrios

Raquel Sertaje comezaba como articulista neste xornal en febreiro de 2007

publicaba en marzo a información sobre o pleno extraordinario convocado para dar conta da actividade empresarial do alcalde, Enrique Novoa Poly, que apenas levaba un mes no cargo; “non teño nada que ocultar”, declaraba o rexedor, que animaba á oposición a ir ao xulgado. A reclamación dun instituto para A Valenzá era foto de portada. En abril presentábase o Plan de Termalismo de Ourense, que, titulábamos, “debuxa un ambicioso futuro, a falta dos compromisos económicos”. Precisaba un investimento público-privado nunha primeira fase de 210 millóns de euros e estimaba a creación de 700 postos de traballo no sector. Neste número era imaxe de portada a inauguración da nova sede da concellería de Infraestruturas na praza do Trigo e as manifestacións na Ponte e na Valenzá contra as antenas de telefonía. En maio, eleccións municipais As eleccións municipais centran o número de maio de Ourense por Barrios, con entrevistas aos principais candidatos da cidade e de Barbadás. Entre outras

A construción do centro de saúde do Vinteún foi o tema principal da portada de xaneiro 2007.

cello para cofinanciar un novo vial bulevar entre a avenida de Zamora e a N525, o apoio do Concello a veciños de Cudeiro para modificar o trazado da autovía a Lugo, e o anuncio de que o tramo da autovía AG-53 entre Dozón e a capital ourensá sería sen peaxe. A integración do AVE foi o tema de novembro A alta velocidade volvía ser portada do noso periódico. “Reábrese o debate sobre a integración do AVE na cidade, o alcalde pide a Fomento que ofre-

As entrevistas aos candidatos a alcalde de Ourense e Barbadás centraron o número de maio. noticias, tamén aparecía a licitación por parte de Fomento de catro tramos do AVE Lubián-Ourense, e o anuncio de creación dun museo na praza San Cosme para acoller a obra de Arturo Baltar. Unha información sobre o novo alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, compartía a portada de xuño co conflicto entre o colexio Salesiano e a Consellería de Educación polo aumento de aulas concertadas no centro educativo. No interior, entrevistábamos ao novo rexedor socialista, que declaraba: “Retirar o recurso do PXOM non resolve nada”. O soldo do novo alcalde, portada en xullo “Francisco Rodríguez cobrará 72.000 euros brutos anuais, mil menos que Cabezas”, era titular de portada en xullo de 2007, mentres que a rehabilitación de vivendas no casco histórico, o cambio de ubicación das chimeneas dun supermercado en Mariñamansa e que as piscinas de pago de Oira non abrirían ese verán eran as imaxes das nosas tres portadas, nun número que incluía un especial pasatempos. O Concello aprobará a

cesión á Xunta da parcela para o centro de saúde do Vinteún e unha empresa decidirá a ubicación da nova depuradora da cidade eran dúas das informacións recollidas no número de agosto de 2007 de Ourense por Barrios. Ademais, Enrique Nicanor era nomeado xerente do Festival de Cine. En setembro, unha das nosas portadas, acollía o seguinte titular: “O Ministerio de Cultura desbloqueará as obras do recinto de San Francisco”. No interior, entre outras noticias, o novidoso servizo de préstamo de bicicletas, e a construción dunha glorieta para desconxestionar o tráfico en Marcelo Macías. No mes de outubro de 2007 saia o noso primeiro número para o Centro, As Lagoas e a Cruz Alta, completando deste xeito o buzoneo da publicación na meirande parte dos barrios da cidade. Na portada, varios temas relacionados coas infraestruturas viarias: o acordo Xunta-Con-

rego de xardíns, implantado no 40% das zonas verdes da cidade, que permitía aforrar no consumo de auga. Ademais, no pleno daquel mes os tres partidos políticos púñanse de acordo para aprobar unha declaración institucional que esixía o mellor proxecto de integración do AVE. O alumeado de Nadal encendíase este ano cunha semana de retraso, o que levou ao Concello de Ourense a anunciar un concurso público para o ano seguinte co fin de evitar este tipo de problemática.

A integración da alta velocidade ao seu paso pola cidade e un sistema de rego pioneiro ocuparon as portadas desta publicación nos últimos números do 2007

Portada do primeiro número da edición do centro. za varias alternativas de trazado” era o titular. A causa da seca, por primeira vez foi preciso solicitar permisos municipais para realizar os magostos nos montes ourensáns. O ano 2007 finalizaba cunha información sobre un sistema pioneiro de

Ourense por Barrios chegou ao centro, As Lagoas e a Cruz Alta por primeira vez en outubro de 2007, con diversas infraestructuras viarias como portada

Colaboracións Seguiremos recordando a historia do periódico nos vindeiros meses. Se queres compartir con nós algunha experiencia que tiveses relacionada co periódico escríbenos a info@ ourenseporbarrios.com ou déixanos a mensaxe na nosa páxina en facebook (mundourense.com) e deixa a túa mensaxe. Non te esquezas de pór no asunto “10º aniversario Ourense por Barrios”.


PEQUES especial

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

23

noticia de empresa

Abre as súas portas un novo centro de estética na Valenzá, Esencia Zen Esencia Zen é o esforzo de dúas profesionais con ampla experiencia no sector da estética, mimando até o máis mínimo detalle para que os seus clientes poidan gozar de todo tipo de tratamentos faciais e corporais personalizados compatibles con novos métodos de última xeración. Así, entre os seus múltiples servizos destacamos foto depilación, luz pulsada con tarifa plana e laser, radiofrecuencia. Ademais, microdermoabrasión, cavitación, presoterapia, autobronceado, cana de azucre, uñas de xel e non podemos esquecernos dos tratamentos relaxantes, envolturas de chocolate, froitos vermellos, masaxes de pedras, etc. En Esencia Zen dispomos de dietista especializada que che axudará a seguir

Fachada de Colchonería Rimo na rúa Villar.

Colchonería Rimo, 30 anos ao coidado do teu bebé

As dúas profesionais ao cargo de Esencia Zen. pautas e trucos para mellorar a rutina alimentaria de cada día. Esencia Zen está na avenida de Celanova, nº22, baixo, A Valenzá, en horario

continuado de luns a venres de 09:30 a 20 horas, e os sábados de 09:30 a 14horas. Esencia Zen empeza cunha promoción de apertura do 50% de desconto

en todos os tratamentos. Ademais, pronto disporá de bonos por uso e personalizados para eventos especiais e importantes da túa vida, síguenos!

Colchonería Rimo é un establecemento ourensán con máis de 30 anos de experiencia no mundo da puericultura e do descanso, destacando pola súa atención personalizada. Traballan as mellores marcas do sector de puericultura lixeira e pesada (Jane, Micuna, Concord, Bebecar, Maclaren...) con produtos do máis económico ao máis caro, pero sempre coa mellor calidade-prezo. En descanso teñen col-

chóns, canapés, almofadas, protectores ou bases; en complementos para bebés, sacos e bolsos das últimas tendencias e marcas, vaixelas, bañeiras, tronas, hamacas, téxtil como mantas e toallas, cadeiras de auto e ademais, pequenos mobles para cuartos infantís como cómodas e cambiadores. Están na rúa Villar, dispoñen de servizo a domicilio e abren de luns a venres de 9:15 a 13:30 e de 16 a 20 horas e os sábados de 9:15 a 13:30 horas.


24

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

especial PEQUES

Pequenotes, todo en puericultura Todo en puericultura, roupa e mobiliario infantil é, en resumo, o que podemos atopar na tenda Pequenotes, situada na avenida das Caldas da Ponte. A lista de produtos de puericultura é inmensa: coches, berces, bañeiras, tronas, hamacas, ampla variedade en sacos e fundas para os coches de bebes, minicunas, capazos, mantas, sabas, edredóns, protectores de berce, cadeiras de brazos de espuma, sacos para durmir, sacos de cadeira, sacos para

A variedade de xoguetes e xogos de Dragon Kids é inmensa.

Sorprende, divirte, ensina e fai reir aos cativos, cos xogos e xoguetes de Dragon Kids Dragon Kids é un espazo especializado e innovador, que reúne o material idóneo para o campo da educación e os seus profesionais, entre outros, xogos didácticos e xoguetes de madeira. Ademais, Dragon Kids é tenda verde ecolóxica e organiza obradoiros semanais gratuítos. Os alicerces desta tenda, que encontraremos na avenida das Caldas, son varios:

por unha banda materiais e xoguetes intelixentes, pola outra, a calidade en produto e servizo, ademais, a atención personalizada, o

o coche, babeiros, alfombras, capas de baño, premamás, e un longo etcétera. Ademais, dispoñen de roupa de bebé e ata os catro anos, así como unha ampla gama de complementos e articulos téxtiles fabricados en materiais de alta calidade e cun bonito deseño que facilitan o coidado do teu bebe Por último, un gran espazo do establecemento ocúpao o mobiliario infantil.

Toda unha ampla gama de divertidas cores cun deseño moderno e innovador, cos que poderás crear todo tipo de ambientes, amoblar e decorar habitacións de bebés, dormitorios infantís e cuartos xuvenís. Contan con camas-berces funcionais, co que xa non será un problema pasar ao teu bebe do berce á cama, simplemente desmóntaa e convértirase en cama para colchón de 90 por 190 cm.

Estamos en: Av. as Caldas, 19 - Tel. 988 374 858

asesoramento ao cliente e a capacitación dos vendedores; e por último, que se trata dunha proposta actualizada e innovadora.

Estamos en: Av. as Caldas, esquina r/Galicia - A Ponte

Tel. 988 603 287

Horario: de luns a venres de 10 a 13:30 e de 16:30 a 20:30; sábados pola mañá

Ampla sección de mobiliario e convertibles na tenda, na avenida das Caldas.


PEQUES especial

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

25


26

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

especial PEQUES

A Bufarda ofrece os xoguetes máis tradicionais en madeira, lata e tela Dende hai 7 anos Ourense conta cun establecemento único, no que as marionetas, os xoguetes tradicionais e os máis ecolóxicos conviven en harmonía, agardando que os nenos e os non tan nenos pasen a darlles vida na súa casa. Trátase de A Bufarda, unha tenda que ofrece unha ampla variedade de xoguetes do máis orixinais elaborados unicamente en madeira, lata e tela, xa que neste establecemento foxen dos plásticos e as pilas, como mostra do seu compromiso co medio ambiente. Así, todos os que se acheguen á rúa Colón poderán escoller entre un amplo abano de xoguetes ecolóxicos e con funcionamento a base de

enerxías non contaminantes, entre os que se atopan dende os máis tradicionais (como trompos, balancíns, recortes ou pizarras) ata os máis actuais, con referenzas aos personaxes de debuxos animados máis coñecidos, e pasando por máis de 800 modelos de marionetas distintos, incluso para profesionais. Un sinfín de xoguetes entre os que elexir, pero todos pensados para desenrolar a creatividade dos máis cativos. Ademais, os empregados de A Bufarda ofrécenlle aos pais un asesoramento personalizado para atopar o xoguete que máis se adapte ás necesidades e capacidades do seu fillo, algo especialmente

As túas garderías de confianza

Carlos, de A Bufarda, amosa algunha das marionetas. indicado no caso dos nenos que padecen alguna discapacidade. Oferta de 0 a 99 anos Pero se por algo se caracteriza este establecemento é por contar cunha oferta apta para todos os gustos e idades. Así, para os recén nados conta cun gran surtido de reloxos musicais, mantas de estimulación

e xoguetes para facilitar o camiñar e para os máis maiores ofrécelles a decoración de todo tipo de festas temáticas (dende os clásicos aniversarios ata as máis orixinais). Do mesmo xeito, proporciona material didáctico e lúdico para asociacións culturais, de discapacitados e colexios. A Bufarda tamén oferta unha serie de agasallos

do máis orixinal, como pequenos xoguetes, para os invitados máis cativos de vodas, bautizos ou comuñóns, escapando dos tradicionais caramelos e doces. E todo isto nun único establecemento, A Bufarda, no que a tradición e o ecoloxismo se dan a man para garantir o ocio de nenos e maiores.

Se estás buscando gardería para os teus pequenos, recomendámosche dúas opcións. A primeira delas, a escola infantil Cogumeliños, na urbanización nova de Barrocás. Entre os seus servizos, destacamos as aulas individualizadas por idades, o comedor, estimulación temperá e estimulación verbal ao inglés, a área de psicomotricidade ou as actividades de animación. Na outra punta da cidade, na rúa San Rosendo da Ponte, temos a gardería Papaventos, para nenos ata 8 anos. Teñen aula de psicomotricidade, clases de natación, obradoiro de manualidades, cociña propia, transporte, servizo de recollida e entrega de nenos no colexio, psicopedagogo e servizo de atención extraescolar en horario de mañá e tarde.


PEQUES especial

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

27

A roupa clásica de neno, en Valentina Bebés

Ludoteca Ganeda, unha alternativa para os peques no verán

Xa podemos ver no escaparate de Valentina Bebés, na avenida da Habana, 47, a súa colección primaveraverán. Esta tenda de roupa clásica para nenos e nenas de e 0 a 3 anos aposta esta tempada polos tecidos de algodón ou piqué, en prendas como peleles, raniñas con camisa, ou ‘jesusitos’ (vestidos curtos para nena, con braga a xogo). Tons brancos en abrigos de pique, chales para bebé en azul, rosa ou gris, faldóns de bautizo ou patucos feitos a man son outras das alternativas. Valentina Bebés aposta pola roupa clásica e elegante, con deseño e calidade de primeira e prezos moi competitivos. Isto é posible xa que en Valentina Bebés son fabricantes e forman parte dunha cadea de tendas con cinco puntos de venda en España e Portugal.

Nenas e nenos achégase o verán e hai tempo para todo! Ludoteca Ganeda é unha alternativa para o teu tempo libre e de ocio, un tempo no que seguimos aprendendo xa que podemos repasar un pouco para non esquecer o adquirido na escola e logo espéravos cantidade de tempo para xogar cos amigos, potenciar a vosa creatividade en divertidos obradoiros, mover o corpo con ritmo ao son da música, xogos en grupo, etc. Ven divertirte! En verán abrimos de 7:45 a 20:00 horas.

Av. Habana, 47 - Tel. 988 60 69 43

Horarios: de luns a venres, de 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:30 h. Sábados de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 h.

Campamento en xullo Ademais, desde Ganeda organizamos na segunda quincena de xullo un campamento no albergue de Vilar de Ordelles, nun contorno natural en Esgos, dirixido a nenos e nenas de 8 a 13 anos. Haberá dúas quendas (do 16 ao 22

e do 23 ao 29), con 35 prazas cada unha. Para estas dúas semanas teñen preparado unha morea de actividades: obradoiro de inglés, visitas a San Pedro de Rocas e Allariz, tiro con arco, sendeirismo, observación de estrelas, deportes, hípica, piscinas, contacontos, xogos populares, veladas nocturnas, e pernocta un día en tenda de acampada.

Resto de actividades Lembrade, mamás e papás, que o resto do ano seguimos con horario de 15:30 a 20:30 horas, ofertando unha morea de actividades como apoio e recurso educativo para os vosos/as cativos/as: teatro infantil, manualidades, xogos; así como recollida do colexio, apoio escolar e organización de festas infantís, entre outros.

Rúa Pablo Picasso, 3 - O Couto Tel. 988 215 465 / 690 813 726 www.ganeda.es / info@ganeda.es


28

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

especial PEQUES

Puericultura, mobiliario e moda infantil, é o que podemos atopar en Carussa.

Carussa: axudámoste a cubrir todas as necesidades do teu bebé Carussa nace coa ilusión de poder ofrecer todos os produtos e servizos posibles para dar a maior facilidade e variedade nos primeiros anos de vida dos teus fillos. Temos todo o necesario para que non lles falte de nada aos pequenos da casa e para axudarlles no seu desenvolvemento e crecemento. Dispomos dunha ampla diversidade de artigos de puericultura e mobiliario infantil para o benestar dos teus fillos, ofrecémosche a tranquilidade de traballar coas mellores marcas comerciais e garantizámosche a maior confianza e profesionalidade do mercado. Todas as necesidades O obxectivo de Carussa é

a felicidade dos teus, queremos cubrir todas as necesidades do bebé e dos futuros pais. Creamos un ambiente confortable e agradable con toda a gama do mundo infantil: - Puericultura: poderás atopar todo o necesario para o desenvolvemento, a seguridade e o crecemento dos teus. - Mobiliario infantil: temos unha gran variedade para elixir a comodidade e o descanso idóneo dos teus fillos no ambiente que ti prefiras. - Moda infantil: a moda máis elegante e confortable que poidas atopar para os teus pequenos.

A tenda atópase na avenida de Celanova da Valenzá. Ademais ao realizar a túa lista de nacemento na nosa tenda obterás grandes ofertas e descontos en todos os nosos produtos.

Avda. Celanova, 73 - A Valenzá Tel. 988 25 00 54

Las psicólogas de Kercus, Cristina Parra y Ángeles Rodriguez.

publirreportaxe

Kercus presenta sus programas HiperAula y Aula Piensa Kercus es un centro psicoeducativo, dirigido por dos psicólogas con una amplia experiencia en niños y adultos, que empezó su andadura hace unos años, aunque ha sido hace unos meses cuando se ha instalado en el centro de Ourense. ¿Qué hace de Kercus un centro distinto? Además de la atención psicológica general a niños y adultos, servicio de logopedia a cargo de una especialista y atención en tareas escolares a niños y niñas con necesidades educativas especiales por motivo de discapacidad (saben LSE) o con dificultades de aprendizaje, lo

que les diferencia es seguir en su labor dos programas de intervención estructurados e individualizados, HiperAula y Aula Piensa. HiperAula es un programa integral para niños con problemas de atención y/o hiperactividad. Cubre las diferentes áreas donde existen problemáticas tanto para el niño o niña como para su familia y entorno escolar (atención, habilidades sociales, toma de decisiones. etc) Por otro lado, Aula Piensa está dirigido a niños desde

3 a 16 años sin excepción, y se centra en fomentar el desarrollo de las habilidades de inteligencia básicas (memoria, razonamiento, lenguaje, etc) de un modo diferente a como lo hace la escuela, ya que prescinde de material curricular y lo que busca es divertir y enseñar a pensar a un mismo tiempo. En definitiva, en Kercus se preocupan por el desarrollo armónico de sus clientes, buscando siempre el desarrollo de adultos independientes y felices.

Estamos en: C/Ramón Cabanillas, Nº10-Entlo. of. 3 Tel:988 982 075 - 663 930 017


PUBLIRREPORTAXE

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

29

A Concellería de Saúde organiza a xornada “Unha mirada á adolescencia”

Será o 15 de maio e contará cos expertos Jaume Funes, psicólogo e periodista, e Xosé Manuel Domínguez, filósofo e profesor “Unha mirada á adolescencia” é o título da xornada que organiza a Concellería de Saúde do Concello de Ourense o vindeiro 15 de maio. Neste segundo decenio do século XXI os adultos aínda están sorprendidos polo cambios que trouxo o novo milenio ao lado dun avance tecnolóxico importante sobre todo no ámbito das comunicacións que xerou unha transformación cultural impensada. A adolescencia é unha etapa relativamente recente e de tránsito da nenez o estado adulto que xenera confusión tanto nos adolescentes como nos educadores.

Por isto desde a Concellería de Saúde decídese que o tema desta xornada sexa unha mirada á adolescencia. “Esa que naceu e tivo a súa infancia cos novos medios tecnolóxicos, mais tamén educados a veces na hexemonía do pensamento único, do individualismo sen concesións e do capitalismo salvaxe”, explican desde o departamento municipal. De que maneira os pais e profesionais, nalgúns casos non demasiado preparados para este momento, se sitúan ante os adolescentes. Como transmitir o anterior sen violentar a singularidade da súa función? Cales

Con esta xornada tamén se pretende dar voz os adolescente para a transmisión das suas inquedanzas e a súa manifestación de como se sinten ante a mirada dos adultos

4 Xosé Manuel Domínguez Prieto

4 Jaume Funes Artiaga

É doutor en Filosofía., e profesor agregado de Filosofía en Ensinanza Media, ademais de ser director da Colección Persona da Fundación Mounier. Ao longo da súa traxectoria profesional, impartiu numerosos cursos de Antropoloxía e Ética, e de Introdución á Bioética. É conferenciante habitual no ámbito educativo e filosófico, colaborador de diferentes medios de comunicación xeneralistas e en revistas especializadas sobre antropoloxía, ética e bioética, e autor e co autor dunha ducia de libros.

É psicólogo, educador e xornalista. Boa parte da súa vida profesional transcurriu dedicada ao mundo dos adolescentes e ás súas dificultades sociais. Máis recentemente dedicou o seu tempo á posta en marcha de propostas locais para o acompañamento das transicións adolescentes ao acabar a escola secundaria obrigatoria. Parte do seu tempo dedícao á docencia (actualmente é profesor na Universidade Ramón Llull), a supervisión, a orientación, o asesoramento e a investigación.

son os sentimentos e emocións que eles presentan? Como serán os novos modos de pensar e aprender? Son algunhas das cuestións ás que trata de dar resposta esta actividade. Con esta xornada tamén se pretende dar voz os adolescente para a transmisión

das suas inquedanzas e a súa manifestación de como se sinten ante a mirada dos adultos. Programa A xornada “Unha mirada á adolescencia” desenvolveras entre as 16:30 e as 20:30 horas do martes 15 de maio

no Centro de Desenvolvemento Novacaixagalicia. Será presentada polo alcalde da cidade, Francisco Rodríguez, a quen seguirá unha mesa debate sobre “Escoitar e falar cos adolescentes”, na que participarán o filósofo e profesor de instituto Xosé Manuel Domínguez Prieto e

estudantes do instituto Blanco Amor. Tralo descanso, o psicólogo e xornalista Jaume Funes realizará un relatorio, seguido de debate, sobre “Educar na adolescencia. Ideas clave”. Clausurará a xornada a concelleira de Saúde, Marga Martín. A entrada é libre.


30

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

EN BREVE

4 Convenio CHUOU - AFAOR O ximnasio de rehabilitación que o Complexo Hospitalario Universitairo de Ourense ten en Piñor poderá ser utilizado por enfermos de Alzheimer, grazas a un convenio asinado entre a Xerencia Integrada e a asociación AFAOR. En principio o uso desta instalación será de un día por semana, coincidindo no tempo coa terapia que xa se viña realizando na piscina o que permitirá traballar simultaneamente con dous grupos de pacientes. A presidente de AFAOR, Ángeles Blanco, estima que se beneficiará semanalmente desta nova posiblidade un grupo de entre 25 e 30 pacientes, que estarán acompañados pola fisioterapeuta da asociación e voluntarios.

4 Colaboración cos larinxectomizados O Complexo Hospitalario acordou ceder un local á Asociación Larinxectomizados Ourense (ALO) desde onde voluntarios e persoal desta asociación darán apoio e asistencia aos afectados. O local está situado na primeira planta do Edificio Santa María Nai. O CHUOU farase cargo dos gastos fixos e de mantemento, mentres que a asociación achega os medios humanos e técnicos. Segundo os datos que manexa a ALO, na provincia podería haber na actualidade ao redor de 300 afectados, dos que ao redor de 150, son socios da propia asociación.

SAÚDE

Clínica Teknos acaba de poñer en marcha unha nova Unidade de Psicoloxía A cargo de Ermitas Acevedo, psicóloga e terapeuta familiar A terapia familiar ten como obxectivo a mellora dos problemas desde unha perspectiva que integra a todos ou, de non ser posible, a unha parte dos membros da unidade familiar na resolución da problemática presentada. Desta maneira, o problema pode solucionarse de maneira máis fácil e natural coa axuda das persoas máis próximas. Este tipo de terapia está indicada na resolución das dificultades propias das distintas etapas do ciclo vital familiar ou inclusive noutro tipo de problemas que afectan ás vidas das persoas, ben porque lles producen malestar ou sufrimento, ben porque desexan conseguir determinados obxectivos pero non saben como facelo. Na Unidade de Psicoloxía da Clínica Teknos afróntase a psicoterapia desde unha perspectiva breve estratéxica. Con

O CHUOU realizou unha media de 44 operacións diarias durante 2011 4 A actividade cirúrxica ordinaria incrementouse en 314 intervencións con respecto ao ano anterior. Redacción

A psicóloga Ermitas Acevedo, na Clínica Teknos. isto queremos dicir que se utilizan estratexias aparentemente simples que nos levan á rápida solución de problemas ás veces moi complexos, co obxectivo de que as persoas reencontren o seu equilibrio nun tempo breve. Desta maneira os clientes teñen a garantía de que se

utilizarán as sesións mínimas necesarias para a resolución dos seus problemas. Por último, a Unidade de Psicoloxía da Clínica Teknos ofrece unha primeira sesión informativa gratuíta a todos os seus clientes, que se pode solicitar sen compromiso.

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, informou no Parlamento de Galicia que o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUOU) incrementou, durante o ano 2011, a actividade cirúrxica en xornada ordinaria con 314 intervencións máis que o ano anterior, sumando un total de 10.689, é dicir, unha media de 44 diarias. Ademais de incrementar as intervencións programadas con ingreso, a responsable da sanidade pública galega dixo que os profesionais dos servizos cirúrxicos realizaron un importante esforzo para aumentar as operacións de cirurxía ambulatoria ata as 5.116, o que supón un incremento dun 5% respecto ao 2010. Como resultado do traballo realizado polos profesionais e tamén dunha mellor xestión de quirófanos, o tempo medio de espera de prioridade 1 é de 10,9 días; de prioridade 2 de 44,3 días, e o global situábase, a 31 de decembro, en 46,6 días. Rocío Mosquera subliñou tamén que a actividade cirúrxica global

Rocío Mosquera./XdG. realizada no ano 2011 mellorou de forma substancial, aumentando en máis de 19.000 as intervencións realizadas en xornada ordinaria dende o ano 2008, e superando o 74% o rendemento cirúrxico. Ademais, o CHUOU atendeu ao longo de 2011 un total de 410.018 consultas, cun tempo medio de espera de 40 días para unha primeira consulta de enfermidade. Polo tanto, concluíu a conselleira, “cos resultados que estamos a acadar, creo que imos na liña correcta, cunha xestión responsable e contando sempre coa implicación e máxima colaboración dos traballadores do sistema”.

En 2011 o centro realizou 10.689 operacións e atendeu 410.018 consultas


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

31


32

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

GUÍA DA SAÚDE / CLASIFICADOS

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4PAIS E FILLOS

Fame de xustiza Moitos dos meus pacientes son adolescentes e na Universidade a maior parte dos meus alumnos tamén son novos. A mocidade non perdeu nin a súa maxia, nin o seu ímpeto, nin a súa rebeldía, nin o seu amor propio, nin a súa sede de xustiza, mesmo podo afirmar que son máis responsables e involucrados socialmente. Adoro a súa ética, a súa palabra, a súa honradez, os seus pensamentos utópicos e no fondo do meu corazón albergo tamén a utópica idea de que non van cambiar, de que van seguir mantendo as súas ideas fortes ante o medo ou a corrupción.

Pero as situacións que se lle van a presentar serán complicadas de sortear e as súas únicas armas van ser a súa integridade e o apoio dos adultos que ansiamos unha sociedade con valores, unha sociedade que valore o respecto, a educación, a palabra... “Todo está perdido cando os malos serven de exemplo e os bos de burla”. Somos o exemplo dos mozos e os mozos son o exemplo dos nenos. Debemos de condenar publicamente os actos de soberbia, de humillación, de covardía ou de falta de honradez. Deixemos xa de aplaudir aos caraduras, aos ladróns, aos que manteñen

o seu poder mediante actos corruptos. Que non sexan exemplo dos nosos nenos e adolescentes. Que non sexan o noso exemplo. Valorar os actos de apoio desinteresado, de xustiza social, de xenerosidade, de humildade, de bondade xerará un clima de confianza e absoluta liberdade. A nosa loita persoal consiste en espertar contra a submisión e pasividade social desde unha crítica ante a presión do poder e a inxusta dominación do corrupto. “Todo está gañado cando os bos serven de exemplo e os malos de burla”. Diana R. Salgado, psicóloga

[Se desexa anunciarse na Guía da saúde chame ao 988 239 634 ou escríbanos a comercial@ ourenseporbarrios. com]

[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en info@ourenseporbarrios.com. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

PISOS

VENDAS

TRABALLO

Véndese piso en Vigo (praia América), tel. 636 422 497 Vendo finca en Amoeiro de 1.600 m2 solar, bo prezo. Tel. 610 54 48 54 Alúgase piso en Vigo (r/Zamora) 3 habitacións, tel. 639 81 62 09. En Gustei véndense 2 fincas: unha de 500 m2 a 40 m de Gustei e outra a zona chamada Bouzo de 1200 m2. Tel 627 608 758 Véndese finca en zona Barxas-Cudeiro a 3 km de Ourense, en terreo edificable. 1.800 m2 e excelentes vistas. Tlf: 627 608 758. Alúgase piso na avda. de Santiago (xunto Mercadona), amoblado, calefacción, ascensor, 398 euros + 72 euros comunidade. Tel. 620 54 75 85. Alugo piso no Couto, 4 habitacións, cociña, salón amoblado, terraza, novo, 400 euros/mes máis 40 euros comunidade.Tel. 606 569 228. Alúgase apartamento novo no Couto, amoblado, exterior, con garaxe pechado e trasteiro. Tel 637 00 59 10. Vendo piso en Vigo. tel.636 422 497. Alúgase apartamento zona Ponte, amoblado, calefacción e auga quente central con contador, boas vistas, praza de garaxe e trasteiro. Tel. 988 37 44 99 e 687 47 96 41. Alúgase piso amoblado en praza de España (Vigo). Tel. 639 81 62 09. Aluguer en Montalvo fins de semana, pontes e verán, de 1 e 2 habitacións. Tel. 607 27 19 16. Véndese casa pola estrada de Santiago para restaurar. Tel. 637 00 59 10. Urxe venda piso en praia América (Vigo).Tel. 607 271 916. Aluguer apartamentos en Sanxenxo. Tel. 607 271 916. Alúgase apartamento no casco histórico, prezo económico. Tel. 637 00 59 10.

Mércanse mobles ou electrodomésticos de 2º man e cómpranse obxectos antigos. Tel. 988 21 22 24

Danse clases de Debuxo e Pintura (tamén debuxo técnico). Licenciada en Belas Artes, experiencia como profesora. Prezos asequibles.669603414 e pinalmaria@hotmail.com .

Véndese piso en Xinzo, 3 habitacións, cociña, salón, 2 baños, ascensor, garaxe, calefacción, fío musical, gran trasteiro, venda interesante para xente nova (menor de 35 anos) porser subvencionable a corto e medio prazo. Prezo interesante. Tel. 626 99 41 76

LOCAIS Alugo oficina r/Progreso ao lado Pazo Xustiza, acondicionada, tel. 637 00 59 10. Alugo local económico xunto parada de autobús. 988 244 790. Alugo oficina amoblada de 20 metros cadrados, con 2 postos de traballo. Prezo a convir. Tel. 627 203 131. Vendo por xubilación negocio de mercería, lencería e confección. Moi bo prezo. Tel: 988 220 184 e 600 238 861. Alugo carniceria A Granxa (ou outro negocio). Zona San Francisco. Telf: 988235876. Preguntar por Mª Carmen. Alúgase local de copas en Xinzo totalmente equipado. tel. 659 47 08 92

Vendo mobles de perruquería de 2ª man, 2.000 euros. Tel. 988 25 59 63. Vendo quentador eléctrico. tel. 988 25 59 63 Vendo caldeira de calefacción de gas cidade seminova, enfriador de botellas sen estrear, escritorio e sofá 3+2, tel. 637 00 59 10. Vendo viño de colleita ecolóxico. Tel: 647 404 428 Véndese colección películas en DVD con estuche, 50 ou 60 películas. 30 euros. Tel. 649 157 025 Vendo botas media caña goretex con cremalleira, número 39-40, novas, 40 euros. Tel. 649 157 025. Vendo tocadiscos como novo con dous altavoces grandes, 300 euros. Tel. 698 174 374 Véndense tres lavadoras, 2 frigoríficos e 1 cociña de gas, seminovos, prezo moi económico, tel. 629 56 13 90 Vendo leña de carballo. Tel. 630 521 448. Vendo Renault Scenic ano 2000, 100.000 km, perfecto estado. Tel. 678 827 075. Vendo vespino 82E, ano 89. 49cc. Tel. 617 375 387. Vendo galos kikos.Tel. 617 375 387.

Véndese Home cinema Samsung sen usar por 40 euros. Tel. 603 507 434. Vendo galo de Mos. Tel. 988 248 967 e 677 023 736. Vendo coche Opel Astra. Prezo a convir. Tel: 606 722 866. Véndense coleccións de sellos de correos en perfecto estado das temáticas de fauna e outras, a moi bo prezo.Tel. 605 388 596. Véndese extrulladora de viño case nova por 180 euros. Tel. 647 70 41 80 Vendo mobles de segunda man, moi pouco uso, comdor, tresillos, dormitorio, lámpadas, etc. Tel. 650 978 479. Vendo caldeira de calefacción de gas cidade Roca, apeiros de labranza antigos para decorar, sofá 3+2, tel. 637 00 59 10. Vendo quentador de auga Fagor con 4 meses de uso por 150 euros e mobles de perruquería seminovos por mil euros. Tel. 988 255 963. Vendo ordenador portatil, 110 euros, tel.647 272 198. Vendo mobleS de tenda de roupa seminovos, de 1ª calidade a bo prezo. Tel. 616 238 016. Vendo hamaca para bebé seminova 25 euros, tel. 686 93 83 06. Vendo roupa e zapatos varias tallas e complementos. Información en vero_14_49@hotmail.com

GARAXES Alúgase praza de garaxe para moto no centro (frente centro saúde Valle Inclán) 30 euros. Tel. 636.32.95.24

Ofrécese señor para toda clase de traballos: limpeza de fincas, electricidade, fontanería, etc. Tel. 666 17 35 06 Ofrécese señora para traballar por horas. Tel. 666 17 35 06 Pintura, decoración, colocación de tarima a prezos de vértixe garantizado. Tel. 666 125 129. Ofrécese señora para traballar por horas. Tel: 629 951 153 Desbrózanse fincas. Tel. 630 521 448. Ofrécese señora con experiencia e boas referenzas para coidado de persoas maiores, nenos, tarefas do fogar, con curso de auxiliar de axuda a domicilio, polas tardes. Tel. 685 37 41 91. Danse clases individuais de Materias dos 4 Cursos do Grao en ADE, especialmente de Contabilidade e Matemática Financiera, Estatística e Matemáticas (I e II). Certificado de Formador e CAP. Ampla experiencia. A domicilio.Tel.: 610 38 25 89 e arvaca1@gmail.com. Danse masaxes relaxantes, descontracturantes e tratamento de lesións. En local ou a domicilio. Pablo (605 863 150). Prezo económico Ofrécese rapaza para servizo doméstico ou limpeza de escaleiras, zona Vinteún. Tel 636 392 525. Fanse traballos de Photoshop: restauracion de fotos antigas e composicions. Tel: 663 034 262. Ofrécese rapaza responsable para limpeza e coidado de persoas maiores. Tel. 663 129 136 (Sasha) Ofrécese rapaz responsable, serio para traballar en enlucidos e xesos en xeral, etc. Tel. 697 439 066 (Antonio). Ofrécese rapaza para traballar coidando persoas maiores, limpando etc., telf 676 928 138, experiencia e titulo. Ofrécese señor para desbrozar fincas. Tel. 637 00 59 10 Búscase persoal para traballar con nenos este verán que teña inglés como lingua materna. Tel. 988 246 353 Experta en apoio psicolóxico e desenvolvemento persoal ofrece axuda psicolóxica a domicilio, a mulleres, persoas terceira idade e coidadores, primeira visita gratuíta. Tel. 610 16 27 49 (Loli). Fanse traballos de pintura e pequenas reparacións. Tel: 671 103 243.

TAROT


SERVIZOS

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

33

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 151-2002 / OU 125-2003 / OU 164-2004/ OU 155-2007. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Pepe da Guardesa, J.E. Bóveda, J.L. Iglesias Vázquez, R. Sertaje, S.Ganay, M.Pintos, Calviño, D. Rodríguez, C.V. Abros, A.V.Ou., Círculo Poético Orensano Nº116/106/92/55 - Ano: XI - Abril 2012 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser 4TELÉFONOS DE INTERESE reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 239 634. Concello Ourense 988 388 100

4CARTAS AO DIRECTOR Vistahermosa sen festas 2012

É unha noticia desagradable para o barrio e visitantes, pero a realidade está aí, o barrio de Vistahermosa queda sen festas 2012. É unha mágoa que quedemos sen as nosas festas patronais-populares, posto que son un produto histórico-social do noso barrio. En primeiro lugar felicitar á anterior comisión de festas pola súa dedicación, traballo, entrega, implicación e compromiso en anos anteriores, polas extraordinarias festas que marcaron e marcarán un antes e despois no barrio, e que ese recordo nos valla para consolarnos e sacar conclusións positivas e non negativas. O barrio de Vistahermosa tense que sentir orgulloso destes anos anteriores porque as festas foron un referente de calidade e organización que atraeron multitude de visitantes ao noso barrio, e desexamos e esperamos que este baleiro que nos queda este ano sirva de reflexión e recapacitación para o futuro. En segundo lugar recalcar que as festas é traballo de todos e non simplemente da comisión. Digo de todos, porque cando unha comisión comprométese ou toma a renda das festas, hipotecando tempo, familia e outros quefaceres, necesita o apoio de todos os veciños, achegados e polo contrario sobran comentarios negativos e cambadelas.

Que o espírito das festas pasadas co inmellorable espectáculo musical traído até o momento sírvanos de consolo e podamos superar esa tristeza e pena que temos pola non celebración das festas 2012. Se queremos que as festas non desaparezan, montemos todos na mesma embarcación e rememos na mesma dirección. Quédanos a esperanza de que o próximo ano retomemos este evento. Quédanos a ilusión de celebrar a festa relixiosa do noso patrón San Xosé. Os veciños toman protagonismo ao redor do seu patrón, un elemento cristián que se honra en ton festivo-popular, así como tamén unha actividade cultural máis (música, campionatos para adultos, xogos infantís, gastronomía, etc.) que serven como unha estreita unión entre veciños e familias. Alfonso Vilachá Rguez.

Un Ourense máis limpo

Sr. Xerente, esperamos que no 2012 os cidadáns podamos gozar dunha cidade máis limpa, xa que ultimamente perdeu esa condición e sobre todo nos barrios. Convidámoslle a que visite os diferentes barrios e comprobarao, posto que a persoa ou persoas responsables de controlar a limpeza nos diferentes puntos da cidade non o están facendo, e se o fan, non o están demostrando.

4AUTOBUSES VALENZÁ-OURENSE Non basta que o centro da cidade estea limpo, senón que os barrios deben gozar do mesmo trato. Non se esqueza do rural xa que son cidadáns, pagan os impostos e votan como os demais. Somos sabedores e coñecedores de que a empresa dispón nestes momentos de maquinaria moderna, abundante e de calidade, pero isto non é suficiente xa que en diversas circunstancias as máquinas resultan ineficaces, debido aos aparcadoiros ou outros obstáculos para realizar a limpeza. etc. Para tal fin é condición previa e necesaria contar non soamente con recursos materiais senón tamén con recursos humanos e saber manexalos e controlalos. O contrato da empresa de limpeza que dirixe custou aos cidadáns moito diñeiro, por tanto os cidadáns estamos na obrigación de esixirlle unha cidade máis limpa e controlada, digo controlada porque hai operarios que utilizan a mínima lei do esforzo. A anterior empresa con menos recursos materiais tiña un Ourense limpo, simple e sinxelamente porque había unha boa coordinación. Tamén é verdade que para planificar, é necesario contar con persoal cualificado. Remato como empecei: “Un Ourense máis limpo”. A.Villamarín Losada

Saídas A Valenzá Saídas As Lagoas Luns a venres 7:00 7:30 7:45 8:00 8:15 8:30 8:45 9:00 9:15 9.35 10:00 10:25 10:55 11:20

11:40 12:05 12:30 12:50 13:05 13:20 13:40 14:10 14:30 15:00 15:30 15:45 16:00 16:20

16:40 17:00 17:30 18:00 18:30 19:00 19:30 19:50 20:05 20:40 21:00 21:25 22:00

8:00 8:40 9:35 10:35 11:30

12:50 13:35 14:40 16:00 17:00

18:00 19:00 20:00 21:00

7:20 7:50 8:10 8:25 8:40 8:55 9:10 9:25* 9:40 10:00 10:30 11:00* 11:20 12:05 12:30

12:45 13:00 13:15 13:30* 13:50 14:10 14:35 15:00 15:30 15:55 16:10 16:30 17:00 17:30 18:00

18:30 19:00 19:30 19:45 20:00* 20:20 20:40 21:05 21:25 21:50 22:15

8:20 9:10 10:05 11:05 11:55* 13:15

14:00 15:20 16:30 17:30 18:30 19:30

20:30 21:25

Sábados

Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 Cita previa SERGAS 902 077 333 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083

Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención ao menor 900 202 010 9:30 13:00 19:00 10:00 16:30 20:30 Asoc. Diabética Auria 988 226 608 10:30 16:00 20:00 11:10 17:30 21:25 AECC 988 219 300 11:45 17:00 21:00 12:25 18:30 C. C. Antisida 988 233 000 12:50 18:00 13:30 19:30 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 4AUTOBUSES URBANOS: Alcohólicos Anón. 646 645 119 24h. Alcoh. Anón. 988 269 540 liñas e horarios en www.urbanosdeourense.es Alcoh.Anón. 24h. 988 22 76 23 Tarifa ordinaria: 0,78 euros - Tarxeta Milenio de transporte: ordinaria: 0,56 euros e estudiante: 0,40 euros - Gratis para maior de Asoc.Crohn-colitis 630 136 447 988 370 313 65 anos, pensionista,discapacitados: e mozos/as de 16 a 18 anos Down Ourense

Domingos e festivos

[Envíanos as túas cartas ou foto denuncias por correo electrónico a info@ ourenseporbarrios.com, opinion@ourenseporbarrios.com, ou por correo tradicional a r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense. As cartas ao director non deben exceder de 20 liñas e deberán ser remitidas con nome e DNI, firmadas, e cun teléfono de contacto. Letras a la Carta SL. resérvase o dereito de publicación así como o de extractar os textos que estime oportuno] [Envíanos as felicitacións a info@ourenseporbarrios.com, ou r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense] [Para resolver o sudoku, coloca un número en cada recadro de maneira que cada fila, cada columna e cada un dos nove recadros conteñan os números do 1 ao 9 sen repetirse. Nestes dous sudokus, as dúas liñas diagonais longas (marcadas en gris) deben tamén conter cada un dos números do 1 ao 9]


34

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

OCIO E CULTURA

4O MES EN IMAXES

4HUMOR

A MITEU chega ao seu fin A 17ª edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario chega esta fin de semana ao seu remate, con todo un éxito de afluencia ás súas costas. Pero antes de baixar o telón os amantes do teatro teñan varias citas: o xoves 26 o Teatro Principal acolle “A Espera” e o Auditorio “Tierra Preñada”. E o venres 27 o Principal será escenario de “El inmigrante, el nica” e o Auditorio, de “Mata-dor”.

A praza Maior foi conquistada polos scouts Coincindo coa celebracicón do San Xurxo e o décimo aniversario Grupo Scout Axóuxere da parroquia San Pío X, máis de 250 rapaces de toda a comunidade galega reuníronse os días 21 e 22 de abril en Ourense para gozar de diversas actividades, como xogos, escalada ou ciclismo. Logo dos cales congregáronse na Praza Maior para realizar un flashmob que quedará como lembranza deste encontro.

O Día do Libro Un ano máis, o 23 de abril, a rúa do Paseo encheuse de libros para comemorar o seu día. Os títulos máis coñecidos e as últimas novidades do sector fixeron as delicias dos ourensáns nunha xornada que acolleu, ademais, a entrega do premio Pura e Dora, co que foron galardonadas a escritora Celia Diaz e a ilustradora Pilar Marcó, pola obra Rugando.

A Esmorga en inglés Na Alamade do Concello, diante da estatua de Eduardo Blanco Amor, presentouse a edición en inglés da obra máis emblemática de Eduardo Blanco Amor, A Esmorga, cuxa traducción correu a cargo de Craig Patterson.

Todas as viñetas en http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com e en en http://oemigrantedopazo.blogspot.com/


OCIO E CULTURA

4CÍRCULO POÉTICO ORENSANO

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

35

4LITERATÚA

Innintegrables

María González Méndez presentou “Sentimientos desde el corazón” A finais de marzo foi presentado oficialmente o poemario “Sentimientos desde el corazón” da poeta e vogal de Círculo Poético Orensano María Rosa González Méndez, a través dun acto que tivo lugar no Liceo e que contou coa presenza de Carmen Salamanca -poeta e xerente da editorial Grupo Cero, responsable da edición do libro- e de José Ramón Fernández Morgade -poeta, presidente de Cículo Poético e autor do prólogo deste libro-.

Pese a que “pretender” é un verbo pouco fiable porque en inglés significa finxir (pretend) hei de dicir que cando botei andar esta columna de “Literatúa” pretendía unir literatura con vida, con sentimento e quizais cun chisco de actualidade. Ou dito doutro xeito, pretendía integrar a literatura na vida para facela nosa e para cobrarnos o favor, xa que, non sei se saben que a vida está tan integrada na literatura que esta (literatura) non sería nada sen aquela (vida). Quería integrar a vida na literatura e darlla a vostedes. De aí a palabra Literatúa. Pero mirando a realidade e o que acontece nesta sociedade decateime

do complicado que pode chegar a ser integrar na literatura certos aspectos ou aconteceres diarios sen caer na sátira ou no texto bufo. E é que cousas que todos vostedes coñecen, que son de mala dixestión, resulta que tamén son de mala integración literaria: especuladores bursátiles (e doutras pelaxes) que gañan cartos a conta do sufrimento das familias, gobernos desorientados que seica fan o que teñen que facer pero accederon ao poder desacreditando esas mesmas prácticas cando eran oposición política, as rodas picadas no camión da economía como detonante para pedir austeridade a todos os sectores agás ao propio sector que reclama esa austeridade. E consentindo este mes-

mo sector que se manteña algo tan enquistado como a monarquía, que supón un dispendio prescindible en tempos de carestía (e en calquera tempo). Esa institución que no canto de tentar pasar inadvertida, xa non por medo a unha revolta popular senón por pura vergoña, amosa con lascivia un membro ladrón insaciable xulgado nun escenario de cartón pedra. Amosa con depravación outro exemplo de “igualdade” ante a lei, xa que meu fillo menor ten prohibido tocar unha escopeta, so pena de delito, pero o fillo menor deles si pode. Ou amosa con voluptuosidade como mentres os comedores sociais rebentan de xente por falta de ingresos económicos mínimos para

comer e se multa duramente aos veciños que maltratan os seus cans o patriarca da institución gasta unha cantidade grande de diñeiro nunha viaxe de pracer co designio de cazar animais en perigo de extinción. Ao que pediu perdón, si, aínda que non deixo de preguntarme se tería pedido perdón de non ter tido o incidente coa súa cadeira. Realidades vergoñentas que, alén do tópico de que “a realidade supera a ficción”, nos din que son inintegrables no feito literario, pois se o fixeramos mancharían o texto de tal xeito que corromperían a esencia literaria. Hai cousas que non pasan. Na literatura non vale todo. Jorge Emilio Bóveda jorgeemilioboveda.es

4O RINCÓN DO ARQUIVO VISUAL OURENSÁN A Porta da Aira En 1837 eliminínanse as portas de acceso á cidade, que serviran para controlar a introdución de persoas e mercadorías. Están documentadas ata 13 delas, as cales lonxe de ter unha finalidade puramente defensiva, perseguían un dobre cometido: o fiscal, para garantir o pago de tributos, e o sanitario, para evitar a propagación de enfermidades contaxiosas, como aconteceu en 1804 coa peste bubónica. No lugar onde se levanta a Porta da Aira, comezaba a rúa do mesmo nome, que, despois, se chamaría “Reina Victoria”, e hoxe “Julio Prieto Nespereira”. Os restos da mesma, testemuñan un Ourense de artesáns, de xudeos e correxidores, de xentes que enchían de vitalidade unha zona, que non casco, antiga, que non vella. Arquivo visual Ourensán, fondo Augusto Guedes, texto Fernando Valcárcel, fotografía propiedade de D. Augusto Guedes de Castro, fotógrafo D. Augusto Pacheco. www.ourensenotempo.com

A actual rúa Julio Prieto Nespereira fou ata 1837 a Porta da Aira.

4HISTORIA DE PONTE CANEDO

Como funcionaba o Concello de Canedo fai 144 anos Sesión ordinaria do 16 de xaneiro de 1868: -Señores do Concello: Simón Araujo, Juan Rodríguez, Manuel Pernas, José Novoa, Castor Méndez, José María González, Felipe Gutiérrez, Patricio Martínez e Fernando González. - Xunta pericial: Domingo Fernández de Canedo, Manuel Lamas de Canedo, Silvestre Nágera de Vieiro, Juan Fernández de Palmés, Agustín Gutiérrez do Castro, Francisco Vázquez de Canedo, Fernando Rodríguez de Canedo, Pedro González de Canedo, José Iglesias do Castro, Javier Vázquez de Vieiro, José Núñez de Canedo e Marcial Álvarez como secretario. Na sala capitular do Concello de Canedo, ao obxecto

reunidos, os aeñores da corporación e Xunta pericial que acá se expresan, baixo a presidencia do primeiro teniente de alcalde, Don Simón Araujo, por usar de licencia, el que o é en propiedade, D. Manuel Paramo de Lariño, lido o acta anterior e os boletíns oficiais correspondentes, aprobouse aquela e o cumprimento de canto nela se ordena. De seguido, co obxecto de proceder á rectificación da riqueza territorial do distrito, que debe servir de base para o repartimento económico do ano próximo, ditos señores do Concello e a Xunta pericial acordaron previr aos veciños e forasteiros que posúan dita clase de riqueza no radio deste municipio, que presenten dentro do preciso e im-

prorrogable tempo dun mes, contando dende a inserción do Edicto no que se anuncia no Boletín Oficial da Provincia as notas das traslacións de dominio e reclamacións de agravio que teñan por convinte, documentada na forma que preveñen as instrucións vixentes acompañadas das declaracións xuradasde riqueza que o interesado posúa no distrito e recibo da contribución do último trimestre, na intelixencia que non servirá reclamación algunha que se produza sen as formalidades expresadas ou fóra do tempo prefixado, cuxo Edicto, a fin de que teña a debida publicidade, os señores pedáneos do distrito, nas súas respectivas parroquias, lerano tres días festivos consecutivos á saída da misa parroquial.

Seguidamente, de conformidade ao artigo 38 da lei vixente de Remprazos, atopándose preparados os convintes traballadores para a formación do alistamento de mozos que deben ser incluídos no sorteo do corrente ano, esta corporación municipal acordou constituirse en sesión permanente dende o día 1 de febreiro seguinte ata a definitiva ultimación do expresado alistamento, expóndoo ao público ao fin de que previo o anuncio xeral e citación persoal na forma establecida feita aos mozos naquel comprendidos, se proceda á rectificación do mesmo, que deberá ter lugar no Concello, o primeiro domingo do mes de marzo inmediato; así como o primeiro domingo do seguinte mes de abril

se procederá ao sorteo xeral dos referidos mozos, todo iso conforme ao disposto nos artigos 43 e 58 da expresada lei, a cuxas operacións se dará comezo ás 9 da mañá dos indicados días respectivos, seguindo nos demais as tramitacións e prazos que naquela se ordenen ou determinen por outras disposicións posteriores a cuxos efectos se instrúa expediente por separado, que deberá encabezarse coa testemuña deste acordo. Presente Rodrigo Blanco Martínez, a quen por oficio do Ilustrísimo Gobernador da provincia en data 13 do corrente, noméaselle pedáneo da parroquia de Santiago das Caldas neste municipio por incompatibilidades do que ata o momento desempeñaba dito cargo, Ángel

Torre Sotelo. Xuro de por no presente cuadrienio previo ao xuramento que na forma legal prestou de desempeñar dito cargo de pedáneo con suxección ás instrucións vixentes e autoridades constituídas, dito alcalde púxoo en posesión do mesmo cargo, entregándolle a credencial espedida ao efecto polo referido gobernador da provincia e copia do Bando de Bo Goberno desta alcadía, con data do 16 de xaneiro anterior, debendo entregar este último a súa credencial ao concluir o tempo de desempeño do mencionado cargo, en proba de todo o que non asina por non saber e con rogo o fai o alcalde, Don Gabriel Pérez. [Continúa no nº seguinte]

Pepe da Guardesa


36

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

OCIO E CULTURA

4AVATARES DUNHA ACTRIZ NOVATA

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

Esperar ou desesperar

Happylandia Neste momento, a xente máis feliz de Europa non vive na terra da pasta e expresos, nin na terra da festa e o Polbo á Feira, nin moito menos na das baguettes e torres imposibles de metal. O lugar máis feliz do vello continente é un pequeno terreo escandinavo de pouco mais de 5 millóns de habitantes. Sei de primeira man que non son as cálidas temperaturas o que sobe o barómetro da felicidade danesa. Levo en happylandia máis de 7 meses e non é que exhume gozo por todos os poros da miña pel, pero podo dicir que a vida no Norte, aínda que carente da paixón e mala leite que nos sobra no Sur, ten un tipo de calidade que non vira en ningún outro lugar ata a data. Os de aquí aseguran que sempre están á cabeza nisto de ser a xente máis contenta do continente porque as súas aspiracións e ambicións persoais e profesionais son bastante baixas, polo que lles resulta moi fácil alcanzar as súas metas. É unha boa teoría, pero non termina de convencerme.

Persoalmente creo que a súa modestia non lles deixa presumir abertamente dun sistema no que, aínda que se deixan a metade do soldo en impostos, responde na mesma medida, proporcionándolles seguridade, sanidade, educación e moita comodidade. Non é que a xente vaia bailando ao Gene Kelly baixo a neve, pero neste lugar o refrán faise carne: a mal tempo boa cara; non hai invernos duros, só roupa mala. Certo que as temperaturas en abril aínda non soben dos 10 graos, pero tamén o é que no inverno, a baixo 8, aos máis intrépidos encántalles bañarse espidos no mar. Si, un café custa 5 euros, pero traballando 15 horas á semana podes pagarche o aluguer e a comida a fin de mes. Ou sexa, as necesidades básicas cóbrense tranquilamente sen moita suor, deixándoche tempo libre dabondo para acubillarte do frío nos cafés variopintos e acolledores, cada un cun estilo único e un sabor diferente. Pero é un sistema humano e tamén ten os

seus fallos. Ademais, a integración é difícil para os que chegan de fóra. Moi difícil, pero como adoita dicirse no terreo de xogo: Sen pena non hai gloria. Estou de acordo niso de que o concepto de gloria é tan subxectivo como o de felicidade, pero ambas poden alcanzarse e non son mutuamente excluíntes. Non fai falta pórse drásticos e emigrar ao norte. Creo que un é feliz alá onde estea a gusto e onde o seu corazón e a súa mente atópense en sintonía. Iso non o pode dar Dinamarca ou Cuba, por moito estado de benestar que teña unha ou sol e sabor que malgaste a outra. Aínda que soe a cliché dos baratos, o paraíso está dentro de cada un de nós. Só hai que buscalo e, unha vez atopado, loitar por implantalo a gran escala na nosa pequena e familiar realidade. Ao final do día, o mapa da felicidade apunta alá onde cada cal atope a súa paz, por moita enquisa que afirme o contrario. Raquel Sertaje

4TRIBUNA ABERTA Momentos difíciles Estamos chegando a un escenario que sendo optimista pinta moi mal. Si, digo optimista, porque se o que somos é o seu antónimo, non o quero nin imaxinar. Os gobernos non son capaces de ver a solución a esta crise e, ademais, se a ven, están amarrados de pés e mans á ditadura dos grandes especuladores que xogan coa débeda coma se estivesen no campionato mundial de Monopoly. Ninguén ten confianza no futuro, ninguén é capaz de observar esa, tan utilizada, frase feita da “luz ao final do túnel”. As empresas están despedindo a empregados, algunhas axudadas por unha reforma laboral que, como xa comentei noutro artigo anterior, non é moi adecuada para a filosofía do empresario español; outras por non percibir esa confianza no futuro e observar que os

ingresos que se presumían non se cumpren e, polo tanto, reducir gastos toca. O máis grave é que esa xente que, pinga a pinga, queda sen traballo son potenciais consumidores que deixarán de selo. Terrorífico panorama. Pero mentres isto sucede os noticiarios e os xornais fanse eco de novas como a caída do Rei de España cando cazaba elefantes en Botsuana, ou o conflito España-Arxentina pola decisión do país americano da expropiación de YPF. Coa primeira delas observamos coma o Xefe do Estado goza dunhas vacacións cando España está na situación na que se encontra. Sen entrar a valorar o obxetivo da viaxe, paréceme que non é o momento, e así el mesmo se deu conta, e coma se fora un cativo, pediu perdón. A segunda, e sen valorar as formas coas que o gober-

no arxentino actuou coa multinacional, paréceme que a intensidade coa que o goberno do Estado (apoiado pola maioría dos grupos políticos e mediáticos) defende a Repsol é a que debería de utilizar cos problemas verdadeiros que ten a sociedade. Hai xa moitos cidadáns que non se están vendo representados por os gobernantes e eso é o grande caldo de cultivo para a aparición de falsos “salvadores de la Patria”. Xavi C. Martiñá

“A intensidade coa que o goberno defende a Repsol é a que debería utilizar cos problemas verdadeiros da sociedade”

Pois iso depende. Tanto no cine coma na televisión as rodaxes pódense facer eternas en canto ós horarios, e xeralmente a maior parte do tempo parte do equipo pasámola agardando para poder traballar. Isto non é nin por gusto nin por vagancia, nunha rodaxe traballa moita xente e para que uns poidamos facer o noso traballo outros tamén teñen que facer o seu. Ao igual que os actores precisan tempo para preparar o seu personaxe os técnicos tamén o precisan para preparar o set. A iluminación soe ser do que máis tempo leva e ó son tamén lle chega, se non se roda en exteriores e podes estar en plató, a cousa axilízase bastante máis. Pero segundo onde che toque traballar, esa “amarga espera” pode ser ata divertida. Eu tiven a sorte de aprender e tra-

ballar vestida de garda civil nunha serie a que quero unha barbaridade. E grazas ós meus compañeiros esas esperas facíanse moitas veces unha festa. No noso grupiño de “picoletos” nas esperas adicámonos a cousas varias,como tomar café e picar algo, sempre había algún que facía desaparecer o paquete de galletas nun suspiro, falabamos das nosas cousas, facíamos algunha pequena trasnada entre nós, e ata botamos algunha sesta. Pero se hai unha anécdota que non esquecerei é unha do comezo da serie. Estabamos no exterior do plató tomando o aire e, claro, vestidos de gardas civís. Un compañeiro estaba agardando a que un amigo lle trouxera algo no coche. Saíu a estrada e fíxolle sinais para que aparcara, con tan mala sorte que os demais condutores o tomaron por un garda civil e acabou case

dirixindo o tráfico, o resto so podíamos escachar ca risa! Ata el estaba abraiado! a pesar do gracioso que resultou, non se librou da oportuna bronca do xefe. Aquí xurdiron amigos que aínda conservo e con xente como algúns deles era moi bo de levar. Non sempre son así de amenas as esperas, pero son inevitables. O gran Fernando Fernán Gómez algunha vez dixo que el non cobraba por interpretar, que iso podíao facer gratis, el cobraba por agardar. Pois agardemos logo o que faga falla, nin máis nin menos, só o xusto para que cada peza do equipo funcione. Saamira Ganay

Fernán Gómez dixo que el non cobraba por interpretar, senón por agardar

4 MULLERES ANÓNIMAS

Doña Toñita Dona Antonia Marbán Vázquez, “Dona Toñita”, deixábanos o mes pasado despois dunha longa vida dedicada de maneira total á educación. Despois de pasar varios anos como mestra rural, algo que ela perseguiu encarecidamente, despois de loitar nesas aulas para dar unha boa educación cos escasos materiais e en pésimas condicións académicas, despois de aprobar a oposición, a profesora do colexio Público de Prácticas, “Anexa”de Ourense. O primeiro recordo que se me vén á memoria ao pensar nela era a súa maneira doce de recriminar calquera trasnada ou calquera desorde. Non levantaba a voz porque o seu modelo educacional non se baseaba en ”letra con sangue entra”, nin en castigos severos e interminables. O seu modelo baseábase nunha educación desde a proximidade, desde as palabras firmes pero amables, desde a educación ríxida en valores pero flexible no trato. Unha muller que camiñaba polos corredores longos do

colexio con paso decidido observando ao seu ao redor cada movemento. Nada de sucedíao entre aquelas paredes escapábaselle, sempre participaba activamente en todas e cada unha das actividades sen deixar de sorrir nin de demostrar que para cada neno ela tiña unha maneira distinta de educar, porque cría no individuo como persoa, non nun colectivo ao que había que ensinar por igual. Tratou a cada alumno segundo as súas necesidades e diso dou boa fe. Nunca se mostrou allea aos problemas de ninguén nin deixou fóra ás familias porque tamén baseaba a educación nunha axuda mutua entre familia e escola. O meu primeiro día de colexio foi un pouco fóra do habitual porque eu non tiña que empezar ese curso, pero ao acompañar á miña irmá púxenme a chorar porque eu tamén quería quedarme e Dona Toñita moi amablemente díxolle á miña nai que me deixase, “para unha que chora por quedar”, díxolle. E ao día seguinte a miña nai enchía os papeis e eu comezaba o colexio con moita ilusión

grazas a ela. Unha muller que consagrou a súa vida á educación da mellor maneira que soubo e que se valorou anos despois cando lle foi outorgado o premio como “Docente Exemplar 2011”, que non lle tiña medo a enfrontarse a novos retos e que soubo darnos a cada un dos seus alumnos aquelo que necesitabamos. Desde aquí quero darlle as grazas por ensinarnos a ser mellores, pola súa loita día a día, por converternos en xente de ben, polas súas risas nas festas do colexio como un máis de nós, polos seus enfados, polas súas rifas. En definitiva, polo seu gran labor como docente, pero sobre todo polo seu gran labor como ser humano. D.E.P. Mónica F. Pintos

O modelo educacional de Dona Toñita baseábase na proximidade, nas palabras firmes pero amables


OCIO E CULTURA

EN BREVE

4 XI Premio Carlos Casares O Liceo de Ourense convoca o décimo primeiro premio literario Carlos Casares, na modalidade de microrrelato con temática gastronómica, que premiará ao mellor con 1.500 euros con patrocinio do Grupo Cuevas. Pode presentarse calquera persoa que o desexe con até tres traballos inéditos que conten cunha extensión máxima de 1.500 caracteres cada un, os cales deben sen entregados por sextuplicado antes do 11 de maio na secretaría do Liceo.

4 Preparatorio para o Grao Elemental de Música O Conservatorio Profesional de Música de Ourense organiza -todos os venres de maio e o primeiro de xuño- un cursiño, dirixido a nenos de entre 8 e 14 anos, que ten como obxectivo desenvolver nos rapaces as

súas capacidades auditivas, rítmicas ou psicomotrices, as cales se avaliarán nas probas de acceso ao 1º curso do Grao Elemental das Ensinanzas Profesionais de Música que se celebrarán no mes de xuño. Todos os interesados poden inscribirse de balde na Secretaría do centro.

4 IV OUFF Escola O certame de cine para escolares do Festival Internacional de Cine Internacional de Ourense vén de abrir o prazo para a presentación dos traballos que competirán nesta cuarta edición, os cales deben tratarse de creacións audiovisuais orixinais e en lingua galega ou portuguesa, e ser entregados antes do 29 de xuño. O OUFF Escola é unha iniciativa a prol do uso do galego e o manexo de ferramentas audiovisuais desenvolvida co apoio da Concellaría de Normalización Lingüística.

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

O santuario de Fátima cumple 50 anos de historia 4 A novena será do 4 ao 13 de maio. Redacción Este mes de abril o santuario de Fátima está de aniversario e para conmemorar o seu medio século de vida inaugurou unha exposición fotográfica, aberta ao público ata o vindeiro 8 de maio, que fai un completo repaso pola súa historia. Esta exposición compleméntase con dous cadros realizados por dous bispos moi vinculados á construción do novo templo e que pertencen ao Seminario, a imaxe da Virxe que estivo no Santo Anxo, os planos orixinais do santuario e un cáliz doado para a inauguración do ano 1962 coa imaxe da Virxe de Fátima incrustada, vestiduras litúrxicas antigas, e libros e instrumentos de D. José

(o primeiro párroco), entre outros obxectos relacionados con este santuario. A novena Toda esta celebración tamén irá acompañada da tradicional novena da Parroquia da nosa Señora de Fátima, que se celebrará do 4 ao 13 de maio e a emble-

mática procesión. As imaxes que van visitar o santuario nas misas que se celebrarán pola tarde, a partir das 20.45 horas, proceden de parroquias de toda a provincia, como Bande, Celanova, Xinzo, A Peroxa, Carballiño ou Ribadavia, así como a Santa María Nai.

En maio visitarán o santuario imaxes de toda a provincia.

37

4AXENDA Teatro - 28 de abril – “Un novo mundo feliz” – 20:30 h. – Teatro Principal; “La puta y el gigante” – 23 h. – Auditorio - 28 de Abril – Teatrino presenta “A decisión de Ofelia” - 20:30h. - Casa da Cultura da Valenzá - 29 de abril - “Cando chove e raia o sol” – 12 h. - Auditorio Exposicións - Desde o 25 de abril – Virxilio – Centro social Novagalicia Praza Maior - Desde o 26 de abril – “Vestixios” de Mila Vázquez – Centro Cultural da Deputación. Música - 27 de abril – “A Vida. Concerto de cámara e música visual” – 20 h. – Conservatorio Profesional de Música - 28 de abril – Concerto Os Skywalkers – 01:00 h. – Café Auriense - 28 de abril – Concerto Los Limones – 23:45 h. - Suite 212 Outros - 30 de abril – Ciclo Interpretar un Cadro: “Las Meninas” de Velázquez, por Manuel Márquez – 20 h. – Centro Cultural da Deputación www.mundourense.com


38

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

DEPORTES

Toca remontar

O ximnasio Body Fitness leva a Xinzo o Kinesiotape

4 O COB deberá gañar en Azpeitia ao Lan Mobel se quere manter vivo o soño do ascenso.

Redacción

R. Torres O Club Ourense Baloncesto sufríu o duro varapao de caer derrotado no primeiro partido da primeira eliminatoria do play off polo ascenso. Unhas gradas que non tiñan o colorido doutras citas xa anunciaban o que ía a acontecer durante o encontro. Os homes de Rafa Sanz saíron moi presionados durante os primeiros minutos de encontro, cuestión que condicionou o resto do encontro. Con 35-44 chegaríase ao descanso, e os locais non daban freado a sangría anotadora dos xogadores visitantes. Unha mala defensa lastraba as opcións de vitoria dos ourensáns. No terceiro cuarto, cando máis difícil estaba a situación, o COB logrou remontar 13 puntos de desvantaxe, grazas ao acerto anotador de Koffi e Alberto de Miguel. Chegaba o derradeiro cuarto e estaba todo por decidir. Entón o COB volveu a ser o de outras citas e

Pitufos na carreira do Vinteún. /RAMSÉS

Os atletas invadiron o Vinteún

4 Gran participación na primeira proba do “Correndo por Ourense”. R. Torres

Koffi tentando anotar diante dun adversario. /RAMSÉS logrou dar a volta ao marcador. Oito puntos arriba a falta de algo máis dun minuto para o final facía presaxiar que a remontada era unha realidade. Pero un exceso de confianza, o acerto anotador visitante (con tres triples consecutivos) e tres tiros libres fallados fixeron que o COB caera derrotado neste primeiro encontro de play off por 86-87.

O Ourense quere o primeiro posto

Segundo partido O conxunto ourensán xa non ten marxe de erro, e para seguir soñando co ascenso deberá gañar o vindeiro venres 27 en Azpeitia -Guipuzcoa- ao Lan Mobel (a partir das 21 horas), para así forzar o terceiro encontro. Éste tería lugar o domingo 29 de abril ás 21 horas no Paco Paz. se xogan nada nesta tempada, mentres que os de Carballo aínda teñen que certificar a permanencia.

4 A falta de tres xornadas son líderes a dous puntos do Alondras. R. Torres O CD Ourense chega as tres últimas xornadas como líder da Terceira División. Con nove puntos por disputar, os de Luisito son primeiros con 71 puntos, seguidos do Alondras con 69. No encontro do pasa-

do domingo, o CD Ourense venceu por 3-0 ao Estradense con goles de Álex (2) e de Mouriño. A vindeira xornada leva ao Ourense ata Ferrol para enfrontarse ao Rácing. Pola súa banda, o Alondras visita o campo do Bergantiños. Os departamentais xa non

Mouriño contra un xogador do Estradense./RAMSÉS

Cifra récord. Maís de 600 participantes tomaron a saída nas distintas categorías da carreira do Vinteún, a primeira que se celebra este ano dentro do circuíto de carreiras populares “II Correndo por Ourense”. O ano pasado, a media de participación era de 200 participantes por proba; este ano o incremento é notable, consolidándose o circuíto ourensán no seu segundo ano. A do Vinteún era a primeira dun total de seis carreiras que engloban este evento, e que terán continuidade ata o vindeiro mes de outubro, coa celebración da carreira da Carballeira como colofón final ao circuíto.O tempo acompañou (salvo algún momento de chuvia) aos atletas que participaron na primeira edición desta carreira. Pitufos A primeira das categorías en tomar a saída foi a dos pitufos; categoría da que non se leva conta do número de participantes, pero que superou o medio

centenar de pequerrechos que quixeron dar os seus primeiros pasos como atletas, ante a atenta mirada de nais e pais, e facendo as delicias do público alí congregado. Categorías de base Na categoría benxamín e alevín, a corredora da Guarda, Elsa Pena foi a máis rápida nos 1500 metros da proba. David Vázquez, de Ourense, foi o segundo en entrar na liña de meta. Francisco José Miranda e Aida Martínez foron os máis rápidos na proba das categorías infantil e cadete. Proba absoluta A máis numerosa foi a proba absoluta (xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteráns) cun total de 467 homes e mulleres que remataron a carreira. Iván Docampo, da Sociedad Gimnástica de Pontevedra foi o máis rápido. O atleta de Ribadavia parou o crono en 19.02 minutos. Sonia Teijeiro foi a primeira muller en chegar a meta; o seu tempo 24.09 minutos.

O ximnasio Body Fitness de Xinzo de Limia vén cargado de novidades. Promocións especiais e un novo curso de Kinesiotape, único na provincia, son só algunhas delas. Porque coa chegada da primavera dende Body Finess queren que porse en forma sexa máis sinxelo e asequible que nunca, por iso propoñen neste mes unha promoción inmellorable: unha cota anual para o ximnasio por só 170 euros. Así mesmo, contan cunha oferta de 3x2 (contratando tres actividades regálanche a de menor importe). Pero a cousa non remata aí, os socios de Body Fitness poden gozar, ademais, de 4 bonos para clases de spining por tan só 15 euros/mes e os non socios por 5 euros máis. A maior novidade, curso de Kinesiotape Body Fitness abriu xa o prazo de inscrición para un curso básico de Kinesiotape, dirixido a osteópatas e quiromasaxistas, que busca achegarlle as distintas aplicacións do kinesiotaping, como son as técnicas de relaxación e tonificación dun músculo, de ligamentos, de drenaxe linfático ou para o tratamento de doenzas máis habituais. Este curso, único en Ourense, consta de 12 horas de duración. Todos os interesados poden inscribirse xa por só 180 euros no propio ximnasio. As prazas son limitadas. [Info en 988 462 202, gim-bodyfitness@hotmail.es]


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Abril de 2012

39


Ourense por BARRIOS Abril de 2012


Entrevista O Nadal xa a David Rubín, está autor de aquí cómics [páx. 15 [páx.8] e páx. 39-42]

TEMA DO MES Páx.2 TEMA DO MES Páx.3 Os partidos analizan os orzamentos do Estado para Ourense

BARRIOS

Páx. 4

Acordo sobre a Denuncian novos integración ferroviaria verquidos aos ríos das tres administracións Miño e ao Barbaña

CULTURA

Páx.19

Mes de maio de intensa actividade cultural en Ourense

ESPECIAL Páx. 23-28 Especial peques: todo sobre o mundo do bebé e da infancia

Primeira carreira no Vinteún

[páx. 5]

Uns 600 corredores participaron o pasado domingo na primeira proba do II Circuíto Correndo x Ourense.

Número: 106 - Ano: XI - Abril 2012 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Entrevista O Nadal xa a David Rubín, está autor de aquí cómics [páx. 15 [páx.8] e páx. 39-42]

TEMA DO MES Páx.2 Os partidos analizan os orzamentos do Estado para Ourense

TEMA DO MES Páx. 3

BARRIOS

Páx.4

CULTURA

Páx.19

Acordo sobre a Renovan saneamento Mes de maio de integración ferroviaria e pavimento na rúa intensa actividade das tres administracións Cabeza de Manzaneda cultural en Ourense

ESPECIAL Páx.23-28 Especial peques: todo sobre o mundo do bebé e da infancia

O COB debe gañar [páx. 38]

O equipo ourensán caeu derrotado no primeiro partido da primeira ronda do play off de ascenso /RAMSÉS

Número: 92 - Ano: XI - Abril 2012 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Entrevista a David Rubín, autor de cómics [páx.8]

TEMA DO MES Páx.2 TEMA DO MES Páx. 3 Os partidos analizan os orzamentos do Estado para Ourense

BARRIOS

Páx.4

Acordo sobre a Denuncian novos integración ferroviaria verquidos ao río Miño das tres administracións e ao Barbaña

CULTURA Páx.19 Mes de maio de intensa actividade cultural en Ourense

ESPECIAL Páx. 23-28 Especial peques: todo sobre o mundo do bebé e da infancia

Recta final para a XVII MITEU [páx. 34]

A Aula Universitaria de Pamplona levou a escea “Contra el progreso”, este mércores 25 no Auditorio./R.TORRES.

Número: 55- Ano: XI - Abril 2012 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

Abril 2012 - OUxB  

Ourense por Barrios leva ás súas imaxes de portada dúas novas deportivas: por unha banda a carreira popular do Vinteún e pola outra o último...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you