Febreiro 2012 - OUxB

Page 16

16

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

ECONOMÍA E EMPREGO

Os ourensáns maniféstanse contra a reforma laboral e os recortes

4 Varios miles de persoas botáronse ás rúas en dúas manifestacións en apenas unha semana. Redacción Dúas manifestacións no prazo dunha semana mobilizaron a varios miles de ourensáns contra a reforma laboral e os recortes nas condicións laborais dos traballadores públicos. Unhas tres mil persoas manifestáronse o xoves 23 contra o anteproxecto de Lei de Medidas de Emprego Público que pretende aprobar este mes o Parlamento galego e que suporá recortes nas condicións laborais dos funcionarios. Estaban convocados polos sindicatos CCOO, UXT, CIG e CSIF. Outras catro mil acudiron o Domingo de Entroido á chamada de UXT e CCOO contra a reforma laboral aprobada recentemente polo Goberno central. Posibilidade dunha folga xeral En ambas manifestacións os asistentes clamaron pola celebración dunha folga xeral. Esa posibilidade xa a apuntara a secretaria xeral do sindicato comarcal de CCOO, Ana Barrios: “o domingo foi o pistoletazo de saída para unhas mobilizacións continuas e crecentes para probablemente chegar a unha folga xeral neste país”. Tanto ela como o secretario xeral de UXT Ourense, José Luis Fernández, foron moi críticos coa reforma laboral, que, para este último, “non vai crear emprego nin vai servir para a recuperación económica”

Foto de familia das asociadas de AME nas instalacións de Inditex en Arteixo.

Empresarias ourensás visitan Inditex

Os manifestantes ao seu paso pola rúa do Paseo./PAULA LODEIRO e, pola contra, traerá “despido barato e fácil e baixada de salarios”. Na mesma idea insiste Ana Barrios: “ten cousas terribles, como que o empresario unilateralmente pode modificar as condicións de traballo”, “quita a tutela administrativa nos EREs” e “abre a porta a privatizar os servizos públicos”. Pola súa banda, José Luis Fernández agarda que o decreto de reforma laboral aprobado polo Goberno do PP se modifique por vía parlamentaria, xa que, de non ser así, augura que será “a mecha que prenda unha confrontación máis grande”. Moi similar é a postura do grupo socialista ante esta reforma laboral. A deputada Laura Seara califícaa de “devastadora”, xa que se trata de medidas “que abaratan o despido, pero non a contratación”.

Pola súa banda, para o secretario xeral da CIG en Ourense, Etelvino Blanco, a reforma “é unha volta ao escravismo laboral”. Por iso a CIG tamén vai iniciar unha campaña de mobilizacións que con total probabilidade desenvocarán tamén nunha folga xeral a finais de marzo, para a que aínda non hai data concreta porque a central sindical nacionalista agarda contar co apoio doutras organizacións sindicais. Máis mobilizacións A seguinte cita no calendario de mobilizacións será o mércores 29 de febreiro, cunha marcha convocada en toda a Unión Europea.

A seguinte manifestación, común en toda a UE, terá lugar o 29 de febreiro

Catro despidos por día laborable Segundo vén de informar a CIG, en 2011 na provincia de Ourense un total de 822 traballadores (80 máis que en 2010) foron despedidos de maneira individual, os cales xunto aos que se viron afectados por EREs (85) ou os que foron despedidos pola vía xudicial ofrecen unha estatística de catro despedimentos ao día (laborable) durante o ano pasado. Pero resulta especialmente preocupante a alta porcentaxe de afectados con idades comprendidas entre os 30 e os 50 anos e con antigüidades laborais altas. De feito, os despedimentos de persoal con máis de 5 anos de antigüidade na empresa foron un 43% do total (356).

Unha vintena de empresarias integradas na Asociación de Empresarias e Profesionais da Provincia de Ourense (AME) visitaron este mes as instalacións da empresa Inditex na localidade coruñesa de Arteixo. Con esta iniciativa AME dá continuidade ao seu programa de Benchmarking empresarial, iniciado no ano 2010 cunha viaxe á Toscana italiana para coñecer in situ o Proxecto Fábrica Ethica. O benchmarking consiste en tomar como referenza a aquelas organizacións que evidencien as mellores prácticas no ámbito de interese, co obxectivo de transferir o seu coñecemento e aplicación. De seguro que as empresarias ourensás tomaron boa nota da súa visita á multinacional galega (propietaria, entre outras marcas, de Zara) para mellorar a xestión empresarial dos seus propios negocios.

“Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos” conmemoran o 8 de marzo Redacción

Un ano máis o colectivo feminista “Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos” sairá á rúa para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. As súas actividades comezan o 28 de febreiro, ás 20 horas, cunha mesa redonda no Museo Municipal sobre “As mulleres e os recortes sociais”. O xoves 1 de marzo, tamén ás 20 horas, Sem Um Cam (na rúa Vilar) será o escenario da charla “Os movementos de mulleres: a semente da soberanía

alimentaria”. E o día 8 terá lugar ás 19 horas na rúa do Paseo o acto “Visibilizando a nosa loita, compartindo os nosos desexos”. Como afecta a crise O movemento feminista considera que coa crise económica “se están a acentuar a desigualdade entre homes e mulleres nos distintos ámbitos”. “Asistimos tamén á perda de dereitos laborais que afecta de xeito acusado ás mulleres (apenas o 5% chega á idade de xubilación con 35 anos cotizados), así como o aumento do desemprego (19,09% no 2011), e a unha perda de recursos das familias acusada polos recortes en servizos sociais que afecta especialmente ás féminas”, apuntan desde este colectivo.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.