Febreiro 2012 - OUxB

Page 1

Entrevistas sobre O Nadal xa a sanidade a está aquí Eloína Núñez e [páx. 15 José Luis Jiménez e páx. 39-42] CIDADE

Páx.5

A rehabilitación da Praza de Abastos, á espera de financiación

BARRIOS

Páx.6

O Centro Comercial Aberto Couto Centro convoca eleccións

A VALENZÁ

Páx. 10 DEPORTE

O PSOE plantexará a creación dunha taxa para os caixeiros

Páx. 18

O CD Ourense vence 3-0 ao Cerceda e colócase líder

Desfile de Entroido na Valenzá

[páx. 2 e 3]

ESPECIAL

P.27-34

Prepara o teu evento: especial vodas, bautizos e comuñóns

[páx. 38]

36 agrupacións amosaron os seus deseños no desfile do Martes de Entroido na Valenzá. /M.R.

Número: 114 - Ano: XI - Febreiro 2012 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

TEMA DO MES

ENTREVISTA A JOSÉ LUIS JIMÉNEZ - VICEPRESIDENTE Do COLExIO DE MÉDICOS DE OURENSE:

“Os recortes no sistema sanitario só o debilitan e son ineficaces. Habería que falar de reformas estruturais”

4 O vicepresidente do Colexio de Médicos ourensán considera que o colapso das Urxencias do CHUO reduciríase se se preveñen as necesidades dos enfermos crónicos. Paula Lodeiro O que fora xerente do Complexo Hospitalario de Ourense entre 2005 e 2009 e que actualmente ocupa o cargo de vicepresidente do Colexio de Médicos de Ourense, José Luís Jiménez, explicounos a súa visión persoal sobre a complicada situación que atravesa a sanidade nestes tempos de crises, nos que os recortes e o colapso do servizo de Urxencias son os principais problemas que atravesa na nosa cidade. O Colexio de Médicos denunciou os recortes en materia sanitaria... José Luís Jiménez: “Desde o noso punto de vista os recortes no sistema sanitario só o debilitan e son ineficaces. Habería que falar de reformas estruturais, eliminar as bolsas de ineficiencia, mellorar o uso da tecnoloxía e realizar cambios no sistema retributivo, pero consideramos que non se deben reducir cartos en sanidade, xa que, de feito, a nosa porcentaxe de PIB é máis baixa que a media comunitaria.

Jiménez di de Eloína Núñez que “está a traballar intensamente, pero creo que ten un déficit de interconexión cos profesionais”

Concretamente en Ourense nótanse estes recortes de maneira máis directa na suspensión da actividade complementaria polas tardes (iniciada en 2009) o que supón un incremento das listas de espera. Aínda que si que se aumentou o número de intervencións que se realizan pola mañá, non compensa a toda a actividade que antes se facía de tarde. Por outra banda, no caso da atención primaria nótase que as substitucións dos compañeiros que están de vacacións ou baixas non se están resolvendo, xa que se está colgando a súa axenda a outro que estea a traballar, o cal nun día ou dous é comprensible, pero nunha baixa prolongada parécenos inconcebible, primeiro porque eses enfermos terán cada día un médico distinto e segundo porque neste momento hai médicos que están no paro ou con contratos temporais que poderían facerse cargo desa substitución”. Durante as últimas semanas púidose observar un considerable colapso do servizo de urxencias do CHUO, como podería solucionarse este problema? J.L.J.: “Cando falabamos de reformas estruturais referiámonos a que entre todos debemos reformar o sistema, cremos que temos que afrontar reformas na atención a pacientes, principalmente aos enfermos crónicos, polo que temos que adiantarnos á súa chegada a

urxencias. Neste sentido, había proxectos, como o Plan de Mellora da Atención Primaria (que estaba aprobado, pero parouse coa chegada do novo goberno) no que se apostaba por unha maneira de traballar distinta, na que o paciente era atendido de maneira máis individual, sobre todo en caso de pacientes complexos que teñen moita necesidade de acudir ao hospital ou gran cantidade de fármacos, aos que se lles ofrecía un radar permanente con eles, con enfermeiras que visitasen máis os seus domicilios para controlar o consumo da medicación. E nós cremos que por aí debe ir a reforma estrutural da sanidade. Así, botamos de menos en Ourense que haxa un proxecto concreto, xa que se non imos previr as descompensacións dos pacientes crónicos, virán ao hospital cada ano máis, e iso ocorrerá estea quen estea no goberno”. Como médico, como ve a xestión da actual xerente Eloína Núñez? J.L.J.: “Como médico cónstame que a doutora Núñez está a traballar intensamente, aínda que creo que ten un déficit de interconexión cos profesionais, debería preguntar e escoitar máis, porque eles son os que fan a xestión co paciente. Pero no fondo está a ser unha parte máis do que leva a falta dun proxecto e modelo sanitario global da sanidade galega. De todos

José Luis Jiménez, vicepresidente do Colexio de Médicos de Ourense./P.L. os xeitos, está a facer o que pode dentro dunha situación (de crise) que non a desexaría ninguén”. Non cre que a sanidade debería estar por enriba da política? J.L.J.: “Estou seguro, pero isto é así. O problema é que os que agora están a gobernar defenden xestións que como oposición atacaron. É o caso da utilización de espazos transitorios de hospitalización, listas de espera trucadas, axendas de consultas pechadas... Todo o que antes dixeron agora alguén llo di a eles. Pero hai que sentarse e facer un pacto global entre profesionais, políticos, sindicatos e medios de comunicación, para entre traballar porque isto

vaia mellor”. Que opinión merécenlle as listas de espera do CHUO? J.L.J.: “Os datos relativos á lista de espera estrutural (a que llo imputa ao sistema) son totalmente reais, pero eu non teño ningunha información sobre a lista non estrutural, aínda que a súa existencia é legal, xa que a Administración só ten a obriga de dar a coñecer a oficial. A outra (a non estrutural) está composta por pacientes que rexeitan a operación en centro concertados. De todos os xeitos, hai que dicir que a conselleira de Sanidade nada máis chegar á Xunta de Galicia dixo que se publicaría a lista non estrutural e aín-

da estamos á esperar. Aínda así, estou seguro de que os responsables de admisión, que son médicos tamén, está a presentar os datos que teñen; da mesma maneira que os centros concertados ourensáns están a traballar moi ben, dando solución a moitos problemas da provincia. Agora ben, teñen unha capacidade limitada, é dicir, non son culpables nin non culpables das listas de espera, eles operan o que se lles manda”. Coñece o novo Plan Director do CHUO? J.L.J.: “Non existe un novo Plan Director do CHUO. O que teño entendido é que existe un Plan Funcional que define as súas dotacións tecnolóxicas, que está aprobado pola Consellería de Sanidade desde 2008. Ese Plan derivou na redacción dun anteproxecto de Plan Director, que se licitou e adxudicou en 2009 e que se presentou aos profesionais a finais do ano seguinte. Xa este ano licitouse, por 800.000 euros - os cales me parecen moi poucos-, a redacción do proxecto dunhas fases que quedan da continuación do Plan Director, que entendo que se tratará da obra correspondente ao novo edificio de hospitalización que quedaba pendente no Plan. Pero isto é só a guinda dun pastel que depende da Xunta de Galicia e neste momento non sabemos moi ben como se vai a executar todo”.


TEMA DO MES

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

ENTREVISTA Á RESPONSABLE DA XERENCIA INTEGRADA DE OURENSE:

“Na sanidade de Ourense non houbo ningún recorte. O que fixemos foi xestionar con eficiencia”

4 En canto ao servizo de Urxencias, Eloína Núñez nega que houbera colapso e recorda que a media de espera no mesmo é de “tres horas”. Paula Lodeiro A responsable da Xerencia Integrada de Ourense, Eloína Núñez, afronta os temas máis conflitivos da sanidade ourensá con contundencia. Afirma que a saturación de Urxencias responde aos picos habituais e que non se realizou ningún recorte de persoal nos centros ourensáns. Nas últimas semanas vimos un aumento de pacientes en Urxencias , cal é a realidade a día de hoxe? Eloína Núñez: “En Ourense os cambios de temperatura fan que, principalmente os pacientes crónicos e máis maiores, que son a maioría, se acatarren máis e se reagudizan os proceso crónicos que teñen, atendendo polo tanto sobre todo infeccións respiratorias, que só requiren unha hospitalización de dous ou tres días. Nesa semana a peor xornada foi o luns, ao haber ponte e non haber médicos de cabeceira, pero incluso ese día atendemos a 260 pacientes, non tivemos máis número de pacientes, pero os que viñan estaban máis graves polo que había que dedicarlle un maior tempo e a xente que está menos grave é a que ten que esperar

“Fixemos nós máis nestres tres anos de crise que os anteriores sen ela”

máis”. Sendo un problema habitual todos os invernos, poderíase ter previsto e evitado este colapso? E.N: “A min a palabra colapso non me gusta porque refírese a algo que non funciona, pero iso nunca o houbo no servizo de Urxencias. Porque distinto é que os pacientes menos graves tarden en ser atendidos, xa que nos graves sempre se cumpre o tempo de atención previsto a través do Triaxe. Todos os invernos temos os picos de gripe (que este ano foi na segunda quincena de febreiro) para os que realizamos unha planificación quirúrxica e de servizos, e habilitamos un maior número de camas e persoal”. Neste intre como se atopa a ocupación de camas? E.N.: “Onte (xoves 23 de febreiro) pola noite atopábase no 92,10%”. Barallouse abrir a planta de Piñor? E.N.: “A primeira planta de Piñor deixouse de colchón, é dicir, no caso de que houbese unha necesidade procederíase a abrila. Neste momento temos 43 camas habilitadas máis que cando estaba aberta, procedentes da parte do Materno-infantil. Por iso, só abriremos Piñor se precisamos máis ca iso”. O CHUO estaba preparando un informe sobre o servizo de Urxencias para presentar ao Valedor do pobo, está listo?

E.N.: “Xa foi entregado un informe detallado con toda a actividade do servizo de Urxencias de tres anos atrás, para que o Valedor vexa como evolucionou. E así poder demostrar que no hospital de Ourense non hai pacientes nos pasillos en espera de ingreso, senón que están en espera dun resultado concreto (de radioloxía, dunha analítica...). Porque os que están agardando a que algunha habitación quede libre están na súa sala correspondente e na súa cama, non nos pasillos”. Recentemente os Colexios de Médicos manifestaron as súas queixas aos recortes realizados en Sanidade, cre que son xustificadas? E.N.: “Eu creo que nos tres hospitais de Ourense, así como na nosa atención primaria non houbo ningún recorte. O que si que tivemos que facer foi xestionar con eficiencia, facer máis con menos, como en todas as empresas, pero iso non levou consigo a diminución de recursos humáns”. Cre que a Sanidade pública está a ser empregada como arma política? E.N.: “O que non se debe facer é confundir aos pacientes. Antes os pacientes entraban segundo chegaban, agora entran segundo a súa gravidade. Aínda así queremos que eses tempos de espera cada vez sexan menores co fin de que o paciente pase o menor tempo

posible no hospital, se non é preciso máis. De feito, a día de hoxe a media de atención en Urxencias é de 3 horas”. Outro tema de conflito na sanidade ourensá son as listas de espera, como valora os últimos datos? E.N.: “A media en Ourense de operación unha vez que formas parte da lista de espera é de 46 días, fronte aos máis de 70 do Sergas. O que me parece unha media bastante axeitada, tendo en conta, ademais, que os enfermos con patoloxías graves (como é o cancro) só teñen que agardar entre 8 e 10 días, cando o decreto estableceu que non pode agardar máis de 30, así que son datos dignos de resaltar”. E que nos di das lista de espera non estructural? E.N.: “A lista estructural é a dos pacientes que están esperando a ser operados e que nunca se lle ofertou a posibilidade ata o momento, e a non estructural é aquela na que o paciente ou por non parecerlle axeitada a data ou por padecer algunha patoloxía que impide a operación ten que agardar máis tempo. Aquí, debido a que a nosa poboación está moi envellecida e padecen outras patoloxías (pulmonares, cardíacas...) adoitan ter que agardar para operarse. Por iso todos os pacientes non poden formar parte dunha mesma lista”. Como se atopan os proxectos de construción dos centros de saúde do

Eloína Núñez, xerente da área sanitaria de Ourense./P. L. Couto, A Valenzá e O Vinteún)? E.N.: “O que non puido ir no último paquete de licitación foi o do Couto porque non estaban os terreo cedidos, pero trataremos que sexa adxudicado o antes posible. O do Vinteún e o da Valenzá xa están licitados”. E a construción dun novo edificio de hospitalización? E.N.: “Estamos interesados en que coa maior brevidade sexa licitado ese proxecto, co fin de que posteriormente poidamos ver a obra do edificio de hospitalización. Se se cumplen os prazos que temos previstos en setembro de 2013 veranse os cementos do edificio, pero se nós logramos acurtar tempos á hora de adxudicar os proxectos, podería comezar a verse a principios de ano”.

Que valoración realiza dos seus tres anos como xerente do CHUO? E.N.: “Nós tivemos un condicionante moi importante estando ao fronte do CHUO, que foi a crise económica. Non obstante, creo que fixemos máis que no período anterior sen haber crise. Conseguiuse a dignificación da atención psiquiátrica e conseguir que se faga o novo edificio de hospitalizacións. Agora o noso reto é adaptarse á telemedicina e afondar nas especialidades dos centros comarcais, xa que cunha poboación está moi envellecida precisamos que o paciente se vexa atendido o máis preto posible do seu domicilio, no seu centro de saúde. En canto aos profesionais, busco que se sintan respaldados e integrados nun equipo único que permita beneficiar ao paciente”.


Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

BARRIOS

Rúas de San Francisco estrean pavimento táctil 4 O Concello de Ourense humaniza as rúas Serra de Queixa, Monte Medo, Monte Seixo e Coto Novelle. Redacción O barrio de San Francisco está de estrea, logo das obras de humanización realizadas polo Concello de Ourense na zona comprendida entre a rúa da Granxa, Serra de Queixa, Monte

Seixo e Pena Trevinca. Cun orzamento de 901.334 euros con cargo aos orzamentos municipais, o Concello marcouse como obxetivo a reordenación do ámbito e a súa humanización para favorecer a accesibilidade dos peóns e

Autoridades locais xunto ao novo pavimento táctil./RAMSÉS,

a seguridade dos nenos nas zonas infantís e nos seus accesos no contorno do Parque da Zapatilla. Unha das novidades máis salientables da actuación é a incorporación por vez primeira en Ourense de pavimento táctil nas rúas Monte

Medo e Coto Novelle, para facilitar a circulación a para persoas con discapacidade visual, cumprindo así a normativa de accesibilide e seguridade. A actuación implicou unha mellora e humanización de todo o ámbito coa ampliación das beirarrúas, mantendo as prazas de aparcamento preexistentes, e coa dotación de novo mobiliario urbano, arborado e unha renovada zona infantil no curruncho da rúa Serra de Queixa con Pena Trevinca. A rúa Monte Medo convértese en peonil, e mantense a circulación no resto de viais (Serra de Queixa, Monte Seixo e Coto Novelle), coexistindo o tráfico peonil e o rodado. Nas zonas infantís melloráronse os accesos, ampliáronse os muros e reforzouse a seguridade. A mellora do abastecemento e saneamento e as novas luminarias en todo o perímetro, unido ao revestimento dos muros de acceso ó ferrocarril, completaron a actuación.

Desartellado un punto de tráfico de drogas na Cuña 4 Detidas tres persoas e intervidos máis de 50 gramos. Redacción A Policía Nacional detivo o 6 de febreiro tres persoas responsables, presuntamente, dun delito de tráfico de estupefacientes na cidade, tras ter coñecemento, a mediados de xaneiro a través de informacións de veciños da Cuña, dun posible punto negro de tráfico de drogas no barrio. As detencións producíronse nunha área de descanso en Pontevedra, a onde se desprazou no seu vehículo o presunto responsable xunto cun amigo. Os axentes detivéronos no momento en que unha terceira persoa, que tamén foi detida, se achegou ao coche e lles

entregou unha bolsa de plástico. Nese momento se lles intervén a referida bolsa de plástico, que contiña presuntamente heroína, cun peso aproximado de 50 gramos, así como unha cantidade de diñeiro que superaba os 2.000 euros. Tras rexistrar os seus domicilios, os axentes atoparon algúns efectos relacionados co tráfico de drogas. Os detidos son dous veciños de Ourense, de 38 anos e 50 anos de idade respectivamente, e un veciño da Pontevedra de 43. A todos cónstanlles detencións anteriores por diversos feitos, entre eles o tráfico de estupefacientes. Os tres pasaron a disposición xudicial, ingresando dous deles en prisión.


BARRIOS

Empeza a reforma da Praza da Ponte, mentres a de Ourense agarda por financiación 4 O Concello depende dunha subvención do Ministerio de Fomento para comezar a rehabilitar a Praza de Abastos de Ourense. Paula Lodeiro José Ángel Vázquez Barquero, edil de Comercio, Emprego e Termalismo, analizou o estado de execución de catro proxectos da súa área que recibiron ou agardan recibir subvencións do Goberno central. As Prazas de Abastos da Ponte, o contorno das Burgas e o Centro de Coñecemento 2012 na Molinera contan xa con financiamento estatal, mentres que a rehabilitación da Praza de Abastos de Ourense agarda por unha subvención do Ministerio de Fomento. Na primeira destas actuacións, a reforma da Praza de Abastos da Ponte, os praceiros xa foron recolocados na praza Manuel Luís Fernández, onde terán que atender os seus postos os próximos 22-24 meses, prazo estimado de duración das obras, que executa Tragsa. A intervención conta cun orzamento de 1,9 millóns de euros achegado por Fomento, cantidade que nun principio ía destinada ao mercado municipal de Ourense, pero “debido á situación urbanística”, o Concello houbo de negociar co Ministerio o cambio do destino da subvención. Busca de financiación En canto á Praza de Abastos principal de Ourense, o goberno municipal pode optar a unha subvención do

No mercado da Ponte xa se firmou a acta de replanteo e instalou un valado perimetral ao recinto. Na imaxe, o recinto provisional onde venderán os praceiros mentres duren as obras./M.REJO. 1% Cultural do Ministerio de Fomento, pero só para a rehabilitación do edificio histórico, cuxo custo estimado é de 5 millóns de euros. O concelleiro socialista confirmou que o pasado luns 20 se remitiu a Patrimonio a documentación precisa para que aprobe o proxecto de obra. Para o resto da financiación do que denomina “ambicioso” proxecto (estímase un investimento global de 13 millóns de euros) o concelleiro de Comercio explicou que se solicitou financiación a outras administración, entre elas a Xunta, das que agarda resposta, e que ademais baralla “recurrir á iniciativa privada”, a través de concursos públicos, tanto para a superficie de alimentación prevista como para o párking. Neste caso Vázquez Barquero non adiantou prazos,

“esta non é unha obra para mañá”, xa que se irá realizando “na medida en que se vaia conseguindo financiación”. “Se o Ministerio de Fomento se porta como a cidade demanda, o investimento privado aparece”, recalcou. Devolución de 900.000 euros non executados Con respecto ás obras que se desenvolven no contorno das Burgas, o Concello debrá devolver 900.000 euros dunha das dúas subvencións de dous millóns de euros recibidas do Ministerio de Cultura por non ter sido capaz de executar todo o proxecto. Vázquez Barquero xustificouno na “complexidade da actuación” prevista nas traseiras das Burgas, na “necesidade de expropiacións e escavacións arqueolóxicas” e na “anulación do PXOM”.

En canto á segunda subvención, foille concedida unha prórroga ata setembro de 2012 para a súa execución, que consiste, basicamente, na compra de inmobles na zona (cun custo de 1,1 millóns de euros). O Concello xa é propietario de vivendas no número 5 das Burgas, o 5 da rúa Vilar, e dos números 2 e 8 da rúa Baño, e neste último pretende adquirir tamén o baixo, así como algún outro edificio deste ámbito. O edil non quixo desvelar o destino destas edificacións, tan só confirmar que están “desenvolvendo proxectos” para elas. Nesta zona queda por completar unha rampa de acceso desde a rúa Baño para que o bulevar das traseiras das Burgas poda abrirse ao público, o que o edil agarda que aconteza antes deste verán. Centro de Coñecemento 2012 na Molinera Con respecto á ultima actuación, a prevista na antiga fábrica da Molinera, Vázquez Barquero pretende que as obras nos dous edificios que se convertirán no Centro de Coñecemento 2012 e que tiñan un prazo de execución de 12 meses, estean listas para a época estival. O concelleiro relatou que o seu departamento ten realizado visitas a dous centros similares doutros puntos de España para recoller ideas e “definir un proxecto funcional coherente e adaptado ás necesidades da nosa cidade”.

O Concello non descarta acudir á financiación privada para sufragar a actuación

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

Entra en vigor o Plan Especial das Burgas 4 O Concello empeza a desenvolver urbanisticamente a zona. Redacción O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, compareceu cos concelleiros de Termalismo, PERI e Urbanismo para debullar a “folla de ruta” da área de reparto das Burgas, cuxo Plan Especial entrou en vigor o 15 de febreiro. “Este goberno municipal vai iniciar xa ese mesmo día todo o procedemento de xestión desta zona a través dunha actuación transversal e coordinada coas concellerías”, apuntou Rodríguez, co obxectivo de “transformar o que herdamos como un gran problema para esta cidade e convertilo nunha gran oportunidade”. A primeira das actuacións que se iniciará será o o desenvolvemento da área de reparto das Burgas, polo sistema de cooperación, e a través da iniciativa pública municipal, qu é propietario do 53% do solo. O rexedor ourensán anunciou a contratación “nos próximos días” do estudo de detalle da zona como o primeiro

paso para o seu desenvolvemento, e que estaría listo en “seis, oito meses”. O plan que plantexa o goberno local para esa zona é o de apostar por “balnearios e usos hoteleiros”, sen descartar outros usos como o comercial. De maneira paralela, o Concello quere ir traballando no desenvolvemento conxunto da zona, “tanto da parcela pública como as privadas, o único que esperamos é a colaboración delas”, dixo Rodríguez, en referenza aos Baños de Outeiro e a Xardín das Burgas. “A nosa vontade é estar abertos a escoitar calquera plantexamento que sexa razoable”, insistiu o rexedor. O alcalde tamén fixo un anuncio para o antigo cárcere: “esta mesma semana (mediados de febreiro) imos encargar a redacción do prego de condicións económicas e administrativas para contratar mediante concurso aberto a concesión para a execución do proxecto que definamos na parcela pública da cadea así como a futura explotación do complexo”, dixo.

Fachada lateral da antiga cadea, que o Concello quere convertir en hotel-balneario./ARQUIVO.


Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

BARRIOS

Escolares do Mestre Vide irán ao cole en bus urbano

EN BREVE

4Couto Centro convoca eleccións O Centro Comercial Aberto Couto Centro convocou eleccións para designar a xunta directiva que dirixirá o CCA o próximos catro anos. As eleccións terán lugar o xoves 15 de marzo nos locais do CCA, onde os asociados poderán elixir á nova directiva ao longo de todo o día. Todos os socios con dereito a voto poden presentar candidatura, que debe estar composta por un mínimo de seis membros, se logran o aval de 25 asociados dos 129 de que dispón na actualidade Couto Centro.

4 Expropiación de terreos para o edificio xudicial Co obxectivo de axilizar a construción do futuro edificio xudicial, a Xunta de Goberno Local deu aprobación inicial á expropiación dos terreos que posibilitarán a construción do edificio, no barrio do Couto. O expediente será sometido a información pública un prazo mínimo dun mes, á vez que se notifica aos titulares dos bens e dereitos, que poderán formular alegacións no prazo dun mes dende a correspondente notificación. O anterior proxecto de expropiación fora anulado en sentenza dos xulgados de Ourense baseándose na anulación do PXOM.

4 Protestas contra unha antena en Monte Penamá Unhas 300 persoas manifestaronse contra a posta en funcionamento dunha antena de telefonía móbil na rúa Monte Penamá, no barrio de San Francisco. Percorreron as rúas da zona portando unha pancarta co lema “Pola saúde dos veciños. Antena non”. Desde o Concello informaron de que as antenas da cidade teñen autorización do Ministerio de Industria, e de que carecen de competencias para establecer maiores limitacións que a normativa estatal.

4 Nova liña de actuación do programa Camiño Escolar da Concellería de Educación. Redacción

As concelleiras Susana Bayo e Isabel Pérez explicaron as novidades no servizo de limpeza na zona antiga de Ourense./P.L.

O Concello retirará durante o día os colectores das prazas do casco histórico 4 O obxectivo é mellorar a estética destas zonas e facilitar a realización delas de actividades culturais e lúdicas. P. Lodeiro Desde o 27 de febreiro, os contedores do lixo desaparecerán durante o día de once prazas do casco histórico de Ourense. Trátase dunha medida posta en marcha polo Concello e a concesionaria Ecourense para mellorar a imaxe da zona antiga da cidade. Os contedores voltarán á rúa, para que os vecinos poidan depositar o seu lixo, en horario de 20 a 8 horas en outono e inverno e de 21 a 7 horas en verán. A medida afecta ao entorno das Burgas e ás prazas da Ferrería, Imprenta, Profesor Manuel Sueiro, Sal, Trinidade, Julio Prieto, do Anxo, San Marcial, Victoria e San Martiño.

De maneira paralela, substituíronse os colectores das rúas limítrofes a estas prazas: Baño, Villar, Manzaneda, San Francisco, Pizarro, García Mosquera, Doutor Marañón e Fonte do Rei. Todos estes colectores (un total de 25 de materia orgánica, 16 de envases e 4 para recoller vidro) son dun modelo diferente de menor impacto visual, dunha cor gris agás a tapa, cuxa cor indicará os residuos que deben depositarse nel. “Intégranse moito mellor na nosa paisaxe”, apuntaba a concelleira de Limpeza, Susana Bayo, quen deixou aberta a posibilidade estender esta iniciativa a outras zonas da cidade: “ímoslle dar tempo a este plan e ver

como funciona”, dixo. A medida ten como obxectivo revalorizar as prazas mediante a liberación de espazos para a hostelería e o comercio, beneficiando a actividade dun total de 45 establecemenos que verán ampliado o seu espazo e a súa viabilidade, mellorando a estética conxunta do contorno histórico e facilitando a realización de actividades lúdicas e culturais nestes espazos. “O casco histórico é o espazo común de todos, a imaxe da nosa cidade”, sinalaba a tenente de alcalde, Isabel Pérez, en relación á aplicación deste plan piloto. O custo deste plan piloto é de 30.500 euros.

O alumnado do colexio Mestre Vide menor de 12 anos poderá viaxar no bus urbano gratis para ir a clase. Co obxectivo de desconxestionar as zonas de entrada aos colexios, disminuír o uso do vehículo privado e incentivar o transporte público, a Concellería de Educación en colaboración coas concellerías de Voluntariado e de Mobilidade e a implicación da Empresa Municipal de Transportes Urbanos de Ourense puxo en marcha unha experiencia pioneira neste centro educativo. Así, máis de 60 escolares de Infantil e Primaria do Mestre Vide recibiron un carné que lles permitirá viaxar gratis en calquera das liñas de transporte urbán que os leve ata o seu centro escolar os días laborais, entre as 7 da mañá e ás 19 da tarde. O carnet terá vixencia ata o vindeiro 22 de xuño, data de remate do curso escolar, e será válido para o alumno e o seu acompañante. A Concellería de Educación elixiu o CEIP Mestre Vide como centro piloto ao constatar a través dunha enquisa a elevada cantidade de rapaces que acudían a este centro en vehículo privado dende a periferia. Ademais, no centro xa se completaran os ciclos for-

mativos en materia de mobilidade sostible e o centro e a ANPA mostraron o seu compromiso con mellorar a mobilidade dos nenos e reducir o número de vehículos particulares que os achegan á escola. A concelleira de Educación, Ana Garrido, dixo desta experiencia que se trata “dun modelo pioneiro en España que puxemos en marcha neste curso e esperamos poder ampliar no medio plazo, para poder dar cobertura a todos aqueles centros que participan no Programa Camiño Escolar e a todos os que así o soliciten”. O programa Camiño Escolar púxose en marcha en 2009 co obxectivode garantir a seguridade, a accesibilidade e a mobilidade infantil na cidade, promovendo os desprazamentos a pé, en bicicleta ou no transporte público ata os centros escolares. Na actualidade participan no Camiño Escolar ademais do Mestre Vide, os colexios do Couto e Santo Ángel, e se incorporarán neste curso académico os centros educativos Concepción Arenal e Irmáns Villar.

60 menores de 12 anos e acompañantes viaxarán gratis nos urbanos os días laborables


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012


Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

CIDADE

5º Pórtico do Paraíso 4 O festival de música clásica arrinca o venres 2 de marzo co concerto de Capilla Flamenca. Redacción

O vindeiro venres 2 de narzo arrinca a quinta edición do Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso, que finalizará o domingo día 11. O festival comeza, como xa é costume, na Catedral, co prestigiosísimo grupo belga Capilla Flamenca ofrecéndonos un orixinal e atractivo programa que segue a viaxe da polifonía franco-flamenca renacentista primeiro a España, como consecuencia do traslado da corte de Carlos V, e logo a México a través dos primeiros misioneiros chegados ao novo continente. No segundo concerto, o brillante violinista ourensán José Manuel Álvarez interpretará no Teatro Principal, xunto ao pianista Andreu Riera, un programa con catro sonatas que nos transportan a outros tantos períodos musicais de forma cronolóxica. Do veciño Portugal chégannos os magníficos intérpretes do terceiro concerto, o que se celebra en Santa Eufemia, a soprano Raquel Alâo e o organista Daniel Oliveira. A través da música do reinado de Joâo V, mergúllannos nunha época moi fecunda para as artes da man de autores portugueses e italianos dese período. De novo no Principal, recibimos a un dos grandes pianistas da súa xeración, o ruso Alexander Melnikov, cun programa de grandes

autores universais, entre eles os seus compatriotas Scriabin e Shostakóvich. E para rematar, unha formación especialmente querida no festival por ser a que o inaugurou na Catedral en febreiro do ano 2008, The Orlando Con-

Un dos grandes pianistas da súa xeración, o ruso Alexander Melnikov, estará en Ourense o 9 de marzo. sort. Cun recoñecemento mundial incuestionable, este exquisito cuarteto vocal preséntanos en Santiago das Caldas un insólito programa que combina músicas medievais con obras de autores vivos inspiradas nelas.

Encontros cos artistas e conferencias Como en pasadas edicións, no Conservatorio celebraranse encontros con algúns dos artistas, así como unha interesante conferencia aberta ao público sobre Franz Liszt, a cargo de Julián Carrillo. Hai uns meses a Universidade de Barcelona decidiu incluír ao festival ourensán na lista do nove festivais españois que formarán parte do Estudo Europeo de Festivais de Música. A selección fíxose entre os máis de corenta festivais membros de Festclásica (Asociación Española de Festivais de Música) e inclúe aos prestixiosos festivais de Granada, Cantonigrós, Santander, Úbeda, Valencia, Peralada, Aranxuez e Canarias. O feito de ser seleccionado para formar parte do devandito Estudo, que dará a coñecer a nosa cidade a nivel europeo cando se fagan públicos os datos dos distintos países participantes, vén confirmar a liña ascendente dun novo festival que en tan só catro edicións conseguiu o respaldo do público, o respecto da crítica e o recoñecemento dos profesionais do sector.

Cinco concertos, encontros cos artistas e conferencias conforman o programa

A adxudicataria da axuda a domicilio abre unha liña telefónica gratuíta 4 A nova adxudicataria ofrece máis de 40 melloras na prestación do servizo. Redacción No seu segundo mes á fronte do Servizo de Axuda a Domicilio do Concello de Ourense, Fomento de Servicios Socisanitarios, UTE, segue mellorando a calidade na prestación mediante a posta en marcha de diversos servizos adicionais que “facilitan a atención aos beneficiarios e o acceso da cidadanía en xeral á información sobre a axuda a domicilio”. Unha destas iniciativas, xa en funcionamento, consiste na posta a disposición dos cidadáns de Ourense dun teléfono gratuíto de información sobre o Servizo de Axuda a Domicilio. Chamando ao número 900 10 30 47, tanto os beneficiarios coma calquera veciño de Ourense recibirán unha atención personalizada para “resolución de dúbidas, atención de posibles

queixas e reclamacións así como a información e posta en contacto co persoal do Concello de Ourense para documentarse sobre os servizos desta área e os requisitos para a solicitude”. O centro de atención telefónica está ubicado nas oficinas da UTE, na rúa Concello. 40 melloras En total, Fomento de Servicios Sociosanitarios aporta máis de 40 melloras ao Servizo de Axuda a Domicilio, como a prestación de 300 horas anuais de limpezas extraordinarias de mantemento, tamén de xeito gratuíto. Os técnicos municipais responsables do servizo son os encargados de determinar os casos nos que deben realizarse esas limpezas, “en base á situación persoal e económica do beneficiario”. A empresa pon tamén a disposición do Concello unha partida orzamentaria

de 5.000 euros anuais para a adquisición ou préstamo de axudas técnicas complementarias ás establecidas no plego de cláusulas administrativas como “andadores, muletas, lavacabezas ou táboa de transferencias, entre outras”. Xa están en marcha outros servizos como podoloxía e perruquería a domicilio para os beneficiarios do servizo. 150 traballadores Actualmente, o Servizo de Axuda a Domicilio atende a preto de 800 persoas: 635 beneficiarios na modalidade de libre concorrencia e 137 en base á Lei da Dependencia. Neste servizo traballan 150 persoas, entre auxiliares e equipo de coordinación..

Informa do servizo no 900 10 30 47

Foto de familia dos traballadores do servizo de axuda a domicilio de Ourense.


ACTUALIDADE

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

Febreiro, mes de nomeamentos

4Temos novo subdelegado do Goberno (Roberto Castro), novo presidente da Deputación (Manuel Baltar) e novo bispo (Leonardo Lemos). P.L. Febreiro foi mes de cambios nas institucións ourensás: Roberto Castro chegou á Subdelegación do Goberno, en substitución de Camilo Ocampo; Manuel Baltar asumiu a presidencia da Deputación que durante 22 anos presidira o seu pai, José Luis Baltar; e finalmente Monseñor Leonardo Lemos foi nomeado bispo de Ourense, cargo que estaba vacante desde facía case dous anos. Para eles tres, febreiro foi mes tamén de visitas institucionais e toma de contacto coa realidade dos seus novos cargos, e a uns máis que a outros xa lles deu tempo a introducir modificacións. Nova cara na Subdelegación O que fora durante os dous últimos anos director xeral de Relacións Institucionais da Xunta, Roberto Castro García, foi nomeado o pasado 3 de febreiro subdelegado do Goberno en Ourense. Tras xurar o seu cargo sobre a Constitución, o novo subdelegado do Goberno afirmou afrontar esta nova etapa sen esquecer as súas raices, “veño do pobo e síntome do pobo”, e utilizando como máxima “o dereito ao respecto alleo é

De esquerda a dereita, Roberto Castro na toma de posesión como subdelegado do Goberno, Manuel Baltar no pleno no que foi nomeado presidente da Deputación e Monseñor Leonardo Lemos na cerimonia de ordenación e toma de posesión como bispo de Ourense. /R.T e P.L. a paz”. O mesmo apelido na Deputación Un apelido, Baltar, seguirá presidindo a Deputación de Ourense o que queda de lexislatura. Ao igual que o fixera dous anos antes á fronte do PP ourensán, o fillo (José Manuel) volveu substituir o pai (José Luis), ao ser elixido presidente da administración provincial co apoio dos 15 deputados populares. A diferenza do mandato de José Luis Baltar, que se caracterizou por un marca-

do ton presidencialista, Manuel Baltar decidiu introducir o traballo en grupo na dinámica diaria da Deputación. Así, a cada un dos 14 deputados do grupo de goberno foille asignada unha responsabilidade específica baixo a supervisión do presidente. Ademais, o novo presidente creou o Consello de Dirección, un consello de carácter técnico ao que asisten os responsables das unidades administrativas, e o Consello de Áreas, integrado polos responsables dos centros dependentes da Deputación Provincial.

Nestas primeiras semanas Baltar fillo tamén está a demostrar unha intensa actividade institucional, con xuntanzas cos líderes da oposición, sindicatos e patronal, ou mesmo cos afectados ourensáns do accidente do cruceiro Costa Concordia. Un bispo para Ourense Por último, Monseñor Leonardo Lemos Montanet converteuse o 11 de febreiro no novo bispo de Ourense, dous anos despois da marcha do seu predecesor no cargo, Luis Quinteiro.

A súa Ordenación Episcolpal e posterior toma de posesión celebrouse nunha abarrotada Catedral, na que se instalaron un mil cadeiras e dúas pantallas para que os fieis puidesen seguila de preto. Tratouse dunha solemne cerimonia de máis de dúas horas de duración, á que asistiron o nuncio do Papa en España, unha vintena de bispos e arcebispos, o clero da diócese e numerosas autoridades civís. Nas súas primeiras palabras como bispo, Monseñor Leonardo Lemos apuntou ao Seminario e as vocacións

como un dos obxectivos pastorais do seu pontificado, así como a necesidade de “intensificar a formación cristiá do noso pobo, de modo que exista certa coherencia entre o que se pensa e o que se vive”. Lemos Montanet ten dedicado as súas primeiras semanas en Ourense a visitar aos representantes institucionais da cidade: o delegado da Xunta, o subdelegado do Goberno o alcalde ou o presidente da Deputación, entre outros. Tamén enviou a súa primeira carta pastoral.


10

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

CIDADE

O PSOE de Barbadás propón crear unha taxa para os caixeiros

EN BREVE

4 Campaña Solidaria TheSingularKitchen Coincidindo co lanzamento de TSK Basics a empresa TheSingularKitchen convida a todos os que o desexen a colaborar nunha acción solidaria, “Pan para todos. Un básico moi solidario na túa cociña” co fin de recadar fondos para os máis desfavorecidos. Desde o día 29 de febreiro e durante dez días en todos os concesionarios de TheSingularKitchen, os veciños que o desexen poderán recoller de forma gratuíta o pan, a cambio dun donativo solidario. En Ourense o punto está na avenida de Zamora, 154, no establecemento Couto Cocinas. O recadado doarase a Cáritas “polo seu inmenso labor diario en beneficio dos máis desfavorecidos”.

4 “Segundos de Cine e Saúde”

A Concellería de Saúde manten aberto o prazo de inscrición do I Certame “Segundos de Cine e Saúde”, dirixida a rapaces de 12 a 16 anos que deben realizar curtametraxes de non máis de 60 segundos ao redor dun tema relacionado coa saúde. Para axudarlles na súa elaboración, a Concellería organiza un obradoiro os días 2 e 9 de marzo na Aula de Promoción da Saúde das Lagoas, dirixido a estudantes dos centros Santo Ángel e Zorelle. Os menores que queiran crear as súas curtas pola súa conta tamén o poden facer, enviándoas logo a sanidade.pvillar@ ourense.es.

4 Levará esta proposta ao pleno de marzo. Redacción

Entrada y detalle de estanterías de la tienda Equivalenza. PUBLIRREPORTAXE

Equivalenza, perfumería y cosmética de bajo coste 150 perfumes a partir de 5,90 euros Equivalenza es una marca blanca de perfume a granel que cuenta desde hace tres meses con un establecimiento franquiciado en Ourense, concretamente en la calle Vila Real, en O Couto. Equivalenza dispone de un amplio catálogo de fragancias, formado por unas cien referencias en perfumes de mujer y otras 50 en perfumes masculinos, equivalentes a las marcas favoritas del mercado. “No vendemos marca, vendemos aroma, y la diferencia es pagar tres veces menos”, explica uno de sus encargados, que resalta la calidad de estos perfumes. “La gente que ya los ha probado está contenta, son perfumes de calidad que duran el día entero”, añade. Fragancias cítricas, florales, orientales o amaderadas La forma de venta es también novedosa: las co-

Disponen de web para venta on line al mismo precio que en el establecimiento lonias se presentan a granel, en grandes vasijas, a partir de las cuales se pueden rellenar botes de 30, 50 o 125 ml. El precio de un bote oscila entre un euro el pequeño y 1,50 euros el de mayor tamaño, y el de una recarga, a partir de los 5,90 euros que cuestan los 30 ml. Además, en la tienda te ofrecen otros productos de cosmética y belleza, también a muy buen precio: cremas de manos, faciales y corporales, jabones naturales, champús, geles, sales de baño, velas aromáticas o

Estamos en:

esponjas. Venta on line También está disponible la venta on line a través de la web http://equivalenzaourense.tiendadirecta. org, que permite comprar en Internet al mismo precio que en tienda y con total seguridad. El pago se puede realizar con tarjeta, transferencia o Paypal y la entrega puede ser a domicilio o recogida en el establecimiento; en este último caso sin costes de envío.

C/Vila Real, 1, local 5 – O Couto Ourense - Tel. 988 253 543 Horarios: de lunes a viernes de 10 a 13:30 y de 16 a 20:30 h., sábados de 10 a 14 h.

“É chegado o momento de que os custos da crise tamén repercutan naqueles sectores que menos a sofren e que desempeñan a súa actividade no ámbito territorial de Barbadás”. Con esta argumentación o voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, reclama que se estableza unha taxa ás entidades bancarias por cada caixeiro automático que estea situado na fachada do edificio. Valcárcel asegura que “é de xustiza que entida-

des bancarias que utilizan a vía pública para desenvolver a súa actividade comercial deben pagar polo uso do dominio público. Do mesmo xeito que tributan outras empresas polo uso que fan deste dominio”. A proposta presentada polo Grupo Socialista no Concello de Barbadás para o seu debate no vindeiro pleno de marzo é contundente: que se estableza unha taxa de nova creación de 8 euros ó día para as entidades bancarias por cada caixeiro ubicado na vía pública.

O Concello alega ao estudo informativo do AVE a Lugo 4 Quere mellorar a integración urbana en Oira e Peliquín. Redacción O Concello de Ourense presentou alegacións ao Estudo Informativo do proxecto da liña ferroviaria de altas prestacións Ourense – Lugo. A proposta do Concello pretende mellorar as condicións de integración urbana da actuación, nomeadamente nos barrios de Oira e Peliquín. Así, solicítase que se garanta a accesibilidade e a integración da futura infraestrutura na ordenación urbana

circundante á rúa Castellá Ferrer, o polígono industrial dos Coiñás e O Peliquín. O que se pretende é concentrar as vías do corredor de Monforte e deixar fóra de servizo, o corredor actual que conecta cos Coiñás, proxectando un falso túnel no novo corredor de Lugo. Esta actuación permite ademáis a recomposición das relacións viarias e peonis nas rúas dos Canteiros e San Silvestre ao tempo que favorece a integración do instituto Xulio Prieto Nespereira e todo o seu contorno.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

11


12

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

CIDADE

Os centros comerciais apostan pola Mostra da Oportunidade

EN BREVE

4 Curso de autoestima para maiores

O centro de maiores de Novacaixagalicia organiza en marzo un curso de autoestima sobre “A importancia dunha xubilación con ilusión”. O optimismo como fonte de felicidade, técnicas e ejercicios para reducir a ansiedade, da inseguridade á confianza ou da motivación á ilusión son algúns dos temas que se tratarán. O curso realizarase os días 6, 13, 20 e 27 de marzo, de 17 a 18:30 horas. Hai prazas limitadas polo que é preciso anotarse no centro, situado no Paseo.

4 Pagos en pesetas, na Praza

A Praza de Abastos de Ourense combate a crise pondo en marcha a campaña “Aquí volve a peseta”. Ata o 30 de abril, máis de 20 postos do mercado municipal apúntanse a esta iniciativa, que permitirá aos seus clientes pagar as súas compras con esas pesetas esquecidas e non ter que gastar un euro.

4 Renovación das paradas de taxi

A Concellería de Transportes vén de renovar as cabinas telefónicas dun total de seis paradas de taxis da cidade, ás do Parque de San Lázaro, Xoan XXIII, Alameda, Vinteún, Xardín do Posío, e confluencia Ervedelo con Vilareal, completando a modernización de todas as paradas. A medida responde a un convenio asinado entre o Concello e a Asociación de Teletaxis.

4 Do 2 ao 4 de marzo, en Expourense. Redacción

Ana Isabel Doval y Marco Martínez, propietarios de Autana Café. publirreportaxe

Autana Café, tu nueva parada en la plaza Paz Novoa Pastelería, tartas artesanas y chocolate con churros son los fuertes de esta cafetería Ana Isabel Doval y Marco Martínez son los propietarios de Autana Café, un nuevo establecimiento que acaba de abrir sus puertas en la céntrica plaza Paz Novoa. En Autana Café lo más importante es la atención al cliente, que puede comenzar su visita al establecimiento a primera hora de la mañana para degustar uno de sus fuertes, el chocolate con churros. De hecho, de esta cafetería destaca su oferta en pastelería, con horneado diario en el propio local,

y elaboración de tartas artesanas y cupcakes (únicos en Ourense), ideales para acompañar un café o un té en una sabrosa merienda. A mediodía o a última hora de la tarde podemos continuar nuestra estancia en este local tomando una cañas o un vino en el interior o en la soleada terraza de que dispone, acompañado de unos ricos pinchos. El establecimiento está totalmente renovado, con-

tando con accesos y baños adaptados a minusválidos y con facilidades para los niños. Próximamente, Autana Café ofrecerá a sus clientes desayunos al más puro estilo venezolano, con arepas, huevos revueltos y quesos del país latinoamericano. Autana Café está abierto todos los días de 8:30 de la mañana a 11 de la noche.

Entre o venres 2 e o domingo 4 de marzo, Expourense acollerá a 19ª edición da Mostra da Oportunidade que ofrecerá os mellores prezos e vantaxes en milleiros de artigos convertendo ao recinto feiral de Expourense nun gran centro comercial onde os expositores liquidarán os seus stocks, coincidindo co final do periodo de rebaixas. Esta edición contará coa participación dos Centros Comerciais da provincia que viron nesta cita unha excelente ocasión para a liquidación dos seus stocks e para poñerlle o broche final ás rebaixas de inverno. Estarán presentes as asociacións de Ourense Centro, do Couto, a de Verín e o Centro Comercial Pontevella. Os establecementos asociados contarán cun espazo en feira para ofrecer os seus produtos (téxtil, decoración, alimentación, etc.) a

prezos vantaxosos para os milleiros de visitantes que agarda recibir a Mostra da Oportunidade. Expourense realizou ademais unha acción especial coa Asociación Ourensá do Moble e a Deocración (ACMO) para potenciar a presenza deste sector na Mostra e que as empresas poidan ofrecer os seus stocks nesta cita. O moble será, polo tanto, un dos produtos que ocupen a maior superficie en feira ofrecendo varios estilos para as distintas estancias do fogar. Destacará ademais a oferta en automoción. Para facer máis cómoda a visita, o salón conta cun amplo horario que vai dende as once da mañá ás nove da noite, contando ademais cun amplo aparcamento gratuíto A Mostra naceu hai xa 19 anos para ofrecerlle ao comercio minorista galego a oportunidade de liquidar os seus stocks, sendo a feira decana destas características en Galicia.

Estamos en: Plaza Paz Novoa, 2 - Tel. 988 10 55 01

Éxito de público en Xantar. A organización calcula que durante os cinco días que estivo aberto, o salón da gastronomía e o turismo recibiu máis de 20.000 visitas./R.T.


SOCIEDADE

Día Internacional das Mulleres 4 A celebración acolle proxeccións de cine, conferencias e a entrega do Premio Clara Campoamor. Redacción Ourense conmemorará o Día Internacional das Mulleres con diversas actividades, organizadas pola Concellería de Igualdade, que terán lugar ao longo de todo o mes de marzo, comezando o día 7 coa proxección da película “Nadel e Simin” no Cinebox. Xa o propio 8 de marzo terá lugar a habitual lectura de comunicados ás 12 da mañá no Concello e a entrega do VI Premio Clara Campoamor ás 20.30 horas no Liceo, que se lle entregará á xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller da Sudelegación do Goberno, Purificación Álvarez, recibirá o VI Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades, polo seu “meritorio traballo na atención ás mulleres que sofren violencia de xénero,

desde o ano 2007, e a súa contribución a crear unha sólida colaboración entre os profesionais implicados na materia”. Ese mesmo día, ás 23 horas, “The Teta´s Van” actuarán no Café Cultural Auriense. O venres 9 a rúa Paseo acollerá o espectáculo performance “Trasdelas”, a cargo de Solidariedade Internacional de Galicia. Xa o 12, celebrarase unha mesa redonda ás 20 horas no Liceo baixo o tema “Mulleres rompendo moldes”. Sitio e hora que compartirá tres días despois a conferencia “Mulleres e memoria histórica”, impartida pola catedrática de Socioloxía Julia Varela. Así mesmo, os días 13, 20 e 27 de marzo os centros cívicos da Ponte, A Cuña e Colón acolleráno ciclo de cine “As idades das Mulleres”.

Mónica Vázquez, concelleira de Igualdade./ARQUIVO. Pola súa banda, o 17 e 18 será o turno do obradoiro “Homes ante o espello”, e o 22 de marzo, da obra “Ai Carmela!”, d, que será representada no Teatro Principal ás 20.30 horas con entrada libre. O día 29, a conferencia “Mulleres en dirección”, a cargo da actriz e directora de cinema Marta Belaustegui pechará, ás 20.30 horas no Ateneo, o programa.

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

13

o anunciante do mes:

Construcciones Alfredo Rodríguez Redacción Que servizos presta Construcciones Alfredo Rodríguez? Roberto Rodríguez: “Todo tipo de reformas e construcción de vivendas unifamiliares, e venda de materiais de interiorismo, azulexos, sanitarios, mobles, etc.” Cantos anos ten a empresa? R.R.: “A empresa, familiar, leva 27 anos. Como vos afecta a crise económica? R.R.: “A crise nótase pero grazas a Deus temos traballo, polos anos que levamos, facemos os clientes polo boca a boca, o traballo déixase ben, somos formais, e iso é un reclamo. Notámola máis en vivenda nova, non tanto en reformas”. Por que elixistes anunciarvos en Ourense por Barrios?

Roberto Rodríguez, copropietario de Construcciones Alfredo Rodríguez. R.R.: “O comezo non o recordo (desde 2004), pero nalgúns casos a publicidade funcionou e por iso continuamos aí”.

Que vos gusta do periódico? R.R. : “Que dea información máis minuciosa das diversas zonas de Ourense”.


14

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

SOCIEDADE

O mellor ocio para os mozos, co “Ourense Xove” 4 Obradoiros de conversa, cata de viños galegos e coaching comunicativo son alguna das novidades da programación deste primeiro semestre de 2012. Paula Lodeiro A concelleira de Xuventude, Marta Arribas, presentou a programación deste primeiro semestre de 2012 do “Ourense Xove”, un conxunto de alternativas de ocio e actividades formativas para xente nova entre 15 e 35 anos, que foron elixidas por persoal da Concellería coa “vontade de ser unha ferramenta útil para o enriquecemento persoal”. As actividades estructúranse en varios bloques: no de Cociña, por exemplo, haberá un curso de repostería decorativa e outro de cata de viños galegos; no de Informática, ensinarase a crear un negocio en Internet en menos de 24 horas, e impartirase un curso básico web 2.0 e Smartphone; no de Cultura do Corpo, repiten os cursos de meditación, ioga e relaxación, e haberá outro de plantas: cosmé-

tica e saúde; no bloque de Comunicación, haberá un curso de linguaxe de signos e estréase un obradoiro de “Coaching comunicativo, potencia o teu talento social”. O bloque de Socorrismo e Salvamento Acuático inclúe cursos profesionais con títulos homologados de primeiros auxilios e socorrismo, impartidos poloa Cruz Vermella. Onde hai máis novidades é no apartado de idiomas, coa introdución de obradoiros de conversa (de inglés e italiano), e os cursos “Inglés para trotamundos” e “Alemán viaxeiro”. Para participar en todas as actividades hai que pagar unhas taxas (agás nos obradoiros de conversa) e en todo caso inscribirse. Ainformación sobre a oferta de cursos pódese consultar na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).

Campionato de Scaléxtric A Concellería de Xuventude organiza o II Campionato de Scaléxtric “Cidade de Ourense”, que se desenvolverá entre marzo e xuño en diferentes asociacións de vecinos da cidade: a de San Pío X (o 3 de marzo), a de Rabo de Galo (24 de marzo), na de Karlasca (7 de abril), no Centro Cívico da Ponte (28 de abril), na de Santa Teresita (12 de maio), e no Espazo Lusquiños da Mocidade (26 de maio), sempre en horario de 16 a 20 horas. Novamente, haberá dúas categorías: a infantil e a xuvenil, que desputarán unha gran final o 29 de xuño ás 18 horas na praza de San Martiño. As inscricións poden realizarase nas asociación veciñais ou na OMIX.

Presentación da programación do “Ourense Xove”. /P.l.

Espazo da mocidade Con respecto ao Espazo da Mocidade na avenida de Marín, a concelleira confirmou que as obras están rematadas pero que a súa apertura está pendente dos orzamentos municipais, dado que é preciso asignarlle persoal. Esta nova infraestrutura municipal, que abrirá nun horario amplo, “alguna hora nocturna e incluso en fin de semana”, precisa de “alguén de perfil técnico e persoal de atención do propio espazo”, concretou Arribas. O centro conta con dúas salas multiusos orientadas á formación audiovisual, unha sala de grabación e un espazo para as artes escénicas, co fin de que todas as actividades se poidan realizar ao mesmo tempo.

Continúa a campaña “Eu penso en ti” P.L.

A Concellería de Saúde leva ao centro comercial Ponte Vella, desde o 1 de marzo, á súa campaña de sensibilización para previr o consumo de alcohol en menores “Eu penso en ti”. A mostra está composta por cinco cubos con 20 paneis con mensaxes de sensibilización.Tamén en Ponte Vella, a Concellería desenvolverá un xogo de rol, “A invasión dos afiadores”, os días 9 e 10 de marzo; os participantes recibirán un cóctel sen alcohol. Esta é a continuación dunha campaña que no mes de novembro se centrou en sensibilizar ao sector hostaleiro sobre o consumo de bebidas alcohólicas en menores, con distribución de posavasos e vinilos, e talleres de formación, nos que a edil de Saúde, Marga Martín, recoñeceu pouca participación.


CIDADE

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

O PP denuncia “graves deficiencias” en vestiarios e baños do pavillón dos Remedios

Aurea Soto puntualiza a Rosendo Fernández Redacción

4 O concelleiro de Deportes defendeu que se fai un “mantemento constante” das instalacións, pero que no caso denunciado, “eses vestiarios están moi mal deseñados, sen ventilación”. Redacción Os concelleiros populares Rosendo Fernández e Bernardino González denuncian “graves deficiencias” nas instalacións do pavillón muincipal dos Remedios, recinto polo que pasan cada día ao redor de mil usuarios. Teitos desconchados, coa pintura caendo, conductos de ventilación sen reixa, zona próxima aos bancos con óxido, un espello e baldosas rotas, mal estado de azulexos e urinarios, en vestiarios e baños da zona anexa do pavillón, son al-

gúns dos desperfectos enumerados polos políticos do PP, que alertan do risco de asperxilose, micose e incluso feridas para os usuarios. Rosendo Fernández solicitou con urxencia unha intervención firme para subsanar estas deficiencias. “O que está claro –dixo Bernardino González- é que estamos ante un problema que non require unha gran inversión, simplemente a vontade de querer solucionalo. O que ocorre é que aquí só hai desidia e falta de ganas de poñer a disposición dos ourensáns unhas instalacións cun mínimo de dignidade”. O edil

do PP recorda que o pavillón ingresou o ano pasado polas cotas dos abonados 420.000 euros. Resposta do concelleiro de Deportes Preguntado por estas deficiencias, o edil de Deportes, Fernando Varela respostou que lle resultaba “curioso” que faga esta denuncia “quen estivo 12 anos gobernando, e tiña abandonadas estas instalacións”. Explicou Varela que os vestiarios do anexo aos que se refire a denuncia do PP “están moi mal deseñados, non teñen ventilación,

15

Estado do teito dun dos vestiarios do anexo do pavillón. non hai ventás, e enriba hai outras duchas, polo que todos os anos pintamos”, engadindo que a única forma de resolver este problema sería “ tiralos”. O concelleiro nacionalista recoñeceu un problema de vandalismo, anun-

ciando que o espello roto vaise cambiar en breve, e defendeu que operarios do Consello Municipal de Deportes realizan un “mantemento constante” das instalacións, así como controis anuais de legionella e aspergillus.

A concelleira socialista Aurea Soto quixo puntualizar as declaracións feitas polo voceiro do PP, Rosendo Fernández, no sentido de que o goberno municipal estaba retrasando a aprobación do novo PXOM ata 2015. Segundo Soto,”nunca nos comprometimos a facer un Plan Xeral de Ourense en catro anos, creo lembrar que nos comprometimos a rematar este mandato co plan xeral rematado, a intentalo”. Remarca a edil de Urbanismo que incluso este prazo de cinco anos para completar a nova normativa urbanística da capital ourensá sería “unha cousa bastante excepcional”, citando os exemplos dos plans xerais de Santiago (levou sete anos), ou Vigo (oito anos) e recordando que hai tramitacións ambientais que alongan os prazos.


16

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

ECONOMÍA E EMPREGO

Os ourensáns maniféstanse contra a reforma laboral e os recortes

4 Varios miles de persoas botáronse ás rúas en dúas manifestacións en apenas unha semana. Redacción Dúas manifestacións no prazo dunha semana mobilizaron a varios miles de ourensáns contra a reforma laboral e os recortes nas condicións laborais dos traballadores públicos. Unhas tres mil persoas manifestáronse o xoves 23 contra o anteproxecto de Lei de Medidas de Emprego Público que pretende aprobar este mes o Parlamento galego e que suporá recortes nas condicións laborais dos funcionarios. Estaban convocados polos sindicatos CCOO, UXT, CIG e CSIF. Outras catro mil acudiron o Domingo de Entroido á chamada de UXT e CCOO contra a reforma laboral aprobada recentemente polo Goberno central. Posibilidade dunha folga xeral En ambas manifestacións os asistentes clamaron pola celebración dunha folga xeral. Esa posibilidade xa a apuntara a secretaria xeral do sindicato comarcal de CCOO, Ana Barrios: “o domingo foi o pistoletazo de saída para unhas mobilizacións continuas e crecentes para probablemente chegar a unha folga xeral neste país”. Tanto ela como o secretario xeral de UXT Ourense, José Luis Fernández, foron moi críticos coa reforma laboral, que, para este último, “non vai crear emprego nin vai servir para a recuperación económica”

Foto de familia das asociadas de AME nas instalacións de Inditex en Arteixo.

Empresarias ourensás visitan Inditex

Os manifestantes ao seu paso pola rúa do Paseo./PAULA LODEIRO e, pola contra, traerá “despido barato e fácil e baixada de salarios”. Na mesma idea insiste Ana Barrios: “ten cousas terribles, como que o empresario unilateralmente pode modificar as condicións de traballo”, “quita a tutela administrativa nos EREs” e “abre a porta a privatizar os servizos públicos”. Pola súa banda, José Luis Fernández agarda que o decreto de reforma laboral aprobado polo Goberno do PP se modifique por vía parlamentaria, xa que, de non ser así, augura que será “a mecha que prenda unha confrontación máis grande”. Moi similar é a postura do grupo socialista ante esta reforma laboral. A deputada Laura Seara califícaa de “devastadora”, xa que se trata de medidas “que abaratan o despido, pero non a contratación”.

Pola súa banda, para o secretario xeral da CIG en Ourense, Etelvino Blanco, a reforma “é unha volta ao escravismo laboral”. Por iso a CIG tamén vai iniciar unha campaña de mobilizacións que con total probabilidade desenvocarán tamén nunha folga xeral a finais de marzo, para a que aínda non hai data concreta porque a central sindical nacionalista agarda contar co apoio doutras organizacións sindicais. Máis mobilizacións A seguinte cita no calendario de mobilizacións será o mércores 29 de febreiro, cunha marcha convocada en toda a Unión Europea.

A seguinte manifestación, común en toda a UE, terá lugar o 29 de febreiro

Catro despidos por día laborable Segundo vén de informar a CIG, en 2011 na provincia de Ourense un total de 822 traballadores (80 máis que en 2010) foron despedidos de maneira individual, os cales xunto aos que se viron afectados por EREs (85) ou os que foron despedidos pola vía xudicial ofrecen unha estatística de catro despedimentos ao día (laborable) durante o ano pasado. Pero resulta especialmente preocupante a alta porcentaxe de afectados con idades comprendidas entre os 30 e os 50 anos e con antigüidades laborais altas. De feito, os despedimentos de persoal con máis de 5 anos de antigüidade na empresa foron un 43% do total (356).

Unha vintena de empresarias integradas na Asociación de Empresarias e Profesionais da Provincia de Ourense (AME) visitaron este mes as instalacións da empresa Inditex na localidade coruñesa de Arteixo. Con esta iniciativa AME dá continuidade ao seu programa de Benchmarking empresarial, iniciado no ano 2010 cunha viaxe á Toscana italiana para coñecer in situ o Proxecto Fábrica Ethica. O benchmarking consiste en tomar como referenza a aquelas organizacións que evidencien as mellores prácticas no ámbito de interese, co obxectivo de transferir o seu coñecemento e aplicación. De seguro que as empresarias ourensás tomaron boa nota da súa visita á multinacional galega (propietaria, entre outras marcas, de Zara) para mellorar a xestión empresarial dos seus propios negocios.

“Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos” conmemoran o 8 de marzo Redacción

Un ano máis o colectivo feminista “Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos” sairá á rúa para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. As súas actividades comezan o 28 de febreiro, ás 20 horas, cunha mesa redonda no Museo Municipal sobre “As mulleres e os recortes sociais”. O xoves 1 de marzo, tamén ás 20 horas, Sem Um Cam (na rúa Vilar) será o escenario da charla “Os movementos de mulleres: a semente da soberanía

alimentaria”. E o día 8 terá lugar ás 19 horas na rúa do Paseo o acto “Visibilizando a nosa loita, compartindo os nosos desexos”. Como afecta a crise O movemento feminista considera que coa crise económica “se están a acentuar a desigualdade entre homes e mulleres nos distintos ámbitos”. “Asistimos tamén á perda de dereitos laborais que afecta de xeito acusado ás mulleres (apenas o 5% chega á idade de xubilación con 35 anos cotizados), así como o aumento do desemprego (19,09% no 2011), e a unha perda de recursos das familias acusada polos recortes en servizos sociais que afecta especialmente ás féminas”, apuntan desde este colectivo.


PUBLIRREPORTAXE

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

17

O PP de Ourense alerta de que o novo PXOM retrasarase, como mínimo, dous anos máis Pese a que a de Urbanismo é unha área primordial para o desenvolvemento da nosa cidade, o Bipartito segue sen convocar xuntas de área de Urbanismo, co fin de non rendir contas ante a oposición da súa nefasta xestión. De feito, o PPOU subliñou que este Bipartito inoperante e vendedor de fume acadou, polo de agora, retrasar a consecución dun novo PXOM en alomenos dous anos. Con data de 16 de decembro de 2008, o Concello e a Xunta (daquela ambos bipartitos) asinaron un convenio de colaboración e cooperación técnica e económica para a redacción da Revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O importe máximo total de cincocentos vinte e dous mil euros (522.000 euros), correspondente ao 50% do custo dos traballos de redacción do PXOM, distribuidos en catro anualidades (2009-2013). Na primeira anualidade, a de 2009, o Concello remitiu á Xunta en tempo e forma a documentación xustificativa do cumprimento desta primeira fase e a Xunta estimou procedente o libramento, en favor do Concello, do importe de 52.000

euros. Na segunda anualidade, a de 2010, o Concello agardou para solicitar o aboamento da segunda fase (consistente en estregar a xustificación dos traballos realizados) ata o 4 de novembro de 2011, xa cun ano de retraso. Dende a Xunta confirmaron ao Grupo Municipal do PPOU que en aplicación do disposto na Orde de 29 de setembro pola que se regulan as operación de cerramento do exercicio de 2011, o aboamento non se puido facer efectivo, quedando prevista a súa imputación para o exercicio orzamentario do 2012. A Xunta acredita, mediante un informe que solicitou este Grupo Municipal, que durante os exercicios de 2010 e 2011 non se efectuou ningún pagamento correspondentes ao convenio, xa que por parte do Concello non se acreditou o cumprimento de fases que desen lugar a algún aboamento parcial. Formalización dunha addenda Isto implica que para facer fronte ao aboamento das fases 2 e 3, 287.100 euros que o Concello non

percibiu por deixadez de función e falta de xestión do Sr. Alcalde e a Concelleira delegada, precísase da formalización dunha addenda ao convenio vixente. Neste eido, segundo recalcou Rosendo Fernández tras obter a confirmación dende a Xunta, nunca dende o Concello, este trámite se cumplimentou a finais de 2011, concretamente o 22 de decembro. “E se se fixo foi precisamente pola presión que estivemos exercendo nas xuntas de área (cando as había), alertando da máis que posible perda desta importante subvención autonómica”, manifestou o portavoz popular. En consecuencia, Rosendo Fernández relatou que “o novo PXOM, que segundo o convenio asinado en 2008, tería que estar finalizado e aprobado en 2013, o ano que vén, terá que agardar alomenos dous anos máis. E isto é, simple e llanamente, pola deixadez de funcións do sr. Alcalde e a súa Concelleira delegada”. O portavoz dos populares sinalou tamén que “o Bipartito volveu amosar a súa teima de facer as cousas tan mal que pon en serio risco a perda de subvencións.

Rosendo Fernández compareceu en rolda de prensa para alertar do retraso na redacción do PXOM.

“O novo PXOM, que segundo o convenio asinado en 2008, tería que estar finalizado e aprobado en 2013, o ano que vén, terá que agardar alomenos dous anos máis”, explicou Rosendo Fernández Neste caso, grazas ao apoio e lealtade da Xunta de Galicia, non será así, xa que está prevista a dotación orzamentaria. Pero esto non exime ao Bipartito da responsabilidade que ten como consecuencia da súa inoperancia, retrasando ata 2015 como mínimo, a obtención dun novo PXOM”. Por último, Rosendo Fer-

nández lembrou que “non nos explicamos como un Concello que presume de ter collido as rendas do Urbanismo con firmeza e, sobre todo, con gran despregue de medios humanos e económicos (lembramos a multitude de asistencias técnicas contratadas para este fin, con reparos do interventor que foron finalmente

levantados por decreto do señor alcalde) así como un Plan de Emprego específico e exclusivo desta área, cun custe estimado de máis de dous millóns de euros en seis anos, aprobado en xunta de goberno o pasado 4 de agosto), é incapaz de cumprir os trámites e prazos administrativos en tempo e forma, que é o mínimo que se lle esixe para acceder ás axudas que o mesmo Bipartito ten solicitado”. Por outra banda, e xa para concluir, a concelleira Mónica Mourelo lembrou que a falta de xuntas de área de Urbanismo está agredindo de xeito serio ao dereito á información que ampara aos concelleiros do principal grupo da oposición, menoscabando e lastrando o seu labor de fiscalización do goberno municipal. Asemade, lembraron que, curiosamente, só se anulan xuntas de área nas que a súa Presidencia é un concelleiro con adicación exclusiva e que, polo tanto non cobra as asistencias ás mesmas. Si se manteñen a raxatabla, por poñer un exemplo, as de Economía e Facenda, onde o seu presidente, Agustín Fernández, non ten dedicación exclusiva no Concello e si cobra por asistencias.

ENTREVISTA Á CONCELLEIRA MONICA MOURELO PÉREZ

“Co Bipartito, a opacidade e a absoluta falta de transparencia é a tónica dominante” -Vostede afirmou que o Bipartito está vulnerando o dereito á información que ampara aos concelleiros da oposición. En que basea a súa información? -Dende que comezou o presente mandato, levamos asistindo a un xeito de gobernar no que a opacidade e a absoluta falta de transparencia é a tónica dominante. O noso labor, como grupo maioritario deste Concello é o de fiscalizar e exercer un seguimento a todas as accións de goberno municipal, pero este labor está sendo torpedeado sistemáticamente polo Bipartito.

-A que se refire exactamente? -Aparte de non convocar semanalmente determinadas xuntas de área claves para o desenvolvemento da cidade, como é o caso da de Urbanismo, procuran obstaculizar o acceso á información que solicitan os concelleiros da oposición. Din que se ciñen ao reglamento e utilizan un prazo de 40 días para dar acceso a expedientes, retrasando así o noso labor de fiscalización e o noso traballo. -Vostede está estudando precisamente o reglamento para achegar cambios

no documento. Irán nese sentido? -Por suposto. Dende o Bipartito parece que só lles interesa limitar os tempos de intervención nos plenos, seguramente porque non lles gusta que un grupo da oposición sólido e solvente lles diga as verdades no Salón de Plenos. Podemos entender que a duración destas sesións sexa regulada, pero dende logo hai cuestións moito máis importantes. Por iso mesmo solicitaremos que se incorporen cambios para mellorar o acceso á información dos concelleiros da oposición, xa que os

do PPOU representamos a maioría dos votantes desta cidade, como grupo máis votado que somos. Queremos, en definitiva, maior axilidade e transparencia. -Pensa que o Bipartito aceptará as propostas de cambio do PPOU? -Tería unha oportunidade inmellorable para amosar talante democrático e sentido común. Non deberían esquecerse que os gobernos non son eternos, e cada catro anos os votantes renovan aos seus dirixentes. PSOE e BNG deberían pensar que non gobernarán eternamente e que, estando na oposi-

Mónica Mourelo. ción, quererían facilidades para poder desempeñar o seu labor e, sobre todo, po-

der ter acceso á información coa que poder fiscalizar a acción de goberno.


18

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

DEPORTES

CD Ourense vence ao Cerceda e colócase líder 4 Os de Luisito gañan 0-3 con goles de Noguerol e Eder por partida dobre. R. Torres Enfróntabanse Cerceda contra Ourense, primeiro contra segundo no partido máis atractivo da xornada 27. No primeiro tempo, o respecto hacia o rival fixo que o dominio estivera repartido con ocasións para os dous conxuntos, sen deixar moitos espazos na zona de creación. Na segunda metade todo mudou. O Ourense quitouse a presión, despois dunha primeira ocasión local, e erixiuse como o equipo máis forte no campo do Roxo. O coiro circulaba con fluidez nas botas dos “rojillos”, ata que Noguerol subiu o un cero ao marcador no minuto oito deste segundo tempo.

A hora de Eder Tras varios remates sen fortuna dos visitantes, Eder poría o dous a cero ao rematar na área pequena. O tres a cero o anotaría novamente o vasco que con estes dous goles pon fin a unha sequía goleadora de 11 xornadas sen marcar. Golaverage Esta vitoria contundente

trae consigo o golaverage favorable para o Ourense, polo que en caso de empate a puntos serían os ourensáns os que acabarían por enriba. O Ourense é primeiro con 57 puntos, mentras que o Cerceda é segundo con 55. A quinta praza, a primeira que non xogaría a promoción de ascenso, a deixan os de Luisito a 10 puntos.

Partido de CD Ourense disputado no Couto. /RAMSÉS

Cuarta vitoria consecutiva do COB 4 Non perden un partido con Rafa Sanz no banco. R. Torres

Partido de Cidade As Burgas contra o Rubí. /RAMSÉS

Ponte e Cidade gañan Redacción

Tanto Ponte Ourense como Cidade As Burgas venceron nunha nova xornada da Primeira Divisón de fútbol sala. O Cidade desfíxose nos Remedios do Rubí (5-2) o que afasta ás de Codeso a nove puntos do descenso. O Ponte Ourense venceu en terras mañas por 2-5 ao Zaragoza. Esta vitoria xunto coa derrota do Móstoles fai que as de Vivián sexan xa segundas a catro puntos do líder, Futsi.

Cuarta vitoria consecutiva do COB desde que Rafa Sanz tomou o mando do equipo. A última, contra o Tenerife, tirando de heroíca. Nos dez primeiros minutos o COB ía perdendo por un contundente 30-6, pero no seguinte cuarto os ourensáns deron un recital cun parcial de 14-30 deixando a desventaxa ao descanso en oito puntos. A segunda metade e co partido a tiro destacou a figura da nova incorporación cobista, Alberto Miguel. O cántabro mantivo ao equipo no partido e grazas ao seu acerto adiantaríanse no marcador no terceiro cuarto. Os últimos dez minutos comezaron cos vistantes por diante do marcador. Un intercambio de canastras facías que se alternaran as diferenzas a favor duns e doutros. Faltando poucos minutos os

de Rafa Sanz tomaría ventaxa e xa non a perdería. Ao final 80-85 e cuarta vitoria consecutiva do Club Ourense Baloncesto, con Alberto Miguel como mellor xogador no día do seu debút. Xornada de descanso Ao COB tócalle na próxima xornada descansar, polo que non regresará á competición ata o 10 de marzo cando visite ao Prat Joventut.

Koffi lanzando a cantastra no Paco Paz. /RAMSÉS


PUBLIRREPORTAXE

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

19

A Dirección Xeral de Rehabilitación Urbana prevé realizar este ano 110 de actuacións de rehabilitación Nas tres Áreas de Rehabilitación Integral que hai no concello: a do casco histórico, a de Seixalbo e a da Carballeira, As Camelias e O Polvorín O director xeral de Rehabilitación Urbana, Xosé Carballido, fai balance dos seus primeiros cen días á fronte desta área, que se encarga de xestionar, entre outros asuntos, as tres ARIs (Áreas de Rehabilitación Integral) que hai no municipio, nas que hai previsto realizar este ano un total de 110 actuacións de rehabilitación. Desta cifra, destacan as 75 intervencións que se prevé se executen na ARI da Carballeira, Camelias e Polvorín, no seu primeiro ano de funcionamento. Delas, 20 foron solicitadas por particulares e outras 55 por comunidades de veciños, e todas elas suporán un investimento global de 592.820 euros de fondos públicos e privados. Os propietarios poderán beneficiarse de axudas de ao redor do 30% do custo total da obra. As actuacións de rehabilitación consistirán na mellora do illamento térmico e acústico de tellados e fachadas; na substitución de caldeiras e sistemas de calefacción por outros máis eficientes; na renovación de cociñas e baños e das instalación de fontanería e electricidade; na instalación de ascensores e supresión de

barreiras arquitectónicas, e na urbanización de espazos públicos e dotación de mobiliario urbano. Destas actuacións, na Carballeira, As Camelias e O Polvorín as solicitudes máis numerosas son para “substitución de cubertas e illamento de fachadas e cambio de fiestras”, no caso de obras integrais en edificios, e nas de particulares, “a substitución de baños e cociñas, tuberías de auga e fiestras”; en Seixalbo, as rehabilitacións integrais e no casco histórico, o 90% son tramitacións de tipo individual, detallou o director xeral de Rehabilitación Urbana, Xosé Carballido. O político nacionalista defendeu a importancia da rehabilitación nun momento como actual, tanto para “mellorar a calidade de vida da xente” como para permitir que “o tecido económico ligado á construcción se poda ver aliviado”. Agarda que as primeiras vivendas rehabilitadas no Polvorín, A Carballeira e As Camelias ao longo deste ano sirvan de exemplo ao resto de propietarios, “queremos animar á xente a que aproveite estas oportunidades, que se informe”, dixo.

Período 2012-2014 Para as tres anualidades nas que están vixentes as axudas de rehabilitación aos ARIs–que cofinancian a Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento- a Dirección Xeral de Rehabilitación Urbana prevé rehabilitar un total 307 vivendas ou edificios. Novos ARIs De cara ao futuro, este departamento municipal quere que se aprobe unha nova ARI nos barrios dos Rosais, Inmaculada e parte alta de San Francisco (Serra San Mamede, Serra Martiñá…) e posteriormente outras nos núcleos rurais de Ourense. Segundo o director xeral, a documentación para a ARI dos Rosais está elaborada, só queda que o Goberno galego complete a súa parte para solicitar financiación do Goberno central. PERIs Por outra banda, Carballido tamén fixo balance dos distintos Plans Especiais de Reforma Interior (PERI) nos que está a traballar o seu departamento. No caso do PERI da cidade histórica están a revisar

O nacionalista Xosé Carballido, director xeral de Rehabilitación Urbana.

A Dirección Xeral de Rehabilitación Urbana quere aprobar un novo ARI nos barrios dos Rosais, Inmaculada e parte alta de San Francisco a normativa, que permita unha actualización da mesma coa pretensión que poida ser incorporada ao novo Plan Xeral de Ordenación Municipal que está en fase de redacción. A pretensión básica é que as esixencias de protección e conservación inherentes a unha zona tan sensible da cidade sexan compatibles cunha revitalización da zona, que sexa atractiva para vivir e para as actividades económicas ligadas a estes espazos.

No caso do núcleo etnográfico de Seixalbo, por parte dos técnicos da Oficina do PERI estáse a redactar unha normativa totalmente nova e actualizada, que susbtituirá completamente ao documento anterior. O perfecto coñecemento por parte dos nosos técnicos da realidade social, económica e arquitectónica deste enclave, así como unha constante interlocución cos veciños, vai permitir un novo Plan Especial que esperamos

aprobar en breve, e adaptado á realidade actual. Con respecto ao PERI das Burgas, que entrou en vigor o 15 de febreiro, pola súa singularidade, estase a actuar de xeito transversal entre as concellarías de Urbanismo, Termalismo, Vivenda e a propia Dirección Xeral, para o que se manteñen reunións periódicas, coa finalidade última de converter esta zona como elemento dinamizador de todo o centro urbano.

O Concello impulsa a creación dunha empresa pública municipal O Concello de Ourense vén de anunciar a creación dunha empresa pública municipal, unha aposta pola dinamización económica auspiciada, entre outras, pola Concellería de Vivenda que dirixe o nacionalista Fernando Varela. Desde o goberno local entenden que “dada a situación actual de críse económica e freno prácticamente total do sector da construcción e a conseguínte destrucción de emprego, as administracións públicas temos a obriga de articular

mecanismos que sirvan de estímulo á dinamización socioeconómica do noso Concello”. Recordan desde o departamento municipal de Vivenda que “sempre foi vontade do nacionalismo o facilitar o acceso á vivendas dignas para a cidadanía, especialmente para aqueles segmentos da poboación máis desfavorecidos, como son a mocidade, familias monoparentais e mesmo o tan preocupante número de persoas en risco de exclusión social”.

Construción de vivenda pública Neste senso, e sabedores do importante esforzo que dende o Concello están a facer en materia de Rehabilitación Urbana, quérese dar un paso máis no camiño de tentar a construción de vivenda pública que facilita o acceso ás persoas con menos recursos. Por esta razón, Fernando Varela considera que é “o momento de dar o paso transcendental da creación dunha Empresa Pública, con capital 100 % público”.

Entre outras funcións, encargarase das xestións necesarias para levar adiante esta posibilidade de creación de vivenda pública. Por outro lado, tal e como se define na providencia que establece as bases para a creación desta empresa, permitirá a medio e longo prazo a recuperación por parte do Concello da prestación de determinados servizos propios que ben, en réxime de concesión, ou noutros formatos, foron externalizados no seu día polos sucesivos gobernos municipais.

Fernando Varela, concelleiro de Vivenda, departamento que impulsa a creación dunha empresa pública municipal.


20

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

PUBLICIDADE


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

21


22

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

ARTIGOS / CLASIFICADOS

4HISTORIA DE PONTE CANEDO

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

As festas As festas patronais de Santiago en A Ponte eran e son as festas patronais do noso concello antes e despois da fusión de 1943 con Ourense. Estamos a comezos de marzo de 2012, volveremos os pontinos a correr o risco de non celebralas como ocurriu no 2011 polo problema da crise e por outras causas non tan claras. A marxe dereita do río Miño, Ponte Canedo, ten na actualidade 35.000 habitantes por 75.000 habitantes da marxe esquerda do Miño, Ourense, é dicir, somos un tercio da poboación total da cidade, esta mesma proporción habíaa en 1943. Ourense tiña 29.000 habitantes e Ponte Canedo 9.600 habitantes. As Festas do Apóstolo teñen catro partes que configuran a súa celebración todos os

25 de xullo de cada ano, as suas persoas, a parroquia, o Concello e a Sociedade Artística A Troya. Dende este xornal fago unha chamada a estas catro partes para unha reunión na casa parroquial a celebrar antes de finais de marzo para intercambiar pareceres. Ourense e Ponte Canedo fusionáronse tendo Ourense como festas patronais “O Corpus” e Ponte Canedo o Santiago Apóstolo. Cando eu era neno o Concello pedía para facer as súas festas do Corpus polos comercios da cidade e tamén na Ponte. Os promotores das festas do Apóstol da Ponte facían o mesmo e seguen facendo, pedir por todos os comercios da Ponte e polos de Ourense. Teño que suliñar que as xentes e os comercios da cidade sempre colaboran ex-

plendidamente coas festas de A Ponte. Teño que dicir que o Corpus sempre estivo respaldado polo Concello. A Ponte recibía algo do Concello e o resto a subir e baixar escaleiras a pedir os veciños. Dende que veu a democracia o Corpus faise con cargo ás arcas municipais. Creo sinceramente que as festas do Apóstolo na Ponte son tan patronais coma as do Corpus en Ourense. Posto que na lenda que reza na fusión “Ourense e Ponte Canedo fusionáronse para ser máis fortes e camiñar xuntos como irmáns”, non pode haber un irmán que o reciba todo e outro só un caramelo. Pepe da Guardesa

O Bar da señora Cármen “A Guardesa” a finais dos 40

Nesta foto están catro veciños de A Ponte e na barra o fillo máis novo de señora Cármen, Pepe. O café que está tomando o señor era de pucheiro, chamado tamén de pota, que se facía e se colaba. A miña nai mantivo a tradición do café de pucheiro ata 1974. Non sei que será pero gustaríame quedarme estacionado naqueles anos, que felicidad, o vivir aqueles tempos de penurias, moito traballo nun local que de estreito que era entrabas e xa estabas na barra, coa túa radio Telefunken de baquelita, o alento da miña nai que con só mirarme xa mo dicía todo. Crecín entre xente, vasos, copas, botellas, cuncas para servir o viño, indo a buscar viño aos pobos en carros de bois do señor Domingos de Bobadela, chamado cariñosamente “O Negro” e despois o seu cuñado o señor Torres, máis adiante cos irmáns Roales en carro de cabalos o señor Manolo “O Canela” xa en camión. En fin, agora xa xubilado con 78 anos resístome interiormente en aceptar o destino da vida, traballo, familia, xubilación, pasar de todo, poñerme cómodo , acostarme e erguerme, preocupa-

cións fóra, comprendo que o equivocado son eu, non o mundo, nin o entorno no que vivo. Tiven varios negocios, moitos problemas, algunhas satisfaccións pero concluíndo, a actividade foi a guía que me marcou a miña nai. Xubileime aos 74 anos extenuado de traba-

llar, vendo que non sei o que Deus me deixara estar, onde a miña vida transcurriu dende a miña nenez, excepto o ano e medio escaso de mili en Burgos. Tomei unha decisión en harmonía cos meus dous fillos, José Antonio e Cármen, prepararlle axeitademente o bar que o foi todo para min e para a miña nai, a súa avoa, para que eles proben este mundo da hostelería, que ao mesmo tempo posúe a carreira do mostrador, útil e necesaria para enriquecer ao ser humano, sendo ao mesmo tempo unha forma de sentirse desenvolvido interiormente e ser, no máis posible, útil a sociedade.

[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en info@ourenseporbarrios.com. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

PISOS

VENDAS

TRABALLO

Traspaso Lavado e engrase en Ourense en funcionamento, prezo negociable. Tel. 988 21 01 96 Véndese local comercial de 100 m2 e bodega de 80 m2. Zona praza do Ferro. Tlfs. 988 21 31 00 - 650809739. Alugo piso na rúa Ribeiriño con vistas ao río. Tlf. 988 21 36 21 - 670 45 70 77. Vendo piso en r/Bonhome, 85 m2, salón-comedor, 2 dormitorios, baño e cociña amoblados, lavadeiro, 2 galerías pechadas, 1º exterior con ascensor, reformado ano 2000. Non axencias. Te. 600 747 198. Véndese piso en Vigo (praia América), tel. 636 422 497 Vendo apartamento na zona do 21, 2 dormitorios, salón, cociña, baño, garaxe, buhardilla. Prezo: 96.000 euros. Tel: 675 521 179 Vendo piso av. Santiago, 87 m2, 3 habitacións, 2 baños, parquet, semiamoblado, cociña equipada, garaxe e trasteiro, ascensor. Tel. 698 126 696 Vendo finca en Amoeiro de 1.600 m2 solar, bo prezo. Tel. 610 54 48 54 Alúgase piso en Vigo (r/Zamora) 3 habitacións, tel. 639 81 62 09. En Gustei véndense 2 fincas: unha de 500 m2 a 40 m de Gustei e outra a zona chamada Bouzo de 1200 m2. Tel 627 608 758 Véndese finca en zona BarxasCudeiro a 3 km de Ourense, en terreo edificable. 1.800 m2 e excelentes vistas. Tlf: 627 608 758. Alúgase piso na avda. de Santiago (xunto Mercadona), amoblado, calefacción, ascensor, 398 euros + 72 euros comunidade. Tel. 620 54 75 85. Vendo casa con finca na estrada de santiago, bo prezo. Tel. 637 00 59 10. Alugo piso no Couto, 4 habitacións, cociña, salón amoblado, terraza, novo, 400 euros/mes máis 40 euros comunidade.Tel. 606 569 228. Alúgase apartamento novo no Couto, amoblado, exterior, con garaxe pechado e trasteiro. Tel 637 00 59 10. Alugo local económico xunto parada de autobús. 988244790 Alugo oficina amoblada de 20 metros cadrados, con 2 postos de traballo. Prezo a convir. Teléfono 627203131. Vendo piso en Vigo. tel.636 422 497

Mércanse mobles ou electrodomésticos de 2º man e cómpranse obxectos antigos. Tel. 988 21 22 24 Vendo impresora Epson c/86 por 15 euros. Regalo dous cartuchos de cor. Tel: 671 074 108. Vendo todo o equipo para recén nado: cuna, silla, etc. bo prezo. Tel. 638 84 27 95 Vendo mobles de perruquería e lavacabezas. Bo prezo. tel. 678 57 84 02. Véndese quad Yamaha 660 ATV, bo estado, prezo a convir. Tel. 696 91 94 50 Vendo LCD 32” marca Toshiba con TDT incluído, 2 anos de uso. 220 euros. Tel: 637 756 687. Vendo mobles usados: dormitorio de matrimonio completo, librería, tresillo con mesa, cama con somier e colchón de 1,05 m, 6 cadeiras tapizadas, mobles de cocina. A moi bo prezo. Tel. 627 608 758 Vendo en moi bo estado.Renault 21, aire acondicionado, peche automático, dirección asistida, gasolina e pintura metalizada. 149.469 km. telf:627 608 758 Compraría remolque mediano. Tel. 649 673 492 e 988 21 67 55. Vendo Yamaha SR Special 250 ano 93 en perfecto estado, ITV recén pasada, 41.000 km. batería nova, Kit de arrastre novo, cambio aceite,alforxas, etc... Regalo cascos,candado,funda e seguro. 1.200 euros, tel. 680 568 378 Vendo mobles de perruquería de 2ª man, 2.000 euros. Tel. 988 25 59 63. Vendo quentador eléctrico. tel. 988 25 59 63 Vendo caldeira de calefacción de gas cidade seminova, enfriador de botellas sen estrear, escritorio e sofá 3+2, tel. 637 00 59 10. Vendo viño de colleita ecolóxico. Tel: 647 404 428 Véndese colección películas en DVD con estuche, 50 ou 60 películas. 30 euros. Tel. 649 157 025 Vendo botas media caña goretex con cremalleira, número 39-40, novas, 40 euros. Tel. 649 157 025. Vendo tocadiscos como novo con dous altavoces grandes, 300 euros. Tel. 698 174 374 Véndense tres lavadoras, 2 frigoríficos e 1 cociña de gas, seminovos, prezo moi económico, tel. 629 56 13 90 Vendo leña de carballo. Tel. 630 521 448. Vendo Renault Scenic ano 2000, 100.000 km, perfecto estado. Tel. 678 827 075

Ofrécese señora con experiencia e títulos de auxiliar de enfermeria e axuda no fogar para coidar anciáns ou enfermos unha hora ao día. Tel. 620 052 173 Ofrécese chica para limpeza de portais a prezo moi economico. Tel l639 713 600 Necesítase persoal que queira gañar diñeiro no seu tempo libre. É moi cómodo e fácil. Informate 639 713 600 Ofrécese chico para traballar fin de semana en calquera cousa e sen horarios.Con experiencia no transporte.Tel. 697 130 070 Ofrécese señor (45 anos) para seguridade persoal, vixilancia, acompañamento,e tc. (pertencente FCSE) Tel. 662 54 60 32. Clases particulares. Primaria. ESO: materias de Ciencias e inglés, tecnicas de estudo. 12 anos de experiencia. Material didáctico propio. 100% aprobados pasado curso. Visita informativa e 1ª clase gratuitas. Tlf. 678700573, 988375081. http://fidelformacion.blogspot.com. fidelprofesor@hotmail.com. Danse clases de Debuxo e Pintura (tamén debuxo técnico). Licenciada en Belas Artes, experiencia como profesora. Prezos asequibles.669603414 e pinalmaria@hotmail.com . Avon necesita distribuidores/as. Gaña diñeiro no teu tempo libre sen esforzo.Tamén podes pedir o teu catálogo para comprar.Tlf. 639-713-600 Ofrécese señor para toda clase de traballos: limpeza de fincas, electricidade, fontanería, etc. Tel. 666 17 35 06 Ofrécese señora para traballar por horas. Tel. 666 17 35 06 Pintura, decoración, colocación de tarima a prezos de vértixe garantizado. Tel. 666 125 129. Danse Clases Particulares de Matemáticas xenerais durante o curso académico 2011/2012. A todas as Etapas. Con posibilidade de impartir outras Materias Curriculares. Posúo Certificado de Profesionalidade de Formador Ocupacional e CAP. 15 anos de Experiencia. A domicilio. Económico. Tel. 610 382 589 e arvaca1@gmail.com. Ofrécese señora para traballar por horas. Tel: 629 951 153 Desbrózanse fincas. Tel. 630 521 448. Ofrécese señora con experiencia e boas referenzas para coidado de persoas maiores, nenos, tarefas do fogar, con curso de auxiliar de axuda a domicilio, polas tardes. Tel. 685 37 41 91


SERVIZOS

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 151-2002 / OU 125-2003 / OU 164-2004/ OU 155-2007. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Pepe da Guardesa, J.E. Bóveda, J.L. Iglesias Vázquez, R. Sertaje, S.Ganay, M.Pintos, Calviño, D. Rodríguez, C.V. Abros, A.V.Ou., Nº114/104/90/53 - Ano: XI - Febreiro 2012 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode 4TELÉFONOS DE INTERESE ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 239 634. Concello Ourense 988 388 100

4CARTAS AO DIRECTOR /FOTO DENUNCIA Problemas na Chapa

A rúa Sánchez Artega, máis coñecida como “A Chapa” (zona do Vinteún), era até hai poucos anos unha zona tranquila. Desde que a reformaron e puxéronlle un parque con campo de fútbol, deixou de ser, paradoxalmente, unha zona segura. O campo de fútbol está mal valado pola parte que dá á estrada (o resto do enreixado que dá ao parque está perfecto); esta situación foi causa de varios sustos cos coches, porque se propicia máis do recomendable a escena da pelota que sae fóra e do neno correndo detrás dela, co consecuente perigo; até o momento non se produciu

ningunha desgraza aínda que é posible que se produza o día menos pensado. Pero non é este o único problema da Chapa: Nese mesmo parque hai bancos e mesas nas que é frecuente atopar a mozas de entre 17 e 23 anos trapicheando e consumindo drogas á beira da zona infantil onde xogan os nenos máis pequenos. Algúns dos mozos citados, ademais, circulan cos coches a gran velocidade facendo todo tipo de manobras perigosas: o outro día, un deles, ao facer un trompo, case leva por diante a miña tía, curmá, primo (un bebé que aínda vai en silla) e unha amiga que ía con eles. Outra consecuencia destas manobras teme-

rarias son as fochancas que hai á entrada da rúa Sánchez Artega e na subida á Chapa desde Santa Ana ou a rúa Río Arnoia, máis pronunciados nesta última. Por se isto non fose pouco, na Chapa están a producirse roubos: ao meu tío roubáronlle todo o que levaba na guantera do coche e aos ladróns, non lles deu tempo a máis porque saíu un veciño e escapáronse. O que reclamo con isto é que valen o campo de fútbol adecuadamente, que reparen as fochancas e sobre todo máis presenza policial para que os nenos que xogan no parque non teñan que presenciar escenas pouco edificantes. Bruno Blanco Tourón

4AUTOBUSES VALENZÁ-OURENSE Saídas A Valenzá Saídas As Lagoas Luns a venres 7:00 7:30 7:45 8:00 8:15 8:30 8:45 9:00 9:15 9.35 10:00 10:25 10:55 11:20

11:40 12:05 12:30 12:50 13:05 13:20 13:40 14:10 14:30 15:00 15:30 15:45 16:00 16:20

16:40 17:00 17:30 18:00 18:30 19:00 19:30 19:50 20:05 20:40 21:00 21:25 22:00

8:00 8:40 9:35 10:35 11:30

12:50 13:35 14:40 16:00 17:00

18:00 19:00 20:00 21:00

7:20 7:50 8:10 8:25 8:40 8:55 9:10 9:25* 9:40 10:00 10:30 11:00* 11:20 12:05 12:30

12:45 13:00 13:15 13:30* 13:50 14:10 14:35 15:00 15:30 15:55 16:10 16:30 17:00 17:30 18:00

18:30 19:00 19:30 19:45 20:00* 20:20 20:40 21:05 21:25 21:50 22:15

8:20 9:10 10:05 11:05 11:55* 13:15

14:00 15:20 16:30 17:30 18:30 19:30

20:30 21:25

Sábados

Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 Cita previa SERGAS 902 077 333 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083

Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención ao menor 900 202 010 9:30 19:00 13:00 10:00 16:30 20:30 Asoc. Diabética Auria 988 226 608 10:30 16:00 20:00 11:10 17:30 21:25 AECC 988 219 300 21:00 11:45 17:00 12:25 18:30 C. C. Antisida 988 233 000 12:50 18:00 13:30 19:30 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 4AUTOBUSES URBANOS: Alcohólicos Anón. 646 645 119 24h. Alcoh. Anón. 988 269 540 liñas e horarios en www.urbanosdeourense.es Alcoh.Anón. 24h. 988 22 76 23 Tarifa ordinaria: 0,78 euros - Tarxeta Milenio de transporte: ordinaria: 0,56 euros e estudiante: 0,40 euros - Gratis para maior de Asoc.Crohn-colitis 630 136 447 988 370 313 65 anos, pensionista,discapacitados: e mozos/as de 16 a 18 anos Down Ourense

Domingos e festivos

Vandalismo ás portas da Catedral

A falta de valado na cancha pola parte que dá a estrada foi causa de varios sustos cos coches cando se escapa a pelota.

Unha mostra de vandalismo en pleno casco histórico. Os operarios trataron de borrar con auga a presión esta pintada que leva varios días no alto das escalinatas de acceso á Catedral, na praza de San Martiño, sen que puideran eliminala de todo.

Limparon con auga, pero a pintada non desapareceu de todo.


24

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

PUBLIRREPORTAXE

Ociourense promove actividades de ocio alternativas ao consumo de alcohol para a mocidade Esta é a segunda edición deste programa que desenvolve a Concellería de Saúde Por segundo ano consecutivo, a Concellería de Saúde do Concello de Ourense organiza o programa Ociourense, que promove actividades saudables para o tempo libre da xente nova. O programa está conformado por 16 actividades de carácter cultural, lúdico ou deportivo, sete máis que a edición pasada. Comezan o 9 de marzo e desenvolveranse en espazos públicos da cidade durante as fins de semana de marzo a xuño, e nelas poderán participar máis de mil mozos e mozas de entre 15 e 30 anos. Entre as novidades desta edición, atopamos parkour, un obradoiro de cociña, sendeirismo urbano, patinaxe nocturno, rutas de bicicleta nocturnas e xogos

tradicionais, ademais dun concurso de fotografía. No ámbito deportivo, repiten as actividades de BTT, piragüismo e escalada en rocódromo. Tamén continúan os obradoiros de teatro e de baile, o campionato de PS3, cócteles sen alcol, e para pechar a proposta no mes de xuño, a busca do tesouro e a andaina. O obxectivo de todas estas alternativas de ocio é ofrecer á mocidade “espazos de relación” ao marxe do consumo de drogas, especialmente o alcol, explicaba a concelleira de Saúde, Marga Martín. Apoio do Ministerio O custo do programa Ociourense é de 66.000 euros, cantidade sufragada polo Ministerio de Saúde

que achega o 70% do orzamento e o Concello de Ourense, que contribúe co 30% restante. A edil de Saúde, Marga Martín, destacou que a achega do Ministerio, con cargo ao Plan Nacional sobre Drogas, aumentou un 10% con respecto a 2011. “Entendemos que se nos avaliou positivamente, o que nos impulsa a seguir traballando nesta dirección”, afirmou a concelleira. Inscricións A inscrición é gratuíta e pode realizarse na sede da Concellería de Saúde (rúa Concordia) ou ben a través da páxina www.ociourense. es. Toda a información sobre as actividades e os seus horarios está dispoñible na web e no seu facebook.

Os técnicos César Fernández e Paz Villar acompañan á concelleira de Saúde, Marga Martín, na presentación de Ociourense.

Parkour, cociña, sendeirismo urbano, xogos tradicionais, patinaxe e rutas en bici nocturnas son as novidades desta edición de Ociourense


SAÚDE

4VETERINARIA

25

4PAIS E FILLOS

Amor, amor...

Estereotipias Ademais dos casos de agresividade e ansiedade por separación, os cans poden mostrar outros problemas de comportamento, algúns dos cales son motivo de consulta cada vez con máis frecuencia, como son as estereotipias. condutas repetitivas, invariabes e sen función aparente. As principais estereotipias do can son: 1- Tail-chasing, conducta de perseguirse a cola. O animal xira sobre si mesmo como se se perseguira a cola, e en ocasións, pode chegar a mordela, causandose lesións. 2- Dermatitis acral por lamido, que consiste nunha conducta compulsiva de lamido que afecta á zona dos carpos e en ocasións chega a producir úlceras. 3- Conducta de “cazar moscas”. O can fixa a súa atención nun punto e realiza movementos, como se intentara morder algo sito alí. 4- Outras estereotipias. Algúns cans que están encerrados en espacios moi reducidos desenrolan unha estereotipia consistente en desprazarse dentro da xaula, seguindo sempre a mesma ruta e de forma moi repeti-

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

tiva. As estereotipias son problemas que interfiren, en ocasións, de forma moi marcada na conduta normal do animal e resultan moi preocupantes para os propietarios. A presenza delas é sempre un síntoma importante, que debe ser tratado. Son problemas moi complexos, o seu tratamento e complicado e en moitos casos frustante. Podemos distinguir dous tipos de causas: 1 – Causa orgánica, como poden ser: *Problemas intracraneais. Tanto tumores intracraneais como hidrocefalias poden dar lugar a elas. *Compresión da cauda equina e fracturas da cola, aínda que este problema raramente de lugar a condutas compulsivas xa que os animais con dor no tercio posterior soen responder a certa inmovilidade. A única excepción poden ser as fracturas de cola, que as veces si dan lugar a conducta de perseguirse a cola. *Problemas dermatolóxicos, moi especialmente a dermatitis acral por lamido e tamen a conduta de lamerse

os flancos. *Epilepsia psicomotora, que é un problema moi infrecuente. * Ocasionalmente describíronse problemas oculares como causantes de conduta de “cazar moscas”. A encefalopatia hepática e a intoxicación por plomo poderían dar lugar tamén a condutas compulsivas. As lesións en vías nerviosas periféricas e algunhas enfermedades víricas poden causar condutas de autoestimulación. 2- Causa non organica: *Situacións reiteradas de conflito, que fan referencia a unha situación na que o animal esta fortemente motivado para realizar o mesmo tempo duas condutas que son incompatibles. Por exemplo, un can moi sumiso e temeroso pode experimentar unha situación de conflito en presencia do propietario, posto que estaría á vez motivado a acercarse e a fuxir del. [continúa no nº seguinte]

Covadonga Suárez Departamento etología Hospital veterinario Abros

É moi importante sentir amor cara aos demais, pero tamén é moi importante saber amar aos demais, saber demostrarlles que os amamos. Para saber querer aos nosos amigos, á nosa parella, aos nosos fillos, aos nosos pais, irmáns... debemos aprender a querernos a nós mesmos. É importante ter unha boa autoestima. A autoestima depende do autoconcepto que teñamos de nós mesmos e do concepto que os demais teñan de nós. Sempre que fago esta reflexión vénme á cabeza unha frase de Santa Teresa de Jesús que me impactou no seu día: “búscate en min, búscame en ti”. Tomádevos uns minutos para analizar unha frase existencialista dunha muller do século XVI. Canto nos amamos? Podemos cuantificar o amor que sentimos cara nós mesmos? Un exercicio rápido, sinxelo e práctico (a min tócame ofrecervos a parte máis terrenal e realista como

muller do século XXI) para “calcular” a nosa autoestima é o seguinte: propóñovos que collades lapis e papel, agora, con clama, dádeos unha puntuación do 1 ao 10 nos seguintes aspectos: o voso físico, a vosa personalidade, a vosa intelixencia, as vosas relacións sociais, o voso autocontrol e as vosas relacións familiares. Teredes 6 puntuacións, sumádeas e dividídeas entre 6, o resultado é o valor que vos dades a vós mesmos. Unha nota de 6 a 8 sería a ideal. Se a puntuación total é inferior a 5 debemos de comprobar cales son as nosas peores puntuacións e traballar nelas para melloralas. Se a nosa puntuación é superior a 8 temos tendencia ao narcisismo ou somos demasiado infantís, polo que debemos traballar unha actitude madura e realista de nós mesmos. Diana R. Salgado Psicóloga

4GUÍA DE SAÚDE [Se quere anunciarse nesta sección chame ao teléfono 988 239 634 ou escríbanos a comercial@ ourenseporbarrios. com]

Asamblea de PROSADI.

PROSADI fai balance Redacción

A asociación sen ánimo de lucro en “Prol da Sanidade Digna de Ourense” (PROSADI) vén de celebrar a súa primeira asamblea ordinaria de socios, na que presentou as súas contas (cun saldo favorable e aprobadas por unanimidade), a cota para este ano 2012 e unha memoria de actividades realizadas dividadas en tres bloques: “Internet” -onde destacaron a súa gran presenza en Facebook, Twitter, así como as máis de 300 noticias colgadas no seu blog, prosadiourense.blogspot. com, sobre ataques á sanidade pública ourensá-; “Prensa” -na que tamén tiveron gran presenza durante o último trimestre-; e “Rúa” -apartado no que destacaron a súa asistencia a todos os actos convocados en defensa da sanidade na nosa provincia, así como noutros puntos da xeografía galega. PROSADI, creada fai 8 meses para defender unha sanidade pública digna, gratuíta e universal na provincia de Ourense, tamén sacará en breve un boletín en papel para achegar a súa actividade tanto aos profesionais da sanidade como á cidadania en xeral. Neste 2012 tamén buscarán seguir intensificando a súa presenza tanto nas rúas como nas redes sociais.


26

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

especial 10 ANOS DE OURENSE POR BARRIOS

Segunda etapa de Ourense por Barrios

4 Continuamos repasando a historia do periódico, unha vez se fai cargo del a nova editora, Letras a la Carta SL, en xuño de 2004. Paula Lodeiro Xuño de 2004 marca o inicio dunha segunda etapa para Ourense por Barrios, cando a actual empresa editora, Letras a la Carta SL, se fai cargo do periódico, que neste momento editaba 23.000 exemplares. Este novo periplo iníciase cun redeseño da portada e da maqueta e novos contidos, como os artigos de Valentín Barreiros e Jorge Emilio Bóveda, que nos acompañan ata a actualidade. As demandas de autobús urbano para Peliquín, a oposición veciñal a unha antena de telefonía en Rezavella e os dous afogados no río Miño en apenas unhas semanas eran noticia de portada naquel mes. No mes de xullo comezaban as obras do acceso centro e continuábamos denunciando verquidos ilegais ao Miño. En agosto, a fotografía das nosas portadas era para un clásico ourensán: os participantes no campamento urbano de Amencer. Tamén informábamos do inicio das obras de saneamento na marxe dereita do Miño ou de que Educación planeaba ampliar o colexio Filomena Dato da Valenzá. Nas seccións de artigos, Víctor Adán encargábase de “O avogado responde”; Naturana da de “Nutri-

ción”, Lo&My de “Estética” e Hotel Restaurante Os Caracoles das receitas de cociña. En setembro, co número 25, lanzábamos a terceira edición de Ourense por Barrios, para os barrios de San Francisco, Xardín, Mariñamansa e Barrocás e unha tiraxe de 33.000 exemplares. A volta ao cole era noticia de portada. Xusto neste mes, o daquela alcalde, Manuel Cabezas, anuncia a súa intención de convertir Ourense en destino termal con novos balnearios na vella cárcere e en Outariz. Neste número tamén iniciábamos un roteiro polas pontes da nosa cidade, que fomos desenvolvendo en formato coleccionable nos seguintes. As polémicas co trazado do acceso centro e a concesión dunha subvención municipal aos comedores de catro colexios da cidade xestionados polas Anpas son temas de portada do número de outubro de 2004. Ademais, a sección “Coñece a túa cidade”, a cargo do técnico municipal de turismo Juan Andrés Hervella, trataba a Aula de Natureza de Oira, e en “Personaxes de aquí e de alá” María Eugenia Fernández, da academia Newcastle Studies, escribía de Hamlet. En novembro, os magos-

Os verquidos no Miño foron portada en xuño de 2004.

Ourense por Barrios chega por primeira vez ao barrio de San Francisco en setembro de 2004. tos eran imaxe de portada. Con 40 páxinas, o Ourense por Barrios recollía, entre outras, informacións sobre os orzamentos do Concello para 2005 (que ascendían a 79,1 millóns de euros) e os de Barbadás (que sumaban 3,5 millóns), a novena edición do OUFF e un especial Preparativos para as Festas de Nadal. Despedíamos 2004, cun amplo número de 48 páxinas, facendo balance do ano, co mellor e o peor para as asociacións veciñais e coas opinións de representantes da política, a sociedade ou a cultura da nosa cidade; a petición de paz para 2005 foi unánime. Ano 2005 O 2005 comezaba cunha nova polémica, polo peche das ludotecas por parte da Concellería de Educación, con sete monitoras despedidas. Ademais, un cumio de alcaldes de Ourense, Vigo, Pontevedra e Ferrol esixía a finalización do AVE galego en 2009, e 90 nacementos convertían a Barbadás nun dos concellos galegos con maior crecemento demográfico. As Burgas recuperan caudal mentres goberno e oposición discrepan como resolver a crise que se iniciou cando as obras do

hotel-balneario de Xardín das Burgas secou as fontes termais foi tema do mes en febreiro de 2005. En marzo inaugurábase o Auditorio Municipal e nós levábamos a noticia a portada, ao igual que a seguinte pregunta “Está A Carballeira abandonada?” e novamente unha denuncia de verquidos incontrolados ao Miño, desta volta en Oira. En abril finalizaban as obras dos colectores do Barbaña e do Miño e o Concello anunciaba a redacción dun Plan Director de Termalismo. Pola súa banda, o número 33 de Ourense por Barrios anunciaba que o saneamento da cidade estaría rematado en 2008 e que Fomento -daquela socialista- dicía descoñecer a proposta da Xunta -daquela do PP- para a futura estación do AVE na cidade. En deportes, o COB descendía a LEB-2. En xuño de 2005 chegaban as eleccións autonómicas polo que entrevistábamos aos candidatos dos principais partidos pola provincia: Amparo González (PP), Pachi Vázquez (PSOE) e Iago Tabarés (BNG). En xullo finalizaba un curso moi movido no colexio da Valenzá, con mobilizacións para reclamar

novos centros de Primaria e Secundaria na localidade e contábamolo no periódico, ao igual que o avance das obras do edificio cirúrxico ou que proxectos como o “Ourense cara o novo milenio” ou o enlace da autoestrada en Santa Cruz quedaban pendentes do novo goberno -bipartito- da Xunta. “A empresa Xardín das Burgas asegura que terá novo proxecto de hotel-balneario en novembro” era titular no número de agosto de Ourense por Barrios, mentres que en Barrocás dúas listas disputábanse a dirección da asociación veciñal. En setembro, Manuel Cabezas aclaraba o seu patrimonio no pleno municipal e a gratuidade dos libros de texto como novidade do

protexidas en Rabodegalo. Na mesma noticia informábamos de que en dous anos se concederan na capital 610 licenzas de obra maior e que, segundo un representante do sector inmobiliario, vendíase todo. Rematamos esta segunda entrega do repaso á historia de Ourense por Barrios en decembro de 2005, co número 40. A Consellería de Vivenda e Solo anunciaba que non seguiría co proxecto “Ourense cara ao novo milenio”, que pretendía o traslado do estadio do Couto e a construción no seu lugar de pisos. As asociacións veciñais facían balance do ano e para ellas o mellor eran as súas actividades e o peor a resposta das administracións ás súas reivindicacións.

Portada da edición da Ponte de decembro de 2005. curso escolar eran dúas das novas deste número. O titular “Ourense e Barbadás reclaman o rescate da concesión da liña á Valenzá” era portada en outubro en Ourense por Barrios, un número de 40 páxinas que levaba un especial da feira Mi Casa en Expourense. “A vivenda pública, asignatura pendente”, así titulábamos en novembro unha información sobre as negociacións entre o Concello e a Xunta para desbloquear o proxecto de 700 vivendas

Colaboracións Seguiremos recordando a historia do periódico nos vindeiros meses. Se queres compartir con nós algunha experiencia que tiveses relacionada co periódico escríbenos a info@ ourenseporbarrios.com ou déixanos a mensaxe na nosa páxina en facebook (mundourense.com) e deixa a túa mensaxe. Non te esquezas de pór no asunto “10º aniversario Ourense por Barrios”.


VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS especial

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

27


28

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

especial VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS

PUBLIRREPORTAXE

Elige Event Bodas y Fiestas, acierta en la organización de eventos Como novedad esta temporada presentan las cenas-show para grupos y despedidas Más de diez años dedicados al asesoramiento de las parejas que preparan su enlace es la garantía que ofrece Event Bodas y Fiestas, empresa pionera en Ourense en la organizaciónde todo tipo de eventos. Los novios ahorrarán tiempo, dinero y preocupaciones encargándoles cualquiera de los detalles que conlleva organizar una boda, como la elección de las invitaciones, los trámites documentales, la asesoría, las alianzas, los trajes, la peluquería, la música, el reportaje fotográfico y de video o el banquete. Cualquiera de estos servicios se puede contratar de forma

individualizada. En Event te asesoran y se encargan de solicitar varios presupuestos para ofrecerte el mejor

precio posible, adaptándose a tus posibilidades y ofreciéndote descuentos. Nuevos diseños Cada temporada incorporan nuevos diseños deinvitaciones, con una línea

económica tanto en éstas como en detalles para los invitados. De las fotos y vídeo se encargan las fotógrafas Ana y Luna, que se comprometen a un único reportaje de boda por día para ofrecer a los clientes el mejor servicio. En el apartado musical, trabaja con Event la única soprano organista profesional de toda Galicia. Todo tipo de eventos Sea para una primera comunión, una fiesta, una despedida de soltero o un cumpleaños, Event dispone de todo tipo de animación: payasos, hinchables, animadores, dúos o tríos

Teresa Rodríguez, propietaria de Event, posa con uno de los cientos de modelos

de detalles que tienen en exposición. musicales, discotecas móviles, stripers, go-go’s y otras sorpresas. Cenas-show Además, este año Event Bodas y Fiestas te propone

una alternativa diferente y original para las despedidas de soltero o celebraciones de grupos: cenas-show colectivas, compartiendo local con otros grupos de chicos y chicas. Además de

un menú completo, el precio incluye espectáculos de humor, strippers, gogos, y sesión disco con dj. La diversión está garantizada. Infórmate de las fechas y haz tu reserva en Event.

Estamos en: c/Celso Emilio Ferreiro, 36, bajo, Ourense Tel. 988 240 548 -619 81 96 44

info@event-bodas.com - www.event-bodas.com


VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS especial

Cristal, roupa de cerimonia para nenos e nenas aos conxuntos e vestidos curtos, unha opción máis en auxe. Contan cunha gran variedade de modelos de vestidos de comuñón, e todo tipo de complementos para comuñón, desde diademas ou adornos para o pelo, a rosarios, ou candeas. En canto aos traxes de comuñón para neno, podes escoller entre o traxe de rúa ou os de almirante ou mariñeiro, tanto o modelo clásico de sempre como en deseños renovados, noutras tonalidades (brancos, beis, plata ou azul mariño).

29

Casarse en Caldaria ten regalo

Bautizos, comuñóns, traxes de arras e de festa Cristal é unha tenda de roupa infantil de Ourense especializada en traxes de cerimonia para nenos e nenas. Nela poderás atopar a roupa ideal para un bautizo ou unha primeira comuñón, e tamén os vestidos e traxes de arras e de festa para os teus pequenos, de marcas como Barcarola, Magnífica Lulú, Yoedu, Coco ou Lovely Day. Neste establecemento dispoñen de variedade de tallas nas súas prendas, desde un mes ata a talla 16 (con posibilidade de pedir o deseño practicamente a medida). Para bautizos a oferta vai desde os clásicos faldóns

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

Teñen todo tipo de complementos para primeira comuñón: adornos, rosarios, diademas...

Estamos en: Galerías Viacambre – local 26 – entrada por Santo Domingo - Tel. 988 255 302 Horarios: de luns a sábados de 10 a 13:30 e de 17 a 20:30 horas

Hoteles e Balnearios Caldaria (con instalacións en Arnoia, Lobios, Laias e Abadía) propóñenlle a todas as parellas que estean planeando casarse unha completa oferta para o seu gran día, porque para que todo sexa perfecto sen que os noivos teñen que preocuparse por nada esta cadea ofrécelles despedidas de solteiros, tratamento de estética facial e corporal previo para a parella, autobuses para os convidados, coche especial para os noivos (como limusinas ou coches antigos), posibilidade de acoller cerimonias civís, reportaxe fotográfico nos seus amplos xardíns, lista de convidados, organización do banquete (co plano de distribución de mesas incluido), personalización de minutas, recordos de voda, amenización musi-

cal, e unha inigualable suite nupcial. Pero Caldaria, ademais, busca que ese día sexa igual de inesquecible tanto para os noivos como para os seus familiares, por iso o seu balneario de Laias ofrece unha capela na que realizar a cerimonia relixiosa, así como o aloxamento para a parella e o seus convidados, antes e despois da celebración. E como o mellor remate dunha voda adoita estar na lúa de mel, esta cadea de hoteis e balnearios regálalles aos noivos que se casen nas súas instalacións a viaxe e un día de balneario. Unha oferta completa e totalmente inigualable pensada para que as parellas só teñan na mente gozar dun día único. Porque para Caldaria o máis importante da vida é sentir, desexar, amar; vivir, nunha palabra.


30

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

especial VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS

publirreportaxe

Elite Eventos, artículos y servicios para todo tipo de celebraciones Publirreportaxe

Celebra tu comunión o bautizo en Restaurante Cobas Con nueva gerencia desde hace un año, Restaurante Cobas, frente al Parque Tecnológico, se perfile como una alternativa acertada como espacio para nuestras celebraciones. Si tenemos un bautizo, comunión o incluso una boda a la vista conviene valorar este establecimiento: disponen de dos salones (uno con capacidad para 25 comensales y otro para unas cien personas), cuentan con varios menús adaptables a elección del cliente (y nos rea-

lizan un presupuesto sin compromiso), no hay problema para dejar el coche gracias a su amplio aparcamiento, y nos pueden ofrecer animación infantil en el caso de bautizos o primeras comuniones. Restaurante Cobas es también pensión, abren a las 6 de la mañana para servir desayunos, servicio de restaurante a la carta (especialidad en ternera gallega y bacalao a la portuguesa) y menús del día por 8,50 euros.

Información y reservas: Tel. 988 405 632 - A Zamorana, Pereiro de Aguiar

Si estás pensando en organizar una boda, bautizo, comunión, despedida de soltero, cumpleaño o fiesta, Elite Eventos es tu sitio. En esta empresa ourensana son, desde hace casi diez años, especialistas en venta de artículos y contratación de servicios relacionados con todo tipo de celebraciones. Todo lo que necesites lo puedes encontrar en este establecimiento: invitaciones, detalles para invitados, puros, tabaco, cestas de arras, pétalos, arroz, figuras de tata, música para la ceremonia, baile o cockail, espectáculos de magia, queimadas, mariachis, jazz, animación para niños (hinchables, talleres, fiestas temáticas), o coches antiguos, autobuses y microbuses, por poner algunos ejemplos. En Elite Eventos te ofrecen lo más novedoso, lo más elegante, y la mayor variedad en artículos y servicios de este sector. Entre ellos los detalles de boda, con una amplia exposición de regalos para

Ana Feijoo con una muestra de los detalles para celebraciones que hay en exposición en Elite Eventos. los invitados masculinos, femeninos y para los niños, con presentaciones exclusivas, modernas y muy elegantes. “La gente busca detalles prácticos, no tanto decorativos”, recalca su propietaria, Ana Feijoo. En cuanto a invitaciones, disponen de la mayor variedad: tradicionales, modernas, originales, divertidas, elegantes, etc. Tienen la exclusividad de varias mar-

cas en invitaciones y las entregan totalmente montadas para darselas directamente a los invitados. Despedidas colectivas

Como novedad ofrecen para despedidas de soltero la alternativa de compartir cena-espectáculo con otras despedidas, tanto de chicos como de chicas.

Estamos en: Galerias Sol local 12 (planta media) Entrada por Paseo o Santo Domingo Telf. - Fax: 988 22 99 44

Horario: De martes a viernes, de 10:30 a 13:30 y de 17 a 20 h., sábados de 10:30 a 13:30 h.


VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS especial

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

31

Preparar unha Gwendoline: más de 25 años vistiendo a becomuñón custa uns bés y niños para bautizos, comuniones y arras 2.200 euros publirreportaxe

Gwendoline es una tienda de ropa de ceremonia especializada en niños con una experiencia de más de 25 años a lo largo de los cuales se ha convertido en un punto de referencia en el sector. Porque cada detalle es importante en una ceremonia, en esta tienda les ofrecemos más de cien modelos de vestidos de arras para niñas desde un año en adelante asi como trajes para niños de todos los estilos (lino, fracs, smokings, chaqués, etc...) También vestimos a los bebés para su bautizo, así como a los más mayores para el día de su comunión. Encontrará además todo tipo de complementos para esos eventos (cestas de arras, cojines para anillos, calzado, diademas, flores para el pelo, rosarios, velas y un largo etc.). Si tiene que

vestir a sus pequeños para una ceremonia, no dude en visitarnos.

Tenemos todo tipo de prendas para ceremonias y otras fiestas de etiqueta

Escaparate de la tienda Gwendoline.

Estamos en: Galerias Sto Domingo - c/Sto Domingo nº 64 - Tel. 988 252 173 - gwendolineorense@hotmail.com

Pola súa banda, segundo a FICU o custo medio dunha primeira comuñón ronda en Galicia os 2.200 euros, aínda que a crise está obrigando ás familias a axustar máis o seu presuposto, o que se está a notar, principalmente, na compra dos traxes e os accesorios. Así, os traxes de comuñón de nena preferidos polos galegos adoitan ter un prezo de entre 250 e 300 euros (fronte aos contados casos nos que se adquiren vestidos de 600, 700 e incluso 1.000 euros). Pola súa banda, o clásico traxe de mariñeiro para os rapaces custa, aproximadamente, uns 200 euros. Pero, sen dúbida, é o banquete o que tamén no caso das comuñóns dispara a factura, debido á gran importancia que as fami-

lias galegas dan á gastronomía, así como que ese día se convirta en inolvidable para os máis pequenos. Porén, de novo Galicia sitúase a medio camiño entre as comuñóns máis caras e as máis baratas de España, xa que repite Madrid como a comunidade cun prezo medio maior (situándose este ao redor dos 3.000 euros) e Tenerife como a cidade na que custa menos organizar este tipo de celebracións (uns 1.600 euros).


32

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

especial VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS

Asador - Restaurante Os Caracoles, aposta segura para as túas celebracións O hotel-restaurante conta con tres salóns para a realización de vodas, banquetes e ceas de empresa Para aquelas parellas que están a decidir onde celebrar o convite da súa voda o Asador-Restaurante Os Caracoles é unha aposta segura. Situado na Derrasa, a oito quilómetrosda cidade, o seu propietario, José Antonio Caneiro Fernández, apunta “á calidade en cociña, con produtos de moi boa calidade, e ao servizo personalizado que temos”,

como os motivos que levan a que moitos ourensáns confíen ano tras ano neste restaurante para as súas celebracións. Servizos específicos para vodas O establecemento, especializado en alta cociña rexional, ofrece aos noivos a posibilidade de confeccionar o menú adaptándose

Dispón de dous salóns específicos para banquetes, para 70 e 200 comensais

Información e reservas: Tel. 988 380 165 A Derrasa s/n - Pereiro de Aguiar

Fachada principal do establecemento.

aos seus gustos e posibilidades. Pódese completar a festa con baile posterior con barra libre, disc jockey ou orquestra, segundo a elección de cada parella. Para dar o mellor servizo e a máxima comodidade aos seus clientes, Asador- Restaurante Os Caracoles tan só se compromete a un banquete por día e salón. Ademais do salón de servizo á carta con capacidade para 100 persoas situado na primeira planta, dispón de dous salóns específicos para banquetes, con capacidade para 70 e e 200 comensais respectivamente, na segunda planta. Outros servizos Os Caracoles é tamén hotel (con 15 habitacións), e ofrece os servizos de cafetaría, con almorzos, petiscos e tapas típicas galegas. O establecemento conta cun amplo aparcadoiro exterior, e zonas verdes con servizo de terraza e zona de xogos para nenos.

Noar Novias: deseños para noivas, festa, madriñas e comuñón Noar Novias, boutique situada moi preto de Ourense capital, na Valenzá, presenta as súas novidades para esta tempada. En primeiro lugar para as noivas máis esixentes trae en exclusiva para Ourense a colección Luna Novias, con deseños cheos de estilo, con corpos drapeados, con encaixe, e saias con moito volume, con volantes, flores, etc. sen esquecerse doutras coleccións para as noivas que prefiren outro estilo, como as da marca Alba Moda.

Vestido da colección Luna Novias Doutra banda, a festa e a madriña veñen da man de firmas como Luna Novias, Ronald Joyce e Pepa Recasens, con vestidos moi xuvenís e cores frescas. A comuñón dos nosos fillos tambien é un acontecemento moi importante, e Noar Noivas ten todo o necesario para que ese dia

Vestido de festa de Luna Novias.

salga todo perfecto, e por iso conta cunhas coleccións moi bonitas, das firmas Tappiz, Nova Drima, Carmy, Victorio & Lucchino e Lovely Day. Noar Novias tamén ofrece a prezos incribles complementos, zapatos, tocados, can can, roupa interior, etc.

Estamos en: av. Celanova, 37, A Valenzá Tel. 988 60 64 88 http://www.noar-novias.es/


VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS especial

A túa cerimonia, nas mellores mans Ben sexa a túa voda, o bautizo ou a primeira comuñón do teu fillo, o comercio ourensán ten todo o que precisas para que o día elixido saia redondo Se casas, deixa os pequenos detalles dese gran día en mans dos profesionais, aforrarás tempo e diñeiro: para elixir as invitacións e os detalles para os invitados opta por Event Bodas ou Elite Eventos, dúas empresas con longa experiencia nesta tarefa. Á hora de elixir a roupa, se precisas un vestido de noiva deposita a túa confianza en Noar Novias ou Consuelito, visita Alvarino para buscar ideas para o traxe de noivo, e se vas de invitada, non deixes de pasar por Komodamoda, con traxes de festa en tallas grandes . No caso de que esteas preparando un bautizo ou comuñón, non esquezas dar unha volta por Gwendoline ou Cristal, onde atoparás todo para vestir de cerimonia aos máis pequenos da casa. E onde comemos? Celebra o banquete do teu enlace nun establecemento do grupo Caldaria ou ben en Asador-Restaurante Caracoles, ou reúne aos máis

Vestido de noiva de Sincerity á venda en Consuelito. próximos na comuñón do teu fillo nun ágape no Restaurante Cobas, calquera das opcións é de confianza.

Para desprazarte ti e os teus de forma segura a calquera destes restaurantes contrata un autobús co

Grupo Anpian, e pásate por Viaxes Piña para elixir o destino da túa lúa de mel.

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

33

O custo medio dunha voda acada en Galicia os 14.000 euros A Federación de Usuarios e Consumidores Independentes (FUCI) cifrou en 14.000 euros o custo dunha voda na comunidade autónoma de Galicia, un prezo lixeiramente inferior á media estatal, que acada os 14.390 euros. Para establecer este prezo medio a FUCI realizou un estudo do custo dunha voda con 100 convidados en 30 cidades españolas, comprobando que os gastos desta celebración oscilan entre os 8.000 e os 20.000 euros, sendo Madrid a capital na que unha voda é máis cara (17.550 euros) e Canarias na que resulta máis barata (12.000). Dentro deste prezo o maior dos gastos xérao o banquete, que ronda a metade do total. En función do restaurante e do menú escollidos, o custo por convidado por variar entre os 40 e os 90 euros, aos que se suman a contratación de actuación musical e barra libre, que suma uns 1.000 euros máis. A indumentaria da noi-

va é o segundo aspecto máis caro, que pode superar os 1.500 euros, sumando o vestido, os zapatos, a maquillaxe, o peinado e o ramo. A continuación sitúase a viaxe de noivos que, aínda que varía moito en función do destino escollido, non adoita ter un prezo inferior aos 1.400 euros. Pola súa banda, que o noivo estea perfecto pode custar ata os 900 euros (cun prezo mínimo de 330 euros). E, por último, a contratación dunha reportaxe fotográfica e o video ronda os 725 euros de media.

O maior dos gastos xérao o banquete, en función do restaurante e do menú.


34

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

especial VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS

Tallas grandes para ocasións especiais, en Komodamoda Estilo e comodidade en traxes de festa Komodamoda, situada na rúa Cabeza de Manzaneda numero 2, é a tenda de moda nova para as ourensás que queren vestir a ultiíma sen preocuparse pola talla xa que no seu establecemento poden atoparse pezas de actualidade e xuvenís até a talla 70. Nas súas estanterias esta o último en camisetas, blusas con caída, bordadas ou de cadros, pezas para pór con leggins, vestidos con bordados ou con aplicacións e unha ampla variedade en pantalóns vaqueiros coas bonitas cores desta primavera tan favorecedoras.

Novidades na colección festa Unha sección do seu establecemento está dedicada á roupa de festa en talla grande para esas ocasións especiais, onde se pode atopar desde unha peza máis informal como son blusóns, gasillas, casacas bordadas para acompañar un pantalón ou unha ampla variedade de vestidos tanto curtos como longos, con chaquetilla ou chal, con teas bordadas, saias en cascada, cores pastel ou suaves estampados, sen esquecer a nova cor, chamada “substituto do negro”, que é Vestido de festa de Komodao tan favorecedor azul noi- moda, con e sen chaqueta. te, con variados escotes, en palabra de honra, ou cunha en calquera situación. Finalmente os seus asa soa que é tendencia esta complementos son moi tempada. favorecedores coas cores Komodamoda tamén de moda desta primavera, ofrece ás súas clientas medias en talla grande amplas panos grandes en algodón, e moda baño, porque sabe pasminas, cintos amplos, o dificil que é atopar esas colares e unha firma de pequenas cousas tan nece- bolsos moi bonitos e fesarias para sentirse a gusto mininos.

Teñen pezas informais como blusóns, gasillas, casacas bordadas para acompañar un pantalón ou unha ampla variedade de vestidos

Vestido de festa de Komodamoda.

Estamos en: r/Cabeza de Manzaneda, 2, Ourense Tel. 988 25 43 59 - Abrimos de luns a venres de 10 a 13:15 e de 16.30 a 20:30 h. - Sábados de 10 a 13:30 h.

ANPIAN pon á túa disposición a maior frota de autobuses e coches de luxo Moitas familias iniciaron os moitos trámites que hai que facer para regalar aos seus invitados e a eles mesmos un día inesquecible: bautizo, comuñón ou voda. E porque na organización destas celebracións hai que pensar en multitude de aspectos para que todo salga ben, o grupo ANPIAN pon a disposición de todos os seus clientes o maior abano de posibilidades relacionadas co transporte e a viaxe, para que non teñas nada de que preocuparte neste aspecto. Grupo ANPIAN pon ao voso servizo a maior frota de autobuses e coches de luxo e os seus máis de cincuenta anos de experiencia, para que todo saia perfecto. Evitar que os familiares e os amigos collan o coche nun día propenso aos excesos é sinxelo. A chegada do noivo ou a noiva ao lugar onde se celebra a cerimonia ou o traslado do novo matrimonio ao banquete serán momentos para a posteridade grazas aos vehículos de alta gama dos que dispón Anpian. Viaxes de noivos E ademais, contactando con calquera das axencias de viaxe do grupo, Viaxes Piña ou Viaxes Auria, faci-

Elixe un vehículo de luxo para chegar a túa voda.

Asesoramento nos mellores destinos de lúas de mel, en Viaxes Piña e Viaxes Auria litaranvos reservas de hotel e traslados para os vosos invitados e como non, asesorarán aos noivos nos mellores destinos, os mellores hoteis e as mellores opcións para a súa lúa de mel coa mellor relación calidade-prezo. Tendo en conta o complicado que resulta compatibilizar as obrigacións diarias cos preparativos, a posibilidade de xestionar, case ao mesmo tempo o transporte, o aloxamento dos invitados e a viaxe de noivos é toda unha vantaxe. Os seus máis de cincuenta anos de experiencia non rifan co afán de evolución e innovación en todas as ac-

tividades empresariais que desenvolve. O grupo aposta sempre por unha impecable formación continua a todos os seus traballadores, os seus coches e autobuses incorporan sempre os últimos avances en seguridade e confort, incluso adiantándose en anos ás obrigacións legais en materia de seguridade e por suposto, a innovación na prestación de todos os seus servizos, fai que o grupo sexa o referente do sector en toda a provincia. En definitiva, o grupo ANPIAN ofrece a garantía da experiencia coa comodidade da modernización dos seus servizos.

Estamos en: Anpian - r/Ervedelo, 58 Viaxes Piña - r/Ervedelo, 69 Viaxes Auria - r/Cardenal Quevedo, 2


OCIO E CULTURA

4O RINCÓN DO ARQUIVO VISUAL OURENSÁN de animar a todos os ourensáns para que colaboren connosco nas tarefas de recompilación destas fermosas imaxes que forman a nosa historia próxima. Coa vosa axuda poderemos expornos nun futuro, organizar esas exposicións históricas das que a todos nos gustaría gozar. A fotografía de hoxe (anos 50) pertence a un centro escolar da cidade,

desaparecido e case esquecido. Trátase do centro nado baixo a tutela da fundación Villanueva, na rúa Ensino do Barrio do Couto, (até hai pouco radio Ecca, e actualmente é o centro Municipal de información e atención á muller). Arquivo visual Ourensán Fondo Pilar Núñez Texto Rafael Salgado Fotógrafo descoñecido www.ourensenotempo.com

Aula da escola existente na rúa Ensino do Couto nos anos 50.

4 MULLERES ANÓNIMAS

Dora Poida que moitos e moitas ao ouvir este nome tráialles á mente a imaxe dunha muller infatigable, traballadora incansable e coordinadora de todas e todos aqueles nenos e nenas que tivemos a honra de compartir con ela momentos inesquecibles. Unha muller que adicou e adicará a súa vida a axudar, a ensinar o mellor de si. Lembro as tardes até case entrada a noite de ensaios e máis ensaios. Non valían medias tintas, nin tampouco outro día farémolo mellor. Esixía aos demais, pero a ela esixíase o dobre. E a pesar de que se pasaba todo o día traballando aínda quedaba tempo para ensinar a tocar a guitarra, preparar a Casa Parroquial para que todo estivese a punto, limpar, ordenar, colocar. Nunca a vin sentada salvo cando celebrabamos os triunfos nos festivais de “A Canción Misioneira” ou “Cantareliña”. Todos estabamos a desexar que chegase o día sinalado para saír ao escenario e dar o mellor, os nervios apoderábanse de todos, pero creo que de todos a que peor o pasaba era

Dora, que antes de subir ao escenario nos aleccionaba por última vez: “as mans atrás, nada de brazos en cruz, colocádvos firmes”. Por suposto os chicles non estaban permitidos nin nos ensaios. Cantas festas e cantas risas. Cada premio para nós era unha ilusión, pero todos aqueles premios eran tamén dela, son dela. Da que nos ensinou a cantar, a colocarnos fronte a un público, de non ter medo a subir ao escenario e dar o mellor de nós como ela facía e fai cada día. Ensinounos que para conseguir algo hai que traballar, que ninguén che regala nada. Ensinounos que facer as cousas ben importa máis que facelas, e así cada día como sempre todo o que toca convérteo en perfección, non hai nada que se lle resista, cando se propón algo, conségueo, custe o que custe. E aínda que a última vez que me subín a un escenario foi fai moito, moito tempo, non esquecerei aquel momento e as súas felicitacións ao baixar, porque a pesar de facernos traballar moi duro sempre, non importaba a decisión do xu-

rado, dábanos unha palmada cariñosa e fraternal porque o importante era que deramos o mellor de nós que era precisamente o que ela nos quixo ensinar e todos sen excepción aprendemos. Unha muller forte e loitadora que segue no mesmo cerco dándoo todo e axudando, sen sentirse protagonista, a todo aquel que se achega a ela buscando simplemente un pouco de consolo, unha man amiga. Unha muller que aínda que de anónima non ten nada, porque no Barrio da Ponte é dabondo coñecida, creo que se merece estar nesta sección pola súa loita, o seu esforzo, o seu traballo desinteresado e o seu gran labor á fronte dunha parroquia que sen ela non sería o mesmo. Grazas desde aquí pola parte que me toca e a seguir dándoo todo como até agora.

O mecanismo das formigas Falei noutra ocasión das palabras desimantadas; do escaso valor que se lle concede á palabra e do barato que resulta usala, con todo o que iso poida implicar. Pero deteñámonos agora a pensar no dano moral que lles podemos facer a esas formiguiñas imprescindibles na linguaxe oral e na expresión escrita ao usar seus nomes en vano. Porque todo comeza nos símbolos escritos, que non son outra cousa que formigas que camiñan xuntas para formar nomes, e palabras, e oracións, textos, intencións, diálogos, declaracións de amor... Pobres formigas. E tampouco falemos de como se podería sentir un artesán cuxa materia prima sexan elas; as formigas; as palabras, ao testemuñar unha palabra lasa. Son formigas que ás veces pican e son bravas, outras son invisibles, outras ignoradas; ás veces inútiles e moitas, moitísimas veces tentámolas levar ao noso terreo, sen escrúpulos, para que digan única e exclusivamente o que nós queremos, o que a nós nos interesa, para beneficiarnos. Berrando con grandilocuencia que defendemos o diálogo cando non se trata doutra cousa que do xeito en que cada un acade seus propósitos. Coma no caso destes

4HUMOR

días da prepotencia policial ocorrida en Valencia diante dun colexio, mallando nenos, que, digan o que digan os que agora lle queren botar terra culpando aos rapaces, levou a unha representación de alumnos maduros a “dialogar” coa subdelegada do Goberno, quen, enarborando a súa defensa do diálogo impuxo antes de comezar tal (o “diálogo”) que dimitir non estaba en absoluto nos seus plans (“yo dialogo, sí, pero sé en todo momento lo que voy a decir y no me vais a convencer de nada”). Que dirían as formigas negras, que son a base da cadea da expresión e polo tanto do diálogo, se cobraran vida e se decataran de que moitas das veces cando as levan a un diálogo soamente están participando nun xogo consistente en levar ao rego propio ao dialogante opoñente. Penso que ten tanto peso na catadura moral da humanidade que podería formar parte das outras dúas cousas que lles tiran o sono á humanidade: a plusvalía e o sexo. Completemos pois a frase aquela: tres mecanismos dominan o mundo: o sexo, a plusvalía... e os intentos desesperados de impoñernos uns aos outros. Jorge Emilio Bóveda jorgeemilioboveda.es

Teatro - 24 de marzo - “Al final del arcoíris”- 20:30 h. - T. Principal - 25 de marzo - “Las cuatro esquinas” - 19 h. - T. Principal Cine - 29 de febreiro – “Tournée” – 18, 20:30 e 23 h. – Cinebox - 7 de marzo - “Nader e Simin, unha separación” - 18, 20:30 e 23 h. – Cinebox - 9 de marzo – “El crepúsculo de los dioses” – 20:30 h. Centro Cultural Deputación - 14 de marzo – “Le Havre”18, 20:30 e 23 h. – Cinebox - 21 de marzo – “Pequenas mentiras sen importancia” 18, 20:30 e 23 h. – Cinebox - 28 de marzo – “Un deus salvaxe”- 18, 20:30 e 23 h. – Cinebox - 23 de marzo- “El hombre tranquilo” – 20:30 h. - C.C.D. Exposicións - Ata o 4 de marzo - “Naqueles vellos pupitres” - Museo Municipal Música - 2 de marzo – Capilla Flamenca – 21 h. – Catedral - 3 de marzo – Nacho Vegas – Teatro Principal - 4 de marzo – José Manuel Álvarez e Andres Riera – 19 h. – Teatro Principal - 4 de marzo – Leilía – 19 h. - Auditorio - 6 de marzo – Raquel Alâo e Daniel Oliveira – 20:30 h. – Igrexa de Santa Eufemia - 9 de marzo - Alexander Melnikov – 20:30 h. – Teatro Principal - 10 de marzo – II Live for Madness Metal Fest – Sala Red Sounds - 11 de marzo – The Orlando Consort – 20 h. – Igrexa das Caldas Conferencia - 1 de marzo – “A reforma laboral a fondo”, por Alberto Nadal - 16:30 h. – CEO - 8 de marzo - “Reminiscencias dun neno prodixio”, a cargo de Julián Carrillo – 19 h. - Conservatorio de Música www.mundourense.com

Mónica F. Pintos

“Dora ensinounos que para conseguir algo hai que traballar”

35

4AXENDA

4LITERATÚA

“Naqueles vellos pupitres” No museo Municipal podedes visitar estes días a exposición organizada polo AvO “Naqueles vellos pupitres”. Seguindo a liña das actividades do AvO, non se pretende ofrecer unha completa exposición da historia da cidade, neste caso dos seus centros escolares; se non mais ben deixar patente a existencia da asociación, e mostrar o seu traballo, a fin

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

Todas as viñetas en http://oemigrantedopazo.blogspot.com/


36

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

EN BREVE

4 28º Premio de poesía “Cidade de Ourense” A concellería de Cultura vén de convocar unha nova edición do Premio de Poesía “Cidade de Ourense”, ao que se poden presentarse todos aqueles que o desexen (salvo os gañadores das 27 edicións anteriores), con traballos inéditos, que consten dun mínimo de 600 versos e escritos en galego ou portugués; e que deben entregar ata as 14 horas do 30 de abril no Rexistro do Concello de Ourense, no caso dos participantes galegos, e na Cámara Municipal de Vila Real, os procedentes de Portugal. O autor do mellor dos traballos recibirá 6.000 euros e a súa creación publicarase en formato libro.

4 Live for Madness Metal Fest O 10 de marzo chega a segunda edición do Live for Madness Metal Fest. Un festival que naceu o ano pasado co “firme propósito de potenciar o metal na nosa provincia”, aseguran os seus organizadores. O grupo ourensán Hidden Code, os vigueses Skydancer, os madrileños The Seed e a formación mallorquina Prosthetics compoñen o cartel desta segunda edición, que terá lugar na Sala Red Sounds (no barrio das Camelias) a partir das 21 horas, cun prezo de entrada de 8 euros en venda anticipada (en Motorcycles Shop Ourense , Matiz Instrumentos Musicais e Pub O Jato Nejro) e 10 euros en taquilla.

4 Homenaxe a Os Resentidos Despois de 18 anos sen subirse xuntos a un escenario, Os Resentidos voltarán a facelo o 12 de maio en Expourense, nun concerto homenaxe aos seus dez anos de carreira, á que puxeron fin en 1994 logo de colleitar un éxito envexable. Unha oportunidade única de ver sonando de novo a Antón Reixa, Javier Losada e Javier Soto.

OCIO E CULTURA

4AVATARES DUNHA ACTRIZ NOVATA

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

Parellas

Sobrevivir a San Valentín Esta carta vai dirixida a todos aqueles solteiros ou solteiras que sobrevivades un San Valentín máis sen flores, chocolates ou lencería sexy, último berro de “Vitoria Secret”. Non desesperedes que hai luz a final do túnel. A min a luz ensinouma o meu compañeiro de piso Lituano. Aquí estamos os dous e os outros tropecentos emigrantes que somos, vivindo co xusto, coméndonos as uñas nunha das cidades máis elegantes e felices de Europa. Aquí plantamos a nosa presenza e o noso currículo de humanistas e científicos sociais, ramas académicas en grao sumo demandadas ao longo e ancho do mundo, como ben sabemos todos que temos a mesma vocación e título. Por desgraza non nacemos para ser enxeñeiros ou médicos, non nos vai o da enfermería, e de economía entendemos que hai diversas especies de carne no supermercado cuxo valor

desorbitado nos está forzando a ser vexetarianos por necesidade máis que por convición ou ética. Aínda que hai que ver como están os tomates ultimamente! É que a caso viaxan en primeira desde Italia? El lembroume que as cousas importantes na vida non son un agasallo empaquetado nun papel que é máis caro que o contido que o envolve. Que va! Iso é só o reflexo da felicidade momentánea medida polo prezo dunha etiqueta que a encargada da tenda remove para que nunca saibamos o prezo, coma se ese misterio incrementase o factor sorpresa e engadise un toque de eternidade á nosa historia de amor! Coma se non tivesemos suficiente, isto de comercializar os sentimentos é outra tensión engadida á interminable lista dos que xa existían. Co xusto e necesario, o meu compañeiro de piso comprou un billete de avión para ir ver á súa

noiva. Pagar esta sorpresa custaralle horas extras lavando pratos na cociña dun restaurante de Copenhague no que este licenciado en xornalismo traballa 4 días á semana. Que outra cousa podería facer si o que máis quería estaba lonxe? E pregúntome, cantos “valentines” saben apreciar o que teñen preto? se o tratán como se merece ou se merece a pena gastar tanto en bobadas cando o máis importante ás veces non custa nada. Por iso hai que manter a fe. Porque algúns e algunhas quedan que saben cando é xusto pagar un prezo. Ás veces é mellor non ter nada que ter por ter. Ás veces temos que facer o que facemos e ser quen somos porque nada máis nos faría felices. E iso non hai Mastercard que o pague por moito que algúns se empeñen. Raquel Sertaje

4TRIBUNA ABERTA Nas mans dos empresarios A verdade é que non levo a conta dos artigos que, dunha maneira directa ou indirecta, teñen relación coa crise; pero a situación, en vez de mellorar, parece que cada vez vai a peor. Aínda que a nosa intención sexa ver a botella medio chea o que observamos é un recipiente medio valeiro. O pasado trece de febreiro entrou en vigor a nova lei de reforma laboral co fin de tentar que a sangrante evolución das cifras do paro poidan cambiar de tendencia. Evidentemente a toda novidade hai que otorgarlle a súa marxe de confianza, eses cen días, por exemplo, que a oposición concede aos novos gobernantes, para logo ofrecer unha valoración como é debido. Mais, e despois de examinar algúns dos cambios que están reflexados na “Ley 3/12”, quédome con un que me preocupa, trátase do que fai referencia ao despido. Segundo a nova lei, redúcense as indemni-

zacións a 33 días por ano traballado e, se a empresa xustifica perdas durante un periodo estipulado, serían 20 días. O obxetivo é unha maior flexibilidade laboral. A miña dúbida é se se pode crear emprego con estas medidas. Hai paises do noso entorno no que a lexislación en materia de traballo é aínda máis flexible e contan cunha taxa de paro envexable polas súas baixas cifras. O que non teño claro é se o empresario español ten o mesmo comportamento que o empresario veciño e se creará emprego coa reforma. Nos últimos anos vivimos expedientes de regulación de emprego case a diario, xustificados pola redución da produccón e, por conseguinte, de beneficios, e todo esto contando cunha lexislación menos flexible. Algúns dos expedientes de regulación, se os analizamos a fondo, teñen máis de diminución de persoal fixo, que unha dieta de emprego por razóns de redución

importante de carga de traballo. De esta reflexión ven a miña desconfianza sobre o desenvolvemento da nova lei. Estamos pois en mans do que o empresario quera facer; se éstos aproveitan as novas medidas para crear emprego, sen medo, a reforma será exitosa; pero se o empresario aproveita a “Ley 3/12” para destruir emprego, encontraríamonos nunha senda sen saída e con escasos recursos para poder modificar o futuro da crise de emprego que castiga a España. Polo tanto dependemos do comportamento dos nosos empresarios. Xavi C. Martiñá

“Coa reforma laboral estamos en mans do que os empresarios queiran facer: crear emprego ou destruilo”

Un roce, un sorriso, unha caída de ollos, bícanse e chega o momento, fan o amor a beira do mar baixo unha luz incrible. E despois de ver unha romántica secuencia como pode ser esta, chega a pregunta: Ti tamén vas ter que facer esceas así? A resposta: pois non sei, cariño. Se me toca pode que si. E chega o primeiro problema. Estas conversas danse, cando algún dos dous se mete nestas lerias de ser actor ou actriz, e se a relación está nos inicios, ui! Aparentemente só se poden dar tres casos: 1- Que a parella acepte este traballo coma outro máis. 2- Que sinta ciumes, e acabe deixando a relación. 3- Que sinta ciumes e acabe convencéndote para que sexas ti, quen deixe a profesión. Moitos pensan que cando existe unha relación amorosa na pantalla ou no escenario e case imposible que non haxa nada entre os intérpretes, perdón se molesto, pero para min iso é unha parvada das gordas. Como en calquera traballo hai compa-

ñeiros ou compañeiras cos que tes máis “feeling” e outros cos que tes menos, e iso pode facer que o traballo sexa máis doado e con mellor resultado ou todo contrario, un desastre. Non nego que ás veces poden xurdir “historias” entre compañeiros, pero acaso iso non ocorre nos hospitais, nas oficinas, nas fábricas ou no comercio? Isto é un risco da vida, non só da nosa profesión, pero coñezo a varios casos próximos ao segundo punto, ningún próximo ao terceiro, de momento, e moi de preto o primeiro caso e con bastantes extras engadidos. É doado falar pero a realidade é moito máis complexa e está chea de matices. Ser parella dunha actriz ou actor ten o seu aquel, e sobre todo se se trata dun profesional moi coñecido. Ademais, teñen que aturar horarios ás veces non moi habituais, ensaios, viaxes, inestabilidades varias, festas, estas últimas en caso de que vaias a elas, ou de que te inviten, claro. E o peor de todo, as nosas teimas e conversas ao redor do noso oficio, xa que para moitos de nos é O OFICIO. Saamira Ganay

4HUMOR

Todas as viñetas en http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com

4FELICITACIÓNS Álvaro Salgado Campos Aniversario: 19-02-2002 Moitas felicidades polos teus 10 anos. Que teñas un ano moi especial. Feliz cumple! Dos teus amigos D.R.S.S. [Envíanos as felicitacións a info@ourenseporbarrios. com, ou r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense]


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

37


38

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

OCIO E CULTURA

4O ENTROIDO EN IMAXES

Gran desfile na capital

Homenaxe humorístico a Frei Canedo

O Domingo de Entroido ao redor de 60 comparsas percorreron as rúas de Ourense ao son de diversas charangas nun desfile de carnaval que congregou a unha cantidade histórica de público. Cabareteiras, paxaros, hippies, bolboretas, pitufos, homes sen cabeza, zombies, paiasos, gatos con botas ou bombeiros foron algunhas das propostas dos participantes, entre as que tampouco faltaron as críticas sociais sobre temas de actualidade como os recortes en Educación e Sanidade, e que optaban a 6.700 euros en premios.

A música, a sátira, os bos disfraces e o humor foron os grandes protagonistas do Luns de Entroido no barrio da Ponte, onde, seguindo a tradición, os confrades de Frei Canedo homenaxearon ao seu patrón e á súa doutrina cun rito de purificación (no que foron recoñecidos 22 cofrades que continúan na agrupación dende a súa fundación, así como os novos membros), unha procesión polas rúas do barrio (á que non faltaron a cabra Blanquita, os lexionarios ou o abade da orde), unha cea e un baile de disfraces.

A voda da pita en Eiroás

Nicanor e Paquita, os protagonistas do Entroido de Seixalbo

Nenos e maiores do barrio das Eiroás escenificaron o Martes de Entroido a Voda da Pita, que nesta edición foi protagonizada por unha monxa pouco recatada, un cura facilmente manipulable, dous noivos avaros, un veciño sublevado compositor de coplas, un benemérito republicano, e até un Mariano Rajoy mitinero capaz de indignar a “Deus”. Un baile con orquestra, charanga, concursos e pasarela de disfraces, culminou a festa.

A Valenzá, a toda cor Trinta e seis agrupacións participaron o martes 21 no desfile do Entroido de Barbadás, que durante máis de dúas horas permitiu aos participantes lucir os seus deseños, que ían dende as creacións máis tradicionais ata as inspiradas en sátiras póliticas, personaxes famosos ou os ídolos de nenos e adolescentes. Valorando a elaboración dos traxes, a súa beleza e a animación que transmitían ao público o xurado escolleu aos seis mellores das categorías artística e enxebre, dotadas con premios de entre 400 e 260 euros.

En Seixalbo o último desfile deste ano de Paquita e Nicanor saiu o Martes de Entroido. Estas dúas figuras son a esencia dunha tradición orixinariamente asociada á fertilidade, segundo a cal, a parella á que se lle entregaban os bonecos tería un fillo ese ano. .

E adeus ao Entroido... Amigos e devotos desta festa reuníronse o mércores de cinza na Praza Maior de Ourense para formar o cortexo fúnebre que pecha cada ano a celebración. Como é habitual, as plañideiras acompañaron ao féretro da sardiña durante toda a procesión, logo da cal chegou o momento máis ‘tráxico’, a incineración do mesmo, acompañada do salouco “inconsolable” das mulleres. Segundo indica a tradición, nesas chamas queimábase ‘a sardiña’, pero tamén todos os excesos e ‘pecados’ que se cometeron baixo a influencia de don Carnal.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012

39


Ourense por BARRIOS Febreiro de 2012


Entrevistas sobre O Nadal xa a sanidade a está aquí Eloína Núñez e [páx. 15 José Luis Jiménez e páx. 39-42] BARRIOS

Páx.10

CIDADE

Páx.15

Alegacións á liña de O PP denuncia AVE a Lugo que afecta deficiencias no a Oira e Peliquín pavillón dos Remedios

DEPORTE

Páx.18

ARTIGOS

Páx. 22

O Ponte Ourense Historia de Ponte vence e xa é segundo, Canedo: as festas a catro puntos do líder patronais

[páx. 2 e 3]

ESPECIAL

P.27-34

Prepara o teu evento: especial vodas, bautizos e comuñóns

Reforma da Praza de Abastos da Ponte

[páx. 5]

O edificio do mercado municipal xa foi valado e os praceiros trasladaron os seus postos á praza posterior./M.R.

Número: 104 - Ano: XI - Febreiro 2012 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Entrevistas sobre O Nadal xa a sanidade a está aquí Eloína Núñez e [páx. 15 José Luis Jiménez e páx. 39-42] BARRIOS

Páx.4

BARRIOS

Páx. 5

Desartellado un punto Empeza o desenvolvede tráfico de drogas mento urbanístico do no barrio da Cuña PERI das Burgas

BARRIOS

Páx.6

Retiran durante o día os colectores do casco histórico

[páx. 2 e 3]

DEPORTES Páx.18

ESPECIAL

Cuarta victoria consecutiva do COB con Rafa Sanz no banco

Prepara o teu evento: especial vodas, bautizos e comuñóns

P.27-34

Humanización de rúas en San Francisco [páx. 4]

Zona infantil renovada no curruncho da rúa Serra de Queixa con Pena Trevinca. /RAMSÉS

Número: 90 - Ano: XI - Febreiro 2012 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Entrevistas sobre a sanidade a Eloína Núñez e José Luis Jiménez BARRIOS

Páx.5

A rehabilitación da Praza de Abastos, á espera de financiación

BARRIOS

Páx. 6

Retiran durante o día os colectores do casco histórico

CIDADE

Páx.6

Escolares do Mestre Vide irán ao cole en bus urbano

ESPECIAL

P.27-34

Prepara o teu evento: especial vodas, bautizos e comuñóns

[páx. 2 e 3]

OCIO

P.38

Os diferentes Entroidos da cidade, en imaxes

Manifestación contra a reforma laboral

[páx. 16]

A mobilización do Domingo de Entroido organizada por CCOO e UXT reuniu en Ourense a unhas catro mil persoas. /P..L.

Número: 53- Ano: XI - Febreiro 2012 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.