Decembro 2011 - OUxB

Page 25

SAÚDE

4VETERINARIA

4GUÍA DE SAÚDE

25

4PAIS E FILLOS

Problemas gastrointestinais en cachorros Os vómitos e diarreas son uns dos principais motivos de consulta na clínica veterinaria. Os problemas gastrointestinais adquiren unha maior importancia en cachorros por diversos motivos, por exemplo, a presenza de causas víricas. Independentemente da causa, o simple feito de que un cachorro (sobre todo se se trata de razas pequenas) presente vómitos e diarrea pode provocar a morte por deshidratación e/ou hipoglucemia en menos de 24h. Centrándonos nos problemas gastrointestinais dos cachorros podemos englobar as diferentes causas en 3 grupos: - Causas dietéticas: calquera cambio brusco na alimentación pode desencadear en vómitos e/ou diarrea. Na maioría dos casos isto prodúcese por dar restos da nosa comida. - Causas parasitarias: existe unha gran variedade de parásitos internos que poden afectar ao noso cachorro, e practicamente todos poden desencadear síntomas gastrointestinais. En xeral os antiparasitarios

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

utilizados de rutina en cachorros son efectivos fronte á maioría dos parásitos. Con todo, existen outros que necesitan un tratamento concreto para a súa total eliminación, como son, por exemplo, os coccidios e as giardias, máis frecuentes en cachorros que en adultos, sobre todo se proceden de colectivos caninos, como poden ser os criadeiros, refuxios, etc. Moitos destes parásitos poden ademais provocar lesións no tracto intestinal que poden facilitar a aparición de infeccións secundarias que comprometan aínda máis a vida do animal. - Causas víricas: existen diversos virus que poden provocar esta sintomatoloxía, sendo o parvovirus o máis importante pola súa incidencia, gravidade e contaxiosidad. A parvovirosis (panleucopenia en gatos) aparece con relativa frecuencia en animais novos sen vacinar, sendo moi rara en adultos e animais vacinados. O parvovirus provoca vómitos e diarreas sanguinolentas, ademais do estado de inmunodeficiencia

(baixo nivel de defensas no organismo), o que fai practicamente imprescindible o seu ingreso con soro intravenoso (ademais da medicación correspondente) para manter ao animal con vida, mentres non remite a sintomatoloxía (normalmente cunha duración de entre 3-5 días), sen garantir isto a supervivencia do cachorro. Coñecendo isto, tras a entrada dunha nova mascota nas nosas vidas, podemos seguir unha serie de consellos para minimizar o risco de que sufra algún destes contratempos: - Administrar pensos de alta calidade, realizando os cambios necesarios na dieta sempre de forma gradual, ademais de evitar que coman restos da nosa comida. En canto a isto, advertir tamén que, ao contrario do que ás veces se pensa, o leite de consumo humano (leite de vaca) non é recomendable para cachorros, xa que non é tan dixestiva para eles e pode provocar problemas dixestivos. - Desparasitar internamente desde o mes de idade, sendo aconsellable a

realización dunha análise coprolóxico (analítica de feces) previo, para utilizar o antiparasitario máis adecuado en cada caso. - Establecer unha correcta pauta vacunal, evitando situacións estresantes, contacto con outros cans, etc. antes de realizar a mesma. Os primeiros meses de vida da nosa mascota son os máis importantes e nos que temos que prestarlle unha maior atención. Durante esta época teñen un maior risco de sufrir enfermidades, que poden pór en serio risco a súa vida, ademais de ser o momento en que debe recibir unha correcta “educación”, o que evitará problemas de comportamento cando sexa adulto. Se temos en conta os pequenos consellos que aquí abordamos e seguimos as recomendacións do noso veterinario, aumentaremos a calidade de vida da nosa mascota e fará máis gratificante nosa convivencia con ela. Miguel Gómez Gómez Veterinario Hospital Veterinario Abros

[Se quere anunciarse nesta sección chame ao teléfono 988 239 634]

Prohibido prohibir Existen moitos e variados métodos de educación. Uns máis duros, outros máis brandos, uns complicados, outros sinxelos, uns máis aplaudidos e outros máis criticados, pero un e só un é o “antimétodo” educativo e ese método chámase “Prohibir”. Prohibir é sinónimo de tentación, de represión, de submisión e de rebeldía. Nunca é sinónimo de educar ou comprender. O mellor método educativo é dar exemplo, sen dúbida. Os psicólogos chamámolo “aprendizaxe vicaria”. Existe un episodio moi simpático na miña vida que me gustaría compartir convosco. Sería o ano 89 e estaban moi de moda uns pantalóns vaqueiros moi caros cuxo distintivo era unha etiqueta vermella,. Quen non tiña eses vaqueiros non era “guay”. Recordo que aquel nadal pedira por Reis aqueles pantalóns tan ansiados, sei que aos meus pais non lles facía moita graza pero non me prohibiron nada. Chegou a noite de reis e aí tiña o meu paquete, había un exactamente igual para a miña irmá, sabía o que contiñan. Os pantalóns! Tamén había uns pantalóns da mesma marca para o meu pai.

O meu pai levantouse, foi buscar unhas tesoiras e acto seguido cortou a marca do pantalón e a etiqueta vermella. Creouse un sólido silencio na habitación, que rompeu o meu pai sentenciando: “Eu non vou facendo publicidade a ninguén!”. A miña nai, a miña irmá e eu mirámonos pampas e miramos ao pantalón. Para unha adolescente de 14 anos esa escena foi o mellor método de “cambiar o chip” (unha auténtica reestruturación cognitiva). A día de hoxe non me gusta guiarme pola moda, non me gusta levar roupa de marca e non me gusta que se vexa a marca da roupa. Quizais me volvín un pouco radical pero ao ver unha persoa considerándose “guay” por levar un bolso de marca lembro a frase do meu pai “facendo publicidade” e vénme á mente aqueles personaxes que se vestían colgado carteis publicitarios, sorrío e penso que á esa persoa seguramente lle prohibiron moitas cousas , que é unha persoa reprimida e resentida e que compensa as súas carencias co materialismo. Prohíbelle a un neno calquera cousa e crearás un adulto resentido. Diana R.Salgado Psicóloga

Completado o equipo directivo da Xestión Integrada da sanidade ourensá Redacción A Xestión integrada de Ourense, Valdeorras e Verín completa o se equipo directivo. A nova estrutura directiva, encabezada por Eloína Núñez, como xerente, consta con dúas novas subdireccións, a de Sistemas de Información, asumida por Francisco José J. Rodríguez -ata agora coordinador e a subdirección de Calidade, Atención ao Paciente, Admisión, Formación e Investigación, que estará dirixida por Ciro Andrés Cabezas. Á fronte da Dirección de Proceso Asistencial estará María Holanda Rodríguez Vázquez. A extensión de

funcións e competencias desta dirección estratéxica repártese a súa vez en catro direccións dependentes: de Procesos sen Ingreso e Urgencias (a cargo de María Isabel Gómez); de Procesos de Soporte (con María Jesús Fernández ao fronte); de Procesos con Ingreso (dirixida por Alfonso Iglesias) ; e de Procesos de Enfermería (pilotada por María Victoria Carral). Pola súa banda, a nova responsable da Dirección de Recursos Humanos de Ourense, Verín e O Barco será Celia Saiz, que realizaba xa esta función no CHUOU. E, finalmente, Alberto Pedrera fíxose cargo da Dirección de Recursos Económicos de Servizos Xerais.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.