Decembro 2011 - OUxB

Page 1

a alta OEstréase Nadal xa velocidade galega está aquí [páx. 15 [páx. 3-5] e páx. 39-42]

TEMA DO MES Páx.2

BARRIOS

Páx.13

Norman Foster construirá a futura estación intermodal

A Xunta cede ao Concello a titularidade da rúa Ervedelo

DEPORTES

Páx. 15

O CD Ourense, campión de inverno, busca presidente

CIDADE

Páx. 16

O pleno de Ourense aproba as ordenanzas fiscais para 2012

OCIO

Páx. 37

Nadal máxico na Valenzá, con actividades culturais e infantís

O Couto potencia o ambiente navideño

[páx.32]

Músicos de Queixumes dos Pinos animan musicalmente as rúas do barrio, en colaboración co CCA Couto Centro. /RAMSÉS.

Número: 112 - Ano: X - Decembro 2011 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

TEMA DO MES

Norman Foster construirá a estación de Ourense

4 O xurado considerou a proposta do arquitecto británico como a mellor para o deseño da futura estación intermodal de Ourense. P.L. Adif adxudicou a Norman Foster o proxecto da nova estación intermodal de Ourense. Entre as sete candidaturas, o xurado convocado por Adif elixiu a presentada baixo o nome “As Burgas 11.11.11.”, deseñada pola unión temporal de empresas integrada por Foster+Partners, a empresa galega G.O.C. e o arquitecto ourensán Juan Carlos Cabanelas, por un importe de 3,3 millóns de euros. O orzamento total estimado para a construción da futura estación intermodal ascende a 67,2 millóns de euros e a UTE adxudicataria do proxecto dispón dun prazo de 42 meses: 12 meses para redactar o proxecto básico, 6 meses para o proxecto construtivo e 24 meses para a supervisión da execución das obras. Realizada a adxudicación por parte do xurado, falta a firma do contrato para completar a tramitación do proxecto, e esta realizarase xa co novo Goberno do PP formado. Criterios do xurado O xurado, composto por técnicos e directivos de Adif, representantes dos distintos colexios profesionais e o alcalde de Ourense, considerou a proposta de Foster como a máis idónea

e que achega a maior calidade arquitectónica e técnica. Entre outros aspectos, o deseño gañador aposta pola integración dos barrios da Ponte e o Vinteún (cun novo vial elevado sobre as vías e en curva que unirá Xesús Pousa con río Arnoia); pola creación dun parque público sobre o espazo de vías cuberto (que se poderá contemplar desde a propia estación); pola entrada de luz natural nos andéns; ou pola creación dunha praza a nivel da avenida de Marín xunto á futura estación de autobuses. Ademais, mantén en pé a estación actual. Estación Intermodal O contrato inclúe o proxecto de estación ferroviaria, novos edificios para o Posto de Mando e oficinas de Adif, a prolongación da rúa Xesús Pousa Rodríguez e o proxecto básico de praza de cobertura de vías entre a nova estación intermodal e a avenida de Santiago. O proxecto deberá realizarse en coordinación co protocolo de colaboración asinado entre Fomento, Concello, Adif e Renfe para a integración do ferrocarril en Ourense.

A firma do contrato realizaraa o Goberno do PP

Infografía do proxecto presentado por Foster+GOC+Cabanelas baixo o lema As Burgas 11.11.11.

4 Unha adxudicación, dous posicionamentos A adxudicación da estación do AVE en Ourense cun Goberno central en funcións non gustou ao executivo galego. Para o presidente da Xunta, “os grandes proxectos merecen grandes consensos desde o principio ata o fin, e lamentablemente en Ourense non hai consenso nin no principio nin no fin”. Alberto Núñez Feijoo acusou ao Goberno en

funcións de falta de lealtade institucional e profesionalidade, ao adxudicar este proxecto “a unha semana” (da súa marcha). “A porta de entrada do AVE a Galicia non se pode aprobar pola porta de atrás”, insistiu. Aínda así, Feijoo agarda que os novos responsables de Fomento “busquen as mellores solucións técnicas” para a estación ourensá, aludindo á posibilidade

de soterramento. Desde o Concello de Ourense, o seu alcalde, acusou ao PP de utilizar excusas para paralizar o AVE galego. “O presidente da Xunta ten que explicar porque está empezando a falar de que (o AVE) pode chegar aquí no 2018 cando ata fai dúas semanas estaba esixindo que se cumplira o prazo establecido no Pacto de Obradoiro”, dixo Francisco

Rodríguez, quen tamén defendeu que a adxudicación da estación “se rixe por normas recollidas nun prego de condicións que compromete”. E avisou: “se alguén paraliza isto terá que responder diante dos cidadáns”. “Agora mesmo non nos podemos permitir que haxa ningún atisbo de retraso”, recalcou o rexedor socialista.


TEMA DO MES

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

Estréase a alta velocidade galega

4 Desde o 10 de decembro pódese viaxar en tren desde Ourense a Santiago en 38 minutos, e á Coruña, nunha hora e oito minutos. Redacción Santiago e A Coruña están desde este mes un pouco máis preto de Ourense, coa apertura o pasado día 10 da liña de alta velocidade (LAV) que conecta as tres cidades. Un acto de inauguración que contou coa presenza do ministro de Fomento en funcións, José Blanco, do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e do alcalde ourensán, Francisco Rodríguez, acompañados do presidente de Adif, Antonio González, e o presidente de Renfe, Teófilo Serrano, entre outras autoridades. Todos eles viaxaron no tren inaugural desde A Coruña a Ourense -con parada en Santiago-, un percorrido de 150 quilómetros que cubriron nunha hora 8 minutos. Necesidade de completar o AVE No momento dos discursos, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que para que esta liña de alta velocidade adquira “verdadeiro sentido” é preciso “darlle continuidade a través da conexión coa Meseta, a través do AVE que conecte Galicia con Madrid, e desde alí ao resto de España e Europa”. O titular do executivo galego lembrou que restan aínda “326 quilómetros para que os galegos poidamos percibir realmente os beneficios e as oportunidades que ofrecerá o AVE polo que levamos tanto tempo agardando”. Pola súa banda, o rexedor ourensán, tras congratularse desta “viaxe histórica”

José Blanco intervén na inauguración da conexión de alta velocidadade galega, no que foi un dos seus últimos actos como ministro. No público, entre outras autoridades o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e o de Asturias, Francisco Álvarez Cascos, que fora ministro de Fomento cando se iniciaran as obras do AVE. /RAMSÉS. insistiu en que “o Concello non renunciará, nin aceptará aprazar, desvirtuar ou minimizar, ningunha destas actuacións, xa pactadas coa cidade e definidas nos correspondentes acordos e protocolos”. “O proxecto AVE a Galicia debe continuar nos termos e co calendario previsto. Paralo, frenalo, ou alonxar o horizonte do tren de progreso, que avanza por fin a velocidade de cruceiro, é un luxo que Ourense e Galicia non se poden permitir, nin os cidadans poderían tolerar”, subliñou na súa intervención.

O alcalde insistiu en que non haxa aprazamentos na finalización do AVE

4 Máis de 3.300 millóns investidos A construción desta infraestrutura supuxo un investimento do Goberno de España de máis 3.300 millóns de euros. Con ela, Galicia entra no mapa da alta velocidade española, que xa conecta directamente 27 cidades. A maior parte dos fondos (2.547 millóns) destináronse á conexión ferroviaria de alta velocidade de nova construción entre Ourense e Santiago. Unha nova vía que reduce a distancia de percorrido entre ambas as capitais en 38,9 km, pasando dos 126 anteriores a 87,1 km. Trátase dun tramo de gran complexidade construtiva pola accidentada

orografía que atravesa. Para salvala, foi necesaria a construción de 31 túneles, que suman 29,3 km baixo terra, e 38 viadutos, que totalizan 20,4 km de lonxitude. Entre Santiago e A Coruña levouse a cabo unha mellora integral da liña existente, con duplicacións de vía e variantes sobre o trazado anterior, incluíndo a electrificación do traxecto. Tras a mellora, o percorrido entre ambas as cidades reduciuse en case 13 km. A chegada da alta velocidade tamén requiriu obras de adaptación na estación de Ourense. A nova LAV está deseñada para velocidades máxi-

mas de 350 km/h, o que permite reducir significativamente o tempo de viaxe entre Ourense e A Coruña (que pasa de 2 horas e 15 minutos a tan só 1 hora e 8 minutos) e Ourense e Santiago (que pasa de 1 hora e 34 minutos a tan só 38 minutos). Tamén se benefician de notables aforros de tempo as conexións co resto de destinos do centro peninsular. Así, o tempo de viaxe entre Madrid e Galicia redúcese ao redor dunha hora e no segundo trimestre de 2012, coa entrada en servizo dos novos trens Alvia Híbridos, outros trinta minutos adicionais.

4EDITORIAL

E chegou o tren... Desde o 10 de decembro, Ourense está un pouco máis preto do resto de Galicia. O soño converteuse en realidade, e grazas a un tren, desprazarse a Santiago ou A Coruña é agora case un paseo. Por un día, Feijoo e Blanco deixaron os reproches a un lado, para as fotos de inauguración, mais a sintonía durou pouco. O motivo: a estación do AVE en Ourense. Os socialistas apuraron ata o último momento do seu paso polo goberno para deixar adxudicado o proxecto da futura estación intermodal. Os populares galegos insisten en que se estude a posibilidade de soterramento da infraestrutura, e ao mesmo tempo pídenlle ao novo Goberno central que non tramite novos contratos do AVE galego. Do que se intúe un posible adiamento das datas previstas para que a conexión coa Meseta estea finalizada. En Galicia, e particularmente en Ourense, sempre estamos acostumados a chegar os últimos a todo, e parece que coa alta velocidade seguirá sendo así. Se en tempos de bonanza os políticos aventuraban prazos para a finalización do AVE que non resultaban cribles, que podemos agardar cando as arcas públicas están baleiras? Sen pensar que a nova infraestrutura ferroviaria vai ser a panacea de todos os nosos males, cremos que está claro que é unha prioridade para Ourense, e como tal, debe ser tratada polo novo Goberno e reclamada polos nosos representantes políticos. É de xustiza. opinion@ourenseporbarrios.com


Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

PUBLICIDADE


TEMA DO MES

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

a alta velocidade galega

Máis frecuencias e máis caro 5 Cinco conexións unen a diario Ourense con Santiago, a un prezo de 13,5 euros. Redacción A estrea da liña de alta velocidade galega trouxo consigo o incremento de enlaces entre Ourense e Santiago e A Coruña, unha significativa reducción dos tempos de viaxe e un aumento do prezo do billete. O novo Avant ten cinco conexións diarias desde Ourense con Santiago e dúas delas continúan ata A Coruña. De luns a venres, o tren sae da estación Empalme ás 7, 8 e 9 da mañá, chegando á capital compostelá 38 minutos despois. O das 8 segue ata A Coruña, a onde chega ás 9:08. Os sábados e domingos é o tren das 9 o que prolongue a viaxe ata a cidade herculina. Pola tarde a saída diaria é ás 19

horas (viaxe ata Santiago e prolongación á Coruña), e os domingos hai outra conexión con Santiago ás 21 horas. O regreso desde Compostela realízase ás 8,15:30 e 21:30 horas nos días laborables, e ademais ás 9:30 e 19 horas a diario. A oferta de luns a venres é de 2.800 prazas. Prezos e abonos O billete sinxelo entre Ourense e Santiago ten un prezo de 13,5 euros (antes custaba 8,20 en tren rexional), mentres que viaxar ata A Coruña supón desembolsar 22,5 euros. Renfe non aplica descontos de ida e volta nos trens Avant, pero ten varios tipos de descontos para viaxeiros frecuentes. Así, un Abo-

no 10 permite un aforro do 15% en cada traxecto, mentres que un Abono Cartón Plus de 20 viaxes fai un desconto do 31% no prezo, o de 40 viaxes desconta o 53%, e finalmente no de 50 viaxes, a rebaixa é de ata o 57%. Compromiso de puntualidade O servizo Avant garante aos seus clientes chegar a tempo ao seu destino grazas ao compromiso de puntualidade de Renfe. Se se produce un atraso superior a 15 minutos, Renfe devolve o 50% do billete; mentres que o reintegro será do 100%, se é superior a 30 minutos. As conexións OurenseSantiago-A Coruña son

Curiosos observan a partida do Avant da Estación Empalme./RAMSÉS. prestadas por trens de última xeración, da serie 121, que son de ancho variable. Este tren dispón de 280 prazas, en clase única turista, máis dúas adicionais para persoas con mobilidade reducida. O S-121 conta, ademais, con tomas de electricidade en todos os asentos así como cunha zona de máquinas de venda de bebidas e snacks.

Outras conexións Pola nova liña de alta velocidade circula tamén o Talgo que conecta A Coruña con Madrid, que agora ve reducidos os seus tempos de viaxe. De Ourense sae ás 15.49 e chega a Madrid ás 21.11, e da capital española parte ás 14:30 para chegar a Ourense ás 19.50 h, cubrindo o traxecto en cinco horas

e 20 minutos. Ademais, Renfe continúa prestando a oferta de Media Distancia pola antiga liña convencional para atender ás poboacións de Lalín e O Carballiño con seis trens diarios (tres por sentido).

Renfe mantén os servizos da liña convencional


Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

OPINIÓN

4HISTORIA DE PONTE CANEDO

4TRIBUNA ABERTA

O proxecto do señor Foster de estación do AVE

Galicia, cidade única

O que din algúns políticos e medios de comunicación

Os afectados de A Ponte, As Tapias, A Chapa, Guizamonde, Covadonga e O Vinteún “preguntámonos: todo isto será verdade?”. Coido sinceramente, coñecendo os pobos que se van comunicar novamente cuia fractura se produxo a mediados da década dos 1940-1950 co gallo da construcción da estación Empalme. Aquí fallan moitas cousas. Primeiro os responsables de construir a estación de AVE elixiron aos mellores arquitectos pero creo que non lle facilitaron nin datos abondo nin unha memoria estudiada a fondo da situación física e de comunicación entre estes pobos. Estes días La Región, La Voz, Faro de Vigo, televisión locais, radio... manifestan que coa adxudicación do proxecto presentado polo señor Foster para a estación do AVE, na cal figura unha ponte dende a estación Empalme á rúa Río Arnoia, queda subsanada a fractura que sofren os pobos de ambas as marxes da estación Empalme dende fai 65 anos. Esta ponte só pode ir desembocar á rúa Quintián e dende o remate desta ponte ao Vinteún hai 1 quilómetro de distancia hai que atravesar As Tapias, Alejandro Pedrosa para chegar á avenida Santiago que é onde está O Vinteún. Segundo. A rúa Quintián foi construida no 1935, sendo concello Ponte Canedo, ao tempo chamouse estrada nova e partía dende a Ponte Nova (Oira) pasaba por diante da feira do Bellao, atravesaba a avenida de Santiago, As Tapias e Alejandro Pedrosa e ía a anti-

Pepe da Guardesa propón que a rúa sobre as vías do tren enlace coa rúa Quintián. ga estrada de Villacastín a Vigo. Terceiro. Pregúntome se entra esta rúa, o seu acondicionamento dende a unión da ponte do señor Foster ata a avenida Santiago, onde estaba a feira do Bellao que se celebraba os día 21 de cada mes o cal deu orixe ao nacemento da fermosa zona chamada O Vinteún. Se isto non se fai non hai unión A Ponte – O Vinteún. Vostedes de momento só salvan as vías do tren, é dicir, o pasadizo actual que comunica a estación coa rúa Arnoia de 183 metros de lonxitude, e no seu lugar fan unha ponte a mesma rúa. Señores, salvar as vías non é unir A Ponte e O Vinteún. Dín vostedes que gran parte deste proxecto, a súa financiación, levaráse a cabo cos metros cadrados liberados da estación Empalme, que foron expropiados no seu día a os nosos antergos da parroquia das Caldas, que habilmente lle salirán a vostedes moi baratiños. Gustaríanos saber

se esos baratiños metros cadrados vánse emplear, en parte, para paliar as necesidades das xentes da parroquia das Caldas, é dicir, acondicionar axeitadamente a rúa Quintián dende a nova ponte do señor Foster ata a avenida de Santiago. A Chapa, As Tapias, Guizamonde, Covadonga, Eiroás e o Vinteún, se isto se cumpre poderán celebrar un día 21 de calquera mes a tan ansiada e verdadeira unión coa Ponte. As autoridades son conscientes das precariedades que sofre Ponte Canedo cos seus pobos e parroquias de A Ponte, o núcleo máis poblado que era a capitalidade de Canedo con 35.000 habitantes, carecemos dunha casa da cultura que se ven reclamando dende sempre, un pavillón multiusos, unha boa oficiña municipal, non esquezan que o Distrito V, que abarca todo o antigo concello de Ponte Canedo é o de maior número de habitantes. Dín vostedes que nos depósitos de Renfe pretenden facer un restaurante mirador, gustaríanos que cando salise

a subasta a súa explotación tivesen prioridade as xentes e hosteleiros das Caldas. Cando se fixeron as instalacións hoteleiras de “A Chavasqueira” non se contou coa xente de As Caldas a pesar de que era un espazo público da parroquia, así como unha parte do manantial que abastecía o lavadoiro municipal de As Caldas. Desexo que veña o AVE da mellor maneira posible, cantos antes millor, pero que os políticos se poñan de acordo, pensen nos seus fillos e netos e nas xentes das Caldas. Se os antergos de As Caldas volveran e lles disen os sobrantes dos metros cadrados que lles expropiaron, eran todos ricos. Cos meus maiores respetos, deséxolles unhas Felices Festas. Pepe da Guardesa

“Señores, salvar as vías non é unir A Ponte e O Vinteún”

Fai uns días púñase en funcionamento a líña do tren de alta velocidade Ourense-Santiago-A Coruña. Estamos ante a máis importante obra dos últimos anos só comparable coa construción das autovías cara a Meseta, ademais é a primeira grande obra ferroviaria dende a inauguración, a mediados do século pasado, da liña Zamora-Ourense-Santiago. Con esta obra o que se produce é un acercamento, en tempos, das cidades, xa que A Coruña está hoxe a un pouco máis dunha hora de Ourense, e Santiago a poco máis de trinta minutos. É dicir, as distancias reducíronse á mínima expresión. Este eixo central ten que contribuir á dinamización das tres cidades, e Ourense, que neste caso está situada nunha posición máis desfavorable, ten que facerse competitiva para que o tren teña doble dirección, é dicir, de entrada e saída. Para iso é fundamental que o noso patrimonio, as nosas termas, o noso comercio ou a nosa programación cultural, sexa coñecida nas outras urbes para que os cidadáns sexan coñecedores e se interesen por visitar Ourense. Galicia ten que camiñar hacia una cidade única, policéntrica, aquí non hai ningunha metrópole que concentre a maioría da poboación coma pode ser Barcelona en Cataluña.

Aínda que hai dúas cidades (Vigo e A Coruña) que pasan dos douscentos mil habitantes, a rede de cidades galegas está formada por cidades pequenas e medias. A compatibilidade e a especialización ten que enterrar ao localismo ilóxico fomentado polas administracións locais. Neste momento o tempo para chegar de Ourense a Santiago ou A Coruña é menor que cruzar unha cidade coma Madrid ou Barcelona en hora punta. Coa posta en marcha do eixo atlántico e a futura conexión de alta velocidade entre Vigo e Lugo con Ourense, os cidadáns galegos contarán cunhas comunicacións xamais soñadas (esperemos que a situación económica ou política non alonguen os prazos). Nese momento, coma hoxe entre as cidades unidas xa por alta velocidade, Galicia formará unha grande cidade única. Sería o momento de aproveitar para compartir servizos. A especialización das cidades sería un bo comezo para un futuro no que os nosos cidadáns poderán vivir nunha cidade e estudar, traballar ou gozar do ocio noutra. Pensar en proxectos únicos e compatibles sería o máis aconsellable. Aproveitemos pois esta oportunidade que nos brinda o tren de alta velocidade, pensemos que as boas comunicacións nos benefician a todos e non entremos en guerras absurdas de localismos trasnoitados. Xavi C. Martiñá

“Aproveitemos esta oportunidade que nos brinda o tren de alta velocidade, pensemos que as boas comunicacións nos benefician a todos”


BARRIOS

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

Aspanas xestionará as áreas termais de Outariz e Burga de Canedo

EN BREVE

4 Mellora no sistema de bolardos

4 A súa foi a única oferta presentada ao contrato. Redacción O Concello de Ourense adxudicou a Aspanas, única oferta presentada, o control, mantemento e explotación das áreas termais de Outariz e Burga de Canedo. Ata o de agora, a xestión destes dous espazos termais, con dúas zonas de baño de uso público e gratuíto, adoptaba diversos xeitos de contratación para levar a cabo o mantemento da zona e as instalacións.

O novo contrato de xestión créase para ofrecer aos usuarios mellores condicións e inclúe o servizo de vixilancia, control e información da área termal, o mantemento, limpeza e desinfección das instalacións, equipamento e mobiliario da área termal, a prestación de primeiros auxilios e contacto con servizos de emerxencias, o mantemento das zonas verdes, mobiliario e viais, así como a explotación de bar e kiosko terraza.

Descrición das áreas A zona termal de Outariz e Burgas de Canedo sitúase na marxe dereita do Miño, no lugar de Outariz, e ocupa unha superficie aproximada de 6.000 metros cadrados, delimitada polo río, o paseo peonil e o noiro da autovía. Conta con dous accesos: un dende o paseo e outro dende a pasarela que comunica coa marxe esquerda do Miño. En conxunto, as dúas zonas termais compren-

Burgas de Canedo./ARQUIVO. den nove piscinas de auga termal e dúas de auga fría, duchas, aseos e vestiarios con taquillas, fontes, sistemas de captación, bombeo e de rego, depósitos de auga termal, sumidoiros e abastecemento, pasillos, varandas, zonas verdes axardinadas e

arborado de ribeira, zona de pérgola, zona de xogos, gardacáns, portabicicletas, bancos de madeira, mesas e bancos de pedra, papeleiras, paneis informativos e percheiros, un kiosko-barcafeteria con terraza, e caseta para gardar material.

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación para a subministración e instalación dun sistema óptico-acústico nos bolardos de 15 accesos ao casco antigo de Ourense. O sistema actual será implementado cun avisador acústico e cun avisador luminoso que substituiría á actual banda reflectante por unha coroa de ópticas led de cor vermella, que se activaría durante o funcionamento da pilona.

4 Reforzo da limpeza de instalacións municipais Ante o remate do actual contrato do servizo de limpeza de instalacións municipais, o Concello de Ourense aprobou o expediente de contratación e a apertura da adxudicación do servizo, que se verá reforzado para dar resposta ás necesidades xurdidas coa posta en marcha de novas instalacións, que suman máis de 36.600 metros cadrados. Paralelamente, na mesma sesión foi aprobado o expediente de contratación do servizo de limpeza de17 centros educativos, e a apertura do procedemento de adxudicación.

4 Pavimentación de rúas en Valdorregueiro e Velle

A Xunta de Goberno Local acordou adxudicar dous proxectos de mellora de infraestruturas viarias nos barrios e perímetro rural da cidade. As obras a executar son a pavimentación da rúa P, na zona de Valdorregueiro; a segunda intervención é o asfaltado dun camiño en Velle, a rúa Juan Fernández de Gres, dende o Colexio de Educación Especial ata a antiga estrada de Ourense-Monforte. As obras serán financiadas con cargo aos orzamentos do Concello do presente ano (preto de 90.000 euros entre as dúas).


Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

EN BREVE

4 Obradoiro de reciclaxe na Aula de Natureza A Concellería de Educación programa actividades para as vacacións de decembro na Aula da Natureza do río Miño. A partir do 20 de decembro e ata o 5 de xaneiro terán lugar obradoiros nos que se pretende reutilizar todo tipo de materiais para facer xoguetes. O obxectivo desta actividade, baixo o lema “Aprende a facer os teus xoguetes”, é coñecer as tres “R”: reciclar, reutilizar e reducir, convertindo residuos en xoguetes que os participantes levarán para casa unha vez remate o curso. A actividade impartirase en grupos non superiores a 25 persoas, tanto nenos como adultos interesados no tema, dispoñendo de dous horarios, de mañá de 10.00 a 13.00 horas e de tarde de 16.00 a 19.00 horas. A actividade compleméntase con xogos e actividades ao aire libre, para achegar de xeito lúdico a reciclaxe aos rapaces.

CIDADE

O Concello inicia a campaña de fomento do voluntariado “Embárcate con nós” 4 Mónica Vázquez anima aos cidadáns a “formar parte dun dos movementos máis transformadores da nosa sociedade”. Redacción A Concellería de Igualdade e Voluntariado presentou unha nova campaña de promoción do voluntariado. “Embárcate con nós. Ourense voluntario. A cooperación e a solidariedade non están en crise”, é unha iniciativa que ten como finalidade animar aos cidadáns a participar como voluntarios en diferentes proxectos destinados á defensa dos dereitos humanos, a prol da igualdade, apoio a persoas dependentes, o coi-

dado do medio ambiente, a educación, a cultura ou o deporte, entre outras áreas. A concelleira responsable, Mónica Vázquez, destacou o papel tan importante que xogan os voluntarios e voluntarias na sociedade, tendo en conta que “a través do voluntariado activo podemos cambiar moitas cousas, e que cun pensamento global e unha acción local podemos transformar realidades próximas e cotiás, xa que a solidariedade e o voluntariado teñen o poder de incidir directamente na vida diaria de moitas persoas”.

A campaña achegarase a asociacións, colexios, e institutos da cidade, achegando información e materiais divulgativos para invitar á cidadanía a participar como voluntarios e voluntarias. Colaboración coas asociacións e formación para a intervención Mónica Vázquez resaltou a importancia do voluntariado, unha experiencia que, manifestou, brinda a oportunidade “de formar parte dun dos movementos máis transformadores da nosa sociedade”. Neste sen-

so, avanzou que en 2012, a Concellería de Igualdade e Voluntariado pretende incrementar a colaboración con entidades ourensás nos diferentes programas e actos que organicen, ademais dos organizados polo propio Concello. O Concello porá tamén en marcha un novo programa de formación para dar a coñecer a realidade e o sentido do voluntariado a todas as persoas interesadas en incorporarse a calquera das actividades propostas,

Presentada a revista Nadal en Ourense Redacción

[Inscricións na Aula da Natureza ou na Concellería de Educación ou en aulanatureza@ourense.es]

4 Recollida de xoguetes en Cruz Vermella Como é xa tradicional no Nadal, Cruz Vermella Ourense coordina desde a capital a súa “Campaña de recollida de xoguetes”, que ten como obxectivo que a todos os nenos e nenas poida chegarlles algún un xoguete nestas datas. Desde hai anos esta institución vén insistindo en que as doazóns e colaboracións atendan a criterios educativos, non bélicos e non sexistas. Outra das actividades que Cruz Vermella adoita realizar nestas datas é o “Taller de confección de postais de Nadal”, unha tarefa que, coordinada por persoal técnico e voluntario da institución, está orientada a manter a actividade e dinamismo dos usuarios maiores do Centro de Día.

Mónica Vázquez, concelleira de Voluntariado.

Integrantes do Cidade co coche que se sortea./RAMSÉS.

O Cidade As Burgas sortea un Seat Ibiza O equipo de fútbol sala femininio Cidade As Burgas sortea este Nadal un Seat Ibiza 1.2. 12v 60 cv SC Emoción, para o que puxeron á venda rifas (por valor de 2 euros) que se poden adquirir na cafetería do pavillón dos Remedios e no establecemento AGS 11. O gañador será o que posúa a papeleta co número correspondente ao primeiro premio do Sorteo do Neno de xaneiro de 2012.

A Asociación de Belenistas de Ourense presentou o número 7 da revista “Nadal en Ourense”, unha publicación que ten como obxectivo difundir a labor dos belenistas ourensáns e seguir mantendo viva a tradición relixiosa do Belén na provincia. Neste número 7 da revista “Nadal en Ourense” –cuxa portada está ilustrada polo Belén de Jerónimo de Vicente- recóllense diferentes artigos culturais, históricos, relixiosos e sociais ao longo das 70 páxinas que ten a publicación.

proporcionando os coñecementos e habilidades necesarias para a intervención a realizar. As áreas de traballo definidas dende a Concellería de Igualdade e Voluntariado son Igualdade de Xénero, Saúde, Inmigración, Consumo, Persoas con Discapacidade, Medio Ambiente e Defensa de Animais, Toxicomanías, Educación e Cultura, Persoas Maiores, Ocio e Deportes, Infancia e Defensa dos Dereitos Humanos. Os interesados en participar poden dirixirse ás dependencias da Concellería de Voluntariado, na rúa do Ensino nº 24, no 988 393 191, ou en voluntariado@ ourense.es.

A concellería fornecerá de coñecementos e habilidades aos voluntarios O presidente da Asociación de Belenistas, Natalio Blanco, explicou as actividades que nestas festas +levará a cabo a asociación, entre as que destacan a misa solemne que se celebrará na Catedral de Ourense o día 19 de decembro, coa ofrenda floral e a bendición do Belén de Maite Vázquez, misa que contará coa participación da rondalla Alecrín que interpretará un repertorio de panxoliñas. O 21 de decembro terá lugar a inauguración do Belén do Liceo, e completan as actividades o concurso de beléns e a participación no Belén vivinte de Ourense. Blanco agradeceu á Deputación o apoio dado “para que iniciativas como a da revista sigan sendo unha realidade”.


2011, O MÁIS DESTACADO

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

Balance de 2011

A chegada do AVE a Ourense marcou o ano

4 A integración ferroviaria, a anulación do PXOM, ou as eleccións municipais foron os grandes temas deste ano na cidade. Paula Lodeiro A actualidade do 2011 en Ourense veu marcada pola alta velocidade e a súa integración na cidade. Se en xaneiro publicábamos a defensa do soterramento da estación por parte dos empresarios ourensáns, en febreiro informábamos de que as distintas administracións -de diferente cor política- non se puñan de acordo sobre a integración. En abril xa había acordo, entre Concello e Fomento, do que se descolgaba a Xunta. No mes de xullo facíamos a

primeira viaxe de probas da liña de alta velocidade entre Ourense e Santiago e coñecíamos a data fixada para a súa viaxe inaugural, o 10 de decembro, como así foi. En outubro Xunta e Concello prometían colaborar na integración ferroviaria da cidade, a raíz da reunión entre Alberto Núñez Feijoo e Francisco Rodríguez. Promesas e boas palabras que non durarían moito, ao coñecerse en novembro que a adxudicación do proxecto da futura estación intermodal seguía adiante, malia o cambio de Goberno central.

Eran sete as propostas e finalmente unha a elixida, a de Norman Foster, da que informamos este mes, ao igual que desa primeira viaxe histórica para a alta velocidade galega. Anulación do PXOM A anulación do Plan Xeral de 2003 é outro dos grandes temas deste 2011, e todo fai crer que o seguirá sendo nos vindeiros meses, polas súas repercusións no devir da capital ourensá. En marzo saltaba a noticia que o Goberno local socialista-nacionalista agardaba

En xuño o tren que percorre a liña de alta velocidade entre Ourense e Santiago facía a súa primeira viaxe de probas para xornalistas e autoridades./ARQUIVO. xa desde a súa chegada ao consistorio ourensán. A primeira medida foi solicitar á Xunta de Galicia unha ordenación provisional que non paralizase a cidade, ordenación que foi aprobada no mes de outubro.

O socialista Francisco Rodríguez e a nacionalista Isabel Pérez asinaron un novo pacto para gobernar xuntos o Concello de Ourense esta lexislatura./ARQUIVO.

Eleccións: segue o bipartito As municipais de maio foron outro dos focos relevantes deste ano que remata. Contra a tónica xeral, en Ourense o Partido Socialista subiu en votos e fíxose con 11 concelleiros, e pese á caída brutal do BNG (pasou de 6 a 3 edís), ambas formacións puideron reeditar o bipartito. A outra gran

novidade destes comicios foi a entrada na corporación municipal de Democracia Ourensana, con dous concelleiros. Polémicas 2011 tamén foi o ano das polémicas relacionadas con obras municipais, como os 12.000 euros que custou a instalación dun bonsai na rotonda de Marcelo Macías (febreiro) ou a apertura e posterior peche do xardín botánico de Montealegre por estar as obras inacabadas (setembro). O máis destacado, por seccións Na economía, a crise segue

presente, coas súas repercusións en forma de peche de empresas e aumento do desemprego: o último INDICEO situaba a taxa de paro no 17,6% e un informe de Cáritas sinalaba que a cuarta parte dos ourensáns vive baixo o umbral da pobreza. No campo do deporte, a consecución da liga polo Ponte Ourense foi un dos triunfos da tempada, mentres que as demisións de directiva e entrenador do CD Ourense marcan o final de ano. En sociedade, destacan as manifestacións deste outono contra os recortes en educación e sanidade por parte do Goberno autonómico.


10

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

Leonardo Lemos Montanet.

Leonardo Lemos, novo obispo de Ourense Redacción

Benedicto XVI nomeou o pasado 16 de decembro a Leonardo Lemos Montanet, ata agora canónigo secretario da Catedral de Santiago e director de estudos do Seminario Maior Diocesán, novo obispo da diócese de Ourense, posto que se atopaba vacante dende o traslado de monseñor Luis Quinteiro á sede de Tui-Vigo hai case dous anos. Lemos Montanet, no seu primeiro saúdo aos membros -tanto relixiosos como crentes- da súa nova diócese, pediulles que “me axudedes a ser un bo pastor para poder servirvos como a Igrexa quere e espera que o faga”. De xeito particular, dirixiuse aos sacerdotes, sendo o seu desexo que a súa casa estea “aberta a todos e a cada un de vós para compartir as vosas preocupacións e alegrías”. Tamén tivo palabras para aqueles fieis que viven unha complicada situación económica tratando de alentalos, “este é o momento do compromiso auténtico, porque a caridade ten rostro, o de Cristo, e ese Cristo transfigúrase na realidade viva dos máis necesitados”, sinalou.

CIDADE

Noticias de empresa

empresas

Carpe Diem celebra o seu primeiro aniversario

Xeos, distribuidor de xeo e bebidas en Ourense

Cunha promoción 2x1 en todos os seus servizos En Carpe Diem están de noraboa. Este centro de estética situado na Valenzá cumple o seu primeiro ano aberto e queren celebralo. “Non queremos gañar diñeiro cos nosos clientes, senón celebrar con eles que levamos un ano aberto”, indican desde Carpe Diem. E a maneira de festexalo é ofrecer aos seus clientes

unha promoción 2x1 en todos os tratamentos, isto é, por cada tratamento contratado eles che regalan outro igual. Todos os seus servizos estéticos entran nesta promoción: entre eles, depilación láser, cavitación, manicura e pedicura, maquillaxe, tratamentos faciais e corporais, masaxes terapéuticos e relaxantes ou presoterapia.

Eva María Novoa, esteticista de Carpe Diem. Os servizos son realizados por tres profesionais

titulados superiores en estética.

Carpe Diem: Avenida Celanova nº 45 baixo (A Valenzá) - Tlf: 988 618 745

Entrega dos premios do concurso de pinchos “Sabores de Outono”

A empresa Xeos prepárase para vivir este Nadal unha das campañas fortes do ano. Aberta este verán no polígono de San Cibrao, Xeos é distribuidora de primeiras marcas en refrescos, viños, cervexas e alcoholes. Ofrece aos seus clientes as marcas máis importantes do mercado, como Coca Cola, Kas, Schweppes, Martini, Viña Costeira, Terras Gauda, etc., aos mellores prezos. Ademais das bebidas, sirven aos negocios a cantidade e tipo de xeo que precisen, así como vasos de plástico, por iso son a mellor opción para bares, pubs, restaurantes e particulares para as festas e celebracións destas datas. [Tel. 988 686 223, Pol. San Cibrao, rúa 3, nave 13]

4 Os restaurantes Acio, O’Rural e Monterrey foron os gañadores. Paula Lodeiro Os votos de 3.000 persoas, dun xurado profesional e dun grupo de xornalistas foron determinantes para elixir os tres mellores pinchos de “Sabores de Outono”, a proposta gastronómica auspiciada pola Concellería de Turismo -a través da empresa pública Ourentur- e a Unión de Hostaleiros Ourensáns (UHO) á que se sumaron durante dúas semanas 41 establecementos da cidade. Non houbo unanimidade entre os tres xurados, que apostaron por tres elaboracións distintas como as mellores do to-

tal de 24 pinchos que concursaron. Así, o público decantouse pola “Sorpresa Acio” do bar do mesmo nome, os profesionais polo “Rulo de rabo de boi con castaña, cabaza e crema de castaña” de O’Rural, e a prensa polo “Solombo de porco ibérico con base de mazás caramelizado, cogomelo e perfume de castaña” do Restaurante Monterrey. Fuentefría, Lume, Casa do Pulpo, Mata-lo Bicho, D’Luis, Pozas de Maimón e Taberna Vasca foron o resto de establecementos galardoados. Durante a entrega de premios, a concelleira de Turismo, Isabel Pérez, salientou “a calidade do pro-

Foto de familia dos premiados na edición 2011 do concurso “Sabores de Outono”. duto dos pinchos, a intención de presentalos ben, a creatividade e a profesionalidade” dos restauradores participantes.

Os pinchos gañadores foron “Sorpresa Acio” , “Rulo de rabo de boi con castaña e cabaza” e “Solombo de porco ibérico con base de mazás, cogomelo e castaña”


SOCIEDADE

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

11


12

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

CIDADE

publirreportaxe

La ley exige que el administrador de fincas esté colegiado Para administrar una comunidad de propietarios Los cobros de las cuotas, las obras de reparación y mejora y, en general, todo lo que supone la gestión de una finca requiere demasiada dedicación para los propietarios de una vivienda, por lo cada vez más se recurre a un profesional, un administrador de fincas, para que se haga cargo de dichas tareas. Lo habitual es que una vez que se cree la Junta Rectora se decida también si se contrata un administrador o no. En caso de que se prescinda de los servicios de éste, el cargo recaerá en el presidente de la comunidad. Sin embargo, tantas responsabilidades resultan, a veces, incompatibles con el quehacer cotidiano. Por eso es raro encontrar ya a un presidente que se dedique también a gestionar el edificio. Obligaciones del administrador - Velar por el buen régimen de la casa, de sus instalaciones y servicios. Esto significa que el administrador, debe procurar el funcionamiento de todos los servicios de que disponga la finca. Por ejemplo: tiene que cerciorarse de que el ascensor, en caso de que lo haya, cumpla todas las normas de seguridad y las inspecciones que sean necesarias. También debe ocuparse, por citar otro ejemplo, de que exista “un buen clima entre los vecinos”. - Preparar y someter a la junta el plan de gastos previsible, proponiendo los medios para conseguirlo: una comunidad de vecinos tiene una serie de compromisos contractuales como el pago del agua, la luz de las escaleras, la limpieza de

las áreas comunes, etc. El administrador debe diseñar el plan para los gastos que se derivarán de la gestión de la finca. Es decir, cuestiones como el mantenimiento del telefonillo, de la antena de televisión, la lectura de los contadores de agua, el pago de la nómina del conserje, si existe; el mantenimiento de la calefacción y de la caldera, entre otros. - Atender a la conservación y mantenimiento de la casa disponiendo las reparaciones necesarias dando cuenta de ellas al presidente y a los propietarios: El administrador cuidará de hacer el seguimiento de las obras que requiera el edificio y de contratar a las empresas que se dediquen a ello. También estará al tanto de las subvenciones para la rehabilitación de edificios y estará en condición de elaborar estados de cuenta para explicar a los propietarios la inversión prevista en caso de que sean necesarias reparaciones en la finca. - Ejecutar los acuerdos adoptados en materia de obras, efectuar los pagos y realizar los cobros. - Actuar como secretario de la junta y custodiar a disposición de los titulares la documentación de la comunidad. - Todas las atribuciones que le confiera la Junta. En términos más prácticos, un profesional de esta rama debe asumir las evaluaciones de riesgo del edificio: la Inspección Técnica de Viviendas o ITV; efectuar los cobros de las cuotas, guardar y gestionar documentación de la comunidad; contratar a los conserjes y porteros y suscribir seguros para cubrir siniestros de daños por agua, así

ADEIDO acudiu ao Salón Inmobiliario de Expourense con stand propio; na foto, Benito Iglesias (centro) cos arquitectos que colaboran no proxecto Rehabilitación II. Ángel Martínez, administrador de fincas. como encargarse del mantenimiento de extintores y de la instalación de protección contra incendios, entre otros. El intrusismo, principal problema del sector El principal problema del sector es la proliferación de personas que sin tener cualificación suficiente desempeñan este papel. La Ley exige que quien se dedique a la administración de fincas sea una persona física con reconocimiento legal y cualificación, que debe, además, estar colegiada. La Confederación Española de Consumidores y Usuarios, CECU, recomienda que, al escoger a un administrador, los vecinos tengan en cuenta su experiencia y trayectoria, y si se trata de una empresa, que esté legalmente constituida. Angel Martínez Gómez, administrador de fincas colegiado; director-gerente de Martínez & Consultores

C/ A. Pérez Serantes 1-A, 1º-A Telf. 988 23 13 04 32005 - Ourense

ADEIDO aposta polo fomento do alugueiro e da rehabilitación para reactivar o sector A Asociación de Empresarios Inmobiliarios de Ourense (ADEIDO) considera que a reactivación do mercado do aluguer e o apoio á rehabilitación son as dúas vías que precisa o sector para remontar a crise. Na actualidade, o mercado do alugueiro é minoritario na provincia de Ourense, onde a cultura da propiedade está moi arraigada. Así, representa só un 7,5% do parque inmobiliario total na provincia e o 14% na cidade. Para fomentar o arrendamento de pisos, a asociación que preside Benito Iglesias propón algunhas medidas: elevar até os 35 anos o límite de idade dos arrendatarios de inmobles que permita aplicar ao arrendador a redución do 100% dos rendementos do capital inmobiliario a efectos da súa tributación no IRPF; recuperar a dedución fiscal por investimento en adquisición ou rehabilitación dunha vi-

venda sexa cal for os seus ingresos anuais; e crear un parque social de vivendas en alugueiro para aquelas persoas ou familias que non teñen os medios económicos, a xustificación de ingresos ou os requisitos necesarios que esixe actualmente o mercado. Desde ADEIDO tamén consideran que as Administracións teñen que darlle unha seguridade xurídica aos propietarios á hora de alugar, cubríndolle a falta de pagamentos ou danos na vivenda, ben en forma de avais ou polizas de seguro especificas. “Este é un importantísimo punto, que permitiría que centos de vivendas desocupadas saian ao mercado de aluguer e que contribuiría a alixeirar o stock existente”, explica Benito Iglesias. Apoio á rehabilitación A segunda vía que reactivaría o sector inmobiliario é, para ADEIDO, a rehabilitación de vivendas, sobre todo nos concellos do rural.

“A rehabilitación orixina beneficios para amplos colectivos, xa que estes poden comprar unha propiedade a un custo máis baixo que unha vivenda nova, á vez que se contribúe a dinamizar economicamente o rural”, indica Iglesias. Compravenda de pisos En canto á situación do mercado de compravenda, desde a asociación comproban un leve descenso dos prezos, máis relevante na vivenda de 2ª man que na vivenda nova. Preocúpalles tamén o previsible incremento do stock de propiedades provintes das entidades financeiras e das execucións hipotecarias. ADEIDO avisa dun repunte para 2012 deste stock, que chegaría ás 750-1.000 vivendas en toda a provincia, polo que considera necesario unha modificación da Lei hipotecaria vixente que amplíe ou flexibilice o período de pago antes de comezar unha execución hipotecaria.


CIDADE

A Xunta cede ao Concello a titularidade de cinco rúas 4 Trátase de Ervedelo, Adrio Menéndez, Rei Soto, Vicente Risco e Celso Emilio Ferreiro. P. Lodeiro O Consello da Xunta aprobou o cambio de titularidade de varios treitos de estradas autonómicas a prol do Concello de Ourense. Trátase de cinco rúas ourensás: Ervedelo, Adrio Menéndez, Rey Soto, Vicente Risco e Celso Emilio Ferreiro. Estas rúas están enmarcadas nun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Ourense para o que a Xunta achegou un orzamento de 8 millóns de euros destinados á execución de obras de optimización en 21,5 quilómetros de rúas da cidade. Desde a Dirección Xeral de Infraestruturas sinálase que a día de hoxe as actuacións de humanización nestas rúas que se van transfe-

A humanización mellorou a rúa Ervedelo./ARQUIVO. rir xa están finalizadas. Ao igual que os proxectos de mellora noutras vías ourensás como a avenida de Zamora, Progreso, avenida de Reza, Marcelo Macías ou rúa Coruña. As rúas transferidas Un dos tramos que se cede, dun quilómetro de longo, corresponde á rúa Ervedelo,

entre a rúa Progreso e a N525. Tamén se transferirán as rúas Adrio Menéndez e Rei Soto, que suman 200 metros; así como un treito de 300 metros correspondente á rúa Vicente Risco. O cuarto e último treito é a rúa Celso Emilio Ferreiro, 400 metros entre a avenida de Bos Aires e Curros Enríquez.

4 O PSOE acusa á Xunta de “colgarse medallas” con esta cesión O deputado socialista Pablo Xabier López Vidal lamenta que “a Xunta queira colgarse a medalla da humanización de varias rúas ourensás cando é froito dun convenio asinado e licitado polo anterior goberno socialista”, do que queda pendentes de execución obras por valor de dous millóns de euros. Por este motivo, o PSOE instou no Parlamento a formalizar unha nova addenda a este convenio coa fin de rematar as actuacións pendentes, así como proceder ás obras de adaptación da rúa Seixalbo. López Vidal critica ademais que para o Consello da Xunta “Ourense queda reducido a un hospital de futuro incerto e obras en rúas nas que aínda non fixeron nada dende que chegaron ao Goberno”.

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

13

Inscrición aberta para a escola infantil de Antela, no Couto 4 Ata o 23 de decembro. Redacción A escola infantil de Antela en Ourense vén de abrir o prazo de inscrición, que se prolongará ata o 23 de decembro, despois da súa reforma, na que a Consellería de Traballo e Benestar investiu preto de 175.000 euros. O departamento acometeu desde finais de xuño unha obra de reforma que rematará a finais deste mes co obxectivo de levar a cabo unha reorganización xeral das aulas para adaptalas á nova normativa, o que inclúe pavimentación ou carpintería, entre outras iniciativas. A escola infantil conta cunha capacidade para 114 nenos, divididos por grupos de idade: tres unidades

para nenos de 0 e 1 anos con 20 prazas; tres unidades para os de 1 e 2 anos con 40 prazas; e tres unidades para nenos de 2 e 3 anos, con 54 prazas. Quedan aínda 54 prazas Na actualidade, a escola conta cunha reserva de 50 prazas de nenos que asisten actualmente as de Covadonga e Farixa, e doutros 10 que non asisten a ningún centro porque seus pais preferiron agardar á reapertura da de Antela. A Consellería de Traballo e Benestar mantén unha forte aposta pola conciliación da vida laboral, familiar e persoal como se reflicte no feito de que no que vai de lexislatura creáronse máis de 2.100 prazas en escolas infantís.


14

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

PUBLICIDADE


DEPORTES

Campións de inverno 4 CD Ourense próclamase campión de inverno trala vitoria contra o Deportivo B. R. Torres Tras unha semana intensa no extradeportivo en CD Ourense, os xogadores facendo bo o comunicado lido fai uns días disputaron o partido como se nada houbera pasado respondendo á unión do verstiario da que facían alarde; o resultado foi a vitoria ante o filial do Deportivo e proclamarse campións de inverno. O equipo ourensán foi superior ao herculino, que chegou a Ourense coa intención de xogar de ti a ti a un CDO que adiantábase no marcador, pero que vía como a ventaxa quedaba eliminada en menos dun minuto. O segundo gol chegaría nos últimos minutos da primeira parte sen tempo á reacción visitante. No segundo tempo, o Fabril adiantou liñas deixando espazos que aproveitaron os ourensáns, nesta ocasión dirixidos por Antonio Dacosta, para crear numerosas ocasións. Josu en internada pola banda pecharía a goleada de CD Ourense que o fai chegar ao final de ano como líder e campión de inverno trala primeira volta. Regreso de Arenas Dez meses despois, José Arenas regresou a un terreo de xogo en partido oficial deixando mostras da súa calidade. Unha boa fichaxe.

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

15

Ponte e Cidade gañan na última cita do ano 4 Ante Valladolid e Zaragoza, respectivamente. R. Torres Tanto Ponte Ourense como Cidade As Burgas rematan o ano con vitoria. O Ponte Ourense foi quen de reporse do gol en contra inicial para rematar con vitoria (2-5) ante o Valladolid, o que lle permite ás de Óscar Vivián seguir a oito puntos das líderes, Córdoba. Pola súa banda, o Ponte é quinto con 20 puntos. O Cidade xogaba con-

José Arenas disputou un partido dez meses despois./RAMSÉS

4 Búscase presidente A asamblea xeral de CD Ourense tivo de todo: aprobouse un orzamento de 768.000 euros sen saberse aínda se 197.000 vanse cobrar para que estén equilibradas as contas, algo que indignou a algúns dos accionistas que mostraron a súa preocupación pola situación. Outro dos temas tratados foi o do presidente; Manuel Seoane continúa ao fronte do club, pero avisou que o

Manuel Seoane na asamblea de CD Ourense./R.T. fai de xeito temporal e que está na busca dun substituto alegando falta de tempo, debido á súa labor como alcalde da Peroxa, entre outras ocupacións.

María Arias dispara á portería do Zaragoza./RAMSÉS tra o Zaragoza, pechacancelas da clasificación, a quen venceron por 2-1. As de Codeso adiantábanse no marcador por dous tantos a cero, pero as mañas recorta-

rían distancias e a partir de aí tocou sufrir ata o pitido final. Esta vitoria permite ao Cidade escaparse catro puntos arriba da zona de descenso.

Vitoria agónica do COB

Álava e River Andorra (oito vitorias).

4 Pola súa banda Carmelitas gaña e o Pabellón perde.

Liga Feminina 2 Os representantes de LF2 tiveron sorte dispar na derradeira xornada do ano. O Pabellón caeu na casa ante o ABDA (51-64) e o Carmelitas venceu a domicilio contra o Valladolid por un claro 52-74.

R. Torres Vitoria pola mínima de Club Ourense Baloncesto ante o Básquet Coruña para rematar o ano. O derbi galego da LEB Prata tivo emoción nos instantes finais, cando os xogadores do COB deron sacado adiante un partido con máis garra que xogo. No primeiro cuarto os asubíos contra o equipo fixéronse notar para tornar en ánimos cando o mesmo conseguiu porse por diante no 61-60. De aí ata o final os seareiros levaron en

voandas aos de Rubén Domínguez para acadar a sétima vitoria do curso (67-66) e colocarse a unha vitoria dos primeiros, Aurteneche

Guillandeaux penetrando na zona do Coruña./RAMSÉS


16

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

POLÍTICA

Momento do pleno de decembro. /PAULA LODEIRO

O pleno de Ourense aproba as ordenanzas fiscais para 2012 4 Xunto coa suba da tarifa dos taxis e as modificacións da ordenanza da inspección técnica de edificacións. Paula Lodeiro Aínda que tenso por momentos, o pleno ordinario do mes de decembro do Concello de Ourense saldouse con varios acordos entre os grupos políticos que conforman a corporación municipal. O primeiro deles, a aprobación inicial da modificación da ordenanza que regula a inspección técnica de edificacións, por unanimidade. Democracia Ourensana pedira nunha alegación que se notificara por correo certificado aos donos dos 4.000 inmobles que teñen a obriga de pasar a inspección antes de decembro de 2012, pero o grupo de goberno rexeitouna, recordando a edil de Urbanismo, Aurea Soto, que “non hai obrigatoriedade de notificar aos propietarios” e que o Concello “non pode substituir os deberes da propiedade”. O segundo acordo foi a aprobación provisional dunha modificación puntual na normativa do Plan Xeral de 1986. O terceiro acordo son as novas tarifas de taxis para o ano 2012, nas que se repercute o incremento do IVE do 7 ao 8% por este servizo (que os taxistas asumiron desde xullo de 2010 sen aplicalo ás súas

tarifas) e maila suba do IPC desde marzo de 2010. Deste xeito, a baixada de bandeira pasa de 1,85 euros a 1,94 euros, e o quilómetro percorrido de 0,97 a 1,02 euros, na tarifa diurna de luns a venres. O cuarto acordo por unanimidade foi a aprobación definitiva da modificación das ordenanzas fiscais para o próximo ano, nas que se aplica a suba do IPC e se manteñen as bonificacións fiscais existentes. As alegacións presentadas polo PP e a asociación de comerciantes da Praza de Abastos foron rexeitadas. Diferente sorte para as mocións Ao chegar o punto das mocións, a sorte foi dispar segundo o grupo político que as presentara. Así, a petición do PP para que no prazo de cinco meses o Concello puxera en marcha o transporte metropolitano consensuado coa Xunta foi rexeitada polo bipartito, insistindo a concelleira de Mobilidade, a socialista Susana Bayo, que transporte metropolitano si, “pero non a calquera prezo”. A segunda petición dos populares, para crear un manual de identidad corporativa das distintas concellerías, tamén foi rexeitada polo bipartito. No caso da moción

conxunta de PSOE e BNG para que se rematen as actuacións pendentes de remodelación de rúas previstas en senllos convenios coa Xunta foi aprobada. Trátase das obras de renovación da avenida de Zamora e no tramo da rúa Seixalbo da estrada OU-105, que non se puideron executar por non dispor o Concello dos terreos. O PP reprochoulle ao bipartito que botara as culpas desta situación á caída do PXOM, cando “ata marzo de 2011 tiveron antes a dispoñibilidade de expropiar os terreos para facer as obras”, afirmou Rosendo Fernández. Ademais, o PSOE e Democracia Ouresana apoiaron cos seus votos a proposta do BNG con respecto á anulación da tarxeta sanitaria ás persoas desempregadas e sen recursos económicos, moción que lle valeu aos nacionalistas as críticas do PP, cuxo concelleiro Miguel Abad cualificou de “mentiras e falsidades” a exposición de motivos levada a cabo pola concelleira Isabel Pérez.

Aprobouse tamén o remate da renovación da Avenida de Zamora e a rúa Seixalvo


PUBLIRREPORTAXE

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

17

O PP culmina os primeiros 6 meses do presente mandato como o grupo con maior volume de actividade municipal O pasado 11 de decembro cumpríronse os primeiros seis meses do presente mandato municipal. Neste semestre, o Grupo Municipal do Partido Popular consolidouse como a forza política con maior actividade dentro do Concello de Ourense. Facendo un resumo da actividade desenvolvida nos plenos municipais, os populares defenderon un total de 10 mocións. O resto dos tres grupos con representación no Concello levaron ao pleno 12 iniciativas en total nestes seis meses. No tocante aos rogos e preguntas pleno, os concelleiros populares formularon un total de 38, moitas das cales están aínda á espera de resposta por parte do señor Alcalde. As mocións defendidas polo Partido Popular abordaron temas de interese capital para a cidade de Ourense: as obras de San Francisco, a nova depuradora de augas residuais (ambas aprobadas por maioría), dúas mocións in-

teresando a regulación do Botellón (ambas as dúas rexeitadas sistematicamente polo Bipartito), a mellora das beirarrúas en O Pino, a solicitude de melloras na seguridade dos traballadores en prácticas, a creación urxente dunha comisión informativa sobre o Botánico de Montealegre (que foi rexeitada por PSOE e BNG), e a necesidade de implantar o Transporte Metropolitano (rexeitada polo Bipartito) ou elaborar un manual de identidade corporativa municipal, que tampouco gustou a socialistas e nacionalistas. Ademáis desta actividade institucional, a labor fiscalizadora do Partido Popular obtivo varios froitos. Trala súa denuncia pública, o Concello está a acometer melloras nas instalacións do Viveiro Municipal (contaba cun alarmante abandono dende a chegada do Bipartito ao poder municipal). E sobre todo, grazas á labor do PP, o presunto Xardín Botánico de Montealegre foi pechado aos 100 días da súa esper-

péntica inauguración, debido ás graves carencias e desperfectos que sinalaron os populares. Hoxe en día, e tras incrementar os traballos neste espazo (foi necesario modificar o proxecto inicial), o presunto Xardín Botánico de Montealegre está á espera de ser “reinaugurado” de novo. Tamén os populares detectaron serias pérdidas de subvencións e fondos públicos que revertirían na mellora dos servizos municipais. Un deles, a perda de case un millón de euros procedentes da antiga Consellería de Vivenda da Xunta de Galicia, destinado á mellora de diversas rúas da cidade. O PP, fiel e colaborador en pro dos intereses da cidadanía, mediou ante a Xunta para recuperar estes cartos, do mesmo xeito que o seu apoio foi unha peza clave para desbloquear unha cuestión tan importante para a cidade como o BIC das Burgas. Sen a colaboración do PP municipal, Ourense aínda estaría agardando por solucionar este asunto.

O voceiro do PP, Rosendo Fernández, nunha sesión plenaria

Os populares defenderon un total de 10 mocións e formularon 38 preguntas e rogos no pleno A labor fiscalizadora do PP obtivo varios froitos: o Concello está a acometer melloras nas instalacións do Viveiro e o presunto Xardín Botánico de Montealegre foi pechado aos 100 días debido ás carencias e desperfectos que sinalaron os populares O PP mediou ante a Xunta para recuperar case un millón de euros destinado á mellora de diversas rúas da cidade

ENTREVISTA AO CONCELLEIRO JOSE LUIS VALCARCE BAIGET

“É incongruente que o Bipartito pida recortes ao Persoal e logo siga contratando xente afín sen control algún” Como está a situación actual no Persoal dentro do Concello? Está totalmente revolta en cuanto ao que é o persoal. Os sindicatos teñen un gran descontento e ainda por riba están aumentando o capítulo de contratación de interinos, con máis de 90 novas incorporacións. Incluso o xeito á hora de seleccionar ao persoal é unha vergonza, como xa vimos coa recente contratación do Director Xeral de Rehabilitación Urbana.

Cales son as liñas que sigue este Concello para contratar a persoal? Fixeron unas bases de interinos e laborais totalmente adaptadas a que o Concello escolla non ao máis preparado, senón ao máis recomendable: ten a mesma puntuación, ou máis, a entrevista que as titulacións e os coñecementos profesionais da persoa. E os que teñen máis puntuación, non os chaman (como xa hai reclamacións) e din que os chamaron por teléfono.

Como cre que se presenta o capítulo de Persoal para o ano que vén? Se non se toman medidas e se sigue a incorporar xente que realmente non se precisa, o Capítulo I de Persoal volverá a ter un incremento que pode ser desproporcionado. Que opina dos recortes que anuncia o Bipartito nos dereitos aos traballadores? Entendo que son vantaxes que no momento económico no que nos atopamos pre-

cisan un axuste. Nembargantes, é totalmente incongruente que pidan axustes ao persoal e logo o Bipartito incremente, por outro lado, sen xustificación, novo persoal contratado, afín ás súas formacións políticas. Recordemos que só en Urbanismo, crearon un servizo “paralelo” coas súas célebres asistencias técnicas externas: alomenos 14 persoas novas dentro deste servizo municipal (arquitectos, enxeñeiros, asesores xurídicos, etcétera).

José Luis Valcarce, concelleiro popular responsable da área de Persoal.


18

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

ECONOMÍA E EMPREGO

Un programa de emprego beneficiará a 120 parados

O Concello pón en marcha o proxecto ‘Ecoinnova’ Redacción

O Concello de Ourense vén de iniciar o desenvolvemento do proxecto ‘Ecoinnova’, que ten como finalidade fomentar a innovación ecolóxica nas pequenas e medianas empresas e a súa internacionalización. A Xunta de Goberno Local aprobou o inicio do desenvolvemento deste proxecto, coa adquisición do software de xestión para a súa execución, por un importe de 11.210 euros. ‘Ecoinnova’ é un proxecto liderado polo Concello de Ourense, cun orzamento total de 1,4 millóns de euros financiado con fondos europeos. Desenvolverase ata o ano 2013. ‘Ecoinnova’ é un proxecto de cooperación, investimento e asistencia técnica para pequenas e medianas empresas situadas no espazo atlántico, cuxas actividades sexan ambiental e socialmente responsables. O obxectivo principal do proxecto é crear unha estrutura transnacional que preste información e asesoramento destinado a promover a innovación ecolóxica nas pequenas empresas e a a creación de pemes ecoinnovadoras. Participantes O proxecto está liderado polo Concello de Ourense, que actúa como xefe de filas, e nel participan a Fundación Galicia Europa, dúas entidades portuguesas, unha universidade galesa e unha incubadora de empresas francesa.

4 ‘Intermedia’, da Consellería de Traballo e Benestar. Redacción

Directivos da Cámara na presentación do informe./RAMSÉS.

8 de cada 10 empresarios ourensáns cren que 2012 será igual ou peor que 2011 4 O 70% dos profesionais da nosa provincia viron empeorar a súa situación neste ano, segundo un informe da Cámara de Comercio. Redacción Como cada ano, dende fai unha década, a Cámara de Comercio e Industria de Ourense colabora na elaboración do informe “Perspectivas Empresariais de España e Europa”, dando así voz aos nosos empresarios neste Foro Internacional e recollendo a súa opinión e inquietudes de cara ao futuro. Unhas opinións nesta ocasión moi pouco optimistas, xa que o 70% deles recoñece que a súa situación empeorou en 2011 respecto ao ano anterior. Así mesmo, 44 de cada 100 cré que 2012 será igual que o ano que agora remata e un 40% deles prevé que será aínda peor.

Como consecuencia, un 19% dos empresarios ourensáns pensa en levar a cabo máis recortes de persoal nos próximos 365 días, o que supón unha leve diminución en relación ao 2011, ano no que efectuaron despidos un 34% deles. Pola contra, o 75% confía en poder manter o persoal que posúe na actualidade a longo do vindeiro ano. A metade dos empresarios enquisados confesou que en 2011 diminuiu o investimento realizado pola súa entidade en relación ao ano anterior, e para o 2012 só 7 de cada 100 agarda aumentala. Mercado exterior Os resultados máis positivos de toda a enquisa

atopámolos nas cifras de vendas en mercados exteriores, xa que un 55% dos empresarios ourensáns asegura ter mantido estables as súas vendas a outros países en 2011. En canto ao próximo ano, un 60% deles confían en que se manteña esta tendencia e un 10% cren que incluso poderán incrementar algo os seus resultados nesta materia.

O 75% dos empresarios confía en manter en 2012 o persoal que posúe; un 19% deles pensa en recortes

A Consellería de Traballo e Benestar investirá entre 2011 e 2012 no Concello de Ourense preto de 133.000 euros para desenvolver un programa integrado de emprego denominado ‘Intermedia’, ao que hai que engadir o orzamento destinado ao desenvolvemento de outros programas por parte de entidades sen ánimo de lucro. Esta novidosa medida activa de emprego beneficiará a un total de 120 persoas desempregadas das que se prevé que un 40% de media acaden a súa inserción laboral. Estes programas están dirixidos, polo tanto, á inserción laboral das persoas en situación de desemprego a través dun tratamento

integral. Así, considérase programa integrado de emprego o que ten por obxecto o desenvolvemento de plans integrais que combinen accións de diversa natureza como información, orientación e asesoramento, formación, práctica laboral e mobilidade xeográfica. O período de execución dos proxectos é de 12 meses máximo e as subvencións concedidas pola Xunta están destinadas a cubrir os custos salariais e de Seguridade Social do persoal necesario para o apoio e a formación dos demandantes de emprego, máis os gastos xerais materiais e técnicos derivados do proxecto. Esta iniciativa ten dúas liñas de axudas: unha dirixida a corporacións locais, e outra a entidades sen ánimo de lucro.

Finalizan os cursos de creación de empresas da Cámara Redacción Un acto de entrega de diplomas puxo fin aos catro programas de creación e consolidación de empresas impartidos pola Cámara de Comercio no último semestre de 2011, un deles específico sobre o comercio e que rexistrou unha participación récord de 108 emprendedores e empresarios da provincia. O análise detallado destes catro programas per-

mitiu actualizar o perfil do emprendedor ourensán, que corresponde co dunha muller, de entre 30 e 45 anos, con formación universitaria e experiencia laboral, aínda que en paro, polo que busca no autoemprego unha saída profesional. Así mesmo, con algunha excepción, os proxectos presentados correspóndense con pequenos negocios, fundamentalmente do sector servizos e orientados ao mercado local.


CAMPUS DE OURENSE

O campus promove hábitos saudables 4 A través do proxecto multidisciplinar “Campus ConVida”. Redacción O tabaco, o alcol, unha mala alimentación, a falla de exercicio físico, as dificultades para ter relacións sociais... todos estes e outros factores impiden que as persoas teñan unha vida todo o saudable que sería desexable. Para que os membros da comunidade universitaria melloren a súa calidade de vida e adquiran mellores hábitos, o campus de Ourense vén de poñer en marcha o proxecto integral Campus ConVida, unha iniciativa que conta con financiamento do Consello Social da Universidade de Vigo. Investigación inicial Unha avaliación inicial a través dunha enquisa a

350 estudantes constatou a necesidade de mellorar en case todos os aspectos, como reducir o consumo de alcol e de tabaco, fomentar a práctica do deporte e mellorar as relacións sociais dos estudantes. Agora iníciase a fase de intervención a través de actividades xerais e específicas, a primeira das cales será un Concurso de Iniciativas Saudables, aberto a toda a comunidade universitaria. Alén deste concurso, Campus ConVida comezará a integrarse de xeito transversal e como un selo de calidade nas iniciativas do campus ourensán que cumpran co obxectivo de promocionar a saúde nas súas diferentes vertentes.

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

19

A vicerreitoría renova a súa web P.Lodeiro.

A Vicerreitoría do campus de Ourense renova a súa web institucional (http://vicou.uvigo.es/), que agora é unha páxina “moi potente, limpa e clara”, segundo explicou o profesor e director de Área de Descentralización do campus de Ourense, Alberto Vaquero, e na que se pode acceder a toda a información en “dous ou tres clicks”. Inclúe á esquerda un menú principal, con varias seccións: vicerreitoría, investigación, centros, estudos e titulacións, alumnado e gabinete de prensa, entre outras. Baixo este menú, recóllese unha sección de convocatorias mentres que a parte central do portal web dedícase para a actualidade do campus. Na parte superior, aparecen unha serie de imaxes

A vicerreitora do campus, María Lameiras, con dous dos técnicos informáticos encargados da web e o profesor Alberto Vaquero./P.LODEIRO. do campus que cambian segundo as seccións, e que manteñen a estrutura corporativa da web da Universidade de Vigo. Baixo elas, as secciós de axenda, directorio, como chegar ou preguntas frecuentes. O traballo de renovación do sitio web, que viña recibindo unha media de 4.000 visitas ao mes, foi realizado no último ano polos técnicos Carlos Turnes, Celso Caride e Rubén Taboada.

Como destacou a vicerreitora María Lameiras, “levou moito tempo porque supoñía incorporar toda a información do Vicerrectorado, obradoiros, servizos...” Lameiras resaltou a súa utilidade: “vai ser moi útil para a xente que queira acceder ao noso campus”. A nova web é de código aberto, e polo tanto, de custo cero para a Universidade. Lánzase por agora cunha única versión en galego,

aínda que os técnicos xa traballan para ofrecela noutros idiomas. Con respecto á realización de trámites on line, de momento só se poden descargar os formularios en formato pdf. Neste senso, os seus creadores fan fincapé en que o espazo ten un carácter dinámico e non estático e polo tanto irá medrando e evolucionando co tempo para dar resposta ás necesidades da comunidade universitaria.


20

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

PUBLICIDADE


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

21


22

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

AXENDA / CLASIFICADOS

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4AXENDA Teatro - 25, 26 e 27 de novembro - “20 de decembro – “Rebelión na guerra” - 19.30 h. - Casa da Cultura de Barbadás - 26 de decembro - “Bajo mi cama una estrella”- 17 h.- Teatro Principal - 27 de decembro - “Zapatos” - 17 e 18 h.- Teatro Principal - 28 de decembro- “Oh, que bonito é Panamá” - 17 h. - Teatro Principal - 29 de decembro - “Uxío no país de Patadecabra”- 17 h. - Teatro Principal -2 de xaneiro - “Dous pallasos en apuros”- 18.30 h.- Casa da Cultura de Barbadás Cinema - 30 de decembro – Cinema infantil – 18.30 h. - Casa da Cultura de Barbadás Música - 19 de decembro – Concerto de Nadal “Gaudete, Christus est Natus”- 20.30 h. - Igrexa dos Franciscanos (Ourense) - 21 de decembro – Festi-val Infantil da Escola de Música de Barbadás - 19 h.- Casa da Cultura de Barbadás - 22 de decembro – Concerto de Nadal da Orquestra Sinfónica da Radio Nacional de Kiev- 20.30 h.- Teatro Principal - 22 de decembro – Festival Infantil de Extraescolares - 19 h.-Casa da Cultura de Barbadás - 23 de decembro – Concerto de Combo Dinamo – Café Cultural Auriense - 25 de decembro – Concerto de panxoliñas – 13

4SUDOKU

h.- Igrexa de Sobrado (Barbadás) - 26 de decembro – 35º Jam Session Rock – Café Cultural Auriense - 30 de decembro – Festa 11º aniversario – Café Cultural Auriense - 4 de xaneiro – Concerto de Nadal “Gaudete, Christus est Natus”- Igrexa de Santa Eufemia (Ourense) Espectáculos - 23 de decembro – Novo Circo – 18.30 h. - Casa da Cultura de Barbadás - 26 de decembro – Espectáculo de moniquecres “A illa do tesouro”- 18.30 h. - Casa da Cultura de Barbadás - 27 de decembro – Actuación do mago José Rivera – 18.30 h.- Casa da Cultura de Barbadás - 29 de decembro – Actuación clown – 16.30 h. - Colexio Filomena Dato (Barbadás) Exposicións - Ata o 27 de decembro – Exposición “Las alas del agua” e “Certame fotográfico Viña do Campo”- Auditorio - Desde o 2 de decembro - “20 anos de mecenado, conservacion e difusión da arte da miniatura” - Edificio Simeón - Ata o 8 de xaneiro - Ruth Matilda Anderson: “Unha mirada de antano” - Centro Novacaixagalicia - Do 20 de decembro ao 9 de xaneiro – Mostra fotográfica traballos curso “A toma fotográfica”- Casa da Xuventude de Barbadás

Deportes 28 de decembro – Torneo de tenis wii – 17 h. – Casa da Xuventude de Barbadás 29 de decembro – Torneo de ping-pong – 18 h. - Casa da Xuventude de Barbadás Obradoiros 27 de decembro – Obradoiro de pulseras de coiro – 18 h. –Casa da Xuventude de Barbadás 29 de decembro - Obradoiro de cócteles sen alcohol - 18 h. - Casa da Xuventude de Barbadás 3 de xaneiro – Curso de cociña para nenos -18 h. - Casa da Xuventude de Barbadás Outros 22 de decembro – Visita de Papá Noël – 16.30 h. Xeriátricos de Barbadás 23 de decembro – Visita de Papá Noël – 19.30 h. - Casa da Cultura de Barbadás Do 26 ao 30 de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro - “Mañás de Nadal” de Amencer – de 10 a 13.30 h. - Diversas localizacións Do 26 ao 30 de decembro – Talleres para avós e netos – Centro de maiores Novacaixagalicia Ata o 31 de xaneiro – Mecado solidario de AECC – Rúa Cruz Vermella - Programación de Nadal do Concello de Ourense: páx. 33 + en www. mundourense.com

(nivel fácil)

[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en info@ourenseporbarrios.com. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

PISOS

VENDAS

TRABALLO

Alugo habitación céntrica a chica o señora. Tel: 687 134 387 Vendo ático duplex en r/San Rosendo 3 habitacións, 2 baños, cociña amoblada, terraza 35 metros,garaxe e trasteiro. Tel. 609 85 20 70. Véndese casa en Gustei (ao carón da igrexa), para entrar a vivir. 48.000 euros. Tel: 679 429 257. Alugo local económico. Tel. 627 203 131. Búscase para alugar (con dereito a compra) casa ou piso en zona Baiona.Teléfono 638 67 83 81. Véndese en Río Navia 53 praza de garaxe doble e nave de 200 m2. Tel. 988 22 59 48 e 678 48 97 55. Vendo piso en Allariz. 3 dormitorios, cociña equipada, baño reformado, salón-comedor, balcón, trasteiro e garaxe pechado. 83.000 euros. Urxe! Tel. 671 086 573. Traspaso Lavado e engrase en Ourense en funcionamento, prezo negociable. Tel. 988 21 01 96 Véndese local comercial de 100 m2 e bodega de 80 m2. Zona praza do Ferro. Tlfs. 988 21 31 00 - 650809739. Alugo piso na rúa Ribeiriño con vistas ao río. Tlf. 988 21 36 21 - 670 45 70 77. Vendo piso en r/Bonhome, 85 m2, salón-comedor, 2 dormitorios, baño e cociña amoblados, lavadeiro, 2 galerías pechadas, 1º exterior con ascensor, reformado ano 2000. Non axencias. Te. 600 747 198. Véndese piso en Vigo (praia América), tel. 636 422 497 Vendo apartamento na zona do 21, 2 dormitorios, salón, cociña, baño, garaxe, buhardilla. Prezo: 96.000 euros. Tel: 675 521 179 Vendo piso av. Santiago, 87 m2, 3 habitacións, 2 baños, parquet, semiamoblado, cociña equipada, garaxe e trasteiro, ascensor. Tel. 698 126 696 Vendo finca en Amoeiro de 1.600 m2 solar, bo prezo. Tel. 610 54 48 54 Alúgase piso en Vigo (r/Zamora) 3 habitacións, tel. 639 81 62 09. En Gustei véndense 2 fincas: unha de 500 m2 a 40 m de Gustei e outra a zona chamada Bouzo de 1200 m2. Tel 627 608 758 Véndese finca en zona Barxas-Cudeiro a 3 km de Ourense, en terreo edificable. 1.800 m2 e excelentes vistas. Tlf: 627 608 758. Alúgase habitación céntrica con dereito a cociñas e salón. Tel. 687 13 43 87

Mércanse mobles ou electrodomésticos de 2º man e cómpranse obxectos antigos. Tel. 988 21 22 24 Vendo lavadora con menos de dous anos. Prezo económico. Telf. 654 156 084. Vendo cuna parque de viaxe de dúas alturas. En perfecto estado. Prezo 50 euros. Tlf. 636.32.95.24 Vendo coche Mitsubishi GS con 100.000 quilómetros, con extras; e moto Kawasaki ZZR 600 con 38.000 quilómetros reais. Todo por 11.000 euros negociables. Tlf. 988 41 32 18. Vendo impresora Epson c/86 por 15 euros. Regalo dous cartuchos de cor. Tel: 671 074 108. Vendo todo o equipo para recén nado: cuna, silla, etc. bo prezo. Tel. 638 84 27 95 Vendo mobles de perruquería e lavacabezas. Bo prezo. tel. 678 57 84 02. Véndese quad Yamaha 660 ATV, bo estado, prezo a convir. Tel. 696 91 94 50 Vendo LCD 32” marca Toshiba con TDT incluído, 2 anos de uso. 220 euros. Tel: 637 756 687. Por xublicación vendo negocio de mercería con local e mercadoría, boa clientela. 55.000 euros. tel: 988 22 01 81 e 600 238 861 Vendo mobles usados: dormitorio de matrimonio completo, librería, tresillo con mesa, cama con somier e colchón de 1,05 m, 6 cadeiras tapizadas, mobles de cocina. A moi bo prezo. Tel. 627 608 758 Vendo en moi bo estado.Renault 21, aire acondicionado, peche automático, dirección asistida, gasolina e pintura metalizada. 149.469 km. telf:627 608 758 Vendo Seat Ibiza 1.9 TD Año.94.DA-CC-EE .Bo estado. Económico. Tfno.654 745 947. Vendo leña de carballo. Tel: 630 521 448. Vendo viño tinto de colleita da Ribeira Sacra. Tel: 647 404 428. Vendo Golf serie 3 1.9 TD teito solar, llantas, A.A., rodas novas, ITV pasada, 1.180 euros. TEl. 687 911 891 Vendo Yamaha SR Special 250 ano 93 perfecto estado, ITV recén pasada, 41.000 km. batería nova, Kit de arrastre novo, cambio aceite,alforxas, etc... Regalo cascos,candado,funda e seguro. 1.200 euros. Tel. 680 568 378. Vendo móbil Sony Ericcson x10 mini pro e ordenador portatil, tel. 647 272 198.

Ofrécese señora responsable para planchar e limpezas de portais. Económico. Tlf: 635 433 231 Bótanse as cartas do tarot, 40 anos de experiencia. Tel. 638 678 381 Señora de 50 anos seria e repsonsable ofrécese para coidado persoas maiores., nenos, tarefas do fogar, plancha, limpeza de portais, etc. Ampla experencia e boas referenzas, con curso de auxiliar de axuda a domicilio. Tel. 685 37 41 91. Ofrécese señora con experiencia e títulos de auxiliar de enfermeria e axuda no fogar para coidar anciáns ou enfermos unha hora ao día. Tel. 620 052 173 Ofrécese chica para limpeza de portais a prezo moi economico.Tel l639 713 600 Necesítase persoal que queira gañar diñeiro no seu tempo libre.É moi cómodo e fácil. Informate 639 713 600 Ofrécese chico para traballar fin de semana en calquera cousa e sen horarios.Con experiencia no transporte.Tel. 697 130 070 Fanse comidas e repártense a domicilio a prezos moi económicos Tel. 638 604 806 Fanse tarefas de limpeza, plancha e coidado de nenos,tel. 676 928 138. Danse clases particulares de primaria e secundaria e informática, prezos moi económicos, tel. 638 158 881. Cóidanse persoas maiores e/ ou dependentes en hospitais e domicilios, tel.676 928 138. Danse clases particulares de matemáticas o durante o curso académico 2011/2012. A todas as etapas. Con posibilidade de impartir outras materias. 15 anos de Experiencia. A domicilio. Económico. Tel.: 610 382 589,arvaca1@gmail.com. Ofrécese rapaza para limpeza de portais,etc. Melloramos o prezo que teñas.Tel.988 21 38 14 Traballo por horas: muller de 26 anos, responsable, traballadora, realizo todas as tarefas do fogar, limpeza de escaleiras, coidado de nenos e anciáns, prancha, recados... Coche propio. Precio económico (8 euros/hora). Tfno de cto: 648149375 Señora seria e responsable busca traballo acompañando persoas maiores, dependentes ou nenos. Tel. 629 95 11 53. Desbrózase fincas. Tel: 630 521 448 Fanse portes. Tel: 630 521 448


Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

SERVIZOS

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 151-2002 / OU 125-2003 / OU 164-2004/ OU 155-2007. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Pepe da Guardesa, V. Barreiros, J.E. Bóveda, J.L. Iglesias Vázquez, R. Sertaje, S.Ganay, M.Pintos, Calviño, D. Rodríguez, C.V. Abros, A.V.Ou., Círculo Poético Orensano Nº112/102/88/51 - Ano: X - Decembro 2011 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 239 634.

4AUTOBUSES VALENZÁ-OURENSE

4FELICITACIÓNS

4TELÉFONOS DE INTERESE

Saídas A Valenzá Saídas As Lagoas Luns a venres

Felicidades Anxo! Xa tes un ano. Segue con ese sorriso! Un biquiño.

Pedro Villamarín Aniversario:4-12-74 Feliz aniversario, Pedro! Que os anos non che fagan máis vello, senón máis sabio, hehe! Diego e familia.

Diego Sotelo Aniversario:12-12-82 O día que as velas costen máis que a tarta, é que serás moi vello, haha! Moitas felicidades deséxanche Fausto, Tere, Tete e Fachi.

7:00 7:30 7:45 8:00 8:15 8:30 8:45 9:00 9:15 9.35 10:00 10:25 10:55 11:20

11:40 12:05 12:30 12:50 13:05 13:20 13:40 14:10 14:30 15:00 15:30 15:45 16:00 16:20

16:40 17:00 17:30 18:00 18:30 19:00 19:30 19:50 20:05 20:40 21:00 21:25 22:00

8:00 8:40 9:35 10:35 11:30

12:50 13:35 14:40 16:00 17:00

18:00 19:00 20:00 21:00

7:20 7:50 8:10 8:25 8:40 8:55 9:10 9:25* 9:40 10:00 10:30 11:00* 11:20 12:05 12:30

12:45 13:00 13:15 13:30* 13:50 14:10 14:35 15:00 15:30 15:55 16:10 16:30 17:00 17:30 18:00

18:30 19:00 19:30 19:45 20:00* 20:20 20:40 21:05 21:25 21:50 22:15

8:20 9:10 10:05 11:05 11:55* 13:15

14:00 15:20 16:30 17:30 18:30 19:30

20:30 21:25

10:00 11:10 12:25 13:30

16:30 17:30 18:30 19:30

20:30 21:25

Sábados

Domingos e festivos

Esperanza Baña Aniversario: 26-12-09 Moitas Felicidades desde Ourense do teu padriño. Xa son 2 aniños!

Roberto Quintana Aniversario: 16.12 Ola, papá, xa sei que Lucas aínda non fala pero insinuoume que che felicitaramos con todo o amor do mundo, os teus peques e Mm.

9:30 10:30 11:45 12:50 Lucas Quintana Couceiro Aniversario: 08.12 Querido irmanciño querémosche desexar moitas felicidades no teu primeiro aniversario, dos teus pais e da túa irmá Andrea, con moitas apertas e moitos bicos para o noso grande pero pequeno homiño. Moitas felicidades!

Xudit Glez Aniversario: 04-12-79 Hoxe é undía moi especial para manifestarche un desexo, que a túa vida sexa premiada con moita felicidade. Feliz cumple!

[Envíanos a túa felicitación coa foto (non fotocopia), o nome e apelidos, o día e o mes, o motivo da felicitación (aniversario, voda, santo, etc.) e o texto que desexes publicar a: Ourense por Barrios, r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense ou a info@ourenseporbarrios. com. Indícanos un teléfono de contacto]

13:00 16:00 17:00 18:00

19:00 20:00 21:00

4AUTOBUSES URBANOS: liñas e horarios en www.urbanosdeourense.es Tarifa ordinaria: 0,78 euros - Tarxeta Milenio de transporte: ordinaria: 0,56 euros e estudiante: 0,40 euros - Gratis para maior de 65 anos, pensionista,discapacitados: e mozos/as de 16 a 18 anos

4CARTAS AO DIRECTOR

Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 Cita previa SERGAS 902 077 333 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083

Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención ao menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria 988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcohólicos Anón. 646 645 119 24h. Alcoh. Anón. 988 269 540 Alcoh.Anón. 24h. 988 22 76 23 Asoc.Crohn-colitis 630 136 447 Down Ourense 988 370 313

[Envíanos as túas cartas ou foto denuncias por correo electrónico a info@ourenseporbarrios.com, opinion@ourenseporbarrios.com, ou por correo tradicional a r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense. As cartas ao director non deben exceder de 20 liñas e deberán ser remitidas con nome e DNI, firmadas, e cun teléfono de contacto. Letras a la Carta SL. resérvase o dereito de publicación así como o de extractar os textos que estime oportuno]


24

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

PUBLIRREPORTAXE

ofrece orientación a través do smaff

A Concellería de Saúde de Ourense informa dos seus servizos de apoio ás familias

En xaneiro inicia unha nova edición da Escola de Nais e Pais e en febreiro o IV Curso de Educación Familiar “A familia e a sociedade” Un ano máis, a Concellería de Saúde do Concello de Ourense continúa ofrecendo aos proxenitores os seus servizos de apoio, que se poden clasificar en tres iniciativas concretas: SMaFF, Escola de Nais e Pais e Curso de Educación Familiar. SMaFF A primeira delas, o SMaFF, Servizo Municipal de apoio a familias con fillos, que orienta, asesora, media e deriva se é necesario a familias con fillos que se atopen ante situacións puntuais de conduta que poidan afectar ao benestar e ao equilibrio psicosocial do grupo ao que pertencen. O

servizo é gratuíto e préstase a través de cita previa no teléfono 988 510 622. Escola de Nais e Pais Unha segunda iniciativa da Concellería é a súa Escola de Nais e Pais, actividade de educación familiar que se desenvolverá a partir do mes de xaneiro. O departamento municipal entende que a familia ten un papel indiscutible no desenvolvemento integral dos nenos pola súa capacidade de se constituir en transmisora de valores, costumes, hábitos, modelos de comportamento e en elemento de apoio e resolución de conflitos. A inscrición é gratuíta e

está aberta ata o 15 de xaneiro na sede da Concellería (rúa da Concordia 20). A Escola de Nais e Pais desenvolverase en sesións semanais dunha hora e media en centros educativos ou instalacións municipais ata o mes de xuño. Nelas abordaranse temas como a familia e a sociedade, as funcións da familia ou a familia e a adolescencia. IV Curso de Educación Familiar Por último, un terceiro pivote sobre o que xira a acción da Concellería de Saúde é o Curso de Educación Familiar, que este ano chega á súa cuarta edición e

que leva o título nesta ocasión de “A familia e a sociedade”. Desde a área de Saúde do Concello de Ourense entenden que o ámbito da familia é o espazo natural para traballar a prevención, por ser un axente socializador fundamental. Esta actividade está dirixida a profesores, educadores e traballadores sociais, estudantes e profesionais relacionados coa educación, ata un máximo de 40 participantes que poden inscribirse no curso, de maneira gratuíta, ata o 31 de xaneiro (tamén na Concellería). Están previstos relatorios sobre temáticas como

habilidades sociais e de comunicación, a relación familia-escola, sexualidade e afectividade, o ocio da mocidade ou o traballo coa mocidade problemática. As sesións desenvolveranse entre o 7 de febreiro e o 29 de marzo na Aula de Promoción da Saúde que a Concellería ten na rúa Vasco da Ponte, nas Lagoas. Os participantes recibirán un certificado co recoñecemento de interese sanitario da Consellería de Sanidade e universitario da Universidade de Vigo.

A Concellería lanzou un boletín para os proxenitores, que distribuiu este curso nos centros educativos da cidade.

Están abertos os prazos de inscrición na Escola de Nais e Pais e no IV Curso de Educación Familiar


SAÚDE

4VETERINARIA

4GUÍA DE SAÚDE

25

4PAIS E FILLOS

Problemas gastrointestinais en cachorros Os vómitos e diarreas son uns dos principais motivos de consulta na clínica veterinaria. Os problemas gastrointestinais adquiren unha maior importancia en cachorros por diversos motivos, por exemplo, a presenza de causas víricas. Independentemente da causa, o simple feito de que un cachorro (sobre todo se se trata de razas pequenas) presente vómitos e diarrea pode provocar a morte por deshidratación e/ou hipoglucemia en menos de 24h. Centrándonos nos problemas gastrointestinais dos cachorros podemos englobar as diferentes causas en 3 grupos: - Causas dietéticas: calquera cambio brusco na alimentación pode desencadear en vómitos e/ou diarrea. Na maioría dos casos isto prodúcese por dar restos da nosa comida. - Causas parasitarias: existe unha gran variedade de parásitos internos que poden afectar ao noso cachorro, e practicamente todos poden desencadear síntomas gastrointestinais. En xeral os antiparasitarios

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

utilizados de rutina en cachorros son efectivos fronte á maioría dos parásitos. Con todo, existen outros que necesitan un tratamento concreto para a súa total eliminación, como son, por exemplo, os coccidios e as giardias, máis frecuentes en cachorros que en adultos, sobre todo se proceden de colectivos caninos, como poden ser os criadeiros, refuxios, etc. Moitos destes parásitos poden ademais provocar lesións no tracto intestinal que poden facilitar a aparición de infeccións secundarias que comprometan aínda máis a vida do animal. - Causas víricas: existen diversos virus que poden provocar esta sintomatoloxía, sendo o parvovirus o máis importante pola súa incidencia, gravidade e contaxiosidad. A parvovirosis (panleucopenia en gatos) aparece con relativa frecuencia en animais novos sen vacinar, sendo moi rara en adultos e animais vacinados. O parvovirus provoca vómitos e diarreas sanguinolentas, ademais do estado de inmunodeficiencia

(baixo nivel de defensas no organismo), o que fai practicamente imprescindible o seu ingreso con soro intravenoso (ademais da medicación correspondente) para manter ao animal con vida, mentres non remite a sintomatoloxía (normalmente cunha duración de entre 3-5 días), sen garantir isto a supervivencia do cachorro. Coñecendo isto, tras a entrada dunha nova mascota nas nosas vidas, podemos seguir unha serie de consellos para minimizar o risco de que sufra algún destes contratempos: - Administrar pensos de alta calidade, realizando os cambios necesarios na dieta sempre de forma gradual, ademais de evitar que coman restos da nosa comida. En canto a isto, advertir tamén que, ao contrario do que ás veces se pensa, o leite de consumo humano (leite de vaca) non é recomendable para cachorros, xa que non é tan dixestiva para eles e pode provocar problemas dixestivos. - Desparasitar internamente desde o mes de idade, sendo aconsellable a

realización dunha análise coprolóxico (analítica de feces) previo, para utilizar o antiparasitario máis adecuado en cada caso. - Establecer unha correcta pauta vacunal, evitando situacións estresantes, contacto con outros cans, etc. antes de realizar a mesma. Os primeiros meses de vida da nosa mascota son os máis importantes e nos que temos que prestarlle unha maior atención. Durante esta época teñen un maior risco de sufrir enfermidades, que poden pór en serio risco a súa vida, ademais de ser o momento en que debe recibir unha correcta “educación”, o que evitará problemas de comportamento cando sexa adulto. Se temos en conta os pequenos consellos que aquí abordamos e seguimos as recomendacións do noso veterinario, aumentaremos a calidade de vida da nosa mascota e fará máis gratificante nosa convivencia con ela. Miguel Gómez Gómez Veterinario Hospital Veterinario Abros

[Se quere anunciarse nesta sección chame ao teléfono 988 239 634]

Prohibido prohibir Existen moitos e variados métodos de educación. Uns máis duros, outros máis brandos, uns complicados, outros sinxelos, uns máis aplaudidos e outros máis criticados, pero un e só un é o “antimétodo” educativo e ese método chámase “Prohibir”. Prohibir é sinónimo de tentación, de represión, de submisión e de rebeldía. Nunca é sinónimo de educar ou comprender. O mellor método educativo é dar exemplo, sen dúbida. Os psicólogos chamámolo “aprendizaxe vicaria”. Existe un episodio moi simpático na miña vida que me gustaría compartir convosco. Sería o ano 89 e estaban moi de moda uns pantalóns vaqueiros moi caros cuxo distintivo era unha etiqueta vermella,. Quen non tiña eses vaqueiros non era “guay”. Recordo que aquel nadal pedira por Reis aqueles pantalóns tan ansiados, sei que aos meus pais non lles facía moita graza pero non me prohibiron nada. Chegou a noite de reis e aí tiña o meu paquete, había un exactamente igual para a miña irmá, sabía o que contiñan. Os pantalóns! Tamén había uns pantalóns da mesma marca para o meu pai.

O meu pai levantouse, foi buscar unhas tesoiras e acto seguido cortou a marca do pantalón e a etiqueta vermella. Creouse un sólido silencio na habitación, que rompeu o meu pai sentenciando: “Eu non vou facendo publicidade a ninguén!”. A miña nai, a miña irmá e eu mirámonos pampas e miramos ao pantalón. Para unha adolescente de 14 anos esa escena foi o mellor método de “cambiar o chip” (unha auténtica reestruturación cognitiva). A día de hoxe non me gusta guiarme pola moda, non me gusta levar roupa de marca e non me gusta que se vexa a marca da roupa. Quizais me volvín un pouco radical pero ao ver unha persoa considerándose “guay” por levar un bolso de marca lembro a frase do meu pai “facendo publicidade” e vénme á mente aqueles personaxes que se vestían colgado carteis publicitarios, sorrío e penso que á esa persoa seguramente lle prohibiron moitas cousas , que é unha persoa reprimida e resentida e que compensa as súas carencias co materialismo. Prohíbelle a un neno calquera cousa e crearás un adulto resentido. Diana R.Salgado Psicóloga

Completado o equipo directivo da Xestión Integrada da sanidade ourensá Redacción A Xestión integrada de Ourense, Valdeorras e Verín completa o se equipo directivo. A nova estrutura directiva, encabezada por Eloína Núñez, como xerente, consta con dúas novas subdireccións, a de Sistemas de Información, asumida por Francisco José J. Rodríguez -ata agora coordinador e a subdirección de Calidade, Atención ao Paciente, Admisión, Formación e Investigación, que estará dirixida por Ciro Andrés Cabezas. Á fronte da Dirección de Proceso Asistencial estará María Holanda Rodríguez Vázquez. A extensión de

funcións e competencias desta dirección estratéxica repártese a súa vez en catro direccións dependentes: de Procesos sen Ingreso e Urgencias (a cargo de María Isabel Gómez); de Procesos de Soporte (con María Jesús Fernández ao fronte); de Procesos con Ingreso (dirixida por Alfonso Iglesias) ; e de Procesos de Enfermería (pilotada por María Victoria Carral). Pola súa banda, a nova responsable da Dirección de Recursos Humanos de Ourense, Verín e O Barco será Celia Saiz, que realizaba xa esta función no CHUOU. E, finalmente, Alberto Pedrera fíxose cargo da Dirección de Recursos Económicos de Servizos Xerais.


26

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

SAÚDE

A Xunta anuncia un novo edificio de hospitalizacións 4 Investirá nel 55 millóns de euros e estará dotado con 932 camas, un 14% máis que as actuais. Paula Lodeiro O complexo hospitalario universitario ourensán (CHUOU) contará cun novo edificio de hospitalización con capacidade para 932 camas. Anunciouno o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, nun Consello da Xunta especial celebrado na cidade de Ourense. A previsión que manexa o Goberno galego é que a obra estea licitada antes de que se remate esta lexislatura. O Goberno galego publicou o pasado 16 de decembro no DOG a licitación do proxecto do Plan Director definitivo xunto coa licitación do proxecto constructivo do novo bloque de hospitalizacións. Os prazos previstos pola Xunta concrétanse da seguinte maneira: adxudicación desta licitación en marzo de 2012, a entrega dos proxectos no último trimestre de 2012 e a licitación da obra do novo hospital no primeiro trimestre de 2013, para comezar a obra en xuño dese mesmo ano. Este novo edificio terá capacidade para 932 camas, un 14% máis que as actuais, das cales 640 serán polivalentes, 94 específicas, 64 para críticos e 134 doutro tipo. Un 40% dos cuartos serán dobres e o 60% restante contarán cunha soa cama. “Será un hospital eficiente e seguro, con novas tecnoloxías e centrado no proceso asistencial ao paciente”, indicou a conselleira de Sanidade, Pilar

Imaxe da concentración diante da Consellería de Sanidade en Ourense./PROSADI.

Protesta do persoal de Atención Primaria Medio cento de traballadores de Atención Primaria manifestáronse o pasado venres diante da sede da Consellería de Sanidade na cidade, baixo o lema “Contrato partido, doente desatendido” e “Non máis recortes en contratación”. A protesta, convocada pola asociación Pro Sanidade Digna de Ourense (PROSADI), quería denunciar os recortes na contratación de persoal de servizos xerais e de enfermería nos centros de saúde do rural ourensán. A concentración “sen bandeiras” acudiron a título persoal varios sindicalistas da Comisión de Centro do CHUOU, tal e como reclamaba PROSADI, que entende que o recorte “na calidade asistencial que estamos padecendo como usuarios precisa da unión de todos os que forman parte da sanidade pública: sindicatos, políticos, traballadores e usuarios”. As mobilizacións continuarán “ata que a xerencia do CHUOU volva cubrir de forma íntegra todas as ausencias” e ofreza aos cidadáns “cobertura sanitaria as 24 horas nos seus ambulatorios e PACs”. O presidente da Xunta observa a intervención da conselleira de Sanidade. /P.LODEIRO. Farjas. Esta infraestrutura suporá un orzamento de 55 millóns de euros, cantidade que será financiada en parte pola Unión Europea, con fondos do Plan Hospital 2050. Neste sentido, Farjas recalcou que é a primeira vez que Galicia accede a fondos europeos de innovación tecnolóxica para proxectos de innovación sanitaria. En sucesivas fases do Plan Funcional do CHUOU a Consellería de Sanidade abordará a remodelación da área de consultas e dos servizos centrais. A ampliación e mellora do complexo hospitalario universitario ourensán terá un orzamento

global de 135 millóns de euros. Para Feijoo este anuncio é un dos catro piares da acción do seu goberno na provincia, xunto co novo edificio xudicial de Ourense, a planta de tratamento de residuos do Irixo e o desbloqueo do plan urbanístico na capital ourensá.

O proxecto de renovación de todo o complexo hospitalario ourensán custará 135 millóns de euros

Noticias de empresa

Este Nadal regálate unha Constelación O despacho de psicoloxía Diana Rodríguez Salgado ofrece esta técnica de benestar persoal “Hai que vivila... non se podo explicar con palabras”. Así é unha constelación, é un encontro cun mesmo, coa familia, coas alianzas, cos erros, coa compensación deses erros. Constelacións familiares é unha terapia sistémica creada por Bert Hellinger que considera que calquera malestar psicolóxico, sexa leve (tristeza, melancolía) ou máis grave (depresión, ansiedade...), calquera malestar económico ou calquera malestar

emocional (fracasos amorosos continuados, mala relación coa nai...) están relacionados coas relacións familiares mal establecidas. As constelacións axudan a averiguar en que momento nos atopamos e o máis importante, axudan a sanar ese malestar e a cambiar a nosa situación vital cara a un estado máis óptimo e exitoso nas nosas vidas. Existen dúas formas de

realizar constelacións, mediante talleres grupais, máis efectiva e rápida; aproximadamente con tres sesións chegamos á curación. Desde o meu despacho tamén se ofrece a posibilidade dunha curación individual mediante unha técnica exclusiva que se basea en constelacións, terapia sistémica e programación neurolingüística e coa que obtiven un 100% de éxito.

Cita previa: 650 131 742 r/ Paseo 30, Gal. Viacambre, entrechán


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

27


28

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

OCIO E CULTURA

4IMAXES DO MES

Ofrenda floral a Blanco Amor

Concurso da Constitución O 6 de decembro foron entregados os premios do Concurso Escolar da Constitución, no que resultaron seleccionados os traballos dun total de 42 rapaces de 31 centros de toda a provincia (dos 1.300 presentados). O Subdelegado do Goberno, Camilo Ocampo, presidiu por última vez a entrega de galardóns aos 20 mellores debuxos de nenos de Infantil e ás 22 mellores redaccións de alumnos de ESO, Bacharelato e FP; todos eles baseados nas súas repectivas visións das Cortes Xerais.

Contra a violencia machista Numerosos foron os actos que o pasado 25 de novembro conmemoraron por toda a cidade de Ourense o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Entre os colectivos que se uniron a esta loita atopouse a Asociación de Taxistas de Ourense, que retirou os anuncios publicitarios dun clube de alterne (que portaban tres dos seus vehículos) e sustituíronos por un adhesivo co lema “Próxima parada:igualdade”.

O 1 de decembro, con motivo do 32 cabodano do seu pasamento, o Pen Clube de Galicia realizou, por oitavo ano consecutivo,unha ofrenda floral a Eduardo Blanco Amor no cemiterio de San Francisco, onde descansan os seus restos mortais. Entre as numerosas autoridades que achegaron flores á tumba do escritor atopáronse o secretario xeral de Política Ligüística, Anxo Lorenzo, o presidente da Deputación, Xosé Luis Baltar, ou a concelleira de Cultura, Isabel Pérez.

Predicando co exemplo A concelleira de Mobilidade, a socialista Susana Bayo, é a mellor das mostras de que o movemento se demostra andando e ela faino sobre dúas rodas. Bayo desprázase sempre que lle é posible pola cidade de Ourense en bicicleta para fomentar esta saudable práctica -como fai dende o goberno municipaldando exemplo.

Actuación da Coral “Airiños de Canedo”

A Coral “Airiños de Canedo” deu o seu concerto de Nadal na A.VV. de San Miguel de Canedo. Ante un público entregado que abarrotou a sede da asociación, a coral deleitou aos presentes con 12 cancións deixando para o final a que máis aplausos rexistrou “La barca de oro” que falaba dos veciños de Canedo. Despois do concerto houbo merenda para todos.


OCIO E CULTURA

Jorge E. Bóveda publica “A habitación secreta” Redacción

Jorge Emilio Bóveda, escritor e colaborador deste periódico, tirará en breve coa editorial Toxosoutos a novela “A habitación secreta”. Unha historia urbana que fai da timidez seu leitmotiv, dándonos a ver o moito que poden sufrir as persoas que non son quen de exteriorizar os seus sentimentos. A historia comeza cando un dos membros dunha parella de amigos que xa deixou atrás os 50 queda sen traballo e métese nun vórtice de auto destrución que obriga ao outro a verse coa filla adolescente deste para tentar salvalo. Sen saber que os mecanismos que rexen os sentimentos do amor son imprevisibles e que se poñen a funcionar nos momentos máis inesperados e inoportunos. O libro estará nas librarías polo Nadal.

Presentada a 5ª edición de Pórtico do Paraíso 4 Comeza o 2 de marzo cun concerto do grupo “Capilla Flamenca”, na Catedral. P.L. En 2012 chega a quinta edición do Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico de Paraíso, organizado pola Concellería de Educación. A primeira cita musical será o 2 de marzo, coa actuación na Catedral do grupo “Capilla Flamenca”, “un grupo referente europeo en música vocal e instrumental do Renacemento”, explicou o director do festival, Juan Enrique Miguens. “Mantemos a liña marcada: poucos concertos de gran calidade”, expuxo Míguens. Son cinco concertos en lugares emblemáticos de Ourense, como a igrexa de Santa Eufemia, a das Caldas e

J. Enrique Miguens, Ana Garrido, Juan Carlos Fernández Fasero e Francisco Rodríguez presentaron o festival./P.L. o Teatro Principal, ademais de encontros cos músicos e unha conferencia. Esta quinta edición continúa financiándose coa fórmula de achegas públi-

cas (o 60% do orzamento pono o Concello) e de patrocinadores privados, e por primeira vez con financiamento da Xunta a través de Agadic.

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

29

Dopazo expón no “2020 European Art”

4 É o autor das viñetas de humor do “emigrante”. Redacción O ourensán Manuel Dopazo, autor das viñetas de humor do “emigrante” que publicamos mensualmente neste periódico, é un dos oito artistas que expoñen os seus traballos dentro do innovador proxecto “2020 European Art Tour”, que permanecerá no pontevedrés Pazo de Mos durante mes e medio. Esta iniciativa europea, promovida desde Galicia, procura a promoción artística e cultural de novos artistas de todas as disciplinas (pintores, deseñadores, fotógrafos, escultores, actores, músicos, etc.) dentro do marco de cooperación interrexional europeo, co fin de que en 2020 se poida percorrer, mediante feiras itineran-

tes por toda Europa, unha distancia equivalente ao ecuador do planeta Terra, é dicir, uns 40.075,004 quilómetros. Este tour proporcionará ao espectador unha oferta multidisciplinar en cada feira, con exposición e venda dunha ampla variedade de creacións artísticas que se realizarán dentro de espazos urbáns como se de salas de arte se tratasen. O primeiro circuíto, no que participa Dopazo, está composto por 12 eventos en diversas cidades de España e Portugal e durarán aproximadamente mes e medio cada un. A programación está composta por unha exposición de pintura conxunta de oito artistas españois e portugueses, un mercado creativo onde poder adquirir as obras e catro sesións de curtametraxes.


30

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

PUBLICIDADE


OCIO E CULTURA

Ocio en Nadal con Amencer 4 A asociación cultural organiza as IV “Mañás de Nadal” para máis de 140 rapaces. Redacción Co Nadal en portas a Asociación Xuvenil Amencer vén de presentar as súas xa tradicionais “Mañás de Nadal”, unha inciativa grazas á cal os rapaces ourensáns de entre 3 e 12 anos poderán ocupar o seu tempo de vacacións cunha serie de actividades lúdico-educativas e de convivencia, que se levarán a cabo entre os días 26 e 30 de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro, en horario de 10 da mañá a unha e media da tarde. “Trátase de ocupar as mañás deses días laborabeis pero non lectivos cun proxecto que eduque en valores a través do xogo, favorecendo a creatividade, a participación e ou traballo en equipo”, sinalou o responsable de Amencer, Xullo César Iglesias.

Amencer tamén organiza actividades deportivas, no programa “Portas Abertas”. Dende as 11 da mañá do martes 27 de decembro ata as 11 da mañá do mércores 28 desenrolarase as 24 horas de fútbol sala no pavillón cuberto do colexio Salesiano. O sábado 7 de xaneiro ás 17 horas será o campionato 5 x 5 de baloncesto. /AMENCER. Este ano contan con 84 prazas limitadas para rapaces de ata 6 anos, e 60 para os de Primaria, polo que os interesados en inscribirse pódeno facer no Colexio Salesiano, por un prezo de 24 euros por neno a primeira semana de actividades e de 21 euros a segunda.

As actividades Nesta cuarta edición os nenos realizarán obradoiros de animación á lectura, psicomotricidade, deportes, novas tecnoloxías, ludoteca, visita ás termas, biblioteca e cinema. Haberá servizo de gardería a partir das 9.

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

31

4 Talleres para avós e netos con Novacaixagalicia

4A Praza de Abastos sortea “supercestas”

4A AECC organiza un mercado solidario

As vacacións de Nadal chegan ao Centro de maiores de Novacaixagalicia en Ourense cargadas de iniciativas para que avós e netos poidan gozar en mutua compañía. A partir do 26 de decembro e até o día 30, cada tarde os nenos (de entre 5 e 12 anos) que se inscribirán nos talleres ata o 20 de decembro, acompañados por un dos seus avós, realizarán actividades como manualidades do Nadal, concursos, xogos, música ou baile. Ademais, os máis novos prepararán unha actuación para representar ante os maiores. Para recibir máis información sobre esta iniciativa diríxanse ao Centro de maiores de Novacaixagalicia en Ourense (Rúa do Paseo, 6) ou chamen ao 988 236303.

A Praza de Abastos de Ourense vén de por en marcha a segunda edición da súa campaña “Supercestas de Nadal”, baseada no sorteo de catro grandes lotes de Nadal no que participarán todos os clientes dos máis de 50 establecementos do mercado municipal que realicen compras superiores a 5 euros ata o vindeiro 23 de decembro, día do sorteo. As cestas están compostas por un lote de produtos do mercado por un valor de entre 800 e 1000 euros a primeira, e as outras tres valoradas en, como mínimo, 200 euros. O que supón o regalo de máis de 1.500 euros en produtos, cos que os comerciantes buscan premiar nestas sinaladas datasa fidelidade dos seus clientes ao longo dos resto do ano.

A Asociación Española Contra o Cancro de Ourense organiza un ano máis o seu mercado solidario, que está instalado na rúa Cruz Vermella ata finais de xaneiro, co fin de recadar fondos para satisfacer as necesidades económicas dos enfermos de cancro e das súas familias que carecen de suficientes recursos económicos. Para iso, todos os que posúan algún obxecto do que se queiran desfacer, poden pose en contacto coa AECC de Ourense nos teléfono 988219300 e 988219306, entregalo no propio mercadiño ou na sede da asociación (en rúa Curros Enríquez, 26 - 1º Esq). Así mesmo, todos os demais poden achegarse a este mercado e colaborar coa causa mercando roupa, complementos, xoias, figuras, mobles, xoguetes ou utensilios do fogar.


32

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

especial CCA COUTO CENTRO

CCA Couto Centro potencia o ambiente navideño nas rúas do barrio

O centro comercial asinou un convenio con Queixumes dos Pinos grazas ao cal esta entidade animará musicalmente as xornadas de Nadal Crear un auténtico ambiente navideño que anime aos ourensáns a comprar no barrio de Couto durante estas datas é o obxectivo de varias accións combinadas desenvolvidas polo Centro Comercial Aberto Couto Centro. Tradicionalmente a campaña de Nadal é unha das épocas fortes para o comercio, por iso, e pese ao ano complicado no que estamos, desde CCA Couto Centro intentaron “facer un esforzo que beneficie aos asociados e clientes e que alivie esta situación difícil que estamos a atravesar”, explicou o presidente da asociación, Julio Prol, quen detallou as accións postas en marcha. A primeira delas é o alumeado de Nadal, que desde o 2 de decembro ilumina 11 rúas do Couto. Os 60 arcos cos que conta están distribuidos nas vías máis comerciais do barrio: Ervedelo, avenida de Portugal, Jesús Soria, Vila Real, Greco, Remedios, Francisco de Moure, Xosé Álvarez, Dr. Fléming, Ensino e Melchor de Velasco. Ademais, o Concello instalou iluminación en tres prazas e glorietas do barrio. A administración local paga a factura eléctrica deste alumeado e

subvenciona ao 50% a instalación dos arcos. A segunda medida tomada foi o reparto de moqueta vermella e árbores de Nadal aos máis de cen asociados cos que conta Couto Centro, para que adornen as entradas aos seus establecementos. E a terceira iniciativa é a ambientación musical que chegará da man de Queixumes dos Pinos. Compoñentes da agrupación foclórica pasearán tocando polas rúas do Couto nas xornadas do 19, 21, 23, 24, 27 e 30 de decembro, e 2, 3 e 4 de xaneiro, para animar ás compras aos viandantes. “Cada día teremos unha actividade diferente: cuartetos de música tradicional, de panxoliñas, de gaitas...”, enumeraba o seu director, José Antonio Viñas. Os días 19 e 21 os grupos percorrerán O Couto entre as 18:30 e 20 horas, e o resto das datas farano nas horas de máis volume de negocio, tanto pola mañá como pola tarde. Convenio Precisamente, CCA Couto Centro e Queixumes dos Pinos veñen de asinar un convenio de colaboración. Grazas a el, os asociados de Couto Centro terán un 20% de desconto nas acti-

Directivos do CCA Couto Centro xunto ao concelleiro Fernando Varela e membros de Queixumes dos Pinos, diante dun dos arcos de alumeado de Nadal instalados no barrio. vidades de Queixumes, así como nas contratacións da agrupación folclórica que realicen a través do centro comercial aberto. “Que dúas entidades do barrio colaboren e intenten tirar a unha da outra vai ser moi produtivo”, rematou Julio Prol. Ademais, ambos colectivos intercambiarán un banner nas súas respectivas webs. Couto Centro tamén ten previsto organizar algunha actividade infantil, que se anunciará en próximas datas.

Alumeado, adornos e música nas rúas animarán as compras nos establecementos asociados de CCA Couto Centro

O presidente de Couto Centro, Julio Prol, e o director de Queixumes dos Pinos, José Antonio Viñas, asinaron o convenio de colaboración entre ambas entidades, en presenza do concelleiro de Comercio, José Ángel Vázquez Barquero.

O CCA Couto Centro repartiu entre os seus asociados moqueta vermella e árbores de Ndal para ambientar as rúas nesta época.


PUBLIRREPORTAXE

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

33

Cultura presenta a programación de Nadal

A Concellaría propón unha morea de actividades culturais e de lecer para as próximas datas A Concellaría de Cultura vén de presentar o programa de actividades deseñado para as festas de Nadal e Reis 2011/2012, “unhas celebracións – explicaba a responsábel de área, a Tenente Alcalde Isabel Pérez – das máis agardadas de todo ano, especialmente polos cativos da casa, que son os que máis gozan delas”. Nos vindeiros días desenvolveránse unha morea de actividades culturais e de lecer entre as que non faltan citas xa habituais como as visitas de Papá Noel aos barrios, o Certame de Vilancicos e Panxoliñas, a MOTI e o Aberto Internacional de Xadrez Aninovo Barrocás. A programación foi dada a coñecer pola concelleira de Cultura Isabel Pérez, quen convidou aos veciños e veciñas da cidade a “implicarse, participar e, sobre todo, desfrutar” das propostas presentadas. Novidades no Belén de Baltar A inauguración do Belén de Arturo Baltar o pasado día 15 significou o pistoletazo de saída das festas

de Nadal na nosa cidade. O emblemático conxunto escultórico, “unha auténtica peza de arte única no mundo”, lembraba Isabel Pérez, estrea este Nadal catro novas pezas que veñen aumentar a súa espectacularidade, catro retablos de diferente temática: A Botica, A Taberna, O Alfaz e a Bilbaína. Este último retablo recrea un dos coñecidos cafés cantante da época e destaca pola súa gran cantidade de figuras. Nos vindeiros días haberá espectáculo de maxia, actividades vinculadas á Asociación Belenista de Ourense, as visitas de Papá Noel e, por primeiro ano, do Apalpador. Como xa é habitual, estas son as datas propias da MOTI, a Mostra Ourensá de Teatro Infantil que este ano acada a súa VIII edición. A programación da MOTI, do 25 ao 30 de decembro, presentaráse esta semana. O programa de Nadal e Reis 2011/2012 complétase con actividades deportivas, que incorporan os torneos de Nadal de ximnasia, fútbol sala, minibasket e ba-

loncesto así como o Partido pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero. Destaca a celebración dunha nova edición do Aberto Internacional Aninovo Barrocás, xa a número 27, e o II Open Internacional “In Memorian Manuel Villar”. XVI Concurso de Beléns Públicos As datas de Nadal coinciden tamén coa celebración do Concurso de Beléns Públicos de Ourense, organizado pola Concellaría de Cultura en colaboración coa Asociación de Belenistas de Ourense. . Os días 19 e 20 membros do xurado estarán visitando os beléns a concurso para escoller os gañadores, que se darán a coñecer o 24 de decembro. Nesta edición, entregarase un primeiro premio de 450 euros, un segundo premio de 240 euros, un terceiro premio de 180 euros, un infantil de 120 euros e seis accésits de 60 euros cada un. A entrega dos galardóns será no Auditorio Municipal antes do 5 de xaneiro.

O conxunto escultórico de Arturo Baltar vén de sumar catro novas pezas Este será o primeiro Nadal no que os cativos ourensáns recibirán a visita do Apalpador A Mostra Ourensá de Teatro Infantil (MOTI) desenvolve a súa oitava edición do 25 ao 30 de decembro

O xoves 15 de decembro tivo lugar o acto de inauguración oficial no Espazo Expositivo Arturo Baltar, ao que asistiu parte da corporación. O acto estivo amenizado por un recital de panxoliñas a cargo da Banda Municipal de Música.

A concelleira de Cultura, Isabel Pérez, durante a presentación da programación de Nadal.

4 Programación de Nadal Luns, 19 de decembro - Misa Belenista na Catedral. Actuación da Rondalla Alecrín. Bendición do Belén da Catedral e ofrenda de flores á Virxe do Belén. Hora: 20.00 h Lugar: Catedral Martes, 20 de decembro - Papá Noel sae da Praza Maior para visitar as nenas e nenos da Chavasqueira, Praza 200, Sta. Teresita, rúa do Vinteún, Covadonga, Eiroás e Ponte Canedo. Hora: 17.00 h Mércores, 21 de decembro - Papá Noel sae da Praza Maior para visitar as nenas e nenos dos barrios da Milagrosa, A Follateira, As Lagoas, Cristo Rei, San Roque de Mende, Loña, Velle e zona centro. Hora: 17.00 h - Bendición do Belén Monumental da asociación e inauguración da exposición “Beléns do Mundo” no salón Nobre do Liceo de Ourense Hora: 20.15 h . Lugar: Liceo Xoves, 22 de decembro - Papá Noel sae da Praza Maior para visitar as nenas e nenos da Carballeira, O Polvorín, Portocarreiro, Cabeza de Vaca, Rabodegalo, Vistafermosa, Reza e O Couto. Hora: 17.00 h - Ás 19.00 h Papá Noel estará na Praza Maior, nos soportais do Concello, onde recollerá as cartas coas peticións infantís. Venres, 23 de decembro - Papá Noel sae da Praza Maior para visitar as nenas e nenos dos barrios de: San Francisco, Barrocás, Rairo, Os Rosais, Posío, Mariñamansa e Seixalbo. - Ás 19.00 h Papá Noel estará na Praza Maior, nos soportais do Concello, onde recollerá as cartas coas peticións infantís. - Concerto de José Carballido “Requiem” (musical rock progresivo - coro clásico) Hora: 21.00 h Lugar: Auditorio Municipal Do 25 ao 30 de decembro - VIII MOTI (Mostra Ourensá de Teatro Infantil) Venres, 30 de decembro - Visita do Apalpador ao Espazo Espositivo Arturo Baltar Sábado, 31 de decembro - Gran festa de Fin de Ano e Aninovo coa orquestra Ritmo Joven (con carpa) - Hora: 00.30 h. Lugar: Praza Maior Luns, 2 de xaneiro - XVII Certame de Vilancicos e Panxoliñas “Cantos de Reis” - Hora: 20.30 h. Lugar: Igrexa de Sta. Eufemia Martes, 3 de xaneiro - XVII Certame de Vilancicos e Panxoliñas “Cantos de Reis” - Hora: 20.30 h. Lugar: Igrexa de Sta. Eufemia Mércores, 4 de xaneiro - XVII Certame de Vilancicos e Panxoliñas “Cantos de Reis” - Hora: 20.30 h. Lugar: Igrexa de Sta. Eufemia Xoves, 5 de xaneiro - Cabalgata de Reis. Hora: 17.30 h. Lugar: desde a Estación Empalme ata a Praza Maior


34

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

PUBLICIDADE


ARTIGOS - OCIO E CULTURA

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE Lotería do Estado fáganos cada vez mais ludópatas vendéndonos que un anxo bondadoso de nome “Sorte” e apelidos “a 20 euros o décimo” vainos a sacar do apuro co banco. Non. A maxia está aí porque é un reto á nosa imaxinación e porque algún día tíñasenos que permitir soñar ao tolo, malgastando a torto e a dereito no de ilusionarnos con ese mundo que queremos. Así que a carta quedo umáis ou menos así: Queridos Reis Magos: A cousa non pinta do todo ben por aquí. Mellor non volo conto todo porque sei que estades ocupados e non quero angustiarvos nin chafaros a viaxe. Este ano non pido nin moto, nin piso, nin liquidación de hipoteca, nin viaxe ao Caribe. Quizais vos poña nun apuro ao pedirvos algo que está en perigo de extinción, pero aprendín a non ser egoísta e gustaríame compartilo con coñecidos e estranos, con poderosos e humildes, con ricos e pobres. Non o tedes que inventar. Xa existe, aínda que recentemente

brille pola súa ausencia nos diálogos de cafetaría e nos discursos políticos. Simplemente pido que nos contaxiedes a todos de sentido común para reflexionar e avanzar, e para non repetir os erros que teñiron de calamidade e barbarie o século pasado. Pido sentido común cargado de vontade para facer fronte á adversidade e á diferenza. E, por que non, un pouco de carbón para castigar aos que se portaron mal, aínda que para iso teñades que atosigar aos paxes con extra de sacos. Subídelles o soldo vós que poderedes permitírvolo. Nada máis. Nin menos. Se quedan forzas, espero que as súas grazas lean atentamente as vosas cartas e, no caso de que fósedes bos, sexan esplendidos. Desde estas liñas convídovos a que sexades ousados e atrevádesvos a soñar. Deséxovos a todos unhas moi Felices Festas e un Prospero ano 2012! Raquel Sertaje

4O RINCÓN DO ARQUIVO VISUAL OURENSÁN Establecementos Álvarez A finais de 1935 Moisés Álvarez decide instalar no número 73 (despois 97) da rúa do Progreso de Ourense a sucursal nº 5 dos “Establecimientos Álvarez”, que contaban con delegacións en Sevilla, Barcelona, Valencia ou Zaragoza. No local ourensán podíanse atopar artigos de cristal, porcelana, lámpadas, vaixelas, servizo para bares e hoteis, xoguetes de todos os gustos e prezos, e todo tipo de artigos de regalo. A industria de D. Moisés contaba entón con 250 empregados, todos eles galegos, e, cunha unha inmensa casa central en Vigo, resultado do esforzo do seu pai Manuel Álvarez Pérez, natural de Gomesende, quen comezara en Cuba no ano 1902 unha fructífera aventura empresarial. Hoxe, no espazo que ocupaban os Álvarez levántase un edificio que inclúe unha estrutura triangular que “recorda” con cuestionable

35

4LITERATÚA

É Nadal... Atrevédevos a soñar! Como sempre por estas datas, empecei Decembro do 2011 coa ilusión de escribir unha carta aos Reis Magos. Como a crise parece que non vai a menos imaxino que non está a cousa para moito malgasto. Ademais, por obra e graza da famosilla globalización, supoño que todo o que aínda ten o luxo de viaxar sen fronteiras, contáxiase dun sitio a outro do planeta nun dicir amén, polo que non creo que o reino das súas Maxestades se librase da onda de pesimismo nin da denegación de crédito que actualmente sacode aos mortais. Ante semellante panorama díxenme que, á fin e ao cabo, só é Nadal unha vez ao ano, co cal me permitín o luxo de ser optimista e idealista e de non escatimar á hora de pedir. Non me quixen quedar curta porque a maxia destas datas non só está para que as compañías de turróns e de cava catalá fagan negocio cos seus anuncios entrañables de guións máis que predicibles, nin para que a

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

Respecto ao que escribe Hai unha anécdota do escritor Saramago que contaba que moitas veces lle reprochaban que pasara tantas horas sentado a escribir e a ler, “aconsellándolle” case con imposición que tiña que facer exercicio físico, deporte, ou practicar neoloxismos como cardio ou spinning ou fitness. Ao que el respondía agudamente dicindo que ninguén lles di aos deportistas que teñen que ler. Calquera se pode sentir identificado con Saramago ao lembrar as recomendacións dos médicos sedentarios ás persoas sedentarias,

os sorrisos e comentarios bufos que se producen cando alguén acostumado a traballar detrás dunha mesa e diante dun ordenador decide un día axudar no pobo a facer unha metida de auga, cavar unha viña, matar un porco ou coller as patacas, ou, en definitiva, cando alguén afeito a facer algo menospreza aos que non saben facer ese algo. Pero non vai este texto dunha defensa acesa da lectura en detrimento doutras actividades igualmente honrosas (aínda que siga a pensar que a lectura é de importancia capital), senón en proclamar

de boa vez a necesidade do respecto mutuo. Sabendo que un escritor non é nin de lonxe un ser supremo, divino, inaccesible, distinto dos semellantes, pois describe unha realidade e está dentro desa realidade; tratándose dun artesán (ou artista, dependendo da calidade) ao que hai que respectar do mesmo xeito que el debe respectar aos demais. Ninguén é superior a ninguén, e o respecto debe de ser o mesmo, e recíproco para todos. É tan básico... Jorge Emilio Bóveda www.jorgeemilioboveda.es

4AVATARES DUNHA ACTRIZ NOVATA

¿Xa non chego...? Pois xa estabamos no auditorio. Que nervios! É o que ten estrear unha gran película coma esta. E o mellor estaba por vir. A directora subiu ao escenario e falou do marabilloso que foi atopar un guión así, unha película que só nos trouxo ledicia. Dar cunha historia dunha heroína como esta, fóra de tópicos e sendo un personaxe tan cheo de contido e matices era un auténtico soño, e eu estaba entusiasmada por ter semellante personaxe. Falou do equipo técnico e do artístico, deunos as grazas a todos e deu paso é proxección da película. Cando vimos o resultado e a resposta do público non o podíamos crer, encantoulle a todo o mundo. Ao

remate a directora fíxonos subir ao escenario a todos para que cada un dixese o que fora esta rodaxe. A verdade é que todo saíu perfecto, estabamos encantados. Posamos diante do cartel da película e cando nos dirixiamos á festa, de súpeto, as paredes do auditorio e a xente comezaron a se derreter coma se fosen de cera e cando mirei o cartel da película entendino todo, a data da estrea estaba ben clariña: 21 de Decembro do 2012. Era a fin do mundo! Agora que conseguira o papel da miña vida íase todo ao… Pero que merda de soño é este ? Así non hai quen goce! Ao día seguinte non fixen máis que darlle voltas ao asunto. Vale, é certo que teño compañeiros que están

facendo este camiño máis rápido ca min, pero tamén os hai que aínda van máis lentos. Non pode ser que, co me custa dar cada pequeniño paso para avanzar nesta profesión, non vaia servir para nada. E se o mundo remata antes de que eu chegue a traballar a reo cómo actriz? E se xa non chego a tempo, qué? Non sei se este foi o meu particular conto de Nadal, pode que sí, pero dende logo eu non me parezo en nada ao señor Scrooge, e tampouco agardo visitas de pantasmas, pero manteño a ilusión e a forza para seguir loitando, claro que se os Reis Magos este ano tráenme un papel así eu non penso por pegas, nin tan sequera pola data da estrea. Bo Nadal! Saamira Ganay

4RECEITA

Rodaballo con langostinos

Fachada de “Establecimientos Álvarez” en 1960. gusto á desaparecida galeria de madeira proxectada por Vázquez-Gulías. Arquivo visual Ourensán fondo AMOU Fotografía propiedade do Arquivo Municipal de Ourense.

Fotografo, descoñecido, (probablemente sexa Augusto Pacheco, anos 60) Texto Fernando Valcarcel

[www.ourensenotempo. com e Ourensenotempo@ hotmail.com]

Ingredientes: - 1,5 kg de rodaballo - 4 cebolas - 2 dentes de allo - 1 folla de laurel - 1 pemento vermello - 1 pemento verde - 2 tomates - 1 rama de perexil - Azafrán - Guindilla - ½ kg de langostinos - 8 espárragos - Aceite - Sal - 1 copa de viño branco - 2 culleradas de fariña - 50 gr de touciño - Fumé de marisco - ¼ kg de patacas

Elaboración: - Nunha pota bótase unha cullerada de aceite e engádeselle o allo picado fino. - Cando estea dourado engádenselle as cebolas, os pementos, a guindilla e o touciño, todo moi picado. - Déixase cociñar durante 30 minutos a lume lento, e engádese o azafrán disolto na copa de viño, 100 gramos de lagostinos (picados finos), a auga dos espárragos e os tomates (tamén picados). - Déixase espesar a salsa durante 10 minutos a lume lento. - Engádeselle o fumé de

marisco. - Déixase ferver outros minutos e sazónase con sal. - Córtase o rodaballo en rodallas, sazónase con sal, envólvese en fariña e dóurase nunha tixola. - Nunha cazola de barro bótase un pouco de salsa, colócanse os anacos de rodaballo, engádenselle os lagostinos e as patacas, cóbrese de salsa e métese ao forno 15 minutos. - Sérvese con puntas de espárragos e adornado con perexil. Juan Luis Iglesias Vázquez, xefe de cociña Os Caracoles, tel. 988 380 165


36

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

ARTIGOS /OCIO E CULTURA

4MULLERES ANÓNIMAS

4COUSAS DO CINEMA

Catro actrices

Tiña nome de flor

Nestes últimos anos tanto a Televisión de Galicia como o resto de canles do Estado teñen incrementado a produción de telefilmes e series de fición que se converteron nunha importante plataforma de lanzamento para os novos talentos. Entre os rostros ourensáns máis populares da década destacan estas catro actrices que acadaron unha importante sona tanto a nivel galego como estatal:

Eva Fernández (1971) participou en distintas montaxes teatrais, tanto independentes como do Centro Dramático Galego, ademais de traballar nas exitosas Pratos combinados, Mareas vivas ou Padre casares; Ledicia Sola (1978) formou parte do elenco actoral en numerosas series entre as que se atopan Rías Baixas, Galicia exprés ou Gran Reserva; Sara Casasnovas (1974) acadou unha

gran popularidade polas súas intervencións en Amar en tiempos revueltos e Hospital Central; e Miryam Gallego (1976) tivo papeis en filmes como Concursante de Rodrigo Cortés ou La voz dormida de Benito Zambrano e interpretou personaxes fixos nas coñecidas Periodistas, Hospital Central ou Águila Roja.

Ocio sobre xeo

cións, empresas e colexios, a actividade está dirixido a toda a familia e tanto a patinadores expertos como amateurs; por iso dispón de patíns de todos os tamaños e de “andadores pingüíns” para que todo o mundo poida practicar patinaxe sen medo a caer. Ponte Vella ofrece diversos prezos para os que

desexen estar unha hora (6,50 euros) ou un tempo ilimitado (8,50 euros). Do mesmo xeito que permite que aqueles que teñan patíns poidan acceder á pista 60 minutos (por catro euros) ou o tempo que desexen (por cinco). Os grupos de escolares gozaran dun prezo especial de 4,50 euros.

Redacción

Durante os meses de decembro e xaneiro o centro comercial Pontevella terá instalada unha pista de patinaxe sobre xeo na súa terraza. Con ampla variedade de horarios para o público en xeral, así como con apertura especial para asocia-

Valentín Barreiros

4HUMOR

Hai uns días sentada ao pé dunha cheminea que caldeaba agradablemente a tarde gris, contoume unha muller a historia da súa irmá que aínda sen chegala a coñecer eu, despois daquela conversación, podería describila sen apenas equivocarme. Corrían anos difíciles, anos nos que o comer cada día era máxico, anos nos que os cintos xa non se podían apertar máis. E neses anos esta muller con nome de flor coñeceu a un home do que se namorou cegamente e co que tivo un fillo, un home que un bo día saíu de casa e non volveu, deixándoa a cargo dun bebé de meses e sen máis recursos que os que ela puidese conseguir. E así o fixo, púxose o mundo por monteira e cruzou a fronteira española cara a un país descoñecido, sen saber o idioma, sen saber que lle depararía o futuro. Marchouse e levou con ela ao seu fillo porque por moi dura que fose a vida, máis duro era o separarse del. Antes de amencer

xa saía a traballar e cando xa anoitecía ela seguía traballando. O único que a axudaba era saber que ao volver a casa unhas suaves mans de neno acariñarían as súas gretadas do duro traballo, o seu maior tesouro non era o diñeiro que tanto traballo lle custaba gañar se non o sorriso do seu fillo cando podía comprarlle algún xoguete ou roupa nova. E así pasaron os anos, traballando de sol a sol para darlle un futuro ao seu fillo mentres o dela se esfumaba de traballo en traballo. E aquela muller alta, de talle esvelto e ollos profundos, de forte decisión e carácter recio, foise apagando lentamente, foi vendo medrar ao seu fillo mentres ela íase marchitando aos poucos, cansada de traballar pero satisfeita á vez polos logros conseguidos, aquela muller que sempre camiñara erguida sen deberlle nada á vida porque a vida non lle regalou nada, foise facendo cada vez máis pequena, foi perdendo a súa forza e o cansazo acumulado nos seus ósos foi facen-

do madeixa nas súas fermosas faccións. Pero por moi deteriorada que ela se sentise, por moito que os anos pasasen polo seu rostro, sempre terá dúas cousas que xamais ninguén poderá quitarlle, o saber que a pesar do sufrimento e dos duros anos o seu esforzo mereceu a pena, a pesar dos erros cometidos (que todos cometemos erros), deu o mellor de sí á única persoa que merecía que o fixese e así a lembrará sempre. E así a lembrarei eu, que nunca a coñecín, e se puidese falarlle, se puidese ouvirme daríalle as grazas por facer dese neno un gran home, por conseguir que ese neno seguise loitando e pelexando por mellorar día a día e que ese neno que agora é un home nunca a esquecerá e sempre agradecerá o seu esforzo e o seu valor, a súa entrega e a súa dura loita por darlle un futuro mellor. Poderán arrebatarlle as pedras, pero nunca poderán arrebatarlle o corazón e no corazón leva gravado ese nome de flor. Mónica F. Pintos

4CÍRCULO POÉTICO ORENSANO

Todas as viñetas en http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com

O grupo de poetas ourensáns nun centro educativo de San Luis Potosí.

Poetas ourensáns viaxan a México

Todas as viñetas en http://oemigrantedopazo.blogspot.com/

O pasado mes de novembro, con motivo do 1º Concurso de Poesía Inédita para universitarios, os gañadores do certame en Ourense viaxaron de intercambio cultural a México, a San Luis Potosí, para realizar a xira de recitais poéticos correspondente ao acordo acadado entre CPO e ENESMAPO. A viaxe desenvolveuse por dez días nos que os gañadores percorreron diversos centros educativos da cidade mexicana dando a coñecer as suas poesías e achegando a historia literaria de Ourense aos estudantes potosinos. Por outra banda, vense de convocar o novo concurso de poesía para nenos de primaria co tema “O deporte e os seus valores”. A presentación fixose coincidindo co acto de entrega do libro recopilatorio do primeiro certame, onde están incluídas as poesias dos nenos gañadores da pasada edición. As bases deste concurso están xa na web www.circulopoeticoorensano.com.


OCIO E CULTURA

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

37

Nadal máxico en Barbadás 4 A localidade acollerá un amplo abano de actividades nestas datas. Unha mostra fotográfica, obradoiros e torneos son só algunhas delas. Redacción A Concellería de Cultura e a Casa da Xuventude de Barbadás teñen preparadas un sinfín de actividades para que maiores e pequenos gozen deste Nadal de maneira lúdica e didáctica. Dende o 20 de decembro e ata Reis a localidade acollerá diversos cursos e obradoiros, un torneo de tenis wii, outro de ping-pong e a agardada visita de Papá Noel, entre outras actividades. A Casa Municpal da Xuventude será un dos escenarios destas numerosas iniciativas, de feito o día 20, ás 20 horas, inaugúrase na mesma a primeira mostra fotográfica dos traballos dos alumnos que participaron no curso de iniciación á fotografía “A toma fotográfica”. Estará aberta ao

público ata o 9 de xaneiro. Xa o 27, de 18 a 20.30 horas, acollerá un obradoiro de pulseiras de coiro, para o que están dispoñibles 20 prazas (só para maiores de 14 anos) ás que poden acceder os que se inscriban ata o 19 de decembro. O 28 e o 29 deste mes será o turno dos afeccionados ao deporte, xa que organiza un torneo de tenis wii (o 28) e outro de ping-pong (o 29). O primeiro contará con dúas categorías diferentes -infantil e xuvenil- que desputarán os seus partidos ás 17 e ás 19 horas, respectivamente, e que recibirán como premios unha cámara dixital e un MP3. Os interesados en participar poden inscribirse ata o 22 de decembro. Pola súa banda, o IV Torneo de Ping-Pong de Nadal celebrarase o 29 a

partir das 6 da tarde cunha única categoría formada polos maiores de 16 anos que se presentarán á proba de xeito individual e que poden inscribirse ata o día 22. Os tres mellores recibirán un trofeo conmemorativo e unhas gafas de sol con mp3 e radio FM integrados.

Carteis das diferentes actividades organizadas polo Concello de Barbadás este Nadal.

Cursos de cociña Nunhas datas coma estas non podían faltar actividades vencelladas ao sector culinario, así a Casa da Xuventude tamén ten previstos dous obradoiros, un de cócteles sen alcohol para os maiores de 16 anos e outro de cociña para nenos. O primeiro deles, que se celebrará o 29 de decembro de 18 a 20.30 horas, dispón de 20 prazas (ás que se pode acceder ata o día 22) e consistirá na elaboración de tres tipos

Inscricións Para inscribirse en todas estas actividades gratuitas que organiza a Casa da Xuventude, os interesados só teñen que entregar a súa solicitude e a documentación requerida na propia Casa da Xuventude, na Valenzá.

de cócteles sen alcohol. O curso de cociña terá lugar o 3 de xaneiro, tamén de 6 a 8.30 da tarde, cun máximo de 30 alumnos de entre 6 e 12 anos, que teñen ata o 22 para anotarse.

Nadal máxico Pola súa banda, a Con-

cellería de Cultura tamén ten previstas de actividades para que este Nadal sexa para os seus veciños completamente máxico. A representación de “Rebelión na guerra” (o 20); un festival infantil da Escola de Música da localidade (o 21) e outro de extraescolares (o 22) ; a visita de Papá Noël aos xeriátricos (o 22) e aos nenos (o 23); a actuación do “Novo Circo” (tamén o 23); un concerto de panxoliñas (o 25); unha actuación de monicreques (o 26); outra do mago José Rivera (o 27); o espectáculo Anima-Clown (o 29);

cinema infantil (o 30) e teatro para os máis pequenos (o 2 de xaneiro) é o amplo abano das iniciativas das que se poderá gozar nestas datas en Barbadás. Así mesmo, o Concello organiza un Concurso de Postais, dirixido a nenos de entre 6 e 13 anos, que poden presentar as súas creacións ata o 23 de decembro na Casa da Cultura. Os autores dos seis mellores traballos recibirán premios como un MP3, un lote de libros e unha película en DVD. A postal gañadora será empregada como imaxe institucional do Concello no seguinte Nadal.


38

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

PUBLICIDADE


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Decembro de 2011

39


Ourense por BARRIOS Decembro de 2011


Ourense O Nadal xa ten estánovo aquíbispo: Leonardo Lemos [páx. 15 [páx.10] e páx. 39-42]

TEMA DO MES Páx.2

BARRIOS

Páx.7

BARRIOS

Páx. 13

CIDADE

Páx.16

Norman Foster construirá a futura estación intermodal

Adxudicado a Aspanas A Xunta cede ao O pleno de Ourense o mantemento das Concello a titularidade aproba as ordenanzas pozas de Outariz de tres rúas na Ponte fiscais para 2012

OCIO

Páx. 33

Cultura presenta a programación de Nadal

Estréase a alta velocidade galega

[páx. 3-5]

O Avant que conecta desde o 11 de decembro Ourense con Santiago e A Coruña, na Estación Empalme./RAMSÉS.

Número: 102 - Ano: X - Decembro 2011 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense O Nadal xa ten novo bispo: está aquí Leonardo Lemos [páx. 15 [páx.10] e páx. 39-42]

TEMA DO MES Páx.2

DEPORTES

Páx. 15

Norman Foster construirá a futura estación intermodal

O COB remata o ano cunha vitoria agónica ante o Coruña

CIDADE

Páx.16

O pleno de Ourense aproba as ordenanzas fiscais para 2012

SAÚDE

Páx.26

A Xunta anuncia un novo edificio de hospitalizacións

OCIO

Páx. 33

Cultura presenta a programación de actividades de Nadal

Estréase a alta velocidade galega

[páx. 3-5]

O Avant que conecta desde o 11 de decembro Ourense con Santiago e A Coruña, na Estación Empalme./RAMSÉS.

Número: 88 - Ano: X - Decembro 2011 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense ten novo bispo: Leonardo Lemos [páx.10]

TEMA DO MES Páx.2

CIDADE

Páx. 13

CIDADE

Páx.16

Norman Foster construirá a futura estación intermodal

A Xunta cede ao O pleno de Ourense Concello a titularidade aproba as ordenanzas de Celso E. Ferreiro fiscais para 2012

SAÚDE

Páx.26

A Xunta anuncia un novo edificio de hospitalizacións

OCIO

Páx. 33

Cultura presenta a programación de actividades de Nadal

Estréase a alta velocidade galega

[páx. 3-5]

O Avant que conecta desde o 11 de decembro Ourense con Santiago e A Coruña, na Estación Empalme./RAMSÉS.

Número: 51- Ano: X - Decembro 2011 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.