Xaneiro 2010 - OUXB

Page 3

TEMAS DO MES

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010

O ministro de Fomento e o alcalde de Ourense, no peche das xornadas sobre o AVE.

Políticos e técnicos debaten sobre a integración ferroviaria

4 As Xornadas sobre o AVE conclúen coa proposta do alcalde de convocar á sociedade ourensá para reflexionar sobre os retos da cidade. Redacción Desde o ministro de Fomento, a técnicos do seu departamento, pasando polo conselleiro de Medio Ambiente e expertos arquitectos, as Xornadas sobre o AVE organizadas polo Concello de Ourense serviron de ocasión para que todos eles expuxeran as súas ideas sobre a integración ferroviaria. Por parte do alcalde, Francisco Rodríguez, deixouse claro a postura do goberno municipal: “centralidade e intermodalidade da Estación Empalme; completa permeabilidade rodada e peonil a ambos lados do complexo intermodal, e unha actuación urbana e arquitectónica de gran calidade no conxunto, e en cada peza do proxecto”. O ministro de Fomento, José Blanco, insistíu, pola súa banda, en que a cidade

“debe estar preparada canto antes para exercer o papel de capital ferroviaria», Por parte do conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Fernández, vese prioritario que a chegada da alta velocidade a Galicia non se retrase, e do modelo de estación, só concretou que debe ser intermodal. Por parte dos expertos, o equipo redactor do futuro Plan Xeral avogou por mobilizar os recursos e impulsar as iniciativas públicas e privadas necesarias para acadar o máximo aproveitamento da chegada da alta velocidade, mentres que o arquitecto César Portela convidou a cidadáns e institucións a “volcarse para acadar, coa colaboración de todos, o mellor proxecto”. Non só foron os ponentes das xornadas os que fixeron públicas as súas opinións, senón que desde a sociedade ourensá outras voces

aproveitaron para dar a coñecer as súas. Por poñer dous exemplos, a proposta da CEO e a Cámara para que a futura estación Empalme sexa soterrada, ou a de UGT para empregar o trazado actual. “Foro de oportunidade” As xornadas técnicas concluiron co anuncio por parte do rexedor ourensán de convocar un “foro de oportunidade” no que estean presentes representantes da empresa e dos sindicatos, dos sectores económicos estratéxicos, das entidades financieras e da universidade, para reflexionar sobre os retos da cidade. Rodríguez tamén se comprometeu a presentar neste semestre ao Goberno central unha proposta de traballo sobre o modelo de estación e a reordenación urbana da zona afectada e do actual corredor.

Momento no que se remataba a perforación do túnel da Burata, no tramo do AVE entre Ourense e Santiago, este martes 26 de xaneiro. /RAMSÉS.

4 O AVE a Santiago, máis preto Co calado do túnel da Burata, situado entre os termos municipais de Ourense e Amoeiro, continúan avanzando as obras do AVE no eixo Ourense-Santiago. Trátase dun túnel dunha lonxitude de 4.068 metros que albergará dobre vía de alta velocidade, e trens circulando a unha velocidade de 350 km/h. O delegado do Goberno en Galicia,

o subdelegado en Ourense, o presidente de ADIF e os alcaldes de Ourense e Amoeiro asistiron este martes 26 de xaneiro ao remate da perforación deste túnel. No eixo Santiago-Ourense están en fase de obras 85,6 dos 87,1 quilómetros totais (todo o percorrido agás o acceso á capital ourensá, que se atopa en fase de licitación). O grao de execución das obras

de plataforma de via nos tramos intermedios, que inclúen 30 tuneis e 35 viaductos, ronda o 91%. Foron adxudicados xa o acceso a Compostela, a construción dunha base de montaxe de vía en O Irixo e as subestacións eléctricas de Silleda e Amoeiro, mentres que están en período de planificación os deseños das estacións de Ourense e Santiago.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.