Issuu on Google+

[40.000 exemplares directos ás súas mans]

Número: 89- Ano: IX - Xaneiro 2010 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta

TEMA DO MES Páx.3

A VALENZÁ

Páx.8

Políticos e técnicos Denuncian verquidos debaten sobre a residuais a carón da integración ferroviaria avenida de Celanova

CIDADE

Páx.12

Os ambulantes comprométense a regularizar a súa actividade

CIDADE

Páx.22

A Fiscalía continúa a investigar os verquidos ao Barbaña

Entrevista a Fernando Varela, concelleiro de Deportes: “Buscamos o equilibrio entre o deporte federado e o deporte como actividade física” [páx.6]

Manuel Baltar e Jiménez Morán enfróntanse o día 30 pola presidencia do PP de Ourense [páx.16]

O AVE, máis preto Na imaxe, remate da perforación do túnel de Burata, no tramo Ourense-Santiago

[páx.3]

OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de FEBREIRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010

Xuventude propón habilitar un local de ensaio Redacción

A Concellería de Xuventude propón habilitar un novo espazo na cidade para locais de ensaio, obradoiros e demais actividades dirixidas á mocidade. A Concellería que dirixe a nacionalista Marta Arribas presentou en Xunta de Goberno a memoria deste proxecto, para ser financiado a través do Fondo Estatal de Investimento Local de 2010. A intención é habilitar un edificiod estinado a acoller actividades para a mocidade, que incluiría tamén a ubicación de locais de ensaio, obradoiros de audiovisual e espazos de formación. Tamén opta a ser financiada co fondo FEIL a rehabilitación do Centro de Atención e Información a Mulleres, situado nas oficinas da Concellería de Igualdade, na rúa Concordia.

BARRIOS

Dúas empresas asumen o mantemento das zonas verdes

4 O Concello pagará 675.000 euros anuais por este servizo. Redacción O Concello de Ourense vén de aprobar a adxudicación definitiva do servicio de contratación, mantemento e mellora de zonas verdes municipais. O obxectivo da privatización deste servizo é, segundo informou o Concello, “priorizar a atención aos barrios”. A mesa de contratación adxudicou o contrato por un total de 675.033 euros, que se repartirán entre dúas empresas. A zona de O Couto e A Carballeira e a de A Cuña e Casco Vello foron adxudicadas a Medio Ambiente Dalmau, S.L., por 189.433 e 203.133 euros, respectivamente. Pola súa

banda, a zona de A Ponte foi adxudicada provisionalmente a CESPA S.A., por 282.466 euros. As adxudicatarias asumen a conservación, mellora e mantemento de xardíns e espacios verdes, céspedes e cubertas vexetais, arbolado, arbustos e palmeiras, xardiñeiras, zonas terrizas e pavimentadas e limpeza das zonas verdes. Segundo o edil de Medio Ambiente, Demetrio Espinosa, o contrato “suporá unha mellora dos recursos materiais e recursos humanos”, coa novidade de brigadas especiais que “prestarán atención permantente durante todo o ano, e unha atención máis eficiente nas zonas verdes barrios”.

Noticias de empresa

Primeiro aniversario de Espaciojuego, centro de ocio infantil en A Ponte

O local agradece a confianza depositada polos seus clientes no seu primeiro ano de vida. Espaciojuego é un centro de ocio infantil e de entretemento, situado en San Rosendo, 22, no que coidan dos teus fillos mentres traballas, compras ou estás cuns amigos nunha cafetería tomando algo e falando tranquilamente. Unha das súas características é que non teñen un tempo mínimo de estancia, eso o deciden os pais, e mentres necesiten os seus servizos, os rapaces estarán sempre atendidos e supervisados polo persoal do centro. Se o cliente o prefire, pode disfrutar vendo aos seus fillos xogar mentres agarda na zona de espera onde pode

Imaxe de parte das instalacións de Espaciojuego. tomar un refresco, unha bebida quente ou un aperitivo doce ou salgado na zona de autoservizo. Para os menores, Espaciojuego dispón de estructuras de xogo, con zonas de bolas, tobogáns, exprimidoras, sacos, ou rodillos, e na zona

exterior, futbolín, hockei-air párking de coches, cociña, zona de lavandería, ou mesas para colorear. O centro está preparado para organizar festas de cumpleanos, que inclúen merenda, bebidas, tarta, chuches, foto de grupo e un regalo para o anfitrión.


TEMAS DO MES

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010



O ministro de Fomento e o alcalde de Ourense, no peche das xornadas sobre o AVE.

Políticos e técnicos debaten sobre a integración ferroviaria

4 As Xornadas sobre o AVE conclúen coa proposta do alcalde de convocar á sociedade ourensá para reflexionar sobre os retos da cidade. Redacción Desde o ministro de Fomento, a técnicos do seu departamento, pasando polo conselleiro de Medio Ambiente e expertos arquitectos, as Xornadas sobre o AVE organizadas polo Concello de Ourense serviron de ocasión para que todos eles expuxeran as súas ideas sobre a integración ferroviaria. Por parte do alcalde, Francisco Rodríguez, deixouse claro a postura do goberno municipal: “centralidade e intermodalidade da Estación Empalme; completa permeabilidade rodada e peonil a ambos lados do complexo intermodal, e unha actuación urbana e arquitectónica de gran calidade no conxunto, e en cada peza do proxecto”. O ministro de Fomento, José Blanco, insistíu, pola súa banda, en que a cidade

“debe estar preparada canto antes para exercer o papel de capital ferroviaria», Por parte do conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Fernández, vese prioritario que a chegada da alta velocidade a Galicia non se retrase, e do modelo de estación, só concretou que debe ser intermodal. Por parte dos expertos, o equipo redactor do futuro Plan Xeral avogou por mobilizar os recursos e impulsar as iniciativas públicas e privadas necesarias para acadar o máximo aproveitamento da chegada da alta velocidade, mentres que o arquitecto César Portela convidou a cidadáns e institucións a “volcarse para acadar, coa colaboración de todos, o mellor proxecto”. Non só foron os ponentes das xornadas os que fixeron públicas as súas opinións, senón que desde a sociedade ourensá outras voces

aproveitaron para dar a coñecer as súas. Por poñer dous exemplos, a proposta da CEO e a Cámara para que a futura estación Empalme sexa soterrada, ou a de UGT para empregar o trazado actual. “Foro de oportunidade” As xornadas técnicas concluiron co anuncio por parte do rexedor ourensán de convocar un “foro de oportunidade” no que estean presentes representantes da empresa e dos sindicatos, dos sectores económicos estratéxicos, das entidades financieras e da universidade, para reflexionar sobre os retos da cidade. Rodríguez tamén se comprometeu a presentar neste semestre ao Goberno central unha proposta de traballo sobre o modelo de estación e a reordenación urbana da zona afectada e do actual corredor.

Momento no que se remataba a perforación do túnel da Burata, no tramo do AVE entre Ourense e Santiago, este martes 26 de xaneiro. /RAMSÉS.

4 O AVE a Santiago, máis preto Co calado do túnel da Burata, situado entre os termos municipais de Ourense e Amoeiro, continúan avanzando as obras do AVE no eixo Ourense-Santiago. Trátase dun túnel dunha lonxitude de 4.068 metros que albergará dobre vía de alta velocidade, e trens circulando a unha velocidade de 350 km/h. O delegado do Goberno en Galicia,

o subdelegado en Ourense, o presidente de ADIF e os alcaldes de Ourense e Amoeiro asistiron este martes 26 de xaneiro ao remate da perforación deste túnel. No eixo Santiago-Ourense están en fase de obras 85,6 dos 87,1 quilómetros totais (todo o percorrido agás o acceso á capital ourensá, que se atopa en fase de licitación). O grao de execución das obras

de plataforma de via nos tramos intermedios, que inclúen 30 tuneis e 35 viaductos, ronda o 91%. Foron adxudicados xa o acceso a Compostela, a construción dunha base de montaxe de vía en O Irixo e as subestacións eléctricas de Silleda e Amoeiro, mentres que están en período de planificación os deseños das estacións de Ourense e Santiago.




Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010

PUBLICIDADE

Entrevista a Francisco José Gómez Gómez:

Entrevista a Manuel Pardo Cid

“El número de aprobados avala nuestro método formativo”

“Mi consejo a los opositores es que trabajen con constancia

Academia Proxecto inicia un nuevo “curso” en su centro de formación ya contrastado tanto por la calidad de la formación que oferta, como por los resultados obtenidos, y muy especialmente en los distintos cuerpos del Ministerio de Justicia, Instituciones Penitenciarias y cuerpos de Maestros. Estamos muy contentos con los resultados que hemos obtenido el año pasado en las diferentes oposiciones que preparamos (Magisterio, Xunta de galicia, Auxiliar Administrativo del Estado, Ayudante de Instituciones Penitenciarias, Sergas...). Así, a modo de ejemplo, en las distintas oposiciones al cuerpo de Maestros, se ha conseguido un índice de aprobados en la oposición cercano al 80%,

¿Cómo valora los resultados de los alumnos de Academia Proxecto en las oposiciones a Justicia? Estamos muy orgullosos de nuestros alumnos, a los que mando una sincera felicitación por su trabajo, su buen hacer y su cariño; ya que sin ellos, nuestro trabajo no tendría el resultado que hemos conseguido. Nos sentimos partícipes de su éxito personal, por haber contribuido con nuestro granito de arena a que obtengan una salida profesional y ésta es la mayor satisfacción que puede conseguir un preparador de oposiciones. ¿Qué consejos le das a aquellas personas que quieren ingresar en la

El responsable de Academia Proxecto analiza la evolución del centro de formación. con 31 opositores con plaza como funcionarios de carrera de dicho cuerpo o en las oposiciones al Ministerio de Justicia, donde, con la fase de oposición terminada, tenemos 36 aprobados y aún pendiente la realización del tercer examen de gestión procesal. En la oposición de auxilio judicial, hemos conseguido el número 1 por el ámbito del Ministerio, pero también el número 5 y 6 por Cataluña y el 8 por Madrid; En Tramitación Procesal los números 5, 9 y 11; y en Gestión los números 2 de Canarias, 3 de Cataluña y 7 del ámbito Ministerio. ¿Cuál es vuestro secreto? Tenemos un grupo de colaboradores sensacionales, con gran experiencia en la preparación de oposiciones, profesionales del Derecho, forma-

dores de la Escola Galega de la Administración Pública y profesionales del ámbito de la educación. Nuestro único secreto es el trabajo diario, el apoyo al opositor, la utilización de las nuevas tecnologías como apoyo en la formación y la apuesta por la calidad. El número de aprobados avala nuestro método formativo; en promoción interna para gestión procesal hemos obtenido un 89% de aprobados. Tenemos varios opositores que han aprobados dos oposiciones el mismo año, y puede que alguno de ellos apruebe las tres.

Nuestro secreto es el trabajo diario, el apoyo al opositor y la apuesta por la calidad

Pardo Cid colabora con Academia Proxecto en la preparación de las oposiciones a Justicia.

Manuel Pardo Cid, colaborador de Academia Proxecto en la preparación de oposiciones a Justicia. Administración de Justicia? Mi consejo es que trabajen con constancia, que intenten asimilar los complejos y variados conceptos objeto de la materia, bajo el

prisma de su comprensión. Que el preparador es una persona que les va a ayudar a superar el reto y que no duden en plantear todas aquellas cuestiones que les resultan dificultosas.


BARRIOS

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010

O Concello destina 1.275.000 euros de fondos FEIL para tres centros cívicos As autoridades nunha das estancias da antiga escola fogar de Mariñamansa. /P.LODEIRO.

Concello e Xunta estudan usar como albergue a escola fogar de Mariñamansa

4 A Concellería de Turismo sinala que as 39 prazas do albergue de San Francisco son escasas para a demanda do Ano Santo. P.L. As 39 prazas no albergue de peregrinos de San Francisco son poucas para atender as previsións de aloxamento neste ano Xacobeo, e por iso a Concellería de Turismo busca alternativas para poder albergar grupos grandes. Este é o motivo da visita da edil Ana Garza xunto co conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, á antiga escola fogar de Mariñamansa. Tras percorrer o recinto, Vázquez dixo que Concello e Consellería de Educación continuarán coas conversas para chegar a un acordo sobre “unha cesión total ou parcial por unha serie de ano de cara a podelo convertir nun fogar complementario de cara ao Xacobeo”, pero non precisou o investimento necesario para poñer ao día as instalacións, nin

para cando estaría dispoñible. “Son cuestións que hai que falar”, recalcou o conselleiro. Pola súa banda, a concelleira de Turismo, Ana Garza, explicou o motivo da petición a Educación: “neste momento temos 39 prazas e son moi poucas para grupos, para o ano Xacobeo ourense faláramos de ter outro albergue e máis prazas para poder colocar grupos grandes”. Garza agarda que alomenos unha parte do centro poida ser habilitado este ano como albergue de peregrinos e xuvenil. O inmoble ten preto de 2.500 metros cadrados distribuídos en dúas plantas e fora utilizado ata 2004 como escola fogar. Na actualidade unha ala do inmoble acolle as instalacións do colexio de Mariñamansa.

4 Estarán na rúa Eulogio Gómez Franqueira, as vivendas da praza Mil do Pino e en Ceboliño P.Lodeiro Tres novos locais sumaranse á rede de centros cívicos e sociais do concello, unha vez sexan reformados con fondos do Plan FEIL 2010. O Concello de Ourense vén de aprobar os proxectos para adaptar tres locais na rúa Eulogio Gómez Franqueira, nas vivendas sociais do Pino e en Ceboliño, que suman, entre os tres, un investimento de 1.275.000 euros. O primeiro deles é un inmoble, unha das antigas vivendas de Renfe na rúa Eulogio Gómez Franqueira, que, unha vez reconstruído, albergará nunha superficie de 1.200 metros cadrados unha sala de reunións, sala de usos múltiples, sala para nenos de 4 a 12 anos, sala xuvenil,

sala de lectura, área administrativa e dependencias para traballadores sociais. A obra custa 961.000 euros e ten un prazo de execución de nove meses. No que respecta ao local nas vivendas sociais do Pino, consiste nun baixo de 322 metros cadrados que foi adquirido con fondos municipais e que agora se arranxará con fondos estatais (193.000 euros) para adaptalo como centro social. Disporá de sala polivalente, sala de reunións, área de informática e ludoteca. As obras durarán seis meses. En canto ao inmoble de Ceboliño, foi cedido polos veciños, e agora será reformado para acoller un centro social de 162 metros cadrados en dúas plantas. A reforma custará 121.000 euros e ten un prazo de exe-

cución de cinco meses. A concelleira de Benestar Social, Marga Martín, precisou que a xestión dos centros cívicos de Gómez Franqueira e da praza Mil será directa por parte municipal, como xa se fai co centro da rúa Colón. Isto significará que os locais estarán abertos ambos de luns a sábado de 8:30 a 20:30 horas. En canto ao local social de Ceboliño, aínda está por definir quen o xestionará, aínda que a concelleira apuntou a posibilidade que sexa a propia asociación de veciños quen o xestione. Para o alcalde, estes tres proxectos “confirman e amplían esa aposta polos barrios, significan un acto de xustiza ao correxir os déficits de equipamentos na periferia e nos permiten ir facendo cidade”.

Edificio que albergará o futuro centro cívico de A Ponte. /RAMSÉS.



EN BREVE

4 Nova iluminación para o paseo do Barbaña

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou unproxecto de iluminación pública con sistema de telexestión para aforro enerxético no paseo fluvial do río Barbaña. O proxecto promovido pola Concellería de Medio Ambiente, prevé un investimento de 216.366 euros, que o Concello solicitará sexa cuberto con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local de 2010. A actuación proxectada consiste na substitución de todos os puntos de luz do treito de paseo entre a Praza de Abastos e a desembocadura do Barbaña.

4 Aforro enerxético no alumeado

As Concellerías de Infraestruturas e Servizo Eléctrico presentou un proxecto de mellora e aforro enerxético no alumeado público de distintos barrios da cidade. As actuacións plantexadas localízanse nas rúas Bonhome, Galicia, Nosa Señora do Viso, Nosa Señora do Cristo, Nosa Señora das Ermitas, Amor Ruibal, río Arnoia, Alto do Cumial. Seixalbo e Covadonga. A proposta dá continuidade ao plan de choque para a reforma do alumeado no termo municipal que supuxo xa a renovación de máis de 1.600 puntos de luz (nomeadamente no perímetro rural) e a adaptación destes para a súa integración no futuro sistema de telexestión.




Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010

TEMA DO MES

entrevsta a fernando varela:

“A nosa intención é buscar o equilibrio entre o deporte federado e o deporte como actividade física”

4 O concelleiro de Deportes, Tráfico e Seguridade aborda a súa xestión nestes case tres anos de goberno e os investimentos que están por vir. P. Lodeiro / R. Torres Cales son as liñas básicas da política municipal de deportes desde que vostede é concelleiro? Fernando Varela: “Desde que chegamos ao goberno municipal a nosa intención sempre é buscar o equilibrio entre o deporte federado e o deporte como actividade física para os cidadáns. Nós cremos que a Concellería de Deporte non só é a concellería dos clubs, e menos dos clubs chamados de élite, é unha concellería que ten que facilitar o acceso dos cidadáns ao deporte como actividade física”. Que carencias ten a cidade en canto a infraestruturas deportivas? F.V.: “Moitísimas; durante os últimos 12 anos antes de chegar nós en instalacións deportivas non se investíu nada ou case nada, creo que o único que se inaugurou foi o módulo de atletismo dos Remedios. No 2009, reformamos en gran parte unhas instalacións deportivas moi necesitadas, sobre todo o campo de fútbol de herba sintética de Santa Cruz de Arrabaldo, un emblema xa. E tamén a recuperación que estamos a punto de rematar do campo de Oira; tamén é importante as pistas interiores de aquí de Remedios e a conversión do foxo de saltos en piscina e zona de hidroterapia, nesa liña de intentar equilibrar o deporte federado competi-

tivo co deporte como actividade física. E, por suposto, a cuberta de Barrocás, fixemos unha intervención importante nunha pista dun barrio, nesa liña de levar o deporte aos barrios”. A obra do foxo exterior para cando estará rematada? F.V.: “Solicitamos a prórroga prevista e esperamos rematala no prazo dun mes, máis ou menos, n senón é final de febreiro en marzo estará rematada. Quero dicir que son fondos estatais pero a decisión de onde se ten que investir ese diñeiro a tomou este goberno municipal, e creo que a tomou acertadamente investindo case tres millóns de euros en deporte”. No novo fondo estatal deste ano pode ir algunha partida para deportes? F.V.: “É dificil, polas bases. Aquí no pavillón dos Remedios vai unha relacionada co aforro enerxético, imos dotar a cuberta da piscina de 25 metros de placas solares para aproveitamento enerxético. E desde a Concellería de Seguridade imos poñer en marcha un sistema informático para dotar os policías locais de PDA’s para axilizar o tema de sancións, de control de vados... un sistema informático que vai modernizar a Policía Local”. Había un proxecto para adxudicar a reforma e xestión das piscinas de pago de Oira, agora pechadas, conxuntamente

Fernando Varela, na cancha central do Pavillón dos Remedios. /RAMSÉS. coas futuras instalacións deportivas de Eiroás, como está ese asunto? F.V.: “Cando falo da piscina de pago de Oira, gústame facer a comparación, este goberno municipal inaugurou hai uns meses o centro cívico da rúa Colón, iniciouse o expediente estando Manuel Cabezas de alcalde no ano 2005, tardou catro anos; as veces a administración pública vai máis lenta do necesario, pero o expediente sigue adiante. É un centro deportivo en Eiroás e a recuperación das piscinas, públicas pero de pago, de Oira. sacámos a concurso unha concesión

administrativa e eu espero podela adxudicar en breve, se non hai ningún problema; se non se adxudica é por problemas típicos e normais da administración. Pero con ese centro deportivo en Eiroás, máis co centro por excelencia do deporte que é este pavillón dos Remedios, máis co polideportivo que queremos facer en Mariñamansa, creo que dotamos á cidade de tres centros neurálxicos para ter cubertas as instalacións deportivas de Ourense, creo que en dous anos e medio máis non se pode facer”. Falar de que esas piscinas de pago de Oira pui-

“En 2009 investimos case tres millóns de euros en deporte, son fondos estatais pero a decisión de onde se ten que investir ese diñeiro a tomou este goberno municipal”

deran estar abertas este verán sería demasiado optimista? F.V.: “Vai ser difícil pero nós falamos xa con varias empresas e din que se se adxudicara en marzo poderían estar para agosto. Se por algún motivo falla este expediente, o goberno municipal ten que iniciar doutro xeito a recuperación das piscinas de Oira. De todos modos, son unhas piscinas con repercusión mediática pero os últimos datos din que tiña unha media de 35 persoas ao día. Ao mellor dándolle outro enfoque e con máis instalacións deportivas ao redor podemos ter unha afluencia de público maior”. [Le a entrevista completa no nº 5 de Barrios Deportivo, a partir do 29 de xaneiro en bares e nos eventos deportivos da nosa cidade]

“Preferimos prevención a sanción”

Ademais de Deportes leva a área de Seguridade e Tráfico, como fai para compatibilizar ambas? F.V.: “Con moito traballo, mañá e tarde, e cun apoio importante tanto desde a Xerencia do Pavillón como desde a Policía Local, Bombeiros e Protección Civil”. Que investimentos hai este ano nestas áreas? F.V.: “En Seguridade Cidadá a través do fondo de investimento estatal imos implantar un sistema informático importante e despois temos no borrador dos Orzamentos, que eu espero se confirme, unha partida importante para dotar a cidade de novos cruces semafóricos e mellorar a seguridade en diversos pasos de peóns”. Ampliarase a plantilla da Policía Local? F.V.: “Este goberno municipal aprobou hai unha semanas a incorporación de seis novos policías e dez prazas de bombeiros, e en Protección Civil teremos unha partida para seguir cos traballos do Plan de Emerxencia Municipal”. Que destacaría do traballo realizado en Tráfico e Seguridade? F.V.: “Gustaríame destacar o traballo de prevención e educación, porque nós preferimos prevención máis que sanción, sobre todo nos rapaces, co Parque Infantil de Tráfico, onde pasan 4.000 rapaces de toda a provincia. E tamén a propia Policía Local dá as súas charlas a diferentes colectivos cidadáns; e en colaboración co Grupo de Traballo Voluntario de Educación Vial seguiremos facendo campañas”.


BARRIOS

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010



Os populares culpan da rotura dunha tubaxe á “neglixencia” do bipartito

4 O incidente deixou sen auga máis de oito horas aos veciños de O Vinteún. Redacción

Termas públicas de Outariz, recén reabertas. /RAMSÉS.

Reapertura das termas públicas de Outariz

A pasada fin de semana reabríanse ao público as dúas termas gratuítas de Outariz, tras estaren pechadas nas últimas semanas por mor das constantes crecidas do río Miño. Segundo informou a Concellería de Termalismo, o obxectivo é, se o tempo non empeora, traballar na súa reparación de xeito alternante en ambas, mantendo sempre un grupo delas aberto mentres se intervén no outro, asegurando así uns servizos mínimos para os bañistas. Técnicos do departamento municipal están facendo valoración dos danos que supuxeron as crecidas do Miño. A apertura das piscinas será provisional até que non se den por concluidos os traballos de mantemento, dos que a Concellería manterá informada á cidadanía. Porén, o elevado caudal do río Miño impide, polo momento, que sexan accesibles aos bañistas as pozas públicas de A Chavasqueira. E é que no vai de xaneiro levamos na cidade 17 días de chuvia, e os últimos datos do encoro de Velle (decembro 2009) sitúano ao 86,7% da súa capacidade.

O voceiro do grupo municipal do PP, Enrique Nóvoa, achaca a rotura da tubaxe que deixou sen auga máis de oito horas aos vecinños de O Vinteún á “neglixencia” coa que xestiona o bipartito os asuntos da cidade. “Acaban de remozar as rúas na zona dos ríos e resulta que se produce unha sucesión de reventóns onde terían que ter sido renovadas as tuberías”, sinala Nóvoa, que lembra que o PP denunciara que non se aproveitaran esas obras na zona para substituír as conducións antigas, como facía o PP cando goberna-

ba cada vez que se levantaba o firme e as beirarrúas nunha rúa que era humanizada. “Está claro que esta avería é o froito indiscutible de ter un bigoberno, o goberno que se encarga das beirarrúas, que é do BNG e o goberno das tuberías que é do PSOE”, recalca Enrique Nóvoa.

Resposta do goberno

As declaracións de Nóvoa tiveron resposta desde o goberno local, que as cualificou de “esperpénticas e

ridículas”, en palabras doconcelleiro de Medio Ambiente, Demetrio Espinosa. O voceiro socialista asegura que das constantes averías na rede de subministro de auga, “é directa e persoalmente culpable o propio Nóvoa, como responsable de Medio Ambiente dos gobernos municipais do PP que en doce anos non cambiaron un só metro das vellas tuberías, malgastando o diñeiro dos cidadáns en paparotas, fastos e maquillaxe urbano”.

Nóvoa acusa ao bipartito de non renovar as tubaxes cando humaniza as rúas; o bipartito responde acusando ao político do PP de non ter cambiado “un só metro de vellas tuberías” cando gobernaba




Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010

BARRIOS

EN BREVE

EN BREVE - A VALENZÁ

4 Propoñen usar como ludoteca a antiga escola de Bentraces

4 Parques Miño e do Couto

O Concello de Ourense adxudicou as obras de remodelación do Parque Miño e do Parque do Couto, por un importe de 482.419 euros. Do acondicionamento do Parque Miño encargarase a empresa Medio Ambiente Dalmau S.A. e da mellora do Parque do Couto a empresa Pozanca. As dúas zonas verdes serán sometidas a unha reforma en profundidade nos próximos meses.

4 Arranxo da Praza 500

Os veciños de Barrocás xa dispoñen dunha mellorada Praza 500, tras ser reformada con cargo ao FEIL e aos Orzamentos Participativos do Concello, cun investimento total de 140.310 euros (125.370 de fondos estatais e 14.939 municipais). As obras de mellora da zona consistiron na creación dun parque urbano cun deseño que favorece o seu uso por parte de toda tipo de persoas, contemplando zonas axardinadas, de descanso e de xogos.

4 Melloras en Velle

105.482 euros, da partida de Orzamentos Participativos do Concello, destináronse a obras en varios núcleos de Velle. Acondicionouse a fonte, lavadoiro e baño, e colocouse mesa e bancos, en Quintela; arranxouse camiño, muro, fonte e lavadoiro, en Sanmamede; reparouse fonte e lavadoiro, en Outeiro; e creouse unha área de aparellos biosaudables en A Granxa.

Lugar no que se producen os verquidos desde a rede de sanemaneto, en A Valenzá.

a valenzá

Verquido de augas residuais xunto a vivendas da avenida de Celanova

4 O BNG pide ao Concello un plan plurianual para afrontar as obras de saneamento precisas. Redacción Augas residuais sen depurar verquen sen conttrol ao carón de vivendas da avenida de Celanova, en A Valenzá. Este verquido, denuncian desde o BNG, prodúcese na rede de saneamento que vén da zona da Finca Fierro e dunha parte da parroquia de Parada. Á altura da Rúa Milladoiro existe un sumidoiro que recolle as augas da metade da Finca Fierro e condúceas á rede que vai cara Ourense, pero as augas que veñen da parte máis afastada do límite de Barbadás con Ourense van cara á rúa do Tangaraño e posteriormente, por unhas

fincas privadas, cara a avenida de Celanova, enlazando coa rede xeral preto do límite municipal. Esta rede de sumidoiro está nun estado moi deteriorado, e pasa por un tanque de decantación situado nunha finca privada a escasos metros das fachadas posteriores da avenida de Celanova. Por mor de que no noso concello non hai separación das augas residuais das pluviais, en tempos de chuvias este tanque túpese vertendo directamente ao ar libre todas as augas, tanto residuais como pluviais. Desta maneira, temos, a escasos metros da avenida de Celanova “unha cloaca ao ar libre, co que isto im-

plica de contaminación do medio, de insalubridade e de foco de propagación de ratas”. En relación a este problema, o BNG de Barbadás solicitará ao pleno do Concello de Barbadás que aprobe a elaboración dun estudo das necesidades, carencias e deficiencias do sistema de sumidoiros de augas residuais, identificando aqueles puntos de verquidos. Tamén demandan un plano plurianual de obras para acometer as infraestructuras que permitan a separación de augas residuais e pluviais e que a primeira fase destas obras se execute este ano con cargo aos fondos FEESL.

O PSOE de Barbadás propón a creación dun Punto de Atención á Infnacia (PAI) ou ludoteca na antiga escola de Bentraces. Dez meses despois de finalizada a reforma do edificio, os socialistas critican que o Concello de Barbadás aínda non definira un uso para este inmoble. Os socialistas congratúlanse de que esta iniciativa coincida coas inquedanzas da veciñanza, pois a Asociación de Veciños San Bieito fixo unha proposta no mesmo sentido.

4Retiran a gratuidade dos bonobuses aos xubilados

A retirada de parte da subvención que desfrutaban os pensionistas de Barbadás para o uso do transporte público non gusta ao BNG deste municipio, que critica a decisión municipal. Agora, os pensionistas usuarios da liña que une Loiro, Bentraces, Barbadás e A Valenzá coa capital, terán dereito a 14 bonos mensuais a un prezo de 6,50 euros. Desde o grupo de goberno defenden a decisión de eliminar a gratuidade total dos bonobuses para racionalizar un gasto que consideraban excesivo.

4EDITORIAL

Galeguidade unidireccional das “nosas” caixas Feliz 2010 a todos. E ata aquí chegan os nosos bos desexos pois chega a hora de facerlles pensar. Iniciamos un 2010 que probablemente vexa a fusión de dúas caixas galegas. Intereses máis ou menos transparentes aparecen a favor ou en contra da devandita fusión pero sempre deixando ben claro que o importante é manter a galeguidade da futura “super-caixa”. A galeguidade? Pensemos no hipotético caso dun cidadán ou dun empresario galego con varios créditos nestas dúas caixas. Cada caixa repártese unha porcentaxe do total deses créditos. Se a fusión se lévase a cabo, a futura “supercaixa” atoparíase con que está a soportar o 100% do crédito dese cidadán, cousa nada desexable coa

cantidade de morosos e impagos que está a sufrir hoxe o sector da banca. Non se sorprenda, querido e endebedado cidadán, se a nova “super-caixa” se comunica con vostede e lle anuncia que vai ter que recortar o seu porcentaxe de financiamento. A vostede só lle quedará acudir a outra caixa ou banco para cubrir o porcentaxe restante, e todos sabemos que hoxe os bancos están desexosos de dar créditos, ou non? Non se apure, sempre poderá usar a súa propia galeguidade á hora de solicitar ese crédito. O feito de que vostede sexa galego abriralle as portas dos bancos e flexibilizará os requisitos dos seus futuros préstamos. Xa verá como sí. Ou non?

opinion@ourenseporbarrios.com


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010




10

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010

A Tenencia de Alcaldía de Ourense informa

Un novo roteiro convida a descubrir as delicias gastronómicas da zona dos viños

O tenente de alcalde presentou en FITUR unha nova proposta de turismo gastronómico que recolle 52 establecemento do casco histórico ourensán. Un novo roteiro gastronómico da cidade de Ourense, dedicado á zona dos Viños e ás súas delicias culinarias, os pinchos, vén de ser presentado na Feira Internacional de Turismo FITUR, en Madrid. A publicación foi editada pola Concellería de Turismo e comprende 52 bares do casco histórico coa sua correspondente oferta gastronómica. Conta cunha tirada de 55.000 exemplares (20.000 en galego , 20.000 en castelán e outros 15.000 en inglés) e será distribuido no Centro de Recepción de Vistantes e nos puntos de información de Outariz e do albergue de peregrinos, así como nos previstos nas Burgas e no restaurante das Pozas de Maimón. O novo roteiro foi presentado en FITUR, dentro da presentación oficial da úndécima edición do Salón Gastronómico e de Turismo Xantar, que terá lugar en Ourense no mes de marzo e onde tamén se repartirá o folleto. En representación do Concello de Ourense acudía o tenente de alcalde, Andrés García Mata, quen na súa intervención anunciou este novo producto de promoción turística: un roteiro adicado aos Viños e os seus pinchos. Segundo o edil naciona-

lista a guía “quere encaixar co espíritu de Xantar de amosar as excelencias culinarias de Ourense no mundo”. Indicou García Mata que o novo roteiro ten a intención de achegar os visitantes de Xantar que veñen de fóra ao casco vello “poñendo en valor esta zona gastronómica”. A nova publicación pretende ser un documento de utilidade que sirva tanto para que os turistas descubran a nosa gastronomía como para os propios ourensáns, para que se animen a coñecer a fondo este recuncho da súa cidade. “Ademais – explicaba o tenente de alcalde – xa que nos atopamos en Ano Xacobeo, esperamos tamén que sirva para que os peregrinos recuperen forzas con estas pequenas tentacións”. A guía presentada traza un percorrido circular con saída e chegada na Praza do Ferro, percorrendo o Eironciño dos Cabaleiros, a rúa da Paz, Lepanto, zona norte da Catedral, rúa Unión, Fornos e Viriato, presentado visualmente os pinchos máis coñecidos dos diferentes bares. A proposta está intimamente ligada á riqueza patrimonial da cidade, dado o privilexiado enclave destes establecementos de restauración.

A concelleira de Turismo e Termalismo, Ana Garza, xunto ao tenente de alcalde, Andrés García Mata, e o director de márketing de Telefónica, Juan Utande, diante do stand de Ourense na feira FITUR.

A imaxe de Ourense, presente en cabinas de Madrid e Sevilla

Coincindo co desenvolvemento de FITUR, a Concellería de Turismo desenvolveu sendas accións promocionais da cidade en Madrid e Sevilla, instalando dúas campañas en cabinas telefónicas de puntos estratéxicos destas cidades como Gran Vía e Princesa en Madrid e as prazas de Cuba e San Sebastián en Sevilla. A campaña de promoción en Madrid tivo como lema “Sumérgete en sus encantos. Ven a Ourense, la Ciudad de las Aguas”, e como imaxe, a súa riqueza termal. A campaña dirixida a Sevilla, unha das cidades das que, segundo datos da Oficina de Turismo, máis peregrinos chegan, convida os peregrinos a descubrir Ourense coa mensaxe “Haz un alto en el Camino” e a imaxe do Pórtico do Paraíso. Con estas accións, Turismo abre un ano cuxo obxectivo é potenciar ao máximo a marca “Ourense, Capital Termal” dentro e fóra de Galicia; aproveitando o Ano Xacobeo, e a celebración en Ourense do IX Encontro de Vilas Termais de España.

Imaxe de parte do folleto que recolle o novo roteiro gastronómico.

O roteiro, editado en galego, castelán e inglés, recolle 52 establecementos do casco vello cos seus pinchos máis coñecidos O folleto será repartido en Xantar, para atraer aos visitantes da feira ao casco histórico, para que coñezan o seu patrimonio gastronómico

Imaxe da campaña de promoción de Ourense nas cabinas de Madrid.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010

11

Noticias de empresa

Acuasec, a solución para as humidades en casa

Esta empresa identifica as causas da humidade e elimínaas de raíz. Observou algunha das seguintes manifestacións na súa vivenda? Salitre, manchas negras na roupa, paredes descascadas, olor a fungos...É o momento de actuar! Calquera problema de humidade que xurda na súa casa debe ser tomado moi en serio, por iso a mellor opción é acudir a un profesional, xa que con frecuencia os propietarios caen no erro de intentar resolver o problema por si mesmos, sendo numerosos os fracasos, ocasionándolles numerosos gastos sen poder librarse do problema. O profesional localiza a orixe do problema e trátao para eliminar os seus efectos negativos. Agora ben, as causas dun problema de

humidade poden ser complexas: subas capilares, filtracións de orixe pluvial, condensación, fuga nunha canalización que non se percibiu, ... A presenza de humidade nunha casa pode realmente converterse nun problema de saúde; así pois, recorrer a un profesional é unha necesidade, non un luxo. A humidade ameaza tanto á estrutura do edificio coma ao seu contido e aos seus ocupantes: pudrimento da carpintaría, deterioro dos mobles, etc. Expóñense simplemente a atopar unha casa insalubre.

A solución: Acuasec

Miles de persoas solucionaron os seus problemas de humidade grazas á inter-

vención dos especialistas de Acuasec. Cada ano, esta empresa executa innumerables obras con éxito e sanea casas Imaxe dos laboratorios de Acuasec. que, noutro Acuasec ten un tratamencaso, seguirían sendo nocivas para a saúde dos seus to axeitado a cada tipo de humidade, sexa cal sexa ocupantes. Acuasec é unha empre- a súa orixe: capilaridade, sa galega especializada en condensación ou filtración. Un responsable de obras eliminar definitivamente a humidade en construcións validará o tratamento ree vivendas. Todos os seus comendado polo técnico, ensaios en laboratorios es- tomando mostras das paretán canalizados a identifi- des in situ, para analizalas car as diferentes causas de logo en laboratorio, e así humidade, e están dirixidos proporcionar unha solución a eliminar os problemas de á medida para o problema detectado. raíz.

Parede con humidade porcondensación.

Parede con humidade po capilaridade.

Máis información no 902 922 352 ou en www.acuasec.com


12

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010

CIDADE

Comercio acada o compromiso dos vendedores ambulantes de regularizar a súa actividade

4 Na feira do 17 a Policía Local impedíu instalar os seus postos aos comerciantes que non tiveran os papeis en regra. Redacción A Concellaría de Comercio resolverá os expedientes de arredor de 60 comerciantes ambulantes que desenvolven a súa actividade na feira que se celebra nas marxes do Barbaña os días 7, 17 e 27 de cada mes. Tras impedir a Policía Local que os vendedores que non tiñan os papeis en regra instalaran o seu posto na feira do día 17, representantes do colectivo xitano, ao que pertencen a maioría deles, reuníronse coa edil de Comercio e o tenente de alcalde. A intención deste encontro era acadar un compromiso recíproco para ordear e regularizar a situación destes traballadores, ante o notable incremento de vendedores ambulantes que nos últimos meses viñan desenvolvendo a súa actividade na cidade sen figurar nos rexistros da Concellería de Comercio.

“O que buscamos – declarou Ana Garza – é conseguir normalizar esta actividade dacordo á lexislación municipal, o que vai permitir garantirlle a estas persoas o bo desenvolvemento dos seus negocios”. Por iso na xornada de feira do día 17 realizouse un control na feira, requerindo aos postos as correspondentes licencias emitidas polo Concello e instando aos que tiveran algún tipo de incidencia a normalizar a súa situación nas dependencias da Concellería. “Cada vez son máis os comerciantes de fóra que acudan a feira sen autorización algunha; hai que tomar medidas para protexer o traballo dos que cumplen a normativa”, explicou a concelleira.

Vinte expedientes foron resoltos esa mesma mañá e o resto agardábase tramitar nos seguintes días. Segundo explicaba a edil nacionalista “danse moitos casos de demora no pago das taxas municipais ás que hai que darlle saída, así que procuraremos vías de pagamento que lles faciliten a tarefa a estes comerciantes”. Os comerciantes comprometéronse a respectar os horarios de instalación e recollida de postos, así como asegurar a limpeza das zonas nas que desenvolven a súa actividade ao seu remate. Garza asegurou que se traballará para “facilitar o máximo posible a posta o día das situacións de cada un”.

Comercio dará facilidades aos ambulantes para que se poñan ao día no pago das taxas municipais

Afluencia de público ao stand do Padroado Provincial de Turismo en FITUR./L.BAÑOS.

A 11ª edición de Xantar preséntase en FITUR

4 A cita gastronómica é do 3 ao 7 de marzo en Expourense. Redacción A undécima edición do Salón Galego de Gastronomía e Turismo Xantar foi presentada na feira FITUR, en Madrid. Na presentación do salón, “único en España e que constitúe por si só un motivo para visitar Galicia”, tal e como explicou a secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo, definíronse os obxectivos desta edición. Ademais de pro-

mocionar o Ano Santo, son divulgar os beneficios para a saúde da dieta atlántica e cantábrica; exaltar as máis de 300 festas gastronómicas celebradas en Galicia; incidir no servizo e a atención ao cliente xunto coas materias primas; reforzar a oferta gastronómica no turismo rural e posicionar unha oferta baseada nun proxecto de cooperación interterritorial e no intercambio de experiencias coas rexións invitadas.

Xantar terá nesta edición 19 restaurantes, un deles dedicado ao Xacobeo, que ofrecerá un menú degustación composto por platos elaborados a partir de productos dos diferentes camiños. O salón celebrarase en Expourense entre o 3 e o 7 de marzo.

Campaña do Padroado

FITUR tamén acolleu a presentación da campaña promocional do Padroado Provincial de Turismo para 2010, que baixo o lema “Quédate en Ourense. Visita Santiago.Xacobeo” anima a visitar a provincia neste Ano Santo. Outra novidade que o Padroado levou a FITUR foi o lanzamento dunha liña de cosmética elaborada con auga termal, co nome “Aqua Auriensis”.


CIDADE

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010

13

Pleno de Ourense

A corporación reclama á Xunta fondos para abastecemento e saneamento no rural

4 O bipartito rexeita mocións do PP sobre o soterramento da estación Empalme e a gratuidade da acollida temperá. Paula Lodeiro A corporación municipal instará á Xunta a cumprir cos compromisos en obras de saneamento e abastecemento en parroquias do rural de Ourense. O PP deulle o seu apoio a unha moción do bipartito para reclamar ao goberno galego os fondos que faltan para rematar ata dez obras de saneamento e abastecemento no rural incluidas nun convenio firmado entre o Concello e a Consellería de Medio Ambiente en 2007. Para o voceiro popular Enrique Nóvoa, a moción

presentada por PSOE e BNG “pon en envidencia a nula aposta do goberno bipartito pola cidade de Ourense”, algo que negou o concelleiro de Medio Ambiente, Demetrio Espinosa, que estimou en 1,6 millóns de euros o investimento realizado polo anterior goberno autonómico en obras de saneamento e abastecemento “entre adxudicadas, en execución e executadas”, así como outros 772.000 euros en obras complementarias. O bipartito tamén logrou o apoio do partido da oposición a unha moción de

urxencia sobre os últimos verquidos ao río Barbaña, na que se pide á Xunta medidas urxentes para acabar con estas prácticas, á Confederación Hidrográfica sancións e á Fiscalia unha investigación. O consenso perigou polo intento do PP de incluir en forma de emenda unha petición á Fiscalía para que investigase tamén o verquido de 50.000 litros de gasóleo de Adif ao río Miño ocurrido hai un ano, verquido que Espinosa negou que se producira.

Soterramento Empalme

En cambio, as dúas pro-

Concelleiros socialistas nunha votación no último pleno./P.L. postas que presentaban os populares neste primeiro pleno do ano non tiveron éxito. Nunha delas, o PP insistía en que o Concello esixíse a Fomento o soterramento da estación de Empalme. Enrique Nóvoa criticoulle ao bipartito que non asuma a responsabilidade de tomar esta decisión e a deixe en mans dos técnicos, como si fixeron en Vigo, pero desde o goberno local insistían en que non se desbota esta posibilidade. “O criterio político é que desapareza esa fractura, a

definición técnica non a temos que decir nós”, expuña o tenente de alcalde, o nacionalista Andrés García Mata. A edil socialista Aurea Soto fi máis alá e acusou ao PP de ter como prioridade non o interese xeral, senón as mil vivendas que se prevén construir no castro de Oira, recordándolle aos populares que a súa alegación a Fomento non pedía expresamente o soterramento, insinuacións que molestaron a Enrique Nóvoa. Tampouco recibíu o apoio

de socialistas e nacionalistas a moción para ofertar de xeito gratuíto o servizo de acollida temperá, “non digo a todas as familias, senón a aquelas familias que teñen dificultades para chegar a fin de mes”, expuxo a concelleira Belén Iglesias. A edil de Educación, Ana Garrido, defendeu o “pequeno copago” que teñen que facer os proxenitores para recibir este servizo, un total de 19,50 euros ou 17,50 euros ao mes dependendo de se o servizo sexa con ou sen almorzo.


14

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010

OPINIÓN

4HISTORIA DE PONTE CANEDO

Vivencias do Concello de Canedo en 1.940

O pobo de Quintián: na antiga estrada de Vigo e camiño do cemiterio. Ver a Estación Empalme, as súas vías do tren agora pouco di, pero creo que é bo e de xustiza recordar o sufrimento e calamidades dos habitantes da parroquia de As Caldas, especialmente de Quintián, por ser o que colleu máis de cheo a estación, recén rematada a Guerra Civil. Intentarei lembrar aos habitantes do pobo que me viu nacer, Quintián, concello de Canedo. Naqueles anos nos cales era neno, as familias eran moi numerosas e a maioría dos veciños estaban emparentados entre si, por vínculos de sangue. Quintián tiña a maioría das casa na estrada de antiga de Villacastín a Vigo e no antigo camiño do cemiterio; na estrada de Vigo estaban a vivenda e adegas dos Valeiras, facendo esquina co camiño do cemiterio, enfronte da casa, ao outro lado do camiño tiña esta familia unha finca con moitos frutais e con moitas lembranzas das trastadas dos mozos que íamos roubarlle a froita para alivialo peso ás árbores para que non rompesen as gallas. Seguindo cara Vigo estaba a casa dos Carlistas, os seus fillos Benigno Pajoi e Teresita, que tiña a mellor voz do pobo; a casa do sr. Caramés, o Bar Estanco do sr. José da Vila; a tenda do sr.Leopoldo e sra. María Laura, o sr. Tarrío o Ferreiro coa sua fragua, facendo esquina co camiño da Chapa; a continuación a casa do tío Luis o sacristán e os seus fillos, María, Eliseo, Juan, Carlos, Manolo, Asunción, Teresa, Marina

e Eugenio; o tío Manuel e a tía Pilar, as súas fillas Milagros, Irene e Paula, a casa do tío Pepe e tía Constanza e os seus fillos Alfonso, Lolo e Carmiña; a casa das Cazurras da Peterella, do sr. Severino; os Porriño, o sr. Teófilo que tiña un taller de carpintería, a casa dos Navares, o sr. Marruco, a sr. Modesta que era costureira, o sr. Javier que era pescador miño, a sra. Fela, tiña porcos onde levaban as porcas, decíase o tempo “o bicho”, para procrear. A casa do sr. Gerardo e a sra. Concha e xa en San Pedro o tío Celso e tía Teresa cos seus fillos Pedro e Victoria. No camiño do cemiterio, a continuación da finca da froita dos Valeiras, viña a finca Abeijón, a máis grande da parroquia, tiña de caseiros o sr. Faílde e a sra. Saladina, cos seus fillos, Concha, Lola, Camila e Faílde. Este Faílde era o máis traste do pobo, chegou a roubarlle un burro os xitanos e venderllo, tivo que andar escondido un tempo, os xitanos queríano executar; enfronte a esta finca estaba a fábrica das pastas de D. Luis, que foi víctima dun incendio; o almacén de trapos do tío Manuel e tía Dolores, “o seco”, cos seus fillo, Julio, María, Pura, Alfonso “o fatela”, Claudio, Laura e Rosa; o sr. Manolo o barbeiro, a súa muller Estrella, co seu fillo Manolo “O Biranxo”; a tía Pepa. O sr. Arturo “o chinto” era pescador no Miño e a súa esposa Amparo e os seus fillos Jacinto, Rosario, Tito, Rosa, Bartolo e Castor. O tío Alfredo

e a tía Irene cos seus fillos Celia e Tita, o sr. Emilio e a súa esposa, a sra. Carmen “La Guardesa” cos seus fillos Manolo, Carmen, Roque, Isauro, Pilar, Isabel e Pepe. A casa dos seus avós: Roque e Clotilde, a casa materna da familia Valeiras-Pulido. O sr. Pardo era o máis importante de Quintián, os seus caseiros foron o sr Baldomero e a sra. Luz, os seus fillos Eloy, Esther, Dosinda, Mero e Luis. A casa do sr. Eugenio “o fagina” e a sua esposa a sra. Aurora moi amiga da miña nai e os seus fillos Antonia, Balbina, Julio, Marina “O Kela”, Carmiña, Esther, Geno, Purita e Merche. O sr. Isidro, o Ferreiro, a súa esposa sra. Peregrina e a súa filla Lola, o sr Paco e a súa esposa Elisa e o seu fillo Moncho; o tío Pedro e Tía Casilda cos seus fillos Elisa, Antonio e Jesús; o sr. German e a sra. Antonia, cara a Viñavella e as lameiras; o sr. Montes co seu taller mecanico, e os seus fillos Pucho e irmá, os Felpeto, os Merelles, o sr Arturo “Carneiceiro”. As fincas principais eran “A Tapada”, a dos Valeiras, a do Cerviño na que estaba de caseira a sra Mamerta, a do Balneario das Caldas de D. Bernardino e a da Morena. Agora a estación e llana pero para conseguir ese aspecto necesitaronse moitos esforzos de todas as xentes dos pobos do concello de Canedo e demais pobos de Ourense e Provincia, e un especial aparte a dos canteiros vidos de Pontevedra da zona de Cerdedo. Apareceron as primeiras pa-

Os dous árbores que se von son do ano 1935. Naquelos anos se celebraba en Canedo todos os anos a festa da árbore con cargo ao concello. Consistía en plantar árbores ao borde dos camiños e nos espacios públicos campo de Santiago, O Tinteiro, Burgas das Caldas ao carón do Miño. Onde están estos árbores é o camiño do cemiterio xusto onde estaba o paso a nivel do Ferrocarril, Vigo - Ponte Canedo - Ourense, que ía á estación vella onde está hoxe o parque da Fonte e 12 de outubro a trincheira que se ve ao fondo e por onde pasaba o tren seguíndo estaba a Casilla xusto onde está hoxe a Policía Local,o paso a nivel era atendido por dona Dominga Feijoó Ribada “La Guardesa” nai da sra. Carmen La Guardesa, miña santa nai. leadoras para ir sacando o gran promontorio que habia cara a “A Chapa” e os “Piñeiros”, para transportar estas terras para as zonas baixas usabanse vagonetas sobre rais igual que nas minas. O caso máis triste ocurrido foi cando unha vagoneta fracturoulle as pernas o Pepiño do Paraiso e foi unha gran desgraza. As expropiacións das casas e terreos foron feitas “daquela maneira”,a o tempo era ver, oir e calar, e para non ter problemas non protestar. Narrarei alguns casos que ocurriron ao expropiar a fincas e derribar as casas.

Finca Cerviño: tivo problemas ca expropiacion e como castigo lle expropiaron mais terreo do que facia falta, e ao trasladar a antiga estrada de vigo para o sitio actual (rúa Eulogio G. Franqueira) quedou unha franxa de terreo entre as rúas e a finca e coma penitencia colocáronlle diante as casas verdes de Renfe. Finca da Morena: tiña dentro da finca o que no seu día foi colexio para xentes das Caldas unha casa; os que tiñan casas, dábanlle un tempo para trasladar mobles, madeiras, etc. tiveron tamen diferencias coa tasación e o enfado foi tal, que preferiron deixar enterrar toda a propiedade in-

cluido enseres e casa. Señora Carmen La Guardesa: non tiña medios nin casa a onde ir, pasou o tempo e se lle presentou o encargado e a paleadora e dironlle 48 horas para abandonar a propiedade, e facía uns meses quedara viúva, con sete fillos entre idades de 9-10-12-15 anos e así sucesivamente. Os varóns foron durmir a un pallar da súa propiedade e as fillar coa súa nai xunto cos familiares tío Pedro e tía Casilda, houbo máis xentes que o pasaron mal, algúns quizais menos, pero a todos lle chegou, especialmente ás nais. Pepe da Guardesa


CIDADE

O Programa de Formación do Concello oferta 14 cursos neste trimestre

Fondos europeos financian un proxecto de eco-innovación

O Concello de Ourense organizará ata marzo un total de 14 cursos de formación, dirixidos a todo tipo de públicos, nos que participarán 250 alumnos. O Programa de Formación, centrado en tres grandes liñas de actuación: Programa de Desenvolvemento da Sociedade da Información (con propostas para profesores, maiores e todos os públicos), Programa de Formación Medioambiental (dirixido ao público en xeral) e proxecto Eco-Emprende (dirixido a traballadores e directivos de pequenas empresas, autónomos, traballadores de educación non pública e de entidades de economía social).

Redacción

Redacción

[Inscricións no Centro de Iniciativas Empresariais, tel. 988 269329]

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010

15

4 Participan o Concello de Ourense e socios doutros países da UE. O Concello de Ourense recibirá 933.000 euros de fondos europeos para un proxecto de fomento da eco-innovación nas pequenas e medianas empresas. Na práctica, o proxecto concrétase no impulso das actividades productivas no sector medioambiental (os eco-negocios) e das innovacións tecnolóxicas neste ámbito (a eco-innovación). Como sinalou o director xeral de Promoción do Emprego, José Ángel Vázquez Barquero, “pretendemos sintonizar coa nova liña de desenvolvemento productivo que o Estado está tratando de impulsar”, isto é, a aposta por un modelo económico baseado no medio ambiente.

Aspecto da feira Funergal na xornada do sábado.

A cifra de negocio en Funergal supera as expectativas dos expositores

Vázquez Barquero e Agustín Fernández. /ARQUIVO. A iniciativa, de carácter transnacional, está liderada por Ourense, pero tamén están implicadas institucións de Portugal, Gales e Francia. O proxecto foi presentado ao programa Interreg IV e ten un orzamento total de 1,4 millóns de euros, dos que o 65% son achegados por fondos FEDER (eses 933.000 euros). Terá unha

duración de tres anos. Dous millóns en 2009 En 2009, investíronse en Ourense máis de dous millóns de euros en programas financiados con fondos comunitarios, como a escola-taller ou o programa Auria Inserta, lembrou o edil de Economía, Agustín Fernández.

Máis de 3.000 visitas situaron a sexta edición de Funergal, que se celebrou o pasado fin de semana en Expourense, como a de maior afluenza de visitantes de todas as celebradas ata o de agora. Esta cita acadou un alto índice de satisfacción por parte dos 75 expositores presentes na feira, a única do sector funerario da península, que indicaron que viron superadas as súas expectativas de negocio. Todos eles valoraron moi positivamente os contactos realizados, e de feito, en Funergal pechouse a venda de varios vehículos funerarios e realizáronse pedidos do resto de artigos expostos en feira, entre os que destacaron os ataúdes. A próxima cita en Expourense será entre os días 5 e 7 de febreiro coa celebración da 17ª edición da Mostra da Oportunidade.


16

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010

POLÍTICA

congreso do pp de ourense

Baltar Blanco e Jiménez Morán dispútanse a presidencia do Partido Popular de Ourense

4 O próximo 30 de xaneiro, o PP de Ourense celebra o seu congreso para elixir o sucesor de José Luis Baltar: a continuidade do ‘baltarismo’ que representa o seu fillo ou o ‘oficialista’ alcalde de Verín, próximo a Feijoo. 1.212 compromisarios terán a última palabra este sábado. Juan Manuel Jiménez Morán:

José Manuel Baltar Blanco:

“Creo contar cun proxecto para o futuro do partido na provincia”

“Quero un PP plural, democrático e en sintonía cos novos tempos”

P.Lodeiro

P.Lodeiro

Por que se presentou como candidato? José Manuel Baltar Blanco: “Porque xa dixen que creía contar cun proxecto para o futuro do partido na provincia e creía que o momento para validar ese proxecto era o congreso provincial, porque teño ganas, porque teño forza, porque é unha campaña, un equipo e unha mensaxe con moita potencia, que pensa exclusivamente en Ourense e no seu futuro e eso é o que me atrapou a min e está atrapando a moita xente que se quere achegara para participar nesta tarefa, traballar por Ourense, militen ou non no partido. Que cre que ten vostede e que non ten o outro candidato para presidir o PP de Ourense? M.B.: “Pois do outro candidato non vou falar, pero eu teño programa”. Unha campaña tan longa e o feito de que haxa dous candidatos, prexudica ou beneficia ao PP? M.B.: “Benefíciao absolutamente. Eu pedín desde o primeiro momento que houbera máis candidatos, porque eso enriquecería o criterio do militante, do afiliado que vai votar. O que lamento é que non haxa propostas do outro candidato e que rexeite ese debate que eu propoño permanentemente para que os afiliados teñan a oportunidade comparar as dúas alternativas, os dous perfiles e incluso preguntar calquera cousa que queiran saber, como están facendo nos actos públicos que levo desenvolvendo desde que comezou

Por que se presentou como candidato? Juan Manuel Jiménez Morán: “Porque creo que o conformismo é o peor camiño en política, e merece a pena dar un paso ao fronte co obxectivo de mellorar as cousas. A miña filosofía non é presentarse contra ninguén nin contra ningún grupo, senón a favor do Partido Popular, como di o meu lema de campaña: ‘xuntos somos maioria’”. Que cre que ten vostede e non o outro candidato para presidir o Partido Popular de Ourense? J.M.: “A filosofia de partido, levo moitos anos, e quero un PP onde ninguén do PP estea fóra do partido, democrático, plural e en sintonía cos novos tempos, de todos e contra ninguén, onde a discrepancia non convirta a ninguén en inimigo. E aberto a sociedade que mereza a pena militar nel”. Unha campaña tan longa e o feito de que haxa dous candidatos, prexudica ou beneficia ao PP? J.M.: “Creo que esta campaña é unha loucura, creo que é un sinsentido, alguén debería cambiar o sistema de elección, reunindo avais e máis avais, que fai que a xente a volvamos louca, co fácil que sería unha urna e todos os afiliados a votar. Eu vou propoñer á direccion rexional o seu cambio”. Non están saíndo á opinión pública moitos trapos sucios do partido? J.M.: “Trapos sucios ningún; hai dous tipos de campaña, a de Manuel

José Manuel Baltar Blanco. esta campaña, 38, abertos, transparentes, e coa posibilidade de que a xente se dirixa a min, como vai ser nesta segunda fase de campaña. E eso, falar máis, estar coa xente, coa militancia penso que é unha das claves e un dos sinais de identidade deste proxecto”. Non están saíndo á opinión pública moitos trapos sucios do partido? M.B.: “Desta boca non saíu nada nin sairá nada en contra do Partido Popular ou referente ao proceso. A xente sabe perfectamente quen dixo eso e quen o sigue dicindo. Eu penso que si queremos este partido e eu parto da base de que o partido é o máis importante, o que temos que facer entre todos son mensaxes de futuro, mensaxes positivos ,que é ao que eu me estou adicando e ao que me seguirei dedicando actuando coa responsabilidade e coa altura de miras que significa o representar a unha gran parte da provincia”.

Se gaña o congreso cal vai ser a súa primeira decisión o día seguinte? M.B.: “O comité de dirección do partido, que é o núcleo duro do partido o día 1 de febreiro tomará as súas primeiras decisións e celebrará a súa primeira sesión na sede local do Barco de Valdeorras. Porque creo que este é un partido que representa unha provincia, que hai que sacar as reunións da sede provincial, non todas, pero que o partido estea presente nas comarcas e nos concellos”. E se se perde ese congreso, cal vai ser a primeira decisión? M.B.: “A primeira decisión é poñerme á disposición do que gañe, e estar esperando as súas instruccións, traballar arreo e seguir defendendo o proxecto político do Partido Popular, e comportarme con absoluta responsabilidade como militante que son convencido das bondades do proxecto popular”.

Juan Manuel Jiménez Morán. Baltar, totalmente mediatica, con fotos, etc. e a miña, unha filosofía de campaña de esto é un tema interno, que se ten que dirixir aos afiliados do partido, e un exercicio de reflexion dos militantes, eu estou indo a todos os sitios, sen cámaras, lles explico o meu modelo de partido, quero que a xente fale e me manifeste como lle gustaría que fose o partido”. Se gaña o congreso, cal vai ser a súa primeira decisión o día seguinte? J.M.: “Se salgo elixido voulle dar entrada a parte da

outra candidatura na executiva, sera unha candidatura de integracion, sempre despois das votacions, para ter un partido unido e forte para afrontar os vindeiros comicios. Non debe haber unha union ficticia senon real, ainda que o outro candidato non pense o mesmo”. E se se perde ese congreso, cal vai ser a primeira decisión? J.M.: “Eu non penso perder, pero se é así, sería o afiliado máis fiel e máis responsable, como fun sempre, por outra parte”.

4 O que dixeron un do outro Manuel Baltar sobre Jiménez Morán:

“O que lamento é que non haxa propostas do outro candidato e que rexeite ese debate que eu propoño permanentemente” Jiménez Morán de Manuel Baltar:

“ Hai dous tipos de campaña, a de Manuel Baltar, totalmente mediatica, con fotos, etc. e a miña, unha filosofía de campaña de que esto é un tema interno”


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010

17


18

Ourense por BARRIOS OCIO E CULTURA Xaneiro de 2010

4CARTAS DESDE LONDRES

Cambio de década, ilusións intactas Agora que cambiamos de década, pregúntome se as resolucións de boa vontade caerán no esquecemento, ou se seremos capaces de pór todo da nosa parte para que non as engulan nin o tempo nin a falta de ganas. Non sei as vosas, pero as miñas oriéntanse cara a ese lado menos materialista do meu presente cotián, centrándose nunha curiosidade da que non logro zafarme; cantas máis voltas lle dou, máis me fascina a forma de ser vista por unha cultura allea e como esta obrígame constantemente a cuestionar esas crenzas que consideraba parte do meu intocable e incorruptible código de senso común. Pero pódovos confesar que, lonxe do universo coñecido onde todos com-

partimos os mesmos valores, nada pode darse por sentado. Moi a miúdo, véxome obrigada a contradicir certos estereotipos arraigados na imaxinación do inglés a través dos que se asoma a calquera cultura que lle sexa allea e a etiqueta sen facer o máis mínimo esforzo por comprendela. Pero non só os británicos pecan de simplismo. Esa tendencia a universalizalo todo en nome da nosa razón é o legado dunha historia de imposición occidental sobre unha visión allea do mundo diferente á nosa. De plumazos cargados de soberbia, borramos contradicións e creamos muros ideolóxicos que agora queremos e debemos superar con novas definicións de tolerancia, tan necesarias para vivir na sociedade ac-

tual. Non é doado redefinir identidades mantendo raíces e encontrando novos espazos de cominación. Os devanditos espazos deben abarcar sen discriminacións xenéricas, raciais ou racionais a unha poboación que, nunca máis, poderá vivir illada do resto do mundo. Por moita auga que rodee a esta illa. Debemos crear pontes que nos unan, non que nos separen; tirar muros, non erguelos. Debemos concedernos o privilexio de considerar as dificultades como retos de autosuperación, non como límites ante os cales desmoronarnos. Quizais espere moito desta década. Quen sabe. Polo menos, entre todos os prezos que deciden o valor das cousas, a miña ilusión queda libre de impostos. Raquel Sertaje

4COUSAS DO CINEMA

Ti e eu Nunha hipotética enquisa sobre as películas máis románticas da historia, e probábel que Ti e eu non se atopara entre os primeiros postos, e isto, aínda que inxusto é posíbel debido ao actual descoñecemento existente sobre a figura do gran realizador Leo McCarey. Ti e eu é o remendo realizado por Leo McCarey en 1957 dunha película súa anterior. O inicio e o final do filme é semellante, un marabilloso plano de Nova York nevado con clara referencia ás datas do Nadal, mais entre un plano e outro transcorreron 115 minutos de película que nos mostran o cambio transcendental na vida de dúas persoas. Nickie (Cary Grant) é un famoso e despreocupado mullereiro comprometido cunha multimillonaria, e Terry (Deborah Kerr), unha muller que mantén unha desapaixonada relación cun home ao que non ama, coñécense e namóranse a bordo dun cruceiro, quedando en atoparse no alto del Empire State

Building pasados seis meses para continuar coa súa relación. A primeira parte da película ten un ton de comedia sofisticada, que pode semellar “un pouco anacrónica xa para o Hollywood de 1957”, mais é o contrapunto perfecto para unha parte segunda puramente melodramática onde os personaxes terán que sufrir una serie de obstáculos para acadar un conmovedor e melancólico final. McCarey trata moitos temas nesta película, dende o mundo frívolo e irreflexivo que representa o personaxe de Nickie e as súas relacións de alta sociedade, ata a vida aburrida e monótona que vive Terry co seu pusilánime amante, pasando pola clarividencia e saber dada polos anos a Janou, a aboa do protagonista, que é a primeira en ver o inicio do amor entre os protagonistas. Mais o gran tema da película é o amor, o amor con maiúsculas, “onde Nickie y Terry non só se atraen, se gustan e divirten xuntos, senón que chegan a respectarse, a perdoarse os

seus pasados respectivos, a coñecerse, a axudarse, a permanecer unidos na distancia e na adversidade, a aguantarse mutuamente cando todo vai mal, a confiar o un no outro, ou a recuperar a fe nel, a pesar das aparencias”. Poderíanse escribir páxinas e páxinas falando sobre as virtudes desta indiscutíbel obra mestra, mencionando a súa magnífica “posta en escena invisible”, que é unha das características dos grandes mestres do Hoollywod clásico, do magnífico partido que McCarey sabe sacar do formato CinemaScope, ou do espléndido tratamento de cor co que acada un ambiente e unha luz que producen unha sensación puramente romántica. Mais o mellor é sentarse diante dunha pantalla e deixarse levar polas fermosas imaxes e a sensacional melodía da canción An Affair to Remember composta expresamente para a película, mentres se goza da compaña da persoa amada. Valentín Barreiros


OCIO E CULTURA

4O FOTOMATÓN cobrar con vivencias e afecto o tempo perdido, agasallalo con roupa bonita para que unha galería ­ -que ás veces nin mira- diga o moito que cambiou ese fillo dende que se reatopou co seu pai. Suxerir a implantación desa docencia non é o máis axeitado para unha lingua propia que merece máis atención, e aínda menos axeitado é “delegar”, co falso verniz da democracia, esa implantación nuns pais quizais alleos á conveniencia lingüística do idioma propio. Por outra banda, darlle tanta importancia escolar a unha lingua estranxeira como ás linguas propias é coma se unha persoa con competencias insuficientes nun idioma se matricula para aprender un idioma novo. Coma se un tal Manolo, madrileño con com-

petencias escasas en inglés, matriculara en lingua alemá na escola de idiomas da súa vila, cando o menos axeitado para Manolo é pórse cunha lingua nova cando ten o inglés moi mal traballado. Algo similar que cos nosos nenos e nenas que, como Manolo, deben adquiriren primeiro plenas competencias nas dúas linguas do país antes de afrontar á aprendizaxe dunha terceira lingua. E esta aprendizaxe comeza dende os cursos máis baixos da Educación Infantil, tan indefensa agora e máis se o decreto prospera. Porque non é bo para o galego a elección da lingua para comunicarse cos cativos en función da lingua materna dunha maioría pois, se se trata dun centro nunha cidade, probable-

mente esa lingua materna sexa o castelán, confinando o galego aos colexios dos concellos do rural que, por riba, morren a un ritmo preocupante, levándonos a ver que, probablemente, a supervivencia da nosa lingua estea nas bocas dos falantes. E aínda que se decretara, coma antes, unha equidade na lingua de transmisión das materias, o galego debería superar uns antigos complexos [de inferioridade] que habitan o inconsciente de moitos e que non axudan a que a lingua ceibe e [re]cobre a vida que merece. Por iso está nas nosas bocas. O primeiro é o primeiro. As casas non se comezan a construír polo tellado.

Silvia Cumpleanos: 03.01 Os teus pais e toda a túa familia deséxanche un feliz día no teu quinto cumpleanos.

Nuria Álvarez Rodríguez Cumpleanos: 14.01 Neste día tan especial a túa familia desexámosche un feliz día de cumpleanos. Moitos bicos e unha forte aperta.

Mª Teresa Sotelo Piedad Cumpleanos: 20.01 Felicidades. Eres a mellor, deséxancho os que máis te quieren. Que cumplas moitos máis….. Biquiños.

Jorge Emilio Bóveda www.jorgeemilioboveda.es

4FELICITACIÓNS

Malenita Cumpleanos: 25.01 Querémoste desexar un moi feliz cumpleanos con moito amor, os teus primos Guido e Gonzalo, os teus pais, os teus tíos Sandra e Claudio, e a avoa Julia. Moitos bicos.

19

4TRAS AS REIXAS DO DESVARÍO

As nosas bocas contra El decreto de sus ojos Esta década que comeza testemuña o desprezo que este goberno galego parece sentir pola lingua da terra; esta lingua que realmente deberíamos perpetuar os falantes alleos á burocracia do decreto, que non é máis cá un plaxio ao 70% do escrito durante o goberno bipartito no 2007, mentres o 30% cambiado quizais revele unhas intencións centralistas coa equívoca linguaxe do multilingüismo, nunha identidade lingüística que ten outras carencias; afectivas principalmente. Suxerir a implantación dunha docencia en lingua inglesa, sen saber se existe unha infraestructura eficaz para a tarefa, é case como renegar dun fillo durante uns anos escuros e, finalmente, recoñecelo entre dentes pero, no canto de re-

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010

Houbo algunha vez un paraíso? (XI) Levo xa cinco anos con este sen realizar ningún traballo fixo, á parte dos caseiros. Se consigo algún sei que non aguantarei anos e anos para ter unha xubilación decente. Ogallá me equivoque porque se non, si que serei un fracaso como profesional e incapaz de evitar estes pensamentos. Coa idade, espero non me volver máis pesimista. Ignoro se o meu especialista nota que non lle digo todo, ou que non estousempre igual. O que todo o que está achegado dun modo ou outro a un enfermo mental ten que ter en conta, non é só as súas revisións, o seu tratamento. Hai moitos factores a ter en conta que empeoran un estado de saúde. Todos eles deben estar estabilizados. É o máis improbable que pode suceder en min; o meu cerebro é un chantaxista, algo tan complicado de entender como as reaccións dos robots do libro de Isaac Asimov, (eu Robot). Bo, máis. Gústame gozar, e, non obstante, debido á miña hipersensibilidade, sufro máis que gozo. Gústame a música pero, dende que morreu o meu irmán pequeno, só a escoito cando saio, non na casa. Gústame pasear, gozar da Natureza. Non obstan-

te, vou raras veces agora ao pobo. Non me gusta “comerme a vontade”, e con isto dos cursos, dos meus estudios de idiomas e do que me pasa, paso horas dándolle voltas a temas, gramática e cousas. Por que? Como poden axudarme os médicos se nin sequera eu mesma me entendo? En todo caso, deberan ser capaces de facelo as persoas que mellor me coñecen. Mellor dito, as que creen que me coñecen. Dise que ninguén que non afonde en si mesmo é capaz de coñecerse a fondo. Somos unha caixa de sorpresas. Outro cambio que experimentei mentres estiven con crise foi respecto á vergoña. Antes, dábame moito corte espirme diante da xente, aínda que fosenmulleres. Logo, cos exames médicos e unha revista nudista que me chegou á casa publicitariamente, non me importaba en absoluto. Agora non me escandalizaría de ver alguén andando nu/a pola rúa. Á fin e ó cabo, foron os comerciantes os que inventaron as roupas. E aos tabús, os costumes e a relixión. [Lilly37 padece un trastorno bipolar de tipo esquizoafectivo]


20

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010

ECONOMÍA E EMPREGO

Orzamentos do Estado

O BNG consegue cinco millóns de euros máis para Ourense

4En partidas para a praza de Abastos, o Plan Estratéxico de Termalismo e o arranxo da avenida de Otero Pedrayo.

Etelvino Blanco, reelexido líder comarcal da CIG./P.L.

A provincia pecha 2009 con 2.427 parados máis Redacción

A crise económica dos dous últimos anos empeorou a situación de crise permanente na que vive a provincia. Desta forma pode resumirse o balance que fai o sindicato CIG sobre a situación sociolaboral de Ourense. O 2009 remata con 24.868 persoas nas filas do paro, 2.427 máis que no mes de decembro de 2008 e 5.646 máis que en decembro de 2007, cando comezaba a recesión. Unha situación que se ve agravada, segundo os datos facilitados polo secretario comarcal da CIG, Etelvino Blanco, porque preto dun 40% destes parados non está a percibir ningún tipo de prestación. 2009 tamén supuxo un “aumento disparatado” dos expedientes de regulación de emprego. Con 53 empresas e 1.219 traballadores afectados, habería que sumar os datos dos seis anos anteriores para sumar unha cifra semellante. A precariedade no emprego (o 92% dos contratos firmados foron temporais) e os baixos salarios (cunha media de 800 euros brutos nos 21 convenios de sector firmados na provincia) son, para a central sindical, outros dous datos que definen a situación socio-laboral de Ourense. O sindicato presentou este informe na asamblea comarcal da CIG de Ourense, o pasado día 16, data na que a CIG tamén renovou os seus cargos, repetindo Etelvino Blanco como secretario comarcal.

Paula Lodeiro Carteis de rebaixas nun establecemento da rúa Paseo./P.L.

Rebaixas

Os comerciantes estiman unha facturación similar á do ano pasado

4 Cada ourensán gastará unha media de 90 euros nas rebaixas. Redacción A Federación Galega de Comercio estima que as vendas durante as rebaixas de inverno rondarán a facturación dos 98 millóns de euros, manténdose nas mesmas cifras respecto do ano pasado. Estímase que cada ourensán gastará unha media de 90 euros neste período de descontos. Os sectores téxtil e calzado concentran a maior parte das vendas deste período, que os comercios poderán desenvolver durante un mínimo dunha semana e un máximo de dous meses ata o vindeiro 7 de abril. A reducción dos prezos comenza a principios de tempada con descon-

tos fixados libremente por cada comerciante, podendo superar o 70% ao finalizar o mesmo; aínda que xa durante todo o mes de decembro se estiveron facendo descontos e promocións importantes. O presidente da Federación de Comercio de Ourense, Aurelio Gómez Villar, sinala que estas rebaixas están a ser moi positivas para o comercio local porque contribuen a mellorar os resultados dunha tempada marcada pola crise económica.

Recomendacións

Entre as recomendacións

básicas a seguir neste período a Federación de Comercio destaca as de anunciar as rebaixas mediante carteis fixados nun lugar visible do establecemento indicando as datas de vixencia; etiquetar correctamente os artigos marcando o prezo anterior e o prezo rebaixado ou a porcentaxe de reducción aplicada; ter os artigos á venda con prezo ordinario alomenos durante un mes antes; ou anunciar visiblemente a través dun cartel a decisión de non aceptar tarxetas ou a devolución de artigos durante as rebaixas; entre outras.

Os comerciantes agardan mellorar os resultados dunha tempada marcada pola crise económica

O BNG cifra en cinco millóns de euros o incremento dos investimentos na cidade por dar o seu apoio aos Orzamentos do Estado para 2010, que nun primeiro momento rexeitaran. Ourense recibe cinco millóns de euros máis dos previstos en partidas para a reforma da Praza de Abastos (dous millóns), para o Plan Estratéxico de Termalismo (outros dous millóns) e para mellorar a avenida de Otero Pedrayo, estrada que é de titularidade de Fomento (un millón de euros). No caso da Praza de Abastos, o tenente de alcalde, o tamén nacionalista Andrés García Mata, destacou que o investimento estatal “nos pemite sacar a concurso

o proxecto de reforma e iniciar os trámites administrativos”. García Mata aproveitou a ocasiónpara solicitarlle á Xunta axuda económica para esta reforma: “seguimos decíndolle que ten que poñer a súa parte”, dixo. Os novos investimentos acadados (37 millóns de euros no conxunto de Galicia, 10,4 deles na provincia) servíronlle aos políticos de BNG para pór en valor o papel desta formación en Madrid. “Este conxunto de emendas melloran substancialmente ese proxecto de orzamentos para Ourense porque van permitir xenerar emprego e riqueza”, explicou Pérez Bouza, quen engadíu que “fronte á incapacidade do PP”, as emendas introducidas “demostran a utilidade do BNG nas Cortes”.

Andrés García Mata e Xosé Manuel Pérez Bouza./P.L.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010

21

Manuel Baltar: “Xa queda menos para que Ourense volva ter un alcalde ou alcaldesa do Partido Popular” O coordinador Popular e candidato á Presidencia do PP de Ourense afirma que miles de personas apoian este movemento social imparable para facer do Partido Popular o partido dos ourensáns Considera que a capital e todos os concellos da provincia debe contar cun goberno sólido, con proxectos e ambicioso de seu, que contaxie ilusión de futuro á cidadanía Manuel Baltar comprométese a presentar en todos os concellos as mellores candidaturas, co obxectivo de que os veciños teñan máis servizos e infraestruturas, indistintamente do concello ao que pertenzan O lema “Ourense en nós” significa un equipo grande e unido coa forza que da unha provincia que ten 92 alcaldes e presidentes locais do PP, que serán os valedores dos cidadáns, explica Manuel Baltar “Xa queda menos para que a cidade de Ourense teña un alcalde ou alcaldesa do Partido Popular que reúna nun proxecto político todas as ilusións dos cidadáns para facer da capital unha cidade máis competitiva e de futuro”. Así de seguro amósase o candidato á Presidencia do PP de Ourense, Manuel Baltar, que se considera un namorado da súa cidade, “berce do sentimento ourensanista que abrangue toda a provincia”. Consciente da cita fundamental das eleccións locais de 2011, Manuel Baltar non dubida en sinalar como un obxectivo prioritario do novo PP de Ourense que liderará “recuperar o goberno da capital da cidade” coa masiva aportación de sufraxios froito dunha tarefa política que atraia cara o novo proxecto popular á cidadanía que pensa en positivo no futuro da nosa cidade”. Manuel Baltar afirma que o seu proxecto do novo PP de Ourense “presentará nas eleccións municipais as máis potentes e mellores candidaturas de todas as forzas políticas que se presenten á cita coas urnas”, tanto na cidade como nos outros 91 concellos da provincia. “Os populares ourensáns -afirma- votaremos por candidaturas sólidas, con experiencia, preparadas para afrontar novos retos, cheas de proxectos en positivo e dispostas a gobernar os concellos dende o minuto seguinte ao do escrutinio”. Manuel Baltar

asumiu o compromiso “de loitar por Ourense e polos ourensáns, primeira obriga de todos os militantes populares de Ourense, e a primeira mostra ilusionante desta apaixoante tarefa política serán as eleccións municipais de 2011”. Ademais, avogou por estudar todas as fórmulas organizativas posibles para mellorar a eficacia e a eficiencia do PP en todos os concellos, incluída a capital. “Temos un obxectivo clarísimo –afirma-: Consolidar as alcaldías que agora mesmo gobernamos (65 de 92) e aumentar o número de gobernos locais populares, presentando en todos os concellos candidaturas preparadas para asumir o executivo, uns resultados electorais que asegurarán novamente o goberno popular da Deputación provincial”. Partido das persoas O candidato á Presidencia do partido na provincia considera que a xente identifícase co PP de Ourense porque é o “Partido das Persoas”, un partido que durante décadas ven traballando co obxectivo de que os veciños teñan máis servizos e infraestruturas, indistintamente de que o concello ao que pertencen sexa grande ou pequeno. “Servir á sociedade non é cuestión de tamaño senón de aplicar políticas igualitarias pensando nas necesidades das familias e das empresas”. Para levar a cabo esta “po-

lítica de proximidade cos concellos”, Baltar afirma que os cargos locais do PP da provincia de Ourense “teñen que gañar en capacidade de xestión e decisión. Só cun traballo ben organizado, onde poidamos saber ao momento cales son as necesidades de cada concello, poderemos formar unha rede de alcaldes e presidentes locais que terán na súa man mellores ferramentas para xestionar as peticións dos seus veciños, e así poder resolver con máis eficacia e rapidez os problemas que lles comunican os cidadáns”. Para seguir impulsando o traballo dos alcaldes e presidentes locais como verdadeiros valedores dos veciños, “é imprescindible apoialos nas súas demandas, defender os seus proxectos e servir de intermediarios ante as administracións para que as iniciativas que queren levar a cabo se resolvan axeitadamente”. Manuel Baltar desenvolveu esta labor ao longo de 2009, poñendo en contacto directo e acompañando a cargos locais do PP de Ourense en numerosas xestións cos diferentes departamentos da Xunta de Galicia: conselleiros, directores xerais, secretarios xerais e outros cargos do Executivo coñeceron as necesidades de moitos concellos de Ourense da man de Manuel Baltar, xestión que permitiu a modernización e mellora de moitos servizos e infraestruturas nos concellos do rural ourensán. Manuel Baltar considera fundamental que os concellos da provincia teñan máis poder de decisión na organización do novo PP, que presidirá a partires do 30 de xaneiro. Amósase convencido de que para servir mellor aos veciños dos nosos concellos, “debemos estruturar e coordinar axeitadamente as iniciativas e propostas dos nosos alcaldes e voceiros municipais para que exista unha verdadeira planificación das

Manuel Baltar nos encontros sectoriais.

Lectura do manifesto de Santa Cruz. necesidades dos concellos”. En opinión do candidato “iso só pode facerse se diferenciamos por número de habitantes as entidades municipais, porque non son os mesmos os problemas que ten, por exemplo, a capital ourensán que as vilas ou os concellos pequenos”. E puntualiza: “Non hai nada máis importante que traballar polos veciños dos nosos concellos, e para elo todos os municipios contan por igual, sexan grandes ou pequenos”. “Ourense en nós” A campaña de Manuel Baltar para levar a súa mensaxe aos compromisarios, afiliados e simpatizantes do PP de Ourense: “Ourense en nós”, ten como obxectivo amosar “que este proxecto do novo PP de Ourense é de todos”. “Nós” significa as mulleres, os homes, as familias, os xoves, os maiores e as empresas da nosa provincia que cada día traballan por un Ourense mellor. Eu entendo a política sen fórmulas máxicas,

sempre de fronte e con lealdade: o único que me move é colaborar para o benestar da xente”, afirma Manuel Baltar. Máis de 6.000 amosaron o seu apoio ao proxecto político de Manuel Baltar ao longo da campaña para a elección do presidente provincial. “Só pensando en clave de partido, e non en egoísmos personalistas, é como poderemos trasladar a mensaxe clara aos cidadáns de que estamos aquí para traballar por eles. Todo o demais, as liortas, os insultos e as deslealdades, só contribúen a desacreditar á clase política entre a xente, e iso pouco lle interesa aos cidadáns, que o único que nos piden aos políticos é que xestionemos ben a confianza que depositan en nós”, afirma Manuel Baltar. O candidato considera importante estruturar o novo Partido Popular de Ourense de tal maneira que haxa tres comités de alcaldes e voceiros municipais: un que abranguerá representantes de concellos de máis

de 5.000 habitantes; outro, representantes de concellos de entre 2.000 e 5.000 habitantes; e o terceiro comité reunirá a representantes de concellos de menos de 2.000 habitantes. A finalidade é traballar de maneira máis eficaz e resolutiva polos concellos e os seus veciños, “escoitando sempre á xente e estando ao seu lado”, explica Manuel Baltar. Baltar considera fundamental que o afiliado do PP de Ourense “sinta que o partido pensa nel”. Por elo creará a figura do “Valedor do Afiliado” para que os militantes “teñan protagonismo na estrutura organizativa do partido e para que a súa voz sexa escoitada como se merece”. Trátase da primeira vez que un partido político en Ourense introduce na súa organización unha figura para a defensa dos intereses dos afiliados, o cal faise, segundo o candidato, “porque a participación cidadá na vida política é clave para entender, conectar e resolver os problemas das personas”.


22

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010

EN BREVE

4 A CH MiñoSil xa ten terreos para a súa sede

O Concello de Ourense vén de ceder unha parcela de 1.470 metros cadrados para a construción da nova sede da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. A parcela cedida gratuitamente polo Concello está situada na zona dos Remedios - Ponte Lebrona. O custo estimado das futuras intalacións é de tres millóns de euros. A CH Miño-Sil abrirá un concurso de ideas para elexir o anteproxecto do novo edificio.

4 140.000 euros para o fomento da bicicleta

O Instituto Enerxético de Galicia (Inega), destinará en 2010, á través do programa Bicidadáns, unha partida de 140.000 euros a Ourense para incentivar entre a cidadanía a utilización da bicicleta como medio de transporte. Os fondos serán destinados á ampliación das instalacións destinadas ao préstamo de bicicletas, así como á compra de novas unidades. O sistema de préstamo deberá estar a disposición do público un mínimo de 4.000 horas anuais e deberá estar activo por un mínimo de tres anos desde a súa posta en marcha.

CIDADE

A Fiscalía continúa a investigar os verquidos ao Barbaña

4 O fiscal xefe rexeita a “inxerencia” do Concello e explica os trámites dados na investigación. Paula Lodeiro A Fiscalía de Ourense rexeita as “inxerencias” do Concello de Ourense no caso dos verquidos ao río Barbaña e desminte que a investigación fora arquivada. O fiscal xefe da Audiencia de Ourense, Florentino Delgado, compareceu en rolda de prensa para indicar que a Fiscalía continúa coas dilixencias sobre o verquido tóxico ao río Barbaña en xuño do ano pasado e que a noticia en sentido contrario aparecida o día 12 nun xornal ourensán “non responde á realidade, e non ten ningún elemento veraz”. De feito, un día antes, o 11 de xaneiro, a Fiscalía requeríu un informe medioambiental á Consellería de Medio Ambiente, o que deixa claro “que non vai arquivar o tema”, recalcou o fiscal xefe. O que molestou á Fiscalía e xustificou a súa comparecencia pública non foi, sen embargo, a noticia aparecida en La Región “non é criterio da Fiscalía o saír ao paso das noticias inveraces”, afirmou Delgado, senón o comunicado do goberno municipal sobre esta nova. Florentino Delgado Ayuso cualificou

4 A CH MiñoSil sanciona a San Cibrao

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil sancionou cunha multa de 15.025,30 euros e o pago dos danos de 3.715,20 euros ao Concello de San Cibrao das Viñas por un verquido ao río Barbaña acontecido en 2008. A sanción corresponde a un expediente aberto en febreiro de 2009 pola Confederación a raíz dun verquido de augas residuais producido en setembro de 2008. Despois de seguir todos os prazos reglados, a multa foi notificada o pasado día 14 de xaneiro ao consistorio de San Cibrao das Viñas, que presentara alegacións en abril de 2009.

Florentino Delgado, fiscal xefe de Ourense. /P.L. de “inxerencia inaceptable” e de “pouco afortunado” o comunicado de Concello por canto se inmiscúe na actividade da Fiscalía e por tomar como base “unha información que non é certa”. “Non podemos aceptar que se nos diga como temos que traballar”, recalcou o fiscal xefe, que relatou os pasos dados na investigación, desde que o 26 de

xuño de 2009 se producira o verquido tóxico. Nese mesmo mes, a Fiscalía solicitou un informe ao Seprona e ao Servizo de Calidade Ambiental da Xunta de Galicia; en decembro, reciben o informe do Seprona e se demanda á Fiscalía Xeral do Estado unha prórroga nas investigacións, que foi concedida. En xaneiro, volvía pedir un novo informe á Xunta de Galicia.

A Fiscalía requeríu este mes un novo informe medioambiental á Consellería de Medio Ambiente sobre o verquido tóxico ao Barbaña en xuño de 2009

Pato no río Barbaña./ARQUIVO.

4 Novos verquidos ao Barbaña

A asociación de veciños do Barbaña foi das primeiras en amosar publicamente a súa preocupación polo novo verquido incontrolado ao río, que cubríu dunha escuma branca todo o cauce desde Seixalbo e a zona de Finca Sevilla na xornada do Ssete de xaneiro. Este colectivo veciñal lamenta que tralo grave

verquido de xuño pasado non se tivera tomado ningunha medida para que non se voltara a repetir unha situación semellante, e pídelle á Administración “menos palabras e máis responsabilidades”. A asociación recorda que, xunto ás de Seixalbo e Ponte Noalla, solicitou en novembro personarse como acusación persoal no caso dos verquidos que saíron da depuradora de San Cibrao “e aínda estamos á espera de que se nos comunique a súa admisión”.

4 Socialistas e nacionalistas esixen responsabilidades á Xunta

Tralo novo verquido ao Barbaña deste mes de xaneiro, socialistas e nacionalistas esixiron no Parlamento galego responsabilidades á Xunta de Galicia. O deputado socialista Pablo Lopez Vidal afirma que esta realidade “non pode seguir acontecendo de xeito impune e a Consellería competente en materia de augas ten que tomar dunha vez por todos cartas no asunto, asumir responsabilidades e solucionar a cuestión”. Pola súa parte, o BNG esíxelle ao goberno galego que “non mire para outro lado” e tome medidas para acabar cos verquidos, uns atentados ecolóxicos “reiterados, neglixentes e irresponsabeis”


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010

23


24

Ourense por BARRIOS OCIO E CULTURA Xaneiro de 2010

4TRIBUNA ABERTA

Adeus analoxica, ola dixital Se vostede non cambiou a súa antena, non comprou unha nova televisón ou no seu defecto non adquiriu un decodificador de TDT, quedou orfo de programación. A sombra da televisión analóxica é unha realidade. Fai xa anos que se leva falando do cambio da antiga televisión analóxica cara a nova televisión dixital terrestre, pero o que parece que nunca chega xa está aquí. Unha nova televisión que aumenta a oferta (case trinta canles) que deixan moi atrás os anos do monopolio de TVE. Eran tempos nos que a xente elexía entre “La Primera” e” La Segunda” (ou UHF como se decía). Anos das primeriras televisións a cor, sendo eu un cativo, do bocata diante de Barrio Sésamo con “Espinete e Don Pinpón”; dos venres con “Un, dos, tres..responda otra vez”, que tan ven guiaba Mayra “y hasta aquí puedo leer...”; das películas dos sábados pola tarde, e de series como “Falcón Crest” ou “El coche fantástico”. E como non! a noite do 23F, na que a televisión acompañounos sen deixarnos coa famosa “carta de

ajuste”. E que me din vostedes da mañá dos sábados cando aparecía “La bruja avería” e a maior parte dos artistas da “movida” madrileña? Sí, falo de “La bola de cristal”, irrepetible, un programa que ensinaba a vida e facía pensar a “eses locos bajitos”. A mediados dos oitenta auméntase a oferta e chega ás pantallas a Televisión de Galicia, a tele da gaivota (sen malentendidos, xa que era o “logo” que nos acompañaba dende a esquina da pantalla). E descubrimos que XR Ewing ou Sue Ellen falaban coma nós, ademais de que borracha era bébeda e que sesos eran miolos. E chegou Gayoso, que conduciu a gala de inauguración e hoxe segue ao pé do cañón como o “Último Mohicano”, con menos pelo, eso sí. Nos noventa chegan as privadas e as pantallas énchense de “Mama Chi-

chos” e “Ruletas de la Fortuna”, de “Farmacias de Guardia” ou de Emilio Aragón que pasaba case todo o día no interior da caixa, e como non!, as películas X dos venres no Plus…aquelas nas que a xente que non estaba “abonada”, deixaba voar a imaxinación intentando ver algo entre raias. E, por si fora pouco, aterrizaron as emisoras locais e a xente comenzou a ver ós seus veciños naquel aparello que antes parecía un pouco máis distante. A televisión, ese aparato catódico que cando estamos sós encendémolo para que nos faga compaña, ese moble que durante un tempo foi a base do “toro” e da flamenca e que hoxe non ten fondo. Queridos amigos, están dispostos a deixar de contar con el? Xavi C. Martiñá

Se vostede non cambiou a súa antena, non comprou unha nova televisón ou no seu defecto non adquiriu un decodificador de TDT, quedou orfo de programación

Caixanova presenta a súa programación cultural para o primeiro semestre

4 Abrangue desde o teatro ou a danza a espectáculos musicais. Redacción Caixanova e o Concello de Ourense presentaron a programación cultural que desenvolverán ao longo do primeiro semestre do ano e que inclúe unha vintena de actividades nas que se atopan propostas para todo tipo de públicos. No ámbito expositivo, entre os meses de xaneiro e xuño os auténticos protagonistas serán os artistas galegos. A mostra antolóxica do noiés Alfonso Costa Beiro inicia a tempada na Sala de Exposicións do Centro Social Caixanova o 4 de febreiro. Ata o 14 de marzo poderanse contemplar as obras máis representativas deste artista e o 18 de marzo tomará o relevo o escultor ourensán Acisclo Manzano, quen celebrará os seus 70 aniversario mostrando as súas últimas creacións.

En abril inaugurarase a mostra coa que Caixanova quere conmemorar o centenario do nacemento de Luis Seoane, presentada baixo o título “Razón e compromiso”, e en xuño será a quenda da fotografía, coa exposición “A imaxe solidaria”, do Rotary Club.

Teatro, plato forte

Sen dúbida o teatro será outro dos pratos fortes da programación, coa presenza de grandes nomes da escena como Toni Canto á fronte “El Pez Gordo” (5 de marzo), ou os televisivos Amparo Larrañaga e José Luis Gil nos papeis protagonistas de “Ser o no ser” (26 de marzo). Os amantes da música nas súas diferentes modalidades poderán gozar dunha proposta clásica a cargo da orquestra londiniense Academy of Saint Martin in the Fields (28 de abril), considerada unha de mellores de mundo, e

Dulce Ponte actuará en Ourense en febreiro./Ó.M. outra máis actual que chegará da man de Dulce Pontes, quen presentará no Auditorio Pazo de Congresos municipal o seu último proxecto, titulado “Momentos” (7 de febreiro). No ámbito da danza, con motivo da celebración do centenario da morte do coreógrafo Marius Petipa, o 7 de maio presentarase unha gala de coreografías do mestre ruso dirixida polos bailarins Laura Hormigón e Óscar Torrado. Pensando no público máis novo inclúese o espectáculo de Berto Romero “La apoteosis necia” (11 de xuño), un show cómico que combina monólogos humorísticos con música en directo. A programación complétase co espectáculo “Circo Galtük” (9 de abril), da compañía A festa escénica, que fusiona circo, teatro e danza, e coas actividades para escolares.


OCIO E CULTURA Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010

4AS IMAXES DO MES

25

4HUMOR Cabalgata de Reis

Centos de nenos e maiores achegáronse a ver a cabalgata dos Reis Magos./RAMSÉS.

Centos de nenos ourensáns non faltaron á súa cita con Melchor, Gaspar e Baltasar, poucas horas antes da agardada noite de Reis. Fieis á tradición, os tres Reis Magos chegaron á cidade en ferrocarril para facer logo o habitual percorrido entre a Estación Empalme e a praza Maior. Durante o seu multitudinario paseo polas rúas da capital, Melchor, Gaspar e Baltasar agasaxaron aos presentes con miles de caramelos.

Comida de San Francisco de Sales

Foto dos xornalistas co bispo de Ourense. /RAMSÉS.

Un ano máis, o bispo de Ourense, Luis Quinteiro Fiuza, invitou aos xornalistas ourensáns a un xantar en celebración do seu patrón, San Francisco de Sales. Uns corenta representantes dos medios de comunicación da cidade acudiron ao convite, que tivo lugar no Seminario Maior.

[Todas en http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com]

4AXENDA 4 Exposicións - Ata o 30 de xaneiro - Exposición “Blanco - negro - color” - Casa da Xuventude Ata o 31 de xaneiro - Mostra colectiva “El arte de la semejanza” - Centro Social Caixanova. - Ata o 31 de xaneiro - Antón Lamazares - Edificio Simeón - Ata febreiro - Exposición:

“Universo Blanco Amor” Museo Municipal. - Ata o 28 de febreiro - Acuarelas de Uxía Veiga - Soc. Art. La Troya 4 Conferencias - 28 de xaneiro - “Psiquiatría de enlace y gestión clínica en el hospital general” - 20 h. Colexio Oficial de Médicos + info: www.mundourense.com


26

Ourense por BARRIOS CLASIFICADOS Xaneiro de 2010

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en info@ourenseporbarrios.com. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

PISOS

MOTOR

sen usar, 20 euros. Libros, prezo a convir. Tel. 655 64 12 49.

dexas, registradora. Tel: 968 148 283 e 988 61 88 09

Chalet con finca de 1.300 m2 en La Castellana (polígono), véndese por 400.000 euros ou cámbiase pr casa en Reza ou piso. Tel. 628 56 48 09. Vendo Apartamento Zona Ponte: 2 habitacións, salón, cociña, 2 baños, adega e garaje.Vivenda a estrear de uns 70 m2, con calefacción de gasoil e excelentes calidades en materiais e aislantes.147.000 euros (negociables). Tel. 617 218 883. Particular vende piso a estrear no 21, 83m2: 3 habitacións, garaxe para 2 coches, trasteiro. Tel. 988 241 292 e 659 022 215. Vendo casa con finca na carretera de Santiago. Tel: 637 005 910. Vendo ou cambio chalet por pisos ou outro chalet na zona de Piñor. 5 habitacións, 2 cociñas, garaxe, 2 salóns e finca de 1.300 m2. 480.000 euros. Tel: 628 564 809.

Véndense coches a partir de 300 euros. Axuda do estado Plan 2000 E. Tel: 627 606 062.

coche marca Chicco e cuna. Todo económico. Tel: 988 211 059.

Vendo teclado-piano Casio CTK-651 NUEVO sin uso por 240 euros. Tel. 680 568 378.

Vendo libros novos. Tel: 968 148 283 e 988 61 88 09.

Vendo Seat Ibiza 1600 - 105 CV, 2 años, Impecable, Full Equip, ordenador de abordo. 8500 euros. Tlf: 637 307361.

Vendo cachorros de Pitbull. Prezo: 150 euros. Tel: 699 054 190 (preguntar por Aarón).

Vendo bicicleta de spinning BH fitness SB2 H916. Con 2 sillines home/muller. Casi a estrear. 380 euros. Telf.:607 707 396

ALUGUER Alugo local económico. Tlf. 627 203 131. Alúgase piso no Grove tempada de verán, 3 habitacións, amoblado. Tel. 600 56 97 33 Alugo piso en O Couto, 3 dormitorios, calefación, exterior. Tel: 637 005 910 Alugo oficina en rúa Progreso. Tel: 637 005 910

Recóllense coches abandonados e avariados, pago máis que desguace. Tel. 627 60 60 62. Véndese moto Kawasaki Z 750, Julio 2008, 9.900 Km, Impecable, con extras. Tlf: 619 449 801. Vendo Peugeot 304 break. Moi bo estado, cambio no volante sen documentacion, moi poucos km. Moi poucas unidades 30.000 kms. Ano 1969. Cor gris. 600 euros. Tel. 680 568 378 Véndese moto Kawasaki Z 750, xullo 2008, 6.900 Km, Impecable. Regálase casco. Tlf: 619 449 801

VENDAS Mércanse mobles ou electrodomésticos de 2ª man e cómpranse obxectos antigos. Tel. 664 893 102. Véndese monitor de ordenador de 17 pulgadas por 20 euros ou por algo que me interese, escoitanse ofertas. Tel: 988 413 713. Véndense apeiros de labranza. Tel: 637 005 910. Vendo colchón 135 cm sen usar, 200 euros, corta fiambres sen usar, 25 euros, radio cassette

Vendo peles de cordeiro, color negro, primeira clase para prendas de vestir, a metade de prezo. Tel: 629 826 761. Vendo carretilla elevadora, marca Linde. TEl. 626 07 37 51 Vendo teclado-piano Casio CTK-651 novo sen uso por 240 euros. Tel. 680 568 378. Véndense 2 entradas para o concerto de U2 o 2 de outubro de 2010 en Coimbra.contactar en mara.ourense@gmail.com Vendo muelles dianteiros e barras portaequipaxes de Peugeot 206 1.4. Tel: 988 373 726.

Vendo guacamayo grande, azul e amarelo, 1.000 euros. Tel. 655 64 12 49 Vendo colchón flex matrimonio 200 euros; vaporeta, 200 euros; cortafiambres sen estrear, 25 euros;, radio cassette con despertador, 20 euros. Todo sen estrear. Tel. 655 64 12 49 Vendo abrigo de pel de zorro auténtico, bo estado, talla 4042. 300 euros e estola de pel de zorro por 60 euros. Tel. 647 95 58 87. Vendo caldeira de gas cidade, seminova, escritorio e botelleiro-neveira sen usar. Tel: 637 005 910. Vendo moisés de neno branco,

Vendo colchón matrimonio Flex sen usar, por 200 euros; vaporeta sen usar, 200 euros; botella brandi italiana Vechio Romagna 39 anos, 75 euros; outras de whisky de 39 anos, 75 euros; radio cassette despertador, 20 euros. Tel. 655 64 12 49. Vendo plataforma vibratoria nova por 250 euros. Tel. 616 786 607. Vendo leña picada para cheminea. Tel: 630 521 448. Vendo carretilla elevadora marca LINDE. Tel: 626 073 751 Vendo olivos centenarios. Tel: 626 073 751

TRABALLO

Danse clases particulares de matemáticas a domicilio amplia experiencia todos os niveis. Tel. 610 382 589. Ofrécese moza responsable e seria con referencias para tarefas do fogar, coidar nenos e clases particulares. Tel. 676 92 81 38. Danse clases de pintura ao óleo a metade de precio polas mañás para xubilados e parados. Tel: 988 374 499 e 687 479 641. Ofrécese chica para limpeza de escaleiras na zona do 21. Tel: 636 392 525. Límpase fincas. Tel: 630 521 448. Ofrécese persoa con experiencia para coidado de enfermos, anciáns ou invalidos. 1 ou 2 horas ao día. Tlf. 620 052 173.

Compro Garaxe Zona Ponte: Av Santiago, Marin,Caldas, Mercado ou arredores. Tel.619 968 199. Véndese moble equipo de musica como novo. 60 euros. Tel 675 50 59 89 Vendo moble esquinera estanteria con moble baixo en madeira, 25 euros. Tel 675 50 59 89 Vendo máquina de coser eléctrica SIGMA, con 2 meses de uso. Tel: 968 148 283 e 988 61 88 09 Vendo gaita galega. Tel: 968 148 283 e 988 61 88 09 Vendo expositor bar con 8 ban-

4OFERTAS DE EMPREGO [Chame a Teleemprego Cimo - 988 39 15 25, o teléfono das ofertas de traballo, de luns a venres de 8 a 14 horas. Para máis información sobre estas ou outras ofertas de Ourense e Galicia visite www.cimoemprego.com, o portal galego do emprego. Bolsa de emprego dispoñible 24 horas, gratuíta e con actualizacións diarias ] Oferta Nº 973869 Localidade: Pereiro de Aguiar (O) Posto ofertado: Camareiro/a para cafetaría. Cafetaría da zona do Parque Tecnolóxico precisa persoal para realizar tarefas de atención de barra e mesas e con coñecementos de cociña para axudar na elaboración de petiscos. Necesario máis dun ano de experiencia no posto e ter entre 18 e 30 anos. Traballo a xornada completa de luns a domingo cun día libre pola semana.

riencia en tarefas de televenda e medio de transporte para chegar ao lugar de traballo. Entre 25 e 35 anos.

Oferta Nº 973868 Localidade: Coles Posto ofertado: Camareiro/a para cafetaría. Precísase persoal con experiencia mínima de seis meses para atención de barra e mesas. Traballo a xornada completa en quenda intensiva de mañá ou tarde cun día libre pola semana. Necesario carné B, vehículo propio e residir nas cercanías. Entre 25 e 35 anos. Oferta Nº 973867 Localidade: Taboadela Posto ofertado: Vendedor/a por teléfono

Oferta Nº 973865 Localidade: Ourense Posto ofertado: Auxiliar de Odontoloxía. Clínica odontolóxica precisa persoal para axudar ó dentista e ocuparse ocasionalmente da recepción. Imprescindible experiencia no posto ou titulación de Hixienista Dental. Necesarios coñecementos informáticos a nivel usuario. Entre 20 e 35 anos.

Traballará nunha empresa dedicada a distribución e venda de bebidas e produtos de alimentación, realizando contactos con diferentes empresas para ofrecer os seus produtos, así como concertar a posterior venda. Ofrecen traballo a xornada completa con soldo fixo máis comisións. Necesaria expe-

Oferta Nº 973866 Localidade: Xinzo de Limia Posto ofertado: Calefactor/a Oficial/a. Precísase oficial/a de 1ª para realizar instalación de calefacción en vivendas e industrias. Necesario carné de conducir B e medio de transporte para chegar ao lugar de traballo, así como experiencia de 2 anos no posto.

Oferta Nº 973864 Localidade: San Cibrao das Viñas Posto ofertado: Axente telefónico de márketing directo. Precísase persoal con experiencia no ámbito comercial para realizar tarefas de venda telefónica de produtos e servizos relacionados coa formación. Necesaria titulación a nivel de Bacharelato e dominio de galego e castelán. Oferta Nº 973863 Localidade: Ourense Posto ofertado: Recep-

cionista - Administrativo/a

40 e 50 anos.

Clínica dental precisa persoal con Ciclo Medio de Xestión Administrativa para realizar tarefas de atención telefónica, cobro de clientes, etc. Imprescindible experiencia de dous anos na recepción dunha clínica médica e coñecementos de informática. Traballo a media xornada en quendas de mañá ou tarde. Entre 20 e 35 anos.

Oferta Nº 973858 Localidade: Ourense Posto ofertado: Repartidor/a de panadaría. Precísase persoal para realizar o reparto de pan, pasteis, etc en cafetarías e restaurantes dentro da cidade de Ourense. Imprescindible carné de conducir B. Xornada completa de 4:00 a 12:00. Entre 25 e 35 anos.

Oferta Nº 973862 Localidade: Coles Posto ofertado: Distribuidor/a de bebidas. Precísase persoal para realizar tarefas de carga, descarga e distribución de bebidas a establecementos de hostalaría. Necesaria experiencia no manexo de furgóns, carné B e medio de transporte para chegar ao lugar de saída. Ofrecen traballo a tempo parcial (12 horas semanais, durante dous ou tres días á semana). Compatible con outras actividades. Entre 25 e 45 anos. Oferta Nº 973860 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axudante/a de cociña. Empresa dedicada á elaboración e venda de comidas para levar precisa persoal con coñecementos en cociña galega, para encargarse da preparación e elaboración dos alimentos. Traballo a xornada completa en quenda partida. Necesaria dispoñibilidade para traballar os fins de semana. Entre

Oferta Nº 973852 Localidade: Barbadás Posto ofertado: Aprendiz de mecánico/a. Empresa dedicada ao lavado e engraxe de vehículos precisa aprendiz entre 18 e 20 anos para realizar ditas tarefas en horario de 9:00 a 13:30 e de 15:30 a 20:00 de luns a sábado. Imprescindible posuír carné de conducir e vehículo para chegar ao lugar de traballo. Oferta Nº 973851 Localidade: Ourense Posto ofertado: Oficial/ a para salón de peiteados. Salón de peiteados unisex precisa incorporar a dúas persoas para traballar en horario de media xornada, unha delas en quenda de mañá e outra en quenda de tardes de luns a sábado. Necesaria experiencia acreditada dun ano no posto. Día libre pola semana. Entre 18 e 45 anos. Oferta Nº 973850 Localidade: Ourense Posto ofertado: Monitor/a de manualidades. Precísase

persoal para impartir un taller de manualidades. Imprescindible experiencia traballando con nenos/ as, así como vehículo propio para chegar ao posto de traballo. Ofrecen contrato a tempo parcial para as tardes. Oferta Nº 973849 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axudante/a de camareiro/a. Realizará tarefas de atención ó público en barra e mesas, na cafetaría dun salón de xogos para nenos/as. Traballo a xornada completa en quenda de tarde de luns a domingo, cun día libre pola semana. Entre 18 e 35 anos. Oferta Nº 973848 Localidade: Ourense Posto ofertado: Perruqueiro/a. Salón de Peiteado situada no centro da cidade busca persoal con experiencia de cinco anos no posto e Ciclo Medio de Perrucaría. Traballo a xornada completa con horario partido de mañá e tarde. Entre 25 e 35 anos. Oferta Nº 973846 Localidade: San Cibrao das Viñas Posto ofertado: Programador/a informático. Empresa do sector publicitario precisa persoal con experiencia no posto para realizar programación de portais web 2.0. Traballo en quenda partida de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas de luns a venres. Necesario carné B e ter

entre 25 e 35 anos. Oferta Nº 973845 Localidade: Pereiro de Aguiar (O) Posto ofertado: Cociñeiro/a. Precísase persoal con coñecementos de cociña tradicional e moderna e con experiencia mínima de tres anos no posto para a elaboración de pratos na cociña dun restaurante. Necesario permiso de conducir e vehículo propio. Ofrecen contrato inicial a través de ETT. Oferta Nº 973835 Localidade: San Cibrao das Viñas Posto ofertado: Técnico/a de Electrónica. Empresa de servizos electrónicos necesita técnico/a en electrónica con experiencia en montaxe de placas electrónicas, soldadura SMD, montaxe de equipos electrónicos e cablear. Necesaria experiencia con soldadura. Valorarase formación de Ciclo Medio ou Superior na rama de Electrónica ou experiencia en posto. Xornada Completa e flexibilidade horaria. Incorporación inmediata. Oferta Nº 973834 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axente comercial - promotor/a. Encargarase da venda e comercialización dun produto financeiro gratuíto. Xornada a convir. Compatible con outras actividades. Formación a cargo da empresa.


SERVIZOS

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010

27

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 151-2002 / OU 125-2003 / OU 164-2004/ OU 155-2007. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Fax: 988 239 634. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Pepe da Guardesa, V. Barreiros, J.E. Bóveda, J.L. Iglesias Vázquez, L.Graña, R. Sertaje, G. Novoa, B. Pérez Serrano, P. Araujo, L. Gómez, D. Rodríguez. Nº89/79/65/28 - Ano: IX - Xaneiro 2010 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4CARTAS AO DIRECTOR Crónica desde o CHOU

Mércores 23 de decembro a iso das 18 h. ingresaba polo Servizo de Urxencias do CHOU unha paciente cun cadro clínico verdadeiramente complicado despois de sufrir unha caída na súa casa. Despois dun par de horas, o traumatólogo que se atopaba de guardia, diríxese a nós –os familiarespara comunicarnos a diagnose da paciente: rotura de cadeira e necesidade moi urxente de intervir no quirófano. Tamén indicou que tentaría, dentro do posíbel, que a paciente entrara na sala de operacións ao longo da tarde-noite; ademais de engadir que non se lle daría nada de comer porque tiña que estar preparada para a operación e máis para unhas probas previas. Diante desta situación, preocupante por unha parte, mais alentadora por outra (pois só tardaran 2 horas en darnos unha diagnose), fomos vendo como pasaban as horas. O que nun principio semellaba unha sorprendente axilidade no servizo de urxencias, axiña se viu truncado pola frustración, raiba e impotencia ao ver como a paciente se retorcía pola dor durante horas até ser ingresada ás 23.30 h. no andar 7º da Residencia Cristal-Piñor. Xa logo pasaran 6 horas desde a entrada en urxencias (dentro das previsións habituais) e aínda non sabiamos ben se a ían operar ou non; o que si sabiamos é que se trataba dunha paciente con diabetes que levaba sen facer a glucemia e sen comer absolutamente nada nas últimas 12 horas. Seguiron pasando as horas e xa nos fixemos a idea de que non ía haber intervención. Situámonos así na xornada do 24 de decembro, onde se nos explicou que o quirófano estaba completamente ateigado de intervencións... (o que na xornada anterior

semellaba críbel, non pasaba nesta xornada de semellar unha simples excusa). É nesta xornada onde nos din que se lle vai realizar a operación na mañá do 25 de decembro, por conta do corpo de guarda dese día. A xornada foi pasando e chegamos á mañá do 25, onde unha nova comunicación do persoal do CHOU nos fai saber que non vai ser posíbel a intervención nesta xornada. Nesta ocasión, a explicación ven dada porque o anestesista non se atreve a operar este cadro clínico sen o informe do Servizo Dixestivo e, como queira que “non saben cando poderá informar” este último, a operación fica adiada “sine die”. A extrema urxencia na operación de 2 días antes na entrada ao CHOU, semellaba co paso dos días un mal chiste. O mesmo traumatólogo a quen lle requerimos información na mañá do 25 (o asignado no corpo de guarda desde día) restoulle importancia á intervención. Xa pasaron máis de 50 horas desde que aquel médico no Servizo de Urxencias nos dixera que as consecuencias dunha operación demorada poderían ser bastante negativas, e seguimos agardando sen absolutamente nada a facer, sen ninguén a quen recorrer, e vendo como os calmantes subministrados á paciente aínda agravan máis o seu cadro clínico, que cando non se atopa totalmente desorientada ten que soportar unhas dores terribles. Non sei canto tempo estaremos así nin como se vai desenvolver finalmente a situación, mesmo se interpretamos as palabras que nos deron como “agasallo de Nadal” na mañá do 25, podemos pensar fácilmente nunha situación que leve á paciente a estar durante 6 días (mínimo) coa cadeira rota e sin ningún outro tratamento que non sexa o de mantela a sedantes até o momento no que alguén remate os seus días de ferias. A saúde é un direito. Porén,

alén diso é unha necesidade, ou máis, algo sen o cual excusamos falar de direitos. E a profesión médica ten a singular particularidade e importancia de ser a encargada de velar pola saúde das persoas, o que converte aos seus profesionais en pezas moi importantes na sociedade, circunstancia esta que non debemos confundir con estar “por enriba” do resto da sociedade; o que ás veces –máis veces do desexado- semella ocorrer cando tratamos cos profesionais sanitarios. Algo que non podemos dicer das enfermeiras do andar 7º do Cristal-Piñor, que –con Rosa como supervisora- non só ofrecen unha humanidade e unha sensibilidade exquisitas á hora de atender aos enfermos, senón que mesmo nos axudan a non desesperar no tempo da hospitalización. Continuará. Lois Pardo

Ata cando?

Ata cando? cidadáns españois van perder a vida en países estranxeiros.Misións de paz, misión shumanitarias, misións da ONU, OTAN, conflictos bélicos... Fai uns días lle tocou á subinspectora Crespo falecer, cando estaba realizando unha misión en HAITI; pouco antes fora un soldado español nun accidente de tráfico na base na que estaba destinado por un accidente de trafico; anteriormente houbo outros por atentados en países con conflictos bélicos; moito antes un accidente aereo..... Poderíamos seguir enumerando moitos destes desagadables asuntos e non pararíamos. Desde aquí queremos pedir a ZP que nos informe de cantos soldados e membros das forzas de seguridade hai realmente polo mundo e que tipo de misión estan realizando. Non podemos permitir a morte de ningún máis, tomemos as medidas necesarias para que isto non ocu-

4TELÉFONOS DE INTERESE Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 902 120 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 Cita previa SERGAS 902 077 333 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Mantemento 988 269 380 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Alcohólicos Anón. 608 889 211 Atención ao menor 900 202 010 Teléfono Dourado 900 222 223 Telemprego CIMO988 39 15 25 Asoc. Diabética Auria 988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 24h. Alcoh. Anón. 988 269 540 Asoc.Crohn-colitis 630 136 447 Down Ourense 988 370 313

rra e se para iso teñen que vir todos para casa, a que esperamos traiamolos xa. De que nos valeron as promesas electorais do Sr. ZP de traer os soldadiños dun país, se agora hai máis que antes, en moitos máis destinos e con máis riscos. Digo máis riscos porque o que vai a un país en guerra vai mentalizado e case preparado para iso; pero os que van a outras misións corren riscos dos que non se fala. No último caso perdeu a vida un membro da policía española cando se atopaba nun lugar cuxos edificios non resistiron un terremoto por estar feitos de adobe e outros materiais blandos. Valoremos todos os riscos antes de enviar persoal español a algún tipo de misión polo mundo adiante. Aser Garcia Pereira, secretario de Organización CDS Ourense

4AUTOBUSES VALENZÁ-OURENSE

(novos horarios desde o 7 de setembro, válidos ata xuño, agás Nadal e Semana Santa)

Saídas A Valenzá Saídas As Lagoas Luns a venres 7:00 7:30 7:45 8:00 8:15 8:30 8:45 9:00 9:15 9.35 10:00 10:25 10:55 11:20

11:40 12:05 12:30 12:50 13:05 13:20 13:40 14:10 14:30 15:00 15:30 15:45 16:00 16:20

16:40 17:00 17:30 18:00 18:30 19:00 19:30 19:50 20:05 20:40 21:00 21:25 22:00

8:00 8:40 9:35 10:35 11:30

12:50 13:35 14:40 16:00 17:00

18:00 19:00 20:00 21:00

7:20 7:50 8:10 8:25 8:40 8:55 9:10 9:25* 9:40 10:00 10:30 11:00* 11:20 12:05

12:30 12:45 13:00 13:15 13:30* 13:50 14:10 14:35 15:00 15:30 15:55 16:10 16:30 17:00

17:30 18:00 18:30 19:00 19:30 19:45 20:00* 20:20 20:40 21:05 21:25 21:50 22:15

Sábados 8:20 14:00 20:30 9:10 15:20 21:25 10:05 16:30 11:05 17:30 11:55* 18:30 13:15 19:30 Paradas: Ponte Autovía, Av. Celanova nº 36, Farola, Centro Médico, Aquagest, Lidl, Marcelo Macías, Xardín do Posío, Alameda, Parque de San Lázaro e As Lagoas. Parada Rotonda Carrefour: Sentido OurenseCarrefour de luns a sabado de 8:10 -22:00 h. Sentido Carrefour-Ourense de luns a sábado ás 8:15 e de 10:0022:00 h. *Ata Loiro. Anpián (tel. 988 225 288, www. anpian.com)

4NOITEBÚS (novos horarios)

Liñas que presta Anpián os sábados (tel. 988 22 52 88): - Celanova-Ourense.Saídas: 22:45 – 00:45 – 03:15 – 04:45. Regresos: 23:30 – 01:15 – 04:00 – 05:30 - A Merca-Ourense. Saídas: 23:05 – 00:50 – 03:35 – 05:05. Regresos: 23:30 – 01:15 – 04:00 – 05:30 - San Cibrao das Viñas-Ourense. Saídas: 23:20 – 01:05 – 03:55 – 05:25. Regresos: 23:30 – 01:15 – 04:00 – 05:30 - Loiro-Ourense. Saídas: 23:20 – 00:45 – 04:45. Regresos: 00:00 - 04:00 - 05:30 - A Valenzá-Ourense. Saídas: 23:45 – 01:05 – 01:55 – 02:30 – 03:35 – 05:05. Regresos: 00:00 - 01:30 - 02:15- 03:15 - 04:00 - 05:30 -Maceda-Ourense. Saídas: 23:00 – 00:15 – 02:45 – 04:15. Regresos: 23:35 - 01:00 - 03:30 - 05:00 - Esgos-Ourense. Saídas: 23:10 - 00:25 - 02:55 - 04:25. Regresos: 23:35 - 01:00 - 03:30 - 05:00 -A Derrasa-Ourense. Saídas: 23:25 - 00:40 - 03:10 - 04:40. Regresos: 23:35 - 01:00 - 03:30 - 05:00 Liñas que presta Auto Industrial e Villalón (tel. 902 29 29 00): - Ourense - Untes - Maside - Dacón- Carballiño - Ourense - Ponte Noalla - Taboadela - Allariz

4CARTAS / FOTO DENUNCIA

[Envíanos as túas cartas ou queixas por correo electrónico a info@ourenseporbarrios.com, opinion@ourenseporbarrios.com, ou por correo tradicional a r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense. As cartas ao director non deben exceder de 20 liñas e deberán ser remitidas con nome e DNI, firmadas, e cun teléfono de contacto. Letras a la Carta SL. resérvase o dereito de publicación así como o de extractar os textos que estime oportuno]

4FELICITACIÓNS [Envíanos a túa felicitación coa foto (non fotocopia), o nome e apelidos, o día e o mes, o motivo da felicitación (cumpleanos, voda, santo, etc.) e o texto que desexes publicar a: Ourense por Barrios, r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense ou a info@ ourenseporbarrios.com. Indícanos un teléfono de contacto]


28

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010

A Concellería de Sanidade crea o SMaFF, un servizo de apoio a familias con fillos

4 Funciona de xeito gratuíto no Centro de Promoción da Saúde de As Lagoas. A Concellería de Sanidade puxo en marcha o SMaFF (Servicio Municipal de apoio a familias con fillos) para apoiar aos proxenitores cando se inicia un problema cos seus fillos para intentar non que vaia a máis e non se cronifique. Xa existen recursos de asistencia con profesionais expertos en condutas disruptivas para pacientes con problemas que interferían na súa vida normal e que sen un proceso de tratamento axeitado non poderían superar esa conduta. Pero tamén hai casos de nenos e adolescentes que non se poden considerar, en principio, como moi problemáticos ou patolóxicos, pero que presentan condutas ou problemas puntuais, que coinciden nun momento evolutivo ou de cambio, que poden desencadear problemas de rendemento académico e de ruptura das normas de convivencia familiar e escolar. Por iso xurde o SMaFF, co fin de orientar, asesorar, mediar e derivar a institucións e centros de asistencia, se é necesario, a familias cuxos fillos presenten condutas problemáticas puntuais. “É un servizo pensado para unha serie de conductas que poden dar lugar logo

a patoloxías e moito sufrimento”, explicaba a concelleira de Sanidade, Marga Martín, durante a súa presentación. Ademais de a familias, o SMaFF vai dirixido aos profesionais da educación para o seu asesoramento ante unha situación difícil, ben sexa conflitos ou problemas relacionados co baixo rendemento académico, absentismo laboral, condutas antisociais, uso inicipiente de drogas, ou inicio de comportamentos violentos, entre outros. O SMaFF vén a complementar os servizos que ofrece o departamento municipal de Sanidade desde hai máis dunha década: o servizo de prevención de drogodepencias desde a educación familiar ou os programas de prevención primaria universal, como a Escola de Pais e Nais ou as xornadas e cursos de formaicón a profesionais de educación. Coa súa creación, Sanidade crea un novo recurso de apoio onde pais e educadores poden contactar cos profesionais

de maneira máis personalizada.

Atención individualizada

O servizo está a ser prestado por persoal cualificado (psicóloga, técnica de prevención e educación familiar), de xeito personalizado, individualizado, confidencial e gratuíto, previa cita no 988 510 622, no novo Centro municpal de Promoción da Saúde de As Lagoas (na rúa Vasco da Ponte, 1, baixo). O servizo atenderá as chamadas de petición de orientación, dando ao usuario un día e hora para manter unha entrevista de orientación presencial. Finalizadas as entrevistas de orientación psicolóxica (un máximo de tres salvo casos particulares), os profesionais do centro darán por finalizado o caso ou realizarán unha derivación externa a outros recursos epecializados que se axusten de forma máis axeitada ás necesidades dos usuarios.

O SMaFF funciona de xeito personalizado, individualizado, confidencial e gratuíto, previa cita no teléfono 988 510 622

A concelleira de Sanidade, Marga Martín, entre as técnicas municipais Paz Villar e Luisa Rodríguez, na presentación do servizo SMaFF.


DEPORTES

29

O ABO na loita pola permanencia

O COB perde fuelle

4 Na derrota contra o Xiria perdeu toda opción de meterse na fase de ascenso.

Ramsés Torres A costa de xaneiro no Aguas de Sousas Ourense non é no económico (o presidente di que o pago aos xogadores está ao día), se non no deportivo. E é que o COB leva catro derrotas consecutivas e non coñece a vitoria neste recén estrado 2010. A última derrota en Burgos na pasada xornada por tres puntos de diferenza (79-76) pero con outra imaxe distinta á demostrada no anterior desprazamento, onde perderon contra o León por 20 puntos. Agora o COB ocupa a 12ª posición con 9 vitorias e 11 derrotas a unha vitoria da loita polo play off de ascenso e dúas vitorias por enriba do play off de descenso. As próximas citas do Aguas de Sousas Ourense son no Pazo Paco Paz diante da súa afección. O primeiro deles é o venres 5 de febreiro ás 21 horas,

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010

R.Torres

Saque inicial no último encontro en casa do COB, no que os ourensáns perderon contra o Mallorca./RAMSÉS. no derbi galego da xornada contra o Kics Vigo (4 gañados e 16 perdidos), no que será un partido moi importante, xa que o Vigo ocupa a última praza e pode distanciarse un pouco máis dos postos de abaixo. O Kics ven de gañar en Vigo

contra o líder Melilla o que significa que non vai a ser un partido fácil para o equipo de Paco García. E o seguinte partido, tamén no Paco Paz, será o mércores 10 de febreiro contra o líder Melilla (15 vitorias e 5 derrotas).

Duro revés o recibido polo Ourense Capital Termal ao perder na cancha do Xiria (56-45) o que os leva a non ter opcións para xogar a fase de ascenso e terá que loitar para non descender. O partido contra o Xiria foi un querer e non poder e como proba diso foi o 1/20 en tiros de tres (5% de acerto). O ABO quedou con 45 puntos ao final do partido, e é que cando a “pelotita” non quere entrar... Agora ao ABO tócalle xogar o último partido da fase regular contra o Estudiantes de Lugo no que será un partido de puro trámite, xa que está todo decidido. Despois deste partido haberá un parón dunha semana para reanudar a competición para a

Alvar Vázquez, no partido do ABO contra o Oviedo, en casa. /RAMSÉS. permanencia, que se xogará contra equipos doutro grupo. Catro equipos dos nove que participan nesta fase pola permanencia descenderán.

O ABO non debería ter problemas para manterse na liga EBA pero todo está por decidir xa que o obxectivo do club nesta campaña era xogar polo ascenso e ao final...


30

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010

EN BREVE

4 O BNG pregunta pola construción do centro de saúde de O Couto

O BNG preguntará no Parlamento galego polas previsións da Xunta para a construción do novo centro de saúde de O Couto. A deputada Ana Luísa Bouza sinala que nos orzamentos da Consellaría de Sanidade hai unha previsión de 3,7 millóns de euros “pero non se especifica se o resto dos fondos serán privados nin o tipo de dotacións para exercicios posteriores” Os nacionalistas queren saber tamén se os terreos nos que se ubicará o centro están a disposición do Goberno galego para a súa construción.

4 O CHOU habilita 102 camas máis para ingresos urxentes

O Complexo Hospitalario ourensán vén de habilitar novos espazos de hospitalización para acoller o alto incremento de ingresos urxentes do último fin de semana, que considera habitual nestas datas. En total conseguíronse 102 camas máis entre os espazos e salas disponibles. Nas últimas semanas foron constantes as críticas por parte do PSOE á xestión do CHOU por manter pechada a Unidade de Ingreso Transitorio, “clave para a desconxestión do colapso de Urxencias, aseguraban os socialistas.

SAÚDE

4EN FORMA

4VETERINARIA

Como previr e combatir procesos gripais A alimentación pode xogar un papel importante para evitar a gripe estacional, mellorar os seus síntomas ou curarse antes cando esta aparece. Para previla, debemos comer alimentos con propiedades antioxidantes, xa que estes permiten eliminar toxinas que produce a infección e fortalecer ao organismo para que poida rexeitar novas invasións. Entre os alimentos antioxidantes atopan os ricos en vitamina C, presentes sobre todo na laranxa, a mandarina, o pomelo, os amorodos, os kiwis, os pementos e algunhas verduras de folla escura como as coles. Estes alimentos aínda que non curen a gripe, si que alivian os seus síntomas e pode reducir o tempo de duración.

Outro consello para previr este tipo de virus é comer allo ou cebola, os cales tamén teñen propiedades antioxidantes e ademais son antibióticos naturais. Polo tanto, un xeito doado de evitar esta enfermidade será tomar un bo vaso de zume natural todos os días ou unha sopa de cebola. Manterse hidratado é outra premisa importante para previr a gripe, polo que tanto a auga como as

infusións son básicas tomalas a diario. A clave para unha boa prevención é seguir unha alimentación saudable e equilibrada na que se inclúan todos os grupos de alimentos.

Sira Fernández, nutricionista de Saudeter

A clave para unha boa prevención é seguir unha alimentación saudable e equilibrada

4PAIS E FILLOS

Pautas para nenos de 3, 4 e 5 anos Chámome Ana, a miña filla Susana de catro anos é moi calada, apenas nos conta cousas do cole... Ademais é moi independente, quere elexir ela a súa roupa. Como podemos convencela para que nos conte as súas cousas ou para que se poña a roupa que nós queremos? Existen cinco pautas básicas para nenos de entre 3 e 5 anos: 1.Establecer unhas normas claras (non máis de

catro), realizar un cartel entre todos con debuxos e colocalo nun lugar moi visible. 2. Non pegar, nin gritar nin presionar. A mellor forma de castigar é outorgar ou retirar privilexios. En momentos de rabieta o mellor é ignorar ou o “rincón de pensar”. 3.Déixalle ser autónomo no seu aseo, ropa, ou á hora de comer. 4.Dialogade con ela sobre o que vos preocupa,

se se pecha, o debuxo, o xogo ou os contos dirixidos acostuman ser unha ferramenta óptima para saber o que vos preocupa. 5.Favorecede as relacións entre iguais , reforzade conductas socializadoras e dade exemplo. Espero que che sexan útiles estas pautas. Diana Rodríguez Salgado, psicóloga - Tel. 988 607 948 diana@arslabora.es

4GUÍA DE SAÚDE [Se quere anunciarse nesta sección chame ao 988 239 634]

A picaxe en aves A picaxe, tamén chamado picoteo de plumas, refírese a unha patoloxía propia das aves que se caracteriza polo arrincamento ou rotura das plumas e mesmo, nalgúns casos, chega á mutilación de rexións anatómicas accesibles para a ave: uñas, dedos, bordos das ás, etc. Obsérvase con maior frecuencia en especies medianas e grandes de psitácidos: loros, guacamaios, ninfas, aínda que tamén noutras especies. Aínda que as consecuencias son principal e inicialmente estéticas, pódense chegar a producir importantes lesións e hemorraxias que deriven na morte do animal. A picaxe adoita ser un motivo de consulta habitual na clínica veterinaria especializada en animais exóticos, e é que se trata dun problema médico que debe ser diagnosticado e tratado por un veterinario especialista. A etioloxía, ou causas que a producen, adoita deberse fundamentalmente, ou ben, a síntomas inespecíficos dunha enfermidade orgánica primaria ou ben a un trastorno do comportamento, en cuxo caso falariamos de picaxe psicóxena. As mudas normais poden ser confundidas cun picaxe excesivo por parte de propietarios noveis. É importante saber que durante a muda, as aves dedican boa parte do seu tempo ao acicalamento das novas plumas. Unha boa pista que nos pode indicar que se trata dunha muda fisiolóxica é a saída das plumas da cabeza, xa que nesta zona a ave non alcanza a picarse. Ademais disto, a muda normal nunca deixa áreas sen plumaxe completamente. É primordial descartar unha enfermidade orgánica antes de atribuír a picaxe a un problema de comportamento. Nestes casos, a enfermidade pode ser producida por malnutrición, hipotiroidismo,

parásitos, alerxias e outras causas. Se fose este o motivo, habería de tratarse a enfermidade primaria. Se a causa é un problema de comportamento, pódese deber a aburrimento, acicalamento excesivo, ansiedade por separación, estrés e outras, e pode chegar a transformarse nun vicio. Nalgunhas situacións prodúcese unha picaxe leve e localizada que, no peor dos casos, pode evolucionar ata converterse en xeneralizado e chegar mesmo á automutilación. Existen algunhas pautas de manexo que se poden modificar para previr unha alteración no comportamento da ave, por exemplo, achegarlle unha dieta equilibrada, facilitar o baño diario, proporcionar acceso a luz solar natural non filtrada por ventás ou cristais e establecer un fotoperiodo similar ao natural, é dicir, dunhas 8-12 h de luz ao día. Tamén poderemos introducir xoguetes, anacos de madeira ou outros elementos cara aos cales a ave poida dirixir a súa atención e o seu afán de picar. Deberemos prestarlle atención, pero sen reforzar positivamente o comportamento de picaxe (non disputalo mentres o fai), castigar ao animal ou reforzar negativamente o seu comportamento tapando a gaiola cun pano ou colocándoa nun cuarto ás escuras cando se manifeste. En xeral, é esencial reducir o estrés evitando o ruído ambiental e procurando non realizar cambios na estanza na que se atopa a gaiola. Debido á complexidade do problema non existe un tratamento 100% efectivo para todos os animais con esta patoloxía. O tratamento é longo e irá acompañado de cambios no manexo e sempre baixo a supervisión do veterinario. O mellor tratamento é sempre a prevención. Teresa Iglesias Rodríguez, veterinaria Hospital Veterinario Abros


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010

31


Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2010

[40.000 exemplares directos ás súas mans]


[40.000 exemplares directos ás súas mans]

Número: 79 - Ano: IX - Xaneiro 2010 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta

TEMA DO MES Páx.3

BARRIOS

Páx.5

Políticos e técnicos debaten sobre a integración ferroviaria

Futuro centros cívicos en E. G. Franqueira e na Praza Mil

OPINIÓN

Páx.14

Historia de Ponte Canedo: o pobo de Quintián

CIDADE

Páx.13

Piden fondos á Xunta para abastecemento e saneamento no rural

Entrevista a Fernando Varela, concelleiro de Deportes: “Buscamos o equilibrio entre o deporte federado e o deporte como actividade física” [páx.6

Manuel Baltar e Jiménez Morán enfróntanse o día 30 pola presidencia do PP de Ourense [páx.16]

As pozas públicas de A Chavasqueira, inundadas [páx.7]

OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de FEBREIRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


[40.000 exemplares directos ás súas mans]

Número: 65 - Ano: IX - Xaneiro 2010 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta

TEMA DO MES Páx.3

BARRIOS

Páx.5

CIDADE

Páx.10

Políticos e técnicos Estudan usar como Un roteiro convida a debaten sobre a albergue a escola fogar descubrir os pinchos integración ferroviaria de Mariñamansa do casco histórico

CIDADE

Páx.22

A Fiscalía continúa a investigar os verquidos ao Barbaña

Entrevista a Fernando Varela, concelleiro de Deportes: “Buscamos o equilibrio entre o deporte federado e o deporte como actividade física” [páx.6]

Manuel Baltar e Jiménez Morán enfróntanse o día 30 pola presidencia do PP de Ourense [páx.16]

O AVE, máis preto Na imaxe, remate da perforación do túnel de Burata, no tramo Ourense-Santiago

[páx.3]

OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de FEBREIRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


[40.000 exemplares directos ás súas mans]

Número: 28- Ano: IX - Xaneiro 2010 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta

TEMA DO MES Páx.3

ECONOMÍA

Páx.20

DEPORTES

Páx.29

Políticos e técnicos A Fiscalía continúa debaten sobre a a investigar os integración ferroviaria verquidos ao Barbaña

Conseguen 5 millóns O COB perde fuelle: máis para a cidade nos suma catro derrotas orzamentos estatais consecutivas

Entrevista a Fernando Varela, concelleiro de Deportes [páx.6]

Manuel Baltar e Jiménez Morán enfróntanse o día 30 pola presidencia do PP de Ourense [páx.16]

O AVE, máis preto Na imaxe, remate da perforación do túnel de Burata, no tramo Ourense-Santiago

[páx.3]

OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de FEBREIRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Xaneiro 2010 - OUXB