A Tarabela Nº5

Page 1

Nยบ 5

A TARABELA

1


Unha viaxe para todos Como portada deste xornal temos o cartel gañador do concurso escolar da ONCE “Unha viaxe para todos” , no que os nosos alumnos gañaron o primeiro premio provincial da súa categoría. Sentímonos fachendosos de tan digna representación. Os alumnos que elaboraron o cartel, coordinados polo profesor de plástica, son:Ignacio Chousa Almeida, Héctor Vila García, Gabriel Blanco Gómez, Andrea Eiríz López. Mais foron presentados outros traballos de gran calidade que mesmo poderían ter gañado outro premio. Disfrutamos de todos na contraportada deste xornal. ¡ Os nosos parabéns a todos !

Sumario Limiar

3

O alto do Entroido do Ulla

19

Día da Nai

4

A nosa viaxe de fin de curso

21

Coidamos o Medio Ambiente

6

Un camiño a seguir

24

Elaboramos un conto

7

Un antes Biblioteca

Horta interxeracional

9

Qué len os profesores

29

Pola ribeira do Loña

11

A Fonte Quente

31

O pintor do sombreiro de malvas

13

Letras Galegas 2011

33

Contos e poemas

15

Somos galego

35

Adiviña

16

Cóntame como pasou

36

A aventura das palabras

17

Xose Manuel

38

e

un

despois

para

A TARABELA

a 26

2


LIMIAR Rematamos un ano escolar cheo de inquedanzas, proxectos e xente nova.; sabendo que se cumpliron expectativas e outras superaron os nosos límites. Asemade ollando cara adiante. Entrementres andamos a falar do Abalar. E así como “mestres” que somos , buscamos nas fontes do saber aquilo que non entendemos ben. Pois ben, segundo dí a Galipedia: “abalar ou pedras abaladoiras son unhas pedras enormes situadas preto da costa que están apoiadas gravitacionalmente só en dous puntos, de xeito que o centro de gravidade se pode modificar cun esforzo moi pequeno.” Tamén temos que engadir o seu significado antropolóxico, que lle ven atribuíndo a estas pedras, dende tempos lonxanos, un carácter adivinatorio. Pero tamén Abalar de “abal” palabra celta que significaba mazá. Esta, era a froita da sabedoría para os nosos ancestros. Visto que a mistura de conceptos: esforzo moi pequeno, carácter adivinatorio, sabedoría... non clarexa moito; dispoñémonos a esperar. ¿Chegará o Proxecto Abalar? Daquela no vindeiro curso andaremos a enchernos de sabedoría ou “abalaremos a pedra do abalar” ou senón seguiremos co dilema da metodoloxía versus a tecnoloxía. Talmente poderíamos dicir aquilo que noutro tempo dixo un persoeiro senlleiro da nosa terra: “Que o verdadeiro heroísmo estea en transformar os desexos en realidades e as ideas en feitos.”

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

A TARABELA

3


A TARABELA

4


Os xab贸ns de glicerina

A TARABELA

5


A TARABELA

6


A TARABELA

7


A TARABELA

8


HORTA INTERXERACIONAL 3º e 4º de PRIMARIA

O martes, 3 de maio, o alumnado do segundo ciclo de Primaria fomos pasar dúas horas moi agradables na horta interxeracional que está no barrio de Mariñamansa. A horta está rodeada de árbores do Paraíso e teñen unhas flores moi chamativas. Primeiro estivemos nunca caseta onde nos explicaron as propiedades dos legumes, verduras e das plantas aromáticas. Logo fomos ás parcelas e vimos como se plantaba coa terra e co abono e todos levamos para casa unha maceta (de lentellas, amorodos ou porros) que plantamos cada un e cada unha. Finalmente observamos as parcelas das prantas aromáticas (tomiño, ourego, menta…).

A árbore do paraíso

A TARABELA

9


A TARABELA

10


POLA RIBEIRA DO LOÑA

A

clase de 3º

acompañados da súa profesora saíron da aula para facer un estudo das árbores do entorno. A TARABELA

11


Observar, fotografiar e recoller follas foron os obxectivos destas saídas. Puidemos ver as que estaban plantadas alí (carballos, salgueiros choróns, plátanos de sombra e ulmeiros), especies autóctonas (salgueiros, freixos, pradairos e abeleiras). Asemade descubrimos herbas como a celidonia, menta e acedera . Foron unhas saídas moi enriquicedoras. O traballo completouse coa confección dunhas fichas.

A TARABELA

12


O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS

Dentro do programa da Animación á lectura os nenos de sexto de primaria traballamos co libro “ O pintor do sombreiro de malvas “. Despois tivemos un encontro co autor que nos explicou que escribira o libro porque admiraba a obra de Vincent v.Gogh. A lectura do libro parécenos moi interesante porque nos acercou ao coñecemento da arte e da paisaxe .Era moi intenso porque se traballa coa morte, o rancor, a amizade e o amor. A pintura de Vincent v.Gogh pareceunos moi creativa e tamén nos acercou o coñecemento da súa vida. Parécenos un libro moi recomendable para nenos coma nós e maiores e desexamos que o disfruten tanto como o fixemos nós.

A TARABELA

13


O pintor do sombreiro de malvas 3ª Edición - Premio Lazarillo, 2009 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil, 2010 - Lista The White Ravens 2011 Marcos Calveiro (Autor/a) Un adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha boa tempada na vila de Auvers. Durante aqueles días do verán de 1890, coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre o lenzo e do que durante sesenta e nove días se fará inseparable, acompañándoo no seu deambular polos trigais e na súa infatigable loita contra os convencionalismos da vida provinciana. Mais o mozo tamén descubriá o amor, coñecerá algúns misterios sobre o seu pasado e se enfrontará por vez primeira á morte, o que o obrigará a tomar unha decisión sobre o futuro que lle agarda.

A TARABELA

14


A TARABELA

15


A TARABELA

16


Palabras-trampa Coma noutras linguas, o francés ten “falsos amigos” que veñen sendo palabras que semellan ter un significado e despois realmente é outro. Son palabras que enganan e que as veces nos fan sorrir. A nosa profesora de francés, ao longo do curso enseñounos algunhas que nos fan rir coma “palourde” que non é palurda senon ameixa; “peine” que non é peine, senon pena; outras que despistan coma “équipage” que non son maletas, senón a tripulación dun avión, “sol” que non ten nada que ver co astro do ceo, senon que é chan; ou outras que parecen inocuas como “débile” e ó fin molestan porque é chamarlle a alguén tonto na súa propia cara, ou “soquettes” que non é zoquete, senón calcetíns. Cando aprendes un novo idioma, coma neste caso o francés tes que andar con moito ollo destas “boutades” (bromas) da lingua de Molière.

Texto : Deseño gráfico:

Eva e Vanesa 2º B ESO Antonio 2º B. ESO

A TARABELA

17


Palabras galegas que veñen do francés Todas as linguas descendentes do latín soen ter palabras semellantes, como sucede na nosa lingua galega na que atopamos moitas palabras que veñen doutros lares, neste caso do francés pero que adoitamos utilizar como se fosen patrimonio galego. Hai algunhas palabras case iguais. Algúns exemplos son: “esquimau” que é esquimó, “lintel” que é lintel, ou “gobelet” por gobelete. Outras teñen gran semellanza pero houbo cambios, pequenas variacións como en “mannequin” que quedou manequín, “atoll” como atol, ou “renart” en renarte. Outras parecerían que non son francesas porque as coñecemos con moitos cambios, coma “borner”:mornear, “rainure”:rañura e tantas outras. A partires de agora fixarémonos máis nestas palabras “galegas” que en realidade teñen a súa orixe na lingua veciña.

Texto: Diego e Álvaro 2ºB ESO Deseño gráfico: Antonio 2ºB ESO

A TARABELA

18


Esta tradición comezou na Guerra da Independencia contra os franceses, e asentouse na comarca do Ulla cando empezaron a facer os “Altos dos Generales”. Primeiro empezou na parroquia de Lamela, cando os de Barrabaite loitaron contra os de San Marcos. E dispois adentrouse en Bandeira que loitaron cos de San Tirso de Mándoas e foi Don Manuel Calzada o pioneiro. Tamén chegou a tradición a Loimil con Don Manuel Dorrego que era o meu avó. Logo por tanto, eu penso que son un herdeiro de esa tradición.

A xente xúntase no campo da festa ó rematar o desfile do Entroido , e empezan a chegar os cabalos ás veces incluso con rapaces pequenos montados neles. Póñense a dicir “vivas” e cando rematan loitan “dialécticamente”, rebátense: -“ General, general,non veñas con valentías, generales coma éstes cómoos eu todos os días . - Avanza, caballo mío, por riba de esta muralla, y atropella ,ó enimigo que sempre nos asoballa”.

A TARABELA

19


A xente vaille dando cartos e din os “vivas”. Esto dura coma unha media hora. E logo os generales son invitados a cear pola Comisión do Entroido. Dispois poden quedar no baile das máscaras. Agora que xa contei como é o Entroido do meu pobo, quero facer un agradecemento a Don Andrés Campo López que foi o que espallou esta tradición na parroquia de San Mamede.

Redactor Xabier Gómez Souto

Escribinte Anais Liz Salgado

Fotografía Óscar Fernández Ferreira

A TARABELA

20


A NOSA VIAXE DE FIN DE CURSO Despois de moito buscar a dónde habíamos de ir, decidímonos por Barcelona, máis ben por Lloret de Mar. E despois de esperar o día todos esperabamos inquedos, chegou un 10 de abril s 7 da tarde. A viaxe foi LARGUISIMA e esgotadora, malia todo pasámolo moi ben e botamos unhas risas. Chegamos a Lloret ás 12:30, a un hotel de 3 estrelas chamado Selva Mar, tivemos toda a tarde libre: piscina, praia ou ir de" sboping". Pola noite despois de cear no hotel , saímos por Lloret. O día seguinte tivemos que erguernos cedo para ir a PORT AVENTURA!!. Aínda que tardamos dúas horiñas en chegar, pagou a pena, ata se nos esqueceu o soño que levabamos ja,ja ! Montámonos en todo o que puidemos, berramos e mollámonos, FOI UN DíA PERFECTO !!! O terceiro dia tamén nos erguemos cedo, desta vez para visitar Barcelona; tiñamos un guía moi riquiño, visitamos o parque Guell, La Sagrada Familia, las Ramblas etc. (aínda que case todo o vimos desde o autobús, QUÉ MÁGOA !!) . A TARABELA

21


Nesa mesma tarde tamén fomos ó Camp Nou e os do Madrid, sentíronse un pouco mal. .. tanto protestar para ao remate entrar igual!

Logo ó Cosme Caixa e ó Acuarium onde o pasamos de medo .. No cuarto día fomos dar un paseo en barco por as illas Medes. e aínda que a maioría se mareou foi unha experiencia moi divertida.

De novo a tarde libre e aínda que facía un pouco de frío, nada nos impediu bañarnos.

A TARABELA

22


Do que máis recordamos destes días son as noites na discoteca do hotel... risas, bailes, tolerías... Cousas nosas, para nós. Pero sen dúbida o MELLOR DE TODO foi a experiencia vivida ó longo dos 5 días, que non se volverá a repetir, todos os amigos, compañeiros, profesores ... xuntos . Non todos nos levamos ben , pero intentabamos deixar de lado todas as TODOS XUNTOS.

diferenzas para estar

, Barcelona será un recordo que nunca esqueceremos, que estará sempre, que nos emocionaremos ó ver as fotos y que desexaríamos que se repetira. Grazas a Celso e Diana por acompañarnos e facer que a excursión fora

Inesquecible!!!.

A TARABELA

23


Proxectos europeos: UN CAMIÑO A SEGUIR. No curso 2009-2010 o Departamento de Francés pediu no mes de setembro un proxecto Europeo (BOE xullo 2009) que lle veu preconcedido en xaneiro 2010 e despois de presentar un proxecto con programación, a actividade foi incluída na orde do día do claustro correspondente. A finais de maio-xuño a profesora de francés pasou 15 días en Tinténiac (Bretaña) aprendendo, observando e aportando na medida do posible ó sistema educativo francés. Este proxecto consiste na observación nun centro francés (ou varios, se é posible) para coñecer como se traballa alá, para que profesorado e alumnado se acerque máis a realidade educativa alén dos Pirineos. Cústalles aos profesores franceses comprender que hai gardas de recreo aseguradas por profesores, eles teñen estudantes universitarios que as fan e así gañan bolsas para pagar os seus estudos. Das faltas ocúpanse nunha sección chamada «vida escolar» onde controlan aos alumnos que faltan, aos que chegan tarde e porqué, e que comunican aos pais calquera anormalidade. O profesorado traballa 18 lectivas (poden facer máis pero son reembolsadas a maiores), ensinan, preparan as súas aulas, corrixen, ….nada máis (e nada menos). En todos os centros hai unha documentalista de carreira que axuda ao alumnado a buscar información nos fondos da biblioteca do centro ou en calquera outro. En Francia chámanse CDI (centros de documentación e información). Os profesores de Educación Física dispoñen normalmente dun ximnasio amplo e polideportivo e campo de rugby ou fútbol para xogar partidos de diferentes deportes folgadamente. En linguas estranxeiras teñen o último en material punteiro para usar nas súas clases. A TARABELA

24


Estas son unhas pequenas pinceladas. Isto non quere dicir que non teñan problemas e reivindicacións constantes por parte dos sindicatos. De feito foron convocadas varias folgas xa dende o ano pasado (O profesorado francés é altamente reivindicativo) «des têtes de mule» como simpáticamente se chaman a sí mesmos. Neste caso coma noutros a última palabra é a de Monsieur le President,o presidente francés o que ten moitas atribucións no seu país, é coñecido popularmente como Sarko.

Courriels (correos electrónicos) Como continuación deste proxecto europeo, os nosos alumnos de 3º da ESO envían e reciben correos electrónicos dende o mes de setembro, actividade na que seguiremos durante todo o curso 2010-2011. É satisfactorio comprobar como os alumnos se preocupan por prepararen as cartas, corrixir erros, buscar o qué e como expresar as súas ideas, expor preguntas, etc .Todo guíado pola profesora de francés quen coordina a actividade. A profesora francesa tamén se mostra satisfeita co «échange» (intercambio).

A TARABELA

25


UN “ANTES” E UN “DESPOIS” PARA A NOSA BIBLIOTECA

Uns libros lense na cociña, outros no salón. Un libro verdadeiro lese en todas partes.” Thomas Chandler Haliburton (1796- 1865), escritor canadense. Finaliza un novo curso e, aproveitando a oportunidade que nos da esta revista queremos facer un balance do traballo e as melloras realizadas durante este curso na biblioteca. Tendo en conta que a biblioteca foi durante o curso pasado un punto importante de reunión, traballo e lecer para o noso alumnado –tanto de infantil como de primaria e secundaria-, este curso propuxémonos mellorar as condicións do espazo, ampliar fondos bibliográficos e audiovisuais, e seguir organizando actividades coa biblioteca como espazo de encontro. Todo isto foi posible grazas á presentación dun proxecto para a incorporación da nosa biblioteca dentro do PLAMBE –Plan de mellora de bibliotecas escolaresconvocado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na que o noso centro participou conseguindo este curso unha asignación durante varios anos de axudas económicas para mobiliario, equipamento informático e fondos. Hoxe a nosa biblioteca conta con 6 ordenadores e un gran número de fondos (impresos e audiovisuais) de actualidade , a disposición de toda a comunidade educativa e as súas familias . Como sempre o noso obxectivo é conseguir atraer ao alumnado a biblioteca, para convertela nun espazo de aprendizaxe e de lecer e para acadalo implicamos ao alumnado nas distintas actividades que realiza a biblioteca. A TARABELA

26


Por outra banda dende a biblioteca queremos dar un grande apoio á “Hora de ler” contribuíndo así a fomentar o hábito lector no noso Centro. Con este fin realizamos distintas actividades de animación á lectura e mensualmente recomendamos libros (relacionados con determinadas temáticas e festividades: Día da Paz, Día de San Valentín, Día dos Dereitos do neno, Día das letras galegas....); ademais damos a coñecer os novos fondos que vamos adquirindo. A información da biblioteca é transmitida á comunidade educativa a través dos seus taboleiros e mediante os blogs da biblioteca e do club de lectura que con tanta ilusión puxemos en marcha neste curso e aos que podedes acceder dende os seguintes enlaces:

www.bibliomende.blogspot.com www.clubmendebiblos.blogaliza.org

Son moitas as actividades realizadas pola biblioteca este curso, algunhas repítense todos os anos a petición do alumnado: “intercambio de cartas de amor e amizade”, “un poema , unha flor”, “intercambio de libros usados”... outras actividades realizáronse por vez primeira este curso, así destacamos unha feita co CEIP de Luintra que tivo moi boa aceptación e titulamos “un libro, unha foto” e da que podedes ver as fotografías gañadoras no blog da biblioteca.

A TARABELA

27


Para rematar este artigo queremos agradecer a axuda desinteresada de algun@s profesor@s, de xeito especial a Xosé Manuel Rodríguez, ”Poldras”, o noso compañeiro de Plástica que coas súas ilustracións e ideas fainos máis doado este traballo, así como ó alumnado (primaria e secundaria) que colabora en toda esta labor e nos anima a toda a comunidade educativa para que o vindeiro curso sigamos a fomentar o seu uso. O equipo da biblioteca.

A TARABELA

28


Que len os/as profesores/as? …

Lemos libros interesantes,como este que vos comparto hoxe. O seu autor é Mario Alonso Puig que naceu en Madrid. É médico e cirurxián pola Universidade de Harvard. Ademais recibiu varios Premios ao Mérito en Comunicación e Relacións Humanas . É membro da Academia de Ciencias de Nova York e da Asociación para o Avance da Ciencia. Acaba de publicar o libro de : “Reinventarse. A túa segunda oportunidade”. A continuación imos coñecer algunhas das revolucionarias conclusións ás que chegou este gran científico español, coas súas mesmas palabras:

“Hoxe sabemos que a confianza nun mesmo, o entusiasmo e a ilusión teñen a capacidade de favorecer as funcións superiores do cerebro. A zona prefrontal do cerebro, o lugar onde ten lugar o pensamento máis avanzado, onde se inventa o noso futuro, onde valoramos alternativas e estratexias para solucionar os problemas e tomar decisións, está tremendamente influída polo noso cerebro emocional. Por iso, o que o corazón quere sentir, a mente acábao mostrando. Podo testemuñar que unha persoa ilusionada, comprometida e que confía en si mesma pode ir moito máis alá do que cabería esperar pola súa traxectoria. Estudei a conexión que existe entre o pensamento, a palabra, a mentalidade e a fisioloxía do ser humano. O pensamento e a palabra son unha forma de enerxía vital que ten a capacidade (e foi demostrado de forma sustentable) de interactuar co organismo e producir cambios físicos moi profundos. Demostrouse en diversos estudos que un minuto entretendo un pensamento negativo deixa o sistema inmunitario nunha situación delicada A TARABELA

29


durante seis horas. O distrés, esa sensación de abafo permanente, produce cambios moi sorprendentes no funcionamento do cerebro e na constelación hormonal. Ten a capacidade de lesionar neuronas da memoria e da aprendizaxe e afecta á nosa capacidade intelectual porque deixa sen rega sanguínea aquelas zonas do cerebro máis necesarias para tomar decisións adecuadas. A palabra é unha forma de enerxía vital. Investigouse como as persoas que decidiron falarse a si mesmas dunha maneira máis positiva, conseguiron remodelar fisicamente a súa estrutura cerebral, precisamente os circuítos que lles xeraban enfermidades. As palabras por si soas poden activar, por exemplo, os núcleos do medo que transforman as hormonas e os procesos mentais. O medo impídenos saír da zona de confort, tendemos á seguridade do coñecido, e esa actitude impídenos realizarnos. Para crecer hai que saír desa zona. Cambiar hábitos de pensamento e adestrar a súa integridade honrando a súa propia palabra. Cando dicimos “vou facer isto” e non o facemos, alteramos fisicamente o noso cerebro. Se nos aceptamos polo que somos e polo que non somos, podemos cambiar. O que se resiste, persiste. A aceptación é o núcleo da transformación. Santiago Ramón e Cajal, premio Nobel de Mediciña en 1906, dixo unha frase tremendamente potente, que no seu momento pensamos que era metáforica. Agora sabemos que é literal: “Todo ser humano, se llo propón, pode ser escultor do seu propio cerebro”.

-Gocei moito lendo este libro que nos ofrece un mapa co que coñecernos mellor a nós mesmos. Aos poucos vai desvelando o segredo de como as persoas “creamos os ollos” a través dos cales observamos e percibimos o mundo. Son estes ollos os que tantas veces fan que nos enfoquemos no pasado e non nas posibilidades do futuro. Un futuro que, este libro, permitiranos afrontar cunha nova mirada,sobre todo agora, “en tempos de crises”. Antonia-María López.(TOTI)

A TARABELA

30


A FONTE QUENTE A primeira vista non deixa de ser un elemento decorativo máis, nunha rúa máis, dunha cidade máis. O seu esquema é sinxelo, as súas liñas son simples e as súas cores naturais pero, tras esa simplicidade, emerxe a simboloxía da propia obra. Unha grande esfera de cobre, erguida sobre o conxunto, mostra o eixe central da peza, a fonte termal de As Burgas. A cúpula irregular de aceiro inoxidable que a envolve na súa parte superior, debuxa as nubes e as néboas que acompañan unha cidade afundida na súa propia paisaxe. Tres niveis de lousa con tonalidades que van dende o negro país ate o verde brasil, pasando polo gris basalto, simulan a súas rúas. Formas xeométricas en pedra granítica, esculpidas en varias dimensións, dánlle humanidade á peza ó representar os seus edificios. Un volúme cadrado que simula á Catedral, pezas máis pequenas ó seu arredor que dan vida ao casco vello, un elemento de maiores dimensións que sitúa o edificio máis alto da cidade ou múltiples pezas de iguais proporcións como reflexo do Ourense moderno. Finalmente, a auga que discorre dende “As Burgas” ate as “vivendas” conecta ao cidadan coa súa historia, lembrando a súa orixe coa finalidade de que ésta non sexa esquecida.

A TARABELA

31


Luis González – Xesta

A TARABELA

32


LETRAS GALEGAS 2011

LOIS PEREIRO Esencialmente poeta.

Lois por Sechu Sende Luis Ángel Sánchez Pereiro, máis coñecido como Lois Pereiro, nado en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e finado na Coruña o 24 de maio de 1966. De familia procedente do Incio, estudou no colexio dos Escolapios e comezou a escribir con 15 anos. Tras rematar o COU marchou a Madrid, onde comezou Ciencias Políticas e Socioloxía. Logo dunha estancia en Monforte traballando na empresa familiar, adicada ao vidro, regresou a Madrid para estudar lingua inglesa, francesa e alemá. Alí fundou a revista Loia xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro. Xa de volta a Galicia, entrou en contacto cun grupo de poetas entre os que figuraban Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio Valcárcel, participando en varias antoloxías coma De amor e desamor (1984) De amor e desamor II (1985) , e colaborando en revistas como La Naval, Trilateral, Anima+1 e Luzes de Galiza. Esta última publicaría en 1997 os oito capítulos da novela curta Naúfragos do Paradiso. En 1983 e 1987 viaxou por Europa. Traballou como tradutor do alemán, francés e inglés en dobraxe. A TARABELA

33


Publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). No 1996, ano da súa morte, saiú a luz Poemas para unha Loia, que recolle obras da época madrileña, publicadas na revista Loia. Nos últimos anos, víñase reivindicando a dedicación do día das Letras Galegas a este poeta monfortino. Finalmente, o 26 de xuño de 2010 a RAG publicou a súa decisión de adicarlle o Día das Letras Galegas do 2011. A Academia apreciou: “evidentes pegadas expresionistas, referencias a literatura xermánica e certos trazos de contracultura... Cartografiou coma ninguén o labirinto do mundo contemporáneo...” En palabras de Manuel Rivas, membro da RAG: “Adicarlle a Lois o Día das Letras 2011 foi unha decisión valente da Academia, porque é un autor de culto, pero en tanto se difunda a súa obra será un autor moi popular.”

A TARABELA

34


EDLG Do CPI Jose GarcĂ­a de Mende

SOMOS GALEGO ! Unha pequena mostra da nosa andaina no Correlingua 2011.

A TARABELA

35


Cóntame como pasou Adeus a tantos cursos explicando o outono, pintando de morado as uviñas, recollendo as follas que caen, festexando o magosto cos ourizos das castañas, o festival de Nadal repetindo até a saciedade os mesmos movementos, panxoliñas e poesías, o día da Paz en xaneiro, disfraces de Entroido que hai que facer novos cada ano (nunca cadra que se repitan!),os agasallos para papá e mamá que hai que elaborar cada ano,o día do libro en abril, as floriñas en primavera, as Letras Galegas en maio e o festival de fin de curso e agora cas novas tecnoloxías as preparacións de orlas, material fotográfico vario…. cantos detalles, cantos miúdos detalles, tantos coma nenos recíbense cada dous cursos, nenos que con sorpresa e alegría renovada cada ano arráncanse a ler, a comprender, a descubrir o mundo que lles rodea. ( Nunca agradeceremos todos bastante ese labor de base, esa marabilla que é a lectura e que debemos a profesores coma ti, Fina!). Fina, muller de interior, caseira,, familiar, moi dos seus, moi do seu lar (na vila de Celanova), das súas querenzas. Morriñosa do seu fillo, a quen terá máis ocasións de ir velo a terras castelás. Muller atenta á chamada de calquera amiga en apuros. Mesmo se non quero poñerte nostálxica, non esquezo neste balance que a túa chegada a Mende estivo tinxida de momento duros de portas adentro. Pero coido que é o momento de traer ao presente a todo e todos os que tiveron un lugar relevante na túa vida, agora que pensaS en darlle un xiro importante. Percorriches a península Ibérica, de Cataluña á Galiza, con parada e fonda en terras pontevedresas realizando diversas facetas no mundo do ensino.

A TARABELA

36


Hai uns versos que che presto se queres, porque resumen para min o que significa deixar a tarefa que desenvolviches tantos anos e que un día, case de súpeto, deixas para sempre “et un jour je m’en irai avec ma chansonette pour aller m’installer sur une autre planète ” ( Algún día marchareime coa miña cantinela para instalarme noutro planeta) . Que a túa estadia sexa do máis fructífera, agradable e sosegada se che deixan ese grupo de amigolas viaxeiras que queren tentarte a toda costa para percorrer novas latitudes. Nin os teus pequechos nin o profesorado esqueceremos a túa figura gallarda.

A TARABELA

37


Xosé Manuel 988232529 Un bo día de finais de xuño de hai anos, deixeime “caer” polo centro que me deparou o concurso de traslados daquel ano. O que entón era o Xefe de Estudos de Primaria recibiume, a falta doutro cargo directivo, invitándome a volver noutro momento ou a chamar ao teléfono do centro, déchesme un post-it que puña “Xosé Manuel 988232529”...aínda debe estar nun caixón do meu escritorio. Ao longo dos anos, e foron una morea deles en Mende, tocaches diversos palillos no eido do ensino. Coma compañeiro compartimos moitos “holas” e adeus nos corredores, no camiño de ida e volta a pé, na sala de profes, nos claustros... Compartimos alumnos que pasaban de Primaria a Secundaria e dos que sempre tiveches o detalle de darnos una apreciación certeira que nos axudou a recibilos ben, a orientalos sobre todo ao principio cando o alumnado está na clase, expectante, cando moitas cosas lles son descoñecidas e miran a todo e a todos con olliños curiosos. José Manuel, coma todos tes o teu “background” antes de Mende, en terras pontevedresas onde puideches escoitar outros acentos do galego. Pero iso xa é historia. Este curso cambias de partitura para iniciar outra etapa dentro da túa traxectoria que enriquecerá o teu currículo profesional e persoal, sen dúbida ningunha. Os cambios de tanto en vez son bos, e xulgas que chegou o momento de marchar. Nós, despedímoste con certa nostalxia, pero non poderás librarte de nos vir ver, porque tendo a mañá libre, non tes escusas para vir tomar un café (de máquina, si, non hai outro) cos teus “vellos” colegas. Outros días poderás acercarte a ese hortiño case virtual do que te abasteces de ricas verduras e froitas.

A TARABELA

38


Adeus ao home afable, sorrinte, algareiro (dos que fai bromas, grazas e lerias aos outros mais sabe encaixar as alleas), home de ideas, de militancia, atento tanto aos alumnos coma a súa familia, todo un padrazo. Antes de marchar non te esquezas, como fixeches daquela, de deixarnos en papel, ou virtualmente, as novas coordenadas espaciais para non che perder a pista. E así contar novas e rememorar tantas anécdotas que tes no tinteiro e que non teñen cabida neste esbozo.

A TARABELA

39


XORNAL ESCOLAR A TARABELA Nº5 Edita e coordina o EDLG do CPI José García de Mende

Curso 2010-2011

A TARABELA

40


A TARABELA

41


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.