Page 1

A TARABELA CPI José García García,MENDE-Ourense

Curso 2012-2013


SUMARIO Editorial Samain Magosto e cogumelos Nadal Catro máxicas palabras Día da Paz Entroido Recital de poesía Día da muller Unha Premio Nobel en Ourense Galeguidade de Cervantes Entroido á Francesa Biblioteca Concerto e MAC en Santiago Excursión a Lugo Estudio dunha planta (U.E.) Teatro en Ourense Teatro clásico Un día ca G. C. de Tráfico Correlingua 2013 Letras galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño Festa de Fin de Curso Despedida do alumnado de 4º da ESO

2 4e5 6e7 8e9 10 11 12,13 e 14 15 16,17 e 18 19 20 21 22 24 26 27 28 29 30 32

e 23 e 25

e 31 e 33

34, 35, 36 e 37 38 39


EDITORIAL Abrimos a presente edición da revista do centro coa felicitación á toda a Comunidade Educativa polo seu traballo ao longo deste ano cheo de dificultades. Parabéns ao alumnado polo seu rendemento académico, o seu comportamento e a súa predisposición á convivencia cordial cos compañeiros, profesorado e persoal de administración e servizos. Estamos cumprindo o noso obxectivo co alumnado que é que a maior cantidade posible de alumnado chegue a titular en 4º de ESO cunha base de coñecementos e hábitos de conduta e traballo que lle dea garantías para afrontar calquera proxecto futuro (bacharelato ou FP). Os programas de reforzo e apoio, as adaptacións curriculares, o labor titorial, o Departamento de Orientación e a exixencia do profesorado, son ferramentas fundamentais para conseguilo. Parabéns ás familias porque a pesares das dificultades económicas que estamos a atravesar, souberon estar á altura das circunstancias cando se lles requiriu para tratar calquera incidencia relacionada coa educación dos seus fillos. Segue a ser fundamental para nós a comunicación coas familias para reforzar o feito educativo tanto dende o punto de vista condutual como de adquisición de coñecementos. Parabéns ao persoal de administración e servizos pola súa dedicación moi por encima do minimamente requirido. O traballo de conserxes, coidadoras, administrativo, limpadoras, cociñeira e auxiliares de cociña, non se ve directamente pero é fundamental para o correcto desenvolvemento do centro. Tanto a profesora encargada do comedor, como as colaboradoras de comedor, como o persoal de cociña, son responsables do nivel de calidade conseguido no servizo, avalado pola Consellería de Sanidade, apoiado polo programa de Menús Saudables da Xunta de Galicia e reforzado polo alumnado en prácticas do ciclo formativo de Dietética e Nutrición. E por último, parabéns ao claustro do profesorado pola súa dedicación e profesionalidade independentemente dos continuos cambios de normativa, reducións orzamentarias , perda de dereitos adquiridos e modificacións nas condicións de traballo. A pesares dos cambios nas condicións horarias do profesorado, seguimos a organizar actividades extraescolares e complementarias, así como as conmemoracións e celebracións, fundamentais para a mellora da convivencia no centro. É para destacar a participación tanto do alumnado como do profesorado e PAS no Magosto, Festival de Nadal, Entroido, Día da Paz, Letras Galegas, Celebracións de Fin de Curso, etc. Tamén queremos agradecer a presenza ao longo do curso, tanto en infantil, como en primaria e secundaria, de colaboradoras de diferentes países da Unión Europea que axudaron e moito na aprendizaxe de idiomas do noso alumnado. A DIRECCIÓN Pablo Fernández Valencia


O Samaín É a última e máis importante festa celta (O Imbolc, O Beltaine e O Lughnasa) tiña lugar o 1 de novembro. Este día significaba o día de ano novo (sendo a véspera, o 31 de outubro, "noitevella"), e á súa vez indicaba que comezaba unha etapa: o inverno. O ano celta divídese en dous grandes períodos: o período de verán, que vai desde o Beltane (1 maio) ata o Samain (1 de novembro), e o inverno (desde o Samaín ata o Beltaine seguinte).


Os celtas, esas noites, amontoaban as caveiras dos seus mortos (e tamén dos seus inimigos) e pintábanas. Esto tivo repercusións noutras culturas como a galaica que

tiñan nas encrucilladas amontoamentos de pedras

(chamados milladoiros) e tíñase o costume de depositar unha pedra e pedir un desexo. Existe un milladoiro no camiño de Santiago, que é famoso (ademais de estar preto de Santiago de Compostela), porque posúe unha gran cruz de ferro. O feito de depositar unha pedra alí é signo de que non terás mala fortuna durante o que queda da viaxe, por iso os peregrinos soen levar unha pedra desde o seu lugar de orixe, ou ben a collen antes de chegar ao milladoiro.


O MAGOSTO E Os COGOMELOS REFRÁNS: -Castañas,

noces e viño, fan as

delicias do San Martiño -Polo San Martiño, atesta o viño, deixa a auga e come castañas e viño.

ADIVIÑAS: -Son pequena e a miña cor é marrón, cando chega o outono métenme no fogón. -No alto estou,cor de ouro teño,por unha risada, perdo o canto teño.


Si che gústa a natureza e gozas da aventura, durante o outono as alternativas son poucas pero boas. Podes viaxar, ou ben podes sumarte ao plan de descubrir esta marabillosa práctica de recolección de cogomelos; unha alternativa máis preto de casa.

COGOMELOS

Unha característica destacable desta afección é que permite aproveitar as fermosas cores en que se presentan as setas na súa hábitat de natural, cando xorden durante a época otoñal por baixo das maduras follas caídas no campo, facendo da recolección das setas unha paixón e unha forma de esparcimiento que combinan a tranquilidade do campo coa sorpresa e euforia de achar unha nova especie. Cada un dos afeccionados á procura de setas convértese en xeral nun experto que dedica non só tempo á súa recolección, senón que o fai moitísimo respecto polo medio ambiente e a natureza, para conservar as especies e poder seguir descubrindo a maxia desta atrapante actividade.


O NADAL

O Nadal na Galicia tradicional forma parte da tradición cristiá desenvolvida dende o fin da antigüidade e seméllase ás doutras terras da Europa Occidental. Podemos atopar no Nadal un tempo agrario, vencellado ó ciclo productivo anual, e un tempo de inversión, momentánea, da estructura social. Este ciclo estacional do ano sinalouse dende a Idade Media con datas que coincidían co ritmo da natureza. Desta maneira, o Nadal coincide co período de mínima potencia solar e co intre no que o Sol comeza o seu renacemento cíclico a partir do chamado "solsticio de inverno".


CATRO MÁXICAS PALABRAS A AMIZADE,una máxica palabra que fala de nós, e que involucra diversos sentimentos, onde un amigo acode ao outro en busca de confianza, amor, consolo, respecto e compañía. Estas relacións preséntanse en todas as etapas da vida, aínda que con distintos graos de importancia e transcendencia. Dise que hai amizades que nacen aos poucos minutos de comezada unha relación, e outras que poden tardar anos en consolidarse. Amigo/a, fai referencia a esa persoa que non só comparte contigo os mellores momentos da túa vida senón tamén os peores:enfermidades, perdas, desconsolo, unha ruptura sentimental, unha grave situación económica...

A ILUSIÓN. Ter ilusión polas cousas,incluindo as máis pequeñas.Ilusión por todo…por “ese día” ,por “iso” por “calquera cousa”,por todo e por nada.Por todo o bo que nos vai a acontecer ,sobre todo naqueles momentos en que te sente só…a ausencia de alguén,o desengano…Ilusión por un mundo mellor,sen guerras,sen descriminación…onde todos teñamos as mesmas oportunidades e dereitos e onde poidamos expresar libremente as nosas opinión.

LEMBRANZAS,porque somos nós,os nosos desexos,a nosa historia.Aquela cicatriz ou aquela fotografía,somos nós,a nosa vida,a nosa familia,amigos,lugares,mascotas,golpes,ídolos…desde pequenos temos recordos.Os bos quedarán na memoria e os malos trataremos de esquecelos,pero seguirán formando parte de nòs.

SENTIMENTOS,pola

emoción que nos producen,bos ou malos,son imprescindibles.É o que nos fai sentir vivos,que amemos e sexamos amados,que aprecemos e sexamos aprezados,que nos fagan chorar e facer chorar.Sentilos non é o que nos da vida,pero si o que nos fai sentir vivos.¿De que serve estar vivo se non te sentes vivo?

Alex Lama-Rubén Bassedas de 1º ESO-A Alez Paz- Pablo Yáñez de 1º ESO-B Curso 2012-2013


DIA DA PAZ Despois de traballar diferentes aspectos da paz nas diferentes áreas, o que fixemos foi crear unhas normas entre todos de comportamento nos patios e nos corredores que é o lugar onde xorden a mayoría dos conflictos entre os alumnos destas idades, e fixemos tamén a festa dos bocatas-corasóns, elaborados por eles mesmos,e para compartir con outros cursos.


O ENTROIDO EN MENDE

O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e paganos, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas.

Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galicia.


Recital de Poesía 150 anos de “Cantares Galegos” de Rosalía de Castro Cantarte hei,Galicia teus dulces cantares que así mo pediron na beira do mare. Que así mo pediron, que así mo mandaron que cante e que cante na lingua que eu falo. Canta, si queres, na lengua que eu falo.

Así mo pediron na beira do mar, ó pe das ondiñas

Daréiche un mantelo. que veñen e van.

Daréiche un refaixo.

Así mo pediron

Co son da gaitiña,

na beira do rio que corre antre as herbas

co son da pandeira, do campo frorido.

che pido que cantes, rapaza morena.

Cantaban os grilos, os galos cantaban, o vento antre as foias runxindo pasaba.


Para celebrar este día limos o conto da “Cincenta que non quería comer perdices” en ingles e francés. -Preguntas para a PENSAR: .Que elementos novos ves no conto? .Como se transformou a protagonista?(o que deixa, o que adquire…) .Cal é momento máis destacado? .Que engadirías ou quitarías do conto? .Parécese algo ao que pode estar pasando hoxe?

Día da muller


The Cinderella who didn't want to live happily ever after ( o r who didn't want to eat partridges following the Spanish version of the tale* )

1) Cinderella really wished to go to the party. 2) And at last she could go!!! 3) She was so anxious that on the next morning she couldn't remember anything… 4) But here there were those two sirs with a pointed, high heel, crystal shoe... waiting for Cinderella to try it on. 5) At the beginning the shoe didn't fit her foot... but after pushing so much it did. 6) And she had to marry the prince… 7) At first she loved the partridges, but she was a vegetarian. She didn't eat meat or fish, but she had to cook the partridges because they were the prince's favourite food. She cooked them grilled, roasted, stuffed, fried... 8) And the prince told her unhappily: 'They are salty! They are raw! They are burned'. 9) And the worst thing of all was that she had to use those pointed, high heel, crystal shoes! 10) She tried to straighten her back, but she was turning backwards. So she started to bend herself and all her ideas and illusions were slipping away. 11) The sole of her feet kept having a lot of injuries!!! 12) Cinderella felt worse and worse: Sick, depressed, lost... and she said: 'What a shame of a prince, of shoes and of partridges...!!! 13) The modern neighbour tells her: 'Don't complain about the shoes. You see I have to wear half a metre high, platform shoes! 14) Another friend tells her: 'Don't complain. My prince likes cows and I need eight microwaves to heat dinner'. 15) The Queen Mother tells her: ‘Don’t complain. Where are you going to be better than with a prince?’. 16) A mate tells her: ‘But weren’t you a vegetarian or didn’t you like walking barefoot?’. 17) So Cinderella got more confused with people’s remarks… She stopped talking about her problems and was alone... 18) She only had a prince, her twisted back, her injured feet and a broken heart… 19)…And one day she had the luck of looking at herself and wondered: ‘Who am I?’. 20) And she started to laugh at herself. She had been so innocent when she thought a prince would save her… 21) And one day she stopped feeling guilty, she forgave herself and realized the only one capable of saving her was HERSELF! 22) And at that moment the fairy that we all have inside turned up (she was a little fat, darkhaired and ugly…) 23) The fairy embraced her and Cinderella cried because she hadn’t felt so well for a long time. 24) First she cried when she remembered her stepmother’s mistreatment, her sisters’ envy and the amount of partridges she had cooked for the prince. She cried for everything! 25)…and she felt better than ever: EMPTY! And floating!!! 26) Now she only had to fill herself with good and beautiful things… 27) First of all, she left the prince, then she left her shoes and the partridges… 28) Once alone he realized that she wanted to enjoy all those things she hadn’t enjoyed before. 29) She signed up for a dance class to dance and feel free… 30) She learned to think, to take her time to do things and to trust. 31) And this is how, on her way of transformation, she met another people who had suffered the same situation: Snow White, Sleeping Beauty, Little Red Riding Hood (who hadn’t seen the hunter’s shotgun…) 32)…Pinocchio, tired of lying so much, tells the truth all the time now. Tin Man found his own heart after crying so much. 33) Once they were free, they could make their dreams come true helping one another. 34) Cinderella opened a vegetarian restaurant called ‘So much harmony I have’. Apart from eating, people don’t stop dancing there. 35) Now they are delighted that they have met, but they are a bit angry because of what they had to represent on those tales for many years. 36) Here ends the tale and now we start a new one: ‘Once upon a time there were several women of great worth, they weren’t alone and they knew how to be themselves in their lives.


CENDRILLON N’AURAIT PAS DÛ MANGER DE PERDRIX 1.Cendrillon avait envie,mais très envie de faire la fête. 2.-À la fin elle réussit!

3.-Mais elle en était si avide que le lendemain elle ne s’en souvenait pas.

4.-Cependant ,les viola ces deux messieurs avec un sulier à salon,pointu et en .Cristal en train d’attendre que Cendrillon l’enaie. 5.-Au début,el était trop serie,mais à la fin, le mit.

6-Et elle dût épouser le Prince.

7.-Au début ,elle adorait les perdrix mais étant végétarienne,elle ne mangeait ni viande ni poisson,malgré cela elle devant cuisiner les perdrix car c’était la nourriture péférée du Prince.Elle les faisait grillées,au four,farcies,frites… 8.-Et le Prince lui disait à contrecoeur:Elles sont salèes! Elles ne sont pas bien faites! Elles sont burles!. 9.-Le pire c’était qu’elle devait mettre les souliers à talon,pointus et en cristal. 10.-Au debut,elle alait toute droite, mais par la suite elle commença à se pencher en avant et au bout d’un moment elle s’inclina à tel point que ses idées et illusions commencèrent à glisser tout au long de son dos. 11-Elle avait les pieds pleins de petites blessures! 12.-Cendrillon allait de pire en pire...malade,deprimé,aplatié,perdue…elle disait:Tant pis pour le Prince,les souliers et les perdrix… 13.-Une voicine,l’air moderne,lui dit:Ne te plaires pas de souliers car je porte des chaussures à plateformes d’un demi mètre... 14.-Une ami lui dit:Ne te plaines pas car mon Prince aime les vaches et j’ai besoin d’au monis huit microondas pour chouffer le dîner. 15.-La reine-mère lui dit:Ne te plaires pas.Où vas-tu être mix qu’avec un Prince…! 16.-Une collègue lui dit:Mais,n’étais-tu pas donc vegetarienne et tu allais pieds-nus? 17.-Cendrillon finit à la fin confondue par les commentaires d’ici,de là…elle arrêta de raconter ce qui lui arrivait et finit par ètre toute seule. 18.-Elle návait qui le prince son dos tardu,ses pieds blésses ,son coeur brisé… 19.-…et un jour elle ent la chance de se regarder à soi-même et de se demander :Qui suis-je? 20.-Et elle se mit à rire d’elle-même,de son innocence de penser qu’un Prince pourrait la sauver. 21….et un jour elle cessa de se sentir ocupable,se perdonna et se renda compte qu’elle était la sente capable de se sauver.Tu es toi-même,viola tout! 22.-Et dans cet instant la fée , qu’on à tous en nous , est apparue:un peu grosse,brune et laide...

23.-La fèe de Cendrillon la prit dans ses bras et cell-la pleura parce qu’il y avait longtemps qu’elle n’étati pas bien. 24.-D’abord elle pleura en se souvenant des abus de sa bell-mère,l’evie de ses soeurs et la quantité de perdrix qu’elle avait cuisinées . Elle a pleuré un peu de tout! 25.-Et elle se sentit Vieux que jamais,vide,légère…26.-Maintenant elle devait en avoir plein de bonnes et belles choses… 27.-D’abord, elle laissa le prince ,ensuite elle bairra les souliers et puis les perdrix... 28.-Une fois toute seule ,elle decouvrit qu’elle voulait jouir de ce qu’elle ne l’avait pas fait auparavant. 29.-Elle s’est incite à un cours de danse et se sentir libre. 30.-Elle apprit à refléchir,à prendre son temps pour faire les choses et à être

confiante. 31.-C’est ainsi que dans ce chemin de transformation elle connut à d’autres êtres qui avaient les mêmes soucis: Blanche Neige,la Belle au bois dormant,le Petit Chaperou Rouge(laquelle n’a pas vu le fusil au chasseur…) 32.-Pinocchio, sus le bol de mentir,maintenant il disait toujours la verité.L’Homme en fer-blanc qui après avoir beaucoup pleuré, trouva son coeur. 33.-Étant déjà libres,ils ont pu réaliser ses rêves en s’aidant les uns aux autres.34.-Cendrillon ouvrit un restaurant végétarien appellé: “J’ai de l’ harmonie en plus” où à part manger ,ils n’arrêtent pas de danser. 35.-Maintenant ils sont ravis de se connaître mais un peu fâcés des histoires qu’ils ont dû jour pendant de nombreuses annes... 36.-Finit l’histoire et en commence une autre...”Il était une fois des femmes qui Valaient beaucoup,que n’étaient pas seules et qui savaient être elle-mêmes...”


ENCONTRO DOS ALUMNOS DE MENDE CON UNHA PREMIO NOBEL:

ADA YONATH O día 12 de Marzo de 2013 os alumnos de 4º de ESO que cursan a materia de Física e Química acudiron a un encontro coa premio Nóbel de Química, Ada Yonath. Dito encontro desenrolouse integramente en inglés e nel os alumnos de diferentes centros de ESO e Bacharelato tiveron a oportunidade de facerlle á prestixiosa científica diversas cuestións sobre as súas investigacións, a súa vida e aficións durante unha hora na que a premio Nóbel achegouse aos estudantes contestando todas as súas cuestións e animándoos a desenrolar todos os seus potenciais e aptitudes.


A GALEGIDADE de CERVANTES Ourense na vida e na obra de Miguel de Cervantes Saavedra. O investigador César Brandariz expón argumentos por os que ,segundo os seus estudos (entre eles Cervantes descodificado, 2005 e El hombre que hablaba difícil, 2011 entre outros) revisa o berce de Cervantes.Afirma que non naceu en Alcalá de Henares e conclue diciendo”La mal llamada casa natal y la pila bautismal no son de Miguel sino de su pariente, y no todos los acalaínos se avienen al “sostenella y no enmendalla”,”. Comecemos polo principio.O nome Miguel sinxelamente non existe na inscripción orixinal da partida de nacemento.É un añadido posterior na marxe esquerda. A data de tal inscripción é dous anos anterior á data real do nacemento.O auto testimonio de Cervantes, 64 anos de idade a 14 de xullo de 1613 está nos Preliminares das Novelas Ejemplares non nas Aprobaciones e as datas deses Preliminares son todas de 1613 moi posteriores ao 1611 das Aprobaciones. A dedicatoria ao Conde de Lemos na que pide que “reciba en su tutela este libro...” es de 14 de xullo de 1613 e o Prólogo ao lector onde alude a os seus 64 anos non explicita a data, pero obviamente está escrito despois do 14 de xullo de 1613 porque alude á citada Dedicatoria de tal data “Yo he tenido osadía de dirigur estas novelas al gran conde de Lemos”. A redacción “he tenido” refiere ao pasado. Afirmar que dos anos antes, en 1611 puña en escrito, premonitoriamente, non só o ano senon o mes exacto, xullo e o día exacto, 14 no que ía efectuar tal envio físico ao Conde de Lemos escapa á lóxica. A familia de Alcalá podía usar “don” porque dispuña de limpeza de sangue.O noso Miguel tivo que pedila. É archisabido que Cervantes oculta o manipula a súa filiación como por exemplo na partida de matrimonio de Esquivias, o Memorial de 1590 a Felipe II. Pero de onde é Cervantes? Sucesivos cronistas reales coma Juan de Mena 1448, Florián de Ocampo,1584, Alonso López Haro 1622,Rodrigo Méndez Silva 1648 e o protonotario apostólico Alonso Gómez de Cervantes 1505 relatan que o apelido Saavedra ten o seu solar na aldea Cervantes, territorio de Sanabria, Reyno de Galicia.Pellicer indicao en 1778, Fernández Duro, académico e secretario perpetuo da Academia de Hiustoria en 1853, e Pedro de Prada y Lagarejor, Rector da Universidade de Valladolid e académico de ciencias morais, narra no seu opúsculo de 1905 que a familia Saavedra é unha das que formaron a aldea de Cervantes. Esta conexión do escritor coa aldea o “lugar” Cervantes foi recollida por Manuel Ramos en 1965.Este “lugar” está nas montañas de León de donde din ser o cautivo, o Quijote e o Damón da Galatea trasuntos do propio Cervantes A sintaxe e morfoloxia originais de Cervantes e parte do seu léxico non llegaron na súa integridade debido ao filtro de adaptadores coma Clemencin o Hartzenbuch.A súa recuperaciónn grazas á dixitalización mostran a influencia directa do dialecto leonés-sanabrés e do galego na escritura orixinal de Cervantes con múltiples exemplos concurrentes.Peches de “o” en “u”, pronomes enclíticos,anacolutos continuos, doble nagación por conxunción coordinante, concordancias en femenino, dativos éticos, loísmos, sintagmas de doble determinación,léxico,etc. Outra fonte que nos era descoñecida reforza o anterior:trece páxinas da “Églogla de Virgine Deípara” representada o 8 de decembro de 1581 no desaparecido e afamado colexio dos xesuitas en Monterrey,Verín, están manuescritas por o antiguo estudante deste colexio Miguel de Cervantes Saavedra referíndose á súa coñecida tartamudez e utilizando o pseudónimo “sanabrio”. A analise do contenido do Quixote demostra, por insospeitado que pareza, que a inmensa maioría de escenarios, itinerarios, flora,costumes e episodios,Barcelona, Vélez, Málaga, “Insula Barataria” e “molinos de viento” incluidos, situados na “Mancha” xeográfica ou Aragón, teñen unha inspiración clara nos antiguos territorios do Conde Duque de Benavente. A mal chamada “casa natal” e a pila bautismal non son de Miguel senon dos seus parentes .Os alcalaínos non deberían”sostenella” e si ”enmendalla”. Cervantes e Ourense, algunhas pinceladas -Características lingüísticas específicas do leonés-sanabrés influidas polo galego -Estudos en Monterrei demostrados coa súa propia caligrafía -Nace en “Cervantes” aldea de Sanabria daquela Reino de Galicia, referido por os cronistas coma “lugar” dos Cervantes y Saavedra -”Cervantes” aldea e o”balcón de Sanabria” refuxio de “manchados” -”Alter egos” literarios, Damón e o Cautivo das mesmas montañas de León -Auto descripción de Cervantes coma tartamudoe “sanabrio”estudante de Monterrei -Primer cronista do Entroido en Pedro de Urdemalas (con vocabulario coma bica, peliqueiro) -Plena inspiración do Quixote en Sanabria, territorios de Benavente e algunha parte de Galicia con ocultismo e sustitución de nomes. Mª Concepción Guerra.


Entroido “à la française” Sabedoras da importancia do Entroido ourensá, a curiosidade levounos a cruzar fronteiras e pasar ao país veciño para coñecer como era o carnaval en terras francesas. Aquí como alá o costume de festexar o carnaval, cuarenta días antes da Cuaresma, remonta á Idade Media. Os carnavais máis recoñecidos son os de Niza,Dunkerque, Gais Luron ou Vitré. Faremos unha breve reseña de cada un deles O carnaval máis importante de Francia celébrase en Niza, sendo unha das maniestacións festeiras máis señeras da Costa Azul. Cada ano elixese un tema particular. Normalmente asisten un millón duascentas mil persoas do mundo enteiro. Hai desfiles de cabezudos feitos de “papier mâché” e carrozas. O máis típico é “la batalla de frores”: dende as carrozas lánzanse pétalos de frores aos espectadores.Os espectadores “bombardean” con máis de quince toneladas de confettis. O derradeiro día de entroido “Sa Majesté Carnaval” é acusado de todos os problemas e queimado. A festa remata con fogos artificiais na mar. En Dunkerque o entroido ten as súas orixes na pesca do bacallao en Islandia. Antes de partir os mariñeiros eran invitados polos armadores dos barcos a un ágape.Esta tradición transformouse en festa popular, con desfiles de xente disfrazada en torno a un tema. Hai tamén bailes nas plazas e dende o concello lanzanse arenques envoltos en plásticos aos participantes. Gais Luron e Vitré teñen o entroido máis coñecido da Bretaña. Dura un mes. Comeza coa exposición das carrozas e remata cun desfile nocturno con antorchas. Hai desfiles con lanzamento de ovos,concertos,etc.


A BIBLIOTECA CONTINúA CON VÓS Con ilusión, entusiasmo e esforzo a nosa biblioteca seguiu funcionando con moita aceptación por parte de toda a comunidade educativa. Continuamos mellorando e ampliando os nosos fondos (grazas á asignación económica recibida por terceiro ano consecutivo do PLAMBE-Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares-). Esperamos continuar con estas axudas o próximo ano para poder atender dentro do posible as suxestións e subsanar as posibles deficiencias que, tanto profesorado como alumnado nos comunicaron nas enquisas realizadas sobre o seu funcionamento. Aproveitando a oportunidade que nos brinda a revista, o equipo da biblioteca que agradecer a todo o alumnado colaborador a súa inestimable axuda porque, sen eles, este laborioso traballo non sería factible. Deixamos aquí unha mostra dalgunhas das actividades realizadas tanto pola biblioteca como polo club de lectura e recordade que esperamos a vosa participación para o próximo curso, xa que sen ela non sería posible o seu funcionamento. Se queredes ver o traballo realizado durante este curso aquí tedes os blogs da biblioteca e do club de lectura: Biblioteca: bibliomende.blogspot.comClub de lectura: clubmendebiblos.blogaliza.org


DIA DO LIBRO

AXUDANTES DE SECUNDARIA FACENDO UN AGASALLO

CLUB DE LECTURA


SANTIAGO DE COMPOSTELA - 24 de abril de 2013 Concerto de Violoncello F. Gulda A Real Filarmonía de Galicia ofreceu en maio un concierto didáctico de violoncello. A obra era do compositor Friedrich Gulda e interpretada por Thomas Piel como solista. Friedrich Gulda (1930-2000) naceu en Viena. Comezou os seus estudios pianísticos aos 6 años. É recoñecido mundialmente polas interpretaciones de Mozart y Beethoven. En 1946 gañou o primeiro premio no Concurso Internacional de Xinebra. Nos anos 50 comeza a interesarse polo jazz. En 1966 organizou e estableceu o International Musikforum, unha escola de música para estudiar improvisación. A comezos dos años 80 fixo un dúo co pianista de jazz Chick Corea.

Nos años 90, Gulda organizaba festas "rave" (as festas de acid house surxiron nos anos 1980 e están caracterizadas por música electrónica de baile rápida, espectáculos de luces e unha duración que en ocasións se extendía durante noites enteiras) onde actuaba con DJs y Go-Gos, esto levouno a gañar o sobrenome de pianista-terrorista.

Gulda siempre expresou o seu desexo de morrer o mesmo día que un dos seus grandes ídolos, W.A. Mozart e así foi. Faleceu o 27 de xaneiro del 2000, con 69 anos.


MUSEO DA ARTE CONTEMPORANEA

Tamén visitamos o Museo CGAC onde o alumnado puido experimentar de primera mán o contacto coa arte contemporánea, guiados pola exposición temporal e parte dos fondos do Centro. Ésta é a mellor maneira de iniciarse na degustación destas expresións plásticas tan difíciles as veces, aínda case sempre por non adoptar o punto de vista adecuado, máis que polo inaccesibles que poidan ser.


EXCURSIÓN a LUGO/ 1º ESO A e B Mosteiro de Samos

CASTRO de VILADONGA

MURALLAS de LUGO

A MURALLA ROMANA DE LUGO RODEA O CASCO HISTÓRICO DA ANTIGA CIDADE ROMANA DE LUCUS AUGUSTI, FUNDADA POR PAULO FABIO MÁXIMO EN NOME DO EMPERADOR AUGUSTO COA FINALIDADE DE ANEXIONAR, DEFINITIVAMENTE, O NOROESTE DA PENÍNSULA IBÉRICA AO IMPERIO ROMANO .FOI DOTADA DUN MURO DE DEFENSA QUE PERDUROU ATA A ACTUALIDADE.


Visita a Sotavento


TEATRO

Alumnado de 4º da E.S.O. de Música que asistiu ao Teatro de Artes Escénicas de Ourense

En Xaneiro o alumnado de 4º da E.S.O. de Música asistiron ao Teatro de Artes Escénicas de Ourense para ver a posta en escéa de coreografías do grupo de Danza Sólodos (Ourense) e do grupo Catro X Catro (México). Esta actividade proporcionou ao alumnado unha visión de conxunto das artes escénicas e do desenvolvemento das capacidades expresivas e creativas do corpo humano. Como público participaron na posta en escéa dunha coreografía. Nun debate posterior cos artistas entenderon a utilización das artes escénicas como medio para mostrar ,individual e colectivamente, sentimentos, pensamentos, ideas e moitas veces problemáticas e conflictos que afectan á colectividade.


TEATRO CLÁSICO O alumnado de Cultura Clásica e de Ciencias Sociais asistiron ,en marzo, á representación teatral de Agamenón de Esquilo a cargo do grupo O Ruiseñor, parte da Compañía de teatro Universitario de Lugo. Para a preparación da actividade contamos coa obra editada e dunha pequena guía didáctica. Os actores introducíonos no ambiente de crime e violencia da casa de Atreo e das ansias de venganza de Clitemnestra coa desaprobación do coro e do corifeo.


UN DIA COA POLICÍA LOCAL E A GARDA CIVIL O día 14 de maio tivo lugar no CPI de Mende unha xornada de coñecemento e acercamento ao traballo da Policía Local e a Garda Civil de Tráfico. Axentes dos dous corpos se desprazaron ao centro cos seus vehículos. Os alumnos/as puderon acceder ao interior dos coches e furgóns de atestados, subir ás motos, tocar as sirena, ou utilizar as súas emisoras de radio. Foi unha experiencia moi interesante e amena na que os alumnos da Unidade Específica disfrutaron sendo axentes por un día.


Unha clase moi especial...

PROBANDO, PROBANDO...

Chamando à base… cambio!


CORRELINGUA 2013 “O GALEGO, A CHAVE DO MUNDO” XOVES,2 DE MAIO 2013 EN OURENSE


O Correlingua 2013

realizouse en Ourense segundo o seguinte

horario: -10:00 Recepción dos partipantes na Praza Maior. Aquí terá lugar o concurso de pancartas entre as que presenten os participantes. -10:45 Saída da andaina pola lingua. Nos próximos días enviarémosvos o percorrido. -11:30 Acto no Auditorio Municipal (Posible cegada ao Centro sobre as 2 pm) Programa de actividades no Auditorio Municipal : -Presentación: Pepe Penabade, actor, membro da compañía de teatro “Chévere”. Ten participado en series da TVG como “Matalobos” e “Padre Casares” e en cine en 23-F A película onde interpretou a Manuel Fraga. -Leitura do Manifesto. -Actuación do grupo gañador do Cantalingua O Manifesto é o que foi gañador do concurso; neste ao o grupo “Os Golgorotos” de 4º de ESO, do IES A Pinguela de Monforte de Lemos.

PANCARTAS DO CIP de MENDE GAÑADORAS NO CORRELINGUA 2013


UNIDADE DIDÁCTICA: ESTUDIO DUNHA PRANTA Coa chegada da primavera observamos ao noso arredor un estalido de cores na natureza: verdes de tódalas clases e flores de distintas cores nas plantas e árbores que vemos na nosa casa, no colexio e nos parques das nosas cidades e pobos. Na Unidade Específica plantexámonos o estudo e coñecemento das plantas, centrándonos nas súas partes e os coidados que precisan. Con esta actividade pretendemos resaltar o papel da área de Coñecemento do Medio como eixe globalizador das áreas do curriculum escolar. Traballaremos, ademais, obxectivos e contidos das áreas de Lingua, Matemáticas, Educación Artística, Educación para a Cidadanía... Para adquirir novas aprendizaxes partimos dos coñecementos e ideas previas que teñen os alumnos/as para chegar a un coñecemento máis elevado que faga referencia ao mundo cotiá do alumno/a. A aprendizaxe significativa é sempre o producto da interacción entre un coñecemento previo e unha informaciión nova. Para o desenvolvemento da unidade didáctica seguimos unha serie de pasos secuenciados. Identificación de plantas e árbores que coñecemos. - A través da observación directa das plantas do xardín do colexio e das que hai nos andares. - A través de láminas de libros de texto e imaxes de Internet. Elaboración e realización de actividades didácticas de aprendizaxe nas que se traballen os seguintes aspectos: - Identificación e recoñecemento das plantas como seres vivos. - Partes da planta e función de cada unha delas. - Coidados que precisan: auga, aire, luz. Visita a un viveiro de plantas. Elección do viveiro. Eleximos un viveiro que está ao lado do colexio pola súa proximidade e variedade de plantas hortícolas, frutais e ornamentais. As profesoras planificamos a visita previamente co personal do viveiro, acordando as seccións que iamos visitar e a disponibilidade de plantas para comprar dentro das nosas posibilidades monetarias. Preparación da visita. Na clase planificamos a nivel de expresión oral o que iamos observar, repasando o aprendido anteriormente. Tamén ensaiamos as normas de cortesía que deberiamos empregar coas persoas traballadoras do viveiro. A cada alumno/a déuselle 1€ para comprar unha planta e fixemos matemáticamente o cálculo para averiguar o que lles tiñan que devolver (xa as profesoras pactáramos o prezo da planta que comprarían). Desenvolvemento da visita. Os alumnos/as coñeceron ao personal, que nos mostraron as distintas sección e a variedade de plantas que cultivaban en diferentes estadíos de desenvolvemento. Coñeceron o nome dalgunhas plantas e flores. Cada alumno/a elexíu unha planta, pagouna e comprobou a volta. Desperíronse dando as gracias e voltamos ao colexio.


Coidado da planta Colocamos a planta nas ventás da clase e coidaron dela durante dúas semanas. Regáronna con regularidade e observaron como lle saían novas flores.

Identificaron a través da súa experiencia personal e da manipulación das partes da planta: raíz, talo, follas, flores. Construcción dunha maceta ornamental con material de desfeito e obxectos de uso cotián: lata grande de conservas, papel de servilletas e pinzas de roupa. Decoraron a maceta con pinturas, goma eva e cartulina. Colocaron a planta na maceta e leváronna para a súa casa, onde a seguen coidando.

Construcción dunha maceta ornamental con material de desfeito e obxectos de uso cotián: lata grande de conservas, papel de servilletas e pinzas de roupa. Decoraron a maceta con pinturas, goma eva e cartulina. Colocaron a planta na maceta e leváronna para a súa casa, onde a seguen coidando. Este é o resultado final.

Alumnos/as e profesoras da Unidade Específica


Naceu o 31 de Xullo de 1950 no barrio de Vista Alegre ,en Santiago. Alí cursou estudios e traballou no comercio e na banca.Xa de pequeño quería ser director de cine e,con esforzó,foi un dos promotores do teatro galego independente. É un autor de teatro en lingua galega porque quería dotar a Galiza dun teatro propio. En 1975 creou a compañía Antroido e xunto co grupo Abrente,profesionalizou o teatro galego. En 1980 traballa ca compañía Estaribel. A Xunta de Galiza crea, en 1984,o Centro Dramático Galego e estra a obra “Agasallo de Sombras”.

LETRAS GALEGAS 2013:Roberto Vidal Bolaño Pensa que o teatro é una confluencia do autor coa posta en escena polos actores e demais axentes e o público que sempre valorou. O obxectivo do teatro é estimular a conciencia .Quere facer do teatro un espazo participativo e crítico. “Un teatro do presente co que sentirse identificado e no que ter coma propio.” R.V.B.


Outras das súas obras de carácter histórico son:”Dias sen gloria” e “Actas Escuras”. Participa coma actor en Sempre Xonxa e A Lingua das Volvoretas. En 1991 creou e dirixiu a compañía Teatro do Aquí,con obras coma Saxo Tenor, Anxeliños,Criaturas e Animaliños,onde fai una sátira ecolóxica do urbanita. Ca obra “Doentes” homenaxeou ao seu maestro Valle Inclán. No ano 2000 ,o Centro Dramático Galego estrea a sua obra “A burla do galo”.No 2001 recibe varios premios:Max de Teatro,María Casares e Maruxa Villanueva. Remata a súa posta en escea o 11 de setembro de 2002.

Interpretación de Roberto Vidal Bolaño feito por Poldras e o alumnado de 4º da ESO


Fin de curso


ยกATA SEMPRE!!!

4ยบ de ESO Curso 2012-2013


Xonal do CPI de Mende-Ourense Curso 2012-2013 Edici贸n n煤mero 7

A tarabela nº7  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you