Skip to main content

A Tarabela Nº6

Page 1

ONDE ESTÁ O CPI JOSÉ GARCÍA DE MENDE?????

A TARABELA A TARABELA

1


SUMARIO Limiar…………………………………………………………………………………………………………………………………….. 3 Samaín…………………………………………………………………………………………………………………………………… 4-5 Mes do terror…………………………………………………………………………………………………………………….. 6-7 O Magosto………………………………………………………………………………………………………………………….. 8-9 A castaña tuneada……………………………………………………………………………………………………………… 10-12 Exposición de Cogumelos………………………………………………………………………………………………….. 13 Memorias dun neno labrego………………………………………………………………………………………………. 14-15 O Nadal…………………………………………………………………………………………………………………………………. 16-17 Festexos do Día da Paz…………………………………………………………………………………………………….. 18-20 Visita ao Museo de Olería de Niñodaguia………………………………………………………………………. 21 O Entroido en Mende…………………………………………………………………………………………………………. 22-23 Mes do amor e da amizade……………………………………………………………………………………………….. 24 Día da Muller Traballadora………………………………………………………………………………………………

25

Día da Poesía……………………………………………………………………………………………………………………….

26

A nosa Biblioteca……………………………………………………………………………………………………………….. 27 O Club de lectura de Mende……………………………………………………………………………………………

28

Contacontos en Infantil e Primaria………………………………………………………………………………..

29

Letras Galegas 2012…………………………………………………………………………………………………………

30-32

Murais das Letras……………………………………………………………………………………………………………..

33

Os gravados………………………………………………………………………………………………………………………..

34-35

O Departamento de Inglés……………………………………………………………………………………………..

36-37

Coñece o Entorno de Mende……………………………………………………………………………………………

38-39

A nariz de Pinocho…………………………………………………………………………………………………………….

40

Correlingua—Galeator.com………………………………………………………………………………………………… 41 Un aula singular…………………………………………………………………………………………………………………

42-43

Artigo de Automoción………………………………………………………………………………………………………

44

Traballamos co “The Grid2”……………………………………………………………………………………………

45

Cousas de Francés……………………………………………………………………………………………………………

46-47

Mulleres Esponxa……………………………………………………………………………………………………………….

48-49

A Francofonía……………………………………………………………………………………………………………………

50

Ata sempre………………………………………………………………………………………………………………………….

51

Agradecementos………………………………………………………………………………………………………………… 52

A TARABELA

2


LIMIAR Remata este curso escolar, un ano convulso no que nos acostumamos a novos conceptos: prima de risco, IBEX35, rescate, fondo monetario, paro, crise, etc. Pero todo isto non fixo máis que fomentar as nosas ganas de seguir traballando, de loitar polas cousas ben feitas, sempre pensando no futuro e ollando cara adiante.

Sen dar tombos e cos obxectivos moi claros loitamos por demostrar que no noso centro somos uns “loitadores natos”, que ante as adversidades medramos e ante os retos collemos forzas, sopramos e dicimos “adiante, podemos”.

Todas estas inquedanzas recollémolas en forma de traballo neste xornal, no que cada un, alumnos/as mestres/as, persoal non docente, aportou o seu gran de area, e ó final e co traballo rematado podemos ollar un horizonte cheo de esperanza e de oportunidades.

Deste xeito rematamos cun proverbio romano “Ó aprender ensinarás, e ó

ensinar aprenderás”.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

A TARABELA

3


O SAMAÍN CO MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO SAMAÍN FIXÉRONSE ACTIVIDADES VARIADAS NO CENTRO.....

Os nenos e nenas de Educación Infantil disfrazámonos e fixemos cabazas…...

A TARABELA

4


Que medo dan estos p铆caros!!!

Arrepiante actuaci贸n

A TARABELA

5


DENDE A BIBLIOTECA ADICARON O MES DE NOVEMBRO Ó MISTERIO E Ó TERROR

A ENTRADA DA BIBLIOTECA DABA MEDO...................... ARAÑEIRAS, PANTASMAS, MONSTRUOS ATOPABANSE POR TODOS OS LADOS.....¿QUEN PODE LER ASÍ?

Que fai esa araña no teito?????

A TARABELA

6


ツソCONCENTRARSE????????

UNHA DAS ACTIVIDADES Mテ!S DIVERTIDAS..... ツソCANTO PESA A CABAZA? A TARABELA

7


O T OS

O

G A M

Tivemos una grande variedade na exposici贸n do magosto!

A TARABELA

8


Exposición variada…..

Castañas mutantes en familia…

Castaña?????

Dúas castañas en conversa

todas xuntas…...

A TARABELA

9


A Castaña tuneada

NORMAS PARA PARTICIPAR NA “CASTAÑA TUNEADA”

EXPOSICIÓN MULTICOLOR

MÓNICA A NOSA CONSERXE DOUNOS MEDO.......

AS COIDADORAS SIMPÁTICAS

O DEPARTAMENTO DE FRANCÉS QUIXO ENSINARNOS A

A CASTAÑA ESQUIADORA

TORRE EIFFEL....

A TARABELA

10


AS CASTAÑAS XOANIÑAS

DE TODO UN POUCO

UN ZOO DE CASTAÑAS

A CASTAÑA RATO

A CASTAÑA FITIPALDI!!!!!

PERO ESTO QUE ÉEEEEEE?

A TARABELA

11


VAMOS AO CIRCO

UFF QUE MEDO!!!

ESTOU QUE BOTO FUME!!!

BÁGOAS DE CASTAÑA

TEN GANCHO ESTA CASTAÑA!!

A CASTAÑA LOMANA

A TARABELA

12


Exposición de cogumelos co alumnado de

4º de Educación Primaria.

Saír ao campo e tomar contacto co medio que lles rodea, foi un dos obxectivos para facer a recolleita de cogomelos ,así coma todos os valores de enriquecemento grupal que supón deixar as aulas cunha tarefa a cumprir. Previa motivación na clase con cestas e guías percorremos os sendeiros buscando todo tipo de fungos e explicando como collelas respectando o lugar. Ao chegar procedemos a súa clasificación colocándoas cas súas etiquetas nas que figure o seu nome científico. Estas actividades son sumamente positivas xa que fomentan un aprendizaxe directo ca natureza e pro-

moven o desenvolvemento sostible do seu contorno. A TARABELA

13


“MEMORIAS DUN NENO LABREGO” Co motivo da celebración do 50 aniversario da obra de Neira Vilas “Memorias dun neno labrego” os alumnos de Educación Secundaria aportan estos comentarios tras a lectura: “Memorias dun neno labrego” é un libro cunha temática pouco habitual pero que consegue involucrar ao lector na obra e identificalo co protagonista. Esta obra conta cuns personaxes que son moi importantes na vida de Balbino, un rapaz exemplo de superación no que destaca a súa capacidade para razoar sobre todo o que ve, e mesmo sobre todas as cousas que lle pasan a el. A dureza de algúns episodios márcano profundamente así como a sensibilidade doutros. O conxunto de vivencias cuns e con outros provocan a rápida madurez do protagonista, a pesar de ser tan so un adolescente. A ALDEA A aldea na que vive Balbino está lonxe das cidades. É unha aldea rural rodeada por montes,campos e leiras.Tamén ten un río.Formada por non demasiados habitantes que viven en pequenas casas.A maioría adícanse a traballar no campo(nas leiras e tamén co gando) aínda que tamén hai tendeiros.Conta cunha pequena escola á que case non vai ningún rapaz debido a teren que axudar aos pais a traballar no campo.Tamén conta cunha igrexa e no verán celébranse as festas patronais as que acoden todos os veciños. A Balbino a aldea quédaselle pequena xa que el desexa coñecer mundo e ten envexa de seu irmán que tivo que emigrar e non estar alí.

A TARABELA

14


BALBINO

Balbino é o pequeno protagonista da historia. É un neno labrego, pícaro e aventureiro. Sucédenlle unha serie de acontecementos que están relacionados coa pobreza na que vive. Isto non lle impide enfrontarse ós problemas que sofre e acabar traballando para un señor que o trata moi ben. É un mozo dunha gran personalidade, non lle importa ser como é , e o seu soño sería emigrar a outro país. Javier Martínez Madriñán 4º B Sandra González Outeiriño 4º B Marina Araújo Ferreira 4ºB

A TARABELA

15


NADAL

Dende NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA propuxemos facer unha recompilación de como se festexaba o Nadal en diferentes países e así o recollemos neste mapa.

Os nenos e nenas de infantil e primaria colocaron os seus desexos para o ano 2012 nunha grande árbore dos desexos....

Dende a BIBLIOTECA e en colaboración co DEPARTAMENTO DE PLÁSTICA fixeron un concurso de postais e eiquí temos algunhas delas

Postal gañadora: Nacho Houizot (infantil de 4 anos)

A TARABELA

16


Martín Arias 4º primaria accésit

Gladis Giráldez 4ºESO accesit

Xabier Almeida 4 anos infantil

Damaris muñoz 4º de primaria

Mª Emilia Medina grande 4º de primaria

Laura Quintela 4º de primaria

Sofía Piñeiro 4º primaria

Raquel Rey Méndez 3ºB ESO

A TARABELA

17


FESTEXOS DO DIA DA PAZ

Os alumnos/as colocaron unha pomba no valo de arame do patio

Quedou moi fermosa a nosa pomba!!

a paz como valor humano

de todo un pouco

persoeiros pola paz‌.

non as guerras

A TARABELA

18


amizade…..

pistolas por instrumentos musicais…

variedade….

algúns dos asistentes….

Héctor, Anais, Corina e Andrea fixeron os nenos e nenas do mundo

eiqui temos “o noso mundo multicor”

A TARABELA

19


os alumnos/as de primaria fixeron unha árbore de pombas

Non é certo que os nenos teñan fame. Non pode ser.

as pombiñas de infantil

Hugo Durán Travieso Feito co ordenador

Ben o sabedes todos os que andades no mundo atafegados á percura do pan dos vosos fillos. Ises outros que vedes pola rúa pedindo esmola, non teñen fame, non, porque daquela vos teríades morto de vergonza. E ben vos vexo andar nos vosos coches ou nos tranvías, a berrar de cousas estranas: -¡viva, beba, baba, buba!sen reparar naquil esfarrapado que coa moura mauciña está petando na porta de ferro. Por iso penso que non é verdade o que algún caviloso di dos nenos que andan así petando pola vida. -¡Non, home, non!- lle dixen a un de aqueles -A xente pasa leda…!Fora boa que andivesen a rirse dos meus crimes!

Xosé María Álvarez Blázquez (Tui 1915-1985) A TARABELA

20


Visita ao MUSEO DE OLERÍA DE NIÑODAGUIA. A comezos do mes de xaneiro os alumnos/as de 1º ESO realizaron unha saída ó museo de OLERÍA DE NIÑODAGUIA, co profesor de Educación plástica e visual Xosé Manuel Rodríguez Alonso. Visitaron os fornos comunais, onde se cocían as vaxisas, e o museo, que recolle como se traballaba o barro dende a súa extracción na barreira ata a elaboración definitiva de cada cacharro.Tamén aproveitaron a saída para visitar o taller en activo de Agustín Vázquez, que traballa tanto pezas orixinais coma as tradicionais. Estas foron algunhas das pezas que puideron ver:

A TARABELA

21


O ENTROIDO EN MENDE

o gran xefe facendo o “indio”

entra ou non o que eu che digo??

a secre india…

visitounos Carmen “La Mona”

miña pequeniña…

heroes en acción

indios ensaiando grito de guerra

onde está o ton desta cantiga??

bombeiro sexiiii

a bailar as froitas…

paz e amor!!!!

punk A TARABELA

22


de todo un pouco

fermosas damiselas…

un revolto…

piratas e indios???

“as oreo” para comelas

co frío que facíaa

demasiadas emocións!

vivan os noivos!!!

mariachis

que está pasando??

as ricas foritas….

Fito e a súa guitarra

A TARABELA

23


Co motivo do dia dos namorados no noso centro festexamos o

MES DO AMOR E DA AMIZA-

DE realizando dúas actividades moi fermosas: piropos e cartas de amor e/ou

amizade!!!!

GABÉAME!!!

Cada neno/a escribiu e adicou fermosos piropos as persoas queridas e despois pegámolos nun gran CORAZÓN……

Dende A BIBLIOTECA escribíronse CARTAS que despois foron entregadas os destinatarios/as……..

A TARABELA

24


O 8 de marzo festexamos

DIA DA MULLER TRABALLADORA

e entre as actividades que fixemos destaca a PROXECCIÓN DE PELÍCULAS onde a muller é a protagonista, tanto en galego como en castelán:

A TARABELA

25


O 21 de marzo celebrouse O MUNDIAL DA POESÍA

e os alumnos/as da E.S.O. realizaron un RECITAL DE POESÍA Ó AIRE LIBRE .

A ESCOLA

A pombiña branca quería ir á escola. Mercou catro libros un lapis e goma.

A TARABELA

26


A BIBLIOTECA... Tras outro ano como usuarios da biblioteca do centro, cómpre destacar algúns aspectos. Co paso do tempo dámonos conta de como foi mellorando. Ademais do servizo de préstamo de libros, o cal dispón de libros para todas as idades, para todos os gustos e en idiomas estranxeiros, tamén presta películas, cunha amplia variedade temática e coas novidades máis recentes. Sempre, ante todo, contando coa opinión dos alumnos que poden pedir os libros e películas que máis lle interesan, así como, participar nas distintas actividades que realiza durante o curso, empregar os ordenadores da biblioteca para consultar datos ou para xogar (como fan case todos) e finalmente para estudar ou ler tranquilamente, aínda que iso de tranquilamente é un dicir, xa que existen certos alumnos que se dedican a incordiar. Para iso, están as encargadas, que intentan manter un pouco de orde. Recoñecemos a labor de todas esas persoas que fan que a biblioteca funcione tan ben e desexamos que sigan así. Marina A. Ferreira 4ºB, Sandra G. Outeiriño 4ªB, Millán Puga 3ºB

A TARABELA

27


O CLUB DE LECTURA Ola, somos Coral e Noelia, estamos apuntadas ao club de lectura e recomendámonos que vos apuntedes; neste curso lemos libros como o de “ALAS DE FUEGO”, de Laura Gallego García.; “VENDIDA” de Patricia Mcormick, “LA ESTRELLA PEREGRINA” de Angeles Irrisari, e “SIN ENTRAÑAS” de Maruja Torres. Tamén falamos dos libros que nos gustaría ler e á vez comemos ricos bombóns. Recomendamos ler a Triloxía “GEMAS PRECIOSAS”, de Kerstin Gierxa xa que a nós encantounos. Somos unhas afeccionadas á lectura e pensamos que a xente que crea que non lle gusta debería probar, así que en vez de ver películas dos libros que lea a novela porque nas películas pérdese moita trama. Cada vez que leades un libro deixaredes de estar na vosa casa, no colexio, na biblioteca ou no lugar que vos atopedes viaxando a un mundo diferente. Pode que ata mesmo cando acabedes de lelo siga na vosa cabeza e mesmo ata soñedes con el. Pero coidado, porque debemos de aprender a separar á ficción da realidade sen que nos

prive do pracer disfrutar da lectura.

CORAL PEREZ 1º B ESO NOELIA LOPEZ 1ºB ESO

A TARABELA

28


CONTACONTOS EN INFANTIL E PRIMARIA Co motivo do DIA DO CONSUMIDOR festexado o 25 DE ABRIL acudiu o noso centro a compañía de teatro “TRECOLATEATRO” para delicias dos alumnos/as de Infantil, 1º e 2º de primaria.

comenzamos…todos atentos!

quen é ese moneco?

que interesante..

disfrutamos coa peza.

A TARABELA

29


VALENTÍN PAZ ANDRADE.

VALENTÍN PAZ ANDRADE, nace en Lérez Pontevedra, en 1898 e morre en Vigo en 1987. Vive en Vigo case toda a vida nunha casa en Samil. Foi: xurista, economista, político, empresario, escritor, poeta, conferenciante e xornalista. Comeza os estudos na súa Pontevedra Natal e despois fai dereito en Santiago. O interese pola literatura venlle da man do seu tío, o poeta XOÁN BAUTISTA ANDRADE e o galeguismo ten en CASTELAO a figura máis representativa. Este ano 2012, dedícaselle o día das Letras Galegas por todo o seu labor a prol de Galicia.

COMEZOS NO PERIODISMO E OS DESTERROS

Destaca desde mozo polo seu talento periodístico.Colabora en moitas revistas e xornais. En 1921 exerce como avogado en Vigo. Dirixe na cidade o Xornal Galicia. Entra na cadea por dous artigos publicados en 1924. En 1957 vólveno prender. Non hai liberdade de expresión. Milita no Partido Galeguista. Sofre un atentado en Vigo e outro en Verín. Estivo desterrado na ditadura de Franco en Verín, Chandrea de Queixa, Pobra de Trives e máis tarde en Villanueva de la Serena (Badaxoz)

A TARABELA

30


DESTACA COMO POLÍTICO E TÉCNICO EN TEMAS DE PESCA

En 1942 dirixe “Industrias Pesqueras” revista na que colabora máis de 60 anos. Impulsa a creación do grupo industrial de buques conxeladores PESCANOVA. Traballa como técnico da FAO impartindo conferencias e seminarios en Europa e América. En 1976, xa na democracia, continúa ligado á Política e é elixido senador por Candidatura Democrática Galega. En 1978 pronuncia o discurso de ingreso na Real Academia Galega. OBRA: POESÍA, ENSAIOS E NARRATIVA

POESÍA

ENSAIOS GALICIA COMO TAREA(1959)

PRANTO MATRICIAL(1954)

LA ANUNCIACIÓN DE VALLE INCLÁN (1967)

SEMENTEIRA DO VENTO(1968)

LA MARGINACIÓN DE GALICIA (1970)

CEN CHAVES DE SOMBRA (1979) CARTAFOL DE HOMENAXE A RAMÓN OTERO PE-

A GALEGUIDADE NA OBRA DE GUIMARAES ROSA (1978)

DRAYO (1985)

CASTELAO NA LUZ E NA SOMBRA (1982) GALIZA LAVRA A SUA IMAGEM (1985)

NARRATIVA- INÉDITA SOLDADO DA MORTE (1921)

A TARABELA

31


OBRAS SOBRE TEMAS PESQUEROS

LOS PUERTOS NACIONALES DE PESCA. APORTACIÓN DE VIGO AL ESTUDIO DEL PROBLEMA.(1928)

PRINCIPIOS DE ECONOMÍA PESQUERA.

PRODUCCIÓN Y FLUCTUACIÓN DE LAS PESQUERÍAS.(1954)

SISTEMA ECONÓMICO DE LA PESCA EN GALICIA.(1958)

LOS DERECHOS SOBRE EL ESPACIO MARÍTIMO.(1960)

EL CAPITAL COMO FACTOR DEL DESARROLLO DE GALICIA.(1970)

EL CONCEPTO DE ZONA ECONÓMICA EN EL NUEVO DERECHO DEL MAR.(1974)

PREMIOS E DISTINCIÓNS Foi membro da Real Academia Galega e da Real Academia Galega de Ciencias. Algúns premios: Pedrón de Ouro (1975) A Medalla da Cidade de Pontevedra (1979) Medalla Castelao (1984) Medalla ao Mérito Social Marítimo (1984) Medalla de Ouro da Cidade de Vigo (1986).

PERSONAXES SOBRANCEIROS DO S. XX COS QUE TEN RELACIÓN

Ramón Cabanillas

Ramón Otero Pedrayo

Daniel Rodríguez Castelao

Fernández del Riego

Isaac Díaz Pardo

Laxeiro

A TARABELA

32


Estes foron algúns dos MURAIS que fixemos para festexar o día das

LETRAS GALEGAS 2012

traballo de HUGO DURÁN TRAVIESO

Mural de infantil

A TARABELA

33


GRAVADOS LETRAS GALEGAS O noso compañeiro Xosé Manuel, profesor de plástica, xunto cos seus alumnos de 4º ESO, realizaron una serie de GRAVADOS para conmemorar o festexo das LETRAS GALEGAS tras a lectura e o análise dun poema do homenaxeado de este ano, VALENTÍN PAZ ANDRADE…..

PICO SACRO DA PALABRA.

ALUMNOS/AS

GRAVADOS

A TARABELA

34


A TARABELA

35


No DEPARTAMENTO DE INGLÉS DE SECUNDARIA realizáronse varias actividades extraescolares durante este curso. A TRIP TO BRITAIN Os alumnos de 3ºA e 3ºB asistiron a unha charla en inglés na aula multimedia do noso Centro. O título da charla foi A Trip to Britain. Cunha presentación moi didáctica, amena e interactiva, os alumnos demostraron e ampliaron os seus coñecementos sobre a cultura inglesa. A editorial Burlington patrocinou esta actividade. Desexamos poder repetir este tipo de experiencia no futuro.

A TARABELA

36


OBRADOIRO DE MONICREQUES EN INGLÉS Os alumnos de 2ºA e 2ºB participaron nun obradoiro de monicreques en inglés. Demostráronnos as súas dotes teatrais. Eles mesmos prepararon o escenario, interpretaron as personaxes usando monicreques, puxeron a música e gravaron a súa actuación. Usando un conto infantil clásico pero un pouco cambiado (The Three Wolfes and the Pig), pasárono ben. E todo isto practicando inglés.

SLEEPY HOLLOW Os alumnos de 4ºA e 4ºB asistiron a unha representación teatral en inglés no Teatro Principal, en Ourense. A obra de teatro Sleepy Hollow foi todo un éxito. Os actores, a posta en escena e a música crearon un ambiente de misterio moi adecuado para a lenda do xinete sen cabeza. E a historia gustounos tanto que tamén vimos a película de Tim Burton, baseada neste relato de suspense e misterio de Washington Irving.

A TARABELA

37


A nosa asignatura exclusiva: Entorno de Mende e a sostenibilidade. Esta asignatura implantada en 4º do E.S.O. e aplicada ao entorno que rodea ó noso centro, permítenos coñecer o medio no que vivimos e os seus problemas, seguindo o libro e ao mesmo tempo, facendo diferentes investigacións, ou utilizando a prensa diaria como medio para traballar e coñecer aspectos relacionados coa materia. Algúns dos temas que se imparten son: * A explosión demográfica, lingua, tipo de vivenda, nivel académico … aplicada ao noso contorno. Para obter estes datos pasamos unha enquisa aos nosos compañeiros do E.S.O. As conclusións que obtivemos sobre algunhas destas preguntas foron: A natalidade foi diminuíndo gradualmente de avós a fillos e a netos, sendo as posibles causas, que na xeración dos avós o máis habitual era ter moitos fillos para que axudasen na casa, a traballar (campo, gando …) sendo a nai a que quedaba a o seu coidado mentres eran pequenos. Nas xeracións seguintes a muller vaise incorporando cada vez máis á vida laboral; as familias teñen menos fillos xa que dependen doutras persoas para o seu coidado, e supón un gasto familiar superior, unha maior calidade de vida e a posibilidade de darlle uns estudos que a maioría deles non tiveron. Tamén analizamos cal era a lingua de uso habitual nas tres xeracións observando a diminución do uso da lingua galega a favor do castelán. 80 70 60 50

GALEGO CASTELÁN

40

PORTUGUÉS FRANCÉS

30

EUSKERA 20 10 0 AVÓS/AS

PAIS/NAISALUMNOS/AS

ALUMNOS

A contaminación e os recursos Ademais dos coñecementos teóricos que adquirimos, avaliamos o aforro de auga de luz e de papel do noso centro, chegando a conclusión de que facemos un consumo sostible de luz ede papel. A TARABELA

38


Realizamos ademais unha actividade de visita guiada a estación E.TA.P. para convencernos da importancia do uso responsable de auga nas nosas vivendas. * Alimentación e consumo Este apartado enfocámolo máis á investigación e concienciación xa que a maioría dos coñecementos teóricos formaban parte do temario de Bioloxía e Xeoloxía de 3º do E.S.O.Algunhas das nosas actividades foron: · Cálculo do metabolismo basal e do índice de masa corporal. · Información sobre a elaboración dos menús do comedor do noso centro. · A presenza de fécula de pataca nos friames.

Para iso trouxemos distintos tipos de friames e engadímoslles unhas gotas de lugol que por conter iodo tingue a fécula (amidón) dunha cor azul escura case negra.

Cata “a cegas”, de diferentes iogures naturais, e a continuación co nome visible, para comprobar a influencia da marca comercial nas nosas preferencias. · Obtención de información sobre os alimentos que preveñen certas enfermidades e hábitos que as poden provocar. Ata o final de curso tocaremos temas tan interesantes coma as drogas e a súa problemática, e completaremos a análise dos datos da enquisa, que fan referencia ao nivel académico e tipo de vivenda habitual. ¡¡O curso que ven haberá máis pero non mellor porque iso será imposible!! Alumnado da asignatura de Entorno de Mende e a sostenibilidade. A TARABELA

39


Dende o Departamento de Matemáticas quixeron participar con esta esta fábula

O NARIZ DE PINOCHO

Pinocho estaba preocupado. Tiña que ir ó médico porque o seu nariz non paraba de medrar, dixera mentiras ou non, e iso empezaba a asustalo un pouco. "O teu nariz medra cada semana multiplicando o seu tamaño 2 -1." dixéralle o doutor. Aínda que Pinocho non sabía o que quería dicir iso, pensou que non sería nada bo. El sabía facer 21 ou 22 pero non 2-1. Por iso preguntoulle á súa profesora de matemáticas. -Pero, ¡iso é fantástico Pinocho!-exclamou a profesora -¿Como que fantástico?-preguntou el sorprendido -Claro. As potencias de expoñente negativo son as inversas das de expoñente positivo.-explicou -Non entendo- dixo Pinocho rascando o nariz -A ver, ¿canto é 21?- preguntou a profe- Iso si sabes facelo. Pinocho asentiu. -21 é 2 profe- respondeu axiña -Moi ben, e iso en forma de fracción é.... Pinocho pensou unha miga. -2/1 profe, por que é 2.-respondeu -Moi ben- respondeu a profe- Entón, dixemos que as potencias de expoñente negativo eran as inversas as de expoñente positivo, ¿non? Polo tanto so temos que facer o inverso de 2/1. Pinocho tamén sabía facer iso. -Para facer o inverso dunha fracción so hai que cambiar numerador e denominador de lugar non? -Exacto. -Polo tanto- proseguiu Pinocho- o inverso de 2/1 e ½ . -E, canto é ½?-preguntoulle a profe. -1/2 é....0'5. Pola tanto- proseguiu Pinocho- 2-1 e 0,5. Pero sigo sen entender porque iso é bo para o meu nariz. -Canto mide o teu nariz agora mesmo?-preguntoulle a profe. -10 cm.-contestoulle Pinocho. -Pois so tes que multiplicar 10 por 0'5. -10 cm. por 0'5 é....5!-dixo Pinocho abraiado- E 5 por 0'5 é....2'5! -Velo agora?-dixo a profe- O teu nariz encolle, non medra. E Pinocho foi todo contento dicirllo a Guepetto. RAQUEL REY MÉNDEZ.

A TARABELA

40


Un ano máis o noso centro participou na actividade do

CORRELINGUA

GALEATOR…resultou ser a gañadora do concurso de pancartas na modalidade de ESO

premio ao esforzo persoal de quen a fixo..

preparados quentando motores..

na praza do Concello

A TARABELA

41


Neste curso seis alumnos e alumnas que levamos algún anos no colexio xuntámonos nun aula onde traballamos dun xeito peculiar. Temos idades que abarcan un amplo abano, e isto conleva que teñamos intereses diferentes, que utilizamos para tomar como punto de arranque das nosas actividades escolares. Tamén temos diferentes capacidades, personalidades, actitudes e ritmos de aprendizaxe que inflúen no xeito de enfrontarnos ás tarefas académicas.

O principal obxectivo que perseguimos é a nosa integración na comunidade. Debemos, polo tanto, configurar a nosa propia identidade persoal e, na medida do posible, adquirir aqueles coñecementos e habilidades que nos permitan o noso desenvolvemento integral como persoas.

As actividades que realizamos pretenden: 

A paulatina adquisición de autonomía persoal.

O desenvolvemento afectivo e social.

A educación para as relación interpersoais e a convivencia.

A integración na propia comunidade.

O dominio progresivo das habilidades que a vida adulta na sociedade nos plantexará cando deixemos o colexio.

A adquisición de valores que deben guiar o noso comportamento.

O coñecemento do noso corpo.

O coñecemento da realidade inmediata e do entorno.

O desenvolvemento de habilidades cognitivas como a observación e o análise, a ordenación e a clasificación, a representación e a memorización.

A TARABELA

42


A adquisición e dominio progresivo de habilidades instrumentais e académico- funcionais, como a lectura e a escritura, o cálculo e a numeración.

Para desenvolver o noso currículo contamos coa axuda das nosas profes, con quen pasamos a maior parte da xornada escolar nun aula que pouco a pouco vamos construíndo. Os/as coidadoras acompáñanmos e axúdanmos sobre todo nas actividades de autonomía e coidado persoal, que son tan importantes para nós. Tamén temos un curso de referencia en función da nosa idade, e con el asistimos a clase naquelas asignaturas que teñen un importante compoñente de socialización e nas que nos sentimos máis integrados cos nosos compañeiros e compañeiras. Parécemos que a eles tamén lles gusta que vaiamos, aínda que, ás veces, interrumpimos un pouco. E sabemos que a os/as profes tamén lles agrada. Desde aquí dámosvos as grazas por todo o que nos axudades. Pero a nós o que máis nos gusta é participar nas actividades complementarias e extraescolarles que se realizan no colexio (Magosto, Nadal, Día da Paz, San Valentín, Entroido…) e as saídas e excursións. Para que vexades o ben que o pasamos, deixámosvos algunhas fotos.

A TARABELA

43


Adrián Saa Fidalgo 4ºA ESO “ARTIGO DE AUTOMOCIÓN” Os motores de combustión dos automóbiles son todos de 4 tempos e son por refrixeración liquida. Hai dous tipos de motores os motores de gasolina e os motores de diésel. Os motores de gasolina: cárter, cigüeñal, bloque dentro do bloque hai 4 orificios polos que pasan os pistos, culata ten dúas válvulas por pistón unha de escape e outra de admisión. As de escape son para expulsar os gases da explosión e as de admisión son para inxectar gasolina ao pistón. Encima da culata están as buxías que manda unha cispa para que faga a explosión. estes mecanismo que acabo de nomear son todos engraxados por aceite para ke o material ao mecer non dilate.

Os motores diésel e o mesmo funcionamento solo que consta dunha bomba que bombea o gasoil aos inxectores e non ten buxías e para encender en frío ten uns quentadores que quentan cada orificio do pistón para que o gasoil non vaia tan frío.

A TARABELA

44


TRABALLAMOS CO “THE GRID2”

Este curso estivemos traballando no centro cun programa informático chamado “The Grid2” que se usa sobre todo na creación de sistemas de comunicación para persoas sen fala ou coa fala moi limitada. É un programa que permite enviar e recibir correos electrónicos( e-mail), mensaxes de texto( sms), navegar por internet, permite acceder a outras aplicacións de Windows, empregar unha calculador interna, escoitar música gardada no ordenador..., así coma usar un procesador de textos para escribir e/ou arquivar documentos,entre outras aplicacións.

Óscar e Nerea traballando no aula de A.L

A TARABELA

45


Artigo de opinión....

O francés de todos os días

(Le français de tous les jours)

Este curso, a asignatura de francés no só se limitou a dar clase na aula (o que constitue a esencia do día a día e sempre é enriquecedor), con libros de texto e gramática, senon que nos abriu outra porta para coñecer un francés máis vivo e máis real, tratado con persoas francófonas, que nos enseñaron que o francés non só é unha asignatura que se aproba ou se suspende, senon que é unha lingua viva e en evolución, unha ferramenta de comunicación moi útil para o futuro. A primeira actividade realizada este curso foi asistir á representación dunha obra teatral. Un clásico, "Le Malade Imaginaire" (O enfermo imaxinario) do célebre autor francés do século XVII, Molière. A obra trata sobre, Argán, un home que se cre sempre enfermo e vive atado ás mediciñas. Ten unha segunda muller que finxe amor hacia el, pero o que quere e o seu diñeiro. Mentres a súa filla, a quen el quere casar con un home, enamórase doutro e vive o seu amor en secreto. Ao final da obra, descóbrese todo: as malas intencións da esposa de Argán, e tamén entérase que a súa filla ten un amor secreto. Acaba concedéndolle casarse con el. Argán deixa de pensar que está enfermo e, supera a súa fobia. A segunda saída foi ao Teatro Principal de Ourense, a ver outro clásico: neste caso Cyrano de Bergerac, do célebre dramaturgo francés Rostand. A obra trata dun amor encuberto, o que sente Cyrano pola sua prima Roxanne. Pero non é capaz de confesarlle o seu amor, por ter un grande complexo debido ao seu enorme nariz. Cyrano entérase de que Roxanne esta namora de Cristian, un xoven e guapo soldado. E Cristian tamén quere a Roxanne, pero ten medo de explicarlle os seus sentimentos porque non ten don de palabra. Cyrano, que era un gran poeta, acepta escribirlle cartas a Roxanne en nome de Cristian. E así namoranse pero Cristian morre. Roxanne métese nun convento onde é visitada todos os días por Cyrano. Antes de morrer, Cyrano confésalle a Roxanne a seu amor, e que era el o que lle escribiu todas as cartas. Así Roxanne descobre todo pero Cyrano,gravemente ferido por mor dunha pelexa, morre ao final da obra. A terceira saída foi a máis interactiva. Fomos cara o intituto "12 de Outubro", aquí en Ourense, para celebrar o Día da Francofonía (o 20 de marzo). Cando pensabamos en Francofonía, pensabamos en Francia, ou como moito en Canadá, pero non nos imaxinábamos que veríamos unha exposición sobre países africanos que falan francés. Unha charla que nos sorprendeu e que nos amosou que o francés non so se centra en Francia, senon que tamén hai máis posibilidades. Dimos unha volta por Marocos, Senegal, Mauritania. Bilal Taoré ( un senégalés de orixe, que viviu en Bélgica, e agora reside na Galiza)ensinóunos a súa cultura, tocoúnos o dyembé, instrumento de percusión típico do seu país natal : o Senegal. Despois houbo un concurso gastronómico no que o noso centro quedou cunha moi boa calificación.(Fabio de 2º ESO gañou o premio de tartas na categoría de alumnos e Raquel en profesores) A cuarta non foi propiamente unha saída, xa que a fixemos na aula de francés, pero si foi unha clase diferente. Tomamos "un petit dejeuner", recreando o ambiente dun café francés. Isto entrenounos para a vida real, para saber defendernos nun ámbito tan cotiá como ir a un bar e saber pedir. Teremos unha animación á lectura en francés dun dos tres libros que lemos por curso.E unha exposición de carteis que participaron nun concurso a nivel Galiza no que haberá un cuestionario no que teremos que buscar información. Como dixen, este curso estudiamos un francés vivo e útil, que nos serve para a vida real correspondente ao nivel que imos acadando pouco a pouco a medida que superamos os cursos.

Raquel REY MÉNDEZ. 3º-B E.S.O

A TARABELA

46


Algunhas das actividades na asignatura de Francés durante o Curso 2011-2012. Celebramos o día da Francofonía cos nosos compañeiros do I.E.S "12 de Outubro" e "A Carballeira"

Teatro Principal de Ourense

Cyrano,Christian e Roxane en plena declaración de amor

Concurso gastronómico. Xurado

Bilal TAORÉ. Musicólogo e conferenciante

A TARABELA

47


Vanse...

Mulleres- esponxa Hai persoas que teñen a fantástica cualidade de absorber o mellor da vida para despois compartir e agasallar aos outros con algunha pinguiña desa ”joie de vivre”. Sinceramente, e coincide por pura casualidade que entre outros colegas, un caso como dirían os médicos “de libro” sería o trío Mari Carmen,Elena e Maribel. Son persoas que engaiolan, teñen esa enerxía, esa vitalidade que da envexa axea, parecen gacelas, captan o mellor do que lles rodea e o comparten esa boa onda a pouco que se lles trate. Tivemos outras “Maricarmenes” no centro de grata lembranza que xa marcharon como Mari Carmen Airas, Mari Carmen Martínez Soutelo, Mari Carmen G Baiget,...Mari Carmen Paz Ouviña , a Paz Ouviña, é ao ensino coma os cantantes dos bel canto á ópera, unha madona.

Mari Carmen é unha histórica do centro, unha veterana, unha compañeira que coñece a vida do centro e todos os seus entresixos, os seus vericuetos probabelmente mellor que ninguén . Compartín moitas idas e voltas ao centro por ese rueiro cara Mende e pódovos dicir que Mari Carmen ten unha enerxía que moitos quereríamos para nós. Mari Carmen ten sempre a batería cargada. É muller de moitas filias: filo- francófona, filo- naturista,filo- artística, cinéfila,filomicolóxica e ningunha fobia. Mari Carmen é unha muller atentísima con a súa familia,é incrible escoitala falar de todos eles con un amor e esa fogosidade tan de seu.Agora que terá máis tempo e despois de toda unha vida adicada ao ensino dende moi nova, poderá aproveitar o eixo Cataluña- Galicia ,con parada e fonda no seu fogar ourensá.

Elena é o epítome, a quintaesencia da enerxía. Coma profesora de ciencias naturais deixou unha estela de esixencia, e de rigor. Mesmo se hai uns cursos que non a vemos regularmente, non a esquecemos en absoluto.Os alumnos tampouco e a recordan con afecto. Os compañeiros tanto ou máis. Estamos encantados das súas visitas,dos encontros que temos con ela de tanto en vez. Ela sempre se presenta positiva,contando o que lle vai acontecendo.Tanto no eido académico coma no seu labor como responsable na cociña do centro onde fixo unha tarefa encomiable e que se lle agradece de corazón, Elena non parece ter fondo.Qué muller! Ela nos contou que tivo antes de chegar a Mende diversas responsabilidades no mundiño do ensino e percorreu o seu antes de chegar ao seu último destino definitivo. Elena é muller familiar, moi do seu lar, dos seus,de todos fala e se ocupa con agarimo pero se adiviña que nesa bonita familia o seu neto é o rei.

A TARABELA

48


Maribel como ela di chegou antonte pero non lle falta background . Quen non coñece Maribel no mundiño do deporte, do ensino?.Pasou toda a súa vida vestida de chándal, metida en historias deportivas, entrenando ela mesma e preparando a equipos de baloncesto en diferentes categorías.Non é unha descoñecida porque foi profesora de varias compañeiras

do

centro

a

quen

acompañaba nos partidiños de zona e fora de Ourense cando acadaban bos resultados e tiñan que sair fora da capital. Sempre traqueteando de centro en centro, de autobús en autobús. Unha corredora de fondo tanto no eido profesional coma persoal. Para ser o seu último curso, tocoulle unha titoría especialmente delicada pero foi facéndose con ela a base de diálogo e paciencia. Maribel ten esa mirada gatuna que encandila, esa voz cantarina e ese espírito aberto, sinxelo e un trato agarimoso, agradable,tónico e humano que non deixa indiferente e só nun curso conseguiu o cariño de toda a comunidade educativa de Mende. Como sabemos que é muller de futuro e non de pasado, simplemente diremos que Maribel coñeceu o ensino privado, concertado, público e o que se lle poña por diante. E nos vindeiros tempos poderá entrenar atletismo, se quere, ir de andaina, de viaxe, compartir comidas con os seus dous fillos a quen adora, quenes constitúen o motor da súa vida e naturalmente coa familia e tantos e tantos amigos e bos compañeiros que tivo (non hai máis que preguntar aos do Sexto Instituto).

Queridas compañeiras, tendes decidido marchar e faltaría máis nos respetemos a vosa decisión!.(a aplaudimos mesmo). Pero sabemos firmemente que alá onde os atopemos teredes para todos nós unha aperta amiga chea de calor e color.

María Concepción GUERRA HOYOS.

A TARABELA

49


A FRANCOFONÍA Os alumnos que temos como optativa francés en 4º da E.S.O. fixemos unha tarefa de investigación sobre o tema da Francofonía e gustaríanos compartilo con os outros compañeiros do centro. O termo francofonía foi creado en 1880 polo xeógrafo Onésime Reclus para designar aos que falan francés sen ter en conta una noción xeopolítica, é dicir países o réxions onde o francés é lingua materna o segunda. Este concepto foi retomado nos anos 60 polo literato e político senegalés Léopold Sédar Senghor, quen realmente foi quen revitalizou e reuniu os países formantes desta “Commonwealt à la française”.A francofonía abrangue un conxunto de preto de setenta e cinco estados e gobernos reunidos na Organización Internacional da Francofonía (OIF) con sede en París. O francés é a lingua materna de ó redor de 80.000 millóns de persoas, pero hai máis de 100.000 que o falan como segunda lingua.E ó redor de 250.000 que o utilizan ocasionalmente. A francofonía aparece entón como un espazo de cooperación, de compartir valores vehiculados pola lingua francesa como son o humanismo, a liberdade, a independencia e o progreso. A Carta da Francofonía estipula como obxectivos: -A instauración e desenvolvemento da democracia, prevención de conflitos e Dereitos do Home -A intensificación do diálogo entre culturas e civilizacións. -O acercamento dos pobos grazas ao coñecemento mutuo -O reforzo da solidaridade por medio de accións de cooperación multilateral para favorecer as súas economías. Durante as clases elaboramos un mapa onde situamos os países de ámbito francófono. E quedámonos con outro concepto importante que é a “Francité” que fai referencia ao espírito desta civilización e cultura francesa e esperamos que este traballo que fixemos con entusiasmo vos interese tanto coma a nós. Marina Araújo, Maverick Rabier e Sandra G. Outeiriño.

4ºB E.S.O. (francés) A TARABELA

50


Ata sempre

rapaces………………………….!!!!

A TARABELA

51


Grazas a todos e todas por colaborar

XORNAL ESCOLAR “A TARABELA” EDICIÓN NUMERO 6 CURSO 2011/12 CPI JOSÉ GARCÍA GARCIA MENDE-OURENSE A TARABELA

52


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
A Tarabela Nº6 by Juan José Fernández Pérez - Issuu