Resumo prensa dixital

Page 1

RESUMO DAS NOTICIAS MAIS RELEVANTES, PUBLICADAS NA PRENSA DIXITAL, DO 9 DE FEBREIRO AO 10 DE MARZO DE 2013

Plataforma pola defensa de Corcoesto


O BNG presenta mocións nos concellos de Bergantiños para parar o proxecto mineiro en Corcoesto http://www.bng-galiza.org/blog/2013/02/ -- 9 de Febreiro de 2013 13:53

Un momento da rolda de prensa O BNG presentará en todos os concellos da comarca de Bergantiños unha moción, na que os grupos municipais nacionalistas demandarán o acordo das corporacións para instar á Xunta de Galiza a non aprobar o proxecto mineiro de Corcoesto. O Responsábel Comarcal do BNG Xoán Sande lamentou o posicionamento dos populares ante un proxecto que supón colocar unha auténtica “bomba de reloxería” a escasos metros do esteiro do río Anllóns, a principal fonte de vida da comarca. O goberno da Xunta, nunha atitude propia doutros tempos, entrega a prezo de saldo a unha multinacional canadiana a expoliación dos seus recursos, coa complicidade dos gobernos municipais do Partido Popular, activos defensores desta auténtica barbaridade. Os tres Portavoces Municipais e o Responsábel Comarcal do BNG indicaron que a posíbel creación duns poucos postos de traballo durante un reducido periodo de tempo non pode xustificar esta explotación a ceo aberto e con utilización de cianuro. “Xogan coa miseria da xente”, destacaron, referíndose á chantaxe dos postos de traballo nunha comarca cunhas elevadísimas taxas de desemprego, precisamente froito das desastrosas políticas do Partido Popular. Criticaron ademais que se permita a expoliación dos nosos recursos a unha multinacional canadiense, para extraer o ouro coa única finalidade de especular na bolsa de Toronto. Trátase dunha explotación altamente contaminante e perigosa, que ademais non vai producir absolutamente nada, pois só vai extraer o ouro para especular con el.

Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 2


Máis de 2.000 afectados de Corcoesto recorren a Declaración de Impacto Ambiental da mina Redacción | @prazapublica Domingo 10, Febreiro 2013 | Movementos sociais

Área de afectación do proxecto mineiro indicado na DIA

"Máis de 2.000 afectados e titulares de bens e dereitos situados no ámbito da explotación mineira", entre eles titulares de explotacións agrícolas, gandeiras e forestais de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso veñen de presentar, a través da Plataforma pola Defensa de Corcoesto, un recurso de reposición contra a Declaración de Impacto Ambiental da mina de ouro que unha empresa canadense proxecta na zona. A razón fundamental deste trámite está, segundo a plataforma, na "falsidade ou ocultación interesada de datos no estudo de impacto ambiental elaborado pola empresa mineira". A xuízo do colectivo veciñal, a compañía Edgewater está a vulnerar de maneira "flagrante" o Real Decreto que rexe dende o ano 2008 as avaliacións de impacto ambiental e, polo tanto, a "xerar indefensión para os interesados e interesadas", que ademais, afirman, non recibiron "notificacións na forma prevista" por esta mesma normativa. Así, por exemplo, ilustran, o estudo da empresa "ignora por completo a realidade socioeconómica dos concellos afectados" para "evitar realizar unha análise detallada dos efectos da explotación" sobre "actividades económicas que xeran emprego directo e indirecto sostible" no tempo, que ademais contribúe "ao mantemento de poboación no rural". A plataforma coida que o estudo ambiental omite boa parte dos efectos nocivos da explotación mineira na zona Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 3


Ao tempo, a plataforma sustenta o recurso en que "a empresa mineira recoñece un verquido de arsénico" na zona "por importe superior ao máximo permitido pola lexislación", pero "non fai unha análise previa da súa concentración no ámbito da explotación mineira nin no río Anllóns". Aínda menos, afirman, "analizan a incidencia que este feito pode ter para a sáude humana e animal" e, en última instancia, "para os bancos marisqueiros da ría de Corme e Laxe". Todos estes motivos, engadidos á "instalacións de residuos mineiros" que "vulneran a directiva Directiva 2006/21" da Comisión Europea e á "omisión da existencia de hábitats e de especies animais especialmente protexidas" no entorno da mina, levan o colectivo a reclamar a "nulidade de pleno dereito da Declaración de Impacto Ambiental". Este, din, foi un "acto de trámite arbitrario e contrario a dereito" por parte da Xunta que "serve de base para outorgarlle unha autorización a unha empresa que non é propietaria dos terreos forestais" e que "pretende un cambio de uso dos mesmos sen o consentimento dos actuais propietarios, prescindindo así do procedemento establecido pola actual Lei de Montes".

11/02/2013

Cianuro e minaría: verdades demostradas Por Carmen Varela Case unha trintena de elementos químicos (Fe, Ni, Cu, Zn, Co, Cd, Ag, Hg, As,…) poden formar centos de complexos cianurados. A toxicidade de moitos destes complexos non se coñece. Precisamente, emprégase a clasificación “Cianuro WAD” e “Cianuro SAD” nas análises dos procesos de cianuración para evitar ter que proporcionar información analítica detallada sobre cada un destes compostos cianurados (Marsden e House, 1993). emprégase a clasificación “Cianuro WAD” e “Cianuro SAD” nas análises dos procesos de cianuración para evitar ter que proporcionar información analítica detallada O enxeñeiro Marcelo R. Bellini, autor da tese “Degradación Microbiana de Cianuros”, un prominente defensor das actividades da minería con procesado químico, afirma que “non existe un método químico que resolva, dende o punto de vista técnico (degradación de todas as formas cianuradas) e de maneira económica, o problema dos residuos cianurados da industria mineira”. Isto constátase con feitos como os seguintes: 1. En 2000, en Baia Mare (Romenia), un derrame de residuos cianurados arrasou con toda forma de vida centos de quilómetros río abaixo afectando 3 países: Romenia, Hungría e a antiga Iugoslavia. Contaminou o subministro de auga potable de 2,5 millóns de persoas e afectou as actividades económicas de máis de un millón e medio que viven do turismo, a agricultura e a pesca. 2. En 1999, en Surigao do Norte (Filipinas) un vertido de 700.000 toneladas de colas cianuradas deixou 17 casas sepultadas e 51 hectáreas de campos de arroz inundados, deixando unha contaminación sen precedentes na zona. 3. En 1998, en El Corozal (Panamá) un derrame de residuos cianurados na mina Santa Rosa ocasionou unha enorme mortalidade de peixes e puxo en perigo a vida de moitas persoas. 4. En 1998, en Dakota do Sur (Estados Unidos), na mina Homestake, derramáronse 7 toneladas de residuos cianurados arrasando con todo ao seu paso. Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 4


5. En 1995, en Omai (Guaiana) liberáronse 4 millóns de toneladas de lodos cianurados, declarándose zona de desastre medioambiental ao longo de 80 km do río Essequibo. 6. En 1994, cerca de Johannesburgo (Sudáfrica), na mina Harmony, o colapso dun dique de contención de residuos cianurados enterrou un complexo habitacional e causou a morte a 10 traballadores da mina. 7. En 1992, en Summitville, Colorado (Estados Unidos) un derrame de cianuro causou unha tremenda catástrofe ao longo de 27 km do río Alamosa. A empresa quebrou deixando danos ambientais. Para reparalos, farán falla uns 150 millóns de dólares. 8. En 1992, en Carolina do Sur (Estados Unidos) un derrame dos residuos cianurados na mina de ouro Brewer estendeuse ao longo de 80 km do río Lynches matando uns 11.000 peixes. 9. E así, un longo etcétera. Todas estas balsas son primas-irmáns da que está proxectada para Corcoesto. Co agravante de que a de Corcoesto estaría situada sobre unha falla sísmica, o que aumenta considerablemente o risco de rotura. Con estes datos, isto é, con todas estas verdades demostradas, non fai falla ser un experto, nin un químico, nin sequera fai falla saber ler para imaxinarse que o que nos van deixar nesa megabalsa de residuos vai ter algo máis que auga fresca con azul de Prusia. Un groliño?. Carmen Varela é doutora en Química Orgánica.

Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 5


Ubaldo Cerqueiro - 14 Febreiro 2013 - 11:37

A Costa da Morte maniféstase este domingo en Coristanco contra a mina de ouro de Corcoesto Xa está convocada a primeira e grande manifestación contra a mina de ouro de Corcoesto. A Plataforma pola Defensa de Corcoesto vén de convocar e invitar á participación social na concentración-manifestación que se desenvolverá o vindeiro domingo 17 de febreiro ás 18:00h. Unha manifestación que sairá da rotonda de Carrefour en Coristanco e que rematará na praza do Concello de Coristanco. Esta mobilización social está convocada para expresar a protesta da veciñanza polo intento da empresa canadiana Edgewater de instalar unha mina a ceo aberto na parroquia de Corcoesto e que afectará directamente aos concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso e por ende á ría de Corme-Laxe. Lémbrannos que “a posible instalación desta mega-mina a ceo aberto está apoiada decididamente pola Xunta de Galicia e goza da complicidade manifesta dos alcaldes dos tres concellos citados”. Deste xeito, dende a entidade, afirman que “queremos un futuro para a nosa comarca que non pase pola destrución do territorio, a contaminación das súas augas, a eliminación da nosa forma de vida e dos nosos recursos naturais. Queremos un desenvolvemento económico racional e sustentábel para a nosa comarca e non a espoliación dos nosos recursos por parte do canadianos de Edgewater”.

Cartaz da Convocatoria

Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 6


I Encontro galego sobre o impacto da minería 16 de febreiro de 2013, Teo Colectivos e organizacións sociais sentan as bases para crear un movemento de oposición á minaría salvaxe na Galiza As diversas organizacións e colectivos que participaron no primeiro Encontro Galego sobre os Impactos da Minaría, que se celebrou o sabado 16 de febreiro en Teo, remataron a xornada co compromiso de crear unha rede de traballo de cara a constituír un movemento global de oposición á minaría salvaxe na Galiza.

Antes de acadar este compromiso, abordouse a problemática dos impactos da minaría dende diversos puntos de vista: xurídico, ecoloxista, xeolóxico, técnico, económico e agrario. A encargada de abrir a xornada foi a profesora da Universidade de Santiago, Alba Nogueira, que centrou a súa intervención en explicar as leis que avalan as explotacións mineiras en Galiza e o xeito de utilizar a lexislación para recorrer as concesións e licencias. Alba Nogueira afirmou a necesidade de forzar á Xunta a utilizar todas as ferramentas legais das que dispón —informes de impacto ambiental ou declaracións de proxecto industrial estratéxico— para impedir proxectos mineiros que poñan en perigo o medio ambiente, o territorio ou o tecido socio-económico dos eidos onde se desenvolven. A seguinte mesa de relatores centrou a súa intervención no impacto da minaría no medio ambiente. O biólogo Serafín González, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, achegou cifras interesantes que demostran que se está arrasando o noso país con explotacións mineiras a ceo aberto pola permisividade política que existe cara a este tipo de actividades extractivas. Non en van, en Galiza extráese o 50% da lousa para tellados do mundo. O presidente do Instituto Universitario de Xeoloxía, Xoán Ramón Vidal Romaní, recordou que a lousa tamén se extrae en países veciños, como Francia, onde non se fai a ceo aberto como na Galiza, senón a través de minaría subterránea, con moito menos impacto no entorno. Por iso, Vidal Romaní preguntouse se realmente é necesario que produzamos a metade da lousa mundial a costa da devastación que isto supón. Para xustificar esta sobreexplotación de efectos ecolóxicos e paisaxísticos irreversibles, Serafín González explicou que a Cámara Mineira de Galicia e a Xunta ampáranse en datos contraditorios sobre a xeración de emprego e riqueza: mentres que a primeira afirma que a minaría na Galiza mantén 10.000 postos de traballo, a segunda cifra estes en 7.000. Ambas menten interesadamente, tal e como revelou o profesor de Economía da Universidade de Santiago, Xoán Doldán, pois os datos do Instituto Galego de Estatística ao respecto revelan que, en 2010, en Galiza había 4.549 postos de traballo relacionados coa minaría, os cales descenderon aínda máis nos últimos anos debido ao declive do sector da construción. Doldán sinalou que a actividade mineira só rexistra os beneficios directos obtidos da súa actividade, pero na súa contabilidade non computan os custes sociais e ambientais nin a curto nin a longo prazo, gastos que sempre acaba pagando o erario público e sufrindo as persoas Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 7


que viven no radio de influencia das minas. Tampouco computan as subvencións públicas millonarias que levan estas empresas, algo ao que se opuxo rotundamente Xoán Ramón Vidal Romaní, que afirmou que “deben ser as empresas mineiras as que xeren riqueza para Galiza coa súa actividade, e non Galiza a que xere riqueza para estas empresas”.

O proxecto mineiro para extraer ouro en Corcoesto ocupou un bo anaco da atención dos participantes. Mentres que Serafín González achegou datos sobre a contaminación que xeraría, o enxeñeiro de minas Emilio Menéndez advertiu que se trata dunha explotación a moi curto prazo e puramente especulativa, pois só é rendible neste intre polo pico acadado polo prezo do ouro. Neste senso, Menéndez lembrou que mentres que o ouro se cotiza agora a 1.690 $ a onza, en 2000 o seu prezo era de 250 $. Cando a crise económica comece a remitir, o prezo do ouro baixará e deixará de ser rendible a extracción en Corcoesto, polo que a súa permanencia de seguro que será inferior aos dez anos que promete a empresa explotadora, Edgewater Exploration. Fronte a este tipo de minería especulativa e a curto prazo que extrae minerais e metais innecesarios; Menéndez avogou por unha minaría sostible no tempo, respectuosa co entorno, xeradora de riqueza a longo prazo e baseada na utilidade e necesidade das súas extraccións. Lonxe disto, o proxecto para Corcoesto prevé destruír o 50% do territorio da parroquia, imposibilitando a explotación forestal e agraria que se vén facendo agora nesas terras e a escasos metros de vivendas habitadas que pasarán a ser inhabitables. A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, pechou as intervencións advertindo do impacto irreversible sobre os sectores agrogandeiros, e denunciou a “cultura colonial” que leva aos nosos gobernos a fomentar unha actividade económica a curto prazo e con data de caducidade que só beneficia o lucro dunha empresa privada e xera unhas ducias de empregos temporais; fronte a outra permanente, que mantén vivo o medio rural e da que depende totalmente o territorio agredido porque mantén miles de postos de traballo e supón o medio de vida de miles de familias. Vilalba concretou a conivencia do poder político coas empresas mineiras sacando a colación a Lei do Solo, do ano 2010, que autorizou as actividades extractivas en solo de especial protección agropecuaria, até entón prohibidas. Sen dúbida, o primeiro Encontro Galego sobre o Impacto da Minaría deixou ben claro que Galiza se enfronta a unha problemática que se dá ao longo de todo o seu territorio e, dun xeito ou outro, afecta a toda a cidadanía ameazando amplos espazos e sectores socioeconómicos. De aí o compromiso das organizacións e colectivos participantes de callar un movemento amplo e global que responda a esta problemática de xeito integral. Por iso, na vindeira semana seguirán producíndose encontros para concretar e facer realidade esta iniciativa.

Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 8


Ouro, caciquismo e loita en Corcoesto GALICIA CONFIDENCIAL / Por Walter Burns | Corcoesto | 18/02/2013 Se finalmente a Edgewater logra explotar a metade da superficie de Corcoesto, farao coa oposición de gran parte dos veciños non só desta parroquia, senón de todo o concello de Coristanco. Quedou claro este domingo, cando a oposición á macromina de ouro logrou reunir a un milleiro de persoas na capital municipal. Era a primeira gran convocatoria en contra do proxecto da empresa canadiana.

Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 9


Os veciños falan para as cámaras de Tingalaranga Antes da manifestación, GC achegouse a Corcoesto para falar cos veciños. O seu principal argumento é que por 10 anos de minaría tanta destrución non vale a pena. "Vivimos das vacas e da madeira" razonan antes de lembrar o estudio do Sindicato Labrego Galego que apuntan a que 1.000 explotacións gandeiras se verían afectadas. Tamén lembran o estudio do Centro Superior de Investigacións Científicas, que indica que o Río Anllóns ten 2,1 veces os límites de arsénico permitidos pola Lei, debido á minaría de ouro dos ingleses de hai cen anos. Os veciños falan de prácticas caciquís por parte dos alcaldes -a mina toca tres municipios- para dividilos. En particular, critican que un edil actúe de mediador á hora de repartir os postos de traballo: "a empresa de recursos humanos está regentada polo alcalde do Concello de Cabana". O Concello abriu unha lista para seleccionar persoas para traballar para os americanos. Os habitantes da parroquia ameazada aseguran que Edgwater mesmo tomaron fotografías da romaría local para poñelas na súa web como exemplo da boa relación da mina coa xente de Corcoesto, "o que non é real". Hai mesmo quen fai paralelismos entre a loita das Encrobas nos setenta e a actual en Corcoesto. "Hoxe non estamos neses tempos pero a presión mediática aquí é igual, aquí hai enfrentamentos, hai familias enfrentadas uns cos outros, son enfrontamentos que non se debían dar nestes tempos". Iso si, os habitantes da parroquia admitiron que entre eles hai división de opinións, pois os postos de traballo que xa está a ofrecer Edgewater sirven para convencer a algunhas familias. A chegada da 'febre do ouro' a Corcoesto trouxo consigo outras prácticas típicas da tradición caciquil en Galicia. Edgewater, segundo os veciños críticos, tenta gañarse ao pobo investindo en iniciativas locais, dende patrocinios aos equipos de fútbol até excursións. En Corcoesto hai xa familias que venderon as súas fincas -non hai vivendas afectadas- malia que o proxecto aínda necesita superar as alegacións á Declaración de Impacto Ambiental, autoavaliación publicada pola Xunta e pagada pola compañía. Velaquí o vídeo de Tingalaranga: Crónica da manifestación "Tu-tu-tururú, o arsénico que o métan polo cú" foi un dos berros máis coreados durante a manifestación canda o típico "a culpa de quen é, dos que votan ao PP". Os veciños están moi preocupados polo impacto que terá a mina nos centos de explotacións agrícolas que quedarían ás beiras da industria. Curiosamente, as críticas á mina son máis unánimes nas parroquias que ficarán preto da xigantesca fonchanca e de varias balsas de residuos tóxicos que no propio Corcoesto, admiten os veciños. Nesas parroquias non haberá beneficios económicos directos -expropiacións, compra de bens, posíbeis contratos para os fillos dos que vendan a bo prezo ....- e si o impacto dunha industria moi contaminante, que pode dificultar a viabilidade de iniciativas como a agricultura e a gandería ecolóxica ou o turismo rural. AGE e BNG canda os veciños A mina afecta directamente a Coristanco, e a súa zona de servidume a outros municipios. Todos teñen alcaldes do PP e todos están a favor da explotación. Ademais, o concelleiro de Medio Rural de Coristanco é do propio Corcoesto, e segundo os veciños críticos actúa como 'conseguidor' das demandas da mina. Polo visto este serán en Coristanco, gran parte do electorado está en contra. Tamén se opoñen forzas como o BNG, que estivo representado por Francisco Jorquera e boa parte dos cargos do Bloque na Coruña, e Anova Irmandade Nacionalista, que estivo representando por Antón Sánchez, deputado de Alternativa Galega de Esquerda.

Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 10


Jorquera, en declaracións ao GC, atacou o papel da Xunta ao apoiar un proxecto que cualifica de "colonial". Sánchez destacou que a empresa canadiana marchará cos beneficios do ouro mentres os prexuízos da contaminación afectarán para sempre o peto dos galegos. Quedan, iso si, tres anos para os próximos comicios electorais. A intención de Edgewater é comezar as obras este mesmo ano. A pelota está no tellado da Xunta, pero tal e como o conta a TVG parece que a decisión xa está tomada.

A mina pon en perigo a supervivencia a longo prazo do marisqueo en Corme, Laxe e Cabana A Plataforma 'Salvemos Cabana' advirte de que os preocupantes niveis de arsénico xa presentes no río Anllóns poderían dispararse tras a instalación dunha explotación aurífera a ceo aberto cos conseguintes efectos nunha actividade económica da que dependen miles de persoas nesta zona da Costa da Morte. Por salvemoscabana (http://www.salvemoscabana.blogspot.com) | GC ABERTO | 18/02/2013 Actualmente, as concentracións de arsénico nos sedimentos do esteiro do Anllóns en boa medida derivados da explotación británica de galería en Corcoesto de 1910 varían de 15 a 308 mg/kg, e tal como sinalou recentemente a Sociedade Galega de Historia Natural (SGNH), entidade que traballa con criterios científicos e presidida por un recoñecido investigador do CSIC, poden clasificarse como "contaminados". É conveniente recordar que segundo o artigo científico de Costas e colaboradores (2011), o río Anllóns está a achegar anualmente polo menos 850 kg de arsénico puro ao esteiro, procedente na súa maior parte da zona arsenopirítica da parroquia de Corcoesto. Proporcionalmente, a cantidade de arsénico que o Anllóns descarga ao esteiro é mesmo maior que as de grandes ríos europeos como o Támese, Sena, Loira, Garona ou Ródano, que atravesan zonas de alto nivel poboacional e de industrialización, como así o indicou a propia SGHN no seu informe do pasado 17 de decembro. Preocúpanos especialmente os efectos que isto poida ter para a saúde das persoas e sobre a actividade económica da nosa bisbarra, dado que é un feito recoñecido que os moluscos, crustáceos e outros invertebrados mariños que habitan en ambientes naturais e que son fonte de alimento, son coñecidos acumuladores de metais pesados e metaloides (como é o caso do arsénico) nos seus tecidos. Débese considerar, ademais, que tanto o arsénico coma outros metais pesados, son elementos de carácter bioacumulable no organismo humano, polo que unha exposición prolongada pode provocar efectos daniños na saúde a longo prazo. Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 11


Recordamos así mesmo, que o arsénico encóntrase incluído no Grupo I de substancias canceríxenas da Axencia Internacional para a Investigación do Cancro dende 1987 (IARC), entidade pertencente á Organización Mundial da Saúde (OMS), o que implica que existen suficientes evidencias científicas sobre os seus efectos nas persoas, pois despois de ser absorbido pasa ao torrente sanguíneo e é distribuído no organismo depositándose en fígado, ril, corazón, pulmón e pel, podendo provocar distintos tipos de tumores. Con estes datos na man, consideramos que o proxecto da mina de ouro a ceo aberto de Corcoesto, de apenas 10 anos de horizonte temporal, pode poñer en perigo a saúde e o futuro laboral das miles de persoas que directa ou indirectamente na nosa bisbarra viven e dignifican día a día a profesión do marisqueo tanto nas localidades de Cabana de Bergantiños, Laxe e Corme, coñecida esta última como a "patria" dos percebeiros e percebeiras do Roncudo, e cuio produto representa a Galicia nos máis destacados foros internacionais.

En Laxe 09-03-2013

Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 12


Ubaldo Cerqueiro - 20 Febreiro 2013 - 07:49

“A mina de Corcoesto e os ingresos fiscais municipais”, Jose A. Tricio Fernández

O economista Jose Tricio fálanos sobre os ingresos fiscais municipais Son un galego de Monforte de Lemos residente en Xixón. Sigo con sumo interese todo o proceso sobre o proxecto mineiro de Corcoesto. Aínda que considero que existen razóns suficientes para oporme, non son dos que lles gusta entrar nunha suposta guerra de “bos” e “malos” optando polos argumentos duns e rexeitando os dos outros, senón que prefiro informarme e valorar, do mesmo modo, os documentos elaborados por todo tipo de expertos, independentemente da súa opinión particular, e valorando os aspectos positivos e negativos que calquera proxecto económico ten sobre o territorio, a poboación, formas de vida e as consecuencias futuras das actividades económicas a desenvolver. Considero, ademais, que a toma de decisións da poboación afectada debería facerse en condicións de “xogo limpo” (quizá sexa utópico!), e a publicidade enganosa non debería presentarse como información contrastada. Non se pode pretender vendernos un proxecto mineiro como se fose unha loción contra a calvicie ou un método para adelgazar comendo o mesmo e permanecendo sentados diante do televisor. Sen embargo, atópome con que a empresa mineira publicita, sen máis matices ou explicacións, o seguinte: 

“Unha vez extraído, o ouro vaise vender directamente dende Cabana de Bergantiños, onde a empresa ten a súa sede fiscal e onde se imputarán todos os impostos“.

“Isto non é xogo limpo!” Como é posible insinuar que todos os impostos quedarán en Cabana de Bergantiños? Ou quérese dicir outra cousa? Cales son as consecuencias fiscais reais das actividades económicas que teñen a súa sede fiscal nunha determinada zona? Non merecen os cidadáns unha información detallada para poder decidir democraticamente cal é o futuro que queren? Os tributos implicados Toda actividade económica, mineira ou non (un hotel, unha fábrica de queixos, un taller de reparación de automóbiles, unha explotación agrícola, un bar, unha panadería, unha perruquería, etc) está obrigada a tributar por iniciar e exercer a actividade, pola obtención de posibles beneficios, polo valor engadido xerado, etc. Estes tributos supoñen ingresos para Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 13


calquera das tres Administracións Públicas do estado español (Estatal, Autonómica e Local). No caso que nos ocupa, a empresa mineira que explotará os recursos de Corcoesto, que tributos debe pagar?, a quen?, cantos deles quedarán para o concello de Cabana de Bergantiños?: 

1. Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITPAJD): Aínda que a empresa mineira constitúa unha sociedade (ou xa a constituíra) con domicilio social no Concello de Cabana de Bergantiños, este imposto, que se pagaría unha soa vez no acto da constitución da sociedade mercantil, está transferido integramente á Comunidade Autónoma de Galicia, polo que o Concello de Cabana non recibiría (ou xa non recibiu) nin un só céntimo do mesmo.

2. Imposto de Actividades Económicas (IAE): podería ser ingresado no Concello de Cabana de Bergantiños, dentro dos epígrafes diferentes (212 – Extracción e preparación de minerais metálicos non férreos e 225.9 – Produción doutros metais non férreos n.c.ou.p.).

3. Imposto de Bens Inmobles (IBI): a tributación dependerá do valor catastral dos terreos e da súa consideración como de natureza urbana ou rústica polo Concello. Hai que ter en conta que os terreos afectados teñen consideración rústica, polo que o Concello, salvo que cambie a cualificación urbanística dos terreos, dificilmente vai a percibir máis ingresos dos que percibe na actualidade.

4. Imposto de Construcións, Instalacións e Obras: A tributación por este imposto podería ser unha fonte importante de ingresos para o concello, pero isto tampouco vai a suceder, xa que a declaración do proxecto mineiro como industrial estratéxico exime do pago do mesmo por levar implícita a non suxeición a licenza municipal, que é o que determina a obriga de pagar este imposto.

5. Imposto sobre Sociedades: A empresa terá que pagar polos beneficios obtidos, pero como é un imposto estatal, ese diñeiro non quedará nin en Cabana de Bergantiños nin en Galicia. Mesmo o diñeiro que pode chegar a recibir a empresa en forma de subvencións ao capital concedidas pola Xunta de Galicia, deberán ser declarados como ingresos pero non tributarán en Galicia, senón na administración estatal.

6. Imposto sobre Determinados Medios de Transporte e o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica: O primeiro deles (coñecido como imposto de matriculación) está transferido á Comunidade Autónoma de Galicia e a empresa mineira pagaría este imposto á Xunta no caso de adquirir vehículos automóbiles suxeitos ao mesmo. O segundo é un imposto local que se paga anualmente (coñecido como imposto de circulación) que gravaría os vehículos da empresa mineira domiciliados no Concello de Cabana. No entanto a empresa mineira recorrerá ao renting ou a subcontratas que achegarán os vehículos e cuxo domicilio fiscal non estará en Cabana de Bergantiños nin ao mellor en Galicia, polo que o Concello e a Xunta non recibirán un so céntimo por estes impostos.

7. Imposto sobre o Valor Engadido (IVE): Grava as entregas de bens ou prestación de servizos, mais no caso do ouro, a maior parte das vendas irán destinadas ao exterior (exportacións ou entregas intracomunitarias de bens). En ambos os casos, son operacións exentas de IVE, polo que non se producirían ingresos por este imposto nin para o Concello de Cabana de Bergantiños, nin para Galicia, nin para o estado español.

8. Outros tributos tipo taxas: Podería habelos no caso de que a actividade mineira demandase a prestación de servizos ou aproveitamento de bens públicos. Neste caso, o aumento dos ingresos municipais levaría consigo un aumento igual ou superior dos gastos municipais ou autonómicos, polo que os beneficios para o concello ou a administración autonómica son cando menos dubidosos. Un aumento de ingresos por este tipo de tributos ten unha relación directa cos gastos correntes ou investimentos necesarios para esa prestación de servizos que se amortizarán no futuro. Por encima, estas taxas, deixan de abonarse cando remate a actividade da empresa, mentres que os gastos para o concello poden dilatarse no tempo.

En definitiva, os ingresos fiscais dunha actividade económica sempre hai que contrastalos cos gastos públicos que podería orixinar a mesma. Por exemplo, impostos sobre o tabaco fronte a gastos sanitarios derivados das enfermidades que provoca o Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 14


tabaquismo; imposto de circulación de vehículos fronte os custes de construción e mantemento da rede de estradas; taxas sobre o consumo de auga fronte ao custe de construción e mantemento da rede de sumidoiros e depuración das augas, etc. Esta análise deberíamos facela en maior medida cando os custes para a sociedade ocasionados por unha actividade económica teñen que ser asumidos por unha administración distinta a aquela que percibe os tributos que esa actividade paga. Un exemplo sobre o que reflexionar: Canto supuxo o desastre de Aznalcollar cando a balsa de tóxicos se derramou e chegou ao Parque Doñana? Compensaron os ingresos fiscais que tributou a empresa cos gastos públicos do saneamento do Parque? Moitos anos despois, a empresa nórdica non pagou nin un euro do desastre ecolóxico que orixinou. E unha pregunta final: As actividades económicas que deixarán de existir, as que non poderán chegar a ser, ou as que quedarán hipotecadas pola presenza da mina, canto diñeiro deixarán de pagar en tributos?, canto deixará de percibir desas actividades o concello de Cabana de Bergantiños? E pasada unha década, cando a mina sexa historia, poderán repoñerse esas actividades agora afectadas? Conclusión: Hai alternativa Os ingresos fiscais para Cabana de Bergantiños poderían vir de actividades agroalimentarias, industrais de transformación de madeira e moble, artesanía, hostalaría e turismo… E significarían iguais ou maiores ingresos fiscais que a actividada da explotación da mina de ouro a ceo aberto de Corcoesto. Jose A. Tricio Fernández, Economista.

La mina de oro recluta personal sin tener aún permiso de la Xunta EL PAIS / GALICIA Silvia R. Pontevedra / Cristina Huete Santiago 22 FEB 2013 - 02:39 CET Hace ya meses que la empresa canadiense Edgewater Exploration, LTD (en Galicia, Mineira de Corcoesto, SL) empezó a remitir cartas a los vecinos de la zona afectada por la prevista mina de oro de Bergantiños informándoles de que si aceptaban un preacuerdo por la venta de sus tierras, antes del 31 de diciembre, serían económicamente mejor recompensados que si se resistían hasta la expropiación forzosa. Ni entonces, ni ahora, la multinacional que rastrea metales preciosos contaba con el determinante permiso de la Consellería de Industria y la aprobación del Consello de la Xunta para empezar a expropiar y a explotar de nuevo la vieja mina, conocida desde tiempos de los romanos. La única diferencia es que ahora ha superado (mientras arrecia la polémica entre los vecinos críticos y los ecologistas) el trámite medioambiental, y con esta fase resuelta se ha puesto a buscar plantilla para explotar la mina. Ayer la compañía anunció que ha contratado los servicios de Adecco “para comenzar la selección de personal de la futura mina”. Desde la semana que viene, “se habilitarán locales en Coristanco, Cabana de Bergantiños y Ponteceso” para recoger los datos de los aspirantes (1.400 personas ya han enviado el currículum desde toda España) y darles cita para una entrevista personal. Luego, la empresa llevará a cabo la selección definitiva para cubrir los 271 puestos directos previstos, “el 80% para operarios sin titulación específica”. El primer lugar donde se abrirá la oficina será, el miércoles 27, en la Avenida de Fisterra en Coristanco. Mientras tanto, desde hace tiempo la técnica de empleo del propio Ayuntamiento de Cabana lleva realizando labores de “intermediación laboral” (según su propia definición) con la minera y da “asesoramiento” a los aspirantes. Ha recogido ya más de 1.100 currículos de personas que quieren trabajar en el filón de oro, sobre todo de la comarca, pero “también de Valencia, Córdoba o Castilla-La Mancha”, “tanto de hombres como de mujeres”.

Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 15


Sin seguros de avales (solo figura el de responsabilidad civil) y con la denuncia de asociaciones ecologistas sobre el empleo de “tecnologías ilegales” y sobre el riesgo de contaminación por cianuro, la Xunta ratificó ayer su aprobación del informe de impacto ambiental para explotar a cielo abierto la mina. Esto, después de que BNG, AGE y PSOE insistiesen, en comisión parlamentaria, en denunciar los “incumplimientos” que se reflejan en el informe de impacto ambiental y solicitasen, sin éxito, su retirada para sustituirlo por otro “más riguroso”. Tras el recuento de las irregularidades, el portavoz del Bloque, Carlos Aymerich, llegó a asegurar que el PP “está al servicio de la empresa”. El nacionalista advirtió que Feijóo había “sorprendido con el anuncio” del proyecto de la firma canadiense el 20 de junio de 2012 (destacando la creación de 1.300 empleos directos e indirectos y una inversión de 110 millones) cuando este “aún no se había registrado”, aunque la filial había “celebrado comidas” con alcaldes de la comarca. “Juegan con la necesidad de la gente, pero el oro se va a Canadá y los empleos durarán ocho años”, lamentó el nacionalista. AGE y PSOE insistieron en la misma denuncia que el BNG, alertando de que la pequeña creación de empleo supondrá el desmantelamiento del sector primario en la comarca. El portavoz del PP, Varela Suances, reconoció el riesgo del proyecto pero aseguró que la declaración cumple la normativa comunitaria. Aunque el debate se centró en el informe del impacto ambiental de Corcoesto, toda la oposición deploró las concesiones mineras a empresas extranjeras y lamentó que no se cree una potente industria en Galicia.

Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 16


Unas 300 personas se concentran en Coristanco en favor de la mina de oro de Corcoesto Entre los manifestantes había un centenar de miembros de la plataforma «Trabajo ya, Mina sí» de Tapia de Casariego Carballo / La Voz 23 de febrero de 2013 16:27 Unas 300 personas (más de 200 según la Guardia Civil, 400 según la organización) se concentraron a media mañana de hoy delante del consistorio coristanqués para mostrar su apoyo a la mina de oro de Corcoesto. Entre los manifestantes había un centenar de personas, integrantes de la plataforma «Trabajo ya, Mina sí» de Tapia de Casariego, localidad que también está a la espera de que se lleve a cabo un proyecto minero similar al de Corcoesto. En este acto reivindicativo, las representantes del colectivo «Corcoesto Sí, Mina sí», Victoria Varela y Chelo Ferreiro, leyeron sendos manifiestos en favor de la mina de oro. También habló Magdalena Gómez, del colectivo de Tapia, quien habló de los paralelismos existentes entre los proyectos de Salave y Corcoesto. Además, los integrantes de ambas plataformas realizaron una recogida de firmas. En total, fueron más de 200 las rúbricas recogidas en apenas una hora de concentración.

Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 17


La Plataforma en Defensa de Corcoesto dio una conferencia en la casa do mar de Corme Carballo / La Voz 23 de febrero de 2013 19:29 Representantes de la Plataforma en Defensa de Corcoesto mantuvieron hoy por la tarde una charla con un grupo de vecinos en la casa do mar de Corme. Durante el encuentro, los integrantes del colectivo vecinal contrario al plan que quiere llevar a cabo la empresa canadiense, analizaron el uso pernicioso que, a su juicio, provocará el uso de cianuro y arsénico, la construcción de las balsas de lodos y el empleo de agua del río Anllóns y de varios manantiales que abastecen a las parroquias afectas al proyecto. Según apuntó Francisco García, uno de los integrantes de la plataforma, «un millar de veciños de Cereo Valenza e Corcoesto verán afectadas as súas condicións de vida se o plan sae adiante». Por otra parte, la Plataforma en Defensa de Corcoesto no descarta realizar charlas fuera de la comarca de Bergantiños. «Estudiamos levar a cabo conferencias en A Coruña e Ferrol», avanzó García.

Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 18


25/02/2013

Denuncian que Asturias nutre a manifestación promina de Corcoesto A plataforma “Salvemos Cabana” mais o portal “Alertaminera” denuncian que a metade das arredor de duascentas persoas que o pasado sábado asistiron en Coristanco á manifestación convocada por “Corcoesto si, Mina si” procedían de Asturias do entorno de Exploraciones Mineras del Cantábrico S.L.

Imaxe da concentración en Coristanco Arredor de duascentas persoas se manifestaban o pasado sábado en Coristanco convocadas por “Corcoesto si, Mina si”, un colectivo que puxera a disposición da veciñanza autobuses gratuitos para asistir á protesta. Segundo o portal “Alertaminera”, a Galiza trasladouse unha nutrida presenza da plataforma “Trabajo Ya. Mina si”, creada no entorno de Exploraciones Mineras del Cantábrico S. L/Asturgold, entidade que xa protagonizou no pasado novembro unha manifestacióon en Tapia de Casariego tamén con persoas doutras localidades. Boa parte das pancartas e demais materiais da manifestación estaban escritos en castelán. Tamén “Salvemos Cabana” denunciou que a manifestación foi maiormente secundada por persoas que non tiñan que ver coa comarca, mesmo despois de teren o día anterior un coche con megafonía convidando a asistir ademais de ofrecer servizo gratuíto de autobuses. “Desde o noso punto de vista, resulta penoso ver como coa excusa da profunda crise que atravesa o país, e a desesperación da xente por atopar emprego a calquera prezo, se pode oanizar unha campaña de manipulación pública tan indigna e lamentábel” sinalan nocomunicado de “Salvemos Cabana”.

Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 19


'Salvemos Cabana' solidarízase cos veciños de Coristanco afectados pola mina de Corcoesto Coristanco, coñecida pola excelente calidade do seu produto estrela, a pataca, podería ver gravemente afectada a súa comercialización en Galicia se a mina de Corcoesto é aprobada finalmente. Por salvemoscabana (http://www.salvemoscabana.blogspot.com) | GC ABERTO | 26/02/2013

Dende 'Salvemos Cabana' desexamos mostrar o noso respaldo incondicional aos veciños e veciñas das parroquias coristanquesas de Cereo e Valenza que o pasado día 18 de febreiro manifestaron rotundamente a súa oposición á iniciativa de Mineira de Corcoesto S.L. / Edgewater para a nosa bisbarra. Somos conscientes de que a aprobación definitiva do proxecto por parte da Xunta de Galicia, podería ter graves efectos sobre o ámbito comercial da que seguramente é a pataca máis nomeada de Galicia, a de Coristanco. É coñecido que dende o concello veciño, non se prima non a cantidade, senón a calidade da produción, e que a pataca de Coristanco, que se encontra baixo a Indicación Xeográfica Protexida da Pataca de Galicia, concedeulle á propia localidade o recoñecemento da 'capital' deste produto en terras galegas. E é que o nome deste pobo anexo á Costa da Morte está asociado dende hai anos ao cultivo da pataca. Este produto, que raramente falta en calquera prato tradicional, encontra na bisbarra de Bergantiños, e en particular nas terras de Coristanco, un dos seus mellores lugares de cultivo. A conxunción da climatoloxía húmida e temperada desta parte occidental de Galicia coas óptimas condicións dos seus chans explican as características inmellorables que esta zona reúne para o seu cultivo, o que derivou nunha multitudinaria festa de exaltación anual que se celebra dende o ano 1980. Preocúpanos especialmente a contaminación de aire, augas e chans que pode traer a instalación dunha mina a ceo aberto de máis de 700 hectáreas de superficie a unha zona directamente afectada polo proxecto, pois dentro do municipio de Coristanco, a compañía canadense Edgewater prevee a instalación da entulleira e unha das balsas de residuos. Recordamos que os especialistas confirman que o po residual das cinco megadetonacións semanais que segundo figura no proxecto da empresa se realizarán na parroquia de Corcoesto, pode chegar a ter un radio de impacto de máis de 25 km., dispersando atmosféricamente partículas tóxicas integradas por nitratos do explosivo, outros elementos químicos prexudiciais, e metais pesados procedentes da fragmentación do leito rochoso. Este efecto, sumado á potencial contaminación de acuíferos derivado das potenciais filtracións que tarde ou cedo e por efecto do tempo, acontecerán na mallas de protección das balsas -que non terán mantemento indefinido cando a empresa mineira finalice operacións-, e a calquera posible vertedura incontrolada por parte da empresa que afecte á fertilidade dos chans, fan que en realidade este proxecto, de carácter puramente especulativo e de curta duración, sexa a peor opción posible para o desenvolvemento coherente da bisbarra de Bergantiños, pois os teóricos 271 postos de traballo prometidos pola empresa, boa parte dos cales se realizarán a través de subcontratas e só durante a preparación do complexo nos dous primeiros anos, poden hipotecar o futuro do resto de actividades tradicionais que dende sempre mantiveron vivo o tecido social e familiar da nosa bisbarra. Consideramos urxente a cuantificación de cantos postos de traballo poderían perderse no sector agropecuario, marisqueiro e turístico no caso de que durante a vida de operación do pretentido proxecto de Corcoesto ou en anos posteriores ao peche da instalación, se rexistren incidentes de seriedade, ante os que recordamos, a empresa Edgewater non foi obrigada a presentar unha garantía financeira suficiente de responsabilidade civil, que a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), entidade presidida por Serafín González, investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), cuantificou entre uns 300 e 350 millóns de euros. Recordamos, por outra parte, que a propia Xunta de Galicia foi quen consultou a este recoñecido edafólogo antes de iniciar os trámites do proxecto mineiro. Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 20


diárioLiberdade

Mineira de Corcoesto e as mentiras sobre a água Publicado em Quarta, 27 Fevereiro 2013 17:02

Galiza - PDC - [Nela Abella] Un dos problemas que trae consigo a minaría de ouro é o do consumo de auga. Un proxecto destas características ten un enorme consumo de auga, e, consecuentemente, a redución da cantidade de auga que se pode destinar a outros usos. No proxecto fálase dun consumo duns 1.400.000 m3 anuais, entre a auga captada da chuvia (432.695) e a auga obtida de recursos subterráneos (967.305) 1.400.000 m3 equivalen a 1.400.000.000 litros, xa que un metro cúbico ten 1000 dm3, ou, o que é o mesmo, 1000 litros. Se dividimos 1.400.000.000 litros/ano entre 365 días que ten o ano, obtemos a cifra de 3.835.616 litros /día, ou, o que é o mesmo, 3.835 metros cúbicos. Sen embargo, esa cantidade é moi diferente (máis do triplo) da que a empresa mineira manexa nunha publicidade (con aspecto de artigo informativo, pero publicidade ao fin e ao cabo) recentemente saída na prensa. Non deixa de ser curioso que expoñan unha cantidade no proxecto e outra moi diferente nos medios de comunicación. En cal dos dous textos nos están enganando? Tal vez nos dous? Nesa mesma publicidade afirman o seguinte: "A auga precisa para o tratamento do mineral rolda os mil metros cúbicos ao día (xa vimos que é moito máis), que se obterán exclusivamente da chuvia e das augas subterráneas" Vaia, iso déixanos moito máis tranquilos! Porque se a van quitar da chuvia non nola quitan a nós... É iso o que están insinuando? Tratan de dicir que total se a collen da chuvia é como se non a consumisen? Sabe esta xente o que é o ciclo da auga? A auga que hai no planeta está aquí desde o principio, é sempre a mesma. Sobe e baixa, vai para as nubes e volve para o chan. Pode estar en forma de vapor, de auga ou de xeo; pode estar máis limpa ou máis contaminada...pero segue a ser a mesma. E toda auga que se quite dese ciclo para un uso estase privando para outros usos. Tanto ten se se colle dun río, da chuvia ou das augas subterráneas: a auga que se usa para a minería estase detraendo de outros posibles usos, sexa para regar os campos, para dar de beber ao gando ou para facer medrar a herba. Ademais, todos eses millóns de litros de auga pasarían a ser, despois do seu uso na mina, litros de auga contaminada. Que repercusión pode ter para a economía da zona, baseada en actividades sustentables como a gandaría e a agricultura, este alarmante consumo de auga? É un tema que non aborda nin o proxecto nin o seu Estudo de Impacto Ambiental, cheo de carencias. Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 21


Segundo a Directiva Marco da Auga, "A auga non é un ben comercial como os demais, senón un patrimonio que hai que protexer, defender, e tratar como tal". Estase atendendo a esta normativa ao facer uso dun volume tan importante de auga para atender as necesidades dunha empresa mineira, en detrimento de outros usos da mesma importantes para a nosa economía? Nesa Directiva insístese na importancia de aplicar o principio de cautela á hora de determinar as substancias perigosas prioritarias, algo que en ningún modo se fai neste proxecto, onde calquera substancia parece ser inocua. A cautela é algo que non vai con esta xente. Cianuro? Non pasa nada. Arsénico? Malo será!! *Nela Abella, é representante de Verdegaia na Plataforma pola defensa de Corcoesto.

Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 22


O pobo "gaña a guerra" contra as minas na Terra Chá Redacción | @prazapublica Mércores 27, Febreiro 2013

Manifestación contra as minas na Terra Cha

A Xustiza paraliza os polémicos proxectos de explotación mineira na Terra Chá e o pobo "gaña unha guerra" contra unha desas macroiniciativas mineiras que ameazan o país. Os tribunais veñen de rexeitar o último dos cinco recursos contencioso-administrativos que a empresa norueguesa Erimsa presentou contra os concellos de Castro de Rei, A Pastoriza e Cospeito por entender que lle foran concedidas por silencio administrativo as licenzas administrativas para a explotación do seixo da zona. Este ditame, unido ao veto da Xunta aos permisos, permite gañar unha primeira batalla. Pode que non sexa a últiima. A empresa mineira recorreu cinco licenzas ao considerar que o silencio administrativo lle permitía explotar os terreos As licenzas recorridas pola empresa desde o ano 2009 foron as de Karles e Alicia (Castro de Rei), Karles (Cospeito), Alicia (Cospeito), Alicia (A Pastoriza) e Pastoriza (A Pastoriza) e en todos os recursos personáronse a Comisión contra as Minas na Terra Chá, comunidades de regantes, organizacións como o Sindicato Labrego Galego ou Adega, así como numerosos particulares. Todos os contenciosos fóronse resolvendo de maneira negativa para a compañía Erimsa durante os anos 2011 e 2012, ao igual que a última sentenza, de xaneiro deste mesmo ano, que volveu denegar a licenza e que foi coñecida esta mesma semana. A presión social sobre as administracións e os informes desfavorables de varios organismos tiveron "un peso decisivo" na negativa da Xunta ás minas No entanto, e paralelamente a todos estes procesos xudiciais, si seguiron o seu curso as tramitacións doutras solicitudes de explotación mineiroa presentadas en decembro de 2008. Logo da exposición pública dos proxectos e das alegacións, os concellos afectados solicitaron senllos informes ás consellerías de Medio Rural, Economía e Medio Ambiente, así como á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e á Deputación de Lugo. A maioría destes documentos resultaron desfavorables para a empresa mineira e, tal e como aclara a Comisión de Asociacións contra as Minas na Terra Chá nun comunicado, "tiveron un peso decisivo" para que o pasado 28 de xaneiro a Consellería de Medio Ambiente denegase as licenzas a Erimsa. Así, a Comisión fala xa de "guerra gañada", pero advirte de que "aínda fica o perigo de que novos cambios lexislativos fagan posible que Erimsa poida explotar o seixo na Terra Chá, aínda a costa de destruír o contorno e o medio de vida dunha das bisbarras ganderias máis importantes de Galicia". Por iso, o colectivo pedirá que se declare a "caducidade das concesións por inactividade".

Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 23


"É unha guerra gañada, pero queda o perigo de novos cambios lexislativos que permitan a Erimsa explotar o seixo" A Comisión contra as Minas na Terra Chá convocará nos vindeiros días a toda a veciñanza afectada polos proxectos de Erimsa para "informala dos ditames xudiciais e resolucións administrativas" e "consensuar as accións a emprender para que a ameaza mineira non se volva repetir". "Agradecemos o seu firme apoio e coherencia ao manterse contraria a uns proxectos empresariais que hipotecaban o futuro dunha comarca enteira", insisten. O conflito das minas da Terra Chá comezou a finais do ano 2006, ao aprobárense tres concesións mineiras (Alicia, Karles e Pastoriza) que afectaban a máis de 5.700 hectáreas dos concellos da Pastoriza, Cospeito e Castro de Rei e, en menor medida, a Abadín e Vilalba. Dende aquela, a empresa presentou licenza urbanística para iniciar a actividade no ano 2008 nos concellos de Castro de Rei, A Pastoriza e Cospeito. Desde o intre da presentación, houbo dous períodos de exposición pública dos proxectos onde a Comisión de Asociacións contra as Minas na Terra Chá, xunto con centos de veciños e veciñas, presentaron alegacións opoñéndose a estes proxectos. Ao mesmo tempo, a Comisión contra as Minas realizou un intenso labor informativo e reivindicativo, participando en varias manifestacións, e organizando dous festivais e ducias de charlas informativas, como a que correu a cargo do investigador responsable do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, Juan Ramón Vidal Romaní.

Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 24


Xoves 28, Febreiro 2013 | Movementos sociais

A Xunta xoga a dúas bandas coa mina de feldespatos da Limia Redacción | @prazapublica

Cartaz da plataforma Corno do Monte

Mina de feldespatos A Xunta de Galicia xoga a dúas bandas co polémico proxecto da mina de feldespatos a ceo aberto na comarca da Limia. Segundo denuncia a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), mentres a Conselllería de Medio Rural declara a Limia como Zona de Especial Interese Agrario e proxecta catro novos plans de regadío, a Consellería de Economía e Industria somete a información pública o devandito proxecto que "coincide exactamente cunha das catro zonas que se pretenden transformar en regadío". A SGHN denuncia que mentres Medio Rural declara a Limia como Zona de Especial Interese Agrario, Economía somete a información pública o proxecto da mina Para a SHGN, esta é outra mostra das "actuacións caóticas e descoordinadas das administracións públicas na Limia por parte da Xunta de Galicia". Segundo este colectivo, a descoordinación foi tal que "durante varias semanas coincidiron no tempo os trámites de información pública de ambos os dous proxectos". Precisamente, e ao da mina de feldespatos, foron varias as agrupacións que presentaron alegacións para impedir que a Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 25


empresa Minecer desenvolva o seu proxecto Faramontaos 5089.1 de extracción de feldespato a ceo aberto en Trasmiras e Xinzo de Limia, outra das ameazas mineiras que soporta Galicia, segundo denuncian numerosos expertos. A Xunta non desbota o proxecto, pero aclara queu non o autorizará "se non beneficia a comarca" Mentres plataformas veciñais ou ecoloxistas se opoñen ao proxecto, o conselleiro de Economía vén de asegurar no Parlamento que non autorizará a intención da empresa mineira "se non beneficia a comarca", tras explicar que a Xunta tan só cumpre a normativa na tramitación da solicitude dun proxecto que se someteu a información pública, ao que xa se presentaron as alegacións e do que se fará agora a avaliación de impacto ambiental. "Non se pode valorar a conveniencia de autorizar ou non a concesión de explotación", aclarou o conselleiro, á espera de recibir os informes solicitados a varios organismos, tras insistir en que a intención do Goberno galego é "acadar unha minería sostible, segura, dinamizadora, innovadora e xeradora de postos de traballo". No entanto, colectivos ecoloxistas, comunidades de regantes ou plataformas veciñais seguen amosando o seu rexeitamento frontal -incluso a través dunha carta ao presidente Feijóo- a unha mina que afectaría máis de 400 hectáreas de terras agrarias nas parroquias de San Pedro, Laroá, Fiestras, Rebordechá, Paredes, Moreiras, Faramontaos e Seoane. Nestas parroquias, como lembran, "téñense investido millóns de euros do erario público en concentracións parcelarias e diversas infraestruturas para potenciar o uso agrícola do solo, un dos máis ricos e fértiles da bisbarra, como melloras de vías de comunicación ou regadío". A mina afectaría a máis de 400 hectáreas, pero poría en perigo a importante actividade agrogandeira de toda a zona "A explotación de feldespato provocaría a perda de fertilidade e de lentura das fincas colindantes, ata centos de metros ao redor das minas a ceo aberto, algo que xa se ten constatado nas zonas de extracción de áridos de Sandiás e de Vilar de Santos", denuncia o Sindicato Labrego Galego (SLG), que recorda tamén que o proxecto de Minacer "bate de fronte coa actividade da Comunidade de Regantes do Corno do Monte", que foi o resultado da fusión de doce comunidades de regantes e abastece 1.257 hectáreas. A incidencia negativa por acumulación de residuos na capa freática, así como o deterioro das augas imprescindibles para os cultivos da zona ou a produción de po en suspensión son outros dos perigos que tería a mina para a importante actividade agrogandeira da comarca da Limia.

Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 26


elCorreoGallego.es Investigadores de la uVigo harán un informe sobre las medidas correctoras precisas en la mina de Corcoesto VIGO. E.P. | 28.02.2013

Investigadores de la Escuela Técnica Superior de Ingeniería de Minas de la Universidad de Vigo realizarán un informe sobre las medidas correctoras y protectoras que exige la Xunta para la explotación sostenible de la mina de oro de Corcoesto, en Cabana de Bergantiños (A Coruña), en el marco de un convenio firmado por la Escuela y la empresa Mineira de Corcoesto, filial de la canadiense Edgewater. El objetivo de ese acuerdo es la elaboración de un informe técnico y, según han precisado fuentes de la Universidad, "en ningún caso indica toma de postura" sobre la explotación del yacimiento. Así, las mismas fuentes han insistido en que se trata de un "acuerdo únicamente científico" que tiene como finalidad un trabajo de investigación y asesoramiento que también se lleva a cabo para otras empresas del sector minero. El director del Departamento de Ingeniería de los Recursos Naturales y Medio Ambiente, Javier Taboada, ha señalado que el informe pretende dar una solución científica a las "contingencias que surjan antes, durante y después de la vida útil de la mina", y dar respuesta a las exigencias que la Xunta plantea en la Declaración de Impacto Ambiental. El trabajo de los investigadores -un equipo de cinco personas-- tendrá una duración de unos cuatro meses. En el convenio también se recogen otros aspectos, como el acceso a datos prácticos obtenidos en una explotación minera de última generación, desarrollo de proyectos de investigación, organización de actividades académicas, intercambio de publicaciones, y otras colaboraciones. La mina de oro de Corcoesto ha sido explotada por diferentes empresas a lo largo de los años y, en 2010, entró como operadora la compañía Edgewater. La luz verde dada por la Xunta para su explotación ha generado numerosa polémica y ha suscitado la oposición de grupos ecologistas, así como de los grupos de PSOE, BNG y AGE, mientras que el PP ha mostrado su apoyo.

Vecinos de Cereo y Valenza cortaron el tráfico en Coristanco para protestar por la mina de Corcoesto Decenas de personas recorrieron los pasos de peatones de la travesía coristanquesa durante más de una hora La Voz / Carballo / 03 de marzo de 2013 20:56 Numerosos vecinos de Cereo y Valenza (140, según Protección Civil) protagonizaron a última de la tarde una nueva protesta en Coritanco para expresar su oposición al proyecto de la mina de oro de Corcoesto. A causa del continuo deambular de los manifestantes por los pases de peatones, se produjeron interrupciones del tráfico rodado, muy abundante los domingos por la tarde a causa de la gran cantidad de personas que retornan a la ciudad de A Coruña después del descanso del fin de semana. La protesta comenzó pasadas las siete de la tarde y se mantuvo durante, al menos, una hora. Como consecuencia de la presencia de personas en la calzada, se produjeron retenciones que en algún momento llegaron a superar el kilómetro y medio. Es la tercera vez que los vecinos que están en contra de la explotación aurífera se concentran un domingo por la tarde para poner de manifiesto su oposición al proyecto y llamar la atención de los automovilistas sobre el conflicto que mantienen desde hace varios meses.

Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 27


'Salvemos Cabana' traslada a la embajada canadiense en España su "absoluto rechazo" a la mina de Corcoesto (A Coruña) SANTIAGO DE COMPOSTELA, 4 Mar. (EUROPA PRESS) La plataforma 'Salvemos Cabana' ha remitido una carta a la embajada canadiense en España contra el proyecto minero de Corcoesto en Cabana de Bergantiños (A Coruña), ya que consideran que "podría tener graves consecuencias" no solo para el pueblo, sino "para toda la comarca", por lo que trasladan su "absoluto rechazo". Así, la plataforma social ha acordado manifestar públicamente su postura contraria al plan de explotación de Minería de Corcoesto S.L., filial de la empresa canadiense Edgewater Exploration, ya que, según afirma, conllevará "una problemática asociada inasumible para la Costa da Morte gallega". Al respecto, 'Salvemos Cabana' ha alegado que con el método elegido para la extracción del oro en este proyecto se empleará cianuro de sodio disuelto en grandes cantidades de agua, "uno de los venenos más potentes", por lo que "puede causar daños irreparables a las personas y al medio ambiente". Asimismo, la plataforma hace referencia a la resolución del 5 de mayo de 2010 del Parlamento Europeo por la cual se prohíbe "el uso de las tecnologías mineras a base de cianuro en la UE", al ser "la única forma segura de proteger los recursos hídricos y ecosistemas de la contaminación por cianuro procedente de las actividades mineras". Además, denuncian que el proyecto de Edgewater Exploration no contempla "una garantía financiera suficiente" que cubra económicamente y de manera integral una catástrofe medioambiental y se muestran preocupados por la "contaminación persistente" que las tecnologías mineras puedan provocar "en aire, suelos y aguas superficiales y subterráneas" en una comarca que se dedica mayoritariamente a la agricultura, la ganadería y el marisqueo. En este sentido, han señalado que los 271 puestos de trabajo que la empresa ofrece "pueden poner en peligro miles de empleos asociados en la comarca" dentro del sector primario.

Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 28


Fontao pedirá por escrito al Concello soluciones para la contaminación del agua por arsénico FARO DE FIGO / 04.03.2013 | 07:30 REDACCIÓN - VILA DE CRUCES Los vecino de la parroquia cruceña de Fontao celebraron ayer una reunión en el local social para hacer una primera valoración de las medidas a tomar después de que las analíticas de la mayoría de las 26 muestras diesen un alto contenido de arsénico. Por de pronto, se plantea una recogida de firmas este sábado, que acompañarán a una misiva dirigida al Concello. En la carta, los vecinos de Fontao demandan soluciones al problema de contaminación del agua, pero también quieren hacer sus propias propuestas. Desde el vecindario no se descarta la captación de otros manantiales, puesto que de los cuatro de que se surtía, hasta hace poco, la parroquia, solo es potable el de Fonte das Regas. El problema estriba en que un buen número de dichos manantiales es de propiedad privada. Los vecinos también tendrán qué valorar quiénes desean conectarse a la traída de agua que abastecerá al poblado desde el casco urbano de Cruces y quiénes optan por prescindir de este servicio. Por último, los vecinos de la parroquia cruceña no descartan realizar una segunda analítica de sus manantiales actuales. Hoy en día, tienen que consumir agua embotellada o bien desplazarse hasta la mencionada Fonte das Regas.

Corte de agua en Vila de Cruces al detectarse alto nivel de arsénico Los médicos realizarán análisis a los vecinos para ver si están afectados Rocío Ramos lalín / La Voz 02 de diciembre de 2012 05:00 Ayer los vecinos del nuevo poblado de Fontao, en Vila de Cruces, celebraron la fiesta de Santa Bárbara, patrona de los mineros. Este año no hicieron falta rayos para invocarla. La tormenta la desató el alcalde, que el viernes por la noche reunió a los vecinos y les comunicó que los análisis detectaron un alto nivel de arsénico en el agua y que procedió a cortar el suministro. Los depósitos fueron vaciados y llenados de agua potable, transportada en cubetas y procedente de un manantial de Cruces. Los análisis son del día 20 y dieron valores de 14 Ug/l cuando lo máximo permitido en España son 10. Ávidos de datos, los vecinos consultaron posibles efectos. Saben que en las zonas mineras como esta la presencia de arsénico en el agua no es nueva. El alcalde explicó que los niveles suben en invierno, sobre todo en días de mucha lluvia, y en verano bajan. En el poblado residen algo más de cien personas. La mayoría llevan nueve años en la zona nueva. El presidente de la asociación vecinal se teme que «iso debe levar así de sempre» y se hizo eco de la preocupación de todos. El regidor, Jesús Otero, recuerda que problemas con el agua siempre hubo, de ahí que este proyectada una nueva traída que pagará la Xunta, pero puede tardar unos seis meses en hacerse y quiere mantener el corte hasta entonces. Los médicos de Cruces realizarán análisis a los vecinos para determinar si están afectados de alguna manera por el consumo del agua y se analizarán todas las fuentes de la zona. Ayer la duda era la de un vecino ingresado con problemas de riñón desde hace tiempo, al que comunicaron ya la presencia de arsénico, por si pudiera tener alguna relación con su caso. El Concello suministra unos 13.000 litros al día a los vecinos, lo que supondría un gasto de 3.000 euros al mes. Un coste que el Concello no puede asumir si se prolonga en el tiempo. La situación fue comunicada a Sanidade y a Augas de Galicia.

Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 29


Parlamento gallego quiere arreglarlo imponiendo una garantía a la mina de oro NO A LA MINA / Mundo – Europa JUEVES 07 DE MARZO DE 2013 11:10 El Parlamento de Galicia aprobó con los votos a favor de PP y PSdeG y la abstención de AGE y BNG una iniciativa en la que reclama a la Xunta que obligue a la empresa concesionaria de la mina de oro Corcoesto, en Cabana de Bergantiños (A Coruña), a suscribir "una garantía financiera suficiente" para desarrollar la actividad. Patricia Vilán, que defendió el proyecto de la empresa Corcoesto Gold Mines, filial de Edgewater, pide que la empresa contrate un seguro de responsabilidad civil de unos 350 millones de euros. PP y PSdeG negociaron el texto a partir de una proposición no de ley registrada por los socialistas. Originalmente, esta reclamaba también dejar sin efecto el informe favorable de la Xunta a la declaración de impacto ambiental del proyecto minero que pretende llear a cabo Edgewater Exploration, una empresa canadiense. Finalmente, el texto que salió adelante contiene solo el requerimiento de esta garantía, en base a la Ley 26/2007 de responsabilidad medioambiental y a la ley de minería de Galicia. La mina de oro de Corcoesto ha hecho saltar las alarmas entre los vecinos y numerosos colectivos ecologistas que alertan de riesgos de contaminación por cianuro y arsénico, sustancias asociadas a este tipo de explotaciones. La autora de la propuesta, la diputada del PSdeG Patricia Vilán, defendió que la empresa Corcoesto Gold Mines, filial de Edgewater, debería contratar un seguro de responsabilidad civil de unos 350 millones de euros (cuantía reclamada en primer lugar por la Sociedade Galega de Historia Natural), "cuando el Gobierno gallego acepta tan solo cinco". Por ello, acusó a la Xunta de permitir la explotación "sin ofrecer garantías sobre el impacto ambiental" de la extracción de oro utilizando cianuro. Vilán criticó a la Xunta por "convertir Galicia en una gran explotación minera en favor de empresas extranjeras" y afirmó que el deber del Gobierno autonómico es "dificultar, cuando no impedir, que sociedades de estas características puedan operar impunemente con los recursos y con el futuro de la comunidad". El diputado del PP Aurelio Núñez Centeno, por su parte, afirmó que su grupo está "tan preocupado como los de la oposición por la sostenibilidad económica y medioambiental" del proyecto, y por "garantizar la compatibilidad de la actividad extractiva con la protección de los valores naturales". Pero "no se puede desaprovechar una oportunidad como esta para nuestra comarca en el momento de crisis que estamos pasando", argumentó, en favor de la minera.

Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 30


La mayor granja de la zona encarga un estudio a la Universidade de Santiago La Voz de Galicia / Carballo / 08 de marzo de 2013 05:01 Los propietarios de la granja A Devesa de Langueirón, en Ponteceso, han encargado un estudio a la Universidade de Santiago sobre la calidad de las aguas del manantial que tienen en una finca de Corcoesto y la composición de la tierra en todas las fincas de su propiedad. La explotación se encuentra a menos de un kilómetro de la concesión minera y los 60.000 litros de agua que consume a diario proceden de un manantial que está junto a la zona que se explotará para extraer oro. Además, está al sur de las propiedades de Mineira de Corcoesto, que es la dirección más frecuente del viento en la zona. Los dueños de A Devesa presentaron una alegación a la declaración de impacto medioambiental, que se aprobó a mediados de diciembre, porque también consideran que las explosiones de dinamita pueden afectar a la producción de leche de sus animales, entre otras cuestiones.

Del taller de costura a la mina EL PAIS / Silvia R. Pontevedra / Coristanco 8 MAR 2013 - 20:20 CET

Pancartas contra la mina en la carretera general entre Ponteceso y Buño. “No sé si contarte lo que cobraba en el taller de costura porque te caerías redonda en la acera”, contesta una de las chicas que aguardan, ateridas, en la ventosa avenida de Coristanco, donde la compañía canadiense que busca oro abrió la semana pasada una oficina de selección de personal. Edgewater Exploration y su brazo galaico, Mineira de Corcoesto, han superado (en medio de la polémica, política y ecológica) el trámite ambiental, pero todavía no tienen la licencia definitiva de Industria para empezar a explotar una mina de oro en la zona. Pese a ello, la empresa, que aún no puede expropiar, reconoce que ha cerrado ya un preacuerdo de compraventa con dueños del monte, y se ha puesto a buscar trabajadores. Los contrarios a la explotación entienden que, una vez ganados los gobernantes locales y autonómicos (todos del PP), el fin de la minera que cotiza en Toronto es “comprar voluntades Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 31


en el pueblo” y revestir de oro la alerta de los grupos ambientales, que han hecho de este caso un símbolo de su lucha. El oro aparece asociado a rocas con alta proporción de arsénico. Al dinaminar y triturar la piedra, el veneno se libera y, para lograr extraer de la molienda el metal precioso que más se resiste, en este caso está previsto recurrir a la técnica del lavado con cianuro. Pero Edgewater promete 271 contratos, el 80% para personas sin preparación específica que en los meses venideros recibirán formación. La multinacional asegura que primará a los vecinos y, si antes de abrir oficina de selección (en sociedad con Adecco) ya había recibido 1.400 currículos de toda España, el día del estreno, en Coristanco, soportaron a la cola el viento gélido que soplaba de Fisterra tantas personas como empleos directos se anuncian. Al final, la chica que tirita se anima a contar que el dueño del taller que cosía para Zara le pagaba “200 euros al mes por trabajar nueve horas al día”, incluidos muchos sábados. Cuando le anunció que se iba, el hombre le ofreció 50 euros más, pero igualmente agarró la puerta y se fue a otro taller de los muchos que en esta comarca coruñesa, Bergantiños, surgieron a los pies del castillo Inditex. Era uno de plancha. Infinitamente mejor porque pagaba 700 euros. Lo malo es que el imperio de Amancio Ortega halló mano de obra todavía más rentable lejos, lejos de Galicia y los talleres de confección acabaron cerrando. A buena parte de las mujeres de la zona les pasó eso. Los hombres quedaron aplastados al desmoronarse la fantasía del ladrillo. La agente de empleo del Ayuntamiento de Cabana, el que guarda en sus entrañas el codiciado oro de los bosques de Corcoesto, cifra el paro comarcal en un 26%. Antonio Pensado, alcalde de Coristanco, municipio limítrofe que se verá afectado por las balsas de lixiviación y decantación y por la escombrera de la mina, afirma que el desempleo “supera ya el 27%”. Los que todavía lo conservan, en especial los productores de la célebre patata, temen que la mina acabe con la fama de su tubérculo. Dos pueblos de agricultores, Cereo y Valenza, se oponen de lleno ante el riesgo de perder los manantiales. Esperando entrar en la oficina, que irá ambulando por la comarca, hay parejas sin ingresos, pero uno de los tres geólogos de la minera que aclaran las dudas de los aspirantes se enfada cuando oye que el hambre verdadera puede llegar a anular cualquier atisbo de conciencia ecológica en el ser humano. “La gente no traga con todo por el hecho de querer comer. Aquí se va a respetar la normativa. Inversores de todo el mundo vigilan que esto se haga bien”, protesta, y luego saca un dossier con gráficos, dibujos de prados en verde y azul y bucólicas fotos de una mina de oro asturiana restaurada con frutales y caballos de pelo marrón rojizo. Hay quien ha presentado el currículo ya en tres sitios, en el consistorio, en la minera y en Adecco. Hay, también, quien prueba suerte al mismo tiempo en Asturias, donde se tramita, con más escollos y la negativa del alcalde, la aurífera de Tapia de Casariego. En los últimos meses, surgieron cinco colectivos contrarios a la mina y en febrero se organizó el primero a favor. Las carreteras de los tres municipios que de una u otra manera tocará la explotación (Coristanco, Cabana y Ponteceso) están decoradas con carteles que hablan de cianuro. Los que auguran “trabajo”, “futuro” y “formación” se vieron en una manifestación reciente, cuando arribaron al lugar autobuses de Asturias para manifestarse en Coristanco. Las pancartas eran prestadas, se notaba porque estaban en castellano y en Galicia se tiende a reivindicar en gallego. La hemeroteca confirmó que eran exactamente las de una manifestación que hubo en Tapia y surgió la enésima causa de enfrentamiento. Tanto los que quieren la mina como los que no denuncian presiones, insultos, amenazas y miedo. La guerra se libra, sobre todo, en las redes sociales, y en la calle, de momento, “se disimula”, asegura Vicky Varela, portavoz de Corcoesto Sí, Mina Sí. “Soy viuda, quedé en paro, a mi hijo ya no le puedo comprar lo que necesita”, argumenta: “Hay un riesgo, vale, pero ¿qué quieren?, ¿que se queden los árboles y emigremos todos?”.

Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 32


A Coruña, 09/03/2013

FILLO CATIVO DA GANDRA Fillo cativo da gandra, pobre carballiño torto; aquel que nacío pobriño máis lle valera vir morto. Batido do frío vento, sin abrigo e sin conforto, desvalido e sin arrimo... ¡pobriño carballo torto! Eduardo Pondal. Poemas soltos.

CALENDARIO ACTIVIDADES MES MARZO 2013 10-Marzo ás 12 h Conferencia de Emilio Menéndez na casa da cultura de Ponteceso “ Crítica e rexeitamento da minería actual do ouro”. 12-M ás 20 h. charla en Coristanco na rúa da Pataca 13-M ás 19.30 h. charla en Ferrol no local de Esquerda unida. 14-M ás 19.30 h. Charla na AA.VV. “Monte Alto” na Coruña. 29-M ás 20 h. Conferencia de Carmen Varela no local da AA.VV. de Cereo “ Cianuro e outros tóxicos da mina”. Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 33


Engano colectivo aos parados de Bergantiños nonaminadecorcoesto.blogspot.com.es / Domingo, 10 de Março de 2013

Os postos de traballo, unha arma de engano masivo. Imaxe de arribalasqueluchan

Mineira de Corcoesto contratou á ETT Adecco para “perpetrar un engano colectivo” aos parados da comarca de Bergantiños. A empresa mineira pretende cambiar a percepción social do proxecto mineiro creando “falsas expectativas laborais”, ao tempo que está a despedir aos empregados actuais. A Plataforma pola Defensa de Corcoesto alerta de que a empresa mineira Canadense, aproveitándose da actual crise económica e do elevado nivel de desemprego, contratou a unha empresa de traballo temporal para crear unhas falsas expectativas laborais na comarca, que nada teñen que ver coa realidade do proxecto. Este modo de proceder constitúe un engano masivo á poboación desempregada dos Concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso, para tratar de cambiar a percepción social do proxecto mineiro nun momento en que está a medrar de xeito continuado a oposición social ao mesmo, non só na comarca senón en toda Galicia. Segundo a Plataforma, a recollida de curriculums que realiza Adecco non é máis ca unha farsa, tal e como se demostra polo feito de que a empresa xa comunicara publicamente que dispoñía, xunto con Concello de Cabana, de máis de 1.400 curriculums. Agora, coa contratación desta ETT, a empresa mineira quere obrigar aos desempregados da contorna a entregar novamente o curriculum, burlándose así da necesidade da xente. Por outra banda, resulta sorprendente que desde a empresa mineira e de Adecco se fale de que o oitenta por cento dos 271 postos de traballo estean reservados a persoas sen formación, cando segundo o proxecto sometido a exposición publica é todo o contrario. Ademais, no proxecto indícase que unicamente 138 dos 271 postos de traballo son de persoal propio e os restantes 133 son persoal de subcontratas, polo que resulta insólito, por falso, que a empresa mineira de Corcoesto poida seleccionar a través de Adecco ao persoal das subcontratas. Outro dato que abunda no engano colectivo é o feito de que nestas semanas está a despedir aos traballadores actuais por non ter actividade nin visos de tela a curto prazo, ao non existiren garantías de que a Xunta de Galicia vaia a aprobar o proxecto por terse tramitado con multitude de erros que serían causa de nulidade do procedemento administrativo.

Plataforma pola defensa de Corcoesto

Páxina 34


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.