Resumo curriculum III xornada bibliotecas especializadas 2016

Page 1

#IIIXorBiblioEspe RESUMOS DAS CONFERENCIAS: A Biblioteca Tomás Navarro Tomás do CSIC. Unha biblioteca especializada ao servizo da investigación en humanidades e ciencias sociais. María del Pilar Martínez Olmo - Directora da Biblioteca Tomás Navarro Tomás (CCHS-CSIC). A Biblioteca Tomás Navarro Tomás é unha biblioteca especializada ao servizo da investigación na área de ciencias humanas e sociais, que forma parte da Rede de Bibliotecas e Arquivos do CSIC. Dende o momento da súa creación en 2008, ten por obxectivos a xestión dunha colección híbrida de máis dun millón de exemplares, os servizos a usuarios presenciais e non presenciais e a difusión tanto da colección coma dos servizos. Especial atención dedícase tamén ao arquivo, integrado na BTNT dende 2011. O obxectivo do relatorio é dar a coñecer a biblioteca como servizo de apoio á comunidade científica e como servizo de difusión cultural á sociedade a través da utilización das ferramentas da web 2.0. Describirase a colección bibliográfica e documental e os servizos con especial atención aos servizos que se ofrecen a usuarios non presenciais que dispoñan dunha conexión a Internet. Incluirase un apartado final ao recoñecemento de Ben de Interese Cultural que recibiu a biblioteca en decembro de 2014 e ofreceranse exemplos dos proxectos máis destacados dos últimos anos como Manuscripta, Catálogo Monumental de España, Archiivo Aranguren, Postales de Palestina, ou o máis recente, de abril de 2016, o portal Cervantes e o CSIC.

Documentos efémeros ferroviarios. Papeis e bits na Biblioteca. Ana Cabanes Martín - Xefa de Biblioteca e Documentación do Museo do Ferrocarril de Madrid. Aínda que a categorización documental de ephemera está bastante asentada na bibliografía, é posible que esta tipoloxía documental se clasifique tamén como documentos menores, e mesmo como folletos, literatura gris ou documentos de apoio informativo. As definicións encontradas varían, pero sí sosteñen como común denominador que se trata de material imprimido, aínda que isto xa non é unha característica definitoria, na actualidade, e de cara ao futuro hai que incluír ademais o formato electrónico. Trátase de documentos nos que impera a información gráfica, a imaxe, e que foron creados cun obxectivo informativo moi puntual. Bibliotecas, arquivos e museos, en todos eles podemos encontrar ephemera e en todos, os profesionais teñen a mesma problemática para a súa localización, adquisición, conservación, clasificación e catalogación. Como en case todas as actividades económicas, o ferrocarril xerou e segue xerando unha inxente cantidade destes documentos que testemuñan actos extraordinarios ou cotiáns, pero puntuais. A través da experiencia que dende o Arquivo Histórico Ferroviario e da Biblioteca Ferroviaria tivemos coas

1


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.