Cos festexos de abril rematamos coa serie de festividades mensuais que iniciamos o ano pasado durante o confinamento e que continuamos ata completar un ano.
Neste cuarto mes do ano Pilar Vilaboi contanos historias, lendas de festividades e advocacións coma a de Casilda, Bieito, Telmo, Montserrat, Pedro Mártir... onomástica coma a de Antía procedente do grego Anthía que significa ‘extraída das flores’, Xurxo, procedente do grego Georgios que significa ‘labrego, agricultor’, e moito máis...