Poesía performántica en Ribadavia no patio do Museo Etnolóxico o xoves 6 de agosto de 2021 ás 21.30, co obxectivo de poñer en valor o legado poético da provincia de Ourense que debemos ter presente, coidar, mostrar e non esquecer. Esta proposta exclusiva para o Museo Etnolóxico: Poesía en Riba!, unha noite de Poesía Performántica na que participarán as poetas: Fátima Delgado, Lúa Mosquetera, Samuel Merino (Pompa e Boato), en directo coa música de Fernán Permuy e Rubén Mosquera.