Page 1

Informe restauración Chaqueta Nº Inventario 3658

Museo Etnolóxico de Ribadavía M. Luz Pedrido Pérez


DATOS OBXETO: Chaqueta Nº INVENTARIO: 3658 MATERIA: Tecido exterior: Sarga de trama de la e urdido de algodón e lino, Tecido do forro: Tafetá de algodón, Decoración por aplicación de galóns brancos de la e botóns de nácara. TÉCNICA: Confección manual DIMENSIÓNS XERAIS: Alto 39 cm, Ancho 86 cm. IDENTIFICACIÓN DA PEZA CLASIFICACIÓN XENÉRICA: 17.Burguesa infantil DESCRIPCIÓN: Chaqueta infantil de cor azul anil, con escote redondeado, sen solapa, dianteiros rectos en forma de  presenta a modo de tapilla dos buratos que deixa o remate, uns apliques da mesma tela en forma de “V” O forro está feito de tafetá de algodón coas costuras abertas. Como decoración presenta rematando o seu contorno dúas filas de galón branco de la. CRONOLOXÍA: 1880[ca]-1892[ca] PROCEDENCIA: Doazón de Luísa Fernanda Redonet Álvarez Ámbito xeográfico de procedencia: Xubín (Razamonde) Galicia. ELEMENTOS CONSTITUTIVOS A peza está constituída por dous tipos distintos de tecido, o exterior está composto por unha sarga con decoración de galóns de la e botóns de nácara con fío nas costuras de algodón. No interior presenta un tafetá de algodón, cosido con fío de algodón. ANÁLISE DO ESTADO DE CONSERVACIÓN: O estado de conservación que presenta é malo, debido o gran numero de alteracións que mostra, consecuencia directa dos axentes de deterioro externo, do uso e da propia natureza e constitución da peza. Mostra danos tales como: - Sucidade xeneralizada - Decoloración producida pola luz, xerando un ton amarelo irreversible en toda a superficie. - Fraxilidade e deshidratación - Ataque biolóxico - Lagoas e perdas de soporte no tecido exterior e interior - Desgaste do tecido exterior - Manchas - Decoloracións producidas por produtos químicos - Deformacións e engurras - Fíos soltos na decoración, tanto da alma da mesma como do exterior. - Descosidos na decoración


ESTUDOS REALIZADOS Antes de proceder a intervención realizouse un móstreo e seleccionáronse varias micromostras dos tecidos e dos fíos constituíntes da chaqueta para a súa análise, co fin de identificar e coñecer con maior profundidade os materiais constituíntes e o grado de deterioro dos mesmos así como a técnica de execución da peza. O estudio das mostras fíxose mediante lupa e microscopía. Onde se identificaron fibras en sección lonxitudinal de trama e de urdido, torsión dos fíos, tipos de tecidos e numero de fíos por centímetro cadrado na trama e no urdido. Visión microscópica dos fíos

PROCESO DE RESTAURACIÓN A actuación levada a cabo nesta peza, pretende devolver a estabilidade a mesma. Centrándose principalmente nos tratamentos de limpeza, aliñación e consolidación das areas deterioradas. As actuacións comezaron coa realización dun mapa de danos onde se reflexan os danos presentes, tanto interior como exteriormente, co fin de facilitar e permitir os tratamentos posteriores. A continuación, realizouse unha microaspiración controlada tanto do interior como do exterior. O seguinte paso centrouse na eliminación de engurras e deformacións aplicando microvaporización en frío por ultrasón, isto aportou humidade e relaxou o tecido antes de empezar coa súa consolidación. Logo procedeuse a consolidación de roturas e desgarros, para elo foi necesario a preparación previa dos materiais a empregar nesta tarefa, procedeuse a tinguidura dos fíos de seda para as reintegracións e consolidacións, con tinguiduras estables así como de tafetá de seda para colocar como soporte nas lagoas con perda de material. A consolidación centrouse nas lagoas, fíos soltos e decoración realizouse mediante punto invisible, festón e punto de restauración co fío de seda previamente tinguido. A vez que se procedía a consolidación da peza tamén se procedeu a reintegración de lagoas cun soporte de seda tinguida seguindo criterios cromáticos similares o orixinal, mediante punto de festón e liñas de fixación. E por último procedeuse a limpeza dos botóns de nácara. Unha vez finalizados os tratamentos de restauración e co fin de asegurar a futura estabilidade da peza elaborouse un manequín adaptado a ela, con materiais estables que se adaptan perfectamente a súa estrutura sen xerarlle tensións, para empregar na súa almacenaxe e nunha posible exhibición.


Microaspiración da superficie

Rehidratación do tecido

Pranchado de engurras

Consolidación

Colocación de soporte

Elaboración manequín


Antes

Despois


BIBLIOGRAFÍA -

INTRODUCCIÓN A LOS TEXTILES. Editorial LIMUSA, S:A. Noriega editores. Hollen IDENTIFICACIÓN DE FIBRAS TEXTILES. Editorial BLUME. CONSERVACIÓN Y RESTAURACIÓN DE MATERIAL CULTURAL EN ARCHIVOS Y BIBLIOTECAS. José Vergara Peris. Generalitat Valenciana. TEJIDOS CONSERVACIÓN- RESTAURACIÓN. Teresa Toca. Editorial Universidad Politécnica de Valencia. MANUAL DE TEJEDURÍA. Ninette Frederiksen. Ediciones del Serbal. THE TEXTILE CONSERVATOR’S MANUAL. Sheila Landi. Butterworth Heinemann. RESTAURACIÓN Y CONSERVACIÓN DE TEJIDOS. Carmen Masdeu - Luz Morata. Centre de Documentació i Museu tèxtil. TEXTILE CONSERVATION AND RESEARCH. Mechthild Flury-Lemberg. Abegg – Stiftung. THE DIRECTORY OF HAND STITCHES USED IN TEXTILE CONSERVATION. The textile Speciality Group.

Informe restauracion chaqueta luz pedrido  

Informe sobre a restauración dunha chaqueta de nena elaborado pola restauradora Luz Pedrido para o Museo Etnolóxico. Ribadavia

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you