Informe restauración lenzo de Bez Rey

Page 1

BEATRIZ REY. “EL METRO I” A obra “El Metro I” de Bea Rey, que actualmente forma parte da mostra “Colección Abrente. Arte galega non desafío cultural dos ´70”, foi intervida para a súa exposición.

CARACTERÍSTICAS DA OBRA Trátase dunha pintura sobre lenzo de 65x92 cm. que representa figuras xeométricas en cores planas de acabado mate (vermello, amarelo, branco e negro azulado) sobre unha capa de preparación branca moi fina e sen verniz protector. No reverso, presenta unha inscrición co título da obra e o nome da autora (“O Metro I. Beatriz Rey”). Estado inicial da obra. Anverso e reverso.

ESTADO DE CONSERVACIÓN As obras monocromas de acabado mate son sumamente delicadas e é moi frecuente que presenten alteracións e problemas complexos que dificultan a súa intervención. Calquera cambio, por pequeno que sexa, supón unha modificación importante do acabado superficial que afecta á aparencia da obra. Ás alteracións relacionadas coa técnica de execución por parte do artista e co envellecemento e interaccións entre os materiais empregados (ás veces de escasa calidade), hai que unir as derivadas da propiahistoria material da obra: movementos, condicións de manipulación, almacenamento e exposición, etc. No caso das obras que compoñen o fondo Abrente, os numerosos avatares sufridos desde a súa creación ata a súa chegada ao museo marcaron de forma determinante o estado actual. A película pictórica da obra obxecto desta intervención atopábase en bo estado xeral, con abundantes depósitos superficiais de sucidade e pequenos danos debidos a rozamentos e impactos, excepto nas zonas escuras, nas que presentaba unha forma de alteración moi rechamante que afectaba tanto o aspecto estético como á estabilidade estrutural. Tratábase dun exudado branco que formaba un veo pulverulento e pouco adherido e que afectaba exclusivamente as zonas negras, con maior intensidade na metade inferior da obra, e que aparecía tanto no anverso, sobre a capa pictórica, como no reverso, atravesando o lenzo e debuxando os contornos das figuras escuras sobre a tea cun aspecto similar a unha eflorescencia. Apréciase menor intensidade nos bordos -protexidos polo bastidor- que nas zonas nas que a traseira está máis exposta a humidade e outras condicións ambientais. A migración dos produtos de degradación desde a capa de preparación a través dos craquelados da película pictórica cara á superficie provocou pequenos desprendementos de policromía e perda de adhesión da película pictórica ao soporte, poñendo en risco a estabilidade estrutural das zonas afectadas. Nesta intervención non foi posible realizar unha caracterización química, pero o feito de que estivese limitada exclusivamente ás zonas negras, que o estrato pictórico (aínda que craquelado e con perda de saturación) atopásese en bo estado, e a distribución irregular do veo (case inexistente na metade


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.