Neste mes de xullo de 2020, enmarcado nunha realididade diferente, pola pandemia da Covid-19, máis que nunca Pilar Vilaboi lémbranos algunhas das festas do mes de xullo, para que non esquezamos as nosas tradicións: a rapa das bestas, o san Cristovo, o san Xoán, o Santiago, a santa Ana, a santa Marta, a santa Mariña... acompañadas das historias de vida. Tradicionalme xullo é o mes da sega e como todos os meses ten asociados refráns, ditos, cantigas... relacionados cos ciclos da natureza.