Unha nova achega de Pilar Vilaboi freire sobre as tradicións de festas e festexos de Galicia, nesta ocasión sobre o oitavo (octavus) mes do calendario romano. Como apunta Pilar no seu texto "Outros nomes populares son o mes de outono, de San Lucas e do Rosario. Neste mes próbase o viño novo da vendima e envásase, como din os refráns: "Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas"; ou "San Simón proba o viño e o porco San Martiño".