Nesta etapa da desescalada que aínda non podemos celebrar festas de forma presencial, este texto de Pilar Vilaboi, consegue que viaxemos coa emoción a distintas tradicións festeiras do mes de xuño en Galicia.
Moitas festas de Galicia teñen unha mistura de tradición pagá e relixiosa, neste mes de xuño encontrámola na festa da coca de Redondela que se celebra o día de Corpus Christi, cóntanolo Pilar neste texto, xunto a outras tradicións relacionadas co san Xoán, san Bernabeu, Diana, Rute, Santo Antón de Lisboa ... sabíades que no refraneiro galego san Pedro está moi amentado?