O Alustre 2021-2022

Page 1

O ALUSTRE

«TODOS TEMOS UNHA HABILIDADE, SO HAI QUE CRER»

CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO CURSO 2021-2022

EDLG


2

ÍNDICE ÍNDICE EDITORIAL

6

SETEMBRO: RAPACES CAPACES

7

Damos visibilidade á inclusión social

8

Xuntos somos escola

9

A volta é escola

10

Preparámonos para un novo curso

11

O tarro dos desexos

12

OUTUBRO: DISCAPACIDADE AUDITIVA

13

Charla sobre a Lingua de Signos

14

Conversas signadas

15

O Samaín

16

Canción de Samaín signada

17

Contacontos ilustrado e musical

18

NOVEMBRO: DISCAPACIDADE VISUAL

19

Se non podemos ver

20

Sentindo as cores

21

Brailleo eu, brailleas ti

23

As persoas con discapacidade visual tamén destacan

25

Magosto: xogos e castañas

27

Manualidades de outono

29

Día Internacional da diabetes

30

Pola eliminación da violencia contra a muller

32

DECEMBRO: CHEGOU O NADAL

35

Nadal no centro

36

Marea verde no colexio

37

Solidariedade cos nenos e nenas da Palma

38

XANEIRO: APRENDEMOS O QUE É UN TDH

39

Non sabe estar quieto?

40

O corredor das estrelas con TDAH

43


3 ÍNDICE •

Exposición TDAH

45

Que é para ti un TDAH?

46

Famosos con TDAH

48

Xogos populares

51

Obradoiro cómic

52

Dereito á educación

53

Xardín da Paz

54

Movémonos pola Paz

55

FEBREIRO: PARÁLISE CEREBRAL

56

Aprendemos a través de curtametraxes

57

Tamén aprendemos a través de contos

59

Coñecemos máis sobre a parálise cerebral

62

Desmontando mitos

63

As barreiras arquitectónicas

64

Día da amizade

66

Lapbook

67

Rosalía de Castro: caricaturas

68

Rosalía de Castro: recitado de poemas

69

Tradicións: entroido

71

Profes, alumnos e alumnas, todos superheroes por un día

72

Cómics de superheroes

74

Feliz xubilación

76

MARZO: SÍNDROME DE DOWN

77

Coñecendo a Sara

78

Os nen@s do cole respondéronlle a Sara

79

Outras formas de comunicarse con Sara

81

Aprendemos moitas cousas da Síndrome de Down

82

Os máis pequenos aprenderon cos contos

83

Visita de Fran

85


4 ÍNDICE •

Contacontos e ilustrador Benxamín

86

Día da Muller

88

Contacontos: a pequena gran inventora

89

Obradoiro Pupas, sustos e outros disgustos

90

Día mundial da poesía e da árbore

92

Escornabots

93

ABRIL: AUTISMO

94

Trastorno autista

95

Álbum de pictogramas

96

Os ovos de Pascua

98

Día do libro

100

Xogos da igualdade

101

MAIO: ALTERACIÓNS XENÉTICAS

102

As visitas de Icía

103

Comunicando con Icía

104

Limits & Powers

105

Érase unha lambetada con cor e sen sabor

108

Gañadores dos concursos

110

Icía responde

112

Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán

113

Saíu no buque Ipanema

114

Exposición en carteis

115

Obra de teatro sobre a vida e obra de Florencio

116

Infografías sobre Florencio e a súa obra

117

Debuxamos

118

Xincana da lingua

119

Recitamos poemas

121

Florencio Pop

123

Cantamos a canción «Cores»

124


5 ÍNDICE •

Galician literature Day 2022

125

Visita do «Arenteiro»

127

Obradoiro «Stop Accidentes»

128

Valentina

129

Planetario portátil

130

Obradoiro «Bullying emocional»

131

XUÑO: ÚLTIMAS EXPERIENCIAS DO CURSO

132

Digicraft e tableta gráfica

133

Robot Doc

135

Xornada de xogos en familia

137

Graduacións

138

Festa de fin de curso: Peter Punk

139


6

EDITORIAL «XUNTOS CONSTRUÍNDO UN CENTRO EDUCATIVO INCLUSIVO» A toda a Comunidade Escolar do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo, ás familias do noso alumnado e a todo o profesorado, chegado o fin deste curso, que dedicamos a un tema tan especial como é a DIVERCAPACIDADE , co proxecto «RAPACES CAPACES», queremos dende o EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, agradecer todo o voso traballo: • En especial a todo o alumnado, que por as súas características teñen que loitar máis que calquera outro para conseguir os mesmos obxectivos. A aqueles nenos e nenas loitadoras que nos ensinan que son especiais e que unha discapacidade non é un impedimento para acadar unha meta. • A todo o alumnado que acepta que cada un é como é e que respecta a todos os compañeir@s por igual. • Ao profesorado que cada día intenta concienciar da importancia da inclusión na educación. Non importa o despacio que aprenda un nen@, o máis importante é que non deixemos de apoialo para que siga aprendendo. • Ás familias, porque «ter un fillo especial… é volverte maestra para educalo e unha doutora para atendelo, ser a súa avogada para representalo e unha leoa para defendelo». • A todas as familias que educan aos seus fill@s para aceptar á diversidade como algo normal. Grazas por compartir as vosas experiencias connosco e axudarnos a acadar os obxectivos que nos propuxemos neste curso. Seguiremos avanzando para que:

«NON SEXA NECESARIO FALAR DE INCLUSIÓN, SENÓN DE CONVIVENCIA»


SETEMBRO

RAPACES CAPACES!


8

DAMOS VISIBILIDADE A INCLUSIÓN SOCIAL Durante este curso 2021-2022, o EDLG establece un proxecto de traballo

DEDICADO A DIVERSIDADE FUNCIONAL, que titulamos : “RAPACES CAPACES” Os temas de traballo serán: xordeira, cegueira, TDH, parálise cerebral, síndrome de Down, autismo e alteración xenética. Este proxecto busca que O GALEGO se empregue en todas as situacións da vida cotiá do centro ao mesmo tempo que se lle da visibilidade á inclusión social, eliminaremos o costume de etiquetar automaticamente ás persoas polas súas características. Queremos que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades e sexan valoradas plenamente, sen que os prexuízos negativos predominen sobre as virtudes. Tendo en conta que no centro contamos con varios nenos/as escolarizados, que presentan diversidade funcional, este proxecto será moi enriquecedor para o centro: un proxecto como COLE INCLUSIVO. Somos conscientes de que o galego é a lingua oficial no ensino en todos os niveis non universitarios, polo que esta lingua é materia de estudo obrigado e garantirase que ao remate das etapas educativas, nas que o ensino do galego é obrigatorio, o alumnado debe coñecer esta lingua, tanto a nivel oral como escrito, en igualdade co castelán. Para acadar plenas competencias comunicativas nun idioma tense que practicar habitualmente, resulta imprescindible desenvolver actitudes positivas cara ao seu emprego, así como habilitar outras medidas que favorezan o seu uso oral e escrito dentro e fóra das aulas. Co noso proxecto pretendemos favorecer a competencia comunicativa en galego, favorecendo ao mesmo tempo a INCLUSIÓN EDUCATIVA, tan necesaria nun entorno escolar san.


9

XUNTOS SOMOS ESCOLA! Asi comezamos este novo curso, definíndonos como CENTRO INCLUSIVO.

SOMOS COMUNICACIÓN SOMOS TRABALLO SOMOS EXPERIMENTACIÓN SOMOS SAÚDE SOMOS INNOVACIÓN SOMOS GAMIFICACIÓN SOMOS CULTURA SOMOS EMOCIÓN SOMOS EQUIPO PERO SOBRE TODO, TODOS E TODAS XUNTOS, SOMOS ESCOLA!!!


10

A VOLTA Á ESCOLA! Os nenos e nenas de infantil xa levan uns días a desfrutar do inicio deste novo curso escolar! As nenas e nenos de 4 e 5 compartiron vivencias e xogos, retomaron amizades e fixeron outras novas. Para @s de 3 anos é o seu primeiro contacto co cole, todo é novo, desfrutan explorando o entorno e os xoguetes. Compartimos algunhas imaxes destes primeiros días, estamos encantad@s coa volta ao cole!

Despois do primeiro contacto co cole, con máis nenos e nenas e coas profes; e superados tamén os primeiros medos, os nenos e nenas de 3 anos desfrutan xogando xuntos e facendo novos amigos.


11

PREPARÁMONOS PARA UN NOVO CURSO!

Hai que cumplir unha serie de normas moi básicas pero non por iso menos importante.


12

O TARRO DOS DESEXOS! Non todo ían ser normas, tamén hai un montón de novos desexos para un curso que empeza. Moitas titorías encheron un tarro desexos.

QUE TODOS SE CUMPLAN! Ao rematar o curso comprobaremos a cantos se lle cumpliron.


OUTUBRO

DISCAPACIDADE AUDITIVA


14

CHARLA SOBRE A LINGUA DE SIGNOS

Déronlle un alfabeto dactilolóxico para practicar.

Hoxe tivemos a visita de Uxía, unha mestra de LSE ("Lengua de Signos Española"), que nos acercou un chisco máis á realidade do día a día das persoas con xordomudez. Días atrás, estivemos a investigar e informarnos acerca desta "Diversidade Funcional", descubrindo entre o noso alumnado que dous saben comunicarse e empregar LSE. Con Uxía practicamos nomes e palabras co alfabeto dactiolóxico, como saudar e aplaudir, como acercarnos a elas para comunicarnos, a importancia da profesión dos/das intérpretes... E todo isto, enmarcado dentro do noso proxecto de centro DiverCapacidade.

Aprenderon que a lingua de signos é o linguaxe a través de xestos por o que se comunican as persoas con discapacidade auditiva e/ou dificultade na fala.


15

CONVERSAS SIGNADAS O alumnado de 4º de primaria aprendeu a signar para poñerse na situación das persoas xordas, e fixeron un vídeo de pequenas conversas.

Aprenderon a saudar, a dicir o seu nome, os meses do ano e os días da semana entre outras palabras, pero sobre todo, aprenderon o importante que é la LINGUA DE SIGNOS para as persoas con discapacidade auditiva severa.


16

O SAMAÍN «O SAMAÍN»: É unha festa de orixe pagano que se celebra anualmente na noite do 31 de outubre. A súa orixe remóntase ao festival celta Samháin que se traduce como «Fin do verán».

Os profes tamén se disfrazaron.

Imaxes de medo para a lembranza.


17

CANCIÓN DE SAMAÍN SIGNADA Todo o alumnado do centro, nun acto organizado polo equipo de Plurilingüismo do centro, cantou, bailou e signou a canción “…..”. Ademais da diversión desta festa, na que se combinaron a tradición galega e o «Halloween» americano. Todo foi recollido nun terrorífico vídeo.

Unha celebración enmarcada dentro do Proxecto de Divercapacidade, da dificultade auditiva, de ahí que os nenos e nenas aprenderan a signar a canción, dende infantil a 6º.

A festividade foi recollida nun xornal


18

CONTACONTOS ILUSTRADO E MUSICAL Os alumnos e alumnas de 3º EP desfrutaron dun contacontos ilustrado e musical sobre os riscos do uso da Internet. Os nenos/as aprenderon un pouco máis sobre a importancia da ciberseguridade para tentar facer un uso axeitado das novas tecnoloxías. A actividade realizouse en colaboración coa axencia de modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o colexio de enxeñeiros informáticos.

Todos atentos, participando.


NOVEMBRO

DISCAPACIDADE VISUAL


20

SE NON PODEMOS VER “PITA CEGA” e “CADA OVELLA COA SÚA PARELLA” : Os nenos e nenas de Educación infantil realizaron estes xogos populares, por titorías, descubrindo as sensacións cos outros sentidos cando nos falta o da vista.


21

SENTINDO AS CORES Os rapaces e rapazas de 1º e 2º fixeron un traballo para ensinarlle as cores aos nenos e nenas con discapacidade visual.

Cando a vista é deficiente ou escasa, as persoas teñen que recurrir aos demais sentidos, oido, olfato, tacto e gusto, para poder informarse. Nisto baseáronse os alumnos e alumnas á hora de plasmar os seus traballos.

Os nenos e nenas tamén aprenderon a poñer o nome das cores en Braille.


22 Todos estamos inmersos nun mundo cheo de cor e as persoas, aínda que non vexan, para poder coñecer e interactuar co medio, deben comprendelo o mellor posible.

Se os videntes coñecemos cousas sen velas, como o osíxeno e o amor, sabemos que o átomo existe pero nunca o vimos. … Se os que vemos falamos destas cousas, as calculamos, traballamos con elas, por que os invidentes non poden saber e coñecer o que non ven, pensar que non poden, é unha maneira de discriminalos.


23

BRAILLEO EU, BRAILLEAS TI Os rapaces e rapazas de 3º e 4º fixeron un diccionario táctil, con palabras relacionadas co colexio. E non só iso, senón que tamén fixeron un “curso acelerado” de Braille e puxeron o nome de cada palabra neste alfabeto e aínda se atreveron con algunha frase.


24

O braille é un sistema de lectura e escritura táctil pensado para persoas cegas. Foi ideado a mediados do século XIX polo frances Louis Braille, que se quedou cego debido a un accidente durante a súa infancia mentres xogaba no taller do seu pai.


25

AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE VISUAL TAMÉN DESTACAN Os rapaces e rapazas de 5º e 6º fixeron un traballo de investigación sobre persoas con discapacidade visual que destacaron en algún ámbito da vida. Atletas, pedagogos, compositores, paralímpicos, poetas, periodistas… ou bailarinas, son exemplo de que a súa discapacidade non foi impedimento para cumprir as súas metas.

E non só iso, senón que tamén fixeron un “curso acelerado” de Braille e puxeron o nome de cada personaxe neste alfabeto.


26 Con frecuencia as persoas con discapacidade visual, deixan de facer moitas cousas e ás veces nin o intentan, poñendo como pretesto ou xustificación a súa discapacidade. É ben certo que algunhas cousas, efectivamente non as poden ou non as deben facer, pero hai moitísimas outras que si poden facer, ou cando menos intentalo.

Por sorte grazas ao avance da tecnoloxía existen moitos dispositivos de asistencia que facilitan a vida das personas con baixa ou nula visión. O talento non ten nada que ver con o ver ou non ver, simplemente coas gañas de triunfar.

Así o demostran os famosos con discapacidade visual, que nos presentan estes alumnos e alumnas, que pese a estar privados da vista, demostraron que se pode triunfar en todos os sectores da vida. O mundo da música, da política, da literatura ou incluso do deporte, teñen este tipo de persoas que derribaron barreiras día a día.


27

MAGOSTO: XOGOS E CASTAÑAS Este anos recuperamos parte o Magosto que víñamos facendo durante os últimos cursos. Fixemos xogos populares no patio e comemos castañas e bolos preñados, iso si, aínda se celebrou nos grupos burbulla.

QUE BEN O PASAMOS!


28

Este ano recuperamos a tradición, que ben nos prestou!


29

MANUALIDADES DE OUTONO

Os nenos de 3º empregaron follas para facer todo tipo de debuxos orixinais


30

DÍA INTERNACIONAL DA DIABETES Celébrase cada ano o 14 de novembro, aniversario do nacemento de Sir Frederick Banting, quen descubríu a insulina xunto con Charles Best en 1922. Este día representa a maior campaña de sensibilización sobre diabetes do mundo, alcanzando unha audiencia global de máis de mil millóns de persoas en 165 países e este ano cúmprese o primeiro centenario do descubrimento da insulina. Ao longo destes días o noso alumnado participou en diversas actividades para a concienciación desta enfermidade.

Os nenos e nenas de 1º acudiron a unha exposición sobre a diabetes ao Multifuncional.


31 Este é o logo da DIABETES. En moitas culturas, o círculo simboliza a vida e a saúde. A cor azul representa o ceo que une a todas as nacións, e tamén é a cor da bandeira das Nacións Unidas. O círculo azul indica a unidade da comunidade internacional da diabetes en resposta á pandemia da diabetes.

Todo o alumnado do cole decorou ese círculo azul con motivos alusivos á diabetes. Aquí aparecen algún dos feitos polo alumnado de 4º e 5º de primaria.


32

POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller conmemórase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.

No centro tamén tivemos a nosa especial reivindicación cun mural feito entre todo o alumnado.


33

TODOS moi concienciados en que a violencia contra a muller debe desaparecer para sempre. A loita contra a violencia de xénero é unha tarefa común: mulleres, homes, institucións e como non os nenos e nenas que dende moi pequenos deben ser educados nos valores de RESPECTO a todas as persoas, independentemente do xénero. Hai que unir esforzos e compromisos, se queremos que a violencia que sofre a muller desapareza.

Temos o convencemento de que so a través da responsabilidade compartida entre todos e todas, poderemos erradicar definitivamente esta terrible inxustiza.


34

O equipo de igualdade preparou un vídeo no que participou todo o centro.

Nestas imaxes podemos ver ao alumnado de infantil diante da pancarta. O alumnado de 6º de primaria acudíu a un acto reivincicativo ao Concello de O Carballiño, xunto con outros coles da zona.


DECEMBRO

CHEGOU O NADAL!


36

NADAL NO CENTRO Todo o colexio se vestíu de NADAL, ledicia en cada recuncho. Non faltaron as árbores de Nadal, Papá Noel, os traxes de festa, … , as felicitación e os BOS DESEXOS para o Aninovo.

Cada profe decorou únha bóla da Árbore de Nadal.


37

MAREA VERDE NO COLEXIO Todo un acontecemento, por primeira vez na historia do club, o Valencia acudirá a Espiñedo para disputar o partido da Copa do Rei co Club Deportivo Arenteiro, e o cole vístese de verde, UNHA MAREA VERDE de apoio aos xogadores.

E os alumnos e alumnas tiveron unha grande sorpresa durante o recreo, os xogadores acudiron a entrenar ao campo que hai ao lado do colexio, e tiveron o detalle de saudalos.


38

SOLIDARIEDADE COS NENOS E NENAS DA PALMA Todo os nenos e nenas do centro dende Infantil a Primaria participamos na iniciativa de axudar aos nenos e nenas da Palma, aportando o noso gran de area. As familias aportaron unha axuda económica, comprando pegatinas que elaborou o colexio.

Todas as titorías elaboraron puzzles do volcán tomando como referencia debuxos que fixeron os maiores do colexio.

O día 19 de setembro de 2021 iniciase a erupción na illa da Palma, despois dunha intensa actividade sísmica. E o 25 de decembro o Instituto Xeográfico Nacional datou o fin da actividade eruptiva do volcán de Cumbre Vieja con data do 13 de decembro, 85 días desde da súa erupción.


XANEIRO

APRENDEMOS O QUE É UN TDAH


40

NON SABE ESTAR QUIETO? «TOPITO TERREMOTO» Topito Terremoto non sabe estar quieto, nin concentrarse. No cole tanto a mestra como os seus compañeiros non están a gusto con el, porque non consiguen facer nada sen que lles moleste coa súa actitude. A nai e o pai de Topito tampouco saben como resolver a situación, ata que deciden levar a Topìto onde a Maga do Bosque. Aquí Topito é aceptado tal como é: libre para expresarse; así conseguirá atopar o motivo e o que lle gusta, o que lle fai concentrarse en algo con pracer, continuidade e responsabilidade.


41

Un libro de Anna Llenas. A historia fala dun neno intenso, activo, movido, nervioso, enérxico, inquedo, …, que parece ser un problema para todos. Un perfil de neno que moitos profes e nenos identifican nas aulas do cole. Os nenos e nenas de Infantil aprenderon con este conto a NON RECHAZAR, A NON FACELOS SENTIR INÚTILES senón A VALORALOS E A INTEGRALOS dentro da NORMALIDADE.


42

Os nenos e nenas de 1º tamén plasmaron o que é para eles o Trastorno do Déficit de Atención e Hiperactividade, baseándose no conto de Topito e sempre buscando aspectos positivos.


43

O CORREDOR DAS ESTRELAS CON TDAH As titorías de 3º recrearon o Paseo da Fama. Para eles o CORREDOR DAS ESTRELAS . Cada estrela está dedicada a unha persoa famosa diagnosticada con TDAH. Tamén buscaron aspectos salientables da súa vida, relacionados coa dificultade que presentan.


44 O TDAH pode afectar a calquera tipo de persoa,sen importar a súa profesión, a súa clase social, a súa idade ou a súa orixe. Non hai un perfil determinado de persoas ás que lles afecte en maior ou menor medida, e aínda que é un trastorno habitualmente de déficit detección, un correcto tratamento pode facilitar sensiblemente a súa convivencia no día a día. Deste xeito, a falta de atención, a hiperactividade e a impulsividade, así como o resto dos varios síntomas relacionados, poden derivar en TDAH en calquera persoa.


45

EXPOSICIÓN TDAH As titorías de 4º fixeron un gran mural onde plasmaron aspectos moi importantes que caracterizan a un TDAH, para iso baseáronse na vida do rapeiro e escritor español, NACH, que vivíu os síntomas de Déficit de atención na súa infancia, pero a súa familia estivo ao seu lado influindo positivamente no seu proceso da vida. El mesmo crea un excelente poema no que proxecta o sentir de moitos nenos, adolescentes e adultos que viven a diario os síntomas do TDAH

“Sufro un trastorno de deficit de atención Sigo sin escuchar ninguna instrucción Sigo sin aprenderme la lección De niño me pasaba el día Mirando las musarañas Quitándome las legañas, Comiendome las uñas Aburriéndome al primer minuto De cualquier explicación Mi madre decía este niño es un caso Mi profesor veía en mi el típico fracaso Las niñas decían que si tenía un retraso Que si era un idiota o un bruto Jugando al fútbol, yo era el último sustituto ... ”


46

QUÉ É PARA TI UN TDAH? Os nenos e nenas de 4º A plasmaron nunha redacción o que é para eles este trastorno


47


48

FAMOSOS CON TDAH Os nenos e nenas de 5ª e 6º recolleron biografías e fixeron «collages» de persoas famosas con este trastorno


49


50


51

XOGOS POPULARES! No patio do centro desenvolveuse unha sesión de Xogos Populares.

Os xogos populares, como outros elementos culturais, conteñen diferentes concepcións que forman parte da sociedade, teñen unha dimensión lúdica e educativa, e son parte importante da convivencia e cooperación en grupo. Posúen un gran valor socio-cultural que sobrepasa os aspectos lúdicos, pois cada xogo presenta diferentes características dependendo da zona na que se practica.


52

OBRADOIRO CÓMIC O noso alumnado de 5º de Educación Primaria participou cun gran entusiasmo no Obradoiro proposto por Boello e o Equipo da Biblioteca Creativa do noso cole co obxectivo de elaborar a súa propia Banda Deseñada. Este estimulador obradoiro fíxose realidade ao inicio do segundo trimestre e nel todo o alumnado participante estivo moi atento para activar e poñer en marcha a súa mente e as súas mans. A verdade é que os resultados finais do noso alumnado nos invitan a pensar que nun futuro non moi afastado o mundo contará con algún e algunha grande artista.


53

DEREITO Á EDUCACIÓN! Fíxose unha exposición para celebrar o Día do Dereito á Educación. O dereito á educación é un dereito fundamental de todos os nenos e nenas do mundo para permitirlle adquirir coñecementos e acadar así unha vida social plena.


54

O XARDÍN DA PAZ! Para celebrar o Día da Non Violencia e da Paz creamos o XARDÍN DA PAZ. Cada titoría elaborou unha maceta chea de flores. Cada pétalo era un mensaxe de paz.

A Paz non pode acadarse a través da violencia, só pode acadarse mediante a comprensión. Ralph Waldo Emerson


55

MOVÉMONOS POLA PAZ!

Este día os nenos e nenas do cole, cantaron a canción TODOS XUNTOS POLA PAZ. Aquí vemos aos de 2º B e aos de Infantil de 4 anos, que ademáis de cantar tamén bailaron esta canción alusiva a non violencia e ao fomento da Paz. “As nosas voces xuntaranse e escoitaranos todo o planeta, hoxe a nosa canción dará mil voltas nun canto universal, NINGUÉN NOS VAI PARAR...”


FEBREIRO

PARÁLISE CEREBRAL


57 APRENDEMOS MOITAS COUSAS DA PARÁLISE CEREBRAL A TRAVÉS DE CURTOMETRAXES

«IAN» é un corto animado «inspirado na vida real dun neno que leva o mesmo nome do protagonista da historia. Ten unha discapacidade, pero soña con xogar con outros nenos e está disposto a facer ata o imposible por acadalo. Pero non é un soño tan simple. No parque, algúns nenos fanlle bullying e cada vez que intenta integrarse cos demais, o vento lévao e desintégrao. Isto ocorre porque no corto, Ian está feito de cubos. As cousas só se resolven cando os demais nenos unen as súas forzas para incluir a Ian na súa vida cotiá.»

Esta tenra historia foi deseñada para “guiar a todos os nenos a adquirir ferramentas concretas para ser persoas solidarias”


58 «CUERDAS» é un corto animado estupendo, «que ensina aos nenos e nenas o valor auténtico da amizade, o respecto e a INCLUSIÓN. Porque ningún neno é diferente se nos acercamos a eles desde o corazón, os «nenos especiais» non buscan a cura das súas limitacións, o que máis necesitan é a nosa aceptación.»

SUPERACIÓN, GÁÑAS E CORAXE


59

TAMÉN APRENDEMOS A TRAVÉS DE CONTOS «MIMÍ E A XIRAFA AZUL» é un conto de Cécile de Visscher, dirixido aos máis pequenos, que teñen un familiar con discapacidade. Cunhas ilustración sinxelas, o conto pretende animalos a expresar as emocións que poidan sentir e vivir nesa situación familiar.

O alumnado de Educación Infantil posa diante do mural que fixeron. Unha interpretación do conto, MOITOS ANIMAIS DIFERENTES, pero todos igual de importantes.


60 O alumnado de Educación Infantil traballou o conto de Mimí e a Xirafa azul e chegaron a conclusión de que “o que te fai diferente tamén te fai especial”.


61 «A XOANIÑA PAQUITA» é un conto para desenvolver as habilidades sociais. Realizado polo grupo El Solet da Universidade Jaume I. Trata sobre unha xoaniña chamada Paquita que ten parálise cerebral. Un conto que nos fai entender o que é e algúns aspectos importantes a destacar do día a día.

Ainda que ten parálise cerebral, a xoaniña acude á mesma escola que as demais xoaniña e por riba preocúpase por todos e axúdaos no que pode. Os máis pequenos de Educación Infantil aprenderon valores como o da superación a pesar das dificultades e solidariedade cos compañeiros e compañeiras.


62 COÑECEMOS MÁIS SOBRE A PARÁLISE CEREBRAL O alumnado de 1º e 2º, fixeron infografías sobre diversos aspectos da parálise cerebral e o alumnado de 3º fixo un collage alusivo ao tema, sempre dende un punto de vista inclusivo.


63

DESMONTANDO MITOS O alumnado de 5º de primaria fixeroN por titorías, uns traballos titulados DESMONTANDO MITOS, facendo referencia a moitos mitos que existen respecto a parálise cerebral, que nada teñen que ver coa realidade. MITO: Todas as persoas con parálise cerebral teñen discapacidade intelectual. REALIDADE: Algunhas persoas con parálise cerebral teñen intelixencia normal ou arriba do promedio.

MITO: As persoas con parálise cerebral non poden ter acceso á educación. REALIDADE: Mentres que algunhas si teñen problemas cognitivos, outros moitos non e poden aprender como calquera outra persoa.

MITO: As persoas con parálise cerebral non poden facer deporte. REALIDADE: Non todos están en sillas de rodas ou imposibilitados de camiñar polo que poden practicar deportes adaptados para persoas con discapacidade motriz.


64

AS BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS NA PARÁLISE CEREBRAL O alumnado de 6º de primaria fixo por titorías, uns traballos sobre as barreiras arquitectónicas que hay na nosa sociedade e que lle inflúen negativamente nas persoas con parálise cerebral, dificultándolle o seu día a día. A continuación, dous dos moitos escritos que fixeron.


65


66

DÍA DA AMIZADE O 14 de febreiro no cole celebramos o DÍA DA AMIZADE.

Os nenos e nenas de 4º de primaria construiron un corazón con mensaxes de amizade para os seus compañeiros e compañeiras. Cada un ten a súa mensaxe sempre POSITIVA.


67

LAPBOOK Os nenos e nenas de 2º, tiveron unha visita INESPERADA, dúas mascotas, dous SAPOCONCHOS, que lles trouxo a súa profe de prácticas.

Depois de estudar as súas características fixeron cadanseu LAPBOOK Un recurso didáctico e interactivo. Trátase de cadernos que permiten que os nenos interactúen cos contidos que hai dentro.


68

ROSALÍA DE CASTRO, CARICATURAS

TALLER DE CARICATURAS,… realizado polos nenos e nenas de 4º A.

O Día de Rosalía de Castro pasa a celebrarse o 23 de febreiro, auténtica data do nacemento de la poeta. A Xunta de Galicia e as institucións vinculadas á autora deciden cambiar a efeméride despois da aparición de nova documentación que desvela a súa data real do seu nacemento A investigadora Sagrario Abelleira documenta datos ata agora descoñecidos sobre Rosalía e Murguía nunha publicación que conta co apoio do Goberno galego.


69

ROSALÍA DE CASTRO, RECITADO DE POEMAS… E non podía faltar o recitado de poemas de Rosalía. O alumnado de Educación Infantil dos edificios Calvo Sotelo e Campo da Feira na aula de Talleres gravaron cadanseu vídeo recitando poemas de Rosalía. “AIRIÑOS” Airiños, airiños aires, airiños da miña terra; airiños, airiños aires, airiños, levaime a ela.


70 “ADIOS RÍOS ADIÓS FONTES” Adiós ríos, adiós fontes adiós, regatos pequenos; adiós, vista dos meus ollos, non sei cándo nos veremos.


71

TRADICIÓNS: O ENTROIDO O Entroido é por definición a festa máis subversiva do ano. Unha festa na que os costumes se relaxan, os roles se invirten e un pode rirse de todo. É, ademáis, unha celebración de longa tradición popular, sobre todo na provincia de Ourense. Este curso, debido ao tema xeral que tratamos no centro sobre a DIVERCAPACIDADE, decidimos que o máis apropiado era disfrazarnos de SUPERHEROES E SUPERHEROINAS, porque todos os nenos e nenas que presentan algunha discapacidade teñen que loitar día contra un montón de obstáculos. Tamén tivemos ordes do Meco durante toda a semana e houbo un Meco, estupendo.


72

PROFES, ALUMNOS E ALUMNAS, TODOS SUPERHEROES POR UN DÍA


73 Dende Infantil a 6º de Primaria, nadie perdeu a ilusión por celebrar o Entroido. Nin a pandemia, nin as máscaras poideron con el, no noso cole.

Ata sairon no xornal


74

CÓMICS DE SUPERHEROES O nenos e nenas de 3º fixeron cómics sobre superheroes nada convencionais.


75


76

FELIZ XUBILACIÓN! Neste mes de febreiro e antes das vacacións do Entroido celebramos unha dobre xubilación. As nosas compañeiras TERESA e ISABEL xubílanse.

Unha despedida como se merecen: teatro, recitado de poemas, murais, cancións, photocall, regalos … e MOITA EMOCIÓN.


MARZO

SÍNDROME DE DOWN!


78

COÑECENDO A SARA Sara é unha nena con Síndrome de Down de Ourense, que nos mandou un video para que a coñecéramos mellor. Contounos onde estudia, as actividades as que vai, canto lle gusta a música, ...

A integración da maioría dos nenos e nenas con síndrome de Down en centros de educación ordinarios é unha realidade, iso si, superadas as reticencias iniciais, pero ainda está pendente desenrolar unha auténtica inclusión educativa real onde o nen@ pertenza ao grupo en igualdade de oportunidades co resto do alumnado. Ademáis,profundizouse na consideración de que a intelixencia é unha propiedade que está dotada de diversas dimensións, no só as cognitivas senón as emocionais e de relación social, nas que as personas con síndrome de Down se manexan con bastante eficacia.


79

OS NENOS E NENAS DO COLE RESPONDÉRONLLE A SARA Un montón de cartas e poemas onde lles contan os seus gustos, os amigos que teñen e canto lles gustou coñecela.

Un pequeno exemplo de todos os que fixeron os nenos e nenas de 4º, que posteriormente lle foron recollidos nun libro, que se lle enviou .


80

Un libro feito con moito cariño .


81

OUTRAS FORMAS DE COMUNICARSE CON SARA Ademáis dun libro de poemas, os nenos e nenas de 4º, tamén lle fixeron dous vídeos, un no que lle pasaron o libro a formato vídeo para que lle fora máis ameno e outro no que lle presentaron as súas rimas en persoa, para que lles vira as caras, aos que xa se consideran os seus novos amigos e amigas.

Os nenos e nenas de 3º escribíronlle un montón de cartas.

O alumnado de Primeiro fixo un libro con moitísimos debuxos interpretando artísticamente o que é para eles a SÍNDROME DE DOWN


82

APRENDEMOS MOITAS COUSAS DA SÍNDROME DE DOWN Os alumnos e alumnas de 1º e 2º asistiron a unha Charla sobre “Discapacidade” que lle deron representantes da Asociación Síndrome de Down de Ourense.

É MOI IMPORTANTE SABER, PARA DESPOIS ENTENDER!

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º acudiron a unha EXPOSICIÓN sobre A SÍNDROME DE DOWN


83

OS MÁIS PEQUENOS APRENDERON CON CONTOS «O noso corpo está formado por millón de células. Cada unha delas contén un xen, que como un gran libro de instruccións. E todos estes xenes están compostos por cromosomas que son como as letras do libro. Ás veces pode ocorrer que os cromosomas se enreden no par 21 e veña algún máis da conta. É o que se chama Síndrome de Down. Os nenos que teñen este síndrome teñen un aspecto moi recoñecible, anque a súa vez, son moi diferentes uns dos outros, hainos máis altos, máis baixos, máis delgados, máis gordiños, … Os seus ollos están un pouco rasgados e a súa cara é coma un precioso luceiro redondo. Anque aprenden un pouco máis despacio, eles, igual que todos nós, ríen, choran, medran e soñan, igual ca ti. Esta é a historia moi, moi especial dunha nena con Síndrome de Down chamada Silvina.»

Así é como ven os nenos e nenas de 5 anos do Calvo Sotelo á protagonista.


84

«CROMOCUENTO»

É un conto protagonizado por un cromosoma e un neno, co que se explica, cunha linguaxe sinxela e próxima, o que é o síndrome de Down e o que conleva telo. Con el quérense deixar atrás falsos mitos e despexar dúbidas, para coñecer con naturalidade e sen desinformacións o que é este síndrome.

Así é como ven os nenos e nenas de 3 anos do Calvo Sotelo aos protagonistas do conto.


85

VISITA DE FRAN As nenas e nenos de Ed. Infantil recibiron a visita de Fran, que veu a compartir con eles as súas vivencias e a ensinarlles o que fai no seu traballo. Aprenderon e divertíronse ao tempo que se fomentou o respecto ás diferenzas que temos as persoas, diferenzas que só poden ser entendidas no marco da igualdade de oportunidades e dereitos. Grazas a Francisco e grazas tamén ao Centro Ocupacional ASPADISI por compartir con nós a súa experiencia!

Foi unha sorte poder gozar da súa presenza. Os nenos e nenas quixeron agradecerlle que viñera cunha tarxeta, e ademáis foi nomeado CAMPIÓN por todo o que lles ensinou. Foi un gran día para recordar!!!

Unha persoa entrañable que nos ensinou os pasos a seguir na elaboración dunha bolsa de cartón. Demostrounos que con esforzo e dedicación podemos acadar as metas que nos propoñamos e que todo é posible!


86

CONTACONTOS E ILUSTRADOR BENXAMÍN O contacontos e ilustrador Benxamín fixo que os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria, foran os protagonistas na interpretación libre de diferentes contos populares. Mentres contaba as historias, protagonizadas polo alumnado, debuxaba un fantástico mundo que quedou nos corredores do colexio. “VAIA NENA, VAIA CABUXIÑA” para os nenos e nenas de segundo e terceiro.


87 “SARA POWERS” foi a historia que se lle contou aos nenos e nenas de 4º.


88

DÍA DA MULLER!

«Chegadas ata aquí, sabemos que xa nada é imposible e que daquela dor, so quedaron cicatrices, CAMBIA TODO, como nos cambia o vento cando sopra, CAMBIA O FONDO E A FORMA, CAMBIA TODO o que toque.»

Video elaborado polo centro para commemorar o DÍA DA MULLER


89

CONTACONTOS: A PEQUENA GRAN INVENTORA Hoxe gozamos da “pequena gran inventora” grazas a Tremolateatro. A

A Laura encántalle inventar cousas. Por casualidade, crea unha piña que fala!, coa axuda da súa nova amiga vive aventuras incribles cheas de pompas, música, bailes...

Ainda que Laura é pequena, é unha gran inventora; pero para que as súas sus creacións funcionen necesita a axuda dos nenos e nenas de 2º.


90

OBRADOIRO PUPAS, SUSTOS E OUTROS DESGUSTOS O 22 de marzo, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou na entrega de diplomas do obradoiro Pupas, sustos e outros desgustos. O noso centro educativo retomou a actividade deste obradoiro logo da pandemia. Xa foramos pioneiros nesta iniciativa anos atrás, que partira de xeito voluntario por parte do equipo de enfermería do Sergas de Ourense, coordinados por Verónica Civeira. Tamén acudíu á concellala de cultura e membros da corporación de O Carballiño.

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º trouxeron os seus peluches para practicar as técnicas de primeiros auxilios con eles.


91 Retomouse este obradoiro impartido por un grupo de enfermeras do sergas en Ourense, que quedara paralizado por culpa da pandemia. Trátase de que os máis pequenos sepan facer fronte a diversas enfermidades ou feridas.

Ao remate tiveron que responder un cuestionario para saber o que aprenderan.


92

DÍA MUNDIAL DA POESÍA, DA AUGA E DA ÁRBORE O Día Mundial da Poesía, foi adoptado pola Unesco en 1999. É unha ocasión para honrar aos poetas e fomentar os recitais de poesía, a promoción da lectura e a escritura desta, a súa converxencia con outras ramas da cultura e aumentr a súa visibilidade. Con este obxectivo, a Insua dos Poetas, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade, desenvolveu un acto en torno a poesía, que contou coa presenza de alumnado e profesorado dos centros escolares da comarca de O Carballiño. O acto incluíu actividades como un recital de poemas de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado das Letras Galegas 2022, un espectáculo de poesía, música e danza Cartar Transhumante, de Mirian Sandoval. Tamén se fixo unha homenaxe ás letras arxentinas, na que se plantou un ombú, árbore simbólica da Pampa.

Ombú, árbore ampliamente coñecida pola súa particularidade de dar sombra e de actuar como marca para señalizar territorios na paisaxe da Pampa.

Unha representación de alumnos e alumnas de 6º foron o 21 de marzo a INSUA DOS POETAS, para participar nos actos de celebración


93

ESCORNABOTS Durante o mes de marzo, o alumnado de sexto buscou, seleccionou e organizou toda a información posible sobre os valores positivos da humanidade (empatía, tolerancia, xustiza, responsabilidade...) nos seus ordenadores de aula e nas súas mentes e corazóns. Toda esa frutífera busca foi reflectida nas explicacións e ilustracións das cuadrículas polas que se moveron os intrépidos Escornabots da Biblioteca.

A finalidade desta motivadora actividade era deseñar un xogo de preguntas e respostas, para que os Escornabots, programados polo alumnado, conseguiran chegar á resposta correcta. Dita finalidade, evidentemente, levounos a acadar moitos obxectivos no transcurso de tan enriquecedor proceso de ensinoaprendizaxe.


ABRIL

AUTISMO


95

TRASTORNO AUTISTA Os nenos e nenas de 2º B, escolleron como actividade para traballar a inclusión de persoas con autismo, poñer pictogramas en todas as dependencias do cole.

O trastorno do espectro autista é unha afección relacionada co desenvolvemento do cerebro, que afecta a maneira na que unha persoa percibe e socializa con outras persoas, o que causa problemas na interacción social e a comunicación.

O alumnado de 4º támén ilustrou poemas con pictogramas.


96

ÁLBUM DE PICTOGRAMAS Elaboramos un álbum de recompilación, de diferentes textos (adiviñas, refráns, poemas, contos... segundo o nivel do alumnado) apoiados por pictogramas, que pasaron a formar parte dun álbum. Na súa elaboración participaron todas as titorías, dende Infantil e 6º de Primaria.

Pictogramas e soportes visuais son unha ferramenta moi útil para moitas persoas con Trastorno do Espectro do Autismo,


97 Xa sexa para comprender instrucións, para anticipar situacións sociais, para estructurar o tempo, ou como soporte para calquera outra función, os pictogramas son imprescindibles para os nenos e nenas con autismo.


98

OS OVOS DE PASCUA De onde ven a tradición dos OVOS DE PASCUA?

Non hai consenso en canto a por que a tradición celebra a Pascua con Ovos e Coellos. Civilización e crenzas Todo empezou cos ovos representando fertilidade e vida nalgunhas civilización localizadas en Exipto, China, Grecia e algúns outros paises de occidente. Os ovos intercambiábanse e tamén se regalaban ao remate do inverno, xa que isto significaba o comezo da primavera, que está relacionada coa nova vida. A chegada do cristianismo A resurección de Cristo sitúase nos días próximos ao inicio da primavera. A igrexa prohibía comer ovos durante a cuaresma, como os animais seguían producindo ovos, estes gardábanse e regalábanse en Pascua de Resurrección. Incluso anos máis tarde comezaron a pintarse de vermello para representar a sangre de Cristo. Anos máis tarde a Igrexa decidíu que se pintasen de tres cores: azul, cor da época pascual, amarelo a luz da resurrección e violeta para recordar a Pasixón de Cristo.

E como pasamos de ovos normais a ovos de chocolate? O primeiro ovo de chocolate documentado en libros de historia, lévanos a Francia no século XVI cando llo regalaron ao rei Francisco I, un ovo de chocolate que tiña no seu interior unha representación da Paixón de Cristo. Foi máis tarde no ano 1873 cando o médico e chocolateiro inglés Joseph Fry elaborou os primeiros ovos de chocolate a nivel comercial. Cando aparece o coello?

O coello relacionábaselle coa diosa da Primavera e a da Fertilidade pero anos despois os alemáns darían orixe á lenda de que un Coello de Pascua promete regalarlle cousas aos nenos que se portan ben. Por outro lado, existe unha lenda no Cristianismo que conta que un coello durmíu na mesma cova onde Xesús foi enterrado. Cando Xesús resucitou, o coello foi dar a noticia levando ovos de cores con el.


99 Todos buscaron os ovos de Pascua polo patio do cole, pero antes tiveron que resolver as pistas para conseguir o mapa que lles indicaban onde atopar o tesouro de chocolate. Unha actividade organizada polo Equipo de Plurilingüismo.


100

DÍA DO LIBRO “MONSTRO ROSA” é unha historia sobre o valor da diferenza. Unha historia para entender a DIVERSIDADE como un elemento enriquecedor da nosa sociedade, Monstro Rosa é un berro para a liberdade. Foi o álbum gañador do premio Apila First Impression 2013, ao mellor proxecto de autor de novela, Premio Aurelio Blanco 2013, ao mellor proxecto da Familia de Artes Aplicadas ao Libro da Comunidade de Madrid e gañador do Premio Pinwheel de Ouro, en a mellor categoría internacional de álbumes infantís na Feira do Libro Infantil de Shanghai 2013.

Un libro que traballaron os alumnos e alumnas de Relixión

Unha exposición de libros sobre DIVERCAPACIDADE, feita pola Biblioteca. Libros para traballar a DIVERSIDADE dende o respecto ás DIFERENZAS.


101 XOGOS DA

IGUALDADE Os nenos e nenas do cole participaron nos Xogos pola Igualdade. Sabemos que a base da educación en igualdad está na formación dunha actitude crítica desde a infancia, xa que é agora cando se constitúe a identidade de xénero e se establecen os cementos sobre os que se desenvolverá a personalidade dos nosos alumnos e alumnas. Cualquera actividade ou xogo pode ser o escenario perfecto para practicar a Igualdade de oportunidades. Pero sabemos que a realización de dinámicas coeducativas e de fomento da Igualdade non deben ser unha actividade puntual, senón que deben formar parte da rutina diaria.

Coñeceron mulleres importantes en moitos ámbitos: escritoras, científicas, deportistas, ...

No xogo non se avanza senón se deixan atrás os esterotipos, NA SOCIEDADE TAMPOUCO!


MAIO ALTERACIÓNS XENÉTICAS


103

AS VISITAS DE ICÍA Neste curso tivemos a sorte de poder desfrutar da compañía de Icía, a súa mestra Sonia e a súa mamá Ceci, que viñeron ao cole para realizar diferentes actividades co alumnado de 4º, 5º e 6º de EP e invitar ao alumnado dos tres niveis a participar nos Concursos de DiverCapacidade.

Nas diferentes visitas de Icía coa súa profe Sonia e coa súa mamá, desfrutamos pintando marabillosamente ao seu xeitiño miles de mares de cores co alumnado de cuarto e quinto e desfrutamos intensamente dunha enriquecedora vivencia musical co alumando de sexto.


104

COMUNICANDO CON ICÍA O alumnado de cuarto participou emotivamente no Concurso "Comunicando con Icía" facendo un debuxo para comunicarse coa pequerrechiña aventureira.

Estes son os primeiros e segundos premios, pero non só fixeron debuxos senón que tamén escribiron lemas moi inclusivos.


105

«LIMITS & POWERS» O alumnado de quinto participou no Concurso "Limits & Powers", reflectindo os límites e poderes que todos e todas temos. A continuación os tres primeiros premios.


106


107


ÉRASE UNHA LAMBETADA CON COR E SEN SABOR…

108

O alumnado de sexto completou a historia de "Érase unha vez unha lambetada con cor e con sabor".


109


110

GAÑADORES DOS CONCURSOS Os premios, cedidos pola biblioteca, foron entregados no mes de maio. Os gañadores e as gañadoras (tres por aula) poden verse nas seguintes imaxes.


111

Grazas a todos os participantes de parte de Ceci, Boello-Biblioteca e Icía


112

ICÍA RESPONDE… Icía contesta a todos os premiados a través da súa supermamá.


113 LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN Naceu na aldea de Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903. Era fillo de Florencio e Consuelo, e o menor dos cinco irmáns. Estudou a primaria e o bacharelato en Palencia e Valladolid, cidades ás que foi destinado seu pai, que era profesor da Escola de Peritos Agrícolas. Ao licenciarse en Dereito na Universidade de Valladolid traballou como pasante nun bufete do Barco de Valdeorras, comarca á que lle dedicou no ano 1934 o seu primeiro libro, Bebedeiras. Ao remate da Guerra Civil exiliouse en México, país no que desenvolveu unha intensa actividade cultural en defensa do idioma galego. Faleceu en California un 14 de maio de 1987, cando visita unha das súas fillas.

Os máis pequerrechos ilustraron os seus poemas e os maiores coñeceron máis en profundiade a biografía e as obras de Florencio.


114

SAÍU NO BUQUE IPANEMA En 1939, xa na fin da guerra, volve a Francia e organiza a marcha dos refuxiados a América Latina. En xuño, com case un milleiro de persoas máis, saíu no buque IPANEMA con destino a México, onde traballou de vendedor de fertilizantes, zapatos e aceites e despois nunha farmacéutica.

Os nenos e nenas de 4º B simularon o barco no que marchou Florencio, pero eles púxeronse de capitáns.

Florencio no país de acollida participou activamente na vida cultural dos exhiliados.


115

EXPOSICIÓN EN CARTEIS

Os nenos e nenas de 5º acudiron a ver a Exposición de Carteis. Esta exposición pretende dar a coñecer a Florencio Delgado Gurriarán, así como brindarlle unha homenaxe desde o Ceip Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubia, un centro educativo situado na comarca de Valdeorras, a terra natal do autor, que foi quen creou os carteis.


116

OBRA DE TEATRO SOBRE A VIDA E OBRA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN Os nenos e nenas de 4º acudiron a unha obra de teatro programada polo Concello de O Carballiño, que se representou no Auditorio, como unha actividade de celebración das Letras Galegas.

Unha maneira moi amena de aprender cousas sobre a vida e obra do autor


117

INFOGRAFÍAS SOBRE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN E A SÚA OBRA Algunhas titorías elaboraron unha infografía sobre Florencio, onde recolleron aspectos da súa vida e obra.

«Agros, mares e montes, Vilas, cibdades, cities, towns,aldeias, os recantos do Mundo… ¡Todo é terra galega! ¡Galicia é infinda!» Florencio.

Poema con pictogramas de 2º A.

Infografías de 5º de Primaria.

Infografía de 1º de Primaria.


118

DEBUXAMOS Os alumnos e alumnas de 2º B e os de 3º A amosaron a súa aptitude para debuxar a Florencio.

Florencio Delgado Gurriarán, nace case ao mesmo tempo que o novo século.

Os seus primeiros anos de vida pasounos en Córgomo ata que aos 6 anos seu pai foi destinado, como funcionario do Ministerio de Fomento e profesor da Escola de Peritos Agrícolas, á cidade de Ourense


119

XINCANA DA LINGUA Dende o Concello de O Carballiño, propuxéronnos este obradoiro para o alumnado de 3º. Tratáronse de probas grupais e retos lingüísticos cunha importante carga lúdica, na que os rapaces e rapazas tiveron que poñer en xogo as súas destrezas e coñecementos lingüísticos e culturais, en tarefas do día a día, como ir facer a compra, demostrar o seu espíritu festeiro,...


120

Cada desafío superado, poñíaos na pista para buscar e resolver o seguinte, pero non sen antes amosar de viva voz que son merecentes diso.

Traballouse, pois, co léxico, coa expresión oral, … a través dunha metodoloxía participativa e lúdica que garantíu a motivación e o divertimento ao tempo que poideron ampliar os seus coñecementos sobre cuestións básicas e cotiás, reforzando as súas dotes comunicativas en galego.


121

RECITAMOS POEMAS Moitas titorías escolleron recitar algún dos poemas de Florencio.

1º recitou o poema

2º B recitou o poema Choiva

Os nenos e nenas de Infantil tamén recitaron poemas.


122

5º recitou o poema Galicia Infinda

«Galicia é infinda! Nosa Galicia é máis que toda a terra. Non é xa o cativo currunchiño Que din escolas vellas. Cómprenos desbotar antigos erros Fillos de mente estreita: Galicia é infinda! ….. Nosa Galicia é máis que toda a terra. Galicia só limita coa Saudade, Elástica fronteira Que serve para o tempo e para o espacio -onde un galego está, atópase elaMais que ninguén atravesala pode Inda que leve nos papés: poeta.

3ºC celebrou as 'Letras Galegas' cunha versión popera dun poema de Francisco Delgado Gurriarán.

Co recitado de poemas e outros traballos fixemos un video que publicamos para que toda a comunidade educativa o poidese ver.


123

FLORENCIO POP Todos os nenos e nenas de infantil, optaron por facer unhas obras de arte coas fotos de Florencio. Quedou unha exposición fenomenal de pop art.


124

CANTAMOS A CANCIÓN “CORES”

Cada titoría preparou unha ou varias estrofas, que deron como resultado final un video montaxe moi orixinal, que foi publicado para toda a comunidade educativa.

Coa mesma canción, os rapaces e rapazas de 4º de primaria e a nosa alumna Icía, de Atención Domiciliaria representárona de xeito moi creativo.


125

GALICIAN LITERATURE DAY 2022 Tamén en inglés se traballou o Día das Letras Galegas


126


127

VISITA DO «ARENTEIRO» Representantes do Club Deportivo Arenteiro visitaron o noso centro para animar aos máis cativos a incorporarse a escola deportiva. Este ano queren ampliar o equipo con categorías inferiores e tamén crear un equipo feminino.

Aquí podemos ver aos nenos de 1º e 4º moi atentos ao que lles dicían os xogadores e o entrenador.

Despois de conseguir o ascenso á Segunda RFEF, este ano conseguiron a permanencia na mesma categoría.


128

OBRADOIRO «STOP ACCIDENTES» Os nenos e nenas de 1º a 4º de Primaria tiveron unha xornada dedicada a un obradoiro de “STOP ACCIDENTES” STOP Accidentes é unha organización cidadá sen ánimo de lucro, fundada por familiares e amigos de víctimas de siniestros de tráfico. Teñen o compromiso de poñer en marcha procesos que melloren a convivencia e o respecto á vida dos demais na mobilidade. Nesta tarefa diaria céntranse na mellora continua dos seus programas, o traballo en equipo e a innovación:  Prestando asesoramento, atención e apoio.  Educando en valores de convivencia, respecto, tolerancia e responsabilidade.  Por una mobilidade segura, sostible, saudable e inclusiva.

Os alumnos de 4º C fixeron debuxos para participar no concurso ”Agora imos andando ao Cole”, seguindo un protocolo que presentaron de medidas seguras para desprazarse cara a parada do autobús escolar e durante o traxecto cara o colexio.


129

“VALENTINA” Dentro do proxecto “Rapaces Capaces” os nenos e nenas de Ed. Infantil, 1º e 2º de Ed. Primaria, acudiron ao multifuncional a ver a película de “Valentina” VALENTINA soña con ser trapecista e cre que por ser Down non poderá conseguilo, pero a súa avoa, compañeira de xogos, aprendizaxes e cancións, asegúrall que, se os vermes conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible.

Un exemplo de que nunca debemos perder a ilusión nin as gañas de aprender, as mesmas que Valentina pon, noseu afán de converterse en directora de orchestra.


130

PLANETARIO PORTÁTIL As titorías de 3º tiveron unha sesión asombrosa nun planetario portátil que se instalou no pavillón do centro. Nel realizáronse proxeccións astronómicas envolventes, grazas ao seu sistema de proxección 360º. Un espazo adicado á divulgación e no que é posible observar recreacións do ceo nocturno, planetas, constelacións, o despegue dun cohete... 🚀 Unha experiencia que nos encantou!!!


OBRADOIRO BULLING EMOCIONAL As titorías de 1º a 4º tiveron un obradoiro de emocións sobre o bulling.

Aquí vemos aos nenos e nenas de 1º A en plena actividade de construcción dun mural das emocións positivas e negativas.

Este é un mural feito por un grupo de alumnos de 2º A.


XUÑO

ÚLTIMAS EXPERIENCIAS DO CURSO


133

DIGICRAFT E TABLETA GRÁFICA Durante este ano académico, o Equipo da Biblioteca do noso centro educativo participamos no proxecto "Digicraft", un programa de formación para desenvolver habilidades e competencias dixitais a través do xogo e a experimentación. O grupo elixido para desenvolver este programa foi o alumnado de 6ºA de Educación Primaria e, unha vez realizada a súa formación e consolidadas as súas habilidades e competencias, foron @s encargad@s de transmitir os seus novos coñecementos a outros nenos e nenas do noso colexio.


134 O alumnado de segundo de EP tivo a sorte de enriquecerse dunha nova experiencia creativa no mundo dixital guiado polas alumnasdocentes de 6ºA que lles ensinaron o manexo da tableta gráfica.


135

ROBOT DOC Alumnas de 6ºA de EP, colaboradoras da biblioteca, volveron exercer de docentes e ensinaron ao alumnado de 3º de EP o manexo e programación do robot Doc. Victoria, Uxía, Sarahy, Gisela e Emily, realizaron nas tres aulas do nivel numerosos xogos com este robot que gustou moito á rapazada e ao profesorado.


136


137

XORNADA DE XOGOS EN FAMILIA As famílias de 1º e 2º gozaron dunha Xornada de Xogos da man de Brazolinda. Foi unha experiencia de convivencia a través dunha experiencia lúdica.

Brazolinda é un proxecto de deseño e fabricación de xogos de mesa en galego. Están deseñados para o xogo conxunto de grandes e pequenos e axudan a desenvolver a capacidade de observación, comunicación, razoamento... a través das adiviñas, as matemáticas ou xogos de agudeza visual, entre outros.


138

GRADUACIÓNS Unha mañá chea de emoción! Graduación do alumnado de 6º EP. Grazas ás familias por todo o apoio ao longo da etapa e por acudir a este acto. De agora en adiante teñen que empezar unha nova etapa noutros coles. Seguro que lles vai moi ben! Moita sorte!

Os de 6º de Primaria vanse do cole, pero os nosos pequerrechos de 6º de Infantil, tamén se gradúan, o vindeiro curso pasarán a unha nova etapa, PRIMARIA. Cantas cousas por aprender!


139

FESTA DE FIN CURSO: PETER PUNK Despedimos este curso co espectáculo PEOR IMPOSIBLE de Peter Punk, un paiaso optimista, equilibrado e olímpico, que buscou a complicidade do público para superar as dificultades, que son unha metáfora dos tempos que vivimos.

Peter Punk non contaba con que as cousas sempre poden ir a peor. Na súa nova aventura, non lle queda outra que afrontar o seu fracaso. Pero está disposto a todo pola risa do público. Unha catedral de nove paraugas en equilibrio, o salto ao baleiro dun voluntario a cegas, o perigoso Circuito da Morte e o evocador final que sorprendeu aos máis cativ@s e fixo reflexionar ao público


140

FIN


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.