O Alustre

Page 1

O ALUSTRE

CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO CURSO 2020-21 1


2

ÍNDICE ÍNDICE EDITORIAL

4

SETEMBRO: No noso cole imos estar ben!

5

• O galego na escola como mola

6

• Por fin comezamos.

7

• Canción: «No noso cole imos estar ben!»

9

OUTUBRO: Sabores de outono!

10

• Receitas exquisitas.

11

• Samaín

15

NOVEMBRO: A burbulla do magosto!

16

• Un magosto diferente: Historias e poemas.

17

• Contos.

19

• Adiviñas.

20

• Cantigas: «Magostarei»

21

• Manualidades.

22

DECEMBRO: Chegou o Nadal!

23

• Concurso de tarxetas de Nadal.

24

• Gala de Nadal

25

XANEIRO: Construímos a Paz!

26

• Ladrillos pola Paz.

27

• Movémonos pola Paz.

29

• Traballamos pola Paz..

30

FEBREIRO: Acordámonos de Rosalía!.

31

Reflexionamos sobre a súa vida e obra.

32

Poemas a Rosalía!

33

Manualidades, caricaturas e recitado de poemas.

36


3

Continuación do índice • Día da Nena e a ciencia

37

• Tradicións: O Entroido

38

MARZO: Mulleres!

42

• As mulleres do cole tamén festexamos.

43

• «Non máis Matildas»

44

ABRIL: Os libros tamén falan!

46

• 50º aniversario do Principiño.

47

• Nós tamén facemos un libro

48

• «Unha viaxe por América»

49

• «Historia dun confinamento»

50

• Origami.

52

MAIO: Vivimos en galego, e ti?

53

• Facemos Maios.

54

• Letras Galegas 2021: Xela Arias.

55

• Infografías sobre Xela Arias.

56

• Outros traballos sobre Xela Arias.

58

• Autores e inventos.

59

XUÑO: Inclusión!

60

• «Divercapacidade».

61

• Concurso «Divercapacidade Icía 2021»

64

• Icía vivindo unha aventura orientativa no Cole!!!

66

• Monumentos de O Carballiño.

68

• Plantando xirasois.

69

• Visita do Arenteiro

70


4

EDITORIAL «GRAZAS POR TRABALLAR DESTE XEITO». A toda a Comunidade Escolar do CEIP Plulilingüe Calvo Sotelo. Ás familias, aos alumnos e alumnas e a todo o profesorado, chegado o fin deste curso tan especial, queremos dende o EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, agradecer todo o voso traballo. 

  

Grazas aos titores e titoras por dirixir todos os traballos que vos propuxemos e a todo o profesorado, en xeral,polo voso apoio e profesionalidade. Grazas aos nenos e nenas polo seu inxenio, sinxeleza e frescura a hóra de realizar todas as actividades. Grazas aos pais e nais porque colaborastes e axusastes aos vosos fillos/as, facendo incluso moito máis do que vos pedíamos. Grazas a todos por compartir as vosas experiencias connosco de xeito desinteresado.

As vosas aportacións foron dun inestimable valor para facer realidade o noso proxecto «10 meses 10 razóns para empregar o galego». Grazas a vós conseguimos os obxectivos que nos propuxemos para este curso, e danos forzas para afrontar novos retos no eido da dinamización , encamiñados a mellorar e promover o uso da lingua galega, afastándonos de calquera prexuízo que a poida prexudicar. Formar persoas competentes, cultas, responsables e solidarias en galego está entre os obxectivos do Equipo e, estamos convencidos do poder da educación e a formación para mellorar a nosa campetencia lingüística. GRAZAS COMPAÑEIR@S! (EDLG)


5

SETEMBRO

NO NOSO COLE IMOS ESTAR BEN!


6

O GALEGO NA ESCOLA COMO MOLA Para todos é a primeira vez no novo cole: os nosos sentimentos ante o inicio deste curso escolar son contraditorios. A volta ao cole está próxima, e aínda que en ocasións se nos fai longo o verán e para as nosas familias supón un quebracabezas encaixar os horarios coas vacacións escolares, tamén é frecuente que chegadas estas datas, profes e alumnos, sintamos melancolía ou pena ante o inicio do curso. Pero este ano é diferente, despois de tanto tempo sen acudir ao cole, primeiro confinados, despois vacacións en familia, alonxados das aglomeracións, de poucos contactos cos compañeiros e compañeiras e, por suposto nada de novos amigos, AOS DESCOÑECIDOS NIN ACERCARSE! apetécenos volver ao noso Cole, volver atoparnos con todos, saudarnos, darnos abrazos, bicos, bailar, cantar e xogar xuntos,... Creo que todo iso non vai poder ser, na casa xa nos dixeron as famosas TRES EMES: Máscara, metros de distancia, e mans sempre limpas! Algúns temos sentimentos contraditorios: ledicia, pero tamén angustia e de dúbida. Que nos atoparemos? Este mes de setembro queremos compartir convosco como nos sentimos. Atrás quedan as clases “on line”, o falar cos profes por correo electrónico, as videoconferencias e os espertares sen présa. Xa sabemos pola web, que os mestres e mestras xa levan no cole dende o 1 de setembro, algúns creo que xa comezaron incluso antes. Queren ternos todo preparado! Os corredores, as aulas, os patios,... e tamén a aula virtual por se temos que volver para a casa. Seica fixeron probas para comprobar que todos están ben e non teñen o coronavirus. Non sexa que vaian a contaxiarnos! E nós, estaremos libres do bicho? A nós non nos fixeron probas.


7

POR FÍN COMEZAMOS! Chegamos ao colexio, os autobuses non chegan todos xuntos, primeiro un, despois outro. Non podemos xogar antes de entrar. Os profes están esperándonos e, dereitos as filas. Todos separados, cada un nun punto. GARDADE A DISTANCIA, HAI QUE GARDAR A DISTANCIA. NON TE ACERQUES, SEPÁRATE! Esa máscara colócaa, tapa o nariz. Non toques a máscara. UFF, viña avisado da casa, pero isto da un pouco de medo. Por qué viñen ao cole? Non fora mellor quedarme na casa? Este non é o meu cole de sempre. Tranquilidade, agora cando entre na clase, xa todo volverá a ser coma antes, pero tampouco: As ventás están todas abertas, din que hai que ventilar. Na porta está o hidroxel, todos a lavar as mans. A profe bota desinfectante na mesa, hai que limpala ben. Bicho fóra! Todos sentados, todos mirando cara a profe, a máscara non se pode sacar, nada de compartir. Cantas veces dixen que, o meu, era meu, e que non llo quería deixar a ninguén. Sempre me dicían: HAI QUE COMPARTIR, NON SEXAS EGOISTA, HAI QUE COMPARTIR. Agora, que xa me acostumara a deixar a goma e o boli e a compartir a botella de auga e incluso a merenda, pois nada de compartir, cada quen co seu material. A miña cadeira, a miña mesa, os meus libros, o meu estoxo, que ninguén lle toque, é propiedade privada. NON HAI QUE COMPARTIR! No recreo, todos metidos nun cadrado. Chegou o parcelamento ao cole. Cada aula ten o seu cadrado. Menos mal, que din que somos un grupo estable de convivencia e, entre nós, podemos xogar, non a moitos xogos, pero algo é algo. Nada de fútbol, o balón non se pode compartir. A IMAXINACIÓN A FUNCIONAR! Síguenos a gustar moito o recreo. Non dubidamos que todo é polo noso ben porque se hai algo que nos gusta é aprender e disfrutar das experiencias, e destas seguro que tamén aprendemos. Pero Ai! Como doe non poder facer o de sempre! Que difícil é este inicio de curso! Pero que ganas de que o cole siga aberto, de ver todos os días, aínda que sexa a distancia, aos amigos, de oír falar aos profes e escoitar as súas explicacións, de botar unhas gargalladas ou estar nas nubes ás veces... (Alumnos/as 6º)


8

No cole estamos con moito sentidiño!

Desinfectamos as mesas.

Merendamos na aula.

Entramos gardando as distancias e botando xel.

Saudámonos cos cóbados.

Xogamos en grupos burbulla.


9

NO NOSO COLE IMOS ESTAR BEN! A nosa profe de música Ceci compuxo unha bonita canción, que reflicte a realidade do novo cole.

No noso cole imos estar ben Porque temos botellas de hidroxel A máscara un debe traer Para o bicho espantar Unha e outra vez Todas xuntas podemos vencer A este bicho e que non volva outra vez. Saudaremos co cóbado unha vez Para o Covid conseguir repeler Seguiremos as frechas cos pés Lavaremos as mans unha e outra vez Todos xuntos podemos vencer A este bicho e que non volva outra vez Na distancia falamos esta vez Para o compi conseguir protexer Xogaremos co grupo de dez Formaremos unha piña nunha linda red No calvo Sotelo podemos vencer A este bicho e que non volva outra vez Non non …


10

OUTUBRO

SABORES DE OUTONO


11

RECEITAS EXQUISITAS! O proxecto desenvolvido durante o mes de outubro tivo como título, SABORES DE OUTONO, no que todo o alumnado do colexio, tivo a oportunidade de elaborar unha receita con produtos típicos galegos, supervisados polas súas familias.


12


13


14

A por kiwis! Noa e Miguel axudaron na recollida da froita antes de preparar a súa receita.

Erea, Marta e Xabi na cociña! Moitos nenos e nenas animáronse, e coa axuda das súas familias, prepararon uns pratos exquisitos.


15

SAMAÍN TAMÉN CELEBRAMOS «O SAMAÍN» É unha festa de orixe pagano que se celebra anualmente na noite do 31 de outubre. A súa orixe remóntase ao festival celta Samháin que se traduce como «Fin do verán». Os celtas celebrábano cando remataba a temporada de colleitas para dar a benvida ao novo ano celta, que coincidía co solsticio de outono. Os disfraces que tan de moda están na actualidade tamén teñ.en a súa orixe na civilización celta. No Samhain,n , os celtas empregaban máscaras, e incluso chegaban a intercambiar as súas vestimentas, para confundir aos espíritus dos mortos que nesa noite vagaban polo mundo dos vivos. Nesa cultura a liña que separa a vida e a morte era moi difusa, e pensaban que esta era a mellor forma de evitar que os espíritus invadiran as súas vidas. Os celtas tiñan o costume de tallar nabos, que empregaban nesa noite a modo de esculturas que protexían aos humanos dos espíritus dos mortos, que nesa noite volvían ao mundo dos vivos. O por qué actualmente o símbolo é unha cabazo e non os nabos, responde á inmigración irlandesa aos Estados Unidos. Los celtas tenían como costumbre tallar nabos, que utilizaban en la noche de Halloween a modo de esculturas que protegían a los humanos de los espíritus de los muertos, que durante esta noche volvían al mundo de los vivos. El por qué actualmente el símbolo de Halloween es la calabaza y no los nabos, responde a la inmigración irlandesa a Estados Unidos.

Nenos e nenas de 6º A facendo manualidades.

Os profes tamén se disfrazaron.


16

NOVEMBRO

A BURBULLA DO MAGOSTO!


UN MAGOSTO DIFERENTE

17

Este Magosto foi moi diferente. Non puidemos comer castañas, nin facer os xogos todos xuntos, pero como a imaxinación é moi grande buscamos outras formas de celebralo. Cada titoría aportou o seu gran de area, e quedounos un magosto «superartístico».


18

Castiñeiros que dades castañas, Que durmides nos ourizos, Que cos nosos zapatas abrimos.

Castañas levaremos, E na casa comeremos, Primeiro asaremos. E logo pelaremos. Mans negras coma o carbón, Despois de pelalas Mola mogollón !!! Castañas levaremos e Na casa comemos, Primeiro asaremos, E logo pelaremos.


19


20


CANTIGAS DO MAGOSTO

21

MAGOSTAREI Cando xa teñas gañas de festa, Cando soñes coa liberdade, Cando chegue a estación do outono, E as castañas caian ao chan. Cando escoites aos teus compañeiros Cando xa nos poidamos xuntar Cando recuperes os teus soños, e chegue o mes de novembro xa. Magostarei con todos e todas, Comerei castañas a esgalla E ainda que a vida non é sinxela Son como o castiñeiro que seca pero sempre agroma Magostarei, para seguir de festa Xantarei chourizos con castañas e mel e ainda que o meu soño sería xogar con todos Magostarei, magostarei, …

Os nenos e nenas de 6º A fixeron unha cantiga que posteriormente gravaron nun vídeo.

Cando o colexio festexe o magosto E o coronavirus xa marchou Moitos xogos imos a facer E non pararemos de brincar Cando teñades un día triste Porque ninguén quere divertirse Cando non haxa gañas de bailar Ou tamén ti non queiras participar Magostarei, con todos e todas, Comerei castañas a esgalla E ainda que a vida non é sinxela Son como o castiñeiro que seca pero sempre agroma. Magostarei, para seguir de festa Xantarei chourizos con castañas e mel E ainda que o meu soño sería xogar con todos Magostarei, magostarei,…

Outra cantiga do Magosto.


MANUALIDADES

Dende bonecos e arañas, pasando por caixas e debuxos, e chegando ata a propia castañeira, a imaxinación dos nenos e das nenas, saíu de todas as titorías do noso cole.

22


23

DECEMBRO

CHEGOU O NADAL!


24

CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL Todo os nenos e nenas do centro dende Infantil a Primaria participamos nun concurso de tarxetas de Nadal, convocado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Escolleuse unha tarxeta gañadora por cada nivel de Primaria e unha gañadora de Ed. Infantil. Como agasallo, aos gañadores, a Biblioteca fíxolle entrega dun libro adaptado a cada idade. «Por un Nadal máxico». Ed. Inf. 5 anos Campo Feira «Desexo dunha vida moi animada para o 2021». Noel 3ºB «Como este ano foi todo o revés, desexos de saúde e pasalo moi ben». Diego 4ºA

«Bicos coa mirada». Izan 2º A «Estar coa familia». Sara 6ºB «Xuntos no corazón» Lena 5ºB «Neste Nadal todo será especial». Clara 1ºA


25

GALA DE NADAL Debido á Pandemia, este curso a gala da Nadal foi en «streaming». Unha gala compartida con todos os demais centros da comarca.

Dende o Multifuncional de O Carballiño, coordinouse a Gala y fixéronse algunhs actuacións en directo.

Os adultos do cole participaron cun concerto moi rockero. O alumnado fixo un lipdub ao ritmo do «Meu Nadal Perfecto» e, os máis pequenos bailaron ao ritmo de «Eu teño alguén no meu corazón»


26

XANEIRO

CONSTRUÍMOS A PAZ!

INFANTIL CALVO SOTELO


27

LADRILLOS POLA PAZ!

Cada titoría elaborou tres ladrillos para poder construír o MURO DA PAZ.

A Paz non é algo que desexas, É algo que fas, algo que eres e algo que regalas. John Lennon


28


MOVÉMONOS POLA PAZ!

Móvete (Paco Nogueira)

29 Pasos pequenos pasos grandes todo é camiñar aparto as pedras do camiño porque se queres aquí estou conmigo has de contar sempre terás a un amigo se hai problema, hai solución E se tí queres,… Por que non? Deixa de mirar o embigo Se miras ben, mira para quen Porque un máis un xa suman cen Atento a isto que che digo E móvete… Non perdas tempo, móvete. E móvete … Que todo conta e móvete. Móvete… Non perdas tempo, móvete Que a vida movemento é E móvete… Non perdas tempo, móvete… Que todo conta móvete Non perdas tempo, móvete. E móvete… Busco un ombreiro onde arrimar Pon ti o teu así … xa está! Non necesitas motivo O movemento que che da Abrindo sempre as túas mans Ofrecendo sempre abrigo Son un peito solidario Un corazón voluntario, Un abrazo necesario Son movemento Son un saúdo a diario Son un poema cantado… Son un cadro ben pintado Con sentimento Mirando ao fronte poderás Ver como o mundo vai cambiar Cun sorriso pequeniño Porque o pequeño medrará E se dís si! Axudarás Sabes que conto contigo E móvete …


30

Malalas pola Paz.

«Un neno, un profesor, un libro e unha pluma poden cambiar o mundo. A Educación é a única solución».

«Había unha vez unha nube que mollaba a Terra con pingas da Paz».


31

FEBREIRO

ACORDÁMONOS DE ROSALÍA!


Traballos escritos sobre a súa vida e obra.

32

REFLEXIONAMOS SOBRE A SÚA VIDA E OBRA


POEMAS A ROSALÍA!

33

Rosalía de Castro é a nosa escritora máis universal. Mito e símbolo de Galicia, e autora de obras inmortales, foi unha escritora innovadora e comprometida, adiantada ao seu tempo, que empleou o galego na literatura cando ainda ninguén o facía. Nas súas obras reflectíu a situación desa Galicia máis dolorida e maltratada pola emigración. A súa obra supuxo a recuperación da conciencia galeguista.

Libro de poemas «Poemas a Rosalía» Todos e todas nos puxemos a escribir poemas, tomando como referencia o poema de Rosalía «Adiós ríos, adiós fontes»

«Rosalía Pequeniña»: Poema ilustrado polos nenos de 4ºA.


34 Estes son algúns dos poemas feitos polos nenos e nenas para o libro de «Poemas a Rosalía». No poema de Rosalía, o personaxe que fala é un emigrante que está a punto de embarcar hacia América e que se despide da súa terra natal. Describe unha situación que tivemos que afrontar moitos galegos na segunda metade do século XIX. Os nosos nenos e nenas tamén plasmaron nos seus poemas, a nosa realidade actual, relacionada coa pandemia e con todo o que perdemos pola súa causa.

5ºC


35


36

MANUALIDADES, CARICATURAS E RECITADO DE POESÍAS…

Traballos en 3D, marcapáxinas,… realizados polos nenos e nenas de 3º de Primaria.

E non podía faltar o recitado de poemas de Rosalíaen varios niveis, os cales gravamos para que todos e todas tiveran acceso a eles.

Recitado de poesías por nenos e nenas de 3º e de 4º


37

DÍA DA NENA E A CIENCIA O cole celebrou o Día Internacional da Nena e a Ciencia, con diversas actividades. O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra cada ano o 11 de febreiro, foi aprobado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas co fin de conseguir o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais lograr a igualdade de xénero e o emponderamento das mulleres e as nenas. Este Día é un recordatorio de que as mulleres e as nenas desempeñan un papel fundamental nas comunidades de ciencia e tecnoloxía e que a súa participación debe fortalecerse.

Os de 1º comprobaron que o aceite e a auga non se mesturan, que os globos poden inflarse con bicarbonato e vinagre, que as velas se apagan se non hai osíxeno,…

Os nenos e nenas de 2º, fixeron un experimento para comprobar a importancia da luz no crecemento das plantas.


38

TRADICIÓNS: O ENTROIDO O Entroido, é unha das celebracións máis esperadas do noso calendario escolar por tratarse dunha festa con longa tradición popular, onde os roles se invirten e está permitido rirse de todo.

Este curso, debido a pandemia, foi diferente. O Entroido , unha das festividades máis participativas de todas, quedou reducida a un disfraz libre e un festexo nos grupos burbulla de cada titoría. Non tivemos ordes do Meco pero si houbo Meco, non houbo desfile, pero fixemos talleres de máscaras e todos nos disfrazamos con ánimo de diversión e de pasalo ben.


39

No pavillón

Co meco

Na cociña

Na sala de profes Nos corredores En Galicia, o entroido ten moita tradición. O seu nome ten a súa orixe no termo latino ”introitus”, que significa entrada e que sinala a entrada nunha nova estación, a primavera. O Entroido é unha época de festa, subversión e moita diversión, no que o máis importante é disfrazarse e pasalo ben, que é o que facemos no noso cole.

Ata no periódico


40

O Meco deu testemuña.

Dende Infantil a 6º de Primaria, nadie perdeu a ilusión por celebrar o Entroido. Nin a pandemia, nin as máscaras poideron con el, no noso cole.


41

Unha tradición que acompaña a toda festa é a súa gastronomía, que ao longo dos anos acompañou aos festexos. E, no noso cole, non podía ser diferente. Orellas e filloas non faltaron no noso entroido, algúns ata se atreveron na cociña


42

MARZO

MULLERES!


43

AS MULLERES DO COLE TAMÉN FESTEXAMOS! Porque somos mulleres, porque somos traballadoras, e sobre todo porque educamos, a nenas e nenos que queremos que vivan en igualdade.


44

NON MÁIS MATILDAS O fenómeno que se coñece como efecto Matilda, foi en honor a Matilda Joslyn Gage, a primeira activista en denunciar a inxusticia, que ignorou de xeito sistemático os haxazgos de brillantes científicas ao longo da hisatoria. Mulleres que caeron no olvido e non poideron converterse en exemplos a seguir para todas as nenas que lles fixemos pensar que a ciencia é cousa de homes. O centro quixo contribuir, no Día da Muller, co movemento, para devolver a todas as científicas ao lugar que lles corresponde

Os alumnos e alumnas de 6º empregaron as novas tecnoloxías para informarse e facer este o outros traballos sobre o Día da Muller.


CARTEIS «NON MÁIS MATILDAS» Cada titoría elaborou un cartel que despois pasaría a formar parte dun libro, que dixitalizamos.

45


46

ABRIL

OS LIBROS FALAN!


47

50º ANIVERSARIO DO «PRINCIPITO» Os nenos e nenas de 2º de Primaria, conmemoraron o 50º aniversario do libro «O Principiño»

O Principiño é unha novela, a obra máis famosa do escritor francés Antoine de Saint-Exupéry, publicada por primeira vez en abril de 1943. A novela foi votada como o mellor libro do século XX en Francia. Traducida a 300 linguas e dialectos, converteuse nun dos libros máis vendidos e máis traducidos xamais publicados. Unha historia de soidade, amizade, amor e perda que conta as aventuras dun pequeno príncipe que visita a Terra. Dende a súa publicación, a novela foi adaptada a numerosos medios e formatos, incluíndo gravacións de son, obras de radio, obras de teatro, filmes, series de televisión, ballets e óperas. Malia que é considerado unha obra de literatura infantil, O Principiño fai varias observacións sobre a vida e a natureza humana. Foi traducida ó galego por Carlos Casares e publicada pola Editorial Galaxia en 1972. No ano 2005, foi publicado de novo cunha nova versión do mesmo tradutor dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais, Rodrigo Vizcaíno traduciu ó galego a novela no ano 2015, que foi publicada por Urco Editora.


48

NÓS TAMÉN FACEMOS UN LIBRO Organizado polo Equipo da Biblioteca, todo o centro se puxo máns a obra para elaborar un libro sobre «América», que era o tema central do seu proxecto, durante este curso.

América é o 2º continente máis grande da Terra, despois de Asia. Ocupa gran parte do hemisferio occidental do planeta.

Así que mans á obra e dende Infantil a 6º de Primaria todos os nenos e nenas buscaron e plasmaron nos seus carteis informació n sobre un país.


49 Arxentina, Brasil, Venezuela,… Foron algún dos países que plasmaron nos seus carteis. Aquí temos algúns exemplos!


HISTORIA DUN CONFINAMENTO

50


51

Historia dun confinamento, elaborada con portadas de libros en galego. Escrita polo EDLG o pasado curso, e que recuperamos para non olvidarnos do que pasamos, e alegrarnos porque este curso POIDEMOS POR FIN ESTAR NO COLE ! E aínda que nos queda moito camiño que percorrer, estamos contentos de vernos todos os días.


52

ORIGAMI O origami, ou a papiroflexia para nenos, é o conxunto de técnicas que permiten realizar figuras en papel doblándoo, sen facer cortes nin usar pegamento. Incentiva a imaxinación, xa que os nenos e nenas poden facer os seus propios soños de origami para crear novas figuras. Potencia: • A imaxinación. • A destreza manual. • A coordinación. • A paciencia. • A constancia. • A memoria. • A concentración visual e mental. • A autoestima. • A relajación.


53

MAIO

VIVIMOS EN GALEGO, E TI?


54

FACEMOS MAIOS Os nenos e nenas de 4º de Primaria quixemos revivir a tradición e dedicamos algunhas sesións a facer uns maios moi orixinais.

Todos moi concentrados no seu traballo.

Toda unha exposición!


55

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS Xela Arias Castaño foi poeta, tradutora e profesora de Lingua Castelá e Literatura en diferentes institutos galegos. Traballou no Departamento de Creación e Investigación de Edicións Xerais de Galicia. É autora dos poemarios "Denuncia do equilibrio","Tigres coma Cabalos", "Darío a diario" e "Intempériome". Fixo traducións ao galego de obras como "Drácula" de Bram Stoker, "As bruxas" de Roald Dahl, "O gato Gaiado e a andoriña Señá: unha historia de amor" de Jorge Amado, "Contos ao teléfono" de Gianni Rodari, entre outros autores.

Xela Arias 1962-2003

As titorías traballaron distintos aspectos sobre a autora e plásmárono nos seus cadernos.


INFOGRAFÍAS SOBRE XELA ARIAS E A SÚA OBRA

56

«O idioma é o principal signo dunha cultura. (…) Unha lingua ha de medrar como a hedra, dándolle o sol e mailo aire.» Xela Arias. Cada titoría elaborou unha infografía sobre Xela Arias. Con todas elas elaboramos un libro conmemorativo dedicado a esta autora

Infografías de 5º de Primaria.


57 Os de 1º e 2º de Primaria tamén nos amosaron a súa creatividade.


58

OUTROS TRABALLOS

A Xela Arias tamén a traballaron en inglés.


59

AUTORES E INVENTOS Durante este mes, os alumnos e alumnas de 6º, traballaron os inventos e os seus autores.


60

XUÑO

INCLUSIÓN!

Recollemos neste mes todas as actividades inclusivas realizadas coa nosa loitadora alumna Icía e a súa estupenda familia, que redactou e ilustrou, para nos, estas actividades.


61

DIVERCAPACIDADE!! Fai un aniño, Icía e eu estabamos invitando aos seus compis a unha nova aventura artística para continuar o camiño da DIVERCAPACIDADE iniciada o ano académico anterior coa profe Manu e pintar ao segundo "xeito de Icía". Pero a situación insólita que estamos a vivir nos levou a un confinamento inesperado e tivemos que deixar a proposta para tempos mellores. Este aniño, Icía & family non tiñamos moi claro que fose unha boa idea ir ao cole para poder vivir esta aventura porque a precaución ou o medo, segundo se mire, forman parte da nosa vida. Pero cando na nosa cabeciña nace unha idea, sempre, intentamos facela unha realidade. Así que pensando, pensando se encendeu a bombilla da imaxinación e pensamos que sería posible vivir a nosa aventura en "modo virtual" por videoconferencia. (Mamá de Icía)


62 Graciñas ao profe Alberto, as titoras e os catro grupiños de quinto por animarse a vivir unha nova aventura connosco aínda que fose dun xeito virtual.

QUERER É PODER!!! A verdade que a Icía, ao profe Alberto e a min nos gustaría moito máis vivir esta aventura no "modo real" pero @s seus compis estaban entusiasmad@s con ter unha videoconferencia coa pequerrechiña e cando se puxeron mans á pintura se convertiron en grandísim@s artistas da “Divercapacidade”. (Mamá de Icía)

Icía coa axuda do seu profe Alberto, e pintando na distancia máis próxima cos seus/súas compis por videoconferencia, acadou unas fermosas e artísticas pinceladas de diversas cores para seguir imaxinando que a palabra "Divercapacidade" inundará todo o imaxinario colectivo.


63

@s compis da pequechiña guiados pola "Divercapacidade", palabra que xa forma parte das súas vidas, deixaron voar a súa imaxinación creativa e crearon todo un universo de diversas cores que decorará para sempre as súas vidas.

Graciñas mil a todo o profesorado que fixo posible que a nosa idea se convertirá nunha linda realidade. Como esta actividade artística vivida no primeiro trimestre foi todo un éxito a miña cabeciña xa se puxo en marcha para argallar a seguinte aventura inclusiva!!!


64

CONCURSO «DIVERCAPACIDADE ICÍA 2021» Na recta final do segundo trimestre o profe Alberto, Icía e "moi" realizamos unha videoconferencia cos diferentes grupiños de compis da pequerrechiña (xa non tan pequecha) para animalos a participar no Concurso de Divercapacidade deste ano académico que consiste en escribir unha breve redacción onde deben plasmar algúns dos seus "limits" para recoñecelos e intentalos facer cada vez + pequenos e algúns dos seus "powers" para identificalos e facelos cada vez + grandes.

A nova xuntanza virtual volveu contar co gran entusiasmo d@s compis de Icía e coa grandísima colaboración loxística da nosa orientadora escolar, coas participativas titoras deste grupiños e co entusiasmo agarimoso do profe da pequecha, o profe Alberto.

Agora xa soamente queda poñerme a desfrutar das 80 redaccións e dos seus correspondentes 80 debuxos para seleccionar @s 8 gañadores desta nova aventura inclusiva. Tarefa que estou case segura non será nada doada para min pero quen dixo medo.


65 Graciñas mil a toda xentiña que nos animou a emprender este concurso e Graciñas a todo o equipo da Bilioteca pola súa axuda loxística para poder repartir doce estupendísimos premios de animación á lectura!!!

Ademais Icía agasallou a tod@s @s participantes cun pequeniño agasallo agarimoso!!!


66

ICÍA VIVINDO UNHA AVENTURA ORIENTATIVA NO COLE!!! Icía e moi para despedir este ano tan complexo por diversos motivos lle propuxemos ao seu profe Alberto e o seu profe Pablo que tiñamos que organizar unha actividade de educación física ao aire libre cos compis da pequechiña, bueno, xa non tan pequecha. O profe Pablo animounos a participar nunha aventura de orientación con brúxula e o profe Alberto e eu argallamos que sería estupendo que Icía a fixera no seu andador. A nosa aventureira comezou con entusiasmo co seu andador acompañada sempre por un/unha compi para chegar o seguinte control e poder marcar a tarxeta de orientación e ata tivo tempo para dar algún "abracito" polo camiño. Pero como o percorrido era moito longo para ela e facía un pouquiño bastante de calor, os seguintes controis decidimos que os acadara na súa cadeira de rodas. A idea era que a guiaran de forma individual aos controis, pero pasaron a ir en parellas, en trío e finalmente, o asunto da cuestión comezou a animarse e remataron indo en "pandilla" ata acadar os dez controis dos que constaba a proba.

Como non podía ser doutro xeito, @s compis de quinto da pequena déronlle a man agarimosamente, recibiu un bo feixe de apertas e deu apertas co seu entusiasmo característico e aproveitou para facer algunha que outra falcatruada, como algún que outro tirón de pelos e de orellas, que @s compis tomaron con moi bo humor.


67

Pero esta aventura non rematou neste punto exacto porque o alumnado de cuarto estaba a desfrutar do seu recreo e cando viron a pequecha quixeron darlle a man a Icía e iniciar unha nova amizade que esperemos para o ano académico vindeiro prosiga o seu curso natural con algunha aventura escolar que nacerá na miña cabeciña que xa non pode parar de imaxinar.

Moitísimas grazas a todo o profesorado que fixo posible esta nova aventura “orientativa”, a tod@s @s profes que me animades a seguir e nos acompañades con agarimo en cada unha das nosas visitas ao cole e aos compis de Icía por tantas e verdadeiras mostras afectuosas. Icía e eu seguimos soñando cun mundo mellor!!! Ceci music & Icía Power Divercapacidade 2020-2021


MONUMENTOS DO CARBALLIÑO

68

No Carballiño, como noutros lugares, existen edificios e construccións do pasado que nos serven para saber como vivían os nosos antepasados e para entender mellor o mundo que nos rodea.

Os nenos e nenas de 1º escolleron un edificio da localidade para coñecer mellor o entorno onde viven.

O Balneario é un edificio de pedra, cunha única planta de máis de 50 metros de lonxitude, Obra do arquitecto ourensán Vázquez Gulías, foi obxecto dunha importante remodelación no ano 1993. As súas augas son sulfuradosódicas, alcalinas, fluoradas, litínicas e radiactivas.

O edificio,presenta unha disposición de planta de cruz latina con tres naves longxtudinalis,


PLANTANDO XIRASOIS

69

Os máis pequenos de Primaria, os nenos e nenas de 1º, aprenderon a cultivar xirasois.


70

VISITA DO «ARENTEIRO» Representantes do Club Deportivo Arenteiro visitaron o noso centro para animar aos máis cativos a incorporarse a escola deportiva. Este ano están de celebración, despois de conseguir o ascenso á Segunda RFEF.

Fotos publilcadas no instagram do equipo


Articles inside

Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.