Documento de traballo: como analizar unha foto.3º Eso

Page 1

COMO ANALIZAR UNHA

FOTOGRAF ÍA

De xeito individual, escolle unha das fotografías da exposición “Iguais. Eu vou ser…”para analizala. Nome………………………………………………………………………………………curso…………….. Recorda que unha foto é unha imaxe 2D dunha escena en 3D. Título da EXPOSICIÓN………………………………………………………………………………..… ARTISTA………………………………………….Título da obra………………………………………. DATA de CREACIÓN………………...MEDIO utilizado………………………………………….

LECTURA OBXECTIVA TEMA  Describir o tema da fotografía:persoa, lugar, obxecto ou idea. Que ves?

Recorda que canto máis se parece á realidade máis icónica é.  A imaxe é realista ou abstracta? É moi icónica ou pouco?

Houbo manipulación da escena mediante técnicas da cámara como a iluminación, movemento, etc…Explica a túa resposta?


PUNTOS DE VISTA E TIPOS DE PLANOS

O punto de vista determina o ángulo de visión dende o que se tomou a foto. Este ángulo de visión pode alterar a perspectiva.

Os tipos de planos, tendo en conta que un plano é un fragmento de realidade que a cámara fotografía para que nos vexamos,é un elemento que o fotografo decide utilizar para salientar ou so mostrar diferentes aspectos da realidade.

 Que tipo de plano usou? Sinala o que conveña. Plano detalle PPP PP PM PA PE PG GPG

 Debuxa o ángulo de visión con o que crees que o fotografo tomou esta foto coa túa regra .


Nome…………………………………………………………………...curso…………….. PROFUNDIDADE DE CAMPO  Describe o uso da profundidade de campo(é borroso ou claro o primeiro plano ou pola contra o fondo é o borroso?).Explica que efecto ten sobre la fotografía.

A COMPOSICIÓN O centro de interese nunha imaxe é cara a onde se nos vai a vista ao mirar. Soe coincidir cun punto importante da imaxe que o fotografo quere salientar. 

Cal é o centro de interese na imaxe?

O formato fai referencia ao soporte onde está a imaxe. Que formato ten? É horizontal ou apaisado, vertical, cadrado, circular, triangular? 

Debuxa na cela da dereita o tipo de composición que utilizou o fotógrafo. Por exemplo: os obxectos da composición agrúpanse en forma de triángulo, círculo, rectángulo, óvalo, S, V, L etc. 

Forma da composición:


A COR A cor transmite estados de ánimo ou sentimentos 

Que tipo de cores usa? Son cálidos ou fríos?

Que transmiten?

A ILUMINACIÓN 

O tipo de iluminación usada é natural ou artificial?

É a fotografía sobreexposta(moi brillante), subexposta(moi escura)  ou está contrastada con zonas escuras e outras máis claras?

Debuxa na cela da esquerda o  punto focal da fotografía cunha frecha que mostre de onde ven a luz. Ven da fronte, de lado, dende atrás, dende arriba, dende abaixo?


Nome…………………………………………………………………...curso…… LECTURA SUBXECTIVA OU INTERPRETATIVA  Describe calquera idea social, política, histórica ou relixiosa representada na fotografía.

 Que cres que o artista estaba tratando de comunicar? Cal é a mensaxe ou significado detrás da foto?

 Cres que o artista acertou ao comunicar a súa mensaxe? Por que si / por que non? Que podería facer diferente?

 Describe o estado de ánimo da fotografía con 2 ou 3 adxectivos.por exemplo: escura e sombría ou brillante e feliz.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.