Aledaled

Page 1

ALEDALED Convivir é un verbo que conxugamos xuntos


MISIÓN: FOLGOS A MOREAS Nun grupo, nunha sociedade sempre debe haber persoas que animen a aquelas outras que o pasan mal. E habelas, hainas. E son máis das que parecen, e hainas en todos os rincóns e lugares. Póñovos un exemplo que vin hai nada. Hai uns días a prensa publicaba que un grupo de mozos e mozas de Oleiros saía ás rúas con pílulas cheas de mensaxes de ánimo para os/as comerciantes que, como sabedes, o están a pasar mal con esto da pandemia. Que boa idea, verdade? https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/oleiros/2021/04/13/jovenes-oleiros-repartenspan-langglpilulas-animos pan-comercio-local-santa-cruz/00031618312198353162318.htm

Seguro que estades de acordo en que ademáis de animar a unha persoa que o está a pasar mal, tamén se pode animar cando hai que “empurrar” a alguén cara ao éxito (por exemplo cando estás a piques de marcar un gol, gañar unha carreira ou conseguir o que desexa facendo un gran esforzo), ou incluso cando se remata etapa e se quere dar confianza en que o vai vir será bo ou mellor. No centro temos a un grupiño de alumnado veterano, que cumpre con estas tres circunstancias. Imaxinades quenes poden ser? Pois si, son os compis de 2º Bacharelato que están a piques de rematar a etapa, por certo, unha etapa ben curta porque con isto da pandemia...quedoulles as clases en nada. Quedar sen parte de 1º curso e ter que apurar cos contidos neste curso supón un reto importante porque precisan ter as mellores notas posibles para acceder á titulación que queren facer. Rematarán o mes que ven, en maio, pero antes teñen unha chea de exames e, logo, aínda terán a ABAU. Están moi nerviosos/as, moito, e pensamos que vós que sodes os cachorriños/as do centro podedes traerlles algo de folgos e alegría. Parécevos, animámolos/as como se non houbera mañá? E facemos disto unha tradición do centro? Siiii? Non oio nada! Máis forte! Siii? Se a resposta é afirmativa, antes de dicirvos algo máis, tendes que asegurarnos que imos a manter esta idea en segredo para que sexa unha sorpresa. Se non estás disposto/a, a misión remata aquí e tamén a puntuación que obterías na materia de Tecnoloxía, ahhh se sinte ;). 2


XURAMENTO: EN BOCA PECHADA NON ENTRAN MOSCAS Para asegurarnos que a sorpresa vai ser tal, imos facer un xuramento, que di así (antes levantamos solemnemente a man e repetimos cando o titor/a):

Xuro pola ESO e pola ABAU que aínda teño que rematar, por Snoopy, polo meu/miña querido/a titor/a e a miña/meu mellor amigo, que aos meus compis de 2º Bacharelato nunca lles faltará unha sorrisa, ánimo e forza neste maio. E, por iso, comprométome a traerlles alegría e folgos e manter en segredo a sorpresa que 2º ESO lles ten preparado. De non cumprir o segredo, caerá sobre min unha tempestade de confetti, e blandiblu que me farán o tipo/a máis pegañento/a de Mugardos e se isto fora así, non terei xel da Toxa nin xel hidroalcólico que resolva tan noxenta situación.

3


ALEDALED: UNHA POSTAL MOI ESPECIAL Agora que xa temos o compromiso de gardar este segredo, imos a darvos os pasos para realizar a sorpresa que consistirá en realizar unha tarxeta de folgos personalizada e “circuitizada”. Debe quedar algo parecido a isto (imaxe 1: sen luz, imaxe 2: con luz cando se preme)

PASOS: ●

ESCOLLE da orla de 2º Bacharelato o ALUMNO/A ao que dirixirás a postal. Intenta escoller a algún compañeiro/a que non coñezas.

ABRE UN BUSCADOR DE IMAXES: google imaxes, pixabay ou similar

ESCOLLE unha imaxe LIBRE, SINXELA E CON LÍNEAS (algo así como a da imaxe de exemplo)

A imaxe DEBE TRANSMITIR que van a conseguir chegar a meta , alegría, ánimo, alegría, fortaleza.

REFORZA a mensaxe da imaxe pensando UN PEQUENO TEXTO DONDE APAREZA O NOME DO ALUMNO/A (P.EX: Xoana eres lo +)

4


COLLE A CARTULINA E DÓBRAA POLA METADE de forma que quede como unha postal

DEBUXA A IMAXE na cartulina

PENSA DONDE IRÁN OS LEDS

FAI O CIRCUITO tal e como che indicará Diego.

Cando teñas a postaliña de ánimo darémosche instrucións de como facerlla chegar ao teu compa veterano/a.

Agora lembra, en boca pechada… non entran

5


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.