Tríptico recomendacións de Nadal

Page 1

Cáscara de nuez, Ian McEwan (Anagrama), 224 páx. Drama con retranca. O escritor británico Ian McEwan ilumina con humor as súas extraordinarias marañas éticas nesta obra, unha sombría historia de adulterio e falsidade.

El nombre de la rosa, Umberto Eco (Lumen), 784 páx. Guillermo de Baskerville tenta esclarecer os crimes cometidos nunha abadía benedictina... Apaixonante trama e admirable reconstrución que profunda nas formas de pensar e sentir do s. XIV. Al otro lado de la pantalla, Alba Quintas Garciandia (SM), 128 páx. Bullying e cyberbullying, a través da experiencia do protagonista, estudante de Bacharelato, que narra os problemas que sufriu durante os últimos meses.

Quédate este día y esta noche conmigo, Belén Gopegui, (Random House), 192 páx. Mateo e Olga, dous apaixonados pola robótica e as matemáticas, escriben xuntos unha solicitude de traballo a Google, mentres estreitan os lazos que unen dúas xeracións e dúas formas de estar no mundo. El amor en los tiempos del cólera, Gabriel García Márquez (Mondadori), 512 páx. Amor de Florentino Ariza por Fermina Daza, á que ve cando aínda é unha nena á que ensina a ler a súa tía. Máis de medio século en Cartagena de Indias é o que tarda Florentino en lograr o amor de Fermina... exactamente 53 anos, 7 meses e 11 días. El clan del oso cavernario, Jean M. Auel (Maeva), 552 páx. 1º libro dunha saga admirada polos antropólogos. Na última fase da Era Glacial un terremoto deixa á pequena Ayla, de cinco anos, illada da súa tribo. Afortunadamente atopa refuxio entre os membros do clan, un grupo de neandertais.

L’homme au masque de fer, Alexandre Dumas, (Editions Pearson), 96 pages En 1661, Louis XIV règne sur la France en monarque absolu et son peuple meurt de faim. Aramis apprend alors qu’un jeune homme –parfait sosie du roi– est enfermé depuis plusieurs années dans la prison de la Bastille. Aramis découvrira l’horrible vérité et organisera un complot contre le souverain pour réparer une terrible injustice.

La chica que patina y el tonto que la quiere, Andrés Guerrero, (Santillana), 192 páx. Miguel soña con ser debuxante de cómics e está namorado de África. Cando a viu por primeira vez os sábados deixaron de ser simplementesábados para converterse en marabillosossábados. Ela soña con gañar unha medalla olímpica e quere estudar bioloxía mariña. E a 1ª vez que viu a Miguel...

De parte de la princesa muerta, Kenizé Mourad, (Espasa), 560 páx. Istambul, 1918; na corte do último sultán do Imperio otomán a princesa Selma ten sete anos cando creba o seu mundo. A súa azarosa vida no exilio consistirá nunha complicada viaxe na que atopará ao amor da súa vida... e perderao para sempre.

A arte de trobar, Santiago Lopo (Xerais), 224 pax. Premio Xerais de Novela 2017 Século XIII. Unha" troupe" de artistas itinerantes de Galicia percorre os reinos do Camiño de Santiago nun momento de cambio político, cultural e lingüístico con Europa inmersa en cruentas loitas de poder que coincide co auxe das cantigas e o declive da lírica provenzal.

Otra vuelta de tuerca, Henry James (Siruela), 204 páx. Que pode facer unha institutriz, soa nun illado casón, para protexer aos seus pupilos do lento acoso das pantasmas? Refinadísima historia sobre os inconvenientes da bondade, unha metáfora da escritura. Interpretacións infinitas...

Ceiba de luz, Manuel Lourenzo González (Xerais), 344 páx. Premio J. Verne de Lit. Xuvenil 2017. O achado dunha estatuíña humana, de ouro macizo e fasquía precolombina, desencadea a organización da expedición Ceiba de Luz. 18 persoas comandadas pola profesora Sandra Olivares embárcanse na aventura de chegar a Eldorado.

A propia condición do club de lectura e da biblioteca é a biodiversidade: son unha unidade de emoción onde todo suma e nada exclúe Manuel Rivas Curtisbiblio


Os arquivos secretos de Escarlatina, Leticia Costas (Xerais), 64 páx. Regresa Escarlatina, a cociñeira defunta do Alén. O mundo dos vivos e dos mortos unido nunha nova aventura chea de intrigas que aparecen mesturadas con suculentas receitas.

La guerre des boutons, Louis Pergaud, (Vicens Vives), 96 pages. Adaptation de S. Guilmault (Niveau A2) Lebrac est le chef d’une bande de garçons âgés de sept à quatorze ans, qui font tous partis du village de Longeverne. Ils affrontent tous les jours leurs ennemis du village voisin, Velran. Un jour, un Longeverne révèle à sa bande pourquoi ils doivent se battre contre les Velrans.

Ata 14 anos caixiña anos dos rancores, Héctor

A Cajaraville (Xerais), 328 páx. Estevo, un mozo que atropelou a unha anciá co seu ciclomotor, é condenado a pasar o verán acompañando á vítima. O cumprimento da sentenza provoca a descuberta dun segredo que o protagonista deberá desentrañar coa axuda de Paula, a súa noiva.

M Mujeres de ciencia, Rachel Ignotofsky (Nórdica) 128 páx. Libro ilustrado e educativo, que pon de relevo as contribucións de cincuenta mulleres notables de todas as épocas á ciencia, á tecnoloxía, á enxeñería e ás matemáticas. Con infografías sobre equipos de laboratorio, un glosario científico ilustrado e moito máis.

A partir de 14 anos

A nena do abrigo de astracán, Xabier P. DoCampo, (Xerais), 400 páx. Os dramáticos acontecementos de 1947 na vila de Ribadaínsua foron ocultados. Susana é unha nena que irá coñecendo a realidade coa conseguinte perda da inocencia. A través dos seus ollos ofrécesenos unha interesante reflexión sobre como todo se constrúe e se controla desde o poder. Deixe a súa mensaxe despois do sinal, Arantza Portabales (Galaxia), 324 páx. Unha orixinal mestura de voces que deixan a súa mensaxe nun contestador. Unha serie de historias que van falando da vida, das vidas dos personaxes que constrúen a novela.

Mala letra, Sara Mesa (Anagrama), 200 páx. Conxunto de relatos que constitúe un alegato e uhna exaltación da infancia desde o medo, os segredos, a morte, o valor da inxenuidade e, por encima de todo, desde a culpa.

La ley del menor, Iam Mcewan (Anagrama), 216 páx. Mentres o seu matrimonio afunde, o xulgado de Fiona Mayer recibe o caso dun adolescente testemuña de Xehová que padece leucemia e necesita unha transfusión urxente. Los pacientes del doctor García, Almudena Grandes (Tusquets Editores), 768 páx. Unha incríble historia de tres impostores infiltrados na rede internacional que permitiu a fuga de miles de criminais nazis a América a través dunha ruta secreta: o Madrid franquista da posguerra.

Las maldiciones, (Alfaguara), 320 páx.

Claudia

Piñeiro

Un mozo ingresa no mundo da política polas razóns equivocadas e debe afrontar as dramáticas consecuencias.

El disco diabólico, Jordi Sierra i Fabra (Algar), 160 páx. Cando Karma Discos rexeita a súa mellor maqueta, Zosi sente que o seu mundo se derrumba. A súa gran paixón é a música, pero non consegue triunfar. Todo cambia cando entra nunha misteriosa tenda. Po Poemar o mar, Antonio García Teijeiro (Xerais), 72 páx. Obra galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 que conxuga a musicalidade da poesía cun intenso diálogo coa natureza.

Cuentos completos, Sergio Ramírez (FCE), 492 páx. Una recompilación dos mellores contos do Premio Internacional Alfaguara de Novela 1998. Sergio Ramírez dános unha visión descarnada, aleccionante e moi amena, dunha comunidade latinoamericana que buscou ás apalpadelas (e moito máis tarde atopou a propósito) un lugar na Historia. El fuego invisible, Javier Sierra (Planeta) 480 páx. David Salas, prometedor lingüista do Trinity College (Dublín), de vacacións en Madrid, atópase con V. Goodman, vella amiga dos seus avós e coa súa axudante, unha misteriosa historiadora da arte. Isto trastornará os seus plans e empuxarao a unha carreira por pescudar o que sucedeu cun dos alumnos de Lady Goodman. A sombra dos bonsais, Antón Riveiro Coello, (Galaxia) 212 páx. Non sempre as grandes historias precisan de moitas palabras. Orixinais microrrelatos que concentran as historias sen perder intensidade na narración.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.