Escolma natureza e literatura

Page 1

ESCOLMA POÉTICA: NATUREZA E LITERATURA

“Sempre se di que a natureza ten un valor transcendente na vida das persoas, porque igual cá auga pinga, a pinga vai dando forma á pedra. O medio xeográfico onde nacemos inflúe e moldea a nosa personalidade.”

Uxío Novoneyra


ÉPOCA MEDIEVAL Ondas do mar de Vigo Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo? E ai Deus!, se verra cedo? Ondas do mar levado, se vistes meu amado? E ai Deus!, se verra cedo? Se vistes meu amigo, o por que eu sospiro? E ai Deus!, se verra cedo? Se vistes meu amado, por que ei gran coidado? E ai Deus!, se verra cedo?

Oí hoj'eu ũa pastor cantar Oí hoj'eu ũa pastor cantar u cavalgava per ũa ribeira, e a pastor estava senlheira e ascondi-me pola ascuitar; e dizia mui bem este cantar: "Sô lo ramo verd'e frolido vodas fazem a meu amigo, e choram olhos d'amor".

E a pastor parecia mui bem, e chorava e estava cantando, e eu mui passo fui-mi achegando pola oír e sol nom falei rem; e dizia este cantar mui bem:


"Ai estorninho do avelanedo cantades vós e moir'eu e pen' e d'amores hei mal".

E eu oí-a sospirar entom, e queixava-se estando com amores, e fazi'[ũ]a guirlanda de flores, des i chorava mui de coraçom e dizia este cantar entom: "Que coita hei tam grande de sofrer: amar amig'e non'ousar veer! E pousarei sô lo avelanal".

Pois que a guirlanda fez a pastor, foi-se cantando, indo s'en manselinho, e tornei-m'eu logo a meu caminho, ca de a nojar nom houve sabor; e dizia este cantar bem a pastor: "Pela ribeira do rio cantando ia la virgo d'amor: «quem amores há como dormirá, ai bela frol?»". Airas Nunes


SÉCULO XIX Adiós ríos, adiós fontes Adiós, ríos; adiós, fontes; adiós, regatos pequenos; adiós, vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei, prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento, muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras da igrexiña do lugar, amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conoso por un mundo que non vin! Deixo amigos por extraños, deixo a veiga polo mar, deixo, en fin, canto ben quero... ¡quen pudera no o deixar...! ............................... Mais son probe e, ¡mal pecado!, a miña terra n'é miña, que hastra lle dan de prestado a beira por que camiña ó que naceu desdichado.

Téñovos, pois, que deixar, hortiña que tanto amei, fogueiriña do meu lar, arboriños que prantei, fontiña do cabañar. Adiós, adiós, que me vou, herbiñas do camposanto, donde meu pai se enterrou, herbiñas que biquei tanto, terriña que nos criou. Adiós Virxe da Asunción, branca com'un serafín: lévovos no corasón; pedídelle a Dios por min, miña Virxe da Asunción. Xa se oien lonxe, moi lonxe, as campanas do Pomar; para min, ¡ai!, coitadiño, nunca máis han de tocar. Xa se oien lonxe, máis lonxe... Cada balada é un dolor; voume soio, sin arrimo... Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós! ¡Adiós tamén, queridiña...! ¡Adiós por sempre quizais...! Dígoche este adiós chorando desde a beiriña do mar. Non me olvides, queridiña, si morro de soidás tantas légoas mar adentro... ¡Miña casiña!, ¡meu lar! Rosalía de Castro: Cantares gallegos


Pasa, río, pasa, río Pasa, río, pasa, río co teu maino rebulir; pasa, pasa antre as froliñas color de ouro e de marfil, a quen cos teus doces labios tan doces cousas lle dis… Pasa, pasa caladiño co teu manso rebulir, camiño do mar salado, camiño do mar sin fin; e leva estas lagrimiñas si has de chegar por alí pretiño dos meus amores pretiño do meu vivir Rosalía de Castro: Cantares gallegos


SÉCULO XX Camiño longo Camiño, camiño longo, camiño da miña vida, escuro e triste de noite, e triste e escuro de día... camiño longo da miña vida! Vereda, vereda torta en duras laxes aberta, arrodeada de toxos, crebada polas lameiras... vereda torta, ti onde me levas! Camiño, camiño longo. A choiva, a neve e as silvas enchéronme de friaxe, cubríronme de feridas... camiño longo da miña vida! Vereda, vereda fonda de fontes tristes, sin ágoa; sin carballos que den sombra, nin chouzas que den pousada... vereda fonda, ti cando acabas! Ramón Cabanillas: Vento mareiro


As froliñas dos toxos ¡Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos! Eu venero as froliñas dos toxos. Dos toxales as tenues froliñas, que sorríen, a medo, entre espiñas. Entre espiñas que o ceio agasalla con diamantes as noites que orballa. ¡Oh do ermo o preciado tesouro!: as froliñas dos toxos son de ouro. De ouro vello son, mai, as froliñas dos bravos toxales, ¡das devociós miñas!... Antonio Noriega Varela: Do ermo

Gándara Naquel biduído dos bidos louzanos o páxaro Sol non pía seus raios, e morre de amor. N-aquel biduído dos lanzales bidos o páxaro Sol non criba seus píos e morre de amor. Non criba seus ritmos, non pousa seus raios e albean de frío os albres delgados e morren de amor. Non ceiba seus raios, non tece seus fíos e albres e mámoas albean de frío ca poldra que morde no mato cativo. Fermín Bouza Brey: Nao senlleira


Vai polo monte o camiño Vai polo monte o camiño outeando como un louco polos caborcos do val i as poxas do taramouco. Cruza solo a serra toda sen levar outra compaña que a gran presencia do ceo sobre o silencio da braña. Eu non sei pra onde vai méntral' o quedo mirando. Sólo sei que eilí se compre o soño que estou soñando... Uxío Novoneyra: Os Eidos.

Abeneiro Abeneiro, alto e esguío, cheo de gracia e donaire: ¡estás ollando pró río e daslle pousada ó aire! ¡Ti non sabes, abeneiro, -as túas follas cor de mel que estás ollando o regueiro sen saber o que ves nel! Manuel María: Terra Chá


Arco de vella Arco de vella, arco de vella,

no sol e nas bolboretas,

ponnos o ceo limpo e azul.

nas follas que tira o vento.

Arco de vella, riso das nubes, as sete cores fillas da luz.

Corre a verde polos prados, repousa nas matogueiras,

A vermella está no viño,

está na pel das mazás,

nos beizos e nas cereixas,

vive no limo das pedras.

nas fazulas dos rapaces e nas feridas das guerras.

Azul e anil van no mar, as dúas son mariñeiras.

Vive a laranxa no lume,

Azul gusta de voar

parte o nome coas laranxas,

e case toca as estrelas.

tingue o cabelo do sol cando o sol toca as montañas.

Violeta anda nas flores e recende coma elas.

A amarela anda no mel,

É unha cor moi delgadiña,

no millo e mais no centeo,

case se perde na néboa. Marica Campo


Haikus das estacións I (Primavera) A libélula ascende, desce, ascende e desaparece.

II (Verán) A lúa no teu pelo. -Non haberá xamais outra noite como esta.

III (Outono) Caíu a folla... Rubiu a sombra ao corazón.

IV (Inverno) Gralla o corvo. ¿Tamén el presinte a morte?

Xabier Seoane: Na póla branca


a tarde as horas son máis lentas á sombra do limoeiro ··· e cando chove séntense as gotas no tellado nas pólas secas o pranto nas paredes balorentas ··· os balcóns énchense de flores co verán unha moza corta o seu orballo pono no xerro da sala xunto á foto do pai morto ··· no patio unha vella figueira de pólas longas cubertas de ouricelas os soños confúndense a esta hora na follaxe ··· as árbores da infancia inclínanse sobre o alxibe buscan a súa imaxe reflectida no espello de auga ··· esta terra perténceme terra branca de séculos e cinza acóugame esta terra estas árbores de mans abertas ··· hai unha carballeira gris un río en algures que murmura paxaros néboa

recantos desta terra prometida ··· chega do río o canto das lavandeiras ··· no pomar o vento procura a idade nas follas o silencio nas cortizas ··· tras destes muros unha moza esperou todo o día os días seguintes o home que a levase lonxe a algunha nova terra e máxica vestida de branco e cun ramo de lirios nas mans ··· atoparasme no camiño preto da última árbore a derradeira ··· pérdese a follasca vaise espallando cara ao horizonte que é como dicir cara a ningures ··· na fiestra os últimos efémeros fíos do sol nas pólas máis altas ··· cando é tarde só quedan pedras e poeira no camiño Eduardo Estévez: Os veos da paisaxe


Camiñan descalzas polas rochas Camiñan descalzas polas rochas, fantasmas de sal habitan as sombras, saben que as últimas mareas esqueceron na praia os restos do naufraxio. As mulleres recollen cada noite os tesouros de auga, líquidos e fráxiles, rebélanse contra a Historia, constrúen co mar as estatuas que nunca permanezan. As mulleres de sal, con sargazos de sombras, xorden das últimas mareas e tecen tesouros de auga cada noite contra a Historia. Elas, que saben que o efémero permanece. Ana Romaní: Das últimas mareas


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.