Unha mostra do seu labor neste campo da onomástica é o libro Fitotoponimia galega, que vén ser a tese doutoral de Gonzalo Navaza, titulada no seu momento Contribución ó estudo da toponimia da Galicia meridional, A fitotoponimia. Eis unha pequena antoloxía fitotoponímica (nomes de lugar referidos ao mundo vexetal, natural ou cultivado) do concello de Lalín, recollida no libro de Gonzalo Navaza: A Xesta. “A parroquia da Xesta (San Fiz), en Lalín, aparece na documentación antiga coa advocación de Santa María (aínda aparece hoxe unha celebración mariana moi popular, ponderada nun refrán tradicional: ‘festa por festa o Carmen da Xesta’. Carballeda. “Derivado correspondente a CARBALIĒTA”. Abundancial que fai referencia a un lugar onde hai ou houbo moitos carballos.. Carragoso. “Topónimo antigo, proveniente do latín CARRĬCŌSU, non é unha forma romance”. Quizais relacionado con CARRICALE, derivado de CAREX (carrizo ou cana silvestre dos pantanos). Filgueira. “Forma correspondente a FĬLĬCARIA”. Lugar de fentos (tamén chamados felgos, fentas, fieitas, fieitos ou folgueiras..). O Espiño. Do latín SPĪNU, “ten un significado xenérico que pode significar diversas especies botánicas2.
e universal ctores é Manguel] le o m o c rto oder ido [Robe O noso p ente tem lm a rs e univ
a l e b a r a t a l e r a m A
MAMÁ; AI MAMAE Falou a voz da meiga e dixo para a miña suficiencia de viaxeiro curioso que nalgures alguén velaba os meus pasos e miraba por min cun ollar de tenrura
Nº 16
E así estaba escrito nas cunchas sobre a area Voa, canción, que sabes que xa non acredito en lerias de adiviña, e lévalle no bico a mamá unha cartiña de inmenso amor que diga que xa estou feito un home e que os anos me tratan xenerosos, que a vida inda é cada día un prodixio, que sigo gardando no fondo do peito a gratitude polo amor que me deu por seguir (xa perdida a conciencia do mundo e a corporal materia a consumirse lenta na atroz enfermidade) recoñecendo sempre a miña voz de neno e dicindo o meu nome para asombro de todos. E lévalle tamén os parabéns polos bos once fillos que criou e polo mundo andamos e dille que vou borrar xa de vez da memoria aquela imaxe da lenta despedida e os ollos tristes que ollaban dicindo e agora qué vai ser do coitado mornecas sen pai nin nai non inverno.
Boletín da Biblioteca do Instituto “Ramón María Aller Ulloa”
Xaneiro-2013
TÓPICA DA CASA Terras que dende o Carrio escorregan ó Arnego, zarras, soutos, devesas, pomares, centeeiras, pardiñeiros escuros onde funga a curuxa e o paspallás buliga entre o millo e a veza, lugares e labores do sangue antepasado, barro de que estou feito, raíz, carnaz, carozo, estribeira da idade, faiado dos antontes, remoto manancial das bágoas dos meus ollos, abeirado horizonte da cabal cepa mestra, corda deste falar, sabugo destes xornes, da atávica bigornia chega a calor ó peito se na luz do serán soletreo os teus nomes e asoma a cerna á voz conforme os vou dicindo, Palmou, Toiriz, Quintá, Besexos, Campo, Carbia, Portafixón, Mosteiro, Coto de Barrio, O Vento, Pena Redonda, O Piago, A Ponte da Campaina, As Seixas, Santo André, O Camballón, Fornelos, Cercio, Brántega, As Cruces, Galegos, A Goleta, Bermés, Mouroces, Erbo, O Cello, Val do Carrio, Pena Gundín, Abonxo, Cumeiro, Carmoega. Riolas de romeiros atravesando os séculos achegan ata aquí esa ingrávida herdanza. Coa friaxe do inverno baixan do monte os lobos a axexaren a xente no bosque das palabras. Navaza, Gonzalo (2000) Libra. Galaxia. Vigo
Que miro moitas veces a foto da voda na igrexa de Palmou pra imaxinala feliz, ou cantando, ou xogando á roda comigo e outros nenos na escola.
ior parte dos relatos, que xorde dun fallo, confusión ou dun acto de inxenuidade dalgún dos personaxes, caso de “Balangandán” ou “O home do saco”. Por último, o desenlace, con frecuencia, supón unha ruptura co narrado anteriormente. O libro é xa un clásico da narrativa galega contemporánea.
Cando e por que xurdiu a idea de Erros e Tánatos? Tiña uns cantos contos inéditos e vin que tres ou catro respondían a unhas características comúns: ironía, certo humor negro, tensión narrativa con final sorpresa, etc., que se parecían un pouco ás narracións dalgúns autores de contos que me gustaban (Roald Dahl, Bernard Malamud, Fernando Sabino…), así que me puxen a escribir outros relatos seguindo esas mesmas pautas. https://sites.google.com/site/tomandouncafecon/gonzalo-navaza
Esta guía
Que vai pasando o tempo e as abelliñas de San Miguel sempre van cargadas de mel.
Esta guía non pretende ser unha guía exhaustiva, nin meterse en análises técnicas ou estilísticas. Con ela só queremos facer unha serie de suxestións
Navaza, Gonzalo (2000) Libra. Galaxia. Vigo
http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=gonnavaz&alias=Gonzalo+Navaza
Erros e tánatos (1996) de Gonzalo Navaza é un dos libros de cabeceira do Departamento de Galego. A través dos seus dez relatos, Gonzalo Navaza demostra unha sólida madurez no manexo das técnicas narrativas baseadas nunha prosa limpa e directa, adubadas cunhas doses de humor que mostran unha notable capacidade para a ironía, a intriga e a sorpresa. Son historias, clasicistas, cunha gran tensión narrativa e un final sorprendente, que exploran os territorios do Tánatos por culpa dos Erros. Canto aos temas, hai que salientar o amor e a sedución, presentes en relatos como "Bull & Mignone" e "Decoración e interiorismo”; ou a morte (TÁNATOS) presente na ma-
Foto: Estévez Adrián in http:// gl.wikipedia.org/wiki/
(prescindíbeis) para que o texto se converta nun pretexto para a comunicación. Comunicarse cun libro na man ou cos seus ecos na memoria...
Escribo naturalmente en galego, porque son de aquí. Se fose de Taiwan ou de Dublin e tivese suficiente dominio do galego como para escribir en galego, entón tamén escribiría en galego, porque me parece que a eufonía, a calidade harmónica e a capacidade suxestiva do galego son alucinantes.
Erros e tánatos de Gonzalo Navaza
Na Universidade de Vigo, cando se planificaron os novos viarios, nós propuxemos manter a vella toponimia. Seguindo ese sistema, dábanos un viario como Porto de Bois. A alguén do reitorado pareceulle que vestiría moi mal mandarlle a un catedrático de inglés unha carta con tal enderezo. Por esas grazas do mundo, Oxford significa xusto iso: Porto de Bois. Na miña opinión, en todas estas actitudes reside a vergoña polo galego, por relacionalo con atraso, coa aldea, con vello. En Sabarís puxéronlles a uns novos edificios Puente Romano, cando a ponte que está alí pegada é medieval, tal e como se pode ver nunha inscrición que ten. Como as competencias sobre nomes de rúas dependen unicamente dos concellos, moitos topónimos acabarán por perderse. É unha tristura e unha dor. A sociedade xa entendeu que é unha barbaridade derrubar un convento do século XVII pero non se ten por tal eliminar de raíz o nome dun lugar. Gonzalo Navaza (http:// miraquechedigo.blogspot.com.es/)
Unha breve autobiografía (en dous poemas)
Guía de lectura [nº 7]
Onomástica