MARCO Memoria anual 2007

Page 29

EXPOSICIÓNS DOCUMENTOS A MEMORIA DO FUTURO

FICHA TÉCNICA DATAS 30 marzo - 24 xuño 2007 LUGAR Salas de exposición do primeiro andar COPRODUCIÓN Koldo Mitxelena Kulturunea, San Sebastián MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo COMISARIA Rosa Olivares

Partindo do auxe e da importancia cada vez maior da fotografía documental dentro do mundo da arte actual, a exposición ‘DOCUMENTOS. A memoria do futuro’ analizaba diferentes xeitos de documentar a realidade contemporánea: historias do pasado, espazos ocupados, escenarios de conflitos, mitos modernos, escenas da vida cotiá, visións irónicas sobre o turismo de masas... A selección reunía un conxunto de fotografías e vídeos de artistas que demostran unha forza creativa indubidable e unha presenza protagonista na escena artística internacional. Son nove formas de traballar a imaxe fotográfica dende perspectivas, intencións e planeamentos moi diferentes, pero todos eles falan da complexa relación entre arte e documento, e se sitúan dentro de parámetros documentais, non no sentido da reportaxe xornalística, senón no da recreación subxectiva dunha situación concreta. As formas nas que estes artistas afrontan o seu presente son diversas, pero lles une a necesidade de deixar constancia dun feito e dun momento determinados, en ocasións non dende a testemuña directa senón dende a reconstrución dunha historia contada e recuperada a través doutros documentos escritos e de relatos orais.

MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA DE VIGO MARCO | 27


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.