Receitas27

Page 1



Cadernos gastronómicos 27

CUSCÚS MARROQUÍ

Ingredientes: - 250 gr de cuscús - 500 gr de carne de año - 100 gr de garavanzos cocidos - Unha cebola - Tres cenorias - Tres tomates - Un anaco de cabazo - Pastillas de caldo de carne - Especias ao gusto - Pementón doce - Auga

Elaboración: Primeiro, cómpre amañar a carne do año: limpámola e cortámola en anacos non demasiado grandes. Lavamos e troceamos todos os vexetais en cachos. Hai que deixar os garavanzos de remollo a noite anterior para que amolezan. Nunha pota xeitosa, botamos a quentar aceite de oliva virxe e nel fritimos a carne, previamente salpementada a lume morno, remexendo de cando en vez para que a carne se faga ben por todos os lados. Cando esta vaia collendo cor, engadimos a cebola cortada en anacos, dourámola un par de minutos e despois botamos os anacos de cabazo, as cenorias e os tomates. Agregamos unha chisca de pementón e cubrimos todos os ingredientes con auga; logo subimos o lume para que a auga comece a ferver. Cando xa ferva, baixámoslle o lume; engadimos un par de pastillas de caldo de carne, tapamos a pota e deixamos cociñar ata que todos IES MENDIÑO


Primavera 2017

os ingredientes queden brandos. Uns dez minutos antes de terminar, será o momento de engadir os garavanzos cocidos e ben escorridos. Condimentamos con especias ao gusto. Cando o guiso estea case feito, o caldo terá que ter unha cor máis ben escura e non estar demasiado espeso, así que, nese momento, imos poñer a cocer o cuscús ao vapor. Só quedaría servir o cuscús por debaixo e o resto dos ingredientes por enriba. Agardamos que a receita vos pareza interesante e vos guste tanto como a nós. Mariam Charafi (3º ESO)

IES MENDIÑO


Cadernos gastronómicos 27

TAJINE MARROQUÍ

Ingredientes: - Unha pata de cordeiro - Dúas cenorias - Un boniato - Seis dentes de allo - 200 gr de améndoas - Dez dátiles medjool - Un limón - Medio litro de auga - Aceite de oliva virxe extra - Sal - Pementa - Comino - Cúrcuma - Cilantro - Dous-catro ceboliñas tenras

Elaboración Córtase o año en anacos e ponse nun bol. Bótaselle o azafrán, a cúrcuma, o comino e salpeméntase. Régase cun pouquiño de aceite de oliva e mestúrase todo ben. Déixase en adubo un mínimo de dúas horas. Nunha pota cun pouquiño de aceite virxe bótanse os allos e incorpórase o año; déixase que se doure. Córtanse en anacos as cenorias, as cebolas e o boniato e bótanse na pota. Engádeslle unha póla de cilantro e sazóase. Bótaselle unha pouca auga e déixase cocer durante uns cincuenta minutos a lume maino. Logo disto, agréganse os dátiles e as améndoas; císcaselle por riba cilantro e uns anacos de limón. Déixase repousar e... a comer. Hiba El Ouarari (4º ESO)

IES MENDIÑO


Primavera 2017

POTAXE CUBANA Ingredientes: - Feixón negro - Carne de porco - Allo - Cebola - Aji/pemento - Arroz branco - Tostóns(plátano frito)

Elaboración Póñense na auga os frijoles un día antes para amolecelos. Métense nunha ola de presión uns 25 minutos. Pasados 25 minutos bótaselle o sofrito feito coa cebola, o allo e o aji, todo batido, e engádese a mestura aos frijoles. Déixase ferver un pouco e xa está. Para acompañar, podese poñerse plátano macho en rodelos: cando están brandos sácanse, aplástanse e vólvense a fritir. Cando están tostados sácanse e bótaselles sal por riba. Fermín Blanco (1º ESO)

IES MENDIÑO


Cadernos gastronómicos 27

MOJO PICÓN

Ingredientes - 1 quilo de papas pequenas - 4 dentes de allo - ½ cullerada de comino moído - 2 culleradas de pemento “de la Vera” - 5 rebandas de pan do día anterior - 50 ml. de aceite de oliva extra - Sal e pementa (ao gusto) - un pouquiño de vinagre de Módena - 25 ml. de vinagre de viño branco - “Caiena” moída (ao gusto) - 4 pementos morróns grandes de lata - Auga - 250 gr de sal gordo

Elaboración Primeiro lavamos as papas e colocámolas nunha pota grande con un litro de auga que estea xa quente. Agregamos o sal gordo (é moi importante o sal porque é o que vai axudar ao sabor da papa); temos que engadir a cuarta parte do peso das papas que imos cocer; neste caso trátase dun quilo de papas, co cal precisamos 250 gramos de sal. Deixamos ferver entre 30 e 40 minutos a lume baixo. Imos pinchando cun garfo para ver como están de duras; é importante que non se pasen por que, se non, comeremos puré de papas. Cando vexamos que estean tenras, sacámolas e pasámolas por auga fría para parar a cocción. Secamos cun papel as papas, teñen que estar moi secas para que o arrogado sexa rápido. (Molladas tardan moito). IES MENDIÑO


Primavera 2017

Colocamos as papas na pota aínda quente e sen auga. Achegámolas ao lume ao 3 ou 4 de potencia e engadimos un pouco de sal. Comezamos a mover seguido a pota con suavidade e as papas empezarán a arrogarse. Este proceso durará uns 5 minutos, quedarán como brancas e, loxicamente, enrogadas.

Preparación Fritimos os dentes de allo con pel nun bo aceite de oliva; cando se douren, sacámoslles a pel. Reservámolos para o mojo. No mesmo aceite dos allos, botamos o pan en anacos pequenos ata que queden dourados, e poñémolos cos allos. Nun bol botamos o aceite sobrante dos allos e o pan frito. Tamén engadimos o comino (mellor medido), o pemento, o sal, a pementa e a caiena. Botamos un pouco de auga e batemos todo ata que quede un puré. Lavamos os pementos morróns e incorporámolos co aceite , o vinagre de uva e o de Módena (uns chorriños) ao recipiente anterior. Pasamos todo pola batedora. Probamos o mojo e rectificamos de sal se fose preciso. Antón García Perdomo (3º ESO)

IES MENDIÑO


Cadernos gastronómicos 27

POULET GRILLÉ À LA HARISSA

Ingredientes: - 1 poulet entier de plus ou moins 2 kg - 225 de sauce harissa - 1 grosse carotte coupé en deux dans le sens de la longeur - 1 grosse oignon rouge coupée en quattre - 2 bâtons de céleri parés - 10 brins de thym - citron frais - 1 bulbe d´ail moyen coupé en deux Dans le sens de la largeur - 2 c. à s. d´huile d´olive

Elaboración: Rincez le poulet à l´eau froide puis, avec du Papier absorbant, séchez-en l´interieur et l´exterieur. Coincez les extremités des ailes sous le poulet. Badigeonnez le poulet de sauce harissa, puis liez les pattes ensemble à l´aide de ficelle de cuisine. Couvrez et mettez pour 3 heures ou 1 nuit au réfrigérateur. Préchauffez le four à 200º C. Mélangez les autres ingrédients dans un grand plat à gratin, posez le poulet sur le tout et assaisonnez. Faites rôtir le poulet 1 h 15 environ. Couvrez et laissez reposer 10 minutes avant de servir. María Carballo (Departamento de Francés)

IES MENDIÑO


Primavera 2017

Polo á grella á harissa

Ingredientes: - 1 polo enteiro de máis ou menos 2 kg - 225 salsa harissa - unha gran cenoria cortada á metade no sentido da lonxitude - unha gran cebola vermella, cortada en catro - 2 varas de apio - 1 ramiño de tomiño - limón fresco - 1 dente de allo cortado en dous, na dirección transversal - 2cl de aceite de oliva

Elaboración: Lavar o polo con auga fría e, a continuación, con papel absorbente, secar no interior e exterior. Calzar os extremos das ás baixo o polo. Bañar o polo con salsa Harissa, logo xuntar as pernas con cordel de cociña. Cubrir e deixar máis de 3 horas ou unha noite no frigorífico. Quecer o forno a 200º C. Mesturar os ingredientes restantes nunha asadeira grande, coloque o polo máis e tempura. Asar o polo durante 1 h. e cuarto. Cubrir e deixar descansar 10 minutos antes de servir. IES MENDIÑO


Cadernos gastronómicos 27

LA QUICHE LORRAINE

Pour 4 à 6 personnes - Temps de préparation 15 Min Temps de cuisson 30 Min – Température de cuisson 250°c

Les ingrédients - 1 rouleau de pâte feuilletée - 3 œufs entiers - 30 cl de crème fraîche - 25 cl de lait - 300 grammes de lardons fumés - 150 grammes d’emmental râpé - Sel, Poivre, Muscade Matériel - 1 batteur électrique ou un fouet - 1 moule à tarte - 1 Saladier

Mettre le four à préchauffer à 250°C pendant 10 minutes. Dans le moule à tarte, étalez la pâte feuilletée préalablement sortie du réfrigérateur 30 minutes avant (elle devient ainsi plus facilement déroulable). Piquez un peu partout la pâte avec une fourchette afin d’éviter que celle-ci ne gonfle. Mettez la pâte dans le moule dans le four chaud pendant 10 min le temps que la pâte dore très légèrement. Sortez la pâte et laissez la reposer pendant que vous préparez l’appareil. Durant la pré-cuisson de la pâte, prenez les lardons et faites les cuire à la poêle à feu vif, durant la cuisson égouttez les avec une passoire afin de faire partir leur graisse ayant fondu, le but étant de les griller légèrement pour leur donner davantage de saveur. IES MENDIÑO


Primavera 2017

Prenez le saladier et cassez-y les 3 œufs puis versez la crème fraîche. Mélangez les œufs et la crème fraiche avec le fouet. Rajoutez progressivement le lait tout en continuant à mélanger avec le fouet Ajoutez le Sel et le poivre, Puis la Muscade Etalez les lardons sur la pâte précuite de manière harmonieuse et régulière. Versez dessus l’appareil à Quiche Lorraine Saupoudrez de manière régulière la Quiche Lorraine avec l’emmental. Enfournez la Quiche Lorraine durant 30 minutes à 250°C Au bout de 25 minutes piquez avec un couteau la quiche, si celui ressort sec sans traces de crème fraiche, votre quiche est prête Pour donner plus de craquant, n’hésitez pas à passer 5 min votre four en mode grill (s’il en est pourvu). Attention toutefois à ne pas brûler le dessus de votre quiche. Mikel Pico de Oliveira (2º Bach.)

A QUICHE LORRAINE Para 4 ou 6 persoas - Tempo de preparación 15 Min Tempo de cocción 30 Min – Temperatura de cocción 250°C

Ingredientes: • Masa follada • 3 ovos enteiros • 30 cl de nata • 25 cl de leite • 300 gramos de panceta en dados • 150 gramos de emmental relado • Sal, pementa e noz moscada

IES MENDIÑO


Cadernos gastronómicos 27

Material: • 1 batidora eléctrica ou unhas varillas • 1 molde de tarta • 1 ensaladera

Elaboración Quentar o forno a 250°C durante 10 minutes No molde para tortas, esténdese a masa follada que xa secaramos previamente da neveira 30 minutes antes (Así esténdese máis facilmente). Cun garfo, picade a masa por toda a superficie para evitar que inche. Colocade a masa no molde no forno quente durante 10 minutos ata que estea lixeiramente dourado. Sacade o molde e deixádeo repousar mentres que se prepara o recheo. Botade a panceta nunha tixola e dourádea a lume forte, escorrede o aceite sobrante para que quede máis sabor. Nun bol, cascade os 3 ovos e botádelle a nata. Batede coas varillas os ovos e a nata. Incorporade progresivamente o leite e seguide mesturando. Engadide o sal, a pementa e a noz moscada. Botade a panceta sobre a masa follada precociñada e distribuíde o recheo uniformemente. Salpementar homoxeneamente con queixo emmental. Enfornar durante 3 minutos a 250ºC. Despois de 25 minutos comprobade cun coitelo que a quiche este lista, se sae limpo xa está feita. Para que quede un pouco máis crocante pódese poñer o forno en modo grill. IES MENDIÑO


Primavera 2017

IES MENDIÑO


MIGAS

Cadernos gastronómicos 27

Ingredientes -Migas de pan -Allos -Touciño fresco -Pementos -Aceite -Chourizo -Bacallau salgado -Olivas -Sardiñas -Sal

Elaboración Nunha tixola frítense os pementos e resérvanse. Co mesmo aceite frítese o touciño e o chourizo; unha vez fritos, apártanse para un recipiente. No mesmo aceite frítense uns allos enteiros e engádeselle o pan esmigallado. Engádeselle unha pouca auga ata que todo se humedeza e un pouquiño sal. “Maréase” o pan ata que seque a auga e polo tanto quede ben seco, solto e dourado. Dáselle unha volta como se fose unha tortilla e, cando estea o pan dourado, apártase e frítense as sardiñas. Sergio Núñez (4º ESO)

IES MENDIÑO


IRISH STEW

Primavera 2017

Ingredients: - 1 kg beef - 1/2 kg onion - 750 g potatoes - 50 g lard - 1/2 l chicken broth - salt - pepper - thyme - parsley

Preparation Clean fat meat and cut it into small pieces. Then Peel the onions and potatoes and cut them into slices. In a casserole we melt the butter and put a layer of one third of the potatoes, another layer with half of the meat and another with half of the onion. Sprinkle with salt, pepper and thyme. We repeat the previous operation of the layers of potatoes, meat and onion and finish with a layer of potatoes. We irrigate with the broth, cover the Pan and put it in the preheated oven. We let Bake at a temperature of 180 degrees for an hour and a half watching that there is always enough broth. At the end of cooking, the potatoes will be scrapped a little to thicken the stew sauce. Sprinkle chopped parsley and serve. Anxo Bello Solla (2Âş Bach.)

IES MENDIĂ‘O


Cadernos gastronómicos 27

ESTOFADO IRLANDÉS Ingredientes: - 1 kg de carne de tenreira - 1/2 kg de cebola - 750 g de patacas - 50 g de manteiga de porco - 1/2 l de caldo de polo - Sal - Pementa - Tomiño - Perexil

Elaboración Limpamos a carne de graxa e cortámola en pequenos anacos. Seguidamente pelamos as cebolas e as patacas e cortámolas en rodelas. Nunha cazola derretemos a manteiga e poñemos unha capa da terceira parte das patacas, outra capa coa metade da carne e outra coa metade da cebola. Ciscámoslle por riba o sal, a pementa e o tomiño. Repetimos a operación anterior das capas de patacas, carne e cebola e terminamos cunha capa de patacas. Regamos co caldo, tapamos a cazola e metémola no forno aquecido previamente. Deixamos enfornar a unha temperatura de 180 º durante unha hora e media vixiando que sempre haxa suficiente caldo. Ao finalizar a cocción as patacas haberanse refugallo un pouco para espesar así a salsa do estufado. Engadimos perexil picadiño por encima e servir. IES MENDIÑO


Primavera 2017

BOLO DE MANDIOCA

Ingredientes: - 3 xícaras de mandioca ralada grossa - 1 e ½ xícara de açúcar - 3 colheres de manteiga - 1 e ½ xícara de farinha de trigo - 4 ovos - 1 pacote de 50 gr de coco ralado - 1 pacote de 50 gr de queijo ralado - 1 colher de sopa de fermento em pó

Elaboración: Bata a manteiga com o açúcar e os ovos; misture a mandioca ralada; junte a farinha e o fermento. Depois, acrescente o coco e o queijo ralado. E a fim, asse em forma untada em forno preaquecido por 40 minutos. Théo Hahm (2º ESO)

IES MENDIÑO


Cadernos gastronómicos 27

MOQUECA DE OVOS

Ingredientes: - 6 ovos grandes. - 1 cebola branca cortada en rodelas. - 1 dente de allo en láminas. - 1 tomate vermello, consistente, sen sementes e cortado en rodelas. - 1/2 pemento verde en rodallas. - 1/2 cunco de condimentos verdes (a gusto de cada un). - 200 ml de leite de coco. - 50 ml de aceite de dendê (palma). - Zumo de 1/ 2 limón. - 1 vaso de requeixón de camaróns secos (sen cabeza nin rabo). - Unha pizca de comino.

Elaboración: Dourar o allo e a cebola no aceite de dendê. Engadir o pimentón, o tomate e os camaróns secos e refogalos. Engadir o leite de coco, o limón, o aderezo verde e un pouco de auga (se é necesario). Tapar e deixar cociñar por uns 10 minutos ou ata que se cociñe o aderezo. Romper os ovos separadamente e colocar un a un na panela. Perfurar as xemas e dar unha pequena mesturada. Diminuír o sal se é necesario porque os camaróns xa son bastante salgados. Remexer de vez en cando ata que os ovos se cozan. Servir con arroz branco. Manuela Antelo González

IES MENDIÑO


Primavera 2017

ALFAJORES MARPLATENSES Ingredientes para a masa: - 200 gr de azucre - 200 gr de mantequilla - relo dun limón - 40 gr de extracto de malta - 50 gr de mel - 20 gr de cacao amargo - 5 gr de bicarbonato de sodio - 5 gr de bicarbonato de armonio - 400 gr de fariña - 100 gr de maicena

Ingredientes para o recheo e cuberta: - 300 gr de doce de leite - 200 gr de chocolate semiamargo para a cobertura - 125 gr de manteiga de cacao Elaboración:

Primeiro batemos a manteiga co azucre ata que quede de cor branca. Logo agregámoslle o relo do limón, o extracto de malta, o mel e os ovos. Tamizamos a fariña, o cacao e a maicena e engadimos todo isto á mestura anterior. Despois, disolvemos ambos os dous bicarbonatos en auga e tamén os engadimos. Deseguido, collemos esta mestura e, sen amasala, envolvémola en papel film e deixámola na neveira durante unha hora. Despois sacámola; estiramos a masa de xeito que teña un grosor duns 5 mm e cortarémola en discos medianos. Logo, colocamos estes discos nunha bandexa IES MENDIÑO


Cadernos gastronómicos 27

embadurnada con manteiga. Forneámolos durante 15 minutos a 170º. Sacámolos do forno; deixámolos arrefriar e poñémolos noutra bandexa para o seu posterior recheo e cuberta. Imos collendo os discos de dous en dous e, colocádoos un enriba do outro, encherémolos con doce de leite. Áparte, fundiremos a manteiga de cacao a baño María. Cando estea fundida, engadimos o chocolate picado e fundirémolo todo. Retiramos da calor. Con isto, bañaremos os discos e xa estarán feitos os alfajores. Só queda deixalos en repouso durante 48 horas antes de comelos. Verónica Peralta Valente (3º ESO)

IES MENDIÑO


Primavera 2017

BISCOITO DE AMORODO Ingredientes: - 10 ovos - 200 gr de fariña - 120 gr de azucre - Chocolate negro - Chocolate branco - Amorodos - Nata para montar - Canela en po Elaboración:

Primeiro sepárase a xema da clara do ovo. A clara ponse na batedora e bátese ata quedar a punto de neve. Por outro lado, bátense as xemas, o azucre, a fariña, a canela e xúntase todo para facer o biscoito. Métese no forno a 120º durante 20 minutos. Sácase do forno; desmóldase e pártese pola metade. Ponse o chocolate negro a baño María e, cando estea fundido, báñanse as dúas metades do biscoito e métese na neveira ata que solidifique. Despois, tírase do frigorífico e nunha metade, coa axuda dunha manga pasteleira, espállase a nata; sobre a nata bótanse os amorodos cortados en anacos e xúntanse as dúas metades. Xa só queda fundir un pouco chocolate branco para botar na parte superior do biscoito dándolle a forma que se queira. E a torta estará lista para comer! Anxo Ricón (4º ESO)

IES MENDIÑO



EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA BIBLIOTECA IES MENDIÑO


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.