Contos de Medo 2018 IES Mendiño

Page 1

NOVEMBRO 2018



Contos de medo Este curso temos unha portada baseada no banshee.

Velaí tedes unha pequena aclaración:

Os banshee son espíritos femininos que, segundo a lenda irlandesa, se aparecen a unha persoa para anunciar, co seu pranto e laios, a morte dun familiar achegado. Cada banshee dedicábase exclusivamente a unha das grandes familias irlandesas. Ela berraba cando un membro da familia morrera, incluso se a morte se producira lonxe e mesmo se aínda non se coñecese a noticia da súa morte, de forma que o berro da banshee constituía a primeira evidencia que a familia tiña da morte. Elia Lago (1º Bach.)

IES MENDIÑO


2018-2019

ERA UNHA NOITE FRÍA DE INVERNO

Era unha fría noite de inverno. A treboada golpeaba con dureza no cristal da única ventá da habitación de Ismael, a máis xélida e escura da casa. A feble luz da pequena lámpada alumeaba en soidade o papel que Isma tiña nas mans. A carta de nadal do seu irmán Antonio parecía máis pequena cada vez que o rapaz a ollaba. Fóra, as pingas da choiva caían como coitelos. Caían e caían e caían... Isma ollou cara ao teito e observou a pingueira que se formara había xa algúns minutos. Ergueuse enfurruñado e foi directo á cociña buscar o caldeiro e a fregona. O corredor estaba máis escuro do que parecía. Isma intentou prender a luz, pero o interruptor soou sen ningún efecto. Aínda máis enfadado que antes, o rapaz foi xunto o aparador en busca da candea de emerxencias, aquela que o seu pai sempre deixaba para estes casos. Cun só chasquido, a candea prendeu amosando a cara sorrinte de Antonio. - Ahh! Estabas aí? Que susto me deches...! - Si, perdoa, Isma. Liches a carta? Líchela?- di Antonio con entusiasmo. - Si, Tonio; xa a lin. -Isma colle aire e sorrí- Está moi ben. - Cres que papá Noël vai traerme o coche de carreiras de Fernando Alonso, o Ferrari? Isma ergueu a vista cara ao aparador. - Estou completamente seguro.

IES MENDIÑO


Contos de medo

A luz da candea amosaba con febleza o doce sorriso da foto que Isma e Antonio fixeran no xardín traseiro da casa había anos. As flores que seu pai deixara xunto ao prometido coche aínda estaban frescas. - Bótote de menos. -Seino. O alegre riso de Antonio apagábase xunto coa candea. Manuella González e Inés Blanco (2º Bach.)

IES MENDIÑO


2018-2019

CHOVÍA, CHOVÍA MOITO

O último que me apetecía nese momento era saír da casa. Pero por insistencia da miña nai, tiven que rematar por facelo. Chovía, chovía moito. Apenas era capaz de distinguir calquera obxecto que me atopaba na rúa. Semellaba estar só. Unha escura néboa tinguía todo ao meu arredor. Como de costume, ía no meu mundo, escoitando música, pensando en todo e nada á vez. Non podía esquecerme de nada do que a miña nai me pedira; non estaba a pasar polo seu mellor momento dende que a avoa Luisa morrera, polo que eu intentaba axudar en todo o que fose preciso e dar o menor traballo posible. Mentres camiñaba, non deixaba de pensar na sensación de desacougo que me levaba acompañando toda a semana, unha presión constante no peito que me impedía poder relaxarme tan só un momento. Mergullado nos meus pensamentos, tardei en decatarme de que tiña o cabelo completamente empapado. O vento e a choiva foran en aumento e o meu paraugas non fora quen de apartalo. Non tendo outra opción, botei a correr ata a tenda que máis preto me quedaba, esperando atopar alí un bo refuxio.

Axexando polo impoluto cristal do escaparate, botei unha rápida ollada ao interior do local e non puiden observar máis que unha sombra do máis desconcertante. Chamei por ela varias veces sen obter ningún resultado. Desesperado e a piques de morrer do frío, seguín insistindo ata chegar a bater, sen delicadeza ningunha, no mesmo vidro polo que antes

IES MENDIÑO


Contos de medo

axexara. Empapado, repetín este proceso en cada tenda que atopaba, obtendo como resultado o mesmo que na anterior.

Rendido, cheguei á conclusión de que estaba só e decidín voltar á casa. A pesar de estar estrañado por non ter atopado a ninguén, decidín botar a correr, pois nada me importaba máis nese momento que non acabar enchoupado. De súpeto atopeina fronte a min, penetrándome coa mirada coma nunca antes o fixeran. Unha morea de calafríos comezaron a percorrerme o corpo; quedei completamente atemorizado. Tiña diante dos meus ollos a miña avoa. O último que me apetecía nese momento era saír da casa, pero por insistencia da miña nai tiven que rematar por facelo. Chovía, chovía moito. Noa Cabaleiro e Nerea Barrio (4º ESO)

IES MENDIÑO


2018-2019

DESAPARICIÓN MISTERIOSA

Aquela mañá non era coma outra calquera para Faustino, pero el non o sabía. Despois de tomar un bo almorzo, Faustino foi tomar o sol na súa piscina. Cando xa era hora de comer, díxolle á súa nai: - Que hai de comer? - Año con patacas!- contestoulle a nai. - Que ben! Vale, vou para alá! Ao chegar á mesa, Faustino comeu e falou coa súa nai de que quería visitar ao seu pai que estaba no hospital, polos seus problemas de demencia. Había tres meses que non o visitaba. Pola tarde, súa nai chamou ao hospital para avisar da visita de Faustino. Cando chegou alí, a porta estaba aberta e xa notou que algo non ía ben. Ao entrar, non había ninguén, pero Faustino seguiu camiñando cara ao elevador. Chegando ao terceiro andar, de súpeto, notou unha man fría na perna; deu a vota, pero non había ninguén. Ao saír do elevador, viu unhas siluetas no fondo do corredor que viñan correndo cara a el. Rapidamente Faustino correu cara a unha das habitacións. Xa distinguía as siluetas; eran uns homes misteriosos que conseguiron abrir a porta e collérono; máis tarde levárono ata un lugar secreto no soto do hospital. Pasaron días, meses e anos e non se soubo máis de Faustino, pero todos os días se escoitan uns golpes pola noite, cando entran os empregados do hospital. Martín Rivera (1º ESO)

IES MENDIÑO


Contos de medo

SOÑO OUN REALIDADE?

Cóntovos a miña propia experiencia Teño 17 anos e sufro dun trastorno chamado “parálise do sono”. Se non sabedes de que vos falo, entendédeo como cando o cerebro esperta antes que o corpo no momento no que estamos durmindo. Era venres, e o meu irmán mais eu quedaramos a durmir coa miña avoa, xa que os nosos pais saíran de cea. O cuarto no que durmimos sempre que imos é o que ten dúas camas xemelgas, por temas de comodidade. Estabamos en cadansúa cama; eu vendo unha serie na tablet e Nico xa durmido. Teño a manía de pechar sempre a porta do cuarto antes de deitarme; pero aquel día estaba moi cansa, así que a deixei estar; rematei o capítulo e pechei os ollos. Non sei que hora era, pero algo (ou alguén) facía moita forza sobre min e case non me deixaba respirar. Abrín os ollos, presa do pánico, decatándome de que era o único que podía mover. As miñas mans non respondían, nin as miñas pernas, nin ningunha parte do meu corpo da que normalmente teño o control. Entroume a angustia. Quería berrar. Non era dona de min. De súpeto, fixeime. Estaba na porta que eu deixara arrimada antes de ir durmir. Unha silueta. Unha silueta dun home que me miraba fixamente. Apoiado na porta, eu só podía verlle os ollos, o resto era negro. Eu seguía sen poder moverme. O meu corpo non daba respostas, e necesitaba chamar ao meu irmán para espertalo; pero non podía. Sentía a imperiosa obrigación de escapar e berrar de medo. Mais a presión sobre min era cada vez maior. Quería encherme de

IES MENDIÑO


2018-2019

IES MENDIÑO


Contos de medo

aire, pero era imposible. A silueta moveuse e comezou a andar moi amodo cara a min. Quería levantarme. Quería chorar. Pero só podía mover os ollos. E suaba. Suaba moito polo esforzo de querer moverme e non poder facelo. Aquel estraño seguía achegándose á miña cama. O pánico non podía ser maior. O corazón ía a mil por hora. E xusto, xusto cando aquel home de rostro descoñecido ao que agora si lle vía as faccións -e tíñaas totalmente desarticuladasestaba a piques de agarrarme, o meu corpo por fin respondeu cunha brusca sacudida. Impando e saloucando á vez, deime conta de que o home desaparecera ao meu carón. Nico durmía tan tranquilo. Eu estaba anegada en suor e en estado de shock, co corazón acelerado e cos pelos de punta. Fun ao baño e lavei a cara, mireime no espello e comprobei o pálida que estaba. Xa un pouco máis calmada, pero sen entender en absoluto o que acababa de pasar, decidín que aquela noite non durmiría máis. Ao final púidome o cansazo e adurmiñei ata a mañá seguinte. Non podía parar de darlle voltas ao que pasara, pero estaba segura de que se llo contaba a alguén, me tomaría por tola; e quizais tivesen razón. Despois de moito ensaialo, conteillo ao meu irmán. Total, que podería pasar? -Nico –cóntolle a miña experiencia detalladamente. El, con toda a tranquilidade do mundo, dime: - Claro, é que había un home na porta. (Baseado en feitos reais) Claudia Kaulback (2º Bach.)

IES MENDIÑO


2018-2019

ERA UNHA NOITE TRANQUILA

Era unha noite tranquila, o mar non se movía e a lúa resplandecía como un foco na escuridade, iluminando as escuras augas do Atlántico. O meu barco “Lusitania” encontrábase preto das costas das Illas Cíes. Era un bo día de pesca, os peixes entraban nas redes sen esforzo ningún, pero non serviu para nada despois desa noite. Encontrábame na cuberta da embarcación, mirando cara ao horizonte, fumando un pouco do tabaco da miña pipa; de súpeto, o barco moveuse brevemente pero cunha intensidade notable. Fun ver o que acontecía na ponte de mandos, pero, para a miña desgraza, o capitán non estaba alí. - Seguro que está a xogar ao tute co Berto e mais o Iago -pensei eu-. Baixei pola escaleiras e dirixinme ao camarote onde se soen reunir eses tres langráns, pero non estaban aló; busquei por todos os compartimentos, mesmo na adega; subín ao exterior, busquei pola cuberta, pero non os atopei por ningures. De súpeto fixeime en que algo empezara a emerxer da auga. Eran os meus compañeiros afogados! O medo meteuse no corpo, collín un bote salvavidas e fuxín o máis rápido que puiden daquel barco. Á mañá seguinte, xa en terra firme, contei o que pasara, pero todo o mundo me tomou por parvo porque o Lusitania volvera o día anterior polo serán.

IES MENDIÑO


Contos de medo

Ao chegar ao porto, comprobei que a nave e os meus compañeiros estaban descargando peixe. Dirixinme ao capitán preguntándolle polo que pasara a noite anterior: - Pois que un imbécil marchou do barco levando o bote salvavidas –díxome el con voz rouca e un pouco enfurecido. Eu quedei apalambrado co que me dixo. - Pero non te preocupes que traballo hai de abondo e todo para ti soíño –continuou alegremente. Berto e Iago dirixíronme unha mirada de poucos amigos e marcharon co xefe. Púxenme a facer o traballo e marchei para a miña casa. Días despois saíu nas noticias que a tripulación naufragara… - Pero se ti estás vivo. - Ti cres? Eu non. Matías Rodríguez (4º ESO)

IES MENDIÑO


2018-2019

O SORRISO DA VINGANZA

Tratábase dunha fría noite de tormenta. Na casa da familia Amoedo, unha xigantesca mansión señorial construída había xa 200 anos. A pedra era fría e mostraba o reflexo da lúa a todos os animais que se acercaban a ela. Non tiña nada máis arredor ca un bosque de espesas árbores que, xunto co reflectir da branca luz do astro, semellaba un teatro de sombras chinesas. A Lucía gustáballe vivir alí, pois a alma daquel lugar era tan escura coma a dela. O sangue pingaba polas mans de Lucía coma se fose un río de vermello fondo, un vermello intenso, un vermello que, a pesar de atoparse fóra do corpo, transmitía perfectamente o latexar do corazón da vítima, unha percusión rápida, forte e seca. Lucía baixou polas escaleiras de madeira, que chirriaban ao seu paso como se fosen dando pequenos berridos de terror cada vez que tiñan contacto cos seus pés, deixando pegadas cor carmesí intenso en cada chanzo. Podíase ver o sorriso na cara de Lucía, un xesto de tranquilidade, de paz, de liberación. O aceno que ten un náufrago cando chega á terra. Ou dunha nena maltratada que remata co seu sufrimento. As luces azuis dos coches de policía reflexábase nas vidreiras das fiestras. Lucía esperaba sentada no sillón, co coitelo que utilizara momentos atrás para solucionar a orixe de todos os seus problemas, chea de sangue do seu pai, do seu propio sangue, do seu propio legado. Agora non lle quedaba nada máis que a liberdade. Sergio Pérez e Laura Dacosta (2º Bach.)

IES MENDIÑO


Contos de medo

ESPERTO DO MEU SOÑO

Esperto do meu soño e moi ledamente abro os ollos, pegados polas lagañas. Trato de volver a quedar durmida, mais non podo; non son quen de relaxarme. Todos os meus músculos e tendóns están tesos, alerta. Un can ladra ao lonxe, rompendo o silencio coma un lategazo. Os meus ollos comezan a acostumarse á escuridade; podo distinguir formas na miña habitación. Todo está igual ca sempre: o armario de dúas portas, o escritorio, o póster do Resurrection Fest de Lugo debaixo do estante para libros, a cadeira co monicreque sentado que me regalara miña avoa… Un boneco de titiriteiro ao que se lle pode mover a boca, todo el de madeira. O can xa non ladra. Agora é outro son o que impide que o silencio sexa o protagonista. É a voz da miña avoa que canta unha cantiga de berce, moi baixiño, na outra habitación. Cun sorriso pecho os ollos disposto a durmir, mais unha lembranza conxélame todas as extremidades. Pónseme a pel de galiña e báixame unha suor fría polas costas. Lembro o día en que faleceu a miña querida avoa. Aquel día no que, doída pola noticia que me caera coma unha xerra de auga fría, tirei o boneco ao lixo. Ese boneco que agora axexa para min cos seus ollos de cristal dende a cadeira. A canción de berce escóitase cada vez máis alta, máis preto. Estela Muíños (4º ESO)

IES MENDIÑO


2018-2019

O MEU DESTINO

Abrín os ollos con dificultade. As pálpebras, decaídas e pesadas. A miña visión era borrosa, e probablemente me levase máis de tres segundos en darme de conta onde estaba naquel momento. Un pequeno halo de luz atravesaba as esnaquizadas persianas. Sentín un frío xélido. Pasados uns minutos decidín incorporarme. Doíanme moito os pulsos. Non era capaz de mover o pescozo. Utilicei a única forza que me quedaba e saltei da cama, con coidado. O chan estaba quente. Ollei ao meu arredor. Unha televisión, un pequeno sofá para as visitas, unha bandexa cunhas migas e unha tapa de iogur. Dei un paso mentres movía o pé de soro. Avancei ata a porta e saín ao corredor. Amplo e silencioso. A escuridade era total; non tiven outra alternativa que camiñar ás cegas, apalpando na parede. Tiña medo; moito medo, pero o meu corpo obrigábame a seguir. De vez en cando escoitaba algún que outro choro afogado, pero intentei non darlle importancia. Miña nai sempre dicía que deixara de chorar e lamentarme, que non dera marcha atrás. 10 minutos máis tarde non aguantaba máis de pé. Semellaba que ía dando voltas sen sentido, xirando sempre á dereita. Cada vez andaba máis despacio. Cada segundo que pasaba era un segundo máis de dor. A esperanza esvaecíase. Non había ninguén. Non tiña opción. Arrinquei a agulla do meu brazo e corrín. Corrín sen pensar en que podía suceder nese intre. Luz. Coma se fose o final dun túnel. Non o meditei dúas veces. Os meus latexos cada vez ían máis rápido. Sentía o latexar da alma coma un fulgor. Cheguei ao meu destino. Ainhoa García (4º ESO)

IES MENDIÑO


Contos de medo

OUTRA VEZ ESES OLLOS

Outra vez eses ollos fitándome dende o fondo desa escura e ampla habitación. Véxoos todas as noites, están cheos de tristura e de carraxe; danme medo. Semellan os ollos dun psicópata axexándome para vir a por min en canto me dea a volta. Sei que ese monstro non me quere aquí, dimo coa súa expresión severa e a súa cara noxenta. Xa perdín a conta dos meses que levo sen saír da casa porque temo que sexa un agoiro de algo malo, e levo o mesmo tempo sentindo que esta casa xa non é miña. A xente pensa que estou tolo, pero eu sei que non é así; ese home quere verme morto. Por que ninguén máis o ve? Seica perdín a cabeza? Acaso esa non é a mirada dun asasino? Pero xa me decidín, voulle plantar cara. Non me importa o que poida ocorrer, as cousas non poden ir peor. Quen es? –dígolle- Marcha, monstro! Achégome a el cun pau na man, pero cáeme ao chan cando vexo que hai perante miña. Non é máis ca o meu reflexo no espello vello do cuarto. Xa non lembraba que o puxera alí. Logo, o asasino son eu? Eses ollos atemorizantes son os meus? Que parvo! Agora xa o lembro todo. Marta Muíños (4º ESO)

IES MENDIÑO


2018-2019

UNHA FRÍA NOITE DE INVERNO

Era unha fría noite de inverno cando Isma ía meterse na cama. Os tronos da treboada escoitábanse como martelos insolentes batendo na testa dos deuses. A choiva golpeaba persistentemente os cristais da ventá e no interior da casa só se escoitaba o cruxir da madeira. De socato a luz da casa foise, así que Isma se dirixiu cara ao recibidor onde estaba a caixa de fusibles, para ver se houbera algún problema. Tras comprobar que alí non ocorrera nada, volveu cara á habitación facendo cruxir a madeira de forma ominosa con cada paso. Cando ía polo corredor, viu unha luz na cociña e, por mor da intriga, foi ver que pasaba. En canto abriu a porta, viu ao seu irmán de pé, en fronte da ventá, afiando un coitelo coas súas mans. - Que che pasa, Antonio- preguntou Isma. Antonio, sen responder a pregunta de Isma, deuse a volta lentamente; ergueu a mirada e cravoulle o coitelo no abdome. Do sanguento espectáculo deron en saír milleiros de carrouchas que, cun rápido movemento, rodearon a Isma; subiron polo seu corpo e cubríronlle a cara impedíndolle respirar. Era o seu fin. De súpeto, Isma espertou na súa cama empapado nunha suor fría e cunha dor moi estraña no pescozo. Carla Agulla e Diego Aguiar (2º Bach.)

IES MENDIÑO


SOA

Contos de medo

Soa, desamparada, perdeuse naquel bosque que de día era tan acolledor e familiar, pero de noite semellaba perigoso e frío. Tiña sono. Deitouse contra unha árbore e pechou os ollos, pero sempre que comezaba a quedar durmido, escoitaba o ruído das follas ao moverse ao seu redor. Estaba nerviosa, tremía. Seguía a escoitar algo semellante a uns pasos mentres comezaba a chover, como algún lóstrego viña avisando. Ao día seguinte, espertou desorientada, pero non estaba no bosque senón nunha cabana nalgún lugar da montaña. Ergueuse do sofá onde estaba durmindo e observou ao seu redor, todo aparentemente normal. De súpeto, escoitou o renxer dunha porta que viña do piso de abaixo. Coa intención de averiguar por que estaba nese lugar, dirixiuse cara ao son; preguntou quen estaba alí e, ao non obter resposta, entrou pola porta que daba a unhas escaleiras que baixaban. Descendeu a través da total escuridade; tropezou e caeu rodando escaleiras abaixo. Moi confusa, levantouse e a porta pechouse bruscamente. Buscou a luz apalpando as paredes e, cando a topou e a prendeu, quedou impactada: estaba nunha sala de tortura; nela había cadeiras cheas de sangue fresco. Despavorida, subiu a correr as escaleiras e tentou abrir a porta entre bágoas e gritos, pero esta non se abría. De súpeto, comezou a escoitar pasos ás súas costas, pero ela seguía intentando abrir a porta con todas as súas forzas. Os pasos cada vez soaban máis preto e unha motoserra acendíase. Finalmente, xirouse e viu unha máscara tenebrosa recuberta de sangue e uns ollos verdes que lle resultaban familiares.

Antonio Gil e Alejandro Ferreira (2º Bach.)

IES MENDIÑO


2018-2019

UNHA CEA ESTRAÑA

UN

POUCO

Eu estaba tan tranquila esperando a miña cea, cando uns amigos me invitaron a ir facer de reporteira dun partido de fútbol. Eu díxenlles que prefería ser o árbitro e eles aceptaron. Na metade do partido, fixeime na portería abandonada. A farola, de repente, comezou a palpabrexar. Os meus amigos nin se deron conta. Mirei de novo cara á portería e apareceu unha sombra escura que tiña algo na man. Asusteime. Tiña medo; non podía moverme. A sombra mirábame fixamente. De repente escoitei unha voz de fondo; era miña nai que me avisaba de que xa estaba a cea. Volvín mirar cara á portería; a sombra xa non estaba. Fun cear con intriga, facéndome moitas preguntas na miña cabeza: A onde iría? Sería a miña imaxinación?... Despois da cea, volvín ao campo de fútbol. A sombra estaba alí, inmóbil. Pechei os ollos e, cando os volvín abrir, xa non estaba. Ollei cara atrás e o último que vin foi aquela escura sombra. Lucía Docampo (1ºESO)

IES MENDIÑO


Contos de medo

O CORVO

Año 1866, Cedeira, unha pequena parroquia de Redondela.

Todo comezou cun paxaro que decidiu aniñar no alcolitro máis vello do monte de Cedeira. Durante dous anos ninguén se percatara da súa presenza, ata o 17 de abril de 1866. A partires daquel día, todos os homes e mulleres daquela parroquia recoñecerían o paxaro. Miguel era un home moi coñecido na parroquia que, cada día, arredor das seis da tarde, ía á súa leira ao outro lado da vía do tren a darlles de comer ás xovencas, e voltaba á casa arredor das oito da noite; sempre menos aquel fatídico 17 de abril, que xamais voltou a durmir coa súa familia. Ninguén coñece a verdadeira historia, todos son rumores que din os rumorosos anque destaca unha historia que contaba Maruxa, a defunta irmá de Miguel. A día de hoxe, a xente di que aquela muller non estaba moi ben da cabeza , mais eu digo que ao mellor Maruxa non ía tan mal encamiñada coa súa historia. “Algúns chamábanlle O Corvo, outros o Asasino, pero os meus pais chamábanlle Miguel. Si, el era o malo deste conto de terror. Todos os días, a partires das tres e media da noite, se adicaba a ir polas estreitas rúas da parroquia vixiando se algún despistado deixara a fiestra aberta. Se era así, facía o que fai un asasino; entraba; asasinaba o máis vello e remataba co máis pequeno; pechaba a fiestra e marchaba.” Todo iso que dicía Maruxa fora unha inventada nosa, para que a xente non deixase as fiestras abertas pola noite e non lle entrasen a roubar . Eu só son un simple home que viste roupa escura e que soe dar un paseo ás tres e media da mañá. Nicolás González (4º ESO)

IES MENDIÑO


2018-2019

IES MENDIÑO


Contos de medo

NO MEDIO DA NOITE

No medio da noite espertei cunhas suores que percorrían a miña face. O ambiente cargado permitiume escoitar no seu silencio un ruído que me levou até a porta da casa. Coa luz da lúa, distinguín unha silueta pendurando do canastro. O aire era frío. Eu tiña soamente dezaseis anos cando contemplei a escena máis perturbadora da miña vida. Nun primeiro momento despregáronse corpos de policía de seis vilas próximas; estiveran un mes enteiro tentando averiguar que fora o que pasara con aquel corpo e coa persoa que habitara nel. Despois dunha ardua investigación, meus pais non consideraran conveniente explicarme nada; pero, cando tiven o suficiente coñecemento tecnolóxico, busquei en Internet tecleando “Asasinato do 3 de marzo de 2003”. Alí estaba; abrín a primeira páxina que atopei e lin concentrada o caso. Nora saíra da súa casa ese mesmo día. Ía camiño dunha festa á que só se podía chegar nun bus que poñía a discoteca. Esa noite perdera o bus e vírase na obriga de facer auto-stop. Paroulle un Cadillac azul con dous homes dentro e entrou no coche. Esa foi a derradeira vez que a viron con vida. O resto é historia. Nora apareceu no meu canastro; unha figura ensanguentada á que lle arrincaran todas as tripas ata baleirala como unha cabaza. A cabeza caíalle a un lado, degolada, e no peito descubríaselle o corazón sen latexos. Os homes secuestrárana;

IES MENDIÑO


2018-2019

torturárana quitándolle as uñas, desfigurándolle a cara probablemente cunha botella e, por último, sóubose que a meteran nun calabozo medieval xa que os secuestradores traballaban no Museo da Inquisición de Toledo. Estarédesvos preguntando como chegou entón até a miña casa desde esa provincia. Ben, pois a día de hoxe non ten resposta; de Toledo a Pontevedra nunha noite; debe ser cousa de maxia. Os homes suicidáranse antes de seren interrogados; tan só atoparan a corda que empregaran para pendurala, que resultou ser unha réplica dunha das ferramentas de tortura do museo. Mariña Piñeiro e Iria Vázquez (2º Bach.)

IES MENDIÑO


XOVES 25

Contos de medo

Era xoves 25 de outubro, o reloxo da parede marcaba as 9 de noite; fixéraseme tarde estudando para o exame de Bioloxía do día seguinte. Decidín coller o móbil para afastarme un momento de todos aqueles apuntamentos que me estaban a volver tola, cando escoitei a voz da miña nai: - En quince minutos baixa para cear. - Vale -contestei eu. Botei unha ollada pola ventá, estaba chovendo, o cristal cubrírase de bafo. Decidín abrir a fiestra para ventilar un pouco a habitación. A estrada estaba baleira, coma sempre; non adoitaba pasar ninguén por alí. De súpeto, apareceu unha silueta; cada vez achegábase máis. Era un home dunha idade incalculable a simple vista. Estaba sen afeitar e tiña pinta de levar ben tempo sen ducharse e sen durmir. Tiña unhas olleiras enormes e os ollos moi saltóns. Pero o que máis chamaba a atención era a maneira como camiñaba, rápido, coma se quixese fuxir de algo ou de alguén. Notábase tamén que estaba algo perdido e desorientado. No momento no que pasou preto da miña xanela, miroume moi fixamente e díxome: - Coidado con ela. Pechei a ventá de golpe moi acelerada e asustada. Quen era ese home? Que facía alí? Pero o máis importante, quen era “ela” e por que tiña que terlle medo? Con todas estas preguntas na miña cabeza decidín baixar e contarllo á miña nai. Cando cheguei onda ela, díxome:

IES MENDIÑO


2018-2019

- A cea está no microondas; chamáronme para ir traballar, chegarei tarde, non me esperes esperta. Estaba na mesa ceando mentres vía a serie que tanto me gustaba en Netflix cando, de súpeto, chamaron á porta. Dispúxenme a abrir. Detrás da porta atopábase unha nena duns dez anos de idade, vestida con roupa un tanto anticuada. Entrou pola porta como se da súa casa se tratase e comezou a chamar a súa nai. De socato, vin saír unha muller duns trinta e cinco anos do meu salón. Tiña o pelo negro e excesivamente longo; tamén vestía con roupa antiga. Miroume e sorriu coma se me coñecese de toda a vida. Foi o sorriso máis aterrador que vira nunca; a nena tamén me mirou e sorriu. Tiven moito medo, o meu corazón empezouse a acelerar e creo que me desmaiei, xa que non lembro nada despois. Non sei canto tempo pasou dende aquilo. Só sei que levo uns días sen comer e sen durmir e non sei onde estou. Aquí hai unha escuridade total, estou moi débil. Escoito un ruído, unha porta a abrirse, vese un pouco de luz. Andre Duarte (4º ESO)

IES MENDIÑO


Contos de medo

O ESCURO BOSQUE

Corrín polo escuro bosque, sabía que debía fuxir. Eles seguíanme. Eses homes vestidos de negro seguíanme. Apenas entraba a pálida luz da lúa, xa que as árbores eran moi frondosas. Tiña medo. Non parei de correr ata que os deixei atrás. Por fin!!!-pensei- Xa os perdín de vista. Pero creo que cantei vitoria antes de tempo. Sentín unha fría e suorenta man no meu pescozo e, de socato, miles de ollos vermellos abríronse ao meu redor. Atopáranme. Golpeáronme con algo, tamén frío e parecía estar mollado. Antes de esvaerme completamente, alguén me dixo ao oído: -Benvido ao teu inferno.

Maeloc Méndez (1 ESO)

IES MENDIÑO


XULIA

2018-2019

Aquilo parecíalle imposible; non, aquilo non podía rematar así... Xulia! Unha mañá de sábado, Xulia espertou e, como calquera mañá de inverno, almorzou un anaco de froita. A súa nai non estaba; a verdade era que a ela iso non lle estrañaba; nunca estaba na casa. Ao acabar de almorzar, escoitou un pouco de música e falou cos seus amigos polo ordenador. Oíu un ruído pero non lle deu importancia e continuou co que estaba. Oíanse gritos de desesperación, acompañados de secos golpes que procedían da cociña. Xulia seguiu sen darlle moita importancia, pero aínda así, foi ver. Camiñaba segura, como se soubese que ía encontrar. O camiño fíxose leve. Ao chegar á porta da cociña, os gritos aumentaron e tamén os golpes. Xulia mirou cara ao forno, cunha cara de indiferenza; no seu interior encontrábase a súa irmá pequena Renata. Renata, dentro daquel ardente forno, tentaba saír, con todas as súas forzas, pero era unha nena pequena e non tiña forza. Renata seguiu coa mirada a súa malvada irmá, que a ollaba cun inmenso sorriso. Xulia camiñou ata o forno, cuns pasos lentos. Xulia non podía máis; rabuñou o cristal do forno; aquel era o seu final. - Xulia! - berrou Renata.- Maldicireite! Morrerás coma min! Sufrindo ata o finnnn... Esas foron as últimas palabras da irmá pequena de Xulia. Mentres tanto, ela seguiu rindo e, cando se aburriu de mirar o cadáver, marchou da casa. Agora, Xulia converteuse nunha asasina, mata a todas as persoas coas que se cruza. Igual... hoxe vai a por ti... Alexandra Covelo (1º ESO)

IES MENDIÑO


Contos de medo

TRES OBXECTOS PANTASMA

E

UNHA

Escuro. Todo escuro. Era un día de inverno frío; chovía. A súa casa estaba inzada dunha inmensa soidade. Os seus pais non estaban na casa; só estaba el. Ía cara á cama cando escoitou un estrondo que parecía que proviña da cociña. Baixou as escaleiras de vagar, morto de medo. Atopou todo tirado polo chan e polo medio había tres obxectos que lle chamaron moito a atención: unha luva, un chisqueiro e unha saba branca. Parecía como se alguén se adentrara na súa casa e arrasara con todo, deixando esas tres pertenzas como proba do feito. O medo percorría todo o seu corpo; a suor fría caíalle ata os pés. Saiu da cociña e dirixiuse ao seu cuarto como se nada pasase. Pero parouse un intre a pensar e preguntábase para que ou por que deixara aqueles obxectos. Pero ocorréuselle a idea de non pensar máis nese tema. Seguiu camiñando cara ao seu cuarto e atopou unha nota que dicía: “Tes algo que me pertence”. Xirou a cabeza e pareceulle ver unha saia voando, como a dunha pantasma. Non lle deu importancia. Abriu a porta nun abrir e pechar de ollos. Morto de pánico, baixou as escaleiras rapidamente e foi ao salón, aterrorizado. Esperou alí a que esas imaxes da súa cabeza desaparecesen. Volveu subir. Abriu outra vez a porta. Non había nada; pensou que todo fora froito da súa imaxinación. Avanzou sen darse conta de que tiña detrás unha sombra, cunha luva na man e un acendedor, vestida cunha saia de cor negra, achegándose a el… Eva Darriba (1º ESO)

IES MENDIÑO


VAI FRÍO

2018-2019

Vai frío, a humidade féreme os ósos, as bágoas conxélanseme na cara antes de que poidan caer ao chan. Sei que me escoitan, sei que teñen medo. Hai quen di que son a morte; outros, que son quen axuda á xente a pasar á terra dos mortos; algún, que simplemente son un augurio. Aquí chámanme banshee. Sen miralos, sen coñecelos, podo sentilos. Podo sentir a súa dor, a dor da familia á que sirvo. Sinto cada ferida, pero polo que son coñecida é por saber predicir a morte. Durante séculos levo notando como se me encolle o peito; entón seino, sei que un parente meu vai morrer. Corro entre as árbores e entro na vila na noite berrando; vai frío, a humidade féreme os ósos, as bágoas conxélanseme na cara antes de que poidan caer ao chan. Sei que me escoitan, sei que teñen medo. Elia Lago (1º Bach.)

IES MENDIÑO



BIBLIOTECA DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

IES MENDIÑO – REDONDELA


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.