Contosdemedo2017

Page 1

NOVEMBRO 2017



Contos de medo

A MIÑA MONECA

A nena chora outra vez. Así non hai quen durma. Acendo a luz e

saio da cama. O chan está frío. Ás escuras vou camiñando polo corredor; hoxe semella máis escuro ca nunca. A porta da

rapaza está aberta, seica non me acordei de pechala cando lle dei as boas noites.

Acércome ao berce; a miña meniña dorme cos ollos pechados e parece unha bonequiña de porcelana. Tócolle a cara e bícoa na súa xélida face, quero darlle calor e que endexamais volva chorar. Non quero que sufra neste mundo cruel.

Outra vez escoito os choromiqueos, pero a miña boneca

dorme; iso é o importante. Non me importa o que lles pase aos demais nenos se Verónica está contenta; sempre con ese sorriso nos seus beizos vermellos. Doulle outro bico; saio da

habitación e pecho a porta con chave. Lentamente, camiño a

carón da miña cama; déitome e apago a luz mentres escoito os berros dunha nena que non é a miña Verónica. Venres, 29 de setembro de 2017:

Atopan un bebé morto de fame e deshidratación A nai pechouno nun armario e coidou dunha boneca de trapo crendo que era a súa filla. A muller non aparece e a policía séguea buscando, pois din que é extremadamente perigosa”.

Marta Muiños (3ºESO)

IES MENDIÑO


2017-18

HAI ALGUÉN AÍ?

Esa noite quedou só; seus pais marcharan celebrar as súas vodas de prata.

El xa estaba acostumado a quedar sen compañía, pois nunca

tivera medo. Mais esa noite sentíase inquedo, tiña a arrepiante sensación de que alguén o observaba, como se uns ollos tivesen a mirada cravada na súa caluga.

Non ben acabara de cear cando escoitou un estrondo no salón;

dirixiuse ata alí; acendeu a luz e viu todas as copas e a cristalería, que gardaba súa nai con moito agarimo no armario,

feitas anaquiños no chan. E xusto no centro, o gato da veciña

ollaba para el, lambendo as patas. Botouno fóra e observou que a xanela estaba aberta; as cortinas batían con forza por mor do xélido vento que traía a noite.

Mirou a través do vidro; os farois varrían os asfalto coa súa tenue luz; apagábanse e acendíanse dun xeito hipnótico. Pareceulle curioso, aqueles golpes de luz semellaban dicirlle no código Morse “DETRÁS”. Pero claro, iso era unha parvada, xa non tiña cinco anos para pensar nesas cousas; os farois eran

tan vellos que non funcionaban ben, ninguén trataba de dicirlle nada. Deu a volta e, efectivamente, alí só estaba el. IES MENDIÑO


Contos de medo

- Serei medoñento- dixo mentres camiñaba polo corredor camiño da súa cama.

E tan concentrado estaba ríndose del mesmo que non se

percatou da man cuberta cunha luva que se lle acercaba ao pescozo.

Estela Muiños (3ºESO)

IES MENDIÑO


2017-18

MAREA BAIXA

Estaban na praia os dous amigos de sempre. Desde había uns dúias viñan oíndo un ruído moi raro que saía dun burato que había entre unha rochas que quedaban ao descuberto cando baixaba a marea.  

Na próxima baixamar, imos entrar- dixo un dos rapaces.

Ti cres que debemos ir? Non será mellor que avisemos a alguén? - contestou o outro amigo.

Que va! Imos á casa e collemos unha mochila cunha

lanterna, auga e unhas provisións. E volvemos aquí dentro dunha hora.

Unha hora máis tarde, estaban na praia. A marea xa devalara.

Decidiron entrar por un furado que semellaba unha especie de túnel. Logo dun bo pouco andando, chegaron a un punto no

que o túnel estreitaba e era moito máis baixo; por iso tiñan que ir moi a modo e agachados.

De súpeto, sentiron de novo aquel ruído, pero esta vez soaba moito máis forte, tan forte que lles deu tal susto que dous dos

amigos deixaron caer as lanternas que levaban na man e que romperon contra o chan. Menos mal que un deles levaba un móbil e foi xustamente alumeándose con el que seguiron IES MENDIÑO


Contos de medo

descendendo ata ver que o túnel finalizaba nunha especie de cova.

 Imos entrar- dixo un dos rapaces.

E xusto nese momento o móbil quedou sen batería. 

Entramos igual- dixo o outro amigo.

E foi precisamente cando entraban na cova que escoitaron de

novo o ruído, desta vez moi preto, demasiado preto quizais pois notaban que algo se achegaba a eles. Un dos rapaces,

vencendo o medo que sentía e non lle deixaba falar, lembrou

que no peto do pantalón metera unha caixa de mistos, por se fallaban as lanternas. Torpemente, colleu unha cerilla e prendeuna. Foi entón cando o viron... o que viron non era máis ... un simple can.

Nicolás Iglesias Freire (1º ESO)

IES MENDIÑO


O DON

2017-18

Sempre igual: un frío intenso, unha parálise que non me deixaba nin pestañexar e, despois, activábase o meu “Don”.

Podía miralo todo, coma se estivese alí: como morría, o que a xente vestía no enterro, ata o que dicían do morto. Todo. O

peor era que unha semana despois, todo pasaba tal cal o vira.

Despois destas “visións” sufría un desmaio. Nunha ocasión,

cando soñei coa morte do taberneiro, a súa muller, despois de reanimarme, botoume unha bronca para que fose ao médico, pois xa era a segunda vez que me desmaiaba diante dela. Como non deixaba de darme a brasa, conteille o do meu “Don”.

Unha semana máis tarde, despois de enterrar ao taberneiro, veu verme a nai de Marta. Traía un anel da súa filla, desaparecida había oito anos, e pediume que intentase atopala.

Direivos que a atopei viva. Secuestráraa un tolo cunha máscara que a tiña nun zulo... Eu vira esa máscara!! Certo que si!!

A raíz diso atopei a moita xente desaparecida. Pagábanme por iso. Gañaba moitos cartos. Ata tiña un programa na televisión.

IES MENDIÑO


Contos de medo

Uns aparecían axiña e outros aparecían en semanas, meses ou días (o tempo que nos interesaba). Os que aparecían, narraban todo como eu o vira.

Esta vez, cando espertei do desmaio, só recordaba un rostro. Ao principio moi borroso. Logo claramente...Marta!!!

O meu verdadeiro “Don” non era ver vivos. Só futuros mortos. Polo último desaparecido, preguntádelle a Marta.

Un frío, unha parálise, Marta, nunha semana busca a outro cun falso “Don”

Antonio Crespo Gómez (4º ESO)

IES MENDIÑO


2017-18

O XABILHOME

Érase un home tan ancho coma largo, un barrigón superlativo.

Chamábase Pepe Ángel (o mesmo nome era aterrador), e nas noites de lúa minguante transformábase en xabaril; pero non nun xabaril xeitoso, coma o do Xabaril Club, non, non, non.. Este era malo. Cando se transformaba, ía ás veigas de millo a faser das súas e deixaba todo feito un estrago.

A xente estaba acolloada e non sabía quen fasía semellante barbaridade, ata que puxeron un intrépido garda, o carniseiro,

que viu o becho. Inmediatamente, foi correndo polas casas para avisar á xente a gritos.

Ó día seguinte quedaron todos na casa de siña Afligida para

reflexionar sobre a situasión e mirar como matar á besta. Pero faltaba un home...

Os máis listos do pobo, que tampouco eran moitos, vaia,

fixeron o que puideron, os pobres..., tardaron semanas, meses, trimestres quizais!, en deseñar a trampa axeitada.

Amaneceu seco. Unha comitiva, encabezada polo Pichurreiro,

saía da casa da Aurorita disposta a desangrar o animal. Pero cando chegaron, só atoparon o cura... morto, e ben morto.

Adrián Carrera e Alexandre Lago (3ºESO) IES MENDIÑO


Contos de medo

PANTASMAS NO AEROPORTO

Hai moitos anos, no aeroporto de Bruxelas, ocorreu un

lamentable accidente por mor dunha espesa néboa que cubría completamente a pista de aterraxe. O piloto tomou terra no

camiño incorrecto onde estaban a traballar con maquinaria pesada. O avión derrubouse enriba dun camión con volquete e levou consigo a vida das 72 persoas que viaxaban no avión.

Dise que, desde entón, unhas almas doridas atravesan o aeroporto. Tanto aos traballadores como aos viaxeiros parécelles ver xente que parece perdida, andando sen rumbo e

vestidos cunha roupa anticuada, como se fosen doutra época. E, cando intentan chegar ao seu carón, desaparecen entre a multitude dos presentes.

De todas esas pantasmas destaca o espírito dunha nena xa que ao longo dos anos, traballadores e turistas informan de tela visto. Todos coinciden en dicir que é unha nena de aproximadamente uns sete anos de idade que leva unha bóla

vermella nas mans. Comunícase coa xente á que lle pide empatar os cordóns dos seus zapatos.

IES MENDIÑO


2017-18

A maioría das veces está nas áreas restrinxidas, especialmente

no cemiterio de aeronaves, onde se almacenan aeronaves antigas e restos doutras xa inutilizables.

Na rede circulan vídeos e fotografías nas que se pode ver a

rapaza atravesando a porta dun deses vellos e inservibles avións.

A próxima vez que visites un aeroporto, presta atención porque, entre a multitude, podes atopar unha pantasma agardando chegar ao seu destino.

Uxía Ricón Cabaleiro (1º ESO)

IES MENDIÑO


Contos de medo

A FORZA DO CAMPOSANTO

A néboa dominaba o ceo e había sinais de treboada. Desde a habitación de Anxo sentíase o tremor das pingueiras de choiva

sobre o cristal da fiestra. Unicamente a luz da lámpada de noite

iluminaba a estancia fría e silenciosa. Anxo, enrolado no edredón, tremía de tal xeito que a suor o envolvía.

De súpeto, apagouse a lámpada e o cuarto iluminouse cun potente lóstrego acompañado dun enxordecedor trono. Unha

bufarada de vento abriu a xanela. Anxo ergueuse apurado a pechala cando sentiu un arreguizo frío e húmido na súa caluga.

As luces do cuarto acendéronse. Era a súa nai, preoupada polo

forte estrondo que fixera a ventá ao golpear cos mobles. Entre os dous pecháronas; pero o rapaz, moi desconfiado, revisou a IES MENDIÑO


2017-18

pechadura. Ollou de novo pola fiestra e viu ao lonxe un grupo

de sombras que se movían coordinadamente; ían por un camiño que percorría toda a ladeira da montaña deica a antiga casa do cura, preto do cemiterio.

Anxo fregou os ollos, pero foi en van. Era certo o que vía. Esa noite, por estraño que poida parecer, o rapaz durmiu coma un tronco.

Á mañá seguinte, o primeiro que escoitou cando espertou foron os chíos das gaivotas que rondaban o perímetro da súa

casa. E notou algo estraño. As árbores da leira atopábanse envoltas en sangue. Preso do pánico que lle producía aquela

visión, foi correndo á casa do veciño a ver se vira a alguén facer

aquela catástrofe. O veciño díxolle que non vira nada. Pero esa noite, á media noite, escoitou un ruído que semellaba unha manada de xabaríns correndo despavoridos.

Aínda non nacera o día, cando volveu ver dende a ventá do seu cuarto as seis luces que ascendían polo monte cara ao cemiterio da parroquia. De repente, unha daquelas luces

escintilou máis cás outras e, asemade, o teléfono soou

fortemente. Anxo descolgou o aparato case abafando e sentiu do outro lado do fío:

-Aghhh! Mmmm! Aghhh! Socorro! Socorro! IES MENDIÑO


Contos de medo

E despois nada. Silencio. Frío. Ao lonxe, cinco luces. E na cabeza de Anxo aquela voz do teléfono, a voz do seu amigo Rubén.

Incapaz de pensar con claridade, escoitou de novo o son do teléfono. Anxo, máis nervioso aínda, descolgou o auricular e

sentiu a voz de Claudia. Ollou de novo para a montaña: catro

luces. Colgou de novo o teléfono, pero este non paraba de soar.

Tirouno ao chan e escoitou tres voces facilmente recoñecibles para el; eran as de Hadrián, Antía e Alba, os seus amigos que,

con voces entrecortadas e angustiosas, pedían axuda. Anxo volveu ollar a montaña e descubriu que tan só unha luz quedaba acesa.

IES MENDIÑO


2017-18

CHEGADOS A ESTE PUNTO, ESCOLLE O TEU FINAL Final a) A luz brillaba cada vez con máis forza. Anxo non podía explicar aquel desexo irrefreable de apreixala. Botouse a correr cara a ela. Xa faltaba pouco

para estar cabo dela. A luz estaba preto,

moi preto. Por fin chegou. Anxo ollou

abraiado aquela luz

que alumeaba sobre dun

corpo

que

estaba boca abaixo, inerte,

no

Terriblemente

chan.

desacougado, deulle

a volta e descubriu horrorizado aquel

corpo

que

que

xacía morto era o

del. E de súpeto, a luz apagouse. IES MENDIÑO


Final b)

Contos de medo

A luz comezou a aumentar o seu fulgor de tal xeito que desprendeu un destello que cegou a Anxo. Despois disto, a luz desapareceu. Parecía que se metera na súa casa. Anxo correu,

correu todo canto puido ata volver á súa casa. Cando chegou,

pingueiras de sangue aparecerían por todas partes. Sentiuse un estrondo inmenso dentro da casa; as ventás rebentaron; un

vento forte empezou a soplar despiadadamente. Anxo, case inconsciente, sentiu algo no pescozo. De súpeto outro destello

iluminou o seu cuarto impedíndolle ver nada. A escena final era horrorosa: Anxo colgado do teito.

E o despertador soando porque tocaba erguerse para ir á escola.

Relato colectivo elaborado polo alumnado de 3º de ESO-B

Arquivo fotográfico de Alfonso Conde (Fon)

IES MENDIÑO


2017-18

O MEU SOÑO

Soño que estou no aire; estou no aire e son o centro do

universo. Creoume a teoría heliocéntrica, o arché... Dou patadiñas no ventre de ferro, son as faíscas do lume e o cheiro

da terra húmida tras un día dos de coma sempre. Síntome nun buraco, amplo (si) pero sen ninguén máis (non) con quen poida debater sobre que é o cambio ou que é a permanencia.

Son eu, chámame. Son a Evolución, e son a tecnoloxía e os robots. E son o futuro, son o ecoloxismo e o feminismo, xa son IES MENDIÑO


Contos de medo

contemporánea. E agora que virá? Que son esas novas ideoloxías de moda, que é esa música infernal con esas letras que, sen dúbida, carecen de total orixinalidade, carecen de arte

e, polo tanto, carecen de vida.? E si, son eu, “Subo á miña habitación, sen saber porqué”, pero subo e penso, día tras día, e penso mentres camiño; e penso mentres falo, mentres

como… Son eu, son a enerxía hidráulica, e as renovábeis en

xeral, son todo tipo de reflexión non suxeita a un campo arrogante nin individualista. Tócame se queres, non mordo; non son o Mito, son o Logos.

Érgome e sacudo o final do mundo, e sacudo as guerras

imperiais, e sacudo o movemento dos 70 e dos 80. Sorrío e nos meus dentes refléxase o rexionalismo, o autonomismo e o nacionalismo da terra que piso. Movo un brazo e cheiro a rebelión, e cheiro o fin da desigualdade e o outro camiño da globalización. Respiro e polo meu nariz entran outras vías de organización, de mercado, de economía e de educación...

Agora abro os ollos, xa non soño que estou no aire, estou na

terra e é dura e mancha. Xa non son o aire, convertinme en gas; as faíscas prenderon os montes e o ventre de ferro

transformouse en barro e area; e non hai cheiro, porque isto xa

hai anos que é un deserto. Raramente, segue sendo un buraco IES MENDIÑO


2017-18

amplo, e con xente coa que si podo debater, pero en vez diso, prefiren dar a espalda e marchar.

Non me chamo evolución; mentín; son retroceso (iso si, con tecnoloxía e robótica). Non son nunca máis futuro; son o

pasado e o arcaísmo, a polución e o “igualitarismo”; non son contemporánea, son da xeración Z. Destruín o Logos e

transformeino nalgo tan ridículo que as persoas, cando o escoitan, só son capaces de rir e asentir.

Non sei que facer para que me tomen en serio. Vou camiñando pola rúa en forma de indixente ou de trotamundos, e miro

tristura. Despois subo ao peirao e escoito o mar, na súa inmensidade; está inmóbil, atrapado nunhas bolsas de laranxas

e chora; chora moi forte. Logo corro polo mesmo océano e

chego aos EEUU, e entro no peso dos 80 Kg., e son unha rapaza de 15 anos que mide 1,65cm.

Sigo dando a volta ao mundo e piso China, explotación laboral dun sistema mixto (“socialista”); e volvo chorar xunto ás nenas

chinesas que van coas súas nais ao traballo, o traballo en

“subterráneo”. E despois baixo a Siria, e baixo a Palestina, e ao Sáhara, que xa non existe. Estou enfadada.

Son o mundo, e a Terra, e ameazo de morte á humanidade. E

pasan tremores de terra, e pasan tsunamis, e cambios IES MENDIÑO


Contos de medo

climáticos... Todo o que fixestes que pasara. E son o desxeo que

aí vou para devolverlle ao mar as costas construídas artificialmente. Deivos a man e collestes todo o meu ser. Non importa,

eu

mutuamente.

son

eterna,

e

vós

estádesvos

matando

Vou esperar con emoción, sorrinte, neste sitio, aquí, contemplando. Xa sabes quen son? Proba outra vez.

Mariña Piñeiro (1ºBACH)

IES MENDIÑO


O ESPELLO

2017-18

Nunca debes poñerte enfronte do espello e repetir nove veces seguidas o nome de Verónica. Sei que se cadra xa oíches esta

historia... ou quizás penses que é mentira e non me creas... Está ben, non pasa nada, pero por favor non te burles dela, xa que pode caer sobre ti unha maldición terrible.

Verónica era unha moza de 14 anos que, facendo espiritismo

nunha casa abandonada, non seguiu as regras das pantasmas; burlouse durante toda a invocación e... unha cadeira que había no cuarto onde estaba cobrou vida e golpeouna mortalmente na cabeza. Pero a vinganza dos espíritos non acabou aí:

Verónica aínda non descansa en paz. O seu espírito está

condenado a vagar eternamente e agora é ela a que quere vingarse de todo aquel que non sabe respectar o máis alá.

María era unha moza que coñecera a lenda na universidade. Sentía que era xa ben grande para crer naquelas estupideces.

Os seus amigos picárona e dixéronlle que xa que era tan

valente, non tería medo en facer o que lle ían propoñer: pórse fronte do espello e berrar nove veces o nome de Verónica.

María, acompañada doutra moza, foi ao baño resolta a rematar con aquela estupidez. Pronunciou nove veces o nome de IES MENDIÑO


Contos de medo

Verónica e non lle pasou nada. Cando chegou a hora, volveu

para a súa casa; ceou e dispúxose a durmir. Deitouse de vagar e, ao pouco tempo, escoitou a alguén ao seu carón; alguén que

respiraba fondo pegado a ela, alguén que lle dicía na súa orella: “Ti obrigáchesme a volver”.

IES MENDIÑO

Alba Matalobos (1º ESO)


2017-18

UNHA NOITE ESCURA

Unha noite escura e tormentosa, algunhas das rúas estaban asulagadas, espertei... pero non era unha noite calquera, era a

noite do Samaín. Ben... espertei e chamei aos meus amigos; eu

chámome Igo e os meus amigos son Xoán, Xosé, Nico, Martín e Bruno.

Chameinos para ir visitar unha casa abandonada porque era a

noite do Samaín e, como todo o mundo sabe, é a noite dos espíritos.

Escapamos da casa. Cando xa estabamos todos diante do

colexio, fomos cara a esa casa misteriosa. As rúas estaban escuras e as sombras asustábannos porque parecía que se movían.

Cando chegamos á casa abandonada, vimos que era enorme, estaba destrozada e tamén completamente escura.

A porta, que era de madeira vella, estaba entreaberta,; empuxeina e fixo un ruído dos que fan nas típicas películas de

medo; entramos e había un vestíbulo cun reloxo de pé e unhas

escaleiras, subimos por elas e entramos nunha das moitas portas que había.

Atopamos un dormitorio, estabamos rebuscando nos caixóns e empezamos a escoitar ruídos estraños, non lle fixemos caso, IES MENDIÑO


Contos de medo

pero, depois, volvemos escoitalos; tamén escoitamos voces, movementos, pasos... entón asustámonos, saímos correndo

pero cando nos estabamos achegando á porta, pechouse! Intentamos abrila, pero non abría. Correndo, buscamos outra

saída, sentiamos que alguén nos perseguía; Bruno xirouse,

pero non había ninguén, seguimos correndo, encontramos outra porta, pero ao achegármonos, tamén se pechou! Intentamos saír pola ventá.

Cando a intentamos abrir, non eramos capaces e démonos que estaba pechada cun cadeado. Escoitabamos os pasos cada vez máis preto, entón Nico apoiouse na parede e abriuse unha

porta secreta! Víanse unhas escaleiras, baixamos e daban ao soto.

Alí había trampas para osos, mobles vellos...

Buscamos unha saída, pero non atopabamos, de súpeto Xoán dixo: “Por aquí!” Seguímolo e encontrou unha saída, forzamos

a pechadora e conseguimos saír! Era un pasadizo secreto.

Saímos no medio do monte, pero andamos un pouco e chegamos á estrada principal da cidade.

Dende aquela, as noites do Samaín pasámolas pedindo truco e

trato polas casas dos veciños.

E non volvemos achegarnos a ese lugar nunca máis.

Noa Ventura Martínez (1ºESO)

IES MENDIÑO


2017-18

DESACOUGO

Todo comezou un par de anos atrás, coa decisión do goberno de aprobar aquel proxecto tan importante. Eu nunca me interesei demasiado pola noticia, pois daquela a política, a economía e as noticias en xeral só producían en min un profundo fastío. De todos os xeitos, fora un acontecemento moi sonado que, previran, crearía moitos postos de traballo. Aínda agora non sei ben que pasou na planta nuclear pero os que quedamos vémonos obrigados a afrontar as consecuencias. Corro o máis á présa que podo pero a pouca visibilidade que aportan as estrelas móstrase imposibilitada para chegar a ras do chan por mor das altas e frondosas copas das árbores, que me desorientan e fan que a miña vista cree siluetas de formas imposibles. De cando en cando, noto unha man que me empurra cara a atrás polas costas, así que avanzo aínda máis rápido, moito máis, tanto que non consigo manterme en pé e acabo rodando pola neve do chan. Vírome para desenmascarar a figura persecutoria pero non consigo distinguir nada con nitidez, mais sei que están aí, que veñen a por min...

IES MENDIÑO


Contos de medo

Por fin, atopo unha pequena cabana no medio do bosque. Parece que non hai ninguén no seu interior, así que, con prudencia, ármome de valor e decido entrar. A miña sorpresa non podería ser maior. Moreas de comida en lata e litros de auga ocupan a estancia. Pero a miña ilusión interrómpese con estraños ruídos que proveñen do exterior. Sen perder segundo, atranco todas as portas e comprobo as fiestras, que xa estaban atoadas. Aínda queda moita comida e auga. Ninguén intentou entrar e o lugar semella tranquilo. Pero se algo aprendín é que nunca se está completamente seguro, polo que tomei a decisión de non saír fóra da vivenda. Porén, non aguanto máis aquí dentro. A sensación de perigo constante e a profunda soidade que hai moito reina na miña vida consomen todo o meu ser, todas as miñas esperanzas. Así que, como eles non parecen quedar entrar, farei eu o seu traballo. Miguel Rancaño (2ºBACH)

IES MENDIÑO


2017-18

IES MENDIÑO


Contos de medo

O DÍA DA MIÑA MORTE

Era un sábado calquera. Pola mañá tiña que axudar a meu irmán a limpar o coche. Despois, pola tarde, quedara cos meus amigos para logo, pola noite, irmos cear todos xuntos. O que ninguén me contara era que esa ía ser a miña última cea. Cando acabamos de cear, recibín unha mensaxe dun número descoñecido. Non lle contestei. Despois outra mensaxe, e tampouco lle contestei. Ata que as mensaxes se converteron en chamadas. Nas mensaxes, alguén pedía auxilio e, ao final, decidín responder a chamada. Unha muller non paraba de berrar que a ían matar; dixo un enderezo: Camiño do Coto, nº 22. Quedábame a dez minutos andando; decidín ir para alí, e contéillelo aos meus amigos e non me fixeron caso; fun eu só a axudala. Cando cheguei á casa, estaba todo desordenado, as sillas por riba dos mobles, as mesas rotas, as ventás rotas... pero o máis raro era sentir os rabuñazos dunha persoa contra a porta do faiado, aquelas escaleiras sen luz... parecía que estaba nunha película de medo. Eu non cría nas pantasmas. Achegueime á porta e o son facíase máis forte.

IES MENDIÑO


2017-18

Abrín a porta e quedei abraiado, a moza sangraba por todo o corpo. O máis incrible era que non tiña ningunha ferida. Achegouse a min lentamente, dando pasos curtos. Eu estaba paralizado. Cando chegou ao meu carón, achegou os beizos á miña orella e dixo: -Hoxe é o día no que vas morrer. O que recordo despois foi unha cara cuns ollos rabiosos diante da miña, cun coitelo na man; o fío do coitelo esgazaba o meu pescozo. A muller desaparecera. O meu corpo estaba alí tirado, pero eu estaba de pé nesa sala. O peor foi cando descubrín que, para poder morrer de todo, tiña que matar a alguén da sala. Había moitos números de teléfono apuntados na parede; collín un e marqueino: -Ten coidado este sábado, non vaia ser... Podes morrer hoxe, mañá ou pasado mañá. Óscar Costa (2º BACH)

IES MENDIÑO



BIBLIOTECA DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

IES MENDIÑO – REDONDELA


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.