Contos de medo 2015-16

Page 1

NOVEMBRO 2015



Contos de medo

O NENO DO PAZO

Esta historia comeza roldando o ano 1903. Era unha tarde de chuvia, estabamos vivindo a revolución no país, os soldados ían casa por casa desaloxando a xente; todo marchaba como o xeneral planeara, pero todo estaba por cambiar. O pozo de auga do asentamento estaba case no centro da cidade, e nunha noite chegou o exército sacando de todas as casas as persoas que vivían nelas. A todas as que non pensaban coma eles, levábanos ao pelotón de fusilamento para matalos. Non tiveron problema con ningunha casa agás coa de Paco, un home moi rebelde que enviuvara anos atrás quedando co seu fillo de non máis de cinco anos de idade, Ao sacalo da súa casa, levárono ao pelotón de fusilamento. O neno púxose a carón do pai para que tamén o fusilasen. Arredárono do seu pai e, ao querer volver achegarse a el, tropezou caeu ao pozo sen que ninguén se decatase e morreu afogado.

IES MENDIÑO


2015-16

Ao día seguinte, ao sacar a auga, foi cando se deron conta da morte do neno. Enterrárono xunta o seu pai. As cousas seguiron avanzando con normalidade, pero comezaron a ocorrer inexplicables sucesos. Moitos soldados dos que ían coller auga ao pozo non regresaban. Seguiron mandando a máis soldados pero nunca deron con ningún deles. O máis raro é que os encargados do fusilamento comezaron

a

morrer lentamente por enfermidades inexplicables despois

de

beber auga do pozo. O xeneral encargado de dar morte a Paco tiña alucinacións nas que un neno se lle subía ao peito e non se podía desfacer del. Ao final, todos os involucrados na morte de Paco morreron en circunstancias inexplicables. Aroa López Machado 1º Bach IES MENDIÑO


Contos de medo

PAREDES DE CRISTAL

Hai moitos anos, unha nena chamada Amanda vivía nunha casa vella, de pedra, antiga, na que só había flores de cores apagadas como o gris e o negro. Alí pasaba a maioría do tempo, soa. Ela facíase compaña a si mesma. Os seus avós vivían nunha casa próxima e nunca ían visitala, os seus pais traballaban todo o día e non podían quedar con ela na casa. Amanda non tiña amigos, tan só o seu espello, que fora o regalo do seu último aniversario. Os pais comprárano nun posto que había na vila na que vivían. Ben recordaban que había un cartel no que puña que non admitían devolucións e que algúns dos obxectos que se vendían podían ser perigosos. Eles non tiñan moito diñeiro e alí había cousas bonitas. A súa filla levaba esperando un espello desde o Nadal, así que decidiron mercalo. Un día pola noite a nena durmía na súa cama de palla cando escoitou una voz que dicía o seu nome tres veces, a nena non lle deu importancia. Ao día seguinte volveuna espertar una voz, pero esta vez pronunciou o seu nome e completou o seu discurso coa palabra “espello”. A nena comezaba a asustarse,

IES MENDIÑO


2015-16

parecía que a súa casa estaba encantada! Comentouno cos seus pais, pero estes non a creron. Á noite seguinte durmiu pracidamente na súa cama ata o amencer. Pola mañá, cando ía peitearse, colleu o espello. Viuno e tiña escrito “Hoxe morrerás”. A rapaza, asustada, tirou o

espello

ao

chan

rompéndoo así en miles de anaquiños. Nisto escoitou una voz que berrou “MORTE”. Desde aquel día non se sabe nada da nena nin do seu espello. Moitos aseguran tela visto na véspera do Samaín pedindo axuda. Quen será o próximo en caer na maldición e quedar por sempre entre paredes de cristal? Nerea Barrio Martínez 1º ESO

IES MENDIÑO


Contos de medo

IES MENDIテ前


2015-16

O FINAL DA ESCALEIRA

Como sempre, os sábados fun á casa dos meus avós. Era una tarde de inverno, polo que estaba no sofá do salón mirando una película xa que chovía e era imposible saír á rúa. Estaba eu soa en toda a casa; os meus avós estaban na casa dos veciños tomando un café, como facían todos os días ás sete da tarde. Cando era pequena ía sempre con eles, pero nestes últimos anos prefería quedar na casa, o fillo dos veciños era moi estraño, creo recordar que o seu nome era Tobi. Chegou a noite e, como de costume, a miña avoa axudoume a levar o colchón e as mantas ao faiado (si, sempre que ía tocábame durmir no faiado). Eran as doce da noite, os meus avós xa estaban a durmir na habitación cómoda e pouco ruidosa do piso de abaixo e eu estaba na ampla, baleira, fría, pouco iluminada, incómoda e tenebrosa habitación do faiado. Xa eran as dúas da mañanciña. Levaba una hora debuxando e non tiña pensado durmir ata ter rematado o meu debuxo, IES MENDIÑO


Contos de medo

púxenme a revisar a habitación en busca de ideas...pero nada; só había mobles antigos, un ventanal polo que entraba un pouco de luz, un antigo armario cheo de po e teas de araña, unha estufa e unha pequena porta...espera...unha pequena porta? Tiña durmido naquel luar todos os sábados dende os 6 anos e só naquel momento me decataba da existencia da porta? Erguinme da cama (mellor dito, do colchón incómodo posicionado no chan e cuberto de mantas) e achegueime rapidamente á misteriosa porta. Era máis ou menos do meu tamaño, tiña rascazos e mazaduras e o picaporte de metal xa oxidado. Apresureime e abrín a pequena porta, dentro dela había unhas escaleiras vellas e desgastadas e ao final había outra porta aínda máis pequena que a anterior. As miñas pernas tremían, pero a curiosidade era maior có medo, collín pulo e pouco a pouco fun subindo os escalóns. Ao cabo duns segundos xa estaba fronte á segunda porta. Non podía, as mans tremíanme, o ruído dos tronos e da chuvia escoitábase máis forte na habitación; a estrutura dos escalóns era moi antiga e escoitábanse os chirridos, levaba arredor de 5 minutos diante da pequena porta sen saber que facer, pero

IES MENDIÑO


2015-16

pensei que se non abría aquela porta non podería durmir tranquila, así que, sen pensalo, abrina e entrei. Nada máis traspasar o marco, tropecei e caín de fociños no chan. Escoitouse un balbordo ocasionado pola caída, pero non só pola

caída, había algo máis. Despegueime do chan sostendo o meu dorido nariz, atopábame nun faiado similar ao dos meus avós, moi amplo, cun gran ventanal, pero no que non entraba nin luz nin ía frío...pero non estaba baleiro, non estaba soa naquel IES MENDIÑO


Contos de medo

cuarto. Ao fondo había un candil prendido que deixaba ver dúas figuras, pola súa forma deducíase quer eran dous mozos, un era máis baixo ca o outro, o corpo da dereita era o máis próximo ao candil e deixaba ver o seu contorno. O mozo era alto, duns 1,75m, vestía con sudadeira branca cuberta cunhas estrañas manchas vermellas, uns pantalóns negros e uns tenis desgastados; ao outro mozo era máis difícil distinguilo, ía todo vestido de negro coa carapucha posta e unha máscara de cor azul cubríndolle o rostro. As dúas persoas decatáronse da miña presenza e comezaron a achegarse, eu seguía sen poder ver os seus rostros. Cando saín do shock xa era tarde... Ao día seguinte no faiado dos meus avós non recordaba como chegara de novo a alí, o único que recordaba eran os rostros dos dous estraños, o do pelo longo tiña un horroroso sorriso tallado no seu rostro que lle percorría a cara dun lado a outro e carecía de pálpebras; o outro estraño, cando o tiven diante, xa non tiña máscara, tiña un sorriso sinistro, polo seu rostro caía un espeso líquido vermello, pero iso non era o peor...a

IES MENDIÑO


2015-16

continuación puiden ver como tiñas dous profundos ocos a cada lado do nariz no canto dos ollos. Levanteime disposta a ir ao baño, non cría o que acontecera, seguramente fora un pesadelo, saín do faiado, baixei as escaleiras e entrei ao baño, cousa que desexaría non ter feito: no espello estaba a miña imaxe reflectida, pero había algo máis, eu tamén tiña o mesmo sorriso tallados nas meixelas e un profundo burato no meu ollo esquerdo do que escorría aquel líquido vermello, era sangue. Alba Carreira, Lucía González, e Lucas Quiñones 4º ESO

IES MENDIÑO


Contos de medo

O BONECO VERDE

O boneco verde é un ser imaxinario e dedícase a dar sustos, facer que alguén esperte á metade da noite. Adoita

estar

na

escuridade para que os sustos

sexan

maiores.

Pola noite toca os pés da xente, o cabelo…e hai veces que os destapa. É por

iso

polo

que

nos

provoca pesadelos e así espertámonos. Só hai un truco que de verdade funciona. Consiste en poñer na habitación moitos bonecos. É o único que teme e así non nos volverá a molestar. Carmen Alonso Somoza, 2º ESO.

IES MENDIÑO


2015-16

O LOBISHOME Todo era estraño coma un soño Caín un día nun pozo E saín nun piñeiral Animais corrían a se refuxiar Nunha tarde de treboada

Os lóstregos facían tremer as entrañas Vin dous homes falando Achegueime a un saltando Mordín a un e leveino á cova Cominlle a carne tras quitarlle a roupa O día seguinte foi de loito Á mañá o pobo buscaba ao defunto Espertei e oín pisadas O pobo enteiro levaba armas Para vingar ao seu camarada A miña vida foi quitala. Nico, Santi, Agus e Jaime 2º Bach.

IES MENDIÑO


Contos de medo

IES MENDIテ前


2015-16

NAQUEL ESTREPITOSO MONTE Naquel estrepitoso monte onde reinaban as ánimas cousas moi raras pasaban.

Na escura noite dos defuntos os esqueletos daquel misteriosos monte andaban. Preto do monte unha casa fidalga se atopaba. E na noite dos defuntos tivo un convidado. Beatriz e Alonso polo monte paseaban deixando atrás o pano que ela levaba. Ao notar que lle faltaba pediulle a Alonso que o atopara. Na noite dos mortos, con medo, foi por el. Deuse a luz do día e con ela o pano de Bea aparecía e Alonso des..... seguía. Alonso morreu de terror deixando atrás o seu amor. Nerea e Nair 2º Bach. IES MENDIÑO


Contos de medo

FILETE DE CU DE AVESTRUZ EMPANADO CON CROCANTE DE CASCUDA E REGADO CON MEXO DE BURRA Ingredientes: - 1 cu de avestruz de aproximadamente ½ quilo - 10-12 cascudas - 1/4 de litro de baba de babosa - 350 gr de terra - ¼ de leite conxelado - caracois - 1 litro de mexo de burra

Elaboración: Filete 1. Mestúrase a baba de babosa coa terra (máis baba que terra) e coa mestura empánanse os filetes de cu de avestruz. 2. Introdúcense os filetes empanados no forno a +/- 213 ºC durante uns 17 minutos aproximadamente e adóbase cun baño de mexo de burra cada 2 minutos. Crocante de cascuda 1. Bater as cascudas co leite para facer xeado. 2. Separar os caracois das cascas. 3. Mesturar a carne dos caracois co xeado. 4. Relar as cascas dos caracois e espolvorear por enriba do xeado. Servir os filetes acompañados deste xeado crocante, e degustar. Bo proveito! Antonio Barral, Roi G.L. e Daniel Cereijo (2º Bach.)

IES MENDIÑO


2015-16

PIRULETAS DE MIÑOCAS ENROSCADAS EN ESPIRAL CON SANGUE CARAMELIZADO Ingredientes (para dez persoas): -

Cuspe de can (10 l) Sangue de morcego (18 l) Miñoca de 20cms Mexo de cabalo ( 5 l) Leite de rata (5 l)

Elaboración: 1. Cóllese unha cunca fonda na que botaremos o cuspe, deixándoo repousar aproximadamente 10 minutos. 2. Engádese o leite de rata e reméxese durante un minuto sen parar e a velocidade rápida, formando así a capa interior da piruleta. 3. Unha vez feito isto, quentamos a mestura obtida, a lume mínimo, ata que se faga sólida. 4. Cando estea sólida, verquémola no molde que queiramos utilizar para a piruleta. 5. Deixamos arrefriar durante a noite no frigorífico. 6. Sacamos e colocamos un pau a cada piruleta. 7. Utilizamos o mexo de cabalo para pegar a miñoca á piruleta. 8. Botamos o sangue de morcego por riba de cada piruleta dándolle calor para acaramelar. Nerea e Nair (2º Bach.) (Receitas elaboradas a partir da lectura de Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas) IES MENDIÑO



BIBLIOTECA DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

IES MENDIÑO – REDONDELA


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.