BOLETÍN INFORMATIVO PARA AS FAMILIAS
Marzo 2014
NOVAS DO CENTRO Exames de pendentes. Na segunda avaliación os exames de pendentes foron do 31 de marzo ao 3 de abril. Probas da avaliación de diagnóstico. Os días 3 e 4 de xuño , os alumnos/as de 2º ESO serán avaliados nas seguintes competencias: lingüística, matemática e coñecemento e interacción co mundo físico. Probas de acceso a Ciclos. As probas de acceso a Ciclos Superiores celebraranse o día 7 de maio e as probas para Ciclos Medios celebraranse o 4 de xuño. Quen estea interesado en recibir información sobre as probas de acceso a ciclos pode consultar na secretaría do centro ou no departamento de Orientación. Na páxina www.edu.xunta.es/fp poden atopar o calendario das probas e modelos de exames de outras convocatorias.