Boletín Decembro 2011

Page 1

BOLETÍN INFORMATIVO PARA PAIS

PÁXINA 1 Instituto de Educación Secundaria Rúa Fernández Losada s/n 32800 CELANOVA Telf:. 988431565 / FAX: 988431460 Correo Electrónico: ies.celanova@edu.xunta.es Web: www.edu.xunta.es/centros/iescelanova

Boletín informativo para as familias

1

Decembro 2011


BOLETÍN INFORMATIVO PARA PAIS

PÁXINA 2

CAMPAÑA DE PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR (DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN) Como cada ano, o Departamento de Orientación realizou o seu protocolo de prevención da violencia. Dende a súa aplicación, fai xa uns anos, amosou uns resultados extraordinarios; proba deso é que o IES Celanova é un exemplo de convivencia escolar e un referente para outros centros. O protocolo consta de varias fases, e aplícase sistematicamente no primeiro ciclo de ESO, podendo aplicarse tamén, de detectarse a necesidade, noutros cursos. As fases das que consta son as seguintes: Charla, a cargo da orientadora, sobre o acoso escolar, tomando como referencia a publicación da Consellería de Educación “Non fagas trato co maltrato”, na que se recollen posibles indicadores de situacións de acoso (o que nos medios de comunicación chaman “Bullying”). É un material pertencente á campaña de sensibilización sobre o maltrato entre iguais que puxo en marcha a Xunta de Galicia. A finalidade última que se persegue é a de sensibilizar a todo o colectivo sobre a importancia dos comportamentos ligados ao maltrato entre iguais e sobre os custos emocionais e persoais que ten para as persoas implicadas nel. Test de detección de acoso escolar, que ten lugar durante a hora de titoría. De novo é a nosa orientadora a que conduce esta actividade, que consiste nun cuestionario, anónimo -por suposto- , que intenta detectar os posibles casos de acoso a través dunha serie de ítems aos que o alumnado responde “Verdadeiro” ou “Falso”.

En caso de aparecer indicios dalgún problema durante a valoración do cuestionario, cousa pouco habitual, faríase unha sondaxe, de novo anónima, na que o alumnado daría o nome da persoa acosadora e da vítima. De repetirse de xeito significativo algún nome (nun caso ou noutro) , interviría de novo o Departamento de Orientación ou o propio titor/a para arranxar a situación. Debemos salientar que, para que todo este proceso sexa óptimo, existen unhas medidas rehabilitadoras, baseadas en traballos guiados sobre libros, artigos e películas. Todo elo é avaliado polo Departamento de Orientación, de xeito que os rapaces poidan ser conscientes da súa actitude e corrixila.

Deste xeito acadamos un ambiente excepcional no centro e unha convivencia pacífica tanto dentro como fora das aulas.

2

ACTIVIDADES Charla: Cruz Vermella. (3ºESO). Decembro Dto. de Ciencias Naturais Charla: Planificación familiar (3ºESO). Decembro Dto. de Orientación Conferencia: “Prevención do cancro de colo uterino. Sexualidade responsable”. (4º ESO, 1º BAC e Ciclos) Ofrecida pola Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, dentro do “Ciclo de conferencias de educación socio-sanitaria . Unha medicina ó servizo de sociedade”. Charlas-taller: “Habilidades sociais” para previr o consumo de drogas. (4ºESO) , ofrecidas polos traballadores sociais da Mancomunidade Terra de Celanova .

¡NO IES CELANOVA XA TEMOS EQUIPO DE ATLETISMO! Este ano temos como novidade no IES un equipo de atletismo. O Departamento de Educación Física reuniu en torno a 18 alumnos e alumnas para levalos a adestrarse a pistas de atletismo como as de Xinzo ou Monterrei, onde ata agora estiveron traballando lanzamento de peso, velocidade e resistencia. Presentouse alumnado de varias categorías (xuvenil e cadete). Aínda está aberto o prazo de inscrición. A actividade realízase en horario non lectivo, os xoves de 16.00 a 18.00. Tania Álvarez Conde. 1ºBach A.

NOVAS2DO PÁXINA

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Tania Alvarez Condede(1ºBach A) da Lingua Galega pretendemos, Dende o Equipo Dinamización un ano mais, incentivar o uso do galego entre toda a comunidade educativa, polo que se están a poñer en marchas actividades (revistas, certames, campañas, intercambios, conferencias, viaxes culturais, proxeccións, etc.) que resulten didácticas e motivadoras o noso alumnado . Ata o momento, xa temos realizado algunhas, como as postais de Nadal e a recompilación de panxoliñas populares coas que lles felicitamos estas festas.

O IES CELANOVA, CENTRO ABALAR Durante o curso 2011-2012, continúa a implantación do proxecto Abalar, que entra xa en 2º da ESO, como un dos centros elixidos dende primeiro momento pola Consellería de Educación. O Proxecto Abalar, como sabemos, é una iniciativa da Consellería de Educación e o MEC dentro do Plan Web 2.0 para integrar as Tecnoloxías de Información e Comunicación (TIC) nas aulas galegas. O desenvolvemento deste proxecto inclúe varias fases: o equipamento da aula dixital, a formación do profesorado e a posta en práctica experimental na aula dos contidos educativos. Así, no IES Celanova xa temos 4 aulas dotadas con todo o equipamento Abalar; rede de internet WI-FI, encerados dixitais e proxectores, xunto co ordenador do profesor e equipos ultra-portátiles para cada un dos alumnos/as. Así mesmo contamos cun armario especial para gardar os equipos mentres non se están a usar, e que sirve tamén para recargar as baterías dos portátiles. O proceso de formación do profesorado da man dos coordinadores do proxecto Celso Fernández e Carlos Alonso, continúa tamén durante este curso.


BOLETÍN INFORMATIVO PARA PAIS

PÁXINA 3

O IES CELANOVA, BENEFICIARIO DUN CONTRATO-PROGRAMA O IES Celanova será durante o 2012, beneficiario dun Contrato-Programa coa Consellería de Educación para o desenvolvemento dun programa dirixido á mellora do éxito escolar. O IES entregou un proxecto no mes de xullo que foi aprobado e que nos permitirá realizar actuacións encamiñadas a mellorar os resultados académicos e a convivencia no centro. As novidades que comezarán no vindeiro mes serán: Estudio regulado: A biblioteca pasará a abrir una tarde a maiores, os mércores de 15.30 a 17.30, Así, o alumnado poderá estudar ou facer os deberes asistido por algún profesor ou profesora. Reforzo nos recreos: Habilitaremos una aula para que cada recreo un profesor resolva dúbidas, insistindo nas materias instrumentais (linguas e matemáticas). Actividades extraescolares: Manteremos algunhas das actividades de cursos anteriores, como a taller de Teatro, os concertos de Música de Cámara do Ciclo Sen Batuta, ou novidades como a actividade de Atletismo.

CICLOS FORMATIVOS NO IES… Os alumnos de Ciclo Medio de Xestión Administrativa II finalizaron o 2 de decembro a prácticas en empresas (FCT) nas seguintes empresas colaboradoras: Sergesa Grupo Antolín Carpintería Zarrisco Ás cales agradecémoslle dende o Instituto a súa colaboración ao longo de todos estes anos. Este ano comezamos co novo Ciclo Medio de Xestión Administrativa cunha duración de 2.000 horas e cos seguintes módulos: Módulos de Primeiro ano Formación e orientación laboral Inglés Operación administrativas de compravenda Operación auxiliares de xestión de tesouraría Técnica contable Tratamento informático da información

3

Módulos de Segundo ano Comunicación empresarial e atención a clientela Empresa e administración Empresa na aula Operación administrativas de recursos humanos Tratamento da documentación contable Formación en centros de traballo (prácticas na empresa: 410 horas)


BOLETÍN INFORMATIVO PARA PAIS

PÁXINA 4

PÁXINA 4

4


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.