Boletín Marzo 2015

Page 1

BOLETÍN INFORMATIVO PARA AS FAMILIAS Marzo 2015

Novas do centro Exames de pendentes. Na segunda avaliación os exames de pendentes foron os días 23, 24 e 25 de marzo. Probas de acceso a Ciclos. As probas de acceso a Ciclos Superiores celebraranse o día 29 de abril e as probas para Ciclos Medios celebraranse o día 3 de xuño. O prazo de inscrición para as probas de grao medio será do 7 ao 20 de abril. Quen estea interesado en recibir información sobre as probas pode consultar na secretaría do centro e no departamento de Orientación. Na páxina www.edu.xunta.es/fp pódese atopar o calendario das probas e modelos de exames de outras convocatorias. Actividades de formación en linguas estranxeiras 2015: Dende o 17 de marzo ata o 16 de abril (ambos incluídos), está aberto o prazo para presentar as solicitudes. Máis información en http://www.edu.xunta.es/axudasle. Blog con información da Consellería de Traballo e Benestar. As novas de interese para o alumnado sobre concursos, formación, programas europeos, campamentos, carnés,… é recollida no blog http://iescelanovacx3.blogspot.com.es/. Cinco alumnos do centro encárganse de ir engadindo a información. Se anotas o teu correo electrónico no blog, recibirás unha mensaxe cada vez que haxa unha nova entrada.

E, PROXIMAMENTE… CURSO DE IMPRESIÓN 3D Como actividade dos Contratos-Programa na modalidade Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia académica e organizado por Celso Fernández, do departamento de Tecnoloxía, achegarémonos un pouco máis ao futuro con este curso de manexo de impresoras 3D, orientado tanto a profesorado como a alumnado a partir de 3º ESO. Datas e horarios por confirmar. Anímate a participar!!! Se estás interesado, contacta con Celso Fernández.

VIAXES DE ESTUDOS 2º Bacharelato A-B: Viaxe a Madrid. Do 25 ao 28 de Marzo. Departamentos de CSXH e Lingua Castelá. 4º ESO e 1º Bacharelato Música: Viaxe a Cataluña. Do 5 ao 12 de Abril.


GÚSTANOS O TEATRO CLÁSICO! O alumnado de 4º ESO, 1ºBAC B e 2ªBAC B acudiu á xornada de Teatro Grecolatino celebrada no Auditorio de Ourense o 9 de Marzo de 2015. As obras representadas foron a traxedia “As Bacantes” de Eurípides e a comedia “Miles Gloriosus” de Plauto.

EDLG PRESENTA: “MIL SORRISOS E UN PERDÓN” O luns día 9 de febreiro, foi para nós un día de nerviosismo e moita emoción. As 4,30 da tarde tería lugar na Biblioteca do centro a proxección do documental "Mil sorrisos e un perdón". Preguntarédesvos o porqué de tanto estusiasmo... e velaí vai a resposta. “Mil sorrisos e un perdón" é un documental producido por Bruno Nieto Estévez e protagonizado por Daniel Fernández Carril, ámbolos dous ex-alumnos do IES Celanova. Desde aquí queremos renderlles o noso pequeno tributo, apoialos no seu camiño e desexar que tanto talento reciba a súa merecida recompensa. A conexión de Bruno e Dani cos 130 alumnos participantes na actividade foi máxica e inmediata. A única obxección, por dicir algunha, e que nos quedamos con ganas de máis... de máis respostas, de máis sorrisos; en definitiva, de máis tempo na vosa compaña. A ti, Dani, agradecerche que compartiras con todos nós a túa historia con tanta xenerosidade, simpatía e naturalidade. E grazas a Bruno por contala do mellor xeito posible, con esa sensibilidade que só os artistas con gran talento poden ter. “Mil sorrisos e un perdón” non só é un documental, é una lección de vida da que todos e cada un de nós deberíamos aprender. GRAZAS

E, NA BIBLIOTECA, VIAXAMOS AO MEDIEVO. O 9 de Marzo pola tarde, na Biblioteca do IES e como actividade da campaña de lectura Viaxes no Tempo, remontámonos á Idade Media da man de Emilio Villalba e Sara Marina, que nos deron a coñecer os instrumentos medievais cun repertorio ameno e variado. Unha experiencia fantástica que xurdiu da colaboración do Equipo de Biblioteca e o Departamento de Música. Grazas, Emilio e Sara, por eses momentos máxicos. Máis información, fotos e vídeos no blog bibliotecapoleiro.blogspot.com.es


ORGANIZAN

PARTICIPAN

ACTIVIDADE

Como tódolos anos, no IES celebramos o Entroido cun espectacular desfile e un festival que non deixou indiferente a ninguén. Qué nivel!.

ACTIVIDADES DO TRIMESTRE DATA

CELEBRAMOS O ENTROIDO!!!

XANEIRO

Entra no novo blog do EDLG e bótalle unha ollada ás súas actividades!!! :

edlgblog.blogspot.com.es

XOVES ATLETISMO

PROGRAMA 26-28 ESQUIOU MANZANEDA VISITA AO 28 MOSTEIRO DE CELANOVA FEBREIRO XOVES ATLETISMO

VISITA Á ESFERA 3-6 DE BIODIVERSIDADE CHARLA SOBRE PREVENCIÓN DE ESTUPEFACIENTES TALLERES DE 9 HABILIDADES SOCIAIS “MIL SORRISOS E UN PERDÓN” 9 DE BRUNO NIETO E DANI F. CARRIL ACTIVIDADES DE 13 ENTROIDO CHARLA SOBRE 20 PRIMEIROS AUXÍLIOS TALLERES DE 23 HABILIDADES SOCIAIS MARZO 6

DEPARTAMENTO DE RELIXIÓN Os venres 6 e 20 de febreiro leváronse a cabo co alumnado de 2º de Bacharelato unhas charlas de carácter médico sobre prevención de estupefacientes e RCP Básica. O ponente foi o doutor Abadín Gamucio, que actualmente exerce no ambulatorio de O Barco de Valdeorras e que ten anos de experiencia en UVI móbil e como sanitario en grandes eventos musicais de masas por toda Galicia.

XOVES ATLETISMO

2

6

TALLERES DE HABILIDADES SOCIAIS “O EMPRENDEMENTO DENDE UNHA PERSPECTIVA PRÁCTICA”

19 ALUMNOS EDUCACIÓN VARIOS FÍSICA CURSOS 1º ESO

DEPUTACIÓN E ANPA

2º BAC

CSXHª

19 ALUMNOS ESO 1º BAC CMXA FPB

BIOLOXÍA

2º BAC

RELIXIÓN

4º ESO FPB

ORIENTACIÓN

3º ESO 4º ESO 1º BAC

EDLG

TODO O CENTRO

MÚSICA EDLG

2º BAC

RELIXIÓN

4º ESO FPB

ORIENTACIÓN

19 ALUMNOS 4º ESO FPB

9

AUDITORIO OURENSE CONCERTO DIDÁCTICO DE MÚSICA MEDIEVAL

EDUCACIÓN FÍSICA ORIENTACIÓN

4º ESO AB 1º CMXA

FOL

4º ESO AB

LATÍN E GREGO

TEATRO CLASICO

9

EDUCACIÓN FÍSICA

2º ESO 3º ESO 4º ESO 1º BAC

MÚSICA BIBLIOTECA


bibliotecapoleiro.blogspot.com.es Noticias actividades materiais revistas películas enlaces...

e moito máis!!!

Comeza a segunda parte da campaña

VIAXES NO TEMPO Estades preparados para viaxar ao futuro???


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.