Coplas dos Maios 2019

Page 1

COPLAS DOS MAIOS 2019 A primavera xa está aquí e vai encher de flores o xardín. As árbores florecen porque a primavera xa aparece. Andrea Xa descansamos todos. Agora hai que aproveitar os días que nos quedan para estudar sen parar. Diego Encántame aprender cousas, pero estudalas destesto. Moitos exames me quedan nesta etapa da ESO. Desexo xa as vacacións, o verán necesitamos. Estudamos todo o ano, un descanso precisamos! Deberes sempre hai que facer ao chegar ás nosas casas, xa fartos de tantos deberes, mellores cousas hai que facer. Lucía Ucha Messi e Cristiano poden ser os mellores, pero hai un tal Benzemalo que mete sempre goles. Logo está Brahim que regatea sen fin. Sempre no lateral o de rizos tamén está, Marcelo subindo e baixando como Reguilón sentado. Saúl

IES JULIO PRIETO NESPEREIRA Estou farto de esperar tanto por un capítulo. Quero que o saquen xa! Por favor, escoitádeme, isto non pode ser. Sacade o terceiro capítulo ou se non vou enlouquecer. Brais As termas arderon, por que sería? Teño pesadelos de noite e de día. Lucía F. Políticos incompletos, falsos políticos vaían durmir a sesta que aquí mandamos nós. Non intentedes ser lenda e de todos o mellor. Tede un pouco de cabeza e mellor educación. José David I. Os nosos políticos son uns mentireiros, xa nos teñen cansos porque son uns quinquilleiros. Mentres o paro non para de subir, eles cos seus sobres non paran de rir. Daniel L.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.