Pasos para facer unha infografía

Page 1

INFOGRAFÍAS LITERARIAS 2º BACHARELATO RECUPERACIÓN DA 1ª E 2ª AVALIACIÓN

1.-REXISTRARSE NA APLICACIÓN: PICKTOCHART: https://piktochart.com/ 2.-SORTEO DE AUTOR/AUTORA:

3.-PROCEDEMENTO

I.-O primeiro paso é crear un bosquexo. Nunhas follas de papel, facedes o deseño e a selección da información. Soamente hai que incluír un pequeno deseño con todas as partes da vosa “info”.


II.-Elementos e partes da infografía Unha infografía é unha forma de visualizar a información mediante imaxes e esquemas, pero por enriba de todo é un traballo de síntese comunicativa que implica filtración, resumo e organización de datos. O/A creador/a dunha infografía debe asegurarse de que co deseño formulado, o receptor vai comprender e asimilar a información de forma rápida, nun traballo no que se establece un equilibrio entre deseño e contido.

a)-Elementos visuais: para aproveitar ao máximo as posibilidades destas ferramentas, a infografía debe conter: títulos, texto, iconas, imaxes, liñas do tempo e todo tipo de marcos para que quede unha infografía profesional (sen faltas de ortografía e respectando os formatos: títulos de obras en cursiva, títulos de poemas entre comiñas...).

b)-Contido: 1.-Vida do autor/a (biografía, época, etapa literaria, grupo literario...) 2.-Obra -Breve análise das súas principais obras (temáticas, características...). -Principais obras/títulos e ano de publicación. Ademais, ao longo da infografía deberán figurar tamén: -Imaxes do autor/a e da súa obra. 3.-Na marxe inferior esquerda ou dereita, en letra pequena, deberá aparecer o voso nome e o nome do centro: IES Pazo da Mercé

OS TRABALLOS IGUAIS, PARECIDOS, CON FRAGMENTOS COPIADOS OU PLAXIADOS SERÁN CUALIFICADOS CUNHA NOTA DE 0 PRAZO DE ENTREGA: ANTES DO 30 DE MAIO

4.-EXEMPLOS DE INFOGRAFÍAS LITERARIAS





Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.