Proba oral

Page 1

EXPOSICIÓN ORAL 3ª AVALIACIÓN A partir dos seguintes fragmentos de noticias, teredes que preparar a vosa exposición oral: podedes reflexionar, opinar, argumentar, criticar, dar ideas ou solucións... O fragmento é un pretexto para que faledes. Á hora de preparardes a exposición tede en conta, ademais do tempo do que dispoñedes (entre 4/5 minutos), o léxico empregado, a adecuación ao contexto, a coherencia, a cohesión... Tamén son fundamentais cuestións como a presentación e finalización do vídeo. Prazo de entrega: antes do 30 de maio OS TRABALLOS IGUAIS, PARECIDOS, CON FRAGMENTOS COPIADOS OU PLAXIADOS SERÁN CUALIFICADOS CUNHA NOTA DE 0 Aquí tedes o “sorteo” de noticias que vos toca a cada un.


NOTICIAS 1.-Todos os alumnos deberían ser aprobados ao remate do curso actual, debido á situación especial que vivimos. 2.-Estamos aquí para lembrar que ou nos unimos as sociedades civís do Norte e do Sur ou todas naufragamos, igual que fan tantas persoas no Estreito. Nada do que aconteza en ningún lugar do mundo nos é alleo. 3.-É hora de saír da comodidade de mercar en Zara, de consumir medicamentos sen pensar como se producen, de desbaldir recursos enerxéticos, de tirar un móbil cada tres meses, de mercar un coche cada dous anos, de permitir que se desmantele o público. 4.-Un estudo advirte de que o territorio galego podería sufrir entre 2021 e 2050 unha importante diminución da precipitación total no verán e primavera, e veríase afectado por un aumento de días con precipitacións intensas máis acusado no outono e inverno, cun incremento das alertas por inundacións. 5.-Os teleoperadores encargados da atención telefónica á cidadanía a través do servizo despregado pola Xunta sobre o coronavirus carecen de argumentario en lingua galega. A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou esta situación, que impide que os cidadáns que se expresen neste idioma poidan ser atendidos correctamente. 6.-A Rede de Cidades pola Agroecoloxía lanzou un comunicado no que se reclama o reforzo e a protección dos tecidos agroalimentarios locais e sostibles para adiantar a reconstrución que haberá que afrontar tras a crise da COVID19. Advirten que a crise sanitaria vainos lembrar a importancia dunha alimentación saudable, sostible e de proximidade como estratexia económica e de saúde preventiva. 7.-Novamente un estrago irreparable do patrimonio galego e, novamente, os madeireiros están detrás da desfeita. Desta volta trátase, ademais, dun dos grandes castros de Galicia, o de Baroña. 8.-Este venres, 27 de marzo, a Xunta acaba de saber que a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, foi aceptada como a proposta de España para esta sesión e, con iso, entra en avaliación para a súa posible inclusión na Lista do Patrimonio Mundial, da que xa forman parte en Galicia a Cidade Vella de Santiago, o Camiño Francés, os Camiños do Norte, a Muralla de Lugo e a Torre de Hércules.


9.-A expansión da Covid-19 no espazo xeopolítico da Unión máis que reforzar a unidade entre os seus membros fixo que cada un optase por un particular “sálvese quen poida”, deixando así sen efecto as directivas tocantes co déficit económico, gasto público, políticas sociais e de sanidade na contorna do denominado Espazo Schengen, ámbito, onde teoricamente debésemos ser un só país máis aló das fronteiras, pero que chegada a hora da verdade tal percepción resultou ser unha entelequia. 10.-Estes heroes (os traballadores sociais) atenden casos de persoas maiores, dependentes e con discapacidade, persoas sen recursos, en situacións irregulares, deses que non teñen nin conta bancaria aberta, pero que existen, mulleres vítimas de violencia de xénero, menores en risco de desprotección, situación nas que todos e todas antes ou despois nos poderíamos ver, é dicir, atenden á poboación máis vulnerable da nosa sociedade que senten e viven en soidade nos seus domicilios, sen a información suficiente e sen recursos. Traballadores sociais que xestionan a chegada aos seus domicilios de alimentos, medicación, medios económicos, atendendo as súas demandas cos escasos recursos cos que xa contaban antes da chegada desta crise sanitaria. 11.-O virus -xa o fixeron outros axentes infecciosos- dispersará as aglomeracións e devolveranos a un ambiente máis natural, a lugares con menos risco de transmisión. As cidades perderán habitantes e os baleiros volverán a colonizarse, só que agora farano conectados a Internet, inaugurando o que vai ser o noso novo hábitat. 12.-E non só na China, senón tamén en Corea ou no Xapón a vida cotiá está organizada moito máis estritamente que en Europa. Sobre todo, para enfrontarse ao virus os asiátivos apostan fortemente pola vixilancia dixital. Poderíase dicir que en Asia as epidemias non as combaten só os virólogos e epidemiólogos, senón sobre todo tamén os informáticos e os especialistas en macrodatos. Un cambio de paradigma do que Europa aínda non se enterou. 13.-Na China hai 200 millóns de cámaras de vixilancia, moitas delas provistas dunha técnica moi eficiente de recoñecemento facial. Captan incluso os lunares no rostro. Non é posible escapar da cámara de vixilancia. Estas cámaras dotadas de intelixencia artificial poden observar e avaliar a todo cidadán nos espazos públicos, nas tendas, nas rúas, nas estacións e nos aeroportos. 14.-En Europa impera un individualismo que trae aparellado o costume de levar a cara descuberta. Os únicos que van enmascarados son os criminais. Pero agora, vendo imaxes de Corea, acostumeime tanto a ver persoas enmascaradas que a face descuberta dos meus concidadáns europeos resúltame case obscena. Tamén a min me gustaría levar máscara protectora, pero aquí xa non se atopan.


15.-O confinamento muda o mercado da vivenda: búscase casa nos arredores. Cae a venda urbana e crece a demanda de construcións unifamiliares e leiras edificables. 16.-As residencias non só acollen anciáns. Nelas conviven persoas maiores -limitadas ou noncon outras máis novas que padecen secuelas dun accidente, un ictus ou outra circunstancia. Todas requiren dunha atención e duns coidados que a familia non pode dar nas condicións que a residencia ofrece. Especial atención merecen as parellas de idade avanzada nas que un dos membros está ingresado por padecer unha enfermidade limitativa e o outro non. 17.-Verín, a miña terra, está pegada a Portugal e España comparte cos portugueses unha fronteira de máis de mil douscentos quilómetros. Alí, a súa taxa de falecementos é sete veces inferior á nosa. Fixeron ben as cousas. Son políticos responsables ao servizo da xente e non da súa ideoloxía. 18.-Así, 1 de cada 4 menores de 15 anos di ser incapaz de falar galego. O índice máis alto de toda a súa historia que inviabiliza o seu uso por unha parte significativa da mocidade, e un índice que non deixou de crecer desde 2003, e só rexistrou un lixeiro descenso en 2008. 19.-Millóns de traballadores, administracións e empresas da China, Europa e agora tamén do continente americano continúan estes días co seu traballo desde o fogar, afastados da tradicional oficina. A pregunta que moitos se fan é: como será o traballo despois do Coronavirus? Volverá a vida laboral ao rego normal anterior aos confinamentos ou o teletraballo chegou para quedar? 20.-Os efectos económicos da pandemia de coronavirus, os que xa se están a notar e os que se prevén para os vindeiros meses, puxeron de máxima actualidade o debate sobre a renda básica universal. A proposta, impulsada dende hai anos por un gran número de movementos sociais, está a ser agora reivindicada por sectores máis amplos da sociedade. 21.-Nesta sociedade parece que non vale o que é, senón o que parece. É o sentir nas redes sociais. Á carne e ao leite non fai falta meterlles sabores do Xapón. Supoño que se trata dunha guerra comercial para darlles cor ás cousas co fin de vendelas. Conservar as cousas naturais é un potencial que non debemos perder. Hoxe o termo “sen” parece moi saudable: sen glute, sen isto, sen aquilo... Hamburguesas sen carne. A que estamos a xogar? A sociedade está perdendo o sentido común. A xente de verdade está preocupada polo que come?


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.